bernardiño graña

8
Bernardino Graña Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 7 de noviembre de 2012

Upload: asnosasletras

Post on 20-Jul-2015

182 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Bernardiño graña

Bernardino Graña

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

miércoles 7 de noviembre de 2012

Page 2: Bernardiño graña

Cangas daba mariñeiros de altura e mariñeiros de baixura. Fun, sendo un neno, con mariñeiros de baixura, en gamela, a pescar luras, fanecas, polbos, mariscos… Co tío Emilio, irmán do meu pai e con Luís Sotelo, meu padriño, marido de Agustina, tía e madriña, irmá da miña nai. E fun, de menor e de maior, pola costa de Darbo e Liméns, con cana, a pescar pintos e serráns. Esa circunstancia aínda está influindo na miña literatura actual. Preparo narracións onde se narran os feitos.

Bernardino Graña

1. Como lembra Vostede aqueles seus anos mozos dos comezos da ditadura naquel ambiente mariñeiro de Cangas (da Ría de Vigo) onde a economía pesqueira estaba a adquirir grande pulo? Forxaron aquelas circunstancias, aqueles factores económicos e sociais ao futuro Bernardino Graña?

2. Xa desde xove o seu interese pola poesía toma corpo cando participou na redacción dunha revista poética. A que cre Vostede que se debeu esa inclinación cara á lírica? Por que con seguiu a corrente da maior parte dos seus coetáneos que comezaron pola narrativa ou o teatro?

Incluso os que se deron a coñecer na narrativa e no teatro comenzaron, aínda que non o confesen, facendo versos. É o normal. A lírica, a expresión dos sentimentos, é o normal. En todo o mundo a literatura en verso como primeira literatura é o normal.

3. Que supón para vostede pertencer, e ser un dos seus fundadores, ao grupo galeguista Brais Pinto? Cales foron as principais iniciativas, logros para o galego neste grupo? Inflúe moito a tendencia política dos seus integrantes no labor que fan? En que sentido?

Pertenzo a Brais Pinto, grupo cultural de resistencia nado en Madrid a finais dos anos 50 do século pasado. Era e é un movemento de resistencia contra Franco e os franquistas. Sigo e seguiréi na mesma liña. Seguimos afirmándonos en Galicia, dicindo “Non” ao centralismo. Somos unha nación.

Algúns dos actuais membros do grupo Brais Pinto. Fonte: O blog de Raúl.

miércoles 7 de noviembre de 2012

Page 3: Bernardiño graña

A AELG é algo parecido a Brais Pinto. Poden ingresar nela os autores de obra escrita en galego. Coa AELG, no Galeusca, fomos ao País Vasco, a Pamplona, a Castellón, a Mallorca, a Francia… a convivir e compaxinar con vascos, cataláns, valenciáns... Só os centralistas e os ignorantes non cualifican nin lle dan importancia a ese encontro de nacións.

Bernardino Graña

5. Foi Vostede un impulsor e primeiro presidente da AELG. Como cualificaría a importancia desta Asociacion para as nosas letras?

6. Segundo nos conta o noso profesor de Literatura nunha súa visita ao noso Centro alá nos anos 80 cando lle preguntaron cáles eran os temas da súa poesía Vostede respostou que “O mar e amar”. Por que daquela a Vostede se coñece co nome de “Poeta do mar” e non “Poeta do amor? Que ocorreu co “amor”?

¿Que ocorreu co amor?” Fundamental pregunta. Preguntádelle a Núñez Feijóo, que non casa nin con muller nin con home, que é un dos guías que non teñen ollos. Está na “Letanía para nos librar dos que a ninguén aman”. Se para algúns só son poeta do mar é porque ser poeta dunha cousa cábelles, pero selo de dúas xa non lles cabe.

7. Tan importante é o mar na súa poesía como para figurar ao carón de Cosmos nas definicións que por aí circulan: “Poeta cósmico e do mar”?

Si. É tan importante. Despois do amor. O mais importante é o amor. Do que vimos. Do verbo “vir”.

Homenaxe da AELG.Fonte: El Ideal Gallego.

4. Vostede foi un dos compoñentes da “Xeración das Festas Minervais”. Que lembranzas ten dese grupo que tanto supuxo para a nosa lírica? Cre Vostede que esta xeración foi valorada na súa xusta medida? Que papel, segundo Vostede, xogou esta Xeración para as nosas letras?

Nas Festas Minervales de Santiago de Compostela dos anos 50 do século pasado déronse a coñecer Salvador García-Bodaño, Xosé Luís Franco Grande, Francisco Carro, Arcadio López Casanova, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ramón Lorenzo… Unha conta enorme, inmensa para a nosa lírica. Valórana a xente que vale.

miércoles 7 de noviembre de 2012

Page 4: Bernardiño graña

Houbo moitos anos en que estabamos españolizados. Á forza. Ou en castelán ou fóra… Se acaso o que mandabas en galego ata cho traducían ao castelán. Agora (por exemplo, Manolo Rivas) estamos “coa lingua de fóra”.

