paspallÁs - sociedade galega de historia natural · 2018. 10. 3. · paspallÁs boletín...

32
PASPALLÁS Boletín divulgativo da Sociedade Galega de Historia Natural www.sghn.org Nº 46, nadal 2009 2,50 EURO gratuíto socios Actividades SGHN 2007-2008 Custodiando o territorio Proliferación de infraestruturas As Concentracións Parcelarias e ás súas trampas Actividades SGHN 2007-2008 Custodiando o territorio Proliferación de infraestruturas As Concentracións Parcelarias e ás súas trampas

Upload: others

Post on 20-Jan-2021

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁSBoletín divulgativo da Sociedade Galega de Historia Natural www.sghn.org

Nº 46, nadal 2009

2,50 EUROgratuíto socios

Actividades SGHN 2007-2008

Custodiando o territorio

Proliferación de infraestruturas

As Concentracións Parcelarias e ás súas trampas

Actividades SGHN 2007-2008

Custodiando o territorio

Proliferación de infraestruturas

As Concentracións Parcelarias e ás súas trampas

Page 2: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

A SGHN é unha asociación legalmenteinscrita no Rexistro Nacional de

Asociacións co nº 584.918, inscrita norexistro de Entidades de carácterambiental da Comunidade Autónoma deGalicia co nº 2009/0110 e co número AO/C-000/382 no Rexistro de Asociacións

Culturais Galegas.

Delegación das Mariñas Apdo. de correos nº 31 [email protected] Sada

Delegación de Ferrol Méndez Núñez, 11 Apdo. de correos nº 35615401 Ferrol 15480 Ferrol [email protected]/Fax. 981 352820

Delegación de Ourense Rúa Jesús Soria, 23-2º Apdo. de correos nº 212 [email protected] Ourense 32080 Ourense

Delegación de Pontevedra Apdo. de correos nº 303 [email protected] Vilagarcía de Arousa

Santiago Sánchez Freire, 50-56, entreplanta D Apdo. de Correos nº 33015706 Santiago de Compostela 15780 Santiago de Compostela [email protected]./Fax 981 52 58 53

Sección Astronomía e Méndez Núñez, 11 Apdo. de correos nº 356 [email protected]ón Lumínica 15401 Ferrol 15480 Ferrol

Sección de Entomoloxía Apdo. de correos nº 303 [email protected] Vilagarcía de Arousa

Sección de Herpetoloxía Apdo. de correos nº 303 [email protected] de Hérpetos (AVG-II) 36600 Vilagarcía de Arousa

Sección de Ornitoloxía Apdo. de Correos nº 33015780 Santiago de Compostela

Sección Vertebrados Méndez Núñez, 11 Apdo. de correos nº 356Mariños 15401 Ferrol 15480 Ferrol [email protected]

A Sociedade Galega de Historia Natural(S.G.H.N.). Fundada en 1973, é «unhaasociación independente e científica,dedicada ó estudio, divulgación,conservación e defensa da natureza edo medio ambiente, que non tén na súaactuación fins lucrativos» (Art. 5º dosEstatutos).

¿Onde estamos?

Servicios e actividades

PASPALLÁS 46:2

Servicio de BibliotecaFerrol: De luns a venres de 9:30 a 13:30 horas ede 16:30 a 20:30 horas. Perto de 2.000 volumes eincluída no circuíto de bibliotecas especializadasde Galicia. Servicio de préstamo.Santiago: De luns a venres de 19:30 a 21:30. Máisde 2.000 volumes especializados sobre naturezagalega.Defensa e ConservaciónParticipamos en diversas campañas como Cleanthe World, realizamos alegacións a proxectos quepoidan afectar negativamente ó medio ambientee colaboramos con outras entidades a favor damellora da xestión dos recursos naturais.Tamén participamos na Custodia do Territorio através da propiedade de terreos na lagoa deSobrado dos Monxes para condicionar aconservación da zona...Federación de BuceoA SGHN pertence á Federación Galega de Buceoe tramitamos o carnet dos socios.

Museo de HistoriaNatural (Museo daNatureza)Situado en Ferrol e comesmo horario dabiblioteca destaDelegación.Para concentar visitascon grupos ou foradeste horario (sógrupos), pódesexestionar nestaDelegación.Censos de Aves InvernantesDurante o mes de xaneiro de cada ano. Para participar ou iniciarte, ponte encontacto coa túa delegación.Atlas de HérpetosPonte en contacto coa Sección de Herpetoloxía.Atlas de InsectosPonte en contacto coa Sección de Entomoloxía.

Calamar xigante (Architeuthix dux) no Museo

¡COLABORA CONNOSCO!O labor da SGHN precisa da colaboración dos seus socios e simpatizantes, tanto nos labores

administrativos, coma nas actividades. Suxire, propón, aporta as túas inquedanzas na túa Delegación,na túa vila ou en calquera das Seccións existentes. Calquera aportación é benvida e necesaria.

Page 3: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N.

PASPALLÁS 46:3

A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da Sociedade Galega de Historia Natural e financiaseexclusivamente coa aportación das cotas sociais, non admitindo subvencións ou publicidade.

O PASPALLÁS agradece o envío de orixinais

para a súa publicación.

Os textos débense enviar en formato

electrónico en Word Perfect ou Word, sen marcadores

nen tabulacións ou distintos tamaños de letra.

Como referencia, cada páxina leva 400

palabras e unha fotografía/debuxo de resolución

mínima 1200x800, preferiblemente en cor e formato

jpg.

O galego será o normativo e os nomes

científicos respectarán as normas de Nomenclatura,

figurando con ano e autor.

SUMARIO

Editorial 3

Resume actividades SGHN 2007-2008 4

Custodia do territorio 13

Proliferación de Infraestruturas 16

Os nosos insectos: Graphosoma lineatum 20

Os nomes das aves 21

As concentracións parcelarias 26

Censos de aves invernantes 2010 30

Publicacións SGHN 31

A edición electrónica do PASPALLÁS é a toda cor. Os socios que o queiran recibir en cor, serallesenviado por correo electrónico (entre 1,5 e 4 Mb dependendo do número) e tamén o recibirá en papelcomo sempre. Se queres aforrar papel, indicanolo e só será enviado por correo electrónico.

PASPALLÁSRevista divulgativa da SGHN

e do medio natural galego.Fundada en 1981

As opinións expresadas,(agás a Editorial) non sonnecesariamente as da súa

Xunta Directiva Xeral.

Edición e MaquetaciónXosé Lois Rey Muñiz

Colaboradores neste nºIgnacio Aparicio Montero,

Moisés Asensi Cabirta, SerafínGonzález Prieto, CarmiñaNoya Rey, Xosé Lois ReyMuñiz, Carlos Rey Rañó,

Álvaro Rodríguez Pomares

Foto portada“Dactylorhiza maculata”

Xosé Lois Rey Muñiz

SGHNApdo. de Correos nº 330

15780 Santiago deCompostela

Tfno./Fax 981 [email protected]

Os artigos publicadosnesta revista, citaranse:Autor ano título do artigo.Paspallás, Boln. Divulg. Soc.gal. Hist. nat. nº epaxinación.

Data Publicación 22/12/09I.S.S.N. 1132-0567D.L. C 1590/91

ZEPA DA LIMIAEn resposta ó Decreto que creou a ZEPA da Limia, a Plataforma ZEPA non mantivo

xuntanzas con representantes dos partidos no Parlamento galego. A impresión que seobtén das novas de prensa sobre ditas xuntanzas difícilmente podería ser máis penosa.Atrapados pola súa manifesta parálise (PSOE), burda demagoxia (BNG) ou interesadascontradiccións (PP), o único “argumento” que os partidos atopan para crear a ZEPA daLimia é a suposta “maldición” dunha sentencia do Tribunal de Xustiza das ComunidadesEuropeas que en 2007 condenou a España por incumprir a Directiva Aves.

Seica ningún político galego entendeu nada: afortunadamente para todos (limiaos,galegos, españois e europeos), A Limia aínda posúe valores ornitolóxicos sobranceirospolos que merece ser unha Zona de Especial Protección para as Aves. Seica tampoucoentenderon que a sentencia é un triunfo da forza da razón e da legalidade: só os queempregan a razón da forza e a demagoxia para defender a alegalidade poden estar encontra dela.

Pero, en lugar de facer POLÍTICA con maiúsculas e aproveitar en beneficio detodos (cidadáns e aves) as indubidables vantaxes dunha ZEPA para un desenvolvementosocial, económica e ambientalmente sostible na Limia, os nosos políticos levan dousanos ensarillados en liortas mezquinas coas que, azuzados polos sindicatos, intoxican aopinión pública en contra da ZEPA. ¿Qué temen da declaración de ZEPA?, que limitealgo o seu caciqueo. ¿Qué beneficio esperan obter?, uns miserables réditos políticos ousindicais.¿Qué precio imos pagar os galegos de hoxe e os de mañán?, demasiado alto.

Basta xa de mentiras. Conservar o patrimonio, cultural ou natural, é imprescindiblepara a nosa calidade de vida, actual e futura, e engrandécenos como sociedade. Fronte ádemagoxia noxenta dalgúns, só cabe reiterar realidades incontestables:1. Os agricultores e gandeiros da Limia son, a nivel galego, un dos colectivos quemáis cartos ten recibido da UE. Tras décadas de beneficiarse dos dereitos como cidadánsda UE é hora de que cumpran tamén as súas obrigas como tales, incluida a DirectivaAves.2. Os valores naturais en xeral, e ornitolóxicos en particular, da Limia son patrimoniode todos os galegos, españois e europeos, e a ZEPA aprobada pola Xunta non os protexeaxeitadamente.3. É posible que algúns queiran valeirar de contido e eficacia a ZEPA con burdasmanobras, como suxiren as declaracións dos políticos. É seguro que a SGHN noncomulgará con rodas de muíño e, vista a sentencia de 2007, semella que o Tribunal deXustiza das Comunidades Europeas tampouco o fará.

PASPALLÁSBoletín divulgativo da Sociedade Galega de Historia Natural www.sghn.org

Nº 46, nadal 2009

2,50 EUROgratuíto socios

Actividades SGHN 2007-2008

Custodiando o territorio

Proliferación de infraestruturas

As Concentracións Parcelarias e ás súas trampas

Actividades SGHN 2007-2008

Custodiando o territorio

Proliferación de infraestruturas

As Concentracións Parcelarias e ás súas trampas

Page 4: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

ESPACIOS NATURAISZEPA de A Limia

Presentouse un escrito dealegacións á proposta daConsellería de Medio Ambientepara a de creación da ZEPA deA Limia (30-08-2007) e enviousecopia das mesmas e informaciónsobre estado actual cursosfluviais á Comisión Europea(27-02-2008) e ó Ministerio deMedio Ambiente (04-02-2008).Participouse nas cincoxuntanzas (30-11-2007, 21-12-2007, 10-01-2008, 08-02-2008 e03-04-2008) da mesa de traballosobre a ZEPA constituida porrepresentantes da Consellería deMedio Ambiente, os principaissindicatos agrarios (SindicatoLabrego Galego, XóvenesAgricultores, Unións Agrarias) eorganizacións de defensaambiental (Adega, que só asistiua primeira; FEG-MEL, SGHNe Verdegaia). Ademáis,presentáronse douscomunicados de prensa sobre acontestación sindical e políticaó proxecto de ZEPA, un daSGHN en solitario (23-08-2007)e outro en común con ADEGA,Ecoloxistas en Acción e FEG(23-08-2007). Tamén se realizouunha entrevista para programaRECcámara da TVG (27-10-2007).

Presentáronse alegaciónsó proxecto de concentraciónparcelaria de Ordes e Congostro(Rairiz de Veiga; 15-10-2008)que afectaría a zonas de intereseda ZEPA.

Ademáis, presentáronsealegacións a tres proxectos decreación ou ampliación deexplotacións porcinas (Xinzo deLimia; 01-10-2008; 28-10-2008;04-12-2008) e ó proxecto deLiña de media tensión aérea 20KV (Sarreaus-Vilar de Barrio;04-12-2008) vencellado áproliferación de granxas nachaira. Por todo elo, solicitouse

tamén que se faga unhaAvaliación AmbientalEstratéxica do non declaradoplan de intensificación gandeirana chaira da Limia (04-12-2008).

Brañas de Laíño (Dodro-Padrón)

Presentouse un escrito dealegacións (31-05-2007) óMinisterio de Medio Ambientepolo plan da Dirección Xeral deCostas dun parque fluvial linealna marxen dereita do esteiro doUlla, que destruiría hábitatimprescindible para areproducción e invernada daescribenta das canaveiras(Emberiza schoeniclus lusitanicus)que se atopa en perigo deextinción.

Lagoa de SobradoRemitiuselle unha

petición escrita ó Concello deSobrado de paralización daconstrucción dunha pasarela demadeira pola marxe da lagoa (07-06-2007).

LIC Costa da MortePresentouse un escrito de

alegacións á D. G. de Calidad yEvaluación Ambiental (Ministeriode Medio Ambiente) sobre oproxecto de Restauración de

senda litoral de San Adrián ápraia de Esteiro-Seiruga(Malpica, A Coruña; 23-11-2008), solicitando que, no cantodunha beirarúa típica dun

entorno urbanizado, se faga unauténtico camiño peonil noestilo dos sendeiros de pequenoe grande percorrido queatravesan media Europa.

