plan anual de orientaciÓn curso 2018/19 i.e.s. antÓn ... 18-19... · a súa inclusión no plan...

21
PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ALONSO RÍOS

Upload: others

Post on 22-Jan-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19

I.E.S. ANTÓN ALONSO RÍOS

Page 2: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

2Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

INDICE pax. 1.- Xustificación baseada no contexto ............................................................... 3

1.1- Características do contorno ............................................................ 3

1.2- Características do IES ..................................................................... 4

1.3- Características dos centros adscritos .............................................. 5

1.4- Marco lexislativo ............................................................................... 8

1.5- Marco teórico ................................................................................. 11

2.- Obxectivos ...................................................................................................12

2.1- Obxectivos xerais ........................................................................... 12

2.2- Obxectivos específicos .................................................................. 13

3.- Planificación xeral e definición de accións prioritarias ................................ 15

4.- Estratexias de intervención ......................................................................... 20

4.1- Metodoloxía .................................................................................... 20

4.2- Recursos ........................................................................................ 21

5.- Criterios de avaliación ................................................................................ 21

Page 3: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

3Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

1.- XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO

1.1 Características do contorno

O I.E.S. está situado no municipio de Tomiño, comarca do Baixo Miño, ó sur da provincia de Pontevedra, fronteirizo con Portugal e aproximadamente a uns 45 kilómetros de Vigo.

A zona é rural e a meirande parte da súa poboación dedicase os labores agrícolas, aínda que nos últimos anos houbo incremento do sector servizos.

En canto ao nivel cultural podemos sinalar que a maioría da poboación

adulta sitúase entre os estudios básicos e amosan escasas expectativas sobre os seus fillos e pouco interese para que estes prosigan estudios superiores. Isto incide fundamentalmente na motivación do alumnado dende os primeiros cursos, sobre todo a partir dos últimos cursos de Primaria, apreciándose de xeito xeral na Secundaria e manifestándose como baixo nivel académico, escasos hábitos de estudio, falla de técnicas de traballo intelectual axeitadas, abandono sen obter a titulación de Graduado en Secundaria.

A poboación no municipio está moi dispersa e con zonas bastante deprimidas lonxe do núcleo comercial e administrativo, o alumnado procede maioritariamente do municipio, aínda que nos cursos superiores hai un incremento de alumnos e alumnas procedentes doutras zonas da comarca (Tui, O Rosal, A Guarda). Outra característica observada nos últimos cursos é o incremento de alumnado de familias que fixan a súa residencia no municipio e que proceden de Vigo, estando estes alumnos escolarizados previamente en centros educativos vigueses. Tamén e durante todos os cursos, aínda que en cantidades pequenas, comeza a haber alumnado de procedencia estranxeira.

A dispersión da poboación xunto coa precaria rede de transporte público, dificulta o asociacionismo dos pais e a posibilidade de manter máis contacto co centro, aínda que en xeral acoden cando o titor ou titora solicítallo, pero non o fan por iniciativa propia. No alumnado esta dispersión dificulta as súas relacións sociais fóra do centro e pódese sinalar que en xeral o alumnado, no momento de chegar ao instituto, presenta escasas habilidades para moverse con autonomía, comunicarse, ou relacionarse máis aló dos veciños.

A poboación é maioritariamente galegofalante, aínda que con moita mestura co castelán. En xeral, amosa pouca fluidez verbal, pobreza de vocabulario, dificultades na comprensión e expresión lingüística, etc. Estas dificultades son máis patentes na lingua castelá.

Page 4: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

4Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

1.2- Características do I.E.S. ALUMNADO: ESO 1º ESO: 103 alumnos/as 5 GRUPOS 2º ESO: 110 alumnos/as 5 GRUPOS 3º ESO: 85 alumnos/as 5 GRUPOS 4º ESO: 75 alumnos/as 3 GRUPOS TOTAL: 373 alumnos/as Temos tamén un PROGRAMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA: Agroxardiñería e composicións florais: 1º FPB: 14 alumnos/as (1 GRUPO) 2º FPB: 11 alumnos/as (1 GRUPO) TOTAL: 25 alumnos/as Ao igual que o curso anterior, este curso académico, por carecer de profesorado suficiente, non contamos cos AGRUPAMENTOS ESPECÍFICOS de Apoio ás aprendizaxes básicas nas áreas de Matemáticas, LC, LG, CCSS e CCNN. BACHARELATO: 1º: 54 alumnos/as 2 GRUPOS 2º: 64 alumnos/as 2 GRUPOS TOTAL: 118 alumnos/as CICLOS FORMATIVOS: - FAMILIA PROFESIONAL DE ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA: 1º curso C.M “Instalacións de telecomunicacións”: 5 alumnos/as 2º curso C.M “Instalacións de telecomunicacións”: 8 alumnos/a TOTAL: 13 alumnos - FAMILIA PROFESIONAL DE ACTIVIDADES AGRARIAS: 1º curso do C. M. “Aproveitamento e conservación do medio natural: 14 alumnos/as 2º curso do C. M. “Aproveitamento e conservación do medio natural: 8 alumnos/as TOTAL: 22 alumnos/as TOTAL ALUMNADO DOS CICLOS MEDIOS: 35 TOTAL ALUMNADO DO IES DE TOMIÑO: 551 alumnos/as

