boletín 2 (febreiro 2009)

2
BOLETÍN INFORMATIVO Nº2 FEBREIRO DE 2009 PÁXINA 4 EL CONFLICTO DE LAS VIVIENDAS DE VILARIÑO Hace unos días el alcalde de Pereiro y los arquitectos que diseñaron las siete viviendas de Vilariño sobre las que pesa una orden de derribo del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se reunieron con los vecinos afectados, con el objetivo de encontrar las soluciones que permitan evitar que estas órdenes se ejecuten y las viviendas, que fueron construidas en una zona declarada de protección paisajística, sean derruidas. La solución podría pasar por su legalización dentro del plan municipal de urbanismo, y tendría que realizarse antes de que el TSXG resuelva el recurso de casación presentado al conocerse la sentencia de derribo. Aunque es de agradecer que el Sr. Alcalde intente ahora ayudar a a resolver el problema, es importante reiterar que precisamente él y el grupo de gobierno del PP en el Concello son los únicos responsables de este desaguisado, pues con total desprecio por la legalidad permitieron construir en terrenos protegidos. Tampoco hay que olvidar que fueron el PSOE y el BNG los que forzaron al Alcalde a redactar un nuevo Plan por la vía de urgencia para solucionar las innumerables irregularidades urbanísticas en Pereiro (Vilariño, urbanización de Monterrei,....), solicitando incluso la dimisión de Manuel Doval, responsable de Urbanismo cuando se realizaron aquellas obras. El grupo socialista solicitará la inclusión voluntaria del Concello de Pereiro en la Agencia de Protección de la Legalidad Urbanística de la Xunta de Galicia para evitar nuevas irregularidades y situaciones tan desagradables para los vecinos de Vilariño y otras zonas de Pereiro. UNHA CADEA DE FAVORES Dende o grupo socialista temos denunciado reiteradamente a nefasta política de persoal do actual grupo de goberno do PP do Pereiro, que só pode calificarse de caótica, caciquil, de despilfarro e con graves irregularidades. Un informe de Intervención deu a razón á nosa alegación contra a ilegal suba salarial que se pretendía para determinados traballadores afíns ó Alcalde e ó PP, que finalmente quedou sen efecto e supuxo no 2008 un aforro de 93.253,92 nas arcas municipais. Durante o debate orzamentario alertamos sobre a existencia de traballadores con contrato en fraude de lei, que continúan na mesma situación. Denunciamos o sistema de contratación que se ven utilizando, por oscurantista e caciquil, sen máis planificación e criterio que o interés persoal e electoral do Sr. Alcalde e o PP, determinando os postos en función da persoa que “hai que colocar”. Forman parte da plantilla do Concello familiares directos de concelleiros do PP, así como integrantes da súa candidatura. Un exemplo desta política son o incremento interesado da plantilla do P.A.I. pouco antes da súa cesión ao Consorcio para a creación da Galescola, ou manter sen necesidade nesta dous postos de limpadora con cargo ao Concello. Outro exemplo é o xeito de contratar “a dedo” e pola vía de urxencia a dous monitores para o CEIP Ben-Cho-Shey, olvidando os necesarios requisitos de publicidade, igualdade, mérito e capacidade. O grupo do PP votou en contra das mocións do grupo socialista solicitando a RPT e o convenio colectivo para o persoal laboral, como únicas vías para regularizar a actual situación e optimizar recursos, ao que o Alcalde se tiña comprometido a elo en plenos anteriores. O Alcalde tampouco facilita ó PSdeG datos actualizados sobre a relación de persoal. AGRUPACIÓN SOCIALISTA DO PEREIRO Síguenos no noso blog: psoe-pereiro.blogspot.com Email: psoepereiro @gmail.com BOLETÍN INFORMATIVO Nº2 FEBREIRO DE 2009 PÁXINA 1 A agrupación socialista do Pereiro está a elaborar un informe sobre o estado actual dos parques infantís no noso concello, estado que deixa bastante que desexar. O Concello debería de regular, mediante unha ordenanza, os requisitos de seguridade das zonas infantiles. Tamén debería de incrementarse o número e calidade destas instalacións, pois moitas presentan importantes deficiencias. Tampouco existe unha planificación do servicio de limpieza e hixiene, especialmente importante por ser, polo xeral, de area a superficie da meirande parte destos parques. Polo xeral, presentan problemas importantes na súa conservación, accesibilidade, señalización e seguridade. A Mala Educación É unha pena que non asista máis xente aos plenos do Concello do Pereiro. De verdade que é como unha viaxe ao pasado, e ata poderíanse botar unhas risas se a cousa non fora tan triste. As actitudes e as formas do Sr. Alcalde e algún dos seus escudeiros nos transportan ás épocas dos Gozos e as Sombras e aos tempos dos caciques de Castelao. Parece olvidar o Sr. Alcalde que a oposición non se colou por unha ventana, senon que foi elexida polos veciños. Tamén olvida a súa condición de servidor público, e que está ahí para respostar (e a poder ser, con educación) ás preguntas que os veciños lle transmiten a través dos seus representantes. Agrupación socialista do Pereiro psoepereiro @ gmail.com O Secretario Xeral do PSdeG e candidato á reelección como Presidente da Xunta de Galicia presentou o programa de goberno para a vindeira lexislatura. Un programa deseñado para unha maioría social, para unha Galicia que confía, para unha Galicia que sabe que todos xuntos imos construir o futuro. Este programa busca continuar apostando pola innovación, pola formación e preparación dos cidadáns, pola xestión con rigor e eficacia para que Galicia compita con calquera espacio do mundo. Un programa para dar as mesmas oportunidades a todos os cidadáns. OS PARQUES INFANTÍS NO PEREIRO O Presidente Galicia busca seguir, con Touriño, pola senda do progreso SOCIALISTAS DO PEREIRO psoe-pereiro.blogspot.com

