febreiro 2015
TRANSCRIPT
febrerofebruary février
fevereiro
Febreiro é o segundo mes do ano no calendario gregoriano, con 28 días os anos normais e 29 os anos bisestos.
narcisos
Foi chamado así en honra ás festas “februas”, o festival da purificación na antiga Roma, que naqueles tempos coincidían co fin de ano.
A pedra de febreiro é a amatista e a flor a violeta.
Carballo
Na natureza aparecen os primeiros sinais do final do inverno. Comezan a inchar as xemas das árbores.
Florecen os salgueiros, as mimosas, as acacias, os amendoeiros, os pexegueiros, as magnolias, o romeu, os loureiros, os narcisos, os xacintos, os toxos, os cáncaros, as violetas, a herba de namorar...
salgueiro (flores femininas)
magnolia
amieira en flor
nabicol en flor
mimosas
cóncaros
gato
Os gatos, os lobos e os esquíos entran en celo.
ovos e alevíns de troita
No mar desovan os abadexos e as raias; nos ríos as troitas.
Ra verde
Aparecen os primeiros niños: pardais, merlos xiríns... Escóitanse os mouchos. Comezan a marchar as aves invernantes. Saen as primeiras ras.
pardal
os traballos
lábranse e fertilízanse as terras
fanse as parras
pódanse e átanse as viñas
-En febreiro patacas ao carreiro.
Nacen as patacas do cedo.
TEMPERATURA MÁXIMA-Media (ºC)
TEMPERATURA MÍNIMA-Media (ºC)
TEMPERATURA MEDIA (ºC)
HUMIDADEMEDIA (%)
VELOCIDADE DO VENTO(km/h)
CHUVIATOTAL (l)
DÍA CHUVIAMÁXIMA
(l/m2)
DIASCHUVIA
12,4 6,9 9,69 81,4 16,92 116,8 2 (28,8 l) 19
O TEMPO(Estación Corón)
DATOS GALICIA
Refacho de vento máis forte: Punta Candieira (Cedeira), 123 km/h (día 9)
Temperatura máis baixa: Xares (A Veiga), 9,3 ºC (día 8)
Maior cantidade de precipitacións recollidas: Serra da Faladoira, 287 l.
Fortes temporais de neve en todo o norte peninsular, especialmente na Cordilleira Cantábrica e nos Pirineos.
As intensas chuvia e o desxeo provocan importantes enchentesNa cunca do Ebro.
-Polo San Brais, dúas horas máis.
-Por Santa Eulalia se chove e venta o inverno entra.
-Se chove o día de Santa Eulalia, chove sete días e unha semana.
Os días medraron 70 minutos
-A xeada de febreiro mata a vaca e mais o leiro.
-Pola Candelaria, se chove e venta, o inverno entra; se rí e chora, medio inverno vai fóra; se non chora nen rí, o inverno está por vir; se chora e deixa de chorar, a metade do inverno está por pasar; e se non chove nen implora, o inverno xa vai fóra.
-Vaite febreiro cos teus vinteoito, se chegas a ter máis catro non queda can nin gato.-En febreiro, sete capas e un sombreiro.-Neve febreiriña, tarde ven e logo camiña.
-Tal o vintesete, tal o mes seguinte, se o vinteoito consinte.
-Antroido á raxeira, Pascuas á lareira.
-Auga de febreiro enche o cabaceiro.
-Por Santa Eulalia trompos á borralla.
DÍAS SINALADOS
1de febreiro de 1948
descubrimento do transistor nos laboratorio
Bell de EE.UU. Jonhn Bardee, Walter Houser Brattain e William Bradford
Shokley, que recibiron o premio Nobel de Física en 1956
O transistor é un dispositivo electrónico semicondutor que cumple funcións de amplificador, oscilador, conmutador ou rectificador.
Actualmente atópanse prácticamente en todos os aparellos domésticos de uso diario: radios, televisores, grabadoras, reproductores de audio e video, fornos de microondas, lavadoras, automóviles, equipos de refrixeración, alarmas, reloxos de cuarzo, computadoras, calculadoras, impresoras, lámpadas fluorescentes, equipos de raios X, tomógrafos, ecógrafos, reprodutores mp3, teléfonos móviles...
