circular familias rastro 16

1
VIII RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2016 Queridas familias: Como xa é toda unha tradición no noso centro, un ano máis Monferosolidario solicita a vosa colaboración para levar a cabo o VIII Rastro Solidario. Esta actividade centrada na educación en valores e educación para o desenvolvemento ten como obxectivo fundamental sensibilizar ao alumnado e en xeral a toda a comunidade educativa. Este ano, igual que no ano anterior, en lugar de utilizar “cartos” para realizar as compras, o faremos mediante un troco con alimentos non perecedeiros, e deste xeito efectuaremos tamén a xa tradicional “Operación Quilo”, en colaboración coa “Cociña Económica de Ferrol”. O alumnado, profesorado e familias poderán aportar os obxectos para o Rastro. Tipo de materiais: libros, cds, dvds, xoguetes, bisutería, obxectos decorativos... que estean en boas condicións, sen deterioro. O prazo para entregar os obxectos é o mércores 16 de marzo de 2016. Os obxectos estarán expostos á venda no VI Rastro Solidario que terá lugar o venres 18 de marzo de 2016, en horario lectivo, nos corredores do edificio de secundaria. Cada grupo visitará o Rastro co seu titor/a, seguindo un horario previamente establecido, podendo efectuar compras (non esquecer levar alimentos se queredes facer o troco). As familias poderán participar na actividade, axudando no rastro e realizando compras. Dende a Asociación de Pais de Alumnos, tamén queremos animar a todos a participar intensamente nesta gran idea que xurde nun momento de gran necesidade. Estamos ante unha época nas que as cociñas económicas non paran de crecer en número de persoas e estamos ante unha ocasión marabillosa para aportar o noso grao de area. Pedímosvos dende aquí unha contribución masiva, tanto de artigos para vender como de alimentos non perecedeiros para realizar as compras, para que o día 18 de marzo, poidamos recorda-lo como un novo momento histórico da contribución do colexio, por medio dos profesores, pais, nais, nenos, nenas, membros do colexio e os que formamos parte de esta APA a aqueles familias que teñen tantas dificultades para comer cada día. CENTRO PÚBLICO INTEGRADO Plurilingüe “VIRXE DA CELA” O XESTAL MONFERO 15315 A CORUÑA TFNO: 981 777606 FAX.: 981 793044 Correo E.: [email protected] Enderezo web: www.centros.edu.xunta.es/cpivirxedacela

Upload: satelite1

Post on 21-Jan-2018

668 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Circular familias rastro 16

VIII RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2016

Queridas familias:

Como xa é toda unha tradición no noso centro, un ano máis Monferosolidario solicita

a vosa colaboración para levar a cabo o VIII Rastro Solidario. Esta actividade centrada na

educación en valores e educación para o desenvolvemento ten como obxectivo fundamental

sensibilizar ao alumnado e en xeral a toda a comunidade educativa. Este ano, igual que no

ano anterior, en lugar de utilizar “cartos” para realizar as compras, o faremos mediante un

troco con alimentos non perecedeiros, e deste xeito efectuaremos tamén a xa tradicional

“Operación Quilo”, en colaboración coa “Cociña Económica de Ferrol”.

O alumnado, profesorado e familias poderán aportar os obxectos para o Rastro.

Tipo de materiais: libros, cds, dvds, xoguetes, bisutería, obxectos decorativos...

que estean en boas condicións, sen deterioro.

O prazo para entregar os obxectos é o mércores 16 de marzo de 2016.

Os obxectos estarán expostos á venda no VI Rastro Solidario que terá lugar o

venres 18 de marzo de 2016, en horario lectivo, nos corredores do edificio de

secundaria.

Cada grupo visitará o Rastro co seu titor/a, seguindo un horario previamente

establecido, podendo efectuar compras (non esquecer levar alimentos se

queredes facer o troco).

As familias poderán participar na actividade, axudando no rastro e realizando

compras.

Dende a Asociación de Pais de Alumnos, tamén queremos animar a todos a

participar intensamente nesta gran idea que xurde nun momento de gran necesidade.

Estamos ante unha época nas que as cociñas económicas non paran de crecer en número de

persoas e estamos ante unha ocasión marabillosa para aportar o noso grao de area.

Pedímosvos dende aquí unha contribución masiva, tanto de artigos para vender como de

alimentos non perecedeiros para realizar as compras, para que o día 18 de marzo, poidamos

recorda-lo como un novo momento histórico da contribución do colexio, por medio dos

profesores, pais, nais, nenos, nenas, membros do colexio e os que formamos parte de esta

APA a aqueles familias que teñen tantas dificultades para comer cada día.

CENTRO PÚBLICO INTEGRADO Plurilingüe “VIRXE DA CELA” O XESTAL – MONFERO – 15315 A CORUÑA

TFNO: 981 – 777606 FAX.: 981 – 793044

Correo E.: [email protected]

Enderezo web: www.centros.edu.xunta.es/cpivirxedacela