cantiga de amor

44

Upload: trafegandoronseis

Post on 16-May-2015

959 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Cantiga de amor
Page 2: Cantiga de amor

.- A cantiga de amor é o xénero máis provencializante da nosa lírica

(< cançó).

.- Figuras conceptuais (antíteses, paradoxos, parodia, ironía) e formais (dobre, mordobre).

.- A linguaxe é máis elaborada que a das cantigas de amigo.

.- Conservánse nos códices en 1º lugar: 377 de refrán e 321 de mestría.

Page 3: Cantiga de amor

A cantiga de amor é un poema no que un home se dirixe a unha dona,

mostrando o seu amor por ela. Unha amada inalcanzable, á que se rende

vasalaxe como se fose un señor feudal.

En contra do que sucedía nas cantigas de amigo, o suxeito lírico é

masculino.

Estamos ante un xénero prestixioso.

Constitúen a maior parte das 1679 cantigas profanas que conservamos e

dedícaselle en exclusiva o Cancioneiro de Ajuda.

Page 4: Cantiga de amor

Orixes

A) TRADICIÓN CLÁSICA: o mundo antigo inflúe no pensamento do home da Idade Media, de aí que vexamos nas composicións a erótica latina, o amor platónico e as consecuencias tormentosas do desamor.

B) TRADICIÓN MEDIEVAL: a influencia do idealismo cristiá fai que teñamos un culto á muller como un ser divino.

E seguindo esta liña temos tamén a influencia da sociedade feudal.

C) TRADICIÓN POPULAR: Gaston París ve unha influencia na celebración das maias, xa que a invocación da primavera favorece o amor libre e o pracer.

D) TRADICIÓN PROVENZAL: ademais dos numerosos provenzalismos temos a introdución da teoría do amor cortés.

Page 5: Cantiga de amor

O xénero poético da

CANTIGA DE AMOR

consistía en que

unha voz poética

masculina expresaba

o seu amor a unha

dama idealizada da

nobreza.

Page 6: Cantiga de amor

Coa palabra “SENHOR” o home facía

referencia a unha DONA que reunía

CARACTERÍSTICAS ABSTRACTAS DO

IDEAL DE BELEZA FEMININO.

Daquela o morfema -or era o empregado para os dous

xéneros: a senhor, a pastor…

Page 7: Cantiga de amor

Por tanto…

Na cantiga de amor a voz presente é a masculina: é o home quen expón a súa coita amorosa a unha muller.

A palabra senhor, que fai referencia á amada, adoita aparecer nos primeiros versos destas cantigas, converténdose na marca de xénero.

Page 8: Cantiga de amor

“FALAR BEN”,

“SER

FERMOSA”,

“BEN TALLADA”

OU “A QUE

DEUS FIXO

MELLOR” son os

únicos eloxios

que fai o poeta.

Page 9: Cantiga de amor

Este non podía citar

ningunha parte física

concreta dela porque

rompería o código da

MESURA, que

impedía desvelar a

identidade da dama

gabada no poema.

Page 10: Cantiga de amor

Pola COITA (PENA

DE AMOR) que

sufría pola dama,

a voz poética

podía chegar a

MORRER DE

AMOR, o que se

deu na cantiga de

amor provenzal.

Page 11: Cantiga de amor

… moir*’ eu porque non vexo aquí

a dona que por meu mal vi.

(Afonso X)

*morro

Page 12: Cantiga de amor

Os personaxes

A senhor: descrita de xeito vago e impreciso. Só sabemos que é moi bela, case perfecta (bon semelhar, ben talhada). Da súa psicoloxía tampouco temos adxectivos nin positivos nin negativos (bon sen, bondade).

O namorado: desempeña o papel de vasalo (seer vosso) e preséntase á dama como un ser fiel e honesto para gañar o seu favor. Expresa repetidamente o seu amor pola senhor aínda que ás veces o oculta por medo á saña. Pode chegar á morte por amor, ao non lle conceder galardón (recompensa)

Page 13: Cantiga de amor

Os personaxes

Os miscradores: eran os competidores do poeta polo amor da dama. Cualificados de mentireiros porque así o autor atraía a atención da amada sobre el.

Page 14: Cantiga de amor

O amor cortés

• Este ideal baséase na concepción do amor como servizo. O home, como namorado, estaba sometido á súa namorada igual ca un vasalo ao seu señor. A amada é representación de todas as virtudes e bens. Hai que exaltar a muller como suma de calidades positivas. O poeta aspira a través dun camiño de aprendizaxe amorosa ao grao máis alto de felicidade, ao Joi d´amor. Aínda que non sempre é así.

