27 de febreiro - barrios deportivo nº114

16
Número: 114- Ano: VII - 27 de febreiro de 2015 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 13 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. BALONCESTO Páx. 6-7 ATLETISMO Páx. 2-3 FÚTBOL Páx. 4-5 Campionato galego de natación na piscina Rosario Dueñas./R.TORRES.// Un dos obstáculos incluídos no I Miño Radikal./I.OSORIO. FÚTBOL SALA Páx. 11-12 I Miño Radikal O mellor da natación [Páx. 8-9] [Páx. 3] XIMNASIA Páx. 13 Arantxa Mallou ficha polo Conquero [Páx. 6]

Upload: barrios-deportivo

Post on 08-Apr-2016

245 views

Category:

Documents


11 download

DESCRIPTION

No número 114 de Barrios Deportivo, levamos á portada a primeira edición da Miño Radikal e o Campionato galego de natación júnior e infantil celebrado en Ourense.

TRANSCRIPT

Page 1: 27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

Número: 114- Ano: VII - 27 de febreiro de 2015 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 13 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

BALONCESTO Páx. 6-7ATLETISMO Páx. 2-3 FÚTBOL Páx. 4-5

Campionato galego de natación na piscina Rosario Dueñas./R.TORRES.// Un dos obstáculos incluídos no I Miño Radikal./I.OSORIO.

FÚTBOL SALA Páx. 11-12

I Miño Radikal

O mellor da natación[Páx. 8-9]

[Páx. 3]

XIMNASIA Páx. 13

Arantxa Mallou

ficha polo Conquero [Páx. 6]

Page 2: 27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

� BARRIOS DEPORTIVO�7 de febreiro de �015

AXENDA /ATLETISMO

4 Axenda deportivaFútbol- Día �8 de febreiro. Estadio Miguel Anxo. Pabellón - Lugo. División de Honra Xuvenil.- Día 1 de marzo. O Couto -17:00h -. UD Ourense - Salamonde. Terceira Rexional.- Día 1 de marzo. Os Carrís. Barbadás - Choco. Tercei-ra División.- Día 1 de marzo. Estadio José Arjiz. Verín - Porriño. Rexional Preferente.- Día 1 de marzo. A Tella. Nogueira de Ramuín - Mon-dariz. Rexional Preferente.- Día 1 de marzo. Espiñedo. Arenteiro - Céltiga. Rexio-nal Preferente.- Día 1 de marzo. Os Carrís -1�h-. Barbadás - Bértola. Segunda División Feminina.- Día 8 de marzo. Calabagueiros. CD Barco - Noguei-ra. Rexional Preferente.

Baloncesto- Día �8 de febreiro. Paco Paz - 18.30h - Club Ourense Baloncesto - Leyma Coruña. LEB Ouro.- Día �8 de febreiro. Os Remedios - �0.00h - Pabellón Ourense - Bizkaia. Liga Feminina �.- Día 8 de marzo. Paco Paz - 18.00h - COB B - Ferrol. Liga Nacional.- Día 8 de marzo. Polideportivo do Campus - 18.00h - Campus Ourense - VGO Basket. Liga Nacional.

Fútbol sala - Día �8 de febreiro - Os Remedios -17.00h- Ourense Envialia - U. Alicante. 1ª División.- Día 14 de marzo - Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - V. Amarelle. 1ª División.- Día �8 de febreiro - Os Remedios - 1�.00h - Sala Ourense - Mondariz . Liga Galega.

Atletismo- Día 1 de marzo. Xinzo. VIII Carreira Popular Conce-llo de Xinzo de Limia.- Dia 8 de marzo. O Carballiño -10.30h - III Media Maratón O Carballiño.

Tiro- Día 1 de marzo. Club de tiro Eiroás. Carabina match e lixeira.- Días 7 e 8 de marzo. Club de tiro Eiroás. XXVII Copa Excma Diputación de Ourense.- Día 8 de marzo. Club de tiro Eiroás. Pistola Veloci-dade.

Balonmán- Día 8 de marzo - Anexo dos Remedios - Balonmán Pa-bellón - 5 Jotas Lavadores. 1ª Autonómica masculina.- Día 1 de marzo. Campus de Ourense. Balonmán Campus Auria - Balonmán Pabellón. 1ª Autonómica feminina.- Día 8 de marzo. Campus de Ourense. Balonmán Cam-pus Auria - Cangas. 1ª Autonómica feminina.

Natación- Días �8 de febreiro e 1 de marzo - Piscina Rosario Dueñas. Campionato de España de Salvamento Acuá-tico en augas pechadas.

Hoquei herba- Día 8 de marzo - Mariñamansa. CH Barrocás - FC Barcelona. División de Honra B.

Tenis de mesa- Día �8 de febreiro. Paco Paz - 10:30h -. Galmédica Ourense TM - Cinania Frigoríficos do Morrazo. 3ª Na-cional.

Campionato galego de campo a travésO complexo deportivo de Monterrei acolleu o Campionato galego de Campo a tra-

vés das categorías alevín, infantil e cadete. Centos de atletas de toda Galicia participa-ron neste evento que se inclúe no programa Xogade da Xunta.

O club Monterrei/Verín foi o mellor equipo alevín masculino. En cadete feminino o Ourense Atletismo foi o campión; o cadete masculino do Limiactiva clasificou na se-gunda posición. Na categoría infantil masculina, o atleta do Ourense Atletismo, Mar-tín Rivera proclamouse subcampión galego, mentres que Said Abdoun, do Limiactiva foi terceiro; por equipos, o Limiactiva de Xinzo conquistou a primeira posición.

Momento do comezo da carreira en categoría infantil masculina./RAMSÉS

Novo percorrido para os 10km de Xinzo Redacción

Rematouse a incertidu-me e finalmente haberá décimo quinta edición dos 10Km de Xinzo de Limia. Será o 1 de mar-zo. O Concello deu vía libre para que Limiacti-va organice esta carreira que cambiará de per-corrido nesta edición. Pasará a ser un circuíto de tres voltas en vez de dúas coma viña sendo anteriormente e terá un percorrido moito máis urbano. Xa se superaron os 400 inscritos.

Desta volta xa non será unha proba homologada, por rematar o período de sete anos que teñen as homologacións das carreiras de 10 quilóme-tros.

O evento comezará ás 10:30h coa carreira infantil e rematará ás 1�:40h ca de pitufos. A proba absoluta dará co-mezo ás 11:15 horas.

Tres quilómetros para subir a Montealegre4 O 22 de marzo celebrarase a primeira “Su-bida a Montealegre”.

Redacción

O Consello Municipal de Deportes acaba de presentar a “I Subida a

Montealegre”. Terá lugar o �� de marzo e dará co-mezo ás 11 horas. A saída darase por enriba do ce-miterio de San Francisco,

na rúa Fonte dos Caños; a meta, na estrada de Mon-tealegre, xunto á urbaniza-ción do mesmo nome.

A proba será unha ca-

rreira contrarreloxo cun ascenso de tres quilómen-tros. A pendente media será do 9,4% chegando a alcanzar nalgunhas zonas o �4,9%. Na carreira po-derán participar os maio-res de 18 anos.

Inscricións e premiosA inscrición está limi-

tada aos 400 participantes e o prazo está aberto ata o 17 de marzo a través da web www.deportesouren-se.com. A cota de inscri-ción será de cinco euros para os que teñan o chip en propiedade e de sete euros para os que aluguen o chip.

As modalidades de cla-sificación serán de manei-ra individual por tramos de idade; individual absoluta e clasificación por equipos mixtos (catro integrantes con alomenos unha persoa dun dos sexos).

A pendente media da subida será do 9,4% chegando nalgunhas zonas ao 24,9%

Hugo Blanco, Marta Míguez e Alfonso Vilachá na presentación da subida ./I.OSORIO

Page 3: 27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

BARRIOS DEPORTIVO�7 de febreiro de �015

3XADREZ /ATLETISMO

Participantes do Miño Radikal superando un dos obstáculos./I. OSORIO

R.T.

O pasado �� de febrei-ro celebrouse na nosa ci-dade a primeira edición do “Miño Radikal” que congregou máis de 400 participantes “radikais” desta proba de obstácu-los pioneira en Galicia.

