programaciÓn didÁctica departamento de francÉs

207
1 PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS ESO / BACHARELATO CURSO 2020/2021 IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ A RÚA DE VALDEORRAS

Upload: others

Post on 15-Nov-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

1

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

ESO / BACHARELATO

CURSO 2020/2021

IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ

A RÚA DE VALDEORRAS

Page 2: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

2

ÍNDICE XERAL

A. PROGRAMACIÓN 1º ESO…………………………….………p.3

B. PROGRAMACIÓN 2ºESO……………………………….……p.34

C. PROGRAMACIÓN 3ºESO……………………………..……...p.64

D. PROGRAMACIÓN 4ºESO……………………………….……p.97

E. PROGRAMACIÓN 1ºBACH……………………………...…p.129

F. PROGRAMACIÓN 2ºBACH………………………….…..…p.165

G. ANEXO Á PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA……….…...…p.205

Page 3: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

3

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: FRANCÉS

1º ESO

CURSO 2020/2021

IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ

A RÚA DE VALDEORRAS

Page 4: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

4

ÍNDICE PROGRAMACIÓN 1º ESO

1. Introdución: Marco legal…………………………………………………………...…p. 5 2. Contextualización…………………………………………………….........................p. 6

2.1. Composición do Departamento………………………………………..............p. 6 3. Contribución da materia ao logro das competencias básicas………………………....p. 7 4. Obxectivos da etapa ESO……………………………………………………………..p. 8 5. Táboa de relacións: obxectivos, contidos, criterios de avaliación, estándares de

aprendizaxe, competencias e mínimos esixibles ………………………………...….p. 10 5.1. Táboa de relacións 1º ESO………………………………………………...….p. 10

5.1.1. Contidos e temporalización ………………………………………........p. 17 5.1.2. Concreción para cada estándar de aprendizaxe…………………….......p. 17

6. Concrecións metodolóxicas. Materiais e recursos didácticos………………….........p. 20 7. Procedementos de avaliación, instrumentos de avaliación e criterios de

cualificación…………………………………………………………………...….....p. 24 7.1. Procedementos de avaliación…………………………………………….....…p. 24

7.1.1. Avaliación inicial…………………………………………………...…..p. 24 7.1.2. Avaliación ordinaria………………………………………………........p. 25 7.1.3. Avaliación extraordinaria……………………………………................p. 25

7.2. Instrumentos de avaliación………………………………………….................p. 25 7.3. Criterios de cualificación………………………………………………...…….p. 26

8. Medidas de atención á diversidade…………………………………………..............p. 26 9. Procedemento para a cualificación das materias pendentes e tratamento dos contidos

imprescindibles non impartidos no curso 2019/2020…………………………..........p. 28 10. Concreción dos elementos transversais. Educación en valores.........................…..…p. 28 11. Contribución ao Plan Anual de Lectura…………………………………………......p. 30 12. Contribución ao Plan de Convivencia…………………………………………...…..p. 30 13. Contribución ao Plan TIC………………………………………………………...….p. 31 14. Actividades complementarias e extraescolares…………………………………...…p. 32 15. Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente……...…p. 33

Page 5: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

5

1. INTRODUCIÓN: MARCO LEGAL

Na elaboración desta programación didáctica debemos ter en conta: Lei Orgánica 8/2013 de 9 de decembro (B.O.E. do 10 de decembro de 2013)

para a Mellora da Calidade Educativa, que modifica a LOE. Orde ECD/65/2015, de 21 de xaneiro (B.O.E. do 29 de xaneiro de 2015), pola

que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a educación secundaria e o bacharelato.

Decreto 86/2015 de 25 de xuño (D.O.G. do 29 de xuño de 2015), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación en 1º, 2º 3º E 4º de E.S.O e 1º e 2º de Bacharelato no presente curso.

O Marco Común Europeo para as Linguas.

Unha das principais novidades que incorpora esta lei na actividade educativa vén derivada da nova definición de currículo, en concreto pola inclusión das denominadas competencias clave, un concepto relativamente novidoso no sistema educativo español e na súa práctica educativa. Polo que se refire, globalmente, á concepción que se ten de obxectivos, contidos, metodoloxía e criterios de avaliación, as novidades son as que produce, precisamente, a súa interacción coas citadas competencias, que van orientar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Aínda que en ocasións non se lle dea a importancia que se merece, o ensino nos

valores cívicos e éticos dunha sociedade democrática, libre, tolerante e plural é unha das finalidades prioritarias da educación, tal e como se pon de manifesto nos obxectivos desta etapa educativa e nos específicos de cada unha das súas distintas áreas de coñecemento, integrados transversalmente en todos os aspectos do currículo. Non debe esquecerse que a linguaxe, como instrumento de representación da realidade que é, pode ir asociado a estereotipos ou prexuízos culturais sobre determinados colectivos sociais, razón pola que debe insistirse en evitalos.

Estes aspectos foron tidos en conta á hora de organizar e secuenciar as unidades didácticas desta materia: a integración ordenada de todos os aspectos do currículo (entre os que incluímos as competencias básicas) é condición sine qua non para a consecución tanto dos obxectivos da etapa como dos específicos da materia. Deste modo, obxectivos, contidos, metodoloxía, competencias básicas e criterios de avaliación, forman unha unidade para o traballo na aula. No que se refire especificamente ao aspecto metodolóxico co que se debe desenvolver o currículo, en cada unha das unidades didácticas desta materia e curso dáse un equilibrio entre os diversos tipos de contidos que seguen orientando de maneira integrada e en interacción o proceso de ensinanza-aprendizaxe, xa que cada un deses contidos cumpre función distintas pero complementarias na formación integral do alumno. Deste xeito, a flexibilidade e a autonomía pedagóxica son características do proceso educativo, de maneira que o profesor pode empregar aqueles recursos metodolóxicos que mellor garantan a formación do alumno e o desenvolvemento pleno das súas capacidades persoais e intelectuais, sempre favorecendo a súa participación para que aprenda a traballar en autonomía e en equipo, de xeito que el mesmo constrúa o seu propio coñecemento. O ensino nos valores dunha sociedade democrática, libre,

Page 6: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

6

tolerante e plural segue a ser, como ata o de agora, unha das finalidades prioritarias da educación. Sabendo que non todos os alumnos poden seguir o mesmo ritmo de aprendizaxe, tanto polo seu propio desenvolvemento psicolóxico como por moi diversas circunstancias persoais e sociais, a atención á diversidade de alumnos e de situacións escolares convértese nun elemento fundamental da actividade educativa. Distintas actividades (tanto no libro de texto como no caderno de exercicios, e nos materiais de que dispón o profesor asociados a estes) pretenden dar resposta a esa ineludible realidade tan heteroxénea das aulas.

2. CONTEXTUALIZACIÓN

O instituto IES Cosme López Rodríguez conta neste curso 2020/2021 con 205 alumnos e está situado na localidade de A Rúa cunha poboación arredor de 4200 habitantes. Ademais recibe alumnado dos concellos de Petín, Larouco, O Bolo e Vilamartín de Valdeorras. Son todos concellos formados por un elevado número de asentamentos de poboación de reducido tamaño nos que se produciu un estancamento e mesmo un retroceso demográfico e un acusado avellentamento da poboación ata límites críticos nalgúns casos.

O territorio está vertebrado por unha infraestrutura de transporte caracterizada por redes lentas, de trazados antigos, sinuosos e deficientemente dotadas en medios técnicos, que comunican núcleos de poboación moi dispersos no espazo. Máis da metade do alumnado ten que facer uso do transporte escolar, o que condiciona a organización de todo tipo de actividades, sobre todo extraescolares.

A estrutura interna das economías familiares está diversificada. A estrutura agraria caracterízase por: avellentamento da poboación, crecemento vexetativo negativo, perda de iniciativas motivada por unha emigración secular, dispersión dos asentamentos de poboación, elevado número de explotacións agrarias que funcionan en réxime de autoconsumo, agricultura minifundista de policultivo tradicional.

A maioría das economías familiares, aínda que situadas nun medio rural, reciben ingresos de rendas xeradas fóra da actividade agraria: sector servizos pouco especializados e actividades relacionadas co sector louseiro cunha elevada taxa de desemprego. 2.1. Composición do Departamento

O departamento está composto por David Gómez Lago, funcionario de carreira do Corpo de Profesores de Ensino Secundario, con destino definitivo neste centro neste curso 2020/2021.

GRUPOS:

-1º ESO ( 2 grupos) (11 alumnos) (11 alumnos)

-2º ESO ( 2 grupos) (8 alumnos) (7 alumnos)

-3º ESO ( 1 grupo) (18 alumnos)

Page 7: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

7

-4º ESO ( 1 grupo) (15 alumnos)

-1º BAC (1 grupo) (8 alumnos) -2º BAC (1 grupo) (7 alumnos)

3. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Unha competencia supón a combinación de habilidades prácticas,

coñecementos, motivacións, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz. Polo tanto, as competencias considéranse como coñecemento na práctica, un coñecemento adquirido a través da participación activa en prácticas sociais que, como tales, poden ser desenvolvidas tanto no contexto educativo formal, a través do currículo, como nos contextos educativos formais e informais; conceptualízanse como “un saber facer” que se aplica a unha diversidade de contextos educativos, sociais e profesionais.

A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase polo seu carácter transversal, o seu dinamismo e o seu modo integral. A elaboración desta programación leva implícito, nas actividades propostas, a valoración do proceso de ensinanza-aprendizaxe en referencia ás oito competencias básicas entendidas como aprendizaxes imprescindibles. Ao abeiro da LOMCE, as oito competencias básicas convértense en sete competencias clave.

Competencia en comunicación lingüística (CCL): consiste en utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación. Na programación dos catro cursos da ESO e Bacharelato está competencia está baseada en:

1. Expresar pensamentos, opinións e sentimentos.

2. Estruturar o coñecemento e dar coherencia ao discurso.

3. Gozar coa lectura, a expresión (oral e escrita) e escoitando.

4. Comunicarse dentro da realidade, é dicir, utilizar a linguaxe de forma funcional, como ferramenta para a resolución das propias necesidades.

5. Utilizar códigos e habilidades lingüísticas e adaptar a comunicación ó contexto.

6. Reflexionar sobre o funcionamento da lingua e as normas da mesma.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

(CMCCT): a programación inclúe fichas de traballo destinadas á aprendizaxe dos números e a habilidade para utilizalos, para coñecer algúns símbolos de expresión matemática, para resolver problemas sinxelos relacionados coa vida diaria referida á ciencia, tecnoloxía e, en xeral, co mundo laboral.

Page 8: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

8

Competencia dixital (CD): consiste en buscar, obter, procesar e comunicar información para transformala en coñecemento. A programación inclúe actividades de traballo, relacionadas co manexo de distintas ferramentas tecnolóxicas dirixidas a seleccionar e tratar a información.

Competencia social e cívica (CSC): para comprender a realidade social na que

se vive, cooperar, convivir de xeito democrático e tolerante e contribuír á mellora social, a programación propón, aspectos encamiñados a aprender a valorarse e coñecerse un mesmo, a tomar decisións con responsabilidade, a admitir as consecuencias das mesmas, a valorar a contorna, expresarse e escoitar, recoñecer as diferencias e valorar a igualdade e resolver os conflitos con coherencia e responsabilidade.

Competencia de conciencia e expresións culturais (CCEC): a programación

inclúe, actividades para coñecer, comprender, apreciar e valorar as manifestacións artísticas e culturais e tamén actividades destinadas a poñer en funcionamento a imaxinación e a creatividade en temas relacionados co patrimonio dos pobos, a moda, os gustos, o pensamento etc.

Competencia para aprender a aprender (CAA): todas as actividades

previstas están encamiñadas a adquirir habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de seguir aprendendo de xeito máis autónomo e eficaz de acordo cos propios obxectivos e necesidades, así como chegar a ser consciente das propias capacidades (intelectuais, emocionais e físicas), desenvolver un sentimento de competencia persoal baseado na motivación, confianza nun mesmo e gusto por aprender, ser consciente das capacidades que entran en xogo como: atención, concentración, memoria, expresión, comprensión etc., desenvolver estratexias e técnicas de estudio como planificación, observación, traballo en grupo etc.

Competencia no sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE): a

metodoloxía aplicada estará directamente en relación co feito do que o alumnado chegue a ser consciente dos valores e actitudes persoais, aprender dos erros e asumir riscos. En todas as actividades o alumno poderá elixir criterio propio, partir da análise das súas posibilidades e limitacións, adquirir unha visión estratéxica, ter unha actitude positiva para relacionarse, colaborar ou buscar axuda e solucións.

4. OBXECTIVOS DE ETAPA ESO

Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

Page 9: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

9

Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller.

Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.

Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en diversos campos do coñecemento e da experiencia.

Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura.

Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada.

Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo.

Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social.

Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e á súa mellora.

Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

Coñecer e valorar a importancia do uso do noso idioma como elemento fundamental para o mantemento da nosa identidade, e como medio de relación interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que nos comunica con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade lusófona.

Page 10: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

10

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 1º ESO OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS

CLAVE BLOQUE 1: COMPRENSIÓN DE TEXTOS ORAIS

a c d i

-B.1.1. Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais : --Uso do contexto verbal e non verbal, e dos coñecementos previos sobre a situación (quen fala a quen, con que intención, onde e cando) que dan lugar a inferencias do significado baseadas no contexto. --Uso dos coñecementos referenciais sobre o tema. --Identificación de palabras clave. --Adaptación das escoita á súa fin (global e/ou específica). --Identificación dos recursos lingüísticos ou temáticos adquiridos. --Inferencia do significado probable das palabras ou das frases que descoñece a partir do contexto e das experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece á lingua estranxeira -B.1.2. Tolerancia da comprensión parcial ou vaga nunha situación comunicativa. -B.1.3. Perseveranza no logro da comprensión oral, escoitando unha vez e outra o texto gravado ou solicitando repeticións ou reformulacións do que xa se dixo -B.1.4. Memorización de expresións orais breves significativas (saúdos, despedidas, consignas de aula, preguntas sobre a idade, orixe, etc.).

-B.1.1. Comprender preguntas e informacións sinxelas referentes á información persoal moi básica (nome, idade, gustos, etc.), e tamén a instrución ou peticións elementais referentes ao comportamento na aula. -B.1.2. Usar estratexias básicas de comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais, ou os detalles significativos nun texto : anticipación do contido xeral do que se escoita con axuda de elementos verbais ou non verbais, e uso dos coñecementos previos sobre a situación (quen fala a quen, con que intención, onde e cando) que dan lugar a inferencias do significado baseadas no contexto, e as experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece. -B.1.3. Comprender o sentido global e as informacións específicas máis significativas de mensaxes orais sinxelas e moi básicas (por exemplo, seguir instrucións ou indicacións, identificar persoas, obxectos ou lugares descritos cun vocabulario básico), emitidas cara a cara, gravadas ou en soporte multimedia, sobre situación habituais de comunicación, se fala moi amodo e con moita claridade. -B.1.4. Comprender o esencial en conversas moi básicas e curtas sobre temas cotiáns, habituais e de necesidade inmediata, traballados de antemán, referentes ao ámbito persoal, sempre que se fale amodo, articulando de maneira clara e comprensible.

-SLEB 1.1. Comprende preguntas básicas moi sinxelas e habituais sobre asuntos persoais ou educativos (nome, idade, enderezo, nivel de estudos, etc.) sempre que se fale de xeito pausado e con boa articulación, e se repita se for preciso.

CCL CD CAA CCEC

-SLEB 1.2. Comprende frases e expresións habituais relacionadas con necesidades inmediatas (números, datas, prezos, etc.) e temas cos que se teña moita familiaridade, e segue instrucións e consignas de aula.

CCL CAA CCEC

-SLEB 1.3. Comprende o sentido global e a información máis sinalada de textos orais curtos (instrucións e comunicados) con estruturas traballadas de antemán, un léxico moi común relacionado con necesidades inmediatas, que veñen de medios audiovisuais ou da Internet, sempre que se fale de xeito pausado e con boa articulación, e poida volver escoitar o que xa se dixo.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 1.4. Comprende a información esencial en conversas curtas e moi sinxelas nas que participa, que traten de temas familiares como un(ha) mesmo/a, a familia, a escola, o tempo de lecer, ou a descrición moi básica dunha persoa, un obxecto ou un lugar.

CCL CAA CCEC CD

Page 11: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

11

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 1º ESO OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS

CLAVE BLOQUE 2: PRODUCIÓN DE TEXTOS ORAIS

a c d i

-B.2.1. Estratexias de produción De planificación : identificación do contexto, o destinatario e a finalidade da produción ou da interacción ou a adecuación do texto ao destinatario, ao contexto e á canle, escollendo os expoñentes lingüísticos precisos para acadar a intención comunicativa. De execución : concepción da mensaxe con claridade, distinguindo a idea ou as ideas principais e a súa estrutura básica, activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados, expresión da mensaxe con claridade, coherencia básica e estrutura axeitada, e axustándose en cada caso aos modelos e as fórmulas de cada tipo de texto memorizados e traballados na clase previamente, reformulación da tarefa (emprender unha versión máis modesta) ou da mensaxe (facer concesións ao que realmente querería expresar) logo de valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles e compensación das carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos (modificación de palabras de significado parecido, definición ou paráfrase dun termo ou expresión, uso da lingua nai ou estranxeirización de palabras da lingua meta e petición de axuda) e para-lingüísticos (sinalización de obxectos ou emprego de deícticos ou realización de accións que aclaren o significado, uso da linguaxe corporal culturalmente pertinente como xestos, expresións faciais, posturas e o contacto visual ou corporal e o uso de elementos cuasi-léxicos de valor comunicativo). -B.2.2. Actitude de respecto cara si mesmo/a e cara as outras persoas para entender e para facerse entender. -B.2.3. Rutinas e modelos elementais de interacción segundo o tipo de situación de comunicación (chegada e saída do centro, conversa telefónica, compra-venta, etc.), todas elas cotiás e moi básicas.

-B.2.1. Pronunciar de maneira intelixible, aínda que se cometan erros de pronuncia polos que as persoas interlocutoras teñan que solicitar repeticións para entender a mensaxe. -B.2.2. Comunicarse de maneira sinxela en intercambios claramente estruturados, empregando fórmulas moi básicas referentes a saúdos, despedidas, agradecementos e presentacións, colaborando para entender e facerse entender. -B.2.3. Comunicar de maneira intelixible información sobre si mesmo/a e sobre accións e nocións (horarios, datas, cantidades), moi habituais da vida diaria, empregando un repertorio básico de palabras e frases moi sinxelas memorizadas, e facéndose comprender aínda que a persoa interlocutora precise que se repita ou repetir o que xa se dixo. -B.2.4. Dar e obter información sobre datos básicos persoais (idade, lugar de residencia, familia, orixe, gustos, posesións, etc.), empregando un repertorio moi básico de expresións moi sinxelas e habituais sobre estes datos.

-SLEB 2.1. Na maioría das actividades de aula, amósase unha actitude positiva polo uso da lingua estranxeira en diferentes situacións comunicativas, esforzándose por empregala aínda que teña que recorrer a outras linguas para pedir axuda ou aclaracións.

CCL CD CAA CCEC

-SLEB 2.2. Fai e responde de maneira intelixible e con accións de colaboración, preguntas sinxelas sobre si mesmo/a e sobre actividades moi comúns da vida diaria e do tempo de lecer en situacións de comunicación significativas para a súa idade e o seu nivel escolar.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 2.3. Desenvólvese entendendo o suficiente e facéndose entender en situación moi habituais relacionadas con necesidades inmediatas nas que pide e se da información sobre horarios, lugares, datas, prezos, cantidades e as actividades máis comúns para a súa idade e nivel escolar.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 2.4. Participa en conversas informais curtas e moi básicas, cara a cara, nas que establece contacto social elemental. Intercambia información moi básica, manifesta os seus gustos, fai invitacións elementais e ofertas, e pide e da indicacións moi básicas para ir a un lugar

CCL CAA CCEC

-SLEB 2.5. Preséntase e da e obtén información básica e sinxela sobre si mesmo/a e sobre gustos, preferencias e intereses referentes a temas moi cotiáns, en conversas moi básicas sobre temas predicibles, se pode solicitar, con preguntas sinxelas e directas, a colaboración da persoa interlocutora para entender e facerse entender.

CCL CAA CCEC

Page 12: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

12

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 1º ESO OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS

CLAVE BLOQUE 3: COMPRENSIÓN DE TEXTOS ESCRITOS

a c d i

-B.3.1. Estratexias de comprensión : Mobilización de información

previa sobre o tipo de tarefa e o tema, a partir da información superficial : imaxes, organización na páxina, t ítulos de cabeceira, etc.

Identificación do tipo de lectura demandado pola tarefa (en superficie ou oceánica, selectiva, intensiva ou extensiva).

Distinción de tipos de comprensión necesarios para a realización da tarefa (sentido xeral, información esencial e puntos principais).

Inferencia e formulación de hipóteses sobre significados a partir da comprensión de elementos significativos, lingüísticos e para-textuais, e do coñecemento e das experiencias noutras linguas.

Reformulación de hipóteses a partir da comprensión de novos elementos.

-B.3.2. Soletreo e asociación de grafía, pronuncia e significado a partir de modelos escritos e expresións orais coñecidas.

-B.3.1. Empregar estratexias de lectura (recurso ás imaxes, títulos e outras informacións visuais, e aos coñecementos previos sobre o tema ou a situación de comunicación, e aos transferidos desde as linguas que coñece), identificando a información máis importante e deducindo o significado de palabras e expresións non coñecidas. -B.3.2. Seguir instrución básicas e comprender avisos, deberes e prohibicións moi sinxelas e predicibles, e traballadas de antemán. -B.3.3. Comprender información relevante e previsible en textos curtos, moi sinxelos e ben estruturados, con conectores moi básicos e relativos a temas da propia experiencia. -B.3.4. Comprender textos propios de situacións cotiás próximas , como invitacións, felicitacións, notas, avisos, billetes de transporte, entradas, etiquetas ou xogos coñecidos.

-SLEB 3.1. Comprende con fluidez textos adaptados relativos a temas do seu interese.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 3.2. Comprende avisos, deberes e prohibicións básicas e predicibles, referidas a necesidades inmediatas, de estrutura moi sinxela, especialmente se contan con apoio visual.

CCL CAA CCEC

-SLEB 3.3. Comprende información básica e sinxela de correspondencia persoal curta na que se fala de si mesmo/a ou sobre gustos, preferencias e intereses referidos a temas moi cotiáns e propios da súa idade.

CCL CAA CCEC

-SLEB 3.4. Comprende información esencial e localiza información específica en material informativo sinxelo como menús, horarios, catálogos e listas de prezos.

CCL CAA CCEC CD

Page 13: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

13

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 1º ESO OBXECTIV

OS CONTIDOS CRITERIOS DE

AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCI

AS CLAVE BLOQUE 4: PRODUCIÓN DE TEXTOS ESCRITOS

a c d i

-B.4.1. Estratexias de produción Planificación : mobilización e coordinación das

propias competencias xerais e comunicativas coa fin de realizar eficazmente a tarefa (repasar o que xa se sabe sobre o tema, o que se pode ou se quere dicir, etc.), localización e uso axeitado de recursos lingüísticos ou temáticos (uso dun dicionario ou dunha gramática, obtención de axuda, etc.) e uso de elementos coñecidos obtidos de modelos moi sinxelos de textos escritos, para elaborar os propios textos.

Execución : elaboración dun borrador seguindo textos modelo, estruturación do contido do texto, organización do texto en parágrafos curtos abordando cadansúa idea principal conformando entre todos o seu significado ou a idea global, expresión da mensaxe con claridade axustándose aos modelos e ás fórmulas de cada tipo de texto, reformulación da tarefa (emprender unha versión máis modesta) ou da mensaxe (facer concesións ao que realmente querería expresar) logo de valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles e o recurso aos coñecementos previos (empregar frases feitas e locucións do tipo “Agora volvo”, “Paréceme ben”, etc.).

Revisión : identificación de problemas, erros e repeticións, atención ás convencións ortográficas e aos signos de puntuación, presentación coidada do texto (marxes, limpeza, tamaño da letra, etc.) e reescritura definitiva.

-B.4.1. Aplicar estratexias básicas para producir textos (elección da persoa destinataria, finalidade do escrito, planificación, redacción do borrador, revisión do texto e versión final) a partir de modelos moi estruturados e con axuda previa na aula. -B.4.2. Completar documentos moi básicos nos que se solicite información persoal. -B.4.3. Escribir mensaxes moi sinxelas e moi curtas con información, instrucións e indicacións moi básicas relacionadas con actividades cotiás e de necesidade inmediata. -B.4.4. Producir textos curtos a partir de modelos sinxelos e básicos, cunha finalidade determinada propia da súa idade e do seu nivel escolar, e cun formato preestablecido, en soporte tanto impreso como dixital, amosando interese pola presentación limpa e ordenada do texto.

-SLEB 4.1. Elabora textos sinxelos a partir de modelos, empregando expresións e enunciados traballados de antemán, para transmitir informacións, ou con intencións comunicativas propias da súa idade e do seu nivel escolar.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 4.2. Completa un cuestionario sinxelo con información persoal moi básica e referente aos seus datos persoais ou intereses ou afeccións (nome, idade, enderezo, gustos, etc.).

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 4.3. Escribe notas, listaxes, tarxetas postais, felicitacións e mensaxes en soporte dixital moi sinxelas e curtas, relativas a necesidades inmediatas.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 4.4. Escribe correspondencia moi breve e sinxela, a partir dun modelo, substituíndo unha palabra ou expresión por outra para unha funcionalidade ou tarefa determinada (felicitar, informar, preguntar, etc.) tanto de maneira manuscrita como en formato dixital, cunha presentación limpa e ordenada.

CCL CAA CCEC CD

Page 14: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

14

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 1º ESO OBXECTIVOS

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE

BLOQUE 5: COÑECEMENTO DA LINGUA E CONSCIENCIA INTERCULTURAL E PLURILINGÜE -a -c -d -i -o

-B.5.1. Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos : sons e fonemas vocálicos, sons e fonemas consonánticos e agrupamentos, procesos fonolóxicos máis básicos e acento tónico dos elementos léxicos illados e na oración. -B.5.2. Patróns gráficos e convencións ortográficas : uso das normas básicas da ortografía da palabra e utilización axeitada da ortografía da oración (coma, punto e coma, puntos suspensivos, parénteses e comiñas). -B.5.3. Aspectos socioculturais e sociolingüísticos : recoñecemento e uso de convencións sociais básicas e normas de cortesía propias da súa idade e de rexistros informal e estándar, e da linguaxe elemental non verbal elemental na cultura estranxeira. Achegamento a algúns aspectos culturais visibles : hábitos, horarios, actividades ou celebracións máis significativas; condicións de vida elementais (vivenda); relacións interpersoais (familiares, de amizade ou escolares), comida, lecer, deportes, comportamentos proxémicos básicos, lugares máis habituais, etc.; e a costumes, valores e actitudes moi básicos e máis evidentes sobre aspectos propios da súa idade nos países onde se fala a lingua estranxeira. Identificación de algunhas semellanzas e diferenzas fundamentais e máis significativas nos costumes cotiáns entre os países onde se fala a lingua estranxeira e o noso. Actitude receptiva e respectuosa cara as persoas, os países e as comunidades lingüísticas que falan outra lingua e teñen unha cultura diferente á propia. -B.5.4. Plurilingüismo : identificación de semellanzas e diferenzas entre as linguas que coñece para mellorar a súa aprendizaxe e acadar unha competencia comunicativa integrada. Participación en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, críticas de libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se empregan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais, e valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe. -B.5.5. Funcións comunicativas. Iniciación e mantemento de relacións persoais e sociais básicas propias da súa idade. Descrición de calidades físicas e abstractas moi básicas de persoas, obxectos, lugares e actividades. Narración de acontecementos e descrición de estados e situacións presentes, e expresión moi básica de sucesos futuros. Petición e oferta de información e indicacións, e expresión moi sinxela de opinións e advertencias. Expresión do coñecemento, o descoñecemento e a certeza. Expresión da vontade, a intención, a

-B.5.1. Discriminar patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación de uso máis básico, recoñecendo o seu significado evidente, e pronunciar e entoar con comprensibilidade razoable, aínda que teña que repetir varias veces para facerse entender. -B.5.2. Recoñecer e empregar as convencións ortográficas, tipográficas e de puntuación, con corrección suficiente para o seu nivel escolar. -B.5.3. Empregar para a comprensión e a produción de textos orais e escritos os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos relativos ás relacións interpersoais, comportamento e convencións sociais, respectando as normas de cortesía máis básicas en cadanseu contexto. -B.5.4. Producir textos e inferir o significado probable de palabras ou frases que descoñece a partir das experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece. -B.5.5. Distinguir e levar a cabo as funcións demandadas polo propósito comunicativo a través dos expoñentes básicos das devanditas funcións e os patróns discursivos de uso máis habitual, e empregar un repertorio léxico suficiente para comunicar no seu nivel escolar. -B.5.6. Participar en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, críticas de libros e películas, etc.) nos que se empregan varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro, relacionadas cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais.

-SLEB 5.1. Identifica sons e grafías de fonemas básicos, produce con intelixibilidade suficiente léxico e estruturas moi básicas, e trazos fonéticos que distinguen fonemas (nasalización, sonorización, etc.), e iníciase no uso de patróns moi básicos de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 5.2. Emprega de maneira axeitada as convencións orais e escritas básicas propias da lingua estranxeira no desenvolvemento do proceso comunicativo oral e escrito (saúdos, despedidas, fórmulas moi básicas de tratamento, etc.) e amosa respecto polas diferenzas que poidan existir en aspectos culturais como hábitos, horarios, etc.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 5.3. Nas actividades de aula, pode explicar o proceso de produción de textos e de hipóteses de significados tomando en consideración os coñecementos e as experiencias noutras linguas.

CCL CAA CCEC

-SLEB 5.4. Comprende e comunica o propósito solicitado na tarefa ou ligado a situacións de necesidade inmediata da aula (pedir ou dar información sobre datos persoais, felicitar, invitar, etc.) empregando de maneira axeitada as estruturas sintáctico-discursivas e o léxico precisos, moi básicos e traballados de antemán.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 5.5. Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, críticas de libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se empregan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora a experiencia que posúe como persoa plurilingüe.

CCL CAA CCEC CD

Page 15: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

15

orde, autorización e a prohibición. Expresión do interese, a aprobación, o aprecio, a satisfacción e a sorpresa, así coma os seus contrarios. Establecemento e mantemento básicos da comunicación e a organización elemental do discurso. -B.5.6. Léxico oral e escrito básico de uso común relativo a identificación persoal elemental : vivenda, fogar e contorna, actividades básicas da vida diaria, familia e amizades, traballo, tempo libre, lecer e deporte, vacacións, saúde máis básica e coidados físicos elementais, educación e estudo, compras básicas, alimentación e restauración, transporte, tempo meteorolóxico e tecnoloxías da información e da comunicación. Expresións fixas, enunciados fraseolóxicos moi básicos e moi habituais (saúdos, despedidas, preguntas por preferencias e expresións moi sinxelas de gustos) e léxico sobre temas relacionados con contidos moi sinxelos e predicibles doutras áreas do currículo. -B.5.7. Estruturas sintáctico-discursivas propias de cada lingua.

Page 16: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

16

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 1º ESO

CONTIDOS SINTÁCTICO-DISCURSIVOS: FRANCÉS

-Expresión de relacións lóxicas : conxunción (et), disxunción (ou), oposición (mais), causa (parce que), finalidade (pour), comparación (plus, moins), explicativas (parce que). -Relacións temporais (avant, après). -Exclamación (Oh là là!, On y va!): interxección (Oui!, Non!, Zut!). -Negación (ne/n’...pas). -Interrogación (qui est-ce?, qu’est-ce que c’est?, quoi, quand, comment, pourquoi, où) , réponses (p.ex, Oui, non), est-ce que, adjectif interrogatif (Quel est ton sport préféré?.

-Expresión do tempo : presente, futuro (présent, futur proche): l’impératif. -Expresión do aspecto : puntual (frases simples), habitual (présent). -Expresión da modalidade : factualidade (phrases déclaratives); capacidade (pouvoir), necesidade (Il faut + infinitif); obriga, prohibición (Il faut, imperativo), permiso (pouvoir : Est-ce que je peux....?), intención / desexo (vouloir), cortesía (distinction tu / vous).

-Expresión da existencia (presentativos : c’est, ce sont), da entidade (p.ex. les articles définis, indéfinis, noms, pronoms personnels sujet, on, les pronoms toniques), los presentativos (p.ex, c’est, voilà, il est), a posesión (adxectivos posesivos dun único posuidor), a existencia (p.ex. Il y a, Il n’y a pas), a calidade (xénero e número dos adxectivos regulares). -Expresión da cantidade (plurais regulares; número cardinais ata dúas cifras; primeiros números ordinais, les articles partitifs). Adverbios de cantidade e medidas (un peu, trop, assez, beaucoup, un kilo, un tube).

-Expresión do espazo : prépositions et adverbes de lieu avec villes et pays en/au + pays, à + ville, position (ici), distance, mouvement, direction, provenance (venir de + ville), destination (aller à + ville). -Expresión do tempo : puntual (l’heure, moments du jour le matin, le soir), indicacións de tempo (aujourd’hui), duración (de...à), secuenciación (à partir de + heure), frecuencia (d’habitude). -Expresión do modo (à / en + medios de transporte).

Page 17: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

17

UNIDADE DO LIBRO Nº DE SESIÓNS E TEMPORALIZACIÓN

OBXECTIVOS TAREFAS CONTIDOS CONTIDOS MÍNIMOS

DOSSIER 0

“BIENVENUE!”

3 sesións en setembro -Saudar e presentarse -Comunicarse na clase -Deletrear e dar o enderezo electrónico

-Primeiros pasos en francés

Léxico : O abecedario e algunhas palabras francesas

-O abecedario

DOSSIER 1

“COPAINS COPINES”

7 sesións en outubro / novembro

-Saudar, dicir o nome e preguntarlle o nome a alguén -Presentar os amigos -Contar até 19 -Nomear os obxectos da mochila

-Coñecemento de novos amigos -Mural para presentar ao grupo de amigos

Gramática : Os pronomes suxeito, os verbos “s’appeler” e “être” e os artigos indeterminados. Léxico : Os números de 0 a 19 e os obxectos da mochila. Fonética : as consoantes mudas no final do verbo e a liaison (cos artigos indeterminados e entre o suxeito e o verbo) Cultura : os saúdos

-Os verbos “être” e “s’appeler” -Os números de 0 a 19 -Os saúdos

DOSSIER 2

“LE TEMPS DES LOISIRS”

8 sesións en novembro / decembro

-Dicir o que gusta e o que non gusta -Facer preguntas -Pedir e dar unha explicación -Nomear os días da semana e falar do día preferido

-Enquisa na clase -Creación dunha personaxe de videoxogo

Gramática : Os verbos en –er, a forma interrogativa con entoación e con “Est-ce que...”, os artigos determinados, a frase negativa con “ne...pas”, a pregunta “pourquoi?” e a resposta “parce que” Léxico : os gustos e o lecer e os días da semana. Fonética : a liaison cos artigos e a pregunta con entoación. Cultura : os símbolos de Francia.

-Os verbos en “-er” -“Pourquoi” e “parce que” -Os días da semana

Page 18: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

18

DOSSIER 3

“À LA MODE!”

8 sesións en xaneiro / febreiro

-Preguntar e dicir a idade -Describir persoas -Describir a roupa -Falar das semellanzas e as diferenzas

-A orla da clase -Creación dunha prenda de roupa orixinal

Gramática : o feminino e o plural dos adxectivos, o verbo “avoir” e o pronome “on”. Léxico : a descrición física, a roupa, as cores. Fonética : discriminación masculino /feminino nos adxectivos e as vogais nasais (1). Cultura : cadros de artistas franceses.

-O verbo “avoir” -As cores e a roupa

DOSSIER 4

“VIVE LE SPORT”

8 sesións en febreiro / marzo

-Comunicar sobre os deportes que se practican -Dicir por que se fai un deporte -Presentar a un deportista -Facer preguntas

-Enquisa sobre o deporte -Entrevista a un deportista

Gramática : o verbo “faire”, os adxectivos posesivos, as formas contractas do artigo e a pregunta “qu’est-ce que...”. Léxico : os deportes, as partes do corpo e os números do 20 ao 69. Fonética : as vogais /y/ e /u/. Cultura : o Tour de Francia.

-O verbo “faire” -As partes do corpo -Os números do 20 ao 69

DOSSIER 5

“EN VILLE”

8 sesións en abril / maio -Dicir onde se vive -Preguntar e sinalar un camiño -Falar dos lugares da vila -Falar dos desprazamentos

-Itinerario na vila -Coñecemento das localidade

Gramática : a preposición “chez” e a forma do pronome tónico, os artigos determinados e indeterminados, os interrogativos “où” e “quand” e algunhas preposicións e adverbios de lugar. Léxico : a cidade e os medios de transporte.

-As tendas da cidade -Os pronomes tónicos -Os medios de transporte

Page 19: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

19

Fonética : as vogais nasais (2) Cultura : Paris en bici.

DOSSIER 6

“UNE SUPER JOURNÉE”

8 sesións en maio -Propor algo, aceptar ou rexeitar unha proposta -Preguntar e dicir a hora. Indicar horarios -Falar das súas actividades cotiás -Dar instrucións e consellos

-Día de aniversario -Organización dunha festa

Gramática : o verbo “venir”, os verbos pronominais e o imperativo. Léxico : as partes do día, os meses do ano e a hora. Fonética : as vogais medias /Ɛ/ e /œ/ Cultura : as festas en Francia

-O verbo “venir” -A expresión da hora -As partes do día

DOSSIER 7

“BON VOYAGE!”

8 sesións en xuño -Chamar por teléfono -Falar da familia -Falar dos transportes -Falar das características dun país

-Diario de viaxe -Folleto turístico sobre un país

Gramática : o verbo “aller”, as preposicións diante dos nomes de países ou de vilas e iniciación ao “futur proche”. Léxico : os nomes de país, os medios de transporte e a familia. Fonética : as consoantes /b/ e /v/. Cultura : o Día Internacional da Francofonía.

-O verbo “aller” -O “futur proche” -As preposicións e os nomes de país e vila -A familia

Page 20: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

20

6. CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Partindo dos principios metodolóxicos expresados polo Consello de Europa e desenvoltos no MCER, a aprendizaxe e ensino de idiomas deben partir do concepto da lingua como vehículo de comunicación na realización de todo tipo de tarefas da vida real a través de actividades nas que cómpre actuar cos demais oralmente ou por escrito e utilizar as competencias comunicativas lingüísticas, pragmáticas, sociolingüísticas e socioculturais ao mesmo nivel. Deste xeito os obxectivos do curso abarcando e solapando as distintas destrezas (comprensión e expresión oral, escrita e interacción) deben coincidir coa consecución de tarefas reais e probables nos distintos eidos da vida cotiá e do contorno de intercambio internacional no que nos movemos no século XXI. Pola mesma razón, a metodoloxía debe asumir, citando o MCER “un enfoque comunicativo de acción e enfoque de aprendizaxe no uso ,” quere dicir, debe estar encamiñada ao desenvolvemento práctico e eficaz da competencia comunicativa a través da resolución efectiva e real de ditas tarefas e non só centrado nas competencias lingüísticas, senón tamén en todas as capacidades que o individuo, como axente social, debe utilizar para integrarse eficazmente noutra comunidade con lingua e cultura propias.

Neste enfoque é fundamental que as tarefas propoñan as situacións de

comunicación máis comúns da vida real e se practiquen nas clases da forma mais auténtica posible. Cómpre que os materiais utilizados sexan tamén auténticos na medida do posible. En calquera caso, débense buscar mostras de lingua oral e escrita que faciliten a adquisición das competencias necesarias para desenvolver cada tarefa comunicativa. Débense sempre seleccionar mostras nas que a relación entre forma, función e uso sexan transparentes. É necesario que este material contribúa ao desenvolvemento da auto-confianza do aprendiz no seu proceso de aprendizaxe. Así mesmo, proponse un enfoque metodolóxico procesual no aprendiz e nas súas necesidades na medida en que se terán en conta os intereses, ritmos, estilos de aprendizaxe, coñecementos previos do alumnado para a selección e secuenciación de tarefas e materiais, dentro do marco curricular en que se desenvolven os cursos.

O papel docente é de deseñar, presentar, impulsar e avaliar as actividades

comunicativas, e de orientar o aprendiz e facilitarlle a adquisición e activación das estratexias necesarias para unha aprendizaxe autónoma, desenvolvendo a súa capacidade de auto-avaliación e a asunción da súa propia responsabilidade no proceso, en colaboración cos demais membros do grupo tanto dentro como fóra da clase. Aínda que a aula é o espazo social de aprendizaxe, exposición e análise de logros, de acontecemento comunicativo, tamén se poden usar outros lugares para estas mesmas fins, ben sexa para investigar na biblioteca ou para realizar tarefas na sala de ordenadores. Ademais resulta interesante e motivador o uso doutros espazos onde a tarefa sexa real e non só simulada.

A avaliación é parte integral do proceso de aprendizaxe e serve para a valoración

de todos os factores que interveñen nel. É un instrumento para reflexionar, revisar, reorientar e reparar en todo momento todos os elementos do currículo (programacións, aula, materiais, actividades, etc.). Dadas as características do noso alumnado, é patente a

Page 21: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

21

necesidade de atención á diversidade de niveis de competencia, tanto xeral como por destrezas, de ritmos e intereses.

Cando se considere aconsellable intentaranse diversificar tamén as tarefas así como a forma de traballo dos alumnos para poder facilitar o progreso individual. A orientación e acción titorial do docente cara ao alumno estará integrada no proceso de aprendizaxe e avaliación dentro da aula, procurando o fomento da autonomía e reflexión acerca de como aprender de forma máis efectiva. Se for preciso, utilizarase o tempo reservado ás titorías.

Merecen mención especial, ademais dos recursos escritos e audiovisuais

tradicionais, os novos recursos, as TIC, cos que se traballará cada vez máis polo seu carácter auténtico, motivador e facilitador da práctica autónoma.

Neste enfoque integral queda patente que a competencia comunicativa non só

depende da capacidade de uso do idioma no seu aspecto gramatical, senón tamén no sociolingüístico, pragmático, intercultural e estratéxico. Todos estes elementos, xa sexan gramática, léxico, fonética, aspectos culturais, estratexias de aprendizaxe, etc., non son un fin en si mesmos senón ferramentas para lograr o que en último termo se pretende: unha comunicación eficaz.

De todo isto derívanse dous aspectos fundamentais: por unha parte, un enfoque

metodolóxico baseado no traballo por tarefas reais; e por outra parte, o papel do alumno como principal responsable da súa aprendizaxe e por tanto a súa capacidade para ser autónomo.

O emprego da lingua francesa nas clases será progresivo e converterase na

lingua vehicular das sesións de clase nos niveis máis altos. O recurso ao castelán e ao galego serán necesarios cando as dificultades de comprensión así o sinalen. Preferirase, en calquera caso, facer uso de paráfrases, procura de sinónimos ou a xestualidade coa fin de evitar o recurso á lingua nai. Porén, as actividades de mediación estarán incluídas nas nosas unidades didácticas coa fin de dar resposta a esa nova destreza recollida no MCER.

O Departamento ten programadas actividades específicas para cada curso a partir do que chamamos na programación fichas de traballo elaboradas e aportadas polo Departamento. Son fichas baseadas na lectura que poñen en marcha unha metodoloxía activa e participativa, que integran cuestionarios de comprensión (oral e escrita), que facemos en grupo, en parellas ou individualmente (lectura silenciosa), a partir de todo tipo de textos obtidos en diferentes fontes informativas (literarios, xornalísticos, publicitarios...), en soporte impreso ou electrónico.

Os principais materiais e recursos didácticos propios do Departamento de lingua

francesa son os seguintes:

LIBROS DE TEXTO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS 2020/2021

CURSO TÍTULO EDITORIAL ANO ISBN

1º ESO Promenade Livre de SM 2015 978-84-675-6264-4

Page 22: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

22

l’élève 1ESO Promenade Cahier d’activités 1ESO

SM

2015

978-84-675-7805-8

-Fichas de traballo preparadas e facilitadas polo Departamento, centradas nun tema concreto (a música, o deporte, a saúde…) que inclúe gramática, léxico, verbos, cultura e civilización, lectura, temas transversais, interdisciplinariedade. -Cintas de audio e vídeo (películas, cancións, relatos…). -Libros de lecturas curtas, revistas e xornais, dicionarios e libros de consulta ( do Departamento ou da Biblioteca). -Utilización dos ordenadores e de Internet. Citamos algunhas das páxinas web ás

que accederemos para consultas e exercicios. http://www.lepointdufle.net http://www.log.ccsf.cc.ca.us/ http://www2.sp.utexas.edu/fr/ http://www.didieraccord.com/ http://babelnet.sbg.ac.at/canalreve/ http://www.bonjourdefrance.com/ http://francais-affaires.com/ http://www.rfi.fr

BIBLIOGRAFÍA :

A) VOCABULARIO : AYKÜZ, Anne et alli (2000) : Exercices de vocabulaire en contexte. Niveau intermédiaire . Paris, Hachette. BOCHART-FIÈVEZ, Jeannine e Jean DELAHAUT (1990) : Richesse du vocabulaire. Paris, Duculot. ÉLUERD, Roland e Jacques FRANÇOIS (1991) : Vocabulaire expliqué du français. 350 exercices, textes et glossaires. Vanves, Hachette. FILPA-EKVALL, Dominique e Francis PROUILLAC (1986) : Vocabulaire illustré. 350 exercices. Niveau debutant. Vanves, Hachette. GALLIER, Thierry (2003) : Vocabulaire. 450 nouveaux exercices. Niveau intermédiaire. Paris, CLE International. GALLIER, Thierry (2003) : Vocabulaire. 450 nouveaux exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International. LEROY-MIQUEL, Claire e Anne GOLIOT-MARIE (1997) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau intermédiaire . Paris, CLE International.

Page 23: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

23

MIMRAN, Reine (2004) : Vocabulaire expliqué du français. Niveau débutant. Paris, CLE International. MIQUEL, Claire (1999) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau avancé. Paris, CLE International. MIQUEL, Claire (2002) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International. B) GRAMÁTICA :

BADY, J. e alii (1997) : Conjugaison. 350 exercices 1000 verbes à conjuguer. Paris, Hachette. BARNOUD, Catherine e Évelyne SIREJOLS (1992) : Grammaire.Entraînez-vous. Exercices 1. Niveau débutant. Paris, CLE International. BEAULIEU, Christian (2005) : Je pratique. Exercices de grammaire A1 . Paris, Didier. BOULARÈS, Michèle e Jean-Louis FRÉROT (2003) : Tests d’évaluation. Grammaire progressive du français. Niveau avancé . Paris, CLE International. BOULARÈS, Michèle e Jean-Louis FRÉROT (1997) : Grammaire progressive du français avec 400 exercices. Niveau avancé . Paris, CLE International. BOULARÈS, Michèle e Odile GRAND-CLÉMENT (2000) : Conjugaison progressive du français avec 400 exercices. Paris, CLE International. DELATOUR, Yves et alii (2004) : Nouvelle grammaire du français. Cours de civilisation française de la Sorbonne. Paris, Hachette. DELATOUR, Yves et alii (2000) : Grammaire pratique du français en 80 fiches. Paris, Hachette. GREVISSE, Maurice (1990) : Précis de grammaire française. Paris, Duculot. GRÉGOIRE, Maïa (1997) : Grammaire progressive du françias avec 400 exercices (CD-ROM inclus). Niveau débutant. Paris, CLE-International. GRÉGOIRE, Maïa e Odile THIÉVENAZ (1995) : Grammaire progressive du français avec 500 exercices. Paris, CLE International. JOB, Béatriz (2002) : La grammaire. Français : théorie et pratique . Madrid, Santillana.

C) ORTOGRAFÍA :

CHOLLET, Isabelle e Jean-Michel ROBERT (2004) : Ortographe progressive du français avec 400 exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International.

D) FONÉTICA :

CHARLIAC, Lucille e alii (2003) : Phonétique progressive du français avec 400 exercices. Paris, CLE International.

E) COMPETENCIAS COMUNICATIVAS MARCO COMÚN EUROPEO :

BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2006) : Compréhension orale. Niveau 1. Paris, CLE International.

Page 24: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

24

BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2006) : Compréhension orale. Niveau 2. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle (2006) : Expression orale. Niveau 3. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2005) : Expression orale. Niveau 1. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2005) : Expression orale. Niveau 2. Paris, CLE International. BLOOMFIELD, Anatole e alii (2006): DELF B2 200 activités. Paris, CLE International. BRETONNIER, Marie e alii (2007) : Les clés du nouveau DELF B2. Maisons des langues, Barcelona. CHEVALLIER-WIXLER, Dominique (2007) : Réussir le DALF. Niveaux C1 et C2. Paris, Didier. GODARD, Emmanuel (2007) : Les clés du nouveau DELF B1. Maisons des langues, Barcelona. KOBER-KLEINERT, Corinne e alii (2007) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence C1-C2. Paris, CLE International. LESCURE, Richard e alii (2005) : DELF A1. 150 activités. Paris, CLE International. LIRIA, Philippe e Jean-Paul SIGÉ (2005) : Les clés du nouveau DELF A1. Maisons des Langues, Barcelona. PARIZET, Marie-Louise e alii (2005) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence A2 . Paris, CLE International. PARIZET, Marie-Louise e alii (2005) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence A1 . Paris, CLE International. PATCHOD, Alain e Pierre-Yves ROUX (1999) : 80 fiches pour la production orale. Paris, Didier. POISSON-QUINTON, Sylvie (2004) : Expression écrite. Niveau 1. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2. Compétences A2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2007) : Compréhension écrite. Niveau 3 . Compétences B1. Paris, CLE International.

7. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN, INSTRUMENTOS DE

AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN. 7.1 Procedementos de avaliación 7.1.1. Avaliación inicial

Page 25: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

25

Nos primeiros días do curso escolar terá lugar unha proba específica sinxela -

oral ou escrita- para avaliar o grao de dominio dos contidos mínimos que se consideran imprescindibles para construíren sobre eles as novas aprendizaxes propias da materia. Esta proba non terá repercusión na cualificación da materia. Antes da sesión da avaliación inicial, mediante a observación directa nas clases, tamén se recollerá información das particularidades da forma de aprender de cada alumno/a (habilidades, estratexias e destrezas desenvolvidas, é dicir, manexo de procedementos) así como a información sobre o grao de integración social do alumno/a (consigo mesmo, cos compañeiros e compañeiras e co profesorado).

A avaliación levarase a cabo tendo en conta os diferentes elementos que constitúen o currículo, é dicir, as competencias básicas, os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación. 7.1.2. Avaliación ordinaria

Ao longo do curso realizaranse tres sesións de avaliación, unha por cada trimestre ( para cada curso un único exame que terá lugar en dúas sesións de clase en cada avaliación). A última destas avaliacións coincidirá coa avaliación final ordinaria do mes de xuño ( aprobar a terceira avaliación quere dicir acadar unha cualificación positiva en xuño). Para aqueles alumnos que non acadasen a cualificación de apto na terceira avaliación, haberá unha proba de recuperación que versará sobre os contidos mínimos da materia e que terá lugar na semana anterior á sesión de avaliación. 7.1.3. Avaliación extraordinaria

Coa lexislación vixente está previsto un exame extraordinario de setembro para

o alumnado que non acade unha cualificación positiva na convocatoria ordinaria de xuño. Na data de setembro que acorde o centro educativo realizarase un exame escrito, sendo necesario obter unha nota mínima de 5 para superalo. O alumnado que nesta convocatoria non acade cualificación positiva e promocione de curso, levará a materia pendente ( e aprobará automaticamente tan pronto aprobe unha avaliación do curso seguinte). Un alumno que non pode asistir a unha proba ou exame por causa xustificada terá dereito a facelo outro día, previa presentación do xustificante perante o titor do seu grupo.

7.2. Instrumentos de avaliación Para avaliar a materia poderanse utilizar os seguintes instrumentos :

-Probas escritas (de expresión e comprensión). Os exercicios destas probas serán semellantes aos feitos na clase no caderno e nas fichas de traballo. -Probas orais de lectura e/ou conversa ( de expresión e comprensión). -Realización e valoración das fichas temáticas de traballo individual feito na clase ou na casa. -Traballos feitos individualmente ou en grupo. -Valoración do caderno persoal de clase porque é un elemento importante para a progresión do alumno e do control adquirido.

Page 26: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

26

-Anotacións procedimentais derivadas da observación directa, capacidade organizativa, presentación dos traballos…etc. -Valoración da curiosidade e interese pola materia, da participación, da creatividade, investigación persoal e o esforzo. -Valorarase a autonomía na aprendizaxe, a capacidade do alumno para recompilar información, empregar libros de consulta, dicionarios e resolver as súas dúbidas.

Esquecer continuamente o material na casa, a falta de limpeza, orde ou materia no caderno persoal, a non entrega ao profesor das fichas de traballo e negarse a participar na clase serán obxecto de penalización na nota de clase que é de 20% do total da nota final.

7.3. Criterios de cualificación

A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado será continua, polo que implicará un seguimento do proceso e dos resultados das aprendizaxes ao longo de todo o curso. En cada avaliación intentarase que existan probas que recollan contidos da avaliación anterior, de xeito que se poida valorar a progresión do alumnado na materia. Facemos por trimestre un único exame ao final da avaliación ocupando dúas sesións de clase. Este exame comprende probas específicas orais e escritas (expresión e comprensión) que representan o 80% da nota da avaliación. Os exercicios destas probas serán semellantes aos realizados na clase (no caderno do alumno e nas fichas de traballo facilitadas polo departamento a cada alumno). Cada unha destas probas (que terán lugar en dúas sesións de clase diferentes) terá a seguinte estrutura :

a) Comprensión escrita (2,5 puntos) b) Comprensión oral (2,5 puntos) c) Expresión escrita (2,5 puntos) d) Gramática e vocabulario (2,5 puntos)

Cada unha destas probas supón un total de 10 puntos, e logo de sumar as notas das diferentes partes do exame, faise a correspondente operación matemática para que represente o 80% da nota. O outro 20% vén dado polos traballos feitos na clase ou na casa, en individual ou en grupo, a participación oral na clase, o interese e o esforzo. Na terceira avaliación, coa fin de mellorar a nota, os alumnos xa aptos teñen a posibilidade de facer un exame oral que, superado con éxito, permite obter un punto máis para a cualificación final.

8. MEDIDAS DE ATENCIÓN À DIVERSIDADE

Actualmente a lexislación sobre diversidade deixou de entendela como algo excepcional para convertela na norma: cada alumno é diverso e heteroxéneo, ten

Page 27: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

27

distintas características, necesidades, ritmos, estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais.

Para atender a este alumnado diverso temos que axustar a resposta educativa a cada alumno, de xeito que cubramos as necesidades individuais do conxunto global do alumnado. Todo un reto.

Precisamos poñer en xogo todos os elementos organizativos e metodolóxicos, coa fin de cubrir as necesidades educativas específicas ou non específicas que presenten os nosos alumnos. A atención á diversidade é responsabilidade de todos e cada un dos profesores do centro, asesorados polos profesionais da orientación e apoiados polas accións realizadas neste ámbito polos equipos directivos.

Educar na diversidade supón unha escola para todos, na que todos teñan cabida coas súas características individuais. Unha escola, na que se lle ofreza a cada un, aquilo que mellor lle axude a desenvolver a súa máxima potencialidade, partindo do que é. Unha escola capaz de desenvolver un conxunto de accións encamiñadas a previr e dar resposta as posibles necesidades de todo o alumnado do centro e, entre eles, a aquel que require unha actuación específica derivada das súas necesidades educativas especiais, de altas capacidades, de dificultades de aprendizaxe, da súa incorporación tardía ao sistema educativo, das súas condicións persoais ou de historia escolar.

Farase un seguimento individualizado do alumnado ao longo de todo o curso desde a avaliación inicial nas primeiras semanas de clase. Tomaranse as medidas axeitadas para acadar o obxectivo buscado: a consecución dos obxectivos pola parte dos alumnos. Estas medidas inclúen o tratamento de materiais complementarios no caso daqueles alumnos que amosen algunha dificultade puntual ou mesmo no caso de aqueles alumnos que polas súas circunstancias persoais teñan un contacto maior coa lingua estranxeira obxecto de estudo, que recibirán materiais complementarios de reforzo, afondamento e ampliación dos contidos mínimos vistos na clase.

Estas medidas de atención á diversidade serán desenvolvidas tanto no ensino presencial como no caso hipotético de que houbese que impartir parte do curso de maneira telemática ou semi-presencial. Barállase a posibilidade de establecer contacto vía telefónica con aqueles alumnos que non tivesen unha conexión boa que permitise o seguimento axeitado das actividades do curso.

A programación será aberta e flexible, para poder atender á diversidade do alumnado e tentar previr ou evitar a aparición de dificultades de aprendizaxe. Para iso é importante personalizar o proceso de ensinanza-aprendizaxe e fomentar que o alumnado traballe de xeito colectivo co obxecto de conseguir superar as deficiencias individuais. Trátase de que a diversidade se converta en riqueza e variedade e que os diferentes niveis converxan. Tentaremos alternar actividades de diferente nivel de dificultade para que todo o alumnado se sinta integrado na dinámica da clase, tratando de fomentar a súa confianza en si mesmo e animándoo a perseverar e a superar o medo ao erro. Propoñemos varias posibilidades:

a) Traballo de varios grupos en paralelo a partir de actividades propostas con axuda de fichas, propoñendo estratexias diferentes sinxelas, mostrándolle ao alumnado que os diferentes niveis se complementan en lugar de excluirse para que esta diversidade se converta en elemento de reflexión para aprender a aprender.

b) Propoñemos tamén un tratamento da diversidade a través de actividades de expresión oral ou escrita libre ou semi-libre, e en grupos ou subgrupos

c) Pequenos esquemas sobre aspectos claves de gramática d) Insistencia no traballo da expresión escrita

Page 28: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

28

e) Reforzo nos aspectos orais insistindo en situacións figuradas, conversacións sobre un tema concreto ou por medio de micro- debates Se coa práctica docente diaria se observase na aula a existencia de alumnos con especiais características tales que requirisen formulacións particulares, ofrecerase a estes alumnos/as, co apoio e asesoramento do Departamento de Orientación, vías adaptadas ás súas necesidades. Estas vías específicas buscarían o máximo desenvolvemento das súas capacidades para que puidesen acceder a metas iguais ás propostas aos seus compañeiros.

9. PROCEDEMENTO PARA A CUALIFICACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES E TRATAMENTO DOS CONTIDOS IMPRESCINDIBLES NON IMPARTIDOS NO CURSO 2019/2020

Ao tratarse do primeiro curso dunha nova etapa educativa, non pode haber alumnos que teñan pendente a materia Segunda Lingua Estranxeira: Francés do curso anterior. Do mesmo xeito, non hai tampouco un plan específico de tratamento dos contidos imprescindibles da nosa materia no curso anterior a este e que non foron vistos no terceiro trimestre do curso 2019/2020 por mor do confinamento causado pola pandemia do Covid. Ao tratárense de etapas educativas diferentes, non se considera que exista continuidade entre os contidos propios da materia Segunda Lingua Estranxeira: Francés en 6º de Primaria e 1º de ESO.

10. CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS. EDUCACIÓN EN VALORES

Os contidos transversais fan referencia a certos valores morais e de convivencia que veñen recollidos na Constitución, como son a igualdade, democracia e tolerancia, e tamén aos contidos necesarios para que o alumnado se poida enfrontar a certas problemáticas da sociedade actual: saúde, desigualdade, medio ambiente… Estes temas, que se irán desenvolvendo e tratando nas unidades que sexan máis propicias e próximas a cada un deles, abranguen eidos como a Educación para a saúde, Educación moral e cívica, Educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos, Educación viaria, Educación ambiental, Educación do consumidor ou Educación para a paz. Os temas transversais son un conxunto de saberes baseados en actitudes, valores e normas, que dan resposta a algúns problemas sociais existentes na actualidade. Son uns contidos que non poden constituír unha sola área, e que han de ser tratados por todas elas de maneira global e programada, aínda que tamén poden ser tratados a través do currículo oculto, que cada docente, equipo ou centro transmite coas súas opinións.

O concepto da educación en valores é moi amplo, mais en termos xerais refírese ao conxunto de estratexias e de dinámicas de relacións que teñen como obxectivo formar en civismo e en modelos de convivencia baseados no respecto, a empatía e a igualdade.

Os Temas Transversais incorporáronse à educación como aspectos de noso mundo que deben ser abordados desde unha perspectiva moral. Os temas transversais supoñen unha oportunidade de globalizar o ensino e de realizar unha verdadeira programación interdisciplinar.

Page 29: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

29

A educación en valores é un concepto amplo e complexo, que esixe a implicación tanto dos ensinantes como tamén dos pais e nais e da sociedade en xeral. Educar en valores significa ampliar o alcance da educación de maneira que non só se limite ao ensino e á aprendizaxe de materias, habilidades e temarios, senón que tamén se presentan metas vencelladas ao ámbito moral e ao civismo, co obxectivo final de formar cidadáns responsables.

A través da educación en valores, inténtase profundar e enraizar unha cultura e unha maneira de ser e de se comportar baseadas no respecto aos demais, a inclusión e as ideas democráticas e solidarias.

Na nosa contorna, caracterizada pola complexidade social e a globalización económica e cultural, educar en valores convértese nunha cuestión esencial para formar cidadáns capaces de asumir os novos retos e de se comprometer activamente, xogando un papel activo e eficaz na construción dun mundo moito máis xusto, inclusivo, equitativo e intercultural.

Para que isto non quede nunha proposta de boas intencións nin nun elemento residual tratado moi poucas veces na clase, cómpre planificar a educación en valores con criterios serios, formais e obxectivos. As nosas unidades didácticas artéllanse coa educación moral e cívica como eixo principal, arredor do cal xiran de maneira transversal unha serie de temas. As nosas unidades didácticas inclúen:

A igualdade de oportunidades con independencia do sexo, raza, clase social, orixe, cultura, nacionalidade, relixión ou orientación sexual.

A valoración con espírito crítico dos valores que rexen na nosa sociedade: costumes, hábitos de consumo, produtos culturais.

Coñecemento e análise dos mecanismos que rexen a nosa sociedade. Énfase nos valores igualitarios. Rexeitamento das actitudes discriminatorias. Ensino de pautas de respecto do medio ambiente por parte das

comunidades e dos individuos. Importancia do desenvolvemento sostible nos ámbitos económicos,

sociais e culturais da vida do ser humano. Potenciación do lecer na contorna natural. Promoción da saúde como valor fundamental e recurso básico para o

desenvolvemento persoal e social. Estimulación da adquisición de hábitos e conductas saudables. Eliminación ou redución daqueles comportamentos que supoñen un risco

para a saúde. Traballo da educación para a saúde desde unha perspectiva dinámica,

persoal e colectiva. Coñecemento das características e comportamentos humanos no que

concirne a sexualidade. Elaboración na aula de programas efectivos para facer os alumnos

tolerantes coa sexualidade dos demais. Toma de conciencia do risco que supoñen certas prácticas sexuais en

ausencia de prevención. Coñecemento da importancia que ten para a seguridade do cidadán o

respecto ás normas e aos sinais de tráfico. Estimulación de hábitos de comportamento perante os accidentes de

tráfico coa fin de coñecer as estratexias básicas de primeiros auxilios.

Page 30: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

30

Creación de habilidades nas decisións vencelladas ao consumo. Promoción dun consumo lóxico e responsable, valorando os efectos

sobre o medio ambiente. Coñecemento dos dereitos e deberes dos consumidores.

11. CONTRIBUCIÓN AO PLAN ANUAL DE LECTURA

É evidente que esta materia contribúe a promover o hábito da lectura. En todas as unidades didácticas lense, discútense e analízanse textos de diferentes tipos e finalidades. Entre as actividades propostas ao longo do curso temos a lectura de diferentes textos, para que gocen coa lectura e, nalgúns casos, resolvan actividades sobre eles.

O plan anual de lectura e o proxecto lector garantirán a formación progresiva do alumno nas habilidades básicas da súa formación como individuos e cidadáns. Para iso, as diferentes tecnoloxías da información e comunicación dispoñibles para os estudantes utilizaranse cun enfoque funcional.

A formación integral na lectura require un traballo gradual e continuo, por iso traballaremos con diferentes tipoloxías discursivas, presentadas á súa vez en soportes variados. Entre as actividades específicas destinadas ao desenvolvemento do plan de lectura, están as seguintes:

- Actividades cotiás de comprensión e expresión lectora, orais e escritas. - Preparación de resumos e esquemas. - Lectura reflexiva de enunciados de preguntas e cuestionarios traballados na aula. - Lectura reflexiva e comentario de teoría lingüística e literaria. - Preparación de traballos, tarefas de investigación e proxectos que requiran o uso

de fondos da biblioteca do centro e / ou doutras bibliotecas. - Uso das ferramentas informáticas adecuadas para cada traballo ou proxecto. - Lectura e análise de textos comerciais e publicitarios, difundidos a través de

diferentes soportes - Lectura de textos e / ou libros relacionados co tema. - Ampliación e reforzo do tema traballado na aula. - Lectura e comentario crítico de textos. - Redacción de textos coherentes. - Fomento da creatividade do alumnado. - Interpretación de material gráfico. - Traballo con definicións de termos para facilitar a comprensión dos contidos e

enriquecer o léxico. - Presentacións orais e escritas baseadas en diversos criterios e finalidades.

12. CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA

O Departamento contribuirá ao desenvolvemento do Plan de Convivencia desenvolvido polo centro, colaborando con todos os proxectos e plans incluídos nel, á vez que realizará as súas propias achegas.

Obxectivos: - Establecer un marco de referencia que facilite as relacións, a comunicación e a

participación do alumnado nas actividades realizadas nesta área.

Page 31: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

31

- Promover os valores democráticos de solidariedade, tolerancia, colaboración e respecto ás persoas e ás ideas.

- Facilitar e previr manifestacións de violencia e actitudes e comportamentos xenófobos e racistas, rexeitando sempre a violencia como medio de resolución de conflitos. Actuacións:

- As relacións persoais rexeranse polo respecto mutuo, a comprensión, a aceptación e a tolerancia.

- Todos os membros da comunidade educativa deben: ser educados e amables no trato, pedir perdón cando sexa necesario, traballar con alegría e optimismo, non impoñer as nosas propias ideas, utilizar as regras básicas de cortesía, etc.

- Os profesores deben recoñecer os logros dos alumnos, celebrar os seus éxitos e aplicar un sistema de recompensas dirixido a consolidar a autoestima dos mozos.

- Comprender a educación actual e o seu compromiso cos valores básicos da vida en convivencia, é dicir, incorporar efectivamente valores éticos (xustiza, solidariedade, igualdade, tolerancia, respecto, paz ...) en proxectos educativos que favorezan e fagan posible unha sociedade máis humanizada e democrática.

- Toda a programación didáctica debe contemplar unha serie de contidos transversais compartidos por todas as áreas de coñecemento e que teñan unha carga de valor elevada. Estes contidos favorecerán a convivencia dos alumnos en tres niveis: na aula, no centro e no ámbito persoal e familiar, contribuíndo así á educación e á cultura de paz, así como ao pleno desenvolvemento do plan de convivencia do centro.

- Aumentar o grao de implicación e participación de todos os membros da comunidade educativa.

- Promover valores democráticos nas actividades propostas na aula, como debates, redacción de textos, exposicións, etc.

- Concienciar aos alumnos da importancia de coidar as instalacións, así como do seu mantemento e limpeza.

- Fomentar a reflexión sobre condutas contrarias ás regras de convivencia. - Aplicar unha metodoloxía que favoreza as habilidades persoais e a autonomía,

incluso nos procedementos de resolución de conflitos. - Analizar as regras de convivencia a través dos textos propostos.

13. CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC

O IES Cosme López Rodríguez ten, desde hai varios anos, un Plan TIC, grazas ao cal o profesorado deste departamento:

- Adoita facer uso da aula de medios audiovisuais: DVD, reprodutores de CD, ordenador, canón, taboleiro dixital ...

- Aproveita os recursos das Aulas Abalar. - Usa o material e os recursos en liña que proporciona a editorial SM. - Da preferencia ao desenvolvemento de actividades que aborden o tema a través

das TIC. - Familiariza aos alumnos co uso dos recursos propios da rede: blogs, consultas

web, etc. - Fai uso das TIC para ampliar os recursos didácticos: páxinas web relacionadas

co tema, dicionarios, enciclopedias ...

Page 32: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

32

- Promove a autonomía dos alumnos, proporcionándolles estratexias para obter e procesar información e para obter habilidades relacionadas coa busca e organización da mesma.

- En cada tema proporciona páxinas web que proporcionan información relacionada cos contidos da materia. Deste xeito, trátase de desenvolver habilidades de busca de información e aprendizaxe autónoma.

- Traballa habilidades básicas, incluída a competencia dixital e o tratamento da información, esenciais para o proceso de ensino-aprendizaxe.

- Proxecta vídeos documentais, animacións e outros materiais audiovisuais. - Realiza tarefas para as que son necesarias as TIC.

14. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Neste curso 2020/2021, o Departamento de Francés do IES Cosme López Rodríguez non levará a cabo actividades extraescolares que impliquen a saída do alumnado do centro durante o horario lectivo, tal e como se recolle nas instrucións dadas ao comezo do curso. A tradicional visita a Ourense para asistir a unha representación teatral da compañía de teatro Eina Escola no poderá polo tanto ter lugar. Deseñaranse na medida do posible as actividades complementarias necesarias que sexan compatibles co protocolo Covid establecido pola Consellería de Educación para os centros de ensino secundario. Agardaremos a ter máis información sobre actividades complementarias desenvolvidas de forma telemática que non implican presencialidade e que si son válidas para este curso académico.

Page 33: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

33

15. INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE

ELEMENTOS A AVALIAR

INDICADORES DE LOGRO

RESULTADO

Non conseguido Conseguido parcialmente Totalmente conseguido Programación Didáctica

Non se adapta ao contexto da aula Adáptase parcialmente ao contexto da aula Adáptase completamente ao contexto da aula

Plans de Mellora Non se adoptaron medidas de mellora tralos resultados académicos obtidos

Identifícaronse as medidas de mellora a adoptar tralos resultados académicos obtidos

Adoptáronse medidas de mellora segundo os resultados académicos obtidos

Medidas de atención á diversidade

Non se adoptaron as medidas de atención á diversidade axeitadas

Identificáronse as medidas de atención á diversidade a adoptar

Adoptáronse as medidas de atención á diversidade axeitadas

Temas transversais Non se traballaron todos os temas transversais na materia

Traballáronse a maioría dos temas transversais na materia

Traballáronse todos os temas transversais na materia

Programa de Recuperación

Non se estableceu un programa de recuperación para os alumnos

Iniciouse o programa de recuperación para os alumnos que o precisen

Estableceuse un programa de recuperación eficaz para os alumnos que o precisen

Obxectivos da materia

Non se acadaron os obxectivos da materia establecidos

Acadáronse parte dos obxectivos da materia establecidos para o curso

Acadáronse os obxectivos da materia establecidos para este curso

Competencias clave Non se desenvolveron a maioría das competencias clave relacionadas coa materia

Desenvolvéronse parte das competencias clave relacionadas coa materia

Acadouse o desenvolvemento das competencias clave relacionadas coa materia

Práctica docente A práctica docente non foi satisfactoria A práctica docente foi parcialmente satisfactoria

A práctica docente foi satisfactoria

Programas de mellora para a práctica docente

Non se deseñaron programas de mellora para a práctica docente

Identificáronse os puntos para deseñar un programa de mellora para a práctica docente

Deseñáronse programas de mellora para a práctica docente

Materiais e recursos didácticos

Os materiais e recursos didácticos non foron os axeitados

Os materiais e recursos didácticos foron parcialmente axeitados

Os materiais e recursos didácticos foron completamente axeitados

Distribución de espazos e tempos

A distribución dos espazos e tempos non foi axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

A distribución dos espazos e tempos foi parcialmente axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

A distribución dos espazos e tempos foi axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

Métodos didácticos e pedagóxicos

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados non contribuiron á mellora do clima da aula e do centro

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados contribuiron parcialmente á mellora do clima da aula e do centro

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados contribuiron á mellora do clima da aula e do centro

Resultados da avaliación

Os resultados da avaliación nesta materia non foron satisfactorios

Os resultados da avaliación nesta materia foron moderados

Os resultados da avaliación nesta materia foron satisfactorios

Page 34: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

34

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: FRANCÉS

2º ESO

CURSO 2020/2021

IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ

A RÚA DE VALDEORRAS

Page 35: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

35

ÍNDICE PROGRAMACIÓN 2º ESO

1. Introdución: Marco legal…………………………………………………….........…p. 36 2. Contextualización……………………………………………………........................p. 37

2.1. Composición do Departamento……………………………………….............p. 37 3. Contribución da materia ao logro das competencias básicas…………………...…...p. 38 4. Obxectivos da etapa ESO………………………………………………………...….p. 39 5. Táboa de relacións: obxectivos, contidos, criterios de avaliación, estándares de

aprendizaxe, competencias e mínimos esixibles ………………………………...….p. 41 5.1. Táboa de relacións 3º ESO………………………………………………...….p. 41

5.1.1. Contidos e temporalización ………………………………………........p. 47 5.1.2. Concreción para cada estándar de aprendizaxe………………………...p. 47

6. Concrecións metodolóxicas. Materiais e recursos didácticos…………………….....p. 50 7. Procedementos de avaliación, instrumentos de avaliación e criterios de

cualificación………………………………………………………………………....p. 54 7.1. Procedementos de avaliación……………………………………………….…p. 54

7.1.1. Avaliación inicial…………………………………………………...…..p. 54 7.1.2. Avaliación ordinaria…………………………………………………....p. 55 7.1.3. Avaliación extraordinaria………………………………………............p. 55

7.2. Instrumentos de avaliación…………………………………………….............p. 55 7.3. Criterios de cualificación……………………………………………………....p. 56

8. Medidas de atención á diversidade…………………………………………..............p. 56 9. Procedemento para a cualificación das materias pendentes e tratamento dos contidos

imprescindibles non impartidos no curso 2019/2020 .......…………………….…….p. 58 10. Concreción dos elementos transversais. Educación en valores..................…………p. 58 11. Contribución ao Plan Anual de Lectura………………………………………...…...p. 60 12. Contribución ao Plan de Convivencia…………………………………………….....p. 60 13. Contribución ao Plan TIC………………………………………………………...….p. 61 14. Actividades complementarias e extraescolares…………………………………...…p. 62 15. Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente………...p. 63

Page 36: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

36

1. INTRODUCIÓN: MARCO LEGAL

Na elaboración desta programación didáctica debemos ter en conta: Lei Orgánica 8/2013 de 9 de decembro (B.O.E. do 10 de decembro de 2013)

para a Mellora da Calidade Educativa, que modifica a LOE. Orde ECD/65/2015, de 21 de xaneiro (B.O.E. do 29 de xaneiro de 2015), pola

que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a educación secundaria e o bacharelato.

Decreto 86/2015 de 25 de xuño (D.O.G. do 29 de xuño de 2015), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación en 1º, 2º 3º E 4º de E.S.O e 1º e 2º de Bacharelato no presente curso.

O Marco Común Europeo para as Linguas.

Unha das principais novidades que incorpora esta lei na actividade educativa vén derivada da nova definición de currículo, en concreto pola inclusión das denominadas competencias clave, un concepto relativamente novidoso no sistema educativo español e na súa práctica educativa. Polo que se refire, globalmente, á concepción que se ten de obxectivos, contidos, metodoloxía e criterios de avaliación, as novidades son as que produce, precisamente, a súa interacción coas citadas competencias, que van orientar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Aínda que en ocasións non se lle dea a importancia que se merece, o ensino nos

valores cívicos e éticos dunha sociedade democrática, libre, tolerante e plural é unha das finalidades prioritarias da educación, tal e como se pon de manifesto nos obxectivos desta etapa educativa e nos específicos de cada unha das súas distintas áreas de coñecemento, integrados transversalmente en todos os aspectos do currículo. Non debe esquecerse que a linguaxe, como instrumento de representación da realidade que é, pode ir asociado a estereotipos ou prexuízos culturais sobre determinados colectivos sociais, razón pola que debe insistirse en evitalos.

Estes aspectos foron tidos en conta á hora de organizar e secuenciar as unidades didácticas desta materia: a integración ordenada de todos os aspectos do currículo (entre os que incluímos as competencias básicas) é condición sine qua non para a consecución tanto dos obxectivos da etapa como dos específicos da materia. Deste modo, obxectivos, contidos, metodoloxía, competencias básicas e criterios de avaliación, forman unha unidade para o traballo na aula. No que se refire especificamente ao aspecto metodolóxico co que se debe desenvolver o currículo, en cada unha das unidades didácticas desta materia e curso dáse un equilibrio entre os diversos tipos de contidos que seguen orientando de maneira integrada e en interacción o proceso de ensinanza-aprendizaxe, xa que cada un deses contidos cumpre función distintas pero complementarias na formación integral do alumno. Deste xeito, a flexibilidade e a autonomía pedagóxica son características do proceso educativo, de maneira que o profesor pode empregar aqueles recursos metodolóxicos que mellor garantan a formación do alumno e o desenvolvemento pleno das súas capacidades persoais e intelectuais, sempre favorecendo a súa participación para que aprenda a traballar en autonomía e en equipo, de xeito que el mesmo constrúa o seu propio coñecemento. O ensino nos valores dunha sociedade democrática, libre,

Page 37: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

37

tolerante e plural segue a ser, como ata o de agora, unha das finalidades prioritarias da educación. Sabendo que non todos os alumnos poden seguir o mesmo ritmo de aprendizaxe, tanto polo seu propio desenvolvemento psicolóxico como por moi diversas circunstancias persoais e sociais, a atención á diversidade de alumnos e de situacións escolares convértese nun elemento fundamental da actividade educativa. Distintas actividades (tanto no libro de texto como no caderno de exercicios, e nos materiais de que dispón o profesor asociados a estes) pretenden dar resposta a esa ineludible realidade tan heteroxénea das aulas.

2. CONTEXTUALIZACIÓN

O instituto IES Cosme López Rodríguez conta neste curso 2020/2021 con 205 alumnos e está situado na localidade de A Rúa cunha poboación arredor de 4200 habitantes. Ademais recibe alumnado dos concellos de Petín, Larouco, O Bolo e Vilamartín de Valdeorras. Son todos concellos formados por un elevado número de asentamentos de poboación de reducido tamaño nos que se produciu un estancamento e mesmo un retroceso demográfico e un acusado avellentamento da poboación ata límites críticos nalgúns casos.

O territorio está vertebrado por unha infraestrutura de transporte caracterizada por redes lentas, de trazados antigos, sinuosos e deficientemente dotadas en medios técnicos, que comunican núcleos de poboación moi dispersos no espazo. Máis da metade do alumnado ten que facer uso do transporte escolar, o que condiciona a organización de todo tipo de actividades, sobre todo extraescolares.

A estrutura interna das economías familiares está diversificada. A estrutura agraria caracterízase por: avellentamento da poboación, crecemento vexetativo negativo, perda de iniciativas motivada por unha emigración secular, dispersión dos asentamentos de poboación, elevado número de explotacións agrarias que funcionan en réxime de autoconsumo, agricultura minifundista de policultivo tradicional.

A maioría das economías familiares, aínda que situadas nun medio rural, reciben ingresos de rendas xeradas fóra da actividade agraria: sector servizos pouco especializados e actividades relacionadas co sector louseiro cunha elevada taxa de desemprego. 2.1. Composición do Departamento

O departamento está composto por David Gómez Lago, funcionario de carreira do Corpo de Profesores de Ensino Secundario, con destino definitivo neste centro neste curso 2020/2021.

GRUPOS:

-1º ESO ( 2 grupos) (11 alumnos) (11 alumnos)

-2º ESO ( 2 grupos) (8 alumnos) (7 alumnos)

-3º ESO ( 1 grupo) (18 alumnos)

Page 38: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

38

-4º ESO ( 1 grupo) (15 alumnos)

-1º BAC (1 grupo) (8 alumnos) -2º BAC (1 grupo) (7 alumnos)

3. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Unha competencia supón a combinación de habilidades prácticas,

coñecementos, motivacións, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz. Polo tanto, as competencias considéranse como coñecemento na práctica, un coñecemento adquirido a través da participación activa en prácticas sociais que, como tales, poden ser desenvolvidas tanto no contexto educativo formal, a través do currículo, como nos contextos educativos formais e informais; conceptualízanse como “un saber facer” que se aplica a unha diversidade de contextos educativos, sociais e profesionais.

A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase polo seu carácter transversal, o seu dinamismo e o seu modo integral. A elaboración desta programación leva implícito, nas actividades propostas, a valoración do proceso de ensinanza-aprendizaxe en referencia ás oito competencias básicas entendidas como aprendizaxes imprescindibles. Ao abeiro da LOMCE, as oito competencias básicas convértense en sete competencias clave.

Competencia en comunicación lingüística (CCL): consiste en utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación. Na programación dos catro cursos da ESO e Bacharelato está competencia está baseada en:

1. Expresar pensamentos, opinións e sentimentos.

2. Estruturar o coñecemento e dar coherencia ao discurso.

3. Gozar coa lectura, a expresión (oral e escrita) e escoitando.

4. Comunicarse dentro da realidade, é dicir, utilizar a linguaxe de forma funcional, como ferramenta para a resolución das propias necesidades.

5. Utilizar códigos e habilidades lingüísticas e adaptar a comunicación ó contexto.

6. Reflexionar sobre o funcionamento da lingua e as normas da mesma.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

(CMCCT): a programación inclúe fichas de traballo destinadas á aprendizaxe dos números e a habilidade para utilizalos, para coñecer algúns símbolos de expresión matemática, para resolver problemas sinxelos relacionados coa vida diaria referida á ciencia, tecnoloxía e, en xeral, co mundo laboral.

Competencia dixital (CD): consiste en buscar, obter, procesar e comunicar

información para transformala en coñecemento. A programación inclúe

Page 39: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

39

actividades de traballo, relacionadas co manexo de distintas ferramentas tecnolóxicas dirixidas a seleccionar e tratar a información.

Competencia social e cívica (CSC): para comprender a realidade social na que

se vive, cooperar, convivir de xeito democrático e tolerante e contribuír á mellora social, a programación propón, aspectos encamiñados a aprender a valorarse e coñecerse un mesmo, a tomar decisións con responsabilidade, a admitir as consecuencias das mesmas, a valorar a contorna, expresarse e escoitar, recoñecer as diferencias e valorar a igualdade e resolver os conflitos con coherencia e responsabilidade.

Competencia de conciencia e expresións culturais (CCEC): a programación

inclúe, actividades para coñecer, comprender, apreciar e valorar as manifestacións artísticas e culturais e tamén actividades destinadas a poñer en funcionamento a imaxinación e a creatividade en temas relacionados co patrimonio dos pobos, a moda, os gustos, o pensamento etc.

Competencia para aprender a aprender (CAA): todas as actividades

previstas están encamiñadas a adquirir habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de seguir aprendendo de xeito máis autónomo e eficaz de acordo cos propios obxectivos e necesidades, así como chegar a ser consciente das propias capacidades (intelectuais, emocionais e físicas), desenvolver un sentimento de competencia persoal baseado na motivación, confianza nun mesmo e gusto por aprender, ser consciente das capacidades que entran en xogo como: atención, concentración, memoria, expresión, comprensión etc., desenvolver estratexias e técnicas de estudio como planificación, observación, traballo en grupo etc.

Competencia no sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE): a

metodoloxía aplicada estará directamente en relación co feito do que o alumnado chegue a ser consciente dos valores e actitudes persoais, aprender dos erros e asumir riscos. En todas as actividades o alumno poderá elixir criterio propio, partir da análise das súas posibilidades e limitacións, adquirir unha visión estratéxica, ter unha actitude positiva para relacionarse, colaborar ou buscar axuda e solucións.

4. OBXECTIVOS DE ETAPA ESO

Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no

respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de

Page 40: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

40

sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller.

Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.

Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en diversos campos do coñecemento e da experiencia.

Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura.

Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada.

Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo.

Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social.

Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e á súa mellora.

Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

Coñecer e valorar a importancia do uso do noso idioma como elemento fundamental para o mantemento da nosa identidade, e como medio de relación interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que nos comunica con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade lusófona.

Page 41: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

41

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 2º ESO OBXECTI

VOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIA

S CLAVE BLOQUE 1: COMPRENSIÓN DE TEXTOS ORAIS

a c d i

-B.1.1. Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais : --Uso do contexto verbal e non verbal, e dos coñecementos previos sobre a situación (quen fala a quen, con que intencións, onde e cando) que dan lugar a inferencias do significado baseadas no contexto. --Uso dos coñecementos referenciais sobre o tema. --Identificación de palabras clave. --Adaptación da escoita á súa fin (global e/ou específica). --Identificación dos recursos lingüísticos ou temáticos adquiridos. --Inferencia do significado probable das palabras ou das frases que descoñece a partir do contexto e das experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece á lingua estranxeira -B.1.2. Tolerancia da comprensión parcial ou vaga nunha situación comunicativa. -B.1.3. Perseveranza no logro da comprensión oral, escoitando unha vez e outra o texto gravado ou solicitando repeticións ou reformulacións do dito. -B.1.4. Memorización de expresións orais breves significativas (saúdos, despedidas, consignas de aula, preguntas sobre a idade, orixe, etc.).

-B.1.1. Comprender preguntas e informacións sinxelas referentes á información persoal e pública moi básica (identificación persoal, gustos, etc.), así como instrucións ou peticións elementais relativas ao comportamento e actividades na aula. -B.1.2. Usar estratexias básicas de comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais, ou os detalles relevantes nun texto : anticipación do contido xeral do que se escoita con axuda de elementos verbais ou non verbais, e uso dos coñecementos previos sobre a situación (quen fala a quen, con que intencións, onde e cando) que dan lugar a inferencias do significado baseadas no contexto, e as experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece. -B.1.3. Comprender o sentido global e as informacións específicas máis salientables de mensaxes orais sinxelas e moi básicas (por exemplo, onde e cando ocorre algo, seguir instrucións ou indicacións, identificar persoas que posúen algo, obxectos e lugares descritos cun vocabulario básico, etc.), emitidas cara a cara, gravadas ou en soporte multimedia, sobre situacións habituais de comunicación, se se fala moi amodo e con moita claridade. -B.1.4. Comprender o esencial en conversas moi básicas e curtas sobre temas cotiáns, habituais e de necesidade inmediata, traballados de antemán, referentes ao ámbito persoal e público moi elemental, sempre que se fale con lentitude, articulando de maneira clara e comprensible.

-SLEB 1.1. Comprende preguntas básicas moi sinxelas e habituais sobre asuntos persoais ou educativos (información básica de carácter persoal, solicitudes de enderezo sinxelas a lugares moi coñecidos, etc.) sempre que se fale de xeito pausado e con boa articulación, e se repita se é necesario.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 1.2. Comprende frases e expresións habituais relacionadas con necesidades inmediatas (datas, prezos, pequenas doenzas, etc.) e temas con que está moi familiarizado e segue instrucións e consignas de aula.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 1.3. Comprende o sentido global e a información máis salientable de textos orais procedentes de medios audiovisuais ou de internet, breves como instrucións e comunicados, con estruturas previamente traballadas, léxico moi común relacionado con necesidades inmediatas e accións presentes moi habituais, sempre que se fale de xeito moi pausado e ben articulado, e poida volver escoitar o dito.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 1.4. Comprende a información esencial en conversas breves e moi sinxelas nas que participa, que traten de temas familiares como, por exemplo, un(ha) mesmo/a, a familia, a escola, o tempo de lecer, ou a descrición moi básica dunha persoa, un obxecto ou un lugar, e estados de saúde, sensacións e sentimentos moi elementais.

CCL CAA CCEC CD

Page 42: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

42

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 2º ESO OBXECTI

VOS CONTIDOS CRITERIOS DE

AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS

CLAVE

BLOQUE 2: PRODUCIÓN DE TEXTOS ORAIS a c d i

-B.2.1. Estratexias de produción De planificación : identificación do contexto, o destinatario e a finalidade da produción ou da interacción ou a adecuación do texto ao destinatario, ao contexto e á canle, escollendo os expoñentes lingüísticos precisos para acadar a intención comunicativa. De execución : percepción da mensaxe con claridade, distinguindo a idea ou as ideas principais e a súa estrutura básica, activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados, expresión da mensaxe con claridade, coherencia básica e estrutura axeitada, e axustándose en cada caso aos modelos e as fórmulas de cada tipo de texto memorizados e traballados na clase previamente, reformulación da tarefa (emprender unha versión máis modesta) ou da mensaxe (facer concesións ao que realmente querería expresar) logo de valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles e compensación das carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos (modificación de palabras de significado parecido, definición ou paráfrase dun termo ou expresión, uso da lingua nai ou estranxeirizar palabras da lingua meta e petición de axuda) e para-lingüísticos (sinalización de obxectos ou emprego de deícticos ou realización de accións que aclaren o significado, uso da linguaxe corporal culturalmente pertinente como acenos, expresións faciais, posturas e o contacto visual ou corporal e o uso de elementos cuasi-léxicos de valor comunicativo). -B.2.2. Actitude de respecto cara si mesmo/a e cara as outras persoas para entender e para facerse entender. -B.2.3. Rutinas e modelos elementais de interacción segundo o tipo de situación de comunicación : chegada e saída do centro docente, conversa telefónica, compravenda e outras, todas elas cotiás e moi básicas.

-B.2.1. Pronunciar de maneira intelixible, aínda que se cometan erros de pronuncia polos que as persoas interlocutoras teñan que solicitar repeticións para entender a mensaxe. -B.2.2. Comunicarse de maneira sinxela en intercambios claramente estruturados, empregando fórmulas moi básicas referentes a saúdos, despedidas, agradecementos e presentacións, colaborando para entender e facerse entender. -B.2.3. Comunicar de maneira intelixible información sobre si mesmo/a e sobre accións e nocións (horarios, datas, cantidades), moi habituais da vida diaria, empregando un repertorio básico de palabras e frases moi sinxelas memorizadas, e facéndose comprender aínda que a persoa interlocutora precise que se repita ou repetir o dito. -B.2.4. Dar e obter información sobre datos básicos persoais e bens e servizos moi elementais, empregando un repertorio moi básico de expresións moi sinxelas e habituais sobre estes datos.

-SLEB 2.1. Na maioría das actividades de aula, amósase unha actitude positiva polo uso da lingua estranxeira en diferentes situacións comunicativas, esforzándose por empregala aínda que teña que recorrer a outras linguas para pedir axuda ou aclaracións.

CSIEE CCL CAA CCEC CD

-SLEB 2.2. Utiliza de xeito espontáneo as formas de cortesía máis sinxelas e habituais relativas a saúdos, despedidas, agradecementos e presentacións, colaborando para entender e facerse entender, e fai e responde intelixiblemente preguntas sinxelas sobre si mesmo/a e sobre actividades moi comúns da vida social diaria e do tempo libre, en situacións de comunicación significativas para a súa idade e o seu nivel escolar.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 2.3. Desenvólvese entendendo o suficiente e facéndose entender en situación moi habituais relacionadas coa xestión e transaccións moi sinxelas relativas a necesidades inmediatas nas que pide e se da información sobre horarios, lugares, datas, prezos, cantidades e as act ividades máis comúns para a súa idade e nivel escolar.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 2.4. Participa en conversas informais curtas e moi básicas, cara a cara, e reacciona adecuadamente para establecer contacto social elemental, intercambiar información moi básica, manifestar os seus gustos, facer invitacións e ofrecementos elementais (invitar a ir a unha actividade, pedir ou ofrecer algo na clase, etc.), e pedir e dar indicacións moi básicas para ir a un lugar.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 2.5. Preséntase e da e obtén información básica e sinxela sobre si mesmo/a e sobre o funcionamento de bens e servizos relativos a temas moi cotiáns, en conversas moi básicas sobre temas predicibles, se pode solicitar, con preguntas sinxelas e directas, a colaboración da persoa interlocutora para entender e facerse entender.

CCL CAA CCEC CD

Page 43: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

43

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 2º ESO OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS

CLAVE BLOQUE 3: COMPRENSIÓN DE TEXTOS ESCRITOS

a c d i

-B.3.1. Estratexias de comprensión : Mobilización de información

previa sobre o tipo de tarefa e o tema, a partir da información superficial : imaxes, organización na páxina, t ítulos de cabeceira, etc.

Identificación do tipo de lectura demandado pola tarefa (en superficie ou oceánica, selectiva, intensiva ou extensiva).

Distinción de tipos de comprensión necesarios para a realización da tarefa (sentido xeral, información esencial e puntos principais).

Formulación de hipóteses sobre contido e contexto.

Inferencia e formulación de hipóteses sobre significados a partir da comprensión de elementos significativos, lingüísticos e para-textuais, e do coñecemento e as experiencias noutras linguas.

Reformulación de hipóteses a partir da comprensión de novos elementos.

-B.3.2. Soletreo e asociación de grafía, pronuncia e significado a partir de modelos escritos e expresións orais coñecidas.

-B.3.1. Empregar estratexias de lectura (recurso ás imaxes, títulos e outras informacións visuais, e aos coñecementos previos sobre o tema ou a s ituación de comunicación, e aos transferidos desde as linguas que coñece), identificando a información máis importante e deducindo o significado de palabras e expresións non coñecidas. -B.3.2. Seguir instrucións e consignas básicas e comprender avisos, obrigas e prohibicións moi sinxelas e predicibles, e traballadas previamente, referidas a necesidades inmediatas, de estrutura moi sinxela e con apoio visual.. -B.3.3. Comprender información relevante e previsible en textos curtos, moi sinxelos e ben estruturados, con conectores moi básicos e relativos a coñecementos e experiencias propias da súa idade. -B.3.4. Comprender textos propios de situacións cotiás próximas onde se dan a coñecer bens e servizos ou acontecementos (anuncios publicitarios elementais, folletos, catálogos, invitacións, etc.), e con apoio visual cando teña certa dificultade.

-SLEB 3.1. Comprende con fluidez textos adaptados relativos a temas do seu interese.

CCL CD CAA CSIEE

-SLEB 3.2. Comprende avisos, obrigas, prohibicións e consignas básicas e predicibles, referidas a necesidades inmediatas, de estrutura moi sinxela, especialmente se contan con apoio visual.

CCL CAA CCEC

-SLEB 3.3. Comprende información básica e moi sinxela de correspondencia persoal breve na que se fala de si mesmo/a e sobre sentimentos, preferencias e afeccións referidos a temas moi cotiáns e propios da súa idade.

CCL CAA CCEC

-SLEB 3.4. Comprende información esencial e localiza información específica en material informativo moi sinxelo, e con apoio visual, sobre temas coñecidos como actividades escolares e de lecer, hábitos saudables, etc., próximos á súa idade e á súa experiencia.

CCL CAA CCEC CD

Page 44: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

44

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 2º ESO OBXECTIV

OS CONTIDOS CRITERIOS DE

AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCI

AS CLAVE BLOQUE 4: PRODUCIÓN DE TEXTOS ESCRITOS

a c d i

-B.4.1. Estratexias de produción Planificación : mobilización e coordinación das

propias competencias xerais e comunicativas coa fin de realizar eficazmente a tarefa (repasar o que xa se sabe sobre o tema, o que se pode ou se quere dicir, etc.), localización e uso axeitado de recursos lingüísticos ou temáticos (uso dun dicionario ou dunha gramática, obtención de axuda, etc.) e uso de elementos coñecidos obtidos de modelos moi sinxelos de textos escritos, para elaborar os propios textos.

Execución : elaboración dun borrador seguindo textos modelo, estruturación do contido do texto, organización do texto en parágrafos curtos abordando cadansúa idea principal conformando entre todos o seu significado ou a idea global, expresión da mensaxe con claridade axustándose aos modelos e ás fórmulas de cada tipo de texto, reformulación da tarefa (emprender unha versión máis modesta) ou da mensaxe (limitar o que realmente lle gustaría expresar) logo de valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles e o recurso aos coñecementos previos (empregar frases feitas e locucións do tipo “ Agora volvo”, “Paréceme ben”, etc.).

Revisión : identificación de problemas, erros e repeticións, atención ás convencións ortográficas e aos signos de puntuación, presentación coidada do texto (marxes, limpeza, tamaño da letra, etc.) e reescritura definitiva.

-B.4.1. Aplicar estratexias básicas para producir textos (elección da persoa destinataria, finalidade do escrito, planificación, redacción do borrador, revisión do texto e versión final) a partir de modelos moi estruturados e con axuda previa na aula. -B.4.2. Completar documentos moi básicos nos que se solicite información persoal. -B.4.3. Escribir mensaxes moi sinxelas e moi curtas con información, instrucións e indicacións moi básicas relacionadas con actividades cotiás e de necesidade inmediata. -B.4.4. Producir textos curtos a partir de modelos sinxelos e básicos, cunha finalidade determinada propia da súa idade e do seu nivel escolar, e cun formato preestablecido, en soporte tanto impreso como dixital, amosando interese pola presentación limpa e ordenada do texto.

-SLEB 4.1. Elabora textos sinxelos a partir de modelos, empregando expresións e enunciados traballados de antemán, para transmitir informacións, ou con intencións comunicativas propias da súa idade e do seu nivel escolar.

CCL CD CAA CSIEE

-SLEB 4.2. Completa un cuestionario sinxelo con información persoal moi básica e referente aos seus datos persoais ou intereses ou ás súas afeccións.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 4.3. Escribe avisos, notas, instrucións, tarxetas postais, felicitacións, bandas deseñadas, tiras cómicas e mensaxes en soporte dixital moi sinxelas e breves, relativas a necesidades presentes e a necesidades inmediatas.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 4.4. Escribe correspondencia moi breve e sinxela, a partir dun modelo, substituíndo unha palabra ou expresión por outra para unha funcionalidade ou tarefa determinada (felicitar, preguntar, invitar, etc.) tanto de maneira manuscrita como en formato dixital, cunha presentación limpa e ordenada.

CCL CAA CCEC CD

Page 45: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

45

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 2º ESO OBXECTIVOS

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE

BLOQUE 5: COÑECEMENTO DA LINGUA E CONSCIENCIA INTERCULTURAL E PLURILINGÜE -a -c -d -i -o

-B.5.1. Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos : sons e fonemas vocálicos, sons e fonemas consonánticos e agrupamentos, procesos fonolóxicos máis básicos e acento tónico dos elementos léxicos illados e na oración. -B.5.2. Patróns gráficos e convencións ortográficas : uso das normas básicas da ortografía da palabra e utilización axeitada da ortografía da oración (coma, punto e coma, puntos suspensivos, parénteses e comiñas). -B.5.3. Aspectos socioculturais e sociolingüísticos : recoñecemento e uso de convencións sociais básicas e normas de cortesía propias da súa idade e de rexistros informal e estándar, e da linguaxe non verbal elemental na cultura estranxeira. Achegamento a algúns aspectos culturais visibles : hábitos, horarios, actividades ou celebracións máis significativas; condicións de vida elementais (vivenda); relacións interpersoais (familiares, de amizade ou escolares), comida, lecer, deportes, comportamentos proxémicos básicos, lugares máis habituais, etc.; e a costumes, valores e actitudes moi básicos e máis evidentes sobre aspectos propios da súa idade nos países onde se fala a lingua estranxeira. Identificación de algunhas semellanzas e diferenzas fundamentais e máis significativas nos costumes cotiáns entre os países onde se fala a lingua estranxeira e o noso. Actitude receptiva e respectuosa cara as persoas, os países e as comunidades lingüísticas que falan outra lingua e teñen unha cultura diferente á propia. -B.5.4. Plurilingüismo : identificación de semellanzas e diferenzas entre as linguas que coñece para mellorar a súa aprendizaxe e acadar unha competencia comunicativa integrada. Participación en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se empregan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais, e valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe. -B.5.5. Funcións comunicativas. Iniciación e mantemento de relacións persoais e sociais básicas propias da súa idade. Descrición de calidades físicas e abstractas moi básicas de persoas, obxectos, lugares e actividades. Narración de acontecementos e descrición de estados e situacións presentes, e expresión moi básica de sucesos futuros. Petición e ofrecemento de información e indicacións, e expresión moi sinxela de opinións e advertencias. Expresión do coñecemento, o descoñecemento e a certeza.

-B.5.1. Discriminar patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación de uso máis básico, recoñecendo o seu significado evidente, e pronunciar e entoar con comprensibilidade razoable, aínda que teña que repetir varias veces para se facer entender. -B.5.2. Recoñecer e empregar as convencións ortográficas, tipográficas e de puntuación, con corrección suficiente para o seu nivel escolar. -B.5.3. Empregar para a comprensión e a produción de textos orais e escritos os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos relativos ás relacións interpersoais, comportamento e convencións sociais, respectando as normas de cortesía máis básicas en cadanseu contexto. -B.5.4. Producir textos e inferir o significado probable de palabras ou frases que descoñece a partir das experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece. -B.5.5. Participar en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, etc.) nos que se empregan varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro, relacionadas cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais. -B.5.6. Distinguir e levar a cabo as funcións demandadas polo propósito comunicativo a través dos expoñentes básicos das devanditas funcións e os patróns discursivos de uso máis habitual, e empregar un repertorio léxico suficiente para comunicar no seu nivel escolar, sempre que sexan traballados en clase previamente.

-SLEB 5.1. Identifica sons e grafías de fonemas básicos, produce con intelixibilidade suficiente léxico e estruturas moi básicas, e trazos fonéticos que distinguen fonemas (nasalización, sonorización, etc.), e persevera no uso de patróns moi básicos de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

CCL CAA CCEC CD

-SLEB 5.2. Emprega de maneira axeitada as convencións orais e escritas básicas propias da lingua estranxeira no desenvolvemento do proceso comunicativo oral e escrito (saúdos, despedidas, fórmulas moi básicas de tratamento, etc.) e amosa respecto polas diferenzas que poidan existir en aspectos culturais como hábitos, horarios, etc.

CCL CD CAA CCEC

-SLEB 5.3. Nas actividades de aula, pode explicar o proceso de produción de textos e de hipóteses de significados tomando en consideración os coñecementos e as experiencias noutras linguas.

CCL CD CAA CCEC

-SLEB 5.4. Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se empregan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora a experiencia que posúe como persoa plurilingüe.

CCL CD CAA CCEC

-SLEB 5.5. Comprende e comunica o propósito solicitado na tarefa ou ligado a situacións de necesidade inmediata da aula (pedir ou dar información sobre datos persoais, felicitar, invitar, etc.) empregando de maneira axeitada as estruturas sintáctico-discursivas e o léxico precisos, moi básicos e traballados de antemán.

CCL CAA CCEC

Page 46: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

46

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 2º ESO

CONTIDOS SINTÁCTICO-DISCURSIVOS: FRANCÉS

-Expresión de relacións lóxicas : conxunción (et), disxunción (ou), oposición (mais), causa (comme), finalidade (pour), comparación (le plus, le moins), explicativas (parce que). -Relacións temporais (d’abord, ensuite, il y a). -Exclamación (Quel + nom!, Désolé!): interxección (Si!, Bravo!). -Negación (pas de, rien). -Interrogación : inversión V+ Suj., réponses Si, pronom tonique oui /non.

-Expresión do tempo : presente, presente preogresivo (être en train de), pasado (passé composé avec être et avoir sans accords) futuro (futur proche). Introducción do condicional (fórmula de cortesía : je voudrais). -Expresión do aspecto : puntual (frases simples), habitual (frases simples + Adv, ex, souvent); incoativo (aller + infinitif). -Expresión da modalidade : factualidade (phrases déclaratives); capacidade (savoir), posibilidade / probabilidade (peut-être), necesidade (Il faut + infinitif); obriga, prohibición (Il faut, devoir, imperativo), permiso (pouvoir, demander); intención / desexo (je voudrais). Cortesía

-Expresión da existencia (il y a, il n’y a pas) da entidade (p.ex. les articles contractés, pronoms réfléchis, les adjectifs démonstratifs), a posesión (adxectivos posesivos dun e varios propietarios), a calidade (formación regula e irregular dos adxectivos). -Expresión da cantidade (plurais irregulares; número cardinais ata catro cifras; números ordinais ata dúas cifras, les articles partitifs). Adverbios de cantidade e medidas (un (tout petit) peu, trop, assez, pas assez + adj, une boîte, un paquet), o grao.

-Expresión do espazo : prépositions et adverbes de lieu (sur, sous) position, distance, mouvement, direction, provenance (venir + contraction de ), destination (aller + contraction à). -Expresión do tempo : puntual (demain matin, jeudi soir), divisións (an, année), indicacións de tempo (demain, hier), duración (de...jusqu’à, en ce moment), anterioridade (il y a), secuenciación (à partir de + heure), frecuencia (d’habitude, une /deux fois par...). -Expresión do modo.

Page 47: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

47

UNIDADE DO LIBRO

Nº DE SESIÓNS E TEMPORALIZACIÓN

OBXECTIVOS TAREFAS CONTIDOS CONTIDOS MÍNIMOS

DOSSIER 0

“FAISONS CONNAISSANCE”

3 sesións en setembro -Facer preguntas

-Coñecendo os novos compañeiros

Gramática : revisións xerais. Léxico : revisións xerais. Cultura : razóns para estudar francés

DOSSIER 1

“TOUS AU COLLÈGE!”

7 sesións en outubro / novembro

-Falar da nacionalidade, da orixes. -Describir o carácter e o dos compañeiros -Falar da vida e do horario do instituto -Facer preguntas

-Presentación do instituto -Fotografía da clase

Gramática : os adxectivos de nacionalidade e de orixe, a interrogación con “où”, “quand”, “comment” e “pourquoi”, os verbos “prendre”, “apprendre” e “comprendre”, os adxectivos de personalidade e os adverbios de frecuencia. Léxico : o instituto, as materias e a personalidade. Fonética : a acentuación na última sílaba das palabras. Cultura : xogo do instituto en Francia.

-Os adxectivos de nacionalidade -Os adxectivos de personalidade -As materias do instituto -Os verbos “prendre” e derivados

DOSSIER 2

“AMIS DE LA NATURE !”

8 sesións en novembro / decembro

-Facer proxectos -Expresar un desexo e facer unha petición formal -Falar dos animais preferidos -Facer preguntas co interrogativo quel(le)(s).

-Creación dun club de natureza. -Elaboración dunha ficha sobre un animal.

Gramática : o “futur proche”, o condicional de cortesía “Je voudrais + infinitif” e o interrogativo quel(le)(s). Léxico : a natureza e os animais. Fonética : os sons /s/ e /z/. Cultura : os animais de compañía.

-O “futur proche” -O interrogativo “quel” -Os animais

DOSSIER 3 8 sesións en xaneiro / -Localizar no espazo -Expresar un desexo

-Redacción dun poema -Texto sobre a

Gramática : as preposicións de lugar, os presentativos (

-Os presentativos -O verbo “vouloir”

Page 48: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

48

“CHEZ MOI !” febreiro -Dar a coñecer a súa casa -Describir a súa habitación

habitación ideal. c’est...ce sont / il est...ils sont) e o verbo “vouloir”. Léxico : as partes da casa, os obxectos e os mobles, as habitacións e as cores Fonética : os sons /f/, /v/, /b/ e /p/. Cultura : a vida nos castelos

-A casa e os mobles

DOSSIER 4

“COMBIEN ÇA COÛTE ?”

8 sesións en febreiro / marzo

-Contar de 70 a 100 -Facer compras -Falar da paga, dos gastos -Falar das súas pasións

-Coleccións -O mercado da aula

Gramática : os pronomes COD, os adxectivos demostrativos e as preguntas con “combien”. Léxico : os números de 70 a 100, as compras e os cartos, as tendas, os agasallos e os obxectos. Fonética : os sons /Ʒ/ e /ʃ/. Cultura : onde mercar en Francia.

-Os pronomes COD -O interrogativo “combien (de)” -Os números de 70 a 100 -As compras

DOSSIER 5

“BON APPÉTIT !”

8 sesións en abril / maio

-Expresar unha cantidade -Falar da súa alimentación -Dar recomendacións -Facer a listaxe da compra

-Unha receita orixinal -A listaxe da compra -Composición dun menú

Gramática : os artigos partitivos “du”, “de la”, “de l’”, “des”, “pas de” e “pas d’”, os adverbios de cantidade, o verbo “devoir” e iniciación á estrutura “Il faut + infinitif”. Léxico : os alimentos, as cantidades, as comidas, as seccións do supermercado e as sensacións “avoir faim/froid/chaud/soif...” Fonética : os sons /k/ e /g/. Cultura : na mesa dos franceses

-Os artigos partitivos -O verbos “devoir” -A estrutura “Il faut + infinitif” -Os alimentos

DOSSIER 6 8 sesións en maio -Contar ata o infinito -Contar feitos pasados

-Artigo sobre unha estrela

Gramática : o passé composé con “être” e “avoir”, os

-O passé composé con “être” “avoir”

Page 49: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

49

“FAN DE TÉLÉ ” -Localizar no tempo -Dar informacións biográficas

-Proba para un xogo adverbios “déjà” e “jamais” e os conectores cronolóxicos. Léxico : as estrelas, a televisión e os números ata o infinito. Fonética : os sons /ǝ/ e /e/. Cultura : a televisión francesa.

-Os adverbios “déjà” e “jamais”

DOSSIER 7

“SCIENCES ET AVENIR”

8 sesións en xuño -Dar precisións sobre un lugar -Comparar dous elementos -Falar do tempo que fai -Falar do futuro

-Boletín meteorolóxico -Os habitantes doutro planeta

Gramática : o pronome relativo “où”, o futuro simple e os comparativos “plus (de)” e “moins (de)”. Léxico : o tempo e as estacións, algunhas palabras do futuro e o sistema solar e o espazo. Fonética : o e caduco. Cultura : ciencia e ficción.

-O futuro simple -Os comparativos -O tempo e as estacións

Page 50: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

50

6. CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Partindo dos principios metodolóxicos expresados polo Consello de Europa e desenvoltos no MCER, a aprendizaxe e ensino de idiomas deben partir do concepto da lingua como vehículo de comunicación na realización de todo tipo de tarefas da vida real a través de actividades nas que cómpre actuar cos demais oralmente ou por escrito e utilizar as competencias comunicativas lingüísticas, pragmáticas, sociolingüísticas e socioculturais ao mesmo nivel. Deste xeito os obxectivos do curso abarcando e solapando as distintas destrezas (comprensión e expresión oral, escrita e interacción) deben coincidir coa consecución de tarefas reais e probables nos distintos eidos da vida cotiá e do contorno de intercambio internacional no que nos movemos no século XXI. Pola mesma razón, a metodoloxía debe asumir, citando o MCER “un enfoque comunicativo de acción e enfoque de aprendizaxe no uso ,” quere dicir, debe estar encamiñada ao desenvolvemento práctico e eficaz da competencia comunicativa a través da resolución efectiva e real de ditas tarefas e non só centrado nas competencias lingüísticas, senón tamén en todas as capacidades que o individuo, como axente social, debe utilizar para integrarse eficazmente noutra comunidade con lingua e cultura propias.

Neste enfoque é fundamental que as tarefas propoñan as situacións de

comunicación máis comúns da vida real e se practiquen nas clases da forma mais auténtica posible. Cómpre que os materiais utilizados sexan tamén auténticos na medida do posible. En calquera caso, débense buscar mostras de lingua oral e escrita que faciliten a adquisición das competencias necesarias para desenvolver cada tarefa comunicativa. Débense sempre seleccionar mostras nas que a relación entre forma, función e uso sexan transparentes. É necesario que este material contribúa ao desenvolvemento da auto-confianza do aprendiz no seu proceso de aprendizaxe. Así mesmo, proponse un enfoque metodolóxico procesual no aprendiz e nas súas necesidades na medida en que se terán en conta os intereses, ritmos, estilos de aprendizaxe, coñecementos previos do alumnado para a selección e secuenciación de tarefas e materiais, dentro do marco curricular en que se desenvolven os cursos.

O papel docente é de deseñar, presentar, impulsar e avaliar as actividades

comunicativas, e de orientar o aprendiz e facilitarlle a adquisición e activación das estratexias necesarias para unha aprendizaxe autónoma, desenvolvendo a súa capacidade de auto-avaliación e a asunción da súa propia responsabilidade no proceso, en colaboración cos demais membros do grupo tanto dentro como fóra da clase. Aínda que a aula é o espazo social de aprendizaxe, exposición e análise de logros, de acontecemento comunicativo, tamén se poden usar outros lugares para estas mesmas fins, ben sexa para investigar na biblioteca ou para realizar tarefas na sala de ordenadores. Ademais resulta interesante e motivador o uso doutros espazos onde a tarefa sexa real e non só simulada.

A avaliación é parte integral do proceso de aprendizaxe e serve para a valoración

de todos os factores que interveñen nel. É un instrumento para reflexionar, revisar, reorientar e reparar en todo momento todos os elementos do currículo (programacións, aula, materiais, actividades, etc.). Dadas as características do noso alumnado, é patente a

Page 51: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

51

necesidade de atención á diversidade de niveis de competencia, tanto xeral como por destrezas, de ritmos e intereses.

Cando se considere aconsellable intentaranse diversificar tamén as tarefas así como a forma de traballo dos alumnos para poder facilitar o progreso individual. A orientación e acción titorial do docente cara ao alumno estará integrada no proceso de aprendizaxe e avaliación dentro da aula, procurando o fomento da autonomía e reflexión acerca de como aprender de forma máis efectiva. Se for preciso, utilizarase o tempo reservado ás titorías.

Merecen mención especial, ademais dos recursos escritos e audiovisuais

tradicionais, os novos recursos, as TIC, cos que se traballará cada vez máis polo seu carácter auténtico, motivador e facilitador da práctica autónoma.

Neste enfoque integral queda patente que a competencia comunicativa non só

depende da capacidade de uso do idioma no seu aspecto gramatical, senón tamén no sociolingüístico, pragmático, intercultural e estratéxico. Todos estes elementos, xa sexan gramática, léxico, fonética, aspectos culturais, estratexias de aprendizaxe, etc., non son un fin en si mesmos senón ferramentas para lograr o que en último termo se pretende: unha comunicación eficaz.

De todo isto derívanse dous aspectos fundamentais: por unha parte, un enfoque

metodolóxico baseado no traballo por tarefas reais; e por outra parte, o papel do alumno como principal responsable da súa aprendizaxe e por tanto a súa capacidade para ser autónomo.

O emprego da lingua francesa nas clases será progresivo e converterase na

lingua vehicular das sesións de clase nos niveis máis altos. O recurso ao castelán e ao galego serán necesarios cando as dificultades de comprensión así o sinalen. Preferirase, en calquera caso, facer uso de paráfrases, procura de sinónimos ou a xestualidade coa fin de evitar o recurso á lingua nai. Porén, as actividades de mediación estarán incluídas nas nosas unidades didácticas coa fin de dar resposta a esa nova destreza recollida no MCER.

O Departamento ten programadas actividades específicas para cada curso a partir do que chamamos na programación fichas de traballo elaboradas e aportadas polo Departamento. Son fichas baseadas na lectura que poñen en marcha unha metodoloxía activa e participativa, que integran cuestionarios de comprensión (oral e escrita), que facemos en grupo, en parellas ou individualmente (lectura silenciosa), a partir de todo tipo de textos obtidos en diferentes fontes informativas (literarios, xornalísticos, publicitarios...), en soporte impreso ou electrónico.

Os principais materiais e recursos didácticos propios do Departamento de lingua

francesa son os seguintes:

LIBROS DE TEXTO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS 2020/2021

CURSO TÍTULO EDITORIAL ANO ISBN

2º ESO Promenade Livre de SM 2015 978-84-675-7800-3

Page 52: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

52

l’élève 2ESO Promenade Cahier d’activités 2ESO

SM

2015

978-84-675-7802-7

-Fichas de traballo preparadas e facilitadas polo Departamento, centradas nun tema concreto (a música, o deporte, a saúde…) que inclúe gramática, léxico, verbos, cultura e civilización, lectura, temas transversais, interdisciplinariedade. -Cintas de audio e vídeo (películas, cancións, relatos…). -Libros de lecturas curtas, revistas e xornais, dicionarios e libros de consulta ( do Departamento ou da Biblioteca). -Utilización dos ordenadores e de Internet. Citamos algunhas das páxinas web ás

que accederemos para consultas e exercicios. http://www.lepointdufle.net http://www.log.ccsf.cc.ca.us/ http://www2.sp.utexas.edu/fr/ http://www.didieraccord.com/ http://babelnet.sbg.ac.at/canalreve/ http://www.bonjourdefrance.com/ http://francais-affaires.com/ http://www.rfi.fr

BIBLIOGRAFÍA :

A) VOCABULARIO : AYKÜZ, Anne et alli (2000) : Exercices de vocabulaire en contexte. Niveau intermédiaire . Paris, Hachette. BOCHART-FIÈVEZ, Jeannine e Jean DELAHAUT (1990) : Richesse du vocabulaire. Paris, Duculot. ÉLUERD, Roland e Jacques FRANÇOIS (1991) : Vocabulaire expliqué du français. 350 exercices, textes et glossaires. Vanves, Hachette. FILPA-EKVALL, Dominique e Francis PROUILLAC (1986) : Vocabulaire illustré. 350 exercices. Niveau debutant. Vanves, Hachette. GALLIER, Thierry (2003) : Vocabulaire. 450 nouveaux exercices. Niveau intermédiaire. Paris, CLE International. GALLIER, Thierry (2003) : Vocabulaire. 450 nouveaux exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International. LEROY-MIQUEL, Claire e Anne GOLIOT-MARIE (1997) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau intermédiaire . Paris, CLE International.

