biografia lois pereiro 1€¦ · biografÍa de lois pereiro. letras galegas 2011 3 aínda que a...

22

Upload: others

Post on 21-Sep-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-
Page 2: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-
Page 3: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3

Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-gada á vila luguesa de Monforte de Lemosas súas orixes familiares sitúanse nas terrasdo Incio, na montaña de Lugo.A familia paterna era a de orixe máis humil-de, o seu avó Manuel traballou dende os seteanos e o seu irmán maior non tivo máis re-medio que coller o mesmo camiño que ungrande número de galegos e galegas e emi-grar a Cuba.Manuel, o avó, quedou en Galicia, e abriusecamiño como madeirista. Da súa unión conPura Vila naceu un único fillo, Manuel, ao quemandaron a estudar Dereito a Madrid. Unhavez conseguido o título de avogado traballouunha tempada de pasante, aínda que rema-tou á fronte dun taller de cristalería en Mon-forte, no mesmo no que anos máis tarde, tra-ballaría o seu fillo Lois.

A familia materna proviña de Santa Cristinade Viso, da vila luguesa do Incio, da chama-da Casa Castelo, e era unha familia con máissolvencia económica.Os avós maternos, Hermenegildo Pereiro eBalbina Pontón, tiveron tres fillos: Carmen,Inés e José Luis.Ambas as dúas familias coincidían nas fes-tas e había entre eles unha boa relación, con-secuencia da cal foi o matrimonio, en 1955,de Manuel Sánchez e Inés Pereiro.Inés conseguiu o título de profesora de pri-maria e exerceu, dende os dezaoito anos,en aldeas da provincia de Lugo.O matrimonio tivo tres fillos, Xosé Manuel,Lois e Inés.

LOIS PEREIRO1

A estación de Monforte de Lemos.

O colexio da Compañía, en Monforte de Lemos.

Page 4: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 4

Luís Ángel Sánchez Pereiro naceu o 16 defebreiro de 1958, domingo de Entroido, enMonforte de Lemos, na mesma casa queconstruíra o seu avó Manuel a comezos dosanos cincuenta. Esta casa estaba situada arentes do que antes fora o solar do Stadiumdo Lemos F.C., na estrada a Ourense.O que sería coñecido como Lois Pereiro, erao segundo dos dous irmáns. Xosé Manuelnacera dezasete meses antes. Ambos osdous quedaron ao coidado de Emilia Expó-sito, unha muller que entrara na casa candoseu pai aínda estaba solteiro.Os seus primeiros anos de vida pasaron en-tre Monforte, durante o curso escolar, e asaldeas dos avós en Reádigos e Santa Cristi-na no verán.En 1975, Lois, con dezasete anos, marchoua Madrid para estudar na universidade a ca-rreira de Socioloxía.Pouco durou esta primeira experiencia ma-drileña para Lois, pois antes de rematar oprimeiro trimestre do curso escolar, e apro-veitando as vacacións que deran pola mortedo ditador Francisco Franco, regresou a Mon-forte, poñéndose a traballar na cristalería deseu pai, e colocando vidros polas obras dacontorna.Un ano despois regresa a Madrid e matricú-lase na Escola Oficial de Idiomas, onde es-tuda inglés, francés e alemán.Son os anos da transición á democracia eLois asiste a recitais, concertos, proxecciónsna Filmoteca...Nesa época coñeceu a artistas galegos comoReimundo e Antón Patiño, Manuel Rivas,Menchu Lamas.... Con eles, e co seu irmán

MONFORTE-MADRID2

Lois, xogando na sala da casa de Monforte.Arquivo familar Sánchez Pereiro

Lois Pereiro, á dereita, co seu irmán Xosé Manuel,nunha foto do colexio dos Escolapios, en Monfor-te de Lemos.Arquivo familar Sánchez Pereiro

Page 5: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 5

Xosé Manuel, crearon e editaron a revistaLoia, da que só se publicaron catro númerose estaba editada en fotocopias.É a epoca das súas viaxes por Europa, visi-tando en tren Centroeuropa, Gran Bretaña eIrlanda.Esta segunda etapa madrileña vai rematartraxicamente. No ano 1981 intoxícase polainxesta de aceite adulterado, o aceite des-naturalizado de colza. Unha intoxicación queprovoca a morte de máis de seiscentas per-soas e a enfermidade de preto de vinte mil.Os primeiros meses son de desconcerto poisaínda se descoñece a orixe da enfermidadepero, unha vez diagnosticada e comezadasas sesións de rehabilitación, decide deixarMadrid e voltar definitivamente a Galicia.