LIC Río TambreEscrito de alegacións á

Consellería de Medio Ambientee Desenvolvemento Sostiblesobre o proxecto de “Campo depitch & putt” na urbanizaciónPorto Avieira (Oroso, A Coruña;19-09-2008). Da deficiente einsuficiente documentaciónpresentada deducese que asactuacións proxectadas invadenterreos de dominio públicohidráulico e do propio LIC RíoTambre.

Parque Natural da Serra deEnciña da Lastra

Presentouse un escritode alegacións á Demarcación deEstradas do Estado en Galiciasobre o estudio informativo daAutovía A-76 Ponferrada-Ourense (01-10-2008),salientando que os treitos B-C

Actuacións 2007-2008 da SGHN (Santiago)

PASPALLÁS 46:4

Vertedoiro na Limia Foto: Carlos Rey Rañó

Page 5: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

(opción Biobra 1) e C-D (opciónRubiá- A Veiga 0) do trazadorecomendado atravesarían decheo a parte galega da Serra deEnciña da Lastra, (ParqueNatural, LIC e ZEPA polos seusexcepcionais valoresambientais). Por elo, a SGHNconsidera ambientalmenteinaceptable o trazadorecomendado como alternativamáis favorable e solicitou que seestudie outro trazado.

LIC Gándaras de BudiñoEscrito de alegacións á

CMADS polo proxecto paradesdoblar o gasoducto existentea traverso do LIC e que, porimprevisión e poucaprofesionalidade da empresaGas Natural, quedou pequeno.A SGHN solicita que GasNatural constrúa un gasoductodimensionado para a demandaactual e futura cun trazado fórado LIC, e logo elimine o actual

que afecta ó LIC, e tamén queasuma serias medidascompensatorias para arecuperación ambiental dasGándaras de Budiño, na liña doestablecido no Plan EstratéxicoEspañol para a Conservación eRecuperación dos Humidais.

LIC Serra do CandánEscrito de APROPIGA

e a SGHN á Consellería deMedio Rural solicitandoinformación sobre os criterios

ambientais (edafolóxicos,botánicos, forestais, faunísticose de xestión de hábitats) etécnicos/profesionais paraencargar a unha empresa privadaas queimas autorizadasdesenvolvidas durante os mesesde novembro e decembro de2008 en zonas incluidas no LICES1140013 Serra do Candán,algunha das cales se convertiunun incendio incontrolado.

Transgalaica 2007Presentáronse senllas

solicitudes ás Consellerias deMedio Rural e Medio Ambientepara que non permitisen arealización desta concentración-proba de quads (09-05-2007).

BIODIVERSIDADEComité Galego paraConservación daBiodiversidade

Asistencia á xuntanza do25-09-2008 na que se tratou o

estatus e catalogación de Quercuslusitanica e Eurynebria complanata.

LoboParticipouse nunha

xuntanza coa Dirección Xeral deConservación da Natureza paradebatir as alegacións da SGHNó Plan de Xestión do Lobo (23-11-2007), conseguíndose que asmáis importantes delas foranaceptadas.

Actuacións 2007-2008 da SGHN (Santiago)

PASPALLÁS 46:5

Page 6: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

Visón americanoConcedéronse catro

entrevistas para falar contra assoltas masivas de visóns dasgranxas polos grupúsculo deLiberación Animal (16-10-2007,Axencia EFE e Radio Galega;17-10-2007, RNE e La Voz deGalicia).

OrnitoloxíaEntrevista para o

programa Efervesciencia deRadio Galega sobre a ornitoloxía(25-03-2007). Entrevista paraRadio Voz Compostela sobre aprotección das anduriñas nasvilas (29-05-2007).

VariosP r e s e n t á r o n s e

alegacións á Consellería deMedio Ambiente eDesenvolemento Sostible contrao Decreto sobre caza conmunición de chumbo,solicitando a súa anulación e oestablecemento urxente demedidas para garantir ocumprimento da Ley 42/2007do Patrimonio Natural e aBiodiversidade; información asocios e comunicado de prensa(09-12-2008).

C o n c e d é r o n s eentrevistas para falar da plaga detopillos en Castela e asposibilidades de que afectase aGalicia (Radio Voz Compostelae Radio Voz Galicia, 20-08-2007) e sobre a nova tempadade caza (Radio Voz Compostela,23-10-2007).

Actuacións 2007-2008 da SGHN (Santiago)

C O N C E N T R A C I Ó N SPARCELARIAS

P r e s e n t á r o n s ealegacións á Consellería deMedio Ambiente eDesenvolvemento Sostiblepolos seguintes proxectos deconcentración parcelaria:Sabariz-Guillamil (Rairiz deVeiga, Ourense; 16-05-2008),Arca (A Estrada, Pontevedra;24-06-2008), Duxame-Ínsua-Portodemouros (Viladecruces,Pontevedra; 24-06-2008),Troáns I e II (Cuntis,Pontevedra; 24-06-2008) eOrdes e Congostro (Rairiz deVeiga, Ourense; 15-10-2008).

Tamén se presentaronalegacións á Consellería deMedio Rural e á Conselleríade Innovación e Industriapolo proxecto de instalarunha canteira en terreos daconcentración parcelaria deArgomoso (Mondoñedo,Lugo; 01-10-2008).

Participouse nunhaentrevista de RNE-Galiciasobre as concentracións

parcelarias na Limia(comunicado de prensa daSGHN-Ourense) e no resto deGalicia (30-08-2008).

CONSELLO GALEGO DEMEDIO AMBIENTE EDESENVOLVEMENTOSOSTIBLE

Participoouse nasxuntanzas ordinarias celebradascon datas 10-07-2006, 01-12-2006, 19-01-2007, 11-07-2007 e23-10-07.

RELACIÓNS COASADMINISTRACIÓNS

Participación en mesaredonda dentro das I Xornadassobre Avaliación AmbientalEstratéxica organizadas polaDirección Xeral deDesenvolvemento Sostible (23-04-2007) nas que a SGHN foi a

única organización de defensaambiental invitada.

Participación nunhaxuntanza do Conselleiro deMedio Ambiente eDesenvolvemento Sostible cosrepresentantes das principaisasociacións ambientalistasgalegas para tratar a posiblecreación dun foro de debatesobre temas ambientais (29-05-2008).

Participación no Comitéde Seguemento do Plan deDesenvolvemento Rural deGalicia 2007-2013, enrepresentación de todas asasociacións ambientalistas.Asistiuse á primeria xuntanza(04-06-2008). Logo elaborouseun comunicado sobre o tratadopolo o Comité de Seguementodo PDR que se enviou ós sociosda SGHN, ás organizaciónsambientais e ós medios decomunicación, e que deu lugara unha entrevista sobre o temaen Radio Fusión.

Participación naxuntanza do Secretario Xeral eSubsecretario Xeral da CMADScon representantes de ADEGA,Amigos da Terra, FEG,FEGAMA e SGHN sobre aOrde de Axudas 2008-09 (19-11-2008). Verdegaia rexeitou ainvitación a asistir.

Realizáronse con éxitoás xestións necesarias para ainclusión da SGHN no novoRexistro de Entidades deCarácter Ambiental daComunidade Autónoma deGalicia.

PASPALLÁS 46:6

Page 7: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

Actuacións 2007-2008 da SGHN (Delegación de Ferrol)

PASPALLÁS 46:7

- 4.196 Visitas ó Museo da Natureza, incluindoas de 26 centros e entidades, nos que cabe suliñar acolaboración co “Proxecto Terra” para ocoñecemento dos escolares da provincia daarquitectura e patrimonio de Galicia.- 180 Animais recollidos, colaborando co C.R.F.S.de Oleiros; incluido o tratamento e recuperaciónde dúas tartarugas mariñas.- 26 Actuacións en defensa da natureza comoalegacións a proxectos, campañas, etc.- 51 Entrevistas nos Medios de comunicación,aparte da colaboración semanal no dominicalNordesia do Diario de Ferrol:- 42 Conferencias, obradoiros e excursións, nosque participaron 1.695 persoas:18 conferencias cunha participación de 529 persoas.11 obradoiros cunha participación de 271 persoas.21 excursións cunha participación de 895 persoas.- 1.200 kg de refugallos extraidos nas limpezasda praia de Esmelle (Ferrol) e fondos mariños doportos de Mugardos nos que participaron 67persoas:Praia de Esmelle 35 persoas 700 kgPorto de Mugardos 32 persoas (22mergulladores) 500 kg- 7 actividades de Astronomía nas que parciparon302 persoas.- 4 consultas, especialmente sobre identificaciónde especies animáis.- 1 actividade en sevicios a comunidade.- 8.100 persoas visitaron as 3 ExposiciónsItinerantes que estivo no Centro Cívico de Arteixodo 21/05/007 ao 25/05/2007, no VI encontró deembarcacións tradicionáis en Ferrol do 05/07/2007ao 08/07/2007 e no Mercado Vello do Concellode As Pontes do 13/07/2007 ao 27/07/2007..- Se recolleron e xestionaron para o seutratamento os seguintes materiais contaminantes:- 570 litros de aceite de cociñar.- 125 kg de pilas. 69 toneres e cartuchos de impresoras- 4 Convenios de colaboración: Continuou cosconcellos de Ferrol e Mugardos, Universidade deA Coruña de voluntariado e coa FederaciónComarcal de Ferrolterra de ANPAS de centrospúblicos.

- 3.216 Visitas ó Museo da Natureza (ata o 4 dexullo), incluindo as de 44 centros e entidades, nosque cabe subliñar a colaboración co “ProxectoTerra” para o coñecemento dos escolares daprovincia da arquitectura e patrimonio de Galicia.- 1130 Animais recollidos colaborando co C.R.F.S.de Oleiros (Insectos 1, Réptiles 11, Aves 65 eMamíferos 36). Dos 11 réptiles, 6 correspondíana tartarugas mariñas e 3 a tartarugas exóticas. Dosmamíferos 18 eran cetáceos (entre eles un rorcualalibranco inmaturo vivo) e 5 focas cincentas (3 delasmortas).

- 9 Alegacións e Denuncias.- 18 Conferencias, tanto en colexios como eninstitucións con un total de 647 asistentes. Cabesuliñar os 100 asistentes á conferencia sobremamíferos mariños no IES de Ferrol Vello. 20 Excursíóns, con un total de 768 participantes. 4 Obradoiros, con un total de 113 participantes.- 750 kg. de refugallos extraidos nas limpezasda praia de Esmelle (Ferrol) o 22 de setembro edos fondos mariños do porto de Mugardos o 28de setembro, nas que participaron en total 58persoas:Praia de Esmelle 9 persoas 250 kgPorto de Mugardos 49 persoas (26mergulladores) 500 kg- 10 actividades de Astronomía nas queparciparon 272 persoas.- 4 consultas, especialmente sobre identificaciónde especies animáis.- Se recolleron e xestionaron para o seutratamento os seguintes materiais contaminantes:325 litros de aceite de cociñar.60 kg de pilas.47 toneres e cartuchos de impresoras.- voluntarios realizaron actividades en sevicios ácomunidade, durante os meses de marzo, abril exuño.

14.360 persoas tiveron algúnvínculo con algunha dasactividades da SGHN durante oano 2.007

Resume de actividades realizadasdurante o ano 2007

Resume de actividades realizadasdurante o ano 2008

Page 8: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:8

Actuacións 2007-2008 da SGHN (Delegación das Mariñas)

Resume de actividades no ano 2007OBRADOIROSRastros e pegadas (en colaboración coa Delegaciónde Ferrol)Identificación e uso de algas mariñasObservación de estrelas (colaboración do GrupoIO da Coruña)Identificación de cogumelos (colaboración da A.M.Viriato de Ferrol)

VISITAS GUIADASLagoa de Cospeito de CaqueLagoa de Sobrado e Serra do BoceloParque Natural de Corrubedo e Castro de BaroñaSerra do ForgoseloLagoa de Doniños e Monte San Xurxo

OUTRAS ACTIVIDADESProducción e edición do DVD “As Brañas deSada. Un humidal a protexer”Presentación do DVD “As Brañas de Sada. Unhumidal a protexer” con mesa redonda sobre aimportancia dos humedais.Entrevista con Concelleiro de Medio Ambiente doConcello de Sada, para propor un Convenio deColaboración.

Resume de actividades no ano 2008OBRADOIROS

19/01/08 Participación no Master de Paisaxismoorganizado pola Fundación Juana de Vega, cunhacharla e visita guiada Ás Brañas.11/04/08. Charla sobre As Brañas na Escola deArquitectura de A Coruña (Asignatura deproxectos, 2º curso)26-27/06/08 Xornadas de Enerxías Limpas, copatrocínio do Concello de Sada e a colaboraciónde Colectivo Lápiz Verde e INGEAS, SolucionesEnergéticas SLU.19/09/08 Observación de Estrelas, co apoio daSección de Astronomía da Delegación de Ferrol.25/10/08 Cursiño de Compostaxe Caseira, copatrocínio do Concello de Sada.13-14/11/08 Curso de Iniciación á Identificación dosCogomelos, coa colaboración de AsociaciónMicolóxica Viriato.