A proba constou de dúas voltas a un perco-rrido de 3,5 quilómetros para completar un total de sete quilómetros; no camiño numerosos obs-táculos a superar. Subir as escaleiras da Ponte Romana para cruzar o río; a partir de aí emo-ción e desenfreo. Unha rede a uns centímetros do chan para reptar, sortear uns neumáticos, subir cunha corda unha rampa e baixar polo outro lado por uns tablóns, saltar e pasar por debaixo duns barrotes, cruzar a pasare-la de Oira, subir uns ta-blóns e baixar unha ram-pa, coarse por uns tubos, saltar un muro, ascender

“Radikais” na beira do Miño4 Máis de 400 atletas participaron na pri-meira edición do “Miño Radikal”.

por unha pendente esvara-diza e pasar por unha mo-rea de neumáticos. Todo isto ao longo do percorri-do, polo que había que so-brepasar os obstáculos por partida dobre.

Os gañadoresOs máis rápidos en con-

cluir o percorrido foron Daniel Pérez Lorenzo e Raquel Guizán Castro. Daniel Pérez realizouno nun tempo de �8:4� mi-nutos, mentres que Raquel Guizán fíxoo en 35:40 mi-nutos. No apartado mas-culino tras Pérez chegaron José M. Ramos (�9:58) e Julio Nóvoa (31:09), pri-meiro e segundo, respec-tivamente. En mulleres, acompañaron no podio a Guizán, Cristina Rodrí-guez (37:44) e a irmá da primeira clasificada, Cris-tina Guizán (39:04).

Por equipos, o máis rá-pido foi o de “A dar gasss” (�:�9:47). Segundo foi o “Nautilus Team” (�:36:48) e terceiro o “Pancitas

Team” (�:38:�6). Os equi-pos eran mixtos (alomenos un representante dos dous sexos) e sumaban o tempo dos catro integrantes.

Bo saborDurante esta primeira

“Miño Radikal” a xente estábase a divertir a pesar da dificultade dos obstá-culos. Foi tan bo o sabor de boca que moitos dos participantes preguntaron se habería unha segunda edición. Desde o Conse-llo Municipal de Depor-tes están convencidos que tralo éxito desta primeira edición, a “Miño Radikal” terá continuidade no tem-po.

Daniel Pérez e Raquel Guizán foron os vencedores individuais, e o “A dar gasss” foi o campión por equipos

R.T.

O 14 de marzo celebra-rase en Allariz a Heroican Race, unha proba deporti-va de resistencia. A parti-cipación está aberta a 150 prazas das cales están cu-bertas preto de 100. A ins-crición está aberta ata o 7 de marzo e ten un custo de �5 euros. Poderán partici-par os maiores de 18 anos con boa capacidade física. A inscrición pódese facer na piscina municipal de Allariz ou no Centro De-

Allariz alberga a Heroican Race4 Celebrarase o sábado 14 de marzo.

portivo Eiroas en Ouren-se.

A probaArrastrarse por chan

embarrado durante 50 me-tros, subir e baixar unha pendente de medio hec-tómetro cun saco lastrado ao ombreiro, atravesar un regato e subir unha pare-de vertical coa axuda de cordas, son, entre outras as probas a realizar du-rante o percorrido, de 8,5 km. A liña de meta estará ubicada tras unha costa de

150 metros e cun 30% de pendente. Os participan-tes deberán realizar todo o percorrido, obstáculos incluídos, en menos de dúas horas e media.

A entrega de dorsais realizarase de 1� a 14 horas o sábado 14 no Seixo dende onde sairán autobuses, ás 15 horas, ata o punto de inicio da carreira. A saída da proba está prevista para as 16 horas.

Ademais dos avitualla-mentos durante a proba ao remate haberá servizo de masaxistas a disposi-ción dos participantes, ademais de medallas a todos os finalistas e tro-feos aos gañadores.

Redacción

O Xadrez Ourense A vence a un reforzado Círculo de Chantada e mantén as súas opcións na parte alta. A vitoria foi moi folgada (4.5 a 1.5) na sexta xornada de liga. A pesar de que os chantadi-nos contaban cos grandes mestres Alejandro Hoff-man e Dragan Paúnovic, non puideron evitar a vi-toria ourensá. O Ourense mantense a tiro do líder, o Círculo Ferrolán.

Outras divisiónsNa División de Prata,

o derbi ourensán deparou a vitoria a domicilio do Liceo Ourense fronte o Xadrez Ourense B por 1-3; con esta vitoria con-

O Xadrez Ourense A vence ao Círculo de Chantada4 Con esta vitoria mantén as súas opcións na parte alta.

solidan o liderato. Noutro derbi, o Casa da Xuventu-de lograba na casa do Xa-drez Ourense C a vitoria por 1.5 a �.5. O Peña Re-creativo vencía en Cangas por 1-3 e o Universitario de Ourense desfacíase do Ateneo por un rotundo 4-0.

Na Segunda División, vitoria do Club Xadrez Celanova ante o Xadrez Loureiro do Couto (1-3). O Xadrez Bande caía en casa contra o Xadrez La-lín (1-3), o mesmo resul-tado do Ourense D ante o Chantada B.

Partida entre o Xadrez Ourense B e o Liceo de Ourense.

A meta está ubicada tras unha costa de 150 m

Page 4: 27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

4 BARRIOS DEPORTIVO�7 de febreiro de �015 FÚTBOL

O Verín venceu ao Rápido de Bahía por dous goles a catro./I.OSORIO

Redacción

O Barco cede un empate e o liderato no grupo Sur da Rexional Preferente. Pero a pesar de perder a primeira posición, os bar-quenses mantéñense en postos de ascenso directo.

Agora adiantounos o Portonovo na táboa cla-sificatoria, pero cedendo tan só un punto cos pon-tevedreses.

O outro conxunto ouren-sán que está a loitar polo liderato é o Verín. Os da comarca de Monterrei ve-ñen de gañar no campo do Rápido de Bahía por dous goles a catro. Esta vitoria permite aos de Iván Gon-zález manterse nos postos de enriba. Agora son ter-ceiros con 48 puntos, a tres do Portonovo e a dous do Barco.

Pola súa banda, o Valla-dares está seis puntos por debaixo, e a oito da quinta posición, posto que non xoga promoción de ascen-so á Terceira División.

Dous equipos ourensáns están entre os tres primei-ros clasificados cando aín-da restan 13 xornadas por disputar.

Arenteiro e NogueiraOs que tamén terán que

loitar ata final de tempada, pero por outros obxecti-vos, son o Arenteiro e o Nogueira de Ramuín. Os de Carballiño venceron ao Pontellas e sumaron tres puntos de ouro que os levan a ocupar a décimo segunda posición con 34 puntos; importante vitoria que fai que os de Espiñedo deixen a 1� puntos o des-censo.

O Nogueira, pola súa banda, caeu goleado na súa visita a Vilalonga, por catro goles a cero. A de-rrota fai que baixen unha posición (da 17 á 18) con �8 puntos. Os da Tella ta-mén viron acurtada a súa diferenza co descenso, pa-sando agora a ser de tan só seis puntos.

Redacción

Non foron só tres pun-tos. O Barbadás perdeu para as vindeiras xorna-das ao adestrador, Peluso, e ao porteiro, Berto. Am-bos foron sancionados polo Comité de Competi-ción con tres e dous parti-dos, respectivamente.

O motivo aconteceu no encontro contra o Arousa da pasada xornada. Dis-putábanse os primeiros minutos da segunda me-tade cando o árbitro, con-tradecindo a opinión do xuíz de liña, deu por vá-lido un gol que o seu asis-tente marcara como fóra de xogo. A partir dese momento as protestas do adestrador azul e do seu cancerbeiro remataron en tarxeta vermella para os dous.

Dende entón, os homes de Peluso descentráronse e fóronse do partido; e, como consecuencia, ao fi-

nal perderon por tres goles a cero.

Faltaba coñecer cal se-ría a sanción e agora xa se sabe. O adestrador non po-derá estar no banco durante os próximos tres encontros, mentres que o porteiro non poderá defender a portaría durante dous.

ChocoE con estas chega o

Choco esta fin de semana aos Carrís. O partido dará comezo ás 17 horas do do-mingo 1 de marzo.