Estableceuse na Coruña, na casa do seu ir-mán Xosé Manuel, na rúa Costa Rica, viven-da que compartirían coa súa irmá pequena,Inés.Nesta época traballa esporadicamente en do-braxes e guións para a TVG e noutros pro-gramas audiovisuais experimentais.A Agrupación Cultural O Facho, da Coruña,concédelle, o 19 de novembro de 1982, oprimeiro premio do seu Concurso Nacionalde Poesía. É o único premio literario que Loisvai conseguir ao longo da súa vida.Nos anos 1984 e 1985 participa en dous li-bros colectivos, De amor e desamor, publi-cados por Ediciós do Castro, de Sada. Estelibros darán nome a toda unha xeración depoetas galegos, retratados de maneira xe-

NA CORUÑA3

En Valdeorras (Ourense), no verán de 1975.Arquivo familar Sánchez Pereiro

Local onde se localizaba a cristalería familiar dosSánchez Pereiro e na que traballou Lois á volta deMadrid.Arquivo Seminario Galán

Page 6: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 6

nial por Ricardo Carvalho Calero:

...

...

A poesía de Pereiro aparece na antoloxíaDespués de la modernidad, de Julia Bare-lla, publicada no 1987, e man a man conBernardo Atxaga, Casariego e Luis Albertode Cuenca.

A súa primeira publicación en solitario nonchegará ata maio de 1992. En Poemas,1981/1991, recóllense corenta e dous poe-mas escritos durante o decenio 1981-1991e o guión televisivo Que é Galicia?, que foraemitido pola TVG o 25 de xullo de 1988, eonde a través das vinte e sete letras do abe-cedario vai descubrindo as vinte e sete pa-labras que conforman o noso país.O seu segundo libro, editado en decembrode1995, leva un título que define perfecta-mente a temática dos poemas que o com-poñen, Poesía última de amor e enfermida-de, 1992-1995.

A OBRA4

Mostra de obriga e leda expresson de amizadepara os dez, como estades.Em ringleira de frente despregados,Dispostos á batalha: Palharés, Fernám Velho,Mato Fondo, Valcárcel,Ribas, Salinas Portugal, Pereiro,Lino Brage, Xavier Seoane,José Devesa, os dez da fama, os dezdedos de Deus da Nosa Terra

Na antoloxía Después de la modernidadaparece a poesía de Lois, xunto coa deAtxaga, Casariego, Cuenca...Arquivo familar Sánchez Pereiro

Page 7: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 7

Cinco meses depois, o 24 de maio de 1996,falecía Lois nas dependencias do actual Hos-pital Universitario da Coruña.Cumprindo o seu desexo, expresado nun re-cital poético celebrado a finais de xaneiro,foi enterrado, cos sons da marcha do AntigoReino de Galicia, no cemiterio de Santa Cris-tina, no Incio, xunto co seu avó Hermenegil-do e o seu tío materno Pepe.O epitafio que figura na súa tumba é o mes-mo co que remata Poesía última de amor eenfermidade e que fora escrito no outono de1995:

Poderíano escoller como epitafio

Cuspídeme enriba cando pasedespor diante do lugar no que eu repouseenviándome unha húmida mensaxede vida e de furia necesaria.

A participación de Lois Pereiro na revista Loiaprodúcese na súa segunda etapa madrileña,de volta do seu Monforte natal e cando deci-de estudar na Escola Oficial de Idiomas.En Madrid coincide con outros universitariosgalegos, Antón Patiño, Manuel Rivas, Men-chu Lamas, Piedad Cabo, César AntonioMolina, Reimundo Patiño, Fermín Bouza...Xunto con algúns deles e co seu irmán XoséManuel comparten sucesivos pisos, primei-ro no barrio da Elipa, máis tarde na rúa Ma-nuel Silvela e finalmente noutro do Paseo deEstremadura e, produto desa confraternida-de, xorde a revista na que Lois publicará os

A REVISTA LOIA5

Poesía de amor e enfermidade,1992-1995 foi o útimo libro editadoen vida por Lois.

