11 de febreiro - barrios

24
VERÍN Páx.3 ALLARIZ Páx.11 XINZO Páx.9 Número: 10 - Ano: X - Febreiro 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 DEPORTES Páx.16 CELANOVA Páx.14 Pantallas e cigarróns saíron este pasado Domingo Corredoiro en Xinzo e Verín, respectivamente./B.LORENZO. Augas de Galicia mellorará a rede de saneamento Entrevista á presidenta da Asociación Aires Nosos de Verín O LIFE Regenera Limia prevé unha vintena de actuacións O xacemento de Castromao, de novo no foco da polémica Obras para garantir a subministración eléctrica en Chorente É tempo de Entroido! [Especial en páx. 17-20] Os 10Km de Xinzo correránse o vindeiro 1 de marzo [páx. 2]

Upload: barrios-xinzo-verin-allariz-celanova

Post on 07-Apr-2016

250 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

As imaxes do Entroido son tema de portada no número de Barrios de febreiro, no que tamén destacamos en portada a entrevista que realizmaos á presidenta da Asociación Cultural Aires Nosos de Verín.

TRANSCRIPT

Page 1: 11 de febreiro - Barrios

VERÍN Páx.3 ALLARIZ Páx.11XINZO Páx.9

Número: 10 - Ano: X - Febreiro 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

DEPORTES Páx.16CELANOVA Páx.14

Pantallas e cigarróns saíron este pasado Domingo Corredoiro en Xinzo e Verín, respectivamente./B.LORENZO.

Augas de Galicia mellorará a rede de saneamento

Entrevista á presidenta da

Asociación Aires Nosos de Verín

O LIFE Regenera Limia prevé unha vintena de actuacións

O xacemento de Castromao, de novo no foco da polémica

Obras para garantir a subministración eléctrica en Chorente

É tempo de Entroido! [Especial en páx. 17-20]

Os 10Km de Xinzo correránse o vindeiro 1 de marzo

[páx. 2]

Page 2: 11 de febreiro - Barrios

� BARRIOSFebreiro de �015

VERÍN E COMARCA

“Calquera pode poñer unha asociación, que non lle teña medo”

Paula Lodeiro

María Rosa Borjas Paz é a fundadora e presiden-ta da Asociación Cultural e de Ocio Aires Nosos de Verín, que en decembro pasado estreaba nova ubi-cación.

Cando naceu Aires No-sos?

María Rosa Borjas: “A asociación fundouse en �007, ten oito anos”.

E por que motivos foi fundada?

M.R.B.: “En principio non tiñamos ideas claras sobre a asociación. Eu dixen, o día que me xubile como levo tantos anos ao pé da xente, pois teño que ter algunha actividade, foi pensando niso. Había unha señora da miña idade, e díxenlle ‘Manoli, facemos unha asociación para que logo cando sexamos vellas ter algo a onde ir?’, sen pensar en nada máis.

Eu daquela xa facía moitas excursións e xa empezamos con moitos socios”.

É Aires Nosos a asocia-ción máis numerosa de Verín?

M.R.B.: “Non o sei, se é a máis grande ou máis pequena, a nosa ten hoxe �35 socios”.

Sodes asociación cultu-ral e de ocio, cales son as vosas actividades?

M.R.B.: “As excursións son o primeiro e face-mos moitos cursos: temos pandeireta, bailes de sa-lón, muiñeira, memoria e outras… e tamén facemos moitas comilonas que é o que lle gusta á xente; quedábamos ata tarde no local, ceábamos alí, bailá-bamos…”

Unha excusa para so-cializar, non?

M.R.B.: “Xusto, exac-tamente, para vernos. Hai xente que está soíña e te-ñen os fillos fóra e fan alí

os aniversarios, santos, traen tartas… pásano de maravilla”.

Cal é o perfil do voso socio?

M.R.B.: “A maioría son mulleres, homes hai pouquiños, 1� ou 15 non hai máis, o resto somos mulleres, as máis atrevi-das”.

Non fai falta estar xu-bilado para unirse?

M.R.B.: “Non, por Dios! pode vir quen quei-ra, agradecemos tamén á xuventude que veña que é moi bonito estar entre eles”.

As excursións son un dos vosos puntos fortes, a onde tedes viaxado coa asociación?

M.R.B.: “Agora puxe-mos no novo local un vini-lo con moitas fotografías: temos da torre de Pisa, varias de África que fo-mos varias veces, varias de cruceiros pois cada ano vimos facendo un crucei-ro, fixemos o das illas e varios polo Mediterráneo que son os máis baratos, e queremos facer o dos Fior-dos. Menos de 30 nunca imos, a París fomos 58 e a Italia 6�”.

Aires Nosos recibe axudas das administra-cións?

M.R.B.: “Non moito, tiña que haber algo máis, os organismos están hoxe, xa sabes… Axudas temos tido moi pouquiñas, e máis ben llas metemos en equi-pamento para o local e nas actividades que facemos, nos cursos. Nas viaxes cada un paga o del; da cota que temos se hai algo sub-vencionamos tamén a ex-cursión”.

En decembro cambias-tes de local.

M.R.B.: “ Si, o outro pechámolo porque á xen-te costáballe moito subir. Agora estamos na rúa da Muralla”.

Cal é o voso horario?M.R.B.: “Abrimos sába-

dos e domingos e días de festa ás cinco da tarde”.

E que hai que facer para asociarse?

M.R.B.: “Chamar aquí (á tenda Rosymar de Ve-rín) e facémoslle un carné, máis fácil imposible”.

Tedes previsto algunha actividade polo entroi-do?

M.R.B.: “Todos os anos facemos comida de coma-

dres, o martes damos outra vez cea… Abrimos, e a xente vai para alí, e xogan ás cartas, cada un ao que quere”.

Como che cambiou a vida o feito de fundar esta asociación?

M.R.B.: “Foi para ben, estou arrepentida de non tela montada antes. É precioso, fas moitos amigos, veste con todos, facemos traxes para car-navais, facemos ganchi-llo, unhas ensinamos ás outras... Calquera pode poñer unha asociación, que non lle teña medo porque é moi bonito”.

É satisfactorio ser presidenta ou recíbense moitas críticas?

M.R.B.: “Si, moi-to. Hai tres anos deci-dín deixala, díxenlle ás outras facédevos cargo dela e seguide coa aso-ciación nas mesmas condicións que a temos porque ben vedes que vai moi ben, entón a vicepre-sidenta dixo ‘se ti vas eu voume’; somos cinco na directivas e dixeron todas igual, e non quixo ninguén quedar, entón eu seguín.

Home, hai persoas que son un pouquiño malas de aguantar pero non… porque despois falto un día e véñenche ‘onde estiveches, porque te bo-tamos de menos ‘, enten-des? e tes unha recom-pensa pola súa parte”.

Que lle diría aos veci-ños de Verín?

M.R.B.: “Que veñan vernos, a bailar alí, e a fa-cerse socios os que quei-ran, e se non son socios poden vir igual. Acolle-mos cos brazos abertos a todo o que queira vir”.

ENTREVISTA á PRESIDENTA DA ASOCIACIóN CuLTuRAL E DE OCIO AIRES NOSOS DE VERÍN

“Acollemos cos brazos abertos a todo o que queira vir”

4Excursións, obradoiros, comidas e bailes son algunhas das actividades da asociación que preside María Rosa Borjas Paz.

A OMIX tramita 251 carnés xoves en 2014Redacción

A Oficina Municipal de Información á Xuven-tude de Verín tramitou o ano pasado �51 carnés xoves. Este carné, para mozos con idades com-prendidas entre os 1� e 30 anos, é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocida-de galega, coa que obtén descontos e vantaxes.

A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclu-sive). Para solicitar este carné é necesario cubrir un impreso de solicitude, acreditar a identidade co

Redacción

A Oficina de Turismo de Verín atendeu no ano �014 un total de �.8�4 consultas, o que supón un incremento do 61% con respecto ao �013, data na que esta dependencia municipal estaba situada na Casa do Escudo.

Os meses de verán foron a época do ano no que máis consultas se atenderon, xa que é cando se concentran o maior número de visitas e consultas. Os turistas preguntaron por rutas de sendeirismo, cicloturis-

DNI ou pasaporte e abonar 6 euros mediante o impre-so das taxas.

Este carné está homo-logado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Eu-ropa que están adheridos a este programa, polo que se pode utilizar en calquera deles nas mesmas condi-cións, agás excepcións. Ademais, entre as súas prestacións destacan os servizos financeiros e as garantías no estranxeiro, a través das cales a Direc-ción Xeral de Xuventude e Voluntariado pretende fomentar o desenvolve-mento, a mobilidade e a mellora de condicións de vida dos mozos galegos.

A OMIX tamén tramita os carnés de Alberguista, o Carné Teacher, e do Estu-dante.

tas, lugares de interese ou mapas turísticos (o 60% do total); un �0% das consul-tas foron sobre o Camiño de Santiago e o resto sobre infraestruturas turísticas e eventos no destino Cha-ves-Verín.

O turismo nacional con-tinúa a ser o predominante (8�%), sendo o turista da Comunidade de Madrid o que máis visita esta zona da provincia, mentres que o visitante galego só su-pón un 18%. En canto ao turismo estranxeiro, pro-cede principalmente de Europa (Portugal, Francia e Alemaña).

Oficina de Turismo de Verín./N.G.

Crecen nun 61% as consultas na Oficina de Turismo 4 En 2014 rexistrou 2.824.

María Rosa Borjas, presidenta de Aires Nosos./P.L.

Page 3: 11 de febreiro - Barrios

BARRIOSFebreiro de �015

3VERÍN E COMARCA

O parque empresarial de Tamagos deberá esperar a mellores tempos

Redacción

O pleno de xaneiro de Verín acordou cos votos do PP e BNG (o PSdeG abstívose) a aprobación definitiva do Proxecto de Equidistribución da am-pliación do Parque Em-presarial de Verín-Pazos, “do mesmo xeito que xa se realizou no Concello de Monterrei co que se establecerá un convenio para o seu mantemento”, indicou o rexedor Juan Manuel Jiménez.

O alcalde recordou que “se trata do cumpri-mento da promesa des-te grupo de goberno de acadar novo solo indus-trial no noso municipio, un procedemento que se viu estancado co anterior Goberno municipal que rexeitou esta ampliación, e que retomamos nós can-do chegamos no �007”. Por outra banda, tamén recordou que “seguimos apoiando a realización dun parque empresarial en Tamagos, pero o pro-ceso de expropiación realizado pola Xunta do bipartito non foi correcto, xa que non se realizou de

modo sectorizado senón aleatorio, cunhas parcelas nun sitio e outras noutro, e agora queda moito por expropiar e entendemos que a situación económica é complicada para a súa realización”.

Plan ProvincialPor unanimidade apro-

bouse a solicitude á De-putación Provincial de Inclusión de obras muni-cipais no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos municipias e rede viaria para o exerci-cio �015. A obra principal solicitada é a construción

Redacción

O Consello de Goberno da Xunta de Galicia apro-bou a colaboración técni-co-financeira da Xunta co Concello de Verín para a execución da obra “actua-cións na rede de sanea-mento de Verín e Polígono de Pazos”. Augas de Gali-cia asumirá o 100% do or-zamento previsto para esta actuación, que ascende a 838.796 euros.

A actuación, que res-ponde a unha solicitude municipal de colabora-ción, contará cun prazo de execución de oito meses.

As obras contidas neste proxecto darán servizo á poboación dos núcleos de Verín, Abedes, Vilela, Cal-deliñas e Pazos, pertencen-tes ao concello de Verín, máis aos residentes en Vi-laza, no concello de Mon-terrei. Ademais, conecta-rase a rede de saneamento do polígono industrial de Pazos. O proxecto prevé que para o ano horizonte �038 a rede servirá a unha poboación equivalente su-perior a 18.300 habitantes.

O núcleo de Verín ató-pase nunha zona moi cha,

próxima ao río Támega. A rede de saneamento é practicamente unitaria na súa totalidade, e debido á pouca pendente que teñen os colectores e ramais da rede de saneamento e á súa disposición a través do núcleo de Verín, provoca que en época de choivas se produzan continuos desbordamentos e saídas de augas polos pozos de rexistro, sumidoiros e aco-metidas nos sotos de moi-tas das vivendas.

Tanque de tormentasPara mellorar a situa-

ción, o proxecto prevé a construción dun tanque de tormentas cunha capa-cidade de 6�0 metros cú-bicos nas inmediacións do núcleo de Queizás. Para o alivio das verteduras do tanque de tormentas insta-larase unha tubaxe de PVC de 630 mm de diámetro, ata o punto de vertedura no río Támega. Reporase, así mesmo, un tramo da rede de saneamento afectado pola execución do colec-tor de alivio, mediante a instalación dun colector de PVC de �50 mm soterrado e cos seus correspondentes

pozos de rexistro en for-migón.

