os nosos textos

30
OS NOSOS TEXTOS 1 OS N OS N OS N OS N OS NOSOS TEXT OSOS TEXT OSOS TEXT OSOS TEXT OSOS TEXTOS OS OS OS OS CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE

Upload: ma-dolores-mantinan-loureiro

Post on 10-Mar-2016

249 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Contos curtos do alumnado de 4º B

TRANSCRIPT

Page 1: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 1

OS NOS NOS NOS NOS NOSOS TEXTOSOS TEXTOSOS TEXTOSOS TEXTOSOS TEXTOSOSOSOSOS

CEIP JUAN FERNÁNDEZ LA TORRE

Page 2: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 2

Page 3: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 3

TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL

Roberto Vidal Bolaño

O ANANO: Velo aí tes o tesouro que eu gardo. É de fíos preciosos. Pero sóte poderás facer con el se es quen de me falar nunha lingua que eu noncoñeza. E coñézoas todas. Galego, francés, alemán, chinés, hebreo, que-chua... Veña, di algo! Se non o entendo, é teu.O TATEXO: (Con grande esforzo) Poppoiis nononon mememe popopode-rei fafafafacer cococon el.O ANANO: Como dis? Repítemo outra vez, por se non oín ben.O TATEXO: Quequequeque nononon mememe popopoderei fafafafacercococon el.O ANANO: (Con asombro) Non pode ser.O TATEXO: Oooooo qqqqque?O ANANO: Non hai maneira! Non te entendo!Non podes falar máis claro?O TATEXO: Nonononon seseseñor.O ANANO: Pois amoláchesme! Esa linguanon a coñezo. Toma, aí o tes, o tesouro éteu. (O rapaz, sen o crer alá moito, bóta-lles man aos fíos todos e disponse a saírcon elescorrendo)O TATEXO: Momomomomomoitatatatasgragragragracias.O ANANO: Antes de que te vaias e, só pormatar o verme, en que lingua me falaches?O TATEXO: Eeee en en en cacacal hahabía ser? En galego, naturalmente!Pero son tatexo e ás veces entrampállome un pouco. Aínda que non sem-pre, como pode ver.O ANANO: Serei paspán! Como non me decatei?

Page 4: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 4

Un día, a nai de T-Rex levou ao seu fillo ao parque. Despois foi ao banco acoller un pouco de diñeiro, de repente chegaron uns ladróns e roubarontodos os cartos, menos os da caixa forte. Chegou a policía e os ladrónscolleron prisioneiras a todas as persoas que estaban no banco.Despois atoparon a caixa forte e obrigaron ao director do banco a abrila,porque eles non sabían o contrasinal; na caixa atoparon moito diñeiro elingotes de ouro. Cando escapaban, T-Rex atacou a un ladrón e botounocontra outro, ferindo aos dous. Logo agarrounos coas súas poutas, levo-unos fóra e entregoullos á policía que os levou a comisaría.

O FILLO DE T-REX

Aarón

Page 5: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 5

Un día unha fada sentiuse mal porque perdera o su precioso colgantecorazonciño que era moi importante porque a convertía nunha fada. Elaacordouse da súa avoa que tiña outro igualA fada pensou:- Teño que ir polo colgante da avoa!Foi voando a toda presa ata que chegou á casa da súa avoa e petou:toc,toc,toc!A avoa abriulle e preguntoulle:- Que che pasa, miña netiña?- Perdín o meu colgante corazonciño - dixo a fada.A avoa respostoulle:- Eu teño un, podo darcho! Pero ... tes que superar unha proba.A fada preguntoulle.- Cal è?- Voar ata a montaña máis alta- dixo a avoa.A fada e súa avoa foron ata alí. Ao chegar a fada xuntou toda a súa forza ecomezou a voar. Cando estaba arriba de todo apareceu o colgante cora-zonciño. Estaba alí! e a fada sentiuse feliz.