Bernardino Graña

8. Sempre soubemos que a súa literatura é monolingüe no noso idioma. Ocorreu o mesmo co seu amplo labor xornalístico? Como cre que anda lingüísticamente o noso idioma no xornalismo contemporáneo?

9. Non é unha contradicción que un escritor monolingüe en galego impartise clase de Castelán? Como se sentía Vostede con esta circunstancia?

Igual que no anterior. Non era contradicción. Non había oposicións a Literatura Galega. O galego “non era lingua”. Nos anos 70, cando por fin volvín a Galicia, vinme en Padrón e Cangas como catedrático de Lingua e Literatura Españolas e expliquei iso en galego. Era a nosa vida… Era a españolización franquista. Non había elección. Cando tomei posesión da cátedra de Lingua e Literatura Españolas tiven que asinar unha declaración xurada (obrigatoria) de aceptación dos principios do paralizante “movimiento nacional” de Franco.

10. Acadou Vostede recoñecementos a nivel de premios literarios en todos os eidos literarios que tocou (Teatro, teatro para nenos, lírica, narrativa infantil contos infantís...). Con cal, ou con cales, se quedaría e por que? Supuxo moito para Vostede verse no elenco de gañadores do Certame Abrente de Ribadavia?

Iso de “¿con cal, ou con cales, se quedaría?” é para xente estreita, non para min. Síntome orgulloso de ter acadado eses premios. Síntome orgulloso de ter acadado o Abrente de Ribadavia. A pesar de que non me representaron.

miércoles 7 de noviembre de 2012

Page 5: Bernardiño graña

Bernardino Graña

11. Non cre que son poucos os recoñecementos verbo da súa lírica cando foi o xénero que máis relevancia lle proporcionou?

Profecía do mar”, por exemplo, tivo catro edicións nesta nosa, empobrecida Galicia. Hai poemas meus traducidos ao español, inglés, francés, ruso e macedonio. Hai homes e mulleres que casaron oíndo, con música ou sen música, poemas do autor… Hai alumnos como vós que teñen corazón para a lírica e preguntan con preguntas de amor. Non me queixo.

12. Aquí na Estrada concedéronlle a Vostede o merecido Premio San Martiño á Normalización Lingüistica polo seu compromiso co noso idioma. Como enxerga Vostede a situación actual do noso idioma? Que habería que modificar?

13. Vostede a comezos dos anos 90 participou nunhas xornadas verbo da figura do insigne galeguista que lle dá nome ao noso Centro, Manuel García Barros. Que salientaría Vostede de Ken Keirades?

Hai que insistir, insistir, insistir…

Manuel García Barros foi fiel ao seu pobo. Aprendeu del a súa lingua, a súa retranca, os seus personaxes… Como debe ser.

14. E para finalizarmos, como olla Vostede desde a súa ampla experiencia futuro das nosas letras?

Se seguimos sensíbeis insistiremos. Se a xente non deixa de ler.

Entrega de premios San Martiño.Fonte: La Voz de Galicia

miércoles 7 de noviembre de 2012

Page 6: Bernardiño graña

CUESTIONARIO

miércoles 7 de noviembre de 2012

Page 7: Bernardiño graña

O Pórtico da Gloria do

Mestre Mateo.

Un monumento

salientábel?

Eduardo Blanco Amor

– A Esmorga.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

A comedia de tres cadelas” de Bertold Brecht

Unha obra teatral?

Galego - Pedro Pardo de Cela; estranxeiro -

Cronwel.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Óscar Wilde e os seus contos.Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiros?

Robinson Crusoe.

Un personaxe de ciencia-ficción co que se identifique?

Tempos modernos” de Charles Chaplin.

Unha película de cine?

A miña vida e a vida das mulleres amadas.

Cal é a sua fonte de inspiración?

Plantar, coidar árbores.

Outro entretemento ademais da literatura?

miércoles 7 de noviembre de 2012

Page 8: Bernardiño graña

Volver a vivir na miña casa

en Cangas.Un anceio por realizar?

Rural, a poucos metros

dunha vila e dunha praia.

Mundo rural/urbano? Praia/

montaña?

A costa de Soa Vela fronte ás Illas Cíes.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

O prendemento e

proceso de María Soliña

de Cangas.

Un feito histórico?

Que este planeta

estéa ocupado por

animais racionais e

intuitivos.

Unha utopía?

A miña casa en Cangas.

Un lugar axeitado para a lectura?

O mariñeiro Manuel Antonio.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

A música de Johan Sebastián

Bach. A canción Lela, con letra de Castelao.

Un tipo de música? Unha canción?

miércoles 7 de noviembre de 2012