ceip a gÁndara memoria final do curso 2015-2016 ceip a gÁndara memoria final 2015-2016 3 a...

69
CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016

Upload: lamthien

Post on 15-Oct-2018

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016

Page 2: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

2

ÍNDICE

1. LOGRO DE OBXECTIVOS….…………………………………………………..

2. XORNADA ESCOLAR. ………………………………………………………….

3. CALENDARIO REUNIÓNS ÓRGANOS COLEXIADOS. …………………….

4. MEMORIAS.

4.1. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA…………………..

4.2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIA………

4.3. EQUIPA DE TIC…………………………………………………………..

4.4. EQUIPA DE BIBLIOTECA……………………………………………….

4.5. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN…………………………………

4.6. EQUIPA DE CONVIVENCIA……………………………………………..

4.7. COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA…………………….

4.8. EDUCACIÓN INFANTIL ………………………………………………

4.9. EDUCACIÓN PRIMARIA 1º CICLO…………………………………….

4.10. EDUCACIÓN PRIMARIA 2º CICLO…………………………………

4.11. EDUCACIÓN PRIMARIA 3º CICLO………………………………..

4.12. MEMORIA DE PROA (CONTRATO PROGRAMA)……………..…

4.13. PLAN DE FORMACIÓN DE PROFESORADO DE PROFESORES……………………………………………………………

5. RELACIÓNS COAS FAMILIAS…………………………………………………

Page 3: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

3

A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os

niveis, departamentos e comisións creadas ao efecto. Foi aprobado polo

Claustro o día 29 de xuño de 2016 e informado ao Consello Escolar o mesmo

día.

1. LOGRO DE OBXECTIVOS.

1.1. Obxectivos alcanzados.

a) Renovación de recursos audiovisuais como proxectores, ordenadores

e pantallas dixitais.

a) Fomentar o uso de estratexias cooperativas como unha forma de

mellorar dos aspectos valorados negativamente polos resultados da

avaliación diagnóstica. Ditos aspectos son: a comprensión lectora, a

comprensión dos problemas de matemáticas e a autoestima.

b) Sensibilización do alumnado para respectar o entorno. Desenvolveuse un ano más a tarefa dos policías do medioambiente que se encargaron de vixiar que se usen os contedores e as papeleiras para manter o patio limpo.

c) Sensibilización do alumnado con respecto ao coidado do mobiliario e ás instalacións do colexio, polo que houbo encargados de facer un seguimento sobre o estado dos baños.

d) Participouse en actividades que puxeron aos nenos en contacto con

outros centros e coa sociedade: saídas en bicicleta, concurso de

Intercentros, concurso de debuxos sobre o porto de Ferrol, saídas a

museos, cine, teatro, excursións, natación para os nenos de 4º de

primaria.

e) Fixéronse máis visibles os traballos realizados polos nenos (Fomentando a colocación de murais e traballos para que sexan máis visibles, colgar fotos na páxina do colexio, facer unha exposición dos traballos feitos ao longo do curso a través do soporte audiovisual, proxección de fotos no festival do día das letras galegas).

f) Continuouse cos Contratos-Programas solicitado e concedido cun presuposto de 400 euros. Impartido por unha mestra externa e coordinado por José Manuel Barcia Vizoso. Consiste en dúas sesións semanais para reforzar a aqueles nenos que máis o necesitan de 5º e 6º de primaria.

Page 4: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

4

g) Continuouse coas actividades solicitadas ao Concello de reforzo:

denominada “Reforzatic (os nenos teñen como elemento motivador os

ordenadores).

h) Desenvolvemento dun plan de mellora da metodoloxía docente a través

dun Programa de Formación Permanente de Profesorado (PFPP).

Traballamos dúas liñas: a cooperación como un medio de aprendizaxe

que implica a renovación da metodoloxía e a formación nos recursos

dixitais.

i) Contamos dende o 26 de maio cunha administrativa na que podemos

descargar parte da carga burocrática.

j) A Consellería iniciará as obras para arranxar as fendeduras do edificio

polas que se filtra a auga da chuvia e que causa un gran deterioro no

interior.

k) O Concello realizará as seguintes obras:

a. Colocar unha porta na parte traseira do comedor de maneira

quedará pechada esa zona. É un espazo que non queda visible

para o profesorado e ademais está moi preto a caldeira do edificio

onde se almacena o gasoil para a calefacción.

b. Construír un porche para a porta do comedor para resgardarse os

días de chuvia.

c. Colocar un aparcadoiro para as bicicletas.

d. Poda das árbores e tala dalgunha árbore mal situada.

1.2.Obxectivos pendentes:

a) Necesidade dunha redución da masificación nas aulas. Case todas están con 25 alumnos. Neste curso o número de solicitudes para entrar no curso 2016-2017 en Educación Infantil foi 50 usuarios/as. Desta maneira ningún neno/a quedou sen praza. A pesar disto seguimos cunha masificación o que provoca efectos secundarios preocupantes:

Incremento da burocracia para o equipo directivo e profesorado.

Os espazos comúns xa non son suficientes para tantos nenos (non contamos con patio cuberto para todo o alumnado, para celebrar os festivais temos que desprazarnos ata o Pazo de Narón o que supón perda de tempo e gasto económico no transporte, …).

Escaseza de espazo para gardar material do colexio.

Os especialistas de PT e AL e a orientadora están saturados.

Page 5: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

5

Atender aos diferentes ritmos de aprendizaxe é cada vez máis difícil.

Maior o número de pais e nais aos que hai que atender en reunións.

Reunións de avaliacións máis extensas.

b) Dados os problemas orzamentarios das distintas administracións, tanto educativas coma do Concello, das obras previstas para este curso non se realizou ningunha e apareceron algunhas reparacións durante o curso que tampouco se fixeron. Son as seguintes, por orde de importancia:

Rematar de cubrir cun tellado o patio de primaria.

Continuar insistindo nas solicitudes e peticións á Xefatura Territorial e a Unidade de Atención aos Centros (UAC), informando da precariedade dos ordenadores así como da baixísima velocidade de navegación.

Pintar as dependencias que faltan do edificio.

Cambiar a caldeira da calefacción.

2. XORNADA ESCOLAR.

No horario da xornada escolar seguiuse o programado na programación xeral.

O horario quedou da seguinte maneira.

1ª sesión : 9:00 a 9:50

2ª sesión: 9:50 a 10:40

3ª sesión: 10:40 a 11:30

Recreo: 11:30 a 12:00

Tempo de lectura: 12:00 a 12:20

4ª sesión: 12:20 a 13:10

5ª sesión: 13:10 a 14:00

3. CALENDARIO REUNIÓNS ÓRGANOS COLEXIADOS.

As reunións celebradas foron as programadas na Programación Xeral máis

algunhas extraordinarias. O próximo curso incrementaremos o número de

reunións, sempre que a carga de traballo do equipo directivo nolo permita.

Ademais elaboraremos un calendario de reunións para todo o curso.

Page 6: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

6

4. MEMORIAS.

4.1. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA

GALEGA.

Contorno sociolingüístico e stuación lingüística do centro.

Durante todo o curso dende este equipo e xunto cos outros equipos e

departamentos do colexio: convivencia, actividades complementarias e

extraescolares, biblioteca, TICs… realizamos moitas celebracións e

conmemoracións. A nosa colaboración máis directa consiste en promover que

nas actividades empregue a lingua galega tanto de forma oral como escrita.

Xa levamos varios anos con estas actividades, principalmente Magosto,

Samaín, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día do Libro, Letras Galegas, Día do

Peón..... Tamén continuamos cos “III Certame literario para pais e nais” e co “II

Certame literario do alumnado”. Este curso fixemos un libro colectivo, ilustrando

poemas de Manuel María, que máis adiante explicaremos con máis detalle.

Celebración de Festas Tradicionais.

Magosto e Samaín:

Nestas celebracións participou todo o alumnado do centro. Empregando as

TICs, prensa e material da biblioteca, buscaron información sobre a historia

desta tradición. Elaboráronse traballos como murais, debuxos… que foron

expostos nos corredores do colexio.

Dende o equipo aportamos información e actividades (contos, encrucillados,

sopa de letras, adiviñas, trabalinguas, etc.) sobre a festa tradicional do Magosto

e tamén do Samaín. Tamén a cada ciclo, dende Infantil ata Primaria

entregóuselle unhas actividades a modo de resumo e reforzo de aprendizaxes

relacionados con estas festas.

Page 7: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

7

No Magosto asáronse castañas e todo o alumnado saíron ao patio á

degustación.

No Samaín decorouse o colexio con morcegos, arañas... e nas clases e

corredores expuxéronse cabazas que decoraron os alumnos/as. Fixemos unha

presentación que está na páxina web do colexio.

Día do Peón:

Durante as semanas anteriores ao día da celebración, nas clases de Educación

Física, o alumnado fixo prácticas de baile do peón.

O día da celebración todo o colexio baixou a patio para bailalo, nos cursos de

Educación Infantil, primeiro e segundo de Primaria, algúns alumnos e alumnas

de sexto de primaria bailáronllo para que viran como se facía.

Este ano foi todo un éxito porque a longo de todo o curso no tempo de recreo

bastantes alumnos e alumnas dedicaban o tempo a bailar o peón.

Page 8: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

8

Festa de Nadal:

Con motivo de celebración do Nadal decoráronse as aulas e os corredores do

centro cos murais realizados polo alumnado.

Tamén celebramos a festa de Nadal cun festival. Ao festival están convidadas

as familias dos alumnos e alumnas. Cada curso preparará unha actuación

(panxoliñas, baile, teatro…).

Calendario 2015

O alumnado voluntariamente fixeron debuxos para participar no deseño do

calendario para este curso. Seleccionouse un deles para facer o calendario do

curso 2016. Tamén se fixo un concurso para facer unha postal para felicitar as

Festas.

Page 9: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

9

Día da Paz

Durante todo o curso, desde o departamento de orientación léronselles contos

aos alumnos sobre temas de convivencia e intentouse resolver os conflitos

mediante a mediación e o diálogo.

Dende o Equipo de Dinamización en colaboración co Equipo de Actividades

complementarias e extraescolares, celebramos o Dia da Paz, despois do

recreo (coa que se pretendeu que todos alumnos e alumnas de infantil e

primaria, reflexionasen sobre os temas fundamentais que interveñen na paz e

nos conflitos.

No acto, tras a lectura dun manifesto pola paz cantouse unha canción no

vestíbulo do colexio

Decorouse unha árbores con pombas con lemas alusivas á Paz

Entroido:

Nas aulas fixéronse actividades relacionadas co Entroido, receitas, costumes

antigas desta festa, etc.

Page 10: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

10

Fixéronse os Mandados do Meco, conseguindo dende o luns ata o venres

formar un disfraz de personaxes fantásticos. Os encargados de ler os

mandados eran alumnos de sexto curso de Educación Primaria, que se

encargaban a xeito de rima, transmitir eses mandados a todo o colexio.

Letras Galegas:

Este ano o día das Letras Galegas dedicouse a Xosé Filgueira Valverde e o

alumnado, axudado polos mestres e mestras, traballaron a súa vida e obra con

diversas actividades.

Dende o Equipo facilitamos información, actividades varias e outro material

sobre o autor homenaxeado coa intención de afondar no coñecemento e

divulgación da súa obra.

Coa colaboración do Equipo de Actividades complementarias e extraescolares

no festival das Letras Galegas, fixéronse todo tipo de actuacións e

representacións, empregando a lingua galega e centrando o festival arredor

deste autor.

Page 11: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

11

Nos paneis da entrada do colexio estiveron expostos os paneis enviados pola

Consellería sobre a vida do autor.

O alumnado do centro ilustrou diversos poemas do seu libro “OS SOÑOS NA

GAIOLA” que formará un libro que quedará na biblioteca.

Este ano o colexio organizou o III Certame Literario para pais e nais. Non

houbo moita participación, pero aumenta un pouco todos os anos polo que

continuaremos os celebrándoo o vindeiro curso.

O único premio está recollido na revista do colexio e tamén publicado na páxina

web.

Tamén organizouse o II Certame Literario para alumnos e alumnas do colexio.

A participación foi moi importante nos cursos de terceiro e cuarto de primaria e

menor nos de quinto e sexto e non houbo participación.

Os premiados tamén están recollidos na paxina web e na revista do colexio e

na páxina web.

Coñecemento do noso patrimonio cultural e social.

Realizáronse por parte dos diferentes ciclos saídas e actividades ofertadas polo

Concello de Narón, obras teatrais, contacontos, visita á granxa escola de Aldea

Nova ubicada no concello de Narón, e talleres no que participaron diferentes

cursos.