VISITAS GUIADAS02/03/08 Saída ao Parque Eólico Sotavento e ás Fragasdo Eume (Pena Fesa).03/08/08 Excursión pola beiramar. Visita guiada polazona de Fontán-Morazón.14/05/08 Visita guiada ás Brañas cos alumnos daE.S.Arquitectura.

18/05/08 Visita guiada ás Brañas cos alumnos daE.S.Arquitectura.16/05/08 Visita guiada ás Brañas cos alumnos doI.E.S. Isaac Díaz Pardo de Sada. 01/06/08 Saída ás Fragas do Eume (Os Cerqueiros),co patrocínio do Concello de Sada.19/10/08 Saída á Fraga do Río Chambas (Aranga).02/11/08 Monitoraxe na Inauguración do Roteiro CostaDoce (tramo Fontán-Carnoedo)noConcello de Sada.16/11/08 Saída ao Forgoselo como parte do Curso deIniciación á Identificación dos Cogomelos.23/11/08 Saída á Fraga da Marronda (Lugo).

ESCRITOS E DENUNCIAS17/05/08 Presentación de Denuncia ante a DirecciónXeral de Conservación da Natureza, conxuntamentecoa A.C. Rabo do Galo e o Grupo NaturalistaHábitat, sobre Actividades de embarcacións amotor no LIC Betanzos-Mandeo.12/12/08 Elaboración e presentación dundocumento de Alternativas de Actuación na Ría deBetanzos, ante a Delegación de Costas do Ministeriode Medioambiente e Alternativas de Actuación no LICBetanzos-Mandeo ante a Delegación deMedioambiente da Xunta de Galicia,conxuntamente coa A.C. Rabo do Galo, o GrupoNaturalista Hábitat e o Grupo de AnelamentoHércules.

OUTRAS ACTIVIDADES16/01/08 Xunta co CEIDA e centros de ensinosadenses, no CEIP de Mondego, para tratar daintervención destes no II Congreso de EducaciónAmbiental dos Centro de Ensinos baixo a temática dasBrañas.29/06/08 Participación nun Roteiro reivindicativo,dende Vixoi a O Pedrido, con viciños de Vixoi(Bergondo), en protesta pola instalación dunpolígono industrial.17/07/08 Início do traballo de deseño do Roteiropolo Val do Rego Carríl, para o Concello de Sada.21-24 /07/08 Participación nas Xornadas Auga esustentabilidade. Enfoque para unha nova política de augas,organizada pola USC e o Concello de Sada, cunhacharla sobre As Brañas e Visita guiada.29/07/08 Continuación do deseño do Roteiro poloVal do Rego Carríl, para o Concello de Sada06-12-17/08/08 Continuación do deseño do Roteiropolo Val do Rego Carríl, para o Concello de Sada.11/09/98 Participación na Presentación de candidaturasdo GDR 29 As Mariñas-Betanzos.03/10/08 Participación na Asemblea Constituínte doGAC Golfo Ártabro.28/10/08 Participación na Xunta do Sector Social daAxenda 21 Local.

Page 9: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:9

Actuacións 2007-2008 da SGHN (Delegación de Pontevedra)

HUMEDAISRío Oitabén.

Presentáronse sendosescritos por amurallamento dorío e destruccións dun tramo deripisilva para convertir un illotedo río nunha illa amuralladanunha área recreativa. Ningunhadas partes da administraciónrequeridas para que deanexplicacións o fixeron, polo quese lles insistirá para que emitarunha resposta.

XEIRAS NATURALISTASContinuaronse as xeiras

naturalistas por varias zonas daProvincia, co doble obxectivonaturalista e recoller datos sobreo estado e flora e fauna asociada.Comunicouse vía e-mail arealización de dúas xeiras aíndaque se fixeron máis que seinformaron directamente óssocios que habitualmenteacuden a elas.

ESPACIOS NATURAISContinuouse coas

denuncias polas agresións nasbrañas de Xestoso (LICES1140008), recibindocontestación ás mesmas.Pendente de facer seguimentopara comporobar se se restauroua braña drenada.

Presentación de escritos eacción directa simbólica paratratar de parar a destrucción dundos reductos máis importantes

de Galicia de reproducción dosapiño de esporóns (Pelobatescultripes). Recuperáronse 2.467xuvenís que foron deitadosnoutras charcas coa presenzaconfirmada desta especie. As

obras paráronse por uns días,pero logo continuaron atadestruir completamente a zona,presumiblemente con fondos daadministración.

OUTROSEnvío dun escrito común

a tódolos concellos da provincia,solicitando unha serie demedidas protectoras respecto óacibo (Ilex aquifolium) exilbardeira (Ruscus aquleatus), asícomo propondo outras medidas

Informe de SituaciónAmbientalmente o feito máis relevante foi a evolución da vaga de incencios forestais do ano 2006,

coa perda de solo por arrastre pola chuvia, sen que se evidenciaran medidas efectivas por parte daadministración, que publicamente enfocouse a unha repoboación, sen atender ó sustrato. Despois doaccidente de Brenntag no río Umia (Caldas de Reis), non se evidenciaron medidas de recuperación do río,a efecto dos destrozos na ripisilva, nen no control de vertidos fecais varios.

A situación ambiental segue sendo preocupante no tocante ás obras civís, sen reflexionar sobre anecesidades reais de poboación (por exemplo AVE versus trens de cercanías) ou obras directamentedestructivas, para calmar reindicacións mal plantexadas, como as “actuacións sobre ríos” consistentes noarrancado das ripisilvas e amurallado das ribeiras.

Resume de actividades no ano 2007

para recuperación de arboradodo nadal.

Censos de avesinvernantes en base ó proxectodesenvolvido por WetlandsInternational..

Participación nos censosde Anfibios, Réptiles e Insectos.

Apoio ó CES na súacampaña en contra do tiro ópombiño na Illa da Toxa (OGrobe).

Apoio á APDR a favor damellora ambiental da río dePontevedra e o cambio deubicación de Celulosas.

Recheo nas charcas na zona de Ardia (O Grove) Foto: Xosé Lois Rey Muñiz

Page 10: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:10

XEIRAS NATURALISTAS

Continuaronse as xeirasnaturalistas por varias zonas daProvincia e de Galicia, co dobleobxectivo naturalista e derecoller datos sobre o estado eflora e fauna asociada.Comunicouse vía e-mail arealización de dúas xeiras aíndaque se fixeron máis que seinformaron directamente óssocios que habitualmenteacuden a elas.

ESPACIOS NATURAIS

Continuouse coasdenuncias polas agresións nasbrañas de Xestoso (LICES1140008). Solicitouse áConsellería de Medio Rural queinformase se autorizou o cambiodo uso do solo realizado no LIC.

Diversos escritos edenuncias (ata sete) diante daConsellería de Medio Ambiente,Guardia Civil, Valedor do Poboe Concello do Grove, poladestrucción de dúas áreas dereproducción do sapiño deesporóns (Pelobates cultripes). Estetema segue aberto.

INFRAESTRUTURAS

Presentación de sendosescritos á Consellería deOrdeación do Territorio eMinisterio de Fomento e copia

do mesmos ó Deputado porPontevedra, Antón Louro encalidade de Presidente daComisión de Infraestruturas doCongreso.

OUTROS

Envío dun escrito comúna tódolos concellos da provincia,solicitando unha serie demedidas protectoras respecto óacibo (Ilex aquifolium) exilbardeira (Ruscus aquleatus), asícomo propondo outras medidaspara recuperación de arboradodo nadal.

Censos de avesinvernantes en base ó proxectodesenvolvido por Wetlands

Actuacións 2007-2008 da SGHN (Delegación de Pontevedra)

Resume de actividades no ano 2008Informe de Situación

Na análise de situación do ano 2007, destacouse a situación ambiental negativa provocada polasobras de infraestructuras civís. A situación do 2008 reflicte esta preocupación coa obsesión co tren de AltaVelocidade, pero incrementada co desenvolvemento de varios proxectos de estradas, esencialmente noeixo norte-sur da provincia, con varias novas autovías, chegando ó absurdo de incrementar de dúas a cincoposibilidades de conexión Pontevedra-O Porriño, creando dúas novas autovías paralelas á N-550 e AP-9.

Outro aspecto salientable son as obras de particulares ou Sociedades realizadas baixo o apoio tácitoe/ou económico da administración, na que se mudan usos de solo protexido ou se danan hábitats esenciaspara especies vulnerables segundo a lexislación vixente, caso do LIC Brañas do Xestoso ou a destruccióndas charcas de reproducción do sapiño de esporóns no LIC do Complexo Intermareal Umia-Ogrove,neste segundo caso co apoio económico dos fondos FEOGA-O.

International..Participación nos censos

de Anfibios, Réptiles e Insectos.- Apoio á APDR a favor

da mellora ambiental da río dePontevedra e o cambio deubicación de Celulosas.

Alegacións a unhacanteira de granito no corazóndo Coto de Eira (Ponteareas),unha área ampliamentedeshabitada.

Denuncia diante doSeprona polo vertidocontinuado de fecais na ría dePontevedra, perto da Ponte daBarca (Poio).

Vista xeral da Lagoa Sacra de Olives (Silleda-Pontevedra), no LIC ES1140008 Foto: Xosé Lois Rey Muñiz

Page 11: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:11

Actuacións 2007-2008 da SGHN (Sección de Entomoloxía)

Programa ESENGAContinuouse coa recollida

de datos por varias zonas deGalicia, centrando o traballo enzonas de pouca prospecciónanterior, sobre todo norte deLugo e Coruña.

Achegáronse perto de1.300 novas citas netas (nonrepetidas), destacando as deRhopalocera e en segundo lugarás destinadas a Odonata, outrosgrupos dos que se seguen arecoller datos son de Lucanidaee Carabini (Coleoptera) e ensegundo plano datos doutrosgrupos de insectos.

OUTROS- Tramitouse ante a

Consellería de Medio Ambiente,e obtivéronse as autorizaciónspertinentes para a captura deinsectos.

- Publicáronse variosartigos na Revista Paspallás eescomezou a redacción do Atlasde Carabini e Lucanidae deGalicia, neste intre centrado narecopilación de bibliografía.- Colaboración, mediante acesión para a reprodución dunhaparte da páxina Web da SGHN,co Museo Americano deHistoria Natural para unproxecto de divulgación.

- Elaborouse un informesobre a situación de Eurynebriacomplanata en Galicia, dado quese analizou a súa situación noConsello Galego de MedioAmbiente, concluíndose neseinforme que a súa situación nonten perigo grave, pero si suxeitaa varias ameazas, esencialmenteantrópicas.

Resume de actividades no ano 2007 e 2008

0 0 0 0 0 0

0 0 0 0 0 0 1 0

0 0 0 0 0 0 0 1 1 1 0

1 1 2 0 0 0 0 0 1 1 0

MJ 0 0 1 2 2 0 0 0 0 0 1 0 0 PJ

0 0 0 0 0 1 1 0 0 0 0 0 0 0 0 0

0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0

0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0

0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 1 0

0 0 0 0 0 0 0 1 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0

0 0 0 0 0 1 1 0 1 1 0 0 1 0 0 0 0 0 1 0 0

0 1 0 0 0 1 1 0 1 0 0 0 0 0 0 0 1 1 0 0

0 0 0 1 0 1 0 0 1 0 0 0 0 0 0 0 0 0

0 1 2 2 1 0 1 0 1 0 0 0 0 0 0 0 2 0

MH 0 0 1 0 2 0 1 0 0 0 0 0 0 0 0 1 0 0 1 0 PH

0 1 2 1 2 1 0 0 1 0 0 0 0 0 0 1 0 0 0

0 0 0 1 2 0 0 0 0 2 1 0 0 1 0 0 0 0 0

0 0 1 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0

0 0 0 2 0 0 0 0 0 0 2 2 0 0 0 0 0 0

0 0 0 0 0 0 0 0 0 1 1 0 0 0 0 0 0

0 0 1 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0

0 0 0 1 0 0 0 0 0 0 0 0

0 0

MG NG PG

Orde: Coleoptera Cobertura

Familia: Lucanidae Datos non repetidos

4,3

7831/12/2008

0 4 1 2 11 0

0 6 18 9 19 19 11 5

11 21 1 1 7 7 6 7 21 7 12

34 23 20 0 11 9 34 17 23 17 12

8 0 8 27 37 11 12 9 15 15 30 20 8 PJ

0 8 12 20 0 20 25 15 0 15 14 17 9 17 0 14

13 20 12 17 18 22 9 14 17 6 21 13 8 16 15 17 23 0 7 17

6 13 17 12 15 9 13 24 17 13 17 0 8 15 15 19 14 16 7 27 15

16 11 20 22 16 9 13 11 22 8 9 18 8 7 12 16 18 14 20 17 1

16 14 10 8 13 14 14 22 11 10 11 13 26 9 2 8 14 17 16 22 21

10 20 12 17 25 10 22 13 26 22 9 22 10 23 16 10 16 10 28 19 44

11 11 1 10 12 24 19 24 18 16 12 15 22 15 12 14 17 5 20 18

3 15 17 29 19 28 30 28 10 15 18 24 9 9 11 5 29 10

9 30 43 36 34 18 26 23 10 17 25 11 13 24 21 11 33 18

MH 7 27 38 23 23 23 44 18 23 20 25 32 15 19 11 17 25 7 61 4 PH

9 24 33 27 20 36 14 14 20 15 31 11 19 19 24 17 30 12 21

2 25 21 28 32 35 29 17 22 52 12 11 35 31 32 26 10 29 7

4 11 16 28 23 27 24 17 20 12 22 28 16 31 16 19 19 34 8

19 30 38 21 21 17 25 22 20 26 16 14 25 24 20 27 23 20

10 18 20 17 30 17 17 14 29 22 20 20 15 31 23 28 14

12 35 25 28 23 44 28 35 31 42 32 50 31 44

5 22 26 54 24 24 23 24 23 39 42 21

27 11

NG PG

Orde: Lepidoptera Cobertura 12,6 %

Rhopalocera Datos non repetidos31/12/2008 6606

Page 12: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:12

Realizáronse diversas actividadesdas que cabe destaca-lasseguintes:

- Participación nos censos deaves invernantes de Xaneiro.- Tramitación e envío dosinformes de Grupo deanelamento da SGHN- Tramitación de permisos,anelas e xestións administrativascoas distintas administracións eorganizacións: Xunta de Galicia–Consellería de MedioAmbiente, Mº. de MedioAmbiente, Sociedad Españolade Ornitología.- Saídas de anelamento ó longode todo o ano.a :- Baixo Miño: anelamentos noproxecto de seguimento dacomunidade de aves de carrizais(2007 e 2008).- Enciña de Lastra:seguimento de aves en hábitatmediterráneo (2007 e 2008).

