a cantiga de amigo

29
A cantiga de amigo

Upload: trafegandoronseis

Post on 16-May-2015

4.822 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A cantiga de amigo

A cantiga de amigo

Page 2: A cantiga de amigo

As CANTIGAS DE AMIGO teñen orixe autóctona pois proveñen

da literatura oral galega de creación feminina.

Page 3: A cantiga de amigo

Nelas a voz poética é unha DONCELA do pobo

baixo que expresa a súa COITA DE AMOR polo

seu AMIGO ou amante, sempre ausente, en

situacións como a guerra…

Page 4: A cantiga de amigo

… no servizo ao rei ou de camiño para se citar coa doncela.

Page 5: A cantiga de amigo

A voz poética

feminina pode

dirixirse á nai, que

se converte na

CONFIDENTE dos

amores da súa filla

co amigo, ante a

que toma diversas

actitudes:

Page 6: A cantiga de amigo

… prohibición, aviso, permisividade,

desconfianza e mesmo ciumes.

Page 7: A cantiga de amigo

A situación desenvólvese

sempre nun MARCO

NATURAL e preciso: O

MAR , A FRAGA ,

UNHA FONTE… , a

diferenza da abstracción

das cantigas de amor.

Page 8: A cantiga de amigo

Así, hai Cantigas de amigo BAILADAS, nas que a muller expresa a ledicia do amor

convidando ao baile.

Page 9: A cantiga de amigo

As de ROMARÍA son aquelas nas que o encontro

amoroso se produce nun SANTUARIO,

lugar de reunión dos

amantes.

Page 10: A cantiga de amigo

Nas MARIÑAS

OU

BARCAROLAS a

voz poética da

muller toma o

MAR ou as

súas ONDAS

como

confidentes

dos seus

amores co

amigo.

Page 11: A cantiga de amigo

AS SETE CANTIGAS DE MARTÍN CODAX QUE APARECEN NO

PERGAMEU VINDEL SON CLARAS MOSTRAS DESTE SUBXÉNERO.

Page 12: A cantiga de amigo

OS RECURSOS FORMAIS DA CANTIGA DE AMIGO TEÑEN ORIXE POPULAR,

POLO QUE A REPETICIÓN DE VERSOS CONSTITÚE A SÚA FORMA BÁSICA.

Page 13: A cantiga de amigo

O PARALELISMO é o recurso

propio das cantigas de amigo,

dáse entre versos situados no

mesmo lugar de diferentes

cobras, repetindo o

significado

Page 14: A cantiga de amigo

O PARALELISMO MESMO PODÍA

FACERSE MUDANDO SÓ A ÚLTIMA

PALABRA DUN VERSO

Page 15: A cantiga de amigo

Ai eu, coitada, como vivo en gran cuidado

por meu amigo, que hei alongado!

Muito me tarda

o meu amigo na Guarda!

Ai eu, coitada, como vivo en gran desejo

por meu amigo, que tarda e non vejo!

Muito me tarda

o meu amigo na Guarda!(Don Sancho I)

Page 16: A cantiga de amigo

Ai eu, coitada, como vivo en gran cuidado

por meu amigo, que hei alongado!

Muito me tarda

o meu amigo na Guarda!

Ai eu, coitada, como vivo en gran desejo

por meu amigo, que tarda e non vejo!

Muito me tarda

o meu amigo na Guarda!(Don Sancho I)

Page 17: A cantiga de amigo

O LEIXAPRÉN FACÍASE DEIXANDO E

TOMANDO PARES DE VERSOS. OS

SEGUNDOS VERSOS PARALELÍSTICOS DO

PRIMEIRO PAR DE COBRAS APARECÍAN

COMO PRIMEIROS DO PAR SEGUINTE.

Page 18: A cantiga de amigo

Ondas do mar de Vigo, Se vistes meu amigo,e, ai Deus, se verrá

cedo!Ondas do mar

levado, Se vistes meu amado,e, ai Deus, se verrá

cedo!

o por que eu sospiroe, ai Deus, se verrá

cedo!

por que hei gran cuidadoe, ai Deus, se verrá cedo!(Martim

Codax)

Page 19: A cantiga de amigo

O REFRÁN é a repetición dun ou varios versos ao

final ou no corpo de cada cobra. Pode ter un número

de sílabas diferente ao resto do versos da cantiga. APARECÍA CORRENTEMENTE

NESTE XÉNERO BASEADO NA LITERATURA ORAL.

e, ai Deus, se verrá* cedo! *virá

Page 20: A cantiga de amigo

PORÉN, A MESTURA DE

XÉNEROS ERA USUAL:

MOITAS CANTIGAS DE

AMOR POSÚEN

PARALELISMO E REFRÁN, E

INCLUSO LEIXAPRÉN,

PROPIOS DA CANTIGA DE

AMIGO.