Page 53: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

53

MIMRAN, Reine (2004) : Vocabulaire expliqué du français. Niveau débutant. Paris, CLE International. MIQUEL, Claire (1999) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau avancé. Paris, CLE International. MIQUEL, Claire (2002) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International. B) GRAMÁTICA :

BADY, J. e alii (1997) : Conjugaison. 350 exercices 1000 verbes à conjuguer. Paris, Hachette. BARNOUD, Catherine e Évelyne SIREJOLS (1992) : Grammaire.Entraînez-vous. Exercices 1. Niveau débutant. Paris, CLE International. BEAULIEU, Christian (2005) : Je pratique. Exercices de grammaire A1 . Paris, Didier. BOULARÈS, Michèle e Jean-Louis FRÉROT (2003) : Tests d’évaluation. Grammaire progressive du français. Niveau avancé . Paris, CLE International. BOULARÈS, Michèle e Jean-Louis FRÉROT (1997) : Grammaire progressive du français avec 400 exercices. Niveau avancé. Paris, CLE International. BOULARÈS, Michèle e Odile GRAND-CLÉMENT (2000) : Conjugaison progressive du français avec 400 exercices. Paris, CLE International. DELATOUR, Yves et alii (2004) : Nouvelle grammaire du français. Cours de civilisation française de la Sorbonne. Paris, Hachette. DELATOUR, Yves et alii (2000) : Grammaire pratique du français en 80 fiches. Paris, Hachette. GREVISSE, Maurice (1990) : Précis de grammaire française. Paris, Duculot. GRÉGOIRE, Maïa (1997) : Grammaire progressive du françias avec 400 exercices (CD-ROM inclus). Niveau débutant. Paris, CLE-International. GRÉGOIRE, Maïa e Odile THIÉVENAZ (1995) : Grammaire progressive du français avec 500 exercices. Paris, CLE International. JOB, Béatriz (2002) : La grammaire. Français : théorie et pratique. Madrid, Santillana.

C) ORTOGRAFÍA :

CHOLLET, Isabelle e Jean-Michel ROBERT (2004) : Ortographe progressive du français avec 400 exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International.

D) FONÉTICA :

CHARLIAC, Lucille e alii (2003) : Phonétique progressive du français avec 400 exercices. Paris, CLE International.

E) COMPETENCIAS COMUNICATIVAS MARCO COMÚN EUROPEO :

BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2006) : Compréhension orale. Niveau 1. Paris, CLE International.

Page 54: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

54

BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2006) : Compréhension orale. Niveau 2. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle (2006) : Expression orale. Niveau 3. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2005) : Expression orale. Niveau 1. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2005) : Expression orale. Niveau 2. Paris, CLE International. BLOOMFIELD, Anatole e alii (2006): DELF B2 200 activités. Paris, CLE International. BRETONNIER, Marie e alii (2007) : Les clés du nouveau DELF B2. Maisons des langues, Barcelona. CHEVALLIER-WIXLER, Dominique (2007) : Réussir le DALF. Niveaux C1 et C2. Paris, Didier. GODARD, Emmanuel (2007) : Les clés du nouveau DELF B1. Maisons des langues, Barcelona. KOBER-KLEINERT, Corinne e alii (2007) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence C1-C2. Paris, CLE International. LESCURE, Richard e alii (2005) : DELF A1. 150 activités. Paris, CLE International. LIRIA, Philippe e Jean-Paul SIGÉ (2005) : Les clés du nouveau DELF A1. Maisons des Langues, Barcelona. PARIZET, Marie-Louise e alii (2005) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence A2 . Paris, CLE International. PARIZET, Marie-Louise e alii (2005) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence A1 . Paris, CLE International. PATCHOD, Alain e Pierre-Yves ROUX (1999) : 80 fiches pour la production orale. Paris, Didier. POISSON-QUINTON, Sylvie (2004) : Expression écrite. Niveau 1. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2 . Compétences A2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2007) : Compréhension écrite. Niveau 3 . Compétences B1. Paris, CLE International.

7. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN, INSTRUMENTOS DE

AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN. 7.1 Procedementos de avaliación 7.1.1. Avaliación inicial

Page 55: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

55

Nos primeiros días do curso escolar terá lugar unha proba específica sinxela -

oral ou escrita- para avaliar o grao de dominio dos contidos mínimos que se consideran imprescindibles para construíren sobre eles as novas aprendizaxes propias da materia. Esta proba non terá repercusión na cualificación da materia. Antes da sesión da avaliación inicial, mediante a observación directa nas clases, tamén se recollerá información das particularidades da forma de aprender de cada alumno/a (habilidades, estratexias e destrezas desenvolvidas, é dicir, manexo de procedementos) así como a información sobre o grao de integración social do alumno/a (consigo mesmo, cos compañeiros e compañeiras e co profesorado).

A avaliación levarase a cabo tendo en conta os diferentes elementos que constitúen o currículo, é dicir, as competencias básicas, os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación. 7.1.2. Avaliación ordinaria

Ao longo do curso realizaranse tres sesións de avaliación, unha por cada trimestre ( para cada curso un único exame que terá lugar en dúas sesións de clase en cada avaliación). A última destas avaliacións coincidirá coa avaliación final ordinaria do mes de xuño ( aprobar a terceira avaliación quere dicir acadar unha cualificación positiva en xuño). Para aqueles alumnos que non acadasen a cualificación de apto na terceira avaliación, haberá unha proba de recuperación que versará sobre os contidos mínimos da materia e que terá lugar na semana anterior á sesión de avaliación. 7.1.3. Avaliación extraordinaria

Coa lexislación vixente está previsto un exame extraordinario de setembro para

o alumnado que non acade unha cualificación positiva na convocatoria ordinaria de xuño. Na data de setembro que acorde o centro educativo realizarase un exame escrito, sendo necesario obter unha nota mínima de 5 para superalo. O alumnado que nesta convocatoria non acade cualificación positiva e promocione de curso, levará a materia pendente ( e aprobará automaticamente tan pronto aprobe unha avaliación do curso seguinte). Un alumno que non pode asistir a unha proba ou exame por causa xustificada terá dereito a facelo outro día, previa presentación do xustificante perante o titor do seu grupo.

7.2. Instrumentos de avaliación Para avaliar a materia poderanse utilizar os seguintes instrumentos :

-Probas escritas (de expresión e comprensión). Os exercicios destas probas serán semellantes aos feitos na clase no caderno e nas fichas de traballo. -Probas orais de lectura e/ou conversa ( de expresión e comprensión). -Realización e valoración das fichas temáticas de traballo individual feito na clase ou na casa. -Traballos feitos individualmente ou en grupo. -Valoración do caderno persoal de clase porque é un elemento importante para a progresión do alumno e do control adquirido.

Page 56: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

56

-Anotacións procedimentais derivadas da observación directa, capacidade organizativa, presentación dos traballos…etc. -Valoración da curiosidade e interese pola materia, da participación, da creatividade, investigación persoal e o esforzo. -Valorarase a autonomía na aprendizaxe, a capacidade do alumno para recompilar información, empregar libros de consulta, dicionarios e resolver as súas dúbidas.

Esquecer continuamente o material na casa, a falta de limpeza, orde ou materia no caderno persoal, a non entrega ao profesor das fichas de traballo e negarse a participar na clase serán obxecto de penalización na nota de clase que é de 20% do total da nota final.

7.3. Criterios de cualificación

A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado será continua, polo que implicará un seguimento do proceso e dos resultados das aprendizaxes ao longo de todo o curso. En cada avaliación intentarase que existan probas que recollan contidos da avaliación anterior, de xeito que se poida valorar a progresión do alumnado na materia. Facemos por trimestre un único exame ao final da avaliación ocupando dúas sesións de clase. Este exame comprende probas específicas orais e escritas (expresión e comprensión) que representan o 80% da nota da avaliación. Os exercicios destas probas serán semellantes aos realizados na clase (no caderno do alumno e nas fichas de traballo facilitadas polo departamento a cada alumno). Cada unha destas probas (que terán lugar en dúas sesións de clase diferentes) terá a seguinte estrutura :

a) Comprensión escrita (2,5 puntos) b) Comprensión oral (2,5 puntos) c) Expresión escrita (2,5 puntos) d) Gramática e vocabulario (2,5 puntos)

Cada unha destas probas supón un total de 10 puntos, e logo de sumar as notas das diferentes partes do exame, faise a correspondente operación matemática para que represente o 80% da nota. O outro 20% vén dado polos traballos feitos na clase ou na casa, en individual ou en grupo, a participación oral na clase, o interese e o esforzo. Na terceira avaliación, coa fin de mellorar a nota, os alumnos xa aptos teñen a posibilidade de facer un exame oral que, superado con éxito, permite obter un punto máis para a cualificación final.

8. MEDIDAS DE ATENCIÓN À DIVERSIDADE

Actualmente a lexislación sobre diversidade deixou de entendela como algo excepcional para convertela na norma: cada alumno é diverso e heteroxéneo, ten

Page 57: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

57

distintas características, necesidades, ritmos, estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais.

Para atender a este alumnado diverso temos que axustar a resposta educativa a cada alumno, de xeito que cubramos as necesidades individuais do conxunto global do alumnado. Todo un reto.

Precisamos poñer en xogo todos os elementos organizativos e metodolóxicos, coa fin de cubrir as necesidades educativas específicas ou non específicas que presenten os nosos alumnos. A atención á diversidade é responsabilidade de todos e cada un dos profesores do centro, asesorados polos profesionais da orientación e apoiados polas accións realizadas neste ámbito polos equipos directivos.

Educar na diversidade supón unha escola para todos, na que todos teñan cabida coas súas características individuais. Unha escola, na que se lle ofreza a cada un, aquilo que mellor lle axude a desenvolver a súa máxima potencialidade, partindo do que é. Unha escola capaz de desenvolver un conxunto de accións encamiñadas a previr e dar resposta as posibles necesidades de todo o alumnado do centro e, entre eles, a aquel que require unha actuación específica derivada das súas necesidades educativas especiais, de altas capacidades, de dificultades de aprendizaxe, da súa incorporación tardía ao sistema educativo, das súas condicións persoais ou de historia escolar.

Farase un seguimento individualizado do alumnado ao longo de todo o curso desde a avaliación inicial nas primeiras semanas de clase. Tomaranse as medidas axeitadas para acadar o obxectivo buscado: a consecución dos obxectivos pola parte dos alumnos. Estas medidas inclúen o tratamento de materiais complementarios no caso daqueles alumnos que amosen algunha dificultade puntual ou mesmo no caso de aqueles alumnos que polas súas circunstancias persoais teñan un contacto maior coa lingua estranxeira obxecto de estudo, que recibirán materiais complementarios de reforzo, afondamento e ampliación dos contidos mínimos vistos na clase.

Estas medidas de atención á diversidade serán desenvolvidas tanto no ensino presencial como no caso hipotético de que houbese que impartir parte do curso de maneira telemática ou semi-presencial. Barállase a posibilidade de establecer contacto vía telefónica con aqueles alumnos que non tivesen unha conexión boa que permitise o seguimento axeitado das actividades do curso.

A programación será aberta e flexible, para poder atender á diversidade do alumnado e tentar previr ou evitar a aparición de dificultades de aprendizaxe. Para iso é importante personalizar o proceso de ensinanza-aprendizaxe e fomentar que o alumnado traballe de xeito colectivo co obxecto de conseguir superar as deficiencias individuais. Trátase de que a diversidade se converta en riqueza e variedade e que os diferentes niveis converxan. Tentaremos alternar actividades de diferente nivel de dificultade para que todo o alumnado se sinta integrado na dinámica da clase, tratando de fomentar a súa confianza en si mesmo e animándoo a perseverar e a superar o medo ao erro. Propoñemos varias posibilidades:

a) Traballo de varios grupos en paralelo a partir de actividades propostas con axuda de fichas, propoñendo estratexias diferentes sinxelas, mostrándolle ao alumnado que os diferentes niveis se complementan en lugar de excluirse para que esta diversidade se converta en elemento de reflexión para aprender a aprender.

b) Propoñemos tamén un tratamento da diversidade a través de actividades de expresión oral ou escrita libre ou semi-libre, e en grupos ou subgrupos

c) Pequenos esquemas sobre aspectos claves de gramática d) Insistencia no traballo da expresión escrita

Page 58: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

58

e) Reforzo nos aspectos orais insistindo en situacións figuradas, conversacións sobre un tema concreto ou por medio de micro- debates Se coa práctica docente diaria se observase na aula a existencia de alumnos con especiais características tales que requirisen formulacións particulares, ofrecerase a estes alumnos/as, co apoio e asesoramento do Departamento de Orientación, vías adaptadas ás súas necesidades. Estas vías específicas buscarían o máximo desenvolvemento das súas capacidades para que puidesen acceder a metas iguais ás propostas aos seus compañeiros.

9. PROCEDEMENTO PARA A CUALIFICACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES E TRATAMENTO DOS CONTIDOS IMPRESCINDIBLES NON IMPARTIDOS NO CURSO 2019/2020

Non existen neste curso 2020/2021 alumnos que teñan a materia Segunda Lingua Estranxeira: Francés pendente do curso anterior. No que concirne os contidos imprescindibles non impartidos no terceiro trimestre do curso 2019/2020 por mor do confinamento causado pola pandemia do Covid, remitímonos ao que xa dixeramos na addenda da programación entregada en maio de 2020 e da memoria de fin de curso remitida á inspección educativa a finais de xuño de 2020. Os devanditos contidos do curso 1º de ESO serán impartidos nun total de catro sesións nas dúas primeiras semanas deste curso 2020/2021 nos meses de setembro e outubro.

10. CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS. EDUCACIÓN EN VALORES

Os contidos transversais fan referencia a certos valores morais e de convivencia que veñen recollidos na Constitución, como son a igualdade, democracia e tolerancia, e tamén aos contidos necesarios para que o alumnado se poida enfrontar a certas problemáticas da sociedade actual: saúde, desigualdade, medio ambiente… Estes temas, que se irán desenvolvendo e tratando nas unidades que sexan máis propicias e próximas a cada un deles, abranguen eidos como a Educación para a saúde, Educación moral e cívica, Educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos, Educación viaria, Educación ambiental, Educación do consumidor ou Educación para a paz. Os temas transversais son un conxunto de saberes baseados en actitudes, valores e normas, que dan resposta a algúns problemas sociais existentes na actualidade. Son uns contidos que non poden constituír unha sola área, e que han de ser tratados por todas elas de maneira global e programada, aínda que tamén poden ser tratados a través do currículo oculto, que cada docente, equipo ou centro transmite coas súas opinións.

O concepto da educación en valores é moi amplo, mais en termos xerais refírese ao conxunto de estratexias e de dinámicas de relacións que teñen como obxectivo formar en civismo e en modelos de convivencia baseados no respecto, a empatía e a igualdade.

Os Temas Transversais incorporáronse à educación como aspectos de noso mundo que deben ser abordados desde unha perspectiva moral. Os temas transversais supoñen unha oportunidade de globalizar o ensino e de realizar unha verdadeira programación interdisciplinar.

Page 59: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

59

A educación en valores é un concepto amplo e complexo, que esixe a implicación tanto dos ensinantes como tamén dos pais e nais e da sociedade en xeral. Educar en valores significa ampliar o alcance da educación de maneira que non só se limite ao ensino e á aprendizaxe de materias, habilidades e temarios, senón que tamén se presentan metas vencelladas ao ámbito moral e ao civismo, co obxectivo final de formar cidadáns responsables.

A través da educación en valores, inténtase profundar e enraizar unha cultura e unha maneira de ser e de se comportar baseadas no respecto aos demais, a inclusión e as ideas democráticas e solidarias.

Na nosa contorna, caracterizada pola complexidade social e a globalización económica e cultural, educar en valores convértese nunha cuestión esencial para formar cidadáns capaces de asumir os novos retos e de se comprometer activamente, xogando un papel activo e eficaz na construción dun mundo moito máis xusto, inclusivo, equitativo e intercultural.

Para que isto non quede nunha proposta de boas intencións nin nun elemento residual tratado moi poucas veces na clase, cómpre planificar a educación en valores con criterios serios, formais e obxectivos. As nosas unidades didácticas artéllanse coa educación moral e cívica como eixo principal, arredor do cal xiran de maneira transversal unha serie de temas. As nosas unidades didácticas inclúen:

A igualdade de oportunidades con independencia do sexo, raza, clase social, orixe, cultura, nacionalidade, relixión ou orientación sexual.

A valoración con espírito crítico dos valores que rexen na nosa sociedade: costumes, hábitos de consumo, produtos culturais.

Coñecemento e análise dos mecanismos que rexen a nosa sociedade. Énfase nos valores igualitarios. Rexeitamento das actitudes discriminatorias. Ensino de pautas de respecto do medio ambiente por parte das

comunidades e dos individuos. Importancia do desenvolvemento sostible nos ámbitos económicos,

sociais e culturais da vida do ser humano. Potenciación do lecer na contorna natural. Promoción da saúde como valor fundamental e recurso básico para o

desenvolvemento persoal e social. Estimulación da adquisición de hábitos e conductas saudables. Eliminación ou redución daqueles comportamentos que supoñen un risco

para a saúde. Traballo da educación para a saúde desde unha perspectiva dinámica,

persoal e colectiva. Coñecemento das características e comportamentos humanos no que

concirne a sexualidade. Elaboración na aula de programas efectivos para facer os alumnos

tolerantes coa sexualidade dos demais. Toma de conciencia do risco que supoñen certas prácticas sexuais en

ausencia de prevención. Coñecemento da importancia que ten para a seguridade do cidadán o

respecto ás normas e aos sinais de tráfico. Estimulación de hábitos de comportamento perante os accidentes de

tráfico coa fin de coñecer as estratexias básicas de primeiros auxilios.

Page 60: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

60

Creación de habilidades nas decisións vencelladas ao consumo. Promoción dun consumo lóxico e responsable, valorando os efectos

sobre o medio ambiente. Coñecemento dos dereitos e deberes dos consumidores.

11. CONTRIBUCIÓN AO PLAN ANUAL DE LECTURA

É evidente que esta materia contribúe a promover o hábito da lectura. En todas as unidades didácticas lense, discútense e analízanse textos de diferentes tipos e finalidades. Entre as actividades propostas ao longo do curso temos a lectura de diferentes textos, para que gocen coa lectura e, nalgúns casos, resolvan actividades sobre eles.

O plan anual de lectura e o proxecto lector garantirán a formación progresiva do alumno nas habilidades básicas da súa formación como individuos e cidadáns. Para iso, as diferentes tecnoloxías da información e comunicación dispoñibles para os estudantes utilizaranse cun enfoque funcional.

A formación integral na lectura require un traballo gradual e continuo, por iso traballaremos con diferentes tipoloxías discursivas, presentadas á súa vez en soportes variados. Entre as actividades específicas destinadas ao desenvolvemento do plan de lectura, están as seguintes:

- Actividades cotiás de comprensión e expresión lectora, orais e escritas. - Preparación de resumos e esquemas. - Lectura reflexiva de enunciados de preguntas e cuestionarios traballados na aula. - Lectura reflexiva e comentario de teoría lingüística e literaria. - Preparación de traballos, tarefas de investigación e proxectos que requiran o uso

de fondos da biblioteca do centro e / ou doutras bibliotecas. - Uso das ferramentas informáticas adecuadas para cada traballo ou proxecto. - Lectura e análise de textos comerciais e publicitarios, difundidos a través de

diferentes soportes - Lectura de textos e / ou libros relacionados co tema. - Ampliación e reforzo do tema traballado na aula. - Lectura e comentario crítico de textos. - Redacción de textos coherentes. - Fomento da creatividade do alumnado. - Interpretación de material gráfico. - Traballo con definicións de termos para facilitar a comprensión dos contidos e

enriquecer o léxico. - Presentacións orais e escritas baseadas en diversos criterios e finalidades.

12. CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA

O Departamento contribuirá ao desenvolvemento do Plan de Convivencia desenvolvido polo centro, colaborando con todos os proxectos e plans incluídos nel, á vez que realizará as súas propias achegas.

Obxectivos: - Establecer un marco de referencia que facilite as relacións, a comunicación e a

participación do alumnado nas actividades realizadas nesta área.

Page 61: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

61

- Promover os valores democráticos de solidariedade, tolerancia, colaboración e respecto ás persoas e ás ideas.

- Facilitar e previr manifestacións de violencia e actitudes e comportamentos xenófobos e racistas, rexeitando sempre a violencia como medio de resolución de conflitos. Actuacións:

- As relacións persoais rexeranse polo respecto mutuo, a comprensión, a aceptación e a tolerancia.

- Todos os membros da comunidade educativa deben: ser educados e amables no trato, pedir perdón cando sexa necesario, traballar con alegría e optimismo, non impoñer as nosas propias ideas, utilizar as regras básicas de cortesía, etc.

- Os profesores deben recoñecer os logros dos alumnos, celebrar os seus éxitos e aplicar un sistema de recompensas dirixido a consolidar a autoestima dos mozos.

- Comprender a educación actual e o seu compromiso cos valores básicos da vida en convivencia, é dicir, incorporar efectivamente valores éticos (xustiza, solidariedade, igualdade, tolerancia, respecto, paz ...) en proxectos educativos que favorezan e fagan posible unha sociedade máis humanizada e democrática.

- Toda a programación didáctica debe contemplar unha serie de contidos transversais compartidos por todas as áreas de coñecemento e que teñan unha carga de valor elevada. Estes contidos favorecerán a convivencia dos alumnos en tres niveis: na aula, no centro e no ámbito persoal e familiar, contribuíndo así á educación e á cultura de paz, así como ao pleno desenvolvemento do plan de convivencia do centro.

- Aumentar o grao de implicación e participación de todos os membros da comunidade educativa.

- Promover valores democráticos nas actividades propostas na aula, como debates, redacción de textos, exposicións, etc.

- Concienciar aos alumnos da importancia de coidar as instalacións, así como do seu mantemento e limpeza.

- Fomentar a reflexión sobre condutas contrarias ás regras de convivencia. - Aplicar unha metodoloxía que favoreza as habilidades persoais e a autonomía,

incluso nos procedementos de resolución de conflitos. - Analizar as regras de convivencia a través dos textos propostos.

13. CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC

O IES Cosme López Rodríguez ten, desde hai varios anos, un Plan TIC, grazas ao cal o profesorado deste departamento:

- Adoita facer uso da aula de medios audiovisuais: DVD, reprodutores de CD, ordenador, canón, taboleiro dixital ...

- Aproveita os recursos das Aulas Abalar. - Usa o material e os recursos en liña que proporciona a editorial SM. - Da preferencia ao desenvolvemento de actividades que aborden o tema a través

das TIC. - Familiariza aos alumnos co uso dos recursos propios da rede: blogs, consultas

web, etc. - Fai uso das TIC para ampliar os recursos didácticos: páxinas web relacionadas

co tema, dicionarios, enciclopedias ...

Page 62: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

62

- Promove a autonomía dos alumnos, proporcionándolles estratexias para obter e procesar información e para obter habilidades relacionadas coa busca e organización da mesma.

- En cada tema proporciona páxinas web que proporcionan información relacionada cos contidos da materia. Deste xeito, trátase de desenvolver habilidades de busca de información e aprendizaxe autónoma.

- Traballa habilidades básicas, incluída a competencia dixital e o tratamento da información, esenciais para o proceso de ensino-aprendizaxe.

- Proxecta vídeos documentais, animacións e outros materiais audiovisuais. - Realiza tarefas para as que son necesarias as TIC.

14. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Neste curso 2020/2021, o Departamento de Francés do IES Cosme López Rodríguez non levará a cabo actividades extraescolares que impliquen a saída do alumnado do centro durante o horario lectivo, tal e como se recolle nas instrucións dadas ao comezo do curso. A tradicional visita a Ourense para asistir a unha representación teatral da compañía de teatro Eina Escola no poderá polo tanto ter lugar. Deseñaranse na medida do posible as actividades complementarias necesarias que sexan compatibles co protocolo Covid establecido pola Consellería de Educación para os centros de ensino secundario. Agardaremos a ter máis información sobre actividades complementarias desenvolvidas de forma telemática que non implican presencialidade e que si son válidas para este curso académico.

Page 63: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

63

15. INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE

ELEMENTOS A AVALIAR

INDICADORES DE LOGRO

RESULTADO

Non conseguido Conseguido parcialmente Totalmente conseguido Programación Didáctica

Non se adapta ao contexto da aula Adáptase parcialmente ao contexto da aula Adáptase completamente ao contexto da aula

Plans de Mellora Non se adoptaron medidas de mellora tralos resultados académicos obtidos

Identifícaronse as medidas de mellora a adoptar tralos resultados académicos obtidos

Adoptáronse medidas de mellora segundo os resultados académicos obtidos

Medidas de atención á diversidade

Non se adoptaron as medidas de atención á diversidade axeitadas

Identificáronse as medidas de atención á diversidade a adoptar

Adoptáronse as medidas de atención á diversidade axeitadas

Temas transversais Non se traballaron todos os temas transversais na materia

Traballáronse a maioría dos temas transversais na materia

Traballáronse todos os temas transversais na materia

Programa de Recuperación

Non se estableceu un programa de recuperación para os alumnos

Iniciouse o programa de recuperación para os alumnos que o precisen

Estableceuse un programa de recuperación eficaz para os alumnos que o precisen

Obxectivos da materia

Non se acadaron os obxectivos da materia establecidos

Acadáronse parte dos obxectivos da materia establecidos para o curso

Acadáronse os obxectivos da materia establecidos para este curso

Competencias clave Non se desenvolveron a maioría das competencias clave relacionadas coa materia

Desenvolvéronse parte das competencias clave relacionadas coa materia

Acadouse o desenvolvemento das competencias clave relacionadas coa materia

Práctica docente A práctica docente non foi satisfactoria A práctica docente foi parcialmente satisfactoria

A práctica docente foi satisfactoria

Programas de mellora para a práctica docente

Non se deseñaron programas de mellora para a práctica docente

Identificáronse os puntos para deseñar un programa de mellora para a práctica docente

Deseñáronse programas de mellora para a práctica docente

Materiais e recursos didácticos

Os materiais e recursos didácticos non foron os axeitados

Os materiais e recursos didácticos foron parcialmente axeitados

Os materiais e recursos didácticos foron completamente axeitados

Distribución de espazos e tempos

A distribución dos espazos e tempos non foi axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

A distribución dos espazos e tempos foi parcialmente axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

A distribución dos espazos e tempos foi axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

Métodos didácticos e pedagóxicos

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados non contribuiron á mellora do clima da aula e do centro

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados contribuiron parcialmente á mellora do clima da aula e do centro

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados contribuiron á mellora do clima da aula e do centro

Resultados da avaliación

Os resultados da avaliación nesta materia non foron satisfactorios

Os resultados da avaliación nesta materia foron moderados

Os resultados da avaliación nesta materia foron satisfactorios

Page 64: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

64

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: FRANCÉS

3º ESO

CURSO 2020/2021

IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ

A RÚA DE VALDEORRAS

Page 65: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

65

ÍNDICE PROGRAMACIÓN 3º ESO

1. Introdución: Marco legal…………………………………………………….........…p. 66 2. Contextualización……………………………………………………........................p. 67

2.1. Composición do Departamento……………………………………….............p. 67 3. Contribución da materia ao logro das competencias básicas…………………...…...p. 68 4. Obxectivos da etapa ESO………………………………………………………...….p. 69 5. Táboa de relacións: obxectivos, contidos, criterios de avaliación, estándares de

aprendizaxe, competencias e mínimos esixibles ………………………………...….p. 72 5.1. Táboa de relacións 3º ESO………………………………………………...….p. 72

5.1.1. Contidos e temporalización ………………………………………........p. 80 5.1.2. Concreción para cada estándar de aprendizaxe………………………...p. 80

6. Concrecións metodolóxicas. Materiais e recursos didácticos…………………….....p. 83 7. Procedementos de avaliación, instrumentos de avaliación e criterios de

cualificación………………………………………………………………………....p. 87 7.1. Procedementos de avaliación……………………………………………….…p. 87

7.1.1. Avaliación inicial…………………………………………………...…..p. 87 7.1.2. Avaliación ordinaria…………………………………………………....p. 88 7.1.3. Avaliación extraordinaria………………………………………............p. 88

7.2. Instrumentos de avaliación…………………………………………….............p. 88 7.3. Criterios de cualificación……………………………………………………....p. 89

8. Medidas de atención á diversidade…………………………………………..............p. 89 9. Procedemento para a cualificación das materias pendentes e tratamento dos contidos

imprescindibles non impartidos no curso 2019/2020 .......…………………….…….p. 91 10. Concreción dos elementos transversais. Educación en valores..................…………p. 91 11. Contribución ao Plan Anual de Lectura………………………………………...…...p. 93 12. Contribución ao Plan de Convivencia…………………………………………….....p. 93 13. Contribución ao Plan TIC………………………………………………………...….p. 94 14. Actividades complementarias e extraescolares…………………………………...…p. 95 15. Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente………...p. 96

Page 66: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

66

1. INTRODUCIÓN: MARCO LEGAL

Na elaboración desta programación didáctica debemos ter en conta: Lei Orgánica 8/2013 de 9 de decembro (B.O.E. do 10 de decembro de 2013)

para a Mellora da Calidade Educativa, que modifica a LOE. Orde ECD/65/2015, de 21 de xaneiro (B.O.E. do 29 de xaneiro de 2015), pola

que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a educación secundaria e o bacharelato.

Decreto 86/2015 de 25 de xuño (D.O.G. do 29 de xuño de 2015), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación en 1º, 2º 3º E 4º de E.S.O e 1º e 2º de Bacharelato no presente curso.

O Marco Común Europeo para as Linguas.

Unha das principais novidades que incorpora esta lei na actividade educativa vén derivada da nova definición de currículo, en concreto pola inclusión das denominadas competencias clave, un concepto relativamente novidoso no sistema educativo español e na súa práctica educativa. Polo que se refire, globalmente, á concepción que se ten de obxectivos, contidos, metodoloxía e criterios de avaliación, as novidades son as que produce, precisamente, a súa interacción coas citadas competencias, que van orientar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Aínda que en ocasións non se lle dea a importancia que se merece, o ensino nos

valores cívicos e éticos dunha sociedade democrática, libre, tolerante e plural é unha das finalidades prioritarias da educación, tal e como se pon de manifesto nos obxectivos desta etapa educativa e nos específicos de cada unha das súas distintas áreas de coñecemento, integrados transversalmente en todos os aspectos do currículo. Non debe esquecerse que a linguaxe, como instrumento de representación da realidade que é, pode ir asociado a estereotipos ou prexuízos culturais sobre determinados colectivos sociais, razón pola que debe insistirse en evitalos.

Estes aspectos foron tidos en conta á hora de organizar e secuenciar as unidades didácticas desta materia: a integración ordenada de todos os aspectos do currículo (entre os que incluímos as competencias básicas) é condición sine qua non para a consecución tanto dos obxectivos da etapa como dos específicos da materia. Deste modo, obxectivos, contidos, metodoloxía, competencias básicas e criterios de avaliación, forman unha unidade para o traballo na aula. No que se refire especificamente ao aspecto metodolóxico co que se debe desenvolver o currículo, en cada unha das unidades didácticas desta materia e curso dáse un equilibrio entre os diversos tipos de contidos que seguen orientando de maneira integrada e en interacción o proceso de ensinanza-aprendizaxe, xa que cada un deses contidos cumpre función distintas pero complementarias na formación integral do alumno. Deste xeito, a flexibilidade e a autonomía pedagóxica son características do proceso educativo, de maneira que o profesor pode empregar aqueles recursos metodolóxicos que mellor garantan a formación do alumno e o desenvolvemento pleno das súas capacidades persoais e intelectuais, sempre favorecendo a súa participación para que aprenda a traballar en autonomía e en equipo, de xeito que el mesmo constrúa o seu propio coñecemento. O ensino nos valores dunha sociedade democrática, libre,

Page 67: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

67

tolerante e plural segue a ser, como ata o de agora, unha das finalidades prioritarias da educación. Sabendo que non todos os alumnos poden seguir o mesmo ritmo de aprendizaxe, tanto polo seu propio desenvolvemento psicolóxico como por moi diversas circunstancias persoais e sociais, a atención á diversidade de alumnos e de situacións escolares convértese nun elemento fundamental da actividade educativa. Distintas actividades (tanto no libro de texto como no caderno de exercicios, e nos materiais de que dispón o profesor asociados a estes) pretenden dar resposta a esa ineludible realidade tan heteroxénea das aulas.

2. CONTEXTUALIZACIÓN

O instituto IES Cosme López Rodríguez conta neste curso 2020/2021 con 205 alumnos e está situado na localidade de A Rúa cunha poboación arredor de 4200 habitantes. Ademais recibe alumnado dos concellos de Petín, Larouco, O Bolo e Vilamartín de Valdeorras. Son todos concellos formados por un elevado número de asentamentos de poboación de reducido tamaño nos que se produciu un estancamento e mesmo un retroceso demográfico e un acusado avellentamento da poboación ata límites críticos nalgúns casos.

O territorio está vertebrado por unha infraestrutura de transporte caracterizada por redes lentas, de trazados antigos, sinuosos e deficientemente dotadas en medios técnicos, que comunican núcleos de poboación moi dispersos no espazo. Máis da metade do alumnado ten que facer uso do transporte escolar, o que condiciona a organización de todo tipo de actividades, sobre todo extraescolares.

A estrutura interna das economías familiares está diversificada. A estrutura agraria caracterízase por: avellentamento da poboación, crecemento vexetativo negativo, perda de iniciativas motivada por unha emigración secular, dispersión dos asentamentos de poboación, elevado número de explotacións agrarias que funcionan en réxime de autoconsumo, agricultura minifundista de policultivo tradicional.

A maioría das economías familiares, aínda que situadas nun medio rural, reciben ingresos de rendas xeradas fóra da actividade agraria: sector servizos pouco especializados e actividades relacionadas co sector louseiro cunha elevada taxa de desemprego. 2.1. Composición do Departamento

O departamento está composto por David Gómez Lago, funcionario de carreira do Corpo de Profesores de Ensino Secundario, con destino definitivo neste centro neste curso 2020/2021.

GRUPOS:

-1º ESO ( 2 grupos) (11 alumnos) (11 alumnos)

-2º ESO ( 2 grupos) (8 alumnos) (7 alumnos)

-3º ESO ( 1 grupo) (18 alumnos)

Page 68: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

68

-4º ESO ( 1 grupo) (15 alumnos)

-1º BAC (1 grupo) (8 alumnos) -2º BAC (1 grupo) (7 alumnos)

3. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Unha competencia supón a combinación de habilidades prácticas,

coñecementos, motivacións, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz. Polo tanto, as competencias considéranse como coñecemento na práctica, un coñecemento adquirido a través da participación activa en prácticas sociais que, como tales, poden ser desenvolvidas tanto no contexto educativo formal, a través do currículo, como nos contextos educativos formais e informais; conceptualízanse como “un saber facer” que se aplica a unha diversidade de contextos educativos, sociais e profesionais.

A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase polo seu carácter transversal, o seu dinamismo e o seu modo integral. A elaboración desta programación leva implícito, nas actividades propostas, a valoración do proceso de ensinanza-aprendizaxe en referencia ás oito competencias básicas entendidas como aprendizaxes imprescindibles. Ao abeiro da LOMCE, as oito competencias básicas convértense en sete competencias clave.

Competencia en comunicación lingüística (CCL): consiste en utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación. Na programación dos catro cursos da ESO e Bacharelato está competencia está baseada en:

1. Expresar pensamentos, opinións e sentimentos.

2. Estruturar o coñecemento e dar coherencia ao discurso.

3. Gozar coa lectura, a expresión (oral e escrita) e escoitando.

4. Comunicarse dentro da realidade, é dicir, utilizar a linguaxe de forma funcional, como ferramenta para a resolución das propias necesidades.

5. Utilizar códigos e habilidades lingüísticas e adaptar a comunicación ó contexto.

6. Reflexionar sobre o funcionamento da lingua e as normas da mesma.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

(CMCCT): a programación inclúe fichas de traballo destinadas á aprendizaxe dos números e a habilidade para utilizalos, para coñecer algúns símbolos de expresión matemática, para resolver problemas sinxelos relacionados coa vida diaria referida á ciencia, tecnoloxía e, en xeral, co mundo laboral.

Page 69: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

69

Competencia dixital (CD): consiste en buscar, obter, procesar e comunicar información para transformala en coñecemento. A programación inclúe actividades de traballo, relacionadas co manexo de distintas ferramentas tecnolóxicas dirixidas a seleccionar e tratar a información.

Competencia social e cívica (CSC): para comprender a realidade social na que

se vive, cooperar, convivir de xeito democrático e tolerante e contribuír á mellora social, a programación propón, aspectos encamiñados a aprender a valorarse e coñecerse un mesmo, a tomar decisións con responsabilidade, a admitir as consecuencias das mesmas, a valorar a contorna, expresarse e escoitar, recoñecer as diferencias e valorar a igualdade e resolver os conflitos con coherencia e responsabilidade.

Competencia de conciencia e expresións culturais (CCEC): a programación

inclúe, actividades para coñecer, comprender, apreciar e valorar as manifestacións artísticas e culturais e tamén actividades destinadas a poñer en funcionamento a imaxinación e a creatividade en temas relacionados co patrimonio dos pobos, a moda, os gustos, o pensamento etc.

Competencia para aprender a aprender (CAA): todas as actividades

previstas están encamiñadas a adquirir habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de seguir aprendendo de xeito máis autónomo e eficaz de acordo cos propios obxectivos e necesidades, así como chegar a ser consciente das propias capacidades (intelectuais, emocionais e físicas), desenvolver un sentimento de competencia persoal baseado na motivación, confianza nun mesmo e gusto por aprender, ser consciente das capacidades que entran en xogo como: atención, concentración, memoria, expresión, comprensión etc., desenvolver estratexias e técnicas de estudio como planificación, observación, traballo en grupo etc.

Competencia no sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE): a

metodoloxía aplicada estará directamente en relación co feito do que o alumnado chegue a ser consciente dos valores e actitudes persoais, aprender dos erros e asumir riscos. En todas as actividades o alumno poderá elixir criterio propio, partir da análise das súas posibilidades e limitacións, adquirir unha visión estratéxica, ter unha actitude positiva para relacionarse, colaborar ou buscar axuda e solucións.

4. OBXECTIVOS DE ETAPA ESO

Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no

respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

Page 70: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

70

Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller.

Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.

Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en diversos campos do coñecemento e da experiencia.

Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura.

Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada.

Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo.

Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social.

Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e á súa mellora.

Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

Coñecer e valorar a importancia do uso do noso idioma como elemento fundamental para o mantemento da nosa identidade, e como medio de relación

Page 71: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

71

interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que nos comunica con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade lusófona.

Page 72: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

72

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 3º ESO OBXECTIV

OS

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS

CLAVE BLOQUE 1: COMPRENSIÓN DE TEXTOS ORAIS -a -c -d -i

d

-B.1.1. Estratexias de comprensión das mensaxes orais : --Mobilización da información previa sobre o tipo de tarefa e o tema. --Identificación do tipo textual, adaptando a comprensión a el. --Distinción de tipos de comprensión (sentido xeral, información esencial e puntos principais). --Formulación de hipóteses sobre contido e contexto. --Inferencia e formulación de hipóteses sobre significados a partir da comprensión de elementos significativos, lingüísticos e para-lingüísticos (acenos, entoación, etc.). --Inferencia e formulación de hipóteses sobre significados a partir do coñecemento doutras linguas e de elementos non lingüísticos (imaxes, música, etc.). --Reformulación de hipóteses a partir da comprensión de novos elementos. -B.1.2. Tolerancia da comprensión parcial ou vaga nunha situación comunicativa. -B.1.3. Perseveranza no logro da comprensión oral, escoitando unha vez e outra o texto gravado ou solicitando repeticións do dito.

-B.1.1. Coñecer e saber aplicar as estratexias máis adecuadas para a comprensión do sentido xeral, os puntos principais ou a información máis importante do texto. -B.1.2. Identificar o sentido xeral, os puntos principais e a información máis importante en textos orais breves e ben estruturados, transmitidos de viva voz ou por medios técnicos e articulados a velocidade lenta, nun rexistro formal, informal ou neutro, e que versen sobre asuntos habituais en situacións cotiás ou sobre aspectos concretos de temas xerais ou do propio campo de interese nos ámbitos persoal, público e educativo, sempre que as condicións acústicas non distorsionen a mensaxe e se poida volver escoitar o dito. -B.1.3. Comprender instrucións moi básicas pronunciadas lenta e claramente, e seguir indicacións sinxelas e breves. -B.1.4. Comprender transaccións moi básicas de bens e servizos elementais na vida cotiá, transmitidas de viva voz ou por medios técnicos, e moi ben articuladas e lentamente, sempre que as condicións acústicas sexan boas e se se poden escoitar máis dunha vez. -B.1.5. Comprender o sentido xeral e a información específica predicible de conversas básicas sobre temas cotiáns que se desenvolvan na súa presenza, nas que se describan, de xeito moi breve e sinxelo, persoas, lugares e obxectos, e se narren acontecementos elementais, sempre que poida solicitar que se repita o dito. -B.1.6. Seguir un texto breve articulado con claridade e pausadamente, no que se utilicen expresións sinxelas e habituais previamente traballadas e referidas a temas moi coñecidos dos ámbitos persoal e educativo (datos persoais, gustos e hábitos, materias que cursa, etc.), adecuado ao seu nivel escolar, actuando, de ser o caso, como mediación lingüística. -B.1.7. Comprender a información esencial de pasaxes curtas gravadas, que conteñan conversas, narracións e/ou descricións predicibles, e de presentacións moi sinxelas emitidas con estruturas e léxico moi básico, e o apoio de imaxes moi redundantes, que traten

-SLEB 1.1. Nas actividades de aula, persevera no seu proceso de comprensión, axustándoo ás necesidades da tarefa (de comprensión global, lectiva ou detallada) e mellorándoo, se ser o caso : saca conclusións sobre a actitude de falante e sobre o contido baseándose na entoación e na velocidade da fala; deduce intencións a partir do volume de voz do falante; fai anticipacións do que segue (palabra, frase, resposta, etc.), e infire o que non se comprende e o que non se coñece mediante os propios coñecementos e as experiencias noutras linguas.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC

-SLEB 1.2. Capta a información máis importante de indicacións, anuncios, mensaxes e comunicados breves e articulados de maneira lenta e clara, sempre que as condicións acústicas sexan boas e o son non estea distorsionado.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC -CD

-SLEB 1.3. Entende os puntos principais do que se lle di en transaccións e xestións cotiás e estruturadas (por exemplo, en hoteis, tendas, albergues, restaurantes, espazos de lecer ou centros docentes) nas que se utilicen frases feitas e estruturas sinxelas e previamente traballadas sobre datos persoais, horarios, prezos, números e preguntas sinxelas, e que se desenvolvan con lentitude e boa articulación.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC -CD

-SLEB 1.4. Comprende , nunha conversa informal na que participa, descricións, narracións e opinións formuladas en termos sinxelos sobre asuntos prácticos da vida diaria e sobre aspectos xerais de temas do seu interese, cando se lle fala con claridade, amodo e directamente, e se a persoa interlocutora está disposta a repetir ou a reformular o dito.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC

-SLEB 1.5. Comprende, nunha conversa formal na que participa (por exemplo, nun centro docente), preguntas sinxelas sobre asuntos persoais ou educativos (datos persoais, intereses, preferencias e gustos persoais, etc.),

-CCL -CAA -CSC

-CSIEE

Page 73: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

73

sobre asuntos da vida cotiá e de necesidade inmediata, previamente traballados, e que estean pronunciadas con lentitude e claridade, aínda que sexa necesario escoitalas máis dunha vez.

sempre que poida pedir que se lle repita, aclare ou elabore algo do que se lle dixo.

-CCEC

-SLEB 1.6. Identifica as ideas principais de programas de televisión e de presentacións moi sinxelas e ben estruturadas sobre asuntos cotiáns predicibles ou do seu interese, previamente traballados, articulados con lentitude e claridade (por exemplo, noticias ou reportaxes breves), cando as imaxes constitúen grande parte da mensaxe.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC -CD

Page 74: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

74

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 3º ESO OBXECTIVOS

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE

BLOQUE 2: PRODUCIÓN DE TEXTOS ORAIS -a -c -d -i

-B.2.1. Estratexias de produción De planificación : identificación do contexto, o destinatario e a finalidade da produción ou da interacción ou a adecuación do texto ao destinatario, ao contexto e á canle, escollendo os expoñentes lingüísticos precisos para acadar a intención comunicativa. De execución : concepción da mensaxe con claridade, distinguindo a idea ou as ideas principais e a súa estrutura básica, activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados, expresión da mensaxe con claridade, coherencia básica, estruturándoa adecuadamente e axustándose, de ser o caso, aos modelos e as fórmulas de cada tipo de texto memorizados e traballados na clase previamente, reformulación da tarefa (emprender unha versión máis modesta) ou da mensaxe (limitar o que realmente lle gustaría expresar) tras valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles e compensación das carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos (modificación de palabras de significado parecido, definición ou reformulación dun termo ou expresión, uso da lingua nai ou estranxeirización de palabras da lingua meta e petición de axuda) e para-lingüísticos (sinalización de obxectos ou uso de deícticos ou realización de accións que aclaren o significado, uso da linguaxe corporal culturalmente pertinente como acenos, expresións faciais, posturas e o contacto visual ou corporal e o uso de elementos cuasi-léxicos de valor comunicativo). -B.2.2. Actitude de respecto cara si mesmo/a e cara as outras persoas para comprender e para facerse comprender. -B.2.3. Rutinas e modelos elementais de interacción segundo o tipo de situación de comunicación : saúdos e despedidas, felicitacións, invitacións, expresións da dor, conversa telefónica, compravenda e outras igualmente cotiás e básicas.

-B.2.1. Pronunciar de maneira intelixible, aínda que se cometan erros de pronuncia polos que as persoas interlocutoras teñan que solicitar repeticións para entender a mensaxe. -B.2.2. Coñecer e saber aplicar as estratexias máis adecuadas para producir textos orais monolóxicos ou dialóxicos breves e de estrutura moi simple e clara, utilizando, entre outros, procedementos como a adaptación da mensaxe aos recursos dos que se dispón, ou a reformulación ou explicación de elementos. -B.2.3. Intercambiar de xeito intelixible información sobre transaccións e xestións cotiás moi elementais, usando un repertorio básico de palabras e frases simples memorizadas, e facéndose comprender aínda que a persoa interlocutora necesite que se repita ou repetir o dito. -B.2.4. Interactuar de xeito simple en intercambios claramente estruturados, utilizando fórmulas ou xestos simples para tomar ou manter a quenda de palabra, aínda que poidan darse desaxustes na adaptación ao interlocutor. B.2.5. Dar información sobre datos básicos persoais, expectativas ou gustos, utilizando un repertorio moi básico de expresións memorizadas sinxelas e habituais sobre estes datos, sempre que poida pedir confirmación da comprensión á persoa interlocutora ou que se lle repita o dito.

-SLEB 2.1. Fai presentacións breves e ensaiadas, seguindo un guión escrito, sobre aspectos concretos de temas xerais ou relacionados con aspectos básicos dos seus estudos, e responde a preguntas breves e sinxelas de oíntes sobre o contido destas se se articulan clara e lentamente.

CCL CAA CSC CCEC CSIEE CD

-SLEB 2.2. Desenvólvese con eficacia suficiente en xestións e transaccións cotiás, como son as viaxes, o aloxamento, o transporte, as compras e o lecer (horarios, datas, prezos, actividades, etc.), seguindo normas de cortesía básicas (saúdo e tratamento), facéndose entender aínda que a persoa interlocutora necesita que se lle repita ou repetir o dito.

CCL CAA CSC CCEC CSIEE CD

-SLEB 2.3. Participa en conversas informais breves, cara a cara ou por teléfono, ou por outros medios técnicos, nas que establece contacto social, se intercambia información e se expresan opinións de xeito sinxelo e breve, se fan invitacións e ofrecementos, se piden e se ofrecen cousas, se piden e se dan indicacións ou instrucións, ou se discuten os pasos que hai que seguir para realizar unha actividade conxunta, expresando o acordo ou o desacordo de xeito moi básico.

CCL CAA CSC CCEC CSIEE CD

-SLEB 2.4. Desenvólvese de maneira simple nunha conversa formal ou entrevista (por exemplo, para realizar un curso de verán), achegando a información necesaria, expresando de maneira sinxela as súas opinións sobre temas habituais, e reaccionando de forma simple ante comentarios formulados de maneira lenta e clara, sempre que poida pedir que se lle repitan os puntos clave se o necesita.

CCL CAA CSC CCEC

Page 75: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

75

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 3º ESO OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS

CLAVE BLOQUE 3: COMPRENSIÓN DE TEXTOS ESCRITOS

a c d i

-B.3.1. Estratexias de comprensión : Mobilización de información

previa sobre o tipo de tarefa e o tema, a partir da información superficial : imaxes, organización na páxina, t ítulos de cabeceira, etc.

Identificación do tipo de lectura demandado pola tarefa (en superficie ou oceánica, selectiva, intensiva ou extensiva).

Distinción de tipos de comprensión necesarios para a realización da tarefa (sentido xeral, información esencial e puntos principais).

Formulación de hipóteses sobre contido e contexto.

Inferencia e formulación de hipóteses sobre significados a partir da comprensión de elementos significativos, lingüísticos e para-textuais, e do coñecemento e as experiencias noutras linguas.

Reformulación de hipóteses a partir da comprensión de novos elementos.

-B.3.1. Utilizar estratexias de lectura (recurso ás imaxes, títulos e outras informacións visuais, aos coñecementos previos sobre o tema ou a situación de comunicación, e aos transferidos desde as linguas que coñece), identificando a información máis importante e deducindo o significado de palabras e expresións non coñecidas polo contexto e mediante os coñecementos e as experiencias noutras linguas. -B.3.2. Seguir instrucións e consignas básicas e comprender avisos, obrigas e prohibicións moi sinxelas e predicibles, traballadas previamente, referidas a necesidades inmediatas, de estrutura moi sinxela e con apoio visual.. -B.3.3. Comprender información relevante e previsible en textos informativos ou narrativos breves, moi sinxelos e ben estruturados, relativos a experiencias e a coñecementos propios da súa idade. -B.3.4. Identificar a idea xeral, os puntos máis relevantes e a información importante en textos, tanto en formato impreso como en soporte dixital, breves e ben estruturados, escritos nun rexistro neutro ou informal, que traten de asuntos habituais en situacións cotiás, de aspectos concretos de temas de interese persoal ou educativo, e que conteñan estruturas sinxelas e un léxico de uso frecuente.

-SLEB 3.1. Capta o sentido xeral e algúns detalles importantes de textos xornalísticos moi breves en calquera soporte e sobre temas xerais ou do seu interese e moi coñecidos, se os números, os nomes, as ilustracións e os títulos constitúen gran parte da mensaxe.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 3.2. Identifica, con axuda da imaxe, instrucións xerais breves e sinxelas de funcionamento e manexo de aparellos de uso cotián (por exemplo, unha máquina expendedora), así como instrucións sinxelas para a realización de actividades e normas de seguridade básicas (por exemplo, nun centro docente).

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 3.3. Comprende correspondencia persoal sinxela en calquera formato na que se fala de si mesmo/s ; se describen persoas, obxectos, lugares e actividades; se narran acontecementos pasados, e se expresan de maneira sinxela sentimentos e desexos, plans e opinións sobre temas xerais, coñecidos ou do seu interese.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 3.4. Entende a idea xeral de correspondencia formal na que se informa sobre asuntos do seu interese no contexto persoal ou educativo (por exemplo, sobre un curso de verán).

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 3.5. Entende información específica esencial en páxinas web e outros materiais de referencia ou consulta claramente estruturados sobre temas relativos a asuntos do seu interese (por exemplo, sobre unha cidade), sempre que poida reler as seccións difíciles.

CCL CAA CSC CCEC CD

Page 76: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

76

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 3º ESO OBXECTIV

OS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCI

AS CLAVE BLOQUE 4: PRODUCIÓN DE TEXTOS ESCRITOS

a c d i

-B.4.1. Estratexias de produción Planificación : mobilización e coordinación das

propias competencias xerais e comunicativas coa fin de realizar eficazmente a tarefa (repasar o que xa se sabe sobre o tema, o que se pode ou se quere dicir, etc.), localización e uso adecuado de recursos lingüísticos ou temáticos (uso dun dicionario ou dunha gramática, obtención de axuda, etc.) e uso de elementos coñecidos obtidos de modelos moi sinxelos de textos escritos, para elaborar os propios textos.

Execución : elaboración dun borrador seguindo textos modelo, estruturación do contido do texto, organización do texto en parágrafos curtos abordando cadansúa idea principal conformando entre todos o seu significado ou a idea global, expresión da mensaxe con claridade axustándose aos modelos e ás fórmulas de cada tipo de texto, reaxuste da tarefa (emprender unha versión máis modesta) ou da mensaxe (limitar o que realmente lle gustaría expresar) logo de valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles e o recurso aos coñecementos previos (empregar frases feitas e locucións do tipo “Éme igual”, “Sóame”, etc.).

Revisión : identificación de problemas, erros e repeticións, atención ás convencións ortográficas e aos signos de puntuación, presentación coidada do texto (marxes, limpeza, tamaño da letra, etc.) e reescritura definitiva.

-B.4.1. Aplicar estratexias básicas para producir textos (elección da persoa destinataria, finalidade do escrito, planificación, redacción do borrador, revisión do texto e versión final) a partir de modelos moi estruturados e con axuda previa na aula. -B.4.2. Completar documentos moi básicos nos que se solicite información persoal. -B.4.3. Escribir mensaxes moi sinxelas e moi breves con información, instrucións e indicacións moi básicas relacionadas con actividades cotiás e de necesidade inmediata. -B.4.4. Producir textos curtos a partir de modelos sinxelos e básicos, actuando, de ser o caso, como mediación lingüística (adecuada ao seu nivel escolar) e cun formato preestablecido, en soporte tanto impreso como dixital, amosando interese pola presentación limpa e ordenada do texto.

-SLEB 4.1. Escribe correspondencia persoal breve na que se establece e mantén o contacto social (por exemplo, con amigos/as noutros países), na que se intercambia información, se describen en termos sinxelos sucesos importantes e experiencias persoais, e se fan e se aceptan ofrecementos e suxestións (por exemplo, cancelación, confirmación ou modificación dunha invitación ou duns plans).

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 4.2. Completa un cuestionario sinxelo con información persoal básica e relativa aos seus intereses ou ás súas afeccións (por exemplo, para asociarse, a un club internacional de xente nova)..

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 4.3. Escribe notas e mensaxes (mensaxes instantáneas, chats, etc.), onde fai comentarios moi breves ou dá instrucións ou indicacións relacionadas con actividades e situacións da vida cotiá e do seu interese, respectando as convencións e as normas de cortesía máis importantes.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 4.4. Escribe correspondencia formal moi breve e breve, dirixida a institucións públicas ou privadas ou a entidades comerciais, fundamentalmente para solicitar información, respectando as convencións formais e as normas de cortesía básicas deste tipo de textos, e fai unha presentación do texto limpa e ordenada.

CCL CAA CSC CCEC CD

Page 77: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

77

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 3º ESO OBXECTIVOS

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE

BLOQUE 5: COÑECEMENTO DA LINGUA E CONSCIENCIA INTERCULTURAL E PLURILINGÜE -a -c -d -i -o

-B.5.1. Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos : sons e fonemas vocálicos, sons e fonemas consonánticos e as súas agrupacións, procesos fonolóxicos máis básicos e acento tónico dos elementos léxicos illados e na oración. -B.5.2. Patróns gráficos e convencións ortográficas : uso das normas básicas da ortografía da palabra e utilización axeitada da ortografía da oración (coma, punto e coma, puntos suspensivos, parénteses e comiñas). -B.5.3. Aspectos socioculturais e sociolingüísticos : recoñecemento e uso de convencións sociais básicas e normas de cortesía propias da súa idade e de rexistros informal e estándar, e da linguaxe non verbal elemental na cultura estranxeira. Achegamento a algúns aspectos culturais visibles : hábitos, horarios, actividades ou celebracións máis significativas; condicións de vida elementais (vivenda); relacións interpersoais (familiares, de amizade ou escolares), comida, lecer, deportes, comportamentos proxémicos básicos, lugares máis habituais, etc.; e a costumes, valores e actitudes moi básicos e máis evidentes sobre aspectos propios da súa idade nos países onde se fala a lingua estranxeira. Identificación de algunhas similitudes e diferenzas elementais e máis significativas nos costumes cotiáns entre os países onde se fala a lingua estranxeira e o noso. Actitude receptiva e respectuosa cara as persoas, os países e as comunidades lingüísticas que falan outra lingua e teñen unha cultura diferente á propia. -B.5.4. Plurilingüismo : identificación de similitudes e diferenzas entre as linguas que coñece para mellorar a súa aprendizaxe e lograr unha competencia comunicativa integrada. Participación en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais, e valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe. -B.5.5. Funcións comunicativas. Iniciación e mantemento de relacións persoais e sociais básicas propias da súa idade. Descrición de calidades físicas e abstractas moi básicas de persoas, obxectos, lugares e actividades. Narración de acontecementos e descrición de estados e situacións presentes, e expresión moi básica de sucesos futuros. Petición e ofrecemento de información e indicacións, e expresión moi sinxela de opinións e advertencias. Expresión do coñecemento, o descoñecemento e a certeza. Expresión da vontade, a intención, a orde, a autorización e a prohibición. Expresión do interese, a aprobación, o aprecio, a satisfacción e a sorpresa, así como os seus contrarios. Establecemento e mantemento básicos da comunicación e a organización elemental do discurso.

-B.5.1. Discriminar patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación de uso máis básico, recoñecendo o seu significado evidente, e pronunciar e entoar con razoable comprensibilidade, aínda que teña que repetir varias veces para se facer entender. -B.5.2. Recoñecer e utilizar as convencións ortográficas, t ipográficas e de puntuación, con corrección suficiente para o seu nivel escolar. -B.5.3. Utilizar para a comprensión e a produción de textos orais e escritos os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos relativos ás relacións interpersoais, comportamento e convencións sociais, respectando as normas de cortesía máis básicas nos contextos respectivos. -B.5.4. Producir textos e inferir o significado probable de palabras ou frases a partir das experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece. -B.5.5. Participar en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro docente, relacionadas cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais. -B.5.6. Distinguir e levar a cabo as funcións demandadas polo propósito comunicativo mediante os expoñentes básicos das devanditas funcións e os patróns discursivos de uso máis habitual, e utilizar un repertorio léxico suficiente para

-SLEB 5.1. Produce con suficiente intelixibilidade léxico e estruturas moi básicas, e trazos fonéticos que distinguen fonemas (nasalización, sonorización, etc.), e persevera no uso de patróns moi básicos de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

CCL CAA CSC CCEC

-SLEB 5.2. Utiliza adecuadamente as convencións orais e escritas básicas propias da lingua estranxeira no desenvolvemento do proceso comunicativo oral e escrito (saúdos, despedidas, fórmulas moi básicas de tratamento, etc.) e amosa respecto polas diferenzas que poidan existir .

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 5.3. Nas actividades de aula, pode explicar o proceso de produción de textos e de hipóteses de significados tomando en consideración os coñecementos e as experiencias noutras linguas.