- Rouxique (Sanxenxo):seguimento de aves invernantes(2007 e 2008).- Cabo Touriñán: proxecto deanelamento de H. pelagicus- Illas Atlánticas: anelamentode aves mariñas (P. aristotelix, L.c.michaellis) (2007 e 2008).- Illas Sisargas: anelamento deL c. michaellis- Illas Gabeiras: anelamento deH. pelagicus (2007 e 2008).- Illa Coelleira: anelamento deH. Pelagicus e C.Diomedea (2008)

- Diversas saídas deobservación de aves ó longo detodo o ano.- Entrevista na RadioGalega sobre a problemática daZEPA da LIMIA. 29/08/07.- Celebración do día dasaves o 6 de outubro 2007 cunhasaída en barco dende o porto deviveiro hasta 20 millas da puntade estaca de Bares.

Actuacións 2007-2008 da SGHN (Sección de Ornitoloxía)

Resume de actividades no ano 2007 e 2008- Conferencia de D. FranciscoDocampo e saída práctica deanelamento no O.A.M.VIGOZOO en data 01/08/07en colaboración con Carlos rey.

- Mantemento ePublicación periódica na páxinaweb de Ornitoloxía dasobservacións máis destacablesrealizadas. Traballo realizado porD. Carlos Rey Rañó. (2007 e2008).- Publicación na páxinaweb de Ornitoloxía do resumede anelamentos do ano. Traballorealizado por D. Carlos ReyRañó (2007 e 2008).- Publicación no BoletínPaspallás do resume deanelamentos e recuperacións doano 2004.Traballo realizado porD. Francisco Docampo (2007).

Papuxa Foto: Carlos Rey Rañó

Page 13: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:13

Custodia do territorio éunha ferramenta legal para aconservación do patrimonionatural ou cultural cunha longatraxectoria nos paísesdesenvolvidos. As primeirasiniciativas aparecen a finais doséculo XIX nos Estados Unidose no Reino Unido, para logoespallarse por toda Europa econsolidarse nos anos 70.Abondan os exemplos, peropodemos comenta-lo caso deThe National Trust, que protexemáis de 1.100 km de costa, 76reservas naturais e un longoetcétera no Reino Unido. Aíndaque a España chegou con certoretraso, actualmente existen en

determinadas comunidadesautónomas numerosasiniciativas tanto de entidadespúblicas como de organizaciónsnon lucrativas, fomentadas porlexislacións que as promoven epola presenza de especiesestandarte (oso, lince, aguiaimperial...) que facilitan o accesoa fondos europeos.

Respecto de Galicia, dáseunha situación peculiar. Haipoucas iniciativas e son moimodestas, debido a razónssocioeconómicas, falta delexislación específica, ausenciade especies estandarte, etc.Aínda así, atopamos no Ribeirounha experiencia exitosa e

pioneira no conxunto do Estado,Ridimoas, pois tras vinte anos detraballo esta asociación custodiaen propiedade 5 millóns demetros cadrados que llepermiten protexer máis de 10km de río, logrando deste xeitoa rexeneración natural dobosque e a proliferación dafauna local.

Como ben sabemos, aincorporación dun espazo naRede Natura 2000 non garantea súa conservación nin uncompromiso por parte daAdministración de velar polocumprimento da lexislaciónproteccionista. De feito, aíndanon se redactou nin o primeiro

Custodiando o territorioSGHN, Hábitat e Rabo do Galo crean unha entidade para conserva-lo Mandeo

Custodia do Territorio-Mandeo

Ripisilva no río Mandeo Foto:Fernando Bandín

Page 14: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:14

dos planes de conser vaciónpreceptivos para cada espazointegrado nesta rede. Istopermite situacións como a quese está a dar no canón do Sil,coas obras de Iberdrola, casoque se pode acompañar dunrosario de exemplos dediferentes clases de atentadoscontra espazos naturaisprotexidos.Onde facer custodia doterritorio

Dende hai dous anos,SGHN, Hábitat e a AsociaciónCultural O Rabo do Galo vimostraballando conxuntamente naconservación da cunca doMandeo e da bisbarra de AsMariñas (A Coruña), na queestán presentes dous LIC e unmonumento natural. Temospresentado informes, propostas,comunicados, denuncias esolicitudes de subvencións,mantido reunións con distintosestamentos e organizacións, e

avanzamos no coñecemento dosseus valores naturais realizandocensos e prospeccións. Pero omellor destes dous intensos anosforon os altos niveis decompenetración e satisfaccióndas persoas implicadas dos tresgrupos.

Chegado este nivel decolaboración, decatámonos deque certas iniciativas -e assubvencións aparelladas-soamente se poden acometercon fórmulas de custodia doterritorio.

Pero, ¿por qué empezarnesta zona? O éxito de Ridimoasnos ensina que en Galicia acustodia se ten que levar a caboaproveitando o sentimentolocalista, en zonas onde o prezodas fincas sexa baixo e queestean preto de onde viven aspersoas encargadas de mantelas.Obviamente, hai zonas que nosinteresarían moito máis (Baldaio,Valdoviño, etc.), pero os prezos

son prohibitivos.Pero non esquezamos que

As Mariñas tampouco carece devalores naturais. Atopamospoboacións de fentos relictos ecatalogados, como a Woodwardiaradicans e a Vandenboschia speciosa,entre outros. A presenza delagartixa da serra (Lacertamonticola) é coñecida, estandoestas poboacións de baixaaltitude protexidas. Igualmenteocorre coas poboacións locaisde lamprea, que acompañan asalmóns e a numerosos reos noMandeo. A existencia dunnúcleo numeroso e viable deMargaritifera margaritifera eleva orío á categoría dun dos melloresde Europa para esta especie,segundo os hidrobiólogos.Ausentes o oso e o cervo, contacoa presenza do resto dosgrandes mamíferos autóctonos,pois temos observado dende olobo até o gato montés, e xa nonfalaremos das aves porque a lista

Custodia do Territorio-Mandeo

Zona hidromorfa

de A Regueira

Canón do

Inferniño

Barranco

da Loba

Terrazas flu-

viais de Samel

Mapa da cunca do Mandeo coas zonas

interesantes para inicia-la custodia

Page 15: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:15

Custodia do Territorio-Mandeo

é longa.Pero, sobre todo, está o

valor ecolóxico e paisaxístico dasfragas, que conservan oarborado caducifolio, aínda queameazadas por talasindiscriminadas e pola invasióndo eucalipto, unhas vecesforzada e outras espontánea,incluso nas zonas máisescarpadas. Calquera iniciativade restauración do ecosistemaimplica necesariamente recorrerá fórmula da custodia doterritorio, totalmente factiblepola inviabilidade dasexplotacións forestais nasabruptas ladeiras do río e o baixoprezo da madeira.Unha oportunidade que seperdeu

O claro apoio do Grupode Desenvolvemento RuralMariñas-Betanzos, dotadoeconomicamente con fondoseuropeos e da Xunta, e no queparticipamos como socios,ofreceunos a oportunidade deconstituír unha entidade para acustodia do territorio na queparticiparan as tres asociaciónse na que os gastos deconstitución e arranque estaríansubvencionados.

Así iniciamos os trámitesnecesarios, sendo a figuraxurídica elixida a de Fundaciónnon lucrativa de interesegalego, na que o padroadoestará composto polos tresgrupos. Deste xeito se garante asupervivencia da entidade máisalá dos avatares dos grupos e,sobre todo, os doantes teñenasegurado que as fincasmercadas cos seus cartos nuncapoderán ser destinadas a outro

fin que o expresado nosestatutos da fundación, inclusono caso de se disolver, e que oseu funcionamento estácontrolado polo protectorado defundacións da Xunta.

A constitución dafundación require unha dotacióndineraria inicial suficientementeelevada como para que aConsellería de Presidenciaadmita que chega para asegura-lo seu funcionamento. Os tresgrupos temos comprometidaconxuntamente unha cantidadetotal de 3.000 euros.Adicionalmente, a SGHNachega tres fincas que ten nalagoa de Sobrado, que suman4.416 m2 e que custaron 15.927euros hai tres lustros, froitodunha campaña que xa era noseu día un intento de iniciar unhaexperiencia de custodia.

O caso é que no tempo enque preparabamos todo opapeleo, parece que o Agadermudou de política á hora deescolle-los proxectos a financiar,e así se esvaece unha subvenciónde 15.000 euros (elaboración daweb, folletos, peritaxes agrícolas,etc.) correspondente ó 100% dacobertura do orzamento deacordo cos puntos obtidos nabaremación.

Pero lamentarse non servede nada e como realmentecremos que a conservación danatureza pasa polofortalecemento da custodia doterritorio por entidadesconservacionistas, imos seguiradiante co proxecto. Aínda máis,un claro compromisoeconómico dos grupos taménservirá de exemplo cando nos

acheguemos a outras entidadesnon lucrativas, empresas ecidadáns a pedi-la súacolaboración.Un café á semana polacustodia do Mandeo

O obxectivo final dafundación é captar fondosdestinados á conservación entrepersoas ou colectivos que nonestán habitualmente implicadosna defensa ou estudo danatureza, pero que non por isoson indiferentes. Do mesmoxeito, entre obras sociais ouempresas que, por motivos deimaxe ou por ter políticas deresponsabilidade corporativa,estean interesadas en facerdoazóns que lles desgravan atéun 35% no imposto desociedades.

Pero antes de nada temosque arrancar, logra-laaprobación da Consellería dePresidencia e demostrar ásociedade que a fundación éunha entidade seria, benxestionada e orientada aobxectivos. Por iso buscamos unapoio inicial entre os máisconcienciados e estamos aanalizar as posibilidades decolaboración económica coaFundación.

Se estás interesado encolaborar ou achegar as túasopinións, non deixes decontactar con nós. ¡Anímate!

SGHN: Carlos Silvar, 686 143143, [email protected]ábitat: Ricardo Ferreiro, 981135 014, [email protected] do Galo: FernandoBandín, 660 586 554,rabodogalo@ yahoo.es

Page 16: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:16

CADRO I- 2 portos exteriores en construcción, distantes entreeles uns 10 km.- 3 Aeroportos, que compiten entre sí e a unha distanciaduns 80 km entre Peinador (Vigo) e Lavacolla(Santiago) e 60 km entre Alvedro (A Coruña) e Lavacolla(Santiago).- Unha vía de ferrocarril de ancho europeo, outra deancho español e outra de vía estreita (FEVE).- Cando se pretende potenciar o transporte colectivo,o resultado é que se están a pechar as estacións detren, mediante a disculpa de pouco uso, pero antesreduciron os horarios e paradas dos trens.- Temos unha autopista (AP-9) de pago, que xa foiamortizada no seu momento, pero volta a lanzar a súaconcesión, que ademáis non renta neste pais, ó serena meirande parte do seu capital externo a Galicia.- Pretenden construir autovías en paralelo a estradasde categoría nacional, paralelas á súa vez á autopistaAP-9, sobre todo na provincia de Pontevedra.- Moitas estradas están saturadas polo transporte encamións, de mercadorías doadamente transportablesvía ferrocarril, se fose un sistema efectivo.

A conservación ambiental dun territorio e os seus habitantes, estánmoi condicionados pola calidade das infraestructuras que nel atopamos.

A conservación ambientaldun territorio e os seushabitantes están moicondicionados pola calidade dasinfraestructuras que nelatopamos. As infraestructuras,con seren necesarias para odesenvolvemento da poboaciónhumana, mal realizadas,prexudican o medioambiente, ascomunidades de seres vivos, apaisaxe e ós propios humanos,degradando a súa calidade devida, e convén ter moi claro queas supostas incompatibilidadesentre desenvolvemento,infraestructuras e medioambiente non necesariamenteexisten, salvo que a ditasinfraestructuras se construan senplanificación de futuro e

pretendendo aforrar medianteapaños temporais ou por zonasinaxeitadas.Que temos en Galicia?