A FADA QUE PERDEU O CORAZÓN

Ainhoa

Page 6: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 6

Unha vez unha quimera atopouse cunha serea e fixéronse moi amigas.Un día a serea foi mergullarse ao mar e a quimera foi con ela. Tamén apren-deron a voar e a subir ás árbores e aos tellados das casa. Despois queda-ron para comer nun Castelo, pero estaba pechado por vacacións. Comonon tiñan cartos para comer comezaron a dar voltas, ata que atoparonunha casa cunha ventá aberta e entraron.Naquela casa había unha familia xantando, pararon de xantar e convida-ron á quimera e á serea. Xantando e falando fixéronse moi amigos; tantoque decidiron vivir todos xuntos.

A QUIMERA E A SEREA

Alejandro

Page 7: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 7

Había unha vez, un paxaro das cores do arco da vella, que vivía no interiordo globo terráqueo. Sempre estaba feliz e contento.Un día o interior da terra contaminouse e o paxaro xa non foi feliz. A conta-minación afectou ao paxaro, que perdeu as súas cores e converteuse nuncorvo.O paxaro non sabía o que facer e escapou cara a superficie.O sol quentou a esa criatura e volveu ser coma o arco da vella.Esa ave era preciosa, coa súa velocidade e a súa forza, dedicouse a des-truír as fábricas do mundo e conseguiu que a contaminación non chegaseao seu fogar, nin á superficie do globo terráqueo.

O PAXARO XUSTICIEIRO

Andrea

Page 8: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 8

Había unha vez un zombie que non sabía escribir e sentía envexa de douscompañeiros, porque eles si sabían.El tentaba escribir, pero sempre llesaían garabatos.Un día, cando foi á escola, mandáronlle escribir unha redacción e púxosea chorar. A mestra preguntoulle:- Por que choras?El explicoulle o seu problema e a mestrar díxolle:- Non te apures, xa che ensino eu.Pero por moito que se esforzaba en ensinarlle a mestra, non aprendía.Un día, a profesora, tivo unha idea: agasallouno cun lapis máxico quefalaba. O zombie estaba moi contento e non tardaron moito en facerseamigos. O lapis sempre escribía por el, e cando ían á escola xogaban nopatio. Os seus compañeiros sentían envexa, agora o zombie facía a mellorletra de toda a escola. Os seus compañeiros querían roubarlle o lapis,pero sempre que o capturaban escapaba.O zombie estaba moi feliz, tiña un amigo que o axudaba.

O ZOMBIE E O LAPIS

Brooklyn

Page 9: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 9

Había unha vez, no reino do Humor, unha bruxa, pero …non era normal,era BOA. Tiña moitos dragóns.Un día de verán o cazador de Petania chegou ao Reino do Humor, foi ácasa da bruxa e matou a todos os dragóns, menos un, para comer a súacarne e utilizar os ósos... No seu lugar deixou mil cincocentos humores(moeda do Reino do Humor).A bruxa cando chegou colleu un desgusto, pero pensou que con esescartos podía mercar seis dragóns; así tería sete. Decidiu que se dedicaríaá cría de dragóns.Cinco anos despois, foi ao bosque Combín e pasou un tempo moi feliz cosseus dragóns, ata que chegou o cazador de Petania. Tiña medo de que llematase aos dragóns. Avistou un saco, meteunos dentro e marchou co-rrendo para casa. Coa presa caeulle o saco e púxose a chorar, pensandoque ía chegar o cazador, pero os dragóns saíron do saco e marcharonvoando. Nese momento sentiuse moi feliz.

BRUXAS, DRAGÓNS E MOITO MÁIS

Daniel

Page 10: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 10

Había unha vez un gato moi bo, tiña o pelo moi suave e unha bonita cor.O gato subíase a mesa e miañaba, porque lle gustaba estar alí. A súa donanon lle deixaba, porque manchaba toda a comida.Un día o gato escapou para o monte; a súa dona chamábao e non viña, ninpara comer.A dona saíu a buscalo, non o atopou e voltou para casa. Ao chegar o gatoestaba alí comendo.- Por que te escapaches, gato malo? - rifoulle a señora.O gato quedou triste e botouse a descansar.Ao día seguinte volveuse tolo e empezou a morder, botar os dentes egruñir.