CCL CAA CSC CCEC

-SLEB 5.4. Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

CCL CAA CSC CCEC CD CSIEE

-SLEB 5.5. Comprende e comunica o propósito solicitado na tarefa ou ligado a situacións de necesidade inmediata da aula (pedir ou dar información, agradecer, desculparse, solicitar algo, invitar, etc.) utilizando adecuadamente as estruturas sintáctico-discursivas e o léxico necesarios, propios do seu nivel escolar e traballados

CCL CAA CSC CCEC

Page 78: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

78

-B.5.6. Léxico oral e escrito básico de uso común relativo a : identificación persoal elemental; vivenda, fogar e contexto; actividades básicas da vida diaria; familia e amizades; traballo, tempo libre, lecer e deporte; vacacións; saúde máis básica e coidado físicos elementais; educación e estudo; compras básicas; alimentación e restauración; transporte, tempo meteorolóxico e tecnoloxías da información e da comunicación. Expresións fixas, enunciados fraseolóxicos moi básicos e moi habituais (saúdos, despedidas, preguntas por preferencias, expresións sinxelas de gustos), e léxico sobre temas relacionados con contidos moi sinxelos e predicibles dos outras áreas do currículo. -B.5.7. Estruturas sintáctico-discursivas propias de cada idioma.

comunicar no seu nivel escolar, sempre que sexan traballados na clase previamente.

previamente.

Page 79: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

79

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 3º ESO

CONTIDOS SINTÁCTICO-DISCURSIVOS: FRANCÉS

-Expresión de relacións lóxicas : conxunción (et), disxunción (ou), oposición (par contre), causa (comme), finalidade (afin de + infinitif), comparación (plus / moins que), consecuencia (donc), explicativas (parce que). -Relacións temporais (de...à, à, dans, il y a, en). -Exclamación (Quel + nom!, Oh là là, On y va) e locucións adverbiais (Tout à fait, Bien sûr). -Negación (negación nos tempos compostos). -Interrogación : que, quoi, inversion Verbe + Sujet; réponses : si, pronom tonique + oui / non , pronom tonique + moi aussi / moi non plus).

-Expresión do tempo : presente, pasado (passé récent, passé composé, participe passé avec les accords) futuro (futur proche). Introducción do condicional (fórmula de cortesía : j’aimerais). -Expresión do aspecto : puntual (frases simples), habitual (frases simples + Adv, ex, toujours, d’habitude); incoativo, terminativo (venir de + infinitivo). -Expresión da modalidade : factualidade (phrases déclaratives); capacidade (être capable de), posibilidade / probabilidade (peut-être), necesidade (avoir besoin de + infinitif , Il faut + infinitif); obriga, prohibición (Il faut, verbo devoir, imperativo), permiso (pouvoir, demander); intención / desexo (avoir envie de). Cortesía

-Expresión da existencia (presentativos) da entidade (p.ex. les articles, noms composés, pronoms réfléchis, les adjectifs démonstratifs), proposicións adexectivais qui / que, a cualidade (posición dos adxectivos facile / difficile à) a posesión (adxectivos posesivos). -Expresión da cantidade (plurais irregulares; número cardinais ata catro cifras; números ordinais ata dúas cifras, les articles partitifs). Adverbios de cantidade e medidas (un (tout petit) peu, trop, assez, pas assez + adj, un pot, kilomètres), o grao.

-Expresión do espazo : prépositions et adverbes de lieu, position, distance, mouvement, direction, provenance, destination. -Expresión do tempo : puntual (moments du jour le matin, le soir, demain matin, jeudi soir), divisións (au...siècle, an, année), indicacións de tempo (après-demain, avant-hier, tout de suite), duración (maintenant), anterioridade (il y a...que), secuenciación (finalement), simultaneidade (au moment où, en même temps), frecuencia (d’habitude, une /deux fois par...). -Expresión do modo.

Page 80: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

80

UNIDADE DO LIBRO

Nº DE SESIÓNS E TEMPORALIZACIÓN

OBXECTIVOS TAREFAS CONTIDOS CONTIDOS MÍNIMOS

DOSSIER 0

“COMMENNT APPRENDS-TU ?”

2 sesións en setembro - Reflexionar sobre a maneira de aprender

-Aprendizaxe en eficacia

DOSSIER 1

“ QUEL BEAU MÉTIER ”

7 sesións en outubro / novembro

-Falar das calidades para os postos de traballo -Expresar unha posibilidade -Expresar unha necesidade -Facer preguntas formais

-Elaboración dunha ficha sobre un traballo -Xogo das profesións

Gramática : revisión do verbo “pouvoir”, as preguntas formais con inversión do suxeito e a estrutura “Il faut + infinitif”. Léxico : as profesións e os lugares de traballo. Fonética : os sons /œ/ e /ø/. Cultura : o cinema francés.

-As profesións e lugares de traballo -O verbo “pouvoir”

DOSSIER 2

“SOLIDARITÉ !”

8 sesións en novembro / decembro

-Expresarse evitando as repeticións. -Expresar as necesidades e as sensacións -Presentar un proxecto -Expresar unha condición

-Organización dunha colecta -Creación dun proxecto humanitario

Gramática : os pronomes COI, a estrutura “Si + presente”, os pronomes indefinidos “quelqu’un”, “quelque chose”, “personne” e “rien” e a negación “ne…rien” e “ne…personne”. Léxico : a axuda humanitaria, as necesidades e as sensacións e a saúde e os primeiros auxilios. Fonética : o son /ҷ/. Cultura : os franceses e as asociacións humanitarias

-Os pronomes COI -Os pronomes indefinidos -As necesidades e sensacións : “avoir + faim / soif / froid / chaud”

DOSSIER 3

“ TOUT POUR LA

8 sesións en xaneiro / febreiro

-Expresar os gustos musicais e as preferencias -Dar e reaccionar a unha

-Presentación dunha selección musical -Organización dun

Gramática : o pronome “ça”, o imperativo positivo e negativo e o verbo “jouer du

-O imperativo -O verbo “jouer” + “à / de” -A música

Page 81: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

81

MUSIQUE” opinión -Dar consellos -Falar de instrumentos musicais, músicos e estilos musicais

concurso /de la/ de l’/ des”. Léxico : os estilos de música, as actitudes dos fans e os instrumentos de música. Fonética : a pronuncia das palabras estranxeiras. Cultura : a música no metro

DOSSIER 4

“ À CHACUN SON STYLE !”

8 sesións en febreiro / marzo

-Describir o físico, a roupa e os accesorios. -Expresar un parecido e unha diferenza. -Describir situacións e costumes pasados. -Expresar unha data pasada, unha duración. -Facer suposicións. -Falar dos estilos vestimentarios e da moda.

-Presentación do estilo dun famoso. -Debate sobre os uniformes escolares no instituto

Gramática : o lugar do adxectivo no sintagma nominal, o imperfecto, as estruturas temporais “il y a” e “depuis que” e revisión dos presentativos “c’est / ce sont”. Léxico : a descrición física, da roupa e dos accesorios, as marcas e os obxectos e os estilos de roupa. Fonética : a pronuncia do imperfecto. Cultura : códigos vestimentarios.

-O imperfecto -A roupa (ampliación) e os complementos

DOSSIER 5

“ QUELLE BELLE INVENTION”

8 sesións en abril / maio

-Describir os obxectos e falar das súas funcións. -Expresar unha cantidade, unha proporción. -Facer comparacións. -Expresar unha data pasada. -Pedir, dar e matizar unha opinión. -Describir a maneira. -Falar das novas tecnoloxías e das invencións.

-Participación no concurso dos novos inventores. -Retrato dun(ha) científico/a.

Gramática : os pronomes relativos “qui” e “que / qu’”, a comparación, a construción do superlativo e os adverbios en “-ment”. Léxico : os obxectos e as invencións, a cantidade e as proporcións e a data pasada. Fonética : os homófonos. Cultura : a banda dos sabios.

-Os pronomes relativos -O superlativo -A comparación -Os adverbios en “-ment”

Page 82: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

82

DOSSIER 6

“ BON APPÉTIT”

8 sesións en maio -Falar dos hábitos alimentarios. -Identificar os pratos. -Describir unha receita de cociña. -Formular ordes, peticións, preguntas con cortesía. -Falar da comida e da arte da mesa.

-Enquisa sobre os hábitos alimenticios. -Escolma de receitas.

Gramática : os adxectivos e os pronomes indefinidos e os semi-auxiliares (“aller, commencer à, être en train de, venir de + infinitif”.). Léxico : os pratos, os ingredientes e as receitas. Fonética : a pronuncia da palabra “tous” e o “e” caduco. Cultura : historias larpeiras.

-Os semi-auxiliares -Os adxectivos e pronomes indefinidos -Os pratos típicos de Francia

DOSSIER 7

“ PLANÈTE EN DANGER”

8 sesións en xuño -Describir os xestos para preservar o medio ambiente. -Identificar distintas materias. -Expresar a frecuencia. -Facer unha suxestión. -Expresar unha cantidade. -Falar da Terra e do medio ambiente.

-Invención de solucións ecolóxicas. -Ficha sobre un logo “animal”.

Gramática : a colocación dos adverbios de frecuencia, a construción “pouvoir + infinitif” e a cantidade “très” e “trop”. Léxico : as materias, os números altos e os xestos polo medio ambiente. Fonética : as consonantes finais dos números. Cultura : animais en vías de extinción.

-Os adverbios de frecuencia -A cantidade con “très” e “trop” -O medio ambiente

Page 83: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

83

6. CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Partindo dos principios metodolóxicos expresados polo Consello de Europa e desenvoltos no MCER, a aprendizaxe e ensino de idiomas deben partir do concepto da lingua como vehículo de comunicación na realización de todo tipo de tarefas da vida real a través de actividades nas que cómpre actuar cos demais oralmente ou por escrito e utilizar as competencias comunicativas lingüísticas, pragmáticas, sociolingüísticas e socioculturais ao mesmo nivel. Deste xeito os obxectivos do curso abarcando e solapando as distintas destrezas (comprensión e expresión oral, escrita e interacción) deben coincidir coa consecución de tarefas reais e probables nos distintos eidos da vida cotiá e do contorno de intercambio internacional no que nos movemos no século XXI. Pola mesma razón, a metodoloxía debe asumir, citando o MCER “un enfoque comunicativo de acción e enfoque de aprendizaxe no uso ,” quere dicir, debe estar encamiñada ao desenvolvemento práctico e eficaz da competencia comunicativa a través da resolución efectiva e real de ditas tarefas e non só centrado nas competencias lingüísticas, senón tamén en todas as capacidades que o individuo, como axente social, debe utilizar para integrarse eficazmente noutra comunidade con lingua e cultura propias.

Neste enfoque é fundamental que as tarefas propoñan as situacións de

comunicación máis comúns da vida real e se practiquen nas clases da forma mais auténtica posible. Cómpre que os materiais utilizados sexan tamén auténticos na medida do posible. En calquera caso, débense buscar mostras de lingua oral e escrita que faciliten a adquisición das competencias necesarias para desenvolver cada tarefa comunicativa. Débense sempre seleccionar mostras nas que a relación entre forma, función e uso sexan transparentes. É necesario que este material contribúa ao desenvolvemento da auto-confianza do aprendiz no seu proceso de aprendizaxe. Así mesmo, proponse un enfoque metodolóxico procesual no aprendiz e nas súas necesidades na medida en que se terán en conta os intereses, ritmos, estilos de aprendizaxe, coñecementos previos do alumnado para a selección e secuenciación de tarefas e materiais, dentro do marco curricular en que se desenvolven os cursos.

O papel docente é de deseñar, presentar, impulsar e avaliar as actividades

comunicativas, e de orientar o aprendiz e facilitarlle a adquisición e activación das estratexias necesarias para unha aprendizaxe autónoma, desenvolvendo a súa capacidade de auto-avaliación e a asunción da súa propia responsabilidade no proceso, en colaboración cos demais membros do grupo tanto dentro como fóra da clase. Aínda que a aula é o espazo social de aprendizaxe, exposición e análise de logros, de acontecemento comunicativo, tamén se poden usar outros lugares para estas mesmas fins, ben sexa para investigar na biblioteca ou para realizar tarefas na sala de ordenadores. Ademais resulta interesante e motivador o uso doutros espazos onde a tarefa sexa real e non só simulada.

A avaliación é parte integral do proceso de aprendizaxe e serve para a valoración

de todos os factores que interveñen nel. É un instrumento para reflexionar, revisar, reorientar e reparar en todo momento todos os elementos do currículo (programacións, aula, materiais, actividades, etc.). Dadas as características do noso alumnado, é patente a

Page 84: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

84

necesidade de atención á diversidade de niveis de competencia, tanto xeral como por destrezas, de ritmos e intereses.

Cando se considere aconsellable intentaranse diversificar tamén as tarefas así como a forma de traballo dos alumnos para poder facilitar o progreso individual. A orientación e acción titorial do docente cara ao alumno estará integrada no proceso de aprendizaxe e avaliación dentro da aula, procurando o fomento da autonomía e reflexión acerca de como aprender de forma máis efectiva. Se for preciso, utilizarase o tempo reservado ás titorías.

Merecen mención especial, ademais dos recursos escritos e audiovisuais

tradicionais, os novos recursos, as TIC, cos que se traballará cada vez máis polo seu carácter auténtico, motivador e facilitador da práctica autónoma.

Neste enfoque integral queda patente que a competencia comunicativa non só

depende da capacidade de uso do idioma no seu aspecto gramatical, senón tamén no sociolingüístico, pragmático, intercultural e estratéxico. Todos estes elementos, xa sexan gramática, léxico, fonética, aspectos culturais, estratexias de aprendizaxe, etc., non son un fin en si mesmos senón ferramentas para lograr o que en último termo se pretende: unha comunicación eficaz.

De todo isto derívanse dous aspectos fundamentais: por unha parte, un enfoque

metodolóxico baseado no traballo por tarefas reais; e por outra parte, o papel do alumno como principal responsable da súa aprendizaxe e por tanto a súa capacidade para ser autónomo.

O emprego da lingua francesa nas clases será progresivo e converterase na

lingua vehicular das sesións de clase nos niveis máis altos. O recurso ao castelán e ao galego serán necesarios cando as dificultades de comprensión así o sinalen. Preferirase, en calquera caso, facer uso de paráfrases, procura de sinónimos ou a xestualidade coa fin de evitar o recurso á lingua nai. Porén, as actividades de mediación estarán incluídas nas nosas unidades didácticas coa fin de dar resposta a esa nova destreza recollida no MCER.

O Departamento ten programadas actividades específicas para cada curso a partir do que chamamos na programación fichas de traballo elaboradas e aportadas polo Departamento. Son fichas baseadas na lectura que poñen en marcha unha metodoloxía activa e participativa, que integran cuestionarios de comprensión (oral e escrita), que facemos en grupo, en parellas ou individualmente (lectura silenciosa), a partir de todo tipo de textos obtidos en diferentes fontes informativas (literarios, xornalísticos, publicitarios...), en soporte impreso ou electrónico.

Os principais materiais e recursos didácticos propios do Departamento de lingua

francesa son os seguintes:

LIBROS DE TEXTO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS 2020/2021

CURSO TÍTULO EDITORIAL ANO ISBN

3º ESO Promenade Livre de SM 2015 978-84-675-7799-0

Page 85: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

85

l’élève 3ESO Promenade Cahier d’activités 3ESO

SM

2015

978-84-675-7801-0

-Fichas de traballo preparadas e facilitadas polo Departamento, centradas nun tema concreto (a música, o deporte, a saúde…) que inclúe gramática, léxico, verbos, cultura e civilización, lectura, temas transversais, interdisciplinariedade. -Cintas de audio e vídeo (películas, cancións, relatos…). -Libros de lecturas curtas, revistas e xornais, dicionarios e libros de consulta ( do Departamento ou da Biblioteca). -Utilización dos ordenadores e de Internet. Citamos algunhas das páxinas web ás

que accederemos para consultas e exercicios. http://www.lepointdufle.net http://www.log.ccsf.cc.ca.us/ http://www2.sp.utexas.edu/fr/ http://www.didieraccord.com/ http://babelnet.sbg.ac.at/canalreve/ http://www.bonjourdefrance.com/ http://francais-affaires.com/ http://www.rfi.fr

BIBLIOGRAFÍA :

A) VOCABULARIO : AYKÜZ, Anne et alli (2000) : Exercices de vocabulaire en contexte. Niveau intermédiaire . Paris, Hachette. BOCHART-FIÈVEZ, Jeannine e Jean DELAHAUT (1990) : Richesse du vocabulaire. Paris, Duculot. ÉLUERD, Roland e Jacques FRANÇOIS (1991) : Vocabulaire expliqué du français. 350 exercices, textes et glossaires. Vanves, Hachette. FILPA-EKVALL, Dominique e Francis PROUILLAC (1986) : Vocabulaire illustré. 350 exercices. Niveau debutant. Vanves, Hachette. GALLIER, Thierry (2003) : Vocabulaire. 450 nouveaux exercices. Niveau intermédiaire. Paris, CLE International. GALLIER, Thierry (2003) : Vocabulaire. 450 nouveaux exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International. LEROY-MIQUEL, Claire e Anne GOLIOT-MARIE (1997) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau intermédiaire. Paris, CLE International.

Page 86: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

86

MIMRAN, Reine (2004) : Vocabulaire expliqué du français. Niveau débutant. Paris, CLE International. MIQUEL, Claire (1999) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau avancé. Paris, CLE International. MIQUEL, Claire (2002) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International. B) GRAMÁTICA :

BADY, J. e alii (1997) : Conjugaison. 350 exercices 1000 verbes à conjuguer. Paris, Hachette. BARNOUD, Catherine e Évelyne SIREJOLS (1992) : Grammaire.Entraînez-vous. Exercices 1. Niveau débutant. Paris, CLE International. BEAULIEU, Christian (2005) : Je pratique. Exercices de grammaire A1 . Paris, Didier. BOULARÈS, Michèle e Jean-Louis FRÉROT (2003) : Tests d’évaluation. Grammaire progressive du français. Niveau avancé . Paris, CLE International. BOULARÈS, Michèle e Jean-Louis FRÉROT (1997) : Grammaire progressive du français avec 400 exercices. Niveau avancé . Paris, CLE International. BOULARÈS, Michèle e Odile GRAND-CLÉMENT (2000) : Conjugaison progressive du français avec 400 exercices. Paris, CLE International. DELATOUR, Yves et alii (2004) : Nouvelle grammaire du français. Cours de civilisation française de la Sorbonne. Paris, Hachette. DELATOUR, Yves et alii (2000) : Grammaire pratique du français en 80 fiches. Paris, Hachette. GREVISSE, Maurice (1990) : Précis de grammaire française. Paris, Duculot. GRÉGOIRE, Maïa (1997) : Grammaire progressive du françias avec 400 exercices (CD-ROM inclus). Niveau débutant. Paris, CLE-International. GRÉGOIRE, Maïa e Odile THIÉVENAZ (1995) : Grammaire progressive du français avec 500 exercices. Paris, CLE International. JOB, Béatriz (2002) : La grammaire. Français : théorie et pratique . Madrid, Santillana.

C) ORTOGRAFÍA :

CHOLLET, Isabelle e Jean-Michel ROBERT (2004) : Ortographe progressive du français avec 400 exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International.

D) FONÉTICA :

CHARLIAC, Lucille e alii (2003) : Phonétique progressive du français avec 400 exercices. Paris, CLE International.

E) COMPETENCIAS COMUNICATIVAS MARCO COMÚN EUROPEO :

BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2006) : Compréhension orale. Niveau 1. Paris, CLE International.

Page 87: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

87

BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2006) : Compréhension orale. Niveau 2. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle (2006) : Expression orale. Niveau 3. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2005) : Expression orale. Niveau 1. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2005) : Expression orale. Niveau 2. Paris, CLE International. BLOOMFIELD, Anatole e alii (2006): DELF B2 200 activités. Paris, CLE International. BRETONNIER, Marie e alii (2007) : Les clés du nouveau DELF B2. Maisons des langues, Barcelona. CHEVALLIER-WIXLER, Dominique (2007) : Réussir le DALF. Niveaux C1 et C2. Paris, Didier. GODARD, Emmanuel (2007) : Les clés du nouveau DELF B1. Maisons des langues, Barcelona. KOBER-KLEINERT, Corinne e alii (2007) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence C1-C2. Paris, CLE International. LESCURE, Richard e alii (2005) : DELF A1. 150 activités. Paris, CLE International. LIRIA, Philippe e Jean-Paul SIGÉ (2005) : Les clés du nouveau DELF A1. Maisons des Langues, Barcelona. PARIZET, Marie-Louise e alii (2005) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence A2 . Paris, CLE International. PARIZET, Marie-Louise e alii (2005) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence A1 . Paris, CLE International. PATCHOD, Alain e Pierre-Yves ROUX (1999) : 80 fiches pour la production orale. Paris, Didier. POISSON-QUINTON, Sylvie (2004) : Expression écrite. Niveau 1. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2 . Compétences A2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2007) : Compréhension écrite. Niveau 3. Compétences B1. Paris, CLE International.

7. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN, INSTRUMENTOS DE

AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN. 7.1 Procedementos de avaliación 7.1.1. Avaliación inicial

Page 88: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

88

Nos primeiros días do curso escolar terá lugar unha proba específica sinxela -

oral ou escrita- para avaliar o grao de dominio dos contidos mínimos que se consideran imprescindibles para construíren sobre eles as novas aprendizaxes propias da materia. Esta proba non terá repercusión na cualificación da materia. Antes da sesión da avaliación inicial, mediante a observación directa nas clases, tamén se recollerá información das particularidades da forma de aprender de cada alumno/a (habilidades, estratexias e destrezas desenvolvidas, é dicir, manexo de procedementos) así como a información sobre o grao de integración social do alumno/a (consigo mesmo, cos compañeiros e compañeiras e co profesorado).

A avaliación levarase a cabo tendo en conta os diferentes elementos que constitúen o currículo, é dicir, as competencias básicas, os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación. 7.1.2. Avaliación ordinaria

Ao longo do curso realizaranse tres sesións de avaliación, unha por cada trimestre ( para cada curso un único exame que terá lugar en dúas sesións de clase en cada avaliación). A última destas avaliacións coincidirá coa avaliación final ordinaria do mes de xuño ( aprobar a terceira avaliación quere dicir acadar unha cualificación positiva en xuño). Para aqueles alumnos que non acadasen a cualificación de apto na terceira avaliación, haberá unha proba de recuperación que versará sobre os contidos mínimos da materia e que terá lugar na semana anterior á sesión de avaliación. 7.1.3. Avaliación extraordinaria

Coa lexislación vixente está previsto un exame extraordinario de setembro para

o alumnado que non acade unha cualificación positiva na convocatoria ordinaria de xuño. Na data de setembro que acorde o centro educativo realizarase un exame escrito, sendo necesario obter unha nota mínima de 5 para superalo. O alumnado que nesta convocatoria non acade cualificación positiva e promocione de curso, levará a materia pendente ( e aprobará automaticamente tan pronto aprobe unha avaliación do curso seguinte). Un alumno que non pode asistir a unha proba ou exame por causa xustificada terá dereito a facelo outro día, previa presentación do xustificante perante o titor do seu grupo.

7.2. Instrumentos de avaliación Para avaliar a materia poderanse utilizar os seguintes instrumentos :

-Probas escritas (de expresión e comprensión). Os exercicios destas probas serán semellantes aos feitos na clase no caderno e nas fichas de traballo. -Probas orais de lectura e/ou conversa ( de expresión e comprensión). -Realización e valoración das fichas temáticas de traballo individual feito na clase ou na casa. -Traballos feitos individualmente ou en grupo. -Valoración do caderno persoal de clase porque é un elemento importante para a progresión do alumno e do control adquirido.

Page 89: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

89

-Anotacións procedimentais derivadas da observación directa, capacidade organizativa, presentación dos traballos…etc. -Valoración da curiosidade e interese pola materia, da participación, da creatividade, investigación persoal e o esforzo. -Valorarase a autonomía na aprendizaxe, a capacidade do alumno para recompilar información, empregar libros de consulta, dicionarios e resolver as súas dúbidas.

Esquecer continuamente o material na casa, a falta de limpeza, orde ou materia no caderno persoal, a non entrega ao profesor das fichas de traballo e negarse a participar na clase serán obxecto de penalización na nota de clase que é de 20% do total da nota final.

7.3. Criterios de cualificación

A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado será continua, polo que implicará un seguimento do proceso e dos resultados das aprendizaxes ao longo de todo o curso. En cada avaliación intentarase que existan probas que recollan contidos da avaliación anterior, de xeito que se poida valorar a progresión do alumnado na materia. Facemos por trimestre un único exame ao final da avaliación ocupando dúas sesións de clase. Este exame comprende probas específicas orais e escritas (expresión e comprensión) que representan o 80% da nota da avaliación. Os exercicios destas probas serán semellantes aos realizados na clase (no caderno do alumno e nas fichas de traballo facilitadas polo departamento a cada alumno). Cada unha destas probas (que terán lugar en dúas sesións de clase diferentes) terá a seguinte estrutura :

a) Comprensión escrita (2,5 puntos) b) Comprensión oral (2,5 puntos) c) Expresión escrita (2,5 puntos) d) Gramática e vocabulario (2,5 puntos)

Cada unha destas probas supón un total de 10 puntos, e logo de sumar as notas das diferentes partes do exame, faise a correspondente operación matemática para que represente o 80% da nota. O outro 20% vén dado polos traballos feitos na clase ou na casa, en individual ou en grupo, a participación oral na clase, o interese e o esforzo. Na terceira avaliación, coa fin de mellorar a nota, os alumnos xa aptos teñen a posibilidade de facer un exame oral que, superado con éxito, permite obter un punto máis para a cualificación final.

8. MEDIDAS DE ATENCIÓN À DIVERSIDADE

Actualmente a lexislación sobre diversidade deixou de entendela como algo excepcional para convertela na norma: cada alumno é diverso e heteroxéneo, ten

Page 90: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

90

distintas características, necesidades, ritmos, estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais.

Para atender a este alumnado diverso temos que axustar a resposta educativa a cada alumno, de xeito que cubramos as necesidades individuais do conxunto global do alumnado. Todo un reto.

Precisamos poñer en xogo todos os elementos organizativos e metodolóxicos, coa fin de cubrir as necesidades educativas específicas ou non específicas que presenten os nosos alumnos. A atención á diversidade é responsabilidade de todos e cada un dos profesores do centro, asesorados polos profesionais da orientación e apoiados polas accións realizadas neste ámbito polos equipos directivos.

Educar na diversidade supón unha escola para todos, na que todos teñan cabida coas súas características individuais. Unha escola, na que se lle ofreza a cada un, aquilo que mellor lle axude a desenvolver a súa máxima potencialidade, partindo do que é. Unha escola capaz de desenvolver un conxunto de accións encamiñadas a previr e dar resposta as posibles necesidades de todo o alumnado do centro e, entre eles, a aquel que require unha actuación específica derivada das súas necesidades educativas especiais, de altas capacidades, de dificultades de aprendizaxe, da súa incorporación tardía ao sistema educativo, das súas condicións persoais ou de historia escolar.

Farase un seguimento individualizado do alumnado ao longo de todo o curso desde a avaliación inicial nas primeiras semanas de clase. Tomaranse as medidas axeitadas para acadar o obxectivo buscado: a consecución dos obxectivos pola parte dos alumnos. Estas medidas inclúen o tratamento de materiais complementarios no caso daqueles alumnos que amosen algunha dificultade puntual ou mesmo no caso de aqueles alumnos que polas súas circunstancias persoais teñan un contacto maior coa lingua estranxeira obxecto de estudo, que recibirán materiais complementarios de reforzo, afondamento e ampliación dos contidos mínimos vistos na clase.

Estas medidas de atención á diversidade serán desenvolvidas tanto no ensino presencial como no caso hipotético de que houbese que impartir parte do curso de maneira telemática ou semi-presencial. Barállase a posibilidade de establecer contacto vía telefónica con aqueles alumnos que non tivesen unha conexión boa que permitise o seguimento axeitado das actividades do curso.

A programación será aberta e flexible, para poder atender á diversidade do alumnado e tentar previr ou evitar a aparición de dificultades de aprendizaxe. Para iso é importante personalizar o proceso de ensinanza-aprendizaxe e fomentar que o alumnado traballe de xeito colectivo co obxecto de conseguir superar as deficiencias individuais. Trátase de que a diversidade se converta en riqueza e variedade e que os diferentes niveis converxan. Tentaremos alternar actividades de diferente nivel de dificultade para que todo o alumnado se sinta integrado na dinámica da clase, tratando de fomentar a súa confianza en si mesmo e animándoo a perseverar e a superar o medo ao erro. Propoñemos varias posibilidades:

a) Traballo de varios grupos en paralelo a partir de actividades propostas con axuda de fichas, propoñendo estratexias diferentes sinxelas, mostrándolle ao alumnado que os diferentes niveis se complementan en lugar de excluirse para que esta diversidade se converta en elemento de reflexión para aprender a aprender.

b) Propoñemos tamén un tratamento da diversidade a través de actividades de expresión oral ou escrita libre ou semi-libre, e en grupos ou subgrupos

c) Pequenos esquemas sobre aspectos claves de gramática d) Insistencia no traballo da expresión escrita

Page 91: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

91

e) Reforzo nos aspectos orais insistindo en situacións figuradas, conversacións sobre un tema concreto ou por medio de micro- debates Se coa práctica docente diaria se observase na aula a existencia de alumnos con especiais características tales que requirisen formulacións particulares, ofrecerase a estes alumnos/as, co apoio e asesoramento do Departamento de Orientación, vías adaptadas ás súas necesidades. Estas vías específicas buscarían o máximo desenvolvemento das súas capacidades para que puidesen acceder a metas iguais ás propostas aos seus compañeiros.

9. PROCEDEMENTO PARA A CUALIFICACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES E TRATAMENTO DOS CONTIDOS IMPRESCINDIBLES NON IMPARTIDOS NO CURSO 2019/2020

Non existen neste curso 2020/2021 alumnos que teñan a materia Segunda Lingua Estranxeira: Francés pendente do curso anterior. No que concirne os contidos imprescindibles non impartidos no terceiro trimestre do curso 2019/2020 por mor do confinamento causado pola pandemia do Covid, remitímonos ao que xa dixeramos na addenda da programación entregada en maio de 2020 e da memoria de fin de curso remitida á inspección educativa a finais de xuño de 2020. Os devanditos contidos do curso 2º de ESO serán impartidos nun total de catro sesións nas dúas primeiras semanas deste curso 2020/2021 nos meses de setembro e outubro.

10. CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS. EDUCACIÓN EN VALORES

Os contidos transversais fan referencia a certos valores morais e de convivencia que veñen recollidos na Constitución, como son a igualdade, democracia e tolerancia, e tamén aos contidos necesarios para que o alumnado se poida enfrontar a certas problemáticas da sociedade actual: saúde, desigualdade, medio ambiente… Estes temas, que se irán desenvolvendo e tratando nas unidades que sexan máis propicias e próximas a cada un deles, abranguen eidos como a Educación para a saúde, Educación moral e cívica, Educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos, Educación viaria, Educación ambiental, Educación do consumidor ou Educación para a paz. Os temas transversais son un conxunto de saberes baseados en actitudes, valores e normas, que dan resposta a algúns problemas sociais existentes na actualidade. Son uns contidos que non poden constituír unha sola área, e que han de ser tratados por todas elas de maneira global e programada, aínda que tamén poden ser tratados a través do currículo oculto, que cada docente, equipo ou centro transmite coas súas opinións.

O concepto da educación en valores é moi amplo, mais en termos xerais refírese ao conxunto de estratexias e de dinámicas de relacións que teñen como obxectivo formar en civismo e en modelos de convivencia baseados no respecto, a empatía e a igualdade.

Os Temas Transversais incorporáronse à educación como aspectos de noso mundo que deben ser abordados desde unha perspectiva moral. Os temas transversais supoñen unha oportunidade de globalizar o ensino e de realizar unha verdadeira programación interdisciplinar.

Page 92: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

92

A educación en valores é un concepto amplo e complexo, que esixe a implicación tanto dos ensinantes como tamén dos pais e nais e da sociedade en xeral. Educar en valores significa ampliar o alcance da educación de maneira que non só se limite ao ensino e á aprendizaxe de materias, habilidades e temarios, senón que tamén se presentan metas vencelladas ao ámbito moral e ao civismo, co obxectivo final de formar cidadáns responsables.

A través da educación en valores, inténtase profundar e enraizar unha cultura e unha maneira de ser e de se comportar baseadas no respecto aos demais, a inclusión e as ideas democráticas e solidarias.

Na nosa contorna, caracterizada pola complexidade social e a globalización económica e cultural, educar en valores convértese nunha cuestión esencial para formar cidadáns capaces de asumir os novos retos e de se comprometer activamente, xogando un papel activo e eficaz na construción dun mundo moito máis xusto, inclusivo, equitativo e intercultural.

Para que isto non quede nunha proposta de boas intencións nin nun elemento residual tratado moi poucas veces na clase, cómpre planificar a educación en valores con criterios serios, formais e obxectivos. As nosas unidades didácticas artéllanse coa educación moral e cívica como eixo principal, arredor do cal xiran de maneira transversal unha serie de temas. As nosas unidades didácticas inclúen:

A igualdade de oportunidades con independencia do sexo, raza, clase social, orixe, cultura, nacionalidade, relixión ou orientación sexual.

A valoración con espírito crítico dos valores que rexen na nosa sociedade: costumes, hábitos de consumo, produtos culturais.

Coñecemento e análise dos mecanismos que rexen a nosa sociedade. Énfase nos valores igualitarios. Rexeitamento das actitudes discriminatorias. Ensino de pautas de respecto do medio ambiente por parte das

comunidades e dos individuos. Importancia do desenvolvemento sostible nos ámbitos económicos,

sociais e culturais da vida do ser humano. Potenciación do lecer na contorna natural. Promoción da saúde como valor fundamental e recurso básico para o

desenvolvemento persoal e social. Estimulación da adquisición de hábitos e conductas saudables. Eliminación ou redución daqueles comportamentos que supoñen un risco

para a saúde. Traballo da educación para a saúde desde unha perspectiva dinámica,

persoal e colectiva. Coñecemento das características e comportamentos humanos no que

concirne a sexualidade. Elaboración na aula de programas efectivos para facer os alumnos

tolerantes coa sexualidade dos demais. Toma de conciencia do risco que supoñen certas prácticas sexuais en

ausencia de prevención. Coñecemento da importancia que ten para a seguridade do cidadán o

respecto ás normas e aos sinais de tráfico. Estimulación de hábitos de comportamento perante os accidentes de

tráfico coa fin de coñecer as estratexias básicas de primeiros auxilios.

Page 93: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

93

Creación de habilidades nas decisións vencelladas ao consumo. Promoción dun consumo lóxico e responsable, valorando os efectos

sobre o medio ambiente. Coñecemento dos dereitos e deberes dos consumidores.

11. CONTRIBUCIÓN AO PLAN ANUAL DE LECTURA

É evidente que esta materia contribúe a promover o hábito da lectura. En todas as unidades didácticas lense, discútense e analízanse textos de diferentes tipos e finalidades. Entre as actividades propostas ao longo do curso temos a lectura de diferentes textos, para que gocen coa lectura e, nalgúns casos, resolvan actividades sobre eles.

O plan anual de lectura e o proxecto lector garantirán a formación progresiva do alumno nas habilidades básicas da súa formación como individuos e cidadáns. Para iso, as diferentes tecnoloxías da información e comunicación dispoñibles para os estudantes utilizaranse cun enfoque funcional.

A formación integral na lectura require un traballo gradual e continuo, por iso traballaremos con diferentes tipoloxías discursivas, presentadas á súa vez en soportes variados. Entre as actividades específicas destinadas ao desenvolvemento do plan de lectura, están as seguintes:

- Actividades cotiás de comprensión e expresión lectora, orais e escritas. - Preparación de resumos e esquemas. - Lectura reflexiva de enunciados de preguntas e cuestionarios traballados na aula. - Lectura reflexiva e comentario de teoría lingüística e literaria. - Preparación de traballos, tarefas de investigación e proxectos que requiran o uso

de fondos da biblioteca do centro e / ou doutras bibliotecas. - Uso das ferramentas informáticas adecuadas para cada traballo ou proxecto. - Lectura e análise de textos comerciais e publicitarios, difundidos a través de

diferentes soportes - Lectura de textos e / ou libros relacionados co tema. - Ampliación e reforzo do tema traballado na aula. - Lectura e comentario crítico de textos. - Redacción de textos coherentes. - Fomento da creatividade do alumnado. - Interpretación de material gráfico. - Traballo con definicións de termos para facilitar a comprensión dos contidos e

enriquecer o léxico. - Presentacións orais e escritas baseadas en diversos criterios e finalidades.

12. CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA

O Departamento contribuirá ao desenvolvemento do Plan de Convivencia desenvolvido polo centro, colaborando con todos os proxectos e plans incluídos nel, á vez que realizará as súas propias achegas.

Obxectivos: - Establecer un marco de referencia que facilite as relacións, a comunicación e a

participación do alumnado nas actividades realizadas nesta área.

Page 94: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

94

- Promover os valores democráticos de solidariedade, tolerancia, colaboración e respecto ás persoas e ás ideas.

- Facilitar e previr manifestacións de violencia e actitudes e comportamentos xenófobos e racistas, rexeitando sempre a violencia como medio de resolución de conflitos. Actuacións:

- As relacións persoais rexeranse polo respecto mutuo, a comprensión, a aceptación e a tolerancia.

- Todos os membros da comunidade educativa deben: ser educados e amables no trato, pedir perdón cando sexa necesario, traballar con alegría e optimismo, non impoñer as nosas propias ideas, utilizar as regras básicas de cortesía, etc.

- Os profesores deben recoñecer os logros dos alumnos, celebrar os seus éxitos e aplicar un sistema de recompensas dirixido a consolidar a autoestima dos mozos.

- Comprender a educación actual e o seu compromiso cos valores básicos da vida en convivencia, é dicir, incorporar efectivamente valores éticos (xustiza, solidariedade, igualdade, tolerancia, respecto, paz ...) en proxectos educativos que favorezan e fagan posible unha sociedade máis humanizada e democrática.

- Toda a programación didáctica debe contemplar unha serie de contidos transversais compartidos por todas as áreas de coñecemento e que teñan unha carga de valor elevada. Estes contidos favorecerán a convivencia dos alumnos en tres niveis: na aula, no centro e no ámbito persoal e familiar, contribuíndo así á educación e á cultura de paz, así como ao pleno desenvolvemento do plan de convivencia do centro.

- Aumentar o grao de implicación e participación de todos os membros da comunidade educativa.

- Promover valores democráticos nas actividades propostas na aula, como debates, redacción de textos, exposicións, etc.

- Concienciar aos alumnos da importancia de coidar as instalacións, así como do seu mantemento e limpeza.

- Fomentar a reflexión sobre condutas contrarias ás regras de convivencia. - Aplicar unha metodoloxía que favoreza as habilidades persoais e a autonomía,

incluso nos procedementos de resolución de conflitos. - Analizar as regras de convivencia a través dos textos propostos.

13. CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC

O IES Cosme López Rodríguez ten, desde hai varios anos, un Plan TIC, grazas ao cal o profesorado deste departamento:

- Adoita facer uso da aula de medios audiovisuais: DVD, reprodutores de CD, ordenador, canón, taboleiro dixital ...

- Aproveita os recursos das Aulas Abalar. - Usa o material e os recursos en liña que proporciona a editorial SM. - Da preferencia ao desenvolvemento de actividades que aborden o tema a través

das TIC. - Familiariza aos alumnos co uso dos recursos propios da rede: blogs, consultas

web, etc. - Fai uso das TIC para ampliar os recursos didácticos: páxinas web relacionadas

co tema, dicionarios, enciclopedias ...

Page 95: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

95

- Promove a autonomía dos alumnos, proporcionándolles estratexias para obter e procesar información e para obter habilidades relacionadas coa busca e organización da mesma.

- En cada tema proporciona páxinas web que proporcionan información relacionada cos contidos da materia. Deste xeito, trátase de desenvolver habilidades de busca de información e aprendizaxe autónoma.

- Traballa habilidades básicas, incluída a competencia dixital e o tratamento da información, esenciais para o proceso de ensino-aprendizaxe.

- Proxecta vídeos documentais, animacións e outros materiais audiovisuais. - Realiza tarefas para as que son necesarias as TIC.

14. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Neste curso 2020/2021, o Departamento de Francés do IES Cosme López Rodríguez non levará a cabo actividades extraescolares que impliquen a saída do alumnado do centro durante o horario lectivo, tal e como se recolle nas instrucións dadas ao comezo do curso. A tradicional visita a Ourense para asistir a unha representación teatral da compañía de teatro Eina Escola no poderá polo tanto ter lugar. Deseñaranse na medida do posible as actividades complementarias necesarias que sexan compatibles co protocolo Covid establecido pola Consellería de Educación para os centros de ensino secundario. Agardaremos a ter máis información sobre actividades complementarias desenvolvidas de forma telemática que non implican presencialidade e que si son válidas para este curso académico.

Page 96: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

96

15. INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE

ELEMENTOS A AVALIAR

INDICADORES DE LOGRO

RESULTADO

Non conseguido Conseguido parcialmente Totalmente conseguido Programación Didáctica

Non se adapta ao contexto da aula Adáptase parcialmente ao contexto da aula Adáptase completamente ao contexto da aula

Plans de Mellora Non se adoptaron medidas de mellora tralos resultados académicos obtidos

Identifícaronse as medidas de mellora a adoptar tralos resultados académicos obtidos

Adoptáronse medidas de mellora segundo os resultados académicos obtidos

Medidas de atención á diversidade

Non se adoptaron as medidas de atención á diversidade axeitadas

Identificáronse as medidas de atención á diversidade a adoptar

Adoptáronse as medidas de atención á diversidade axeitadas

Temas transversais Non se traballaron todos os temas transversais na materia

Traballáronse a maioría dos temas transversais na materia

Traballáronse todos os temas transversais na materia

Programa de Recuperación

Non se estableceu un programa de recuperación para os alumnos

Iniciouse o programa de recuperación para os alumnos que o precisen

Estableceuse un programa de recuperación eficaz para os alumnos que o precisen

Obxectivos da materia

Non se acadaron os obxectivos da materia establecidos

Acadáronse parte dos obxectivos da materia establecidos para o curso

Acadáronse os obxectivos da materia establecidos para este curso

Competencias clave Non se desenvolveron a maioría das competencias clave relacionadas coa materia

Desenvolvéronse parte das competencias clave relacionadas coa materia

Acadouse o desenvolvemento das competencias clave relacionadas coa materia

Práctica docente A práctica docente non foi satisfactoria A práctica docente foi parcialmente satisfactoria

A práctica docente foi satisfactoria

Programas de mellora para a práctica docente

Non se deseñaron programas de mellora para a práctica docente

Identificáronse os puntos para deseñar un programa de mellora para a práctica docente

Deseñáronse programas de mellora para a práctica docente

Materiais e recursos didácticos

Os materiais e recursos didácticos non foron os axeitados

Os materiais e recursos didácticos foron parcialmente axeitados

Os materiais e recursos didácticos foron completamente axeitados

Distribución de espazos e tempos

A distribución dos espazos e tempos non foi axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

A distribución dos espazos e tempos foi parcialmente axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

A distribución dos espazos e tempos foi axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

Métodos didácticos e pedagóxicos

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados non contribuiron á mellora do clima da aula e do centro

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados contribuiron parcialmente á mellora do clima da aula e do centro

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados contribuiron á mellora do clima da aula e do centro

Resultados da avaliación

Os resultados da avaliación nesta materia non foron satisfactorios

Os resultados da avaliación nesta materia foron moderados

Os resultados da avaliación nesta materia foron satisfactorios

Page 97: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

97

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: FRANCÉS

4º ESO

CURSO 2020/2021

IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ

A RÚA DE VALDEORRAS

Page 98: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

98

ÍNDICE PROGRAMACIÓN 4º ESO

1. Introdución: Marco legal……………………………………………………….....…p. 99 2. Contextualización……………………………………………………......................p. 100

2.1. Composición do Departamento………………………………………...........p. 100 3. Contribución da materia ao logro das competencias básicas……………………....p. 101 4. Obxectivos da etapa ESO………………………………………………………......p. 102 5. Táboa de relacións: obxectivos, contidos, criterios de avaliación, estándares de

aprendizaxe, competencias e mínimos esixibles ……………………………….….p. 103 5.1. Táboa de relacións 4º ESO……………………………………………….….p. 103

5.1.1. Contidos e temporalización …………………………………………..p. 111 5.1.2. Concreción para cada estándar de aprendizaxe…………………….....p. 111

6. Concrecións metodolóxicas. Materiais e recursos didácticos……………………...p. 115 7. Procedementos de avaliación, instrumentos de avaliación e criterios de

cualificación……………………………………………………………………......p. 119 7.1. Procedementos de avaliación……………………………………………...…p. 119

7.1.1. Avaliación inicial……………………………………………………...p. 119 7.1.2. Avaliación ordinaria………………………………………………......p. 120 7.1.3. Avaliación extraordinaria………………………………………..........p. 120

7.2. Instrumentos de avaliación……………………………………………...........p. 120 7.3. Criterios de cualificación………………………………………………….….p. 121

8. Medidas de atención á diversidade…………………………………………............p. 121 9. Procedemento para a cualificación das materias pendentes e tratamento dos contidos

imprescindibles non impartidos no curso 2019/2020 .......……………………...….p. 123 10. Concreción dos elementos transversais. Educación en valores..................………...p. 123 11. Contribución ao Plan Anual de Lectura…………………………………………....p. 125 12. Contribución ao Plan de Convivencia……………………………………………...p. 125 13. Contribución ao Plan TIC…………………………………………………………..p. 126 14. Actividades complementarias e extraescolares………………………………….…p. 127 15. Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente………p. 128

Page 99: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

99

1. INTRODUCIÓN: MARCO LEGAL

Na elaboración desta programación didáctica debemos ter en conta: Lei Orgánica 8/2013 de 9 de decembro (B.O.E. do 10 de decembro de 2013)

para a Mellora da Calidade Educativa, que modifica a LOE. Orde ECD/65/2015, de 21 de xaneiro (B.O.E. do 29 de xaneiro de 2015), pola

que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a educación secundaria e o bacharelato.

Decreto 86/2015 de 25 de xuño (D.O.G. do 29 de xuño de 2015), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación en 1º, 2º 3º E 4º de E.S.O e 1º e 2º de Bacharelato no presente curso.

O Marco Común Europeo para as Linguas.

Unha das principais novidades que incorpora esta lei na actividade educativa vén derivada da nova definición de currículo, en concreto pola inclusión das denominadas competencias clave, un concepto relativamente novidoso no sistema educativo español e na súa práctica educativa. Polo que se refire, globalmente, á concepción que se ten de obxectivos, contidos, metodoloxía e criterios de avaliación, as novidades son as que produce, precisamente, a súa interacción coas citadas competencias, que van orientar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Aínda que en ocasións non se lle dea a importancia que se merece, o ensino nos

valores cívicos e éticos dunha sociedade democrática, libre, tolerante e plural é unha das finalidades prioritarias da educación, tal e como se pon de manifesto nos obxectivos desta etapa educativa e nos específicos de cada unha das súas distintas áreas de coñecemento, integrados transversalmente en todos os aspectos do currículo. Non debe esquecerse que a linguaxe, como instrumento de representación da realidade que é, pode ir asociado a estereotipos ou prexuízos culturais sobre determinados colectivos sociais, razón pola que debe insistirse en evitalos.

Estes aspectos foron tidos en conta á hora de organizar e secuenciar as unidades didácticas desta materia: a integración ordenada de todos os aspectos do currículo (entre os que incluímos as competencias básicas) é condición sine qua non para a consecución tanto dos obxectivos da etapa como dos específicos da materia. Deste modo, obxectivos, contidos, metodoloxía, competencias básicas e criterios de avaliación, forman unha unidade para o traballo na aula. No que se refire especificamente ao aspecto metodolóxico co que se debe desenvolver o currículo, en cada unha das unidades didácticas desta materia e curso dáse un equilibrio entre os diversos tipos de contidos que seguen orientando de maneira integrada e en interacción o proceso de ensinanza-aprendizaxe, xa que cada un deses contidos cumpre función distintas pero complementarias na formación integral do alumno. Deste xeito, a flexibilidade e a autonomía pedagóxica son características do proceso educativo, de maneira que o profesor pode empregar aqueles recursos metodolóxicos que mellor garantan a formación do alumno e o desenvolvemento pleno das súas capacidades persoais e intelectuais, sempre favorecendo a súa participación para que aprenda a traballar en autonomía e en equipo, de xeito que el mesmo constrúa o seu propio coñecemento. O ensino nos valores dunha sociedade democrática, libre,

Page 100: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

100

tolerante e plural segue a ser, como ata o de agora, unha das finalidades prioritarias da educación. Sabendo que non todos os alumnos poden seguir o mesmo ritmo de aprendizaxe, tanto polo seu propio desenvolvemento psicolóxico como por moi diversas circunstancias persoais e sociais, a atención á diversidade de alumnos e de situacións escolares convértese nun elemento fundamental da actividade educativa. Distintas actividades (tanto no libro de texto como no caderno de exercicios, e nos materiais de que dispón o profesor asociados a estes) pretenden dar resposta a esa ineludible realidade tan heteroxénea das aulas.

2. CONTEXTUALIZACIÓN

O instituto IES Cosme López Rodríguez conta neste curso 2020/2021 con 205 alumnos e está situado na localidade de A Rúa cunha poboación arredor de 4200 habitantes. Ademais recibe alumnado dos concellos de Petín, Larouco, O Bolo e Vilamartín de Valdeorras. Son todos concellos formados por un elevado número de asentamentos de poboación de reducido tamaño nos que se produciu un estancamento e mesmo un retroceso demográfico e un acusado avellentamento da poboación ata límites críticos nalgúns casos.

O territorio está vertebrado por unha infraestrutura de transporte caracterizada por redes lentas, de trazados antigos, sinuosos e deficientemente dotadas en medios técnicos, que comunican núcleos de poboación moi dispersos no espazo. Máis da metade do alumnado ten que facer uso do transporte escolar, o que condiciona a organización de todo tipo de actividades, sobre todo extraescolares.

A estrutura interna das economías familiares está diversificada. A estrutura agraria caracterízase por: avellentamento da poboación, crecemento vexetativo negativo, perda de iniciativas motivada por unha emigración secular, dispersión dos asentamentos de poboación, elevado número de explotacións agrarias que funcionan en réxime de autoconsumo, agricultura minifundista de policultivo tradicional.

A maioría das economías familiares, aínda que situadas nun medio rural, reciben ingresos de rendas xeradas fóra da actividade agraria: sector servizos pouco especializados e actividades relacionadas co sector louseiro cunha elevada taxa de desemprego. 2.1. Composición do Departamento

O departamento está composto por David Gómez Lago, funcionario de carreira do Corpo de Profesores de Ensino Secundario, con destino definitivo neste centro neste curso 2020/2021.

GRUPOS:

-1º ESO ( 2 grupos) (11 alumnos) (11 alumnos)

-2º ESO ( 2 grupos) (8 alumnos) (7 alumnos)

-3º ESO ( 1 grupo) (18 alumnos)

Page 101: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

101

-4º ESO ( 1 grupo) (15 alumnos)

-1º BAC (1 grupo) (8 alumnos) -2º BAC (1 grupo) (7 alumnos)

3. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Unha competencia supón a combinación de habilidades prácticas,

coñecementos, motivacións, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz. Polo tanto, as competencias considéranse como coñecemento na práctica, un coñecemento adquirido a través da participación activa en prácticas sociais que, como tales, poden ser desenvolvidas tanto no contexto educativo formal, a través do currículo, como nos contextos educativos formais e informais; conceptualízanse como “un saber facer” que se aplica a unha diversidade de contextos educativos, sociais e profesionais.

A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase polo seu carácter transversal, o seu dinamismo e o seu modo integral. A elaboración desta programación leva implícito, nas actividades propostas, a valoración do proceso de ensinanza-aprendizaxe en referencia ás oito competencias básicas entendidas como aprendizaxes imprescindibles. Ao abeiro da LOMCE, as oito competencias básicas convértense en sete competencias clave.

Competencia en comunicación lingüística (CCL): consiste en utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación. Na programación dos catro cursos da ESO e Bacharelato está competencia está baseada en:

1. Expresar pensamentos, opinións e sentimentos.

2. Estruturar o coñecemento e dar coherencia ao discurso.

3. Gozar coa lectura, a expresión (oral e escrita) e escoitando.

4. Comunicarse dentro da realidade, é dicir, utilizar a linguaxe de forma funcional, como ferramenta para a resolución das propias necesidades.

5. Utilizar códigos e habilidades lingüísticas e adaptar a comunicación ó contexto.

6. Reflexionar sobre o funcionamento da lingua e as normas da mesma.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

(CMCCT): a programación inclúe fichas de traballo destinadas á aprendizaxe dos números e a habilidade para utilizalos, para coñecer algúns símbolos de expresión matemática, para resolver problemas sinxelos relacionados coa vida diaria referida á ciencia, tecnoloxía e, en xeral, co mundo laboral.

Competencia dixital (CD): consiste en buscar, obter, procesar e comunicar

información para transformala en coñecemento. A programación inclúe

Page 102: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

102

actividades de traballo, relacionadas co manexo de distintas ferramentas tecnolóxicas dirixidas a seleccionar e tratar a información.

Competencia social e cívica (CSC): para comprender a realidade social na que

se vive, cooperar, convivir de xeito democrático e tolerante e contribuír á mellora social, a programación propón, aspectos encamiñados a aprender a valorarse e coñecerse un mesmo, a tomar decisións con responsabilidade, a admitir as consecuencias das mesmas, a valorar a contorna, expresarse e escoitar, recoñecer as diferencias e valorar a igualdade e resolver os conflitos con coherencia e responsabilidade.

Competencia de conciencia e expresións culturais (CCEC): a programación

inclúe, actividades para coñecer, comprender, apreciar e valorar as manifestacións artísticas e culturais e tamén actividades destinadas a poñer en funcionamento a imaxinación e a creatividade en temas relacionados co patrimonio dos pobos, a moda, os gustos, o pensamento etc.

Competencia para aprender a aprender (CAA): todas as actividades

previstas están encamiñadas a adquirir habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de seguir aprendendo de xeito máis autónomo e eficaz de acordo cos propios obxectivos e necesidades, así como chegar a ser consciente das propias capacidades (intelectuais, emocionais e físicas), desenvolver un sentimento de competencia persoal baseado na motivación, confianza nun mesmo e gusto por aprender, ser consciente das capacidades que entran en xogo como: atención, concentración, memoria, expresión, comprensión etc., desenvolver estratexias e técnicas de estudio como planificación, observación, traballo en grupo etc.

Competencia no sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE): a

metodoloxía aplicada estará directamente en relación co feito do que o alumnado chegue a ser consciente dos valores e actitudes persoais, aprender dos erros e asumir riscos. En todas as actividades o alumno poderá elixir criterio propio, partir da análise das súas posibilidades e limitacións, adquirir unha visión estratéxica, ter unha actitude positiva para relacionarse, colaborar ou buscar axuda e solucións.

4. OBXECTIVOS DE ETAPA ESO

Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no

respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de

Page 103: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

103

sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller.

Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.

Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en diversos campos do coñecemento e da experiencia.

Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura.

Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada.

Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo.

Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social.

Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e á súa mellora.

Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

Coñecer e valorar a importancia do uso do noso idioma como elemento fundamental para o mantemento da nosa identidade, e como medio de relación interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que nos comunica con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade lusófona.

Page 104: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

104

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 4º ESO OBXECTIV

OS

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS

CLAVE BLOQUE 1: COMPRENSIÓN DE TEXTOS ORAIS -a -c -d -i d

-B.1.1. Estratexias de comprensión das mensaxes orais : --Mobilización da información previa sobre o tipo de tarefa e o tema. --Identificación do t ipo textual, adaptando a comprensión a el. --Distinción de tipos de comprensión (sentido xeral, información esencial e puntos principais). --Formulación de hipóteses sobre contido e contexto. --Inferencia e formulación de hipóteses sobre significados a partir da comprensión de elementos significativos, lingüísticos e para-lingüísticos (acenos, entoación, etc.). --Inferencia e formulación de hipóteses sobre significados a partir do coñecemento doutras linguas e de elementos non lingüísticos (imaxes, música, etc.). --Reformulación de hipóteses a partir da comprensión de novos elementos. -B.1.2. Tolerancia da comprensión parcial ou vaga nunha situación comunicativa. -B.1.3. Perseveranza no logro da comprensión oral, escoitando unha vez e outra o texto gravado ou solicitando repeticións do dito.

-B.1.1. Coñecer e saber aplicar as estratexias máis adecuadas para a comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais, ou os detalles relevantes do texto. -B.1.2. Identificar a información esencial, os puntos principais e os detalles máis relevantes en textos orais breves e ben estruturados, transmitidos de viva voz ou por medios técnicos e articulados a velocidade lenta, nun rexistro formal, informal ou neutro, e que versen sobre asuntos cotiáns en situacións habituais ou sobre temas xerais ou do propio campo de interese nos ámbitos persoal, público e educativo, sempre que as condicións acústicas non distorsionen a mensaxe e se poida volver escoitar o dito. -B.1.3. Comprender o esencial en situacións que impliquen a solicitude de información xeral (datos persoais básicos, lugares, horarios, datas, prezos, cantidades e actividades cotiás, etc.), sempre que se fale con lentitude e con claridade. -B.1.4. Comprender o esencial en conversas sinxelas, básicas e breves sobre descricións, narracións, puntos de vista e opinións relativas a temas frecuentes e de necesidade inmediata relativas ao ámbito persoal, sempre que se fale con lentitude, articulando de forma clara e comprensible, e se a persoa interlocutora está disposta a repetir ou a reformular o dito. -B.1.5. Comprender o sentido xeral e a información moi relevante e sinxela de presentacións sinxelas e ben estruturadas sobre temas familiares e predicibles, previamente traballados, e de programas de televisión tales como boletíns meteorolóxicos ou informativos, sempre que as imaxes porten gran parte da mensaxe.

