redes na fp básica

119
REDES NA FP BÁSICA EN I- ROCHIÑO

Upload: irochino

Post on 26-Jul-2016

241 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Versión en .pdf de i-rochiño: https://irocho.wordpress.com Recolle as propostas de actividades que fixeron os alumnos das asignatura Redes da FP Básica no curso 2015-16 e que teñen publicadas nas súas libretas electrónicas (en obras)

TRANSCRIPT

Page 1: Redes na fp básica

REDES NA FP BÁSICA EN I-ROCHIÑO

Page 2: Redes na fp básica

REDES NA FP BÁSICAEN I-ROCHIÑO

Proposta de traballo en i-rochiño

i-rochiño

Page 3: Redes na fp básica

To the extent possible under law, i-rochiño has waived all copyright andrelated or neighboring rights to Redes na FP Básica en i-rochiño, exceptwhere otherwise noted.

Page 4: Redes na fp básica

Contents

Introdución 1

Comezamos coa asignatura de Redes da FP Básica ii

Fabricamos unha libreta electrónica 5

Máis ideas sobre redes 7

Libretas electrónicas de 2º 9

Comandos de linux 11

Caso práctico de comandos en linux 13

Faragullas de HTML 15

Proposta de simulacro de exame 17

Fichas de traballo en html 19

Guerreiros da rede 21

IP aquí e alá 23

Con\gurar unha rede 25

MAC non é só unha marca de ordenador 27

Topoloxía de redes 29

LAN, WAN, Internet 31

Falando e escoitando á vez 33

Recursos programación 35

Rede caseira 37

Primeiros pasos en 2º FP Básica 39

Lectura sobre redes 41

Máis coloríns 43

Page 5: Redes na fp básica

Diapositivas de redes 45

Ataques por internet 47

CSS novatiño 49

Pósters, murais, mapas, esquemas 51

Desafío empresarial 53

Comezamos coa cacharrada 55

Escollendo dispositivo 57

Cables e máis cables 59

Cables de categoría 61

Fabricando cables 63

Conexións de coloríns 65

Outra de cableado 67

Falando de apantallar 69

Mercando cables 71

Dichosas unidades 73

Cableado estructurado 75

Creando documentación sobre cables 77

Publicar audios e podcast feitos por nós 79

Coñecementos avanzados 81

Latiguillos, rosetas e jacks 83

Canaletas 85

Racks e patch panel 87

Test-enquisa 89

Emitindo podcast 91

Concretando ideas de cableado 93

Page 6: Redes na fp básica

Persoas que traballan en equipo 95

Traballo en equipo 97

Seguridade Laboral 99

Prevención de riscos laborais 101

Riscos na o\cina 103

Os Simpsons e a prevención 105

Relacións humanas nunha empresa 107

Refugallos e papel 109

Pegas na reciclaxe 111

Pouca prudencia? 113

Page 7: Redes na fp básica

Este documento foi a proposta de traballo para o curso 2015-16 daasignatura de Redes na FP Básica.

Cada entrada no blog de irochiño convidaba a traballar osaspectos máis relevantes da asignatura. É unha pequena coleccióndas actividades que tiveron que facer os alumnos en cadansúa libretaelectrónica.

1

Page 8: Redes na fp básica

COMEZAMOS COA ASIGNATURA DEREDES DA FP BÁSICA

Benvidos a este blog !!!Este sitio web será o lugar onde vou ir anotando o que facemos na

aula, os temas que tratamos e ligazóns que sexan interesantes para onoso traballo.

Ata agora o que \xemos foi tratar moi polo miúdo:

1. As vosas ideas sobre o que son as redes pintando unha nubede palabras sobre o tema. Caseque todos anotáchedes as redessociais que coñecedes.

2. Intentamos consensuar entre todos unha de\nición “de andarpor casa” do que consideramos unha rede. As dos pescadorestamén son redes !!

3. Para tratármonos de entender como viaxan os datos xogamoscon códigos binarios, aquelo dos puntos e raias do Morse e ocódigo ASCII de uns e ceros.

4. Un par de ideas sobre sistemas operativos. Supoño que todosgardamos o documento que elaboramos, non?

Traballos pendentes para estes días:

Posto que a rede máis grandota é internet imos aprender a manexala.Convidados quedades a facer a vosa primeira achega a este blog.Premendo en““DDeixeixaarr uunn ccoommententaariorio”” podedes presentarvos, saúdar

ou contar algún cotilleo.

ii

Page 9: Redes na fp básica

Vémonos na aula e quedamos nas redes

REDES NA FP BÁSICA EN I-ROCHIÑO

iii

Page 10: Redes na fp básica
Page 11: Redes na fp básica

FABRICAMOS UNHALIBRETA ELECTRÓNICA

Imos crear un sitio web que usaremos coma se fora a nosa libreta declase. Seredes os propios administradores da vosa web-libreta.

Revisareina de cando en vez polo que debedes tela sempreactualizada. Lembrade que no mantemento inclúese eliminar os o[-topic ou sexa as entradas ou comentarios que non teñan que ver cotema que tratamos. Sempre podedes crear un blog propio coas vosascousiñas ?