Page 5: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

5Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

CARACTERÍSTICAS DAS ENSINANZAS IMPARTIDAS Este ano están funcionando 2 grupos de FPB de Agroxardiñería e Composicións Florais. O interese e a demanda tanto dos pais como do alumnado por este tipo de formación adoita ser grande. As modalidades de Bacharelato que se imparten no IES de Tomiño son: Humanidades e Ciencias Sociais, e Ciencias. Hai ademais CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO: - FAMILIA PROFESIONAL DE ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA.

“Instalacións de telecomunicacións” - FAMILIA PROFESIONAL DE ACTIVIDADES AGRARIAS: “Aproveitamento

e conservación do medio natural”. Este ano continuamos co Programa de Mediación, enmarcado no Plan de Convivencia e co asesoramento do Departamento de Orientación, para o cal constituimos o Equipo de Mediación formado polas profesoras do centro: Iria Giráldez Ramallo e Sagrario Sánchez Moreno. Os alumnos foron formados o curso pasado. ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos neste Plan Anual de Orientación, son provisionais, xa que é unha previsión que facemos ó inicio do curso escolar, tendo en conta o seguinte:

Análise, valoración e seguimento do alumnado destas características do noso propio Centro, de cursos anteriores.

Análise dos expedientes e informes dos Departamentos de Orientación do alumnado que incorpórase ó noso IES neste curso, e que proveñen dos Centros de Educación Infantil e Primaria do entorno. Algúns poucos son externos, non veñen dos centros adscritos ao noso IES.

Datos aportados polos propios pais/nais/titores legais que acudiron a entrevistas coa Orientadora.

Na Avaliación Inicial do alumnado da ESO recabaranse máis datos, xurdirán peticións de valoración de alumnos/as e coordinaranse as actuacións a levar a cabo con eles.

Page 6: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

6Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

Con todos estes datos, podemos afirmar que na actualidade nos atopamos no noso IES co seguinte alumnado de necesidade específica de apoio educativo (ANEAE), tal como figura na LOMCE.: - Por discapacidade - Por trastorno grave de conduta - Existe alumnado que teñen un grao de minusvalidez recoñecida - Alumnado con dificultades de aprendizaxe que teñen Adaptacións

curriculares nos distintos cursos da ESO. - Alumnado con TDAH

Na actualidade no noso centro nos atopamos con alumnos/as que máis que unha dificultade específica ou concreta de aprendizaxe, teñen dificultades xeneralizadas de aprendizaxe e dificilmente poden seguir o ritmo da aula ordinaria con simples medidas de reforzo educativo. A maior dificultade coa que nos atopamos neste curso académico é que non contamos con Agrupamentos Específicos ou Agrupamentos Flexibles debido ao insuficiente número de profesorado, polo que ese tipo de alumnado deberá quedar na súa aula de referencia e recibir atención por parte do profesor/a da materia. Neste caso dende o DO ofreceremos apoio ao profesorado para facer os reforzos necesarios dentro da aula. Hai así mesmo alumnos/as de 1º da ESO do noso centro que presentan dificultades xeneralizadas de aprendizaxe, particularmente nas áreas das linguas aos que se lles será concedida a Exención da Segunda Lingua Estranxeira (francés, portugués) e que recibirán un RE. Xa se lle foi concedida a varios alumnos: a aqueles que xa tiveron exención en 1º de ESO, aos alumnos que pasan por imperativo legal e aos que teñen unha ACS. Nas avaliacións iniciais decidimos o resto do alumnado que recibirá esa medida tendo en conta a opinión do profesorado e os resultados da valoración feita dende o DO. Tendo en conta que a tasa de fracaso escolar do noso centro nos últimos cursos é alta, que as condicións socioeconómicas das familias do entorno, non son en xeral moi favorables e que houbo un aumento do alumnado con necesidades educativas especiais. Deste xeito valoramos moi positivamente a ampliación do profesorado especialista en Pedagoxía Terapeútica. Neste sentido, no presente curso escolar, contamos con dúas PT, unha delas con destino definitivo no centro. Na atención ao alumnado con NEAE por parte das especialistas de PT, terán preferencia os alumnos/as de ACS e o alumnado con NEE.