Page 12: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

12

Respecto á situación do profesorado.

Aínda que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega está composta por

catro persoas, que son as encargadas de programar as actividades e de facer

un seguimento do cumprimento dos obxectivos programados, a participación

do profesorado do claustro foi moi positiva, promovendo en todas as

actividades realizadas nas aulas o uso do galego.

Respecto á situación do alumnado.

Como cada ano celebrouse entre todos os centros do Concello de Narón o

Certame Intercentros organizado polo Concello de Narón. Neste Certame, que

este ano acadou a edición XXVII, participaron todos os colexios e institutos da

zona, onde os alumnos e alumnas de diversos cursos realizaron distintas

actividades, íntegramente en galego: obras de teatro, monólogos, bailes,

cantigas exposición de murais, recollida de premios…

Este certame fai que, todos os anos, os centros pertencentes a este concello,

estean en continua interrelación e persigan un mesmo obxectivo: a

potenciación da lingua galega, na expresión oral, escrita e ilustrativa, por medio

dos traballos realizados.

Este curso como representación do noso colexio participamos cos murais e

tamén en expresión oral os alumnos de 6º curso con dúas obras teatrais.

Cunha delas, titulada “Xan e Maruxa” recibimos un premio

Visita dunha autora de literatura galega.

Este ano o alumnado do colexio recibiu a visita de varios autores e contacontos

para todas as etapas e ciclos.

A continuación amosamos, a modo de exemplo, unha imaxe na que se pode

ver a unha autora co alumnado de 6º de primaria

Page 13: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

13

Día do Libro.

Durante a semana dedicada ao libro dende o equipo e coa colaboración do

equipo de biblioteca, seleccionamos unha serie de libros adaptados a etapa de

educación infantil e ao primeiro ciclo de educación primaria..

Con estes libros metéronse nun carro (O CARRIÑO VIAXEIRO)e foron

pasando polas aulas, estando dúas semanas en cada unha.

Edición do nº XXIV do xornal ALFAR

Coa implicación de toda a comunidade educativa, editouse, integramente en

galego, o xornal correspondente ao ano 2016. Nel, os nenos e nenas de todos

os ciclos e niveis e coa axuda dos profesores e profesoras, realizaron diversos

traballos de creación ou investigación.

Con isto, déuselle ao alumnado a posibilidade de que publicasen os seus

traballos e así promover o uso do galego nos textos escritos.

Este curso colaboraron todos os departamentos do colexio na elaboración da

revista, e aportamos un exemplar acompañando a esta memoria.

Este curso, debido ao alto custe que supuña imprimir un exemplar para cada

alumno/a, decidiuse imprimir un por aula e uns cantos números para a

biblioteca e colgalo na páxina web do colexio. É un nova experiencia que

avaliaremos para o vindeiro curso.

Page 14: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

14

Calendario escolar 2014

Ver apartado adicado á festa do Nadal.

Utilización das TICs

Establecéronse quendas para a utilización da aula de informática onde o

profesor correspondente lles ensinaba a utilizar Internet, polo que atoparon

moitos recursos para facer uso didáctico deles, sobre todo, na páxina da Xunta

e a Web do colexio. Alí puideron atopar, na sección de lingua galega, moitos

recursos como: xogos, contos, etc, e traballar con eles dun xeito divertido.

Tamén, a utilización das TICs, serviulles para buscar información sobre o

escritor homenaxeado este ano na semana das Letras Galegas, e así puideron

coñecer e traballar a súa obra.

Enquisas

Como todos os cursos coa realización da matrícula para o alumnado de novo

ingreso fáiselle a cada unha familia unha pequena enquisa sobre en que lingua

desexa que sexa educado o seu fillo ou filla. A maioría contestan que en

castelán, xa que estamos nunha zona onde o uso do castelán e moi frecuente.

Para a elaboración do Plan seguimos utilizando ás enquisas feitas hai catro

anos xa que a situación non variou.

4.1.2._AVALIACIÓN

Os obxectivos recollidos na P.X.A. ao principio de curso foron acadados

satisfactoriamente.

Temos que dicir que houbo algunhas actividades programadas que non

puidemos realizar por falta de tempo, de medios, etc.

Non se programou nada para o día da Prensa aínda que as titoras si fixeron

actividades nas súas aulas. Por exemplo. Durante todo o curso recibiuse o

Page 15: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

15

xornal “A voz de Galicia” para o alumnado de 6º de primaria e todos os días

lían e facían actividades sobre el.

Non celebramos o día da árbore, nin tampouco o apartado de “Somos

contacontos”, porque iso intentámolo facer no terceiro trimestre e este ano

resultou moi curto.

Non se fixo o carriño da lingua, nin tampouco o libro viaxeiro, tampouco

celebramos a festa da árbore.

Con respecto á participación e implicación tanto por parte do alumnado, como

dos mestres e familias foi moi boa, quedando reflectida nas actividades

anteriormente descritas. As actividades que requiriron da participación doutros

colexios e outras institucións tamén resultaron satisfactorias.

Como en cursos anteriores, un dos problemas que nos atopamos é que a

dotación económica non é suficiente e temos que, unha parte importante dos

gastos, cargalas no presuposto xeral do colexio.

Debido a isto último, propoñemos, para o vindeiro curso, facer a revista en

formato dixital, colgala na páxina Web do centro e imprimir un exemplar, na

fotocopiadora do centro, para cada clase para traballar sobre ela no curso

seguinte.

MOSTRAS DO MATERIAL ELABORADO

Atópanse anexas no sobre e son as seguintes:

- Calendario curso 2016. - Postal de Nadal - Revista escolar. - Contos premiados no Certame Literario de pais/nais e alumnos e

alumnas. 4.1.3.RESUMO ECONÓMICO (gastos das actividades ao longo do curso).

Magosto e Samaín: gastos a conta do colexio (material funxible).

Nadal: gastos a conta do colexio (material funxible) + 121, 50 €

(calendario escolar 2016) + 121 € (postais de Nadal)

Page 16: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

16

Día da Paz: gastos a conta do colexio(material funxible).

Entroido: gastos a cargo do colexio (material funxible).

Letras Galegas:6, 38 € (material funxible) + 61,15 € (regalos para o

certame literario)

Intercentros: 126,90 € (cartón pluma intercentros)

Xornal Alfar nº XXIII: gastos a cargo do centro (impresión dos xornais).

Todos os gastos que superaron a subvención da Consellería para

normalización, foron asumidas polos gastos xerais do centro.

TOTAL GASTOS: 437, 04 €

A directora O coordinador

Natalia Teresa Pedre Fernández José M. Barcia Vizoso

Page 17: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

17

4.2._ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E

COMPLEMENTARIAS

I._INTRODUCIÓN

I. INTRODUCIÓN

A presente memoria ten como finalidade recoller e analizar as actividades que o

Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias deste centro organizou e

desenvolveu ao longo deste curso 2015- 16.

Ademais das inicialmente contempladas na Programación Xeral Anual, ao longo do

curso apareceron ofertas de actividades que, polo interese educativo que

presentaban, incorporáronse as actividades xa previstas.

A continuación exponse un resumo das actividades, conmemoracións ou festividades

que foron desenvolvidas durante o presente curso académico:

II. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS ORGANIZADAS POLO

PROPIO CENTRO EN HORARIO LECTIVO

1. CONMEMORACIÓNS:

Samaín

Data de celebración: dende o luns 26 ata o xoves 29 de outubro.

Actividades realizadas:

*Exposición de cabazas e mazorcas : organizouse entre os días 26 e 29 de

outubro na entrada do colexio que foron feitas polos nenos/as nas aulas, nesta

actividade participaron todos os alumnos de primaria. Os alumnos de educación

Infantil que o desexaron trouxeron as as mazorcas e as cabazas decoradas da

casa.

Tamén se fixeron outros traballos relacionados con esta celebración.

Page 18: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

18

Magosto

Data de celebración: venres 6 de novembro.

Actividades realizadas:

*Confección de murais e decoración dos expositores con motivos do magosto.

*Degustación de castañas asadas: celebrouse o magosto no patio do colexio.

A duración da degustación de castañas foi de 11:30 a 12:30 horas. A ANPA

aportou o zume.

Nadal:

*Os alumnos/as de relixión confeccionaron un belén.

*Polos corredores se colgaron murais con motivos de Nadal.

*Visita de Papá Noel polas aulas: o venres 18 os nenos/as entregaron as

cartas a Papá Noel e a cambio este deulles unhas chuches. Esta visita estivo

organizada pola ANPA.

*Árbore de Nadal coas mans dos nenos en cor verde: cada curso elaborou

adornos para colgar na gran árbore de nadal que se colgou do pasamáns do 1º

andar do colexio.

* Tamén se decorou a árbore seca da entrada do colexio con adornos feitos

polos nenos.

*O 17 de decembro celebrouse o Festival de Nadal.

Día da Paz:

Data de celebración: venres 29 de xaneiro.

Actividades propostas:

Page 19: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

19

*Gran nube de Paz con gotiñas de Paz , colocouse no vestíbulo unha nube de paz

tridimensional feita con porespán; da que se colgaron gotiñas de Paz feitas por

os nenos nas que puxeron unha foto ou debuxo de si mesmos e unha relacionada

palabra coa Paz.

*Canción da paz: Todo o alumnado cantou a canción “Bajo el mismo sol” dentro

do colexio.

Entroido

Data de celebración: desde o luns 1 ata o venres 5 de febreiro.

Actividades realizadas:

*Mandatos do Meco: Este curso celebramos a semana do Entroido no que

cada día os nenos/as traían unha peza de roupa, que se lle sumaba a do día

anterior ata chegar ao xoves, que completaban un disfrace relacionado con

personaxes fantásticas ou de ficción.

*Decoración do vestíbulo e corredores do colexio.

*Festa do entroido: o venres 5 celebramos o Entroido cun desfile de

disfraces polo patio do colexio. A continuación, a degustación de larpeiradas

típicas destas datas nas aulas. E posteriormente a queima do meco.

2. FESTIVAIS

Festival de Nadal

Data de celebración: xoves 17 de decembro de 2015

Actividades organizadas:

Festival de Nadal: levouse a cabo no Pazo da Cultura coa asistencia dos

pais/nais.

Festival do Día das Letras Galegas

Data de celebración: venres 20 de maio.

Page 20: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

20

Actividades realizadas:

*Festival das Letras Galegas: realizado no Pazo da Cultura coa asistencia

das familias dos nenos/as. As entradas foron entregadas pola ANPA, para

controlar que non se colleran máis entradas das permitidas.

* Este ano a figura homenaxeada foi Manuel María.

Festa fin de curso

Data de celebración: mércores 22 de xuño.

Actividades realizadas:

*Esta festa é contratada pola ANPA e organizada por eles e a empresa

“La Guagua”, en coordinación co Equipo de ACE.

Existiron dous grupos claramente diferenciados: Infantil e Primaria,

que non compartiron espazo en ningún momento.

GRUPO DE INFANTIL

Propuxeron dúas horas de actividades, de 9:30 a 11:30 con dez monitores

en exterior.

As actividades elixidas foron organizadas en 6 estacións:

1ª: Castelo inchable.

2ª: Inchable Dora Explordora/ globofexia.

3ª : Inchable constructores.

4ª : Dúas camas elásticas

5ª: Pista américana.

6ª: Zumba e xogos.

Cada grupo co seu titor e unha persoa de apoio fóronse turnando cada 20

minutos por cada estación, logo cada grupo foi a súa aula a merendar e despois

xogo libre no patio.

Page 21: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

21

GRUPO DE PRIMARIA

Propuxeron neste caso dúas horas de actividades, de 11:30 a 13:30; permitíndose

a libre circulación dos alumnos polas distintas estacións.

Ao remate subiuse as aulas e entregáronse as notas.

III. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: VISITAS,

EXCURSIÓNS E SAÍDAS

Por outra banda, as actividades complementarias ou saídas que nos distintos

niveis e ciclos educativos leváronse a cabo foron organizadas polos distintos

ciclos en función das súas preferencias ou da relación que tiveran cos contidos

educativos a tratar nese momento (ditas saídas aparecen reflectidas en cada

unha das memorias dos ciclos).

IV. PROPOSTAS DE MELLORA

A ter en conta:

Comunicar con antelación ao Pazo de Cultura o día que se vai levar o

material necesario.

Tratar de non ocupar a primeira fila de butacas con alumnos/as de 3

e 4 anos.

É necesario ter persoal dispoñible para axudar nos cambios de

actuacións.

As inclusións de última hora provocan trastornos na organización e

desenvolvemento do mesmo.

Avisar con tempo ás persoas que teñan que aportar material.