Os de Redondela mar-chan sétimos na clasifica-ción con 40 puntos, cinco máis que os ourensáns. Desde o cadro azulón ten-tarán olvidar o acontecido en Vilagarcía e loitarán polos puntos en litixio de cara a ter máis preto a per-manencia.

Vindeira xornadaPara a xornada número

�6 a Rexional Preferente depara os seguintes en-contros para os equipos ourensáns.

O Barco deberá despra-zarse ata Erizana para en-frontarse ao conxunto local. O Erizana marca a zona de descenso con �� puntos. A priori un encontro sinxelo,

pero o conxunto local non venderá barata a súa pel, por todo o que se xoga.

O seguinte equipo na clasificación, o Verín, recibe no José Arjiz (do-mingo 1 de marzo, ás 17 horas) ao Porriño Indus-trial. Os porriñeses son sextos con 40 puntos polo que non quereran perder comba coa zona alta.

O Barco cede un empate e o liderato4 Os de Valdeorras manteñen a posición de ascenso.

O Arenteiro xogará contra o equipo que está xusto por enriba del na clasificación: o Céltiga. O encontro terá lugar en Espiñedo, o domingo ás cinco da tarde.

E o último dos repre-sentantes ourensáns nes-ta Preferente, o Noguei-ra de Ramuín, xogará na casa -A Tella- o do-mingo a partir das 16:30 horas contra o Monda-riz. Unha vitoria faríao achegarse á zona media da táboa.

O Barbadás recibe ao Choco con Peluso na grada4 O porteiro Berto non pode-rá disputar o encontro.

Barbadás - Choco. 1 de marzo. 17 h. Os Carrís

Neste intre, O Barco é segundo e o Verín terceiro do grupo Sur

Page 5: 27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

BARRIOS DEPORTIVO�7 de febreiro de �015

5FÚTBOL

R Torres

O equipo de Antonio Da-costa é superior ao resto de equipos de toda a Terceira Rexional do grupo 13º de Ourense, e o demostra cada xornada. E se o cam-po é un dos mellores da provincia, a diferenza cre-ce aínda máis. E iso acon-teceu o pasado sábado en Espiñedo. A Unión Depor-tiva Ourense desprazábase ata a capital do Arenteiro para enfrontarse ao Arcos. O campo que albergaba o encontro era o que utiliza como local o Arenteiro; un campo en boas condicións para a práctica do fútbol.

En seis minutos a UD xa mandaba no partido. Julio Salgado facía o primeiro da tarde e oito máis tarde, Lucas Nieto xa poñía terra

de por medio co segundo.Antes do descanso che-

garía a obra de arte do en-contro. Xaco culminaría unha xogada na que Julio cedíalle o esférico de ta-cón, e este remataba ao fondo das redes unha vez driblado ao gardamallas local; 0-3 e os xogadores enfilaban o camiño dos vestiarios.

Na segundo metade che-garía un festival goleador. Julio Salgado antes de saír do campo substituido firmaría o segunda da súa conta e o cuarto do equipo. Santi que levaba un minu-tos no terreo de xogo logra-ba o quinto. Lucas Nieto repetiría co sexto da UD. Nos dous seguintens goles uniríanse á festa Roberto Almeida (0-7) e Chechu (0-8). Santi redondearía a

goleada unionista co no-veno gol e o segundo da súa conta. Wesley faría o da honra para os locais.

AscensoUnha nova goleada

que os leva a estar máis preto do ascenso. Con 57 puntos en 19 xornadas os homes de Antonio Da-costa xa contan as xorna-das que restan para cele-brar o ascenso á Segunda Rexional. O próximo escollo será o Salamonde a vindeira fin de semana no Couto.

4 A Unión Deportiva Ourense venceu en Es-piñedo ao Arcos por 1-9.

Choiva de goles en Espiñedo na visita da UD

Xaco asinou o terceiro tanto do encontro. É o máximo goleador da liga./RAMSÉS

Os ex xogadores do Ourense xestionarán a base da UD4 O obxectivo é que no futuro o club se nutra case ao 100% da canteira.

Momento da sinatura do convenio entre a UD Ourense e a Asociación de Ex Xogadores do CD Ourense, no centro comercial Ponte Vella. /M. REJO.

M.R.

A UD Ourense e a Aso-ciación de Ex Xogadores do CD Ourense veñen de ratificar por escrito o que xa levan facendo des-de comezo da tempada: apostar pola base. Me-diante un convenio entre ambas as dúas entidades,

ex xogadores do Ourense encargaranse de adestrar os equipos da base do novo club, sen contrapres-tación económica algunha. “No futuro os xogadores (que se retiren) poderán adestrar as categorías in-feriores da UD achegando a súa experiencia e coñe-cementos”, explicou o ex

deportista Carlos Bericat.Ademais, un membro da

Asociación de Ex Xoga-dores formará parte da di-rectiva da UD, e será esta asociación a que decida o adestrador do equipo ata que alcance a Terceira Di-visión.

O convenio ten unha vixencia de cinco anos.

Page 6: 27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

6 BARRIOS DEPORTIVO�7 de febreiro de �015

22 puntos, 6 rebotes e 6 asistencias foi o balance de No-elia Oliva no choque contra o Cortegada./RAMSÉS

Este 28 de febreiro o Pabellón Ourense recibe ao Bizkaia

“Agradézolle todo o cariño á afección do Pabellón, que nos apoiou nas boas e nas malas”

“As xogadoras do Pabellón son todas moi boas, pero deben dar máis de si para sacar ao equipo adiante”

Arantxa Mallou estaba a disputar a súa terceira tempada no Pabellón./R.T.

S.N.

Cando a situación do Pabellón Ourense xa era a máis complicada da súa historia, logo de contar os partidos da tempada por derrotas, un novo xiro fai que as súas opcións de permanencia se reduzan. Arantxa Mallou, a súa capitá e un dos piares do equipo este curso (xunto a Noelia Oliva), deixa as filas pavillonistas para su-marse ao Conquero Huel-va Wagen, que nas sete xornadas que lle quedan de campionato loitará por disputar por primeira vez os playoffs polo título de Liga Feminina.

Mallou (que no que vai de curso fixo un promedio de 14 puntos, 5 rebotes e � asistencias por encontro) deixa o conxunto ourensán con pena, pola situación que atravesa, pero enfrón-tase a este novo reto con moitas gañas pola gran posiblidade que representa para a súa carreira profe-sional e cargada de forza para contribuir a que o Conquero se faga co título de Liga.

Como xurdiu esta ofer-ta do Conquero?

Arantxa Mallou: “O seu adestrador chamoume a semana pasada para ofre-cerme a posibilidade de sumar e ser unha xogadora máis no Conquero, e así contar con máis competen-cia en liña exterior. E non o dubidei, porque é unha oportunidade que levo des-exando dende pequena”.

Cando te estreas no teu novo equipo?

A.M.: “Xa estou ades-trando con elas, pero de-penderá das xestións buro-cráticas”.

Como viches ao Pabe-llón esta tempada e como cres que rematará o cur-so?

A.M.: “A verdade é que non sei se haberá novas fichaxes. Non tiñamos mal banco, pero estábanos costando moito adaptarnos unhas a outras, e ao xogo. De todos modos, sigo con-fiando a cegas no equipo e sei que sacarán a tempada adiante”.

Imaxino que esta gran oportunidade créache un sabor agridoce pola si-tuación na que queda o Pabellón.

A.M.: “Si, a verdade é que cando o soupen estaba preocupada e agobiada por ter que informar ao club e ás miñas compañeiras. Estaba moi triste porque este ano realizaba, ademais, unha función extra, de capitá, e doeume moito ter que mar-char nestas circunstancias, pero debía ser profesional e mirar para o futuro. Aínda así, confío moitos nas que eran as miñas compañeiras

e sei que o farán moi ben sen min”.

Carmen Limia é moi crítica coas axudas das institucións públicas ourensás a clubes como o Pabellón, como viviches dende dentro esa falta de apoio?

A.M.: “A falta de axudas e a crise en xeral reper-cutía a nivel económico, pero dende o club sempre buscaron a maneira de que cobraramos ao día, as xo-gadoras nunca tivemos ningún problema. Iso si, das institucións necesita-ríase un plus, se non pode ser económico, porque a situación non o permite, que sexa a través de becas, a nivel de instalacións, co-midas… da maneira que poidan”.