Page 15: Cantiga de amor

O amor cortés• O amor cortés configúrase como unha arte

con graos diferentes que o amante vai superando na escada amorosa:

FENHEDOR: limítase a suspirar pola amada, sen dirixirse a ela.

PRECADOR: diríxese a ela rogándolle o seu amor.

ENTENDEDOR: a dama corresponde o seu amor.

DRUDO: prodúcese contacto físico

Page 16: Cantiga de amor

O amor cortés• A característica fundamental do amante é a

mesura e a vontade de servir polo pracer de facelo, para realizarse a un mesmo mediante o amor, orixe da perfección.

Page 17: Cantiga de amor

DIFERENZAS CANÇO-CANTIGA AMOR

• A muller da lírica provenzal a quen se dirixen as composicións é real e casada. Na nosa o poeta diríxese a unha dona idealizada , solteira ou casada.

• Na cantiga de amor, o gozo de amar e a sensualidade son substituídos por un amor platónico dominado pola coita de amor. O namorado nunca é correspondido e na cançó si; non, pois, hai contacto físico nin adulterio.

Page 18: Cantiga de amor

DIFERENZAS CANÇO-CANTIGA AMOR

• Ausencia de descrición física da dama, é algo intocable e etéreo. Só se describe moralmente.

• Ausencia de locus amoenus e exordium primaveral.

• Os nosos poetas case nunca superan a fase de fenhedor, como moito chegan a precadores.

Page 19: Cantiga de amor

DIFERENZAS CANÇO-CANTIGA AMOR

• Maior sinxeleza formal: Na cançó composicións de mestría, con 5 ou 7 cobras unisonantes ou dobras, rima consonante e 800 esquemas estróficos diferentes.

Na cantiga de amor, cantigas de mestría ou refrán, de 4 ou 5 cobras con rima asonante e só 200 esquemas estróficos diferentes.

Page 20: Cantiga de amor

Os recursos propios deste tipo de

cantiga son O DOBRE E O

MORDOBRE.

O PRIMEIRO É A REPETICIÓN

DUNHA PALABRA NA MESMA

COBRA OU ESTROFA.

Page 21: Cantiga de amor

Pois sempre há en vós mesura

e todo ben e cordura,

que Deus fez en vós feitura

qual non fez en muller nada (Don Dinís)

DOBRE

Page 22: Cantiga de amor

O MORDOBRE repite unicamente

o lexema, creando un xogo de

conceptos do AMOR CORTÉS aínda

maior có dobre.

Page 23: Cantiga de amor

Pois me tal coita faz sofrer

qual sempr’ eu por ela sofrí,

des aquel día que a vi,

e non se quer de min doer

… (Afonso X)

MORDOBRE

Page 24: Cantiga de amor

As cantigas de amor acostumaban ser de

mestría, sen estribillo ou refrán, de aí

que o poeta debese amosar o seu bo

facer poético ao non poder repetir versos

enteiros.

Page 25: Cantiga de amor

A rima MACHO (AGUDA) destas composicións seguía máis fielmente o modelo provenzal, fronte á rima grave,

máis propia das de amigo.

Quer’ eu en maneira de proençal

fazer agora un cantar d' amor

… (Don Dinís)

Page 26: Cantiga de amor

Tópicos nas cantigas de amor

Page 27: Cantiga de amor

Céntrase no tema da fin'amors ou amor cortés.

Expresión dunha voz masculina que manifesta a súa paixón amorosa cara a unha dama nobre, normalmente casada.

Trasvasamento do ríxido código feudal de vasalaxe á relación amorosa: trobador=vasalo/dona=senhor

O amante, como bo vasalo, ha ser constante e fiel, á espera dun prezado ben.

Trazos temáticos da cantiga de amor

Visión idealizada da dama, apenas descrita para non desvelar a súa identidade (amor adúltero per se) e respectar a mesura (motivo do segredo do amor)

O amor non correspondido polo desdén ou rexeitamento da dama (sanha) é fonte de coita e sufrimento constante, mesmo morte de amor.

Amor entendido como camiño de perfección espiritual.

Page 28: Cantiga de amor

Como morreu quem nunca bemhouve da rem que mais amou,e que[m] viu quanto receoudela, e foi morto por en: ai, mia senhor, assi moir'eu! Como morreu quem foi amarquem lhe nunca quis bem fazer,e de que lhe fez Deus veerde que foi morto com pesar: ai, mia senhor, assi moir'eu! Com'home que ensandeceu,senhor, com gram pesar que viue nom foi ledo nem dormiudepois, mia senhor, e morreu: ai, mia senhor, assi moir'eu! Como morreu quem amou taldona que lhe nunca fez bem,e quen'a viu levar a quema nom valia, nen'a val: ai, mia senhor, assi moir'eu!