Pasos a seguir:

1. Creamos unha conta en gmail2. Creamos un blog en wordpress

Consellos:

• poñede o mesmo nome de usuario, non é necesario peroaconséllovolo

• coidadiño cos contrasinais: se os esquecedes non podedescontinuar traballando

Deixade nos comentarios información sobre outros sitios web quecoñezades nos que podamos abrir contas de correo ou crear blogs

5

Page 12: Redes na fp básica
Page 13: Redes na fp básica

MÁIS IDEAS SOBRE REDES

Convídovos a consultar estes sitios web para ampliar os nososcoñecementos:

• esta páxina web é chula• esta é máis ben sosita• por suposto a wikipedia

O teu traballo

Engade na túa libreta electrónica un artigo que responda ás seguintespreguntas:

1. Que é unha rede? Para que serve?2. Cal é a diferencia entre unha rede LAN e unha WAN?3. De\ne protocolo4. Cal é a diferencia entre medios de transmisión guiados e non

guiados?5. As mensaxes que te chegan de What’s app viaxan por un

medio guiado ou non guiado?6. Cal é o material co que se fabrican os cables coaxiais? e \bra

óptica? Que cable conecta coa tarxerta de rede da foto?7. Busca unha imaxe dunha tarxeta de rede con distinto

conector e insírea no teu blog

7

Page 14: Redes na fp básica

i-rochiño

8

Page 15: Redes na fp básica

LIBRETAS ELECTRÓNICASDE 2º

Moi boasDeixade a ligazón ás vosas

libretas electrónicas noscomentarios deste artigo.

Graciñas

9

Page 16: Redes na fp básica
Page 17: Redes na fp básica

COMANDOS DE LINUX

Comentamos que non só podemos manexar un sistema operativo corato e \estras. Lembrades que se pode usar en modo texto. Paracomprobalo estivemos argallando con comandos de linux.Usamos:

• pwd• ls• mkdir• cd• rm• touch• man• history• more• tail

Acabo de atopar unha páxina estupenda para probar estes comandos.Se non tedes linux instalado no ordenador podedes facer clic nesteemulador para practicar!!!

O teu traballo:Un artigo na libreta electrónica que se titule “Comandos de linux” noque teredes a vosa chuleta e explicades as ordes que usamos noterminal

11

Page 18: Redes na fp básica
Page 19: Redes na fp básica

CASO PRÁCTICO DECOMANDOS EN LINUX

Desexamos crear dous directorios. Un chámase pai e outro Ullo. Odirectorio Ullo ten que estar dentro do pai.Precisamos un documento de texto chamado pepe.txt e outrochamado traballo.dat dentro do directorio pai.Dentro do directorio Ullo queremos ter tres \cheiros:

• luis.txt• marta.dat• bebe.txt

O teu traballo:Publicar unha entrada titulada “Comandos útiles de Linux” na quenos contes:

1.- Os comandos necesarios para resolver este caso

2.- Se no directorio chamado Ullo tecleo cd .. que sairá porpantalla como resultado de facer pwd?

13

Page 20: Redes na fp básica
Page 21: Redes na fp básica

FARAGULLAS DE HTML

Imos facer páxinas web do peor dos xeitos posiblespero… coido que pode ser interesante ter unhas nocións de html.

Poderemos facer páxinas web en calquera editor tecleando código(non moi aconsellable) pero sobre todo facer pequenas melloras nasnosas achegas a comentarios en calquera sitio web.

As etiquetas para novatos coas que comezar:

• <html>• <body>• <p>• <i> <b>• <hr>• <marquee>

O esquelete do código html consultádeo aquí.Podedes ver que esta páxina

ten moita información e deixavosmodi\car o código á esquerda ever a pinta que vai ter nun navegador á dereita. Probádeo

Para usar como referencia (imos procurar usar html5 que é aversión máis moderna)

O teu traballo:

Redactade unha entrada na vosa libreta electrónica titulada "Chuletade etiquetas html" para lembrar as etiquetas coas que traballamos.

15

Page 22: Redes na fp básica
Page 23: Redes na fp básica

PROPOSTA DESIMULACRO DE EXAME

Polo de agora fomos falando de varios conceptos que deberíamossaber:

1. Inventar un código binario (non valen raias e puntos nen cerose uns)

2. Comando de linux para crear un directorio chamado carpetita3. Como saber se un elemento chamado mmm é un directorio ou

un \cheiro4. Comando de linux para ver as sete derradeiras liñas dun

\cheiro de texto5. Como borrar o \cheiro casita.txt6. Explicar a topoloxía en rede tipo anel. Contar as tarxetas de

rede que precisamos para conectar en anel cinco ordenadores

17

Page 24: Redes na fp básica
Page 25: Redes na fp básica

FICHAS DE TRABALLO ENHTML

Deixo aquí as \chiñas para ir a modiño aprendendo html:

• Comezamos co html clásico• Seguindo con ligazóns e imaxes• Listas e táboas

Son para facerse unha idea de como funciona pero non sonconformes ó HTML 5 que é a versión actual.

O teu traballo:

Elabora unhas Uchas de traballo semellantes acordes óhtml 5 nunha nova entrada na túa libreta electrónica.

Despois de html deberíamos aprender CSS para deixar as páxinasweb moi chulas ou JavaScript para interaccionar co usuario. Porcuriosidade atopei estas outras \chas de traballo (un tanto informais)por se vos animades:

• JavaScrip 1• JavaScrip2

Actualización: temos unha entrada nova feita por un compañeirovoso.