Deberíase saber dende principio de curso que grupos son os que van a

actuar en cada festival, para que sexan equitativos en tempo e número

de actuacións.

Page 22: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

22

Para axilizar os festival evitaranse as actuacións intermedias de

solistas ou pequenos grupos.

Deberase revisar a xestión de reparto de entradas de cara ao

próximo curso.

Membros do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares no

presente curso académico:

María Concepción Lago Couce (5º nivel)

Purificación Pernas García (música )

María Jesús Felpeto Rey (3º nivel)

Sivia Noguerol ( A.L.)

María del Carmen Julías Casás(1 º nivel) (coordinadora )

A xefa de estudos A coordinadora

Asdo.: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo.: María del Carmen Julías Casás

Page 23: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

23

4.3._EQUIPA DE TIC.

4.3.1- Compoñentes.

Dolores Sagrario González López

Nuria María Pita Fernández

Natalia Teresa Pedre Fernández

Lucía Vellón Fernández

Ana Ayala Rodríguez

Celsa Amor Amor

Coordinador: Jose Bernardo Montero Doce

4.3.2.-Medios dispoñibles.

Continuouse coa páxina web do colexio,meténdose as fotos dos eventos

deste curso, as actuacións dos festivais, xogos novos e todo tipo de

información. Nela se poñen contidos educativos interesantes, tanto de

internet como de elaboración propia, a disposición de toda a comunidade

educativa. Colgáronse contos e poesías feitos polos nenos de Primaria e

pais.

Nos Festivais de Nadal e das Letras Galegas, empregáronse os recursos

multimedia ( fotos, vídeos e música) para facer unha exhibición pública das

diversas actividades realizadas no colexio durante o presente curso e como

apoio audiovisual nas actuacións dos alumnos.

Este ano mercáronse máis ordenadores para substituír os vellos. Deste

xeito tódalas aulas quedan dotadas destas ferramentas.

Este ano a Consellería instalou pizarra dixital, proxector e ordenador portátil

nas aulas de 5º e 6º.

Na actualidade todos os cursos de primaria, excepto os primeiros contan

con pizarra dixital. En infantil só dispón de pizarra un aula.

4.3.4 – Utilización dos medios informáticos.

A utilización dos medios informáticos foi similar ao do curso anterior.

Continuouse coa concienciación do profesorado para a utilización de todo o

relacionado coas TICS e coa recompilación de enderezos interesantes para

poñer na páxina web do colexio.

Page 24: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

24

4.3.5- Utilización dos medios audiovisuais.

A utilización das novas tecnoloxías durante este curso levouse a cabo na

aula de informática. O longo do curso os alumnos visitaron dita aula unha

sesión semanal.

Seguirase animando ao profesorado a que lle perda o medo a empregar as

novas tecnoloxías e a que lle saque partido a todos os equipamentos dos

que dispón o centro.

4.3.6 –Obxectivos para o vindeiro curso.

Dado que hai gran cantidade de ordenadores e reprodutores de radio CD

que están quedando obsoletos vemos a necesidade de cambialos

paulatinamente. Este ano volveuse facer unha solicitude á Unidade de

Atención a Centros (UAC) demandando a devandita renovación e

puxémonos en contacto con eles en varias ocasións insistindo no tema.

Polo de agora non hai posibilidade.

Tamén solicitamos á dita unidade o aumento de velocidade na rede de

internet que emprega o colexio, porque é insuficiente para tal cantidade de

ordenadores e impide que os mestres poñan en funcionamento os recursos

descargados de internet ou CD con programas e xogos que necesitan

conexión a internet.

Ante o crecente uso das redes sociais por parte do alumnado fóra do

horario lectivo e a problemática que implica na convivencia escolar, vemos

a necesidade de facer obradoiros sobre este tema con carácter anual

dirixidos tanto aos nenos/as de 5º e 6º de Primaria, que repetiremos no

próximo curso.

Así mesmo, vemos a necesidade de fomentar o uso da aula de Informática

en tódolos niveis.

Propoñemos que para o próximo ano se habilite un andel na biblioteca para

gardar todos os libros que adquiramos sobre esta temática.

Mercar ou solicitar pizarra dixital para Educación Infantil e 1º de primaria.

Page 25: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

25

4.3.7 – Plan de Formación Permanente de Profesorado (PFPP).

Dentro do PFPP para o curso 2016-17 continuaremos coa liña dirixida á

mellora da competencia dos mestres/as nas novas tecnoloxías e

contaremos con novas incorporacións. Os contidos básicos para dito plan

serán : pizarra dixital, programas de edición multimedia e xestión da páxina

web do colexio.

A Xefa de Estudos O coordinador

Asdo: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo: José Bernardo Montero Doce

Page 26: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

26

4.4._EQUIPA DE BIBLIOTECA.

Durante o presente curso escolar o equipo de biblioteca estivo formado polos

seguintes membros:

Mª Elena Pérez Fernández ( 4º EP)

Mª Dolores Lamas Sánchez (ING)

Anilda Vidal Sanjurjo (E.I.)

Belén Bellón Navarro (E.I.)

Carlota Pena Freijomil (2º E.P.)

Eva Mª Bouza Rey (coordinadora) (6º E.P.)

ACTIVIDADES REALIZADAS:

Celebración do Día das Bibliotecas: O venres 23 de abril celebramos o

Día das Bibliotecas co alumnado de 6º de E.P. Empregamos para iso o

cartel anunciador: Biblioteca Escolar, base de exploracións.

Dividimos ao alumnado e grupos de traballo cooperativo e

propuxémoslles un reto para superar dentro da biblioteca. Tiñan que

investigar en que lugar da biblioteca se atopaban os libros que

aparecían no cartel anunciador e si había máis libros de Xulio Verne.

Ademais tiñan que descubrir cales eran os nomes dos obxectos que

aparecían en primeiro termino do cartel, en que época histórica

comezaron a usarse e para que servían. Foi unha actividade ben

acollida e con bos resultados.

Ampliación dos fondos bibliográficos : Os criterios seguidos para a

adquisición de novos exemplares foi a manifestada por parte do

profesorado que pediu máis libros sobre arte e de temas científicos, e

as peticións e solicitudes do alumnado usuario da biblioteca.Os fondos

bibliográficos aumentaron neste curso en 300 exemplares.

Aumentamos os fondos de cómic por suxestión dun usuario coa

Page 27: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

27

colección Memorias de Idhún. Ademais este curso recibimos varios

lotes de libros infantís en bo estado doados por catro familias

diferentes, que pasaron a aumentar os fondos bibliográficos.

Procuramos así mesmo dotar á biblioteca de varios exemplares dos

libros marcados como de lectura obrigatoria nos diferentes cursos: Viaxe

de Ida e volta e Ota ,quere voar de Anxela Loureiro), Escarlatina, a

cociñeira defunta de Ledicia Costas, premio Merlín de Literatura Infantil,

A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey, Coller as rendas de

Yolanda Castaño e Nena e o mar de Erika Esmorís.

Equipo de alumnado axudantes de biblioteca: Durante o presente curso

escolar tivemos un certo número de alumnas e alumnos, principalmente

de 3º de Primaria, aínda que nalgunha ocasión foron de 1º e 6º que

prestaron axuda na biblioteca durante os recreos. Encargábanse de

colocar nos andeis os libros devoltos, separar os exemplares que tiñan

algún dano coa fin de reparalos se era posible, e tamén orientaban aos

seus compañeiros onde estaban os libros que viñan a buscar.

Continuación da reserva do uso dos ordenadores da biblioteca durante o

recreo: Establecéronse dúas quendas de uso de 15 minutos cada unha

en cada un dos dous ordenadores da biblioteca. Esta actividade era

realizada na maioría das veces polo alumnado colaborador da biblioteca.

Identificación dos libros escritos en Lingua galega: Coa fin de atopalos

mais doadamente procedemos a identificar os libros escritos en Lingua

Galega con un adhesivo no lombo que pon gal. Seguen colocados nos

mesmos lugares que estaban por orde alfabética nos andeis de narrativa

verde, vermella e amarela. Os de narrativa e poesía azul separáronse en

andeis diferentes para unha mellor identificación.

Préstamos de lotes de libros para as aulas: Como cada titor ten un

número de usuario de biblioteca, este curso saíron varios lotes de libros

para ler nas aulas co carné do titor. Isto permitiu renovar os fondos da

biblioteca de aula e poder ter durante máis tempo libros en préstamo.

Page 28: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

28

Visitas de escritores: Durante este curso recibimos a visita da escritora

Erika Esmorís (Premio Merlín de Literatura Infantil 2015), para o

alumnado de 6º de E.P. A escritora Yolanda Castaño visitou ao

alumnado de 1º de E.P. Anxela Loureiro para o alumnado de 4º de E.P.

Outras actividades na Biblioteca: O venres 4 de marzo recibimos a visita

do contador de contos colombiano Nelsón Calderón. Esta actividade foi

patrocinada polo Concello de Narón. Estaba dirixida a alumnos de 5º e

6º de E.P. Foi moi ben acollida polo alumnado e resultou moi divertida.

Tamén houbo varias animacións: Victoria, animadora enviada pola

Editotial Santillana animou ao alumnado de 3º de E.P. co libro “Querido

hijo: estás despedido”. Así mesmo o alumnado de E.I. Recibiu a

animación de Iago da Editorial Anaya co libro “Felíz Feroz”.

Colaboracións con outras institucións: O alumnado de 4º de ESO do

Instituto Terra de Trasancos representou na biblioteca seis contos da

editorial Kalandraka de teatro bilingüe para o alumnado de E. Infantil.

Exposicións temporais: Durante o presente curso escolar realizáronse

catro exposicións temporais coa seguinte temática:

1. Ai mamaíña, que medo!: Durante a derradeira semana do mes

de outubro e as dúas primeiras semanas de novembro. A

biblioteca decorouse con teas de arañeira e diferentes monstros

para fomentar a lectura de libros de medo, ou relacionados con

personaxes fantásticos (fantasmas, vampiros, bruxas,

monstros…) Foi moi ben acollida polo alumnado.

2. É tempo de clásicos: Durante o mes de decembro.

Pretendíamos fomentar a lectura de libros de autores clásicos da

literatura infantil e xuvenil. Estiveron expostos libros de Perrault,

Hans Christian Andersen, dos irmáns Grim, de Xulio Verne, de

Page 29: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

29

Daniel Dafoe, Mark Twain… Tamén foi ben acollida polo

alumnado.

3. Centenario do Quixote: Durante o mes de abril. Expuxemos os

exemplares do Quixote que hai na biblioteca e outros libros que

falan do personaxe ou que están baseados nel. No tivo moi boa

acollida, aínda que saíron en préstamo varias aventuras do

Quixote, sorprendentemente entre os usuarios dos cursos 1º e 2º.

4. Para comezar o día, un pouco de poesía: Durante o mes de

maio e coincidindo coas Letras Galegas. Estiveron expostos libros

de Manuel María e outros poetas galegos. A acollida foi regular.

Catalogación de fondos videográficos: Na biblioteca contamos con

diferentes fondos videográficos e comezamos este curso a fichalos e

algúns saíron en préstamo.

Fabricación dun carimbo coa mascota da biblioteca para marcar os

fondos bibliotecarios. O nome da mascota é Profesor Gandarín. Xa

está en uso desde o mes de outubro.

Os carriños da Lingua: En colaboración co Equipo de Dinamización da

Lingua Galega preparáronse tres carriños con libros escritos en

galego. Cada carriño contaba con vintecinco títulos diferentes

adaptados as idades do alumnado aos que ían dirixidos. Rotaron polas

diferentes aulas do colexio para usar na Hora de ler. Esta actividade

realizouse no mes de maio e a permanencia dos carriños foi de dúas

semanas por aula.

Producións propias: Temos un andel da biblioteca dedicado a textos

elaborados polo alumnado. Temos recollidos os traballos dos

concursos literarios organizados polo Equipo Dinamizador da Lingua

Galega. Tamén están expostos dous cómics elaborados para o

concurso Intercentros do Concello de Narón. Co motivo do Samaín

recollemos receitas de cociña, pócemas máxicas e debuxos de cousas

Page 30: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

30

que nos dan medo… E con motivo das Letras Galegas fixemos un libro

colectivo de homenaxe a Manuel María, onde cada aula copiou un dos

seus poemas e ilustrouno. Tamén catalogamos todos os anos un

exemplar da revista escolar O Alfar, elaborada por todo o alumnado do

centro. Traballouse así mesmo a poesía de Manuel María nos murais

presentados polas aulas ao Certame Intercentros organizado polo

concello de Narón.

ACTIVIDADES PENDENTES DE REALIZAR.

