os nosos nomes

33

Upload: antonio-gil

Post on 10-Mar-2016

254 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Traballo do ENDL do CEIP Portofaro sobre a orixe e significado dos nomes do alumnado e persoal do centro

TRANSCRIPT

Page 1: Os nosos nomes
Page 2: Os nosos nomes

ÍNDICE

1. Introducción 2. Nomes: orixe e significado. Orde alfabética 3. Nomes: orixe e significado. Orde de predominio numérico 4. Nomes e orixes. 5. Nomes e linguas. 6. Conclusión.

Page 3: Os nosos nomes

1. Introducción.

Unha das principais funcións que temos asinadas os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, dentro do ámbito escolar, é a de promover iniciativas encamiñadas a normalizar o uso da lingua galega e, mesmo, a de mellorala naqueles espacios onde a súa utilización pode ser minoritaria.

Neste sentido hai que sinalar as distintas actuacións que dende este Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, ano a ano, leváronse a cabo: publicación anual dunha revista escolar, traballos sobre os escritores galegos homenaxeados, exposicións de libro infantil, encontros con escritores actuais etc..

Continuando nesta mesma liña de actuación, este curso o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do C.E.I.P “Portofaro”, a semellanza do feito por outros Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, tomou a iniciativa de traballar un aspecto moi concreto das linguas, os nomes propios das persoas, coa finalidade de valorar o uso do galego neste campo tan particular que ten un idioma, a antroponimia, e no entorno máis próximo a nós, o noso colexio. Sentiamos curiosidade por ver cal era a lingua que tiña máis puxanza entre os nosos nomes.

Aínda que a inmensa maioría dos nomes de persoa derivan historicamente de nomes comúns, o certo é, que debido o tempo transcorrido, aquel primeiro significado orixinal deixou de ser transparente para todos nós, e só, mediante o estudo etimolóxico dun nome podemos coñecer cal é a súa orixe e cal o seu significado. Por iso, á hora da elaboración do traballo, tamén nos propuxemos como tarefa, a de afondar e desvelar a singularidade histórica que hai detrás de cada nome en si mesmo, co fin da súa posterior difusión entre todos nós. Como resultado disto, presentámosvos hoxe aquí, o resumo, recollido nestas páxinas, dun estudo feito ao conxunto dos nomes que teñen na actualidade o noso alumnado, profesorado e persoal non docente, que esperamos que sexa do voso interese, e que ten como obxectivos: Dar a coñecer a orixe e significado dos nomes das nenas, nenos, mestres e

persoal non docente do C.E.I.P “Portofaro”, a todos vós e moi especialmente ó noso alumnado. Por iso, destes dous aspectos, orixe e significado, fixemos unha recolleita coa intención de satisfacer as curiosidades mais comúns, sabedores como somos do interese que suscita entre as persoas cal é o significado dos seus nomes, os dos amigos, os dos seus mestres, os dos familiares...etc.

Sensibilizarnos en favor do uso da antroponimia galega, pois ela conta, con

unha variedade rica e ampla, tradicional e moderna, que responde a todas as esixencias dunha lingua actual e moderna. E porque o galego, non debemos esquecelo, é a identidade mais propiamente nosa.

Page 4: Os nosos nomes

Antes que nada, convén aclarar que non somos ningúns especialistas en temas lingüísticos, polo que a realización do traballo esta baseado nas diversas fontes consultadas, tanto de tipo bibliográfico como tamén na internet para aqueles casos con certa dificultade na súa documentación.

E xa, centrándonos no propio traballo en si, primeiro quixemos achegarvos unha relación de tódolos nomes seguindo a súa orde alfabética, por ser esta absolutamente aséptica, ao non facer depender as formas dos nomes femininas das masculinas. Ademais, xunto a cada nome detállase orixe, significado e calquera outra referencia que nos puidese chamar a atención, xa fose de tipo histórico, social ou mitolóxico, pensando sempre no coidado que nestas cousas poñen os cativos e as cativas.

Logo, loxicamente, por unha necesidade de análise, agrúpase os nomes dos nenos e nenas por separado, tendo en conta aquí, o número de casos que presenta cada nome dentro do colexio. Sinalar ao respecto que os nomes compostos, escasos no colexio entre os nomes dos nenos pero moi abundante no campo dos mestres, foron tratados de forma individualizada, pois o que nos interesaba era achegarnos á orixe e significado de cada unha das súas partes.

De seguido, fixámonos en que tipo de nomes abundan máis en función da súa orixe, claro reflexo dos distintos influxos históricos na nosa civilización ao longo de séculos. Tanto neste aspecto como no seguinte téñense en conta os nomes de xeito individualizado, ou sexa, o número de casos que cada nome presenta non esta incluído nas porcentaxes expostas.

Achegamos finalmente a parte máis propiamente lingüística, vendo cal ou cales son os idiomas predominantes nos que figuran os nosos nomes, obviamente no noso caso, galego ou castelán, pero tamén con algunha outra achega que resulta moi interesante chegando a se reflectiren aspectos sociais e históricos como os procesos migratorios e os retornos ao respecto. 2. Nomes: orixe e significado. Orde alfabética.

Os antropónimos, os nomes propios de persoa, teñen a súa orixe na necesidade que tiveron os homes de distinguirse entre si. Nun primeiro momento fixérono a partir das características físicas: roxo, grande, como se fai aínda con algúns alcumes, ou dos distintos lugares onde vivían, de onde proviñan: da cuíña, o do río, lugués, como tamén aínda se fai cos alcumes. Posteriormente, empezarían a usarse virtudes persoais ou o posto ocupado dentro da xerarquía do grupo, ou outras que indicaban o carácter do portador: leal, xusto. Ao mesmo tempo que se introducían os nomes que indicaban a actividade desenvolvida pola persoa: ferreiro, albanel, carpinteiro.

Cando o nome se impoñía ao nacer, sen que ningunha das orientacións anteriores fosen coñecidas, referíanse en principio á posición da súa familia ou aos desexos paternos sobre o futuro da súa descendencia. Tamén as relixións, segundo a súa propagación, influíron de maneira significativa na difusión de certos nomes, os dos seus patriarcas, profetas, e sobre todo polos dos seus santos. E neste punto foi decisivo, entre nós, o santoral católico, de onde foron collidos a inmensa maioría dos nomes tradicionais.

Page 5: Os nosos nomes

Xa modernamente, as últimas tendencias apuntan a nomes de personaxes e lugares de ficción, a nomes evocadores de tempos pasados, a nomes que deixan ver claramente a súa significación, tipo Esmeralda, Cristal, Linda…, a nomes portados por artistas e personaxes famosos, da realidade ou da ficción, sexan ou non do noso ámbito cultural e lingüístico, e finalmente a nomes que nos achegan outras culturas, linguas e relixións que conviven máis proximamente entre nós desde hai pouco tempo. Nomes dos nenos e nenas. Aarón. Orixe: hebrea ou exipcia. Significado: montaña alta ou iluminado,

instructor. É un dos nomes preferidos entre os árabes, xa que así se chamaba o fabuloso califa das “Mil e unha noites”. 1 caso.

Abril. Orixe: latina, os romanos poñían este nome aos nados este mes, antigamente foi un nome bastante frecuente en Galicia. Significado: apertura, ou abril. 2 casos.

Adela. Orixe: xermánica, é a forma abreviada de nomes como Adelaida, Adelaira. Significado: de nobre berce ou estirpe. 1 caso.

Adrián. Orixe: latina ou grega. Significado: o que ven do mar ( Adriático ), nado na Adria. Era o nome polo que eran chamados os nados na localidade de Adria ou Hadria, antigo porto no mar Adriático. 11 casos.

Adriana. Orixe: latina, nome polo que chamaban os nados en Adria ou Hadria, antigo porto do mar Adriático. Significado: a que ven do mar Adriático. 2 casos.

Adriano. Orixe: latina co significado: de Adria, nado na Hadria e grega co significado: poderoso. 1 caso.

Águeda. Orixe: grega, latinizado en Agatha. Significado: boa, amable. É tamén o nome dunha flor e dunha pedra preciosa. 1 caso.

Agustina. Orixe: latina, derivado de Augusto. Este nome foi sempre moi ilustre en Roma, Octavio Augusto foi o primeiro emperador romano, no seu honor déuselle o seu nome ao mes no que naceu, Agosto. Significado: pertencente á familia Augusta, venerable. 1 caso.

Ailen. Orixe: mapuche, pobo indíxena do sur de Chile e Arxentina. Significado: transparente, moi clara. 2 casos.

Ainhoa. Orixe: vasca. Significado: advocación mariana nun santuario do mesmo nome do Pais Vasco. 1 caso.

Ainoa. Orixe: vasca. Significado: advocación mariana nun santuario do mesmo nome do Pais Vasco. 1 caso.

Ainoha. Orixe: vasca. Significado: advocación mariana nun santuario do mesmo nome do Pais Vasco. 1 caso.

Akim. Orixe: africana. Significado: guerreiro, heroe. 1 caso. Alan. Orixe: xermánica co significado: alano da tribo dos alanos, gaélica co

significado: gracioso, agradable e celta co significado: harmonía. Santo Alán foi un dominico bretón, morto en 1475, que espallou o rezo do rosario. 1 caso.

Alana. Orixe: xermánica, ou gaélica, ou mesmo celta. Significado: segundo a xermánica “muller da tribo dos alanos”, si consideramos a gaélica “graciosa, agradable”, e na celta “harmonía”. 1 caso.

Page 6: Os nosos nomes

Alba. Orixe: latina. Significado: “aurora, primeira luz do día” ou tamén “de pel branca, pura, luminosa”. 7 casos.

Alberto. Orixe: xermánica. Significado: brillante pola súa nobreza ou totalmente nobre. É o patrón dos investigadores das ciencias naturais. 6 casos.

Alejandra. Orixe: grega, este nome débese a que Alexandre era o sobrenome de Paris, encargado de protexer as tropas do ataque dos ladróns no transcurso da Guerra de Troia. Significado: muller defensora, protectora. 5 casos.

Alejandro. Orixe: grega. Significado: defensor, protector. Este nome gañou popularidade universal en honor de Alexandre Magno (séc. IV a. C.), fundador dun dos maiores imperios da historia da humanidade. Despois del usárono moitos reis e papas. Foi un nome habitual en Grecia e en Xudea en tempos de Xesús Cristo. É invocado para pedirlle axuda ante dificultades ou fortes presións no contorno laboral. 12 casos.

Alessandra. Orixe: grega, é un hipocorístico –nome usado de forma cariñosa ou familiar- derivado do nome Sandra, que a súa vez, é un hipocorístico de Alexandre, que era o sobrenome de Paris, encargado de protexer as tropas do ataque dos ladróns no transcurso da Guerra de Troia. Significado: muller defensora, protectora. 1 caso.

Alexander. Orixe: grega, derivación xermana de Alexandre. Significado: defensor, protector. 2 casos.

Alexandra. Orixe: grega, este nome derívase de Alexandre que era o sobrenome de Paris, encargado de protexer as tropas do ataque dos ladróns no transcurso da Guerra de Troia. Significado: muller defensora, protectora. 2 casos.

Alexia. Orixe: grega, este nome débese a que Alexandre era o sobrenome de Paris, encargado de protexer as tropas do ataque dos ladróns no transcurso da Guerra de Troia. Significado: muller defensora, protectora. 1 caso.

Alexis. Orixe: grega, derivado de Alexandre. Significado: defensor, protector. Moi difundido na área da Igrexa ortodoxa. 1 caso.

Alí. Orixe: árabe. Significado: alto, excelso, sublime, elevado. 1 caso. Alicia. Orixe: xermánica, derivado de Adelaida, ou grega da voz alethos.

Nome do personaxe literario “ Alicia no país das marabillas” a partir da cal popularizouse, sendo un dos máis frecuentes no mundo anglosaxón. Significado: para a xermánica, “nobre alegría, consolo”, e para a grega, ”real, verdadeira”. 1 caso.

