programación de francés

37
1-CONTRIBUCIÓN DA MATERIA DE FRANCÉS AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS: O coñecemento dunha lingua estranxeira, relaciónase moi directamente coa competencia en comunicación lingüística, pero debido aos seus trazos comunicativos, sociais e culturais, tamén contribúe ao desenvolvemento doutras competencias como: - aprender a aprender: a utilización consciente de estratexias de aprendizaxe, contribúe a espertar no alumnado o desexo de utilizar a lingua estranxeira como instrumento de acceso á información universal, favorecendo un proceso dinámico de aprendizaxe ao longo da vida. - favorecer a tolerancia: toda lingua é vehículo de transmisión cultural e polo tanto, favorece a tolerancia e respecto polas outras culturas, relacionando a cultura propia coa estranxeira, aceptando a diversidade de valores, superando prexuízos, favorecendo actitudes socialmente positivas tales como a cooperación a través do traballo compartido, o respecto ao interlocutor ou a participación activa en debates. - contribuír á competencia do tratamento da información e á competencia dixital: o tratamento da información vaise traballar manexando distintas fontes informativas e farase o procesamento e presentación posterior. Da mesma maneira, a contribución á competencia dixital vai ser continua desde o uso das TIC para por exemplo a creación de foros, chats correo etc., pasando polo uso de distintas ferramentas dixitais para manexar a información: como o CD, DVD, Internet…

Upload: uxio77

Post on 09-Dec-2015

228 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Programación departamento francés galicia

TRANSCRIPT

Page 1: Programación de Francés

1-CONTRIBUCIÓN DA MATERIA DE FRANCÉS AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS:

O coñecemento dunha lingua estranxeira, relaciónase moi directamente coa competencia en comunicación lingüística, pero debido aos seus trazos comunicativos, sociais e culturais, tamén contribúe ao desenvolvemento doutras competencias como:

- aprender a aprender: a utilización consciente de estratexias de aprendizaxe, contribúe a espertar no alumnado o desexo de utilizar a lingua estranxeira como instrumento de acceso á información universal, favorecendo un proceso dinámico de aprendizaxe ao longo da vida.

- favorecer a tolerancia: toda lingua é vehículo de transmisión cultural e polo tanto, favorece a tolerancia e respecto polas outras culturas, relacionando a cultura propia coa estranxeira, aceptando a diversidade de valores, superando prexuízos, favorecendo actitudes socialmente positivas tales como a cooperación a través do traballo compartido, o respecto ao interlocutor ou a participación activa en debates.

- contribuír á competencia do tratamento da información e á competencia dixital: o tratamento da información vaise traballar manexando distintas fontes informativas e farase o procesamento e presentación posterior. Da mesma maneira, a contribución á competencia dixital vai ser continua desde o uso das TIC para por exemplo a creación de foros, chats correo etc., pasando polo uso de distintas ferramentas dixitais para manexar a información: como o CD, DVD, Internet…

- contribuír ó achegamento da competencia cultural e artística: presentaranse modelos lingüísticos que conteñan valores artísticos ou culturais de maneira que o alumno aprenda a valoralos e a atopar goce neles.

- facilitar a competencia de autonomía e iniciativa persoal: mediante a preparación de tarefas comunicativas, foméntase a capacidade de xestionar os proxectos e iniciativas propias , identificando as metas e planificando estratexias para conseguilas.

Page 2: Programación de Francés

2- OBXECTIVOS:

-Comprender mensaxes orais claras e sinxelas, relativas ás situacións de comunicación máis habituais ou que conteñan información básica sobre o contorno familiar e social, producidas polo falante o por medios de reprodución.

-Utilizar oralmente a lingua estranxeira co fin de satisfacer necesidades básicas de comunicación tanto en interaccións reais e propias da aula, como en interaccións simuladas que reproduzan situacións cotiás, amosando interese por comprender e facerse comprender.

-Comprender mensaxes escritas relativas a situacións habituais de comunicación expresadas en diferentes tipos de texto.

-Escribir textos sinxelos con cohesión e coherencia e que respecten as regras do código escrito.

