os nosos ríos

21
OS NOSOS RÍOS CEIP RICARDO GASSET DO INCIO CURSO 2013-14

Upload: ana-jato-rodriguez

Post on 14-Jul-2015

160 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Os nosos ríos

OS NOSOS RÍOS CEIP RICARDO GASSET DO INCIO

CURSO 2013-14

Page 2: Os nosos ríos

O NOSO ACUARIO

Como inicio para introducir o noso proxecto sobre os ríos do concello do Inciomontouse un acuario no noso cole coa intención de poder obsevardirectamente un ecosistema acuático e as súas principaiscaracterísticas.

Canta expectación!

Page 3: Os nosos ríos

A MONTAXE

Paso a paso entre todos fómolomontando.

Primeiro a area do chan, logo as prantas e a auga.

Para rematar os filtros e así deixámolo reposar uns días antes de metelos peixes.

Page 4: Os nosos ríos

NEMO E DOURADO Uns días despois chegaron á

escola dous fermosos peixespara vivir no acuario.

Foron toda unha sorpresa e tanto nos gustaron que decidimos poñerlles nome.

Para iso fixemos unhaenquisa entre as nenas e nenos da escola para escolleros nomes máis votados.

E así foi como chegamos a escoller os dous gañadores :

NEMO para o laranxiña e DOURADO para o amareliño.

Page 5: Os nosos ríos

AUDICIÓNS SEMANAIS

AO CARÓN DO ACUARIO O noso acuario é xa parte importante da

nosa historia neste ano de escola, e para engadirlle máis emoción ao proxecto que está en marcha a profe de música propúxonos facer audicións semanais de temas musicais moi diversos e relacionados coa auga, os ríos e o mar ao carón do nosoacuario mentres observamos a Nemo e Dourado nadar no noso fermoso acuario.

Así tódolos venres ao entrar do recreo nos sentamos a escoitar un tema moi caladiñose coas orellas ben atentas, é un momento especial, relaxado e íntimo que a todos nos engaiola.

Estas audicións están dispoñibles no nosoblog dende os luns de cada semana a disposición de todos os que queiran ir escoitando e lendo a información que sobre o autor deste está publicada.

Esta profe de música ten unhas ideas xeniais. Estamos encantados!.

Page 6: Os nosos ríos

PEIXES NO CHAN Para disfrutar mellor das audicións

decidimos facelo viaxando en motivos mariños, e así foi como nos entregamos á tarefa de diseñar e crear estes peixes nos que cada venres nos sentamos a disfrutar da música acuática que nos propón a nosa profe.

Foi tamén unha experiencia moiproductiva na que houbo que debatir sobre a forma e o diseño que máis nos gustaban para os peixes, medir para atopar o tamaño axeitado para que todos puidesemos entrar dentro xuntos, calcular canta cinta necesitabamos, escoller as cores…. Levounos aínda ben tempo pero os resultados foron moi merecedores deste esforzo.

Page 7: Os nosos ríos

O DÍA DE ROSALÍA Con motivo do día de Rosalía

fixemos tamén unha pequena

homenaxe a esta autora

recitando ao carón de Nemo e

Dourado parte do seu poema:

“ Adeus ríos, adeus fontes,

adeus regatos pequenos…

Nesta actividade participamos

todos as nena/os do cole que

quixemos e foi ben divertido…

Page 8: Os nosos ríos

O LIBRO DA AUGA Este fermoso traballo de

investigación que fixeron as

nenas/os de 1º, 2º e 3º e que

logo tiveron a xenerosidade

de compartir con todos os do

cole, levounos a coñecer o

ciclo da auga e os seus

estados, os seus usos,

contos…

Page 9: Os nosos ríos

O LIBRO DO RÍO CABE Neste traballo que se fixo na

aula puidemos investigar

sobre distintos aspectos do

noso río.