Polo que respecta ao polígono de Pazos, as actuacións inclúen a reti-rada das bombas e cadro eléctrico existentes, am-pliación da boca do pozo de entrada e a instalación dun novo colector de bombeo de �50 mm de diámetro. O caudal que se vai bombear é de �3,8 litros por segundo.

de colectores soterrados na rúa Deputación -impor-te de 85.000 euros- e como adicional a pavimentación de beirarrúas na avenida de Portugal -importe de 56.800 euros-.

Así mesmo, aprobouse a adxudicación da constru-cion, instalación e explo-tación de cafetaría na área deportiva da Granxa.

Augas de Galicia financiará melloras na rede de saneamento de Verín 4 Cun orzamento de 838.796 euros e un pra-zo de execución de oito meses.

Aprobada en pleno a ampliación do parque empresarial de Pazos4 Realizarase seguindo o modelo do de Mon-terrei, con quen Verín establecerá convenio.

Coas choivas prodúcense desbordamentos e saídas de auga polos pozos de rexistro e sumidoiros

Asolagamento ao carón do río Támega./ARQUIVO.

Un dos viais do polígono de Pazos, Verín./ARQUIVO.

Page 4: 11 de febreiro - Barrios

4 BARRIOSFebreiro de �015

VERÍN E COMARCA

Redacción A Eurocidade Chaves

Verín presentouse na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) como primeiro destino turístico transfronteirizo da penín-sula Ibérica.

A Eurocidade quere po-sicionarse como un destino turístico único que inclúa todos os activos dos dous municipios. Chaves-Ve-rín é un destino de fron-teira definido polos seus contrastes etnográficos, culturais, gastronómicos e paisaxísticos, nos que o turista pode vivir unha experiencia de �5 horas ao día (debido ao cambio horario); pero sobre todo, é un destino de auga, onde existe a maior concen-tración de mananciais de augas termais e mineiro-medicinais da penínsulsa, recursos que constitúen unha importante fonte de oportunidades para recibir a clasificación de Destino

Turístico Termal e así des-envolver unha área de ex-celencia turística centrada na saúde e no benestar.

A presenza da Eurocida-de en FITUR serviu para presentar a principal no-

vidade deste territorio, “A Rede de Rutas”, que inclúe a Ruta Termal e da Auga, rutas BTT, Eco-vía del Támega, Ruta do Contrabando e O Camiño de Santiago.

Redacción

O programa “Terma-lismo Saudable �015” da Deputación de Ourense amplíase, por primeira vez, aos habitantes da Eurocidade Chaves-Ve-rín

Un convenio entre as partes permitirá que os residentes en Chaves accedan a este progra-ma de termalismo social da provincia de Ourense en iguais condicións e cos mesmos beneficios e descontos que o resto de residentes na provin-cia. A acreditación da residencia xustificarase a través da Tarxeta do Eurocidadán.

“Termalismo Saudable �015” é unha iniciativa que promove a Depu-tación e que ten como obxectivo dar a coñecer o termalismo e o potencial que este recurso de ocio

A Eurocidade preséntase como primeiro destino turístico transfronteirizo4 Deu a coñecer “A Rede de Rutas” en FITuR.

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, a di-rectora xeral de Turismo, Nava Castro, e o presiden-te da Cámara Municipal de Chaves, António Cândido Monteiro Cabeleira, na presentación en FITUR.

e saúde ten na provincia de Ourense. O programa des-te ano contempla estancias financiadas nos balnearios da provincia de Ourense de 6 días de duración, con pensión completa e trata-mentos. Outra modalidade de estancia inclúe viaxe en tren.

O convenio establece a

posibilidade de incorporar as Termas de Chaves-Spa do Imperador ao progra-ma.

Os habitantes de Chaves poderán participar no “Termalismo Saudable”4 O programa da Deputación amplíase a to-dos os veciños da Eurocidade.

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez,o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o vereador de Chaves, Paulo Alves, na sinatura do convenio. /N.G.

O programa subvenciona estancias nos balnearios da provincia

Page 5: 11 de febreiro - Barrios

BARRIOSFebreiro de �015

5

EN BREVE

VERÍN E COMARCA

O IES García Barbón disporá dun viveiro de empresas

4 Xornada técnica O Departamento de

Mantemento Electrome-cánico do IES García Barbón de Verín organiza a I Xornada técnica sobre tecnoloxía electromecá-nica o �3 de febreiro.

A cita é ás 19 horas e a conferencia leva por título “Enerxías renova-bles e sistemas illados da rede”, a cargo de José Luís Crespo Vázquez, enxeñeiro mecánico e máster en integración de enerxías renovables no sistema eléctrico.

4D.O. Monterrei As adegas da Deno-

minación de Orixe Mon-terrei incrementaron as súas exportacións na última campaña. Actual-mente, o 17,1% do viño comercializado baixo este selo de garantía vén-dese no estranxeiro.

A Consellería de Cul-tura, Educación e Or-denación Universitaria asinará un protocolo de colaboración co Con-sorcio Zona Franca de Vigo para a creación dun viveiro de empresas no IES García Barbón de Verín.

Un viveiro de empre-sas é un local dividido en despachos equipados con moblaxe, sala de reunións, equipamentos informáticos e os servi-zos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha dunha iniciativa emprendedora.

Que ofrece un viveiro de empresas?

Dunha banda, asesora-mento, a partir do apoio

do profesorado que im-parte formación relacio-nada co sector no que se desenvolverá o proxecto; a través dunha titoría pola coordinadora ou coordi-nador de emprendemento, responsable do seguimen-to e da orientación no proxecto; e asesoría de persoal técnico especialis-ta do IGAPE.

No que se refire ás ins-talacións, o viveiro ofre-ce locais axeitados para o desenvolvemento de actividades das persoas emprendedoras; moblaxe básica propia dunha ofici-na; así como servizos aso-ciados ás infraestruturas (seguridade, limpeza, luz, etc.), e servizos auxiliares da actividade empresarial como conexión a internet.

Requisitos de accesoPara poder dispoñer

dun espazo no viveiro de empresas hai que estar matriculado no derradeiro curso dun ciclo formativo de formación profesional ou telo rematado nos ca-tro últimos ano. Tamén poden solicitalo estudan-tes de bacharelato.

Ter un proxecto empre-sarial a desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia, e presentar un Plan de Empresa que garanta a viabilidade do proxecto son os outros dous requisitos.

O IES García Barbón agradece á empresa PSA Peugeot Citroën a doazón dun motor para o Depar-tamento de Automoción do centro.

María José Taboada, directora de Ao teu lado, na súa nova sede na rúa da Cruz, 8, en Verín.

A empresa Ao teu lado abre oficina en Verín

María José Taboada iniciou hai uns meses unha an-dadura empresarial coa empresa de axuda a domicilio Ao teu lado, que agora acaba de abrir oficina na rúa da Cruz, 8, en Verín. Alí atende ao público de luns a venres de 10:30 a 1�:30 e de 17 a 19:30 horas, ou ben con previa cita no 687 0�3 641.

Ao teu lado ofrece servizos de coidado de persoas maiores, enfermas, nenos e realización das tarefas do fogar, ben por horas soltas, ben por turnos (mañá, tarde ou noite) ou a través de internas. Conta con persoal cualificado e cunha enfermeira que realiza visitas a do-micilio para facer curas ou administrar medicación.

Bolume fabricará pellets a partir de piñeiro

A empresa limiá Bolu-me Enerxía SL vai am-pliar a súa nave ubicada no municipio de Baltar co obxectivo de poder fa-bricar pellets de madeira a partir de troncos de pi-ñeiro.

“A idea xurdiu ao com-probar que na actualidade non conseguimos prove-dores suficientes que nos permitan cubrir a totalida-de da demanda que os no-sos clientes nos solicitan. Cunha carteira de clientes próxima ao cento, dos ca-les un número importan-te fan pedidos de pellets elevados, resúltanos im-

prescindible levar a cabo a nosa propia fabricación para poder así atender o noso mercado xa creado”, comenta Abel Estévez, xe-rente de Bolume.

Para esta actividade, Bolume prevé unha planti-lla mínima de 15 traballa-dores xa que a produción realizarase en tres turnos. A fábrica comprende todo o proceso, desde a alimen-tación de produto triturado ata os silos de almacena-mento para o seu envasado e distribución. Bolume es-tima unha produción anual de 35.000 toneladas.

A fábrica estará empra-zada na OU-304, á altura de Penaboa, Baltar, nunha parcela de case 14.000 me-tros cadrados. A empresa prevé un investimento de 6.100.000 euros.

Futura ubicación da fábrica, na OU-304 en Baltar.

Page 6: 11 de febreiro - Barrios

6 BARRIOSFebreiro de �015

VERÍN E COMARCA

A rúa Jacinto Santiago, no casco histórico da localidade, posúe un marcado carácter comercial

EN BREVE

4 Nova executiva socialista en Verín

A Executiva Provin-cial do PSOE convocou o pasado �9 de xaneiro unha a asamblea xeral de militantes en Verín da que saíu a nova comisión executiva socialista da localidade.

Tras esta xuntanza, o órgano rector do PSOE en Verín queda conformado por Rosario Rodríguez (secretaria xeral), Be-nigno Rodríguez (secre-tario de Organización), Elías Taboada (secretario de Política Municipal), Cristina Reigada (a cargo de Igualdade e Participa-ción) e Julio Vietez (res-ponsable de Administra-ción e Finanzas).

A nova executiva ini-ciará unha rolda de xun-tanzas con colectivos sociais, veciñais e aso-ciativos de cara a “con-formar unha candidatura de base popular e unida-de cidadá que poida facer frente o caduco e desnor-tado Goberno municipal do PP”, explican.

4 Desimputan ao alcalde e ao tenente de alcalde de Vilardevós

O Xulgado de Primei-ra Instancia e Instrución Un de Verín acaba de sobreseer e desimputar ao alcalde e ao tenente de alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso Pérez e Ignacio Vivián González, respectivamente, acusa-dos por un empregado municipal, e á súa vez militante do PSOE, de prevaricación adminis-trativa.

Segundo recolle o auto do xulgado verinés “do actuado non aparece de-bidamente xustificada a perpetración do delito que deu motivo á forma-ción da causa, polo que procede decretar o sobre-semento provisional das actuacións”. O documen-to engade que “en base ao principio de intervención mínima trátase dunha cuestión de ámbito labo-ral e administrativo, non existindo indicios claros de criminalidade contra os querelados”.

Redacción

A Consellería de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a executar en Vilardevós as obras de mellora na rúa Jacinto Santiago, un

eixo de comunicación fun-damental para este munici-pio ourensán. Este proxec-to conta cun investimento de preto de �56.000 euros, dos que a Xunta de Galicia achega o 9�,5%, �35.398 euros, e o importe restante

o Concello.A rúa Jacinto Santiago é

a principal conexión entre as estradas Verín-Souto-chao e Vilardevós-Riós, situándose no casco his-tórico de Vilardevós. Cun deseño cunha antigüidade

O delegado da Xunta, Rogelio Martínez, e o alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, na rúa Jacinto Santiago, recén iniciadas as obras./A.F.

superior aos 100 anos, posúe un marcado carác-ter comercial, fundamen-talmente de servizos de hostalería e comercio.

Segundo explicou o delegado territorial, Rogelio Martínez, nun-ha visita ás obras, aos pavimentos existentes, realizados en distintas épocas, faltábanlles as definicións nas pendentes lonxitudinais e transver-sais, que permitan o dre-naxe superficial, ocasio-nando acumulacións de augas en días chuviosos. A actuación comprende a demolición das unidades existentes en mal estado de conservación e a súa posterior construción.

A rúa está integrada no casco histórico da vila, polo que se colocará pa-vimentos de granito, si-milares aos existentes no contorno. Por outra parte, debido á irregular distan-cia entre as dúas frontes de edificación, proxéc-tanse unhas beirarrúas de anchura variable.

En execución o arranxo da rúa principal de Vilardevós4Substituirase o pavimento actual por outro de granito.

“Puertas de Galicia”, en rutaRedacción

O Plan de Turismo “Puertas de Galicia” inicia a súa andaina de presentacións polas prin-cipais cidades de Galicia, co fin de amosar todos os recursos turísticos das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras.

Esta promoción, que se inclúe dentro das ac-tividades propias do Plan de Competitividade Tu-rística, ten dous obxecti-vos concretos: amosar o territorio das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras (Xeodestino Ve-rín-Viana), aos mercados emisores de proximidade, e promover este territorio directamente a público final.

O road show de “Puer-tas de Galicia” iniciou a súa andaina nun centro comercial de Ourense, cun stand no que os visi-tantes puideron degustar receitas típicas, catar os viños da Denominación de Orixe Monterrei, ou gañar escapadas a este territorio. Ao longo das fins de semana de febrei-ro e marzo pasará por Pontevedra, Vigo, Lugo, A Coruña e Santiago.

Page 7: 11 de febreiro - Barrios

BARRIOSFebreiro de �015

7PuBLICIDADE

Galprofor, entidad especiali-zada en la Consultoria empre-sarial y la formación, inicia un año más de actividad, cargada de proyectos y retos, momento ideal para realizar una valora-ción de su presente y su futuro.