-Ler de forma comprensiva e cada vez cun maio grao de autonomía textos adecuados ás capacidades e intereses co fin de obter información requirida previamente.

-Reflexionar sobre o funcionamento do sistema lingüístico na comunicación e valoralo como elemento que facilita a aprendizaxe e mellora as producións propias.

-Comparar distintos aspectos socioculturais dos países nos que se fala a lingua estranxeira cos propios, evitando estereotipos e abordando con eficacia a resolución de malentendidos interculturais.

-Usar estratexias de aprendizaxe xa aprendidas e desenrolar e ampliar outras mediante a comparación entre as diferentes linguas do currículo.

Page 3: Programación de Francés

3-CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS:

1ºESO:

I-ESCOITAR E FALAR :

1º trimestre:

- Saber saudar, presentarse ( saber expresar o seu nome, idade, lugar de residencia e nacemento), así como saber presentar a terceiros.

- Saber describirse a si mesmo, así como saber describir a outras persoas. ( descrición tanto física como psíquica.)

- Saber establecer as relacións familiares.

- Saber expresar os seus gustos relacionados có ámbito do ocio: deportes, aficións…

2º trimestre:

- Saber expresar o seu descontento ou seu entusiasmo.

- Saber falar do seu tempo libre.

- Saber preguntar a terceiros sobre os seus gustos, hábitos, actividades cotiás…

- Saber convencer a terceiros así como rexeitar unha proposición argumentando.

- Saber preguntar e dar a hora.

- Saber establecer un horario ó longo da semana.

- Saber dar unha orde.

- Saber indicar un itinerario, así como pedir información sobre un itinerario a seguir.

Page 4: Programación de Francés

3º trimestre:

- Saber comunicarse por teléfono.

- Saber narrar feitos en pasado.

- Saber contar pequenas anécdotas relacionadas coa vida diaria.

- Comprender información acerca do tempo meteorolóxico, así como dar ese tipo de información.

II-LER E ESCRIBIR: (común aos tres trimestres)

-Asociación e identificación de grafía, pronuncia, fonema e significado a partir de modelos escritos, de imaxes, con palabras coñecidas e relacionadas con temas próximos ao alumnado.

-Lectura e comprensión de diferentes mensaxes, ( tiras de banda deseñada, menús, instrucións dun xogo, anuncios publicitarios…) adaptadas a súa competencia lingüística, en soporte papel ou dixital

-Escritura de enunciados moi sinxelos e coñecidos previamente en producións orais coa intención de compartir información ou cunha intención lúdica e/ou funcional.

-Uso de programas informáticos para ler, escribir e presentar mensaxes sinxelas.

-Interese polo coidado na presentación de textos escritos.

-Valoración positiva dos textos escritos propios e os do resto das persoas da aula.

III-COÑECEMENTO DA LINGUA:

1º trimestre:

- Os saúdos.

- Os pronomes persoais, facendo fincapé na 2º persoa do plural “vous”.

Page 5: Programación de Francés

- O presente do indicativo dos verbos que rematan en “-er”, así como de “être, avoir.”

- Os números do1 ó 20.

- As preposicións “à” y “en”.

- Os artigos definidos e indefinidos.

- Os xentilicios en masculino e en feminino.

- Os días da semana así como os meses do ano.

- Os membros da familia.

- Os adxectivos posesivos da 1º, 2º y 3º persoa do singular.

- Algunhas profesións.

- As partes do corpo.

- Adxectivos relativos ó físico,así como ó carácter, tanto en masculino como en feminino.

- A negación.

- Os adxectivos de color en masculino e en feminino.

2º trimestre:

- O presente do indicativo dos verbos “aller” e “faire”.

- Os artigos partitivos”du, de la, de l’, des”.

- As tres formas da frase interrogativa.

- As asignaturas en francés.

- As formas gramaticais “pourquoi/parce que”.

- As estruturas establecidas para dar a hora: « il est... »

- A estrutura gramatical: « devoir, pouvoir + verbe à l’infinitif ».

- Vocabulario relacionado coa cidade, os deportes etc…

Page 6: Programación de Francés

- Nocións espaciais como “à droite, à gauche, tout droit…”

- As preposicións « au, à la, à l’, aux ».