19

Page 26: Redes na fp básica
Page 27: Redes na fp básica

GUERREIROS DA REDE

Un bo xeito de aprender como funcionan os protocolos que se usanen internet:

https://youtu.be/2kezQTo57yM

O teu traballo:

Fai un resumo na túa libreta electrónica do que conta este vídeo

21

Page 28: Redes na fp básica
Page 29: Redes na fp básica

IP AQUÍ E ALÁ

Cotillea por internet para averiguar cantas IP hai nunha rede.Bota un ollo ás túas IP:

1. Averigua o comando de linux que nos permite ver a IPprivada.

2. Nesta páxina ou nesta na que descubrimos máis informaciónpodemos descubrir a nosa IP pública

O teu traballo:

Escribe un artigo na túa libreta electrónica coa información que vaiasobtendo sobre IP:

Cal é a diferencia entre unha IP pública e unha privada?Que é unha rede clase A?Que é unha mascara de rede?Que tipo de rede é a nosa? Teclea nun terminal o comando ifconUg

(en linux). Colga na túa libreta un volcado de pantalla coa saída desecomando

23

Page 30: Redes na fp básica

i-rochiño

24

Page 31: Redes na fp básica

CONFIGURAR UNHAREDE

Estupenda a wikipedia contando os ingredientes que precisamospara montar unha rede

Enumera os dispositivos que transmiten o sinal nunha rede deordenadores. Que debo usar para conectar redes que usan protocolosdistintos?

Os hubs son dispositivos que cada vez se usan menos, como sechaman os dispositivos que fan a mesma función e que temos naaula? Que é un router? Como se evita a atenuación do sinal?

Cal é a banda de microondas autorizada para telecomunicaciónsen España?

25

Page 32: Redes na fp básica
Page 33: Redes na fp básica

MAC NON É SÓ UNHAMARCA DE ORDENADOR

Cando mercamos unha tarxeta de rede o fabricante véndenola cun“número de bastidor” coma os coches.

O teu traballo:

Fai un pequeno artigo no que inclúa as respostas ás preguntas:Averigua o que é a MAC (HWaddr) dun ordenador. Cal é a MAC

do ordenador do volcado de pantalla da imaxe? e a do teu ordenador?Se dous ordenadores teñen a mesma MAC poden comunicarse

entre eles?É posible usurpar o valor da MAC da túa tarxeta?Que signiUcan os primeiros díxitos da MAC? Averigua o nome do

fabricante da túa tarxeta de rede

27

Page 34: Redes na fp básica

i-rochiño

28

Page 35: Redes na fp básica

TOPOLOXÍA DE REDES

Xa falamos os primeiros días dos distintos xeitos de conectarordenadores.

O teu traballo:

Busca por internet debuxiños das distintas topoloxías de rede e pégaosna túa libreta electrónica. Cunha pequena explicacionciña, claro!!!

Deixovos unha pista e o exemplo (sen explicaciónciña…. non valecopiarme):

29

Page 36: Redes na fp básica
Page 37: Redes na fp básica

LAN, WAN, INTERNET

http://www.jg3.com.py/jg3/img/servicios/redes.jpg

Se só queremos transmitir datos dunordenador a outro teremos unha redeconectada punto a punto.Se o que desexamos é conectar moitosordenadores daquela teremos outrotipo de redes.

O teu traballo:

Escribe un artigo na túa libreta electrónica no que trates as respostasás preguntas:

1. Nunha rede punto a punto cal é o servidor?2. Que é unha rede LAN?3. A que distancia poden estar uns ordenadores doutros?4. Cal é a diferencia entre unha rede LAN e unha WAN?5. Que é internet?

31

Page 38: Redes na fp básica
Page 39: Redes na fp básica

FALANDO E ESCOITANDOÁ VEZ

Para que exista comunicaciónprecisamos que alguén fale ealguén escoite, pero…. todos ávez? Teremos comunicaciónsimplex, half-duplex ou full-duplex.

O teu traballo:

Teclea un artigo na túa libretaelectrónica que sexa a resposta a:

1. Que é unha comunicación simplex?2. En que se diferencia unha half-duplex dunha full-duplex?3. A televisión que tipo de comunicación é?4. Os walkie-talkie que usan os polis das pelis antigas como son?5. Cando falades vós que tipo de comunicación usades?

33

Page 40: Redes na fp básica
Page 41: Redes na fp básica

RECURSOSPROGRAMACIÓN

http://www.telecomunicacionesalicante.com/informatica/instalacion_certi\cacion_redes_voz_datos.html

http://brejapresa.blogspot.com.es/2010/10/normas-y-estandares-de-cableado.html

[slideshareid=7272748&doc=ud4instalacionesdeteleco-110315114717-phpapp01]

[slideshare id=18255949&doc=claseterica-130405155413-phpapp01]

[slideshareid=6399720&doc=cableadoestructurado-101229105452-phpapp02]

35

Page 42: Redes na fp básica
Page 43: Redes na fp básica

REDE CASEIRA

Montamos unha rede local de andar por casa. Cada ordenador tenque ter unha IP propia que nos inventaremos e unha máscara de rede.

O teu traballo:

1. Visitamos as Preferencias de Sistema2. Panel chamado Rede3. Botón Opcións…4. Lapela ConUguración IPv45. Temos que escoller o Método

Manual6. Inventarnos unha IP para a aula

e para cada ordenador7. Poñemos unha máscara de

rede.8. Clic en Gardar9. Pode que pida un contrasinal

que só sei eu… e tedes que deixarme poñer ?10. Para comprobar que funciona cómpre facer un ping á IP dun

compañeiro no terminal

37

Page 44: Redes na fp básica
Page 45: Redes na fp básica

PRIMEIROS PASOS EN 2ºFP BÁSICA

Xa están as libretas de 2º FP Básica en marcha!!! Podedes ver o índiceaquí á dereita. Imos paseniño aprendendo. Xa tedes que ter os tresprimeiros artigos listos que son:

O teu traballo:

1.- Artigo de benvida saudándonos a todos (con texto é dabondo)2.- Artigo con imaxes e ligazóns para visitar

3.- Artigo no que contedes unha vida informática (real ou simulada)que teña ligazóns e imaxes

4.- Artigo no que incrustedes un vídeo chiquitín dun momentomemorable do voso deporte favorito. Usade esto de chuleta

E xa temos catro entradas. Xapreparados para traballar na nosamateria.