En GALPROFOR ofrecemos una solución integral de forma-ción: estudio de necesidades for-mativas; elaboración del plan de formación de empresa; imparti-ción o gestión de proveedores de formación; implantación y gestión de formación; tramitación, segui-miento y justificación de subven-ciones/ayudas (Gestión FTFE, FIP, FSE…).

¿Qué balance realiza del 2014?

A pesar de todas las dificultades que el entorno económico de crisis nos está haciendo vivir, nuestro ba-lance no puede ser más que positi-vo, no solamente hemos incremen-tado nuestro clientes en el campo de la Consultoria empresarial, como la implantación de la norma LOPD o las normas UNE-ISO, y en el campo de la formación, tanto formación ocupacional para desempleados como FORMA-CIÓN CONTINUA BONIFICA-DA PARA TRABAJADORES, CONTRATOS DE FORMA-CIÓN Y APRENDIZAJE, PER-MISOS INDIVIDUALES DE FORMACIÓN (P.I.F.), nos he-mos estrenado como AGENCIA PRIVADA DE COLOCACIÓN ONLINE, reconocida y homo-logada por el servivio público de empleo, que nace con la misión de ofrecer al demandante de empleo, un proceso personalizado la bús-queda y obtención de un puesto de trabajo.

¿Nuevas acreditaciones?Si, este es uno de los retos y ob-

jetivos que nos planteamos, ofre-cer una formación especializada, de calidad, pero sobre todo certi-ficada, como ejemplos, el CUR-SO DE PREPARACIÓN PARA EL TÍTULO DE CONSEJERO DE SEGURIDAD, donde hemos obtenido un 95% de aprobados, o

ser uno de los pocos centros que puede impartir el curso para obte-ner el CARNET DE CARRETI-LLERO SEGÚN NORMATIVA UNE 58451:2014. Así mismo aca-bamos de terminar el único curso llevado a cabo en nuestra provin-cia en el �014, CURSO DE FOR-MADOR DE ADR FORFOR, sobre Formación para Formadores de Conductores de Vehículos que Transporten Mercancías Peligro-sas, un curso que es casi un master con casi �50 horas teóricas y prác-ticas, con gran éxtito de participa-ción.

¿Algún campo destacado?Además de haber iniciado la

impartición de Certificados de Profesionalidad bajo la modalidad de financiación privada, donde destacamos sobre todo el curso de ATENCIÓN SOCIOSANI-TARIA A PERSONAS DEPEN-DIENTES EN INSTITUCIO-NES SOCIALES, formación obligatoria a partir del presente año para desempeñar dicha ocu-pación, destacamos el futuro en la impartición de Certificados de Profesionalidad online donde esta-mos muy bien posicionados y toda la formación incluida dentro del campo de la Conducción.

¿Retos y objetivos para 2015?Demostrar que las cosas sólo

pueden hacerse de una manera, que es hacerlas bien y apoyado por un equipo de profesionales de calidad. Bajo esta premisa dar ser-vicio a todas las personas y todas las empresas u organizaciones que requieran nuestros servicios, ofre-ciendo profesionalidad, seriedad, compromiso, calidad, creatividad.

GALPROFOR, SOLuCIóN INTEGRAL DE FORMACIóN

Noelia López, consultora en Galprofor.

Page 8: 11 de febreiro - Barrios

8 BARRIOSFebreiro de �015

VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA

Establecéronse dispositivos de seguridade para os entroidos de Xinzo e de Verín

Redacción

As dúas últimas xuntan-zas das Xuntas Locais de Seguridade de Verín e de Xinzo de Limia consta-taron un descenso das in-fraccións penais en Verín e unha tendencia estable na Limia, cuns índices delic-tivos xa de por si baixos.

En concreto, na Xunta Local de Seguridade de Verín destacouse que o total de infraccións penais en xaneiro diminuíu un 1�,5 % respecto ao mesmo mes de �014, e as estatís-ticas amosan un lixeiro incremento na porcentaxe de esclarecidos, tanto en faltas como en delitos.

En Xinzo e comarca, pola súa banda, os datos que reflicten as estatísticas amosan una tendencia es-table tanto no cómputo de

P. Lodeiro

A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense in-formou de que a opción de acudir ao hospital de Verín para os pacientes da Limia é voluntaria e que Verín pertence á mesma área sanitaria que Ourense. A Xerencia fa-cía estas puntualizacións trala rolda de prensa do PSOE na que a deputada Laura Seara, a concellei-ra en Xinzo, Elvira Lama e o coordenador comar-cal Euloxio Fernández, alertaban “das escuras intencións” do Goberno do PP de trasladar aos pacientes desde A Limia ao hospital de Verín, “e non a Ourense, que é a área sanitaria que lles co-rresponde”.

Segundo informaron desde a Xerencia de Xes-tión Integrada, a posibili-dade de acudir a determi-nadas consultas, como endocrinoloxía, no hos-pital de Verín xa se viña ofrecendo aos pacientes da Limia desde hai varios anos, así como outros ser-vizos, como por exemplo as operación de cataratas. “O nivel de aceptación e de satisfacción é moi alto”, indicaban desde o gabinete de comunica-ción da Xerencia, engan-dindo ademais que “non

nos constan” reticencias por parte dos profesionais dos centros de saúde da Limia. Os socialistas de-nunciaran que os faculta-tivos da Limia rexeitaban a decisión da Xerencia de que os pacientes das es-pecialidades de Medicina Interna e Neuroloxía se atendesen directamente no hospital de Verín e non en Ourense.

Menor tempo de espe-ra e maior proximidade

Outras vantaxes de poder optar por Verín é que o tempo de acceso a consultas é máis baixo no hospital verinés e que a determinados concellos da Limia quédalles máis preto o hospital da vila do Támega. Por iso, en-tenden os responsables da sanidade na provincia que esta posibilidade “serve para aproveitar os recur-sos”.

Pola súa banda, os so-cialistas chaman á cida-danía a mobilizarse e ad-virten que non quedarán de brazos cruzados “ante esta afronta”. “A solución non pasa por peregrinar cos enfermos duns cen-tros a outros, elevando o custo para as familias, nunha poboación envelle-cida que carece de medios de transporte coa comarca de Verín”, concluían.

A elección do hospital de Verín polos pacientes da Limia é voluntaria4 O PSOE alertara de que o PP quería trasladar os pa-cientes da comarca á área sanitaria de Verín.

faltas como de delitos en �014, trala notable baixada do total de infraccións pe-nais; un �1,4 %, en �013.

EntroidoEn ambas reunións, ás

que acudiron o subdelega-do do Goberno, Roberto Castro, representantes mu-nicipais e das Forzas e Cor-pos de Seguridade, abor-

As infraccións penais baixan en Verín e estabilízanse na Limia 4 Segundo datos das súas Xuntas Locais da Seguridade.

dáronse os dispositivos de seguridade a seguir duran-te as festas do entroido; que se concretaron nunha planificación detallada de efectivos e medios, debi-damente coordinados para que as actividades progra-madas dentro destas cele-bracións se desenvolvan con normalidade.

Respecto ao dispositi-

vo que se estableceu en Xinzo, o subdelegado do Goberno agarda que esta importante celebración para capital da Limia e a súa comarca “siga a ser-vir de exemplo de com-portamento festivo cívico e cordial, entre todos os veciños e o gran número de visitantes que veñen de fóra”.

Redacción

A Agrupación de Volun-tarios de Protección Civil de Xinzo fai balance do �014, ano durante o cal aumentaron as súas inter-vencións, cun total de 397 saídas, 1�3 delas previstas, seis en colaboración con outros concellos e �68 en imprevistos.

As actividades pro-gramadas consistiron en concertos, desfiles, festas patronais, apoio á Policía Local, repartición e pro-cura de alimentos, eventos xuvenís e eventos relixio-sos. Pero a maiores destas actuacións, houbo operati-vos non programados, in-

cidencias meteorolóxicas como retirada de árbores da estrada, temporais de choi-va, neve e vento, procura de persoas desaparecidas, incendios, accidentes de tráfico, retirada de animais,

fugas de gas, colaboración co 061, Garda Civil e Poli-cía Local. Aínda así, desta-can que “afortunadamente non se produciron sinistros de gran entidade ou reper-cusión social no concello”.

Xunta de Seguridade Local de Xinzo, co presidida polo subdelegado do Goberno, Ro-berto Castro, e o tenente de alcalde, Manuel Cabas./R.L.

Protección Civil de Xinzo remata 2014 cun maior número de saídas4 Destaca, ademais, o notable incremento de voluntarios.

Desde a agrupación sinalan tamén outros as-pectos positivos como o cumprimento dos obxec-tivos en materia de for-mación e o aumento do número de voluntarios.

Membros de Protección Civil de Xinzo no dispositivo da cabalgata de Reis./CEDIDA.

Os socialistas Elvira Lama, Laura Seara e Euloxio Fer-nández.

Page 9: 11 de febreiro - Barrios

BARRIOSFebreiro de �015

9XINZO E COMARCA

O LIFE Regenera Limia prevé unha vintena de actuacións para sanear o río Limia4 Investiranse máis de dous millóns de euros para recuperar a calidade am-biental do río Limia ao seu paso pola comarca.

Redacción

O Ministerio de Agri-cultura, Alimentación e Medio Ambiente, a tra-vés da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, investirá dous millóns de euros na posta en marcha do proxecto LIFE Rege-nera Limia, que nace co obxectivo de recuperar a calidade ambiental do río Limia ao seu paso por esta comarca mediante máis dunha vintena de actua-cións.

Este proxecto pretende aplicar un conxunto de medidas preventivas e de rexeneración para reducir os nutrintes de orixe gan-deira nas masas de auga da conca do río Limia, co fin de cumprir cos obxectivos ambientais que establece a Directiva Marco da auga e a normativa española.

Accións concretasA Casa da Cultura de

Xinzo acolleu o pasado 5 de febreiro unha xorna-da informativa aberta ao público na que os socios do proxecto explicaron as diferentes técnicas que se empregarán para mellorar o Limia.

En concreto, presentá-

ronse un conxunto de �6 accións, divididas en catro grandes bloques de actua-ción, entre as que destaca o desenvolvemento de so-lucións alternativas para a xestión dos residuos gan-deiros destinadas a reducir o seu impacto no medio ambiente.

Ao mesmo tempo, con-témplase a creación e pos-ta en marcha dun Sistema

de Control Integrado de xestión de fertilizantes e abonos en chans agrarios que permita un emprego máis eficiente destes, re-ducindo achegas difusas de nutrintes ás augas.

Está previsto tamén a re-conversión das antigas ex-plotacións mineiras de ex-tracción de area na canle de Antela nun sistema lagunar de charcas que potencien a

capacidade de depuración natural do curso fluvial e que contribúa á recupera-ción de espazos húmidos na ZEPA da Limia.

Tamén levará a cabo a recuperación ambiental das canles fluviais modi-ficados e a rexeneración e reconexión de sistemas lagunares para reducir a presenza de nutrintes na auga e a eutrofización, á

vez que se recuperarán os ecosistemas locais.

Espérase que unha vez que finalice o proxecto, que terá unha duración de tres anos, se reduza non só a concentración de nutrintes na auga, senón tamén nun 30% o uso de fertilizantes, nun 50% o de abonos e que haxa un 40% menos de gases de efecto invernadoiro.

4 ADEGAL propón mellorar a depuración

A Asociación de em-presarios, gandeiros e agricultores da Limia, ADEGAL, destacou desta xornada informa-tiva do LIFE Regenera que a comarca non su-pera os límites máxi-mos establecidos para determinados contami-nantes das augas e que o sector agrogandeiro aproba “e con nota moi alta” o cumprimento das recomendacións do Código galego de boas prácticas agrarias.

Con todo, ADEGAL chama a atención sobre a necesidade de me-llorar a depuración de augas residuais, e por iso fai un chamamen-to ás administracións “para que se impliquen e se tomen medidas co-rrectoras”, pois, malia que se están levando a cabo, as consideran “insuficientes”.

Para ADEGAL faise imprescindible “a crea-ción de sinerxias entre os distintos colectivos para recuperar a imaxe real da Limia, unha co-marca productiva capaz de conservar o medio do que dispón”.

As accións desenvolveranse durante os próximos tres anos

Autoridades na xornada informativa na Casa da Cultura de Xinzo sobre o LIFE Regenera Limia (do que son socios a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a Deputación, a Consellería de Medio Ambiente, o Inorde, o sector gandeiro, a empresa Eco-Lagunas e como colaborador financieiro, Gas Natural)./M.REJO.

Page 10: 11 de febreiro - Barrios

10 BARRIOSFebreiro de �015

XINZO E COMARCA

Redacción

A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia pon en marcha desde o 3 de marzo un curso de atención ao dependente e ao coidador, dentro do seu proxecto de intervención e educación sociosanitaria na zona rural.

A formación está aberta á poboación en xeral, pero vai especialmente dirixida aos coidadores de persoas dependentes e enfermos crónicos. A súa finalidade é que os coidadores poidan “adquirir coñecementos e habilidades para poder coidarse a si mesmos para deste xeito coidar mellor daqueles que necesitan da súa atención continuada”.