Almudena. Orixe: árabe. Significado: cidade pequena , vila. É a patroa da capital de España onde este nome se fixo moi popular. 1 caso.

Álvaro. Orixe: xermánico. Significado: atento, nobre, gardián. Nome moi popular en Castela na Idade Media. Un dos nomes máis xenuinamente españois, aínda moi popular, a pesar do tempo. Houbo a través da historia moitos personaxes con este nome. 3 casos.

Ana. Orixe: hebrea. Significado: que ten compaixón, gracia de deus. É un dos nomes femininos máis usados no mundo, un dos máis populares universalmente, e en todos os tempos. A nai da Virxe María e avoa de Xesús Cristo é a máis coñecida, á que lle piden axuda as mulleres embarazadas. 2 casos.

Andrea. Orixe: grega, de Andreas. Significado: muller viril, con coraxe. 9 casos.

Andreina. Orixe: grega, de Andreas. Significado: muller viril, con coraxe. Andreina é a forma italiana para o nome de Andrea. 1 caso.

Page 7: Os nosos nomes

Andrés. Orixe: grega. Significado: viril, valente. Este nome é moi popular universalmente, frecuente inclusive nas formas femininas derivadas, como Andrea. Está moi estendido nos países centroeuropeos e nórdicos, como testemuña o apelido sueco Anderson (“fillo de André”), ou o inglés Andrew. 1 caso.

Andreu. Orixe: grega, variante de Andrés en catalán. 1 caso. Andy. Orixe: grega, feminino de Andrea en inglés. Significado: viril, valente.

1 caso. Angel. Orixe: grega. Significado: mensaxeiro. 2 casos. Ángela. Orixe:grega. Significado: mensaxeira de deus. 2 casos. Antía. Orixe: grega. Significado: sacada das flores. 1 caso. Antonia. Orixe: latina, de Antonius, que era unha coñecida gens romana, á

que pertenceu Marco Antonio. Significado: inestimable, digna de loanza. 1 caso.

Antonio. Orixe: latina. Significado: que lle planta cara ao adversario, tamén co significado: digno de loanza. É o patrón, baixo a forma de Antón do noso concello, Cambre. É invocado para atopar os obxectos perdidos e tamén é avogoso contra as epidemias do gando. 2 casos.

Anxo. Orixe: grega. Significado: mensaxeiro. Segundo a doutrina cristiá, os anxos son espíritos puros, perfectos, mensaxeiros de deus e executores da súa vontade, e pertencen á novena e última xerarquía do Ceo. Na mitoloxía grega Anxa foi filla de Xúpiter e Xuno, e cóntase que lle roubou á nai un dos seus enfeites, que logo lle entregou a Europa, polo cal se explica que despois os fillos de Europa tivesen a pel branca. 2 casos.

Araceli. Orixe: latina. Significado: altar do ceo. 1 caso. Aroa. Orixe: xermánica. Significado: boa, de boa vontade. 1 caso. Artai. Orixe: celta, era o fillo de Brigo, o primeiro poboador galego.

Significado: coma unha aguia. 1 caso. Astrid. Orixe: xermánica-nórdica. Significado: estrela bela, ou deus é fiel, ou

fiel aos deuses. Nome dunha das valquirias, seres imaxinarios de aparencia de muller moi forte e poderosa, da mitoloxía nórdica, coidaban dos guerreiros caídos na batalla. 1 caso.

Ayelén. Orixe: mapuche, pobo indíxena do sur de Chile e Arxentina. Significado: alegría, ledicia. 1 caso.

Belén. Orixe: hebrea, nome da localidade palestina onde naceu Xesús. Significado: casa do pan. 1 caso.

Borja. Orixe: do árabe “burg”, derivado da poboación zaragozana de Borja, ou da familia valenciana de orixe aragonesa dos Borgia (forma esta italianizada), da época do Renacemento. Significado: torre. 2 casos.

Brais. Orixe: grega-latina. Significado: que tatexa ou balbuce. San Brais, no séc. IV, foi bispo da Armenia, e adquiriu fama internacional dado que lle sacou a un neno unha espiña que tiña cravada na gorxa. Por iso é o santo que atende os pedimentos para atenuar as doenzas de gorxa, pescozo e tamén de oídos, así como a dor de moas. 2 casos.

Brenda. Orixe: anglosaxón, forma feminina de Brandán en Irlanda, para outros é a forma feminina de Brand, moi común en Islandia, e equivalente a Xián. Significado: corvo ou aire de mal olor. 1 caso.

Bruno. Orixe: xermánica. Significado: escudo, coiraza ou de cor escura, tendente a negra, de cor parda ou rubia. É un dos sobrenomes de Odín, deus escandinavo. 3 casos.

Page 8: Os nosos nomes

Candela. Orixe: latina. Significado: cirio, candea, luz. É a patroa das Illas Canarias. 2 casos.

Carla. Orixe: xermánica. Significado: forte, viril. 6 casos. Carlos. Orixe: xermánica. Significado: home libre, viril. Nome moi popular

en varios países e épocas. Adoptárono con frecuencia diversas familias reais. 3 casos.

Carlota. Orixe: xermánica. Significado: forte,varón, viril. 1 caso. Carme. Orixe: latina, grega ou hebrea. Significado: na grega “xardín” “ viña

de deus”, inspirado no Monte Carmelo, polas flores que daba, fronteira entre Israel e Fenicia. Na orixe latina significa “canto, canción, poema”. A ópera Carmen, de George Bizet, popularizou moito este nome. 1 caso.

Carmen. Orixe: latina, grega ou hebrea. Significado: na grega “xardín” “ viña de deus”, inspirado no Monte Carmelo, polas flores que daba, fronteira entre Israel e Fenicia. Na orixe latina significa “canto, canción, poema”. A ópera Carmen, de George Bizet, popularizou moito este nome. 1 caso.

Catalina. Orixe: grega. Significado: pura, inmaculada, graciosa. Foi un nome moi popular na Idade Media, presente en algunhas casa reais, raíñas moi coñecidas foron Catarina de Rusia, e Catarina de Aragón. 1 caso.

Cecilia. Orixe: latina, pasado do etrusco, posiblemente do deus Coeculus, curto de vista, para outros derivado do grego. Significado: “xusta, cega”, e na derivación grega sería “encantamento, fascinación”. 1 caso.

Celia. Orixe: latina, outros considérana etrusca. Significado: pertencente ao ceo, no caso latino e no posible caso etrusco, setembro. Na literatura inglesa é o nome típico da amada, da namorada. 1 caso.

Celso. Orixe: latina. Significado: excelso, alto, sublime. 1 caso. Christian. Orixe: grega, derivada de Christós, pasou logo ao latín.

Significado: cristián, unxido, discípulo de Cristo. 2 casos. Claudia. Orixe: latina, de Claudius, nome dunha familia patricia romana que

deu catro emperadores á historia de Roma: Tiberio, Calígula, Claudio e Nerón. Significado: “da familia Claudia, coxa, que coxea”, sen dúbida debe o seu patronímico a un ancián coxo, que era o significado primeiro deste termo latino. 2 casos.

Coromoto. Orixe: venezolana, nome dun lugar onde conflúen os ríos Tucupido e Guanare, habitado polos indios cospes, onde, segundo a lenda, apareceulles a virxe para que se convertesen ao cristianismo. Significado: en honra da virxe de Coromoto, patroa de Venezuela. 1 caso.

Cristian. Orixe: grega, derivada de Christós, pasou logo ao latín. Significado: cristián, unxido, discípulo de Cristo. Nome moi popular nos países nórdicos, e frecuente nas súas casas reais. 1 caso.

Cristina. Orixe: grega, derivada de Christós, pasou logo ao latín. Comezou a usarse como nome propio e independente despois do edicto de Constantino, ao deixar de estar proscrita a relixión cristián, antes era o segundo nome obrigatorio e secreto de todos os cristiáns. Úsase moito no norte de Europa. Significado: “a que segue a Cristo”. 2 casos.

Damián. Orixe: grega, derivado de Damianós, procedente, ao igual que o nome do seu irmán xemelgo Cosme, do Oriente. Significado: que doma, domador ou que domina, dominador. Tamén hai quen o considera un nome procedente da deusa Damia, que era a deusa romana da fecundidade e da prosperidade, e no honor da cal se celebraban as festas secretas chamadas Damias. 2 casos.

Page 9: Os nosos nomes

Daniel. Orixe: hebrea. Significado: deus é o meu xuíz. O quinto fillo de Xacob recibiu o nome de Dan, que significa “xustiza”, pois a súa nai considerou que Iavé exercera a súa ao outorgarlle ese fillo, exclamando ao telo: “deus fixo xustiza con este fillo”. Unido a partícula el, o nome alusivo a deus foi aplicado ao máis famoso dos profetas, fortalecedor do pobo xudeu durante a catividade de Babilonia. É un dos catro profetas maiores da Biblia, especialista na interpretación de soños, autor de profecías e amigo dos leóns. É un nome moi utilizado nos países anglosaxóns a partir da reforma protestante. 10 casos.

Daniela. Orixe: hebrea. Significado: deus é o meu xuíz. 1 caso Danisa. Orixe: descoñecida, posible derivado de Daniela. Significado: deus é

o meu xuíz. 1 caso. Darío. Orixe: persa. Significado: posuidor do ben, que ten riqueza, que ten

bens. Polo nome de Daryavush coñecíanse as moedas de ouro persas que os gregos chamaban Daries. Chamáronse así tres reis persas dos sécs.IV e VI a.C. 1 caso.

David. Orixe: hebrea. Significado: estimado, amado, apreciado, amigo. David, nado en Belén, entrou na corte do rei Saúl como concertista de arpa, e el mesmo foi rei de Israel, despois de derrotar ao xigante Goliat, e segundo a tradición tamén é o autor dos Salmos da Biblia. Invócano, xunto a Santa Cecilia, os cantantes e músicos. Foi xunto con Salomón, o rei máis importante da historia de Israel. 13 casos.

Delfín. Orixe: latina. Significado: delfín, golfiño, de Delfos. O título de delfín imporíaselle aos primoxénitos dos reis de Francia. Para os cristiáns o delfín é o símbolo da salvación. 1 caso.

Desiree. Orixe: do francés, en relación co nome Desiderio-a. Significado: a que é desexable, ou desexoso de Deus. 1 caso.

Diego. Orixe: hebrea, derivado de Santiago ou Xacobe. Significado: o segundo fillo. Diego Xelmírez foi o primeiro arcebispo de Santiago. 2 casos.

Dinaury. Orixe: descoñecida, posible nome africano. Significado: descoñecido. 1 caso.

Dino. Orixe: grega ou hebrea. Significado: firme, forte ou tamén xuizoso, vingado. Nome bíblico de orixe e significado pouco claro. 1 caso.

Douglas. Orixe: escocés. Significado: mar escuro. 1 caso. Duna. Orixe: xermánica. Significado: outeiro, duna. 1 caso. Eduardo. Orixe: xermánica. Significado: gardián de tesouros. É o patrón de

Inglaterra. A actualidade do nome débese á súa presenza constante nas casas reais inglesas, onde foi portado por oito reis, o último deles célebre pola súa abdicación en 1936 por motivos amorosos, coñecido posteriormente como Duque de Windsor. A forma antiga do nome é Edgar. 2 casos.

Elba. Orixe: celta, hai quen o considera de orixe xermánica. Significado: para a celta, alta montaña, para a xermánica, elfo. 2 casos.

Elena. Orixe: grega, este nome foi inmortalizado por Helena de Troia, protagonista da Iliada de Homero, segundo a mitoloxía a muller máis bela do mundo, sendo a causante dos acontecementos que levaron á Guerra de Troia. Significado: luz brillante, resplandor do sol. 1 caso.