Lois, na súa casa madrileña.Arquivo familar Sánchez Pereiro

Page 8: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 8

seus primeiros versos.Loia era unha revista editada en galego, nosprimeiros anos da transición á democracia.Imprimíase con fotocopias, utilizando as má-quinas da vía pública que funcionaban conmoedas.Desta revista só se editaron catro númerosque constitúen todo un exemplo de poesíamoderna.A experiencia remata cando voltan para Ga-licia, despois de rematar os seus estudosuniversitarios Manuel Rivas e Xosé ManuelPereiro.Lois continúa un tempo máis en Madrid ataque resulta intoxicado polo aceite de colzadesnaturalizado, o que nuns primeiros mo-mentos se denomina «pneumonía atípica».A enfermidade aféctalle, adelgaza, perde for-za e comeza a adquirir unha forte rixidez cor-poral, así que decide voltar a Galicia.

Da man de seu irmán e doutros compañei-ros incorpórase na Coruña ao consello deredacción da revista La Naval, onde chega apublicar varios artigos: «Thomas Bernhard,o móvil do suicidio»; «Ezra Pound», «O fríoedificado» e «Dandys eterómanos e infames:O vicio como luxo.»

«O vicio é coma un luxo para quen coñeceos ósos do fracaso e o doce veleno do pesi-mismo, Duque de Freneuse ou Señor de Pho-cas, Lorrain, Barbey ou Villiers De L’ile DeAdam, bebendo éter entre morfinómanos devicio nocturno e agulla de prata entre perfu-

LA NAVAL6Da revista Loia só se editaron, en Madrid,catro números e nela apareceron os pri-meiros poemas de Lois.

Lois Pereiro participou na publica-ción de La Naval, revista editada naCoruña.

Page 9: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 9

mos vellos, degustando esa «luxuria en co-llares» nos límites dos Imperios do Mal.

Dexenerando sempre en decadencia, nomespropios de sabios esquecidos pola alquimiada súa literatura, tormentas interiores.»

Lois colaborou tamén na revista Luzes deGaliza, coa publicación de poemas e o en-saio «Modesta preposición para renunciar afacer xirar a roda hidráulica dunha cíclica his-toria universal da infamia».Esta revista estaba editada por Ediciós doCastro e dirixida por Manuel Rivas, contan-do no seu Consello de Redacción con LinoBraxe, Antón Baamonde, Xosé Díaz, MiguelAnxo Murado, Xavier Seoane e Xulio Valcár-cel.

LUZES DE GALIZA7

No número 27 de Luzes de Gali-za, publicouse o texto en prosade Lois, «Modesta proposiciónpara renunciar....».

(Dandys eterómanos e infames: O vicio como luxo)

Ilustración do seu ar-tigo «Dandys eteró-manos...» da revista«La Naval»

«E situarse teoricamente é moi sinxelo: nonhai máis que poñer un número do 1 ao 10,de esquerda á dereita, coma nas enquisasnas que con orgullo e seguridade semprepoñía un 1 ou un 2, tal vez, por non esaxe-rar, segundo o estado de ánimo ou o meunivel de furia visceral e indignación; e nuncaperdín despois de tantos anos esa necesi-dade de sentirme molesto e radical.»

Page 10: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 10

Na Universidade Internacional MenéndezPelayo, en Santander, do 11 ao 14 de agos-to de 1986, realizouse un coloquio entre in-telectuais, poetas e escritores baixo o títuloAtlántico versus Mediterráneo, no que inter-vén Lois Pereiro, nun dos escasos actos pú-blicos nos que participou, por mor do seu ca-rácter reservado e non moi dado ás adscri-cións a grupos.Nesta universidade prodúcese o chamadoDesembarco das Forzas Atroces do Noroes-te, unha chea de artistas galegos que amo-san a súa obra, con exposicións de arte deLamazares, Leiro, Menchu Lamas e ManoloPaz; concertos cos Resentidos e SiniestroTotal; a estrea da obra de Antón Reixa After-shave; unha mesa redonda na que intervénPereiro xunto con Juan Cueto, Fermín Bou-za, Manolo Romón, Antonio Colinas, Luis Ra-cionero e José Manuel Costa.No acto inaugural interpretouse unha propos-ta para un novo himno galego, con músicade Siniestro Total e baseado no poema Gali-cia, gran carallo de sal, con letra de ManoloRomón.Nas xornadas preséntanse unhas propostaspara a renovación da bandeira galega, cunsdeseños novedosos e máis rechamantes.Nunha crónica publicada en La Vanguardia,o 14 de agosto de 1986, afirmábase que LoisPereiro chegara a proclamar en Santander,no marco da UIMP, a morte da cultura medi-terránea á que xa resultaba imposible resu-citar.