Para a realización do

curso cóntase coa sub-vención da Deputación de Ourense e coa cola-boración do Concello de Xinzo de Limia e dos docentes encargados de impartir os talleres.

Nos obradoiros falara-se de envellecemento, da dependencia, do coidado do coidador, das úlceras por presión, das demen-cias, das incapacitacións, da atención aos enfermos crónicos, da nutrición, e dos coidados básicos de enfermaría, entre outros temas.

O curso desenvolvera-se martes á mañá e xoves á tarde na Casa da Cultu-ra de Xinzo de Limia. [+ info no 603 784 435, ou en escolaruraldesaudedali-

[email protected]]

Novo curso na Escola Rural de Saúde 4 De atención ao dependente e ao coidador.

Redacción O Centro de Desenvol-

vemento Rural “O Viso” presentou unha nova edi-ción do Programa Rura-lempréga-T que pretende

a mellora da calidade de vida da poboación limiá en situación de risco ou exclusión social mediante a metodoloxía de itine-rarios personalizados de orientación sociolaboral,

e accións informativas, de prospección e intemedia-ción laboral.

Nos próximos meses, o primeiro xoves de cada mes desenvolverase un obradoiro formativo sobre

algunha temática en rela-ción á busca de emprego. O primeiro foi o 5 de fe-breiro e nel analizouse o mercado laboral na Limia. Ao mesmo tempo, o CDR “O Viso” desenvolve un “Club de emprego”, que incide sobre as consecuen-cias que o desemprego de longa duración leva consi-go: é dicir, baixa autoesti-ma, desánimo… Este terá lugar o terceiro xoves de cada mes, salvo no mes de febreiro, que se retrasará ao día �6.

Ruralempréga-T é fi-nanciado polo Servizo de Inclusión e Acción Social da Xunta de Galicia e con-ta coa cofinanciación nun 80% do Fondo Social Eu-ropeo e do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

InscriciónsOs interesados en asistir

a esta actividades, que se desenvolverán na Casa da Cultura de Xinzo, poden contactar coa organización no 988 46 15 71 ou en [email protected].

Comeza unha nova edición do programa Ruralempréga-T 4 Son obradoiros dirixidos á poboación en risco de exclusión social da comarca.

Os obradoiros de Ruralempréga-T serán na Casa da Cultura de Xinzo.

Page 11: 11 de febreiro - Barrios

BARRIOSFebreiro de �015

11 ALLARIZ E COMARCA

EN BREVE

4ITV agrícola en Allariz

A unidade móbil de inspección técnica agrí-cola desprazarse ata Allariz do día �0 ao �5 de febreiro.

A unidade móbil estará ubicada na Cidade De-portiva do Seixo en ho-rario de 9 a 13:30 horas e de 15:15 a 18 horas de luns a venres, agás o día �0 no que o horario será só de mañá.

Para solicitar cita pre-via hai que contactar co 90� 30 90 00 ou na web www.sycitv.com.

4Período de cobro de impostos

O Concello de Allariz procederá ata o 6 de abril, ao cobro dos recibos polo Imposto de vehículos de tracción mecánica e Taxa pola prestación do ser-vizo de recollida do lixo correspondentes ao ano �015.

Os interesados po-den consultar o contido das listas cobratorias na pranta baixa da Casa do Concello en horario de 9 a 14 de luns a venres.

4 Ana María Rodríguez repite como candidata

A Agrupación Munici-pal Socialista de Maceda elixiu á actual concellei-ra Ana María Rodríguez Blanco como cabeza de lista para as vindeiras municipais. A lista alter-na mulleres e homes, re-nóvase nun 50% e incor-pora dous membros de Xuventudes Socialistas e catro mulleres.

O seu traballo inmedia-to será recoller dos veci-ños ás súas propostas.

Redacción

O conselleiro de Cul-tura, Educación e Or-denación Universitaria, Xesús Vázquez, visitou os centros educativos de Maceda, nos que anun-ciou que o seu departa-

mento ten previsto realizar este ano un investimento de 33.000 euros.

No CEIP de Maceda está prevista a reposición da caldeira e depósitos, mentres que no IES San Mamede arranxarán a che-minea e os canalóns e am-

pliarán o salón de actos.Deste xeito, o inves-

timento da Consellería nestes centros desde �009 elevarase a preto de 135.000 euros, tanto en obras de mellora como nos recursos destinados á biblioteca escolar.

Educación anuncia melloras nos centros educativos de Maceda4 Investirá 33.000 euros.

O conselleiro de Educación e o alcalde de Maceda no CEIP da localidade./M.REJO.Redacción

O Concello de Allariz está acometendo as obras de mellora do subministro eléctrico ao parque empre-sarial de Chorente garan-tindo, así, o subministro ás fábricas que forman parte da área industrial. A achega municipal ronda os �5.000 euros.

As obras enmárcanse dentro dun acordo de cola-boración con Gas Natural

Redacción

“Habilidades para a venda ao público “é o título do módulo forma-tivo que o Programa Cla-ra acolle en febreiro. As mulleres que participan neste programa que orga-niza o Concello de Alla-riz co apoio do Instituto da Muller, formaranse no

Fenosa e consisten en duplicar o subministro, segundo explicaba o al-calde, Francisco García, “cun anillado que garanta o servizo e evite que as naves queden sin elec-tricidade no caso dunha avaría na liña principal”.

Os operarios munici-pais están a colocar as tubaxes e a executar un paso soterrado xunto á es-trada nacional N5�5 para canalizar o cableado.

eido comercial no módulo que durará 50 horas e está a ser impartido pola peda-goga Verta Vega; o técnico informático Javier Feijóo, técnico informático e a empresaria decoradora Alicia Miranda.

A calidade do servizo e atención ao cliente, a comunicación co cliente, conceptos básicos de xes-

tión comercial así como técnicas de realización de escaparates son algúns dos temas que se tratarán no módulo.

FinalidadeA finalidade do Progra-

ma Clara é a inserción la-boral das mulleres, enten-déndoa como un proceso complexo que abrangue formación específica e un proceso de mellora persoal a través de con-tidos como a autoestima, as habilidades ou a igual-dade, entre outros.

Redacción

O Concello de Allariz está construíndo novas illas nas que se ubicarán os composteiros comuni-tarios para a reciclaxe de restos orgánicos.

Colocaranse unha trinte-na de illas onde os veciños deberán depositar os res-tos de comida para facer compost, que será utiliza-do polos propios veciños,

Novo módulo no Programa Clarapara xardíns municipais

e para iniciativas agrí-colas do municipio. Os que non poidan acceder a esta alternativa pode-rán depositar a materia orgánica nos contedores marróns.

Doutra banda e conxuntamente con Vilar de Santos, Allariz solici-tou unha subvención para adquirir unha trituradora para compostar.

Allariz instalará illas para reciclar restos orgánicos4 Serán composteiros co-munitarios.

Obras para garantir a subministración eléctrica no polígono de Chorente4 Duplicarase a rede que co-munica co parque empresa-rial.

Page 12: 11 de febreiro - Barrios

1� BARRIOSFebreiro de �015

CELANOVA E COMARCA

O BNG denuncia que a biblioteca do Auditorio Ilduara está sen calefacciónRedacción

O grupo municipal do

BNG denuncia a falta de calefacción e de acceso á rede wifi na biblioteca do Auditorio Municipal Ilduara de Celanova, se-gundo as queixas que lles chegaron dos usuarios. Para o Bloque, as defi-ciencias poñen de mani-festo “a deficiente xestión de diñeiro público que ao longo destes anos ten fei-to o PP ”.

Os nacionalistas cri-tican o que consideran “dilapidación” de cartos en proxectos “de pouco ou ningún fundamento” como “a construción dun castro artificial, cando está totalmente abando-nado o orixinal” ou un pavillón “que non ten as medidas regulamentarias e cun deseño das gradas que impiden ver a tota-lidade das pistas depor-tivas”, ou a estación de autobuses “que despois de 14 anos está en estado de semirruína e abandono, por non ser nunca usada”.

Cultura restaura o patrimonio de PontedevaRedacción

O conselleiro de Cul-

tura, Educación e Or-denación Universitaria, Xesús Vázquez, visitou a Capela de San Xusto, no concello de Pontede-va. Alí anunciou o ini-cio nos próximos meses das obras de acondicio-namento deste templo, situado na parroquia de Trado, que suporán un investimento de 15.�00 euros. As actuacións consistirán en na renova-ción da cuberta de tella e na substitución das por-tas de entrada por outras de madeira. Así mesmo, realizaranse traballos de limpeza e encintado da pedra. Ademais, demo-lerase o forzado do adro e os muros laterais de apoio do mesmo ata a súa cota primitiva, para recu-perar o aspecto orixinal do conxunto.

Vázquez lembrou que no �013 Cultura rehabili-tou a Capela Santa María Magdalena de Freáns. Desta forma o investi-mento da Consellería en Pontedeva elévase a máis de 36.000 euros.

Silvia Nieto

O 30 de xaneiro de �015 cumplíronse 43 anos da morte de Pepe Velo a causa dun cancro de pulmón. Só un día despois, Aser Álvarez (de Arraianos) e Francis-co Macías (de Edicións Positivas) presentaban a Asociación Cultural Xosé Velo que, principalmente a través dun espazo web, busca recuperar a figura do escritor celanovés, un “poeta maduro, soberbio e brillante”, como o des-cribiu Álvarez, “que facía vibrar a todos os que o co-ñeceron”, explica.

Aser comezou a sentir inquedanza pola figura de Velo cando rodou o documental “100% CEF” sobre Celso Emilio Fe-rreiro, do que Pepe era un gran amigo.

Aí comezou esta aven-tura por coñecer e amosar á sociedade a esencia do artífice do primeiro se-cuestro político (o �� de xaneiro de 1961) dun bar-

co de pasaxeiros, o Santa María, de bandeira portu-guesa, co fin de denunciar ante o mundo as ditaduras de Franco e Salazar. Mos-tra significativa do pensa-mento revolucionario dun escritor ao que nin a histo-ria nin sequera a súa terra lle fixeron xustiza; e ao que unha maldita enfermi-dade lle roubou a vida aos 55 anos sen que puidera coñecerse toda a obra que deixaba atrás.

Agora, coa colaboración do único fillo de Velo que

queda con vida, Víctor, e o traballo de investigación de Álvarez e Macías comeza un camiño que irá destapan-do como era Pepe, o mesmo que de neno lle regalaba os seus zapatos a algún cativo pobre, “eu teño máis e el ningún”, explicáballe ao seu estrito pai ao chegar á casa; ou que acolleu no seu fogar, xunto á súa muller e fillos, a un enfermo de tubercolose mentres os demais se afa-naban por buscarlle o lugar máis illado posible. Así era Pepe Velo.

E esta web recordarao a través dos seus poemas, cartas, discursos…. O que será o primeiro paso desta asociación, que prepara de cara a �016 (para celebrar o centenario do nacemen-to do escritor) diversos actos, e que adianta a ela-boración dunha publica-ción que recolla “o mellor da súa obra”, explican; así como un completo do-cumental biográfico que achegue á sociedade a “un home extraordinario, que merece que o lembremos e que os máis novos o te-ñan como referente”.

Referente da historia po-lítica de España, da poesía galega e de valentía. “…Xa sabes de donde me ven o folgo/ para cantar miña esperanza:/ da visión do futuro/ anque sempre se achega/ endexamais se alcanza”. Pepe Velo escri-biu o poema “Esperanza” en outubro de 1971, tres meses antes de morrer. Agora a esperanza e a vi-sión do futuro moran na asociación cultural que nace para recoñecelo.

Descubrindo a Pepe Velo4 A Asociación Cultural Xosé Velo busca recuperar a figura do poeta de Celanova.

Aser Álvarez lendo o poema “Esperanza” de Xosé Velo durante a presentación desta asociación cultural./S.N.

A asociación prepara unha publicación cos traballos de Velo e un documental

Page 13: 11 de febreiro - Barrios

BARRIOSFebreiro de �015

13especial DEPuTACIóN

Deputación e Xunta presentan en FITuR o Plan “Ourense, a provincia termal”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron en Madrid, o Plan “Ourense, a provincia termal”, o proxecto máis importante no ámbito turístico da provincia e Ourense, e que ten como obxectivo poñer en valor os recursos termais, naturais e culturais de Ourense, estruturando a oferta e os servizos de tal xeito que conduzan á creación do destino e da marca “Ourense, a provincia termal”. No acto de presentación, que contou tamén coa participación de Paolo Vasile, conselleiro delega-do de Mediaset, e do director xeral e Contidos de Mediaset, Manuel Villanueva, Manuel Baltar dixo que Xunta e Deputación de Ourense “van da man no desenvolvemento deste plan que pretende potenciar e promocionar os singulares recursos do termalismo que temos na provin-cia de Ourense para situala no mapa mundial do turismo de ocio e saúde”.