A meirande parte dosindicadores sociais eeconómicos indican que somosunha sociedadesubdesenvolvida, mantida confondos Europeos y cundesenvolvemento por debaixodo 85% da media europea (UE-27), porcentaxe que inclue osnovos paises do Leste europeo,procedentes do antiguo bloquesoviético e con sistemas sociaise económicos esclerotizados.Un mero análise indica que enGalicia temos unha notabledesorganización dasinfraestructuras (Cadro I).

A proposta da SGHN.- Ampliar toda a autoestrada AP-9 a tres carris. Modificar partedos trazados para mellorar a súaseguridade viaria e reducir oinmenso efecto barreira do seutrazado, incrementandoviaductos e tuneis. Pasala áxestión da AdministraciónPública, eliminando as peaxes,reais ou encubertas.- Dotar á antiga liña deFerrocarril A Coruña-Vigo, dedoble ancho e outorgarlle oconcepto de metro de superficie

* Compatibilizar namedida do posible co tren de altavelocidade.

* Reabrir as estaciónsintermedias entre Coruña eVigo.

* Modificar o trazado ouconectala co Aeroporto deLavacolla.

* Reforzar o trazado eperiodicidade dos transportesentre Vilagarcía-Pontevedra-Vigo.- Eliminar as actuais propostasde novas autovías Vilagarcía-Pontevedra e Pontevedra-A-52(A-52 é a autovía Porriño-Ourense).

* A ampliación daautoestrada dende Caldas-Pontevedra, absorbería oproxecto de autovía Vilagarcía-Pontevedra, que iría paralela ecruzándose coas actuais estradae autoestrada.

* As autovías propostasentre Pontevedra-Vigo e Vigo-Autovía A-52 son doadamentesustuibles polo proxecto denovo enlace Vigo-O Porriño através do proxecto da A-55, quesustituiría a actual autovíacoñecida como “autovía damorte”. Esta autovía debería terun trazado soterrado nameirande parte do mesmo.

Proliferación de infraestruturas viarias

Page 17: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:17

No mapa superior vemos os proxectos das diversas administracións na área Redondela-Vigo-Mos-Porriño. A SGHN considera que a proliferación de autovías nesta área non está xustificada e propón unhaalternativa marcada en verde discontinuo( ), que aproveita meirande parte dos actuaistrazados e que evita illar a fauna da zona do Galleiro (Mos, Mondariz, Pazos de Borbén).

En azul ( ) están as autovías propostas, especialmente lesivas as dúas que saen dePontevedra (A-57) e están indicadas por sendas frechas.

Proliferación de infraestruturas viarias

Page 18: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

Autovías Pontevedra-Porriñoe Pontevedra-O Confurco(Ponteareas) (A-57,alternativa 11). SITUACIÓN- Existe un proxecto paramodificar a estrada Vigo-Porriño cun túnel de dous km.- Actualmente, e respectando asiñalización, se precisan de seisa seite minutos para percorrer os10,500 km entre Puxeiros e OConfurco (Ponteareas).- A Autovía (A-57, alternativa 5)Pontevedra-Peinador-Puxeirosten unha lonxitude de 29,500km.-Alonxitude prevista para aautovía A-57, alternativa 11)Pontevedra-O Confurco(Ponteareas) é de 33,750 km.-Se temos en conta que a sumados km da Autovía Pontevedra-Peinador-Puxeiros (29,500 km),máis os 10,500 km da estradaPuxeiros-O Confurco, resultan,contra os 33,750 km dá autovíaPontevedra-O Confurco, unhadiferenza de 6,250 km, é dicirtres minutos e cuarto para unhavelocidade media de 100 km/h.- A construción de todas asautovías previstas (Pontevedra-Peinador-Puxeiros e Pontevedra-Confurco), supón illar osmontes e fauna de Amoedo eGalleiro, fauna que inclúevertebrados de grande porte quesuporán un perigro para acirculación e por outra parte unillamento das poboacións actuaisde lobo, corzo e xabaril, derecente asentamento nesta zona,o que provocará a medio prazoa desaparición destas especies.-Está prevista (segundo Diario

de Pontevedra de data 1/10/08)a construción de dúascircunvalacións ó núcleo urbanode Pontevedra:

* Unha por Amil(Moraña)- Campolameiro, comocircunvalación dá A-57

* Outra por Ponte Bora(Pontevedra) comocircunvalación da estradanacional.

Estas actuacións resultanredundantes e por outra banda,atendendo á circunvalaciónexterior, demasiado aberta paraque sexa efectiva comocircunvalación urbana dePontevedra.

A circunvalación máisexterior (zona de Amil) rodearáunha área poboada por unhanumerosa gandaría extensiva decabalos e vacún.- Sobre estas actuaciónsprevistas, se deben engadir otrazado do AVE,así como a“Nova Liña de Alta VelocidadeOurense-Vigo” e o proxecto“Autovía a-57: PontevedraConexión A-52”, aos que aSGHN emitiu alegacións eescritos no seu día (11/08/01,24/02/03 e 24/03/03) dirixidosao Ministerio de Fomento.Tampouco se poden excluíroutros proxectos, próximos ouobxecto deste escrito, como aautovía Pontevedra-Vilagarcía,que se cruza coa autoestradaAP-9, e sen esquecer odesdobramento da devanditaautoestrada AP-9, segundoanuncio do Presidente da Xuntade Galicia, Sr.Touriño.

Autovía Vilagarcía-Pontevedra. SITUACIÓN-O proxecto de transformar acomarcal C-531 Vilagarcía-Pontevedra nunha autovía que secruza e/ou vai paralela áautoestrada AP-9, resulta undespilfarro económico eambiental insostible, cando atransformación en vía pública daAP-9 neste tramo, conampliación a tres carris, poderíaser unha alternativafinancieiramente sostible, aménde menos agresiva para asociedade e o medio ambienteda zona.- A propia administración, através da Deputación dePontevedra, nun informeaprobado o 17/09/08, indicabaque falta “Un estudo serio eprofundo da mobilidade e dasposibilidades dun sistema detransporte público”. O mesmoinforme denuncia “uns impactossociais e ambientaisinadmisibles” ademais deocasionar un “sobrecosteinnecesario”.

PASPALLÁS 46:18

A SGHN plantexou nos últimos anos varias alegacións a diversosproxectos e durante o ano pasado presentou varios escritos destinados óMinisterio de Fomento e á Consellería de Obras Públicas, solicitanto unreplantexamento dos actuais plans, sen que mediara nengún tipo deresposta por estas Administracións ou polo entón Presidente da Comisiónde Fomento do Congreso dos Deputados Sr. Antón Louro Goyanes.

Proliferación de infraestruturas viarias

Page 19: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:19

Dada a previsión de que a ponte de Rande chegará a un nivelD de tráfico de automóbiles (intensidade media 109.452) segundo serecolle no períodico “A Voz de Galicia” de data 18/09/08, éimprescindible potenciar o transporte ferroviario entre Pontevedra-Vigo, xa que o actual servizo non responde ás necesidades dapoboación, sendo necesario incrementar a periodicidade e acurtar ostempos cun servizo de dobre vía.

- Por todo o exposto, dedúcese unha grave incoherencia deactuación por parte da administración, xa que e preveen inverter unsrecursos económicos para obter unha solución que non o é, xa que seduplican os medios de transporte e se detraen de melloras noutrasestradas, dada a finitud dos presupostos, tanto en seguridade comotrazado, con menor prerjuio ambiental.

Isto motivou que nos escritos ás Administracións se plantaxaranos seguintes temas:

- Realizar un único trazado para a conexión de Pontevedra-Porriño, por Peinador, xa que a realización de dous trazados supónun gasto desmesurado de recursos económicos e ambientais, sendoinnecesaria tal duplicidade.

- Realizaru n h acoord inac iónefectiva entre aspartes daadministraciónresponsables daxestión das

A SGHN invocou formalmente ás administraciónsimplicadas (Central e Autonómica) o artigo 3º da Lei30/1992,de 26 de novembro de Réxime Xurídico dasAdministracións Públicas e do ProcedementoAdministrativo Común, coas modificaciónsintroducidas pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. As Administracións Públicas serven conobxectividade os intereses xerais e actúan de acordocos principios de eficacia, xerarquía,descentralización, desconcentración e coordinación,con sometemento pleno á Constitución, á Lei e óDereito. Igualmente, deberán respectar na súaactuación os principios de boa fe e de confianzalexítima.2. As Administracións Públicas, nas súas relacións,réxense polo principio de cooperación e colaboración,e na súa actuación polos criterios de eficiencia eservizo aos cidadáns “.Duplicar servicios, con grave impacto social eambiental ¿é criterio de eficiencia?

estradas e a responsable das liñasde ferrocarril, xa que istoredundaría nunha maior eficaciados recursos económicos e polotanto de beneficio aos cidadáns.

- Que respecto áscircunvalacións previstas para aurbe de Pontevedra, sería máissensato económica eambientalmente construír unacceso por Campañó para a AP-9, mesmo se coordinar coaadministración autonómica paraevitar duplicidades neste área ea prevista autovía Vilagarcía-Pontevedra. Isto,conxuntamente coacircunvalación prevista porPonte Bora, permitiría captar otráfico deste ámbito.

- Que se nos argumentenos motivos socioeconómicos e/ou ambientais para aincorporación, en xeral, da AP-9 ás estradas públicas e enparticular o tramo dende Caldasde Reis a Pontevedra.

- A realización dun estudoeconómico comparativo entre aconstrucción da autovíaVilagarcía-Pontevedra e areversión deste tramo da AP-9ó sistema público conampliación a tres carris porsentido.

- A potenciación dotransporte ferroviario entrePontevedra-Vigo, xa que o actualservizo non responde ásnecesidades da poboación,sendo necesario incrementar aperiodicidade e acurtar ostempos cun servizo de dobre vía.

11/08/2001 Ministerio de Fomento escrito Tren alta velociadade24/02/2004 Ministerio de Fomento escrito Alegacións LAV Ourense-Vigo24/03/2004 Ministerio de Fomento escrito Alegacións autovía A-5701/12/2008 Deputación escrito Solicítalles copia do informe sobre a organización das estradas de Pontevedra13/12/2008 Ministerio de Fomento escrito Situación de estradas na provincia de Pontevedra13/12/2008 Consellería de Ordeación do Territorio escrito Situación de estradas na provincia de Pontevedra19/12/2008 Congreso dos Deputados escrito Copia escritos infraestructuras Pontevedra

Proliferación de infraestruturas viarias

Page 20: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:20

IntroducciónÉ unha das chinches máis

comúns en Galicia, sendo doadade localizar nas partes altas dasplantas das que se alimenta.Situación Taxonómica

Graphosoma lineatum (L.,1758) pertence á familiaPentatomidae (Ordo Hemiptera,Subordo Heteroptera).Nalgunhas obras aparece comoGraphosoma italicum,normalmente considerada estacon rango de subespecie de G.lineatum.Distribución

Dende a Península Ibéricaata Oriente Medio. En Galicia écomún en todo o territorio,segundo se recolle no mapaadxunto.Morfoloxía

Os adultos son de doadorecoñecemento, aínda que unhaprimera observación puidera darpé a confundila con Graphosomasemipunctatum (fabricius, 1775), quepresenta un raiado incompletono pronoto.Historia Natural

A coración encádrase nacamuflaxe aposemática, edebido a isto e o seu mal saborpara os potenciais depredadores,mantense na parte alta dasplantas, á vista.

A cita máis temperá dosimagos corresponde a un 18 demarzo e a máis xerodia ó 17 deseptembro, pero o 81% dosrexistros corresponden ós mesessan xoan, santiago e agosto, para70 rexistros.

En Galicia a atopamosdende o nivel do mar ata ós1.083 metros.

Aliméntase dos xugos dasplantas, en especial nos capítulosflorais de Compostas eUmbelíferasAmeazas

É unha especie abondosae de ampla distribución, sen quese lle coñezan ameazas.

Categoría UICN para Galicia:No está ameazado.BibliografíaUICN. 2001. Categorías yCriterios de la lista roja de laUICN: Versión 3.1. Comisión de

MJ PJ

MH PH

MG NG PG

Orde: Heteroptera Cobertura %

Familia: Pentatomidae Datos non repetidos 67

Especie: Graphosoma lineatum (Linneo, 1756)

18,4

Supervivencia de Especies de laUICN. UICN, Gland, Suiza ycambridge, Reino Unido, ii + 33pp.

Xosé Lois Rey Muñiz

Os nosos insectos: Graphosoma lineatum

Page 21: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:21

Familia Anatidae II

PATO RUBIONetta rufina

Parrulo rubio foi o nomeproposto por C. Pedreira Lópeze X. M. Penas Patiño en 1977-1978, na lista patrón de aves deGalicia (23). Utilizouse nasegunda guía de aves destesautores (5) e noutraspublicacións ornitolóxicas (2, 11,12), mesmo recentes (17). Patorubio foi o nome proposto en1991 e 1999 nos traballos de M.A. Conde Teira (25, 27) e T. A.Vidal Figueroa (25). Utilizousetamén en publicaciónsornitolóxicas (7, 9, 10, 13, 14, 15,16 e 18). Nalgunha publicaciónempregouse pato louro (4). Nabibliografía ornitolóxica, osnomes portugueses son pato-ruivo e pato-de-bico-vermelho (2, 35 e 36).