Cales son as túas metas profesionais?

A.M.: “De momento vou pasiño a pasiño, pero estou aberta a todo o que veña. Agora quero axu-dar ao meu novo equipo e adaptarme ás miñas com-pañeiras, e por suposto pe-lexar por gañar a liga. Se despois vén unha oferta da selección nacional ou o que

sexa estaría encantada”.

Envíalle unha men-saxe á afección do Pa-bellón, ao corpo técnico e ás túas antigas com-pañeiras.

A.M.: “Á afección quero agradecerlles es-tes tres anos que esti-ven no Pabellón, porque sempre nos apoiaron, nas boas e nas malas, e iso que houbo bastan-tes malas. Pero temos a mellor afección do mun-do. Quero agradecerlles todo o cariño a todos, aos pais, ao corpo téc-nico e o apoio da miña familia e amigos. E ás que foron as miñas com-pañeiras quero dicirlles que sei que son todas moi boas xogadoras, de-ben dar máis de si para sacar ao equipo adiante e sei que o van facer, confío plenamente nas súas posibilidades”.

ENTREVISTA á XOGADORA ARANTXA MALLOU

“É unha oportunidade que levo desexando dende pequena”

4 Arantxa Mallou abandona as filas do Pabellón para fichar polo Conquero Huelva (de Liga Feminina), pero confía nas po-sibilidades do equipo ourensán.

O Pabellón cae ante o Cortegada4 Perdeu por 64-74.Redacción

O Pabellón Ourense su-mou a súa décimo quinta derrota da tempada ante o Cortegada. O conxunto ourensán perdeu por 64-74 na cita disputada nos Remedios.

E iso que comezou do-minando o encontro. O primeiro período rema-tou con catro puntos de vantaxe para as ourensás (16-1�), pero no segundo todo comezou a torcerse.

O abrumador traballo das pívots do Cortegada (que se fixeron con ata 60 rebotes) contribuíu a que as de Vilagarcía lo-grasen un parcial de 0-14 (7-�� no cómputo total do cuarto), revertindo totalmente a situación. �3- 34 era o resultado ao descanso.

O Pabellón voltou ao parqué sen ánimo de baixar os brazos e as ourensás trataron de plantarlle cara ao cuarto clasificado. Un parcial de 17-�3 mostraba o im-pulso das xogadoras de

Benjamín Rodríguez, pero quedaba moito que remar para acadar a vitoria.

No último período, as ourensás fixeron o imposi-ble (cun parcial de �4-17), pero xa non foi suficiente.

DespedidaNoelia Oliva e Arantxa

Mallou realizaron unha gran actuación na cita con-tra o Cortegada. Anotando �� puntos por cabeza le-varon, sen dúbida, a voz cantante nas filas pavillo-nistas, pero a un minuto para o remate do encontro os afeccionados poñíanse en pé ante a saída de Ma-llou do campo. E este non era un aplauso máis. Non era un aplauso (ben mere-cido) polo traballo feito no encontro. Era o recoñece-mento a unha das chaves do equipo nesta tempada, a súa capitá, que saía por úl-tima vez da cancha vestin-do a camiseta do Pabellón. A próxima vez que colla o balón en competición oficial será defendendo as cores do Conquero Huelva de Liga Feminina.

Próxima citaEste sábado �8 de fe-

breiro o Pabellón Ourense recibe nos Remedios ao Bizkaia, segundo clasifi-cado.

BALONCESTO

Page 7: 27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

BARRIOS DEPORTIVO�7 de febreiro de �015

7BALONCESTO

O COB chega ao derbi de segundo clasificado, o Leyma Coruña é décimo

Un derbi no mellor momento4 O COB buscará no encontro contra o Leyma Coruña a quinta vitoria no Pazo.R. Torres

O derbi contra o Ley-ma Coruña chega nun bo momento para o COB. Se-gundo na clasificación vén de vencer en Huesca.

O Club Ourense Balo-cento recibe ao conxunto herculino na xornada nú-mero �3 da Adecco Ouro. O partido, que será no Paco Paz, cambia de día e hora. Pasará a xogarse o sábado (en lugar do ven-

res) �8 de febreiro a partir das 18.30 horas.

O Leyma marcha na dé-cima posición, a unha vito-ria de entrar en play off. O COB loitará por continuar no pelotón de cabeza, para manter intactas as opcións de entrar no play off co factor cancha favorable na primeira rolda.

Gañar en casaOs homes de Gonzalo

García de Vitoria tenta-rán lograr a quinta vitoria como locais, logo de caer derrotados nas dúas últi-mas citas no Pazo. Enfron-te terán a un Leyma Co-ruña que tan só leva dúas vitorias como visitante.

O COB é segundo, con

14 vitorias, ao igual que Navarra, Breogán e Bur-gos (estes dous últimos cun partido menos).

Convenio con PeugeotGrazas á colaboración

do seu novo patrocinador MOSA Ourense (conce-sionario oficial Peugeot na provincia), o COB organi-za para o encontro ante o Leyma o concurso “Canas-tra 108”, que se celebrará no descanso do partido e consistirá en que dúas per-soas lancen triples durante un minuto desde o interior dun Peugeot 108 converti-ble que se situará na pista de xogo, logrando premios ambos participantes.

O gañador poderá gozar,

durante unha fin de sema-na a convir con MOSA Ourense, dun Peugeot 308 GT Line, mentres que o perdedor levará un exclu-sivo lote de produtos Peu-geot cortesía de MOSA Ourense.

Para participar no sor-teo só hai que cumprir dous requisitos: ser maior de 18 anos e posuír carné de conducir; e comentar

a publicación sobre este concurso publicada en Facebook, Instagram ou Twitter co comentario #COBMosa.

O prazo para participar estará aberto até o venres �7, e as persoas escollidas deberán acudir ao partido con zapatillas deportivas.

Dous cochesNo acordo de colabora-

ción con MOSA inclúense dous modelos do Peugeot 308, un diésel e outro a ga-solina, que o concesiona-rio porá a disposición do Club Ourense Baloncesto até final de tempada.

COB-Leyma. Sábado 28 de febreiro. 18.30 h. Paco Paz

O gañador do sorteo que organizan o Club Ourense Baloncesto e MOSA Ourense proba-rá durante unha fin de semana un Peugeot 308 GT Line.

Page 8: 27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

8 BARRIOS DEPORTIVO�7 de febreiro de �015

Maite García Colomo acadou no Campionato de España de Pontevedra cinco ouros e sete récords de España.

NATACIÓN

Un dos nadadores do CNPO nunha proba do Campionato galego./RAMSÉS

R. Torres

Un total de �0 meda-llas acadou o Club Na-tación Pabellón Ourense no Campionato galego de natación de inverno nas categorías júnior e infantil. Durante tres días estiveron os mello-res nadadores galegos das dúas categorías.

Na primeira sesión disputada en xornada vespertina os nadado-res ourensáns lograron dúas medallas. Andrea Bello (júnior) colgouse a medalla de ouro nos 100 bolboreta. Pola súa banda, Miguel Pimentel

20 medallas para o Pabellón no Galego júnior e infantil4 A piscina ourensá Rosario Dueñas acolleu o Campionato Galego de inverno das dúas categorías.

(júnior) foi prata en �00 libres; en canto á clasi-

ficación por equipos ao remate desta primeira

xornada o infantil mas-culino marchaba primeiro

Un participante do CN Coruña no Campionato galego./RAMSÉS

Redacción

O Club Natación Pabe-llón Ourense en categoría máster é un referente a nivel nacional. O club par-ticipou no Campionato de España con sete nadadores logrando 17 medallas. O campionato tivo lugar nas piscinas Rías do Sur, de Pontevedra.

Maite García Colomo foi a triunfadora deste evento

O CNPO Máster, unha referencia a nivel nacional4 Participaron sete nadado-res do club ourensán no na-cional logrando 17 medallas.

ao colgarse cinco ouros individuais e lograr sete récords de España (�00, 400 e 800 libres, �00 bol-boreta, 50 costas, �00 e 400 estilos) na categoría de +50 feminina.