- Os números do 60 ó 100.

3º trimestre:

- Estruturas establecidas para contestar ó teléfono.

- O pretérito perfecto composto dos verbos que rematan en “-er”.

- Os adxectivos posesivos da 1º, 2º y 3º persoa del plural.

- Nome e xénero de diferentes países.

- Os catro puntos cardinais.

- Vocabulario relacionado cas actividades típicas do verán.

IV-ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONSCIENCIA INTERCULTURAL :

- Identificación e interpretación de rasgos socioculturais relacionados con textos e situacións de comunicación que se traballen na aula.

- Comparación entre elementos sociais e culturais transmitidos pola lingua francesa e a súa propia.

- Diferenciación de usos formais e informais da lingua francesa.

- Emprego das fórmulas máis correctas nas relacións sociais.

Page 7: Programación de Francés

2º ESO:

CONTIDOS:

I-ESCOITAR E FALAR:

1º trimestre:

- Saber expresar os seus gustos en canto a roupa se refire.

- Saber expresar o que un sabe facer.

- Saber aceptar ou rexeitar unha proposición.

- Saber expresar os seus proxectos en futuro.

- Saber falar dos seus hábitos alimenticios, expresando as súas preferencias…

- Saber expresar a cantidade con relación ós alimentos.

- Saber expresar o dolor.

2º trimestre:

- Ser capaces de falar en pasado.

- Preguntar información sobre feitos acaecidos no pasado.

- Falar de personaxes célebres.

- Saber describir a súa vivenda así como as súas estancias.

3º trimestre:

- Saber expresar un desexo.

Page 8: Programación de Francés

- Saber expresar feitos en futuro.

- Expresar a obriga así como a prohibición.

- Saber comparar persoas e obxectos.

- Saber describir obxectos.

- Saber falar do medio ambiente: os seus problemas, cómo protexelo…

II- LER E ESCRIBIR: (común aos tres trimestres)

-Asociación de grafía, pronunciación e significado a partir de modelos escritos e expresións orais coñecidas.

-Lectura e comprensión de diferentes mensaxes significativas: entrevistas de personaxes de interese, instrucións dun novo xogo, mensaxes de correo...

-Uso guiado de estratexias de lectura, identificando a información máis relevante e deducindo o significado de palabras e expresións non coñecidas.

-Lectura expresiva e escritura de textos propios de situacións cotiás: invitacións, felicitacións, notas…

-Utilización das TIC para ler e transmitir información.

-Interese polo coidado e a presentación de textos escritos.

III-COÑECEMENTO DA LINGUA:

1º trimestre:

- Repaso das tres formas da frase interrogativa.

- O presente de indicativo de « faire, savoir, boire, manger, mettre, porter ».

- O denominado « futur proche : aller + verbe á l’infinitif ».

- As expresións « avoir mal à, avoir soif, avoir faim ».

- Os pronomes en función de COD.

Page 9: Programación de Francés

- Vocabulario relacionado coas prendas de vestir, os alimentos, as comidas do día, as catro estacións, determinadas partes do corpo.

2º trimestre :

- O pretérito perfecto composto có auxiliar “avoir” e “être”.

- Determinados participios irregulares.

- Pronomes interrogativos.

- O pretérito perfecto composto na frase negativa.

- Adverbios de tempo.

- Vocabulario relacionado coa biografía de personaxes célebres.

- Os adxectivos demostrativos.

- Os pronomes tónicos.

3º trimestre:

- O futuro de determinados verbos.

- O presente de “devoir”.

- As estruturas gramaticais “il faut + infinitif, il ne faut pas + infinitif”.

- As estruturas da frase comparativa.

- Os pronomes en función de COI.

- Vocabulario relacionado coa forma, color e materiais dos obxectos.

- Vocabulario relacionado có medio ambiente.

- O lugar do adxectivo na frase.

Page 10: Programación de Francés

IV-ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONSCIENCIA INTERCULTURAL:

- Comparación entre elementos culturais e sociais da lingua francesa, transmitidos por persoas de distintos países.

