lois pereiro - poemas
DESCRIPTION
Selección de poemas para os alumnos do IES de POIOTRANSCRIPT
XII (Prayer)
Agora pecha os ollos
e imaxina que o que escoitas é unha pregaria atea
dirixida a ti na escuridade por unha voz invisible e perdida
nos templos dun amor ritualizado.
Escoita como atravesa o silencio ese rumor carnal desesperado
que se achega nocturno á túa existencia contaxiando cos seus os teus desexos e penetrando en ti vaise asentando
inaudible e fatal nas túas entranas.
Poesía última de amor e enfermidade.
a Ti, única desde por e para sempre, fagas o que fagas, ou esteas onde esteas
para ella, que me reanudou sen dor entre
poemas; todo o que podo e o que aínda teño
por Ela, Ela e Ela, á miña beira sempre, e eu nelas
e a todas Elas, as que foron, son e serán
obxecto e causa deste amor que resucita ilimitado.
Poesía última de amor e enfermidade
VIII
Deixaches no meu corpo a túa presencia verquendo o teu encanto nos meus ollos que non se volverán nubrar de bágoas
porque apodrecerá máis tempo a nostalxia convertida en cadavre.
E imos explorar a xeografía
do noso amor eterno correxíndoa sa te abres con dozura novamente ó meu amor ausente e vixiante aceptas que cho entregue
e logo vaste
camiño do futuro libremente compartida coa túa propia vida
e amada para sempre. Xuño 95
Poesía última de amor e enfermidade.
Outro poema de amor
Eu xa non sentía nada alí deitado
e ela tampouco ao velo Preguntouse se o amara algunha vez
mentres vía o seu sangue a caer na alfombra que ela, sempre ela, tería que limpar
cando o levasen
Poemas1981/1991
Corporal (je t´aime...)
Da boca a furia, os dentes:
as armas da paixón que a pel intacta exploran e profanan
Carne de luxo
amor tóxico inxecta
Callado o frío na man e na ferida
formiguea insurxente e cicatriza
entre os peitos posibles doutro trunfo
Pois cada tres segundos dúas pálpebras lubrican
os seus ollos hostiles que non cren.
Poemas 1981/1991
III
Namorado outra vez do amor que levo dentro sede enfurecida dun futuro
esgotou as miñas alternativas levándome dereito cara o impacto: un proxectil conxelado no aire a poucos metros dun corazón frío e agardo o menor signo de calor
para abrir a súa pel e entrar no sangue vencido pola forza do desexo
cegamente e sen medo ó posible desastre.
Xuño, 95.
Poesía última de amor e enfermidade.
Debería rematar este caderno cunha pinga de sangue da que me quitaron hoxe dúas veces ( Non eras un poeta de sangue e semen, e todo iso? Pois disfruta...) Sería unha boa sinatura para todo o que escribín nestas follas que rematan aquí..
3/5/95 (4 AM) Conversa ultramarina
Unha rapaza na barra do bar onde escribo isto pon os ollos en min. É moi consciente da súa beleza, e iso satisfaina. Eu tamén son consciente , e ela sábeo. Tamén a min me satisfai que a súa ollada mo diga, pero aí remata todo o que pode haber de común entre os dous. Non sei se debería cruzar os brazos e observala directamente, a ver...
23/3/95 Conversa ultramarina