-SLEB 1.1. Nas actividades de aula, persevera no seu proceso de comprensión, axustándoo ás necesidades da tarefa (de comprensión global, lectiva ou detallada) e mellorándoo, se ser o caso : facendo anticipacións do que segue (palabra, frase, resposta, etc.) e inferindo o que non se comprende e o que non se coñece mediante os propios coñecementos e as experiencias noutras linguas.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC

-SLEB 1.2. Capta os puntos principais e os detalles salientables de indicacións, anuncios, mensaxes e comunicados breves e articulados de xeito lento e claro (por exemplo, por megafonía, ou nun contestador automático), sempre que as condicións acústicas sexan boas e o son non estea distorsionado.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC -CD

-SLEB 1.3. Comprende, nunha conversa formal ou nunha entrevista na que participa (por exemplo, nun centro docente), preguntas sobre asuntos persoais ou educativos (datos persoais, intereses, preferencias e gustos persoais e educativos, coñecemento ou descoñecemento, etc.), así como comentarios sinxelos e predicibles relacionados con estes, sempre que poida pedir que se lle repita, aclare ou elabore algo do que se lle dixo.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC -CD

-SLEB 1.4. Entende información relevante do que se lle di en transaccións e xestións cotiás e estruturadas (por exemplo, en hoteis, tendas, albergues, restaurantes, espazos de lecer ou centros docentes), sempre que se fale amodo e con claridade.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC

-SLEB 1.5. Comprende, nunha conversa informal na que participa descricións, narracións, puntos de vista e opinións formulados de xeito simple sobre asuntos prácticos da vida diaria e sobre temas do seu interese, cando se lle fala con claridade, amodo e directamente, e se a persoa interlocutora está disposta a repetir ou reformular o dito.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC

-SLEB 1.6. Identifica a información esencial de programas de televisión e presentacións sinxelas e ben estruturadas sobre asuntos cotiáns ou do seu interese familiares e predicibles articulados con lentitude e claridade (por exemplo, noticias, documentais ou entrevistas), cando as imaxes portan gran parte da mensaxe.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC -CD

Page 105: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

105

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 4º ESO OBXECTIVOS

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE

BLOQUE 2: PRODUCIÓN DE TEXTOS ORAIS -a -c -d -i

-B.2.1. Estratexias de produción De planificación : identificar o contexto, o destinatario e a finalidade da produción ou da interacción ou adecuar o texto ao destinatario, ao contexto e á canle, escollendo os expoñentes lingüísticos precisos para acadar a intención comunicativa. De execución : concibir a mensaxe con claridade, distinguindo a idea ou as ideas principais e a súa estrutura básica, activar os coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados, expresar a mensaxe con claridade, coherencia básica, estruturándoa adecuadamente e axustándose, de ser o caso, aos modelos e as fórmulas de cada tipo de texto memorizados e traballados na clase previamente, reaxustar a tarefa (emprender unha versión máis modesta) ou da mensaxe (limitar o que realmente lle gustaría expresar) tras valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles e compensar as carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos (modificar palabras de significado parecido, definir ou parafrasear un termo ou expresión, usar a lingua nai ou estranxeirizar palabras da lingua meta e pedir axuda) e para-lingüísticos (sinalar obxectos, usar deícticos ou realizar accións que aclaren o significado, usar linguaxe corporal culturalmente pertinente como acenos, expresións faciais, posturas e o contacto visual ou corporal e usar elementos cuasi-léxicos de valor comunicativo). -B.2.2. Actitude de respecto cara si mesmo/a e cara as outras persoas para comprender e para facerse comprender. -B.2.3. Rutinas e modelos elementais de interacción segundo o tipo de situación de comunicación.

-B.2.1. Pronunciar de maneira intelixible, aínda que se cometan erros de pronuncia polos que as persoas interlocutoras teñan que solicitar repeticións para entender a mensaxe. -B.2.2. Coñecer e saber aplicar as estratexias máis adecuadas para producir textos orais monolóxicos ou dialóxicos breves e de estrutura moi simple e clara, utilizando, entre outros, procedementos como a adaptación da mensaxe a patróns da primeira lingua ou outras, ou o uso de elementos léxicos aproximados, se non se dispón doutros máis precisos. -B.2.3. Intercambiar de xeito intelixible información sobre transaccións e xestións cotiás moi habituais, usando un repertorio básico de palabras e frases simples memorizadas, e facéndose comprender aínda que a persoa interlocutora necesite que se lle repita ou repetir o dito. -B.2.4. Producir textos breves e comprensibles, tanto en conversa cara a cara como por teléfono ou por outros medios técnicos, nun rexistro neutro ou informal, cunha linguaxe sinxela. B.2.5. Dar, solicitar e intercambiar información sobre temas de importancia na vida cotiá e asuntos coñecidos ou de interese persoal, educativo ou ocupacional, e xustificar brevemente os motivos de determinadas accións e plans, aínda que ás veces haxa interrupcións ou vacilacións, resulten evidentes as pausas e a reformulación para organizar o discurso e seleccionar expresións e estruturas, e a persoa interlocutora teña que solicitar ás veces que se lle repita o dito.

-SLEB 2.1. Fai presentacións breves e ensaiadas, seguindo un esquema lineal e estruturado, sobre aspectos concretos de temas do seu interese ou relacionados cos seus estudos, e responde a preguntas previsibles breves e sinxelas de oíntes sobre o contido destas.

CCL CAA CSC CCEC

-SLEB 2.2. Participa en conversas informais breves e sinxelas, cara a cara ou por teléfono, ou por outros medios técnicos, nas que establece contacto social básico, intercambia información e expresa de xeito sinxelo opinións e puntos de vista, fai invitacións e ofrecementos, pide e ofrece cousas, pide e da indicacións ou instrucións, ou discute os pasos que hai que seguir para realizar unha actividade conxunta, facéndose comprender aínda que a persoa interlocutora necesita que se repita ou repetir o dito.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 2.3. Desenvólvese coa debida corrección en xestións e transaccións cotiás, como son as viaxes, o aloxamento, o transporte, as compras e o lecer (horarios, datas, prezos, actividades, etc.), seguindo normas de cortesía básicas (saúdo e tratamento), facéndose comprender aínda que a persoa interlocutora necesite que se repita ou repetir o dito.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 2.4. Desenvólvese de xeito simple pero suficiente nunha conversa formal, nunha reunión ou nunha entrevista (por exemplo, para realizar un curso de verán), achegando información relevante, expresando de xeito sinxelo as súas ideas sobre temas habituais, dando a súa opinión sobre problemas prácticos cando se lle pregunta directamente, e reaccionando de forma simple ante comentarios, sempre que poida pedir que se lle repitan os puntos clave, se o necesita.

CCL CAA CSC CCEC CD

Page 106: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

106

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 4º ESO OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS

CLAVE BLOQUE 3: COMPRENSIÓN DE TEXTOS ESCRITOS

a c d e i

-B.3.1. Estratexias de comprensión : Mobilización de información

previa sobre o tipo de tarefa e o tema, a partir da información superficial : imaxes, organización na páxina, t ítulos de cabeceira, etc.

Identificación do tipo de lectura demandado pola tarefa (en superficie ou oceánica, selectiva, intensiva ou extensiva).

Distinción de tipos de comprensión necesarios para a realización da tarefa (sentido xeral, información esencial e puntos principais).

Formulación de hipóteses sobre contido e contexto.

Inferencia e formulación de hipóteses sobre significados a partir da comprensión de elementos significativos, lingüísticos e para-textuais, e do coñecemento e as experiencias noutras linguas.

Reformulación de hipóteses a partir da comprensión de novos elementos.

-B.3.2. Soletreo e asociación de grafía, pronuncia e significado a partir de modelos escritos e expresións orais coñecidas.

-B.3.1. Utilizar estratexias de lectura (recurso ás imaxes, títulos e outras informacións visuais, e aos coñecementos previos sobre o tema ou a situación de comunicación, e aos transferidos desde as linguas que coñece), identificando a información máis importante e deducindo o significado de palabras e expresións non coñecidas. -B.3.2. Seguir instrucións e consignas básicas sinxelas e predicibles, referidas a necesidades inmediatas e con apoio visual.. -B.3.3. Comprender información relevante e previsible en textos informativos ou narrativos breves, sinxelos e ben estruturados, relativos a experiencias e a coñecementos propios da súa idade e do seu nivel escolar. -B.3.4. Identificar a información esencial, os puntos máis relevantes e detalles importantes en textos, tanto en formato impreso como en soporte dixital, breves e ben estruturados, escritos nun rexistro formal ou neutro, que traten de asuntos cotiáns, de temas de interese ou relevantes para os propios estudos e as ocupacións, e que conteñan estruturas sinxelas e un léxico de uso común.

-SLEB 3.1. Capta o sentido xeral e algúns detalles importantes de textos xornalísticos breves, en calquera soporte e sobre temas xerais ou do seu interese e moi coñecidos, se os números, os nomes, as ilustracións e os títulos constitúen grande parte da mensaxe.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 3.2. Identifica, con axuda da imaxe, instrucións xerais breves e sinxelas de funcionamento e manexo de aparellos de uso cotián, así como instrucións claras para a realización de actividades e normas de seguridade básicas.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 3.3. Comprende correspondencia persoal sinxela, en calquera formato, na que se fala de si mesmo/a ; se describen persoas, obxectos, lugares e actividades; se narran acontecementos presentes, pasados e futuros, e se expresan de xeito sinxelo sentimentos e desexos e opinións sobre temas xerais, coñecidos ou do seu interese.

CCL CAA CSC CCEC

-SLEB 3.4. Entende o esencial de correspondencia formal na que se informa sobre asuntos do seu interese no contexto persoal ou educativo (por exemplo, sobre unha bolsa para realizar un curso de idiomas).

CCL CAA CSC CCEC

-SLEB 3.5. Entende información específica esencial en páxinas web e outros materiais de referencia ou consulta claramente estruturados sobre temas relativos a asuntos do seu interese, sempre que poida reler as seccións difíciles.

CCL CAA CSC CCEC CD

Page 107: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

107

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 4º ESO OBXECTIV

OS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCI

AS CLAVE BLOQUE 4: PRODUCIÓN DE TEXTOS ESCRITOS

a c d i

-B.4.1. Estratexias de produción Planificación : mobilización e coordinación das

propias competencias xerais e comunicativas co fin de realizar eficazmente a tarefa (repasar o que xa se sabe sobre o tema, o que se pode ou se quere dicir, etc.), localización e uso adecuado de recursos lingüísticos ou temáticos (uso dun dicionario ou dunha gramática, obtención de axuda, etc.) e uso de elementos coñecidos obtidos de modelos moi sinxelos de textos escritos, para elaborar os propios textos.

Execución : elaboración dun borrador seguindo textos modelo, estruturación do contido do texto, organización do texto en parágrafos curtos abordando cadansúa idea principal conformando entre todos o seu significado ou a idea global, expresión da mensaxe con claridade axustándose aos modelos e ás fórmulas de cada tipo de texto, reaxuste da tarefa (emprender unha versión máis modesta) ou da mensaxe (facer concesións no que realmente lle gustaría expresar) tras valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles e o recurso aos coñecementos previos (empregar frases feitas e locucións do tipo “Agora volvo”, “Botar unha man”, etc.).

Revisión : identificación de problemas, erros e repeticións, atención ás convencións ortográficas e aos signos de puntuación, presentación coidada do texto (marxes, limpeza, tamaño da letra, etc.) e reescritura definitiva.

-B.4.1. Aplicar estratexias básicas para producir textos (elección da persoa destinataria, finalidade do escrito, planificación, redacción do borrador, revisión do texto e versión final) a partir de modelos moi estruturados e traballados previamente. -B.4.2. Completar documentos básicos nos que se solicite información persoal ou relativa aos seus estudos ou á súa formación. -B.4.3. Escribir mensaxes sinxelas e breves con información, instrucións e indicacións moi básicas relacionadas con actividades cotiás do seu interese. -B.4.4. Producir textos curtos a partir de modelos sinxelos e básicos, actuando, como mediación lingüística, de ser o caso (adecuado ao seu nivel escolar) e amosando interese pola presentación limpa e ordenada do texto. -B.4.5. Escribir, en papel ou en soporte electrónico, textos breves, sinxelos e de estrutura clara sobre temas cotiáns ou do seu propio interese, nun rexistro formal ou neutro, utilizando adecuadamente os recursos básicos de cohesión, as convencións ortográficas básicas e os signos de puntuación máis comúns, cun control razoable de expresións e estruturas sinxelas e un léxico de uso frecuente.

-SLEB 4.1. Escribe correspondencia persoal breve na que se establece e mantén o contacto social (por exemplo, con amigos/as noutros países), na que se intercambia información, se describe en termos sinxelos sucesos importantes e experiencias persoais, se dan instrucións e se fan e aceptan ofrecementos e suxestións (por exemplo, cancelación, confirmación ou modificación dunha invitación ou duns plans) e se expresan opinións de xeito sinxelo.

CCL CAA CSC CCEC

-SLEB 4.2. Completa un cuestionario sinxelo con información persoal e relativa á súa formación, aos seus intereses ou ás súas afeccións (por exemplo, para subscribirse a unha publicación dixital).

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 4.3. Escribe notas e mensaxes en diferentes soportes, nos que fai comentarios moi breves ou dá instrucións e indicacións relacionadas con actividades e situacións da vida cotiá e do seu interese, respectando as convencións e as normas de cortesía máis importantes.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 4.4. Escribe correspondencia formal básica e breve, dirixida a institucións públicas ou privadas ou a entidades comerciais, fundamentalmente para solicitar información, respectando as convencións formais e as normas de cortesía básicas deste tipo de textos, cunha presentación do texto limpa e ordenada.

CCL CAA CSC CCEC CD

Page 108: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

108

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 4º ESO OBXECTIVOS

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE

BLOQUE 5: COÑECEMENTO DA LINGUA E CONSCIENCIA INTERCULTURAL E PLURILINGÜE -a -c -d -i -o

-B.5.1. Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos : sons e fonemas vocálicos, sons e fonemas consonánticos e as súas agrupacións, procesos fonolóxicos máis básicos e acento tónico dos elementos léxicos illados e na oración. -B.5.2. Patróns gráficos e convencións ortográficas : uso das normas básicas da ortografía da palabra e utilización adecuada da ortografía da oración (coma, punto e coma, puntos suspensivos, parénteses e comiñas). -B.5.3. Aspectos socioculturais e sociolingüísticos : recoñecemento e uso de convencións sociais básicas e normas de cortesía propias da súa idade e de rexistros informal e estándar, e da linguaxe non verbal elemental na cultura estranxeira. Achegamento a algúns aspectos culturais visibles : hábitos, horarios, actividades ou celebracións máis significativas; condicións de vida elementais (vivenda); relacións interpersoais (familiares, de amizade ou escolares), comida, lecer, deportes, comportamentos proxémicos básicos, lugares máis habituais, etc.; e a costumes, valores e actitudes moi básicos e máis evidentes sobre aspectos propios da súa idade nos países onde se fala a lingua estranxeira. Identificación de algunhas similitudes e diferenzas elementais e máis significativas nos costumes cotiáns entre os países onde se fala a lingua estranxeira e o noso. Actitude receptiva e respectuosa cara as persoas, os países e as comunidades lingüísticas que falan outra lingua e teñen unha cultura diferente á propia. -B.5.4. Plurilingüismo : identificación de similitudes e diferenzas entre as linguas que coñece para mellorar a súa aprendizaxe e lograr unha competencia comunicativa integrada. Participación en proxectos nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais, e valorando positivamente as competencias que posúe como persoa plurilingüe. -B.5.5. Funcións comunicativas. Iniciación e mantemento de relacións persoais e sociais básicas propias da súa idade. Descrición de calidades físicas e abstractas moi básicas de persoas, obxectos, lugares e actividades. Narración de acontecementos e descrición de estados e situacións presentes, e expresión moi básica de sucesos futuros. Petición e ofrecemento de información e indicacións, e expresión moi sinxela de opinións e advertencias. Expresión do coñecemento, o descoñecemento e a certeza. Expresión da vontade, a intención, a orde, a autorización e a prohibición. Expresión do interese, a aprobación, o aprecio, a satisfacción e a sorpresa, así como os seus contrarios. Establecemento e mantemento básicos da comunicación e a organización elemental do discurso. -B.5.6. Léxico oral e escrito básico de uso común relativo a : identificación persoal elemental; vivenda, fogar e contexto; actividades básicas da vida

-B.5.1. Discriminar patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación de uso máis común, recoñecendo os seus significados evidentes, e pronunciar e entoar de xeito claro e intelixible con razoable comprensibilidade, malia o acento estranxeiro moi evidente ou erros de pronuncia que non interrompan a comunicación, e que as persoas interlocutoras teñan que solicitar repeticións de cando en vez. -B.5.2. Recoñecer e utilizar as convencións ortográficas básicas, t ipográficas e de puntuación, así como abreviaturas e símbolos de uso común, e os seus significados asociados, con corrección suficiente para o seu nivel escolar. -B.5.3. Utilizar para a comprensión e a produción de textos orais e escritos os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos relativos á vida cotiá (hábitos de estudo e de traballo, actividades de lecer, incluídas manifestacións artísticas como a música ou o cine), condicións de vida e contorno, relacións interpersoais (entre homes e mulleres, no traballo, no centro docente, nas institucións, etc.), e condicións sociais (costumes e tradicións), respectando as normas de cortesía máis básicas nos contextos respectivos. -B.5.4. Producir textos e inferir o significado probable de palabras ou frases que descoñece a partir das experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece.

-SLEB 5.1. Produce léxico e estruturas básicas intelixibles no oral e na escrita, e trazos fonéticos que distinguen fonemas (nasalización, sonorización, etc.), e utiliza con eficacia comunicativa patróns básicos de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

CCL CD CAA CCEC

-SLEB 5.2. Utiliza adecuadamente as convencións orais e escritas básicas propias da lingua estranxeira no desenvolvemento do proceso comunicativo oral e escrito (saúdos, despedidas, fórmulas básicas de tratamento, etc.) e amosa respecto e interese polas diferenzas culturais que poidan existir.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 5.3. Nas actividades de aula, pode explicar o proceso de produción de textos e de hipóteses de significados tomando en consideración os coñecementos e as experiencias noutras linguas.

CCL CAA CSC CCEC

-SLEB 5.4. Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

CCL CAA CSC CCEC CD CSIEE

-SLEB 5.5. Comprende e comunica o propósito solicitado na tarefa ou ligado a situacións de necesidade inmediata da aula (pedir ou dar información, agradecer, desculparse, solicitar algo, invitar, etc.) utilizando adecuadamente as estruturas sintáctico-discursivas e o léxico necesarios,

CCL CAA CSC CCEC

Page 109: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

109

diaria; familia e amizades; traballo, tempo libre, lecer e deporte; vacacións; saúde máis básica e coidado físicos elementais; educación e estudo; compras básicas; alimentación e restauración; transporte, tempo meteorolóxico e tecnoloxías da información e da comunicación. Expresións fixas, enunciados fraseolóxicos moi básicos e moi habituais (saúdos, despedidas, preguntas por preferencias, expresións sinxelas de gustos), e léxico sobre temas relacionados con contidos moi sinxelos e predicibles dos outras áreas do currículo. -B.5.7. Estruturas sintáctico-discursivas propias de cada idioma.

-B.5.5. Participar en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro docente, relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais. -B.5.6. Distinguir e levar a cabo as funcións demandadas polo propósito comunicativo mediante os expoñentes básicos das devanditas funcións e os patróns discursivos de uso máis habitual, así como os seus significados asociados (por exemplo, utilizar unha estrutura interrogativa para facer unha suxestión); utilizar un repertorio léxico suficiente para comunicar no seu nivel escolar, empregar para comunicarse mecanismos sinxelos bastante axustados ao contexto e á intención comunicativa (repetición léxica, elipse, deíxe espacial e temporal, xustaposición, e conectores e marcadores discursivos moi frecuentes) sempre que sexan traballados na clase previamente.

propios do seu nivel escolar e traballados previamente.

Page 110: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

110

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 4º ESO

CONTIDOS SINTÁCTICO-DISCURSIVOS: FRANCÉS

-Expresión de relacións lóxicas : conxunción (non seulement...mais aussi), disxunción (ou bien), oposición / concesión (cependant), causa (car), finalidade (de façon à / de manière à + infinitif), comparación (le meilleur, le mieux, le pire, aussi + adj / adv ...que : Il n’est pas aussi intelligent que toi), consecuencia (alors, donc), explicativas (ainsi, car). -Relacións temporais (puis, finalement, tout de suite, enfin, pendant, pendant que + indicatif). -Exclamación (Comment, quel, quelle, quels, quelles, C’est parti). -Negación : ne...jamais, ne...rien, ne...personne, ne...plus. -Interrogación : et alors?, à quoi bon?, quel, quelle, quels, quelles pronomes interrogativos (ex, lequel, laquelle, etc.), Ah bon?, Moi non, Moi non plus).

-Expresión do tempo : presente (verbos irregulares), pasado (passé composé, imparfait) futuro (futur proche, futur simple), condicional (fórmulas de cortesía e consello). -Expresión do aspecto : puntual (frases simples), durativo ( en + date) habitual (parfois, jamais); incoativo (futur proche), terminativo (passé récent). -Expresión da modalidade : factualidade; capacidade (arriver à faire), posibilidade / probabilidade (il est probable que, probablement), necesidade; obriga, prohibición (c’est à qui de...?, c’est à pronom tonique / nom de + infinitif, interdit de), permiso; intención / desexo (décider de faire quelque chose, j’aimerais beaucoup faire quelque chose). Cortesía

-Expresión da existencia (presentativos), da entidade (artigos, morfoloxía, prefixos anti-, hyper- e sufixos –ette, -elle, pronomes persoais, pronomes demostrativos, pronomes persoais OD e OI, en, y, proposicións adexectivais où / dont), a cualidade, a posesión (adxectivos posesivos). -Expresión da cantidade (plurais irregulares; número cardinais; números ordinais, artigos partitivos). Adverbios de cantidade e medidas (beaucoup de, quelques, quelques-uns, tout le monde, plein de, plusieurs), o grao.

-Expresión do espazo : prépositions et adverbes de lieu, position, distance, mouvement, direction, provenance, destination, pronom y. -Expresión do tempo : puntual (tout à l’heure, à ce moment-là, au bout de), divisións (sémestre, périods, au moment où), indicacións de tempo (la semaine dernière, le mois dernier), duración (encore, ne...plus), anterioridade (déjà, ça fait...que), secuenciación (puis, enfin), simultaneidade (pendant, alors que), frecuencia (toujours, souvent, pas souvent, parfois, jamais). -Expresión do modo (adverbes de manière en –ment).

Page 111: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

111

UNIDADE DO LIBRO

Nº DE SESIÓNS E TEMPORALIZACIÓN

OBXECTIVOS TAREFAS CONTIDOS CONTIDOS MÍNIMOS

DOSSIER 0

“BIENVENUE DANS PROMENADE 4 !”

4 sesións en setembro - Empregar estratexias de aprendizaxe.

-Estudo eficaz

DOSSIER 1

“À L’AFFICHE !”

11 sesións en outubro / novembro

-Expresar gustos cinematográficos. -Expresar o entusiasmo, a decepción e a indiferenza. -Describir situacións e acontecementos pasados. -Comprender esaxeracións en linguaxe coloquial. -Expresar un desexo, unha posibilidade, un feito imaxinario. -Falar do cine e das profesións do cinema.

-Preparación dunha gravación

Gramática : os pronomes “y” (lieu) e “en” (COD), o imperfecto e o passé composé e o condicional. Léxico : o cinema, os xéneros cinematográficos e as profesións no cinema. Fonética : a elisión do “ne” no rexistro familiar. Cultura : as adaptacións literarias no cinema.

-Os pronomes “y” e “en” -A alternancia imperfecto / passé composé -O cinema

DOSSIER 2

“DU SPORT POUR TOUS !”

11 sesións en novembro / decembro

-Falar de deporte. -Falar de calidades deportivas. -Expresar a finalidade. -Facer unha hipótese (1) -Explicar a práctica dun deporte, unha regulación. -Falar de fazañas deportivas.

-Organización dun encontro deportivo

Gramática : “pour” e “afin de”, as conxuncións “si” e “même si”, o pronome “y” (COI) e o superlativo. Léxico : os deportes, deportistas e acontecementos deportivos, e as calidades deportivas. Fonética : os grupos consonánticos en posición inicial das palabras.

-O superlativo -Conxuncións causais, finais e concesivas -O deporte

Page 112: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

112

Cultura : os deportes na rúa.

DOSSIER 3

“ DEVANT LE PETIT ÉCRAN ”

11 sesións en xaneiro / febreiro

-Identificar e cualificar tipos de programas de televisión. -Expresar a causa. -Contar cousas do pasado. -Evocar feitos simultáneos.

-Creación dun programa de televisión

Gramática : a formación dos adxectivos, o “gérondif” e a expresión da causa. Léxico : expresións de tempo, os tipos de programas televisados e o ordenador. Fonética : a letra “g”. Cultura : a televisión en Francia e nos estranxeiro.

-O “gérondif” -A expresión da causa -A televisión

DOSSIER 4

“DÉCOUVRIR LE MONDE ”

11 sesións en febreiro / marzo

-Facer unha hipótese (2). -Expresar a procedencia. -Expresar impresións sobre unha viaxe. -Falar de destinos de viaxes. -Expresar sentimentos, estados de ánimo.

-Organización dunha viaxe de clase

Gramática : preposicións e nomes de cidades, países ou illas (revisión), a “mise en relief” (ce qui / ce que), a estrutura “Si + imparfait + conditionnel” Léxico : os prefixos e os sufixos dos adxectivos, as viaxes e a palabra “truc”. Fonética : a entoación. Cultura : os grandes exploradores.

-A “mise en relief” -As oracións condicionais de segundo tipo -Preposicións e nomes de países e cidades -As viaxes

DOSSIER 5

“FAMILLE, JE VOUS AIME !”

11 sesións en marzo / abril

-Falar das relacións familiares. -Expresar unha restrición. -Expresar unha consecuencia. -Expresar o amor, u odio, o rexeitamento. -Expresar a intensidade

-Obra de teatro Gramática : a negación restrictiva “ne…que”, a expresión da consecuencia, os interrogativos “qui est-ce qui / qu’est-ce qui”, os adverbios de intensidade e os pronomes complemento dobres. Léxico : a familia e as relacións interpersoais. Fonética : as

-A expresión da consecuencia -A negación restrictiva -A familia

Page 113: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

113

semiconsonantes /ҷ/ e /w/. Cultura : os irmáns na ficción e na vida real.

DOSSIER 6

“ J’AIME L’ART !”

11 sesións en abril /maio

-Expresar gustos, dar unha opinión. -Identificar disciplinas artísticas. -Expresar unha interrogación directa ou indirecta. -Describir unha fotografía. -Situar no espazo.

-Organización dunha exposición

Gramática : os pronomes demostrativos, a interrogación directa e indirecta, as formas “lequel”, “laquelle”, “lesquels” e “lesquelles” e a concordancia do participio pasado. Léxico : as disciplinas artísticas, a fotografía e a diferenza entre “connaître” e “savoir”. Fonética : os sons /œ/ e /ø/. Cultura : a Torre Eiffel na arte.

-A interrogación directa e indirecta -A forma “lequel” e derivadas -As disciplinas artísticas

DOSSIER 7

“AMIS DES LIVRES ”

11 sesións en maio -Falar das lecturas. -Situar no tempo. -Expresar unha duración. -Expresar unha oposición. -Expresar o medo

-Creación dunha revista

Gramática : as estruturas temporais “ça fait…que”, “il y a…que”, “depuis que” e “pendant que”, os pronomes posesivos, o pronome relativo “dont” e as estruturas temporais “dès que” e “chaque / tous / toutes les” Léxico : os diferentes tipos de escritos, os conectores, a expresión do medo e a prensa. Fonética : as liaisons prohibidas. Cultura : o CDI (Centro de Documentación e Información).

-As oracións temporais -O pronome relativo “dont” -Os pronomes posesivos

Page 114: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

114

DOSSIER 8

“CHOISIR SON AVENIR ”

11 sesións en xuño -Falar da orientación, da escolaridade, dos estudos e das saídas profesionais. -Expresar unha obriga, un desexo, un consello. -Presentar / escribir unha carta formal. -Expresar a anterioridade no pasado. -Contar o discurso doutra persoa.

-Creación de xogos sobre a orientación e os traballos

Gramática : iniciación ao pluscuamperfecto, formación e uso do presente de subxuntivo e o discurso indirecto en presente. Léxico : os estudos e as ramas académicas. Fonética : as liaisons obrigatorias. Cultura : algunhas profesionais famosas e a profesión do “mangaka”.

-O pluscuamperfecto -O presente de subxuntivo -Os estudos e as ramas académicas

Page 115: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

115

6. CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Partindo dos principios metodolóxicos expresados polo Consello de Europa e desenvoltos no MCER, a aprendizaxe e ensino de idiomas deben partir do concepto da lingua como vehículo de comunicación na realización de todo tipo de tarefas da vida real a través de actividades nas que cómpre actuar cos demais oralmente ou por escrito e utilizar as competencias comunicativas lingüísticas, pragmáticas, sociolingüísticas e socioculturais ao mesmo nivel. Deste xeito os obxectivos do curso abarcando e solapando as distintas destrezas (comprensión e expresión oral, escrita e interacción) deben coincidir coa consecución de tarefas reais e probables nos distintos eidos da vida cotiá e do contorno de intercambio internacional no que nos movemos no século XXI. Pola mesma razón, a metodoloxía debe asumir, citando o MCER “un enfoque comunicativo de acción e enfoque de aprendizaxe no uso ,” quere dicir, debe estar encamiñada ao desenvolvemento práctico e eficaz da competencia comunicativa a través da resolución efectiva e real de ditas tarefas e non só centrado nas competencias lingüísticas, senón tamén en todas as capacidades que o individuo, como axente social, debe utilizar para integrarse eficazmente noutra comunidade con lingua e cultura propias.

Neste enfoque é fundamental que as tarefas propoñan as situacións de

comunicación máis comúns da vida real e se practiquen nas clases da forma mais auténtica posible. Cómpre que os materiais utilizados sexan tamén auténticos na medida do posible. En calquera caso, débense buscar mostras de lingua oral e escrita que faciliten a adquisición das competencias necesarias para desenvolver cada tarefa comunicativa. Débense sempre seleccionar mostras nas que a relación entre forma, función e uso sexan transparentes. É necesario que este material contribúa ao desenvolvemento da auto-confianza do aprendiz no seu proceso de aprendizaxe. Así mesmo, proponse un enfoque metodolóxico procesual no aprendiz e nas súas necesidades na medida en que se terán en conta os intereses, ritmos, estilos de aprendizaxe, coñecementos previos do alumnado para a selección e secuenciación de tarefas e materiais, dentro do marco curricular en que se desenvolven os cursos.

O papel docente é de deseñar, presentar, impulsar e avaliar as actividades

comunicativas, e de orientar o aprendiz e facilitarlle a adquisición e activación das estratexias necesarias para unha aprendizaxe autónoma, desenvolvendo a súa capacidade de auto-avaliación e a asunción da súa propia responsabilidade no proceso, en colaboración cos demais membros do grupo tanto dentro como fóra da clase. Aínda que a aula é o espazo social de aprendizaxe, exposición e análise de logros, de acontecemento comunicativo, tamén se poden usar outros lugares para estas mesmas fins, ben sexa para investigar na biblioteca ou para realizar tarefas na sala de ordenadores. Ademais resulta interesante e motivador o uso doutros espazos onde a tarefa sexa real e non só simulada.

A avaliación é parte integral do proceso de aprendizaxe e serve para a valoración

de todos os factores que interveñen nel. É un instrumento para reflexionar, revisar, reorientar e reparar en todo momento todos os elementos do currículo (programacións, aula, materiais, actividades, etc.). Dadas as características do noso alumnado, é patente a

Page 116: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

116

necesidade de atención á diversidade de niveis de competencia, tanto xeral como por destrezas, de ritmos e intereses.

Cando se considere aconsellable intentaranse diversificar tamén as tarefas así como a forma de traballo dos alumnos para poder facilitar o progreso individual. A orientación e acción titorial do docente cara ao alumno estará integrada no proceso de aprendizaxe e avaliación dentro da aula, procurando o fomento da autonomía e reflexión acerca de como aprender de forma máis efectiva. Se for preciso, utilizarase o tempo reservado ás titorías.

Merecen mención especial, ademais dos recursos escritos e audiovisuais

tradicionais, os novos recursos, as TIC, cos que se traballará cada vez máis polo seu carácter auténtico, motivador e facilitador da práctica autónoma.

Neste enfoque integral queda patente que a competencia comunicativa non só

depende da capacidade de uso do idioma no seu aspecto gramatical, senón tamén no sociolingüístico, pragmático, intercultural e estratéxico. Todos estes elementos, xa sexan gramática, léxico, fonética, aspectos culturais, estratexias de aprendizaxe, etc., non son un fin en si mesmos senón ferramentas para lograr o que en último termo se pretende: unha comunicación eficaz.

De todo isto derívanse dous aspectos fundamentais: por unha parte, un enfoque

metodolóxico baseado no traballo por tarefas reais; e por outra parte, o papel do alumno como principal responsable da súa aprendizaxe e por tanto a súa capacidade para ser autónomo.

O emprego da lingua francesa nas clases será progresivo e converterase na

lingua vehicular das sesións de clase nos niveis máis altos. O recurso ao castelán e ao galego serán necesarios cando as dificultades de comprensión así o sinalen. Preferirase, en calquera caso, facer uso de paráfrases, procura de sinónimos ou a xestualidade coa fin de evitar o recurso á lingua nai. Porén, as actividades de mediación estarán incluídas nas nosas unidades didácticas coa fin de dar resposta a esa nova destreza recollida no MCER.

O Departamento ten programadas actividades específicas para cada curso a partir do que chamamos na programación fichas de traballo elaboradas e aportadas polo Departamento. Son fichas baseadas na lectura que poñen en marcha unha metodoloxía activa e participativa, que integran cuestionarios de comprensión (oral e escrita), que facemos en grupo, en parellas ou individualmente (lectura silenciosa), a partir de todo tipo de textos obtidos en diferentes fontes informativas (literarios, xornalísticos, publicitarios...), en soporte impreso ou electrónico.

Os principais materiais e recursos didácticos propios do Departamento de lingua

francesa son os seguintes:

LIBROS DE TEXTO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS 2020/2021

CURSO TÍTULO EDITORIAL ANO ISBN

4º ESO Promenade Livre de SM 2015 978-84-675-7803-4

Page 117: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

117

l’élève 4ESO Promenade Cahier d’activités 4ESO

SM

2015

978-84-675-7804-1

-Fichas de traballo preparadas e facilitadas polo Departamento, centradas nun tema concreto (a música, o deporte, a saúde…) que inclúe gramática, léxico, verbos, cultura e civilización, lectura, temas transversais, interdisciplinariedade. -Cintas de audio e vídeo (películas, cancións, relatos…). -Libros de lecturas curtas, revistas e xornais, dicionarios e libros de consulta ( do Departamento ou da Biblioteca). -Utilización dos ordenadores e de Internet. Citamos algunhas das páxinas web ás que accederemos para consultas e exercicios.

http://www.lepointdufle.net http://www.log.ccsf.cc.ca.us/ http://www2.sp.utexas.edu/fr/ http://www.didieraccord.com/ http://babelnet.sbg.ac.at/canalreve/ http://www.bonjourdefrance.com/ http://francais-affaires.com/ http://www.rfi.fr

BIBLIOGRAFÍA :

A) VOCABULARIO : AYKÜZ, Anne et alli (2000) : Exercices de vocabulaire en contexte. Niveau intermédiaire . Paris, Hachette. BOCHART-FIÈVEZ, Jeannine e Jean DELAHAUT (1990) : Richesse du vocabulaire. Paris, Duculot. ÉLUERD, Roland e Jacques FRANÇOIS (1991) : Vocabulaire expliqué du français. 350 exercices, textes et glossaires. Vanves, Hachette. FILPA-EKVALL, Dominique e Francis PROUILLAC (1986) : Vocabulaire illustré. 350 exercices. Niveau debutant. Vanves, Hachette. GALLIER, Thierry (2003) : Vocabulaire. 450 nouveaux exercices. Niveau intermédiaire. Paris, CLE International. GALLIER, Thierry (2003) : Vocabulaire. 450 nouveaux exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International. LEROY-MIQUEL, Claire e Anne GOLIOT-MARIE (1997) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau intermédiaire . Paris, CLE International.

Page 118: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

118

MIMRAN, Reine (2004) : Vocabulaire expliqué du français. Niveau débutant. Paris, CLE International. MIQUEL, Claire (1999) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau avancé. Paris, CLE International. MIQUEL, Claire (2002) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International. B) GRAMÁTICA :

BADY, J. e alii (1997) : Conjugaison. 350 exercices 1000 verbes à conjuguer. Paris, Hachette. BARNOUD, Catherine e Évelyne SIREJOLS (1992) : Grammaire.Entraînez-vous. Exercices 1. Niveau débutant. Paris, CLE International. BEAULIEU, Christian (2005) : Je pratique. Exercices de grammaire A1 . Paris, Didier. BOULARÈS, Michèle e Jean-Louis FRÉROT (2003) : Tests d’évaluation. Grammaire progressive du français. Niveau avancé . Paris, CLE International. BOULARÈS, Michèle e Jean-Louis FRÉROT (1997) : Grammaire progressive du français avec 400 exercices. Niveau avancé. Paris, CLE International. BOULARÈS, Michèle e Odile GRAND-CLÉMENT (2000) : Conjugaison progressive du français avec 400 exercices. Paris, CLE International. DELATOUR, Yves et alii (2004) : Nouvelle grammaire du français. Cours de civilisation française de la Sorbonne. Paris, Hachette. DELATOUR, Yves et alii (2000) : Grammaire pratique du français en 80 fiches. Paris, Hachette. GREVISSE, Maurice (1990) : Précis de grammaire française. Paris, Duculot. GRÉGOIRE, Maïa (1997) : Grammaire progressive du françias avec 400 exercices (CD-ROM inclus). Niveau débutant. Paris, CLE-International. GRÉGOIRE, Maïa e Odile THIÉVENAZ (1995) : Grammaire progressive du français avec 500 exercices. Paris, CLE International. JOB, Béatriz (2002) : La grammaire. Français : théorie et pratique. Madrid, Santillana.

C) ORTOGRAFÍA :

CHOLLET, Isabelle e Jean-Michel ROBERT (2004) : Ortographe progressive du français avec 400 exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International.

D) FONÉTICA :

CHARLIAC, Lucille e alii (2003) : Phonétique progressive du français avec 400 exercices. Paris, CLE International.

E) COMPETENCIAS COMUNICATIVAS MARCO COMÚN EUROPEO :

BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2006) : Compréhension orale. Niveau 1. Paris, CLE International.

Page 119: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

119

BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2006) : Compréhension orale. Niveau 2. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle (2006) : Expression orale. Niveau 3. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2005) : Expression orale. Niveau 1. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2005) : Expression orale. Niveau 2. Paris, CLE International. BLOOMFIELD, Anatole e alii (2006): DELF B2 200 activités. Paris, CLE International. BRETONNIER, Marie e alii (2007) : Les clés du nouveau DELF B2. Maisons des langues, Barcelona. CHEVALLIER-WIXLER, Dominique (2007) : Réussir le DALF. Niveaux C1 et C2. Paris, Didier. GODARD, Emmanuel (2007) : Les clés du nouveau DELF B1. Maisons des langues, Barcelona. KOBER-KLEINERT, Corinne e alii (2007) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence C1-C2. Paris, CLE International. LESCURE, Richard e alii (2005) : DELF A1. 150 activités. Paris, CLE International. LIRIA, Philippe e Jean-Paul SIGÉ (2005) : Les clés du nouveau DELF A1. Maisons des Langues, Barcelona. PARIZET, Marie-Louise e alii (2005) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence A2 . Paris, CLE International. PARIZET, Marie-Louise e alii (2005) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence A1 . Paris, CLE International. PATCHOD, Alain e Pierre-Yves ROUX (1999) : 80 fiches pour la production orale. Paris, Didier. POISSON-QUINTON, Sylvie (2004) : Expression écrite. Niveau 1. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2 . Compétences A2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2007) : Compréhension écrite. Niveau 3 . Compétences B1. Paris, CLE International.

7. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN, INSTRUMENTOS DE

AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN. 7.1 Procedementos de avaliación 7.1.1. Avaliación inicial

Page 120: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

120

Nos primeiros días do curso escolar terá lugar unha proba específica sinxela -

oral ou escrita- para avaliar o grao de dominio dos contidos mínimos que se consideran imprescindibles para construíren sobre eles as novas aprendizaxes propias da materia. Esta proba non terá repercusión na cualificación da materia. Antes da sesión da avaliación inicial, mediante a observación directa nas clases, tamén se recollerá información das particularidades da forma de aprender de cada alumno/a (habilidades, estratexias e destrezas desenvolvidas, é dicir, manexo de procedementos) así como a información sobre o grao de integración social do alumno/a (consigo mesmo, cos compañeiros e compañeiras e co profesorado).

A avaliación levarase a cabo tendo en conta os diferentes elementos que constitúen o currículo, é dicir, as competencias básicas, os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación. 7.1.2. Avaliación ordinaria

Ao longo do curso realizaranse tres sesións de avaliación, unha por cada trimestre ( para cada curso un único exame que terá lugar en dúas sesións de clase en cada avaliación). A última destas avaliacións coincidirá coa avaliación final ordinaria do mes de xuño ( aprobar a terceira avaliación quere dicir acadar unha cualificación positiva en xuño). Para aqueles alumnos que non acadasen a cualificación de apto na terceira avaliación, haberá unha proba de recuperación que versará sobre os contidos mínimos da materia e que terá lugar na semana anterior á sesión de avaliación. 7.1.3. Avaliación extraordinaria

Coa lexislación vixente está previsto un exame extraordinario de setembro para

o alumnado que non acade unha cualificación positiva na convocatoria ordinaria de xuño. Na data de setembro que acorde o centro educativo realizarase un exame escrito, sendo necesario obter unha nota mínima de 5 para superalo. O alumnado que nesta convocatoria non acade cualificación positiva e promocione de curso, levará a materia pendente ( e aprobará automaticamente tan pronto aprobe unha avaliación do curso seguinte). Un alumno que non pode asistir a unha proba ou exame por causa xustificada terá dereito a facelo outro día, previa presentación do xustificante perante o titor do seu grupo.

7.2. Instrumentos de avaliación Para avaliar a materia poderanse utilizar os seguintes instrumentos :

-Probas escritas (de expresión e comprensión). Os exercicios destas probas serán semellantes aos feitos na clase no caderno e nas fichas de traballo. -Probas orais de lectura e/ou conversa ( de expresión e comprensión). -Realización e valoración das fichas temáticas de traballo individual feito na clase ou na casa. -Traballos feitos individualmente ou en grupo. -Valoración do caderno persoal de clase porque é un elemento importante para a progresión do alumno e do control adquirido.

Page 121: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

121

-Anotacións procedimentais derivadas da observación directa, capacidade organizativa, presentación dos traballos…etc. -Valoración da curiosidade e interese pola materia, da participación, da creatividade, investigación persoal e o esforzo. -Valorarase a autonomía na aprendizaxe, a capacidade do alumno para recompilar información, empregar libros de consulta, dicionarios e resolver as súas dúbidas.

Esquecer continuamente o material na casa, a falta de limpeza, orde ou materia no caderno persoal, a non entrega ao profesor das fichas de traballo e negarse a participar na clase serán obxecto de penalización na nota de clase que é de 20% do total da nota final.

7.3. Criterios de cualificación

A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado será continua, polo que implicará un seguimento do proceso e dos resultados das aprendizaxes ao longo de todo o curso. En cada avaliación intentarase que existan probas que recollan contidos da avaliación anterior, de xeito que se poida valorar a progresión do alumnado na materia. Facemos por trimestre un único exame ao final da avaliación ocupando dúas sesións de clase. Este exame comprende probas específicas orais e escritas (expresión e comprensión) que representan o 80% da nota da avaliación. Os exercicios destas probas serán semellantes aos realizados na clase (no caderno do alumno e nas fichas de traballo facilitadas polo departamento a cada alumno). Cada unha destas probas (que terán lugar en dúas sesións de clase diferentes) terá a seguinte estrutura :

a) Comprensión escrita (2,5 puntos) b) Comprensión oral (2,5 puntos) c) Expresión escrita (2,5 puntos) d) Gramática e vocabulario (2,5 puntos)

Cada unha destas probas supón un total de 10 puntos, e logo de sumar as notas das diferentes partes do exame, faise a correspondente operación matemática para que represente o 80% da nota. O outro 20% vén dado polos traballos feitos na clase ou na casa, en individual ou en grupo, a participación oral na clase, o interese e o esforzo. Na terceira avaliación, coa fin de mellorar a nota, os alumnos xa aptos teñen a posibilidade de facer un exame oral que, superado con éxito, permite obter un punto máis para a cualificación final.

8. MEDIDAS DE ATENCIÓN À DIVERSIDADE

Actualmente a lexislación sobre diversidade deixou de entendela como algo excepcional para convertela na norma: cada alumno é diverso e heteroxéneo, ten

Page 122: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

122

distintas características, necesidades, ritmos, estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais.

Para atender a este alumnado diverso temos que axustar a resposta educativa a cada alumno, de xeito que cubramos as necesidades individuais do conxunto global do alumnado. Todo un reto.

Precisamos poñer en xogo todos os elementos organizativos e metodolóxicos, coa fin de cubrir as necesidades educativas específicas ou non específicas que presenten os nosos alumnos. A atención á diversidade é responsabilidade de todos e cada un dos profesores do centro, asesorados polos profesionais da orientación e apoiados polas accións realizadas neste ámbito polos equipos directivos.

Educar na diversidade supón unha escola para todos, na que todos teñan cabida coas súas características individuais. Unha escola, na que se lle ofreza a cada un, aquilo que mellor lle axude a desenvolver a súa máxima potencialidade, partindo do que é. Unha escola capaz de desenvolver un conxunto de accións encamiñadas a previr e dar resposta as posibles necesidades de todo o alumnado do centro e, entre eles, a aquel que require unha actuación específica derivada das súas necesidades educativas especiais, de altas capacidades, de dificultades de aprendizaxe, da súa incorporación tardía ao sistema educativo, das súas condicións persoais ou de historia escolar.

Farase un seguimento individualizado do alumnado ao longo de todo o curso desde a avaliación inicial nas primeiras semanas de clase. Tomaranse as medidas axeitadas para acadar o obxectivo buscado: a consecución dos obxectivos pola parte dos alumnos. Estas medidas inclúen o tratamento de materiais complementarios no caso daqueles alumnos que amosen algunha dificultade puntual ou mesmo no caso de aqueles alumnos que polas súas circunstancias persoais teñan un contacto maior coa lingua estranxeira obxecto de estudo, que recibirán materiais complementarios de reforzo, afondamento e ampliación dos contidos mínimos vistos na clase.

Estas medidas de atención á diversidade serán desenvolvidas tanto no ensino presencial como no caso hipotético de que houbese que impartir parte do curso de maneira telemática ou semi-presencial. Barállase a posibilidade de establecer contacto vía telefónica con aqueles alumnos que non tivesen unha conexión boa que permitise o seguimento axeitado das actividades do curso.

A programación será aberta e flexible, para poder atender á diversidade do alumnado e tentar previr ou evitar a aparición de dificultades de aprendizaxe. Para iso é importante personalizar o proceso de ensinanza-aprendizaxe e fomentar que o alumnado traballe de xeito colectivo co obxecto de conseguir superar as deficiencias individuais. Trátase de que a diversidade se converta en riqueza e variedade e que os diferentes niveis converxan. Tentaremos alternar actividades de diferente nivel de dificultade para que todo o alumnado se sinta integrado na dinámica da clase, tratando de fomentar a súa confianza en si mesmo e animándoo a perseverar e a superar o medo ao erro. Propoñemos varias posibilidades:

a) Traballo de varios grupos en paralelo a partir de actividades propostas con axuda de fichas, propoñendo estratexias diferentes sinxelas, mostrándolle ao alumnado que os diferentes niveis se complementan en lugar de excluirse para que esta diversidade se converta en elemento de reflexión para aprender a aprender.

b) Propoñemos tamén un tratamento da diversidade a través de actividades de expresión oral ou escrita libre ou semi-libre, e en grupos ou subgrupos

c) Pequenos esquemas sobre aspectos claves de gramática d) Insistencia no traballo da expresión escrita

Page 123: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

123

e) Reforzo nos aspectos orais insistindo en situacións figuradas, conversacións sobre un tema concreto ou por medio de micro- debates Se coa práctica docente diaria se observase na aula a existencia de alumnos con especiais características tales que requirisen formulacións particulares, ofrecerase a estes alumnos/as, co apoio e asesoramento do Departamento de Orientación, vías adaptadas ás súas necesidades. Estas vías específicas buscarían o máximo desenvolvemento das súas capacidades para que puidesen acceder a metas iguais ás propostas aos seus compañeiros.

9. PROCEDEMENTO PARA A CUALIFICACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES E TRATAMENTO DOS CONTIDOS IMPRESCINDIBLES NON IMPARTIDOS NO CURSO 2019/2020

Non existen neste curso 2020/2021 alumnos que teñan a materia Segunda Lingua Estranxeira: Francés pendente do curso anterior. No que concirne os contidos imprescindibles non impartidos no terceiro trimestre do curso 2019/2020 por mor do confinamento causado pola pandemia do Covid, remitímonos ao que xa dixeramos na addenda da programación entregada en maio de 2020 e da memoria de fin de curso remitida á inspección educativa a finais de xuño de 2020. Os devanditos contidos do curso 3º de ESO serán impartidos nun total de seis sesións nas dúas primeiras semanas deste curso 2020/2021 nos meses de setembro e outubro.

10. CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS. EDUCACIÓN EN VALORES

Os contidos transversais fan referencia a certos valores morais e de convivencia que veñen recollidos na Constitución, como son a igualdade, democracia e tolerancia, e tamén aos contidos necesarios para que o alumnado se poida enfrontar a certas problemáticas da sociedade actual: saúde, desigualdade, medio ambiente… Estes temas, que se irán desenvolvendo e tratando nas unidades que sexan máis propicias e próximas a cada un deles, abranguen eidos como a Educación para a saúde, Educación moral e cívica, Educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos, Educación viaria, Educación ambiental, Educación do consumidor ou Educación para a paz. Os temas transversais son un conxunto de saberes baseados en actitudes, valores e normas, que dan resposta a algúns problemas sociais existentes na actualidade. Son uns contidos que non poden constituír unha sola área, e que han de ser tratados por todas elas de maneira global e programada, aínda que tamén poden ser tratados a través do currículo oculto, que cada docente, equipo ou centro transmite coas súas opinións.

O concepto da educación en valores é moi amplo, mais en termos xerais refírese ao conxunto de estratexias e de dinámicas de relacións que teñen como obxectivo formar en civismo e en modelos de convivencia baseados no respecto, a empatía e a igualdade.

Os Temas Transversais incorporáronse à educación como aspectos de noso mundo que deben ser abordados desde unha perspectiva moral. Os temas transversais supoñen unha oportunidade de globalizar o ensino e de realizar unha verdadeira programación interdisciplinar.

Page 124: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

124

A educación en valores é un concepto amplo e complexo, que esixe a implicación tanto dos ensinantes como tamén dos pais e nais e da sociedade en xeral. Educar en valores significa ampliar o alcance da educación de maneira que non só se limite ao ensino e á aprendizaxe de materias, habilidades e temarios, senón que tamén se presentan metas vencelladas ao ámbito moral e ao civismo, co obxectivo final de formar cidadáns responsables.

A través da educación en valores, inténtase profundar e enraizar unha cultura e unha maneira de ser e de se comportar baseadas no respecto aos demais, a inclusión e as ideas democráticas e solidarias.

Na nosa contorna, caracterizada pola complexidade social e a globalización económica e cultural, educar en valores convértese nunha cuestión esencial para formar cidadáns capaces de asumir os novos retos e de se comprometer activamente, xogando un papel activo e eficaz na construción dun mundo moito máis xusto, inclusivo, equitativo e intercultural.

Para que isto non quede nunha proposta de boas intencións nin nun elemento residual tratado moi poucas veces na clase, cómpre planificar a educación en valores con criterios serios, formais e obxectivos. As nosas unidades didácticas artéllanse coa educación moral e cívica como eixo principal, arredor do cal xiran de maneira transversal unha serie de temas. As nosas unidades didácticas inclúen:

A igualdade de oportunidades con independencia do sexo, raza, clase social, orixe, cultura, nacionalidade, relixión ou orientación sexual.

A valoración con espírito crítico dos valores que rexen na nosa sociedade: costumes, hábitos de consumo, produtos culturais.

Coñecemento e análise dos mecanismos que rexen a nosa sociedade. Énfase nos valores igualitarios. Rexeitamento das actitudes discriminatorias. Ensino de pautas de respecto do medio ambiente por parte das

comunidades e dos individuos. Importancia do desenvolvemento sostible nos ámbitos económicos,

sociais e culturais da vida do ser humano. Potenciación do lecer na contorna natural. Promoción da saúde como valor fundamental e recurso básico para o

desenvolvemento persoal e social. Estimulación da adquisición de hábitos e conductas saudables. Eliminación ou redución daqueles comportamentos que supoñen un risco

para a saúde. Traballo da educación para a saúde desde unha perspectiva dinámica,

persoal e colectiva. Coñecemento das características e comportamentos humanos no que

concirne a sexualidade. Elaboración na aula de programas efectivos para facer os alumnos

tolerantes coa sexualidade dos demais. Toma de conciencia do risco que supoñen certas prácticas sexuais en

ausencia de prevención. Coñecemento da importancia que ten para a seguridade do cidadán o

respecto ás normas e aos sinais de tráfico. Estimulación de hábitos de comportamento perante os accidentes de

tráfico coa fin de coñecer as estratexias básicas de primeiros auxilios.

Page 125: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

125

Creación de habilidades nas decisións vencelladas ao consumo. Promoción dun consumo lóxico e responsable, valorando os efectos

sobre o medio ambiente. Coñecemento dos dereitos e deberes dos consumidores.

11. CONTRIBUCIÓN AO PLAN ANUAL DE LECTURA

É evidente que esta materia contribúe a promover o hábito da lectura. En todas as unidades didácticas lense, discútense e analízanse textos de diferentes tipos e finalidades. Entre as actividades propostas ao longo do curso temos a lectura de diferentes textos, para que gocen coa lectura e, nalgúns casos, resolvan actividades sobre eles.

O plan anual de lectura e o proxecto lector garantirán a formación progresiva do alumno nas habilidades básicas da súa formación como individuos e cidadáns. Para iso, as diferentes tecnoloxías da información e comunicación dispoñibles para os estudantes utilizaranse cun enfoque funcional.

A formación integral na lectura require un traballo gradual e continuo, por iso traballaremos con diferentes tipoloxías discursivas, presentadas á súa vez en soportes variados. Entre as actividades específicas destinadas ao desenvolvemento do plan de lectura, están as seguintes:

- Actividades cotiás de comprensión e expresión lectora, orais e escritas. - Preparación de resumos e esquemas. - Lectura reflexiva de enunciados de preguntas e cuestionarios traballados na aula. - Lectura reflexiva e comentario de teoría lingüística e literaria. - Preparación de traballos, tarefas de investigación e proxectos que requiran o uso

de fondos da biblioteca do centro e / ou doutras bibliotecas. - Uso das ferramentas informáticas adecuadas para cada traballo ou proxecto. - Lectura e análise de textos comerciais e publicitarios, difundidos a través de

diferentes soportes - Lectura de textos e / ou libros relacionados co tema. - Ampliación e reforzo do tema traballado na aula. - Lectura e comentario crítico de textos. - Redacción de textos coherentes. - Fomento da creatividade do alumnado. - Interpretación de material gráfico. - Traballo con definicións de termos para facilitar a comprensión dos contidos e

enriquecer o léxico. - Presentacións orais e escritas baseadas en diversos criterios e finalidades.

12. CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA

O Departamento contribuirá ao desenvolvemento do Plan de Convivencia desenvolvido polo centro, colaborando con todos os proxectos e plans incluídos nel, á vez que realizará as súas propias achegas.

Obxectivos: - Establecer un marco de referencia que facilite as relacións, a comunicación e a

participación do alumnado nas actividades realizadas nesta área.

Page 126: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

126

- Promover os valores democráticos de solidariedade, tolerancia, colaboración e respecto ás persoas e ás ideas.

- Facilitar e previr manifestacións de violencia e actitudes e comportamentos xenófobos e racistas, rexeitando sempre a violencia como medio de resolución de conflitos. Actuacións:

- As relacións persoais rexeranse polo respecto mutuo, a comprensión, a aceptación e a tolerancia.

- Todos os membros da comunidade educativa deben: ser educados e amables no trato, pedir perdón cando sexa necesario, traballar con alegría e optimismo, non impoñer as nosas propias ideas, utilizar as regras básicas de cortesía, etc.

- Os profesores deben recoñecer os logros dos alumnos, celebrar os seus éxitos e aplicar un sistema de recompensas dirixido a consolidar a autoestima dos mozos.

- Comprender a educación actual e o seu compromiso cos valores básicos da vida en convivencia, é dicir, incorporar efectivamente valores éticos (xustiza, solidariedade, igualdade, tolerancia, respecto, paz ...) en proxectos educativos que favorezan e fagan posible unha sociedade máis humanizada e democrática.

- Toda a programación didáctica debe contemplar unha serie de contidos transversais compartidos por todas as áreas de coñecemento e que teñan unha carga de valor elevada. Estes contidos favorecerán a convivencia dos alumnos en tres niveis: na aula, no centro e no ámbito persoal e familiar, contribuíndo así á educación e á cultura de paz, así como ao pleno desenvolvemento do plan de convivencia do centro.

- Aumentar o grao de implicación e participación de todos os membros da comunidade educativa.

- Promover valores democráticos nas actividades propostas na aula, como debates, redacción de textos, exposicións, etc.

- Concienciar aos alumnos da importancia de coidar as instalacións, así como do seu mantemento e limpeza.

- Fomentar a reflexión sobre condutas contrarias ás regras de convivencia. - Aplicar unha metodoloxía que favoreza as habilidades persoais e a autonomía,

incluso nos procedementos de resolución de conflitos. - Analizar as regras de convivencia a través dos textos propostos.

13. CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC

O IES Cosme López Rodríguez ten, desde hai varios anos, un Plan TIC, grazas ao cal o profesorado deste departamento:

- Adoita facer uso da aula de medios audiovisuais: DVD, reprodutores de CD, ordenador, canón, taboleiro dixital ...

- Aproveita os recursos das Aulas Abalar. - Usa o material e os recursos en liña que proporciona a editorial SM. - Da preferencia ao desenvolvemento de actividades que aborden o tema a través

das TIC. - Familiariza aos alumnos co uso dos recursos propios da rede: blogs, consultas

web, etc. - Fai uso das TIC para ampliar os recursos didácticos: páxinas web relacionadas

co tema, dicionarios, enciclopedias ...

Page 127: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

127

- Promove a autonomía dos alumnos, proporcionándolles estratexias para obter e procesar información e para obter habilidades relacionadas coa busca e organización da mesma.

- En cada tema proporciona páxinas web que proporcionan información relacionada cos contidos da materia. Deste xeito, trátase de desenvolver habilidades de busca de información e aprendizaxe autónoma.

- Traballa habilidades básicas, incluída a competencia dixital e o tratamento da información, esenciais para o proceso de ensino-aprendizaxe.

- Proxecta vídeos documentais, animacións e outros materiais audiovisuais. - Realiza tarefas para as que son necesarias as TIC.

14. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Neste curso 2020/2021, o Departamento de Francés do IES Cosme López Rodríguez non levará a cabo actividades extraescolares que impliquen a saída do alumnado do centro durante o horario lectivo, tal e como se recolle nas instrucións dadas ao comezo do curso. A tradicional visita a Ourense para asistir a unha representación teatral da compañía de teatro Eina Escola no poderá polo tanto ter lugar. Deseñaranse na medida do posible as actividades complementarias necesarias que sexan compatibles co protocolo Covid establecido pola Consellería de Educación para os centros de ensino secundario. Agardaremos a ter máis información sobre actividades complementarias desenvolvidas de forma telemática que non implican presencialidade e que si son válidas para este curso académico.

Page 128: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

128

15. INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE

ELEMENTOS A AVALIAR

INDICADORES DE LOGRO

RESULTADO

Non conseguido Conseguido parcialmente Totalmente conseguido Programación Didáctica

Non se adapta ao contexto da aula Adáptase parcialmente ao contexto da aula Adáptase completamente ao contexto da aula

Plans de Mellora Non se adoptaron medidas de mellora tralos resultados académicos obtidos

Identifícaronse as medidas de mellora a adoptar tralos resultados académicos obtidos

Adoptáronse medidas de mellora segundo os resultados académicos obtidos

Medidas de atención á diversidade

Non se adoptaron as medidas de atención á diversidade axeitadas

Identificáronse as medidas de atención á diversidade a adoptar

Adoptáronse as medidas de atención á diversidade axeitadas

Temas transversais Non se traballaron todos os temas transversais na materia

Traballáronse a maioría dos temas transversais na materia

Traballáronse todos os temas transversais na materia

Programa de Recuperación

Non se estableceu un programa de recuperación para os alumnos

Iniciouse o programa de recuperación para os alumnos que o precisen

Estableceuse un programa de recuperación eficaz para os alumnos que o precisen

Obxectivos da materia

Non se acadaron os obxectivos da materia establecidos

Acadáronse parte dos obxectivos da materia establecidos para o curso

Acadáronse os obxectivos da materia establecidos para este curso

Competencias clave Non se desenvolveron a maioría das competencias clave relacionadas coa materia

Desenvolvéronse parte das competencias clave relacionadas coa materia

Acadouse o desenvolvemento das competencias clave relacionadas coa materia

Práctica docente A práctica docente non foi satisfactoria A práctica docente foi parcialmente satisfactoria

A práctica docente foi satisfactoria

Programas de mellora para a práctica docente

Non se deseñaron programas de mellora para a práctica docente

Identificáronse os puntos para deseñar un programa de mellora para a práctica docente

Deseñáronse programas de mellora para a práctica docente

Materiais e recursos didácticos

Os materiais e recursos didácticos non foron os axeitados

Os materiais e recursos didácticos foron parcialmente axeitados

Os materiais e recursos didácticos foron completamente axeitados

Distribución de espazos e tempos

A distribución dos espazos e tempos non foi axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

A distribución dos espazos e tempos foi parcialmente axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

A distribución dos espazos e tempos foi axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

Métodos didácticos e pedagóxicos

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados non contribuiron á mellora do clima da aula e do centro

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados contribuiron parcialmente á mellora do clima da aula e do centro

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados contribuiron á mellora do clima da aula e do centro

Resultados da avaliación

Os resultados da avaliación nesta materia non foron satisfactorios

Os resultados da avaliación nesta materia foron moderados

Os resultados da avaliación nesta materia foron satisfactorios

Page 129: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

129

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: FRANCÉS

1º BACHARELATO

CURSO 2020/2021

IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ

A RÚA DE VALDEORRAS

Page 130: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

130

ÍNDICE PROGRAMACIÓN 1º BACHARELATO

1. Introdución: Marco legal………………………………………………………...…p. 131 2. Contextualización……………………………………………………......................p. 132

2.1. Composición do Departamento………………………………………...........p. 132 3. Contribución da materia ao logro das competencias básicas……………………....p. 133 4. Obxectivos da etapa BAC……………………………………………………….….p. 134 5. Táboa de relacións: obxectivos, contidos, criterios de avaliación, estándares de

aprendizaxe, competencias e mínimos esixibles ………………………………......p. 136 5.1. Táboa de relacións 1º BACHARELATO………..…………………………..p. 136

5.1.1. Contidos e temporalización …………………………………………..p. 147 5.1.2. Concreción para cada estándar de aprendizaxe……………………….p. 147

6. Concrecións metodolóxicas. Materiais e recursos didácticos……………………...p. 151 7. Procedementos de avaliación, instrumentos de avaliación e criterios de

cualificación………………………………………………………………………..p. 155 7.1. Procedementos de avaliación……………………………………………...…p. 155

7.1.1. Avaliación inicial……………………………………………………...p. 155 7.1.2. Avaliación ordinaria………………………………………………......p. 156 7.1.3. Avaliación extraordinaria………………………………………..........p. 156

7.2. Instrumentos de avaliación……………………………………………...........p. 156 7.3. Criterios de cualificación……………………………………………………..p. 157

8. Medidas de atención á diversidade…………………………………………............p. 157 9. Procedemento para a cualificación das materias pendentes e tratamento dos contidos

imprescindibles non impartidos no curso 2019/2020 ………………………….......p. 159 10. Concreción dos elementos transversais. Educación en valores...............…………..p. 159 11. Contribución ao Plan Anual de Lectura…………………………………………....p. 161 12. Contribución ao Plan de Convivencia……………………………………………...p. 161 13. Contribución ao Plan TIC…………………………………………………………..p. 162 14. Actividades complementarias e extraescolares………………………………….…p. 163 15. Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente…….…p. 164

Page 131: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

131

1. INTRODUCIÓN: MARCO LEGAL

Na elaboración desta programación didáctica debemos ter en conta: Lei Orgánica 8/2013 de 9 de decembro (B.O.E. do 10 de decembro de 2013)

para a Mellora da Calidade Educativa, que modifica a LOE. Orde ECD/65/2015, de 21 de xaneiro (B.O.E. do 29 de xaneiro de 2015), pola

que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a educación secundaria e o bacharelato.

Decreto 86/2015 de 25 de xuño (D.O.G. do 29 de xuño de 2015), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación en 1º, 2º 3º E 4º de E.S.O e 1º e 2º de Bacharelato no presente curso.

O Marco Común Europeo para as Linguas.

Unha das principais novidades que incorpora esta lei na actividade educativa vén derivada da nova definición de currículo, en concreto pola inclusión das denominadas competencias clave, un concepto relativamente novidoso no sistema educativo español e na súa práctica educativa. Polo que se refire, globalmente, á concepción que se ten de obxectivos, contidos, metodoloxía e criterios de avaliación, as novidades son as que produce, precisamente, a súa interacción coas citadas competencias, que van orientar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Aínda que en ocasións non se lle dea a importancia que se merece, o ensino nos

valores cívicos e éticos dunha sociedade democrática, libre, tolerante e plural é unha das finalidades prioritarias da educación, tal e como se pon de manifesto nos obxectivos desta etapa educativa e nos específicos de cada unha das súas distintas áreas de coñecemento, integrados transversalmente en todos os aspectos do currículo. Non debe esquecerse que a linguaxe, como instrumento de representación da realidade que é, pode ir asociado a estereotipos ou prexuízos culturais sobre determinados colectivos sociais, razón pola que debe insistirse en evitalos.

Estes aspectos foron tidos en conta á hora de organizar e secuenciar as unidades didácticas desta materia: a integración ordenada de todos os aspectos do currículo (entre os que incluímos as competencias básicas) é condición sine qua non para a consecución tanto dos obxectivos da etapa como dos específicos da materia. Deste modo, obxectivos, contidos, metodoloxía, competencias básicas e criterios de avaliación, forman unha unidade para o traballo na aula. No que se refire especificamente ao aspecto metodolóxico co que se debe desenvolver o currículo, en cada unha das unidades didácticas desta materia e curso dáse un equilibrio entre os diversos tipos de contidos que seguen orientando de maneira integrada e en interacción o proceso de ensinanza-aprendizaxe, xa que cada un deses contidos cumpre función distintas pero complementarias na formación integral do alumno. Deste xeito, a flexibilidade e a autonomía pedagóxica son características do proceso educativo, de maneira que o profesor pode empregar aqueles recursos metodolóxicos que mellor garantan a formación do alumno e o desenvolvemento pleno das súas capacidades persoais e intelectuais, sempre favorecendo a súa participación para que aprenda a traballar en autonomía e en equipo, de xeito que el mesmo constrúa o seu propio coñecemento. O ensino nos valores dunha sociedade democrática, libre,

Page 132: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

132

tolerante e plural segue a ser, como ata o de agora, unha das finalidades prioritarias da educación. Sabendo que non todos os alumnos poden seguir o mesmo ritmo de aprendizaxe, tanto polo seu propio desenvolvemento psicolóxico como por moi diversas circunstancias persoais e sociais, a atención á diversidade de alumnos e de situacións escolares convértese nun elemento fundamental da actividade educativa. Distintas actividades (tanto no libro de texto como no caderno de exercicios, e nos materiais de que dispón o profesor asociados a estes) pretenden dar resposta a esa ineludible realidade tan heteroxénea das aulas.

2. CONTEXTUALIZACIÓN

O instituto IES Cosme López Rodríguez conta neste curso 2020/2021 con 205 alumnos e está situado na localidade de A Rúa cunha poboación arredor de 4200 habitantes. Ademais recibe alumnado dos concellos de Petín, Larouco, O Bolo e Vilamartín de Valdeorras. Son todos concellos formados por un elevado número de asentamentos de poboación de reducido tamaño nos que se produciu un estancamento e mesmo un retroceso demográfico e un acusado avellentamento da poboación ata límites críticos nalgúns casos.

O territorio está vertebrado por unha infraestrutura de transporte caracterizada por redes lentas, de trazados antigos, sinuosos e deficientemente dotadas en medios técnicos, que comunican núcleos de poboación moi dispersos no espazo. Máis da metade do alumnado ten que facer uso do transporte escolar, o que condiciona a organización de todo tipo de actividades, sobre todo extraescolares.

A estrutura interna das economías familiares está diversificada. A estrutura agraria caracterízase por: avellentamento da poboación, crecemento vexetativo negativo, perda de iniciativas motivada por unha emigración secular, dispersión dos asentamentos de poboación, elevado número de explotacións agrarias que funcionan en réxime de autoconsumo, agricultura minifundista de policultivo tradicional.

A maioría das economías familiares, aínda que situadas nun medio rural, reciben ingresos de rendas xeradas fóra da actividade agraria: sector servizos pouco especializados e actividades relacionadas co sector louseiro cunha elevada taxa de desemprego. 2.1. Composición do Departamento

O departamento está composto por David Gómez Lago, funcionario de carreira do Corpo de Profesores de Ensino Secundario, con destino definitivo neste centro neste curso 2020/2021.

GRUPOS:

-1º ESO ( 2 grupos) (11 alumnos) (11 alumnos)

-2º ESO ( 2 grupos) (8 alumnos) (7 alumnos)

-3º ESO ( 1 grupo) (18 alumnos)

Page 133: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

133

-4º ESO ( 1 grupo) (15 alumnos)

-1º BAC (1 grupo) (8 alumnos) -2º BAC (1 grupo) (7 alumnos)

3. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Unha competencia supón a combinación de habilidades prácticas,

coñecementos, motivacións, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz. Polo tanto, as competencias considéranse como coñecemento na práctica, un coñecemento adquirido a través da participación activa en prácticas sociais que, como tales, poden ser desenvolvidas tanto no contexto educativo formal, a través do currículo, como nos contextos educativos formais e informais; conceptualízanse como “un saber facer” que se aplica a unha diversidade de contextos educativos, sociais e profesionais.

A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase polo seu carácter transversal, o seu dinamismo e o seu modo integral. A elaboración desta programación leva implícito, nas actividades propostas, a valoración do proceso de ensinanza-aprendizaxe en referencia ás oito competencias básicas entendidas como aprendizaxes imprescindibles. Ao abeiro da LOMCE, as oito competencias básicas convértense en sete competencias clave.

Competencia en comunicación lingüística (CCL): consiste en utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación. Na programación dos catro cursos da ESO e Bacharelato está competencia está baseada en:

1. Expresar pensamentos, opinións e sentimentos.

2. Estruturar o coñecemento e dar coherencia ao discurso.

3. Gozar coa lectura, a expresión (oral e escrita) e escoitando.

4. Comunicarse dentro da realidade, é dicir, utilizar a linguaxe de forma funcional, como ferramenta para a resolución das propias necesidades.

5. Utilizar códigos e habilidades lingüísticas e adaptar a comunicación ó contexto.

6. Reflexionar sobre o funcionamento da lingua e as normas da mesma.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

(CMCCT): a programación inclúe fichas de traballo destinadas á aprendizaxe dos números e a habilidade para utilizalos, para coñecer algúns símbolos de expresión matemática, para resolver problemas sinxelos relacionados coa vida diaria referida á ciencia, tecnoloxía e, en xeral, co mundo laboral.

Competencia dixital (CD): consiste en buscar, obter, procesar e comunicar

información para transformala en coñecemento. A programación inclúe

Page 134: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

134

actividades de traballo, relacionadas co manexo de distintas ferramentas tecnolóxicas dirixidas a seleccionar e tratar a información.

Competencia social e cívica (CSC): para comprender a realidade social na que

se vive, cooperar, convivir de xeito democrático e tolerante e contribuír á mellora social, a programación propón, aspectos encamiñados a aprender a valorarse e coñecerse un mesmo, a tomar decisións con responsabilidade, a admitir as consecuencias das mesmas, a valorar a contorna, expresarse e escoitar, recoñecer as diferencias e valorar a igualdade e resolver os conflitos con coherencia e responsabilidade.

Competencia de conciencia e expresións culturais (CCEC): a programación

inclúe, actividades para coñecer, comprender, apreciar e valorar as manifestacións artísticas e culturais e tamén actividades destinadas a poñer en funcionamento a imaxinación e a creatividade en temas relacionados co patrimonio dos pobos, a moda, os gustos, o pensamento etc.

Competencia para aprender a aprender (CAA): todas as actividades

previstas están encamiñadas a adquirir habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de seguir aprendendo de xeito máis autónomo e eficaz de acordo cos propios obxectivos e necesidades, así como chegar a ser consciente das propias capacidades (intelectuais, emocionais e físicas), desenvolver un sentimento de competencia persoal baseado na motivación, confianza nun mesmo e gusto por aprender, ser consciente das capacidades que entran en xogo como: atención, concentración, memoria, expresión, comprensión etc., desenvolver estratexias e técnicas de estudio como planificación, observación, traballo en grupo etc.

Competencia no sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE): a

metodoloxía aplicada estará directamente en relación co feito do que o alumnado chegue a ser consciente dos valores e actitudes persoais, aprender dos erros e asumir riscos. En todas as actividades o alumno poderá elixir criterio propio, partir da análise das súas posibilidades e limitacións, adquirir unha visión estratéxica, ter unha actitude positiva para relacionarse, colaborar ou buscar axuda e solucións.

4. OBXECTIVOS DE ETAPA BAC

Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a co-responsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade.

Consolidar unha madureza persoal e social que lle permita actuar de forma responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.

Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades e discriminacións existentes e, en particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade

Page 135: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

135

real e a non discriminación das persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, con atención especial ás persoas con discapacidade.

Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o eficaz aproveitamento da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

Dominar, tanto na súa expresión oral como na escrita, a lingua galega e a lingua castelá.

Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras. Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e da

comunicación. Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os

seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de xeito solidario no desenvolvemento e na mellora do seu contorno social.

Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, e dominar as habilidades básicas propias da modalidade elixida.

Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio ambiente e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.

Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.

Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural.

Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social, e impulsar condutas e hábitos saudables.

Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria. Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e

contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.

Page 136: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

136

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 1º BAC OBXECTIV

OS

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS

CLAVE BLOQUE 1: COMPRENSIÓN DE TEXTOS ORAIS -a -b -c -f d

-B.1.1. Estratexias de comprensión das mensaxes orais : --Mobilización da información previa sobre o tipo de tarefa e o tema. --Identificación do tipo textual, adaptando a comprensión a el. --Distinción de tipos de comprensión (sentido xeral, información esencial e puntos principais). --Formulación de hipóteses sobre o contido e o contexto. --Inferencia e formulación de hipóteses sobre significados a partir da comprensión de elementos significativos, lingüísticos e para-lingüísticos (acenos, entoación, etc.). --Inferencia e formulación de hipóteses sobre significados a partir do coñecemento doutras linguas e de elementos non lingüísticos (imaxes, música, etc.). --Reformulación de hipóteses a partir da comprensión de novos elementos. -B.1.2. Tolerancia da comprensión parcial ou vaga nunha situación comunicativa, e conciencia da importancia de chegar a comprender textos orais sen precisar entender todos e cada un dos seus elementos. -B.1.3. Constancia no logro da

-B.1.1. Coñecer e saber aplicar as estratexias máis adecuadas para a comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais ou os detalles relevantes do texto. -B.1.2. Identificar o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles máis relevantes en textos orais breves ou de lonxitude media, transmitidos de viva voz ou por medios técnicos, claramente estruturados e articulados a unha velocidade lenta ou media, nun rexistro formal, informal ou neutro, e que traten de aspectos concretos de temas xerais, sobre asuntos cotiáns en situacións correntes ou menos habituais, ou sobre os propios intereses nos ámbitos persoal, público, educativo e ocupacional, sempre que as condicións acústicas non distorsionen a mensaxe e se poida volver escoitar o dito. -B.1.3. Comprender o esencial e a información relevante en situacións que impliquen a solicitude de información xeral (datos persoais, lugares, horarios, datas, prezos, formas de pagamento e actividades, etc.), sempre que lle poidan repetir o dito. -B.1.4. Comprender o esencial en conversas sinxelas, básicas e breves sobre argumentacións básicas, puntos de vista e opinións relativos a temas frecuentes do ámbito persoal ou público, estados de saúde, sensacións e sentimentos básicos, claramente estruturados e articulados a unha velocidade lenta ou media, e se a persoa interlocutora está disposta a repetir ou reformular o dito. -B.1.5. Comprender o sentido xeral e a información moi relevante e sinxela de presentacións ben estruturadas sobre temas familiares e predicibles, , e de programas de televisión tales como informativos, entrevistas ou anuncios, sempre que as imaxes sexan suficientemente redundantes para facilitar a comprensión.

-SLEB 1.1. Nas actividades de aula, persevera no seu proceso de comprensión, axustándoo ás necesidades da tarefa (de comprensión global, selectiva ou detallada) e mellorándoo, de ser o caso : facendo anticipacións do que segue (palabra, frase, resposta, etc.) e inferindo o que non se comprende e o que non se coñece mediante os propios coñecementos e as experiencias doutras linguas.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC

-SLEB 1.2. Capta os puntos principais e os detalles salientables de, mensaxes, gravadas ou de viva voz, que conteñan instrucións, indicacións ou outra información claramente estruturada, sempre que poida volver escoitar o dito ou pedir confirmación.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC -CD

-SLEB 1.3. Comprende, nunha conversa formal ou entrevista na que participa, información relevante de carácter habitual e predicible sobre asuntos prácticos no ámbito educativo (datos persoais, intereses, preferencias, e gustos e proxectos persoais e educativos, coñecemento ou descoñecemento, acordo e desacordo, etc.) sempre que poida pedir que se lle repita, ou que se reformule, aclare ou elabore algo do que se lle dixo.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC

-SLEB 1.4. Entende o que se lle di en transaccións e xestións cotiás e estruturadas (por exemplo, en bancos, tendas, hoteis, restaurantes, transportes ou centros docentes), e os puntos principais e a información relevante cando se lle fala directamente en situacións menos habituais, pero predicibles (por exemplo, a perda dun obxecto), sempre que poida volver escoitar o dito.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC -CD

-SLEB 1.5. Comprende, nunha conversa informal na que participa opinións xustificadas e claramente articuladas a unha velocidade lenta ou media, sobre diversos asuntos cotiáns ou de interese persoal, así como a expresión de sentimentos sobre aspectos concretos de temas habituais ou de actualidade, e se a persoa interlocutora está disposta a repetir ou reformular o dito.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC

-SLEB 1.6. Identifica os aspectos máis importantes en presentacións sobre temas coñecidos ou do seu interese nos ámbitos persoal e educativo; e de programas informativos, documentais, entrevistas en televisión, anuncios publicitarios e programas de entretemento, cando o discurso está ben estruturado e

-CCL -CAA -CSC

-CCEC -CD

Page 137: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

137

comprensión oral, reescoitando o texto gravado ou solicitando repetición do dito.

articulado con claridade nunha variedade estándar da lingua, e con apoio da imaxe.

Page 138: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

138

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 1º BAC OBXECTIVOS

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE

BLOQUE 2: PRODUCIÓN DE TEXTOS ORAIS -a -b -c -f

-B.2.1. Estratexias de produción De planificación : identificar o contexto, o destinatario e a finalidade da produción ou da interacción ou adecuar o texto ao destinatario, ao contexto e á canle, escollendo os expoñentes lingüísticos necesarios para lograr a intención comunicativa. De execución : concibir a mensaxe con claridade, distinguindo a súa idea ou ideas principais e a súa estrutura básica, activar os coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados, expresar a mensaxe con claridade e coherencia básica, estruturándoa adecuadamente e axustándose, de ser o caso, aos modelos e as fórmulas de cada tipo de texto memorizados e traballados na clase previamente, reaxustar a tarefa (emprender unha versión máis modesta) ou da mensaxe (limitar o que realmente lle gustaría expresar) tras valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles e compensar as carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos (modificar palabras de significado parecido, definir ou parafrasear un termo ou expresión, usar a lingua nai ou estranxeirizar palabras da lingua meta e pedir axuda) e para-lingüísticos (sinalar obxectos, usar deícticos ou realizar accións que aclaran o significado, usar linguaxe corporal culturalmente pertinente como acenos, expresións faciais, posturas e o contacto visual ou corporal e usar elementos cuasi-léxicos de valor comunicativo). -B.2.2. Actitude de respecto cara si mesmo/a e cara as outras persoas para comprender e para facerse comprender. -B.2.3. Rutinas ou modelos comúns de interacción segundo o tipo de situación de comunicación.

-B.2.1. Pronunciar de xeito intelixible, aínda que se cometan erros de pronuncia polos que as persoas interlocutoras teñan que solicitar repeticións para entender a mensaxe. -B.2.2. Coñecer e saber aplicar as estratexias máis adecuadas para producir textos orais monolóxicos ou dialóxicos breves ou de lonxitude media, e de estrutura simple e clara, recorrendo, entre outros, a procedementos como a reformulación, en termos máis sinxelos ou de significado aproximado, do que se quere expresar cando non se dispón de estruturas ou léxico máis complexos en situacións comunicativas máis específicas. -B.2.3. Intercambiar con pronuncia clara e intelixible, en situacións de comunicación menos habituais para o alumnado, pero predicibles, nas que teña que expresar o acordo, o desacordo, o interese, a posibilidade e a imposibilidade, usando un repertorio de expresións frecuentes no ámbito público (doenzas, pequenas reclamacións, etc.), así como na expresión básica dos sentimentos e os intereses persoais, tales como a satisfacción, desgusto, admiración e sorpresa -B.2.4. Producir textos de extensión breve ou media, tanto cara a cara como por teléfono ou por outros medios técnicos, nun rexistro formal, neutro ou informal, cun discurso comprensible e adecuado á situación, e utilizando as estratexias necesarias para iniciar, manter e facer progresar a comunicación. -B.2.5. Intercambiar información e opinións, dar instrucións, describir e narrar acontecementos sinxelos, xustificar brevemente os motivos de accións e planos, formular

-SLEB 2.1. Fai presentacións ensaiadas previamente, breves e con apoio visual, sobre aspectos concretos de temas educativos sinxelos do seu interese, organizando a información básica nun esquema coherente e ampliándoa con algúns exemplos, e respondendo a preguntas sinxelas de oíntes sobre o tema tratado.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 2.2. Toma parte en conversas formais ou entrevistas de carácter educativo ou ocupacional, sobre temas moi habituais nestes contextos, intercambiando información relevante sobre feitos concretos, pedindo instrucións ou solucións a problemas prácticos, suscitando de xeito sinxelo e con claridade os seus puntos de vista, e xustificando brevemente as súas accións, opinións e plans.

CCL CAA CSC CCEC

-SLEB 2.3. Desenvólvese coa suficiente eficacia en situacións cotiás e menos habituais pero predicibles que poden xurdir durante unha viaxe ou estadía noutros países por motivos persoais ou educativos (transporte, aloxamento, comidas, compras, estudos, relacións coas autoridades, saúde ou lecer) e utiliza estratexias de comunicación lingüística (uso de exemplos e palabras de significado próximo) e xestos apropiados.

CCL CAA CSC CCEC

-SLEB 2.4. Participa en conversas informais, cara a cara ou por teléfono, ou por outros medios técnicos, nas que intercambia información e se expresa e xustifican opinións brevemente, narra e describe feitos sinxelos ocorridos no pasado ou expresa brevemente plans de futuro; fai suxestións; pide e da indicacións ou instrucións; expresa e xustifica sentimentos de xeito sinxelo, e describe con certo detalle aspectos concretos de temas de actualidade moi coñecidos ou de

CCL CAA CSC CCEC CD

Page 139: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

139

hipóteses, facer suxestións e argumentar de xeito sinxelo, aínda que se produzan pausas para planificar o que se vai dicir e, en ocasións, haxa que formular a mensaxe en termos máis sinxelos e repetir ou reelaborar o dito para axudar á comprensión da persoa interlocutora.

interese persoal ou educativo.

Page 140: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

140

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 1º BAC OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS

CLAVE BLOQUE 3: COMPRENSIÓN DE TEXTOS ESCRITOS

a b c f

-B.3.1. Estratexias de comprensión : Mobilización de información

previa sobre o tipo de tarefa e o tema, a partir da información superficial : imaxes, organización na páxina, t ítulos de cabeceira, etc.

Identificación do tipo de lectura demandado pola tarefa (en superficie ou oceánica, selectiva, intensiva ou extensiva).

Distinción de tipos de comprensión necesarios para a realización da tarefa (sentido xeral, información esencial e puntos principais).

Formulación de hipóteses sobre contido e contexto.

Inferencia e formulación de hipóteses sobre significados a partir da comprensión de elementos significativos, lingüísticos e para-textuais, e do coñecemento e as experiencias noutras linguas.

Reformulación de hipóteses a partir da comprensión de novos elementos.

-B.3.2. Recoñecemento da estrutura das cartas formais (remitente, cabeceira, lugar e data; asunto, saúdo á persoa destinataria, corpo da carta, despedida e sinatura).

-B.3.1. Utilizar estratexias de lectura (recurso ás imaxes, títulos e outras informacións visuais, e aos coñecementos previos sobre o tema ou a situación de comunicación, e aos transferidos desde as linguas que coñece), identificando a información máis importante e deducindo o significado de palabras e expresións non coñecidas. -B.3.2. Seguir instrucións e consignas básicas sinxelas e predicibles, de carácter público, institucional ou corporativo. -B.3.3. Comprender información relevante e previsible en textos descritivos ou narrativos breves, e ben estruturados, nos que se informa de acontecementos, se describen accións, persoas, obxectos e lugares, e se manifestan opinións con expresións sinxelas, relativos a experiencias e a coñecementos propios da súa idade e do seu nivel escolar. -B.3.4. Recoñecer a estrutura das cartas formais (remitente, cabeceira, lugar e data; asunto, saúdo á persoa destinataria, corpo da carta, despedida e sinatura), e comprender un repertorio elemental e básico de expresións fixas de confirmación ou denegación, obriga, coñecemento, necesidade e permiso utilizadas para a concesión dunha bolsa, a confirmación dun pedimento, a reserva dun hotel, etc. -B.3.5. Identificar a información esencial, os puntos máis relevantes e os detalles importantes en textos, en formato impreso ou en soporte dixital, ben estruturados e de curta

-SLEB 3.1. Identifica a información máis importante en textos xornalísticos de xénero informativo, en calquera soporte, breves e ben estruturados e que traten temas xerais e coñecidos ou traballados previamente, e capta as ideas principais de artigos divulgativos sinxelos, cunha linguaxe moi clara e un uso moi limitado de tecnicismos, sobre temas do seu interese.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 3.2. Entende o sentido xeral e os puntos principais de anuncios e comunicacións sinxelos de carácter, público, institucional ou corporativo, que cont eñan indicacións e instrucións de carácter previsible, claramente estruturados, relacionados con asuntos do seu interese persoal ou educativo (por exemplo, sobre cursos, prácticas ou becas).

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 3.3. Identifica a información máis importante en instrucións sobre o uso de aparellos ou de programas informáticos de uso habitual, e sobre a realización de actividades e normas de seguridade ou de convivencia no ámbito público e educativo.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 3.4. Identifica en lecturas adaptadas as liñas xerais do argumento, o carácter dos personaxes e as características do lugar e o tempo en que se desenvolven.

CCL CAA CSC CCEC

-SLEB 3.5. Comprende correspondencia persoal, breve e sinxela, en calquera soporte incluído foros en liña ou blogs, na que se describen e narran feitos e experiencias, impresións e sentimentos, e se intercambian información e opinións sobre aspectos

CCL CAA CSC CCEC CD

Page 141: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

141

ou media extensión, escritos nun rexistro formal, informal ou neutro, que traten asuntos cotiáns, temas de interese ou relevantes para os propios estudos ou as ocupacións, e que conteñan estruturas frecuentes e un léxico xeral de uso común.

concretos de temas xerais, coñecidos ou do seu interese. -SLEB 3.6. Entende o esencial de correspondencia formal institucional ou comercial sobre asuntos que poden xurdir, por exemplo, mentres organiza ou realiza unha viaxe ao estranxeiro (concesión dunha bolsa, confirmación dun pedimento, reserva dun hotel, etc.).

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 3.7. Entende información específica relevante en páxinas web e outros materiais de referencia ou consulta (glosarios, dicionarios, enciclopedias e revistas), claramente estruturados que conteñan mapas, fotografías, imaxes, vídeos ou animacións que axuden á comprensión sobre temas relativos a materias educativas ou asuntos relacionados coa súa especialidade ou cos seus intereses.

CCL CAA CSC CCEC CD

Page 142: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

142

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 1º BAC OBXECTIV

OS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCI

AS CLAVE BLOQUE 4: PRODUCIÓN DE TEXTOS ESCRITOS

a b c f

-B.4.1. Estratexias de produción Planificación : mobilización e coordinación das

propias competencias xerais e comunicativas co fin de realizar eficazmente a tarefa (repasar o que se sabe sobre o tema, o que se pode ou se quere dicir, etc.), localización e uso adecuado de recursos lingüísticos ou temáticos (uso dun dicionario ou dunha gramática, obtención de axuda, etc.) e uso de elementos coñecidos obtidos de modelos moi sinxelos de textos escritos, para elaborar os propios textos.

Execución : elaboración dun borrador seguindo textos modelo, estruturación do contido do texto, organización do texto en parágrafos curtos abordando en cada un unha idea principal, conformando entre todos o seu significado ou a idea global, expresión da mensaxe con claridade axustándose aos modelos e ás fórmulas de cada tipo de texto, reaxuste da tarefa (emprender unha versión máis modesta) ou da mensaxe (facer concesións no que realmente lle gustaría expresar) tras valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles e o recurso aos coñecementos previos (empregar frases feitas e locucións do tipo “ Agora volvo”, “Botar unha man”, etc.).

Revisión : identificación de problemas, erros e repeticións, atención ás convencións ortográficas e aos signos de puntuación, presentación coidada do texto (marxes, limpeza, tamaño da letra, etc.) e reescritura definitiva.

-B.4.2. Elaboración de cartas formais respectando a súa estrutura : remitente, cabeceira, lugar e data; asunto,

-B.4.1. Coñecer, seleccionar e aplicar as estratexias máis adecuadas para elaborar textos (elección da persoa destinataria, finalidade do escrito, planificación, redacción do borrador, revisión do texto e versión final), incorporando esquemas e expresións de textos modelos con funcións comunicativas similares ao texto que se quere producir. -B.4.2. Completar documentos básicos nos que se solicite información persoal ou relativa aos seus estudos ou á súa formación. -B.4.3. Escribir mensaxes sinxelas e breves con información, instrucións e indicacións básicas, e opinións sinxelas, relacionadas con actividades cotiás ou do seu interese. -B.4.4. Producir correspondencia formal para solicitar ou dar información relativa a bens e servizos, a partir de modelos sinxelos e básicos, actuando como mediación lingüística (adecuada ao seu nivel escolar), de ser o caso, cunha presentación do texto limpa e ordenada. -B.4.5. Escribir, en papel ou en soporte dixital, textos de estrutura clara, breves ou de extensión media, sobre asuntos ou temas de interese persoal ou educativo, nun rexistro formal, neutro ou informal, utilizando os recursos de cohesión, as

-SLEB 4.1. Escribe correspondencia persoal, en calquera formato, na que se describe experiencias e sentimentos; narra, de forma lineal, actividades e experiencias presentes e pasadas; e intercambia información e opinións sobre temas concretos nas súas áreas de interese persoal ou educativo.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 4.2. Completa un cuestionario con información persoal, educativa ou ocupacional (nivel de estudos, materias que cursa, preferencias, etc.) cunha finalidade específica, como inscribirse nun curso ou solicitar un campamento de verán

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 4.3. Escribe notas, anuncios, mensaxes e comentarios breves, en calquera soporte, nos que solicita e transmite información e opinións sinxelas, respectando as convencións e as normas de cortesía.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 4.4. Escribe correspondencia formal básica e breve, dirixida a institucións públicas ou privadas ou entidades comerciais, na que pide ou dá información, ou solicita un servizo, respectando as convencións formais e normas de cortesía máis comúns neste tipo de textos, cunha presentación limpa e ordenada do texto.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 4.5. Escribe, nun formato convencional, informes expositivos moi breves e sinxelos nos que dá información esencial sobre un tema educativo, facendo breves descricións e narrando acontecementos seguindo unha estrutura esquemática moi sinxela (título, corpo

CCL CAA CSC CCEC

Page 143: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

143

saúdo á persoa destinataria, corpo da carta, despedida e sinatura. -B.4.3. Elaboración de informes expositivos elementais e breves, organizados nunha estrutura básica que inclúa unha introdución, o corpo do informe, a conclusión e a bibliografía.

convencións ortográficas e os signos de puntuación máis comúns, e amosando un control razoable de estruturas e un léxico de uso frecuente de carácter xeral.

do texto e, de ser o caso, conclusión e bibliografía).

Page 144: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

144

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 1º BAC OBXECTIVOS

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE

BLOQUE 5: COÑECEMENTO DA LINGUA E CONSCIENCIA INTERCULTURAL E PLURILINGÜE -a -b -c -f -p

-B.5.1. Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos : sons e fonemas vocálicos, sons e fonemas consonánticos e as súas agrupacións, procesos fonolóxicos máis básicos e acento tónico dos elementos léxicos illados e na oración. -B.5.2. Patróns gráficos e convencións ortográficas : uso das normas básicas da ortografía da palabra e utilización adecuada da ortografía da oración (coma, punto e coma, puntos suspensivos, parénteses e comiñas). -B.5.3. Aspectos socioculturais e sociolingüísticos : recoñecemento e uso de convencións sociais básicas e normas de cortesía propias da súa idade e de rexistros informal e estándar, e da linguaxe non verbal elemental na cultura estranxeira. Achegamento aos hábitos e ás actividades de estudo, traballo e lecer; condicións de vida e relacións interpersoais (no ámbito educativo, ocupacional e institucional), o contorno xeográfico básico (clima e rexións) e referentes artístico-culturais (feitos históricos e personaxes salientables). Recoñecemento de valores, crenzas, actitudes e tradicións fundamentais, e calquera outro aspecto cultural de interese, así como os aspectos culturais básicos que permitan comprender os países onde se fala a lingua estranxeira e actuar neles adecuadamente. Identificación de algunhas similitudes e diferenzas elementais e máis significativas nos costumes cotiáns entre os países onde se fala a lingua estranxeira e o noso. Actitude receptiva e respectuosa cara ás persoas, os países e as comunidades lingüísticas que falan outra lingua e teñen unha cultura diferente á propia. -B.5.4. Plurilingüismo : identificación de similitudes e diferenzas entre as linguas que coñece para mellorar a súa aprendizaxe e lograr unha competencia comunicativa integrada. Participación en proxectos nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais, e valorando positivamente as competencias que posúe como persoa plurilingüe. -B.5.5. Funcións comunicativas. Iniciación e mantemento de relacións persoais e sociais básicas propias da súa idade. Descrición de calidades físicas e abstractas moi básicas de persoas, obxectos, lugares e actividades. Narración de acontecementos e descrición de estados e situacións presentes, e expresión moi básica de sucesos futuros. Petición e ofrecemento de información e indicacións, e expresión moi sinxela de opinións e advertencias. Expresión do coñecemento, o descoñecemento e a certeza. Expresión da vontade, a intención, a orde, a autorización e a prohibición. Expresión do interese, a aprobación, o aprecio, a satisfacción e a sorpresa, así como os seus contrarios. Establecemento e mantemento básicos da comunicación e a organización elemental do discurso. -B.5.6. Léxico oral e escrito básico de uso común relativo a aspectos

-B.5.1. Expresarse con suficiente fluidez para que poida seguirse sen moita dificultade o fío do discurso, aínda que poidan producirse pausas para planificar o que se vai dicir e, en ocasións, haxa que interromper e reiniciar a mensaxe para reformulala en termos máis sinxelos e máis claros para a persoa interlocutora. -B.5.2. Utilizar as convencións ortográficas, de puntuación e de formato de uso moi frecuente, en textos escritos en diferentes soportes, coa corrección suficiente para non dar lugar a serios malentendidos, aínda que poidan cometerse erros que non interrompan a comunicación. -B.5.3. Utilizar para a comprensión e a produción de textos orais e escritos os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos relativos á vida cotiá (hábitos e actividades de estudo, traballo e lecer), condicións de vida e contorno, relacións interpersoais (entre homes e mulleres, no ámbito educativo, ocupacional e institucional), comportamento (posturas, expresións faciais, uso da voz, contacto visual e proxémica), e convencións sociais (actitudes e valores), axustando a mensaxe á persoa destinataria e ao propósito comunicativo, e amosando a propiedade e a cortesía debidos. -B.5.4. Producir textos e inferir o significado probable de palabras ou frases que descoñece a partir das experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece.

-SLEB 5.1. Produce léxico e estruturas básicas intelixibles no oral e na escrita, e trazos fonéticos que distinguen fonemas (nasalización, sonorización, etc.), e utiliza con eficacia comunicativa patróns básicos de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

CCL CAA CSC CCEC

-SLEB 5.2. Utiliza adecuadamente as convencións orais e escritas básicas propias da lingua estranxeira no desenvolvemento do proceso comunicativo oral e escrito (saúdos, despedidas, fórmulas básicas de tratamento, etc.) e amosa respecto e interese polas diferenzas culturais que poidan existir.

CCL CAA CSC CCEC

-SLEB 5.3. Nas actividades de aula, pode explicar o proceso de produción de textos e de hipóteses de significados tomando en consideración os coñecementos e as experiencias noutras linguas.

CCL CAA CSC CCEC

-SLEB 5.4. Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evita estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 5.5. Comprende e comunica o propósito solicitado na tarefa ou ligado a situacións de necesidade inmediata da aula (pedir ou dar información, agradecer, desculparse, solicitar algo, invitar, etc.) utilizando adecuadamente as estruturas sintáctico-discursivas e o léxico necesarios,

CCL CAA CSC CCEC

Page 145: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

145

culturais variados: vida cotiá : alimentación (pratos e produtos típicos, costumes alimentarios, tabús, convencións sociais, horarios, etc.); familia e amizades; actividades de lecer; viaxes e transportes; festas e celebracións; saúde e educación; compras e actividades comerciais; bens e servizos; contorno : clima, campo, cidade e lugares máis representativos; tecnoloxía : aparellos de uso cotián; calquera outro que se considere de interese; expresións foxas e enunciados fraseolóxicos básicos e moi habituais. -B.5.7. Estruturas sintáctico-discursivas propias de cada idioma.

-B.5.5. Participar en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro docente, relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais. -B.5.6. Distinguir e levar a cabo as funcións demandadas polo propósito comunicativo, mediante os expoñentes básicos das devanditas funcións e os patróns discursivos de uso máis habitual, así como os seus significados asociados (por exemplo, utilizar unha estrutura interrogativa para facer unha suxestión); e empregar para comunicarse mecanismos sinxelos bastante axustados ao contexto e á intención comunicativa (repetición léxica, deíxe, elipse persoal, espacial e temporal, xustaposición, e conectores e marcadores discursivos moi frecuentes), sempre que sexan traballados na clase previamente. -B.5.7. Recoñecer e utilizar un repertorio léxico de uso común relativo a asuntos cotiáns e a temas xerais ou relacionados cos propios intereses, os estudos e as ocupacións, e un repertorio limitado de expresións de uso moi frecuente suficiente para comunicar no seu nivel escolar.

propios do seu nivel escolar suficientes para comunicar con eficacia.

Page 146: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

146

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 1º BAC

CONTIDOS SINTÁCTICO-DISCURSIVOS: FRANCÉS

-Expresión de relacións lóxicas : conxunción, disxunción, oposición (alors que, au lieu de + infinitif, bien que, par contre, malgré, pourtant, tout de même ), causa (puisque), finalidade (de façon à / de manière à + infinitif), comparación (plus...plus, moins...moins, plus...moins, moins...plus), consecuencia (de telle manière que, de façon à ce que), condición (si, même si + indicatif); estilo indirecto. -Relacións temporais (depuis, de...jusqu’à, lorsque, avant / après + infinitif, au moment où, (à) chaque fois que). -Exclamación (Que, Hélas). -Negación : personne ne, rien ne, ne...aucun, ne...que, ne...pas encore. -Interrogación : lequel, laquelle, lesquels, lesquelles, auquel, duquel.

-Expresión do tempo : presente, pasado, futuro. -Expresión do aspecto : puntual (frases simples), durativo ( il était une fois), habitual (de temps en temps, chaque, tous les); incoativo, terminativo. -Expresión da modalidade : factualidade; capacidade (réussir à), posibilidade / probabilidade (c’est (presque) certain), necesidade; obriga, prohibición (défense de, défendu de + infinitif), permiso (permettre de faire quelque chose à quelqu’un, donner la permission à quelqu’un de faire quelque chose); intención / desexo (penser / espérer + infinitif), factitivo o causal con el verbo faire (Pierre a fait tomber son livre / Pierre s’est fait couper les cheveux). Cortesía

-Expresión da existencia (presentativos), da entidade (artigos, sustantivos, pronomes persoais, adxectivos e pronomes demostrativos, pronomes persoais OD e OI, en, y, proposicións adexectivas) a cualidade, a posesión (adxectivos posesivos). -Expresión da cantidade (fraccións; decimais; porcentaxes; artigos partitivos). Adverbios de cantidade e medidas e do grao.

-Expresión do espazo : prépositions et adverbes de lieu, position, distance, mouvement, direction, provenance, destination. -Expresión do tempo : puntual (dans nº jours), divisións (dans les années, quinzaine), indicacións de tempo (au début, à la fin, en début de semaine), duración (matinée, journée, soirée), anterioridade (jusqu’à ce que), posterioridade (dès que, depuis le temps que), secuenciación (premièrement, deuxièmement), simultaneidade (lorsque, lors de + nom), frecuencia (tous / toutes les..., généralement, quelquefois, rarement, presque jamais). -Expresión do modo (de cette manière, de cette façon-là).

Page 147: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

147

UNIDADE DO LIBRO

Nº DE SESIÓNS E TEMPORALIZACIÓN

OBXECTIVOS TAREFAS CONTIDOS CONTIDOS MÍNIMOS

DOSSIER 1

“AIMER APPRENDRE”

8 sesións en setembro / outubro

-Falar das aprendizaxes -Dar a súa opinión -Expresar as súas reaccións, emocións, motivacións e opinións. -Falar de feitos pasados.

-Rede de saberes colectivos. -O contrato de aprendizaxe na clase.

Gramática : o “passé composé”, a negación no “passé composé”, expresar as reaccións e as emocións “avoir du mal”, “oser”, “·ne pas arriver à”, “se sentir”, os pronomes COI, os verbos de opinión e a expresión da causa. Léxico : o lecer, os modos de aprendizaxe, as reaccións, emocións, motivacións e opinións. Fonética : as sílabas abertas e pechadas e a oposición /e/ /ε/. Cultura : o acompañamento nos deberes.

-O “passé composé” -O lecer e os modos de aprendizaxe

DOSSIER 2

“BIENVENUE CHEZ MOI !”

7 sesións en outubro / novembro

-Falar dos distintos tipos de aloxamento. -Describir un aloxamento (as habitacións, os mobles e os obxectos). -Localizar no espazo. -Facer comparacións. -Expresar preferencias. -Falar das actividades cotiás.

-Proxecto de decoración dun salón. -Presentación do aloxamento ideal

Gramática : os comparativos, o superlativo, o pronome “y” e as preposicións de lugar. Léxico : expresións lexicais, os adxectivos de cor, o aloxamento e a expresión do gusto. Fonética : o encadeamento, a oposición /œ/ /ø/ e os adxectivos femininos en /øz/. Cultura : o aloxamento dos estudantes e o hábitat participativo.

-Os comparativos e o superlativo -O pronome “y” -O fogar

DOSSIER 3 8 sesións en decembro -Situar no pasado. -Describir situacións do pasado e do presente.

-Entrevista sobre a historia da familia. -Exposición fotográfica sobre a

Gramática : o imperfecto do indicativo, os conectores de presente e de pasado, as expresións de continuidade e

-O imperfecto de indicativo -Conectores de presente e pasado -Evolucións da sociedade e

Page 148: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

148

“ J’Y ÉTAIS ” historia da vila. discontinuidade temporais, a subordinada con “quand” e os adxectivos e os pronomes indefinidos. Léxico : os acontecementos históricos, as emocións, as evolucións da sociedade e as reivindicacións sociais. Fonética : a oposición /o/ /ɔ/, os grupos rítmicos e a pronuncia da palabra “plus”. Cultura : as leis que cambiaron a vida dos franceses.

reivindicacións sociais

DOSSIER 4

“RÉCITS DE VIE ”

7 sesións en xaneiro -Facer preguntas sobre unha biografía. -Describir e contar feitos e situacións do pasado. -Contar anécdotas. -Situar acontecementos no pasado. -Falar de acontecementos que poden cambiar a vida das persoas.

-Biografía dunha persoa coñecida. -Álbum de lembranzas da clase.

Gramática : a oposición “passé composé” / imperfecto na narración e os pronomes relativos simples “qui” “que” e “où”. Léxico : os momentos e as etapas da vida, os conectores do presente e do pasado (2), o presente continuo “être en train de” e expresións para interactuar. Fonética : a sílaba longa e a oposición /e/ /ǝ/. Cultura : as lembranzas de infancia.

-Os pronomes relativos simples -A alternancia “passé composé / imparfait” -Conectores de presente e pasado (2)

DOSSIER 5

“SPORT ET SANTÉ AU FUTUR ”

8 sesións en febreiro -Falar da súa saúde. -Falar dos beneficios do deporte. -Describir as doenzas e os seus síntomas. -Facer previsións. -Falar do futuro. -Falar de condicións e

-Presentación da tendencia deportiva do futuro. -Artigo sobre a saúde no futuro.

Gramática : o imperativo, o futuro simple, os conectores do futuro, a expresión da hipótese “Si + Présent + Futur” e os graos de certeza. Léxico : o deporte, as doenzas e os síntomas, o corpo humano e a saúde e as novas

-O imperativo -Os conectores de futuro -O deporte

Page 149: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

149

consecuencias. -Expresar diferentes graos de certeza.

tecnoloxías. Fonética : a liaison, as consonantes de liaison e as oposicións /s/ /z/ e /ſ/ /ƺ/. Cultura : os novos deportes á moda.

DOSSIER 6

“ AVEC PLAISIR !”

7 sesións en marzo -Pedir un favor. -Pedir autorización. -Rexeitar e aceptar -Xustificarse. -Falar de comportamentos adecuados e inadecuados.

-Guía do saber vivir. -Os dez mandamentos da clase.

Gramática : as expresións impersoais de obriga, prohibición e consello e o condicional presente. Léxico : as expresións dos sentimentos, as fórmulas de solicitación, aceptación, rexeitamento e xustificación e as fórmulas de cortesía. Fonética : a liaison (2) e o “e” mudo. Cultura : experiencias interculturais e a cortesía.

-O condicional presente -Expresións impersoais de obriga, prohibición e consello

DOSSIER 7

“VIVRE AUTREMENT ”

8 sesións en abril -Falar dos seus modos de vida. -Propoñer solucións para mellorar o mundo. -Expresar unha intención ou un obxectivo.

-Proxecto feito cos principios da financiamento participativo. -Fichas con solucións para mellorar o mundo..

Gramática : os adxectivos cualificativos, a colocación do adxectivo, os pronomes demostrativos e a expresión da finalidade. Léxico : o consumo, a ecoloxía e o da vida en sociedade. Fonética : a entoación, o son /R/. Cultura : a obsolescencia programada.

-A colocación do adxectivo -Os adxectivos cualificativos -O consumo e a ecoloxía

DOSSIER 8

“AU TRAVAIL ”

7 sesións en maio / xuño

-Expresar condicións hipotéticas. -Expresar desexos. -Falar de conflitos nos traballo.

-Traballo sobre os conflitos laborais. -Enquisa para describir a visión ideal do traballo.

Gramática : a expresión do desexo, revisión da negación, a expresión da hipótese “Si + imparfait + conditionnel”, a expresión da oposición e os adverbios en “-ment”.

-A expresión da oposición -As condicionais de segundo tipo

Page 150: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

150

Léxico : as condicións de traballo, os valores e os conflitos no traballo. Fonética : as pausas e as vogais nasais. Cultura : as “start-up” francesas.

Page 151: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

151

6. CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Partindo dos principios metodolóxicos expresados polo Consello de Europa e desenvoltos no MCER, a aprendizaxe e ensino de idiomas deben partir do concepto da lingua como vehículo de comunicación na realización de todo tipo de tarefas da vida real a través de actividades nas que cómpre actuar cos demais oralmente ou por escrito e utilizar as competencias comunicativas lingüísticas, pragmáticas, sociolingüísticas e socioculturais ao mesmo nivel. Deste xeito os obxectivos do curso abarcando e solapando as distintas destrezas (comprensión e expresión oral, escrita e interacción) deben coincidir coa consecución de tarefas reais e probables nos distintos eidos da vida cotiá e do contorno de intercambio internacional no que nos movemos no século XXI. Pola mesma razón, a metodoloxía debe asumir, citando o MCER “un enfoque comunicativo de acción e enfoque de aprendizaxe no uso ,” quere dicir, debe estar encamiñada ao desenvolvemento práctico e eficaz da competencia comunicativa a través da resolución efectiva e real de ditas tarefas e non só centrado nas competencias lingüísticas, senón tamén en todas as capacidades que o individuo, como axente social, debe utilizar para integrarse eficazmente noutra comunidade con lingua e cultura propias.

Neste enfoque é fundamental que as tarefas propoñan as situacións de

comunicación máis comúns da vida real e se practiquen nas clases da forma mais auténtica posible. Cómpre que os materiais utilizados sexan tamén auténticos na medida do posible. En calquera caso, débense buscar mostras de lingua oral e escrita que faciliten a adquisición das competencias necesarias para desenvolver cada tarefa comunicativa. Débense sempre seleccionar mostras nas que a relación entre forma, función e uso sexan transparentes. É necesario que este material contribúa ao desenvolvemento da auto-confianza do aprendiz no seu proceso de aprendizaxe. Así mesmo, proponse un enfoque metodolóxico procesual no aprendiz e nas súas necesidades na medida en que se terán en conta os intereses, ritmos, estilos de aprendizaxe, coñecementos previos do alumnado para a selección e secuenciación de tarefas e materiais, dentro do marco curricular en que se desenvolven os cursos.

O papel docente é de deseñar, presentar, impulsar e avaliar as actividades

comunicativas, e de orientar o aprendiz e facilitarlle a adquisición e activación das estratexias necesarias para unha aprendizaxe autónoma, desenvolvendo a súa capacidade de auto-avaliación e a asunción da súa propia responsabilidade no proceso, en colaboración cos demais membros do grupo tanto dentro como fóra da clase. Aínda que a aula é o espazo social de aprendizaxe, exposición e análise de logros, de acontecemento comunicativo, tamén se poden usar outros lugares para estas mesmas fins, ben sexa para investigar na biblioteca ou para realizar tarefas na sala de ordenadores. Ademais resulta interesante e motivador o uso doutros espazos onde a tarefa sexa real e non só simulada.

A avaliación é parte integral do proceso de aprendizaxe e serve para a valoración

de todos os factores que interveñen nel. É un instrumento para reflexionar, revisar, reorientar e reparar en todo momento todos os elementos do currículo (programacións, aula, materiais, actividades, etc.). Dadas as características do noso alumnado, é patente a

Page 152: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

152

necesidade de atención á diversidade de niveis de competencia, tanto xeral como por destrezas, de ritmos e intereses.

Cando se considere aconsellable intentaranse diversificar tamén as tarefas así como a forma de traballo dos alumnos para poder facilitar o progreso individual. A orientación e acción titorial do docente cara ao alumno estará integrada no proceso de aprendizaxe e avaliación dentro da aula, procurando o fomento da autonomía e reflexión acerca de como aprender de forma máis efectiva. Se for preciso, utilizarase o tempo reservado ás titorías.

Merecen mención especial, ademais dos recursos escritos e audiovisuais

tradicionais, os novos recursos, as TIC, cos que se traballará cada vez máis polo seu carácter auténtico, motivador e facilitador da práctica autónoma.

Neste enfoque integral queda patente que a competencia comunicativa non só

depende da capacidade de uso do idioma no seu aspecto gramatical, senón tamén no sociolingüístico, pragmático, intercultural e estratéxico. Todos estes elementos, xa sexan gramática, léxico, fonética, aspectos culturais, estratexias de aprendizaxe, etc., non son un fin en si mesmos senón ferramentas para lograr o que en último termo se pretende: unha comunicación eficaz.

De todo isto derívanse dous aspectos fundamentais: por unha parte, un enfoque

metodolóxico baseado no traballo por tarefas reais; e por outra parte, o papel do alumno como principal responsable da súa aprendizaxe e por tanto a súa capacidade para ser autónomo.

O emprego da lingua francesa nas clases será progresivo e converterase na

lingua vehicular das sesións de clase nos niveis máis altos. O recurso ao castelán e ao galego serán necesarios cando as dificultades de comprensión así o sinalen. Preferirase, en calquera caso, facer uso de paráfrases, procura de sinónimos ou a xestualidade coa fin de evitar o recurso á lingua nai. Porén, as actividades de mediación estarán incluídas nas nosas unidades didácticas coa fin de dar resposta a esa nova destreza recollida no MCER.

O Departamento ten programadas actividades específicas para cada curso a partir do que chamamos na programación fichas de traballo elaboradas e aportadas polo Departamento. Son fichas baseadas na lectura que poñen en marcha unha metodoloxía activa e participativa, que integran cuestionarios de comprensión (oral e escrita), que facemos en grupo, en parellas ou individualmente (lectura silenciosa), a partir de todo tipo de textos obtidos en diferentes fontes informativas (literarios, xornalísticos, publicitarios...), en soporte impreso ou electrónico.

Os principais materiais e recursos didácticos propios do Departamento de lingua

francesa son os seguintes:

LIBROS DE TEXTO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS 2020/2021

CURSO TÍTULO EDITORIAL ANO ISBN

1º BAC Non se esixe manual. O profesor entregará as fotocopias feitas no servizo de

Page 153: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

153

reprografía do centro

-Fichas de traballo preparadas e facilitadas polo Departamento, centradas nun tema concreto (a música, o deporte, a saúde…) que inclúe gramática, léxico, verbos, cultura e civilización, lectura, temas transversais, interdisciplinariedade. -Cintas de audio e vídeo (películas, cancións, relatos…). -Libros de lecturas curtas, revistas e xornais, dicionarios e libros de consulta ( do Departamento ou da Biblioteca). -Utilización dos ordenadores e de Internet. Citamos algunhas das páxinas web ás que accederemos para consultas e exercicios.

http://www.lepointdufle.net http://www.log.ccsf.cc.ca.us/ http://www2.sp.utexas.edu/fr/ http://www.didieraccord.com/ http://babelnet.sbg.ac.at/canalreve/ http://www.bonjourdefrance.com/ http://francais-affaires.com/ http://www.rfi.fr

BIBLIOGRAFÍA :

A) VOCABULARIO : AYKÜZ, Anne et alli (2000) : Exercices de vocabulaire en contexte. Niveau intermédiaire . Paris, Hachette. BOCHART-FIÈVEZ, Jeannine e Jean DELAHAUT (1990) : Richesse du vocabulaire. Paris, Duculot. ÉLUERD, Roland e Jacques FRANÇOIS (1991) : Vocabulaire expliqué du français. 350 exercices, textes et glossaires. Vanves, Hachette. FILPA-EKVALL, Dominique e Francis PROUILLAC (1986) : Vocabulaire illustré. 350 exercices. Niveau debutant. Vanves, Hachette. GALLIER, Thierry (2003) : Vocabulaire. 450 nouveaux exercices. Niveau intermédiaire. Paris, CLE International. GALLIER, Thierry (2003) : Vocabulaire. 450 nouveaux exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International. LEROY-MIQUEL, Claire e Anne GOLIOT-MARIE (1997) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau intermédiaire . Paris, CLE International. MIMRAN, Reine (2004) : Vocabulaire expliqué du français. Niveau débutant. Paris, CLE International.

Page 154: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

154

MIQUEL, Claire (1999) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau avancé. Paris, CLE International. MIQUEL, Claire (2002) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International. B) GRAMÁTICA :

BADY, J. e alii (1997) : Conjugaison. 350 exercices 1000 verbes à conjuguer. Paris, Hachette. BARNOUD, Catherine e Évelyne SIREJOLS (1992) : Grammaire.Entraînez-vous. Exercices 1. Niveau débutant. Paris, CLE International. BEAULIEU, Christian (2005) : Je pratique. Exercices de grammaire A1 . Paris, Didier. BOULARÈS, Michèle e Jean-Louis FRÉROT (2003) : Tests d’évaluation. Grammaire progressive du français. Niveau avancé . Paris, CLE International. BOULARÈS, Michèle e Jean-Louis FRÉROT (1997) : Grammaire progressive du français avec 400 exercices. Niveau avancé . Paris, CLE International. BOULARÈS, Michèle e Odile GRAND-CLÉMENT (2000) : Conjugaison progressive du français avec 400 exercices. Paris, CLE International. DELATOUR, Yves et alii (2004) : Nouvelle grammaire du français. Cours de civilisation française de la Sorbonne. Paris, Hachette. DELATOUR, Yves et alii (2000) : Grammaire pratique du français en 80 fiches. Paris, Hachette. GREVISSE, Maurice (1990) : Précis de grammaire française. Paris, Duculot. GRÉGOIRE, Maïa (1997) : Grammaire progressive du françias avec 400 exercices (CD-ROM inclus). Niveau débutant. Paris, CLE-International. GRÉGOIRE, Maïa e Odile THIÉVENAZ (1995) : Grammaire progressive du français avec 500 exercices. Paris, CLE International. JOB, Béatriz (2002) : La grammaire. Français : théorie et pratique . Madrid, Santillana.