39

Page 46: Redes na fp básica
Page 47: Redes na fp básica

LECTURA SOBRE REDES

Velaiquí deixo un documento que conta conceptos interesantessobre redes de ordenadores. Temos que familiarizarnos con termoscomo IP, cliente-servidor ou DNS.

Deixovos tamén a Guía de Lectura.

O teu traballo:

Deseñar un proxecto de e-learning nun editorde textos (p.e. gedit ou notepad++) coasetiquetas html que coñecemos.

Faremos un Ucheiro ininddeexx.htm.htm coas preguntas e cada resposta encadanseu Ucheiro. O visitante tras ler a pregunta ten onde premer paraobter as respostas.

41

Page 48: Redes na fp básica
Page 49: Redes na fp básica

MÁIS COLORÍNS

Nunha entrada anterior de i-rochiño xa falamos de cores. Dicíamosdaquela que se emprega o RGB pero outro xeito é facelo enhexadecimal.

Paréceme que esta páxina é estupenda para saber como sechaman os coloríns máis alá do blue, red, yellow,.. acabo de facer adescuberta do

“Zombie Green”(que resulta ser o #54C571) e tamén do #7F38EC que se chama:

“Lavender Pinocchio”Se premedes nalgún nome da táboa enooorme que trae todas esas

cores regálavos o html xa feito. Navegade arreo por este blog. Pódeseaprender moito.

Opps!!!! para xente coma vós o inglés non é problema, ou? ?

O teu traballo.

Titulamos unha nova entrada na libreta algo así coma “Coloríncolorado …” e tedes que inventarvos un pequeno conto para nenos. Tenque ocupar alomenos tres parágrafos e cada un ten que ter unha cordesas de nome coñero distintas.

Pista: lembrade que WordPress permite argallar no código html.

43

Page 50: Redes na fp básica
Page 51: Redes na fp básica

DIAPOSITIVAS DE REDES

Xa creamos unha conta en slideshare.com e tedes que subir a interneta presentación do tema de redes que estivestes facendo coadocumentación dada neste artigo.

O teu traballo:

Compartir a presentación subida aslideshare e incrustala nun novo artigonas vosas libretas

Actualización: na aula a presentación que máis puntos obtivo foiesta.

45

Page 52: Redes na fp básica
Page 53: Redes na fp básica

ATAQUES POR INTERNET

Hai uns meses moitos usuarios sufriron un ataque masivo ós DNS equedaron sen internet durante horas. No xornal contábase así.

Outra páxina interesante para ler sobre este tipo de ataques é esta.Sempre podemos contar coa wikipedia aquí e tamén aquí

Imaxinade que quero acceder aunha páxina que está no serverda imaxe (por exemplo paramercar unha moto) pero…. unatacante métese no medio.Cotillea o que fago e rediríximeá súa páxina trucada. Eu pensoque todo vai ben e meto o meunúmero de tarxeta de crédito eo pin. O pirata quédase contodos os meus datos e vai ti saber onde os usa despois.

O teu traballo:

Consultando as páxinas web que vos deixei por arriba facede un artigona vosa libreta respostando ás preguntas:

Que signiUca DNS?Cando tecleo unha URL no navegador que é o primeiro que fai o

ordenador?No ataque masivo ás DNS que deixou sen conexión ós usuarios,

que é o que se pensa que fallou segundo conta o xornal?

47

Page 54: Redes na fp básica

Que é un DDNNS PS Pooisisooning Attning Attaacckk ?Que é un ataque MaMan in tn in the Mhe Mididdldlee?Que é un ataque por denegación de servicio DDooSS?Engade imaxes e esquemas no teu artigo.

i-rochiño

48

Page 55: Redes na fp básica

CSS NOVATIÑO

Un compi \xo na súa libreta electrónica un artigo chulo para mellorara pinta das nosas páxinas web. Esas que \xemos a pelo tecleandoetiquetas no editor de texto.

O teu traballo:

Visita a e-libreta do compañeiroDescarga de internet unha imaxe para

usar de fondo.Retoma unha das páxinas web que xa

teñas feita (ou fai unha nova)Engádelle o código CSS correspondente

para que se vexa ese fondo.Fai unha captura de pantalla do código no teu editor de texto e

súbeo á libreta.Sube o Ucheiro .html á túa conta de Dropbox.Fai público ese Ucheiro de Dropbox. Copia a súa URL.Fai unha ligazón a ese Ucheiro de tal xeito que cando faga clic na

captura de pantalla poda descargar á túa páxina.Explica como Uxeches pasiño a pasiño na túa libreta electrónica.

49

Page 56: Redes na fp básica
Page 57: Redes na fp básica

PÓSTERS, MURAIS, MAPAS,ESQUEMAS

Unha excusa para a\anzar oscoñecementos cos que estamostraballando. A modo de repaso tedes queretomar todo o material: fotocopias,

, as vosas entradas na libretaelectrónica, o que falamos na aula,… terclaro as ideas e como se relacionan entreelas. E temos unha chea!!!