Mochilas viaxeiras e apadriñamentos lectores: Aínda que se estudou a

posibilidade non fomos quen de realizar estas actividades por falla de

tempo, aínda que o alumnado de 3º baixou as aulas de E.Infantil a

contar e representar diferentes contos. Esta actividade foi moi ben

acollida polo alumnado de infantil e esperamos repetila en cursos

posteriores. Non abandonamos a idea para vindeiros cursos.

Catalogación de fondos videográficos: Proseguir cos fondos

pendentes de catalogación para o vindeiro curso.

Disposición de máis tempo para traballar na biblioteca: Neste curso

dispuxemos dunha hora semanal para traballar na biblioteca

coincidindo dúas das persoas do equipo os venres antes do recreo.

Ademais a persoa encargada dispuxo doutra hora semanal para a

catalogación de fondos. Segue sendo un traballo que ocupa moito

tempo e moitas das exposición tiveron que facerse en horas fora da

xornada escolar.

APERTURA E USO DA BIBLIOTECA:

Neste curso escolar a biblioteca estivo aberta para préstamos durante

todos os recreos da semana.

Page 31: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

31

Traballos na biblioteca: Dentro do horario escolar cada curso tiña unha

hora semanal para traballar dentro da biblioteca, e para empregar os

recursos que nela había.

As profesoras encargadas da vixilancia e préstamos foron Mª Dolores

Lamas Sánchez e Eva Mª Bouza Rey polo que sempre estaban de

garda nos recreos.

A xefa de estudos A coordinadora

Asdo.: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo.: Eva Mª Bouza Rey

Page 32: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

32

4.5._DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

4.5.1.COMPOSICIÓN:

- Silvia María Sabín Mesa: Especialista de inglés.

- Purificación Inmaculada Pernas García : Especialista de música.

- Belén Casanova Mayo: Titora de 2º curso de E. Primaria.

- Marina Valencia González: Profesora de Educación Infantil.

- Mª Dolores Fontela Martínez : Especialista de P.Terapéutica.

- Leticia Eimil Gacio: Especialista Pedagoxía Terapéutica.

- Nuria María Pita Fernández: Especialista de AL

- Silvia Noguerol Coira : Especialista de AL

- Mª Carmen Ogaza Rojas : Orientadora .

4.5.2.- OBXECTIVOS

4.5.2.1- Obxectivos xerais referidos ó centro :

Traballamos para acadar os seguintes obxectivos:

- Posta en práctica e seguimento do Plan de Atención á Diversidade aprobado

en xuño do 2013.

- Colaborar na Planificación e Organización educativa do centro no relacionado

co alumnado con necesidades educativas especiais.

- Potenciar a cooperación entre o centro e as familias.

- Colaborar cos equipos de dinamización do centro :co equipo de dinamización

da Convivencia Escolar, de Normalización Lingüística e Actividades

Extraescolares.

- Participar no Plan de Formación Permanente de Profesores ( PFPP) “

Traballo cooperativo” e “ Tics”.

4.5.2.2- Obxectivos xerais referidos ó alumnado :

Podemos considerar que traballamos en tódolos obxectivos propostos, aínda

que, o grado de consecución non foi en todos igual de satisfactorio.

Estamos bastante satisfeitos do logrado cos seguintes obxectivos:

- Identifica-las necesidades do alumnado con n.e.e e atención ás demandas de

orientación que presentaron.

Page 33: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

33

- Levar á práctica detección temperá de necesidades educativas.

- Valorar durante o curso o alumnado que presentou dificultades, para deseñar

programas de reforzo e sempre que foi posible horario de apoio.

- Apoio ao alumnado que presentaba dificultades específicas de aprendizaxe.

- Reunión coa PT e Orientadora do I. E. S para falar do noso alumnado.

Segue sendo necesario mellorar en:

- Sesións de titoría semanais en tódalas clases. É necesario mellorar esto pois

sigue sen haber un horario de titoría semanal, trátanse os problemas segundo

van xurdindo pero sería máis positivo traballar habilidades sociais

semanalmente para anticiparse aos problemas.

- A integración do alumnado no seu grupo, séguense a detectar nos

sociogramas alumnos/as que o están a pasar mal nas clases.

- Desenvolver estratexias de aprendizaxe que favorezan a lectura, ortografía,

comprensión lectora e resolución de problemas.

- Resolución de conflitos, mellorar as habilidades sociais e os modelos de

comunicación. Debemos intentar traballar máis á asertividade en lugar da

agresividade ou a inhibición.

- Axudar a mellora-la autoestima do alumnado.

- Traballo en equipo. Segue habendo dificultades para traballar axeitadamente

en grupo.

4.5.2.3-Obxectivos referidos ó profesorado :

- Recollemos información nas sesións da avaliación de E.Infantil e Primaria ó

longo de todo o curso co obxectivo de detecta-las necesidades que se

detectaban no centro.

- Participamos en varias reunións entre titores, profesorado de apoio e

orientadora en tódolos grupos ó longo do curso para facer un seguimento do

alumnado de apoio.

- Reunímonos coa especialista que propuxo o concello para realizar unha

actividade de apoio pola tarde, empregando medios audiovisuais.

- Intentamos colaborar con todo o profesorado na resolución das necesidades

que ían formulando e apoiamos a súa actuación na medida do posible,

proporcionándolle materiais e estratexias metodolóxicas para favorece- la súa

labor docente e titorial.

Page 34: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

34

4.5.2.4- Obxectivos referidos ás familias:

-Mantivéronse contactos periódicos de forma individual coas familias que o

solicitaron para darlles información e asesoramento.

- Fomentamos o achegamento das familias ó departamento de Orientación

para poder axudar nas dúbidas e problemas que puideran ter con respecto ós

seus fillos. Consideramos fundamental seguir traballando neste sentido para

mellora-los casos nos que aínda non hai unha boa colaboración.

4.5.3.-TRABALLO REALIZADO NO C.E.I.P “ A GÁNDARA”:

4.5.3.1-Constitución do departamento :

Reunímonos a principios de curso para informar a tódolos compoñentes das

nosas obrigas como membros do departamento de orientación .

4.5.3.2-Elaboración do Plan de Orientación :

A partires do Plan de Orientación presentado o curso pasado deseñamos o

Plan deste curso eliminando o que xa tiñamos conseguido e aumentando o que

queriamos traballar neste curso.

4.5.3.3-Organización de apoios ó alumnado con necesidades educativas

especiais :

- Elaboración dos horarios de apoio das especialista de Pedagoxía

Terapéutica e de Audición e Linguaxe, tendo en conta as necesidades

educativas detectadas nos nosos alumnos. As especialistas de PT e AL

atenderon ao alumnado que presentaba: discapacidade, problemas graves de

conduta, déficit de atención con ou sen hiperactividade, rasgos do espectro

autista, déficit cognitivo, dislexia, trastorno específico da linguaxe, trastorno nas

área de lingua, trastorno na área de matemáticas, dificultades en tódalas áreas,

trastorno na fala, dislalias, e alumnado que presenta deficiencias polas súas

condicións persoais ou de ambiente familiar desfavorecido. De todo o

alumnado atendido elaboraron un informe para as familias e para o

Departamento de Orientación.

- Este apoio por parte das especialistas de PT/AL foi en moitos casos fóra da

aula. O motivo era por facer agrupamentos con alumnado de distintas clases,

segundo as necesidades que presentaban, ou por ter que traballar aspectos

concretos con diferentes metodoloxías e materiais que entorpecerían a labor do

profesorado dentro da aula.

Noutras ocasións o apoio realizouse dentro da aula.

- Ademais deste apoio por parte das especialistas de PT/AL, o resto do

profesorado facía apoio nas horas de libre disposición . Os titores apoiaban na

Page 35: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

35

aula do mesmo nivel e os especialistas nas aulas onde había máis

necesidades.

4.5.3.4-Medidas encamiñade á prevención, detección e resolución de

dificultades

- Elaboración dos protocolos de actuación e avaliación no caso de: trastorno de

conduta, autismo, dislexia, déficit de atención con/sen hiperactividade, trastorno

da linguaxe e altas capacidades.

-Valoración de todo o alumnado que presentaba problemas de articulación por

parte das especialistas de A.L, solicitado polos titores.

- Aplicación do test Bady-G infantil a todo o alumnado de 5 anos . Nos casos

que presentaron resultados baixos neste test pasáronse test individuais : “

Escala Columbia” e /ou test “ K-Bit” .

- Valoración dun alumno por poder presentar altas capacidades.

- Aplicación de test,conversas coas familias e programas de modificación de

conduta ó alumnado que presentaba condutas moi disruptivas.

- Aula de “ tempo fora” ou de “ convivencia” para o alumnado que presentou

condutas disruptivas.

- Aplicación dos Badys a tódolos alumnos de Primaria de 2º e 6 º curso. Nos

casos que presentaron resultados baixos aplicouse o test Wisc-IV ou DN-CASS

de xeito individual.

- Aplicación do test DST-J a 26 alumnos por se presentaban rasgos disléxicos.

- Aplicación do test Tale, de xeito individual a todo o alumnado de 2º curso.

- Aplicación de probas de comprensión lectora ó alumnado de 2º, e 6º de

E.Primaria.

- Reunións co profesorado implicado para informar dos resultados dos test.

- Información individual a tódolos pais dos alumnos a quen se lles aplicaron as

probas , para que souberan os resultados dos seus fillos, así como para

recibir pautas a traballar para mellorar os resultados cando eran baixos .

- Información individual ao alumnado de 6º curso que quixo saber os resultados

dos test Bady- G.

- Elaboración de informes para solicitar becas ò alumnado con n.e.e.

- Elaboración e revisión de 44 informes psicopedagóxicos.

- Sociograma en tódalas aulas de E. Primaria.

Page 36: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

36

- Elaboración das táboas con todo o alumnado que presentaba necesidades

educativas indicando as características de cada un, para enviar á Inspección

Educativa.

- No caso de alumnado con n.e.e as especialistas PT/AL elaboraron distintos

materiais : adaptación de lecturas , modificación de temas para facelos máis

visuais, traballo coa pizarra dixital, fichas diversas, elaboración de contos con

pictogramas para traballar na hora de lectura.

- O alumnado con necesidades educativas especiais que estaba recibindo

apoio por parte das especialistas de PT e /ou AL, en varias ocasións fíxo os

exames en pequeno grupo coas especialistas.

4.5.3.5-Atención ás demandas de orientación que se presentaron :

- Colaborouse na elaboración de 3 ACIS.

- Solicitude de Prórroga Extraordinaria para que un alumno permaneza outro

curso en E.Infantil.

- Seguimento de todo o alumnado con necesidades educativas de E.Infantil e

Primaria.

- Modificación dos horarios do profesorado de Pedagogía Terapéutica e de

Audición e Linguaxe ó longo de todo o curso, debido a: novas necesidades

detectadas nas avaliacións, melloría dalgúns alumnos, modificacións dos

grupos polo seu funcionamento e polas necesidades de apoio de novo

alumnado.

4.5.3.6- Medidas encamiñadas a favorecer o traballo en equipo:

- Leváronse a cabo nalgunhas aulas tarefas a realizar con traballo cooperativo.

As actividades cooperativas foron :

1º-Técnicas encamiñadas a favorecer as relacións dentro do grupo :

• Mundo de cores.

• A maleta.

• Os cumpridos.

• A pelota.

2º.- Técnicas encamiñadas a facer traballos de xeito cooperativo:

Page 37: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

37

• Lectura compartida.

• 1-2-4.

• Folio xiratorio.

• Lapis ó centro.

Os resultados deste traballo foron satisfactorios. O alumnado pouco a pouco

vai aprendendo as técnicas de esperar, colaborar e enriquecer coa súa opinión.

- Co obxectivo de fomentar a boa convivencia, o traballo en equipo, os valores

e a expresión oral no alumnado, varias persoas do Departamento ensaiaron :

cancións, bailes e obras de teatro que se representaron nos dous festivais do

centro.

Agradecemos ós titores/as implicados a súa colaboración, á profesora de

música a súa axuda na selección da música a empregar, e a todo o

profesorado que axudou dalgunha maneira e tamén ao conserxe do centro

que colaborou notablemente na elaboración dos decorados.

Coa intención de fomentar no alumnado os valores dentro das aulas e o

respecto polas diferencias léronse en tódalas aulas varios contos cos seguintes

temas :

- ¿ Por qué Alberto se mete conmigo?

- A dislexia.

- Síndrome de Ásperger.

- “ O autismo”.

- “ Esto no es una fábrica de sonrisas”.

- “ Tratemos bien a las chicas”.

A partires deses contos elaborabanse actividades para mellorar as relacións

entre o alumnado.