- Familiaridade con rexistros (formal, neutro e informal) e variedades da lingua francesa atendendo á idade, rango…

3º ESO: CONTIDOS: I-ESCOITAR E FALAR:

1º trimestre:

- Poder intercambiar opinións sobre a francofonía.

- Saber comparar dous ou máis persoas, países, monumentos, obxectos…

- Saber propor unha invitación así como rexeitala.

- Saber falar de determinados feitos en futuro.

2º trimestre :

- Saber expresar a sorpresa, a ameaza e a protesta.

- Saber falar dos seus hábitos alimenticios, do seu ritmo de vida…

- Saber dar consellos.

- Saber utilizar as expresións e vocabulario adecuados ó facer a compra.

Page 11: Programación de Francés

- Saber situar determinados feitos acaecidos no pasado.

3º trimestre :

- Ser capaces de narrar unha historia alternando os diferentes tempos verbais.

- Saber falar de feitos que acaecerán no futuro.

- Saber falar dos seus proxectos, ambicións futuras.

- Narrar a biografía dun personaxe famoso: escritor, inventor…

II-LER E ESCRIBIR: ( común aos tres trimestres)

-Comprensión de instrucións básicas para a resolución de actividades presentadas por escrito.

-Comprensión da información específica e xeral en diferentes tipos de textos, auténticos e adaptados, breves, en soporte papel o dixital, sobre asuntos familiares que vehiculen aspectos socioculturais dos países onde se fala a lingua estranxeira.

-Recoñecemento da idea principal dun texto sinxelo.

-Uso progresivamente autónomo de estratexias de lectura, deducindo o significado de palabras o expresións non coñecidas e empreñando dicionarios ou tradutores dixitais.

-Exploración das posibilidades expresivas da lectura de mensaxes nas que a expresividade sexa ingrediente fundamental para a comprensión e goce destas ( breves obriñas de teatro, chistes, poemas, cancións…)

-Actitude crítica ante as mensaxes procedentes dos medios de comunicación social e da Internet.

-Interese pola lectura autónoma de textos en lingua estranxeira para obter información e goce.

-Valoración da lingua estranxeira como instrumento para comunicarse por escrito con rapaces e rapazas doutros lugares e para aprender costumes dos países onde se fala a lingua estranxeira e doutros nos que se estuda a lingua estranxeira ( manifestacións artísticas e musicais, festivais, patrimonio histórico, comidas…)

-Produción de textos escritos sobre temas de interese elaborados, seguindo as secuencias do proceso de produción.

Page 12: Programación de Francés

-Interese polo coidado e presentación dos textos escritos propios e alleos valorando o seu sentido estético.

-Composición de textos de creación propia asociados a distintas situacións de comunicación, progresivamente, máis extensos e ricos en léxico e estruturas.

-Interese por empreñar as TIC para producir textos e presentacións coa finalidade de transmitir a outros rapaces e rapazas aspectos relacionados coa nosa identidade cultural.

III –COÑECEMENTO DA LINGUA:

1º trimestre:

- Repaso das estruturas comparativas.

- Adxectivos e pronomes interrogativos.

- Repaso do vocabulario relacionado coas cores, as formas,os materiais…

- Saber expresar a súa opinión a través de frases feitas.

A formación dos adxectivos segundo as súas desinencias.

- O presente de algúns verbos irregulares.

- Repaso de “aller + infinitif”.

- As datas (regras ortográficas). O pretérito perfecto dos verbos reflexivos tanto na frase afirmativa como na negativa.

- O vocabulario relacionado cós sentimentos, cós sentidos…

- Vocabulario relacionado coa ecoloxía.

2º trimestre:

- Expresións idiomáticas relacionadas coa sorpresa, a ameaza e a protesta.

- Repaso do presente de “devoir” e das estruturas “il faut + infinitif, il ne faut pas + infinitif”.

Page 13: Programación de Francés

- Repaso do pretérito perfecto con os dous auxiliares.

- O pronome “y”.

- O imperfecto do indicativo.

- Os distintos tipos de novelas.

- O superlativo.

- Vocabulario relacionado coa novela,os seus heroes, recursos literarios…

- Repaso dos adverbios de tempo e aprender outros novos.

- A canción francesa.

3º trimestre :

- O futuro do indicativo.