Page 7: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

7Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

No IES desenvolvese unha Avaliación Inicial para o alumnado de ESO e FPB. Nesta avaliación detéctanse casos de novos alumnos e alumnas con dificultades de aprendizaxe. A estes alumnos haberá que aplicarlles as medidas que o Centro considere máis axeitadas, dentro da organización e dispoñibilidade de profesorado existente. De atoparnos no caso de alumnado procedente do estranxeiro, ao longo do curso escolar, aplicarase o Plan de Acollida, elaborado en cursos precedentes, aínda que no presente curso non disporemos do titor/a do alumnado estranxeiro. PROFESORADO O I.E.S. Antón Alonso Ríos ten un total de 65 PROFESORES E PROFESORAS. O Departamento de Orientación conta cunha Orientadora e dende o curso pasado con dúas mestras da especialidade de Pedagoxía terapéutica para case 600 alumnos/as. Dos profesores e profesoras do centro, 29 son titores/as: 18 na ESO, 4 no Bacharelato, e 4 nos Ciclos Formativos, incluído o profesor titor da FCT. Hai 2 profesores titores de alumnado da FPB. 1.3- Características dos centros adscritos O IES Antón Alonso Ríos ten adscritos os colexios de Educación infantil e Primaria de Tomiño. Teñen Dpto. de Orientación propio:

CEP Pedro Caselles Beltrán CEIP de Sobrada CEIP de Tebra CRA Mestre Manuel Garcés

Comparten Dpto. de Orientación:

CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián CEIP de Barrantes.

O Dpto. de orientación do IES ademais de estar integrado por profesorado do noso centro, está constituído polos xefes/as dos Dptos de orientación deses colexios.

Page 8: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

8Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

A poboación escolar é moi heteroxénea e con características diferenciadas, o Plan Anual de Orientación deberá telo en conta. Débense considerar tamén as características do contorno socioeconómico, descritas con anterioridade, como variables que inciden nas necesidades educativas do alumnado e nas dificultades de relación social cos iguais fóra do centro educativo. A determinación de liñas prioritarias de actuación é un paso necesario nunha planificación de accións realista e efectiva. Estas liñas foron consensuadas co resto de centros educativos do concello de Tomiño, para que a súa consecución sexa coordinada. Os orientadores e orientadoras do concello de Tomiño, coa coordinación do Inspector desta zona, temos un plan de traballo para este curso académico co obxectivo de establecer accións conxuntas en beneficio do noso alumnado, mellorando o tránsito da Educación Infantil á Educación Primaria e dende esta etapa á Educación Secundaria. 1.4- Marco lexislativo

O Plan Anual de Orientación desenvolverase de acordo coa normativa legal actual en materia educativa. Teranse en especial consideración os seguintes Decretos e Ordes:

- Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade

educativa - Lei Orgánica 2/2006, do 3 maio, de Educación.

- Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar

- Decreto 120/98 do 23 de abril (DOG de 27 de abril de 1998),que regula a

orientación educativa e profesional na Comunidade autónoma de Galicia. - Orde de 24 de xullo de 1998 (DOG de 31 de xullo de 1998), que establece a

organización e funcionamento da orientación na Comunidade de Galicia regulada no Decreto 120/98.

- Orde do 31 de outubro de 1996 (DOG do 19 de decembro de 1996) pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais.

- Orde do 6 de outubro de 1995 (DOG do 7 de novembro de 1995) pola que se regulan as adaptacións do curriculum nas ensinanzas de réxime xeral.

Page 9: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

9Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

- Orde do 20 de febreiro de 2004, pola que se establecen as medidas de atención específica ó alumnado procedente do estranxeiro.

- Orde do 27 de decembro de 2002, pola que se establecen as condicións

para a escolarización en centros, do alumnado de ensinanza non universitaria con necesidades especiais.

- Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula á atención a

diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio de Educación.

- Decreto 8/2015 polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar

- Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación

profesional do sistema educativo en Galicia. - Real Decreto 127/2014, do 28 de febreiro, polo que se regulan aspectos

específicos da Formación Profesional Básica das ensinanzas de formación profesional del sistema educativo.

- Orde do 5 de agosto do 2014, pola que se regulan aspectos específicos para a implantación das ensinanzas de formación profesional básica no curso académico 2014-2015.

- Orde do 14 de agosto de 2014, pola que se regulan o acceso e a admisión aos ciclos de formación profesional básica e se autoriza a súa oferta para o curso 2014-2015.

- Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da

educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

- RESOLUCIÓN do 3 agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación,

Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2017-18.

- RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 20175, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2017/18, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria

Page 10: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

10Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Circular 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

- Circular 10/2010 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e

Innovación Educativa. No Decreto 120/98 establécese a composición dos departamentos de orientación, nun IES das características do de Tomiño será a seguinte: a) Profesor/a da especialidade de Psicoloxía e Pedagoxía (Orientación

Educativa) que exercerá a xefatura do departamento. b) Profesores/as de Pedagoxía terapéutica c) Un/unha representante por cada un dos ámbitos lingüístico-social e

científico-tecnolóxico, designados polo director do centro. d) O profesor de Formación e Orientación Laboral e) Os Xefes/as do Dptos. de Orientación do CRA e dos CEP e CEIP adscritos

ó IES Antón Alonso Ríos - Xefa do Departamento: Sagrario Sánchez Moreno - Profesora de PT: Mª Ángeles Nogueiras Nogueiras - Profesora de PT: Zaida Martínez Oliveira - Representante do ámbito Lingüístico-social: José Luís Pérez Román - Representante do ámbito Científico-tecnolóxico: Iria Giráldez Ramallo - Xefa do Dpto. de FOL: Mª Jesús Fernández González - Xefe Dpto. Orientación do CRA: Yesenia Montero _______ - Xefa Dpto. Orientación do CEP Pedro Caselles: Verónica Mouriño Pérez - Xefe Dpto. Orientación do CEIP Sobrada: Susana Vales ______ - Xefe Dpto. Orientación do CEIP de Tebra: Ángela Monteiro Daconceiçao - Xefa Dpto. Orientación do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián e do

CEIP de Barrantes: Susana Vales Cancela. 1.5- Marco teórico

No artigo 1 da LOE e que a LOMCE non modifica, establece como un dos principios educativos, a atención psicopedagóxica e a orientación educativa e profesional, o que implica integrar na actividade educativa a atención especializada e individualizada dos problemas de aprendizaxe e a actividade orientadora.

Page 11: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

11Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

O modelo de orientación que sustentará a nosa actividade dende o Departamento de Orientación, entende a orientación como unha actividade educativa (inherente á función docente) que se articula en tres niveis: acción titorial, o Departamento de Orientación fundamentalmente e, por último, o Equipo de Orientación Específico (EOE) cando os dous primeiros niveis non sexan suficientes para atender a problemática que poda xurdir na vida escolar.

As fontes nas que se basea o plan anual de orientación son de varios tipos, fontes relacionadas coa investigación psicolóxica actual, fontes pedagóxicas, que terán como referente fundamental a práctica docente, fontes sociolóxicas nas que se consideran de igual maneira as demandas que na actualidade presenta a sociedade como as propias peculiaridades do contexto sociocultural no que se atopa o centro.

En canto ás fontes psicopedagóxicas que se teñen en conta salientar as teorías da aprendizaxe verbal significativa de Ausubel, a teoría da aprendizaxe mediada, as teorías de Vygotski sobre a construción social da intelixencia. Estas teorías e investigacións fundamentan o deseño e desenvolvemento dos diversos programas que forman parte do Plan de Orientación tales como: Plan de acción titorial, Plan de Orientación académica e profesional, e Plan de apoio ó proceso de ensino aprendizaxe.

2.- OBXECTIVOS Os obxectivos xerais do departamento establécense tralo estudo dos distintos documentos do centro e o departamento, e o intercambio de información co profesorado e o Equipo Directivo. Os obxectivos propostos nacen tamén das accións prioritarias recollidas na Circular 10/2010.

Para acadar estes obxectivos levaranse a cabo accións en relación aos tres eixos fundamentais da orientación educativa:

A atención á diversidade do alumnado.

O apoio á acción titorial.

A orientación académica e profesional.

De todas formas a organización da presente programación pretende romper esas barreiras xa que ditos eixos non poden nunca ser compartimentos separados, senón que existe unha interrelación entre eles.

Plantéxanse a continuación uns obxectivos –xerais e específicos- que teñen como finalidade CONTRIBUIR AO MÁXIMO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS DO NOSO ALUMNADO NA PROCURA DO SEU DESENVOLVEMENTO INTEGRAL. Dende o Departamento de orientación, pretendemos incidir fundamentalmente nas competencias instrumentais

Page 12: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

12Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

(lingüística e matemática), aprender a aprender e sociais e cívicas. 2.1- Obxectivos xerais:

- Potenciar a Acción Titorial por medio da colaboración activa cos titores. - Coordinar a atención á diversidade do noso alumnado. En relación con

este obxectivo, realizaranse as avaliacións psicopedagóxicas dos alumnos e alumnas que amosen dificultades de aprendizaxe, integración, etc.