A MESA E O GATO

Diego

Page 11: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 11

Había unha vez un arqueólogo que viaxaba ao pasado co seu ordenador.Cando chegou instaláronse nun campamento. O arqueólogo foi traballar edeixou o ordenador no campamento.Un dinosauro foi ao campamento, para ver o que había e atopou o ordena-dor, que o mirou con moito medo.O ordenador, tragando o medo preguntoulle:- E ti quen es?- Son un dinosauro- respondeu.- Es carnívoro?- volveu preguntar o ordenador.- Non, son herbívoro- respostou o dinosauro.- Que susto me deches, pensei que eras carnívoro e me ias comer- dixo oordenador.- E ti quen es?- preguntou o dinosauro.- Eu son un ordenador- respondeu.- Que é iso?- preguntou o dinosauro.- Son un aparato moi intelixente- dixo o ordenador.- Queres ser o meu ordenador?- preguntou o dinosauro.- Si, corre que vén o arqueólogo e vaise asustar- respostou o dinosauro.- Con quen falabas?- preguntou o arqueólogo ao dinosauro.- Cun dinosauro que quería ser o meu amigo, pero pensei que te asusta-rías e mandeino marchar- dixo o ordenador.- Non te preocupes, que non me asusta, dille que volva mañá- contestou oarqueólogo.O dinosauro voltou ao día seguinte e os tres foron moi amigos.

O ORDENADOR E O DINOSAURO

Edwin

Page 12: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 12

Había unha vez un robot que vivía no Polo Norte. Alí ía moito frío, perocomo era de metal non o tiña.Un día, cando foi comer atopouse cun vello amigo, o Oso Polar. Despoisforon á piscina xuntos e o robot, contoulle que quería ir en coche a Anda-lucía, porque estaba farto de vivir no Polo, pero non podía porque o seucoche tiña as rodas pinchadas. O Oso Pardo acordouse de que había untaller, con forma de iglú, e seguro que alí poderían incharllas. Foi alí,incháronlle as rodas e puido ir de viaxe.A viaxe foi fantástica, pero aos poucos días botou de menos ao seu ami-go. Así que decidiu volver ao Polo con el. Alí viviu feliz para sempre.

UN ROBOT NO POLO NORTE

Eva

Page 13: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 13

Nun aeroporto vivía unha mopa.Unha noite, un pasaxeiro acendeu unha vela para ler un libro. Despoisdun anaco tivo que ir para o avión, apagou a vela e deixouna tirada nochan.Pola mañá a señora da limpeza colleu a mopa e púxose limpar o aeropor-to. A mopa atrapou a vela.- Ai,ai, ai!- berrou a vela. Por que me atrapas se eu non son lixo?- Porque o meu traballo consiste en atrapar todo o que estea no chan-respondeu a mopa.- Déixame marchar - pediulle a vela.- Vale, por esta vez déixote marchar, pero non volvas por aquí - contestoua mopa.A vela marchou toda contenta e nunca máis volveu por alí.

LÍO NO AEROPORTO

Fati

Page 14: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 14

Había unha vez unha ventá que era moi revoltosa.Un día cando estaba xogando, cos seus amigos, destruíu un floreiro, douspratos e tres taboleiros. A xente que andaba por alí, chamoulle “A ventádestrutora”. A ela non lle gustou nada.Pasaron os días e a ventá seguía moi desgustada, ata que un día esque-ceuse, a xente tamén esqueceu e non lle volveron chamar nunca máis“ventá destrutora.

A VENTÁ DESTRUTORA

Fátima

Page 15: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 15

Había una vez un barco novo que non vía moi ben e case sempre chocabacos outros barcos. O seu dono estaba preocupado porque non paraba dechocar e decidiu lévalo ao médico dos barcos, que estaba a tres mazásda súa casa.Cando o médico lle preguntou que lle pasaba ao seu barco, díxolle quenon vía ben. O médico mandouno ao oculista dos barcos.O oculista, despois de mirarlle a vista, díxolle que precisaba gafas.Na óptica, ao barco chamáronlle a atención unhas gafas moi bonitas emercounas. Púxoas e converteuse no barco que mellor vía da súa zona.