- Repaso do futuro próximo.

- A estrutura gramatical “si + imparfait”.

- Os pronomes relativos “qui / que”.

- Repaso dos pronomes en función de COD e COI.

- Os pronomes “y / en”.

- O superlativo.

- O estilo indirecto.

- Os adverbios de cantidade.

Page 14: Programación de Francés

IV-ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONSCIENCIA INTERCULTURAL:

- Uso apropiado de fórmulas lingüísticas (cortesía, acordos, discrepancia) asociadas a situacións concretas da comunicación.

- Identificación de normas e comportamentos propios de pobos e culturas que falen francés.

- Coñecemento e valoración de elementos de trasfondo propios dos países onde se fale francés: festividades, tradicións…

- Recoñecemento da presenza do francés nos novos sistemas de comunicación tecnolóxica e a súa utilidade para comunicar con persoas de diversas procedencias.

- Descubrimento doutras civilizacións que falen francés, reflexionando sobre as súas culturas e as diferenzas e similitudes coa nosa.

4º ESO:

CONTIDOS:

I-ESCOITAR E FALAR:

1º trimestre:

- Saber expresar a súa opinión acerca de distintos temas de actualidade.

- Saber definir determinados conceptos.

- Saber comparar os tópicos de distintos países.

- Saber describir monumentos, personaxes…

- Expresar a causa, a consecuencia e a finalidade.

Page 15: Programación de Francés

2º trimestre :

- Saber expresar os diferentes estados de ánimo.

- Saber narrar feitos en estilo indirecto.

- Ser capaces de replantexar unha pregunta.

- Saber presentarse baixo unha falsa identidade.

3º trimestre:

- Saber realizar entrevistas.

- Saber resumir e presentar as conclusións dun sondeo.

- Saber expresar unha necesidade, un desexo.

- Saber expresar a frecuencia coa que se realizan diferentes actividades.

- Saber expresar unha condición o unha hipótese.

II-LER E ESCRIBIR: (común aos tres trimestres)

-Comprensión de instrucións e indicacións sinxelas aos seus traballos escritos.

-Comprensión da información xeral e específica de documentos auténticos, en soporte papel ou dixital, que conteñan vocabulario frecuente sobre temas cotiáns.

-Uso de diferentes estratexias de lectura: axuda de imaxes, do dicionario…

-Lectura autónoma de textos de certa extensión relacionados cos seus intereses, superando as limitacións dos coñecementos lingüísticos-

-Uso de diferentes fontes para obter información có fin de realizar tarefas individuais ou en grupo.

-Produción guiada de textos sinxelos e estruturados, utilizando elementos de cohesión máis complexos-

-Presentación coidada dos textos escritos (marxes, maiúsculas…), utilizando as regras básicas de ortografía e valorando da súa importancia nas comunicacións escritas.

Page 16: Programación de Francés

III-COÑECEMENTOS DA LINGUA:

1º trimestre:

- Repaso das estruturas comparativas e do superlativo.

- Os pronomes relativos “qui, que, dont, où”.

- Os elementos que introducen as frases subordinadas: ӈ cause de, parce que,

grâce à...”

- Repaso do vocabulario relacionado cós materiais, formas…

- Vocabulario relacionado cós tópicos, costumes de diferentes países.

- Vocabulario relacionado coas ONG.

2º trimestre :

- Repaso dos pronomes “en, y”.

- O pretérito pluscuamperfecto.

- As estruturas do estilo indirecto.

- Vocabulario relacionado có mundo da ficción así como da realidade (sucesos

como roubos, asasinatos…)

- Adxectivos e substantivos relacionados cós estados de ánimo.

Page 17: Programación de Francés

3º trimestre :

- Verbos que rixen determinadas preposicións, tales como “avoir besoin de, avoir

envie de, penser à…”

- Os adxectivos e os pronomes indefinidos (éstes últimos en función de suxeito e

de complemento).

- Vocabulario relacionado coas tarefas domésticas.

- Vocabulario relacionado coas actividades extraescolares.

- Os adverbios de modo rematados en “-ment”, regaa xeral e excepcións.