O primeiro paso sería poñer encírculos as palabras que son relevantes, ir engadindo ]echas conpalabras de enlace que relacionan os conceptos que están nos círculose paseniño ir metendo cada vez máis contido. O resultado \nalchámase mapa conceptual. Para saber moito do tema aquí. Awikipedia fala deles e aquí tedes unha páxina máis técnica.

Cotilleade onde falamos dun exemplo de mapa conceptual quefala de mapas conceptuais. Para inspirarse aquí pero os nosos van sermellores!!

O teu traballo:

Con tantos folios A3 como precises fai un mapa conceptual dosaspectos tratados ata hoxe. Vale facelo por parellas.

Saca unha foto co móbil.

51

Page 58: Redes na fp básica

Abre unha nova entrada na túa libreta electrónica e sube o Ucheiroda foto para que podamos ver o estupendo que vos quedou.

Por suposto que existen aplicacións online para facelos, pero porunha vez na vida imos traballar sobre papel. Papel moi grande ? tantocoma precisedes.

i-rochiño

52

Page 59: Redes na fp básica

DESAFÍO EMPRESARIAL

Acaban de contratarte para facer a web dunha empresa de venta decocido deshidratado en internet. Ofrece a venta dos ingredientes porseparado ou do producto xa cociñado.

O teu traballo:

Deseñar un sitio web corporativo que presenta á empresa e osproductos á venta. Disque viron páxinas nas que se fas clic na fotodo producto salta a outra páxina na que informan dos seus valoresalimenticios.

Propoñer un logo e nome daempresa. Engadilo nalgures napáxina.

Coloríns por todas partes, enespecial a cor CCaammououVagVagee GrGreeneenque disque é a cor corporativa.

Queren que todas as coresvaian en CSS, nada desa antigualla de etiqueta <font>

Apetécelles que cando se visite a páxina salte unha xanelainformando do prezo do producto estrela da temporada.

CConondidicicións dóns do emo empresapresaririoo::SóSó ddeixaeixa emempregapregarr oo edieditortor ddee tetexxtoto,, nanadada ddee sisititiosos titipopo wwordordpresspress

qqueue mmeetenten pupubblilicicidadaddee.. OO emempresapresaririoo prepretentenddee qqueue susubasbas óó teuteu

53

Page 60: Redes na fp básica

DroDroppboboxx osos \\cchheieiros,ros, comcompapartasrtas ee ddeixeixeses asas liligazónsgazóns comcomoocomcomenentataririo do deste aeste artirtiggoo..

i-rochiño

54

Page 61: Redes na fp básica

COMEZAMOS COACACHARRADA

O meu amigo Pepe quere conectarse a internet e precisa terinformación sobre os operadores que existen no mercado e asopcións para conectarse.

O teu traballo:

Nunha nova entrada na túalibreta electrónica fai uninforme para o teu amigo detodas as posibilidades queteña: prezos, operadores, tipode conexión, cacharros que vainecesitar …

Fai un esquema usando bubbl

55

Page 62: Redes na fp básica
Page 63: Redes na fp básica

ESCOLLENDODISPOSITIVO

Discute na túa libreta o dispositivo que aconsellas para as seguintespersoas. Publica as túas opinións razonadas na túa libreta e pon aligazón á páxina do operador que consideras o axeitado.

O teu traballo:

Dá o teu consello razonado para as seguintes situacións e ofrece unhaligazón para os teus amigos:

1.- Un executivo que ten que viaxar co seu portátil e non sempreatopa wiUs abertas

2.- Unha familia que acabade mudarse a vivir ó Courel

3.-Un solteiro que vive nunapartamento nunha viladistinta cada ano

4.- Unha empresa gandeirade recente creación

5.- Un instituto de secundaria

57

Page 64: Redes na fp básica
Page 65: Redes na fp básica

CABLES E MÁIS CABLES

Xa temos escollido o dispositivo para conectarnos en rede. Cando aconexión non é inalámbrica non queda outra que usar cables, sexande cobre sexa \bra óptica. Investiguemos sobre os de cobre.

O teu traballo:

Fai un artigo na túa libreta que dearesposta ás seguintes cuestións:

Investiga os materiais co queestán feitos os cables de cobresimples.

Que é un cable de par trenzado?Cal é a razón pola que se

trenzan os cables?Cal é a diferencia entre un UTP

e un STP?Cal é o que se usa en Ethernet?

59

Page 66: Redes na fp básica
Page 67: Redes na fp básica

CABLES DE CATEGORÍA

Para poder instalar unha rede local ou para conectarse a un routerprecisamos un cable de rede. No mercado clasifícanse por categorías.Imos aprender un chisco do tema.

Podes usar esta páxina ou esta que son da wikipedia. Parainformación máis técnica, que tal esta?

O teu traballo:

Cales son as categorías de cables que se usanactualmente nas redes?

Cal é o mellor para televisión por cable?Cal é a diferencia entre cables UTP

categoría 5, 5e,6 ?Cal é o que temos na aula para conectarnos a internet?Que categoría teñen os RJ-45?

61

Page 68: Redes na fp básica
Page 69: Redes na fp básica

FABRICANDO CABLES

Imos fabricar cables. Comezamos coas ferramentas necesarias efaremos unha práctica: tedes que facer un cable de rede. Cotillea todoo proceso aquí

O teu traballo

Que é o crimpado oupachado?

Busca un vídeo eincrústao na túa libretaelectrónica no que se expliquecomo facer un crimpado.