Upload: psoe-pereiro

Post on 12-Mar-2016

239 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Boletín informativo da agrupación do PSdeG-PSOE de Pereiro de Aguiar (Ourense)

TRANSCRIPT

Page 1: Boletín 2 (febreiro 2009)

BOLETÍN INFORMATIVO Nº2 FEBREIRO DE 2009

PÁXINA 4

EL CONFLICTO DE LAS VIVIENDAS DE VILARIÑO

Hace unos días el alcalde de Pereiro y los arquitectos que diseñaron las siete viviendas de Vilariño sobre las que pesa una orden de derribo del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se reunieron con los vecinos afectados, con el objetivo de encontrar las soluciones que permitan evitar que estas órdenes se ejecuten y las viviendas, que fueron construidas en una zona declarada de protección paisajística, sean derruidas. La solución podría pasar por su legalización dentro del plan municipal de urbanismo, y tendría que realizarse antes de que el TSXG resuelva el recurso de casación presentado al conocerse la sentencia de derribo.

Aunque es de agradecer que el Sr. Alcalde intente ahora ayudar a a resolver el problema, es importante reiterar que precisamente él y el grupo de gobierno del PP en el Concello son los únicos responsables de este desaguisado, pues con total desprecio por la legalidad permitieron construir en terrenos protegidos. Tampoco hay que olvidar que fueron el PSOE y el BNG los que forzaron al

Alcalde a redactar un nuevo Plan por la vía de urgencia para solucionar las innumerables irregularidades urbanísticas en Pereiro (Vilariño, urbanización de Monterrei,....), solicitando incluso la dimisión de Manuel Doval, responsable de Urbanismo cuando se realizaron aquellas obras.

El grupo socialista solicitará la inclusión voluntaria del Concello de Pereiro en la Agencia de Protección de la Legalidad Urbanística de la Xunta de Galicia para evitar nuevas irregularidades y situaciones tan desagradables para los vecinos de Vilariño y otras zonas de Pereiro.

UNHA CADEA DE FAVORES

Dende o grupo socialista temos denunciado reiteradamente a nefasta política de persoal do actual grupo de goberno do PP do Pereiro, que só pode calificarse de caótica, caciquil, de despilfarro e con graves irregularidades.

Un informe de Intervención deu a razón á nosa alegación contra a ilegal suba salarial que se pretendía para determinados traballadores afíns ó Alcalde e ó PP, que finalmente quedou sen efecto e supuxo no 2008 un

aforro de 93.253,92 € nas arcas municipais.

Durante o debate orzamentario alertamos sobre a existencia de traballadores con contrato en fraude de lei, que continúan na mesma situación.

Denunciamos o sistema de contratación que se ven utilizando, por oscurantista e caciquil, sen máis planificación e criterio que o interés persoal e electoral do Sr. Alcalde e o PP, determinando os postos en función da persoa que “hai que colocar”. Forman parte da plantilla do Concello familiares directos de concelleiros do PP, así como integrantes da súa candidatura.

Un exemplo desta política son o incremento interesado da plantilla do P.A.I. pouco antes da súa cesión ao Consorcio para a

creación da Galescola, ou manter sen necesidade nesta dous postos de limpadora con cargo ao Concello.

Outro exemplo é o xeito de contratar “a dedo” e pola vía de urxencia a dous monitores para o CEIP Ben-Cho-Shey, olvidando os necesarios requisitos de publicidade, igualdade, mérito e capacidade.