O BARCO CON GAFAS

Jenny

Page 16: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 16

Érase unha vez un oso panda que vivía nun zoo.Un día había unha festa, no zoo, cuns músicos tocando a gaita. Cando osmúsicos descansaban, o oso panda colleu unha gaita , porque pensabaque era comida, e comeuna. Despois de comela, comezou facer ruídosraros ao respirar.Ao rematar o descanso, os músicos foron buscar as gaitas para volvertocar, pero faltáballes unha. Comezaron a buscala e non a atopaban, pen-saron que lla roubaran e chamaron a policía.A policía comezou a rexistrar todo. Cando chegou xunto ao oso escoitouo son da gaita e deuse conta de que o oso a comera. Chamaron ao veteri-nario para que lle dera uns pos para que devolvera a gaita.Ao día seguinte apareceu a gaita e fixeron festa outra vez.

O SON DO OSO PANDA

Kico

Page 17: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 17

Había unha vez un raposo que tiña de mascota unha cadeira e eran moiamigos.Un día o raposo descubriu que a cadeira non falaba nin andaba… tiña quebuscar unha solución rapidamente, pero non se lle ocorría nada.Despois de moito pensar tivo unha idea: - Xa sei! Iremos xunto a bruxaCapucha a pedirlle un antídoto. Son un xenio! Aínda non o creo.Pois foron. Chegaron ata a casiña da bruxa Capucha e ela riuse, cando oraposo lle dixo o que quería.- Ah, ah ah! Un antídoto para a cadeira! Ah,ah, ah! – dixo a bruxa. Non vesque a túa mascota é unha cadeira e que non pode facer nada? Ah, ah, ah.O raposo e a cadeira volveron tristes para a casa.Polo camiño o raposo tivo outra idea:- Xa sei! Iremos ao oculista e daranos unha solución.Foron, o oculista deulle unhas gafas e así foi como se solucionou todo.

O RAPOSO E A CADELA

Lara

Page 18: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 18

Había unha vez un can que sempre estaba atado cunha corda á parede.Un día decidiu falar coa corda para que o soltara e puidera ser libre, peroa corda negouse. O can díxollo á dona da casa e ela estaba de acordo endesatalo e intentou quitarlle a corda, pero non puido. Pasaron anos, anose anos e a corda non se soltaba, ata que un día…- Porque non te soltas? -Preguntou o can.- Voute contar un segredo - contestou a corda- non me gusta que tisufras, pero é que, se non me precisan para nada tíranme ao lixo e eu nonquero ir alí- Por que non mo dixeches antes? - exclamou o can – Veña, dirémoslloá dona.Dixéronllo, e a dona contestou:- Que parvada! Pode servir para outra cousa.A corda ao escoitar á dona soltouse e converteuse no xoguete do canetamén na súa mellor amiga.

A CORDA E O CAN

Lía

Page 19: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 19

Érase unha vez un pequeno trasno chamado Idfil, que vivía nun bosque,ao pé do Everest. Cerca había un cuartel xeneral duns soldados.Un día, Idfil foi ver o cuartel. Utilizou a súa maxia e manipulou a porta.Dentro había un canón, e Idfil dixo.- Ola! Son Idfil, e ti como te chamas?- Chámome R2R- dixo o canón.De súpeto, un soldado capturou a Idfil e R2R dixo:- Sóltao inmediatamente, soldado de pacotilla!Ao cabo dun anaco o soldado soltou a Idfil e dixo:- Moitas grazas amigo!!!E dende ese día Idfil e R2R fixéronse amigos.

O CANÓN E O TRASNO

Lorena

Page 20: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 20

Hai moito tempo Pepito Grifo contoume a súa grande aventura.- Queredes que vola conte? Seguro? Vale, aí vai.Cando construíron a Pepito, o señor que o montou tivo un fallo, puxo aPepito dentro de algo radioactivo e agora pode falar, por iso contoumotodo.- SSS! Silencio, que empezo.Pepito ía ir nunha nave espacial, pero cando o instalaron puxérono malno foguete, porque… puxérono fóra da nave. O foguete ía arrancar 5,4,3,2,1… e bum!. Pepito saíu polos aires , convertido nun grifo astronauta.Cando aluaron, alguén, supoñemos que un astronauta, colleuno e colo-couno dentro da nave. Todos os astronautas, por fin!, puideron beber eao rematar a súa misión, volveron felices cara a terra, sobre todo o tíoPepito Grilo, que conseguira viaxar á Lúa.- Gustouvos? A min si!