C) ORTOGRAFÍA :

CHOLLET, Isabelle e Jean-Michel ROBERT (2004) : Ortographe progressive du français avec 400 exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International.

D) FONÉTICA :

CHARLIAC, Lucille e alii (2003) : Phonétique progressive du français avec 400 exercices. Paris, CLE International.

E) COMPETENCIAS COMUNICATIVAS MARCO COMÚN EUROPEO :

BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2006) : Compréhension orale. Niveau 1. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2006) : Compréhension orale. Niveau 2. Paris, CLE International.

Page 155: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

155

BARFÉTY, Michèle (2006) : Expression orale. Niveau 3. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2005) : Expression orale. Niveau 1. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2005) : Expression orale. Niveau 2. Paris, CLE International. BLOOMFIELD, Anatole e alii (2006): DELF B2 200 activités. Paris, CLE International. BRETONNIER, Marie e alii (2007) : Les clés du nouveau DELF B2. Maisons des langues, Barcelona. CHEVALLIER-WIXLER, Dominique (2007) : Réussir le DALF. Niveaux C1 et C2. Paris, Didier. GODARD, Emmanuel (2007) : Les clés du nouveau DELF B1. Maisons des langues, Barcelona. KOBER-KLEINERT, Corinne e alii (2007) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence C1-C2. Paris, CLE International. LESCURE, Richard e alii (2005) : DELF A1. 150 activités. Paris, CLE International. LIRIA, Philippe e Jean-Paul SIGÉ (2005) : Les clés du nouveau DELF A1. Maisons des Langues, Barcelona. PARIZET, Marie-Louise e alii (2005) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence A2 . Paris, CLE International. PARIZET, Marie-Louise e alii (2005) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence A1 . Paris, CLE International. PATCHOD, Alain e Pierre-Yves ROUX (1999) : 80 fiches pour la production orale. Paris, Didier. POISSON-QUINTON, Sylvie (2004) : Expression écrite. Niveau 1. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2. Compétences A2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2007) : Compréhension écrite. Niveau 3 . Compétences B1. Paris, CLE International.

7. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN, INSTRUMENTOS DE

AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN. 7.1 Procedementos de avaliación 7.1.1. Avaliación inicial

Nos primeiros días do curso escolar terá lugar unha proba específica sinxela -oral ou escrita- para avaliar o grao de dominio dos contidos mínimos que se consideran

Page 156: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

156

imprescindibles para construíren sobre eles as novas aprendizaxes propias da materia. Esta proba non terá repercusión na cualificación da materia. Antes da sesión da avaliación inicial, mediante a observación directa nas clases, tamén se recollerá información das particularidades da forma de aprender de cada alumno/a (habilidades, estratexias e destrezas desenvolvidas, é dicir, manexo de procedementos) así como a información sobre o grao de integración social do alumno/a (consigo mesmo, cos compañeiros e compañeiras e co profesorado).

A avaliación levarase a cabo tendo en conta os diferentes elementos que constitúen o currículo, é dicir, as competencias básicas, os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación. 7.1.2. Avaliación ordinaria

Ao longo do curso realizaranse tres sesións de avaliación, unha por cada trimestre ( para cada curso un único exame que terá lugar en dúas sesións de clase en cada avaliación). A última destas avaliacións coincidirá coa avaliación final ordinaria do mes de xuño ( aprobar a terceira avaliación quere dicir acadar unha cualificación positiva en xuño). Para aqueles alumnos que non acadasen a cualificación de apto na terceira avaliación, haberá unha proba de recuperación que versará sobre os contidos mínimos da materia e que terá lugar na semana anterior á sesión de avaliación. 7.1.3. Avaliación extraordinaria

Coa lexislación vixente está previsto un exame extraordinario de setembro para

o alumnado que non acade unha cualificación positiva na convocatoria ordinaria de xuño. Na data de setembro que acorde o centro educativo realizarase un exame escrito, sendo necesario obter unha nota mínima de 5 para superalo. O alumnado que nesta convocatoria non acade cualificación positiva e promocione de curso, levará a materia pendente ( e aprobará automaticamente tan pronto aprobe unha avaliación do curso seguinte). Un alumno que non pode asistir a unha proba ou exame por causa xustificada terá dereito a facelo outro día, previa presentación do xustificante perante o titor do seu grupo.

7.2. Instrumentos de avaliación Para avaliar a materia poderanse utilizar os seguintes instrumentos :

-Probas escritas (de expresión e comprensión). Os exercicios destas probas serán semellantes aos feitos na clase no caderno e nas fichas de traballo. -Probas orais de lectura e/ou conversa ( de expresión e comprensión). -Realización e valoración das fichas temáticas de traballo individual feito na clase ou na casa. -Traballos feitos individualmente ou en grupo. -Valoración do caderno persoal de clase porque é un elemento importante para a progresión do alumno e do control adquirido. -Anotacións procedimentais derivadas da observación directa, capacidade organizativa, presentación dos traballos…etc.

Page 157: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

157

-Valoración da curiosidade e interese pola materia, da participación, da creatividade, investigación persoal e o esforzo. -Valorarase a autonomía na aprendizaxe, a capacidade do alumno para recompilar información, empregar libros de consulta, dicionarios e resolver as súas dúbidas.

Esquecer continuamente o material na casa, a falta de limpeza, orde ou materia no caderno persoal, a non entrega ao profesor das fichas de traballo e negarse a participar na clase serán obxecto de penalización na nota de clase que é de 20% do total da nota final.

7.3. Criterios de cualificación

A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado será continua, polo que implicará un seguimento do proceso e dos resultados das aprendizaxes ao longo de todo o curso. En cada avaliación intentarase que existan probas que recollan contidos da avaliación anterior, de xeito que se poida valorar a progresión do alumnado na materia. Facemos por trimestre un único exame ao final da avaliación ocupando dúas sesións de clase. Este exame comprende probas específicas orais e escritas (expresión e comprensión) que representan o 80% da nota da avaliación. Os exercicios destas probas serán semellantes aos realizados na clase (no caderno do alumno e nas fichas de traballo facilitadas polo departamento a cada alumno). Cada unha destas probas (que terán lugar en dúas sesións de clase diferentes) terá a seguinte estrutura :

a) Comprensión escrita (2,5 puntos) b) Comprensión oral (2,5 puntos) c) Expresión escrita (2,5 puntos) d) Gramática e vocabulario (2,5 puntos)

Cada unha destas probas supón un total de 10 puntos, e logo de sumar as notas das diferentes partes do exame, faise a correspondente operación matemática para que represente o 80% da nota. O outro 20% vén dado polos traballos feitos na clase ou na casa, en individual ou en grupo, a participación oral na clase, o interese e o esforzo. Na terceira avaliación, coa fin de mellorar a nota, os alumnos xa aptos teñen a posibilidade de facer un exame oral que, superado con éxito, permite obter un punto máis para a cualificación final.

8. MEDIDAS DE ATENCIÓN À DIVERSIDADE

Actualmente a lexislación sobre diversidade deixou de entendela como algo excepcional para convertela na norma: cada alumno é diverso e heteroxéneo, ten

Page 158: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

158

distintas características, necesidades, ritmos, estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais.

Para atender a este alumnado diverso temos que axustar a resposta educativa a cada alumno, de xeito que cubramos as necesidades individuais do conxunto global do alumnado. Todo un reto.

Precisamos poñer en xogo todos os elementos organizativos e metodolóxicos, coa fin de cubrir as necesidades educativas específicas ou non específicas que presenten os nosos alumnos. A atención á diversidade é responsabilidade de todos e cada un dos profesores do centro, asesorados polos profesionais da orientación e apoiados polas accións realizadas neste ámbito polos equipos directivos.

Educar na diversidade supón unha escola para todos, na que todos teñan cabida coas súas características individuais. Unha escola, na que se lle ofreza a cada un, aquilo que mellor lle axude a desenvolver a súa máxima potencialidade, partindo do que é. Unha escola capaz de desenvolver un conxunto de accións encamiñadas a previr e dar resposta as posibles necesidades de todo o alumnado do centro e, entre eles, a aquel que require unha actuación específica derivada das súas necesidades educativas especiais, de altas capacidades, de dificultades de aprendizaxe, da súa incorporación tardía ao sistema educativo, das súas condicións persoais ou de historia escolar.

Farase un seguimento individualizado do alumnado ao longo de todo o curso desde a avaliación inicial nas primeiras semanas de clase. Tomaranse as medidas axeitadas para acadar o obxectivo buscado: a consecución dos obxectivos pola parte dos alumnos. Estas medidas inclúen o tratamento de materiais complementarios no caso daqueles alumnos que amosen algunha dificultade puntual ou mesmo no caso de aqueles alumnos que polas súas circunstancias persoais teñan un contacto maior coa lingua estranxeira obxecto de estudo, que recibirán materiais complementarios de reforzo, afondamento e ampliación dos contidos mínimos vistos na clase.

Estas medidas de atención á diversidade serán desenvolvidas tanto no ensino presencial como no caso hipotético de que houbese que impartir parte do curso de maneira telemática ou semi-presencial. Barállase a posibilidade de establecer contacto vía telefónica con aqueles alumnos que non tivesen unha conexión boa que permitise o seguimento axeitado das actividades do curso.

A programación será aberta e flexible, para poder atender á diversidade do alumnado e tentar previr ou evitar a aparición de dificultades de aprendizaxe. Para iso é importante personalizar o proceso de ensinanza-aprendizaxe e fomentar que o alumnado traballe de xeito colectivo co obxecto de conseguir superar as deficiencias individuais. Trátase de que a diversidade se converta en riqueza e variedade e que os diferentes niveis converxan. Tentaremos alternar actividades de diferente nivel de dificultade para que todo o alumnado se sinta integrado na dinámica da clase, tratando de fomentar a súa confianza en si mesmo e animándoo a perseverar e a superar o medo ao erro. Propoñemos varias posibilidades:

a) Traballo de varios grupos en paralelo a partir de actividades propostas con axuda de fichas, propoñendo estratexias diferentes sinxelas, mostrándolle ao alumnado que os diferentes niveis se complementan en lugar de excluirse para que esta diversidade se converta en elemento de reflexión para aprender a aprender.

b) Propoñemos tamén un tratamento da diversidade a través de actividades de expresión oral ou escrita libre ou semi-libre, e en grupos ou subgrupos

c) Pequenos esquemas sobre aspectos claves de gramática d) Insistencia no traballo da expresión escrita

Page 159: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

159

e) Reforzo nos aspectos orais insistindo en situacións figuradas, conversacións sobre un tema concreto ou por medio de micro- debates Se coa práctica docente diaria se observase na aula a existencia de alumnos con especiais características tales que requirisen formulacións particulares, ofrecerase a estes alumnos/as, co apoio e asesoramento do Departamento de Orientación, vías adaptadas ás súas necesidades. Estas vías específicas buscarían o máximo desenvolvemento das súas capacidades para que puidesen acceder a metas iguais ás propostas aos seus compañeiros.

9. PROCEDEMENTO PARA A CUALIFICACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES E TRATAMENTO DOS CONTIDOS IMPRESCINDIBLES NON IMPARTIDOS NO CURSO 2019/2020

Ao tratarse do primeiro curso dunha nova etapa educativa, non pode haber alumnos que teñan pendente a materia Segunda Lingua Estranxeira: Francés do curso anterior. Do mesmo xeito, non hai tampouco un plan específico de tratamento dos contidos imprescindibles da nosa materia no curso anterior a este e que non foron vistos no terceiro trimestre do curso 2019/2020 por mor do confinamento causado pola pandemia do Covid. Ao tratárense de etapas educativas diferentes, non se considera que exista continuidade entre os contidos propios da materia Segunda Lingua Estranxeira: Francés 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

10. CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS. EDUCACIÓN EN VALORES Os contidos transversais fan referencia a certos valores morais e de convivencia que veñen recollidos na Constitución, como son a igualdade, democracia e tolerancia, e tamén aos contidos necesarios para que o alumnado se poida enfrontar a certas problemáticas da sociedade actual: saúde, desigualdade, medio ambiente… Estes temas, que se irán desenvolvendo e tratando nas unidades que sexan máis propicias e próximas a cada un deles, abranguen eidos como a Educación para a saúde, Educación moral e cívica, Educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos, Educación viaria, Educación ambiental, Educación do consumidor ou Educación para a paz. Os temas transversais son un conxunto de saberes baseados en actitudes, valores e normas, que dan resposta a algúns problemas sociais existentes na actualidade. Son uns contidos que non poden constituír unha sola área, e que han de ser tratados por todas elas de maneira global e programada, aínda que tamén poden ser tratados a través do currículo oculto, que cada docente, equipo ou centro transmite coas súas opinións.

O concepto da educación en valores é moi amplo, mais en termos xerais refírese ao conxunto de estratexias e de dinámicas de relacións que teñen como obxectivo formar en civismo e en modelos de convivencia baseados no respecto, a empatía e a igualdade.

Os Temas Transversais incorporáronse à educación como aspectos de noso mundo que deben ser abordados desde unha perspectiva moral. Os temas transversais supoñen unha oportunidade de globalizar o ensino e de realizar unha verdadeira programación interdisciplinar.

Page 160: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

160

A educación en valores é un concepto amplo e complexo, que esixe a implicación tanto dos ensinantes como tamén dos pais e nais e da sociedade en xeral. Educar en valores significa ampliar o alcance da educación de maneira que non só se limite ao ensino e á aprendizaxe de materias, habilidades e temarios, senón que tamén se presentan metas vencelladas ao ámbito moral e ao civismo, co obxectivo final de formar cidadáns responsables.

A través da educación en valores, inténtase profundar e enraizar unha cultura e unha maneira de ser e de se comportar baseadas no respecto aos demais, a inclusión e as ideas democráticas e solidarias.

Na nosa contorna, caracterizada pola complexidade social e a globalización económica e cultural, educar en valores convértese nunha cuestión esencial para formar cidadáns capaces de asumir os novos retos e de se comprometer activamente, xogando un papel activo e eficaz na construción dun mundo moito máis xusto, inclusivo, equitativo e intercultural.

Para que isto non quede nunha proposta de boas intencións nin nun elemento residual tratado moi poucas veces na clase, cómpre planificar a educación en valores con criterios serios, formais e obxectivos. As nosas unidades didácticas artéllanse coa educación moral e cívica como eixo principal, arredor do cal xiran de maneira transversal unha serie de temas. As nosas unidades didácticas inclúen:

A igualdade de oportunidades con independencia do sexo, raza, clase social, orixe, cultura, nacionalidade, relixión ou orientación sexual.

A valoración con espírito crítico dos valores que rexen na nosa sociedade: costumes, hábitos de consumo, produtos culturais.

Coñecemento e análise dos mecanismos que rexen a nosa sociedade. Énfase nos valores igualitarios. Rexeitamento das actitudes discriminatorias. Ensino de pautas de respecto do medio ambiente por parte das

comunidades e dos individuos. Importancia do desenvolvemento sostible nos ámbitos económicos,

sociais e culturais da vida do ser humano. Potenciación do lecer na contorna natural. Promoción da saúde como valor fundamental e recurso básico para o

desenvolvemento persoal e social. Estimulación da adquisición de hábitos e conductas saudables. Eliminación ou redución daqueles comportamentos que supoñen un risco

para a saúde. Traballo da educación para a saúde desde unha perspectiva dinámica,

persoal e colectiva. Coñecemento das características e comportamentos humanos no que

concirne a sexualidade. Elaboración na aula de programas efectivos para facer os alumnos

tolerantes coa sexualidade dos demais. Toma de conciencia do risco que supoñen certas prácticas sexuais en

ausencia de prevención. Coñecemento da importancia que ten para a seguridade do cidadán o

respecto ás normas e aos sinais de tráfico. Estimulación de hábitos de comportamento perante os accidentes de

tráfico coa fin de coñecer as estratexias básicas de primeiros auxilios.

Page 161: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

161

Creación de habilidades nas decisións vencelladas ao consumo. Promoción dun consumo lóxico e responsable, valorando os efectos

sobre o medio ambiente. Coñecemento dos dereitos e deberes dos consumidores.

11. CONTRIBUCIÓN AO PLAN ANUAL DE LECTURA

É evidente que esta materia contribúe a promover o hábito da lectura. En todas as unidades didácticas lense, discútense e analízanse textos de diferentes tipos e finalidades. Entre as actividades propostas ao longo do curso temos a lectura de diferentes textos, para que gocen coa lectura e, nalgúns casos, resolvan actividades sobre eles.

O plan anual de lectura e o proxecto lector garantirán a formación progresiva do alumno nas habilidades básicas da súa formación como individuos e cidadáns. Para iso, as diferentes tecnoloxías da información e comunicación dispoñibles para os estudantes utilizaranse cun enfoque funcional.

A formación integral na lectura require un traballo gradual e continuo, por iso traballaremos con diferentes tipoloxías discursivas, presentadas á súa vez en soportes variados. Entre as actividades específicas destinadas ao desenvolvemento do plan de lectura, están as seguintes:

- Actividades cotiás de comprensión e expresión lectora, orais e escritas. - Preparación de resumos e esquemas. - Lectura reflexiva de enunciados de preguntas e cuestionarios traballados na aula. - Lectura reflexiva e comentario de teoría lingüística e literaria. - Preparación de traballos, tarefas de investigación e proxectos que requiran o uso

de fondos da biblioteca do centro e / ou doutras bibliotecas. - Uso das ferramentas informáticas adecuadas para cada traballo ou proxecto. - Lectura e análise de textos comerciais e publicitarios, difundidos a través de

diferentes soportes - Lectura de textos e / ou libros relacionados co tema. - Ampliación e reforzo do tema traballado na aula. - Lectura e comentario crítico de textos. - Redacción de textos coherentes. - Fomento da creatividade do alumnado. - Interpretación de material gráfico. - Traballo con definicións de termos para facilitar a comprensión dos contidos e

enriquecer o léxico. - Presentacións orais e escritas baseadas en diversos criterios e finalidades.

12. CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA

O Departamento contribuirá ao desenvolvemento do Plan de Convivencia desenvolvido polo centro, colaborando con todos os proxectos e plans incluídos nel, á vez que realizará as súas propias achegas.

Obxectivos: - Establecer un marco de referencia que facilite as relacións, a comunicación e a

participación do alumnado nas actividades realizadas nesta área.

Page 162: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

162

- Promover os valores democráticos de solidariedade, tolerancia, colaboración e respecto ás persoas e ás ideas.

- Facilitar e previr manifestacións de violencia e actitudes e comportamentos xenófobos e racistas, rexeitando sempre a violencia como medio de resolución de conflitos. Actuacións:

- As relacións persoais rexeranse polo respecto mutuo, a comprensión, a aceptación e a tolerancia.

- Todos os membros da comunidade educativa deben: ser educados e amables no trato, pedir perdón cando sexa necesario, traballar con alegría e optimismo, non impoñer as nosas propias ideas, utilizar as regras básicas de cortesía, etc.

- Os profesores deben recoñecer os logros dos alumnos, celebrar os seus éxitos e aplicar un sistema de recompensas dirixido a consolidar a autoestima dos mozos.

- Comprender a educación actual e o seu compromiso cos valores básicos da vida en convivencia, é dicir, incorporar efectivamente valores éticos (xustiza, solidariedade, igualdade, tolerancia, respecto, paz ...) en proxectos educativos que favorezan e fagan posible unha sociedade máis humanizada e democrática.

- Toda a programación didáctica debe contemplar unha serie de contidos transversais compartidos por todas as áreas de coñecemento e que teñan unha carga de valor elevada. Estes contidos favorecerán a convivencia dos alumnos en tres niveis: na aula, no centro e no ámbito persoal e familiar, contribuíndo así á educación e á cultura de paz, así como ao pleno desenvolvemento do plan de convivencia do centro.

- Aumentar o grao de implicación e participación de todos os membros da comunidade educativa.

- Promover valores democráticos nas actividades propostas na aula, como debates, redacción de textos, exposicións, etc.

- Concienciar aos alumnos da importancia de coidar as instalacións, así como do seu mantemento e limpeza.

- Fomentar a reflexión sobre condutas contrarias ás regras de convivencia. - Aplicar unha metodoloxía que favoreza as habilidades persoais e a autonomía,

incluso nos procedementos de resolución de conflitos. - Analizar as regras de convivencia a través dos textos propostos.

13. CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC

O IES Cosme López Rodríguez ten, desde hai varios anos, un Plan TIC, grazas ao cal o profesorado deste departamento:

- Adoita facer uso da aula de medios audiovisuais: DVD, reprodutores de CD, ordenador, canón, taboleiro dixital ...

- Aproveita os recursos das Aulas Abalar. - Usa o material e os recursos en liña que proporciona a editorial SM. - Da preferencia ao desenvolvemento de actividades que aborden o tema a través

das TIC. - Familiariza aos alumnos co uso dos recursos propios da rede: blogs, consultas

web, etc. - Fai uso das TIC para ampliar os recursos didácticos: páxinas web relacionadas

co tema, dicionarios, enciclopedias ...

Page 163: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

163

- Promove a autonomía dos alumnos, proporcionándolles estratexias para obter e procesar información e para obter habilidades relacionadas coa busca e organización da mesma.

- En cada tema proporciona páxinas web que proporcionan información relacionada cos contidos da materia. Deste xeito, trátase de desenvolver habilidades de busca de información e aprendizaxe autónoma.

- Traballa habilidades básicas, incluída a competencia dixital e o tratamento da información, esenciais para o proceso de ensino-aprendizaxe.

- Proxecta vídeos documentais, animacións e outros materiais audiovisuais. - Realiza tarefas para as que son necesarias as TIC.

14. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Neste curso 2020/2021, o Departamento de Francés do IES Cosme López Rodríguez non levará a cabo actividades extraescolares que impliquen a saída do alumnado do centro durante o horario lectivo, tal e como se recolle nas instrucións dadas ao comezo do curso. A tradicional visita a Ourense para asistir a unha representación teatral da compañía de teatro Eina Escola no poderá polo tanto ter lugar. Deseñaranse na medida do posible as actividades complementarias necesarias que sexan compatibles co protocolo Covid establecido pola Consellería de Educación para os centros de ensino secundario. Agardaremos a ter máis información sobre actividades complementarias desenvolvidas de forma telemática que non implican presencialidade e que si son válidas para este curso académico.

Page 164: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

164

15. INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE

ELEMENTOS A AVALIAR

INDICADORES DE LOGRO

RESULTADO

Non conseguido Conseguido parcialmente Totalmente conseguido Programación Didáctica

Non se adapta ao contexto da aula Adáptase parcialmente ao contexto da aula Adáptase completamente ao contexto da aula

Plans de Mellora Non se adoptaron medidas de mellora tralos resultados académicos obtidos

Identifícaronse as medidas de mellora a adoptar tralos resultados académicos obtidos

Adoptáronse medidas de mellora segundo os resultados académicos obtidos

Medidas de atención á diversidade

Non se adoptaron as medidas de atención á diversidade axeitadas

Identificáronse as medidas de atención á diversidade a adoptar

Adoptáronse as medidas de atención á diversidade axeitadas

Temas transversais Non se traballaron todos os temas transversais na materia

Traballáronse a maioría dos temas transversais na materia

Traballáronse todos os temas transversais na materia

Programa de Recuperación

Non se estableceu un programa de recuperación para os alumnos

Iniciouse o programa de recuperación para os alumnos que o precisen

Estableceuse un programa de recuperación eficaz para os alumnos que o precisen

Obxectivos da materia

Non se acadaron os obxectivos da materia establecidos

Acadáronse parte dos obxectivos da materia establecidos para o curso

Acadáronse os obxectivos da materia establecidos para este curso

Competencias clave Non se desenvolveron a maioría das competencias clave relacionadas coa materia

Desenvolvéronse parte das competencias clave relacionadas coa materia

Acadouse o desenvolvemento das competencias clave relacionadas coa materia

Práctica docente A práctica docente non foi satisfactoria A práctica docente foi parcialmente satisfactoria

A práctica docente foi satisfactoria

Programas de mellora para a práctica docente

Non se deseñaron programas de mellora para a práctica docente

Identificáronse os puntos para deseñar un programa de mellora para a práctica docente

Deseñáronse programas de mellora para a práctica docente

Materiais e recursos didácticos

Os materiais e recursos didácticos non foron os axeitados

Os materiais e recursos didácticos foron parcialmente axeitados

Os materiais e recursos didácticos foron completamente axeitados

Distribución de espazos e tempos

A distribución dos espazos e tempos non foi axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

A distribución dos espazos e tempos foi parcialmente axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

A distribución dos espazos e tempos foi axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

Métodos didácticos e pedagóxicos

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados non contribuiron á mellora do clima da aula e do centro

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados contribuiron parcialmente á mellora do clima da aula e do centro

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados contribuiron á mellora do clima da aula e do centro

Resultados da avaliación

Os resultados da avaliación nesta materia non foron satisfactorios

Os resultados da avaliación nesta materia foron moderados

Os resultados da avaliación nesta materia foron satisfactorios

Page 165: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

165

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA : FRANCÉS

2º BACHARELATO

CURSO 2020/2021

IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ

A RÚA DE VALDEORRAS

Page 166: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

166

ÍNDICE PROGRAMACIÓN 2º BACHARELATO

1. Introdución: Marco legal………………………………………………………...…p. 167 2. Contextualización……………………………………………………......................p. 168

2.1. Composición do Departamento………………………………………...........p. 168 3. Contribución da materia ao logro das competencias básicas……………………....p. 169 4. Obxectivos da etapa BAC………………………………………………………......p. 170 5. Táboa de relacións: obxectivos, contidos, criterios de avaliación, estándares de

aprendizaxe, competencias e mínimos esixibles …………………………………..p. 172 5.1. Táboa de relacións 2º BACHARELATO………………………......………..p. 172

5.1.1. Contidos e temporalización …………………………………………..p. 183 5.1.2. Concreción para cada estándar de aprendizaxe…………………….....p. 183

6. Concrecións metodolóxicas. Materiais e recursos didácticos……………………...p. 191 7. Procedementos de avaliación, instrumentos de avaliación e criterios de

cualificación……………………………………………………………………......p. 195 7.1. Procedementos de avaliación……………………………………………...…p. 195

7.1.1. Avaliación inicial……………………………………………………...p. 195 7.1.2. Avaliación ordinaria………………………………………………......p. 196 7.1.3. Avaliación extraordinaria………………………………………..........p. 196

7.2. Instrumentos de avaliación……………………………………………...........p. 196 7.3. Criterios de cualificación…………………………………………………......p. 197

8. Medidas de atención á diversidade…………………………………………............p. 197 9. Procedemento para a cualificación das materias pendentes e tratamento dos contidos

imprescindibles non impartidos no curso 2019/2020 ………………………….......p. 199 10. Concreción dos elementos transversais. Educación en valores...................……..…p. 199 11. Contribución ao Plan Anual de Lectura…………………………………………....p. 201 12. Contribución ao Plan de Convivencia……………………………………………...p. 201 13. Contribución ao Plan TIC…………………………………………………………..p. 202 14. Actividades complementarias e extraescolares………………………………….…p. 203 15. Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente…….…p. 204

Page 167: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

167

1. INTRODUCIÓN: MARCO LEGAL

Na elaboración desta programación didáctica debemos ter en conta: Lei Orgánica 8/2013 de 9 de decembro (B.O.E. do 10 de decembro de 2013)

para a Mellora da Calidade Educativa, que modifica a LOE. Orde ECD/65/2015, de 21 de xaneiro (B.O.E. do 29 de xaneiro de 2015), pola

que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a educación secundaria e o bacharelato.

Decreto 86/2015 de 25 de xuño (D.O.G. do 29 de xuño de 2015), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación en 1º, 2º 3º E 4º de E.S.O e 1º e 2º de Bacharelato no presente curso.

O Marco Común Europeo para as Linguas.

Unha das principais novidades que incorpora esta lei na actividade educativa vén derivada da nova definición de currículo, en concreto pola inclusión das denominadas competencias clave, un concepto relativamente novidoso no sistema educativo español e na súa práctica educativa. Polo que se refire, globalmente, á concepción que se ten de obxectivos, contidos, metodoloxía e criterios de avaliación, as novidades son as que produce, precisamente, a súa interacción coas citadas competencias, que van orientar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Aínda que en ocasións non se lle dea a importancia que se merece, o ensino nos

valores cívicos e éticos dunha sociedade democrática, libre, tolerante e plural é unha das finalidades prioritarias da educación, tal e como se pon de manifesto nos obxectivos desta etapa educativa e nos específicos de cada unha das súas distintas áreas de coñecemento, integrados transversalmente en todos os aspectos do currículo. Non debe esquecerse que a linguaxe, como instrumento de representación da realidade que é, pode ir asociado a estereotipos ou prexuízos culturais sobre determinados colectivos sociais, razón pola que debe insistirse en evitalos.

Estes aspectos foron tidos en conta á hora de organizar e secuenciar as unidades didácticas desta materia: a integración ordenada de todos os aspectos do currículo (entre os que incluímos as competencias básicas) é condición sine qua non para a consecución tanto dos obxectivos da etapa como dos específicos da materia. Deste modo, obxectivos, contidos, metodoloxía, competencias básicas e criterios de avaliación, forman unha unidade para o traballo na aula. No que se refire especificamente ao aspecto metodolóxico co que se debe desenvolver o currículo, en cada unha das unidades didácticas desta materia e curso dáse un equilibrio entre os diversos tipos de contidos que seguen orientando de maneira integrada e en interacción o proceso de ensinanza-aprendizaxe, xa que cada un deses contidos cumpre función distintas pero complementarias na formación integral do alumno. Deste xeito, a flexibilidade e a autonomía pedagóxica son características do proceso educativo, de maneira que o profesor pode empregar aqueles recursos metodolóxicos que mellor garantan a formación do alumno e o desenvolvemento pleno das súas capacidades persoais e intelectuais, sempre favorecendo a súa participación para que aprenda a traballar en autonomía e en equipo, de xeito que el mesmo constrúa o seu propio coñecemento. O ensino nos valores dunha sociedade democrática, libre,

Page 168: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

168

tolerante e plural segue a ser, como ata o de agora, unha das finalidades prioritarias da educación. Sabendo que non todos os alumnos poden seguir o mesmo ritmo de aprendizaxe, tanto polo seu propio desenvolvemento psicolóxico como por moi diversas circunstancias persoais e sociais, a atención á diversidade de alumnos e de situacións escolares convértese nun elemento fundamental da actividade educativa. Distintas actividades (tanto no libro de texto como no caderno de exercicios, e nos materiais de que dispón o profesor asociados a estes) pretenden dar resposta a esa ineludible realidade tan heteroxénea das aulas.

2. CONTEXTUALIZACIÓN

O instituto IES Cosme López Rodríguez conta neste curso 2020/2021 con 205 alumnos e está situado na localidade de A Rúa cunha poboación arredor de 4200 habitantes. Ademais recibe alumnado dos concellos de Petín, Larouco, O Bolo e Vilamartín de Valdeorras. Son todos concellos formados por un elevado número de asentamentos de poboación de reducido tamaño nos que se produciu un estancamento e mesmo un retroceso demográfico e un acusado avellentamento da poboación ata límites críticos nalgúns casos.

O territorio está vertebrado por unha infraestrutura de transporte caracterizada por redes lentas, de trazados antigos, sinuosos e deficientemente dotadas en medios técnicos, que comunican núcleos de poboación moi dispersos no espazo. Máis da metade do alumnado ten que facer uso do transporte escolar, o que condiciona a organización de todo tipo de actividades, sobre todo extraescolares.

A estrutura interna das economías familiares está diversificada. A estrutura agraria caracterízase por: avellentamento da poboación, crecemento vexetativo negativo, perda de iniciativas motivada por unha emigración secular, dispersión dos asentamentos de poboación, elevado número de explotacións agrarias que funcionan en réxime de autoconsumo, agricultura minifundista de policultivo tradicional.

A maioría das economías familiares, aínda que situadas nun medio rural, reciben ingresos de rendas xeradas fóra da actividade agraria: sector servizos pouco especializados e actividades relacionadas co sector louseiro cunha elevada taxa de desemprego. 2.1. Composición do Departamento

O departamento está composto por David Gómez Lago, funcionario de carreira do Corpo de Profesores de Ensino Secundario, con destino definitivo neste centro neste curso 2020/2021.

GRUPOS:

-1º ESO ( 2 grupos) (11 alumnos) (11 alumnos)

-2º ESO ( 2 grupos) (8 alumnos) (7 alumnos)

-3º ESO ( 1 grupo) (18 alumnos)

Page 169: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

169

-4º ESO ( 1 grupo) (15 alumnos)

-1º BAC (1 grupo) (8 alumnos) -2º BAC (1 grupo) (7 alumnos)

3. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Unha competencia supón a combinación de habilidades prácticas,

coñecementos, motivacións, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz. Polo tanto, as competencias considéranse como coñecemento na práctica, un coñecemento adquirido a través da participación activa en prácticas sociais que, como tales, poden ser desenvolvidas tanto no contexto educativo formal, a través do currículo, como nos contextos educativos formais e informais; conceptualízanse como “un saber facer” que se aplica a unha diversidade de contextos educativos, sociais e profesionais.

A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase polo seu carácter transversal, o seu dinamismo e o seu modo integral. A elaboración desta programación leva implícito, nas actividades propostas, a valoración do proceso de ensinanza-aprendizaxe en referencia ás oito competencias básicas entendidas como aprendizaxes imprescindibles. Ao abeiro da LOMCE, as oito competencias básicas convértense en sete competencias clave.

Competencia en comunicación lingüística (CCL): consiste en utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación. Na programación dos catro cursos da ESO e Bacharelato está competencia está baseada en:

1. Expresar pensamentos, opinións e sentimentos.

2. Estruturar o coñecemento e dar coherencia ao discurso.

3. Gozar coa lectura, a expresión (oral e escrita) e escoitando.

4. Comunicarse dentro da realidade, é dicir, utilizar a linguaxe de forma funcional, como ferramenta para a resolución das propias necesidades.

5. Utilizar códigos e habilidades lingüísticas e adaptar a comunicación ó contexto.

6. Reflexionar sobre o funcionamento da lingua e as normas da mesma.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

(CMCCT): a programación inclúe fichas de traballo destinadas á aprendizaxe dos números e a habilidade para utilizalos, para coñecer algúns símbolos de expresión matemática, para resolver problemas sinxelos relacionados coa vida diaria referida á ciencia, tecnoloxía e, en xeral, co mundo laboral.

Page 170: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

170

Competencia dixital (CD): consiste en buscar, obter, procesar e comunicar información para transformala en coñecemento. A programación inclúe actividades de traballo, relacionadas co manexo de distintas ferramentas tecnolóxicas dirixidas a seleccionar e tratar a información.

Competencia social e cívica (CSC): para comprender a realidade social na que

se vive, cooperar, convivir de xeito democrático e tolerante e contribuír á mellora social, a programación propón, aspectos encamiñados a aprender a valorarse e coñecerse un mesmo, a tomar decisións con responsabilidade, a admitir as consecuencias das mesmas, a valorar a contorna, expresarse e escoitar, recoñecer as diferencias e valorar a igualdade e resolver os conflitos con coherencia e responsabilidade.

Competencia de conciencia e expresións culturais (CCEC): a programación

inclúe, actividades para coñecer, comprender, apreciar e valorar as manifestacións artísticas e culturais e tamén actividades destinadas a poñer en funcionamento a imaxinación e a creatividade en temas relacionados co patrimonio dos pobos, a moda, os gustos, o pensamento etc.

Competencia para aprender a aprender (CAA): todas as actividades

previstas están encamiñadas a adquirir habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de seguir aprendendo de xeito máis autónomo e eficaz de acordo cos propios obxectivos e necesidades, así como chegar a ser consciente das propias capacidades (intelectuais, emocionais e físicas), desenvolver un sentimento de competencia persoal baseado na motivación, confianza nun mesmo e gusto por aprender, ser consciente das capacidades que entran en xogo como: atención, concentración, memoria, expresión, comprensión etc., desenvolver estratexias e técnicas de estudio como planificación, observación, traballo en grupo etc.

Competencia no sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE): a

metodoloxía aplicada estará directamente en relación co feito do que o alumnado chegue a ser consciente dos valores e actitudes persoais, aprender dos erros e asumir riscos. En todas as actividades o alumno poderá elixir criterio propio, partir da análise das súas posibilidades e limitacións, adquirir unha visión estratéxica, ter unha actitude positiva para relacionarse, colaborar ou buscar axuda e solucións.

4. OBXECTIVOS DE ETAPA BAC

Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a co-responsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade.

Consolidar unha madureza persoal e social que lle permita actuar de forma responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.

Page 171: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

171

Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades e discriminacións existentes e, en particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, con atención especial ás persoas con discapacidade.

Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o eficaz aproveitamento da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

Dominar, tanto na súa expresión oral como na escrita, a lingua galega e a lingua castelá.

Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras. Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e da

comunicación. Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os

seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de xeito solidario no desenvolvemento e na mellora do seu contorno social.

Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, e dominar as habilidades básicas propias da modalidade elixida.

Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio ambiente e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.

Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.

Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural.

Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social, e impulsar condutas e hábitos saudables.

Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria. Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e

contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.

Page 172: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

172

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 2º BAC OBXECTIV

OS

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS

CLAVE BLOQUE 1: COMPRENSIÓN DE TEXTOS ORAIS -a -b -c -f d

-B.1.1. Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais : --Mobilización da información previa sobre o tipo de tarefa e o tema. --Identificación do tipo textual, adaptando a comprensión a el. --Distinción de tipos de comprensión (sentido xeral, información esencial e puntos principais). --Formulación de hipóteses sobre contido e contexto. --Inferencia e formulación de hipóteses sobre significados a partir da comprensión de elementos significativos, lingüísticos e para-lingüísticos (acenos, entoación, etc.). --Inferencia e formulación de hipóteses sobre significados a partir do coñecemento doutras linguas e de elementos non lingüísticos (imaxes, música, etc.). --Reformulación de hipóteses a partir da comprensión de novos elementos. -B.1.2. Tolerancia da comprensión parcial ou vaga nunha situación comunicativa, e conciencia da importancia de chegar a comprender textos orais sen precisar entender todos e cada un dos seus elementos. -B.1.3. Constancia no logro da

-B.1.1. Coñecer e saber aplicar as estratexias máis adecuadas para a comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais ou os detalles relevantes do texto. -B.1.2. Identificar o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles máis relevantes en textos orais breves ou de lonxitude media, claramente estruturados, e transmitidos de viva voz ou por medios técnicos e articulados a unha velocidade media, nun rexistro formal, informal ou neutro, e que traten de aspectos concretos ou abstractos de temas xerais, sobre asuntos cotiáns en situacións correntes ou menos habituais, ou sobre os propios intereses nos ámbitos persoal, público, educativo, ocupacional e laboral, sempre que as condicións acústicas non distorsionen a mensaxe e se poida volver escoitar o dito. -B.1.3. Comprender o esencial e a información relevante en situacións comúns, aínda que poidan necesitar unha xestión ou transacción menos habitual (explicacións a unha reclamación, cancelación dun servizo, etc.) que impliquen a solicitude de datos, realización de accións, formas de pagamento, etc,, sempre que lle poidan repetir o dito. -B.1.4. Comprender o esencial en conversas sinxelas sobre argumentacións básicas, puntos de vista e opinións relativos a temas frecuentes do ámbito persoal ou público, suposicións e hipóteses, sensacións e sentimentos básicos, claramente estruturados e articulados a unha velocidade lenta ou media, e se a persoa interlocutora está disposta a repetir ou reformular o dito. -B.1.5. Comprender o sentido xeral e información esencial en presentacións ben estruturadas sobre temas coñecidos e predicibles, e de programas de televisión tales como informativos, entrevistas ou anuncios e

-SLEB 1.1. Nas actividades de aula, persevera no seu proceso de comprensión, axustándoo ás necesidades da tarefa (de comprensión global, selectiva ou detallada) e mellorándoo, de ser o caso : facendo anticipacións do que segue (palabra, frase, resposta, etc.) e inferindo o que non se comprende e o que non se coñece mediante os propios coñecementos e as experiencias doutras linguas.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC

-SLEB 1.2. Capta os puntos principais e os detalles salientables de mensaxes gravadas ou de viva voz, claramente articuladas, que conteñan instrucións, indicacións ou outra información, mesmo de tipo técnico, sempre que poida volver escoitar o dito ou pedir confirmación.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC -CD

-SLEB 1.3. Comprende, nunha conversa formal ou entrevista na que participa, información relevante e detalles sobre asuntos prácticos sobre asuntos prácticos relativos a actividades educativas ou ocupacionais de carácter habitual e predicible (datos persoais, formación, gustos, intereses e expectativas ou plans de futuro) sempre que poida pedir que se lle repita, ou que se reformule, aclare ou elabore algo do que se lle dixo.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC

-SLEB 1.4. Entende o que se lle di en transaccións e xestións cotiás e estruturadas (por exemplo, en bancos, tendas, hoteis, restaurantes, transportes ou centros docentes), ou menos habituais pero referidas a necesidades inmediatas en situacións de comunicación comúns, se pode pedir confirmación dalgúns detalles.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC

-SLEB 1.5. Comprende, nunha conversa informal e sinxela na que participa explicacións ou xustificacións básicas de puntos de vista e opinións, sobre diversos asuntos de interese persoal, cotiáns ou menos habituais, articulados de maneira clara, así como a formulación de hipóteses, a expresión de sentimentos e a descrición de aspectos abstractos de temas como a música, o cine, a literatura ou os temas de actualidade, se a persoa interlocutora está disposta a repetir ou reformular o dito.

-CCL -CAA -CSC

-CCEC

-SLEB 1.6. Identifica, con apoio visual, as ideas principais e información relevante en presentacións ou charlas ben estruturadas e de exposición clara sobre temas coñecidos ou do seu interese relacionados co ámbito educativo ou ocupacional, e os aspectos

-CCL -CAA -CSC

-CCEC

Page 173: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

173

comprensión oral, reescoitando o texto gravado ou solicitando repetición do dito.

películas, sempre que as imaxes sexan suficientemente redundantes para facilitar a comprensión.

máis significativos de noticias de televisión claramente articuladas, así como o esencial de anuncios publicitarios, series e películas ben estruturados e articulados con claridade, nunha variedade estándar da lingua e cando as imaxes faciliten a comprensión.

-CD

Page 174: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

174

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 2º BAC OBXECTIVOS

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE

BLOQUE 2: PRODUCIÓN DE TEXTOS ORAIS -a -b -c -f

-B.2.1. Estratexias de produción De planificación : identificación do contexto, o destinatario e a finalidade da produción ou da interacción ou a adecuación do texto ao destinatario, ao contexto e á canle, escollendo os expoñentes lingüísticos necesarios para lograr a intención comunicativa. De execución : concepción da mensaxe con claridade, distinguindo a súa idea ou ideas principais e a súa estrutura básica, activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados, expresión da mensaxe con claridade, coherencia básica, estruturándoa adecuadamente e axustándose, de ser o caso, aos modelos e as fórmulas de cada tipo de texto memorizados e traballados na clase previamente, reaxuste da tarefa (emprender unha versión máis modesta) ou da mensaxe (limitar o que realmente lle gustaría expresar) tras valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles e compensación das carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos (modificación de palabras de significado parecido, definición ou reformulación dun termo ou expresión, uso da lingua materna ou estranxeirización de palabras da lingua meta e petición de axuda) e para-lingüísticos (sinalización de obxectos ou uso de deícticos ou realización de accións que aclaran o significado, uso da linguaxe corporal culturalmente pertinente como acenos, expresións faciais, posturas e o contacto visual ou corporal e o uso de elementos cuasi-léxicos de valor comunicativo). -B.2.2. Actitude de respecto cara si mesmo/a e cara as outras persoas para comprender e para facerse comprender. -B.2.3. Rutinas e modelos elementais de interacción segundo o tipo de situación de comunicación.

-B.2.1. Aplicar as estratexias máis adecuadas para producir textos orais breves ou de lonxitude media, aínda que poidan producirse pausas, vacilacións ocasionais ou reformulacións do que se quere expresar en situacións menos habituais ou en intervencións máis longas -B.2.2. Interactuar, en situacións reais ou simuladas, con eficacia suficiente para narrar e describir experiencias, acontecementos, sentimentos, reaccións, desexos e aspiracións e plans ou proxectos; e intercambiar información pouco complexa, pedir ou dar indicacións ou instrucións sinxelas con certo detalle, xustificar brevemente opinións e puntos de vista; formular hipóteses e facer suxestións, e expresarse sobre temas algo abstractos, como películas, música, libros, etc. -B.2.3. Intercambiar de xeito sinxelo pero eficaz, con pronuncia clara e intelixible, información en situacións de comunicación do alumando e menos habituais, pero predicibles, nas que teña que expresar o acordo, o desacordo, o interese, a posibilidade e a imposibilidade, usando un repertorio de expresións frecuentes no ámbito público (doenzas, pequenas reclamacións, menús alternativos, accidentes, etc.), así como a expresión básica dos sentimentos e os intereses persoais, tales como satisfacción, desgusto, admiración e sorpresa. -B.2.4. Producir textos de extensión breve ou media, tanto cara a cara como por teléfono ou por outros medios técnicos, nun rexistro formal, neutro ou informal, cun discurso comprensible e adecuado á situación, e utilizando as

-SLEB 2.1. Participa activamente en intercambios comunicativos na aula, utilizando a maioría das veces a lingua estranxeira, producindo mensaxes adecuadas ás situacións de comunicación reais ou simuladas, e colaborando para entender e facerse entender.

CCL CAA CSC CCEC

-SLEB 2.2. Fai presentacións breves, con certa fluidez, ben estruturadas, ensaiadas previamente e con apoio visual, sobre aspectos concretos de temas educativos ou ocupacionais do seu interese, organizando a información básica de maneira coherente, explicando as ideas principais brevemente e con claridade, e respondendo a preguntas sinxelas de oíntes articuladas de maneira clara e a velocidade media.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 2.3. Participa adecuadamente en conversas informais, cara a cara ou por teléfono, ou por outros medios técnicos, nas que intercambia información e se expresa e xustifica brevemente opinións e puntos de vista, narra e describe de forma coherente feitos ocorridos no pasado ou plans de futuro reais ou inventados; formula hipóteses; fai suxestións; pide e da indicacións ou instrucións con certo detalle; expresa e xustifica sentimentos, e describe aspectos concretos e abstractos de temas como, por exemplo, a música, o cine, a literatura ou os temas de actualidade.

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 2.4. Desenvólvese adecuadamente e utiliza estratexias de comunicación lingüística e xestos apropiados para facerse entender, en situacións cotiás e menos habituais que poden xurdir durante unha viaxe ou estadía noutros países por motivos persoais, educativos ou ocupacionais (transporte, aloxamento, comidas, compras, estudos, traballo, relacións coas

CCL CAA CSC CCEC

Page 175: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

175

estratexias necesarias para iniciar, manter e facer progresar a comunicación. -B.2.5. Participar en situacións de comunicación formais que impliquen intercambios claramente estruturados, utilizando fórmulas ou indicacións habituais para tomar ou ceder a quenda de palabra, aínda que se poida necesitar a axuda da persoa interlocutora, e sendo quen de intercambiar información e opinións, dar instrucións, xustificar brevemente os motivos de accións e plans, e argumentar de xeito sinxelo pero eficaz.

autoridades, saúde e lecer), e sabe solicitar atención, información, axuda ou explicacións, e facer unha reclamación ou unha xestión formal de maneira sinxela pero correcta e adecuada ao contexto. -SLEB 2.5. Toma parte en conversas formais, entrevistas e reunións de carácter educativo ou ocupacional, sobre temas habituais nestes contextos, intercambiando información pertinente sobre feitos concretos, pedindo ou dando instrucións ou solucións a problemas prácticos, expondo os seus puntos de vista de maneira sinxela e con claridade, e razoando e explicando brevemente e de maneira coherente as súas accións, as súas opinións e os seus plans.

CCL CAA CSC CCEC CD

Page 176: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

176

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 2º BAC OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS

CLAVE BLOQUE 3: COMPRENSIÓN DE TEXTOS ESCRITOS

a b c f

-B.3.1. Estratexias de comprensión : Mobilización de información

previa sobre o tipo de tarefa e o tema, a partir da información superficial : imaxes, organización na páxina, t ítulos de cabeceira, etc.

Identificación do tipo de lectura demandado pola tarefa (en superficie ou oceánica, selectiva, intensiva ou extensiva).

Distinción de tipos de comprensión necesarios para a realización da tarefa (sentido xeral, información esencial e puntos principais).

Formulación de hipóteses sobre contido e contexto.

Inferencia e formulación de hipóteses sobre significados a partir da comprensión de elementos significativos, lingüísticos e para-textuais, e do coñecemento e as experiencias noutras linguas.

Reformulación de hipóteses a partir da comprensión de novos elementos.

-B.3.2. Recoñecemento da est rutura das cartas formais (remitente, cabeceira, lugar e data; asunto, saúdo á persoa

-B.3.1. Utilizar estratexias (recurso ás imaxes, títulos e outras informacións visuais, e aos coñecementos previos sobre o tema ou a situación de comunicación, e aos transferidos desde as linguas que coñece), identificando a información máis importante e deducindo o significado de palabras e das expresións non coñecidas. -B.3.2. Seguir instrucións e consignas básicas sinxelas e predicibles, de carácter público, institucional ou corporativo. -B.3.3. Comprender información relevante en textos do seu interese, descritivos ou narrativos, de certa lonxitude e ben estruturados, nos que se informa de acontecementos, se describen accións, persoas, obxectos e lugares, e se manifestan opinións, crenzas ou valores con expresións sinxelas. -B.3.4. Comprender en textos formais un repertorio básico de expresións fixas para rexeitar (agradecendo ou xustificando), acceder (con reservas ou condicións); expresar posibilidade, imposibilidade ou obriga de facer algo; conceder e denegar (con ou sen obxeccións); aconsellar, recomendar ou animar a facer algo. -B.3.5. Identificar a información esencial, os puntos máis relevantes e os detalles

-SLEB 3.1. Localiza con facilidade información específica de carácter concreto en textos xornalísticos do xénero informativo, en calquera soporte, ben estruturados e de extensión media, tales como noticias glosadas; recoñece ideas significativas de artigos divulgativos sinxelos, e identifica as conclusións principais en textos de carácter claramente argumentativo, adecuados ao seu nivel escolar, sempre que poida reler as seccións dífíciles.

CCL CAA CSC CCEC

-SLEB 3.2. Entende o sentido xeral, os puntos principais e información relevante de anuncios e comunicacións de carácter, público, institucional ou corporativo claramente estruturados, relacionados con asuntos do seu interese persoal ou educativo ou ocupacional (organización de grupos de traballo, información sobre actividades de formación específicas, etc.).

CCL CAA CSC CCEC CD

-SLEB 3.3. Identifica información relevante en instrucións detalladas sobre o uso de aparellos, dispositivos ou programas informáticos, e sobre a realización de actividades e normas de seguridade ou de convivencia (por exemplo, nun evento cultural).

CCL CD

-SLEB 3.4. Identifica en lecturas adaptadas as liñas xerais do argumento, o carácter dos personaxes e as súas relacións e as características do lugar e o tempo en que se desenvolven.

CCL CAA CSC CCEC

Page 177: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

177

destinataria, corpo da carta, despedida e sinatura).

importantes en textos, tanto en formato impreso como en soporte dixital, breves ou de lonxitude media e ben estruturados, escritos nun rexistro formal, informal ou neutro, que traten de asuntos cotiáns ou menos habituais, de temas de interese ou relevantes para os propios estudos, a ocupación ou o traballo, e que conteñan estruturas e un léxico xeral de uso común, tanto de carácter xeral como máis específico.

-SLEB 3.5. Comprende correspondencia persoal, en calquera soporte incluído foros en liña ou blogs, na que se describen con certo detalle feitos e experiencias, reais ou imaxinarios, e se intercambian información, ideas e opinións sobre aspectos tanto abstractos como concretos de temas xerais, coñecidos ou do seu interese.

CCL CD CAA

-SLEB 3.6. Entende o suficiente de cartas, faxes ou correos electrónicos de carácter formal, oficial ou institucional como para poder reaccionar en consecuencia (por exemplo, se se lle solicitan documentos para unha estadía de estudos no estranxeiro).

CCL CCEC CD

-SLEB 3.7. Entende información específica importante en páxinas web e outros materiais de referencia ou consulta (glosarios, dicionarios, enciclopedias e revistas), claramente estruturados que conteñan mapas, fotografías, imaxes, vídeos ou animacións que axuden á comprensión sobre temas relativos a materias educativas ou asuntos ocupacionais relacionados coa súa especialidade ou cos seus intereses.

CCL CD CSC CAA

Page 178: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

178

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 2º BAC OBXECTIV

OS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCI

AS CLAVE BLOQUE 4: PRODUCIÓN DE TEXTOS ESCRITOS

a b c f

-B.4.1. Estratexias de produción Planificación : mobilización e coordinación das

propias competencias xerais e comunicativas co fin de realizar eficazmente a tarefa (repasar o que se sabe sobre o tema, o que se pode ou se quere dicir, etc.), localización e uso adecuado de recursos lingüísticos ou temáticos (uso dun dicionario ou dunha gramática, obtención de axuda, etc.) e uso de elementos coñecidos obtidos de modelos moi sinxelos de textos escritos, para elaborar os propios textos.

Execución : elaboración dun borrador seguindo textos modelo, estruturación do contido do texto, organización do texto en parágrafos curtos abordando en cada un unha idea principal, conformando entre todos o seu significado ou a idea global, expresión da mensaxe con claridade axustándose aos modelos e ás fórmulas de cada tipo de texto, reaxuste da tarefa (emprender unha versión máis modesta) ou da mensaxe (facer concesións no que realmente lle gustaría expresar) tras valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles e o recurso aos coñecementos previos (utilizar frases feitas e locucións do tipo “Agora volvo”, “Botar unha man”, etc.).

Revisión : identificación de problemas, erros e repeticións, atención ás convencións ortográficas e aos signos de puntuación, presentación coidada do texto (marxes, limpeza, tamaño da letra, etc.) e reescritura

-B.4.1. Coñecer, seleccionar e aplicar estratexias máis adecuadas para elaborar textos escritos sinxelos de lonxitude breve ou media (elección da persoa destinataria, finalidade do escrito, planificación, redacción do borrador, revisión do texto e versión final), incorporando esquemas e expresións de textos modelo con funcións comunicativas similares ao texto que se quere producir. -B.4.2. Completar documentos básicos nos que se solicite información persoal ou relativa aos seus estudos ou á súa formación. -B.4.3. Escribir mensaxes breves en calquera soporte, con información, instrucións e indicacións básicas, e opinións sinxelas, destacando os aspectos que resulten importantes ou do seu interese para o tema que se trate. -B.4.4. Producir correspondencia formal para solicitar ou dar información relativa a bens e servizos, a partir de modelos sinxelos e básicos, actuando como mediación lingüística, de ser o caso, cunha presentación do texto limpa e ordenada. -B.4.5. Escribir, en papel ou en soporte electrónico, textos breves ou

-SLEB 4.1. Escribe correspondencia persoal e participa en foros, blogs e chats nos que describe experiencias, impresións e sentimentos; narra, de xeito lineal e coherente, feitos relacionados co seu ámbito de interese, actividades e experiencias pasadas ou feitos imaxinarios e intercambia información e ideas sobre temas concretos, sinalando os aspectos que lle parecen importantes e xustificando brevemente as súas opinións sobre eles.

CCL CD CSC

-SLEB 4.2. Completa un cuestionario detallado con información persoal, educativa ou laboral (nivel de estudos, materias que cursa, preferencias, etc.) cunha finalidade específica, como solicitar unha bolsa.

CCL CD CAA

-SLEB 4.3. Escribe notas, anuncios, mensaxes e comentarios breves, en calquera soporte, nos que solicita e transmite información e opinións sinxelas e nos que resalta os aspectos que lle resultan importantes, respectando as convencións e as normas de cortesía, tamén nas redes sociais.

CCL CD CAA

-SLEB 4.4. Escribe correspondencia formal básica, dirixida a institucións públicas ou privadas ou entidades comerciais, fundamentalmente destinada a pedir ou dar información, solicitar un servizo ou realizar unha reclamación ou outra xestión sinxela, respectando as convencións formais e as normas

CCL CCEC CD CSC

Page 179: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

179

definitiva. -B.4.2. Elaboración de cartas formais respectando a súa estrutura : remitente, cabeceira, lugar e data; asunto, saúdo á persoa destinataria, corpo da carta, despedida e sinatura. -B.4.3. Elaboración de informes expositivos elementais e breves, organizados nunha estrutura básica que inclúa unha introdución, o corpo do informe, a conclusión e a bibliografía: e prestando atención ás estruturas sintáctico-discursivas que adoitan predominar neste tipo de texto (subordinacións relativas, finais, causais, etc.).

de lonxitude media, coherentes e de estrutura clara, sobre temas de interese persoal ou asuntos cotiáns ou menos habituais, nun rexistro formal, neutro ou informal, utilizando adecuadamente os recursos de cohesión, as convencións ortográficas e os signos de puntuación máis comúns, e amosando un control razoable de expresións e estruturas, e un léxico de uso frecuente tanto de carácter xeral como máis específico dentro da propia área de especialización ou de interese.

de cortesía usuais neste tipo de textos, cunha presentación limpa e ordenada do texto. -SLEB 4.5. Escribe, nun formato convencional, informes expositivos breves e sinxelos, atendendo á súa estrutura básica e particularidades sintáctico-discursivas elementais, nos que dá información esencial sobre un tema educativo, ocupacional ou menos habitual, describindo brevemente situacións, persoas, obxectos e lugares; narrando acontecementos nunha clara secuencia lineal, e explicando de maneira sinxela os motivos de certas accións.