- Dar especial relevancia á orientación académica e profesional do noso alumnado, especialmente –pero non só- nos momentos de transición entre etapas (4º de ESO e 2º de BAC)

- Colaborar no favorecemento dunha comunicación axeitada entre o centro e as familias do noso alumnado, e ofrecer aos alumnos/as e as súas familias información e asesoramento académico e profesional o máis axeitados posible.

- Facer dende o departamento de orientación especial fincapé na mellora da coordinación cos departamentos de orientación dos centros adscritos dos que proveñen a maioría do noso alumnado.

2.2- Obxectivos específicos:

Cada un dos obxectivos de carácter xeral sinalados anteriormente concrétanse nunha serie de obxectivos específicos, sinalados a continuación. A estes obxectivos trataremos de dar resposta nunha serie de liñas de acción prioritarias, que desenvolveremos no apartado seguinte da presente programación. Obxectivos relacionados coa potenciación da acción titorial: - Dinamizar a función titorial, facilitando os recursos e materiais necesarios.

Para que a acción titorial responda ás necesidades do noso alumnado, as actividades teñen que ser deseñadas tendo en conta as súas peculiaridades, polo cal establécense reunións dende o Departamento de Orientación, en coordinación coa xefatura de estudos, reunións periódicas cos titores e titoras dos distintos cursos para, entre todos, establecer as temáticas ou liñas de traballo que consideren prioritarias, e nelas se centrarán as actividades propostas.

- Facilitar asesoramento sobre as medidas e recursos para a atención do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

- Colaborar co profesorado titor no desenvolvemento do PAT, asesorando á totalidade da comunidade educativa sobre o sistema educativo, os procesos de admisión, as accións de acollida, os cambios de centro, etc.

Page 13: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

13Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

- Propiciar accións de traballo, coñecemento e colaboración cos pais e nais do alumnado.

Obxectivos relacionados coa atención á diversidade do alumnado: - Realizar a avaliación psicopedagóxica así como o posterior informe dos

alumnos/as con necesidades educativas especiais, e participar no desenvolvemento das posibles medidas que requiran.

- Intervir na detección precoz de necesidades educativas. - Favorecer o desenvolvemento das habilidades sociais do alumnado que máis

dificultades atopa neste sentido, tendo en conta o establecido na Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa e o Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro que a desenvolve.

- Propiciar un desenvolvemento vocacional óptimo dos nosos alumnos/as. Obxectivos relacionados coa orientación académica e profesional: - Facilitar ó noso alumnado información actualizada sobre as distintas opcións

educativas dispoñibles na nosa contorna. - Favorecer un axeitado autocoñecemento, base para poder tomar decisións

vocacionais axustadas. - Organizar actividades extraescolares e complementarias relacionadas coa

orientación académica e profesional en coordinación coa Vicedireción do centro. Neste sentido prográmanse as seguintes actividades: Saída e Visita á Universidade de Santiago de Compostela (2º

Bacharelato). Saída e visita á Universidade de Vigo (alumnado 1º Bacharelato). Saída ó Centro Residencial Docente de Vigo e CIFP Manuel Antonio

(alumnado 4º ESO). Charla-Programa Katorce-18, da Asociación Arela (3º e/ou 4º ESO) Programa de Prevención e Educación para a Saúde (1º-4º ESO e FPB) Charlas sobre acceso á Universidade, probas de avaliación final de etapa,

Forzas Armadas, etc. Obxectivos relacionados coa relación das nais e os pais co centro educativo: - Potenciar as relacións entre os pais e nais e o profesorado. - Asesorar aos pais e nais dunha forma colectiva e individualizada,

especialmente no ámbito da orientación académica e profesional. - Dar a coñecer os distintos recursos do medio: axudas, bolsas, etc.; que lles

podan ser de axuda, sobre todo as familias en situación de risco social. Neste sentido consideramos de especial importancia manter unha relación constante e fluída co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Tomiño, de cara a cooperar con eles no mellor desenvolvemento do alumnado ao que atenden.

Page 14: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

14Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

Obxectivos relacionados coa coordinación entre centros: - Crear lazos de cooperación cos centros adscritos mediante reunións cos

orientadores que trataremos de que teñan periodicidade trimestral. Ademais dos obxectivos específicos sinalados, cómpre establecer algún relacionados co propio departamento, para o seu mellor funcionamento: - Actualizar o material psicopedagóxico no posible, adquirindo aquel que se

considere necesario e sempre que as posibilidades económicas do departamento o permitan.