Ademais de Maite Co-lomo (cinco ouros e sete récords de España), lo-graron medalla: Cristina Colomo, un ouro, unha prata e dous bronces; Manuel Colomo, � pratas e 3 bronces; Carlos Colo-mo, unha prata; Antonio Colomo, un bronce. O relevo 4x50 libres mixto +�00 (Maite, Cristina, Carlos e Manuel Colo-mo) acadou a medalla de prata.

Por equiposOs irmáns Colomo

(Maite, María Cristina, Carlos, Manuel e An-tonio), xunto con Jor-ge Vázquez Rojo e Roi Balsa Pérez, son os sete compoñentes que logra-ron o posto 3� por equi-pos, de entre 136 clubs de toda España (moitos deles con máis de oito deportistas).

Page 9: 27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

BARRIOS DEPORTIVO�7 de febreiro de �015

9NATACIÓN

e o masculino júnior, se-gundo.

Na segunda xornada, en horario matinal, o Pa-bellón Ourense lograba catro medallas máis. Mar-cos García (infantil) fíxo-se co ouro nos 100 libres; Héctor Álvarez (infantil) acadou a prata nos 100 braza; Paula Blanco (jú-nior) foi segunda nos 50 costas e o relevo 4x�00 libres masculino infantil foi bronce cos nadadores Marcos García, Antón Rodríguez, Noel Quiroga e José Moure.

Xa pola tarde cinco me-dallas máis. Andrea Bello -como na primeira xor-nada do campionato- re-petiría no podio; esta vez no segundo caixón e nos �00 bolboreta. Jacobo Ca-ride (infantil) tamén era segundo nos 100 costas; xunto a Jacobo estaría no podio Marcos García, no terceiro caixón. As outras dúas preseas da xorna-da eran de bronce: Paula Blanco (junior), Luis Be-

llo (junior) e Marcos Gar-cía (infantil), os tres en 100 costas.

Última xornadaA última xornada, como

a anterior, estivo dividi-da en dúas sesións. Pola mañá os integrantes do CNPO subiron en cinco ocasións ao podio. Así, novamente Andrea Bello lograba a súa terceira me-dalla do campionato; era na proba dos 50 bolbore-ta. Miguel Pimentel subía por segunda vez ao podio, grazas á súa segunda po-sición nos 1.500 libres. Pablo Caseiro (júnior) era prata na distancia de 50 braza. Outro que se colga-ría unha nova medalla era Jacobo Caride (infantil); sería bronce nos �00 cos-tas. E pecharía as meda-llas ourensás nesta sesión o relevo 4x100 libres mas-culino infantil co bronce; o relevo estaba integrado por Antón Rodriguez, Ja-cobo Caride, Noel Quiro-ga, Marcos García.

A última sesión deixaría

O CNPO logrou o subcampionato masculino infantil e os terceiros postos na categoría masculina júnior e nas conxuntas infantil e júnior

en Ourense catro medallas máis. Dúas delas ouros e dúas pratas. Os ouros lo-gráronnos Marcos García nos 50 libres infantil, e o relevo 4x100 estilos mas-culino júnior conformado por Martín R. Paradela, Pablo Caseiro, Luis Bello e Miguel Pimentel. As pra-tas acadáronas Luis Bello (júnior) nos 50 libres e o relevo 4x100 estilos mas-culino infantil integrado por Jacobo Caride, Héctor Álvarez, Noel Quiroga e Marcos García.

Por equiposOs bos resultados indi-

viduais nas probas de re-levos fixeron que o CNPO rematara subcampión na categoría masculina in-fantil e terceiro na mascu-lina júnior e nas conxun-tas (masculina e feminina) tanto infantil coma júnior.

Un gran resultado para os nadadores do Club Na-tación Pabellón Ourense. A destacar as actuacións de Marcos García con seis medallas (tres individuais

e tres de relevos). Catro medallas para Jacobo Caride. Tres para Luis Bello, Noel Quiroga, Andrea Bello (as tres in-dividuais) e Miguel Pi-mentel. Con dous metais remataron o campionato Héctor Álvarez, Paula Blanco, Pablo Caseiro e Antón Rodríguez. E cunha presea fíxerono Martín Paradela e José Moure.

En total foron �0 me-dallas: 16 individuais e catro por relevos; amais dos catro podios por equipos. Un éxito nota-ble para un club que está en continuo crecemento.

O Campionato Galego contou cunha ampla participación ./RAMSÉS

Redacción

A piscina do Real Club Náutico de Vigo acolleu o Campionato galego de inverno de rutinas de base 4 de natación sin-cronizada. O Club Sincro Ourense acudiu con dous equipos de oito compo-ñentes cada un. En total foron 13 os equipos de toda Galicia que partici-paron no campionato. O evento tivo un altísimo nivel con varios equipos por enriba dos 50 puntos (entre eles os dous ouren-sáns).

O equipo Sincro Ourense B rematou na cuarta posición a poucas décimas da terceira po-sición, polo que a piques estivo de subir ao podio. O equipo B estivo for-mado por: Rita Bravo, Iria Domínguez, María

O Sincro Ourense, segundo en Vigo4 O club ourensán participou no galego de rutinas de base 4 con dous equipos.

Carmen Gil, Sofía Gonzá-lez, Adela Iglesias, Ángela Itziar Baig, Laura Rodrí-guez e Iria Vázquez.

O conxunto A rema-tou en sétimo lugar. Este conxunto A participou no campionato con Yael de Lorenzo, Laura Domín-guez, Andrea Mosquera, Rocío Outomuro, Antía Páez, Ariadna Rodríguez, Rosana Rodríguez e Laura Santalla.

Por clubsNa clasificación por

clubs, as nadadoras do Sincro Ourense lograron a segunda posición tralo equipo de Aguamarina Sincro da Coruña.

Este resultado supón ao club ourensán a posibilida-de de loitar por revalidar o título de mellor club gale-go, título logrado a pasada campaña.

Compoñentes dos dous grupos de Base 4.

Page 10: 27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

10 BARRIOS DEPORTIVO�7 de febreiro de �015 POLIDEPORTIVO

Catro ourensáns, campións galegos de jiu jitsu

O pasado 14 de febreiro celebrouse no polideportivo municipal Barrio das Flores (A Coruña) o Campionato Galego de jiu jitsu. Os integrantos do club ourensán do Marbel lograron un total de sete medallas (catro de ouro, unha de prata e dúas de bronce).

Os ourensáns campións galegos foron Ana Fernández Morais (-6� quilos), Tamara Silva (-70 quilos), Felipe Iglesias (-6� quilos) e Tono Fernández (-85 quilos). Ademais Ana Fernández logrou a prata en menos de 70 quilos. Mentres, Mauro Prada (-69 qui-los) e Miguel Pardavila (-69 quilos) lograron os dous a medalla de bronce.

Redacción

Ourense será a sede esta fin de semana (28 de febreiro e 1 de marzo) do Campionato de España de Salvamento Acuático en augas pechadas.

Cóntase ca presenza (ao peche definitivo das ins-cricións) na nosa cidade de 440 deportistas (��6 homes e �14 mulleres); 173 máis que a edición do pasado ano. A compe-tición na que participan máis socorristas é a da ca-tegoría xuvenil, �07, dos cales máis da metade son mulleres. En júnior parti-ciparán 119 deportistas, e na absoluta 114. En canto

Ourense, sede do Nacional de Salvamento Acuático4 Terá lugar na piscina Rosario Dueñas do pavillón dos Remedios esta fin de semana.

aos clubs inscritos pasan dos 34 da edición anterior aos 45 desta. A maioría dos clubs son galegos, seguido dos de Castela e León e Castela A Mancha. Tamén participarán clubs de Va-lencia, Madrid, Aragón, Extremadura, Cataluña, Canarias e Cantabria.

En canto a participan-tes, Castela A Mancha contarán con 76; Madrid, 71; Galicia, 6�; Castela e León e Valencia, 5� cada un; Cantabria, 43; Ca-narias, 38; Cataluña, 18; Extremadura, 16 e Aragón con 1�. Isto fai que cidade conte co 100% do aforo hoteleiro ocupado, xa que máis de 800 persoas acu-dirán a este evento (entre deportistas, técnicos e di-rectivos).