Proposta de Tono Carbajo para unha nova ban-deira galega. Este boceto foi presentado naUIMP de Santander, nos actos do Desembarcodas Forzas Atroces do Noroeste.

AS FORZAS ATROCES8

O Pazo da Magdalena, sé da UIMP en San-tander.

Page 11: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 11

Poemas, 1981/1991 é o primeiro libro edita-do en solitario por Lois. Publícase en maiode 1992 e nel recompílanse os poemas es-critos nos dez anos que se recollen no título.O deseño gráfico é de Fausto C. Isorna enesta edición destaca a súa sobriedade. Nonaparece ningunha foto nin gráfico nas súasnoventa e tres páxinas.O seu segundo libro Poesía última de amore enfermidade, 1992-1995 recolle os poemasescritos nos seus últimos catro anos de vida.Este libro ten unha estrutura cronolóxica, di-vidida en tres partes: a primeira, de 1992 a1994, coincidindo cunha recaída que case oleva á morte; unha segunda parte adicadaao amor e as súas ganas de aproveitar o tem-po que lle escapa das mans e por último, aparte final, que é unha especie de sortilexiopara fuxir da morte.Ana Romaní define este libro como a histo-ria dunha recuperación a través do amor eda palabra, a dun camiño de volta dende oinferno cara a vida.

Esta serie de poemas, agrupados baixo o tí-tulo Poemas para unha loia foron escritos porPereiro na súa última adolescencia e apare-ceron publicados na revista Loia, editada enMadrid, entre os anos 1975 e 1978. É a súa

POEMAS PARA UNHA LOIA10

Coa súa irmá Inés, na CoruñaArquivo familar Sánchez Pereiro

EN SOLITARIO9

Ex libris de Lois Pereiro

Page 12: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 12

obra póstuma e na portada, deseño de Per-fecto A. Estévez, inclúese unha foto dos seusavós paternos, Pura Vila e Manuel Sánchez,con Manuel, o pai de Lois.Tamén se inclúe nesta obra o ensaio titulado«Modesta proposición para renunciar a fa-cer xirar a roda hidráulica dunha cíclica his-toria universal», que aparecera publicado nonúmero 27 da revista Luzes de Galiza, en1996, sendo a última publicación efectuadaen vida de Lois.Este volume está prologado por Manuel Ri-vas e inclúe unha breve xustificación do poetaManuel María que explica de maneira moisinxela e clara a poesía e a obra de Lois:

«A LOIA, laverca ou cotovía é un paxaroamigo do ar libre e das paisaxes montesíasque canta na gloria das mañás. Os caste-láns chámanlle alondra. LOIA foi unha revis-ta galega minoritaria, artesanal e fotocopia-da que uns estudantes galegos tiraron enMadrid dos anos 1975 ó 1978. Saíron catronúmeros. O seu esforzo, como o da colec-ción de poesía Brais Pinto, o seu inmediatoantecedente, non se perdeu. Entre os entónmozos que facían LOIA estaba Lois Pereiro.Por eso nós, nesta sinxela e moi sentida ho-menaxe, rescataremos os poemas que LoisPereiro publicou en LOIA para ir recollendoa súa obra espallada pois cómpre ir cavilan-do en facer unha edición completa da súapoesía, tan orixinal e suxerente.Atrevémonos a titular este volume, breve eintenso como a rosa, Poemas para unha Loiaen lembranza da revista LOIA. E tamén por-que estas primeiras composicións de LoisPereiro teñen a gracia, o asombro, a liberda-de e a fermosura do canto da loia nos díasda primavera cando a terra é luz e promesa.Monforte de Lemos, Galiza, o mundo preci-sa dos poetas e da poesía para que todo vaiamellor. Porque, amamos a Monforte de Le-

No libro póstumo Poemas para unha loiarecóllense as poesías publicadas por Loisna revista Loia.