Elías. Orixe: hebrea. Significado: o meu deus é Iavé ou Iavé é deus. Elías foi un dos grandes profetas da Biblia. É o representante da resistencia hebrea. Segundo os textos bíblicos, Elías subiu ao ceo nun carro de lume, e de aí a

Page 10: Os nosos nomes

crenza popular de que non morreu e de que volve constantemente á terra para axudar aos fieis aflixidos. 1 caso.

Eloi. Orixe: francesa-xermánica. Significado: o elixido. 1 caso. Eloy. Orixe: : francesa-xermánica. Significado: o elixido. 1 caso. Emilio. Orixe: latina. Significado: pertencente á familia romana Emilia,

imitador, amable, gracioso. 1 caso. Enrique. Orixe: xermánica. Significado: rico en terras, señor da súa patria.

Henrique é un dos nomes teutónicos máis universais. Na Alemaña levárono sete emperadores, en Inglaterra oito reis, e catro en Francia e catro máis en Castela, ao lado dun de Navarra, sen esquecer a Don Henrique o Navegante, príncipe de Portugal. 2 casos.

Esteban. Orixe: grega. Significado: coroado de loureiro, victorioso. Santo Estevo é o primeiro mártir cristián, foi lapidado no ano 33, ás portas de Xerusalén, condenado polas leis xudías por blasfemar contra Moisés, baixo o imperio de Tiberio, no mesmo ano da morte de Xesús. 1 caso.

Estela. Orixe: latina. Significado: estrela. 2 casos. Eva. Orixe: hebrea. Significado: dadora de vida. 5 casos. Ezequiel. Orixe: hebrea. Significado: deus dá as forzas. Ecequiel foi

considerado un profeta extravagante debido ás estrañas visións que se relatan no seu libro. Entre elas cabe destacar a visión de Iavé nun carro de rodas de lume sobre o río Kebar, que para os ufólogos sería un ovni avistado polo profeta. 1 caso.

Fernando. Orixe: xermánica. Significado: intelixente, atrevido, osado. Moitos emperadores, reis e príncipes tiveron este nome ao longo de toda a historia, pero foron principalmente as Casas Reais de Castela e Aragón as que o estenderon por toda Europa e América. A Igrexa canonizou a Fernando III e a Fernando o Católico, Rei de Castela e León, unificador de España e liberador da dominación árabe. 1 caso.

Florencia. Orixe: latina. Significado: floreada, florida, chea de flores. 1 caso. Francisco. Orixe: xermánica, do pobo dos francos. Significado: o que quere

ser libre. Moitos relixiosos levaron este nome como San Francisco de Asís, que dedicou a súa vida e o seu tempo aos máis necesitados, fundou a orde franciscana e percorreu diversas partes de Europa, África e Oriente como misioneiro. 1 caso.

Gabriel. Orixe: hebrea. Significado: forza de deus. Segundo a relixión musulmán, o libro sagrado do Corán foille revelado a Mahomá por Gabriel. Na Biblia, Gabriel é o arcanxo que anunciou a María o nacemento de Xesús, por iso para o xudaísmo é un dos catro anxos máis importantes. Representado de forma humana, Gabriel é o gardián do tesouro celeste, o Anxo da redención e supremo mensaxeiro de Deus (outra das tradicións). 2 casos.

Gastón. Orixe: xermánica-francesa. Significado: hóspede, estranxeiro, inimigo ou gascón da Gascuña. 1 caso.

Gema. Orixe: latina. Significado: xema, pedra preciosa. 1 caso. Gisela. Orixe: xermánica. Significado: frecha, forte pola sabedoría. 1 caso. Gonzalo. Orixe: xermánica. Significado: home disposto para a loita. Este

nome é moi utilizado en Galicia e en Castela, dando lugar ao patronímico González, e a súa variante Gonzalves. En Cataluña é moi popular na forma Gonçal, e en Portugal tamén. 1 caso.

Grecia. Orixe: descoñecida. Significado: relacionado con Grecia. 1 caso.

Page 11: Os nosos nomes

Guilherme. Orixe: xermánica, variante de Guillerme en portugués. Significado: Elmo protector. A forma máis frecuente deste nome durante a Idade Media foi Guillén. Foi un nome moi popular en todos os tempos nos países de tradición xermánica. É un dos máis populares nomes anglosaxóns, especialmente desde Guillermo o Conquistador, último invasor de Inglaterra. A forma inglesa William é superada en moito polos diminutivos Will ou Bill. Debido a esta gran popularidade en Inglaterra e Alemaña foi nome de santos, reis e emperadores. Tamén axudou á súa popularidade o heroe infantil Guillerme (Wilhelm) Tell. 1 caso.

Hansel. Orixe: hebreo. Significado: don de deus. 1 caso. Héctor. Orixe: grega. Significado: persoa formada, madura. É un nome de

orixe mitolóxica, o do máis famoso troiano da Ilíada. Foi o máis vigoroso e denodado defensor da cidade cando esta foi sitiada polo exército grego, que quería castigar o rapto da bela Helena. Foi morto por Aquiles, que a petición de Apolo lle entregou o corpo do fillo, incinerado polos troianos con grandes honras. 1 caso.

Helena. Orixe: grega, este nome foi inmortalizado por Helena de Troia, protagonista da Iliada de Homero, segundo a mitoloxía a muller máis bela do mundo, sendo a causante dos acontecementos que levaron á Guerra de Troia. Significado: luz brillante, resplandor do sol. 2 casos.

Henrique. Orixe: xermánica. Significado: rico en terras, señor da súa patria. 1 caso.

Hugo. Orixe: xermánica. Significado: intelixente, con sentido. 2 casos. Iago. Orixe: hebrea, derivado de Santiago ou Xacobe. Significado: o segundo.

Pode ser unha evolución derivada do nome medieval Tiago, Tiego, Diego, pero tamén é posible que se trate dunha evolución de Iacob, que sería paralela á castelá Yagüe e á galesa Iago. Antepoñéndolle a palabra santo compúxose Santiago, que ás veces aparece escrito Sant-Iago. 2 casos.

Iker. Orixe: vasca, variante masculina de Ikerme (Visitación), advocación mariana. Significado: portador de boas novas. 1 caso.

Inés. Orixe: grega. Significado: pura, casta. Inés de Castro foi unha nobre galega do séc.XIV, esposa do rei de Portugal, a súa tráxica historia -foi asasinada e reinou despois de morrer- inspirou a varios escritores, Camôes, Ferreira. 1 caso.

Irene. Orixe: grega. Significado: paz, deusa da paz. 2 casos. Iria. Orixe: Unha orixe vasca de iri “ vila”, algúns recollen a súa orixe no

nome celta “terra laborable”, e para outros é grega, do nome da deusa mitolóxica Iris. Significado: si temos en conta a orixe vasca, “pedra, vila”, e si consideramos a menos probable grega, “pertencente ás cores do arco iris”. 3 casos.

Isabel. Orixe: hebrea, de Elixeba, muller de Arón e cuñada de Moisés. Significado: deus do xuramento, deus é perfecto. O nome tivo grande popularidade en todos os tempos e lugares, presentando innumerables formas en varias linguas. 1 caso.

Isabela. Orixe: hebrea, de Elixeba, muller de Arón e cuñada de Moisés. Significado: deus do xuramento, deus é perfecto. O nome tivo grande popularidade en todos os tempos e lugares, presentando innumerables formas en varias linguas. 1 caso.

Ismael. Orixe: hebrea, é un nome bíblico. Significado: deus escoita. Ismael era fillo de Abraham e medio irmán de Isaac na Biblia. Naceu grazas á unión

Page 12: Os nosos nomes

de Abraham coa súa escrava Hagar, mentres que Isaac era fillo de Sara. Tivo doce fillos, fundadores das doce tribos do Norte de Arabia, entre Exipto e o golfo Pérsico, nunha das cales situou Mahomá a súa ascendencia. 1 caso.

Iván. Orixe: hebrea-rusa, é a forma rusa de Xoán. Significado: deus é bondadoso. Nome que levaron seis tsares. 9 casos.

Javier. Orixe: vasca. Significado: casa nova. É o patrón do Oriente, das misións e do turismo. 7 casos.

Jesús. Orixe: hebrea, que pasou ao grego e ao latín de onde nos chegou. Significado: salvador. Nome popularizado a partir da figura de Xesús Cristo, que vivíu aproximadamente entre o ano 4 a.C. e o 29 da nosa era. Foi un nome pouco usado nos primeiros tempos do cristianismo por considerarse irreverente o seu uso, ou logo por deferencia, pero chegando na actualidade a ser un dos nomes máis populares en España e Latinoamérica. 3 casos.

Jeanine. Orixe e significado descoñecidos. 1 caso. Jheyson. Orixe e significado descoñecidos. 1 caso. Jimmy. Orixe: hebrea, estranxeirismo relacionado con Xaime. Significado: o

segundo, o que ven detrás. 1 caso. Joan. Orixe: hebrea, variante catalá de Xoán. Significado: deus é bondadoso.

1 caso. Joao. Orixe: hebrea, variante lusa de Xoán. Significado: deus é bondadoso. 1

caso. Joel. Orixe: hebrea. Significado: Iavé é Deus ou Iavé é o único Deus. 2 casos. Johana. Orixe: hebrea. Significado: Deus é misericordioso. 1 caso. Johansy. Orixe e significado descoñecidos, posible estranxeirismo

relacionado con Xoán. 1 caso. Jorge. Orixe: grega. Significado: labrego. A variante con u, Xurxo, débese á

inflexión sufrida pola influencia da semiconsoante seguinte, que pechou o o. Deste nome, ou do santo deste nome, deriva o apelido Sanxurxo. É un nome moi difundido en España, principalmente en Cataluña (Jordi), Inglaterra, Portugal e Rusia. Hai unha lenda que lle atribúe a san Xurxo matar un dragón para defender unha doncela. En Cataluña é considerado o patrón dos namorados. 3 casos.

José. Orixe: hebrea, posible derivación de Iavé. Significado: sentado á dereita de deus. Nome universalmente coñecido, con distintas nomenclaturas, ocupando durante anos o primeiro posto na lista dos nomes propios máis utilizados nos seus dous xéneros. A tradición cristiá profésalle unha devoción especial, en memoria do carpinteiro de Nazaret, esposo da Virxe María e pai terreal de Xesús. Considerado o “Pai” por excelencia, de aí que o día da súa onomástica sexa tamén o día do pai, o 19 de marzo. 6 casos.

Joshua. Orixe: hebrea. Significado: bendicido polo señor. 2 casos. Jovy. Orixe: descoñecida. 1 caso. Juan. Orixe: hebrea. Significado: deus é bondadoso. É un dos nomes máis

populares e universais de todas as épocas. 5 casos. Judit. Orixe: hebrea. Significado: a hebrea, muller de Xudá. 1 caso. Julia. Orixe: latina, relativo a familia romana Iulia, dedicada a Xúpiter,

divindade suprema do Panteón romano. Significado: dedicada a Xúpiter, da familia Xulia. Esta familia, á que pertencían Xulio Cesar e Cesar Augusto, foi unha das máis nobres de Roma. 1 caso.

Julio. Orixe: latina. Significado: xentilicio da familia Iulia, dedicado ao deus Xúpiter. Nome moi popular en Roma. Para os antigos romanos, xullo era o

Page 13: Os nosos nomes

quinto mes do ano e non o sétimo, recibindo este novo nome (cambiándoo polo que tiña de quintilis) por ser ese o mes do nacemento de Xulio Cesar. Logo, aplicouse tamén este nome aos nados nese mes. 2 casos.

Lara. Orixe: latina, tomado da mitoloxía romana, na que Lara, era unha ninfa. Significado: Lara, ninfa, ou tamén, lar, fogar. 1 caso.

Laura. Orixe: latina. Significado: coroada de loureiro (signo do triunfo). Cuarto nome en número de casos, con 9 casos.

Lia. Orixe: hebrea, relacionado con Lea. Significado: cansa, fatigada, aínda que tamén aparece o significado de leoa. 1 caso.