SalvourPor parte do Salvour,

club ourensán organizador do evento, a única parti-cipación é a de Ecequiel Quiroga, quen disputará a

proba de �00 obstáculos. Quiroga buscará clasifi-carse entre os oito mello-res e intentará batir o ré-cord galego da proba. No campionato galego dis-putado hai poucas datas en Ourense, o ourensán quedou a 56 centésimas de batilo.

SesiónA competición trans-

correrá en catro sesións: dúas o sábado e dúas o domingo. Pola mañá en horario de 8:30 a 14 ho-ras, e pola tarde de 16 a �0 horas os dous días.

Os melloresO campionato contará

cos mellores especialis-tas da disciplina a nivel nacional, moitos deles integrantes da Selección española. Entre todos eles, destaca a presenza de María Luengas, cam-pioa do mundial e récord do mundo en 100 metros socorrista.

O campionato contará con María Luengas, campioa mundial e récord do Mundo na proba de 100 metros socorrista

Presentación do Campionato de España de Salvamento Acuático./I.OSORIO.

Redacción

Os máis cativos do Marbel estarán no Xoga Judo �015, que terá lugar o sábado �8 de febreiro no pavillón Óscar Pe-reiro de Mos (Ponteve-dra). Este evento é unha competición de carácter autonómico que reunirá centos de judokas gale-gos, entre as categorías alevín e infantil, ou o que é o mesmo, entre os 11 e os 14 anos.

O Xoga Judo, organi-zado pola Xunta dentro do programa Xogade, consiste en iniciar aos nenos na competición, educarlles a través da mesma e fomentar os va-lores do judo.

16 do MarbelPor parte do Club Mar-

bel acudirán á cita 16 ju-dokas. Cinco alevíns femi-ninas (Laura Cao, Marina Bóo, Sara Mojón, Clara Iglesias e Aldara García); seis alevíns masculinos (Iván Vasallo, Daniel González, Iván González, Pablo Rodríguez, Manuel

Os máis cativos do Marbel, no Xoga Judo 20154 Desenvolverase este sábado en Mos.

Vázquez e Miguel Cuí-ñas); tres infantís femini-nas (Canolich Fernández, Sara de la Fuente e Ana Vázquez) e dous infantís masculinos (Jorge Cascón e Pablo Marcos).

O ano pasado lograron tres ouros, catro pratas e tres bronces, amais de dous cuartos postos.

Judokas do Marbel.

Page 11: 27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

BARRIOS DEPORTIVO�7 de febreiro de �015

11POLIDEPORTIVO

O Sala Ourense disputará este venres o partido aprazado contra o filial do Leis, en Marcón, e o domingo recibirá na casa -12 horas, cancha central dos Remedios- ao Mondariz

Partido do Sala Ourense nos Remedios contra o Tui. /RAMSÉS

Redacción

O Sala Ourense Prols-port continúa intratable na Liga Galega Sur de fútbol sala. O conxunto ourensán é líder da cla-sificación e mantense in-victo na competición.

O Sala Ourense venceu ao Vigo por dous goles a sete nas Travesas. No ini-cio de encontro os ouren-sáns imprimiron un forte ritmo o que facía que os vigueses tiveran moitas perdas de balón.

Foi no minuto oito can-do os visitantes adiantá-ronse no marcador cun gol de Andrés; pero nada máis sacar de centro os locais lograban a iguala-da. O Ourense continuou coa súa presión e no 14 lograba o segundo, obra

O Sala Ourense, intratable na Galega Sur4 É líder invicto da categoría.

de Tizón a pase de Sousa. Así chegaríase ao empate.

Na reanudación os ourensáns non deixaron marxe á especulación e saíron á cancha coma unha apisonadora. En dous mi-nutos, Allariz e Tizón fa-cían o terceiro e o cuarto. Na medianía do período, Sousa marcaba o quinto despois dun gran pase do porteiro Rubén. Na recta final Tizón, con dous tan-tos máis lograba o 1-7. A falta de 14 segundos, Cris-tian colocaba o definitivo �-7.

Con este resultado e o empate do segundo casi-ficados contra As Neves, os da cidade das Burgas teñen unha renda de cinco puntos co seu máis inme-diato perseguidor, o Mos, e cun partido menos.

Dobre citaO Sala Ourense ten dobre

cita esta semana. O venres �7 disputará o partido apra-zado contra o filial do Leis (en Marcón) e o domingo 1 de marzo xogará coma local contra o Mondariz. O encontro disputarase na central dos Remedios a par-tir das 1� horas.

Redacción

O equipo Universitario Mixto de Voleibol do cam-pus de Ourense viaxou a Pontevedra para loitar por un posto para representar á Universidade de Vigo. Dous foron os seus rivais: o de Pontevedra e o de Vigo. O equipo ourensán estaba formado por oito mozas e tres mozos.

Ourense enfrontábase ao Pontevedra, quen viña de perder contra o Vigo. Tras tres sets os ourensáns fixéronse co partido. No segundo esperaba o Vigo, equipo con xogadores da Superliga. O partido sal-douse pola vía rápida para

O Universitario Mixto de Ourense, segundo4 No Campionato Universitario Voleibol.

o Vigo, a pesar de que o segundo set estivo moi igualado. Dous sets a cero foi o resultado. O Mixto Ourense quedou na segun-da posición do triangular e sen poder elexir aos equi-pos que representen á Uni-versidade de Vigo.

Escolar e xuvenilO sábado pasado cele-

bouse no Paco Paz unha xornada de deporte escolar arredor do voleibol.

Os xuvenís do Concep-ción Arenal e do Dompa Xestión xogaron o último partido de liga. O primei-ro set levouno o Concep-ción Arenal por �5-19; o segundo tamén foi para o

mesmo equipo por �5-��; o terceiro levouno o Dompa Xestión por ��-�5 e o cuarto e último set de encontro foi para o conxunto colexial por 25-22. Isto fixo que a vitoria final fora para o Concepción Arenal por tres sets a un.

A seguinte fase dará comezo en marzo.

O Universitario Mixto Voleibol Ourense rematou na segunda posición do campionato

Integrantes do Universitario Mixto Voleibol Ourense.

Page 12: 27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

1� BARRIOS DEPORTIVO�7 de febreiro de �015 POLIDEPORTIVO

O partido xogarase ás 17 horas na central dos Remedios

O Alicante é quinto con 35 puntos mentres que o Ourense Envialia é sétimo con 33 puntos

R. Torres

O Ourense Envialia ten a primeira oportunidade de ascender á cuarta posición. Xogará este sábado �8 de febreiro contra o Universi-dad de Alicante a partir das 17 horas na cancha central dos Remedios.

Aínda que non depen-derá delas, as de Óscar Vivián terán a primeira oportunidade de encara-marse aos postos de Copa. O Alicante é quinto con 35 puntos, mentres que o Envialia é sétimo con 33. En caso de vitoria deberán agardar ao que fagan tanto Rioja coma Alcorcón nos seus respectivos encon-tros. As rioxanas xogarán contra o Orvina (décimo terceiro con 14) e o Alcor-cón farao fronte ao Poio

O Envialia buscará a cuarta posición ante o Alicante4 Será o rival desta xornada.

(décimo con �4 puntos); a priori, partidos sinxelos para os dous conxuntos. O Alcorcón é cuarto con 35 puntos e o Rioja, sexto con 34.

Unha derrota contra as alacantinas suporía volver distanciarse desa ansiada cuarta praza.

LesiónsDurante toda a tempada,

o Ourense Envialia sufriu unha praga de lesións e contratempos que parecen non ter fin. Nesta ocasión Rosángela rematou o en-contro cun nocelo tocado, o que fará que sexa dúbida para o encontro desta fin de semana.

GironellaO Ourense Envialia

enfrontouse ao Girone-

lla na pasada xornada. O conxunto ourensán pasou máis apuros dos previstos para desfacerse do penúltimo clasificado, o Gironella. As de Ós-car Vivián non lograron adiantarse no marcador ata a falta de dous minu-tos e iso que estrelaron catro balóns aos paos du-rante a primeira metade. Na segunda as forzas ni-veláronse e as visitantes puideron controlar algo mellor as acometidas das locais. Conforme pasaban os minutos o marcador non se movía, polo que Vivián optou, a falta de seis minutos, polo xogo de cinco. A xogada saíu-lle ben, e Chiqui abría o electrónico aproveitando, no segundo pao, un cen-tro de Rosángela. A pro-pia Rosángela sería a que firmaría o dous a cero. A hispanobrasileira saca-ríalle partido a un roubo de balón de Sara Moreno en media pista.