Engade fotos dunhacrimpadora de tenaza (nonvale copiar a miña)

Cronometrade canto tempo vos leva facer cadanseu cable.Averiguade canto cobra por hora de traballo un técnico de

instalación de redes e botade conta do que poden ser os gastos en mande obra. Sumádelles os gastos do material que empregades e subilo aunha folla de cálculo á vosa libreta electrónica.

63

Page 70: Redes na fp básica
Page 71: Redes na fp básica

CONEXIÓNS DECOLORÍNS

Os cables dos que estamos falando están formados por parestrenzados que se identi\can polas súas cores. Cómpre seguir uncódigo de cores para ordenalos.

O teu traballo:

Desconecta o cable da tarxeta derede do teu ordenador e anota a ordedas cores dos cables. Fai o mesmo coconector na túa roseta. Anota a ordena que van.

Averigua a diferencia entre adistribución 568B e a distribución 568A. Pode que axude esta páxina

Cal é a distribución no teu ordenador?Engade na túa libreta imaxes destas conUguracións. Podes obtelas

destes esquemas de conexión ou da páxina coa que traballamos antes,podes mirar tamén na wikipedia ou na páxina dos estándares.

Cal é a diferencia entre o cable cruzado e o cable directo? Como éo que sae do teu ordenador?

65

Page 72: Redes na fp básica
Page 73: Redes na fp básica

OUTRA DE CABLEADO

Xa falamos dos cables UTP e dos STP. Existen outros que se chamanFTP. Traballa con esta páxina e resposta ás seguintes preguntas.

O teu traballo:

Cal é o cable de par trenzado máisutilizado?

Cales son as vantaxes del? e aspegas?

Cal é o conector que se emprega conel?

Que ten de especial o STP fronte ó UTP?Cal é a razón pola que non se usa tanto coma o UTP?Onde se usa o STP?Cal é a diferencia entre o UTP e o FTP?Cal é o máis caro dos tres?Quen deUne os estándares para estes cables?Cales son as diferencias entre as conUguracións dos cables e como

se chaman?Que tipo de cable é o da foto? Como o sabes?

67

Page 74: Redes na fp básica
Page 75: Redes na fp básica

FALANDO DEAPANTALLAR

Quedan un par de vídeos para que vexades do que falamos das caixasou gaiolas de Faraday. Un é dun profe que o explica e o outro unconcerto onde o guitarrista vai vestido cun traxe de Faraday.Convídovos a buscar outros vídeos con raios que van contra aviónsou como fabricar bobinas de Tesla. Os chulos deixádeos noscomentarios.

<div class="player-unavailable"><h1 class="message">An error occurred.</h1><div class="submessage"><ahref="http://www.youtube.com/watch?v=cldP1zX_0-8" target="_blank">Try watching this video onwww.youtube.com</a>, or enable JavaScript if it is disabled in your browser.</div></div>

69

Page 76: Redes na fp básica

Lede este artigo do xornal no que fala das xaulas de Faraday e dunraio que petou nun avión.

<div class="player-unavailable"><h1 class="message">An error occurred.</h1><div class="submessage"><ahref="http://www.youtube.com/watch?v=uH6_Al-_-ps" target="_blank">Try watching this video onwww.youtube.com</a>, or enable JavaScript if it is disabled in your browser.</div></div>

i-rochiño

70

Page 77: Redes na fp básica

MERCANDO CABLES

Normalmente mercaremos os cables de rede xa listos nas tendas peronalgúns casos pode que precisemos facelos para que se adapten ásnosas necesidades.

O teu traballo:

Fai unha comparativa de prezos de cablesindicando as ligazóns das distintas webs nas quese poden mercar. Cal é o máis barato e o máiscaro por metro?

Facemos concurso, gaña o que o atope máisbarateiro, tanto UTP, FTP ou STP

71

Page 78: Redes na fp básica
Page 79: Redes na fp básica

DICHOSAS UNIDADES

Canto é un ferrado? Pois depende, onde son eu seguro que é menosque onde vós. Hai anos os enxeñeiros puxéronse de acordo paraempregar as mesmas unidades de medida pero aínda así non deronfeito. Os estadounidenses de cando en vez usan onzas, pes e unidadessemellantes. Para os cables de rede pasa o mesmo.

O teu traballo:

Averigua o que signiUcaAWG consultando porexemplo, aquí

Mira no cable derede que sae do teuordenador e anota o seuvalor de AWG

Cantos milímetrosson?

Cal é o AWG aconsellado para a categoría 5e e para a 6?Cales son as pegas de usar un por outro?

73

Page 80: Redes na fp básica
Page 81: Redes na fp básica

CABLEADOESTRUCTURADO

Que acontece cando xa teño conectado ó cable ó meu ordenador?Cómo chega internet por cable á nosa casa?

O teu traballo:

Elabora unha deUnición decableado estructurado

Cal é a diferencia entre ocableado vertical e ohorizontal?

Enumera compoñentesdun cableado estructurado einsire fotos na túa libreta electrónica. Lembra poñerlles o nome.

Nun plano do instituto sinala por onde vai o cableado. Súbeo á túalibreta electrónica.

75

Page 82: Redes na fp básica
Page 83: Redes na fp básica

CREANDODOCUMENTACIÓN

SOBRE CABLES

Xa sabemos unha chea de cousas sobre cables de comunicación.Agora imos reelaboralo todo e liberalo en internet: ben cheo de fotos,grá\cos e esquemas. Confío que teñades moitas visitas. Ben sabedesque me parece fatal que teñades máis ca min ?

O teu traballo:

Elaborade uns apuntamentoscon todo o que levamosaprendido de cables.

Abride unha conta issuu que é un sitio web de publicación gratuítade revistas.