CCL CCEC CD

Page 180: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

180

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 2º BAC OBXECTIVOS

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE

BLOQUE 5: COÑECEMENTO DA LINGUA E CONSCIENCIA INTERCULTURAL E PLURILINGÜE -a -b -c -f -p

-B.5.1. Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos : sons e fonemas vocálicos, sons e fonemas consonánticos e as súas agrupacións, procesos fonolóxicos máis básicos e acento tónico dos elementos léxicos illados e na oración. -B.5.2. Patróns gráficos e convencións ortográficas : uso das normas básicas da ortografía da palabra e utilización adecuada da ortografía da oración (coma, punto e coma, puntos suspensivos, parénteses e comiñas). -B.5.3. Aspectos socioculturais e sociolingüísticos : recoñecemento e uso de convencións sociais básicas e normas de cortesía propias da súa idade e de rexistros informal e estándar, e da linguaxe non verbal elemental na cultura estranxeira. Achegamento aos hábitos e ás actividades de estudo, traballo e lecer; condicións de vida e relacións interpersoais (nos ámbitos educativo, ocupacional e institucional), o contorno xeográfico básico (clima e rexións) e referentes artístico-culturais (feitos históricos e personaxes relevantes). Recoñecemento de valores, crenzas, actitudes e tradicións fundamentais, e calquera outro aspecto cultural de interese, así como os aspectos culturais básicos que permitan comprender os países onde se fala a lingua estranxeira e actuar neles adecuadamente. Identificación dalgunhas similitudes e diferenzas elementais e máis significativas nos costumes cotiáns entre os países onde se fala a lingua estranxeira e o noso. Actitude receptiva e respectuosa cara ás persoas, os países e as comunidades lingüísticas que falan outra lingua e teñen unha cultura diferente á propia. -B.5.4. Plurilingüismo : identificación de similitudes e diferenzas entre as linguas que coñece, para mellorar a súa aprendizaxe e lograr unha competencia comunicativa integrada. Participación en proxectos nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais, e valorando positivamente as competencias que posúe como persoa plurilingüe. Recurso aos coñecementos e as experiencias lingüísticas noutras linguas que coñece (patróns discursivos para a organización e ampliación ou restructuración da información; elementos adecuados de coherencia e de cohesión textual para organizar o discurso, para facer progresar o tema, etc.). -B.5.5. Funcións comunicativas. Iniciación e mantemento de relacións persoais e sociais básicas propias da súa idade. Descrición de calidades físicas e abstractas moi básicas de persoas, obxectos, lugares e actividades. Narración de acontecementos e descrición de estados e situacións presentes, e expresión moi básica de sucesos futuros. Petición e ofrecemento de información e indicacións, e expresión moi sinxela de opinións e

-B.5.1. Expresarse de xeito claro e comprensible e coa suficiente fluidez para facerse entender, aínda que poidan producirse pausas e mesmo se as persoas interlocutoras poden necesitar repeticións cando se trata de palabras e estruturas pouco frecuentes, en cuxa articulación poden cometerse erros que non interrompen a comunicación. -B.5.2. Recoñecer e utilizar as convencións ortográficas, de puntuación e de formato máis frecuentes con razoable corrección de modo que se comprenda a mensaxe, aínda que pode darse algunha influencia da primeira ou doutras linguas; e saber manexar os recursos básicos de procesamento de textos para corrixir os erros ortográficos dos textos que se producen en formato electrónico, e adaptarse ás convencións comúns de escritura de textos en internet. -B.5.3. Utilizar para a comprensión e a produción de textos orais e escritos os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos relativos á vida cotiá (hábitos e actividades de estudo, traballo e lecer), condicións de vida e contorno socioeconómico, relacións interpersoais (xeracional ou nos ámbitos educativo, ocupacional e institucional), comportamento (posturas, expresións faciais, uso da voz, contacto visual e proxémica), e convencións sociais

-SLEB 5.1. Produce léxico e estruturas básicas intelixibles no oral e na escrita, e trazos fonéticos que distinguen fonemas (nasalización, sonorización, etc.), e utiliza con eficacia comunicativa patróns de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

CCL CAA CCEC

-SLEB 5.2. Utiliza adecuadamente as convencións orais e escritas básicas propias da lingua estranxeira no desenvolvemento do proceso comunicativo oral e escrito e amosa respecto e interese polas diferenzas culturais que poidan existir, adecuando a súa produción ás convencións sociolingüísticas da lingua meta.

CCL CCEC CSC CAA

-SLEB 5.3. Nas actividades de aula, pode explicar o proceso de produción de textos e de hipóteses de significados tomando en consideración os coñecementos e as experiencias noutras linguas.

CCL CCEC CSC CAA

-SLEB 5.4. Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

CCL CSC CCEC

-SLEB 5.5. Comprende e comunica o propósito solicitado na tarefa ou ligado a situacións de necesidade inmediata da aula (pedir ou dar información, organizar unha

CCL CCEC CAA

Page 181: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

181

advertencias. Expresión do coñecemento, o descoñecemento e a certeza. Expresión da vontade, a intención, a orde, a autorización e a prohibición. Expresión do interese, a aprobación, o aprecio, a satisfacción e a sorpresa, así como os seus contrarios. Establecemento e mantemento básicos da comunicación e a organización elemental do discurso. -B.5.6. Léxico oral e escrito básico de uso común relativo a aspectos culturais variados: vida cotiá : alimentación (pratos e produtos típicos, costumes alimentarios, tabús, convencións sociais, horarios, etc.); familia e amizades; actividades de lecer; viaxes e transportes; festas e celebracións; saúde e educación; compras e actividades comerciais; bens e servizos básicos; contorno : clima, campo, cidade e lugares máis representativos; tecnoloxía : aparellos de uso cotián; calquera outro que se considere de interese; expresións fixas e enunciados fraseolóxicos básicos e moi habituais. -B.5.7. Estruturas sintáctico-discursivas propias de cada idioma.

(actitudes e valores), así como os aspectos culturais xerais que permitan comprender e expresar adecuadamente información e ideas presentes nos textos. -B.5.4. Producir textos e inferir o significado probable de palabras ou frases que descoñece a partir das experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece. -B.5.5. Participar en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro docente, relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais. -B.5.6. Distinguir e levar a cabo as funcións requiridas polo propósito comunicativo e un repertorio dos seus expoñentes máis comúns, así como patróns discursivos habituais para iniciar e concluír o texto adecuadamente, organizar a información de xeito claro, ampliala con exemplos ou resumila. -B.5.7. Coñecer e utilizar léxico escrito de uso común relativo a asuntos cotiáns e a temas xerais ou relacionados cos propios intereses, os estudos e as ocupacións, e un repertorio limitado de expresións e modismos de uso frecuente.

tarefa, etc.) utilizando adecuadamente as estruturas sintáctico-discursivas e o léxico necesarios, propios do seu nivel escolar, suficientes para comunicar con eficacia.

Page 182: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

182

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: 2º BAC

CONTIDOS SINTÁCTICO-DISCURSIVOS: FRANCÉS

-Expresión de relacións lóxicas : conxunción, disxunción, oposición / concesión (seulement si, même si, quoique, malgré que + subjonctif ), causa (étant donné que), finalidade (pour que, dans le but que, de façon / manière à ce que, afin que + subjonctif), comparación (c0est le meilleur / pire .... que, autant / tant), consecuencia (si bien que), condición (à condition de + infinitif, à moins de + infinitif, au cas où + conditionnel); estilo indirecto. -Relacións temporais (auparavant, alors que, en attendant, tant que, aussitôt, dès, tandis que). -Exclamación (Comme si....). -Negación : pas question, pas du tout.. -Interrogación : question rapportée : Il me demande à quelle heure commence le film.

-Expresión do tempo : presente, pasado (plus-que-parfait), futuro (futur antérieur). -Expresión do aspecto : puntual (frases simples), durativo ( à cette époque là), habitual (nº fois par mois /an); incoativo (être prêt à), terminativo (arrêter de). -Expresión da modalidade : factualidade; capacidade (réussir à), posibilidade / probabilidade (il est possible que, il se peut que), necesidade; obriga, prohibición (n’avoir qu’à, il n’y a qu’à), permiso (Puis-je...?); intención / desexo (exprimer le souhait qui concerne un autre : j’aimerais que, je voudrais que, ça me plairait que, j’aurais envie que + subjonctif), voix passive, condicional. Cortesía

-Expresión da existencia (presentativos), da entidade (artigos, sustantivos, pronomes persoais, adxectivos e pronomes demostrativos, pronomes persoais OD e OI, en, y, proposicións adexectivais lequel, laquelle, lesquels, lesquelles, auquel, duquel) a cualidade, a posesión (pronomes posesivos). -Expresión da cantidade (environ, à peu près, plus ou moins, le double, le triple e artigos partitivos). Adverbios de cantidade e medidas e do grao.

-Expresión do espazo : prépositions et adverbes de lieu, position, distance, mouvement, direction, provenance, destination. -Expresión do tempo : puntual (demain à cette heure-là, hier à cette heure-ci), divisións (hebdomadaire, mensuel, annuel), indicacións de tempo e duración (toujours : Il travaille toujours à Paris?), anterioridade (en attendant), posterioridade (à peine que, aussitôt que), secuenciación (pour conclure, pour faire le bilan, si on fait le point, comme conclusion), simultaneidade (le temps de + infinitif, une fois que), frecuencia (de temps en temps). -Expresión do modo (adverbes de manière en –ammant, -emment, ainsi).

Page 183: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

183

UNIDADE Nº DE SESIÓNS E TEMPORALIZACIÓN

OBXECTIVOS TAREFAS CONTIDOS CONTIDOS MÍNIMOS

UNITÉ 1 “J’ADORE LE FRANÇAIS”

7 sesións en setembro Falar da súa relación coas linguas

Expresar o seu punto de vista

Expresar emocións e dificultades

Falar de feitos pasados

Expresar unha motivación

-A rede de linguas da clase

-Gramática : o passé composé, os pronomes COI, o verbo “trouver”, “pour” e “parce que”, “C’est” + adjectif Léxico : as emocións e as dificultades, a apreciación e os adxectivos calificativos. Fonética : as liaisons Cultura : as linguas europeas, os programas de mobilidade en Europa.

-O passé composé -Os pronomes COI

UNITÉ 2 “FAITES COMME CHEZ VOUS”

7 sesións en outubro Describir un aloxamento e os seus obxectos

Localizar no espazo Facer comparacións Expresar

preferencias Falar das

actividades cotiás

-A escolla e decoración dun fogar

Gramática : as preposicións de lugar, o pronome “y”, as estruturas comparativas, a formación dos nomes compostos. Léxico : o fogar, os mobles e os obxectos, os materiais e as cores.

-As preposicións de lugar -O pronome “y” -As estruturas comparativas -O fogar e os mobles

Page 184: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

184

Fonética : elisión do “e” mudo final e liaison cos nomes compostos “en/ à”. Cultura : os neorurais ou o retorno ao campo.

UNITÉ 3 “BIEN DANS SA PEAU”

7 sesións en outubro / novembro Falar da súa saúde Describir as dores e

as síntomas Pedir e dar

consellos Dar instrucións Expresar o seu

punto de vista

-Foro de intercambio de consellos

Gramática : o imperativo, a forma e a colocación dos pronomes reflexivos no imperativo, o verbo “devoir” en condicional. Léxico : o corpo e a saúde, Internet. Fonética : as curvas melódicas. Cultura : o deporte en Francia, algún deportes orixinais.

-O imperativo -O corpo humano e a saúde

UNITÉ 4 “EN CE TEMPS-LÀ…”

6 sesións en novembro Situar no pasado Describir situación

do pasado e do presente

-Album de infancia da clase

Gramática : o imperfecto de indicativo, os adxectivos e os pronomes indefinidos, o pronome persoal “on”, a subordinada temporal con “quand”, a discontinuidade “ne…plus”,

-O imperfecto de indicativo -Os adxectivos e pronomes indefinidos -A discontinuidade

Page 185: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

185

“encore”, “toujours”. Léxico : as reivindicacións sociais. Fonética : as vogais nasais. Cultura : as folgas en Francia.

UNITÉ 5 “L’HISTOIRE, LES HISTOIRES”

6 sesións en decembro Facer preguntas sobre unha vida

Describir e contar feitos e situación do pasado

Contar anécdotas Situar

acontecementos no pasado

Pedir informacións

-Entrevista a un personaxe coñecido.

Gramática : a oposición “passé composé” / “imparfait”, os pronomes relativos “qui”, “que”, “où”, “être en train de” + infinitif. Léxico : as etapas da vida. Fonética : a oposición /e/ /ǝ/. Cultura : a pintura en Francia, as artes na rúa.

-A oposición imperfecto / “passé composé” -Os pronomes relativos

UNITÉ 6 “QUI VIVRA, VERRA”

6 sesións en xaneiro Facer previsións Falar do futuro Falar das

condicións e das consecuencias

Expresar distintos graos de certeza

Falar do tempo

-Presentación dun problema de interese xeral e das conclusións ás que se chega

Gramática : o futuro, os conectores temporales do futuro, a estrutura “Si +…. + futur”, os adxectivos calificativos e a súa colocación. Léxico : o medio ambiente e a natureza, o tempo e a

-O futuro -Os adxectivos calificativos -O medio ambiente

Page 186: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

186

certeza. Fonética : as oposicións /s/ /z/ e /ʃ/ /Ʒ/. Cultura : as ciudades en transición enerxética.

UNITÉ 7 “JE VOUS EN PRIE…”

6 sesións en xaneiro / febreiro Pedir un favor Pedir unha

autorización Rexeitar e aceptar Xustificarse

-Partido de improvisación

Gramática : os verbos modais “devoir”, “vouloir” e “pouvoir”, o condicional, as formas de politesse. Léxico : as formas de solicitación, aceptación, rexeitamento e xustificación. Fonética : a entoación para marcar o rexeitamento ou a adhesión. Cultura : o teatro en Francia.

-Os verbos modais -O condicional

UNITÉ 8 “APPRENDRE EN JOUANT”

6 sesións en febreiro Facer preguntas en función da situación comunicativa

Situar accións no tempo

Describir e contar no pasado

-Xogo sobre a francofonía

Gramática : as oracións interrogativas, os pronomes interrogativos, o xénero dos nomes de país, os tempos verbais, as

-As interrogativas directa e indirecta -As preposicións de lugar diante dos nomes de país e vila

Page 187: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

187

Situar xeográficamente

Expresar diferentes graos de certeza

preposicións de lugar diante dos nomes de país e de vila Léxico : os nomes de país e as rexións francófonas, a localización Fonética : o rexeitamento do hiato. Cultura : as mulleres artistas francófonas.

UNITÉ 9 “DIS-MOI CE QUE TU AS FAIT, JE TE DIRAI QUI TU ES »

6 sesións en febrero / marzo Contar experiencias pasadas

Expresar a causa Falar da súa

relación coas linguas

Facer unha descrición en detalle

Falar das súas motivacións

Xustificar unha escolla

-Mapa do mundo coas aprendizaxes ligüísticas

Gramática : os tempos do pasado, a oposición “passé composé” / “imparfait”, o “plus-que-parfait”, a concordancia do participio con “avoir”, os pronomes COD. Léxico : a entrevista de traballo. Fonética : a entoación para presentar unha información como secundaria. Cultura : a vida na empresa.

-O pluscuamperfecto -A concordancia dos verbos con “avoir” cos pronomes COD -O traballo

UNITÉ 10 “LES VOYAGES

6 sesións en marzo Indicar os detalles dunha viaxe

-Folleto turístico Gramática : o sistema hipotético,

-As oracións condicionais

Page 188: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

188

FORMENT LA JEUNESSE”

Facer propostas Dar a súa opinión Facer hipóteses Situar no espazo

condicional, as preposicións e artigos para localizar rexións, “Si … + imparfait”. Léxico : as vacacións, a descrición turística, as actividades de lecer. Fonética : a entoación na frase hipotética. Cultura : os franceses e as vacacións.

-As vacacións e os destinos turísticos

UNITÉ 11 “LA VOIX EST LE MIROIR DE L’ÂME”

6 sesións en abril Describir o carácter dun personaxe

Describir os seus sentimentos

Falar das esperanzas e dos proxectos

Evocar os remordimentos

Dar e seguir indicacións escénicas

-Versión radio dunha obra de teatro

Gramática : o “conditionnel passé”, os adverbios en “-ment”, “espérer que + futur simple”. Léxico : os sentimentos, as artes escénicas. Fonética : a entoación que expresa a ironía. Cultura : o teatro en Francia.

-O condicional pasado -Os adverbios en “-ment”

UNITÉ 12 “ON N’ARRÊTE PAS LE PROGRÈS ?”

6 sesións en abril / maio Expresar opinións Defender ideas Realizar un debate

de ideas Debater e decidir a

-Debate sobre a reutilizacións dos obxectos

Gramática : os marcadores temporais e lóxicos, o presente de subxuntivo, os

-O presente de subxuntivo -Os verbos de opinión -O decrecemento e a

Page 189: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

189

segunda vida dun obxecto

Xerar interaccións

verbos de opinión “je pense que”, “je crois que”. Léxico : o debate, o decrecemento e a ecoloxía. Fonética : a entoación expresiva que marca a aceptación, a reserva e a oposición. Cultura : a vida política en Francia.

ecoloxía

UNITÉ 13 “LES PAROLES VOLENT, LES ÉCRITS RESTENT »

6 sesións en maio Expresar os seus sentimentos

Expresar a obriga, a posibilidade, a prohibición

Expresar a maneira

-Correo electrónico de mobilización

Gramática : construcción e modo dos verbos de sentimentos e dos verbos impersoais, o “gérondif”, o participio presente, os pronomes COD e COI e a doble pronominalización. Léxico : os sentimentos, os saúdos e as despedidas. Fonética : a linguaxe SMS. Cultura : os chamamentos á movilización.

-A dobre pronominalización -O participio presente e o “gérondif”

UNITÉ 14 6 sesións en maio Presentar as -Presentación Gramática : a -Os pronomes

Page 190: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

190

“À CHACUN SON CINÉMA”

personaxes dunha película

Contar o argumento dunha película

Expresar a súa opinión

Xustificar a súa opinión

dunha película aposición, os pronomes relativos “ce que”, “ce qui” e “ce dont”, a proposición participial e o seu valor, a estrutura de base da narración e a colocación do adxectivo. Léxico : o cinema e a apreciación. Fonética : a acentuación na primeira sílaba para enfatizar unha opinión. Cultura : o cinema francófono.

relativos -A proposición participial -O cinema

Page 191: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

191

6. CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Partindo dos principios metodolóxicos expresados polo Consello de Europa e desenvoltos no MCER, a aprendizaxe e ensino de idiomas deben partir do concepto da lingua como vehículo de comunicación na realización de todo tipo de tarefas da vida real a través de actividades nas que cómpre actuar cos demais oralmente ou por escrito e utilizar as competencias comunicativas lingüísticas, pragmáticas, sociolingüísticas e socioculturais ao mesmo nivel. Deste xeito os obxectivos do curso abarcando e solapando as distintas destrezas (comprensión e expresión oral, escrita e interacción) deben coincidir coa consecución de tarefas reais e probables nos distintos eidos da vida cotiá e do contorno de intercambio internacional no que nos movemos no século XXI. Pola mesma razón, a metodoloxía debe asumir, citando o MCER “un enfoque comunicativo de acción e enfoque de aprendizaxe no uso ,” quere dicir, debe estar encamiñada ao desenvolvemento práctico e eficaz da competencia comunicativa a través da resolución efectiva e real de ditas tarefas e non só centrado nas competencias lingüísticas, senón tamén en todas as capacidades que o individuo, como axente social, debe utilizar para integrarse eficazmente noutra comunidade con lingua e cultura propias.

Neste enfoque é fundamental que as tarefas propoñan as situacións de

comunicación máis comúns da vida real e se practiquen nas clases da forma mais auténtica posible. Cómpre que os materiais utilizados sexan tamén auténticos na medida do posible. En calquera caso, débense buscar mostras de lingua oral e escrita que faciliten a adquisición das competencias necesarias para desenvolver cada tarefa comunicativa. Débense sempre seleccionar mostras nas que a relación entre forma, función e uso sexan transparentes. É necesario que este material contribúa ao desenvolvemento da auto-confianza do aprendiz no seu proceso de aprendizaxe. Así mesmo, proponse un enfoque metodolóxico procesual no aprendiz e nas súas necesidades na medida en que se terán en conta os intereses, ritmos, estilos de aprendizaxe, coñecementos previos do alumnado para a selección e secuenciación de tarefas e materiais, dentro do marco curricular en que se desenvolven os cursos.

O papel docente é de deseñar, presentar, impulsar e avaliar as actividades

comunicativas, e de orientar o aprendiz e facilitarlle a adquisición e activación das estratexias necesarias para unha aprendizaxe autónoma, desenvolvendo a súa capacidade de auto-avaliación e a asunción da súa propia responsabilidade no proceso, en colaboración cos demais membros do grupo tanto dentro como fóra da clase. Aínda que a aula é o espazo social de aprendizaxe, exposición e análise de logros, de acontecemento comunicativo, tamén se poden usar outros lugares para estas mesmas fins, ben sexa para investigar na biblioteca ou para realizar tarefas na sala de ordenadores. Ademais resulta interesante e motivador o uso doutros espazos onde a tarefa sexa real e non só simulada.

A avaliación é parte integral do proceso de aprendizaxe e serve para a valoración

de todos os factores que interveñen nel. É un instrumento para reflexionar, revisar, reorientar e reparar en todo momento todos os elementos do currículo (programacións, aula, materiais, actividades, etc.). Dadas as características do noso alumnado, é patente a

Page 192: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

192

necesidade de atención á diversidade de niveis de competencia, tanto xeral como por destrezas, de ritmos e intereses.

Cando se considere aconsellable intentaranse diversificar tamén as tarefas así como a forma de traballo dos alumnos para poder facilitar o progreso individual. A orientación e acción titorial do docente cara ao alumno estará integrada no proceso de aprendizaxe e avaliación dentro da aula, procurando o fomento da autonomía e reflexión acerca de como aprender de forma máis efectiva. Se for preciso, utilizarase o tempo reservado ás titorías.

Merecen mención especial, ademais dos recursos escritos e audiovisuais

tradicionais, os novos recursos, as TIC, cos que se traballará cada vez máis polo seu carácter auténtico, motivador e facilitador da práctica autónoma.

Neste enfoque integral queda patente que a competencia comunicativa non só

depende da capacidade de uso do idioma no seu aspecto gramatical, senón tamén no sociolingüístico, pragmático, intercultural e estratéxico. Todos estes elementos, xa sexan gramática, léxico, fonética, aspectos culturais, estratexias de aprendizaxe, etc., non son un fin en si mesmos senón ferramentas para lograr o que en último termo se pretende: unha comunicación eficaz.

De todo isto derívanse dous aspectos fundamentais: por unha parte, un enfoque

metodolóxico baseado no traballo por tarefas reais; e por outra parte, o papel do alumno como principal responsable da súa aprendizaxe e por tanto a súa capacidade para ser autónomo.

O emprego da lingua francesa nas clases será progresivo e converterase na

lingua vehicular das sesións de clase nos niveis máis altos. O recurso ao castelán e ao galego serán necesarios cando as dificultades de comprensión así o sinalen. Preferirase, en calquera caso, facer uso de paráfrases, procura de sinónimos ou a xestualidade coa fin de evitar o recurso á lingua nai. Porén, as actividades de mediación estarán incluídas nas nosas unidades didácticas coa fin de dar resposta a esa nova destreza recollida no MCER.

O Departamento ten programadas actividades específicas para cada curso a partir do que chamamos na programación fichas de traballo elaboradas e aportadas polo Departamento. Son fichas baseadas na lectura que poñen en marcha unha metodoloxía activa e participativa, que integran cuestionarios de comprensión (oral e escrita), que facemos en grupo, en parellas ou individualmente (lectura silenciosa), a partir de todo tipo de textos obtidos en diferentes fontes informativas (literarios, xornalísticos, publicitarios...), en soporte impreso ou electrónico.

Os principais materiais e recursos didácticos propios do Departamento de lingua

francesa son os seguintes:

LIBROS DE TEXTO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS 2020/2021

CURSO TÍTULO EDITORIAL ANO ISBN

2º BAC Non se esixe manual. O profesor entregará as fotocopias feitas no servizo de

Page 193: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

193

reprografía do centro

-Fichas de traballo preparadas e facilitadas polo Departamento, centradas nun tema concreto (a música, o deporte, a saúde…) que inclúe gramática, léxico, verbos, cultura e civilización, lectura, temas transversais, interdisciplinariedade. -Cintas de audio e vídeo (películas, cancións, relatos…). -Libros de lecturas curtas, revistas e xornais, dicionarios e libros de consulta ( do Departamento ou da Biblioteca). -Utilización dos ordenadores e de Internet. Citamos algunhas das páxinas web ás que accederemos para consultas e exercicios.

http://www.lepointdufle.net http://www.log.ccsf.cc.ca.us/ http://www2.sp.utexas.edu/fr/ http://www.didieraccord.com/ http://babelnet.sbg.ac.at/canalreve/ http://www.bonjourdefrance.com/ http://francais-affaires.com/ http://www.rfi.fr

BIBLIOGRAFÍA :

A) VOCABULARIO : AYKÜZ, Anne et alli (2000) : Exercices de vocabulaire en contexte. Niveau intermédiaire . Paris, Hachette. BOCHART-FIÈVEZ, Jeannine e Jean DELAHAUT (1990) : Richesse du vocabulaire. Paris, Duculot. ÉLUERD, Roland e Jacques FRANÇOIS (1991) : Vocabulaire expliqué du français. 350 exercices, textes et glossaires. Vanves, Hachette. FILPA-EKVALL, Dominique e Francis PROUILLAC (1986) : Vocabulaire illustré. 350 exercices. Niveau debutant. Vanves, Hachette. GALLIER, Thierry (2003) : Vocabulaire. 450 nouveaux exercices. Niveau intermédiaire. Paris, CLE International. GALLIER, Thierry (2003) : Vocabulaire. 450 nouveaux exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International. LEROY-MIQUEL, Claire e Anne GOLIOT-MARIE (1997) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau intermédiaire . Paris, CLE International. MIMRAN, Reine (2004) : Vocabulaire expliqué du français. Niveau débutant. Paris, CLE International.

Page 194: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

194

MIQUEL, Claire (1999) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau avancé. Paris, CLE International. MIQUEL, Claire (2002) : Vocabulaire progressif du français avec 250 exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International. B) GRAMÁTICA :

BADY, J. e alii (1997) : Conjugaison. 350 exercices 1000 verbes à conjuguer. Paris, Hachette. BARNOUD, Catherine e Évelyne SIREJOLS (1992) : Grammaire.Entraînez-vous. Exercices 1. Niveau débutant. Paris, CLE International. BEAULIEU, Christian (2005) : Je pratique. Exercices de grammaire A1 . Paris, Didier. BOULARÈS, Michèle e Jean-Louis FRÉROT (2003) : Tests d’évaluation. Grammaire progressive du français. Niveau avancé . Paris, CLE International. BOULARÈS, Michèle e Jean-Louis FRÉROT (1997) : Grammaire progressive du français avec 400 exercices. Niveau avancé. Paris, CLE International. BOULARÈS, Michèle e Odile GRAND-CLÉMENT (2000) : Conjugaison progressive du français avec 400 exercices. Paris, CLE International. DELATOUR, Yves et alii (2004) : Nouvelle grammaire du français. Cours de civilisation française de la Sorbonne. Paris, Hachette. DELATOUR, Yves et alii (2000) : Grammaire pratique du français en 80 fiches. Paris, Hachette. GREVISSE, Maurice (1990) : Précis de grammaire française. Paris, Duculot. GRÉGOIRE, Maïa (1997) : Grammaire progressive du françias avec 400 exercices (CD-ROM inclus). Niveau débutant. Paris, CLE-International. GRÉGOIRE, Maïa e Odile THIÉVENAZ (1995) : Grammaire progressive du français avec 500 exercices. Paris, CLE International. JOB, Béatriz (2002) : La grammaire. Français : théorie et pratique. Madrid, Santillana.

C) ORTOGRAFÍA :

CHOLLET, Isabelle e Jean-Michel ROBERT (2004) : Ortographe progressive du français avec 400 exercices. Niveau débutant. Paris, CLE International.

D) FONÉTICA :

CHARLIAC, Lucille e alii (2003) : Phonétique progressive du français avec 400 exercices. Paris, CLE International.

E) COMPETENCIAS COMUNICATIVAS MARCO COMÚN EUROPEO :

BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2006) : Compréhension orale. Niveau 1. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2006) : Compréhension orale. Niveau 2. Paris, CLE International.

Page 195: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

195

BARFÉTY, Michèle (2006) : Expression orale. Niveau 3. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2005) : Expression orale. Niveau 1. Paris, CLE International. BARFÉTY, Michèle e Patricia BEAUJOUIN (2005) : Expression orale. Niveau 2. Paris, CLE International. BLOOMFIELD, Anatole e alii (2006): DELF B2 200 activités. Paris, CLE International. BRETONNIER, Marie e alii (2007) : Les clés du nouveau DELF B2. Maisons des langues, Barcelona. CHEVALLIER-WIXLER, Dominique (2007) : Réussir le DALF. Niveaux C1 et C2. Paris, Didier. GODARD, Emmanuel (2007) : Les clés du nouveau DELF B1. Maisons des langues, Barcelona. KOBER-KLEINERT, Corinne e alii (2007) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence C1-C2. Paris, CLE International. LESCURE, Richard e alii (2005) : DELF A1. 150 activités. Paris, CLE International. LIRIA, Philippe e Jean-Paul SIGÉ (2005) : Les clés du nouveau DELF A1. Maisons des Langues, Barcelona. PARIZET, Marie-Louise e alii (2005) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence A2 . Paris, CLE International. PARIZET, Marie-Louise e alii (2005) : Activités pour le Cadre Européen Commun de Référence A1 . Paris, CLE International. PATCHOD, Alain e Pierre-Yves ROUX (1999) : 80 fiches pour la production orale. Paris, Didier. POISSON-QUINTON, Sylvie (2004) : Expression écrite. Niveau 1. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2005) : Compréhension écrite. Niveau 2 . Compétences A2. Paris, CLE International. POISSON-QUINTON, Sylvie e Reine MIMRAN (2007) : Compréhension écrite. Niveau 3 . Compétences B1. Paris, CLE International.

7. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN, INSTRUMENTOS DE

AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN. 7.1 Procedementos de avaliación 7.1.1. Avaliación inicial

Page 196: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

196

Nos primeiros días do curso escolar terá lugar unha proba específica sinxela -oral ou escrita- para avaliar o grao de dominio dos contidos mínimos que se consideran imprescindibles para construíren sobre eles as novas aprendizaxes propias da materia. Esta proba non terá repercusión na cualificación da materia. Antes da sesión da avaliación inicial, mediante a observación directa nas clases, tamén se recollerá información das particularidades da forma de aprender de cada alumno/a (habilidades, estratexias e destrezas desenvolvidas, é dicir, manexo de procedementos) así como a información sobre o grao de integración social do alumno/a (consigo mesmo, cos compañeiros e compañeiras e co profesorado).

A avaliación levarase a cabo tendo en conta os diferentes elementos que constitúen o currículo, é dicir, as competencias básicas, os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación. 7.1.2. Avaliación ordinaria

Ao longo do curso realizaranse tres sesións de avaliación, unha por cada trimestre ( para cada curso un único exame que terá lugar en dúas sesións de clase en cada avaliación). A última destas avaliacións coincidirá coa avaliación final ordinaria do mes de xuño ( aprobar a terceira avaliación quere dicir acadar unha cualificación positiva en xuño). Para aqueles alumnos que non acadasen a cualificación de apto na terceira avaliación, haberá unha proba de recuperación que versará sobre os contidos mínimos da materia e que terá lugar na semana anterior á sesión de avaliación. 7.1.3. Avaliación extraordinaria

Coa lexislación vixente está previsto un exame extraordinario que en

circunstancias normais ten lugar no mes de setembro en segundo de bacharelato para o alumnado que non acade unha cualificación positiva na convocatoria ordinaria de xuño. Na data de setembro que acorde o centro educativo realizarase un exame escrito, sendo necesario obter unha nota mínima de 5 para superalo. O alumnado que nesta convocatoria non acade cualificación positiva e promocione de curso, levará a materia pendente ( e aprobará automaticamente tan pronto aprobe unha avaliación do curso seguinte). Un alumno que non pode asistir a unha proba ou exame por causa xustificada terá dereito a facelo outro día, previa presentación do xustificante perante o titor do seu grupo.

7.2. Instrumentos de avaliación Para avaliar a materia poderanse utilizar os seguintes instrumentos :

-Probas escritas (de expresión e comprensión). Os exercicios destas probas serán semellantes aos feitos na clase no caderno e nas fichas de traballo. -Probas orais de lectura e/ou conversa ( de expresión e comprensión). -Realización e valoración das fichas temáticas de traballo individual feito na clase ou na casa. -Traballos feitos individualmente ou en grupo. -Valoración do caderno persoal de clase porque é un elemento importante para a progresión do alumno e do control adquirido.

Page 197: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

197

-Anotacións procedimentais derivadas da observación directa, capacidade organizativa, presentación dos traballos…etc. -Valoración da curiosidade e interese pola materia, da participación, da creatividade, investigación persoal e o esforzo. -Valorarase a autonomía na aprendizaxe, a capacidade do alumno para recompilar información, empregar libros de consulta, dicionarios e resolver as súas dúbidas.

Esquecer continuamente o material na casa, a falta de limpeza, orde ou materia no caderno persoal, a non entrega ao profesor das fichas de traballo e negarse a participar na clase serán obxecto de penalización na nota de clase que é de 20% do total da nota final.

7.3. Criterios de cualificación

A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado será continua, polo que implicará un seguimento do proceso e dos resultados das aprendizaxes ao longo de todo o curso. En cada avaliación intentarase que existan probas que recollan contidos da avaliación anterior, de xeito que se poida valorar a progresión do alumnado na materia. Facemos por trimestre un único exame ao final da avaliación ocupando dúas sesións de clase. Este exame comprende probas específicas orais e escritas (expresión e comprensión) que representan o 80% da nota da avaliación. Os exercicios destas probas serán semellantes aos realizados na clase (no caderno do alumno e nas fichas de traballo facilitadas polo departamento a cada alumno). Cada unha destas probas (que terán lugar en dúas sesións de clase diferentes) terá a seguinte estrutura :

a) Comprensión escrita (2,5 puntos) b) Comprensión oral (2,5 puntos) c) Expresión escrita (2,5 puntos) d) Gramática e vocabulario (2,5 puntos)

Cada unha destas probas supón un total de 10 puntos, e logo de sumar as notas das diferentes partes do exame, faise a correspondente operación matemática para que represente o 80% da nota. O outro 20% vén dado polos traballos feitos na clase ou na casa, en individual ou en grupo, a participación oral na clase, o interese e o esforzo. Na terceira avaliación, coa fin de mellorar a nota, os alumnos xa aptos teñen a posibilidade de facer un exame oral que, superado con éxito, permite obter un punto máis para a cualificación final.

8. MEDIDAS DE ATENCIÓN À DIVERSIDADE

Actualmente a lexislación sobre diversidade deixou de entendela como algo excepcional para convertela na norma: cada alumno é diverso e heteroxéneo, ten

Page 198: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

198

distintas características, necesidades, ritmos, estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais.

Para atender a este alumnado diverso temos que axustar a resposta educativa a cada alumno, de xeito que cubramos as necesidades individuais do conxunto global do alumnado. Todo un reto.

Precisamos poñer en xogo todos os elementos organizativos e metodolóxicos, coa fin de cubrir as necesidades educativas específicas ou non específicas que presenten os nosos alumnos. A atención á diversidade é responsabilidade de todos e cada un dos profesores do centro, asesorados polos profesionais da orientación e apoiados polas accións realizadas neste ámbito polos equipos directivos.

Educar na diversidade supón unha escola para todos, na que todos teñan cabida coas súas características individuais. Unha escola, na que se lle ofreza a cada un, aquilo que mellor lle axude a desenvolver a súa máxima potencialidade, partindo do que é. Unha escola capaz de desenvolver un conxunto de accións encamiñadas a previr e dar resposta as posibles necesidades de todo o alumnado do centro e, entre eles, a aquel que require unha actuación específica derivada das súas necesidades educativas especiais, de altas capacidades, de dificultades de aprendizaxe, da súa incorporación tardía ao sistema educativo, das súas condicións persoais ou de historia escolar.

Farase un seguimento individualizado do alumnado ao longo de todo o curso desde a avaliación inicial nas primeiras semanas de clase. Tomaranse as medidas axeitadas para acadar o obxectivo buscado: a consecución dos obxectivos pola parte dos alumnos. Estas medidas inclúen o tratamento de materiais complementarios no caso daqueles alumnos que amosen algunha dificultade puntual ou mesmo no caso de aqueles alumnos que polas súas circunstancias persoais teñan un contacto maior coa lingua estranxeira obxecto de estudo, que recibirán materiais complementarios de reforzo, afondamento e ampliación dos contidos mínimos vistos na clase.

Estas medidas de atención á diversidade serán desenvolvidas tanto no ensino presencial como no caso hipotético de que houbese que impartir parte do curso de maneira telemática ou semi-presencial. Barállase a posibilidade de establecer contacto vía telefónica con aqueles alumnos que non tivesen unha conexión boa que permitise o seguimento axeitado das actividades do curso.

A programación será aberta e flexible, para poder atender á diversidade do alumnado e tentar previr ou evitar a aparición de dificultades de aprendizaxe. Para iso é importante personalizar o proceso de ensinanza-aprendizaxe e fomentar que o alumnado traballe de xeito colectivo co obxecto de conseguir superar as deficiencias individuais. Trátase de que a diversidade se converta en riqueza e variedade e que os diferentes niveis converxan. Tentaremos alternar actividades de diferente nivel de dificultade para que todo o alumnado se sinta integrado na dinámica da clase, tratando de fomentar a súa confianza en si mesmo e animándoo a perseverar e a superar o medo ao erro. Propoñemos varias posibilidades:

a) Traballo de varios grupos en paralelo a partir de actividades propostas con axuda de fichas, propoñendo estratexias diferentes sinxelas, mostrándolle ao alumnado que os diferentes niveis se complementan en lugar de excluirse para que esta diversidade se converta en elemento de reflexión para aprender a aprender.

b) Propoñemos tamén un tratamento da diversidade a través de actividades de expresión oral ou escrita libre ou semi-libre, e en grupos ou subgrupos

c) Pequenos esquemas sobre aspectos claves de gramática d) Insistencia no traballo da expresión escrita

Page 199: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

199

e) Reforzo nos aspectos orais insistindo en situacións figuradas, conversacións sobre un tema concreto ou por medio de micro- debates Se coa práctica docente diaria se observase na aula a existencia de alumnos con especiais características tales que requirisen formulacións particulares, ofrecerase a estes alumnos/as, co apoio e asesoramento do Departamento de Orientación, vías adaptadas ás súas necesidades. Estas vías específicas buscarían o máximo desenvolvemento das súas capacidades para que puidesen acceder a metas iguais ás propostas aos seus compañeiros.

9. PROCEDEMENTO PARA A CUALIFICACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES E TRATAMENTO DOS CONTIDOS IMPRESCINDIBLES NON IMPARTIDOS NO CURSO 2019/2020

Non existen neste curso 2020/2021 alumnos que teñan a materia Segunda Lingua Estranxeira: Francés pendente do curso anterior. No que concirne os contidos imprescindibles non impartidos no terceiro trimestre do curso 2019/2020 por mor do confinamento causado pola pandemia do Covid, remitímonos ao que xa dixeramos na addenda da programación entregada en maio de 2020 e da memoria de fin de curso remitida á inspección educativa a finais de xuño de 2020. Os devanditos contidos do curso 1º de Bacharelato serán impartidos nun total de seis sesións nas dúas primeiras semanas deste curso 2020/2021 nos meses de setembro e outubro.

Tampouco existen neste curso 2020/2021 alumnos que cursen a materia Segunda Lingua Estranxeira II: Francés sen ter cursado a materia no curso anterior, polo cal non cómpre sinalar cal sería o procedemento de avaliación desa materia non cursada no primeiro curso do Bacharelato.

10. CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS. EDUCACIÓN EN VALORES

Os contidos transversais fan referencia a certos valores morais e de convivencia que veñen recollidos na Constitución, como son a igualdade, democracia e tolerancia, e tamén aos contidos necesarios para que o alumnado se poida enfrontar a certas problemáticas da sociedade actual: saúde, desigualdade, medio ambiente… Estes temas, que se irán desenvolvendo e tratando nas unidades que sexan máis propicias e próximas a cada un deles, abranguen eidos como a Educación para a saúde, Educación moral e cívica, Educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos, Educación viaria, Educación ambiental, Educación do consumidor ou Educación para a paz. Os temas transversais son un conxunto de saberes baseados en actitudes, valores e normas, que dan resposta a algúns problemas sociais existentes na actualidade. Son uns contidos que non poden constituír unha sola área, e que han de ser tratados por todas elas de maneira global e programada, aínda que tamén poden ser tratados a través do currículo oculto, que cada docente, equipo ou centro transmite coas súas opinións.

O concepto da educación en valores é moi amplo, mais en termos xerais refírese ao conxunto de estratexias e de dinámicas de relacións que teñen como obxectivo

Page 200: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

200

formar en civismo e en modelos de convivencia baseados no respecto, a empatía e a igualdade.

Os Temas Transversais incorporáronse à educación como aspectos de noso mundo que deben ser abordados desde unha perspectiva moral. Os temas transversais supoñen unha oportunidade de globalizar o ensino e de realizar unha verdadeira programación interdisciplinar.

A educación en valores é un concepto amplo e complexo, que esixe a implicación tanto dos ensinantes como tamén dos pais e nais e da sociedade en xeral. Educar en valores significa ampliar o alcance da educación de maneira que non só se limite ao ensino e á aprendizaxe de materias, habilidades e temarios, senón que tamén se presentan metas vencelladas ao ámbito moral e ao civismo, co obxectivo final de formar cidadáns responsables.

A través da educación en valores, inténtase profundar e enraizar unha cultura e unha maneira de ser e de se comportar baseadas no respecto aos demais, a inclusión e as ideas democráticas e solidarias.

Na nosa contorna, caracterizada pola complexidade social e a globalización económica e cultural, educar en valores convértese nunha cuestión esencial para formar cidadáns capaces de asumir os novos retos e de se comprometer activamente, xogando un papel activo e eficaz na construción dun mundo moito máis xusto, inclusivo, equitativo e intercultural.

Para que isto non quede nunha proposta de boas intencións nin nun elemento residual tratado moi poucas veces na clase, cómpre planificar a educación en valores con criterios serios, formais e obxectivos. As nosas unidades didácticas artéllanse coa educación moral e cívica como eixo principal, arredor do cal xiran de maneira transversal unha serie de temas. As nosas unidades didácticas inclúen:

A igualdade de oportunidades con independencia do sexo, raza, clase social, orixe, cultura, nacionalidade, relixión ou orientación sexual.

A valoración con espírito crítico dos valores que rexen na nosa sociedade: costumes, hábitos de consumo, produtos culturais.

Coñecemento e análise dos mecanismos que rexen a nosa sociedade. Énfase nos valores igualitarios. Rexeitamento das actitudes discriminatorias. Ensino de pautas de respecto do medio ambiente por parte das

comunidades e dos individuos. Importancia do desenvolvemento sostible nos ámbitos económicos,

sociais e culturais da vida do ser humano. Potenciación do lecer na contorna natural. Promoción da saúde como valor fundamental e recurso básico para o

desenvolvemento persoal e social. Estimulación da adquisición de hábitos e conductas saudables. Eliminación ou redución daqueles comportamentos que supoñen un risco

para a saúde. Traballo da educación para a saúde desde unha perspectiva dinámica,

persoal e colectiva. Coñecemento das características e comportamentos humanos no que

concirne a sexualidade. Elaboración na aula de programas efectivos para facer os alumnos

tolerantes coa sexualidade dos demais.

Page 201: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

201

Toma de conciencia do risco que supoñen certas prácticas sexuais en ausencia de prevención.

Coñecemento da importancia que ten para a seguridade do cidadán o respecto ás normas e aos sinais de tráfico.

Estimulación de hábitos de comportamento perante os accidentes de tráfico coa fin de coñecer as estratexias básicas de primeiros auxilios.

Creación de habilidades nas decisións vencelladas ao consumo. Promoción dun consumo lóxico e responsable, valorando os efectos

sobre o medio ambiente. Coñecemento dos dereitos e deberes dos consumidores.

11. CONTRIBUCIÓN AO PLAN ANUAL DE LECTURA

É evidente que esta materia contribúe a promover o hábito da lectura. En todas as unidades didácticas lense, discútense e analízanse textos de diferentes tipos e finalidades. Entre as actividades propostas ao longo do curso temos a lectura de diferentes textos, para que gocen coa lectura e, nalgúns casos, resolvan actividades sobre eles.

O plan anual de lectura e o proxecto lector garantirán a formación progresiva do alumno nas habilidades básicas da súa formación como individuos e cidadáns. Para iso, as diferentes tecnoloxías da información e comunicación dispoñibles para os estudantes utilizaranse cun enfoque funcional.

A formación integral na lectura require un traballo gradual e continuo, por iso traballaremos con diferentes tipoloxías discursivas, presentadas á súa vez en soportes variados. Entre as actividades específicas destinadas ao desenvolvemento do plan de lectura, están as seguintes:

- Actividades cotiás de comprensión e expresión lectora, orais e escritas. - Preparación de resumos e esquemas. - Lectura reflexiva de enunciados de preguntas e cuestionarios traballados na aula. - Lectura reflexiva e comentario de teoría lingüística e literaria. - Preparación de traballos, tarefas de investigación e proxectos que requiran o uso

de fondos da biblioteca do centro e / ou doutras bibliotecas. - Uso das ferramentas informáticas adecuadas para cada traballo ou proxecto. - Lectura e análise de textos comerciais e publicitarios, difundidos a través de

diferentes soportes - Lectura de textos e / ou libros relacionados co tema. - Ampliación e reforzo do tema traballado na aula. - Lectura e comentario crítico de textos. - Redacción de textos coherentes. - Fomento da creatividade do alumnado. - Interpretación de material gráfico. - Traballo con definicións de termos para facilitar a comprensión dos contidos e

enriquecer o léxico. - Presentacións orais e escritas baseadas en diversos criterios e finalidades.

12. CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA

Page 202: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

202

O Departamento contribuirá ao desenvolvemento do Plan de Convivencia desenvolvido polo centro, colaborando con todos os proxectos e plans incluídos nel, á vez que realizará as súas propias achegas.

Obxectivos: - Establecer un marco de referencia que facilite as relacións, a comunicación e a

participación do alumnado nas actividades realizadas nesta área. - Promover os valores democráticos de solidariedade, tolerancia, colaboración e

respecto ás persoas e ás ideas. - Facilitar e previr manifestacións de violencia e actitudes e comportamentos

xenófobos e racistas, rexeitando sempre a violencia como medio de resolución de conflitos. Actuacións:

- As relacións persoais rexeranse polo respecto mutuo, a comprensión, a aceptación e a tolerancia.

- Todos os membros da comunidade educativa deben: ser educados e amables no trato, pedir perdón cando sexa necesario, traballar con alegría e optimismo, non impoñer as nosas propias ideas, utilizar as regras básicas de cortesía, etc.

- Os profesores deben recoñecer os logros dos alumnos, celebrar os seus éxitos e aplicar un sistema de recompensas dirixido a consolidar a autoestima dos mozos.

- Comprender a educación actual e o seu compromiso cos valores básicos da vida en convivencia, é dicir, incorporar efectivamente valores éticos (xustiza, solidariedade, igualdade, tolerancia, respecto, paz ...) en proxectos educativos que favorezan e fagan posible unha sociedade máis humanizada e democrática.

- Toda a programación didáctica debe contemplar unha serie de contidos transversais compartidos por todas as áreas de coñecemento e que teñan unha carga de valor elevada. Estes contidos favorecerán a convivencia dos alumnos en tres niveis: na aula, no centro e no ámbito persoal e familiar, contribuíndo así á educación e á cultura de paz, así como ao pleno desenvolvemento do plan de convivencia do centro.

- Aumentar o grao de implicación e participación de todos os membros da comunidade educativa.

- Promover valores democráticos nas actividades propostas na aula, como debates, redacción de textos, exposicións, etc.

- Concienciar aos alumnos da importancia de coidar as instalacións, así como do seu mantemento e limpeza.

- Fomentar a reflexión sobre condutas contrarias ás regras de convivencia. - Aplicar unha metodoloxía que favoreza as habilidades persoais e a autonomía,

incluso nos procedementos de resolución de conflitos. - Analizar as regras de convivencia a través dos textos propostos.

13. CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC

O IES Cosme López Rodríguez ten, desde hai varios anos, un Plan TIC, grazas ao cal o profesorado deste departamento:

- Adoita facer uso da aula de medios audiovisuais: DVD, reprodutores de CD, ordenador, canón, taboleiro dixital ...

- Aproveita os recursos das Aulas Abalar.

Page 203: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

203

- Usa o material e os recursos en liña que proporciona a editorial SM. - Da preferencia ao desenvolvemento de actividades que aborden o tema a través

das TIC. - Familiariza aos alumnos co uso dos recursos propios da rede: blogs, consultas

web, etc. - Fai uso das TIC para ampliar os recursos didácticos: páxinas web relacionadas

co tema, dicionarios, enciclopedias ... - Promove a autonomía dos alumnos, proporcionándolles estratexias para obter e

procesar información e para obter habilidades relacionadas coa busca e organización da mesma.

- En cada tema proporciona páxinas web que proporcionan información relacionada cos contidos da materia. Deste xeito, trátase de desenvolver habilidades de busca de información e aprendizaxe autónoma.

- Traballa habilidades básicas, incluída a competencia dixital e o tratamento da información, esenciais para o proceso de ensino-aprendizaxe.

- Proxecta vídeos documentais, animacións e outros materiais audiovisuais. - Realiza tarefas para as que son necesarias as TIC. -

14. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Neste curso 2020/2021, o Departamento de Francés do IES Cosme López Rodríguez non levará a cabo actividades extraescolares que impliquen a saída do alumnado do centro durante o horario lectivo, tal e como se recolle nas instrucións dadas ao comezo do curso. A tradicional visita a Ourense para asistir a unha representación teatral da compañía de teatro Eina Escola no poderá polo tanto ter lugar. Deseñaranse na medida do posible as actividades complementarias necesarias que sexan compatibles co protocolo Covid establecido pola Consellería de Educación para os centros de ensino secundario. Agardaremos a ter máis información sobre actividades complementarias desenvolvidas de forma telemática que non implican presencialidade e que si son válidas para este curso académico.

Page 204: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

204

15. INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE

ELEMENTOS A AVALIAR

INDICADORES DE LOGRO

RESULTADO

Non conseguido Conseguido parcialmente Totalmente conseguido Programación Didáctica

Non se adapta ao contexto da aula Adáptase parcialmente ao contexto da aula Adáptase completamente ao contexto da aula

Plans de Mellora Non se adoptaron medidas de mellora tralos resultados académicos obtidos

Identifícaronse as medidas de mellora a adoptar tralos resultados académicos obtidos

Adoptáronse medidas de mellora segundo os resultados académicos obtidos

Medidas de atención á diversidade

Non se adoptaron as medidas de atención á diversidade axeitadas

Identificáronse as medidas de atención á diversidade a adoptar

Adoptáronse as medidas de atención á diversidade axeitadas

Temas transversais Non se traballaron todos os temas transversais na materia

Traballáronse a maioría dos temas transversais na materia

Traballáronse todos os temas transversais na materia

Programa de Recuperación

Non se estableceu un programa de recuperación para os alumnos

Iniciouse o programa de recuperación para os alumnos que o precisen

Estableceuse un programa de recuperación eficaz para os alumnos que o precisen

Obxectivos da materia

Non se acadaron os obxectivos da materia establecidos

Acadáronse parte dos obxectivos da materia establecidos para o curso

Acadáronse os obxectivos da materia establecidos para este curso

Competencias clave Non se desenvolveron a maioría das competencias clave relacionadas coa materia

Desenvolvéronse parte das competencias clave relacionadas coa materia

Acadouse o desenvolvemento das competencias clave relacionadas coa materia

Práctica docente A práctica docente non foi satisfactoria A práctica docente foi parcialmente satisfactoria

A práctica docente foi satisfactoria

Programas de mellora para a práctica docente

Non se deseñaron programas de mellora para a práctica docente

Identificáronse os puntos para deseñar un programa de mellora para a práctica docente

Deseñáronse programas de mellora para a práctica docente

Materiais e recursos didácticos

Os materiais e recursos didácticos non foron os axeitados

Os materiais e recursos didácticos foron parcialmente axeitados

Os materiais e recursos didácticos foron completamente axeitados

Distribución de espazos e tempos

A distribución dos espazos e tempos non foi axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

A distribución dos espazos e tempos foi parcialmente axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

A distribución dos espazos e tempos foi axeitada aos métodos didácticos e pedagóxicos empregados

Métodos didácticos e pedagóxicos

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados non contribuiron á mellora do clima da aula e do centro

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados contribuiron parcialmente á mellora do clima da aula e do centro

Os métodos didácticos e pedagóxicos empregados contribuiron á mellora do clima da aula e do centro

Resultados da avaliación

Os resultados da avaliación nesta materia non foron satisfactorios

Os resultados da avaliación nesta materia foron moderados

Os resultados da avaliación nesta materia foron satisfactorios

Page 205: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

205

ANEXO Á PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

No presente anexo, engadimos as diferenzas que haberá no desenvolvemento das nosas programacións didácticas segundo o proceso de ensinanza-aprendizaxe teña lugar de maneira presencial, semi-presencial ou telemática en función da evolución ao longo deste curso da pandemia do Covid-19.

Ensinanza 100% presencial. As nosas programacións didácticas que anteceden a este anexo refírense a un sistema de ensinanza-aprendizaxe presencial, que é o sistema que mellor coñecemos e que é o que desexan poñer en práctica neste curso 2020/2021 o Ministerio de Educación e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, poñendo eles os medios que consideran necesarios para garantir a seguridade e a saúde dos diferentes membros da comunidade educativa. Levamos a cabo adaptacións esenciais para poder volver á presencialidade: -O uso das fotocopias para o tratamento das diferentes actividades vólvese minoritario por mor da necesidade de que o papel garde a corentena correspondente. No caso dos cursos de Bacharelato nos que non hai libro de texto e os materiais son fotocopias obtidas de diferentes manuais, o profesor encárgase da súa transmisión e cobro desde o servizo de reprografía do centro ata os propios alumnos. -Os materiais facilitados complementarios facilitados aos alumnos e traballados na clase son publicados na plataforma dixital corporativa Moodle o mesmo día en que son vistos na clase. Do mesmo xeito, todos os documentos audio escoitados na clase son publicados na aula virtual, de maneira que o alumnado pode escoitar desde a súa casa os documentos orais previamente escoitados na clase. Pídeselles aos alumnos que garden nun cartafol específico chamado “Francés” no seu ordenador de traballo os diferentes documentos que vaian descargando desde a aula virtual. Sinalamos que nos primeiros días de curso explicouse nas diferentes clases a maneira de abrir un cartafol no ordenador e tamén a maneira de descargar os documentos da aula virtual e gardalos no devandito cartafol. -As actividades de expresión escrita que deberán facer ao longo do curso e os distintos traballos que se lles pidan para completar ese 20% da nota que non corresponde ao exame deberán ser entregadas de maneira dixital (correo electrónico ou aula virtual). Facendo así, traballamos por unha banda a competencia dixital do noso alumnado e pola outra minimizamos os riscos de contaxio ao non tocar o profesor e os alumnos as mesmas follas cunha corrección en papel. Facilítaselles aos alumnos desde os primeiros días de clase dous enderezos electrónicos para poder contactar co profesor e poder facer os envíos pertinentes: a conta corporativa [email protected] (para a resolución de dúbidas e preguntas varias) e outra conta non

Page 206: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

206

corporativa con maior capacidade de almacenamento [email protected] (para o envío das tarefas e de arquivos de peso).

Ensinanza semi-presencial. Entendemos por ensinanza semi-presencial dúas situacións diferentes que cómpre distinguir: por unha banda, o caso específico dos alumnos que deban gardar corentena na casa e ser atendidos polo profesorado dunha maneira semi-presencial e, pola outra, a decisión das autoridades competentes de facer unha ensinanza presencial parcial por grupos pequenos ou en días localizados da semana para evitar a concentración de todo o alumnado no centro educativo. No caso dos alumnos confinados na casa que garden corentena, consideramos que o seguimento das clases e a interacción co profesor deberán ter lugar preferentemente a través da conta do correo corporativo e da aula virtual do centro para a cal todos eles xa teñen creado acceso desde finais de setembro de 2020. O profesor secuenciará o tratamento das diferentes actividades nas distintas sesións ás que o alumno non poida asistir de maneira presencial. No caso de que fose preciso para a explicación dalgún contido que resultase difícil ou para a resolución dalgunha dúbida, considérase a posibilidade de facer chamada telefónica á casa do alumno confinado. Barállase tamén a posibilidade de empregar a plataforma corporativa Cisco Webex para que o alumno poida asistir telematicamente desde a súa casa ás explicacións da clase. Para poder facer isto, agardamos se resolvan os problemas de conexión á rede que atopamos ás veces nalgunhas das aulas do noso centro e agardamos tamén recibir máis formación específica no que concirne ao emprego en directo desta ferramenta nun contexto de clase real. No caso dunha ensinanza semi-presencial parcial ou grupal para todo o alumnado dunha clase, cremos que as probas de avaliación e o tratamento dos contidos gramaticais deben ter preferencia para un tratamento presencial dentro do espazo da aula, mentres que as actividades de comprensión escrita e oral e o traballo da expresión escrita poderán ser feitos de maneira telemática nos días que tivesen que permanecer na casa. A aula virtual Moodle e o correo electrónico seguirían a ser as canles prioritarias de comunicación para a transmisión (envío e recepción) das tarefas e o correspondente feedback pola parte dos alumnos. No caso dos alumnos que tivesen maiores dificultades de conexión, habería un maior diálogo co titor correspondente e coa xefatura de estudos e a comunicación co alumno e coa familia podería ter lugar de maneira telefónica.

Ensinanza telemática. Entendemos por ensinanza telemática a que ten lugar nunha situación como a vivida entre marzo e xuño do curso pasado 2019/2020. A aula virtual Moodle e o correo electrónico serán as canles de uso preferente para o seguimento do proceso de ensinanza-aprendizaxe pola parte do alumnado. As diferentes actividades serán publicadas na aula virtual coa correspondente temporalización por sesións de clase. As actividades

Page 207: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

207

propostas serán sempre proporcionais á duración da sesión do ensino presencial. A comunicación co profesor terá lugar tanto a través do servizo de mensaxería interno da aula virtual como dos enderezos de correo electrónico corporativo (para a resolución de dúbidas) e non corporativo (para o envío das tarefas). Trataranse os contidos esenciais da materia: dependendo do momento do curso no que houbese que pasar á ensinanza telemática e tamén en función do seguimento da programación didáctica correspondente, estes contidos esenciais a ser tratados poderían ser os contidos mínimos. No caso de ter que tomar unha decisión así, recolleríase esta cuestión en acta de reunión de departamento. As probas de avaliación terían lugar do mesmo xeito de maneira telemática e deberían ter a mesma estrutura das probas feitas na ensinanza presencial. Se fose necesario, poderían levarse a cabo probas feitas polo xerador de probas da propia aplicación Moodle. Unha vez máis, podería levarse a cabo comunicación telefónica co alumnado e coas familias no caso de que a conexión Internet non fose boa ou que o correo electrónico e a aula virtual non puidesen bastar por si sos para garantir a asimilación dos contidos e a consecución dos obxectivos pola parte do alumnado. Poderá ser empregada tamén a plataforma Webex Cisco para facer clases online en directo. Cremos que para poder facer unha clase Webex de maneira telemática, cómpre que todos os alumnos do grupo teñan unha conexión boa, xa que no caso contrario estariamos a penalizar e a discriminar aínda máis a aqueles alumnos con maiores dificultades de conexión que quedarían así excluídos desas clases online.

A Rúa de Valdeorras, 6 de outubro de 2020

Asdo : David Gómez Lago

Xefe do Departamento de Francés