Page 21: A cantiga de amigo

A dona que eu am’ e tenho por senhor

amostráde-mi-a Deus, se vos en prazer for,

se non, dáde-mi a morte.

A dona que tenho por lume destes olhos meus

e por que choran sempr’, amostráde-mi-a, Deus,

se non, dáde-mi a morte.

… (Bernal de Bonaval)

Nesta cantiga de amor aparecen o paralelismo e o refrán

Page 22: A cantiga de amigo

Normas métricas da poesía medieval

• METRO: cóntase ata a última sílaba acentuada.• RITMO: aséntase na monótona repetición

paralelística e no equilibrio do isosilabismo (igual número de sílabas en cada verso). Se hai algún metro non regularizado, a irregularidade sería corrixida pola melodía musical. Os trobadores modulaban os ritmos das súas composicións a través dos encabalgamentos.

Page 23: A cantiga de amigo

Normas métricas da poesía medieval

• RIMA: os versos poden ser MACHOS OU FEMIAS:

.- MACHOS: os versos que rematan en palabra aguda..- FEMIAS: os versos que rematan en palabra grave.

Page 24: A cantiga de amigo

Dende un punto de vista FORMAL

• As cantigas poden ser:.- de REFRÁN: están constituídas normalmente por un número de catro versos co seguinte esquema rimático: «abbaCC»..- de MESTRÍA: non levan refrán.

Page 25: A cantiga de amigo

Simboloxía nas cantigas de amigo (I)

• 1.- Simboloxía DOS OBXECTOS: O seu valor simbólico está en relación coa idea de fidelidade e pertenza ao ser amado. As DOAS eran prendas de intercambio entre as parellas, con frecuencia a entrega dunha destas prendas significa unha promesa doutra entrega de tipo máis persoal, é unha proba de lazo sentimental entre os namorados. A CINTA OU CORDÓN DA CAMISA son símbolos estreitamente vinculados á posesión carnal.

Page 26: A cantiga de amigo

Simboloxía nas cantigas de amigo (II)

• 2.- Simboloxía da NATUREZA:.- A AUGA: o río, a fonte, o lago, o mar… son lugares de encontro dos namorados. Coa auga asócianse elementos que teñen un claro significado erótico.O mar pode ser responsable da separación dos namorados, ou as ondas poden ser portadoras de novas do amigo.

Page 27: A cantiga de amigo

Simboloxía nas cantigas de amigo (III)

Coa fonte van ligadas unha serie de imaxes de referencia sexual como o lavado de cabelos, a rotura do brial, etc. Co concepto de lavar cabelos, «garcetas» ou camisas únese un rito ou preludio do encontro amoroso..- Os CABELOS aportan información do estado da amiga. As doncelas levaban o cabelo longo. As casadas ou prometidas recollido ou curto. O cabelo ten unha grande atracción erótica.

Page 28: A cantiga de amigo

Simboloxía nas cantigas de amigo (IV)

.- O VENTO E A BRISA: con eles pode expresarse a inconstancia ou poden aparecer asociados coas ondas ás que lles infunden a enerxía da que carecen para ir dun lugar a outro..- A FLORA: A presenza das flores vai unida á alegría de amar e a súa ausencia coa tristura que envolve á amiga cando o amigo está ausente. As árbores teñen unha importante carga erótica ademais de ir asociada a súa presenza coa existencia dun lugar pracenteiro.

Page 29: A cantiga de amigo

Simboloxía nas cantigas de amigo (V)

.- A FAUNA: O cervo é utilizado como termo de comparación co amigo ou como metáfora, como símbolo da potencia viril masculina ou como referente da axitación sentimental. Aparece normalmente asociado con outros temas de claro contido simbólico como lavar cabelos. Os paxaros constitúen o marco que anuncia a primavera.