Lidia. Orixe: grega. Significado: nado en Lydia, na Asia Menor. 2 casos. Lydia. Orixe: grega. Significado: nado en Lydia, na Asia Menor. 1 caso. Lytzy. Orixe e Significado descoñecidos. 1 caso Lorenzo. Orixe: latina. Significado: coroado de loureiros. Este santo gozou

sempre dunha veneración especial, pois a súa festa foi durante séculos a máis importante do santoral despois das dos apóstolos Pedro e Paulo. No seu honor erixíuse o mosteiro do Escorial. É invocado para a maduración das uvas. 1 caso.

Lucas. Orixe: grega-latina. Significado: luminoso. San Lucas é o único evanxelista non xudeu, e fíxose clásico nas aulas pola súa delicada e expresiva sinxeleza no uso da lingua grega. Aparece representado cun boi ou touro alado, levando ás veces unha caixa con menciñas, utilizada polos médicos medievais. 1 caso.

Lucía. Orixe: latina, en Roma púñase este nome ás que nacían de día ou á que nacía coa primeira luz. Significado: luminosa. É un nome feminino maioritario no colexio, con 14 casos.

Luis. Orixe: xermánica. Significado: famoso ou sabio no combate. Nome moi ligado a San Luis Gonzaga. 2 casos

Macarena. Orixe: española, sevillana, de procedencia descoñecida, ou do grego Makarios. Significado: relacionado co barrio sevillano do mesmo nome, e no caso grego, boa amiga, beata. 1 caso.

Malena. Orixe e significado descoñecidos, pode ser unha variante de Madalena, co significado: natural de Magdala, tamén pode ser, torre. 1 caso.

Manuel. Orixe: hebrea. Significado: deus está con nós. É o nome do mesías, nome simbólico do neno que deus anunciou por medio do profeta Isaías que nacería dunha virxe. Utilizado en todos os tempos, foi levado por moitos personaxes célebres. 5 casos.

Marcos. Orixe: latina-grega co significado: dedicado ao deus Marte, etrusca co significado: martelador, ferreiro ou gala co significado: cabalo. Popular en todos os tempos e épocas, este nome era moi común en Roma. Un dos catro evanxelistas levou este nome. 5 casos.

María. Orixe: hebrea, quizá recollido do Exipto dos faraóns, amada de Deus Significado: señora, a profeta. É o nome de nena con maior número de casos rexistrados no colexio, con 15 casos.

Marina. latina. Significado: proveniente do mar. 2 casos. Mario. Orixe: latina. Significado: home, o do sexo masculino, viril.

Erroneamente foi considerado como a forma masculina de María, cando en realidade deriva do latín Marius. 2 casos.

Marta. Orixe: aramea ou siríaca. Significado: a que goberna a casa, señora, patroa. 5 casos.

Page 14: Os nosos nomes

Martín. Orixe: latina co significado: adicado a Marte, deus da guerra, home guerreiro ou grega co significado: testemuña. Tanto a forma masculina como a feminina son moi populares en Europa e en América. 7 casos.

Mateo. Orixe: hebrea. Significado: don do señor, home de deus. Nome dun dos apóstolos. 1 caso.

Mateus. Orixe: hebrea, variante lusa de Mateo. Significado: don do señor, home de deus. 1 caso.

Mauro. Orixe: norteafricana que se foi aproximando ao grego e logo pasou ao latín. Significado: mouro, da Mauritania. 1 caso.

Micaela. Orixe: hebrea. Significado: quen é como deus, deus é xusto. 1 caso. Miguel. Orixe: hebrea. Significado: deus é xusto. Nome moi popular en

España desde o Renacemento, e bastante frecuente en varios países. No Antigo Testamento é adoptado polo arcanxo que derrotou a Satanás. Representa a forza e a firmeza. 7 casos.

Mireya. Orixe: latina.. Significado: marabilla, espello. Trátase dun nome moi estendido por toda a Provenza, Francia. 1 caso.

Mirián. Orixe: hebrea, forma primitiva de María. Significado: ser teimudo, si se considera que ven de mara, ou do exipcio Myrín, amada de deus, señora. 1 caso

Mirko. Orixe: eslava. Significado: glorioso por asegurar a paz. 1 caso. Natalia. Orixe: latina. Significado: día do nacemento, en conmemoración do

Nadal. 4 casos. Natalie. Orixe: latina, forma inglesa do nome Natalia. Significado: día do

nacemento, en conmemoración do Nadal. 1 caso. Natnael. Orixe e significado descoñecidos. 1 caso. Nerea. Orixe: grega, ven dunha ninfa mariña da mitoloxía grega así chamada.

Significado: deusa do mar. 9 casos. Nicolás. Orixe: grega. Significado: vencedor do pobo. O amor polos cativos

de San Nicolao de Bari fíxoo o seu patrón, polo que non é estraño que conte co seu especial cariño en moitos países por Santa Claus. 6 casos.

Nina. Orixe: hebrea, que pasou ao latín a través da voz, Ninus “bela”, para outros sería o nome familiar ruso de Catarina, Ana e Antonia. Significado: fermosa, linda. 1 caso.

Noa. Orixe: hebrea, considérase como a forma feminina de Noé, para outros é de orixe latina, referido a unha cidade da antiga Etiopía, logo sería un caso frecuente dun topónimo convertido en antropónimo. Significado: “mansa, apracible”ou “de longa vida”, no caso hebreo. 4 casos.

Noela. Orixe: hebrea, nome galego derivado do topónimo correspondente hoxe á vila de Noia. Significado: filla de Noé, repouso, descanso. Segundo a lenda, Noé foi o fundador da vila de Noia, durante a visita que fixo a Galicia para coñecer a un dos seus descendentes. No escudo desta vila aparece Noé dentro da arca, ollando por unha xanela. 1 caso

Noelia. Orixe: francesa, do nome Noël, para outros ten influencia da forma céltica nov-hel “novo sol”. Significado: referente ao Nadal. 2 casos.

Noemí. Orixe: hebrea. Significado: a miña dozura, a miña delicia. É un personaxe bíblico, a súa vida nárrase no Libro de Ruth. 1 caso.

Nuria. Orixe: rexístranse unha árabe derivada de Nuriya, e outra vasca, da advocación mariana deste nome. Significado: luminosa, no caso árabe, e lugar rodeado de outeiros, no vasco. 2 casos.

Page 15: Os nosos nomes

Olivia. Orixe: latina. Significado: na Biblia, a rama da oliveira é o símbolo da paz e en Grecia simbolizou a sabedoría e a gloria. 1 caso.

Omar. Orixe: árabe. Significado: o que constrúe, o constructor ou que ten longa vida. Tivo este Nome o segundo califa do Islam. 1 caso.

Orianna. Orixe: latina, e pode vir de aureana, nome que se lles daba ás mulleres que buscaban ouro no Sil peneirando area, tamén pode ser xentilicio de Oria ou francesa da forma cabaleiresca medieval Oriane. Significado: buscadora de ouro, oriana de Oria, a que nace. 1 caso.

Oscar. Orixe: xermánica. Significado: lanza de deus. Santo Oscar é o grande apóstolo da Escandinavia, tamén tiña este nome o fillo do bardo Ossian nos poemas de Macpherson. 3 casos.

Pablo. Orixe: latina. Significado: miúdo, pequeno. San Paulo antes da súa conversión ao cristianismo, perseguía a todos os que seguían a Xesús. Trala súa conversión chegou a ser tal vez o máis importante dos apóstolos. 11 casos.

Pancracio. Orixe: grega. Significado: omnipotente, todopoderoso. San Pancracio é un dos santos máis queridos, mesmo polos non practicantes, pois é moi frecuente que a xente o teña en imaxes na casa, no negocio ou na carteira. A tradición di que a imaxe ou estampa de San Pancracio, para que traia sorte, ten que ser regalada, tendo o dedo do santo que sinalar cara ao interior do local ou casa. 1 caso.

Patricia. Orixe: latina. Significado: de pai rico e nobre, paisana, da patria. Os patricios eran, na antiga Roma, os descendentes dos primeiros poboadores, verdadeiros pais da patria. A palabra patricio opúñase a plebeo, indicando “casa nobre”. 1 caso.

Paula. Orixe: latina, ven de Paulus, posiblemente derivado dun alcume que tiña un membro da “gens Aemilia”, debido á súa baixa estatura. Significado: pequena, miúda. Terceiro nome en número de casos, con 13 casos.

Pedro. Orixe: latina. Significado: rocha, pedra. San Pedro, primeiramente chamado Simón (cando era pescador), foi apóstolo de Xesús e está considerado como o primeiro papa da Igrexa. Foi martirizado por crucifixión (cabeza abaixo, pola súa propia vontade). O lugar onde foi martirizado é onde hoxe se atopa a súa basílica no Vaticano. 2 casos.

Rafael. Orixe: hebrea. Significado: curado por deus. É un dos tres arcanxos que saen mencionados na Biblia. 1 caso.

Ramón. Orixe: xermánica. Significado: protector sensato, conselleiro, protector ilustre, o que protexe por consello. San Ramón Nonato foi un santo catalán de quen conta a lenda que naceu milagrosamente despois que desen por morta á súa nai. Se lle pide axuda para os bebés nos partos difíciles. 1 caso.

Raquel. Orixe: hebrea. Significado: ovella do señor, año de deus. É unha das mulleres máis importantes da historia hebrea, nome predilecto entre os xudeus, pasou con moita popularidade aos países anglosaxóns. 1 caso.

Raúl. Orixe: francesa-xermánica. Significado: astuto consello de lobo victorioso. Nome bastante utilizado pola aristocracia francesa. 2 casos.

Rebeca. Orixe: hebrea. Significado: lazo, nó, á firmeza do vínculo matrimonial, en sentido figurado de “ fermoso, desexable”. 4 casos.

Roberto. Orixe: xermánica. Significado: glorioso e famoso. Nome moi popular nos países xermánicos e noutros países do mundo, e en España desde hai uns anos. 1 caso.

Page 16: Os nosos nomes

Rocio. Orixe: latina. Significado: cuberta de rosada, lágrimas de flor. 1 caso. Rodrigo. Orixe: xermánica co significado: rico en fama, con moita gloria ou

francesa co significado: rei. É un nome medieval, inmortalizado polo último rei visigodo, Don Rodrigo, falecido na mítica batalla de Guadalete. A súa muller casou co moro Muza, novo señor de España. Tamén tivo este nome Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid. 1 caso.

Roi. Orixe: variante de Rodrigo. Roi Xordo foi un fidalgo galego natural da Coruña, residente en Ferrol, que encabezou a primeira guerra irmandiña contra o señor feudal Nuno Freire de Andrade, coñecido como o Mao. 1 caso.

Rosana. Orixe: latina. Significado: como unha rosa, relativo á rosa. 1 caso. Rubén. Orixe: hebrea. Significado: deus viu a miña aflicción, aínda que

tamén se dá o significado de rubio. A súa nai Lía, ao dalo a luz, pronunciou Raá beonyi ( “deus viu a miña tristeza”), e en principio pensouse que o seu nome se debía a este comentario. 4 casos.

Rut. Orixe: hebrea. Significado: amizade, compañía, beleza. É outro famoso nome bíblico, O libro de Ruth, muller notable pola súa piedade filial. 1 caso.

Ryan. Orixe: celta-gaélico. Significado: rei pequeno ou o pequeno rei. 1 caso. Samuel. Orixe: hebrea. Significado: o que leva o nome de deus, escoitado por

deus. Samuel foi un profeta bíblico. Como xuíz acadou grande autoridade, e tamén como sacerdote, nas loitas contra os filisteos. A tradición xudía atribúelle a autoría de varios libros. 2 casos.

Sabela. Orixe: hebrea, de Elixeba, muller de Arón e cuñada de Moisés. Significado: deus do xuramento, deus é perfecto. O nome tivo grande popularidade en todos os tempos e lugares, presentando innumerables formas en varias linguas. 1 caso.

