ccnn. 6º primaria. tema 5. materia e enerxia

21
TEMA 5. A MATERIA E A ENERXÍA CONTRASEÑA BLOG: materia- enerxia

Upload: pablo-quintas-barros

Post on 12-Jan-2017

217 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

TEMA 5. A MATERIA E A

ENERXÍACONTRASEÑA BLOG: materia-

enerxia

ESTADOS DA MATERIA

Distinguimos entre:Sólido: ten forma propia e ocupa sempre o mesmo espazo, e dicir, mantén o seu volume.Líquido: carece de forma propia, xa que adquire a do recipiente que a contén, pero mantén o seu volume.Gasoso: non mantén a súa forma xa que se adapta a do recipiente que a contén pero non mantén o seu volume.

OS CAMBIOS DE ESTADO

SUBSTANCIAS PURAS E

MESTURASSUBSTANCIAS PURAS

Están fomadas por un só compoñente como o ouro, a auga o sal.

MESTURAS

Están formadas por máis du compoñentes.

Os compoñentes non se aprecian a simple vista

HOMOXÉNEAS HETEROXÉNEAS

Os compoñentes distínguense claramente

SEPARACIÓN DE MESTURAS

DECANTACIÓN DESTILACIÓN

FILTRACIÓNEVAPORACIÓN

SEPARACIÓN DE MESTURAS

EVAPORACIÓN

Utilízase cando a mestura é homoxénea e está formada por un líquido e un sólido.

Consiste en colocar a mestura nun lugar en seco e deixar evaporar a auga. No fondo irán aparecendo os cristais de sal.

Utilízase para extraer o sal do mar nas salinas

FILTRACIÓN

Utilízase cando temos unha mestura heteroxénea formada por un líquido e un sólido.

Consiste en colocar un papel poros nun embude e botar a mestura. O líquido cae e o papel retén o sólido.

SEPARACIÓN DE MESTURAS

DECANTACIÓN

Poden separarse mesturas heteroxéneas formadas por dous líquidos con distinta densidade e que non se mesturan.

O líquido máis denso queda na parte inferior e o menos denso flota.

DESTILACIÓN

Utilízase para separar unha mestura homoxénea de dous líquidos que teñen distinta temperatura de ebullición.

A MATERIA SOFRE CAMBIOS

A materia sofre cambios continuamente.Pode cambiar de aspecto ou de forma e tamén pode transformase noutra materia distinta.

CAMBIO FÍSICOÉ aquel cambio que sofre a materia pero que só cambia de forma ou de aspecto.

CAMBIO QUÍMICO

É aquel cambio cando a materia se transforma nunha substancia distinta

REACCIÓN QUÍMICA

Son os cambios químicos.Nestes cambios hay substancias, chamadas reactivos, transfórmanse noutras, chamadas produtos.Nestas reaccións intervén a enerxía

TIPOS DE REACCIÓNS QUÍMICASDistinguimos entre:

OXIDACIÓN: é unha reacción química que se produce cando unha substancia se combina co osíxeno do aire e forma unha nova substancia chamada óxido.COMBUSTIÓN: é unha oxidación moi rápida que ocorre cando unba substancia, chamada combustión, se cobina co osíxeno e arde. Despréndese luz e calor.FERMENTACIÓN: é unha reacción química que se produce en ausencia de osíxeno pola acción dalgúns seres vivos, como os fermentos ou as bacterias.

QUE É A LUZ?É unha forma de enerxía, por iso produce cambios nos corpos.Podemos ver os obxectos porque emiten luz, é dicir, porque son fontes luminosas, ou porque a reflicten.Características da propagación da luz:

Propágase en liña recta ata que choca cun corpo.Viaxa en todas as direccións desde o lugar onde se emite.Viaxa a gran velocidade: percorre 300.000 quilómetros cada segundo

A luz branca do sol está composta polas sete cores do arco da vella.

CALOR E TEMPERATURACALOR

É o paso de enerxía entre corpos a distinta temperatura.

TEMPERATURA

É unha propiedade que teñen todos os corpos e non se mide co tacto, senón co termómetro.

COMPORTAMENTO DOS MATERIAIS ANTE A LUZ

Distinguimos entre:Transparentes: como o aire, agua ou o vidro, que deixan pasar toda ou gran parte da luz que lles chega.Translúcidos: como algúns plásticos que deixan pasar só parte da luz. Cando os raios de luz atravesan estes materiais dispérsanse. Por iso non podemos ver claramente os obxectos que están detrás deles.Opacos: como as rochas ou a madeira, que non deixa pasar a luz, absórbena ou reflíctena, e impídenos ver o que hai detrás deles.

COMPORTAMENTO DOS MATERIAIS ANTE A LUZ

A reflexión é unha propiedade da luz que nos permite usar os espellos e ver os obxectos que non permiten a luz.Cando a luz pasa dun material a outro distinto, como do aire ao vidro, os raios desvíanse e dan lugar a un fenómeno chamado refracción que permite deseñar lentes

AS LUCES E AS CORES

Os obxectos non teñen cor, é a luz, que está formada por sete cores, a que fai que os vexamos dunha cor ou doutra.Cando a luz choca cun corpo, parte dos raios son absorbidos por este corpo, mentres que outros son reflectidos e cheguen aos nosos ollos.

COMPORTAMENTO DOS MATERIAIS ANTE A CALOR

Cando un corpo recibe enerxía en forma de calor sofre cambios: aumenta a súa temperatura e, como consecuencia, dilátase ou pode cambiar de estado:

DILATACIÓN: é o aumento do tamaño dun corpo debido ao incremento de temperatura. Os gases e os líquidos son os que máis se dilatan. Os sólidos tamén sofren este cambio. Cando os corpos arrefrían prodúcese o fenómeno ontrario, a CONTRACCIÓN.A materia atópase en tres estados: sólido, líquido e gasoso e pode cambiar dun a outro por efecto de calor.