A proposta da Deputación, Alejandro Sanz grava en Ourense

O cantante Alejandro Sanz elixiu Ourense para rodar o videoclip de seu próximo traballo, o que fará o seu álbum de estudio numero 10. As xestións dos últimos meses realizadas polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, materializáronse coa chegada do artista de relevancia internacional e o seu equipo para rodar en diferentes localizacións da nosa pro-vincia. Manuel Baltar, destaca o impacto promocional que suporá para Ourense esta situación dada a proxección mundial de calquera traballo de Alejandro Sanz, artista con millóns de se-guidores nas redes sociais, onde seus videoclips teñen recibido centos de millóns de visitas.

360 empresas obteñen crédito do plan de ABANCA e a Deputación de Ourense

O Plan Activamos/Transforma Ourense, impulsado por ABANCA en colaboración coa De-putación de Ourense, permitiu entre agosto e decembro de �014 a inxección de 17,4 millóns de euros no tecido económico e social desta provincia. Os datos do primeiro balance deste plan, que foron presentados polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, revelan que nove de cada dez créditos tramitados foron con empresas. En total, este programa permitiu o acceso ao financiamento a máis de 360 empresas ourensás –fundamentalmente pemes e autónomos- por un importe global de 10,8 millóns de euros.

Constitución do Comité Termal Ourensán en Cortegada

O Comité Termal Ourensán constituíuse na Casa do Concello de Cortegada, onde celebrou a súa primeira xuntanza, presidida polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Bal-tar. Na reunión, os membros que integran o comité recibiron o documento do Plan Termal “Ourense, á provincia termal” para que cada administración coñeza cales son as súas obrigas e competencias. Baltar deu conta da aprobación da orde de axudas do programa de “Termalis-mo saudable” e das infraestruturas e obras planificadas no ámbito termal, entre as que figuran a piscina fluvial de Laias e un paseo termal no parque do Carballiño. Asemade, informou da xuntanza coa ministra de Fomento, Ana Pastor, na que acordaron asinar novamente este ano o convenio entre a Deputación de Ourense e Renfe para a oferta de “Viaxes termais”.

Ana Pastor participa no foro “Ourense nova velocidade”, no Centro Cultural da Deputación

A ministra de Fomento, Ana Pastor, participou no Foro “Ourense nova velocidade”, organi-zado por La Región, no que se analizou o papel do AVE como transformador e dinamizador de territorios, e a importancia que a alta velocidade ten para a provincia de Ourense. Pastor foi presentada por Manuel Baltar, quen subliñou que a ministra “coñece perfectamente as ne-cesidades de Ourense e representa a un ministerio que leva varios orzamentos considerando a Ourense como a provincia de España con maior investimento” e que vai ser recordada como “a ministra que fixo chegar a Alta Velocidade a Galicia entrando por Ourense”.

Acordo con Industria para crear “Enourense”, o portal das denominacións de orixe

O presidente da Deputación de Ourense e do Inorde, Manuel Baltar, vén de conseguir do Ministerio de Industria unha achega de 80.000 euros que se destinará a financiar un proxecto de mellora da competitividade e innovación das Pemes do sector vitivinícola da provincia de Ourense adscritas ás catro denominacións de orixe ourensás: Ribeiro, Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra. A acción principal é a creación do portal web “Enourense”, cumpríndose así un novo compromiso dos anunciados polo presidente Baltar no debate sobre o estado da pro-vincia. Manuel Baltar e o subsecretario do Ministerio de Industria, Enrique Hernández Bento, asinaron en Madrid o convenio de colaboración para desenvolver proxecto.

Page 14: 11 de febreiro - Barrios

14 BARRIOSFebreiro de �015 CELANOVA E COMARCA

Silvia Nieto

Nas últimas semanas xurdiron novas críticas ao redor da reprodución dun poboado castrexo en Castromao, a pouco máis de 500 metros do xace-mento orixinal, que será empregado para a rodaxe da película “Galaicus”, na que interveñen coñecidos actores galegos como Luis Tosar ou Rubén Riós.

As dúbidas sobre se o proxecto xorde para esta rodaxe ou para unha inicia-tiva cultural maior e ante-rior, sobre a adxudicación da obra á produtora Zirco-zine ou sobre a obtención dos terreos volveron á pa-lestra. Ao que se lle suma o abandono que está a sufrir nos últimos anos o castro orixinal, fronte ao investi-mento realizado ata o mo-mento de �50.000 euros (a maior parte proporciona-

dos pola Xunta de Galicia) neste novo proxecto.

Falamos co Goberno municipal popular, o BNG e o PSOE (a concelleira non adscrita non nos res-postou).

O alcalde defende o proxecto

O alcalde de Celano-va, José Luis Ferro, quixo deixar claro que a reprodu-ción do poboado castrexo é só unha parte dun gran proxecto cultural que o Concello ten en marcha, e que comezou a idearse xa en �003 durante o goberno de Antonio Mouriño. “Este proxecto global chámase “Un paseo pola historia de Galicia” e acolle varios tempos. Comezando polo máis antigo que corres-pondería a Castromao; o alto Medievo que inclúe a Capela de San Miguel; o baixo Medievo a través de Vilanova, o burgo medie-val e o mosteiro; e o máis recente relacionado coa li-teratura, Curros Enríquez e os autores do Rexurdimen-to. En canto a Castromao, non é só a reprodución do castro, senón que leva con-

sigo tamén actuacións no propio xacemento e a re-cuperación da rectoral”.

Ferro accede á alcaldía o �5 de setembro de �01�, e o 4 de outubro recibe a aprobación da Xunta da in-versión inicial de �00.000 euros para comezar a re-produción. “Eu non me ía opor, era a custo cero para o Concello”, recalca.

E este poboado era xusto o que a produtora Zirco-zine precisaba para a súa rodaxe. “Na presentación da película din que buscan

un escenario orixinal, que non sexa de cartón pedra, exactamente o que nós imos ter. Entón Mouriño fala coa produtora e co-méntalle o noso plan. Pero este proxecto non nace con motivo da rodaxe, ten outra dimensión moito máis im-portante”, aclara o rexedor.

A continuación, tivo lu-gar a concesión das obras (mediante negociado sen publicidade), á que o Con-cello convidou a Zircozine, xunto a outras dúas empre-sas. Pero o concurso que-

Castromao, de novo no foco da polémica4 A paralización da reprodución dun poboado castrexo na zona, tras un investi-mento de 250.000 euros, xunto ao abandono do orixinal, desatan novas críticas.

dou deserto. Meses despois retomouse e Zircozine foi convidada de novo, unha vez modificadas as defi-ciencias atopadas inicial-mente, xunto a outras dúas entidades distintas das an-teriores. E, agora si, a pro-dutora compostelá fíxose coa adxudicación.

En �013 a obra quedou paralizada, e as accións de diversos vándalos na zona obrigaron ao Concello a tomar medidas. Así, foi aprobada unha nova ac-tuación para a construción

do peche perimetral (hoxe aínda sen rematar), no que se investiron 50.000 euros (14.000 procedentes das arcas municipais e acorda-dos en pleno).

Pero dende a oposición son claros: �50.000 euros utilizados nunha reprodu-ción co xacemento orixinal abandonado é mostra de “despilfarro de diñeiro pú-blico”. Ferro deféndese: “o castro orixinal tivo durante moitos anos un campo de traballo arqueolóxico to-dos os veráns. Pero gober-nando o bipartito na Xunta cortouse iso, non habería cartos ou non se conside-raría prioritario. Nós segui-mos traballando no castro, pero xurdiu isto e fomos a por el”.

De momento non hai data fixada para a continuación das obras, nin para a ro-daxe; algo que Ferro agar-da que non se veña abaixo con tanta polémica.

Non obstante, é sincero cos veciños, “é unha obra inacabada e sabemos que a temos que rematar, pero os tempos son os que son. Pero dame pena que pen-sen que non teño os pés na terra; e que non se vexa a proxección que iso vai ter a nivel turístico e publi-citario para Celanova”. E tamén coa oposición, “de-bemos pensar menos nas próximas eleccións e máis nas próximas xeracións”.

“As casas comezaron sempre polos alicerces e non polo tellado”. Esta é a opinión do BNG de Celanova respecto a este proxecto, o cal cren que debería pasar por varias fases, “a primeira, poñer en valor de xeito integral o castro de Castromao, que está totalmente aban-donado; e a segunda, re-cuperar a rectoral como centro de interpretación castrexa, como estaba previsto no goberno de coalición”, explica Leo-poldo Rodríguez, quen aclara que “nunca se nos amosou o proxecto nin a súa finalidade, e dicía-senos que era para unha película e que despois se aproveitaría para bunga-lós e un restaurante”.

Aclarado o fin último do mesmo, dende o BNG son críticos coa súa via-

bilidade, “calquera pode ter soños moi fantásticos para Celanova, pero hai que pensar antes se se po-den afrontar ou se se vai investir unha cantidade importante para despois paralizar o que se fixo por non contar con medios económicos para rematar”, indica Leopoldo, que cita como exemplo a estación de autobuses.

“Neste caso dilapidouse diñeiro público alegremen-te. Ademais do gastado, o Concello tivo que pagar á empresa Baygar 773,19 euros pola falta de devolu-ción de �0 vallas e 13 pés de formigón”, lembra.

Ademais, non entende o abandono do xacemento orixinal, “por Castromao pasan milleiros de persoas. Hai alguén que explique aquilo? Non se pode per-mitir o deterioro do castro.

4 “Dilapidouse diñeiro público alegremente”, di o BNG “Este proxecto non nace con motivo da rodaxe, ten outra dimensión moito máis importante”, aclara José Luis Ferro

A reprodución do poboado castrexo está na actualidade sen rematar./RAMSÉS

Aspecto do xacemento orixinal, para o que a oposición reclama unha actuación inminente./RAMSÉS

4 Para o PSOE: outro “proxecto fallido do PP”

Dende o PSOE de Celanova aseguran es-tar “cansos da denuncia constante dos proxectos fallidos do goberno do PP, que despilfarran o diñeiro e non achegan nada á economía e á vida do pobo”, explicounos María Jesús Boo.

A voceira socialis-ta define este proxecto como “froito dun delirio de Mouriño que logo adxudicou Ferro. É un expoñente, entre outros, de que en Celanova cam-biou o alcalde para que nada cambiara. O grupo socialista non estivo a fa-vor deste proxecto desde o inicio e foi o que des-tapou as ‘irregularida-des’ da adxudicación e a trama de película, nunca mellor dito, que se mon-tou con Zircozine”.

Ademais, Boo confesa que senten “moita impo-tencia porque os veciños non teñan en conta as nosas reiteradas queixas e continúen votando ao PP”.

A recuperacion do con-venio entre o Concello e Patrimonio parécenos esencial”, di.

Así mesmo, mostra as súas reticencias sobre a adxudicación e a obten-ción dos terreos, “o con-trato coa produtora foi mediante procedemento negociado sen publicida-de e, aínda que está ampa-rado pola lei, parécenos de por si irregular. Ademais, cónstanos que hai propie-tarios dos terreos (que é un comunal de varas) que non están dacordo coa forma en que o Concello os ocupou”.

Os nacionalistas re-cordan que accederon ao emprego de 14.000 euros para o peche perimetral. “Pero ese apoio puntual non é un cheque en bran-co para que o Concello faga o que lle pete”.

Page 15: 11 de febreiro - Barrios

BARRIOSFebreiro de �015

15PuBLICIDADE

Page 16: 11 de febreiro - Barrios

16 BARRIOSFebreiro de �015 DEPORTES

O curso estivo avalado pola Escola Nacional de Adestradores da Real Federación Española de Fútbol

Centos de rapaces na fase final do XOGADE4 No campionato provincial de campo a través.

Novo percorrido para os 10km de Xinzo Redacción

Rematouse a incertidu-me e finalmente haberá oitava edición dos 10Km de Xinzo de Limia. Che-gará o 1 de marzo.

O Concello deu vía libre para que Limiacti-va organice esta carreira que cambiará de perco-rrido nesta edición. Pa-sará de ser un circuíto de tres voltas en vez de dúas coma viña sendo nos últimos anos. E terá un percorrido moito máis urbano.

Desta volta xa non será unha proba homologada, por rematar o período de sete anos que teñen as homologacións das carreiras de 10 quilóme-tros.

R. Torres

O 31 de xaneiro dispu-touse na área recreativa da Veronza o Campiona-to Provincial de Campo a Través, dentro do progra-ma XOGADE da Xunta de Galicia. Á cita acudi-ron centos de rapaces de toda a provincia e nela decidíanse os campións provinciais ademais dos que representarán a Ourense no Campionato de Galicia.

En categoría benxa-mín masculina o equipo vencedor foi o Ourense, seguido do Adas e do Li-miactiva; na feminina a vitoria foi para o Limiac-tiva, e tras el o Ourense e o P. Feijoo / Allariz.

O podio do infantil masculino foi para o Li-miactiva, Padre Feijoo / Allariz e o Curros En-ríquez / Celanova, coma primeiro, segundo e ter-ceiro, respectivamente. E infantil feminino primei-ro foi o Monterrei / Ve-rín, segundo o Ourense e terceiro o CD La Purísi-ma (Ourense).