Páxina interior da revista Loia co poemade Lois «Señora posesa».

Page 13: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 13

mos, a Galiza, ó universo enteiro, á vida, aPoesía e a Lois Pereiro recuperamos parteda súa mensaxe, máxica e namorada, quesempre estará en nós -e con nós- e cos quenos sucedan no tempo. A obra dun poeta nonmorre porque é fonte de amor e vida. LoisPereiro, foi un poeta auténtico. Precisámolo.A cidade de Monforte de Lemos, onde el na-ceu e que tanto amou, non anda sobrada dePoesía e de poetas, tamén o precisa. Faillefalta a súa palabra verdadeira, estremecidae irrenunciable para que lle axude a abrir osseus ollos, dunha vez para sempre, á luz, áesperanza e á beleza.»

Na primavera de 1997 publícase un mono-gráfico da revista Luzes de Galiza, o número28, adicado integramente a Lois Pereiro. Oexemplar leva por título A vida e a furia e nelinclúense oito capítulos da súa obra inaca-bada Náufragos no paradiso, o poema «Edin-burg, Edinburg» e tres fotografías, na con-traportada, do seu álbum familiar.O exemplar conta con colaboracións do seudirector Manuel Rivas, Suso de Toro, JohnBerger, Fermín Bouza, Xurxo Souto... e foto-grafías de Xurxo Lobato e Vari Caramés.

A VIDA E A FURIA11

Lois co poeta Manuel María na presentación doseu libro Poemas de amor e enfermidade, en Lugo,1996. Arquivo familar Sánchez Pereiro

Luzes de Galiza, revista da queLois foi colaborador, adicoulleun número especial, o 28, pormor do seu pasamento.«A poesía de Lois tiña un fulgor de noite da

alma urbana, e nacía da experiencia viva doautor, dos seus recunchos sensitivos onde tre-maba un xove ferido pola doenza física e poladoenza da modernidade, ese xogo de sombrase de espellos que nos envolve nas imaxes po-drecidas dun tempo sucio.» «Chove sobre mollado». Fermín Bouza

Page 14: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 14

O grupo musical Radio Océano foi creadono ano 1981 polo irmán de Lois, Xosé Ma-nuel Pereiro e polo xornalista Santiago Ro-mero. Algúns dos seus compoñentes esco-lleron nomes artísticos orixinais: Xosé Ma-nuel facíase chamar Johnny Rotring; San-tiago, Rossmero; Pablo Iglesias, Renato 414;Sito Evangelista, Sitdown...Formaron parte da chamada movida gale-ga, xunto con Siniestro Total e Os Resenti-dos, converténdose nun dos referentes damúsica rock galega.No ano 1984 gravaron en Lisboa unha ma-queta na que se incluía o poema Narcisis-mo, da autoría de Lois Pereiro.Ao ano seguinte, despois de gañar un con-curso organizado por Radio Nacional de Es-paña, conseguen gravar, en Madrid, o seuúnico LP, que leva por título Nin falta que faie que está composto por dez cancións dediferentes estilos musicais e con grandesdoses de humor.Este disco está considerado como unha pezafundamental na historia do rock galego.O grupo disolveuse en 1988.Outros grupos seguiron utilizando a poesíade Lois para as súas composicións,Fanny+Alexander, no 2007; Nación Reixa,en 1997; Alexandro González con Uxía Sen-lle, en 2010; Manu Clavijo, musicando ospoemas «En Leonberg» e «Outro poema deamor». Alexandro González e Uxía Senlle

musicaron o poema de Lois «Con-tra a morte o amor que vai comigo».

RADIO OCÉANO12

En Safari Mental, Reixa inclúe o poe-ma «Poderíano escoller como epita-fio», de Lois Pereiro.