Cantiga de amor de Paio Soares de TaveirósA 35 B 150

Versións musicadas de Tomás Borba eJ. Vicente Narciso en http://cantigas.fcsh.unl.pt

Cancioneiro da Ajuda (A)

Page 29: Cantiga de amor

Amor cortés

A doutrina do amor cortés codifica o ritual amoroso nas cantigas.

Dáse unha traslación do concepto do servicio feudal ao servizo amoroso: o trobador entrégase como vasalo á sua dona (que se converte así na súa senhor con dominio pleno sobre el) aceptando os deberes que os lazos feudais implican e, asemade, esperando o seu merecido ben, que nunca chega a acadar o abnegado e fiel amante da lírica galego-portuguesa.

Page 30: Cantiga de amor

Amor cortés.O bon amador ha posuír calidades de seu:

constante no servizo amoroso, fiel, xeneroso, mesurado e de bon sen.

O trobador ten divinizada a súa dama, contémplaa como a un ser superior; por iso, malia ser un amor non correspondido (desprezo da dama ou separación), este servizo amoroso supón para o trobador, alén de sufrimento, un proceso de perfeccionamento espiritual.

Page 31: Cantiga de amor

TEMAS

.

Page 32: Cantiga de amor

Loanza da damaA senhor das cantigas de amor -a diferenza da dona

virgo das cantigas de amigo- é adoito unha muller nobre casada, o que impón a mesura por parte dos amantes; isto é, a discreción deste amor adúltero.

Louvanza da dama con escasas referencias ás súas calidades físicas e piscolóxicas para manter en segredo a súa identidade.

Idealización da dama con figuras estereotipadas: fremosa mha senhor senhor ben talhada senhor de bom parescer senhor do melhor prez boa senhor senhor de bon ssem

Page 33: Cantiga de amor

Loanza da damaAparece polo xeral na primeira parte da cantiga. Pode referirse á beleza física ou moral:

Page 34: Cantiga de amor

Senhor, en tan grave díavos vi que non poderíamáis; e por Santa María,que vos fex tan mesurada,doede-vos algún día de mí, senhor ben talhada.

Pois sempre ha en vós mesurae todo ben e cordura,que Deus fez en vós feituraqual non fez en molher nada,doede-vos por mesura de min, senhor ben talhada.

E por Deus, senhor, tomademesura por gran bondadeque vós el deu, e catadequal vida vivo coitada,e algún doo tomade de min, senhor ben talhada.

Cantiga de amor de Don DinísB 562 V 176

Don Dinis, trobador e rei de Portugal

Cancioneiro da Biblioteca Nacional de

Lisboa (B)

Page 35: Cantiga de amor

Coita de amorO amor na lírica galego-

portuguesa -a diferenza da occitana- é fonte de COITA.

O desdén e/o rexeitamento da dama ou a simple separación dos amantes é a causa do sufrimento constante do trobador e de toda a sintomatoloxía amorosa que o acompaña: loucura, perda do sen e mesmo morte de amor.

Page 36: Cantiga de amor

Coita de amorPreséntanse diferentes graos de sufrimento por amor: o

pranto, a loucura ou a morte por amor. Algúns elementos léxicos comúns son: coita, doo, penar, sofrer, lazerar, chorar, sandecer (tolear), perder o sen, morrer…

Ora non moiro, nen vivo, nen sei

como me vai, nen ren de mi, se non

tanto que ei eno meu coraçon

coita d´amor qual vos ora direi:

tan grand´é que me faz perder o sén

e mia senhor non sab´ ende ren.

Nuno Fernández Torneal

Page 37: Cantiga de amor

A dona que eu am'e tenho por senhoramostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for,se nom dade-mi-a morte.

A que tenh'eu por lume d'estes olhos meuse por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus,se nom dade-mi-a morte. Essa que vós fezestes melhor parecerde quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer,se nom dade-mi-a morte.

Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar,mostrade-mi-a u possa com ela falar,se nom dade-mi-a morte.

Cantiga de amor de Bernal de Bonaval B 1066 V 657

Versión musicada por Amancio Prada en: http://cantigas.fcsh.unl.pt/http://sondepoetas.blogspot.com/

Muitos dizem com gram coita d'amorque querriam morrer e que assiperderiam coitas; mais eu de miquero dizer verdad'a mia senhor: queria-me lh'eu mui gram bem querer, mais nom queria por ela morrer com'outros morrerom. E que prol tem?Ca, des que morrer, non'a veerei,nem bõo serviço nunca lhi farei.Por end'a senhor que eu quero bem queria-me lh'eu mui gram bem querer mais nom queria por ela morrer com'outros morrerom no mundo já,que depois nunca poderom serviras por que morrerom, nem lhis pedirrem. Por end'a que m'estas coitas dá queria-me lh'eu mui gram bem querer mais nom queria por ela morrer; ca nunca lhi tam bem posso fazer

serviço morto como se viver.

