un breve paseo pola poesía de lois pereiro

9
UN BREVE PASEO POLA POESÍA DE LOIS PEREIRO Monforte de Lemos, 1958 A Coruña, 1996

Upload: raquelbanos

Post on 08-Jul-2015

163 views

Category:

Technology


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Un breve paseo pola poesía de lois pereiro

UN BREVE PASEO POLA POESÍA DE LOIS PEREIRO

Monforte de Lemos, 1958

A Coruña, 1996

Page 2: Un breve paseo pola poesía de lois pereiro

Un poeta da Xeración dos 80

Lois Pereiro encádrase na “Xeración dos 80” da poesía galega, a carón de Ramiro Fonte, Fernán-Vello, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Manuel Forcadela, Baixeras, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Xulio L. Valcárcel, Ana Romaní, etc.

Esta xeración fixo vivir a poesía galega unha etapa de esplendor, modernización e renovación, rompendo con certas características e inercias do período inmediatamente anterior.

O afán de renovación formal, a ruptura co socialrealismo prosaico, a apertura a outras manifestacións artísticas (música, pintura...), a exploración de referentes e vivencias do mundo urbano e moderno, a forte presenza da temática erótica e amorosa e a pegada culturalista son algúns dos seus trazos xerais máis destacados.

Page 3: Un breve paseo pola poesía de lois pereiro

Primeiras producións

Comeza a escribir aos 17 anos, en Monforte, cando aínda estaba a estudar o bacharelato.

En Madrid, onde estuda na Escola Oficial de Idiomas, promove a revista a fotocopia ou fanzine LOIA, da que saíron catro números. Viaxa por diversos países europeos e frecuenta o trato doutros mozos galegos con inquedanzas: Manuel Rivas, Antón Losada, Fermín Bouza, Menchu Lamas, Antón Patiño, Vicente Araguas...

En 1981 resulta envelenado pola inxesta de aceite de colza adulterado e enferma gravisimamente. Ten que regresar a Galiza e padecer un auténtico calvario médico-sanitario.

Page 4: Un breve paseo pola poesía de lois pereiro

Un único premio e un primeiro poemario

Establecido na Coruña, gaña en 1982 o seu único premio literario nun certame da Asociación Cultural O Facho co poema “Atrocity exhibition”.

Participa tamén nos volumes colectivos De amor e desamor I e II (1984 e 1985), como moitos outros membros da súa xeración.

En 1992 aparece, da man de Edicións Positivas, o seu primeiro libro: Poemas 1981/1991, que reúne 42 composicións.

Manuel Rivas define o libro do seu amigo como “mestura de video-clip, haiku, destello, pregaria e cantiga de escarnio”.

Page 5: Un breve paseo pola poesía de lois pereiro

O segundo e definitivo poemario

Cando en 1994 a SIDA o coloca ao bordo da morte, Lois Pereiro ponse a escribir a súa obra definitiva e un dos grandes libros da nosa literatura contemporánea: Poesía última de amor e enfermidade (1995).

O Amor, a Enfermidade e a Morte son os tres eixos centrais duns poemas escritos con radical sinceridade, cheos de furia, de vitalismo, de lucidez e de paradoxal esperanza.

O impacto desta obra é inmediato e intenso nos poetas da chamada Xeración dos 90.

Page 6: Un breve paseo pola poesía de lois pereiro

Unha entrevista testamentaria

Page 7: Un breve paseo pola poesía de lois pereiro

Unha morte prematura

O 24 de maio de 1996, no cuarto 627 da Residencia sanitaria da Coruña, apágase a vida de Lois Pereiro.

Page 8: Un breve paseo pola poesía de lois pereiro

Poderíano escoller como epitafio

Cuspídeme enriba cando pasedespor diante do lugar no que eu repouseenviándome unha húmida mensaxede vida e de furia necesaria

Page 9: Un breve paseo pola poesía de lois pereiro

O DÍA DAS LETRAS 2011: UN BON PRETEXTO PARA ACHEGARSE Á

POESÍA DE LOIS PEREIRO