Sabrina. Orixe: latina, derivado do nome do río Severno, que separaba o imperio romano das tribos bárbaras. Significado: que vive ao outro lado da fronteira. 1 caso.

Sandra. Orixe: grega forma reducida de Alexandra, na súa versión italiana. Significado: a que defende aos homes, muller protectora. 1 caso

Santiago. Orixe: hebrea-latina, derivado de Xacobe. Significado: o segundo. “Ou, San Xacobe” era o berro popular de carácter bélico empregado durante a Reconquista, en alusión ao apóstolo Santiago. Chamado por Xesús, a causa das súas cóleras imprevisibles, “o fillo do trono”. Foi o primeiro mártir da Igrexa primitiva. Segundo unha tradición os discípulos de Santiago colleron o seu cadáver e embarcaron desde Israel ata Galicia, onde puideron dar sepultura ao santo en Compostela, no campo da Estrela. A cidade en seguida pasou a chamarse Santiago de Compostela, converténdose desde entón ata hoxe nun dos centros de peregrinación máis importantes do mundo. É o patrón de España (por iso foi un dos nomes máis utilizados) e de Galicia. 4 casos.

Sara. Orixe: hebrea, a Sara bíblica chamábase orixinalmente Saray, “controvertida”, sendo mais tarde cambiado polo de Sarah, xa que dela haberían de nacer moitos reis. Significado: princesa. 7 casos.

Sarai. Orixe: hebrea, nome primitivo e forma arcaica de Sara. Significado: princesa . 1 caso.

Sebastián. Orixe: grega. Significado: venerable, augusto, venerado, reverenciado. San Sebastián é popular principalmente a través do mundo da arte coas súas frechas e o seu torso militar. 1 caso.

Page 17: Os nosos nomes

Sergio. Orixe: latina. Significado: gardián, aparecendo tamén o significado de escravo. Nome moi usado en Rusia por unha anacoreta que fundou un Monteiro preto de Moscova (lugar de peregrinación). Serxio foi portado por varios patriarcas de Constantinopla e Moscova. 8 casos.

Silvia. Orixe: latina. Significado: do bosque, da selva, silvestre. 3 casos. Sofía. Orixe: grega, derivado de Sophia, sabedoría, un dos apelativos máis

estreitamente asociados a atributos divinos. Significado: sabedora, sabia, posuidora de sabedoría. 1 caso.

Sofiane. Orixe: árabe. Significado: consagrado. 1 caso. Steven. Orixe: grega. Significado: coroado de loureiro, victorioso. Forma

inglesa de Estevo. 1 caso. Stiven. Orixe: grega, estranxeirismo relacionado con Estevo. Significado:

coroado de loureiro, victorioso. 1 caso. Tabahta. Orixe e Significado descoñecidos. 1 caso. Tamara. Orixe: hebrea, ou árabe. Significado: para a orixe hebrea, palmeira,

para a árabe, dátil. 1 caso. Tania. Orixe: ruso, forma familiar de Tatiana. Significado: fiel ao pai. 1 caso Tanya. Orixe: ruso, forma familiar de Tatiana. Significado: fiel ao pai. 1 caso Teo. Orixe: grega. Significado: deus, presencia de deus. 1 caso. Tomás. Orixe: latina, procedencia semítica. Significado: xemelgo. San Tomé

foi o único dos doce apóstolos que non creu na resurrección de Cristo ata que puido ver e tocar as súas feridas. O máis importante de todos os personaxes célebres da historia foi San Tomé de Aquino. Era tal a súa intelixencia, segundo se conta, que podía dictar aos seus escribas catro libros ao mesmo tempo. É o patrón dos estudiantes. 1 caso.

Uxía. Orixe: Grega. Significado: ben nacida, nobre. 2 casos. Valentín. Orixe: latina. Significado: forte, valoroso, valente. A basílica de

San Valentín atópase na Vía Flamínia de Roma, e é moi visitada por namorados, xa que é o seu patrón. A razón deste padroado é difícil de saber. Para uns porque san Valentín facilitaba o matrimonio de mozos sen mirar os seus trazos sociais, e para outros porque nos países do norte as aves empezan a emparellarse o 14 de febreiro, día da onomástica do santo. 1 caso.

Valentine. Orixe: latina, forma nas linguas inglesa e francesa do nome Valentina. Significado: forte, valorosa, valente. 1 caso.

Valeria. Orixe: latina. Significado: san, forte, que ten valor. 1 caso Vera. Orixe: rusa, derivando do latín, ou tamén forma familiar de Verónica.

Significado: verdadeira. Aparece en Europa a partir da difusión da literatura rusa, caso parecido ao de Serxio. 1 caso.

Vianet. Orixe e Significado descoñecidos. 1 caso. Victor. Orixe: latina. Significado: vencedor. Antropónimo que comezou a

usarse a partir da era cristiá, como nome augural, para desexar a victoria sobre o demo, as tentacións, etc., sendo así sinónimo de Vicente. 3 casos.

Virginia. Orixe: latina. Significado: virxe, virxinal. 1 caso. Vuk. Orixe e significado descoñecidos. 1 caso. Ximena. Orixe: Incerta, para uns hebrea, outros derívano do grego ou latín

Simena, e mesmo hai quen pensa nunha orixe navarra ou éuscara. Significado: na orixe hebrea sería, deus escoitoume, na posible orixe éuscara, fera da montaña. Nome moi usado na Castela medieval. 1 caso.

Xoel. Orixe: hebrea. Significado: Iavé é deus. Xoel é un dos profetas menores do Antigo Testamento, o segundo dos doce que hai. As súas profecías son

Page 18: Os nosos nomes

coñecidas polos anuncios da chegada do Espírito Santo e do Xuízo Final. 1 caso.

Yago. Orixe: hebrea, variante de Xacobe, Xaime, Iago, Santiago. Significado: o segundo (de dous xemelgos), o que ven detrás. 3 casos.

Yamila. Orixe: árabe, forma feminina de Xamil, derivada de jamal. Significado: bela, fermosa. 1 caso.

Yasmín. Orixe: árabe-persa, tal vez se introducise polo inglés Jasmine. Significado: xasmín. 1 caso.

Yeisson. Orixe e significado descoñecidos. 1 caso. Yohannes. Orixe: hebrea, derivación xermana de Xoán. Significado: deus é

bondadoso. 1 caso. Yolanda. Orixe: dubidosa, para uns do grego Iolande, para outros é unha

variante de Violeta ou de Helena, tamén se pensa que deriva do francoprovenzal antigo Violante, a través do latín, aínda hai tamén quen atribúe unha orixe xermánica. Significado: flor da violeta. 1 caso.

Zaira. Orixe: árabe, nome nesta lingua. Zaïre é o Título dunha traxedia de Voltaire e dunha ópera de Bellini. Significado: florida. 1 caso.

Nomes dos mestres e persoal do centro.

Amadora. Orixe: latina, Significado: que quere ben , que ama. 1 caso. Ana. Orixe: hebrea. Significado: que ten compaixón, gracia de deus. É un

dos nomes femininos máis usados no mundo, un dos máis populares universalmente, e en todos os tempos. A nai da Virxe María e avoa de Xesús Cristo é a máis coñecida, á que lle piden axuda as mulleres embarazadas. 1 caso.

Ángeles. Orixe: grega, forma derivada de Anxos. Significado: boa, pura, mensaxeira celeste. O nome provén dunha advocación mariana creada en Roma. 1 caso.

Asunción. Orixe: latina. Significado: subir ao ceo, ascender. Nome cristián que recorda o dogma mariano da Asunción. 1 caso.

Antonio. Orixe: latina. Significado: “que lle planta cara ao adversario”ou tamén “digno de loanza”. 2 casos.

Belén. Orixe: hebrea, nome da localidade palestina onde naceu Xesús. Significado: casa do pan. 1 caso.

Blanca. Orixe: xermánica, sendo o equivalente dos cristiáns Alba e Neves, Significado: nobre, pura, brillante. 1 caso.

Carlos. Orixe: xermánica. Significado: home libre, viril. Nome moi popular en varios países e épocas. Adoptárono con frecuencia diversas familias reais. 1 caso.

Carmen. Orixe: latina, grega ou hebrea. Significado: na grega “xardín” “ viña de Deus”, inspirado no Monte Carmelo, polas flores que daba, fronteira entre Israel e Fenicia. Na orixe latina significa “canto, canción, poema”´. É a patroa dos mariñeiros. A ópera Carmen, de George Bizet, popularizou moito este nome. 2 casos.

Clara. Orixe: latina. Significado: clara, ilustre. 1 caso. Consuelo. Orixe: latina. Significado: consolo, alivio, consolación. 1 caso. David. Orixe: hebrea. Significado: estimado, amado, apreciado, amigo.1

caso.

Page 19: Os nosos nomes

Digna. Orixe: latina. Significado: digna, honorable. 1 caso Florinda. Orixe: latina. Significado: floreada, chea de flores. 1 caso Luísa. Orixe: xermánica. Significado: gloriosa no combate. 1 caso. Gloria. Orixe: latina, en Roma era unha divindade á que se daba culto,

asociada sempre a Honor. Significado: fama, sona, gloria. 1 caso. Iria. Orixe: Unha orixe vasca de iri “ vila”, algúns recollen a súa orixe no

nome celta “terra laborable”, e para outros é grega, do nome da deusa mitolóxica Iris. Significado: si temos en conta a orixe vasca, “pedra, vila”, e si consideramos a menos probable grega, “pertencente ás cores do arco iris”. 1 caso.

Jaime. Orixe: hebrea. Significado: o segundo, o que ven detrás. 1 caso Jesús. Orixe: hebrea, que pasou ao grego e ao latín de onde nos chegou.

Significado: salvador. 1 caso. José. Orixe: hebrea, posible derivación de Iavé. Significado: sentado á

dereita de deus. Nome universalmente coñecido, con distintas nomenclaturas, ocupando durante anos o primeiro posto na lista dos nomes propios máis utilizados nos seus dous xéneros. 3 casos.

Josefa. Orixe: hebrea. Significado: sentada á dereita de deus, regalo de deus. 2 casos.

Juan. Orixe: hebrea. Significado: deus é bondadoso. É un dos nomes máis populares e universais de todas as épocas. 1 caso.

Luz. Orixe: latina. Significado: luz eterna, luz do futuro. 1 caso. María. Orixe: hebrea, quizá recollido do Exipto dos faraóns, amada de

deus. Significado: señora, a profeta. 16 casos. Manuel. Orixe: hebrea. Significado: deus está connosco . 1 caso. Miguel. Orixe: hebrea. Significado: quen como deus...? ou deus é xusto. 1

caso. Natalia. Orixe: latina. Significado: día do nacemento, en conmemoración

do Nadal. 1 caso. Nélida. Orixe: grega, descendente de Néstor, personaxe da Ilíada e da

Odisea, que aparecía como o máis sabio dos xefes, traballou en prol da harmonía e a fin das discordias. Significado: descendente de Néstor, a que volve sempre ben, a que retorna felizmente. 1 caso.

Paloma. Orixe: latina de Palumba, ave que simboliza a paz desde o Antigo Testamento. Significado: pomba. 1 caso.

Pilar. Orixe: castelá, que vén do nome común pilar, derivado do latín vulgar pilare. Significado: piar, columna. Segundo a tradición a virxe apareceulle o apóstolo Santiago na cidade de Zaragoza sobre un piar de mármore. 1 caso.

Rosalinda. Orixe: latina para uns, pero recollese tamén unha xermánica. Significado: na latina, “rosa fermosa, bela” e para a xermánica, “escudo da fama, protección da honra”. 1 caso.

Sandra. Orixe: grega, forma reducida de Alexandra, na súa versión italiana. Significado: a que defende aos homes, muller protectora. 1 caso

Teresa. Orixe: grega. Significado: cazadora, animal salvaxe. 2 casos. Trinidad. Orixe: latina. Significado: trindade, número de tres. 1 caso.