- Formáronse nenos /as de 5º e 6º para ser mediadores. Actuaron a partires do

segundo trimestre.

- Tamén se levou a cabo durante os recreos con alumnado 5ºe 6º curso un

torneo de xadrez .

Page 38: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

38

4.5.4.- PROPOSTAS PARA O VINDEIRO CURSO :

- Seguir levando á práctica o Plan de Atención á Diversidade que se elaborou

e mellorar o que se considere necesario.

- Empregar o buzón de suxestións para que todo o profesorado , alumnado

ou pais ( de xeito anónimo ou non ) poidan manifestar os seus problemas e

cousas que se poidan mellorar.

- Incidir en que o Plan de Acción Titorial se converta nunha ferramenta

imprescindible do noso centro.

- Propoñer sesións de titoría semanais en tódalas clases.

- Traballar para acadar unha boa convivencia no colexio, buscando unha

comunicación axeitada entre o profesorado, profesorado-alumnado e

profesorado-familias.

- Intentar que todo o profesorado se implique dalgún xeito en tódolos proxectos

do centro: Plan de Convivencia, Plan Lector,Tics, Avaliación por competencias,

Traballo cooperativo etc .

- Seguir coas reunións ó longo do curso entre especialistas, titores e

orientadora de cara ó seguimento do alumnado con necesidades educativas

especiais.

- Deseñar obxectivos a acadar co alumnado que presenta n.e.e para traballar

conxuntamente entre titores, especialistas e profesorado de apoio.

- Deseñar adaptacións curriculares para o alumnado que o necesite .

- Deseñar medidas axeitadas de avaliación para o alumnado con n.e.e, tendo

en conta as súas características e o modelo de exame que necesiten.

- Aumentar a formación de todo o profesorado en temas como: aprendizaxe

cooperativo, a dislexia, intelixencias múltiples, modificación de conduta, déficit

de atención, avaliación por competencias…para traballar axeitadamente co

alumnado.

- Continuar coas Tics para a atención á diversidade e para mellorar a

comunicación entre a comunidade educativa.

- É necesario traballar a relaxación en tódalas aulas, a mediación como mellor

forma de resolución de problemas, a necesidade de xerar expectativas

positivas , a escoita, a empatía, e sobre todo a asertividade na relación cos

demais.

Page 39: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

39

- E sobre todo, traballar na mellora das habilidades sociais: formarse en

prevención de acoso escolar e detección de malos tratos ou abusos.

A Xefa de Estudos A Orientadora

Asdo: Mª Jesús Felpeto Rey Asdo : Mª Carmen Ogaza Rojas

Page 40: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

40

4.6._EQUIPA DE CONVIVENCIA.

4-6.1.- Composición.

Dolores Basoa López ( E. Infantil).

Mª Isabel Seijas Morandeira ( E. Infantil).

Mª del Pilar García López ( 1º ciclo).

Mª Dolores Carpente Carpente ( 2º ciclo e coordinadora)

Leticia Eimil Gacio ( 3º ciclo e PT).

Mª Carmen Ogaza Rojas ( orientadora).

4.6.2.- Traballo desenvolvido.

1º Trimestre:

- Elaboramos e aprobamos o Plan de Convivencia.

- Informouse a tódolos participantes do Plan de Atención á Diversidade

elaborado no centro o pasado curso.

- Informouse da necesidade de realizar a avaliación inicial do alumnado.

- Lembrouse a necesidade de incidir nas normas de convivencia

establecidas por ciclos en cursos anteriores, facendo partícipes aos alumnos

nas consecuencias do seu incumprimento.Este trimestre, debido a que os

nenos de 6º curso sempre chegan tarde á fila despois de tocar o timbre,

decidiuse que empecen a entrar eles primeiro para evitar a tardanza.

- Seguiuse co plan de control da limpeza dos baños iniciado os cursos

anteriores e continuado este ano cos nenos e nenas de 4º e 5º curso.

- Continuouse tamén co plan de limpeza do patio, elaborado en cursos

anteriores e continuado este ano cos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º curso.

- Dentro do apartado de COIDAMOS ÁS PERSOAS, traballáronse os

seguintes temas :

A violencia de xénero: celebrado o día 25 de novembro, a través dos

contos“Esto no es una fábrica de sonrisas” e “Clementina”. Contouse o

conto en todas as aulas do centro.

Fixéronse tamén unidades didácticas atopadas en internet,

sensibilizando aos nenos e axudándolles a entender que deben rexeitalo

Page 41: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

41

sempre. Así como Ed. Infantil visitou o auditorio para ver a obra “O país

dos mandóns”.

Puxéronse no Panel de Convivencia debuxos e fotos con consellos para

non chegar nunca a esta situación e rexeitala.

O acoso: iniciouse neste 1º trimestre a través do conto “¿Por qué

Alberto se mete conmigo?”,lido en todas as aulas. A partires do conto

fixéronse ao longo do curso varias actividades para detectar problemas

dentro das aulas.

As emocións: alegría, tristeza, enfado, medo,… Iniciáronse en Ed.

Infantil neste trimestre, ampliándose no 2º e 3º trimestre, elevándose a

outros niveis educativos.

- Na ludoteca empezou a funcionar a actividade de xadrez, que se levou á

práctica o longo do curso entre o alumnado de 5º e 6º. Tamén tiñan aí lugar

os ensaios das obras de teatro e dos bailes.

2º Trimestre:

- Continuamos co coidado dos baños, realizado polos nenos e nenas de 4º e 5º

cursos.

- Tamén os policías de medioambiente continuaron a manter o patio limpo.

- Este trimestre empezaron os mediadores co alumnado de 5º e 6º curso de E.

Primaria: foise explicando por todas as aulas como tiñan que facer e cal era o

significado da mediación, con exemplos, buscando as consecuencias e as

solucións.

- Para os días de chuvia continuouse co proposto o curso anterior, que os

cursos se dividiran entre os dous patios cubertos da seguinte maneira:

Page 42: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

42

1º andar: 1º e 2º, arriba e 3º, abaixo.

2º andar: 4º, arriba e 5º e 6º, abaixo.

Así evitamos que os nenos estén indo dun patio a outro, non se mollen e os

profesores tampouco, cada vez que van avisalos.

- En habilidades sociais, contáronse os seguintes contos:

O acoso: ademais de “¿Por qué Alberto se mete conmigo?”, lido no 1º

trimestre, continuouse tratando o tema cos seguintes contos:

- “Negros e brancos” (Ed. Infantil)

- “¡Así no se juega! (1º ciclo)

- “Hacer amigos” (2º ciclo)

- “Tratemos bien a las chicas” (3º ciclo)

Púxose por todas as aulas un buzón onde os nenos podían contar os

seus problemas anonimamente ou non e, así, poder ser axudalos,

comentando en grupo os problemas que xurdían ou falando

persoalmente con eles.

En Infantil de 4 anos, leváronse a cabo actividades de cooperativo para

traballar o acoso.

As emocións: o buzón posto polas clases axudou tamén a que os

alumnos poideran solventar os seus problemas emocionais.

- Seguiuse coas actividades de aprendizaxe cooperativo iniciadas en cursos

pasados e que este ano se aumentaron e foron levadas a cabo en máis aulas.

Algunhas delas foron as seguintes :

- “ Mundo de Cores. “ Poñíanse todos os nenos mirando á parede e

colocábaselles un pegatina de cores, agás un neno ou nena que se lle

poñía doutra cor, despois podíanse agrupar como quixeran e

observamos que o que tiña a distinta cor quedaba só e a partires diso,

unha conversa traballando este tema.

- “ A maleta” .Cada neno leva 3 cousas significativas para el e ensínaas

aos compañeiros. O obxectivo é de que se coñezan mellor .

- “ Xogo dos cumpridos”. Sácase un neno ao centro da aula e dinse

cousas bonitas del, co obxectivo de aumentar a súa autoestima.

- “ A pelota” : Cada neno/a pasa unha pelota a un compañeiro e ten que

dicir unha aspecto positivo da persoa a quen a pasa. Continúa o xogo

ata rematar todos.

Page 43: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

43

-“ Folio xiratorio” : Os nenos /as están colocados en grupos de 3 ou 4. O

primeiro neno empeza a facer un debuxo que continuará o segundo e

rematarán o 3º ou o 4º. En E. Infantil fíxose con debuxos. En E. Primaria

fíxose o mesmo pero elaborando pequenas historias.

- “ Lapis ao centro”: Colocados en grupo, cada membro encargarase dun

problema ou dunha actividade que explicará aos demais e que cada un

fará no seu folio. Colócase o folio no centro e o seguinte alumno

encargarase da 2ª actividade e así ata chegar ao final.

- “Lectura compartida “: Un alumno le un parágrafo, o 2º alumno explica

o que le e o 3º ou 4º complétao. De novo le un parágrafo o 2º alumno , o

3º explica e completa todo o 3º ou o 4º e así ata que tódolos membros

do grupo len algo.

- Mercáronse tamén neste trimestre un lote de libros que nos pareceron

interesantes para poder continuar traballando a gran variedade de temas que

nos levan a unha mellora na convivencia no centro e fóra del. Estes foron:

“100 ideas para la práctica de la Educación Ambiental”

(CienporcientroquelEscuela)

“100 ideas para la práctica de la Ciudadanía”

(CienporcientroquelEscuela)

“100 ideas para mejorar la convivencia” (CienporcientroquelEscuela)

“100 ideas para la resolución de conflictos” (CienporcientroquelEscuela)

“La lección de August” (R.J. Palacio)

“La historia de Julián” (R.J. Palacio)

“El pañuelo mágico” El cáncer (Salvatella)

“Aprender a decir que no” La asertividad (Salvatella)

“Los atrevidos dan el gran salto” (Elsa Punset)

“Los atrevidos en busca del tesoro” (Elsa Punset)

“El gran libro de las emociones” (Parramón)

“¡Cómo está el clima! (Parramón). Plantexamento para xestionar as

emocións.

“Energías y relaciones para crecer” (Parramón). Plantexamento para

xestionar as emocións.

3º trimestre:

- Continuouse coa lectura de libros referentes aos seguintes temas :

Autismo: a través do conto “ O autismo”. Despois os titores fixeron

actividades sobre o tema: vídeos, ditados, historias, preguntas, etc. O

vídeo máis visto foi o de “Irish, a nena autista”: unha nena de 3 anos que

fai cadros e véndense por miles de euros.

Page 44: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

44

Emocións: continuamos tratando este tema coa lectura dos seguintes

libros:

- Ed. Infantil: “¿A qué tienen miedo los monstruos?” e “Un pesadelo no

meu armario”. Onde se tratan os medos.

- 1ºe 2º EP “Los atrevidos dan e gran salto”. Onde se tratan tamén os

medos.

- 3º e 4ºEP: “Los atrevidos en busca del tesoro”. Onde se trata a

autoestima.

- 5º e 6º EP: “El gran libro de las emociones”. As emocións en xeral.

Os nenos dende 1º a 4º intercambiaron os libros que leron, pois eran os

mesmos protagonistas os que vivían emocións.

As profes de 3 anos elaboraron A maleta das emocións, a cal levaban para

casa e traballaban en familia a emoción elixida. Cando voltaban con ela, os

nenos expoñían na aula un debuxo sobre esa emoción e comentábana.

A parte dos temas tratados nos libros, tamén se traballou sobre os Dereitos

dos nenos e das nenas e púxose no Panel de Convivencia unha lámina

explicando cada un deles.

Sempre que se considerou necesario, traballáronse con contos, os aspectos

que preocupaban en cada clase.

Page 45: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

45

Melloras para o próximo curso:

- Traballar en todas as aulas o estilo de comunicación asertivo para aprender a

relacionarse axeitadamente cos demais.

- Continuar traballando técnicas de relaxación en todas as aulas.

- Continuar formando mediadores desde o inicio do curso, pois esta actividade,

aínda que empezou no 2º trimestre, resultou moi positiva para a resolución de

conflitos no centro.

- Seguir coa caixa de suxestións para que todo o profesorado que queira, pais

ou alumnado poida manifestar propostas, dicir cousas que non funcionan e que

se poidan mellorar, co obxectivo de mellorar a convivencia do centro.

- Falar ao inicio do curso das características do alumnado disléxico, autista, con

síndromes ou déficit de atención para saber mellor como tratalo.

- Incidir na importancia de que todo o profesorado se implique nas actividades

propostas para que estas sexan efectivas.

- Presentar as actividades nos diferentes niveis habitualmente.

- Ter sesións de titoría semanais para facer un seguimento dos problemas que

se presentan, traballando as habilidades sociais. Propoñer que, polo menos,

unha vez cada quince días, todos os alumnos e alumnas da clase escriban nun

papel como se atopan . Este papel meterano no buzón da clase para así,

poder axudarlles o máximo posible.