Con ese material fai unha presentación e súbea á túa conta deslideshare.

Abre un novo artigo na túa libreta electrónica e incrusta asligazóns ós dous documentos que acabas de elaborar.

Podedes empregar todos os recursos cos que fomos traballando.

77

Page 84: Redes na fp básica
Page 85: Redes na fp básica

PUBLICAR AUDIOS EPODCAST FEITOS POR

NÓS

Preguntábades como podedes facer para engadir audio nas vosaslibretas electrónicas. Non vai o botón Engadir multimedia: non llevalen os formatos de arquivos de audio. Queremos algo así, non é?

Tamén podemos convidar a descargarEjemmmm, vale…… o audio non é gran cousa.

Como facer:

Hai que abrir unhaconta en iVoox.Lembrade dar o nosocorreo “profesional”

Facer clic enSUSUBBIIRR

Cubrir tooodo oque preguntan (noncola intentarescaquearse). Metín incluso a foto !!

Na esquinita arriba á dereita está o voso nome.Facedes clic en MMis Cis Coontntenidenidoo <sic>

79

Page 86: Redes na fp básica

Á dereita do título tedes que premer no olliño:Podedes escoitar o voso audio, pero xusto debaixo de reproducir

(ver imaxe) está CCoompampartirrtir:: clic. Escollemos RReepprrododuuctctoorr, e…. abaixo,abaixo de todo ….está o código que tedes que copiar. Collede o axeitadopara WordPress para pegar na vosa libreta electrónica. Aviso: ten pintaespantosa: [audiobla blabalbalal…].

Eu axudeime con este blog. Se cadra explícao mellor ca min.

i-rochiño

80

Page 87: Redes na fp básica

COÑECEMENTOSAVANZADOS

Deixo materiais para queampliedes os vososcoñecementos:

• Atopei esta presentacióndun profe doutroinstituto. Coido que éinteresante coma resumode todo o traballado.

• Nesta outra páxina haiunha chea de vídeosseleccionados por outroprofe (un deles xa o coñecemos)

• Este .pdf de 40 páxinas estupendo. Máis do que precisamos

81

Page 88: Redes na fp básica
Page 89: Redes na fp básica

LATIGUILLOS, ROSETAS EJACKS

Xa temos os cables listos e co conector RJ-45 conectado á tarxeta derede do ordenador. Que hai no outro lado?

Fíxate nesta páxina web e nas tres seguintes, son unhaexplicación con fotos para aprender a montar unha roseta.

O teu traballo:

Busca un vídeo para incrustar na túalibreta no que mostre como se debe montara roseta.

Fai un pequeno dicionario no queexpliques o signiUcado de roseta, latiguillo,insertadora, conector femia, jack.

83

Page 90: Redes na fp básica
Page 91: Redes na fp básica

CANALETAS

Esta páxina dá moita información sobre canalizacións, se cadrademasiada.

O teu traballo:

Fai un esquema (por exemplo enbubbl.us) dos tipos de canaletas queexisten no mercado coa informacióndesta páxina. Súbeo á túa libretaelectrónica con fotos de cada tipo.

Mide os metros de canaleta que hai na nosa aula. Vai de compraspor internet e fai un presuposto para cambiar toda a instalación daaula. Lembra engadir na libreta electrónica as ligazóns das páxinas domaterial que vas mercar.

85

Page 92: Redes na fp básica
Page 93: Redes na fp básica

RACKS E PATCH PANEL

Temos unha aula de servidores no instituto e se lembrades fomos deexcursión. Está chea de racks e de patch panels ou sexa armarios conestanterías e paneis de conexión.

O teu traballo:

Fai na libreta unha galería deimaxes con tipos de racks e depatch panels.

Vai á aula de servidores doinstituto o co teu móbil sacaunhas fotos para engadir á túa galería.

87

Page 94: Redes na fp básica
Page 95: Redes na fp básica

TEST-ENQUISA

Podemos facer unha especie de xogo de preguntas e respostas.Abonda con facer clic no botón Engadir enquisa que está a carón deEngadir multimedia.

O teu traballo:

Fai tres preguntas do tema que estamostraballando. Xa veremos se é difícil e oscompis non saben contestala !!!!

89

Page 96: Redes na fp básica
Page 97: Redes na fp básica

EMITINDO PODCAST

Un traballiño simpático que nos pode quedar chulo: xa \xemos unhachea de cousas do tema de cables. Que tal se gravamos un podcast (ouprograma de radio) e colgámolo na libreta electrónica?

O teu traballo:

Precisades poñervos de acordo cun pequeno guión e unhaspreguntiñas.

Xunto cun compañeirodecidides quen é oentrevistador e quen respostaás preguntas.

Co móbil gravade nunhahabitación na que non haxamoito ruído.

Subídeo á conta de iVooX tal como contamos neste artigo anterior.Compartídeo e incrustádeo na vosa libreta electrónica.

91

Page 98: Redes na fp básica
Page 99: Redes na fp básica

CONCRETANDO IDEASDE CABLEADO

Tócavos a vós xogar a ser profes. Xa aprendimos unha chea deconceptos e ideas sobre cableado. Imos concretalas a modo de repaso.

O teu traballo:

Escribe un parágrafo grandote queteña que ver co tema e deixa buratoscon puntiños nos lugares ondeaparece o termo.

Inventade un xeito orixinal dedar a solución.