Page 20: Os nosos nomes

3.Nomes: orixe e significado. Orde de predominio numérico. Nomes de nenos. David. Orixe: hebrea. Significado: estimado, amado, apreciado, amigo. 13

casos. Alejandro. Orixe: grega. Significado: defensor, protector. 12 casos. Adrián. Orixe: latina ou grega. Significado: o que ven do mar ( Adriático ),

nado na Adria. 11 casos. Pablo. Orixe: latina. Significado: miúdo, pequeno. 11 casos. Daniel. Orixe: hebrea. Significado: deus é o meu xuíz. 10 casos. Iván. Orixe: hebrea-rusa, é a forma rusa de Xoán. Significado: deus é

bondadoso. 9 casos. Sergio. Orixe: latina. Significado: gardián, aparecendo tamén o significado de

escravo. 8 casos. Javier. Orixe: vasca. Significado: casa nova. 7 casos. Martín. Orixe: latina co significado: dedicado a Marte, deus da guerra, home

guerreiro ou grega co significado: testemuña. 7 casos. Miguel. Orixe: hebrea. Significado: deus é xusto. 7 casos. Alberto. Orixe: xermánica. Significado: brillante pola súa nobreza ou

totalmente nobre. 6 casos. José. Orixe: hebrea, posible derivación de Iavé. Significado: sentado á dereita

de deus. 6 casos. Nicolás. Orixe: grega. Significado: vencedor do pobo. 6 casos. Juan. Orixe hebrea. Significado: deus é bondadoso. 5 casos. Manuel. Orixe: hebrea. Significado: deus está con nós. 5 casos. Marcos. Orixe: latina-grega co significado: dedicado ao deus Marte, etrusca

co significado: martelador, ferreiro ou gala co significado: cabalo. 5 casos. Rubén. Orixe: hebrea. Significado: deus viu a miña aflicción, aínda que

tamén se dá o significado de rubio. 4 casos. Santiago. Orixe: hebrea-latina, derivado de Xacobe. Significado: o segundo.

“Ou, San Xacobe” era o berro popular de carácter bélico empregado durante a Reconquista, en alusión ao apóstolo Santiago. 4 casos.

Álvaro. Orixe: xermánico. Significado: atento, nobre, gardián. 3 casos. Bruno. Orixe: xermánica. Significado: escudo, coiraza ou de cor escura,

tendente a negra, de cor parda ou rubia. 3 casos. Carlos. Orixe: xermánica. Significado: home libre, viril. 3 casos. Jesús. Orixe: hebrea, que pasou ao grego e ao latín de onde nos chegou.

Significado: salvador. 3 casos. Jorge. Orixe: grega. Significado: labrego. 3 casos. Oscar. Orixe: xermánica. Significado: lanza de deus. 3 casos. Victor. Orixe: latina. Significado: vencedor. 3 casos. Yago. Orixe: hebrea, variante de Xacobe, Xaime, Iago, Santiago. Significado:

o segundo (de dous xemelgos), o que ven detrás. 3 casos. Alexander. Orixe: grega, derivación xermana de Alexandre. Significado:

defensor, protector. 2 casos. Angel. Orixe: grega. Significado: mensaxeiro. 2 casos. Antonio. Orixe: latina. Significado: que lle planta cara ao adversario, tamén

co significado de digno de loanza. 2 casos. Anxo. Orixe: grega. Significado: mensaxeiro. 2 casos.

Page 21: Os nosos nomes

Borja. Orixe: do árabe “burg”, derivado da poboación zaragozana de Borja, ou da familia valenciana de orixe aragonesa dos Borgia (forma esta italianizada), da época do Renacemento. Significado: torre. 2 casos.

Brais. Orixe: greco-latina. Significado: que tatexa ou balbuce. 2 casos. Christian. Orixe: grega, derivada de Christós, pasou logo ao latín.

Significado: cristián, unxido, discípulo de Cristo. 2 casos. Damián. Orixe: grega. Significado: que doma, domador ou o que domina,

dominador. 2 casos. Diego. Orixe: hebrea, derivado de Santiago ou Xacobe. Significado: o

segundo fillo. 2 casos. Eduardo. Orixe: xermánica. Significado: gardián de tesouros. 2 casos. Enrique. Orixe: xermánica. Significado: rico en terras, señor da súa patria. 2

casos. Gabriel. Orixe: hebrea. Significado: forza de deus. 2 casos. Hugo. Orixe: xermánica. Significado: intelixente, con sentido. 2 casos. Iago. Orixe: hebrea, derivado de Santiago ou Xacobe. Significado: o segundo.

2 casos. Joel. Orixe: hebrea. Significado: Iavé é deus ou Iavé é o único deus. 2 casos. Joshua. Orixe: hebrea. Significado: bendicido polo señor. 2 casos. Julio. Orixe: latina. Significado: xentilicio da familia Iulia, dedicado ao deus

Xúpiter. 2 casos. Luis. Orixe: xermánica. Significado: famoso ou sabio no combate. 2 casos. Mario. Orixe: latina. Significado: home, o do sexo masculino, viril. 2 casos. Pedro. Orixe: latina. Significado: rocha, pedra. 2 casos. Raúl. Orixe: francesa-xermánica. Significado: astuto consello de lobo

vitorioso. 2 casos. Samuel. Orixe: hebrea. Significado: o que leva o nome de deus, escoitado por

Deus. 2 casos. Aarón. Orixe: hebrea ou exipcia. Significado: montaña alta ou iluminado

instructor. 1 caso. Adriano. Orixe: latina co significado: de Adria, nado na Hadria e grega co

significado: poderoso. 1 caso. Akim. Orixe: africana. Significado: guerreiro, heroe. 1 caso. Alan. Orixe: xermánica co significado: alano da tribo dos alanos, gaélica co

significado: gracioso, agradable e celta co significado: harmonía. 1 caso. Alexis. Orixe: grega, derivado de Alexandre. Significado: defensor, protector.

1 caso. Alí. Orixe: árabe. Significado: alto, excelso, sublime, elevado. 1 caso. Andy. Orixe: grega, feminino de Andrea en inglés. Significado: viril, valente.

1 caso. Andrés. Orixe: grega. Significado: viril, valente. 1 caso. Andreu. Orixe: grega, variante de Andrés en catalán. 1 caso. Artai. Orixe: celta, era o fillo de Brigo, o primeiro poboador galego.

Significado: coma unha aguia. 1 caso. Celso. Orixe: latina. Significado: excelso, alto, sublime. 1 caso. Cristian. Orixe: grega, derivada de Christós, pasou logo ao latín. Significado:

cristián, unxido, discípulo de Cristo. 1 caso. Darío. Orixe: persa. Significado: posuidor do ben, que ten riqueza, que ten

bens. 1 caso. Delfín. Orixe: latina. Significado: delfín, golfito, de Delfos. 1 caso.

Page 22: Os nosos nomes

Dino. Orixe: grega ou hebrea. Significado: firme, forte ou tamén xuizoso, vingado. 1 caso.

Douglas. Orixe: escocés. Significado: mar escuro. 1 caso. Elías. Orixe: hebrea. Significado: o meu deus é Iavé ou Iavé é deus. 1 caso. Eloi. Orixe: francesa-xermánica. Significado: o elixido. 1 caso. Eloy. Orixe: francesa-xermánica. Significado: o elixido. 1 caso. Emilio. Orixe: latina. Significado: pertencente á familia romana Emilia,

imitador, amable, gracioso. 1 caso. Esteban. Orixe: grega. Significado: coroado de loureiro, vitorioso. 1 caso. Ezequiel. Orixe: hebrea. Significado: deus dá as forzas. 1 caso. Fernando. Orixe: xermánica. Significado: intelixente, atrevido, ousado. 1

caso. Francisco. Orixe: xermánica, do pobo dos francos. Significado: o que quere

ser libre. 1 caso. Gastón. Orixe: xermánica-francesa. Significado: hóspede, estranxeiro,

inimigo ou gascón da Gascuña. 1 caso. Gonzalo. Orixe: xermánica. Significado: home disposto para a loita. 1 caso. Guilherme. Orixe: xermánica, variante de Guillerme en portugués.

Significado: Elmo protector. 1 caso. Hansel. Orixe: hebreo. Significado: don de deus. 1 caso. Hector. Orixe: grega. Significado: persoa formada, madura. 1 caso. Henrique. Orixe: xermánica. Significado: rico en terras, señor da súa patria.

1 caso. Iker. Orixe: vasca, variante masculina de Ikerme (Visitación), advocación

mariana. Significado: portador de boas novas. 1 caso. Ismael. Orixe: hebrea, é un nome bíblico. Significado: deus escoita. 1 caso. Jheyson. Orixe e significado descoñecidos. 1 caso. Jimmy. Orixe: hebrea, estranxeirismo relacionado con Xaime. Significado: o

segundo, o que ven detrás. 1 caso. Joan. Orixe: hebrea, variante catalán de Xoán. Significado: deus é

bondadoso. 1 caso. Joao. Orixe: hebrea, variante lusa de Xoán. Significado: deus é bondadoso. 1

caso. Johansy. Orixe e significado descoñecidos, posible estranxeirismo

relacionado con Xoán. 1 caso. Jovy. Orixe e significado descoñecidos. 1 caso. Lorenzo. Orixe: latina. Significado: coroado de loureiros. 1 caso. Lucas. Orixe: greco-latina. Significado: luminoso. 1 caso. Mateo. Orixe: hebrea. Significado: don do señor, home de deus. 1 caso. Mateus. Orixe: hebrea, variante lusa de Mateo. Significado: don do señor,

home de deus. 1 caso. Mauro. Orixe: norteafricana que se foi aproximando ao grego e logo pasou

ao latín. Significado: mouro, da Mauritania. 1 caso. Mirko. Orixe: eslava. Significado: glorioso por asegurar a paz. 1 caso. Natnael. Orixe e significado descoñecidos. 1 caso. Omar. Orixe: árabe. Significado: o que constrúe, o constructor ou que ten

longa vida. 1 caso. Pancracio. Orixe: grega. Significado: omnipotente, todopoderoso. 1 caso. Rafael. Orixe: hebrea. Significado: curado por deus. 1 caso.

Page 23: Os nosos nomes

Ramón. Orixe: xermánica. Significado: protector sensato, conselleiro, protector ilustre, o que protexe por consello. 1 caso.

Roberto. Orixe: xermánica. Significado: glorioso e famoso. 1 caso. Rodrigo. Orixe: xermánica co significado: rico en fama, con moita gloria ou

francesa co significado: rei. 1 caso. Roi. Orixe: variante de Rodrigo. 1 caso. Ryan. Orixe: celta-gaélico. Significado: rei pequeno ou o pequeno rei. 1 caso. Sebastián. Orixe: grega. Significado: venerable, augusto, venerado,

reverenciado. 1 caso. Sofiane. Orixe: árabe. Significado: consagrado. 1 caso. Steven. Orixe: grega. Significado: coroado de loureiro, victorioso. Forma

inglesa de Estevo. 1 caso. Stiven. Orixe: grega, estranxeirismo relacionado con Estevo. Significado:

coroado de loureiro, victorioso. 1 caso. Teo. Orixe: grega. Significado: deus, presencia de deus. 1 caso. Tomás. Orixe: latina, procedencia semítica. Significado: xemelgo. 1 caso. Valentín. Orixe: latina. Significado: forte, valedoso, valente. 1 caso. Vuk. Orixe: descoñecida. 1 caso. Xoel. Orixe: hebrea. Significado: Iavé é deus. 1 caso. Yeisson. Orixe e significado descoñecidos. 1 caso. Yohannes. Orixe: hebrea, derivación xermana de Xoán. Significado: deus é

bondadoso. 1 caso. Nomes de nenas. María. Orixe: hebrea. Significado: señora, a profeta. É o nome de nena con

maior número de casos rexistrados no colexio, con 15. Lucía. Orixe: latina. Significado: luminosa. 14 casos. Paula. Orixe: latina. Significado: pequena, miúda. 13 casos. Laura. Orixe: latina. Significado: coroada de loureiro (signo do triunfo). 9

casos. Nerea. Orixe: grega. Significado: deusa do mar. 9 casos. Andrea. Orixe: grega, de Andreas. Significado: muller viril, con coraxe. 9

casos. Sara. Orixe: hebrea. Significado: princesa. 7 casos. Alba. Orixe: latina. Significado: “aurora, primeira luz do día” ou tamén “de

pel branca, pura, luminosa”. 7 casos. Carla. Orixe: xermánica. Significado: forte, viril. 6 casos. Marta. Orixe: aramea ou siríaca. Significado: a que goberna a casa, señora,

patroa. 5 casos. Alejandra. Orixe: grega, este nome derívase de Alexandre. Significado:

muller defensora, protectora. 5 casos. Eva. Orixe: hebrea. Significado: dadora de vida. 5 casos. Natalia. Orixe: latina. Significado: día do nacemento, en conmemoración do

Nadal. 4 casos. Noa. Orixe: hebrea, para outros é de orixe latina. Significado: “mansa,

apracible”ou “de longa vida”, no caso hebreo. 4 casos. Rebeca. Orixe: hebrea. Significado: lazo, nó, á firmeza do vínculo

matrimonial, en sentido figurado de “ fermoso, desexable”. 4 casos.