- Continuar formándose en aprendizaxe cooperativo e Intelixencias múltiples.

- Propoñer concursos de contidos curriculares : culturais, valores, normas...

- Traballar o tema do ruído, para intentar reducir o seu nivel no centro.

- Mellorar as subidas e baixadas dos alumnos, pois aínda non damos

conseguido facelo sen correr e sen empurrar. Sería bo colocar aos encargados,

un no medio e outro detrás, indo o titor diante de todo. Entre os tres,

procurarase conseguir que vaian o máis calmados posibles e de un en un.

- Aumentar a participación de toda a comunidade educativa na ornamentación

estética e conservación dos espazos comúns.

A Xefa de Estudos A Coordinadora

Mª Jesús Felpeto Rey Mª Dolores Carpente Carpente

Page 46: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

46

4.7._COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA.

4.7.1.Compoñentes :

- Xefa de estudios: Mª Jesús Felpeto Rey.

- Orientadora: Mª Carmen Ogaza Rojas.

- Pedagoxía Terapéutica:Mª Dolores Fontela Martínez.

- Pedagoxía Terapéutica:Leticia Eimil Cacio.

- Audición e Linguaxe: Nuria Pita Fernández.

- Audición e Linguaxe: Silvia Noguerol Coira.

- Coordinadora Infantil:Marina Valencia González.

- Equipo Dinamización da Lingua Galega:Jose Manuel Barcia Vizoso.

- Coordinadora 1º ciclo:Mª Belén Casanova Mayo.

- Coordinadora 2º ciclo:Purificación Pernas García.

- Coordinadora 3º ciclo:Silvia Sabín Mesa.

- Coordinadora de biblioteca: Eva Mª Bouza Rey.

- Presidenta: Natalia Pedre Fernández.

4.7.2.Desenvolvemento do Plan de traballo:

Este curso a comisión continuou traballando a posta en marcha do Plan

de Atención á Diversidade. Iniciamos o curso compartindo cos mestres

estratexias e pautas xerais para compensar as dificultades que se

puxeron de manifesto coas distintas probas realizadas aos nenos/as e e

probas de avaliación individualizadas pasadas no curso 2014-2015 cos

nenos e nenas de 3º de E.P. As estratexias estiveron baseadas en

metodoloxías de aprendizaxe cooperativa xa que teñen un gran

potencial para a aprendizaxe e ademais manteñen unha gran relación

coas competencias básicas. Estes dous aspectos formaron parte dos

obxectivos do Plan de Formación Permanente de Profesorado do centro.

Os aspectos traballados foron os seguintes:

Comprensión lectora oral.

Concretáronse as pautas, avaliación e detección dos nenos/as con

necesidades de apoio específicas incluídos os nenos/as con TDAH. Nas

seguintes reunión fíxéronse recordatorios de ditas pautas. Especialmente

sobre o déficit de atención, os nenos/as con problemas de conduta e con

hiperactividade.

Page 47: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

47

Como todos os anos lembrouse o Plan de Atención Titorial e presentouse

como unha fonte de recursos para facer fronte as dificultades que se

puideran presentar ao longo do curso incluídos os nenos/as con problemas

de conduta. Recordamos a importancia de traballar as técnicas de estudio.

Fomentouse o coidado do aspecto do interior do edificio. Expoñendo nos

taboleiros e lugares habilitados, os traballos feitos polos nenos/as.

En diferentes reunións puxemos en coñecemento o protocolo de detección

e prevención do acoso escolar. Puxemos en funcionamento en todas as

aulas os buzóns para que o alumnado teñan canles anónimos (ou non

segundo o neno/a desexe) para manifestar medos, dúbidas, suxestións ou

calquera tema que queira. Tamén se aplicaron outras medidas para previr

ditas situacións como os mediadores.

Outro protocolo importante que se deu a coñecer foi o de protección de

datos e de actuacións ante emerxencias.

Queda pendente para o próximo ano:

Artellar mecanismos de seguimento para mellorar o funcionamento dos distintos Plans de dinamización do centro.

Facer un seguimento no cumprimento transversal e vertical das programacións de nivel.

Intentar buscar solucións en colaboración coa Xefatura de Estudos, co Equipo de Dinamización da Convivencia nos conflitos relacionados coa conduta, a través de distintas técnicas de resolución de conflitos (especialmente a través da Mediación) e aplicando o Normas de organización e funcionamento (N.O.F.) do centro.

Secuenciar os obxectivos a cumprir en cada etapa e nivel sobre as normas de convivencia dentro da aula e nas filas.

Revisar o NOF.

Tomar medidas organizativas para facilitar a labor dos grupos de traballo do PFPP.

O Xefe de Estudios A Coordinadora

Concepción Lago Couce Dolores Basoa López

Page 48: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

48

4.8._EDUCACIÓN INFANTIL.

Os membros da equipa de Educación Infantil durante o curso 2015-16 foron:

Ed. Infantil 3 anos A: Ana Ayala Rodríguez

Ed. Infantil 3 anos B: Mª Isabel Seijas Morandeira

Ed. Infantil 4 anos A: Mª del Mar Rey Lago

Ed. Infantil 4 anos B:Elena Beatriz González Melchor (causa baixa no

centro en Xaneiro) foi sustituida por Marina Rubio Jerez

Ed. Infantil 5 anos A: Anilda Vidal Sanjurjo

Ed. Infantil 5 anos B: Mª Belén Bellón Navarro

7ª plaza de Educación Infantil : Mª Dolores Basoa López

8ª plaza de Educación Infantil: Marina Valencia González

Relixión: Dolores González López

Lingua Estranxeira :Silvia Sabín Mesa

Educación Física : Bernardo Montero Doce.

Educación Musical ( só para 5 anos ) : Purificación Pernas García.

Orientadora: Mª Carmen Ogaza Rojas

Coordinadora: Marina Valencia González

A.L.: Silvia Noguerol Coira

A.L. Nuria Pita Fernández

P.T. Leticia Eimil Gacio

Fixéronse as reunións de Ciclo correspondentes, nas que se trataron

os seguintes temas:

- Composición de Ciclo e elección de coordinadora .Reparto nas equipas

de dinamización.

- Calendario e preparación das saídas extraescolares para este curso.

Page 49: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

49

- Acordos sobre as necesidades materiais do ciclo e gasto do presuposto

asignado.

- Programación da participación nas diferentes festas e conmemoracións

no colexio ( Samaín, Magosto, Nadal, Día da Paz, Antroido, Letras

Galegas…)

- Eleccións de ítems para os boletíns de información trimestral.

- Elección de material para o vindeiro curso.

- Elaboración da memoria.

- Formulación de melloras ante os problemas que van xurdindo no ciclo

Neste Ciclo fixéronse as saídas programadas:

1º trimestre: Os nenos/as de 3, 4 e 5 anos foron ao teatro.Esta

actividade é programada polo Concello no Auditorio de Narón.

3º trimestre: Excursión á Granxa-Belelle

No 2º trimestre tivemos unha sesión de contacontos e animación á lectura

para toda a Ed. Infantil.(actividade ofrecida por unha das editoriais escollidas

en infantil)

No 3º trimestre recibimos na biblioteca do centro ao grupo de teatro da aula

de Inglés do IES TERRA DE TRASANCOS. Representaron 6 contos da

editorial Kalandraka en lingua inglesa e con tradución simultánea ao galego.

Fixéronse as reunións xerais de pais de principio de curso. A reunión xeral de

pais ao final de ciclo foi levada a cabo polas titoras de 5 anos.A maiores as

mestras de 3B e 4B que causan baixa no centro,tamén tiveron reunión final.

As titorías realizáronse os martes de 4 a 5, con aqueles pais que o solicitaron,e

con aqueles que foron citados pola titora.

O número total de alumnos no comezo do curso en Educación Infantil, foi de

149 alumnos.Ó longo do curso déronse de baixa 4 alumnos por cambio de

domicilio.

Nas clases de 5 e 4 anos hai varios alumnos que recibiron atención

individualizada por parte do Departamento de Orientación precisando de AL. e

nalgún caso mesmo de P.T.

No último trimestre tamén foi atendida unha nena de 3 B por retraso severo na

fala.

Page 50: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

50

Na clase de 5B hai un neno con trastorno xeneralizado do desenvolvemento

Foi asistido por coidadora e apoiado por especialistas en A.L.

Unha vez valorado polo equipo de orientación e titora,solicitaron a permanencia

de un ano máis no ciclo de infantil.

Cada vez é maior o número de alumnos que ten algún tipo de alerxia. Neste

curso, na clase de 3B atopámonos con alerxias graves que precisan ter

medicación no Centro. En caso de ter unha urxencia hai inxección no gabinete

médico do centro.

Isto supón unha enorme responsabilidade para as titoras e para o Centro. Por

este motivo non se poden traer ao Centro determinados alimentos que supoñen

un risco para estes alumnos.

O problema que se viña producindo en anos anteriores no patio exterior no

que realizamos o recreo, foi solventado en parte, xa que queda por cubrir parte

do peche metálico. Seguen estando pais e nais e adultos alleos ao centro que

se concentran nesas zonas e dan cousas aos nenos, fanlles fotos, e

interrompen de xeito constante a nosa labor no patio.

Neste curso continuamos coas mesmas dificultades que no derradeiro ano,

para poder desenvolver a nosa tarefa docente :

Excesiva ratio en Educación Infantil.

Falta de persoal de limpeza no horario lectivo.

Cando chove non se pode saír ao recreo.

Aulas e espazos comúns moi reducidas en relación á ratio

O firme da zoa adicada ao fútbol non é o axeitado para o patio de

infantil. É prexudicial para a saúde dos nosos alumnos polo pó que se

levanta, alerxias, esvaran os nenos constantemente…etc.

Por todo isto solicitamos que se fagan as xestións oportunas encamiñadas a

solventar estas dificultades e poder levar a cabo a nosa labor docente dun xeito

máis racional e digno.

O Xefe de Estudios A Coordinadora

Mª Jesús Felpeto Rey Marina Valencia González

Page 51: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

51

4.9._ 1º E 2º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O equipo de ciclo está formado por:

- Dª Mª Belén Casanova Mayo. Coordinadora.(2ºC)

- Dª Carlota F. Pena Freijomil (2ºA)

- Dª Nuria Pita Fernández (A.L.).

- Dolores Sagrario González López (Relixión).

- Dª Mª Pilar García López (2ºB).

- Dª Mª Carmen Julías Casas (1ºB)

- Mª Clara Martínez Lago (1º A)

Esta equipa mantivo as reunión necesarias ao longo do curso para cumprir co

Plan de traballo establecido ó comezo do curso e para tomar decisións sobre:

4.9.1.Seguimento e consecución de obxectivos.

Os obxectivos mínimos de nivel foron acadados plena ou satisfactoriamente

pola maioría do alumnado.

Os membros desta equipa colaboraron conxuntamente e consensuaron os

distintos materiais a empregar na aula, traballo que foi concretado polos titores

de cada nivel, en función das necesidades do mesmo. Tamén colaboraron na

realización da avaliación inicial e dos diferentes aspectos que solicitou o

Departamento de Orientación: test, probas de lecto-escritura e matemáticas,

sociogramas, etc, así como coas iniciativas que propuxo a Comisión de

Coordinación Pedagóxica.

4.9.2.Reunión cos pais e nais.

Celebráronse as preceptivas reunións colectivas de curso conxuntamente por

niveis, así como as entrevistas individuais que cada martes se viñeron

solicitando, en horario de 16:00 a 17:00 coa fin de manter unha colaboración

óptimas coas familias.

Page 52: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

52

4.9.3.Actividades complementarias e extraescolares.

Esta equipa participou en tódalas festas e conmemoracións que se

programaron para o Centro, colaborando coa Equipa de Actividades

Complementarias e coa equipa de Normalización lingüística, Biblioteca,

Convivencia, etc.

Actividades como:

- A exposición do outono no Magosto.

- A exposición de cabazas polo Samaín.

- Elaboración de murais para o día da Paz e canción” Bajo el mismo sol” con

todos os nenos-as do colexio.

- No festival de Nadal participaron os nenos de 2º A e 2º B e 2º C

- No Entroido, como personaxes de ficción.

- No festival do día das Letras Galegas participaron os nenos de 1ºA e 1ºB.

- Carriños de Educación vial.

- Actividade de Programación informática ofertada polo concello para

ensinar aos nenos-as a facer un videoxogo na aula de informática.

- Participación na Festa de fin de curso organizada pola Anpa

- Tamén participamos no Certame intercentros, animación á lectura,. etc.