- Facilitar, en forma e prazo, a información que se demanda na aplicación informática drdorienta , drdadi e outras.

3.- PLANIFICACIÓN XERAL E DEFINICIÓN DE ACCIÓNS PRIORITARIAS O ámbito de actuación do noso departamento é moi amplo e variado. Por outra banda tanto as características do alumnado como a propia organización do centro e dos recursos de que dispoñemos, variaron continuamente nos últimos anos. O Departamento vense adaptando a todas estas variables, buscando sempre de tódolos xeitos acadar o beneficio de todo o alumnado e da comunidade educativa en xeral, en prol da mellora da calidade do ensino. O noso departamento cumpre tódalas funcións reguladas polo Decreto que establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia e aínda que están todas moi interrelacionadas e se levan a cabo ao longo do curso en tódolos momentos, podemos establecer unha certa temporalización e priorización, de acordo cos diferentes momentos do proceso do ensino-aprendizaxe e de acordo coa organización do centro e das diferentes situacións na que se van atopando os alumnos, os pais, os docentes, etc. En coherencia coas finalidades da orientación reguladas pola normativa e tras a análise das necesidades da nosa comunidade educativa, fixamos os obxectivos xerais e específicos que van guiar a acción orientadora no noso centro e nos centros adscritos. Cumpre neste momento a análise da Circular 10/2010 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para coordinar as actuacións e establecer as accións prioritarias

Page 15: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

15Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

dos servizos de orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, que define as liñas prioritarias de actuación que deben ser tamén referente da nosa acción orientadora, no sentido de establecer ámbitos de actuación preferente dentro das accións que o centro ten determinadas. Estes ámbitos preferentes e as características e necesidades do noso centro, son os criterios que guían o establecemento das accións prioritarias. O desenvolvemento dalgunha delas precisará da continuidade do seu tratamento ao longo de varios anos e, ao ter que responder de xeito prioritario fundamentalmente ás demandas de atención ás necesidades específicas de apoio educativo que puideran presentarse ao longo do curso, é posible tamén que haxa que pospoñer o desenvolvemento doutras a vindeiros cursos. Podemos destacar as seguintes liñas prioritarias de actuación deste departamento de Orientación, sempre traballando en colaboración cos Departamentos de Orientación dos centros adscritos: 1. Asesorar e colaborar na elaboración e revisión dos documentos que

integran o Proxecto Educativo do Centro. 2. Realizar actuacións referidas á formación permanente, á investigación, á

experimentación e innovación promovendo sempre a reflexión crítica sobre a nosa práctica docente.

3. Asesorar e colaborar nos procesos de elaboración e desenvolvemento das

concrecións curriculares, especialmente no relativo ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

4. Asesorar e colaborar no desenvolvemento das actuacións titoriais e das

medidas contempladas no PAT. 5. Deseñar e colaborar en actuacións que teñan como obxecto a promoción da

convivencia e a resolución pacífica de conflitos. 6. Promover a mellora dos canles de coordinación cos orientadores/as dos

centros de Educación Infantil e Primaria de Tomiño co obxectivo de facilitar o tránsito do alumnado á etapa da ESO.

7. Promover a reflexión e a coordinación entre os distintos servizos que

interveñen cun mesmo alumno: Servizos Sociais, Servizo de Saúde, Asociacións, EOE, etc.

8. Promover unha maior participación e implicación das familias na vida do

centro e na educación das súas fillas e fillos, dada a súa importancia como parte fundamental da comunidade educativa.

Page 16: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

16Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

9. Realizar unha avaliación psicopedagóxica básica (comprensión lectora, vocabulario, razoamento lóxico matemático e cálculo mental) a todo o alumnado que chega á ESO.

10. Elaborar e/ou manter actualizado o Plan de Orientación, o Plan Anual de

Actividades do Departamento de Orientación (PAADO) e o Plan Xeral de Atención á Diversidade.

PLANIFICACIÓN TEMPORAL DAS ACCIÓNS DENDE O DO: 1º TRIMESTRE: - PLAN DE ACCIÓN TITORIAL:

Colaboración cos titores/as no coñecemento das peculiaridades do seu grupo e na detección de dificultades no mesmo

Realización de actividades de titoría encamiñadas a favorecer a integración e coñecemento grupal, o coñecemento dos dereitos e deberes do alumnado e o respeto das normas, elección de delegado/a e avaliación dos hábitos de estudo e as técnicas de traballo intelectual utilizadas polo alumnado en xeral

Asesoramento e colaboración cos titores/as nas entrevistas cos país/nais e nas reunións colectivas realizadas coas familias do alumnado ao principio de curso.