Nos diccionariosconsultados aparecen asdenominacións xenéricasapuntadas en A. platyrhynchos.

Todos os cualificativosdesta especie fan referencia avistosa cor rubia da plumaxe dacabeza do macho adulto, ou aoseu bico, vermello. Sobre amotivación semántica de“pato”, véxase Anasplatyrhynchos.

As voces pato e parruloestán recollidas na literatura(véxase Anas platyrhynchos).

PATO CHUPÓNAythya ferina

Parrulo chupón foi onome proposto por C. PedreiraLópez e X. M. Penas Patiño en1977-1978, na lista patrón deaves de Galicia (23). Utilizousenas dúas guías de aves destesautores e no Atlas deVertebrados de Galicia e

recolleuse nalgunha outrapublicación (1, 2, 5, 6 e 10).Nalgunhas publicaciónsempregouse o nome de parrulo

choupón (11, 12, 17 e 26). Patochupón foi o nome proposto en1999 no traballo de M. A. CondeTeira (27). Tense utilizado ourecollido en bastantespublicacións ornitolóxicasrecentes (4, 7, 9, 13, 14, 15, 16 e18). M. A. Conde Teira e T. A.Vidal Figueroa propuxeran en1991 a denominación deparrulo común (25). Nabibliografía ornitolóxica, o nomeportugués é zarro-comum ouzarro (2, 4, 9, 26, 35 e 36).

A. Villarino Gómezrexistrou para Aythya ferina adenominación de negrón roxona desaparecida lagoa de Antela,na Limia (8). F. Bernis Madrazorexistrou para esta especie onome de pachurro en Cospeito,Lugo (26).

Continuamos coa presentación, por capítulos, do libro deSilverio Cerradelo “Os nomes das Aves de Galicia”, obra querepasa a nomenclatura na fala deste grupo zoolóxico.

Pato rubio Foto: Álvaro Rodríguez Pomares

Revisión dos nomes galegos de aves - VIII

Page 22: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:22

Nos diccionariosconsultados aparecen asdenominacións xenéricasapuntadas en A. platyrhynchos.

O modificador“chupón”, que tamén recibencomo nome Tachybaptus ruficollise Podiceps cristatus, posiblementerefírese a choupar, chapuzar,remexer na auga, que un doshábitos desta especie e doxénero Aythya (logo o nomecorrecto parece que habería deser “choupón”). “Negrón” e“roxo” aluden á plumaxe dopeito e da cabeza(verdadeiramente roxa, isto é,dunha cor vermella tirando acastaña). Sobre a motivaciónsemántica de “pato”, véxaseAnas platyrhynchos. Non seencontrou nin significación ninetimoloxía para o termoxenérico portugués “zarro”.

En relación coa escolladun nome estándar, M. A.Conde Teira e T. A. VidalFigueroa consideraran acertadaa división entre parrulo/patoestablecida por X. M. Penas e C.Pedreira para diferenciar patomergullador/pato nadador,aínda que na lingua falada enormativa parrulo e pato sexanequivalentes (25). Despois, M. A.Conde Teira non consideroueste criterio, e propón o nomexa mencionado de patochupón, mantendo o adxectivoespecífico empregado por X. M.Penas Patiño e C. Pedreira López(27).

As voces pato e parruloestán recollidas na literatura(véxase Anas platyrhynchos).

PATO CASTAÑOAythya nyroca

Parrulo ferruxento foi onome proposto por C. PedreiraLópez e X. M. Penas Patiño en1977-1978, na lista patrón deaves de Galicia (23). Utilizousena segunda guía de aves destes

autores e nalgunhas publicaciónsornitolóxicas, mesmo recentes(2, 4, 5, 10, 11 e 17). Patocastaño foi proposto en 1999no traballo de M. A. Conde Teira(27). Se está a empregar enpublicacións ornitolóxicasrecentes (7, 9, 13, 14, 15, 16 e18). M. A. Conde e T. A. Vidalpropuxeron a denominación deparrulo castaño no primeirotraballo (25). Na bibliografíaornitolóxica, os nomesportugueses son zarro-castañoe p’rra (2, 9, 35 e 36).

M. R. Álvarez Blancorexistrou a denominaciónpopular de pato americanopara se referir a esta especie enRamirás (30), maisprobablemente sexa unhaconfusión con outra especie depato, xa que Aythya nyroca non éunha especie americana e sobretodo é moi raro en Galicia e nonparece que poida ter nomespopulares.

Nos diccionariosconsultados aparecen asdenominacións xenéricasapuntadas en A. platyrhynchos.

Semanticamente, tanto“ferruxento” coma “castaño”fan referencia á súa plumaxe.Sobre a motivación semántica de“pato”, véxase Anasplatyrhynchos. Non se encontrounin significación nin etimoloxíapara os termos portugueses

“zarro” e “p’rra”.En Aythya ferina

comentouse a vacilación donome xenérico estándardalgunhas destas especies entreparrulo e pato.

As voces pato e parruloestán recollidas na literatura(véxase Anas platyrhynchos).

PATO CRISTADOAythya fuligula

Parrulo cristado foi onome proposto por C. PedreiraLópez e X. M. Penas Patiño en1977-1978, na lista patrón deaves de Galicia (23). Utilizousenas guías de aves destes autores,no Atlas de Vertebrados deGalicia e recolleuse ou utilizousetamén noutras publicaciónsornitolóxicas (1, 2, 5, 6, 10, 11,12, 17 e 26; nalgunha, parrulocristado común). Patocristado foi proposto en 1999no traballo de M. A. Conde Teira(27). Empregouse tamén enpublicacións ornitolóxicas (4, 7,9, 13, 14, 15, 16 e 18). Nabibliografía ornitolóxica, osnomes portugueses son zarro-negrinho ou negrinha (2, 4, 9,26, 35 e 36).

Entre outrasdenominacións galegas para estaespecie recóllense pachurro, X.M. Penas Patiño e C. PedreiraLópez (1); pato negrón, AVillarino Gómez, nas terras da

Pato rcastaño Foto: Álvaro Rodríguez Pomares

Revisión dos nomes galegos de aves - VIII

Page 23: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:23

desaparecida lagoa de Antela, naLimia (8); negrón dacarapucha, A. VillarinoGómez, na Limia (8); coroneteou coroete, M. A. Conde Teira(27); e posiblemente tamén patonegro, F. Bernis Madrazo (26).

Nos diccionariosconsultados aparecen asdenominacións xenéricasapuntadas en A. platyrhynchos.

Semanticamente, tanto“negrinha” coma “negrón” ou“negro” fan referencia á súaplumaxe. O nome “coroete” eos modificadores “cristado” e“da carapucha” aluden aocaracterístico moño ou penachode plumas que posúe estaespecie. Sobre a motivaciónsemántica de “pato”, véxaseAnas platyrhynchos. Non seencontrou nin significación ninetimoloxía para o termoxenérico portugués “zarro”.

En Aythya ferinacomentouse a vacilación donome xenérico estándardalgunhas destas especies entreparrulo e pato.

As voces pato e parruloestán recollidas na literatura(véxase Anas platyrhynchos).

PATO DE COLARAythya collaris

Pato de colar foi o nomeproposto en 1999 no traballo de

M. A. Conde Teira (27).Recolleuse ou empregousenalgunhas publicaciónsornitolóxicas recentes (9, 13, 14,15, 16 e 18). Na segunda guía deaves de X. M. Penas Patiño e C.Pedreira López e nalgunhaspublicacións ornitolóxicas,mesmo recentes, empregouse onome de parrulo cristadoamericano (4, 5, 12 e 17). Nabibliografía ornitolóxica, osnomes portugueses son caturroe zarro-de-colar (2 e 35).

É unha especie de moirara aparición en Galicia e nonse lle coñecen denominanciónspopulares galegas, non sendo axenérica.

Nos diccionariosconsultados aparecen as

denominacións xenéricasapuntadas en A. platyrhynchos.

O modificador “decolar” fai referencia a unhafranxa castaña que ten nopescozo, que é difícil dedistinguir de lonxe; “cristado”alude ao curucho que ten nacabeza; “americano”, á súa áreade distribución orixinaria. Sobrea motivación semántica de“pato”, véxase Anasplatyrhynchos. Non se encontrounin significación nin etimoloxíapara o termo xenérico portugués“zarro”.

En relación coa escolla donome estándar, algúnscomentarios sobre pato/parrulo aparecen en Aythyaferina.

As voces pato e parruloestán recollidas na literatura(véxase Anas platyrhynchos).

PATO BASTARDOAythya marila

Parrulo cabecinegro foia denominación proposta por C.Pedreira López e X. M. Penas

Patiño en 1977-1978, na listapatrón de aves de Galicia (23).Recolleuse nalgunha publicaciónornitolóxica (2). Nas dúas guíasde X. M. Patiño e C. PedreiraLópez empregáronserespectivamente os nomes deparrulo de lombo albar e

Pato cristado Foto: Ignacio Aparicio Montero

Pato de colar Foto: Álvaro Rodríguez Pomares

Revisión dos nomes galegos de aves - VIII

Page 24: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:24

parrulo caribranco (1 e 5). Osegundo nome tamén seempregou nalgunhaspublicacións ornitolóxicas,mesmo recentes (11, 12 e 17).

Pato bastardo foi proposto en1999 no traballo de M. A. CondeTeira (27). Tamén se empregouou se recolleu en publicaciónsornitolóxicas (9, 13, 14, 15, 16 e18). M. A. Conde e T. A. Vidalpropuxeron a denominación deparrulo bastardo no primeirotraballo (25). Na bibliografíaornitolóxica, os nomesportugueses son negrelho ezarro-bastardo (2, 35 e 36).

É unha especie rara enGalicia e non se lle coñecendenominacións popularesgalegas, agás a xenérica.

M. A. Conde Teira e T. A.Vidal Figueroa propuxeronseguir coa denominación deparrulo bastardo en 1991, econsideraron acertada a divisiónentre parrulo/pato establecidapor X. M. Penas Patiño e C.Pedreira López para diferenciarpato mergullador/pato nadador,aínda que na lingua falada enormativa parrulo e pato sexanequivalentes (25). En 1999, M.A. Conde Teira non consideroueste criterio, e preferiu o nomexa mencionado de patobastardo, mantendo o adxectivoespecífico proposto por X. M.

Penas Patiño e C. Pedreira López(27).

Nos diccionariosconsultados aparecen asdenominacións xenéricas

apuntadas en A. platyrhynchos.Os modificadores

“caribranco”, “de lomboalbar” ou “negrelho” fan todosreferencia ás cores da súaplumaxe. O termo “bastardo”,aplicado a animais, quere dicirque non é de raza pura, que estácruzado, pero este non é o casode Aythya marila, pois é unhaespecie como tal; o que podeacontecer é que, nunhaimpresión popular, pareza uncruce entre outras especies.Sobre a motivación semántica de“pato”, véxase Anas

platyrhynchos. Non se encontrounin significación nin etimoloxíapara o termo xenérico portugués“zarro”.

As voces pato e parruloestán recollidas na literatura(véxase Anas platyrhynchos).

PATO BÓLAAythya affinis

Pato bóla foi o nomeproposto en 1999 no traballo deM. A. Conde Teira (27) e taménse está a empregar enpublicacións ornitolóxicasrecentes (9, 13, 14 e 18). Nabibliografía ornitolóxica, o nomeportugués é negrelho-americano (18 e 35).

É unha especie depresencia extremadamente raraen Galicia e non se lle coñecendenominacións popularesgalegas, non sendo a xenérica.

Nos diccionariosconsultados aparecen asdenominacións xenéricasapuntadas en A. platyrhynchos.

O modificador “bóla”fai referencia á forma da cabeza,arredondada; “negrelho” aludeá cor da plumaxe; “americano”,á súa área de distribuciónorixinaria. Sobre a motivaciónsemántica de “pato”, véxaseAnas platyrhynchos.

Pato bola Foto: Álvaro Rodríguez Pomares

Pato bastardo Foto: Álvaro Rodríguez Pomares

Revisión dos nomes galegos de aves - VIII

Page 25: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

A voz pato está recollidana literatura (véxase Anasplatyrhynchos).

OLLODOURADOBucephala clangula

Ollodourado foi o nomeproposto en 1999 no traballo deM. A. Conde Teira (27).Empregouse nalgunhapublicación ornitolóxica recente(15 e 16). Noutras publicaciónsornitolóxicas recentes recolleuseou empregouse o nome de patoollo de ouro (9, 13 e 18). Naguía de aves de X. M. PenasPatiño e C. Pedreira López enalgunhas publicaciónsempregouse o nome de parruloollodouro (5, 11, 12 e 17).Noutra publicación, pato careto(4). Na bibliografía ornitolóxica,os nomes portugueses son pato-olho-d’ouro e olho-dourado(2, 35 e 36).

É unha especie depresencia bastante rara enGalicia e non se lle coñecendenominacións popularesgalegas.

Nos diccionariosconsultados aparecen asdenominacións xenéricasapuntadas en A. platyrhynchos.