O Monterrei / Verín foi o mellor conxunto na ca-

tegoría alevín masculina, seguido do Limiactiva e na terceira posición o Curros Enríquez / Cela-nova. En feminina repe-tiu o Monterrei / Verín no primeiro posto; o Ouren-se foi segundo e o Padre Feijoo / Allariz, terceiro.

Na categoría cadete xu-venil masculino o mellor equipo foi o Limiactiva, segundo o Monterrei / Verín e terceiro o CPR / Vila de Arenteiro. E en feminina, acadou a vito-ria o Ourense, mentres que o Adas e o Monterrei / Verín remataron segun-do e terceiro, respectiva-mente.

Cross curtaO equipo alevín mas-

culino do EDC Verín proclamouse vencedor do Campionato de Ga-licia de cross curto de clubs. O evento tivo lugar na localidade lucense de Friol. O equipo infantil feminino logrou o sexto posto e o alevín feminino o sétimo.

Por parte do Limiacti-va, o infantil masculino foi segundo na clasifica-ción por equipos.

Un atleta do XOGADE en Ribadavia ./RAMSÉS

A Heroican Race chega a Allariz4 Terá lugar o 14 de marzo.

R. Torres

Allariz acolle o 14 de marzo a Heroican Race, unha proba na que hai que percorrer 8,5 quiló-metros en menos de dúas horas e media.

Ao longo do percorrida haberá 9 probas interme-dias e dúas ou tres sorpre-sas. Poderanse inscribir os maiores de 18 anos, e ten un prezo de �0 euros se se realiza antes do �� de febreiro e de �5, se se inscribe un entre o �3 de febreiro e o 7 de marzo. As prazas están limita-das a 150 participantes. Os puntos de inscrición

son: Centro Deportivo Ei-roas de Ourense, no 988 �10 769, ou en [email protected], ou na piscina Municipal de Allariz, no 988 44� 083 ou no email

[email protected].

EsixenciaA Heroican Race é unha

proba esixente. Os parti-cipantes deberán realizar varias probas coma arras-trarse, cruzar un regato, le-var peso e mesmo subir e baixar unha ladeira. En to-tal nove probas no medio da carreira; os participan-tes deberán estar prepara-do para superalas.

Cartel da Heroican Race.

Redacción

�5 alumnos, de Verín e Xinzo, obtiveron o di-ploma federativo de mo-nitor de fútbol base. Os estudantes formáronse en técnica e táctica en fútbol, adestramento de-portivo, regras de xogo, medicina do deporte, psicoloxía, metodoloxía, dirección de equipos e regulamentación depor-tiva.

Ao remate do curso entregóuselles os diplo-

25 alumnos obteñen o diploma federativo de monitor de fútbol base4 Os estudantes, procedentes de Verín e Xin-zo de Limia.

mas (monitor de fútbol de base) acreditativos para adestrar equipos federados ata a categoría cadete (agás as ligas división de honra cadete, liga galega cadete e liga galega infantil, onde será necesario a partir da tempada �015/�016 o ni-vel-1).

Curso avaladoO curso estivo avalado

pola Escola Nacional de Adestradores da RFEF. O plan de formación contou con xornadas presenciais

nas que se impartiron cues-tións como técnica, táctica, adestramento deportivo, regras de xogo, medicina do deporte, psicoloxía, metodoloxía, dirección de equipos e regulamentación deportiva.

Participantes do curso de monitor de fútbol base./CEDIDA

Carreira de Xinzo do pa-sado ano. /ARQUIVO

Novas actividades na piscina de Verín Redacción

A área de Xuventude, Deporte e Festexos do Concello de Verín amplía a oferta de grupos nas ac-tividades deportivas na piscina climatizada. Aos xa ofertados con anterio-ridade, súmase tres novos nos seguintes horarios: spinning (luns e mér-cores de 08.30 ás 09.15 horas), aerobox (martes e xoves, de �1.15 ás �� ho-ras) e aerotono (martes e xoves, de 19.45 a �0.30 horas).

Esas actividades únen-se ás de natación, aqua-gym, wellness, aerotono, zumba, pilates, spinning e tonificación muscular (G.A.P.), ademais das novidades power-dum-bell, step, aero-box e to-nificación.

Page 17: 11 de febreiro - Barrios

BARRIOSFebreiro de �015

17especial ENTROIDO

Redacción

O Entroido �015 botou a andar en Maceda o 7 de fe-breiro, co Sábado de Des-madre e, agora, os mace-dáns prepáranse para a súa seguinte cita entroideira, o

Xoves de Comadres, o 1� de febreiro, que se festexa-rá cunha gran cea no res-taurante A Diligencia, por un prezo de 1� euros. As interesadas en participar nesta cea deben inscribirse na Oficina de Turismo (988

Os felos saen en Maceda4 O Xoves de Comadres e a comida dos felos serán algun-has das citas entroideiras.

Redacción

Tras máis de 40 anos sen celebracións do en-troido en Vilardevós, no �015 esta localidade re-cupera as súas exaltacións na honra de Don Car-nal, da man da figura do “chocalleiro”, personaxe que percorría as rúas da localidade e outros pobos do municipio perseguin-do á xente non disfraza-da co obxectivo de que o invitaran a un viño. A súa vestimenta está composta por un pantalón e camisa de liño, polainas, pañole-ta de lazos, careta cunha mitra pequena tapada cunha pañoleta, catro campaíñas, e unha vara cun farrapo na punta coa que asustar e manchar á xente.

ProgramaPara recuperar esta

tradición Vilardevós pre-para este ano un gran Martes de Entroido. A cita festiva comezará ás 16 horas coa saída dos chocalleiros. Media hora

máis tarde será o momen-to da saída das carrozas dende o campo de fútbol, acompañadas por gaiteiros e unha charanga.

Ás 17.15 terá lugar a representación teatral da obra “A Seitura”, a cargo da Asociación de Mulleres Rurais “Entre Nós” de Vi-lardevós.

Xa ás 18.30 horas será a baixada da vaca acom-pañada polos chocalleiros, seguida de baile e a lectura do testamento do burro.

Ás �0 horas será o mo-mento da actuación do Fo-lión de Vilariño de Conso, ás �1 tocará cea na avenida de Vilardevós e ás �3 será a queima do meco.

Como fin de festa, habe-rá música da man de Dis-co-móvil DJ Dreamsout e queimada ás 00.30 horas.

Vilardevós recupera o seu entroido da man do “chocalleiro”4 O seu día grande será o Martes de Entroido, coa saí-da dos chocalleiros, desfile, cea popular e queimada.

46 10 01).

Comida dos felosXa o sábado 14 de febrei-

ro terá lugar a tradicional comida dos felos, ás 14 ho-ras no edificio Multiusos de Maceda. O xantar servirá de descanso para os entroidei-ros, que percorrerán mañá e tarde os núcleos da Serra.

Na comida poderán parti-cipar os adultos que se vis-tan de felos e un tutor/a dos cativos menores de 13 anos que vaian de felo ese día. é preciso inscribirse previa-mente e abonar o prezo do xantar: 5 euros para os non socios e 3 para os membros

da Asociación Felos da Corga da Serra.

O entroido de Maceda estrea esta ano a declara-ción de interese turístico de Galicia.

Carnaval en Ponte Vella Redacción

O centro comercial ourensán Ponte Vella organiza para os máis cativos este entroido talleres de máscaras e maquillaxe, unha festa infantil e un concurso de disfraces, entre outras actividades.

Os talleres de másca-ras serán o sábado 14; e o de maquillaxe o luns 16. Todos ás 17 horas.

Tamén haberá talleres de disfraces (venres 13 e

mércores 18, ás 17 horas) e unha gran festa infantil de entroido (o venres 13, tamén ás 17 horas) con famosas mascotas, xogos e bailes.

Non obstante, o prato forte desta programación será o tradicional concurso infantil de disfraces, o luns 16 ás 18.45 horas, no que poderán participar nenos de 4 a 13 anos. As inscri-cións deben realizarse no Punto de Información do centro comercial ourensán ou no 988 51 0� 3�; teñen como prazo máximo para facelo ata ese mesmo día ás 14 horas. Felo de Maceda./ARQUIVO.

O “chocalleiro” percorría as rúas de Vilardevós perseguindo á xente non disfrazada co obxectivo de que o invitaran a un viño

Page 18: 11 de febreiro - Barrios

18 BARRIOSFebreiro de �015

ENTROIDO especial

P. Lodeiro

O concelleiro de Cultu-ra de Xinzo, Carlos Gó-mez, fixo un chamamento “á celebración do entroi-do tradicional” durante a presentación do progra-ma do Entroido �015 da capital limiá. Son en to-tal cinco semanas de fes-texos que comezaron co “petardazo” á medianoite do sábado �4 e xaneiro, e que non rematarán ata o �� de febreiro, Domingo de Piñata.

Sen grandes novidades na programación, a maior parte dos 75.000 euros de orzamento -50.000 pro-cedentes das arcas muni-cipais e o resto recadado entre as achegas de veci-ños e comerciantes- des-

Xinzo anima a vivir o seu entroido tradicional4 O Concello e a Comisión de Festas do Entroido 2015

presentaron o programa de actos do ciclo festivo máis longo da provincia.

tinaranse á contratación da animación musical. Orquestras, charangas, ba-tucadas e bandas de gaitas porán o contrapunto sono-ro a unha festa que se vive na rúa, e que quen coñece

un ano, repite. O ciclo tradicional xa

incluíu ata o momento o Domingo Fareleiro, Oleiro e Corredoiro; o Colgamen-to do Meco (o 31 de xanei-ro), e a Noite das Mulleres

(7 de febreiro).Agora, Xinzo prepárase

para o Domingo de En-troido, (15 de febreiro) e Domingo de Piñata (�� de febreiro), ademais doutras citas importantes como o Venres Infantil (13 de fe-breiro), o desfile de Martes de Entroido (17 de febrei-ro), e o Enterro da Sardiña (18 de febreiro).

É o de Xinzo un entroido “participativo, mezcla de rural e urbano, no que todo o mundo é protagonista e ten o seu lugar”, destaca-ba o edil de Cultura. Para que todos poidan gozar da festa, por segundo ano realízouse un oleiro adap-tado (o � de febreiro) para os usuarios do centro so-ciocomunitario, o centro de día, a residencia Santa Mariña e os membros da asociación LIMISI.

Tamén os nenos terán actividades propias na

tarde do Venres Infantil e no Domingo de Piñata, e máis ambientación musi-cal no seu desfile, o pro-pio venres 13. O Festival da Canción Humorística e un obradoiro de inicia-ción á maquillaxe organi-zado pola Concelleria de Xuventude son outras das opcións para participar do entroido limiao.

Carlos Gómez animaba á “convivencia cívica” du-rante este mes de celebra-ción e rogaba á xente “que evite o botellón”. Pola súa banda, o alcalde, Antonio Pérez, recordou que esta-rá habilitada unha zona de aparcamento para autobu-ses e autocaravanas duran-te estes festexos.

Apertura do Museo do Entroido

O rexedor de Xinzo ve posible inaugurar o Museo do Entroido na última se-mana dos festexos, logo de que a Axencia Galega de Turismo achegara 70.000 euros para concluir os tra-ballos de musealización.

Máis seguridadeAnte a gran afluencia de

público que se prevé nos días centrais do Entroido, o PSOE de Xinzo vén de solicitar ao Concello que reclame á Subdelegación do Goberno un reforzo dos efectivos para garantir a seguridade.

Os socialistas tamén piden que se instalen con-tedores de vidro e que a hostalería incremente os envases de plástico.

Aínda quedan importantes citas en Xinzo, como o Venres Infantil e o desfile do Martes de Entroido

Grupo de pantallas abrindo o desfile de comparsas de Xinzo o Martes de Entroido.

Unha pandilla xa disfrazada no Domingo Corredoiro de Xinzo./BRAIS LORENZO.

Page 19: 11 de febreiro - Barrios

BARRIOSFebreiro de �015

19especial ENTROIDO

Redacción

Ata o �� de febreiro, Ve-rín acollerá a celebración do Entroido �015, unha das máis orixinais, ances-trais e participativas de Galicia, que goza do califi-cativo de Festa de Interese Turístico Nacional desde o ano �009.

Manquiña, pregoeiro en Comadres

Un dos días máis sina-lados do entroido de Verín é, sen dúbida, o Xoves de Comadres, que este ano se celebrará o 1� de febreiro. Desde as 11.45 horas terá lugar o Desfile Infantil de Entroido, no que os me-nores dos distintos centros educativos de Verín toma-rán as rúas. O seu perco-

rrido estará amenizado pola Banda de Gaitas do Concello e charangas.

Pola noite, as comadres encherán todos os res-taurantes de vila, nos que cearán e bailarán ao ritmo da música. A media noite, no Barrio de San Lázaro, a Raíña do Entroido re-cibirá a comitiva de Don Carnal (que este ano será representado polo presi-dente dos empresarios e

profesionais galegos de EE.UU., José Manuel Brandariz). Despois, terá lugar a lectura do pregón que correrá a cargo do re-coñecido actor galego Ma-nuel Manquiña e co que se dará inicio oficialmente ao Entroido �015.