- PLAN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Elaboración do Plan de Orientación Académica e Profesional no DO, concretando as liñas básicas de actuación e a temporalización desas intervencións en cada nivel educativo.

Coordinación co profesor de FOL e co profesorado dos ámbitos. Coordinación cos departamentos didácticos no deseño de actividades

que desde a área favorezan a orientación académica e profesional. - APOIO Ó PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE

Avaliación do alumnado de 1º ESO. Recollida e aporte de información na Avaliación Inicial

Page 17: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

17Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

Realización das avaliacións psicopedagóxicas pertinentes e elaboración dos informes psicopedagóxicos.

Colaboración no deseño e desenvolvemento das medidas de atención á diversidade oportunas.

Coordinación da posta en marcha destas medidas de atención á diversidade.

Atención ao alumnado con necesidades educativas especiais: coordinación entre o profesorado de área e o profesorado de Pedagoxía Terapéutica para o establecemento de criterios de atención aos alumnos e alumnas, colaboración no deseño de materiais, etc.

2º TRIMESTRE

- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

Colaboración cos titores cando solicitan información acerca de trastornos ou enfermidades do alumnado, pautas de actuación fronte a conflitos na aula, diferentes enfoques metodolóxicos, etc.

Participación nas sesión de avaliación de todos os grupos, coordinadas polos titores, nas cales detectaranse necesidades e chegarase a acordos co respecto aos distintos grupos.

Mantemento de entrevistas coas familias do alumnado cando o soliciten o cando os titores/as soliciten colaboración do DO.

Realización de actividades semanais de titoría na ESO encamiñadas a favorecer as aprendizaxes e a convivencia nas aulas.

Desenvolvemento de varios programas, para cada un dos niveis: Programa de Habilidades Sociais, Programa de Educación Afectivo-Sexual, Programa de Prevención de Condutas Violentas, Programa de Técnicas de Estudo.

- PLAN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Información ó alumnado de 3º da ESO das diferentes materias optativas e os itinerarios vinculados ás mesmas.

Información ao alumnado de 4º da ESO das diferentes posibilidades despois de conseguir o título de Graduado en ESO.

Información ao alumnado de 2º de Bacharelato acerca dos Ciclos superiores de FP e dos graos universitarios.

A través das actividades que se desenvolven nas titorías da ESO, e có alumnado que non teña titorías presenciais, noutros momentos,

Page 18: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

18Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

introducir algunhas que contemplen entre os seus obxectivos e contidos o autocoñecemento e o deseño dun proxecto de vida para o futuro.

Utilización do Programa “Orienta”. Detección do alumnado para a realización das probas de acceso a

Ciclos medios ou superiores. - APOIO Ó PROCESO DE ENSINO APRENDIZAXE

Seguimento das medidas de atención á diversidade deseñadas e postas

en práctica ao principio do curso Elaboración de documentos de recollida de información (escalas de nivel

de competencia curricular, seguimento de ACS, etc.) Durante este trimestre cada titor/a de 1º, 2º e 3º de ESO proporá o

alumnado do seu grupo que pode ser incluído nun Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento (PMAR) para o vindeiro curso. Igualmente os titores/as de 2º e 3º ESO valorarán, xunto co Dpto. de orientación, se hai alumnos e alumnas que podan incorporarse a un Programa de Formación Profesional Básica (FPB) no curso seguinte.

3º TRIMESTRE

- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

As mesmas actuacións do trimestre anterior. - PLAN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Nas sesións de titoría da ESO realizaranse actuacións encamiñadas a favorecer o proceso de toma de decisións.

O Dpto. de orientación do IES desenvolverá tódalas actuacións oportunas para que o alumnado teña unha ampla información dos diferentes itinerarios académicos: entrevistas individuais, charlas, reunión coas familias de 3º e 4º de ESO, información pertinente sobre as avaliacións finais de 4º ESO e 2º Bacharelato, etc.

- APOIO O PROCESO DE ENSINO APRENDIZAXE

No Dpto de orientación farase unha valoración das medidas de atención á diversidade desenvolvidas ao longo do curso.

Page 19: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

19Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

Durante este trimestre seleccionarase o alumnado que se incluirá nun Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento (PMAR) para o vindeiro curso e a orientadora realizará as avaliacións psicopedagóxicas pertinentes en colaboración co equipo docente.

Valoración psicopedagóxica do alumnado proposto para Programa de Formación Profesional Básica si se fai algunha proposta.

En relación ós Colexios de Educación Infantil e Primaria adscritos a este departamento as actuacións prioritarias son:

- Manter os canles de comunicación e coordinación de actuacións no

exercicio das nosas funcións. Ademais das reunións trimestrais legalmente establecidas para o Departamento de Orientación, procurarase ter unha relación máis asidua.

