crónica rastro solidario

3
VIII RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2016 Sabemos que é un enorme esforzo realizado durante semanas, pero está claro que vale a pena. Van xa oito as edicións de Rastro Solidario efectuadas no CPI Virxe da Cela durante os últimos anos, e nestas últimas combinándose a Operación Quilo. Con moita ilusión alumnado e profesorado do centro visitaron o Rastro o pasado venres 18 de marzo de 2016, facendo as compras dos obxectos alí expostos por medio de troco con alimentos. Unha boa pila de caixas están agora esperando a ser levadas á Cociña Económica de Ferrol, ao igual que unha significativa axuda en metálico de 159 euros recadada á base de donativos. Queremos agradecer públicamente a colaboración da AMPA difundindo esta actividade e destacando a presenza de pais e nais que axudaron durante toda a mañá a organizar os alimentos en caixas e a facilitar as comparas dos mais pequenos (Jaime M. Caamaño, María José Varela, Elena Sanjuán e Sandra). Nesta xornada tan especial completamos o día con dous obradoiros de Comercio Xusto e Consumo Responsable impartidos por Solidariedade Internacional Galicia, así como dun programa radiofónico especial sobre o Rastro Solidario, dirixido por Lucía Abarrategui y Sergio Pascual, a través do Laboratorio Radiofónico, e guiado polo alumnado de 4º e 5º de primaria. Contamos tamén con importantes visitas, como de Beatriz Varela ( Fundación Ayuda en Acción), a nosa ben querida exalumna Anaís, que veu acompañada pola súa avoa. E, ao final do día, deixáronse ver un grupiño de exalumnos/as que na actualidade están a cursar os seus estudios nos institutos de Betanzos, que saudaron cariñosamente ao profesorado e participaron incluso nos obradoiros que estaban a realizar o alumnado de 3º e 4º da ESO, mentres os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO traballaban organizadamente para desmantelar de novo o “chiringuito” e deixar os obxectos sobrantes en caixas esperando á próxima edición do Rastro.

Upload: satelite1

Post on 20-Jan-2017

807 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Crónica rastro solidario

VIII RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2016

Sabemos que é un enorme esforzo realizado durante semanas, pero está claro que

vale a pena. Van xa oito as edicións de Rastro Solidario efectuadas no CPI Virxe da Cela durante

os últimos anos, e nestas últimas combinándose a Operación Quilo. Con moita ilusión

alumnado e profesorado do centro visitaron o Rastro o pasado venres 18 de marzo de 2016,

facendo as compras dos obxectos alí expostos por medio de troco con alimentos. Unha boa

pila de caixas están agora esperando a ser levadas á Cociña Económica de Ferrol, ao igual que

unha significativa axuda en metálico de 159 euros recadada á base de donativos.

Queremos agradecer públicamente a colaboración da AMPA difundindo esta

actividade e destacando a presenza de pais e nais que axudaron durante toda a mañá a

organizar os alimentos en caixas e a facilitar as comparas dos mais pequenos (Jaime M.

Caamaño, María José Varela, Elena Sanjuán e Sandra).

Nesta xornada tan especial completamos o día con dous obradoiros de Comercio Xusto

e Consumo Responsable impartidos por Solidariedade Internacional Galicia, así como dun

programa radiofónico especial sobre o Rastro Solidario, dirixido por Lucía Abarrategui y Sergio

Pascual, a través do Laboratorio Radiofónico, e guiado polo alumnado de 4º e 5º de primaria.

Contamos tamén con importantes visitas, como de Beatriz Varela (Fundación Ayuda en

Acción), a nosa ben querida exalumna Anaís, que veu acompañada pola súa avoa. E, ao final do

día, deixáronse ver un grupiño de exalumnos/as que na actualidade están a cursar os seus

estudios nos institutos de Betanzos, que saudaron cariñosamente ao profesorado e

participaron incluso nos obradoiros que estaban a realizar o alumnado de 3º e 4º da ESO,

mentres os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO traballaban organizadamente para

desmantelar de novo o “chiringuito” e deixar os obxectos sobrantes en caixas esperando á

próxima edición do Rastro.

Page 2: Crónica rastro solidario
Page 3: Crónica rastro solidario