O grupo do PP votou en contra das mocións do grupo socialista solicitando a RPT e o convenio colectivo para o persoal laboral, como únicas vías para regularizar a actual situación e optimizar recursos, ao que o Alcalde se tiña comprometido a elo en plenos anteriores.

O Alcalde tampouco facilita ó PSdeG datos actualizados sobre a relación de persoal.

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DO PEREIROSíguenos no noso blog: psoe-pereiro.blogspot.com Email: psoepereiro @gmail.com

BOLETÍN INFORMATIVO Nº2 FEBREIRO DE 2009

PÁXINA 1

A agrupación socialista do Pereiro está a elaborar un informe sobre o estado actual dos parques infantís no noso concello, estado que deixa bastante que desexar. O Concello debería de regular, mediante unha ordenanza, os requisitos de seguridade das zonas infantiles. Tamén debería de incrementarse o número e

calidade destas instalacións, pois moitas presentan importantes deficiencias. Tampouco existe unha planificación do servicio de limpieza e hixiene, especialmente importante por ser, polo xeral, de area a superficie da meirande parte destos parques. Polo xeral, presentan problemas importantes na súa conservación, accesibilidade,

señalización e seguridade.

A Mala Educación

É unha pena que non asista máis xente aos plenos do Concello do Pereiro. De verdade que é como unha viaxe ao pasado, e ata poderíanse botar unhas risas se a cousa non fora tan triste.

As actitudes e as formas do Sr. Alcalde e algún dos seus escudeiros nos transportan ás épocas dos Gozos e as Sombras e aos tempos dos caciques de Castelao.

Parece olvidar o Sr. Alcalde que a oposición non se colou por unha ventana, senon que foi elexida polos veciños. Tamén olvida a súa condición de servidor público, e que está ahí para respostar (e a poder ser, con educación) ás preguntas que os veciños lle transmiten a través dos seus representantes.

Agrupación socialista do Pereiro

psoepereiro @ gmail.com

O Secretario Xeral do PSdeG e candidato á reelección como Presidente da Xunta de Galicia presentou o programa de goberno para a vindeira lexislatura. Un programa deseñado para unha maioría social, para unha Galicia que confía, para unha Galicia que sabe que todos xuntos imos construir o futuro.

Este programa busca continuar apostando pola innovación, pola formación e preparación dos cidadáns, pola xestión con rigor e eficacia para que Galicia compita con calquera espacio do mundo. Un programa para dar as mesmas oportunidades a todos os cidadáns.

OS PARQUES INFANTÍS NO PEREIRO

O PresidenteGalicia busca seguir, con Touriño, pola senda do progreso

SOCIALISTAS DO PEREIROpsoe-pereiro.blogspot.com

Page 2: Boletín 2 (febreiro 2009)

BOLETÍN INFORMATIVO Nº2 FEBREIRO DE 2009

PÁXINA 3

UNHA MALA INVERSIÓN

Finalmente o pleno do Concello do Pereiro aprobou o reparto do Fondo Estatal de Inversión Local, cos votos do PP, a abstención do BNG e o voto en contra dos concelleiros do PSdeG-PSOE.

As inversións finalmente aprobadas, por un importe total de 1.050.000 euros, son:

- Tres depuradoras: unha no parque empresarial (612.000 euros), unha en Sabadelle (185.000 euros) e unha en A Caravina (174.000 euros).

- Construcción de aceras en A Caravina (79.000 euros)

O grupo municipal socialista decidiu votar en contra, entre outras cousas, para manifestar a súa discrepancia con este xeito de aprobar as inversións, froito dunha decisión unilateral do alcalde, que non parece distinguir a diferencia entre un director xeral dunha empresa e o rexidor dun concello democrático. Por outra parte, estas inversións non permiten acadar un dos principais obxectivos do Fondo de Inversión Local, que é a creación de emprego.

No Pereiro non existe ningún tipo de planificación e priorización do desenvolvemento das infraestructuras: as decisións obedecen a impulsos do Sr. Alcalde que se limita a levar ao pleno as súas decisións para seren aprobadas sen máis discusión. E claro, como non estamos pola labor de non discutir, de non dialogar e de non preguntarnos (e preguntarlle) o por qué das cousas, o Sr. Alcalde e algún dos seus acólitos póñense dos nervios, atropéllanse e tratan de rematar as discusións con exabruptos como os que tivemos que oir no pleno do 19 de decembro.

Pero o principal motivo do noso voto en contra foi que a inversión en depuradoras, con ser necesaria, non se tiña que realizar con cargo a estos fondos. Se pensaran un pouco as cousas, se se informaran e fixeran os deberes que lles toca facer como rexidores municipais, saberían que o Plan Nacional de Calidade das Aguas 2007-2015 recolle que o Estado financiará o 100% deste tipo de inversions se son obras de interese xeral (EDAR Ourense) e o 50% para outras zonas, en particular se son Rede

Natura 2000 ou espazo protexido.