O adestrador resalta-ba a importancia desta vitoria tralo empate da anterior xornada contra o Alcorcón.

Partido do Envilia no Remedios. /ARQUIVO

R. Torres

O Cidade As Burgas mantén o tipo. Tralas dúas derrotas contra Fut-si e Burela as de Codeso voltaron á senda do triun-fo a costa do Alicante. Un auténtico “Tourmalet” o do Cidade neste inicio de segunda volta que levou ás de Manolo Codeso a xogar contra Orvina Futsi, Burela e Alicante. Gañaron o primeiro en-contro, perdendo outros dous e logrando a vitoria no cuarto.

U. de AlicanteO último partido dis-

putado foi contra o Ali-cante. O Cidade acudía á cancha do cuarto cla-sificado con gañas de

romper a racha de dúas derrotas consecutivas. As ourensás lograron poñerse 0-� no marcador, pero as locais lograron empatar o encontro. A falta de 30 se-gundos, Iria Saeta lograba o gol da vitoria franxiver-de e o terceiro da súa con-ta particular. A vitoria fai que as de Manolo Codeso manteñan a segunda posi-ción con 45 puntos, a seis do líder, Futsi.

Vindeira xornadaAs franxiverdes visitan

esta xornada a cancha do Móstoles. Partido compli-cado ante conxunto, o ma-drileño, que está a mello-rar co paso das xornadas. As mostoleñas sempre foron un duro rival para as ourensás, a pesar de que

O Cidade As Burgas mantén o tipo4 Tralas dúas derrotas con-tra Futsi e Burela as de Code-so volveron á senda do triun-fo a costa do Alicante.

na primeira volta lograran a vitoria pola mínima (3-�).

O Móstoles marcha na oitava posición con �8 puntos, lonxe de entrar na Copa pero en clara liña as-cendente.

Pase o que pase esta fin de semana o Cidade manterá a segunda posi-ción xa que lle saca cinco puntos ao Burela, terceiro clasificado, e está seis por debaixo do líder, Futsi. As lucenses viaxan á Co-ruña para enfrontarse ao Viaxes Amarelle no derbi da xornada; o Futsi visita a cancha do pechacancelas Bilbo.

Vanessa SoteloAs malas noticias che-

gan en forma de lesión. Se antes fora Iria Saeta a que estivera de baixa por unha lesión muscular, agora é Vanessa Sotelo a que ten complicada a súa presenza no partido contra Móstoles. Sotelo sofre un esguince nun xeonllo.

Vanessa controla o balón no partido contra o Burela./ARQUIVO

As franxiverdes visitan a cancha do Móstoles, coa dúbida de Vanessa

Page 13: 27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

BARRIOS DEPORTIVO�7 de febreiro de �015

13POLIDEPORTIVO

Partido desta tempada na casa do Pabellón Balonmán fronte ao Sar. /ARQUIVO

Redacción

A Primeira Autonómica feminina de balonmán non está a deparar unha gran campaña para os equipos ourensáns. O Pabellón Balonmán caeu derrotado fronte ao Ferrolterra (18-��), mentres que o Uni-versitario Campus Auria cedeu ante o Tui (��-14).

A fase regular xa re-matou, e tanto Pabellón coma Campus Auria están a disputar a segunda fase na que terán que loitar por non descender.

Con estas derrotas os conxuntos ourensáns ocu-pan as últimas prazas con dous puntos, aínda que as pavillonistas están por diante pola diferenza de goles (-70 do Pabellón e

BALONMáN

Derrota do Pabellón fronte o Ferrolterra4 Tamén caeu derrotado o Campus Auria.

-89 do Campus).

DerbiEste sábado �8, a partir

das 17 horas, o pavillón do campus de Ourense acolle o derbi. O conxun-to que saia derrotado nes-ta xornada quedará moi tocado e con claras pape-letas para descender.

Pabellón masculinoO equipo de Primeira

masculina, o Pabellón Ourense, descansou na pasada xornada. Pola súa banda o Viña Costeira perdeu na casa contra o Teucro (34-36).

Esta semana o Pabe-llón visita o Coia e o Viña Costeira o Porriño. Os de Ribadavia son terceiros e os de Ourense, sétimos.

A Copa de España, a primeira cita do Club Burgas4 Celebrarase os días 27 e 28 de febreiro en Marín.

Yael Campelo.

Redacción

O Club Burgas de xim-nasia xa ten a primeira cita no horizonte. Trátase da VIII Copa Internacio-nal e Copa de España, que terán lugar os próxi-mos �7 e �8 de febreiro en Marín (Pontevedra).

Á cita acudirán clubs

Yolanda García e Sara Blanco nuns dos seus exercicios en competi-ción. /ARQUIVO

de España e Portugal e as ourensás parti-ciparán con �7 xim-nastas (9 júniors, 5 cadetes, 5 infantís e 8 alevíns).

SelecciónAs ximnastas

Yolanda García e Sara Blanco acu-dirán convocadas coa Selección espa-ñola para continuar o seu traballo tanto en concentracións coma en competicións. Para García e Blanco este é o terceiro ano coa selección, antes en categoría xuvenil e agora coma júniors.

Máis competi-cións

No mes de abril (días �4, �5 e �6) dis-putarase na Estrada a Copa Galicia Interna-cional na modalidade de trampolín. O Club Burgas participará a nivel internacional con seis ximnastas femininas e sete mas-culinos en diversas categorías. Nesta

modalidade foron cha-mados á concentración Yael Campelo (terceira de Europa), Daniel Pérez (subcampión europeo) e Alex Cid Masid (noveno do mundo). As concen-tracións para todos eles -e as compañeiras de acrobática- comezarán en Semana Santa.

O Club Ximnasia Bur-gas conta con preto de 1�0 licenzas, das cales máis de 50 son de nivel nacional. O resto son de autonómico, base e es-colar.

4 HoqueiO Club Hoquei Barro-

cás de División de Honra B reanuda a competición tralo parón invernal. Os barrocos xogarán contra o FC Barcelona en Mari-ñamansa o 8 de marzo ás 1� horas.

Os ourensáns marchan na oitava posición con cinco puntos.

4 NataciónA pasada fin de semana

disputouse en Monforte de Lemos a cuarta xor-nada da Liga alevín de natación. Ata alí despra-záronse �1 nadadores do Club Natación Pabellón Ourense, que competiron con outros do Club Nata-ción Monforte e do S.D. Miraflores.

Disputaronse as pro-bas de 100 bolboreta (11 anos masculino e 10 anos feminino); 50 bolboreta (9-10 anos masculino e feminino); 50 costas (11 anos masculino e 10 anos feminino); e os relevos 4x50 costas e 4x50 bol-boreta.

4 Tenis de mesaO Galmédica Ouren-

se de Terceira Nacional xogará esta fin de sema-na no Paco Paz contra o Cinania Frigoríficos do Morrazo, a partir das 10:30 horas.

O conxunto ourensán marcha na cuarta posi-ción con 16 puntos, a seis da primeira posición e nove máis que o descen-so. O seu rival é 11º.

EN BREVE

Page 14: 27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

14 BARRIOS DEPORTIVO�7 de febreiro de �015 POLIDEPORTIVO

Redacción

O Coretti de Lalín crú-zase no camiño do Keltia na fase de ascenso á Pri-meira Territorial. Os de Lalín estiveron inmacula-dos no Liga ata a última xornada cando xa tiñan a primeira praza asegurada. Os ourensáns remataron cuartos trala vitoria na úl-timo partido da fase regu-lar contra os coruñeses do

RUGBI

O Coretti de Lalín, rival do Keltia4 No play off de ascenso a Primeira Territorial.

CRAT B (3-�1). O play off dará comezo o 7 de marzo.

Difícil papeleta para os ourensáns, xa que os pon-tevedreses ansían o ascen-so de categoría.