Page 15: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 15

O coñecido como caso da sindrome tóxicanon foi, nin máis nin menos, que un envele-namento masivo producido polo desvío devarias partidas de aceite de colza para o con-sumo humano. Un aceite que estaba desti-nado exclusivamente a usos industriais.Esta síndrome afectou a miles de persoas,sobre todo de Madrid e localidades próximasde Castela-A Mancha e Castela-León. Houboun total de 650 falecidos e 20.000 persoasafectadas.A intoxicación polo consumo de aceite decolza pasa por ser a maior traxedia sanitariada España contemporánea.A primeira vítima oficial foi un neno de Torre-jón de Ardoz, en Madrid, o primeiro de maiode 1981 e nos catro primeiros meses dendea súa aparición xa se contabilizaban 129mortes e 12.000 afectados.Nun primeiro momento esta intoxicación foiconfundida pola enfermidade do lexionario emáis tarde foi denominada «pneumonía atí-pica». O ministro de Sanidade, da UCD edeputado galego por Pontevedra, Jesús San-cho Rof, chegou a afirmar que o axente pro-ductor do mal era «un bichito do que coñe-cemos o nome e o primeiro apelido, e é tanpequeno que se cae da mesa, mátase». Eraa escenificación do despiste que tiñan as au-toridades sanitarias da época sobre o mal, asúa orixe e o seu tratamento. Sancho Rof,foi cesado nese mesmo ano de 1981.Co paso do tempo foise descubrindo o fíocomún de todos os afectados, o consumode aceite de colza. Retiráronse da circula-

Antón Patiño, en Lois Pereiro. Radio-grafía do abismo ofrécenos unha vi-sión moi completa da súa vida e doseu mundo creativo.

O ACEITE DE COLZA13

Lois, en 1979.Arquivo familar Sánchez Pereiro

Page 16: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 16

ción máis de catro millóns de litros de aceiteadulterado e os trinta e sete aceiteiros acu-sados pola introducción no mercado alimen-tario deste aceite foron condenados, polo Tri-bunal Supremo, a penas de cadea e ao pagode indemnizacións millonarias ás vítimas eaos seus familiares. O problema é que estesnon dispuñan de suficiente capital para facerfronte ás indemnizacións polo que o Estado ,despois de que fora declarado responsablecivil, se fixo cargo destas indemnizacións. Así,despois de 18 anos e do paso de tres gober-nos de signo diferente, UCD, PSOE e PP,promulgouse o Real Decreto polo que se au-torizaba aos herdeiros dos falecidos e ao restode afectados superviventes ao cobro das in-demnizacións estipuladas pola xustiza.Un 24 de maio de 1996, o mesmo día no quese facía pública a sentenza do aceite de col-za, falecía no antigo hospital Juan Canalejoda Coruña, un dos afectados galegos do en-velenamento masivo, o poeta Lois Pereiro.

No 2010 editouse unha fotobiografía so-nora sobre a figura e a obra de Lois Pe-reiro, na que se recollen fotos, entrevis-tas e temas musicais cos seus poemas.

Page 17: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 17

TRES POESÍAS14

O río Cabe ao seu paso baixo a ponte romana de Monforte de Lemos (Lugo)

REMORSOS

A néboa en Monforte fumadora de opioé a nai de siluetas furtivase saúdo ó perigo que brillana face escura dos teus soñosa verquer nas veas a bágoa fatal.

E triste non dorme no fondo dos ollosmedrando no reflexo eternodos corpos afogados profecíascando baño a navalla destas artesno sangue doutro drama que se acolleno refuxio da túa arte máis lenecoma unha man esférica que acepta.

«Eu son un deus sensual»e cando cae o solfustrigo á beleza no mesmo cabalo.

(Poemas, 1981/1991)

Page 18: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 18

DENDE A SUPERFICIE DUN NOVOE IMPREVISTO SALVAMENTO

Sería a luz que me alagaba os ollosda vida roubada á morte veciñapero todos me apalpaban incréduloscolléndome das mans.Todos aqueles que me amaran mortoamábanme máis vivo.

Abríranse dúas portas en direccións opostase escollín a que se abría cara á vidaco sol entrando a eito polas fiestras.Tería que reanudarmee regresar á miña propia vidasen contaxiarme outra vez de min mesmo.Retocaría o guióne mudaría outra vez de personaxeretomando a perdidaaprendizaxe.