UNHA GRANDE AVENTURA

Lucía

Page 21: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 21

Nun Castelo vivía a palabra corvo; estaba moi triste porque íaselle morrera letra “O” (a que está despois do “C”).O “O” pediulles ás letras “C”, “R”, “V” e a o outro “O” un desexo.- Antes de morrer, quero que o meu lugar o ocupe o “E”, desexo inventarunha nova palabra.As letras puxéronse a buscar o “E”. Non querían que morrera sen cumpriro seu desexo.O “C” dixo:- Iremos xuntiños, para non perdernos.Pasada unha hora apareceu o “E”. Viña da horta de buscar melocotóns.Collérono e o colocaron entre o “C” e o “R” e así foi como se inventou apalabra “CERVO”.

COMO SE INVENTOU A PALABRACERVO

Mario

Page 22: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 22

Había unha vez, nunha selva, un tigre de bengala, chamado Manolo e unhaserea, que se chamaba María.A Manolo gustáballe María e a María gustáballe Manolo. O malo era que otigre vivía na terra e a serea vivía na auga. So se podían ver na beira daauga. Pasaba o tempo e querían seguir xuntos.- Como poderemos facer para estar xuntos?- preguntábanse.Ata que un día, Manolo atopou á bruxa Sara e contoulle o seu problema.Sara fixo un conxuro que converteu a María nunha rapaza moi guapa,pero tíñalle medo ao tigre.Manolo, desesperado volveu xunto da bruxa e preguntoulle se podía con-vertelo a el nun rapaz.A bruxa fíxolle tomar un beberaxe que o converteu nun rapaz. Manoloquedou contentísimo, foi correndo na procura de María e viviron felices ecomeron perdices.

O TIGRE DE BENGALA

Mateo

Page 23: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 23

Había unha vez un robot chamado Bolt, que vivía na cidade de Vigo.Un día Bolt foi mercar o xornal e preocupouse moito, porque leu a noticiaseguinte:“ Un barco bombardeiro pantasma arrasou as cidades da costa. O barcoatópase na cidade de Porto e agárdase que nos próximos días chegue ánosa cidade. Recomendámoslles aos habitantes que se afasten da cos-ta”.Bolt, o robot decidiu buscar un mago, que vivía na beira do río. Candochegou xunta o mago díxolle:- Pódesme dar algo para eliminar un barco pantasma?- Si, teño unas bombas matapantasmas que che poden servir- contes-tou o mago.Bolt, dirixiuse á costa de Vigo coas bombas matapantasmas e agardou achegada do barco bombardeiro.Cando chegou, Bolt lanzoulle as bombas e o barco estoupou e desapare-ceu.

BOLT, O HEROE

Pablo

Page 24: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 24

Había unha vez un astronauta que vivía nunha aldea moi antiga e quequería ser algo máis ca un astronauta.Un día, mentres camiñaba polo corredor pensou, “que escuro está, ogallápuidera iluminalo”. O astronauta pensou, pensou e pensou e dixo:- Xa sei inventarei un dispositivo para iluminar un cuarto, pero... como ochamarei? Ah! chamareino“ INTERRUPTOR”.O astronauta traballou, traballou e traballou ata que o conseguiu. Cando ologrou díxolle a todo o mundo que atopara unha maneira de iluminar uncuarto con so darlle a un botón. O pobo quedou moi contento e probarono “INTERRUPTOR”. Funcionou! Dende entón, nese pobo teñen luz en todos os cuartos das casas.