4.9.4.Saídas e obradoiros.

O longo do curso leváronse a cabo varias saídas e obradoiros.

1º TRIMESTRE

- Teatro no Auditorio de Narón.

- Saída de 1º a Aldea Nova

Page 53: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

53

2º TRIMESTRE

- Saída á Coruña a ver un concerto didácticos,os nenos-as de 1º foron ver

“El Quijote” e os de 2º foron ver “Pedro y el Lobo”.

- Visita ao colexio da escritora Yolanda Castaño.

3º TRIMESTRE

- Saída ao Castelo de Moeche.

A xefa de estudos A coordinadora

Mª Jesús Felpeto Rey Belén Casanova Mayo

Page 54: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

54

4.10._ 3º E 4º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA

4.10.1._COMPOÑENTES.

Purificación Pernas García (coordinadora de Ciclo)

Lucía Bellón Vellón Fernández

Elena Pérez Fernández

María Jesús Felpeto Rey

Lola Carpente Carpente

Mª Dolores Fontenla Martínez

Natalia T. Pedre Fernández

Mª Dolores Lamas Sánchez

4.10.2._REUNIÓNS DE PAIS.

A principio de curso realizáronse reunións de pais no 3º e 4º nivel para explicar

aos pais dos nenos as liñas xerais a seguire as saídas programadas para o

curso.

4.10.3._SAÍDAS REALIZADAS E OUTRAS ACTIVIDADES

COMPLEMENTARIAS:

Realizáronse as saídas programadas a principio de curso, ademais de outras

que fomos engadindo a medida que se foron ofertando.

1º TRIMESTRE:

Os nenos de 3º e 4º nivel asistiron á Mostra de teatro organizada polo Concello

Os nenos de 3º nivel realizaron una excursión polas fragas do Eume , e os de

4º nivel visitaron en Ferrol o Museo de historia natura

Ademáis os nenos de 3º e 4º nivel asistiron no Colexio á charla dun astrónomo

sobre o Sistema Solar.

2º TRIMESTRE:

Os nenos de 3º viaxaron a Coruña para visitar “A Casa dos Peixes” e os de 4º

visitaron “A Casa das Ciencias”.

Ademais os nenos de 4º asistiron ao Tercio Norte de Ferrol a un concerto

didáctico da Banda.

3º TRIMESTRE

Os nenos do 4º nivel asistiron en Coruña a un concerto didáctico sobre o

Quixote no Pazo da Opera, e os de 3º nivel visitaron o Museo de Belas Artes.

Page 55: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

55

Ademais ,como excursión de final de curso o nenos de 3º realizaron una saída

ao Mosteiro de Couto e os de 4º nivel ás Fragas de Eume.

Os nenos de 3º e 4º Nivel participaron tamén na Volta Ciclista,organizada polo

Concello,ademais de outras actividades de Educación Víal.

4.10.4._PARTICIPACIÓN NAS FESTAS.

Os nenos do 2º Ciclo participaron xunto co resto do Colexio na celebración das

distintas festas e conmemoracións:

Magosto : Ademais de participar co resto do Colexio na festa celebrada

no patio, os nenos de 3º elaboraron bonecos con mazarocas, axudados

polos profesores.

Samaín: OS nenos adornaron cabazas para a exposición do Colexio.

Nadal:Os nenos de 3º participaron no festival de Nadal cun espéctaculo

de Circo e un baile.

Día do Peón: Os nenos elaboraron fichas , xogaron ao peón en E.F. e

cantaron a canción do Peón e Música.

Día da Paz: Todo o Colexio cantou a canción “Bajo el mismo sol”,

Entroido : Celebramos una festa ,disfrazándonos de personaxes de

fantasía e comimos lambetadas típicas do Entroido.

Día das Letras Galegas: Os nenos de 3º e 4º nivel participaron no

certame Intercentros, organizado polo Concello coa elaboración de

murais sobre a obra de Manuel Maria.

Por último despedimos o Curso coa festa de Final de Curso ,organizada

pola ANPA do Colexio.

4.10.5._CONSECUCIÓN DE OBXECTIVOS.

En canto á consecución de obxectivos os resultados foron satisfactorios nos

dous niveis,xa que a maioría dos nenos acadaron os obxectivos fixados a

principio de curso e aqueles que tiveron dificultades recibiron apoio por parte

dos especialistas e por parte do profesorado que tiña horario libre.

A xefa de estudos A coordinadora de 3º e 4º nivel de primaria

MªJesús Felpeto Rey Purificación Pernas García

Page 56: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

56

4.11._5º E 6º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Titores de 5º durante o presente curso:

Mª Concepción Lago Couce

Celsa Amor Amor (coordinadora de 5º nivel)

Titores de 6º durante o presente curso:

José Manuel Barcia Vizoso

Eva Mª Bouza Rey (coordinadora de 6º nivel)

Profesores especialistas en ambos cursos:

Silvia Mª Sabín Mesa

José Bernardo Montero Doce

Leticia Eimil Gacio

Purficación Pernas García

Dolores González López

Ao longo do curso mantivéronse reunións periódicas para tratar os

diferentes puntos recollidos na Programación Xeral Anual, os diferentes

asuntos que foron xurdindo, e, tamén, para a revisión de temas puntuais

concernientes a todo o colexio, e outros temas que se detallan.

4.11.1.1.- SAÍDAS, FESTAS E PARTICIPACIÓNS EN ACTIVIDADES

a) SAÍDAS: Fixéronse as saídas previstas no Plan de Centro e a maiores, realizáronse outras, que nos pareceron interesantes, que foron xurdindo ao longo do curso e que se relacionan a continuación:

Asistimos ás xornadas de teatro organizadas polo Concello.

Participamos nas marchas ciclistas escolares organizadas polo concello,

nalgunha ocasión con outros colexios.

b) FESTAS E PARTICIPACIÓNS

Participamos en:

Tódalas celebracións conxuntas do Centro: Samaín, Magosto, Nadal,

Día da Paz, Entroido,Letras Galegas e Fin de Curso. Tamén

participamos no Certame Intercentros.

Page 57: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

57

Nun obradoiro de Corresponsabilidade os nenos de 5º, e noutro

obradoiro de Solidariedade os de 6º.

Celebración do Día do Libro o 23 de abril na biblioteca escolar. Ademais

visitounos a escritora Érika Esmorís.

Unha charla sobre a navegación segura por INTERNET impartida por un

axente da policía nacional.

Un obradoiro de iniciación á programación, para fomentar as súas

habilidades tecnolóxicas, ofertado polo Concello de Narón.

4.11.1.2.- REUNIÓNS DE PAIS

As reunións cos pais desenvolvéronse tal e como estaban programadas no

Plan de Centro.

Nas reunións iniciais deuse información dos obxectivos a acadar, das normas

de funcionamento, das saídas e respondeuse ás preguntas que xurdían.

Na reunión final de 6º curso déronselles aos pais recomendacións de traballo

para o verán.

As reunións individuais celebráronse tódolos martes en horario de 16 a 17

horas dun xeito regular e, con certa flexibilidade de horario, cando era

necesario por parte dos pais

A orientadora do IES Terra de Trasancos acudiu un día ao colexio para ter

unha toma de contacto cos alumnos de 6º.

4.11.1.3.- ACCIÓN TITORIAL

Realizáronse sesións sempre que foron necesarias, principalmente cando

xurdía algún problema e cumpría tratalo de xeito xeral entre toda a clase, ou

noutros casos, en pequeno grupo, só cos alumnos implicados.

4.11.1.4.- RESULTADOS ACADÉMICOS

Durante este curso 9 alumnos de 5º e 5 de 6º, participaron no plan PROA,

asistindo a clases de acompañamento no colexio polas tardes dúas veces á

semana. Observamos que nalgúns casos o aproveitamento de ditas clases foi

satisfactorio, apreciándose melloría no seu rendemento académico; pero

noutros casos non ocorriu así, debido, principalmente á falta de interese deses

alumnos e á pouca implicación por parte da familia.

Consideramos que para un maior aproveitamento desta actividade, debería

comenzar no mes de outubro.

Page 58: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

58

O grao de consecución de obxectivos, tanto de etapa coma os das diferentes

áreas, foi en xeral satisfactorio para a maioría dos alumnos. En 5º nivel , dun

total de 47 alumnos promocionan a totalidade, pero pasan 4 con algunha

materia pendente.

Hai que sinalar que en 6º nivel, dun total de 49 alumnos, promocionan á ESO

a totalidade, aínda que acceden a Ed. Secundaria 4 alumnos cunha materia

pendente, e 1 con dúas.

Os mestres destes dous niveis queremos facer constar que hai un exceso de

contidos en tódalas áreas, en relación ó número de sesións ( necesitaríanse

máis sesións para cada materia, e non as hai).

A Coordinadora de 5º A Coordinadora de 6º

Asdo.: Celsa Amor Amor Asdo.: Eva Mª Bouza Rey

A Xefa de Estudos

Asdo.: Mª Jesús Felpeto Rey

Page 59: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

59

4.12._MEMORIA DE PROA ( CONTRATO-

PROGRAMA).

4.12.1.- Datos:

4.12.1.1.- Sobre o alumnado.

Nº de grupos (especificar nivel educativo) 2 de 5º e 6º de primaria Nº de alumnos/as por grupo 7 de 5º 5 de 6º

Nº de baixas que se produciron 3 de 6º 1 de 5º

Nº de altas que se produciron 0

Nº de alumnos/as que participou con aproveitamento no programa

Primaria TOTAL

7 de 5º 4 de 6º

16

4.12.1.2.-Sobre o profesorado.

Coordinador/a Jose Manuel Barcia Vizoso

Profesor/a acompañante Lorena García Martínez

Profesores implicados no programa (especificar cargo: titores, orientador/a, director/a…)

Titores do 3º Ciclo. Orientadora: Mª Carmen Ogaza Rojas. Coordinador: Jose Manuel Barcia Vizoso.

4.12.1.3 Sobre o centro.

Número de alumnado total matriculado no centro no curso actual

474 alumnos

Número de alumnado matriculado no centro nos ciclos especificados

3º ciclo Primaria

91 alumnos

Gastos do programa PROA realizados no curso 2014-2015

Gastos de transporte

Gastos de funcionamento

0 27,66 €

Page 60: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

60

4.12.2.- Incidencia do programa:

4.12.2.1 Análise da repercusión do programa no alumnado.

A repercusión da incidencia do programa no alumnado foi positiva na gran

maioría dos casos.

- A motivación por parte deste sector foi boa. Asistiron as sesións con

normalidade.

- Non se deron casos de indisciplina.

- A mellora nas materias instrumentais e, sobre todo, á hora de organizar o traballo, foi aceptable.

- Promociona todo o alumnado.

- A repercusión nas familias foi positiva. En ocasións aproveitaban os momentos de traelos ou recollelos para comentar os avances ou outros datos relevantes co mestre acompañante.

4.12.2.2 Análise da repercusión nas familias.

No mes de febreiro, o Coordinador, José Manuel Barcia Vizoso e a persoa

acompañante, Ana Mª Rey Torrente, reuníronse coas familias do alumnado do

3º Ciclo designado para o plan PROA, para proporcionarlles información de

todo o relacionado con este programa, co fin de conseguir a súa implicación e

compromiso.

O obxectivo principal é mellorar as perspectivas escolares co fin de favorecer o desenvolvemento das habilidades cognitivas e socio-afectivas para acadar unha boa formación integral do alumnado. Nesta primeira xuntanza, quedaron distribuídos os grupos de alumnos, xa que cada familia escolleu o horario que mellor lle conviña as súas necesidades, dentro dos horarios pactados polo centro. Ao longo deste tempo, as familias foron atendidas sempre que o solicitaron. A repercusión nas familias foi positiva, aproveitando os momentos de deixalos

ou recollelos para comentar avances ou outros datos relevantes co mestre

acompañante.

4.12.2.3 Análise da repercusión no centro.

En febreiro, ao comezo do programa, estableceuse un decálogo de normas, onde a asistencia regular ás sesións é fundamental, así como o respecto a mestra e ós seus compañeiros, a participación nas clases, o traer todo o

Page 61: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

61

material necesario para traballar na aula e a realización das tarefas diarias. Cada día anotábase nun carné por puntos, un punto azul ou verde como positivo ou ben un punto vermello como negativo cando o comportamento non era o axeitado. Ao final do curso recibiron un agasallo por sumar maior cantidade de puntos positivos que negativos. O alumnado acudiu con normalidade as sesións, agás catro casos que déronse de baixa por incompatibilidade horaria. O clima de aula foi boa en todas as sesións.

4.12.3.- Coordinación.