- Vocabulario relacionado có mundo laboral, os problemas dos xóvenes, os

sentimentos universais como o amor, a amizade etc…

IV-ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONSCIENCIA

INTERCULTURAL:

- Emprego dun rexistro acertado en función da situación de comunicación formal,

neutral e informal.

- Recoñecemento de aspectos socioculturais implícitos nos textos cos que se

traballa: costumes, tradicións, celebracións.

- Uso da lingua francesa para propiciar encontros interculturais.

- Profundización no coñecemento de rasgos culturais e do comportamento social

que presentan distintos grupos da mesma comunidade lingüística: similitudes e

diferenzas entre as culturas dos nativos de lingua francesa.

Page 18: Programación de Francés

4-CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

1ºESO:

- Identificar a información global e específica en textos orais (conversacións,

diálogos…) sobre temas que lles resulten familiares, así como en textos escritos

sinxelos e de extensión limitada (descritivos, narrativos)

- Participar en intercambios orais breves relativos a situacións coñecidas e

empregando unha linguaxe sinxela.

- Ler individualmente, utilizando o dicionario, textos con apoio visual e libros

sinxelos para xóvenes, demostrando su comprensión a través dunha tarefa

específica.

- Redactar mensaxes curtas e sinxelas sobre temas cotiás, utilizando os conectores

e o léxico apropiados e que sexan comprensibles para o lector.

- Utilizar termos lingüísticos básicos para referirse a elementos gramaticais.

- Recoñecer os elementos socioculturais que se presenten de forma explícita ou

implícita nos textos cos que se traballa.

- Usar rexistros, variedades, fórmulas e estilos adecuados á situación de

comunicación.

- Utilizar o coñecemento dos aspectos socioculturais que transmita a lingua

francesa, como contraste cos seus propios.Inducir regras de funcionamento a

partir da observación de regularidades.

Page 19: Programación de Francés

2ºESO:

- Extraer a información global e específica de mensaxes orais emitidos nas

situacións de comunicación cotiás relacionadas có ámbito familiar, o mundo laboral,

o ocio…

- Extraer a idea principal e as informacións específicas máis relevantes de textos

orais emitidos por medios de reprodución automática.

- Participar en conversacións breves, utilizando as estratexias adecuadas para

iniciar, manter e facer progresar a comunicación, producindo un discurso

comprensible e adaptado ás intencións da comunicación.

- Extraer a información global e específica de textos escritos auténticos, sinxelos e

de extensión limitada sobre temas do seu interese.

- Ler de xeito autónomo, utilizando adecuadamente o dicionario, textos sinxelos

descritivos, argumentativos, explicativos…relacioados con temas do seu interese e

demostrar a súa comprensión a través dunha tarefa específica.

- Redactar textos sinxelos a partir das estruturas adquiridas, atendendo ás

diferentes intencións de comunicación.

- Identificar os rasgos socioculturais dos países nos que se fala a lingua francesa,

para unha mellor comprensión das mensaxes e poder establecer comparacións cós

rasgos da súa lingua propia.

Page 20: Programación de Francés

3º ESO:

- Comprender mensaxes orais breves propias das situacións de comunicación

traballadas en clase.

- Producir mensaxes orais comprensibles, así como participar activamente en

situacións de comunicación cuxo léxico fora traballado na clase.

- Comprender a idea principal e extraer a información específica de textos escritos

breves de carácter interpersoal, como cartas, invitacións etc…, e de textos máis

extensos, infirindo o significado das palabras descoñecidas a partir do contexto.

- Comprender globalmente, con axuda do dicionario si é necesario, textos escritos

sinxelos de tipo periodístico, literario…que sexan do seu interese..

- Producir textos escritos sinxelos que respondan ás diferentes intencións

comunicativas traballadas na aula.

- Utilizar conscientemente os coñecementos adquiridos como instrumento de

control e auto corrección das producións propias e como recurso para comprender

mellor as producións alleas.

4ºESO:

- Identificar a información global e específica en mensaxes orais emitidos por

casetes, vídeos etc…, nos que se produzan situacións de comunicación previamente

traballadas.

- Participar en conversacións moi sinxelas empregando fórmulas básicas de

interacción social, podendo cometer algún erro que non impida a comunicación nas

relacións sociais.