Nun mapa localizamos onde

está a fonte na que nace e o

Val do Incio a onde fomos de

excursión para ver o río.

Recollemos os usos que se

fan da auga do río Cabe e

unhas cantas cousas máis.

Page 10: Os nosos ríos

SAÍDA AO RÍO CABE Recollemos os usos que se

fan da auga do río Cabe

como regadío dos prados.

Para o que se construiron

hai xa moitos anos estas

fermosas calzadas que

encauzan a auga do río cara

as presas que regan os

prados.

Page 11: Os nosos ríos

MOER NO RÍO CABE Úsase tamén a auga do río

para mover as pedras do

muíño de Saa , que nos

permiten sacar unha rica

fariña dos grans de trigo,

centeo ou millo que as

xentes do lugar traen a este

muiño centenario. Aínda que

isto se faga cada vez menos

xa.

Page 12: Os nosos ríos

O MUIÑO

Page 13: Os nosos ríos

PESCAR NO RÍO CABE Usamos o río para pescar

unhas riquísimas troitas,

unhas troitas de pintas

vermellas e sabrosa carne

que din que tan boas coma

estas non as hai noutro

lugar.

E os avós nos contan que

tamén houbo noutro tempo

unhas deliciosas anguías

que hoxe xa son ben difíciles

de atopar.

Page 14: Os nosos ríos

CANTA AUGA!

Page 15: Os nosos ríos

A FONTE E A ESTACIÓN

DE BOMBEO DE AUGA

En Cabo de río hay unha fonte de auga limpa e fresquiña que nos dáauga para todos, e alí está a estación de bombeo que nos manda a auga cara a Cruz do Incio.

Esta estación de bombeo suministra a auga que consumimos nas casas para gran parte do noso concello así como tamén é a auga que consumimos no noso cole e outroslugares.

Vimos a fonte onde nace e e as bombas que a bombean e os tanques que a purifican grazas á colaboración do encargado destaestación, Pepe do Sancho.

Page 16: Os nosos ríos

RELAXARSE, NADAR E

XOGAR…

Para desfrutar e relaxarse na

area recreativa de Cabo de

Río tal e como nós fixemos.

Pois alí aproveitamos para

xantar, facer obradoiros de

pintura e elaboración de

xoguetes con material de

reciclaxe cos envoltorios dos

bocatas, xogamos a facer

saltar a pedra na auga,

cantamos e bailamos…

Page 17: Os nosos ríos

XANTAR E XOGOS

Page 18: Os nosos ríos

QUÉN VIVE NO RÍO CABE Investigamos tamén cales

son os seres que viven no

entorno do río e a nosa

sorpresa foi ben grande

cando vimos a cantidade de

seres que aquí moran :

Ras, lontras, aguaneiros,

píntegas, lavandeiras, merlos

rieiros, cobras sapeiras, arañas

pescadoras…

Page 19: Os nosos ríos

POLA BEIRA DO RÍO… E ademais coa axuda das

nosas familias puidemos

coñecer fermosas poesías,

adiviñas e cancións que nos

animamos a aprender e que

incluso cantamos, grabamos

e logo colgamos no noso

blog.

Guau que divertido foi todo

iso…

Page 20: Os nosos ríos

NOVOS AMIGOS PARA NEMO E DOURADO

O 11 de abril celebramos unha festa de convivencia no noso cole coas nenas e nenos do cole de Oural e os seus profes.

E como eles saben que nos gustan moito os peixes, tivemos a sorte de que nos agasallaron cuns amiguiñospara Nemo e Dourado.

Guau que sorpresa máischula!. Agora xa son un montón.

Page 21: Os nosos ríos

REMATADO O PROXECTO

SO NOS QUEDA DICIR:

FERMOSA EXPERIENCIA!

ADEMAIS QUEDAN CON NÓS NEMO, DOURADO E OS SEUS AMIGOS

QUE NOS ACOMPAÑARÁN TODO O CURSO.