- Favorecer o tránsito do alumnado dende a etapa de Educación Primaria á

etapa da ESO. Para iso, no terceiro trimestre, a orientadora visitará todos os centros adscritos para coñecer ao alumnado de 6º de EP e obter información por parte dos titores/as dos colexios.

4.- ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN

4.1- Metodoloxía Dende o departamento de orientación temos a obriga de fomentar estratexias metodolóxica activas e participativas, que impliquen tanto á comunidade educativa como as distintas institucións do entorno, con accións de carácter global que repercutan en todos os elementos do proceso educativo. A nosa metodoloxía de traballo está fundamentada principalmente no modelo de programas no que nos baseamos, impulsada pola consulta colaborativa e levando a cabo un asesoramento individualizado naqueles casos en que sexa necesario. Entre as técnicas a utilizar nas actividades que desenvolveremos, dunha forma resumida podemos mencionar: charlas informativas, debates, visitas a empresas e organismos, estudo de casos, observación, traballo en pequenos grupos, utilización de fontes documentais (bibliotecas, arquivos, etc.), utilización de recursos informáticos e audiovisuais, entrevistas grupais e individuais, cuestionarios, aportación de información escrita (circulares, folletos informativos), etc.

Page 20: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

20Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

Para garantir unha axeitada coordinación entre os diferentes profesionais implicados na titoría e orientación, establécense distintas estratexias dende un enfoque de traballo colaborativo e cooperativo.

1) No centro educativo

Participación na CCP Participación nas sesións de Avaliación Reunións de coordinación semanais co equipo directivo Reunións de coordinación semanais cos titores dos distintos niveis

educativos Reunións de coordinación semanais coas especialistas de

Pedagoxía Terapéutica

2) Co contorno Estableceranse as reunións necesarias con outras institucións sociais e

educativas do contorno: servizos sociais do concello, centro de saúde, servizo galego de colocación, a oficina municipal de información xuvenil, etc.

4.2- Recursos Para cada un dos programas de actuación establécese un listado específico de recursos necesarios. Mais, con carácter xeral, para o desenvolvemento da nosa acción orientadora serán necesarios unha serie de recursos tanto persoais (membros do departamento, titores/as, Equipo directivo, institucións do entorno, etc), como materiais e organizativos.

5.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN A avaliación do cumprimento dos nosos obxectivos terá un carácter continuo e formativo, mais tamén será plasmada por escrito ó final do curso na Memoria do departamento. Avaliación continua: Ao longo do curso, na reunión mensual que adicaremos aos asuntos xerais do departamento, iremos valorando entre todos os membros o grao de consecución dos nosos obxectivos, o cal nos permitirá ir corrixindo erros e, se é o caso, establecendo novos obxectivos que vaian xurdindo ao longo do curso. Os criterios de avaliación que se establecen son:

Page 21: PLAN ANUAL DE ORIENTACIÓN Curso 2018/19 I.E.S. ANTÓN ... 18-19... · A súa inclusión no Plan Anual de Orientación é un dos aspectos máis importantes do mesmo. Os datos reflectidos

21Departamento de Orientación IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Curso 2018/2019

- Adecuación dos programas desenvolvidos á realidade do centro. - Temporalización axeitada das actividades. - Implicación e participación do conxunto do profesorado, dos titores e do

alumnado nos plans propostos. - Canles de comunicación e coordinación - Participación dos pais e nais nas actividades programadas - Grao de coordinación entre os centros adscritos e Dpto. Orientación do IES. - Adecuación das diferentes estratexias de coordinación entre o Dpto. de

Orientación e o equipo directivo, as familias, etc - Valoración do desenvolvemento das medidas de atención a diversidade:

implicación no desenvolvemento das Adaptacións Curriculares, no Reforzo educativo, avances obtidos polo alumnado que se beneficia destas medidas.

Avaliación final: realización dunha memoria ao final do curso. Esta memoria incluirá (Orde do 24 de Xullo de 1998):

- Enumeración das actividades realizadas e o seu grado de eficacia e cumprimento.

- Unha síntese reflexiva sobre os logros conseguidos. - As dificultades atopadas. - Os factores que influíron nas dificultades. - Os aspectos que será preciso modificar e mellorar. - As propostas de innovación necesarias.

En relación aos instrumentos de avaliación empregados se utilizarán a observación, entrevistas cos distintos membros da comunidade educativa, cuestionarios, material propio confeccionado polo departamento, etc.

Tomiño, 4 de outubro de 2018

Sagrario Sánchez Moreno Orientadora IES Antón Alonso Ríos