Como nos últimos anos, o capuchón e a mascarita serán os uniformes oficiais que portarán os asistentes á festa durante o Venres

de Compadreo (13 de febreiro). A partir das 19 horas terá lugar a saída dos escuadróns de capu-chóns e mascaritas para percorrer diversas rúas e prazas da vila, e finalizará o percorrido na praza de Edesio Fuentes, onde a música acom-pañará a tradicional de-gustación de porco ao espeto.

Os días grandesO Sábado de Entroido,

14 de febreiro, ás17 ho-ras, sairá desde a praza do Concello a Confraría do Cigarrón. Na praza da Mercé celebrarase o emblemático “Bautizo do Cigarrón”, despois do cal os novos cigarróns presidirán unha marcha cara á praza do Ciga-rrón, onde se lle reali-zará unha homenaxe aos cigarróns que non poden saír este carnaval.

O Domingo de En-troido, pola mañá, unha

O entroido séntese en Verín 4 O Xoves de Comadres, o Bautizo do Cigarrón ou os desfiles de domingo e martes son citas ineludibles.

descarga de foguetes es-pertará a todos os entroi-deiros, seguida da con-centración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns ás 1� horas no Barrio de San Roque para o Gran Desfile de Entroido.

O luns 16 de febeiro, a partir das 16.30 ho-ras, os xogos infantís e inchábeis tomarán no Pavillón dos Deportes, onde os máis pequenos, que serán os protagonis-tas, deben ir disfrazados. Seguindo a tradición, ce-lebrarase o Día da Fare-lada con quilos e quilos de fariña.

O Martes de Entroido, ás 16.30 horas, conce-traranse carrozas, com-parsas, máscaras e ciga-rróns no Barrio de San Roque, para media hora máis tarde, dar comezo ao Gran Desfile, que rea-lizará o mesmo percorri-do que o domingo.

Sábado e Do-mingo de Pi-ñata

O sábado �1 de fe-

breiro, a partir das 17 ho-ras no Centro Socio-comunitario de Verín celebrarase un baile para os seus usuarios a cargo da Grupo Instrumental do Conservatorio Elemental de Música. Xa o domingo ��, o xantar popular, para comparsas e carrozas, po-ñerá fin ao Entroido 2015.

A banda sonora de todos estes días de festa correrá a cargo de diversas or-questras e charangas, dis-postas polas prazas e rúas da vila do Támega.

O domingo ás 12 e o martes ás 16.30 terán lugar os desfiles de comparsas

Un grupo de amigos preparados para gozar do Xoves de Compadres en Verín./P.L.

Os cigarróns á saída da misa en Verín este Domingo Corredoiro./BRAIS LORENZO.

Page 20: 11 de febreiro - Barrios

�0 BARRIOSFebreiro de �015

ENTROIDO especial

A estrea dos peliqueiros será o domingo 15, co saúdo trala misa

Redacción

Do 16 ao 18 de febrei-ro Allariz festexa o seu entroido.

O luns 16, ás 17 horas, no pavillón do instituto terá lugar unha festa in-fantil, con música a car-go dun DJ e batucada.

Xa pola noite, ás �1 horas no Campo da Ba-rreira, celebrarase a tra-dicional cachuchada, na que os asistentes degus-tarán cocido, lacón, ca-chucha, chourizo, touci-ño, pan e viño, bica e licor. Os interesados en asistir poden mercar a

Redacción

O próximo �1 de fe-breiro, Celanova acolle o seu xa tradicional Sábado de Piñata cun gran desfi-le na vila no que se pode participar de xeito indivi-dual, por parellas ou tríos, grupos (ata 15 persoas) e comparsas (máis de 15).

As inscricións no desfile poden facerse na oficina de turismo de Celanova (de 9 a 14 horas), no 988 43 �� 01 ou en [email protected], ata o venres �0 ás � da tarde.

Os participantes que acu-dan ao desfile con carrozas ou remolques deberán in-formar á organización das medidas dos mesmos no momento da inscrición, para que poida adoptar as correspondentes medidas

súa entrada en: Librería Nenos, Bar Novo, Roi Xordo, Os Pacos, A Ta-berna do Pepiño e Bar Miudiño. O custo será de 10 euros, salvo para os menores de 8 anos que poderán acudir de balde.

Ademais, trala cea terá lugar o sorteo dun lote de produtos de entroido.

Gran desfile o martesO martes 17 de fe-

breiro, ás 17.30 horas dará comezo o desfile de comparsas, con saída na estrada de Xunqueira á altura do CEIP. O per-corrido será amenizado

Entroido en Allariz4 Con festa infantil, desfile de comparsas, cachuchada e moita música.

de seguridade. E para optar ao premio

é preciso que o 90% do grupo complete o perco-rrido do desfile (que co-meza na Pedra da Moa, e continuará pola avenida López Blanco, rúa Emilia Pardo Bazán, praza Maior, rúa Fernández Losada, rúa Encarnación, avenida San Rosendo, rúa Celso Emilio Ferreiro, rúa Emilia Pardo Bazán e remate na praza Maior). Así mesmo, os participantes deben estar no comezo do desfile entre 15.30 e 16 horas, para pro-ceder á súa colocación.

Cada comparsa terá un distintivo co seu nome e número de orde, na parte frontal da súa carroza.

Ademais, os participan-tes teñen prohibido levar animais soltos na com-

Sábado de Piñata en Celanova4 O gran desfile celebrarase o 21 de febreiro pola tarde.

parsa, así como o uso de petardos, esprais ou lanza-mento de obxectos perigo-sos ao público.

Máis de 3.000 euros en premios

As catro mellores com-parsas recibirán premio. A primeira será agasallada con 1.000 euros, a segunda con 500, a terceira con �50 e a cuarta con 150 euros.

Ademais, haberá tres ac-césit para as comparsas da vila a cargo da Comisión de Festas de Celanova (de

150, 100 e 50 euros).Os premios desta mo-

dalidade non poderán ser acumulativos, non poden-do levar ningunha com-parsa máis dun premio.

Así mesmo, os tres mellores grupos recibi-rán 300, �00 e 100 euros; as mellores parellas ou tríos, 1�0, 80 e 50 euros; e o mellor disfraz indivi-dual será agasallado con 50 euros.

Ademais, será obriga-torio subir a recoller o premio disfrazado.

pola charanga Sorcha e a Batucada Axóuxere.

Os interesados en par-ticipar no mesmo poden inscribir a súa compar-sa ata o 13 de febreiro na Casa da Cultura. Os grupos de máis de 10 compoñentes optan a catro premios, de �00, 150, 100 e 50 euros.

O xurado valorará a orixinalidade, elabora-ción, escenificación e acompañamento musi-cal.

Ao remate do desfile, no pavillón do Instituto, terá lugar un baile de entroido con música a cargo dun DJ.

Pranto de EntroidoE xa o mércores 18, ás

�0 horas na praza Maior celebrarase o pranto de Entroido, coa queima do meco no campo dos Brancos.

Redacción

Ningún dos tres vérti-ces do triángulo máxico falta xamais á súa cita co entroido. Nesta edición do �015 Laza ten prepa-rada unha ampla oferta de actividades, para que a festa non pare do 1� ao �� de febreiro.

A primeira cita é o Xo-ves de Comadres, 1� de febreiro, co folión dos nenos do CEIP O Cas-tiñeiro ás 14.30 horas. Pola noite non faltará a cea de mulleres.

Ao día seguinte será o Venres de Folión, coa celebración da novena edición da Cea Gastro-nómica da cachucha, bica branca, xastré e do licor café, ás �1 horas. Ao remate, terá lugar o gran folión.

O día 14 conmemora-rase o Sábado de Cabri-tadas, coa fariñada pola tarde nas distintas rúas da vila; e a cabritada dos mozos pola noite.

O Domingo de Estrea comezará pola mañá cedo coa estrea dos peli-queiros, o saúdo á saída

Laza non falta á cita4 Prepárase para o Xoves de Comadres, a Cea Gastronó-mica ou o Luns Borralleiro.

da misa e reparto de bica. Pola tarde será o momento do desfile de carrozas.

O Luns Borralleiro pola mañá celebrarase a farra-pada nas rúas e praza da Picota, e pola tarde será a baixada da Morena de Ci-madevila acompañada das formigas, toxos e cobellei-ros.

O 17 de febreiro, Martes de Entroido terá lugar a saída dos peliqueiros ve-teráns pola mañá; e pola tarde o desfile de carrozas, lectura do testamento, en-terro do Entroido e loito dos peliqueiros.

Por último, a festa rema-ta en Laza co Domingo de Piñata, o �� de febreiro, o último día no que está permitido vestir de peli-queiro.

Así mesmo, todos os días estarán amenizados por actuacións musicais coas orquestras, charangas e demais músicos impro-visados que visitan Laza.

Sábado de Entroido en RiósRedacción

O sábado 14 de febrei-ro Ríos festexa o seu día grande de entroido.

Os festexos darán co-mezo ás 11 da mañá co desfile de disfraces, entre Riós e Marcelín. De se-guido, de 1� a 14 horas, na praza do Concello os cativos poderán gozar de hinchables; así mes-mo de 1�.30 a 14 horas, haberá pinchos de balde nos bares do pobo e ma-gosto popular na praza do Concello.

Pola tarde, de 6 a 7, haberá baile popular con charanga. E a partir das 19 horas será a baixada a Marcelín, acompañada da música, para participar na degustación de orella e continuar coa festa.

Comparsa participante nunha edición anterior do desfile do Sábado de Piñata de Celanova./A.M.

Peliqueiros de Laza nunha visita promocional./ARQUIVO.

Page 21: 11 de febreiro - Barrios

BARRIOSFebreiro de �015

�1OCIO E CuLTuRA

Redacción

O Concello de Allariz busca artistas para par-ticipar na programación da Semana Santa ao Vivo que se celebrará do � ao 5 de abril. A Semana Santa ao Vivo é unha proposta cultural de ocio nacida no ano �000, motivada pola grande cantidade de turis-tas presentes durante estas datas na vila alaricana.

O departamento de Pro-moción Económica de Allariz é o encargado de organizar a programación da Semana Santa ao Vivo, unha alternativa diferente que conxuga música, tra-dición e cultura para que todo aquel que visite a vila nesas datas quede coa esencia do que é Allariz.

Este proxecto cultu-ral abrangue sobre todo

4 “Petiscos musicais” solidarios

A Fundación Vicente Risco de Allariz organi-za “Petiscos Musicais”, un programa de música de cámara con fins so-lidarios que inclúe ca-tro concertos que terán lugar durante o �015 e cuxa recadación será de-dicada á restauración do histórico piano da dona de Vicente Risco, María del Carmen Fernández.

Os concertos, que te-rán a música de cámara co piano como protago-nista, vanse celebrar na sala onde se atopa este instrumento histórico, con capacidade para 35 persoas.

O abono para os catro concertos é de 40 euros.

4 Concertos didácticos de órgano en Celanova

En marzo comeza a sétima edición do Ciclo de concertos didácticos de órgano que ten lugar cada primavera no Mos-teiro de San Salvador de Celanova. As sesións es-tán dirixidas a alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato, que reci-birán clases-concerto a cargo de Marisol Men-dive, profesora de órga-no do Conservatorio de Música de Ourense.

Ademais da sesión didáctica, os escolares realizarán unha visita guiada polo recinto do mosteiro.

O programa oferta 10 xornadas ata xuño con tres clases-concerto en horario de mañá. O ciclo comeza o �6 de marzo e remata o 4 de xuño.

EN BREVE

música de rúa, nos seus variados estilos folk, jazz, worldmusic, étni-co, blues, etc. Este ano, como novidade, ofréce-se a posibilidade de que se presenten persoas ou grupos que se dediquen a outras disciplinas artís-ticas, como maxia, teatro ou danza, que amenicen, así, o paseo dos transeún-tes en diversos espazos do casco histórico.

Os artistas interesados en participar na progra-mación deben contactar coa Área de Promoción Económica, antes do 1 de marzo. Entre todas as solicitudes recibidas rea-lizarase a selección dos artístas que ocuparán as rúas alaricanas. [+ info en [email protected] ou

no 988 44 �� 10]

Búscanse artistas 4 Para a Semana Santa ao Vivo de Allariz.

Redacción

O Concello de Allariz presentou unha nova ex-posición fotográfica ao aire líbre. “Allariz, na memoria...e no corazón” é o título desta iniciativa que inclúe �5 fotografías antigas que retratan o Allariz dos anos �0 e 30 e que se poderán ver nas rúas alaricanas.

As fotografías, doa-

das polo fotógrafo Manuel Riesco, forman parte do arquivo municipal, com-pletado por instantáneas realizadas polos fotógra-fos da época como Rizo, Francisco Losada ou o ala-ricano Xosé Suárez.

Ademais de lugares físi-cos a exposición reflicte a cultura e tradicións da épo-ca. Feiras de gando, a Festa do Boi, danzas gremiais ou os xigantes e cabezudos

están retratados para re-cordarnos o pasado. “Non só é unha memoria visual de espazo senon tamén de actividade económica”, explicaba o alcalde, Fran-cisco García.