93

Page 100: Redes na fp básica
Page 101: Redes na fp básica

PERSOAS QUETRABALLAN EN EQUIPO

Convídovos a ver un vídeo sobre as relacións entre as persoas nomundo laboral.:

https://youtu.be/dhvv88Z7SaM

O teu traballo:

Explica na túa libreta electrónica os tipos de persoas das que fala ovídeo.

Cal é a razón pola que existen os conVictos nun grupo?Cal é a mellor maneira de tratar os conVictos? Que pasa cando

non se solucionan?Facemos un debate na aula: cales son as persoas coas que mellor

traballades en equipo das que fala o vídeo? con que tipo de persoa émáis difícil traballar?

95

Page 102: Redes na fp básica
Page 103: Redes na fp básica

TRABALLO EN EQUIPO

Xa coñecemos como somos as persoas. Pero como se debe organizaro traballo en equipo?

https://youtu.be/f0d0mvXiRdQ

O teu traballo:Vai un pequeno debate? Que opinades do vídeo?Faremos un decálogo de como se debe traballar en equipo: as

cousas que aconsellades facer e as que non. Parécevos que usemos untitanpad?

97

Page 104: Redes na fp básica
Page 105: Redes na fp básica

SEGURIDADE LABORAL

En pouco tempo ídesvos incorporar ó mundo laboral traballando eno\mática. Falemos dos riscos para os traballadores nunha o\cina.

https://youtu.be/F5XULto6cAQ

O teu traballo:

Fai unha lista de accidentes que poden pasar nunha oUcina.De cantas leis se fala no vídeo?

99

Page 106: Redes na fp básica
Page 107: Redes na fp básica

PREVENCIÓN DE RISCOSLABORAIS

Abordamos este tema coa axuda da lei de prevención de riscoslaborais.

O teu traballo:

Anota na túa libreta electrónica o que di o artigo 4 sobre o que signiUcaprevención e o que é un risco laboral.

Que é un risco laboral grave einminente?

Fai unha lista de posiblesdanos que se poden dar coasprácticas que Uxemos nestaasignatura.

Enumera posibles riscos notraballo con redes de ordenadores.

Co artigo 15 enumera na túa libreta os principios da acciónpreventiva.

No artigo 19 quen deber garantir que cada traballador reciba unhaformación axeitada en materia preventiva?

Cando debe impartirse esa formación?

101

Page 108: Redes na fp básica

Propoño facer un debate sobre o artigo 29 sobre as obrigas dostraballadores.

i-rochiño

102

Page 109: Redes na fp básica

RISCOS NA OFICINA

A imaxe que vos mostro non se ve moi ben pero tedes que imaxinaro risco que pode ter o traballo que está facendo cada persoa.

O teu traballo:

Copia e imaxe na túa libreta electrónica e reescribe o que di nosbocadillos

103

Page 110: Redes na fp básica
Page 111: Redes na fp básica

OS SIMPSONS E APREVENCIÓN

Podemos facer un traballo a medias coa asignatura de inglés. Atopeiesta páxina que é moi coñera chea de pósters dos Simpson.

O teu traballo:

Descarga cinco dos pósters e fai atradución ó galego.

Usando Inkscape ou LibreOWceDraw fainos de novo para que podamosentendelos todos.

Publícaos na túa libreta electrónica.Podes axudarte por WordReference

ou polo dicionario de galego.

105

Page 112: Redes na fp básica
Page 113: Redes na fp básica

RELACIÓNS HUMANASNUNHA EMPRESA

Hoxe imos falar de relacións humanas….puuuu[[. Posto que vivimosen sociedade e vós estades a piques de incorporarvos á vida laboralimos tratar de estudiar un pouquiño este asunto. Hai moitas teoríasque explican como nos relacionamos os seres humanos. Unha moisinxela de entender é coa que vos propoño xogar. Por suposto émoito máis complexa do que imos ver, pero para comezar….verdadeque todos ás veces comportámonos coma “pai”, coma “\llo” e coma“adulto”?

O teu traballo:

Na túa libreta anota os rasgos quedeUnen o que na imaxe vemos como“pai”, “Ullo”, “adulto”.

Descarga este pdf e en grupostentade respostar ás preguntas.Propoñede un par de situacións novas.

Facemos un pequeno teatro na aulapor parellas: cada un representa unha escena na que se mostren asrelacións pai-Ullo, pai-adulto, adulto-adulto, a que preUrades.

107

Page 114: Redes na fp básica
Page 115: Redes na fp básica

REFUGALLOS E PAPEL

E que facemos co lixo que nos sobra? Podemos reciclar os materiaiscos que traballamos en o\mática?

O teu traballo:

Consultando esta web localiza osdatos seguintes:

Cantos gramos de CO2

evitamos que chegue a atmosferapor cada kilo de papel que nonmandamos a queimar?

Cal é o consumo típico de papel nunha empresa?Busca por internet o que é a Responsabilidade Social Corporativa.Na nosa empresa…. cantos folios gastamos no instituto?Que se fai no instituto co papel que sobra?Podes aportar algunha idea para mellorar a reciclaxe de papel?

109

Page 116: Redes na fp básica
Page 117: Redes na fp básica

PEGAS NA RECICLAXE

http://www.economiadigital.es/es/notices/2015/04/seis-empresas-abandonan-el-reciclado-de-plastico-en-dos-anos-por-baja-rentabilidadlos-recicladores-q-68937.php

111

Page 118: Redes na fp básica
Page 119: Redes na fp básica

POUCA PRUDENCIA?

Navegando por internet atopamosfotos de situacións cun riscoinminente ou grave.

O teu traballo:

Fai unha galería de fotos onde sedean situacións de posible risco. Faiunha pequena explicación

113