O termo “transistor é a contracción en inglés de transfer resistor (resistencia de transferencia)
En conmemoración da data na que se aprobou a Convención de Ramsar sobre Zonas Húmidas de Importancia Internacional, especialmente como Hábitats de Aves Acuáticas, o 2 de febreiro de 1971.
2 de febreiro de 1907:
morre Dimitri Mendeleyev, químico ruso, creador da TÁBOA PERIÓDICA DOS ELEMENTOS QUÍMICOS.Nacido o 8 de febreiro de 1834.
febreiro de 2004: descóbrese en Guipúzcoa, nunha sima do monte Ernio, o primeiro río de leite de lúa en estado líquido do mundo.
11
O leite de lúa está composto xeralmente por carbonatos de calcio e magnesio, aínda que poden aparecer outros minerais como calcio, xofre, sílice, carbono ou xeso.
3 de febreiro de 1878:
nace en lalín Ramón María Aller Ulloa , astrónomo galego.
3 de febreiro de 1966: A sonda soviética Lúa 9 é a
primeira en pousarse sobre a superficie da Lúa e emitir fotografías desde o Mar das Tormentas.
4
de febreiro
DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO
6 de febreiro:
Día Internacional
contra a Mutilación
Xenital Feminina
7 de febreiro de 2006: un equipo de científicos alemáns
consegue un rexistro histórico ao taladrar o xeo da Antártida ata acadar os 2774 m de profundidade.
10 de febreiro de 1926: o hidroavión “Plus Ultra”,
tripulado por Ramón Franco, Julio Ruiz de Alda, Juan Manuel Durán e Pablo Rada, chega a Bos Aires. Realiza o primeiro voo entre España e América.
31-14-2
12 de febreiro
de 1809 nacemento de Charles Darwin, científico inglés autor
da teoría da Evolución.
12 de febreiro
Día Mundial contra a
utilización dos nenos soldadoSegún datos de Amnistía Internacional, máis de 300.000 menores participan en conflictos bélicos nuns 86 países do mundo. O 40% son nenas, que tamén son empregadas como escravas sexuais.
14de febreiro
DÍA DOS
NAMORADOS
14 de febreiro:
Día Mundial da Enerxía
14 de febreiro 1779:
morre James Cook , explorador británico.
15 de febreiro
de 1564: nace Galileo Galilei, astrónomo, físico e filósofo italiano.
15 de febreiro de 2013: Chuvia de meteoritos en Rusia.Un deles, de 17 metros deixou máis de 1.100 de feridos na provincia de Cheliabinsk, liberou unha enerxía de 500 kilotóns, trinta veces superior á bomba atómica de Hiroshima.
16 de febreiro de 2005: entra en vigor o
Protocolo de Kioto , convenio mundial para a redución de gases do efecto invernadoiro.
18 de febreiro de
1745: nace Alessandro Volta , físico italiano.
18 de febreiro
de 1930o astrónomo
estadounidense Cyde William Tombauh
descubre Plutón desde o observatorio Lowell
en Arizona.
19 de febreiro de 1473:
nace Nicolás Copérnico , astrónomo polaco.
19 de febreiro de 1941: na provincia de
Pontevedra, un furacán abate unhas 150.000 árbores e destrúe as torres de máis de 300 igrexas.
19 de febrero de 2015 comeza o ano 4713 no calendario chinés. Corresponde ao ano da cabra
21
de febreiro
DÍA INTERNACIONAL
DA LÍNGUA MATERNA
24 de febreiro
de 1837nace
Rosalía de Castro, a escritora galega máis
relevante
28 de febreiro de 1953:
Francis Crick e James Watson descobren a estrutura helicoidal da molécula de ADN .
28 de febreiro de 1981
morre en Vigo escritor galego
Álvaro Cunqueiro
29 de febreiro de 1968: a
astronoma irlandesa Jocelyn Bell Burnell descobre o primeiro pulsar.
FOTOS: Alumnado 1º ESO, XeaFEBREIRO 2015
Departamentode Ciencias