A exposición ten unha páxina web propia, www.allariz.com/memoria, que quere ser un novo caixón de memoria colectiva para reconstruír o Allariz doutrora.

Unha mostra amosa o Allariz dos anos 20 e 304 Recolle lugares e tradicións da época.

As fotografías están ubicadas ao aire libre, nas rúas alaricanas./CdA.

Page 22: 11 de febreiro - Barrios

�� BARRIOSFebreiro de �015

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Entroido ceibe ou atrevido

Contan os máis ve-llos, que antes en Verín, o entroido asomaba a primeiros de ano, cando remataban as derradei-ras badaladas das doce da noite, e a xente saía á rúa ou aos salóns de baile, para celebrar a chegada do ano novo. Era alí, onde emerxía a catarse colectiva, dos en-troideiros e entroideiras que non aturaban máis as gañas de pór un disfraz, e nas primeiras horas do recen parido ano, xa se podían ver as mascaritas por Verín facendo entroi-do a tope!

Os capuchóns coas máscaras de calquera tipo, comenzaban a rular e a facerse notar, quen-tando motores para a fes-ta máis querida. Aqueles homes e mulleres que daquela tiñan a valentía de saír á rúa a facer unha sinxela manifestación carnavalesca, ou calque-ra outro acto de entroido, eran valentes que arris-caban o pelexo con aga-llas, ante as retrógadas normas gubernativas da época.

Coido que a parodia máis enxebre e trasgre-sora que xamais xurdiu en ningún entroido naceu aquí en Verín. Si, aquí, ao carón do Tamega, na fer-mosa praza Maior, cando nun acto improvisado e espontáneo, os intrépidos mozos daquela fórona liando tan grande que naceu a inesquecible e mitica parodia do “home engaiolado” que, sen dú-bida, marcou un antes e un despois no entroido desta vila. Aínda teño no maxín o “lexionario” metido na gaiola, apoteó-sico!

Daquela non era doa-do, era unha continúa

guerra contra unha cen-sura que apretaba a liber-dade. Agora, que todo é máis levadeiro, que nin-guén pon atrancos para que no entroido cada quen faga o que lle pete, xorden as polémicas ri-dículas, de “isto si, e isto non”. Agora que temos o camiño chairo, sen atran-cos, que podemos expre-sarnos ceibes, andamos co “díxome, díxome” do que está ben e do que está mal.

Coido que non é bo acotar coas verbas o que fan os demais en tempo de entroido, que de se-guro, a maior parte das veces, o que critica é o que xamais participou na troula, e só está de miran-da, ano tras ano cos bra-zos cruzados, esperando que pasen os de sempre, os que se parten a alma polo entroido a cambio dunha sorrisa.

Quixera recordar aquí nestas liñas a todos aque-les que fixeron entroido na época do atrevemen-to, os que non claudica-ron xamais, e que con respecto e sobre todo con elegancia, puxeron a so-bria e forte base da incri-ble barricada entroideira que temos agora e que ninguén escachará.

É tempo de entroido, fagamos a revolta con esmero e sabiduría, cada quen que entroidee o que lle saia do corazón, sen censura, mais iso si, non estaría de máis mirar atrás e recoller as enxe-bres e sinxelas mañas que os atrevidos e ini-gualables entroideiros de aquí nos deixaron, para poder lidiar con éxito estas fermosas batallas. Viva o entroido e saúde para todos!

Miguel A. Prieto “Chita”

OCIO E CuLTuRA / ARTIGOS

4TRIBuNA ABERTA

Este ano volvemos Os Felipes

Dende Monterrei a Verín vén baixando o San Entroido,pra irse esparexendo no Támega,e o Cigarrón, aínda mansovén batendo cos chocos nas noites de xeada,chega vestido e moi elegante.Coa rapidez dunha pantera vai zorregando nas costasdas almas en pena.Turistas vinde a esta vilapolo tempiño do Carnavalpara levarlle ás vosas xentes cousas bonitas que lle contar.Augas de VerínViños de Monterreidéixache o corpocoma un rei.Toda a vida disfrutando do noso Entroidoe seguimos igualOs Felipesno Entroido de Verínnon teñen fin.Volvemos pra quedarnos.

Charanga Os Felipes

4DESDE O OuTRO LADO DA RAIA

O Dr. Morter (U.S.A.) fixo un dos maiores des-cubrimentos en diag-nósticos médicos. Mais como este descubri-mento non aumentaba os lucros da industria farmacéutica, pasou por canles secundarias, sen moita publicidade. Des-cubriu que cando o PH do organismo é ácido, doenzas como o cancro, a diabete e a esclerose múltiple prosperan. Ta-mén referiu que, cando o organismo é alcalino, as doenzas desaparecen.

Por iso, temos que tratar o PH do noso or-ganismo; as doenzas aínda levan algúns anos a desenvolvérense e, así, hai sempre tempo de re-correr a un homeópata, a un fitoterapeuta ou a un naturópata. O corpo ácido pode ser debido a varias cousas: deshi-dratación, estrés mental e emocional, exceso de consumo de carne ou relacionada cunha defi-ciencia nutricional. Que debemos facer?

- Eliminar as toxinas

Cando o PH do organismo é alcalino

que se instalan no orga-nismo, inxerindo canti-dade de nutrintes adecua-dos a través de vitaminas e de minerais.

- Reducir a enerxía electromagnética, o es-trés, beber polo menos un litro de auga por día.

- Facer exercicio físico e unha hora de marcha por día, acompañada de respiración ben fonda.

- Alongar os múscu-los e tendóns e facer un xaxún parcial de sete a dez días.

- Tamén debemos evi-tar beber auga da billa por ter moito cloro pois este pode ferir as arte-rias; non inxerir comida feita no microondas.

- Evitar lácteos ho-moxeneizados e pasteu-rizados.

- Aumentar o consumo diario de allo e amén-doas.

Non se esqueza que os produtos convencio-nais de carnes vermellas e brancas están cheos de químicos e, por iso, con-suma carnes ecolóxicas.

João Damião

Charanga Os Felipes.

4 Cursos na Fundación Ramón González Ferreiro

O Centro de Educación Ambiental do Rexo en colaboración coa Fun-dación Ramón González Ferreiro de Allariz lanzan novos cursos.

Así, o �8 de febreiro terá lugar un curso de enxerto. Durante 8 horas, explicaranse as xeralida-des do enxerto, os dife-rentes tipos, outros xeitos de propagación... Reali-zaranse prácticas tanto na aula, coma no exterior.

Ademais, o 14 de mar-zo organizan un curso de elaboración de títeres de gomaescuma. Ao remate da formación os parti-cipantes serán quen de crear as pezas por si mes-mos.[Inscricións no 988 436 18�

ou en [email protected]]

4 Terapia asistida con animais

A Asociación AN-DREA de Allariz lanza un novo curso de terapia asistida con animais. Trá-tase dunha formación es-pecializada que se oferta en colaboración coa Uni-versidade de Vigo para os días 13, 14 e 15 de marzo, na súa sede de San Salva-dor de Penedos.

[Inscricións en [email protected] antes

do 6 de marzo]

4 Retómase a Escola de Familias de Allariz

Ao redor de �0 fami-lias están interesadas en participar nas reunións quincenais da Escola de Familias “A Orella Ver-de” de Allariz. Esta esco-la pretende ser un apoio ás familias na educación dos seus fillos. As xun-tanzas serán os xoves de 16 a 17:30 horas e haberá un servizo de coidado de menores.

[+ info no 988 554 059]

EN BREVE

Page 23: 11 de febreiro - Barrios

BARRIOSFebreiro de �015

�3CLASIFICADOS

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 14�-�014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 045 35�. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz.Nº10 - Ano: X - Febreiro �015 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 35�.

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 590 �06Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada Xinzo 988 460 309

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 90� 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4TELÉFONOS DE INTERESE4CLASIFICADOS

ALuGuER/VENDAAlugo local económico e acondi-cionado de 15 m xunto parada do autobus. Tel. 6�7 �03 131.Alúgase oficinas na rúa Progreso ao lado dos xulgados. Prezo con-vir. Tel 637 00 59 10Alúgase praza para moto no garaxe do edificio Mercadona da avenida de Santiago. Tel. 988 �1 �9 00.Alúgase praza de garaxe pe-chada, con pequena adega. En Faustino Santalices (edificio Ser-vipel). Tel. 988 �� �1 79.Véndese piso en rúa Carlos Ma-side (O Couto). Tres habitacións, calefacción e amplia bodega. To-talmente reformado. Prezo eco-nómico. Tel: 677 494 645.Alugo piso zona O Couto. Refor-mado. Tel: 677 494 645.Alúgase praza de garaxe ao lado praza do Couto. 45 € Tel: 606 03 57 81.Vendo piso en Marcelo Macías, 3 dormitorios, calefacción, aire acondicionado, ascensor, � ga-lerías, parquet, amoblado súper luxo. Tel. 988 �� 75 74.Alúgase amplo bar-restaurante céntrico en r/Marcelo Macías moi preto da av. de Ourense. O seu nome actual é “Punto de Encon-tro” e ten todo o necesario para abrir ao público inmediatamente. Pódese ver sen compromiso. Pre-zo a convir. Tel. 647 076 0�4.Alúganse 2 naves de 4�� e 454 m� xuntas ou separadas en Polí-gono de Pereiro de Aguiar: parce-la Nº 15, fronte a Codisoil). Tel. 639 67 74 3�.

EMPREGO

Desbrózanse fincas con trac-tor e a man. Prezo económico. Tel. 630 5�1 448.Ofrécese modista para parti-culares. Bo prezo. Calidade. Tel. 988 �55 30�.Desbrózanse fincas e fanse transportes e mudanzas, tel. 6�9 319 �69.Necesítanse CV para traballar de internas e turno de noite, In-fórmate no 687 0� 36 41 ou Ao teu lado, r/Cruz, 8,Verín.Dánse clases a domicilio du-rante o curso �014-15. Especia-lidade en matemáticas xerais.Todas as etapas. Tamén outras materias. Ampla experien-cia. Económico. Con CAP.Tel 636 6195 89. clasesadomici-lio�[email protected] reparacións en casas e negocios. Carpintería, per-sianas, mobles... Tel. 656 78� 460.Licenciada en Traducción e Interpretación da clases de inglés e francés. Individuais e grupos reducidos. Todos os ni-veis. Telf. 664 59 06 04.Danse clases particulares de pintura artística. Oleo, acua-rela, pastel, acrílico. Todos os niveis. Máis de 40 anos de ex-periencia Telf. 687 19 33 44.Clases particulares de Pho-toshop e deseño gráfico. Todos os niveis. �0 anos de experien-cia. Tel. 667 508 333. Moza busca traballo coidando persoas maiores, nenos ou rea-lizando labores de limpeza no fogar. Tamén como coidadora de noite en hospital ou en casa particular. Ampla experiencia a través de axencias de axuda a domicilio. Tel. 661 08 09 6�.

VENDAS

Vendo 36 ventás corredeiras de aluminio branco con illamento cristal dobre Climalit. medidas: 5�cms de alto por 115cms de lar-go.Prezo 95€ unidade. Telf. 687 19 33 44Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal. Sen marco. Me-didas: �35cms de alto por 78cms. Con pechadura con chave. Prezo: 80€ cada una. Telf. 687 19 33 44.Vendo alpacas, abonos e cereais, Tel. 6�9 319 �69Véndese leña de carballo. Tel. 630 5�1 448.Vendo finca de 2.000 m2 edifica-ble con auga e luz, a 10 km de Ourense. Tel. 600 51 �5 59.Vendo sensores de aparcamen-to con pantalla LED que indica distancia e lado de colisión (va-rias cores) e regalo instalación en Ourense. En 3 horas telos instala-dos con acabado profesional ga-rantido por 40 euros. Tel/Whats-app 667 830 310.Vendo xerseis feitos a man por encargo 10 euros, e bolsos de tra-pillo a 3 e 5 euros. Tel. 664 096 953.Vendo vestidos de bautizo, co-muñón e arras, novos, ao 50%,do prezo de custo.Tel. 686 03 49 76

Véndes compresor de aire ABC VG-5-PC industrial 6CV-HP. Presión 8Kgs/cm� psi115, 750 Litros/minuto cfm �36,48. Velocidad 650. Depósito 300Litros. Peso neto �10Kgs. Peso Bruto 310Kgs. Prezo 1.000€. Telf. 687 19 33 44Vendo estanterías metálicas de varias medidas e dúas bás-culas. Tel. 679 04 06 04.Vendo 8 focos de baixo con-sumo a bo prezo. tel. 675 63 10 11Véndese moto de 1�5 cc. Bo prezo. Tel.630 5�1 448.

Vendo manequíns en perfecto estado, modernos, con pelo es-culpido. A 150 euros cada un e tres xuntos 400 euros. Tel. 988 �5 43 59.

Page 24: 11 de febreiro - Barrios

BARRIOSFebreiro de �015