A denominación“ollodourado” e similares estánmotivadas pola cor amarelabrillante do iris deste pato;“careto” posiblemente refíresea que ten a cor da plumaxe dacabeza diferente da do resto docorpo, tanto nos machos comanas femias. Sobre a motivaciónsemántica de “pato”, véxaseAnas platyrhynchos.

En relación coa escolla donome estándar, algúnscomentarios sobre pato/parrulo aparecen en Aythyaferina.

As voces pato e parruloestán recollidas na literatura(véxase Anas platyrhynchos).

OLLODOURADO DETOUCABucephala albeola

Ollodourado de toucafoi o nome proposto en 1999 notraballo de M. A. Conde Teira(27). Empregouse nalgunhapublicación ornitolóxica (14).Noutras publicaciónsornitolóxicas utilizouse pato detouca e pato de touca branca(9, 13 e 18). Na bibliografíaornitolóxica, os nomesportugueses son pato-de-touca-branca e olho-dourado-de-touca (18 e 35).

É unha especie deaparición extremadamente raraen Galicia e non se lle coñecendenominacións populares.

Nos diccionariosconsultados aparecen asdenominacións xenéricasapuntadas en A. platyrhynchos.

A denominación“ollodourado” está motivadapola semellanza coa especieanterior; “de touca” ou “detouca branca” posiblementerefírense ás manchas brancasque ten na cabeza, que podendar a impresión de que trae postaunha touca branca. Sobre amotivación semántica de“pato”, véxase Anasplatyrhynchos.

A voz pato está recollidana literatura (véxase Anasplatyrhynchos).

O L L O D O U R A D OISLANDÉSBucephala islandica

Ollodourado islandésfoi o nome proposto en 1999 notraballo de M. A. Conde Teira(27). Nalgunha publicaciónornitolóxica recente utilizouse adenominación de patoislándico (9 e 18). Nabibliografía ornitolóxica, osnomes portugueses son pato-da-Islândia e olho-dourado-da-Islândia (2 e 35).

É unha especie deaparición extremadamente rarae non se lle coñecendenominacións populares.

Nos diccionariosconsultados aparecen asdenominacións xenéricasapuntadas en A. platyrhynchos.

A denominación“ollodourado” está motivadapola cor amarela do iris destepato; o modificador “islandés”e similares refírense á súa áreade distribución, pois na Europacría exclusivamente na Islandia.Sobre a motivación semántica de“pato”, véxase Anasplatyrhynchos.

A voz pato está recollidana literatura (véxase Anasplatyrhynchos).

Silverio Cerradelo

PATO RUBIO Netta rufinaPATO CHUPÓN Aythya ferinaPATO CASTAÑO Aythya nyrocaPATO CRISTADO Aythya fuligulaPATO DE COLAR Aythya collarisPATO BASTARDO Aythya marilaPATO BÓLA Aythya affinisOLLODOURADO DE TOUCA Bucephala albeolaOLLODOURADO ISLANDÉS Bucephala islandica

RESUME DOS NOMES TRATADOS

Revisión dos nomes galegos de aves - VIII

PASPALLÁS 46:25

Page 26: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:26

Entre abril de 2008 eoutubro de 2009, a SGHNrespostou ás 15 “Consultassobre Decisión de Avaliación deImpacto Ambiental” (EIA)(Cadro I). A análise detallada dainformación recibida en soporteinformático, que totaliza máis de4.100 páxinas (planos excluidos)revela unha serie dedenominadores comúns átotalidade ou unha proporciónsignificativa de ditos proxectos,factores comúns que se discutendeseguido.

1. Alomenos dez dos proxectosafectan a Lugares de IntereseComunitario, hábitats deconservación prioritaria naUnión Europea ou hábitats deespecies incluidas no CatálogoGalego de Especies Ameazadas( Cadro II)2. En ningún dos casosanalizados o apartadosocioeconómico do EIA:- Avalia, nin siqueratentativamente, cal é aproductividade actual, en termoseconómicos e agrícolas,

das terras antes daconcentración parcelaria.- Establece os obxectivos deproductividade, en termoseconómicos e agrícolas, que sepretenden acadar despois daconcentración parcelaria.- Establece os obxectivosdemográficos, en termos demantemento ou incremento depoboación, que se pretendenacadar coa concentraciónparcelaria.

Polo tanto, malia que “Oobxectivo principal do proxectode concentración parcelaria é ode melloralarendibilidadeeconómica das explotaciónsfavorecendo así o mantementoda actividade agraria e a fixaciónde poboación na zona a travésda mellora da calidade de vida“,será absolutamente imposibleavaliar o éxito ou o fracaso deditas concentracións. Posto quecos proxectos analizadospreténdense concentrar 12438ha, e o custo medio dasconcentracións parcelarias é de3600-4400 euros/ha, iso supónque será imposible avaliar o éxitoou fracaso dun investimento deentre 44,8 e 54,7 millóns deeuros de fondos públicos(galegos, españoles e europeos).3. Malia os retrasos, de ata 27anos, entre o inicio datramitación das concentraciónsparcelarias e os EIA sometidosa información pública os EIAnon avalían se as concentraciónsseguen a ser necesarias/convintes tendo en conta oscambios socioeconómicos edemográficos acontecidosdende entón.

AS CONCENTRACIÓNS PARCELARIAS EN GALICIA 2008-2009A realidade descoñecida pola opinión públicaEntre abril de 2008 e outubro de 2009, a SGHN respostou ás 15 “Consultas sobreDecisión de Avaliación de Impacto Ambiental” (EIA) que recibiu sobre outros tantosproxectos de concentración parcelaria promovidos pola Consellería de Medio Ruralen doce concellos das catro provincias galegas

A concetración parcelaria e as súas trampas

CADRO IA Coruña: C-1: Dombodán-Branzá (Arzúa), 1286 ha.30-04-2009.C-2: Foxás-Bendañas (Touro), 481 ha. 30-04-2009.C-3:Vilar II (Touro), 387 ha. 08-05-2009.Lugo: Lu-1: Santa Eulalia de Guilfrei (Becerreá), 807ha. 15-06-2009.Lu-2: Santiago de Moncelos (Abadín), 813 ha. 08-04-2009.Lu-3: Santo Estevo (Pol), 355 ha. 02-04-2009.Lu-4: Sobrada, Paz, Arcos e Aguiar (Outeiro de Rei),2407 ha. 02-04-2009.Lu-5: Suegos (Pol), 1189 ha. 02-04-2009.Lu-6: San Xoan de Seoane da Pregación (Friol), 402ha. 15-10-2009.Ourense: Ou-1: Ordes-Congostro (Rairiz de Veiga),262 ha. 15-10-2008.Ou-2: Sabariz-Guillamil (Rairiz de Veiga), 1190 ha. 16-05-2008 e 31-03-2009.Ou-3: Poulo (Gomesende), 622 ha. 22-05-2009.Pontevedra: Po-1: Arca (A Estrada), 304 ha. 24-06-2008.Po-2: Duxame, Ínsua e Portodemouros (Viladecruces),1291 ha. 24-06-2008.Po-3: Troáns I e II (Cuntis), 642 ha. 24-06-2008.

Page 27: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:27

Po-1: Declarada de utilidadepública e urxente execución en1980 (R.D. 3079/1980 de 22-12-1980; EIA, páx. 12 e 145).Po-2: Declarada de utilidadepública e urxente execución en2000 (Decreto 73/2000, do 23-03-2000; EIA, páx. 6).

4. Máis da metade dos proxectoscontemplan a concentraciónparcelaria de terras marxinais

dende un punto de vista agrícola(clases agrolóxicas VI e VII,nunha escala na que VIII é apior), pois son terreos que nonpermiten o laboreo polo riscograve de pérdida da súacapacidade productiva, debido alimitacións permanentesmoderadas ou importantes:forte pendente, erosión severa,solos moi superficiais, gravasmoi abondosas ou afloramentos

rochosos frecuentes. Polo tanto,a rendibilidade económica desasconcentracións é moi dubidosae os riscos ambientais son moiimportantes.

Proxecto Proporción deterreos das clases agrolóxicasVI e VII Páxina do EIAC-3 “A meirande parte “ 47Lu-1 48,47 % 63Lu-2 14,8% 59Lu-3 40,13% 17-18Lu-4 18,90% 64Lu-6 14,3% 19Ou-2 “relevo agreste e montañoso” e“fortes pendentes” 24, 25, 222Ou-3 30,7 %Po-1 “con alto risco erosivo, ...afloramentos rochosos ou exceso dependente” 80Po-2 “solos moderada ou escasamentecultivables” 59

5. A posta en cultivo de terreosque sempre foron marxinaisdende un punto de vista agrícola,ata o punto de que moitos ninsiquera se cultivaron no periodode fame da posguerra, é aíndamáis ilóxico tendo en conta odesplome da poboación en ditaszonas, que dende hai lustros oudecenios veñen perdendoanualmente entre o 1 e o 2% dosseus habitantes.

Porqueira (A Limia) concentrada Foto: Serafín González Prieto

A concetración parcelaria e as súas trampas

CADRO IIC-2: Lugar de Interese Comunitario e Zona de EspecialProtección dos Valores Naturais “Sistema fluvial Ulla-Deza”.C-1, C-2, Lu-1, Lu-2, Lu-3, Lu-4, Lu-5, Lu-6, Ou-2:“Bosques aluviais de amieiros Alnus glutinosa e freixosFraxinus excelsior“ código 91E0.Lu-1: “Prados calcáreos kársticos ou basófilos doAlysso-Sedion albi” código 6110.Lu-2, Lu-6:“Breixeiras húmidas atlánticas de zonastempladas de Erica ciliaris e Erica tetralix” código 4020.Lu-1, Lu-2, Lu-3, Lu-4, Lu-6: áreas de cría de avesincluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas(Circus pygargus e Circus cyaneus).Ou-1: Presencia de Eryngium viviparum plantaconsiderada en perigo de extinción (Libro Rojo de laFlora Vascular Ameazada de España; Catálogo Galegode Especies Ameazadas), importante núcleopoboacional de cegoña branca (Ciconia ciconia).

Page 28: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:28

¿Vanse preparar osterreos con fondospúblicos para un novo“pelotazo urbanístico”,como xa aconteceu nosarredores da capitalgalega?

Proxecto Perda de poboación Anos Páxina do EIAC-2 2% anual 2000-2006 82C-3 1,5% anual 2000-2006 73Lu-1 2% anual 1999-2005 89Lu-2 1,62% anual últimos nove anos 103Lu-3 Un tercio dos habitantes, último cuarto de século 5Lu-4 Un tercio dos habitantes últimos 30 anosLu-6 24% dos habitantes 1981-2006 66Ou-2 1,8% anual 1991-2006 28Po-1 30% dos habitantes 1981-1991 69Po-2 1% anual dende 1970 142Po-3 15% dende 1981 926. As concentracións plantéxanse sen ter en conta o forteenvellecemento da poboación, ata o punto de que en moitos casosnon hai garantía algunha de relevo xeneracional para as explotacións.Proxecto % Páx. do EIAC-1 27,1% 91C-2 28,8% 80C-3 28,8% 80Lu-1 “Gran número de xubilados” 89Lu-3 40% dos habitantes superan os 60 anos de idade 5Lu-4 30% 15Lu-5 32% 62Lu-6 39% da poboación é maior de 60 anos 4Ou-2 46% 235Ou-3 40%Po-1 25% 71Po-2 29,4% 151Po-3 25%Ademáis:Lu-2: “En 1999 o 56,9% dos titulares das explotacións agrarias de Abadíntiñan máis de 55 anos, tendo en conta a baixa porcentaxe de explotacións consucesión, pódese estimar que na década actual desaparecerán entre un 30 e un40% das que estaban activas ó inicio da mesma” (EIA, páx. 114).Lu-5: “As expectativas de sucesión xeracional das explotacións na zona non sonmoi prometedoras” (EIA, páx. 65).Ou-2: “A outra faciana tras a análise do aspecto demográfico e moi a ter enconta, é que as terras concentradas deixen de ser explotadas por falla de habitantese polo tanto de labregos... que suporía o fracaso do proceso de concentración”(EIA, páx. 273).7. Malia as irrefutables evidencias de fracaso da concentraciónparcelaria das terras agrícolas nalgunhas parroquias, preténdese aplicar

o mesmo modelo ásterras forestais desasmesmas parroquiasou ás terras agrícolasde parroquiasveciñas.C-2, C-3: Nestaszonas xaconcentradas “Lasproducciones de loscultivos de estos terrenosde labranza, están

destinados fundamentalmente alautoconsumo, respondiendo al llamadopolicultivo de subsistencia” (EIA,páx. 85 e 77, respectivamente),é dicir, exactamente igual quenos tradicionais minifundios elonxe, moi lonxe, dos obxectivosde “solventar algúns dos problemasque afectan á rendibilidade económicae social da actividade agraria, de tantarelevancia na vida rural galega” polosque se promulgaron as Leis 10/1985 e 12/2001, deConcentración Parcelaria paraGalicia.