Por outra banda no Plano de Saneamento de Galicia 2000-2015 da Xunta tamén se establecen as prioridades de saneamento a financiar, que pode ser superior ao 50% en núcleos como O Pereiro.

Polo tanto, é absurdo que o Concello de Pereiro se adique a gastar case todos os Fondos de Inversión Local en depuradoras, xa que a Xunta e o Estado poderían financiar estas instalacións en outras convocatorias.

A política de dispersión da inversión en depuradoras (moitas depuradoras e pequenas) é un auténtico despilfarro: os estudos técnicos indican que con este modelo dispárase o gasto en mantemento, e por outra banda a eficiencia da depuración tamén está en función das súas dimensións (canto máis pequena, menos eficiente). Dende o grupo socialista seguiremos a pedir que se nos facilite unha lista das depuradoras, población ou industria ás que se conectan, e o gasto anual de mantemento de todas.

Se comproba novamente que é necesario que se solicite que unha parte do Pereiro se inclúa na Rede Natura 2000 (Montes de San Pedro de Rocas - Ordelles) xa que os Concellos cunha parte do seu territorio nesa Rede teñen prioridade nas convocatorias de inversións ambientais estatais ou europeas.

HORMIGÓN POR GRANITONas obras dos campos de fútbol de Vilariño, Melias e Loñoá cambiouse o granito dos muros dos vestiarios, previsto no proxecto, por uns fermosos (e tan da terra) bloques de hormigón. Seguramente aos responsables parécelles que quedou precioso, pero eso é porque o significado do término "feísmo" é ainda un misterio para eles.

BOLETÍN INFORMATIVO Nº2 FEBREIRO DE 2009

PÁXINA 2

A WIFI OLVIDADA DO PEREIRO

O Concello de Ourense ten previsto dotar aos seus cidadáns dunha completa cobertura inalámbrica para acceder a Internet, tanto no casco urbán como nas parroquias do rural.

Seguramente moitos dos veciños do Pereiro lembrarán que no verán do ano 2007 saiu en prensa e no apartado de novas da web do Concello do Pereiro que este encargara un proxecto conxunto á Universidade de Vigo e a unha empresa para a implantación dunha rede wi-fi en todo o seu territorio para o acceso dos seus veciños a servicios de Internet.

Pois por algunha razón, o grupo de goberno parece ter esquecido este proxecto e deixou pasar, unha tras outra, convocatorias de axudas autonómicas, estatais e europeas que poderían ter financiado esta boa iniciativa, como o Plan Avanza ou o Fondo Estatal de Inversións. ¿Será que ao Sr. Alcalde no fondo non lle interesa que os seus

veciños accedan á Sociedade da Información ou, máis probable, a desidia e o descontrol provocaron simplemente o olvido deste proxecto? Polo de agora, unha porcentaxe importante dos nosos veciños seguirán a depender de que a Telefónica e outras operadoras lles resulte rendible achegarlles a banda ancha e, con ela, servicios que son irrenunciables no século XXI.

TOURIÑO: “VOTAR AO PP SERÍA RETROCEDER NO TEMPO”

Na presentación das candidaturas para as vindeiras eleccións autonómicas do 1 de marzo, o candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia anunciou que todos os centros educativos ensinarán inglés dende os 3 anos, e todos os centros de Secundaria de Galicia ofertarán, cando menos, unha materia en inglés.

“A xuventude galega rematará o seu periodo de educación obligatoria falando tres idiomas: galego, castelán e inglés”, afirmou

Touriño. Ademáis dixo que se ían construir 10.000 novas prazas de escolas infantiles para conciliar a vida laboral.

Sobre a situación económica o candidato citou datos concretos: “Galicia resiste a crise mellor que o resto de España, e por eso estivo entre as tres comunidades autónomas con maior nivel de crecemento dos últimos anos, e tivo o periodo laboral con menos conflictividade da súa historia”.

Como balance de goberno o líder socialista destacou que “temos reducido as listas de espera, e invertimos un 40% máis en cada alumno. Gracias a eso, miles de alumnos galegos viaxan ao estranxeiro a estudar en inglés. O goberno do cambio foi sensible e solidario cos que menos teñen e por eso incrementamos as pensións

non contributivas.Comprometeuse a manter na

vindeira lexislatura 2 puntos de tasa de paro que a media española, e con empregos estables, así como a promover 2000 contratos de investigación para xóvenes. No que respecta ás infraestructuras resaltou que se construirán 184 novos kilómetros de autovías libres de peaxe.

“Se o cambio se interrumpe, Galicia perderá a oportunidade de afianzar o futuro e a confianza do país”, indicou.