Page 21: Programación de Francés

- Ler individualmente textos escritos adaptados ó seu nivel coa axuda do

dicionario. Os textos deberán conter apoio gráfico, con información redundante que

facilite a comprensión.

- Elaborar textos curtos e sinxelos como invitacións, felicitacións, facendo un uso

correcto dos elementos básicos de cohesión, así como dos signos de puntuación

logrando que sexan comprensibles para o lector.

- Tomar conciencia e manifestar na práctica o coñecemento dos aspectos básicos

da lingua francesa a través de actividades sinxelas. Aspectos morfolóxicos,

sintácticos, fonolóxicos e léxicos.

- Inducir a partir das regularidades as estruturas básicas do idioma.

- Establecer relacións entre funciones da linguaxe, conceptos gramaticais e

expoñentes lingüísticos.

- Comezar a empregar termos lingüísticos básicos para referirse a elementos

gramaticais a través de actividades de aula.

- Recoñecer aspectos relevantes do país da lingua francesa en textos orais ou

escritos.

- Identificar os costumes e as tradicións máis características dos países onde se

fala a lingua francesa e contrastalas coas do seu propio país.

5- MÍNIMOS ESIXIBLES PARA A OBTENCIÓN DUNHA

AVALIACIÓN POSITIVA:

Nesta materia é moi difícil antepoñer uns contidos a outros, xa que para describir

por exemplo, a súa propia identidade, ou falar de temas relacionados cos seus

intereses, é necesario coñecer determinados verbos, adxectivos ou preposicións, etc.

Page 22: Programación de Francés

Unha lingua é un elemento vivo que necesita abarcar varios campos; polo tanto, non

se poden esquecer algúns contidos e antepoñer outros. A avaliación será positiva

sempre que o alumno obteña a calificación de Suficiente, valorando os diferentes

aspectos que conforman a nota final, é dicir, os exames, o seu esforzo e a súa

actitude.

6- METODOLOXÍA:

O comezar un novo tema, faise primeiro unha escoita do diálogo presentado. Léese,

intentando coidar ó máximo a pronunciación e fanse preguntas de comprensión coa

finalidade de que demostren as súas habilidades relacionadas coa comprensión oral

e escrita, así como traballar a súa expresión oral. Antes de ver conceptos puramente

gramaticais, inténtase que os rapaces e rapazas os deduzan ou os relacionen cós da

súa propia lingua. E importante facer paralelismos coas linguas que coñecen, xa que

en moitas ocasións, as diferenzas ou similitudes, grávanse mellor na memoria.

Sen embargo, o libro non é o único vehículo para ensinar a lingua francesa.

Utilízanse documentos auténticos como publicidades o recortes de periódico. En 4º

da ESO léense parágrafos de libros que tratan temas tan delicados e importantes

como a homosexualidade, o antisemitismo etc… Neste curso tamén fanse ditados

cada vez máis complexos. En tódolos cursos escóitanse cancións axeitadas ós seus

gustos musicais , se hai tempo, proxéctanse películas en DVD o VHS. Finalmente,

realízanse buscas en Internet, sobre aspectos relacionados coa cultura francesa.

Os materias utilizados son, polo tanto, os libros de referencia, diferentes gramáticas,

dicionarios, recortes ou documentos auténticos, “cassettes”, cintas VHS, DVD’s e

os ordenadores do centro.

Page 23: Programación de Francés

7-PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN:

-Ordinaria:

Ademais dos dous exames que se realizan cada trimestre, fanse distintas probas de

vocabulario ó longo do ano, fanse traballos de expresión escrita que varían de

dificultade e nivel de esixencia dependendo do curso e fanse exames de lectura coa

finalidade de mellorar a súa pronunciación. O traballo cotián na aula, realización ou

non dos deberes así como a súa actitude, conforman a nota final en cada avaliación.

Os exames escritos supoñen un 60% da nota, o exame de lectura e os deberes

supoñen un 20% e a actitude tamén supón un 20% da nota final.

-Extraordinaria:

Na avaliación extraordinaria do mes de Setembro, farase un exame que recolla os

contidos vistos ó longo de todo o curso.