Page 24: Os nosos nomes

Iria. Orixe: Unha orixe vasca de iri “ vila”, algúns recollen a súa orixe no nome celta “terra laborable”, e para outros é grega, do nome da deusa mitolóxica Iris. Significado: si temos en conta a orixe vasca, “pedra, vila”, e si consideramos a menos probable grega, “pertencente ás cores do arco iris”. 3 casos.

Silvia. Orixe: latina. Significado: do bosque, da selva, silvestre. 3 casos. Abril. Orixe: latina. Significado: apertura, ou abril. 2 casos. Adriana. Orixe: latina. Significado: a que ven do mar Adriático. 2 casos. Ailen. Orixe: mapuche. Significado: transparente, moi clara. 2 casos. Ana. Orixe: hebrea. Significado: que ten compaixón, gracia de Deus. 2 casos. Alexandra. Orixe: grega, este nome derívase de Alexandre. Significado:

muller defensora, protectora. 2 casos. Ángela.grega. Significado: mensaxeira de deus. 2 casos. Estela. Orixe: latina. Significado: estrela. 2 casos. Claudia. Orixe: latina, de Claudius. Significado: “da familia Claudia, coxa,

que coxea”. 2 casos. Candela. Orixe: latina. Significado: cirio, candea, luz. 2 casos. Cristina. Orixe: grega, derivada de Christós, pasou logo ao latín. Significado:

“a que segue a Cristo”. 2 casos. Elba. Orixe: celta, hai quen o considera de orixe xermánica. Significado: para

a celta, alta montaña, para a xermánica, elfo. 2 casos. Helena. Orixe: grega. Significado: luz brillante, resplandor do sol. 2 casos. Irene. Orixe: grega. Significado: paz, deusa da paz. 2 casos. Lidia. Orixe: grega. Significado: nado en Lydia, na Asia Menor. 2 casos. Marina. latina. Significado: proveniente do mar. 2 casos. Noelia. Orixe: francesa, do nome Noël, para outros da forma céltica nov-hel

“novo sol”. Significado: referente ao Nadal. 2 casos. Nuria. Orixe: rexístranse unha árabe derivada de Nuriya, e outra vasca.

Significado: luminosa, no caso árabe, e lugar rodeado de outeiros, no vasco. 2 casos.

Uxía. Orixe: Grega. Significado: ben nacido, nobre. 2 casos. Agustina. Orixe: latina, derivado de Augusto. Significado: pertencente á

familia Augusta, venerable. 1 caso. Ainoa. Orixe: vasca. Significado: advocación mariana nun santuario do

mesmo nome do Pais Vasco.1 caso. Ainhoa. Orixe: vasca. Significado: advocación mariana nun santuario do

mesmo nome do Pais Vasco. 1 caso. Ainoha. Orixe: vasca. Significado: advocación mariana nun santuario do

mesmo nome do Pais Vasco. 1 caso. Alana. Orixe: xermánica, ou gaélica, ou mesmo celta. Significado: segundo a

xermánica “muller da tribo dos alanos”, na gaélica “graciosa, agradable” e na celta “harmonía”. 1 caso.

Alexia. Orixe: grega, este nome débese a Alexandre. Significado: muller defensora, protectora. 1 caso.

Alessandra. Orixe: grega, é un hipocorístico –nome usado de forma cariñosa ou familiar- derivado do nome Sandra, que a súa vez, é un hipocorístico de Alexandre. Significado: muller defensora, protectora. 1 caso.

Adela. Orixe: xermánica. Significado: de nobre berce ou estirpe. 1 caso. Alicia. Orixe: xermánica , ou grega. Significado: para a xermánica, “nobre

alegría, consolo”, e para a grega, ”real, verdadeira”. 1 caso.

Page 25: Os nosos nomes

Almudena. Orixe: árabe. Significado: cidade pequena , vila. 1 caso. Águeda. Orixe: grega, latinizado en Agatha. Significado: boa, amable. 1 caso. Andreina. Orixe: grega, de Andreas. Significado: muller viril, con coraxe.

Andreina é a forma italiana para o nome de Andrea. 1 caso. Antía. Orixe: grega. Significado: sacada das flores. 1 caso. Antonia. Orixe: latina, de Antonius. Significado: inestimable, digna de

loanza. 1 caso. Araceli. Orixe: latina. Significado: altar do ceo. 1 caso. Aroa. Orixe: xermánica. Significado: boa, de boa vontade. 1 caso. Astrid. Orixe: xermánica- nórdica. Significado: estrela bela, ou deus é fiel, ou

fiel aos deuses. 1 caso. Ayelén. Orixe: mapuche. Significado: alegría, ledicia. 1 caso. Belén. Orixe: hebrea. Significado: casa do pan. 1 caso. Brenda. Orixe: anglosaxón. Significado: corvo ou aire de mal olor. 1 caso. Carlota. Orixe: xermánica. Significado: forte,varón, viril. 1 caso. Carme. Orixe: latina, grega ou hebrea. Significado: na grega “xardín” “ viña

de deus”, na orixe latina significa “canto, canción, poema”. 1 caso. Carmen. Orixe: latina, grega ou hebrea. Significado: na grega “xardín” “ viña

de deus”, na orixe latina significa “canto, canción, poema”. 1 caso. Coromoto. Orixe: venezolana. Significado: en honra da virxe de Coromoto,

patroa de Venezuela. 1 caso. Catalina. Orixe: grega. Significado: pura, inmaculada, graciosa. 1 caso. Cecilia. Orixe: latina, para outros derivado do grego. Significado: “xusta,

cega”, e na derivación grega sería “encantamento, fascinación”. 1 caso. Celia. Orixe: latina, outros considérana etrusca. Significado: pertencente ao

ceo, no caso latino e no posible caso etrusco, setembro. 1 caso. Daniela. Orixe: hebrea. Significado: deus é o meu xuíz. 1 caso. Danisa. Orixe: descoñecido, posible derivado de Daniela. Significado: deus é

o meu xuíz. 1 caso. Dinaury. Orixe e significado descoñecidos, posible nome africano. 1 caso. Desiree. Orixe: do francés. Significado: a que é desexable, ou desexosa de

deus. 1 caso. Duna. Orixe: xermánica. Significado: outeiro, duna. 1 caso. Elena. Orixe: grega. Significado: luz brillante, resplandor do sol. 1 caso. Florencia. Orixe: latina. Significado: floreada, florida, chea de flores. 1 caso. Gema. Orixe: latina. Significado: xema, pedra preciosa. 1 caso. Gisela. Orixe: xermánica. Significado: frecha, forte pola sabedoría. 1 caso. Grecia. Orixe: descoñecida. Significado: relacionado con Grecia. 1 caso. Inés. Orixe: grega. Significado: pura, casta. 1 caso. Isabel. Orixe: hebrea. Significado: deus do xuramento, deus é perfecto. 1

caso. Isabela. Orixe: hebrea. Significado: deus do xuramento, deus é perfecto 1

caso. Jeanine. Orixe e Significado descoñecidos. 1 caso. Johana. Orixe: hebrea. Significado: deus é misericordioso. 1 caso. Judit. Orixe: hebrea. Significado: a hebrea, muller de Xudá. 1 caso. Julia. Orixe: latina. Significado: dedicada a Xúpiter, da familia Xulia. 1 caso. Lara. Orixe: latina. Significado: Lara, ninfa, ou tamén, lar, fogar. 1 caso. Lia. Orixe: hebrea. Significado: cansa, fatigada, aínda que tamén aparece o

significado de leoa. 1 caso.

Page 26: Os nosos nomes

Lydia. Orixe: grega. Significado: nado en Lydia, na Asia Menor. 1 caso. Lytzy. Orixe e Significado descoñecidos. 1 caso. Macarena. Orixe: española, sevillana, ou do grego Makarios. Significado:

relacionado co barrio sevillano do mesmo nome, e no caso grego, boa amiga, beata. 1 caso.

Malena. Orixe: descoñecida, pode ser unha variante de Madalena, co significado: natural de Magdala, tamén pode ser, torre. 1 caso.

Micaela. Orixe: hebrea. Significado: quen é como deus, deus é xusto. 1 caso. Mireya. Orixe: latina.. Significado: marabilla, espello. 1 caso. Mirián. Orixe: hebrea, forma primitiva de María. Significado: ser teimudo, si

se considera que ven de mara, ou do exipcio Myrín, amada de deus, señora. 1 caso.

Natalie. Orixe: latina. Significado: día do nacemento, en conmemoración do Nadal. 1 caso.

Nina. Orixe: hebrea. Significado: fermosa, linda. 1 caso. Noela. Orixe: hebrea. Significado: filla de Noé, repouso, descanso. 1 caso. Noemí. Orixe: hebrea. Significado: a miña dozura, a miña delicia. 1 caso. Olivia. Orixe: latina. Significado: na Biblia, a rama da oliveira é o símbolo da

paz, e en Grecia simbolizou a sabedoría e a gloria. 1 caso. Orianna. Orixe: latina, e pode vir de aureana, ou de Oria, ou francesa de

Oriane. Significado: buscadora de ouro, oriana de Oria, a que nace. 1 caso. Patricia. Orixe: latina. Significado: de pai rico e nobre, paisana, da patria. 1

caso. Raquel. Orixe: hebrea. Significado: ovella do señor, año de deus. 1 caso. Rocio. Orixe: latina. Significado: rociada, cuberta de rosada, lágrimas de flor.

1 caso. Rosana. Orixe: latina. Significado: como unha rosa, relativo á rosa. 1 caso. Rut. Orixe: hebrea. Significado: amizade, compañía, beleza. 1 caso. Sabela. Orixe: hebrea. Significado: deus do xuramento, deus é perfecto. 1

caso. Sabrina. Orixe: latina. Significado: que vive ao outro lado da fronteira. 1

caso. Sandra. Orixe: grega. Significado: a que defende aos homes, muller

protectora. 1 caso. Sarai. Orixe: hebrea. Significado: princesa . 1 caso. Sofía. Orixe: grega. Significado: sabedora, sabia, posuidora de sabedoría. 1

caso. Tabahta. Orixe e Significado descoñecido. 1 caso. Tamara. Orixe: hebrea, ou árabe. Significado: para a orixe hebrea, palmeira,

para a árabe, dátil. 1 caso. Tania. Orixe: ruso, forma familiar de Tatiana. Significado: fiel ao pai. 1 caso. Tanya. Orixe: ruso, forma familiar de Tatiana. Significado: fiel ao pai. 1

caso. Valentine. Orixe: latina. Significado: forte, valorosa, valente. 1 caso. Valeria. Orixe: latina. Significado: san, forte, que ten valor. 1 caso. Vera. Orixe: rusa, derivando do latín, ou tamén forma familiar de Verónica.