Cantiga de amor de Paio Gomes Chainho

B 809 V 393

Page 38: Cantiga de amor

Amor do poeta

O fiel amante cortés anuncia o seu amor pero non é quen de llo manifestar á súa dama (precador) polo que sofre amando en silencio...

Pois que m'hei ora d'alongarde mia senhor, que quero bem,porque me faz perder o sem,quando m'houver del'a quitar,direi, quando me lh'espedir:de mui bom grado queria ir log'e nunca [m'end'ar] viir. Pois me tal coita faz sofrer,qual sempr'eu por ela sofri,des aquel dia 'm que a vi,e nom se quer de mim doeratanto lhi direi por en:moir'eu e moiro por alguéme nunca vos direi mais en. E já eu nunca veereiprazer com estes olhos meus,de[s] quando a nom vir, par Deus,e com coita que haverei,chorando lhi direi assi:moir'eu porque nom vej'aquia dona que por meu mal [vi].

Cantiga de Afonso X B 469

Afonso X O Sabio

Page 39: Cantiga de amor

Amor do poeta

Transmítese a través de breves enunciados ao longo das composicións: amar muito, querer ben, amor… Case sempre son fórmulas estereotipadas.

Meu senhor Deus, pois me tan muit´amar

Fezestes, quan muit´amo, ua molher

Pedro Amigo de Sevilla

Page 40: Cantiga de amor

Reserva da dama*O segredo, a prudencia e a discreción preside a relación de amor: mesura, razón, non dicir…*A prohibición de vela ou falarlle imposta pola dama ao poeta: alongar, alongado, mandar ir, fazer partir…*O rexeitamento, a despreocupación pola sorte do namorado, a indiferenza…: ser sañuda, desamar, desamparar, non nembrar, fazer mal…

Am´eu tan muito mia senhor

que sol non me sei conselhar

ela non se quer nembrar

de min… e moiro-me de amor.

E assi morrerei por quen nen quer meu mal, nen quer meu ben.

Nuno Fernández Torneal

Page 41: Cantiga de amor

CLASIFICACIÓN FORMAL

ATENDENDO Á PRESENZA DE REFRÁN

CANTIGA DE REFRÁN Composicións que levan un ou varios versos que se

repiten ao final de cada estrofa. Son as máis parecidas

ás cantigas de amigo.

CANTIGA DE MESTRÍA Non ten refrán e componse de tres ou catro cobras de

sete versos heptasílabos, octosílabos ou decasílabos.

Estas son máis parecidas ás composicións provenzais.

Page 42: Cantiga de amor

CLASIFICACIÓN FORMAL

ATENDENDO Á DISTRIBUCIÓN DA RIMA

COBRAS

UNISONANTES

Repiten as mesmas rimas en todas as estrofas.

COBRAS

SINGULARES

Teñen rimas diferentes coa mesma distribución en cada

estrofa.

COBRAS DOBRAS As mesmas rimas en idéntica distribución cada dúas

estrofas.

COBRAS ALTERNAS Repiten unha combinación de rimas para as estrofas

pares e outra para as impares.

Page 43: Cantiga de amor

RECURSOS

DOBRE Repetición dunha palabra ou grupo de palabras en posicións simétricas dunha estrofa.

Est´a dona que quero bene con pavor de vos pesarnon lhis ouso dixer per rensenhor, que vos eu quero ben […]

MORDOBRE Repetición, en posicións simétricas, dun mesmo lexema, con variación nos afixos ou nos morfemas.

Mais sol non poss´eu enganarMeu coraçon, que me enganou,Por quanto me fez desejarA quen me nunca desejou: […]

FINDA Versos ao remate da composición como unha conclusión. Mantén a rima do refrán ou nas de mestría a da última cobra.

COBRAS CAPCAUDADAS

O primeiro verso da segunda estrofa repite a rima do derradeiro verso da anterior.

COBRAS CAPFINIDAS

Cando o primeiro verso da segunda cobra retoma algunha palabra ou secuencia de palabras do último verso da anterior. Se ten refrán, o verso anterior ao refrán.

COBRAS CAPDENALS

Dúas ou máis cobras posúen versos que comezan pola mesma palabra ou grupo de palabras.

Page 44: Cantiga de amor

Máis

Música:

http://cantigas.fcsh.unl.pt http://martincodax.org http://sondepoetas.blogspot.c

om http://www.luarnalubre.com http://www.amancioprada.com