8-INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN:

Os instrumentos de avaliación, intimamente ligados ós procedementos de

avaliación, son polo tanto, os exames, as probas de vocabulario, os exames de

lectura, os “listenings” e a actitude do alumno.

Page 24: Programación de Francés

9-SISTEMAS DE CUALIFICACIÓN:

O sistema de calificación é o tradicional, é dicir, unha nota numérica que se

corresponde coas diferentes calificacións establecidas (sobresaliente, notable...)

Estas calificacións son o resultado dos exames, traballo continuado na clase e na

casa e a actitude.

10- RECUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES:

Da propia materia durante o curso:

Se un alumno non consegue alcanzar os obxectivos do trimestre, daránselle

exercicios relacionados cos temas, atenderáselle nos recreos se é preciso, así como

na hora adicada a Atención ó alumno.

De materias pendentes doutros cursos:

A lingua francesa é considerada unha materia progresiva, é polo tanto, se un

alumno alcanza os obxectivos de dita materia no curso no que está matriculado e

tivera esta materia pendente, esta pasaría automaticamente a recibir a calificación de

Aprobado.

O alumno terá non obstante dous convocatorias para aprobar a materia pendente,

unha en Maio e outra en Setembro.

Có fin de facilitar ó alumno/a a conseguir os obxectivos, propónselle un plan de

traballo que se desenrolará ó longo de todo o curso escolar. Este plan de traballo

contén os contidos mínimos reflexados na programación realizada polo

Departamento De Francés, así como os criterios de avaliación fixados en dita

programación.

Page 25: Programación de Francés

Este plan de traballo contén unha serie de actividades que serán propostas ó

alumno/a e cuxa data de entrega será variable dependendo do tipo de actividade a

realizar.

As posibles dúbidas dos alumnos solventaránse durante os recreos, ou ben durante a

hora adicada a Atención a Alumnos.

As actividades que conforman este plan de traballo son as seguintes:

- Realización de exercicios puramente gramaticais có fin de asentar os contidos

considerados básicos e conseguir así unha boa base en francés.

- Realización de descricións de extensión variable, nas que o alumno/a reflexe o

léxico e conectores adecuados. ( descricións sobre sí mesmo, familia, fogar,

aspiracións…)

- Realización de exercicios de comprensión e expresión escrita a través dun texto

con o sen apoio visual.

- Realización de pequenos mapas conceptuais ou esquemas nos que se vexa

reflexado o léxico pertinente.

- Tradución de pequenos textos extraídos de libros de lectura para adolescentes.

Realización de pequenos textos narrativos cuxos temas sexan do seu interese.

11-MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:

As medidas a tomar serán sempre tomadas de forma gradual, é dicir, se o rapaz ou

rapaza non alcanza unha avaliación positiva a pesar do seu esforzo, procederase a

darlle un Reforzo Educativo. Se o desfase é moi grande ou o alumno ten

deficiencias psíquicas ou físicas, pódese contemplar a opción de facer unha

Adaptación Curricular Individual.

Page 26: Programación de Francés

12-ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E

EXTRAESCOLARES:

Non hai ningunha actividade programada polo Departamento.

13-TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA:

Dende a segunda lingua estranxeira, foméntase a lectura en tódolos cursos e a

tódolos niveis. Ademais dos libros de lectura que deben ler os rapaces e rapazas

( libros cortiños e con temas relacionados cos seus intereses), léense parágrafos

doutros libros ou documentos auténticos, que ás veces, tratan temas máis

comprometidos ou de actualidade. As biografías de artistas franceses que eles

coñecen, tamén forman parte deste proxecto integrador da lectura.

14-TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC:

Dende a segunda lingua estranxeira, tamén se fomenta a integración das novas

tecnoloxías .

Internet é un mundo rico en recursos, e durante cada trimestre, utilízanse as novas

tecnoloxías có fin de facer exercicios lúdicos na rede; atopar información sobre os

costumes de Francia así como sobre outros aspectos tratados na clase ( a orixe do

seu nome, o nazismo…)

Tamén utilizarán o ordenador para redactar determinados traballos de expresión

escrita.