Significado: verdadeira. 1 caso. Vianet. Orixe e significado descoñecidos. 1 caso. Virginia. Orixe: latina. Significado: virxe, virxinal. 1 caso.

Page 27: Os nosos nomes

Ximena. Orixe: Incerta, para uns hebrea, outros derívano do grego ou latín Simena, e mesmo hai unha orixe navarra ou éuscara. Significado: na orixe hebrea sería, deus escoitoume, na posible orixe éuscara, fera da montaña. 1 caso.

Yamila. Orixe: árabe. Significado: bela, fermosa. 1 caso. Yasmín. Orixe: árabe-persa. Significado: xasmín. 1 caso. Yolanda. Orixe: dubidosa, do grego Iolande, outros do francoprovenzal

tamén quen atribúe unha orixe xermánica. Significado: flor da violeta. 1 caso. Zaira. Orixe: árabe. Significado: florida. 1 caso.

4. Nomes e orixes.

A orixe máis abundante dos nomes do noso alumnado e que destaca con respecto a outras orixes é, entre os nenos, a hebrea, cun 27% dos casos, seguida da grega, xermánica e latina que teñen unha representatividade moi parella, cun 20%, 18% e 16% respectivamente. Entre as nenas, a orixe latina resulta a máis abundante, cun porcentaxe do 26%, pero seguida moi preto pola hebrea, que representa o 23% dos nomes, e a grega co 19%.

Trátase de algo lóxico, dado o feito de seren as civilizacións historicamente máis influentes na conformación da nosa sociedade, a hebreo-cristiá desde o punto de vista relixioso, e a romana desde o punto de vista da organización civil daquela. Convén aclarar que o término “latino” pódese prestar a confusión, dado o uso que como modismo ten actualmente, sobre todo, nos medios de comunicación. Referímonos aquí co término “latino” a súa propia en orixe, o antigo mundo romano e ao idioma que este nos legou, o latín, e conseguintemente aos seus derivados, galego-portugués, castelán, catalán, francés, etc.. linguas que posteriormente se estenderon polo mundo englobando con elas pobos, culturas, xeitos de vida, etc., que pouco teñen que ver por si mesmos coa verdadeira esencia do término “latino”.

Pero ten habido outras civilizacións influentes na nosa actual cultura, en un grao moitas veces infravalorado ante a importancia que á primeira vista tiveron as dúas anteriores, e que de feito teñen. Así, os pobos prerromanos e o mundo xermano, ao través este do reino suevo de Galicia. Cómpre facer aquí outra aclaración, sobre a identificación que se ten feito entre os pobos prerromanos e mundo celta. Neste sentido, hai que dicir que na investigación histórica todo o que sexa anterior ao romano debe de ser tomado con moita prudencia, ante a falta de probas escritas, pois tratábase de pobos que non coñecían a escritura, e os coñecementos que sobre eles temos proceden do que as civilizacións posteriores, como a romana, nos describiron deles. Ben é certo que existen outras fontes de coñecemento destes pobos, desde a arqueolóxica ata a lingüística ou epigráfica. Pero trátase, en todo caso, de xeitos de coñecemento demasiado indirectos como para poder confirmar con certeza a orixe real, ao contrario do que ocorre con outras civilizacións nomeadas, a hebrea, a latina e a xermana, si coñecedoras da escritura, que supón sempre a forma de coñecemento máis directo do pasado.

En todo caso, a representatividade dos nomes destas dúas civilizacións, as prerromanas e a xermana, no noso colexio baixa bastante con respecto á hebreo-cristiá e á latina. Conserva un número apreciable no caso dos nomes xermanos, cunha representatividade do 18% no caso dos nenos, e xa bastante menos, do 8%, no caso das nenas.

Page 28: Os nosos nomes
Page 29: Os nosos nomes
Page 30: Os nosos nomes

Pero no caso dos nomes de orixe prerromano-celta, a representatividade é practicamente inapreciable. A explicación a este feito pode vir dada polo carácter máis recente da influencia xermana, herdada da época medieval, e ademais porque no caso prerromano a lingua latina supuxo un auténtico veo que se veu a sobrepoñer sobre as anteriores estructuras lingüísticas.

Finalmente, existen outras orixes dos nomes con graos de representatividade mínimo, e que son debidos a influencias actuais como modismos, préstamos doutras linguas circundantes, xa sexa do territorio español ou ben de Europa, reflexo mesmo dos movementos migratorios da poboación, ou tamén doutras civilizacións do pasado, aínda que con menor pegada en nós, como a árabe.

Danse, por outra parte, un grupo de nomes cunha orixe descoñecida entre nós, un 5% no caso dos nenos e un 8% no das nenas, ao non ter atopado referencias sobre elas nas fontes consultadas.

5. Nomes e linguas. Os nomes predominantes no colexio, e de maneira sobresaliente, son aqueles que teñen unha forma válida tanto para a castelán como para o galego, digamos por exemplo como David, Adrián ou Daniel, no caso dos nenos, como María, Laura ou Nerea, no caso das nenas. No caso dos primeiros, este tipo de nomes supoñen o 48% dos casos, mentres que no caso das nenas a porcentaxe chega ao 55%.

En canto o número de nomes exclusivamente válidos para o castelán e as formas exclusivamente propias do galego, hai un maior predominio de uso do castelán, quedando o galego claramente relegado. Así, no caso dos nenos, os nomes casteláns triplican practicamente a porcentaxe aos exclusivamente galegos, pois estes constitúen un 6%, por un 20% dos nomes en castelán. Alejandro é o nome máis común entre os casteláns, seguido moi preto de Pablo, mentres que nos galegos son Anxo e Brais. Con respecto as nenas, o uso das formas galegas aumenta si as comparamos cas dos nenos, 13% en nenas, por 6% en nenos. Sen embargo a porcentaxe segue a ser case duplicada polos nomes exclusivamente casteláns, contando estes cun 23% dos casos. O nome galego de nena máis frecuente é Iria, por Alejandra no castelán. Cabe aclarar que nesta estadística tense en conta cada nome por si só, é dicir, non figura o número de veces que este ou aquel nome se repite. Se se tivese en conta cada unha das repeticións dun mesmo nome, daquela a porcentaxe do castelán medraría aínda máis, pois algúns dos nomes nesta lingua son dos máis abundantes.

Á marxe, existe un grupo de nomes, que constitúe o 21% dos casos para os nenos e o 6% no que atinxe ás nenas, en linguas aparte do galego ou do castelán. Trátase de estranxeirismos, que poden reflectir casos de poboación emigrante, entre eles hai algunhas achegas interesantes, como a mapuche Ailen, a africana Akin e mesmo a árabe Ali, exemplos doutras culturas que representa ese 12% de alumnado inmigrante que está a convivir na actualidade entre nós; ou tamén modismos como Desiree, Jimmy ou Christian. Por outra parte, trátase tamén de nomes propios doutras comunidades autónomas españolas, entre os cales, os nomes vascos configúranse como os máis destacados, como Ainhoa e Iker .

Finalmente existe un pequeno grupo de nomes, o 5% entre os nenos e o 3% entre as nenas, que nos resultan descoñecidos non tendo encontrado referencia

Page 31: Os nosos nomes

algunha sobre eles nas fontes de información utilizadas. Trátase de casos como, Vianet, Natnael, Lytzy, Vuk, Tabahta, Dinaury, Johansy, Jheyson.... 6. Conclusión.

A conclusión máis importante á que chegamos, polo que nos deixan ver os datos xa expostos, é que, o castelán é a lingua que ten máis puxanza e de maneira máis sobresaínte entre os nosos nomes. O galego móstrase, obviamente, nas formas dos nomes que comparten ambas linguas, pero, con respecto as súas propias, o seu grao de representatividade é moi baixo, tendo por iso un carácter case simbólico dentro da totalidade. En vista da conclusión, preguntámonos que pasa na nosa sociedade para que, á hora de poñernos un nome, esquezamos a nosa propia lingua. A lingua é a maior creación colectiva que temos os galegos, é o distintivo máis elemental da nosa cultura. Somos galegos, en parte, porque temos unha lingua que nos diferencia. Únenos co noso pasado, os dos nosos pais e avós, porque deles a recibimos, e nós, como xeración herdeira, deberiamos coidala e mesmo transmitila ás novas xeracións nas mellores condicións que poidamos.

Cando se queima un monte, cando se estragan as nosas costas, todos nós, sentimos rabia e desprezo ante tales feitos, e mesmo, moitas veces actuamos conxuntamente como unha comunidade responsable que sabe que, nesas perdas, ponse en xogo o futuro das novas xeracións. Logo, preguntámonos, ¿qué é o que fai, que non síntamos o mesmo á hora de protexer e coidar do noso idioma?, ¿cómo é posible que non saibamos ver, nunha lingua de dos mil anos de historia, unha riqueza lingüística merecedora de ser conservada?. Por iso, desde aquí, queremos sensibilizarvos a favor do uso dos nomes galegos, pois como dixemos, o galego conta cunha variedade rica e ampla, tradicional e moderna, capaz de satisfacer os gustos máis esixentes, máis as veces resúltanos pouco coñecida.

Como contribución pola nosa parte, rematamos este estudo cunha relación de equivalencia galego-castelán dos nomes que, no noso colexio, son só válidos para unha das linguas. Aclarar, neste sentido, que existe nunha serie de nomes que, falsamente, teñen aparencia de ser galegos, cando tamén son válidos para o castelán, como Antón ou Antía; e ao contrario, nomes en aparencia só castelán, pero tamén válidos en galego, como Antonio, Isabel, Elena, Enrique, Luis ou Martín, que non exclúen, iso sí, outras formas do mesmo nome, como Antón, Sabela, Helena, Henrique, Lois ou Martiño.

Nomes de nenos Nomes de nenas

galego-castelán

galego-castelán

Anxo-Angel Artai-

Brais-Blás Henrique-Enrique

Iago-Santiago Roi, Rodrigo-Rui, Rodrígo

Xoel-Joel

Ainoa-Ainhoa, Alexandra-Alejandra

Carme-Carmen Iria-

Noela- Sabela, Isabel-Isabel

Sarai-Saray

Page 32: Os nosos nomes

Uxía, Euxenia-Eugenia

Ximena-Jimena

Nomes de nenos Nomes de nenas

castelán- galego

castelán- galego Aarón-Arón

Alberto-Alberte Alejandro-Alexandre

Ángel-Anxo Borja-Borxa

Eloy-Eloi Esteban-Estevo Hector-Heitor Javier-Xabier Jesús-Xesús Joel-Xoel

Jorge- Xorxe, Xurxo José-Xosé

Juan-Xoan, Xan Julio-Xulio

Lorenzo-Lourenzo Pablo-Paulo

Sergio-Serxio Teo-Theo Yago-Iago

Agustina-Agostiña Ainhoa, Ainoha-Ainoa Alejandra-Alexandra

Ángela- Ánxela Carmen-Carme

Gema-Xema Gisela-Xisela

Judit-Xudit, Xudite Julia-Xulia

Marina-Mariña Mireya-Mireia

Rut, Ruth-Rute, Ruth Virginia-Virxinia

Yamila-Xamila, Iamila Yasmín-Xasmín Yolanda-Iolanda

Nomes dos mestres e mestras castelán- galego Ángeles-Anxos Blanca-Branca Carmen-Carme

Consuelo-Consolo Jaime-Xaime Jesús-Xesús José-Xosé

Josefa-Xosefa Juan-Xoan

Paloma-Pomba Trinidad-Trindade

galego-castelán

Iria

Page 33: Os nosos nomes

Bibliografía. ENDL do CEIP Santa Baia-Boiro: Os nosos nomes. FEIXÓ CID, XOSÉ,( 2003): Dicionario galego dos nomes. http://www.amesanl.org/quefacemos/nomesgalegos/nomes.html http://www.educar.org/lengua/nombres.asp.