C-2, C-3: Malia terse rematadaa concentración parcelaria dassúas terras agrícolas, entre 2000e 2006 estas dúas parroquiasperderon cada ano,respectivamente, un 2% (EIA,páx. 82) e un 1,5% dos seushabitantes (EIA, páx. 73).Ou-2: A estas dúas parroquias,agrícolamente marxinais poloseu relevo, preténdese estendero modelo de concentraciónparcelaria que na veciña chairada Limia fracasouestrepitosamente no seuobxectivo de fixar a poboación:malia a concentración parcelariade case todas as súas terrasagrícolas a bisbarra da Limiaamosa uns indicadoresdemográficos (saldo vexetativo,índice de envellecemento, tasade fecundidade, EIA, páx. 84, 87e 89) moito peores que os daprovincia de Ourense ou os doconxunto de Galicia.8. Nalgúns proxectos, resultainquietante a inclusión deobxectivos absolutamente alleosá Lei 12/2001 de Concentración

Tala de Carballo centenario:Foto: Serafín González Prieto

A concetración parcelaria e as súas trampas

Page 29: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:29

Urxe replantexar omodelo dec o n c e n t r a c i ó n sparcelarias en Galicia enbase a criterios des u s t e n t a b i l i d a d eecolóxica, rendibilidadeeconómica e beneficiossociais e demográficos,o que a xuicio da SGHN,pasa necesariamentepor:A. Excluir dos procesosde concentración aszonas comprendidasdentro de Lugares deInterese Comunitario,Zonas de EspecialProtección para as Avese Zonas de EspecialProtección dos ValoresNaturais, así como oshábitats deconservación prioritaria

de acordo coas Directivas da Unión Europea.B. Preservar as masas e sebes de árbores e arbustosautóctonos.C. Preservar, sen “acondicionar” ou modificar, oscauces fluviais e as zonas asolagables.D. Incluir nos procesos de concentración parcelariasó as terras agrícolas de calidade: clases agrolóxicasI a IV, só excepcionalmente a clase V se son áreaspequenas (< 5 ha) mesturadas entre as de clase I a IV.E. Avaliar con exactitude a productividade das terrasantes da concentración parcelaria, en termoseconómicos e agrícolas.F. Establecer con claridade os obxectivos que sepretenden acadar con cada concentración parcelaria:demográficos, en termos de fixación ou incrementoda poboación rural, e de productividade, en termoseconómicos e agrícolas.

Fotos SIG PAC onde podemos ver a diferencia entre áreas concentradas (Porqueira) e outras sencnocentrar (Ordes-Oenelas) da zona da Limia.

Parcelaria.C-2, C-3: “Supone el incremento delas dimensiones del parcelario, lo quepermitirá desarrollar una eficientesilvicultura, así como propicia laurbanización y la diversificación deactividades, tanto productivas comorecreativas, o la disponibilidad detierras para pequeños equipamientoscolectivos” (EIA, páx. 22 e 21,respectivamente).Esta referencia á urbanizaciónsuxire a posible existencia deintereses urbanísticos nondeclarados, verosímiles dada aproximidade da zona a Santiagode Compostela: ¿vanse apreparar os terreos con fondospúblicos para que logo haxa unnovo “pelotazo urbanístico” nazona de concentración, comoxa aconteceu nos arredores dacapital galega?

A concetración parcelaria e as súas trampas

Page 30: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:30

Estes censos sirven para recopilar diversos aspectos da bioloxía das aves,coma a migración e as súas rutas, a abundancia ou escaseza de cada especie enrelación con factores como o tempo ou os cambios, tanto naturais como feitospolo home, nos habitats escollidos como área de invernada, etc.

A importancia dos censos de aves acuáticas baséase sobre todo nainformación que se recolle das especies (os seus efectivos e a evolución dosmesmos), así como do estado e evolución dos humedais onde descansan estasaves. Os censos son polo tanto unha ferramenta fundamental para coñecer oestados dos humedais e da evolución nun determinado período de tempo.

Se estas interesado en participar, con independiencia do teu nivel decoñecemento das aves, ponte en contacto coa túa Delegación (ver teléfonos ecorreos na páxina 2 deste Paspallás). Necesitamos tanto censadores comoxente de apoio para tomar nota dos datos ou contaxes sinxelas. Anímate!

Coma tódolos anos, dende 1973, a SGHN vai desenvolver du-rante o mes de xaneiro os Censos de Aves Invernantes, segundoos criterios de Wetlands International.

Flamingo a través do telescopio Foto: Carlos Rey Rañó

Censos de aves invernantes

Page 31: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

PASPALLÁS 46:31

BRAÑA Boletín científico da Sociedade Galega de Historia Natural

Ref.01.001 Ano 1977.Nº1-2 208 pp. 24x17 cm ESGOTADO

Ref.01.002 Ano 1978.Nº1 132 pp. 24x16 cm 3,00 EURO

Ref.01.003 Ano 1978.Nº2 140 pp. 24x16 cm 3,00 EURO

Ref.01.003 Ano 1979.Nº1 124 pp. 22x16 cm 3,00 EURO

Ref.01.005 Ano 1979.Nº2 134 pp. 22x16 cm 3,00 EURO

Ref.01.006 Ano 1980.Nº1-2 216 pp. 21x15 cm 3,00 EURO

Ref.01.007 Ano 1985.Nº1-2 (Actas 1ª Xornadas Ibéricas sobre Mamíferos Mariños) 136 pp. 24x17 cm 3,00 EURO

Ref.01.008 Ano 1989 (Actas 1º Congreso de Macromicoloxía Galaico-Lusa) 200 pp. 22x15 cm 6,00 EURO

Ref.01.009 Ano 1994.Nº1 101 pp. 21x15 cm 9,00 EURO Socios 6,00 E

Ref.01.010 Ano 1996.Nº1 99 pp. 21x15 cm 9,00 EURO Socios 6,00 E

Ref.01.011 Ano 2000.Nº1 82 pp. 30x21 cm 9,00 EURO Socios 6,00 E

(Invernada de aves acuáticas en Galicia durante o quinquenio 1996-2000. Censos da S.G.H.N. e análise dos resultados)

VOCEIROS DE DIVULGACION

Ref.02.001 “O Asunto Nuclear”(1978) González Gurriarán 20 pp. 24x17 cm ESGOTADO

Ref.02.002 “As baleas cara á extinción”(1980).Piñeiro,Penas & Durán44 pp. 24x17 cm ESGOTADO

Ref.02.003 “Os incendios nos montes”(1983) Cortizo Amaro 39 pp. 24x17 cm ESGOTADO

Ref.02.004 “O Lobo” (1985) Penas Patiño, X.M. 40 pp. 22x16 cm ESGOTADO

Ref.02.005 “Os Macizos montañosos Ourensáns” (1985) Rguez Gracia80 pp. 20x15 cm ESGOTADO

Ref.02.006 “Avance Programa Esenga 1985-88” (1992) 30 pp. 21x15 cm 2,50 EURO Socios 1,50 EURO

Ref.02.007 “Incendios forestais 1990” 34 pp. 30x21 cm 5,00 EURO Socios 4,00 EURO

Ref.02.008 “Consideracións e propostas para a reestructuración medioambiental do Complexo Intermareal Umia-Ogrove

e Istmo da Lanzada (Pontevedra) (1994) Rey Muñiz, X.L. 80 pp. 30x21 cm 5,00 EURO Socios 4,00 EURO

Ref.02.009 “Avance do Atlas de Anfibios e Réptiles de Galicia”(2006)28 pp. 30x21 cm 2,50 EURO Socios 1,50 EURO

ROUTEIROS NATURAIS

Ref.03.001 “A Frouxeira” 1ª Edición (1977) 20 pp. 24x17 cm 1,00 EURO

Ref.03.002 “10 sitios de interés natural do Ferrol” (1984) 24 pp. 22x16 cm ESGOTADO

Ref.03.003 “A Frouxeira” 2ª Edición (1985) 30 pp. 21x9 cm 2,50 EURO

Ref.03.004 “Corrubedo” (1987) 45 pp. 22x15 cm ESGOTADO

Ref.03.005 “Doniños” (1990) 32 pp. 21x15 cm 4,00 EURO

Ref.03.006 “Rutas de Senderismo-Ribera Sagrada” 14 pp. 21x17 cm ESGOTADO

Ref.03.007 “Monte de San Xurxo-Ferrol” (2001) 34 pp. 21x10 cm ESGOTADO

MICOLOXIA

Ref.04.001 “Introducción a la Micología”(1986) 1ª Edición 10 pp. 21x16 cm ESGOTADO

Ref.04.002 “Introducción á Micoloxía”(1987) 2ª Edición 26 pp. 21x16 cm 1,00 EURO

Ref.04.003 “Introducción á Micoloxía II”(1988) 20 pp. 21x16 cm ESGOTADO

Ref.04.004 “Hª da Macromicoloxía de Galicia”(1986)1ª Edición 48 pp. 22x16 cm ESGOTADO

Ref.04.005 “Hª da Macromicoloxía de Galicia”(1987)2ª Edición 48 pp. 21x15 cm ESGOTADO

Ref.04.006 “Apéndice 1º:Hª da Macromicoloxía”(1988) 17 pp. 22x16 cm ESGOTADO

OUTROS

Ref.06.001 Video Arao Ibérico (Campaña de protección)Dispoñible en Galego/castelán. 13,00 EURO

Ref.06.002 “Manual de Ornitoloxía” (editado pola Deputación de Pontevedra) ESGOTADO

Ref.06.003 Video Sobrado dos Monxes ESGOTADO

Ref.06.004 Video Mamíferos Mariños ESGOTADO

Ref.06.005 Cartel “macho Saxicola torquata” 54x44 cm 3,00 EURO

Ref.06.007 Ano 1991 Programa arao 78 pp. 21x15 cm ESGOTADO

Ref.06.008 Ano 1995 Atlas de Vertebrados de Galicia 2 Tomos 642 pp. 24x17 cm 24,00 EUROsocios18,00EURO

Ref.06.009 Ano 2003 Actas V Congreso Galego de Ornitoloxía 182 pp. 24x17 cm 18,00 EURO socios 9,00EURO

Ref.06.010 Ano 2007 As Brañas de Sada: Un humidal a Protexer. DVD 5,00 EURO

PASPALLÁS (números 1, 2, 3 esgotados) 1,00 EURO exemplar atrasado

Publicacións da SGHN

Page 32: PASPALLÁS - Sociedade Galega de Historia Natural · 2018. 10. 3. · PASPALLÁS boletín divulgativo da S.G.H.N. PASPALLÁS 46:3 A revista PASPALLÁS é o boletín divulgativo da

¡FAITE SOCIO! ¡Apoia a labor da SGHN en defensa da Natureza Galega!Cubre e envía unha fotocopia desta ficha ó apdo. nº 330, C.P. 15780 de Santiago de Compostela.Se domicilias o pago dos recibos, entrega unha copia no teu Banco / Caixa de Aforros.

Apelidos: Nome:DNI: Data de nacemento*:No caso de socios familiares indicar o nome da segunda persoa.Apelidos: Nome:DNI: Data de nacemento:Enderezo:Localidade: Código Postal: Provincia:Correo electrónico: Teléfono:Área/s de interese: Anelamento de Aves Astronomía e Contaminación Lumínica Entomoloxía Herpetoloxía Vertebrados Mariños Ornitoloxía Outras: __________________________

Categoría de Socio (riscar no : ⌧) Xuvenil (ata 18 anos) 15,00 EURO/ano Estudiante (ata 25 anos) 22,50 EURO/ano Numerario 30,00 EURO/ano Familiar** (dúas persoas no mesmo domicilio) 45,00 EURO/ano Protector (aboar dunha soa vez o equivalente a 50 cotas de numerario) 1.500,00 EURO/

ano

PAGO DAS COTAS:- A mellor opción é que indiques ó teu Banco/Caixa que realice un ingreso automático na nosa conta,na data que queiras do 1º trimestre anual (solicítanos o nº de conta), xa que así aforramos os custesde emisión de recibo, que pode chegar a ser o 5% da cota. (lémbrate de informarnos desta opción ea data elixida).- A segunda opción é a domiciliación bancaria, para elo cumprimenta os datos que se piden a continuación.- Son posibles outras opcións como o Xiro Postal ou a entrega en man, pero as desaconsellamos.

Sr. Director do Banco/Caixa:Sucursal nº en (localidade)Prégolle que admita os recibos que no sucesivo lle remita ó meu nome a Sociedade Galega de HistoriaNatural e os cargue a miña conta nº __ __ __ __ __ __ __ __ __ __ __ __ __ __ __ __ __ __ __ __***Atentamente.Sinatura Data:

A S.G.H.N. usará estes datos exclusivamente para os propios fins organizativos e cumprindo a Lei Orgánica15/1999 de 13 de nadal, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Estes datos non serán transmitidosa terceiros salvo nos casos imprescindibles por obriga legal ou funcionamento interno. Dacordo coa Lei,poderá exercer dos dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición, mediante escrito á S.G.H.N.* Imprescindible indicar a data de nacemento ó estar limitadas algunhas categorías de socios pola idade.** Indicar o nome, idade e DNI das dúas persoas*** Por favor, indicar os vinte díxitos do código da conta.

Boletín divulgativo da Sociedade Galega de Historia NaturalApdo. nº 330

15780 SANTIAGO DE COMPOSTELAwww.sghn.org e-mail: [email protected]

“O planeta ofrece canto o home precisa, pero non canto o home cobiza”Mohandas Karamchand Gandhi (1869-1948)