Todos os xoves a última hora, reuníronse Ana Rey, mestra acompañante, e

José Manuel Barcia Vizoso, coordinador do plan, para coordinar, organizar

actividades e falar do alumnado para facer un seguimento individual.

O resto do horario matinal, Ana Rey estivo nas aulas observando e apoiando

ao alumnado nas súas respectivas aulas.

O coordinador reuníase coas titoras e orientadora periodicamente para facer un

seguimento do alumnado asistente.

O resto do horario de coordinación, dedicouse á selección de material,

elaboración de actividades, libros e entrevistas individuais coas familias.

Tamén estiveron moi implicados os titores do 3º Ciclo:

• Celsa Amor Amor (Titora 5º B)

• María Concepción Lago Couce (Titora 5º A)

• Jose Manuel Barcia Vizoso (Titor 6ºA)

• Eva Mª Bouza Rey (Titora 6ºB)

Con estes mestres e mestras, aproveitábanse os cambios de sesións ou dos

recreos para intercambiar información.

4.12.4.- Materiais empregados. No desenvolvemento das actividades, tanto os xa existentes como os que se elaboraron ou adaptaron no centro específicamente para o programa.

Page 62: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

62

4.12.4.1.-Material bibliográfico e impreso.

BURGOS ALONSO, Víctor M.; MARTÍNEZ MONTERO, Jaime;PÉREZ

GONZÁLEZ, Jesús(2001): Jugamos y pensamos con los números.

Quinto curso de ed. Primaria. La Calesa. Valladolid.

Cadernos de matemáticas nº 9,10,12,15,16,181,19. (Operacións e

problemas combinados sobre as catro operacións e decimais).

GALERA NOGUERA, Fco,:CAMPOS PAREJA, Ezequiel(2002):

Cuadernos de ortografía nº 6,7, 8 e 9. Bruño. Madrid.

JIMÉNEZ ORTEGA, J; SOUSA SALGUERO, Fátima(2004): Los mejores

hábitos y técnicas de estudio. Vol. II. Educ. Primaria. Edic. La Tierra hoy.

Madrid.

Juegos de agilidad mental(2005): LIBSA, Madrid.

Juegos de estrategia(2005): LIBSA,Madrid.

Juegos de ilusiones ópticas (2005): LIBSA, Madrid.

Juegos de inteligencia(2002): Series. Lógica. Sinónimos. Libro Hobby.

Madrid.

MAESTRE MARTÍN, Jorge: Cuentos para la comprensión lectora.

Ediciones Aljibe. Málaga.

MORENO MARTÍNEZ, Adolfo(1999): 564 Jeroglíficos y pictogramas.

Aljibe. Málaga.

Ortografía divertida. Cuadernos 18-A, 18-B. Grupo Editorial Universitario.

PASTOR, Andrea: Paso a paso. Cálculo e problemas. Caderno nº 17 Ed

. Anaya.

Proposta didáctica. Matemáticas, Lengua Castellana e Lingua Galega, 5º

e 6º de Anaya.

Proposta didáctica. Coñecemento do medio. 5º e 6º de Santillana.

Xogos da aula:

Coloca 4. Un xogo de estratexia de Falomir xogos e Dominó silábico. Ed.

Nardil.

Tangram. Diset.-

Page 63: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

63

Sinónimos e antónimos. O xogo dos sinónimos, contrarios e ideas afíns.

Falomir xogos.

4.12.4.2.-Material web e en formato dixital. www.edu.xunta.es/contidos http://sauce.pntic.mec.es/jdiego/ www.maestrodeprimaria.com www.actiludis.es www.mec.es www.edu365.cat/primaria/muds/castella/ortografiate/index.htm http://dl.dropboxusercintent.com/u/14647684/lim_acentuacion/html/ http://ntic.edicacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2010ortografia_natural/actividades/menu.html

www.gobiernodecanarias.org/educacion/ http://ilovemedia.es/proyectos/tangram/ http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbalaidos http://iescuelaenlanube.blogspot.com.es/ www.aulapt.org www.cadernoverde.com www.proxectoterra.coag.es/index.php/primaria/ www.elblogdehiara.org/category/tecnicas-de-estudio/ 4.12.4.3.-Material de elaboración propia.

Probas para controis.

Fichas repaso dos contidos “Fichas de lóxica”.

Murais con esquemas das unidades de Coñecemento do Medio.

Page 64: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

64

4.12.5.- Dificultades atopadas para desenvolver o programa.

Un dos obxectivos do PROA é conseguir que os alumnos traballen sós, que aprendan a organizarse e ser responsables da súa tarefa. Neste sentido, creo que non se conseguiu plenamente, posto que algúns están afeitos a non organizar nada e a que lles revisen todo na súa casa e lles organicen a totalidade do traballo xa que eles nunca o fan. Algúns non están habituados a organizar o seu traballo. Este foi un aspecto que se traballou nas sesións de PROA, pero a carencia de hábitos en algúns caso fixo que esta fose unha tarefa moi difícil de levar a cabo.

Os grupos foron homoxéneos en canto a nivel, pero as grandes diferenzas existentes entre eles fixo difícil programar tarefas conxuntas, hai que traballar de forma individualizada e, a pesar de ser grupos reducidos, en ocasións resultou problemático para traballar deste xeito. Eles mesmos reclaman moita atención.

A isto engádese o feito de que a mestra acompañante é allea ao centro, non coñece tanto ao alumnado como se fose mestra do propio centro..

Dificultade para programar. Moitas veces non se puido cumprir o prazo previsto: algúns non remataban a tarefa, outros ían acumulando fichas atrasadas. Ao final optamos por traballar sobre a marcha en función do traballo que eles traían diariamente.

Era necesario ter preparadas actividades de reforzo pero, fundamentalmente, traballábase en función das tarefas pendentes para á clase do día seguinte

O alumnado escollido presentaba un perfil propio de PROA, agás algunhas

excepcións.

4.12.6.- Propostas de mellora para vindeiros cursos.

Horario. Sería conveniente un aumento do número de horas semanais dedicadas ao programa. Coas horas actuais non hai un seguimento continúo e diario, isto é negativo para os alumnos e para o programa en sí. Reunións periódicas entre persoas acompañantes da zona, por exemplo, para poder compartir experiencias. Realización de accións formativas previas ao inicio do Programa.

Page 65: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

65

O PROA non é unha tarefa doada de levar. Considérase que a selección do profesorado debería facerse en setembro, e aproveitar este mes para recibir formación en aspectos coma: técnicas de estudo, animación á lectura, resolución de problemas, desenvolvemento de habilidades sociais, xogos de estimulación da intelixencia. Cada vez se empeza máis tarde, isto é un impedimento. Tendo en conta as poucas horas semanais e que este ano, descontando as vacacións, tiveron tres meses, os obxectivos que se pretende con este programa non se poden cumprir.

4.12.7.-Observacións.

Neste apartado pódense incluír aspectos que se consideren importantes e que

non estean contemplados nos anteriores.

É moi posible que todos os alumnos seleccionados non reunisen os requisitos específicos do Plan, pero considerouse que, aínda que non acadan plenamente os obxectivos, lles sería de grande axuda a asistencia a estas actividades, dado que na casa non poderían aclararlles as dúbidas, por moi sinxelas que foran. Tendo en conta o ambiente cultural dalgúns destes alumnos, aproveitamos para suxerir que podería resultar máis proveitoso que as sesións fosen diarias, aínda que durasen menos tempo e que se empece co programa no mes de outubro.

O/A coordinador, Vº e prace, a directora

Asdo.: Jose Manuel Barcia Vizoso Asdo.: Natalia T. Pedre Fernández

Page 66: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

66

4.13._MEMORIA DO PLAN DE FORMACIÓN DE

PERMANENTE DE PROFESORADO

O Plan de Formación ten dúas liñas unha dirixida cara á mellora das

metodoloxías introducindo a aprendizaxe cooperativa. A outra liña dedicouse a

integrar as novas tecnoloxías na práctica diaria.

4.13.1._APRENDIZAXE COOPERATIVA.

Neste curso unha parte importante do claustro do colexio participou, en

colaboración co CFR de Ferrol, e dentro do ámbito de atención á diversidade e

cambios metodolóxicos asociados, nun PFPP sobre a aprendizaxe cooperativa,

que constaba de dúas partes.

A coordinadora do Plan de Formación foi a orientadora Mª Carmen Ogaza

Rojas.

Con este Plan buscamos fomentar a participación equitativa e a interacción

simultánea dos alumnos. Ademais, facilitar a integración dos nenos/as con

máis dificultades e mellorar os valores como a solidariedade, tolerancia, o

compañerismo e a responsabilidade. Buscamos tamén mellorar as

competencias básicas así como lograr unha educación máis adaptada ás

diferntes necesidades dos discentes.

Participantes:

a) Titores/as:

De Educación Infantil:

María de Mar Rey Lago, María Belén Bellón Navarro e Dolores Basoa López.

De Educación Primaria:

Carlota F. Pena Freijomil.

María Jesús Felpeto Rey e Lucía Vellón Fernández.

Jose Manuel Barcia Vizoso e Eva María Bouza Rey.

Especialistas:

Educación Física: Jose Bernardo Montero Doce

Inglés: Silvia María Sabín Mesa

Música: Purificación Pernas García.

Page 67: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

67

Orientadora: Mª Carmen Ogaza Rojas en distintos cursos.

Algúns dos/as participantes atópanse en fase de iniciación (primeiro ano) e

contaron co apoio dos participantes que se atopan na etapa de xeneralización.

Logro de obxectivos:

Formación de grupos de traballo cooperativa.

Fomentar a cohesión grupal.

Establecer responsabilidades a cada integrante do grupo.

Facer seguimentos e autoavaliacións do seu traballo.

Poñer en funcionamento diferentes estratexias cooperativas, simples e

complexas.

Elaborar as carpetas de equipo.

Obxectivos para o curso 2016-2017.

Integrar os Plans de equipo nas programacións dos mestres participantes.

Consolidar a aprendizaxe cooperativa.

Incrementar o número de experiencias cooperativas nas aulas.

4.13.2._INTREGRACIÓN DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E

COMUNICACIÓN.

Este ano un grupo de 5 mestras iniciamos un grupo de traballo sobre as TICs.

Participantes:

Nuria María Pita Fernández (AL)

Dolores Sagrario González López (relixión)

Natalia Teresa Pedre Fernández (E.F)

Lucía Vellón Fernández (titora de 3º de primaria)

Elena Beatriz González Melchor (Baixa)

Logro de obxectivos:

Elaboración de recursos para Aula Virtual da pax. Web do colexio.

Uso de pizarra dixital.

Elaboración de recursos para a pizarra dixital.

Xestión da pax web do colexio.

Obxectivos para o curso 2016-2017.

Page 68: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

68

O próximo curso 2016-2017 este grupo de traballo continuará para poder

avanzar e asentar o aprendido este ano.

Centrarémonos na aprendizaxe da xestión da pax. Web do colexio para

dinamizala conseguindo que os discentes, mestres e familias utilicen a

mesma con máis frecuencia e poidan aproveitar os recursos que iremos

colgando paulatinamente.

Incrementar o número de mestres participantes no grupo de traballo.

Ademais do noso Plan de Formación dicir que outros membros do claustro

participaron en diversos cursos e grupos de traballo sobre diferentes temáticas.

A xefa de estudos A directora

Mª Jesús Felpeto Rey Natalia T. Pedre Fernández

Page 69: CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL DO CURSO 2015-2016 CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016 3 A presente memoria fíxose coa colaboración dos mestres/as de todos os niveis, departamentos

CEIP A GÁNDARA MEMORIA FINAL 2015-2016

69

5. RELACIÓNS COAS FAMILIAS.

Fixéronse as xuntanzas que marca a lei, unha a principio do curso e ao final de cada ciclo. Tamén se fixeron as que cada titor ou titora coidou necesarias de maneira individual ou colectiva.

Os titores/as de educación Infantil mantiveron unha reunión informativa para os pais dos nenos/as de novo ingreso de infantil de 3 anos para o curso 2016-2017.

Cos pais/nais do alumnado con algún tipo de dificultades de aprendizaxe ou de conduta, fixéronse varias xuntanzas cos profesores implicados, a orientadora e nalgún caso algún membro do equipo directivo.

Mantivéronse varias xuntanzas coa directiva da ANPA ao longo do curso.

Ademais das reunión mantivéronse informados aos pais a través de distintos medios: circulares en soporte de papel, información colgada na páxina do colexio, vía teléfono ou a través dos taboleiros do centro.

A directora A xefa de estudios

Asdo: Natalia T. Pedre Fernández Asdo: Mª Jesús Felpeto Rey.