Campus OurenseO Campus Ourense Co-

osur rematou a Liga coma terceiro clasificado da Pri-meira Territorial. Na última xornada empataron a 17 tantos contra o Pontevedra.

Cartel do paseo saudable do colexio Cardenal Cisneros.

O paseo saudable estará aberto a todas as familias interesadas

Redacción

O colexio Cardenal Cisneros organiza o pri-meiro “paseo saudable Cardenal Cisneros �015”. A actividade terá lugar o sábado 7 de marzo e po-derase participar tanto en bici coma andando. Non ten carácter competitivo e o único que se pretende é pasar unha xornada en familia coa práctica do deporte como eixo.

A saída terá lugar no

Paseo saudable en bici e a pé4 Organizado polo colexio Cardenal Cisneros.

pavillón dos Remedios ás 10.30 horas e o paseo rematará nas pozas de Outariz.

A actividade é gratuíta e poden participar todos os interesados, en espe-cial familias, teñan ou non aos seus fillos neste centro educativo.

P. Lodeiro

A moza ourensá Paula Fernández rematou 5ª na

final de pistola júnior no Campionato de España de aire comprimido disputado en Cantoblanco (Madrid)

Paula Fernández, 5ª no Campionato de España de aire comprimido4 Jorge Encinas foi 11º en carabina sénior e Nuria Mera, 12ª en pistola damas.

os días 14 e 15 de febreiro. Fernández accedera á final en oitava posición, tras obter 35� puntos durante a

fase clasificatoria.En pistola damas, a ta-

mén ourensá Nuria Mera acadou o posto número 1�, con 364 puntos.

Pola súa banda, en ca-rabina sénior, o terceiro representante ourensán, Jorge Encinas, logrou a 11ª posición, con 60�,4 puntos.

A próxima cita nacio-nal para os nosos tirado-res será na primeira fase da Copa do Rei, que terá lugar no mes de abril nas instalacións das Gabias (Granada).

Redacción

O BNG vén de presen-tar unha moción na De-putación para solicitar á institución provincial que, xunto co Concello de Ourense, realicen “todas as actuacións necesarias para adquirir os dereitos que lle correspondían a Clube De-portivo Ourense sobre o campo de Salesianos, para poñelo a disposición dos equipos de Ourense que carezan de instalacións propias e demanden o seu uso”.

Recordan os nacionalis-tas que en �009 a Deputa-ción concedeu ao desapa-recido CD Ourense unha subvención de 400.000 euros para “para campo de futbol, formación e ades-tramento, en convenio co colexio privado Salesia-nos”.

Coa desaparición do

Ourense, o convenio con Salesianos queda sen efecto, “porque non hai ningún clube que supoña a continuidade do clube desaparecido, polo que na práctica, ningún clube da provincia tería dereito a utilizar as anteditas ins-talacións”, explican os nacionalistas.

Entenden no Bloque que “unha inversión tan importante de diñeiro de todos os contribuíntes puidera servir para que esas instalacións estive-ran a servizo do público, dada a carencia de infra-estruturas existentes na actualidade e a deman-da por parte de distintos clubes para a súa utiliza-ción” e por iso reclaman agora que se xestione o uso do campo do centro educativo para outros clubes deportivos ouren-sáns.

Propoñen que equipos ourensáns usen o campo dos Salesianos4 O BNG presenta unha mo-ción para o seu debate no pleno da Deputación.

No centro, Jorge Encinas, na competición de carabina aire comprimido./P.L.

Page 15: 27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

BARRIOS DEPORTIVO�7 de febreiro de �015

15ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 04 53 5� / 685 969 546. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colabo-racións: Alfonso Vilachá, José Mª Arribas

Nº114- Ano: VII - �7 de febreiro de �015 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 5� / 685 969 546.

Hai unhas semanas saíu publicado un estudo reali-zado en Dinamarca ao lon-go de 1� anos sobre 1.098 corredores e 3.950 persoas sedentarias no que se ana-lizaba a relación existente entre a cantidade de horas dedicadas a correr e o ris-co de morte (Schnohr P., O’Keefe J.H., Marott J.L., Lange P., and Jensen G.B.: Dose of jogging and long-term mortality: the Copen-hagen City Heart Study. J Am Coll Cardiol 2015; 65: pp. 411-419). O estudo saca como principal conclusión que correr durante máis de �,5 horas por semana e/ou máis de 3 veces por semana non se pode rela-cionar cun menor risco de mortalidade se se compara con suxeitos sedentarios que non realizan activida-de física. Aínda que parece estar bastante claro que co-rrer até 3 horas á semana a intensidade suave produce as maiores diminucións so-bre o risco de mortalidade, a controversia aparece can-do os corredores adéstranse a unha intensidade maior.

En relación, podemos atopar diversos estudos que demostran que a maior es-forzo aeróbico, maior risco de enfermidades cardio-

4PRACTICANDO SAÚDE

Correr en exceso

O adestramento máis saudable é aquel de até 3-4 horas semanais Lete Lasa cos 24 deportistas ourensáns aos que se lles entregou esta distinción./R.T.

Redacción

O secretario xeral de Deporte, José Ramón Lete Lasa, fíxolle entre-ga dun diploma a �4 de-portistas ourensáns pola súa gran fazaña entre os anos �013 e �014, e quixo recordar que todos eles “son o espello para as xeracións máis novas,

promovendo os hábitos de vida saudables e favore-cendo que a alta compe-tición en Galicia mante-ña no futuro a súa actual puxanza”.

Os �4 deportistas ouren-sáns que lograron ser cam-pións de España entre os anos �013 e �014 foron: en ciclismo (BTT), Pablo Rodríguez Guede; en hí-

24 deportistas ourensáns, distinguidos pola Xunta 4Foron recoñecidos aqueles que lograron ser campións de España nas súas modalida-des deportivas entre 2013 e 2014.

pica, Juan Francisco Fer-nández Muñoz e Alberto Ferrol Martínez; en judo (wu-shu), Arcadio Álva-rez Zurbano, José Ma-nuel Ferreira Colmenero e Ezequiel Gago Troitiño; en piragüismo, Sergio Ruíz Paz; en remo, Anna Yuchenko Kirichenko; en tiro con arco, José Ma-nuel Fernández Rodrí-

vasculares; por exemplo, nun estudo realizado so-bre esquiadores de fondo atopáronse maior risco de arritmias naqueles esquia-dores que máis carreiras disputaran; noutro estu-do obsérvase maior dano miocárdico naqueles co-rredores que disputan con frecuencia carreiras tipo maratón así como naque-les que corren á semana máis de 50 kms.

Con todo, doutro lado atopamos aqueles estudos que relacionan maior es-forzo aeróbico con menor risco de enfermidade co-ronaria, mostrando unha relación directa entre a duración do exercicio aeróbico e a mellora de índices saudables como son o índice de masa cor-poral, graxa corporal, pre-sión arterial, aparición de diabetes, cardiopatías e mortalidade.

Con todo iso podemos deducir que, por regra xe-ral, o adestramento máis saudable é aquel que se realiza cunha duración de até 3-4 horas semanais. A partir desa duración, depende de cada depor-tista, do seu nivel e ca-racterísticas particulares a intensidade á cal se debe adestrar para obter os me-llores resultados sen pór en risco a súa saúde.

Jose Mª Arribas More-no, licenciado CCAFD, entrenador persoal en

ximnasio Trabazos

O adestramento máis saudable é aquel de até 3-4 horas semanais

guez; en ximnasia, Car-los Trigo Seguín e Daniel Pérez Morales; e en kung fu os campións foron Ser-gio dos Santos Fernández, Antonio Barrora Baez, Guillermo Carro Delga-do, Ngagne Faye, Enso Garrido Bouso, Sergio Parga Nores, Andrés Pi-ñeiro Fernández, Adriana Rial Justo, Saúl Rodríguez Prieto, Jonathan do Nasci-mento Penín, Brais Castro Rodríguez, Oscar García Armesto e Iago da Costa Fernández.

“Son o espello para as xeracións máis novas”, afirmou Lete Lasa

Page 16: 27 de febreiro - Barrios Deportivo nº114

BARRIOS DEPORTIVO�7 de febreiro de �015