(Poesía última de amor e enfermidade, 1992-1995, nadal 94)

Lois Pereiro, en primeiro plano, seguido do seu irmán Xosé Manuel.Arquivo familar Sánchez Pereiro

Page 19: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 19

EN LEONBERG

«Bid adieu, adieu, adieu.Bid adieu to girlish days»J. JOYCE(Chamber music, XI)

ABURRIDOun olor a caféna indiferencia de Praga.Prumas na cabeza, verde artificial.Unha entrada excitantepara un xogo final de namorados.

Un tenor azul canta o turno da pasión candocae o único inocente.

Sobre o fondo exipcioa testa ladeada, de perfil.

(Poemas para unha loia)

Lois Pereiro nun café da cidade alemá de Heidelberg, en 1992.Arquivo familar Sánchez Pereiro

Page 20: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 20

NÁUFRAGOS...15A estrada facíase cobra, cravando o ventre nos montes que medraban

ó pé doutros máis outos. A luz desfeita en refrexos e o ceo sen forma, senollos vixiaban.

-Contigo,- dixo Bernal- síntome soio. Disposto a todo. Iste día fainosúnicos, tras dos muros invisíbeis diste día, dista viaxe. Ademais, agora,sinto a miña parte estúpida, a miña porción fresca de ridículo, sen vergon-za, disposto a aumentala.

Ela riuse. Tamén era conscente da súa parte de estupidez, tan nece-saria, tan fresca. Ás veces, todo un día, por moito tempo, podía sentirseestúpida. Aliviaba.

Bernal boquexou, e sentiu necesidade de berrar o nome de Mimsi:«Annalisa, Annalisa, Annalisa!!!!...» Subiu o volume de música: cambiabao sangue, o grupo e o Rh.

-Mais a crave desa necesidade de estupidez é que sabemos que nonosomos. Dámonos conta do límite -dixo Mimsi, sorrindo.

Un coello cruzou a estrada diante diles, coma unha visión.-A morte!! -berrou Bernal. E os dous riron.

Cap

ítulo

IV. C

ando

o o

llo e

a c

have

abr

en d

e N

áufra

gos

do p

arad

iso

O torreón do castelo de Monforte.

Page 21: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 21

CRONOLOXÍA161958 Nace, o 16 de febreiro, Lois Pereiro en Monforte de Lemos, Lugo.

1975 Marcha a Madrid para estudar Socioloxía.

1975 Volta, a finais de ano, a Monforte e traballa na cristalería familiar,colocando vidros polas obras.

1976 Regresa a Madrid a estudar inglés, francés e alemán, na EscolaOficial de Idiomas. Participa na revista galega Loia, editada arte-sanalmente por estudantes galegos en Madrid.

1981 Intoxícase coa inxesta de aceite de colza desnaturalizado.

1982 Gaña o premio de Poesía da Agrupación O Facho, da Coruña.

1984 Participa no libro colectivo De amor e desamor I.

1985 Participa no segundo libro colectivo De amor e desamor II.

1985 Comeza a súa colaboración en La Naval, coa publicación duntexto adicado ao polígono coruñés de Elviña, «O frío edificado».

1986 Participa na UIMP, de Santander, no Desembarco das ForzasAtroces do Noroeste.

1987 Aparece a súa poesía na antoloxía Después de la modernidad.

1987 Emítese na TVG ,o 25 de xullo, o programa Que é Galicia?, cunguión da súa autoría.

1992 Publica o seu primeiro libro en solitario Poemas, 1981/1991.

1994 Sufre unha forte recaída no seu estado de saúde.

1995 Publícase o seu segundo libro Poesía última de amor e enfermi-dade, 1992-1995..

Page 22: BIOGRAFIA LOIS PEREIRO 1€¦ · BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 3 Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece li-

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011 22

1996 Dá, no mes de xaneiro, o seu último recital poético.

1996 Falece, o 24 de maio, na cidade da Coruña.

1997 Edítase Poemas para unha loia, o seu libro póstumo e no que serecollen as súas poesías publicadas na revista Loia e o texto enprosa «Modesta proposición para renunciar a facer xirar a rodahidráulica dunha cíclica historia universal.»

2011 A Real Academia Galega adícalle o Día das Letras.

Lois Pereiro en Madrid, en 1980Arquivo familar Sánchez Pereiro