O ASTRONAUTA SABIO

Raquel

Page 25: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 25

Había unha vez unha fada que vivía nun país que se chamaba “O País daFantasía”. Tamén había un pequeno dragón, que vivía nunha cova.Ao pequeno dragón non lle gustaba vivir na cova.Un día o dragonciño, atopou á fada e contoulle o seu problema. A fadaconcedeulle tres desexos. Non sabía que pedir, pero mirou a súa cova e…Pediu o primeiro desexo:- “Quero que a miña cova sexa máis elegante”.O segundo desexo foi:- “Quero ter unha muller”.E por último, o terceiro desexo foi:- “Quero ter un traballo”.A fada dixo as palabras máxicas: “Didím, bedím, dibo, dibodím”.E os desexos cumpríronse, todo rematou moi ben e o dragón tivo dousfilliños.

A FADA E O PEQUENO DRAGÓN

Silvia

Page 26: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 26

Érase unha vez un mundo onde vivían as gaitas.Ás gaitas gustáballes xogar a tocar música, pero había unha que tocabamal a melodía e por iso a botaron fóra do grupo. Cando marchou, púxosea practicar. Practicou e practicou ata que aprendeu moi ben a canción. Asoutras gaitas, cando o souberon deixáronlle tocar con elas.Pasado un tempo apareceu por alí o monstro “Roubamúsicas” e quedo-use con todas as melodías, menos coa da gaita que tocaba mal. Como asoutras gaitas non tiñan voz, a gaita que tocaba mal encargouse de buscarao monstro e convencelo de que lles devolvera as melodías ás súas ami-gas, para poder tocar, todas xuntas, no concerto de Primavera.Convenceuno e todas xuntas deron un gran concerto.

O MUNDO DAS GAITAS

Xoán

Page 27: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 27

CONTOS COMPARTIDOS

Lucía e Darío Cabarcos

Unha vez, nun bosque preto da Coruña, vivía un moucho máxico. Un díadecidiu invitar ao seu amigo o coello a tomar roscas de Vilalba, mentresvían o partido do Dépor, xa que o moucho tiña entradas para a tribunasuperior.Cando rematou o partido atoparon un pingüín, algo perdido polo bosque,que andaba a buscar ao moucho máxico para que realizase unha misiónsuper segreda: «salvar o futuro».- Pero que me dis?- sorprendeuse o moucho.- Pois iso, que unha misión no futuro -respondeu o pingüín con total natu-ralidade.A todo isto, o coello seguía a comer nas roscas. O moucho máxico e opingüín chamáronlle a atención por ser tan glotón.- Como sigas así non vas caber polas portas -dixéronlle.- Vale, vale... Tampouco é para poñerse así - respondeu o coello.O moucho e o pingüín marcharon cara detrás dunha árbore onde estaba anave para viaxar no tempo. Unha vez chegados ao futuro, o pingüín expli-cou en que consistía exactamente a misión:- O malvado gato negro -explicou o pingüín- quere apoderarse de toda areserva de sardiñas da nosa cidade, que é o alimento esencial dos pin-güíns que vivimos aquí.Acercáronse cara a reserva, cando de repente apareceu un robot xigante.Ese robot manéxao o malvado gato negro. O robot tiña forma de gato, porsuposto.- Rápido, todos a cuberto! -dixo o pingüín-. Deixádelle ao moucho queloite cos seus poderes.

O MOUCHO MÁXICO

Page 28: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 28

O robot debía medir polo menos cicuenta metros, era xigantesco. O mou-cho pensou na súa estratexia. Fixo aparecer un novelo de lá xigante. Omalvado gato negro non puido resistir a tentación de xogar con el. Apro-veitando o despiste, o moucho lanzou un enfeitizamento para facer que onovelo xigante enroiase o seu fío ao redor do robot, atrapando ao malva-do gato negro nunha enorme bóla de lá.- Grazas pola túa axuda -agradeceu o pingüín-. Sen ti non poderiamosfacer nada. Como podemos agradecercho?- Non é necesario pedir nada a cambio por axudar aos amigos. Con queme leves outra vez ao meu tempo será suficiente.Así foi como o pingüín levou de volta ao moucho máxico ao seu fogar,onde o esperaba o coello, con máis roscas de Vilalba. Despedíronse dopingüín, que volveu ao futuro.

Page 29: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 29

Page 30: OS NOSOS TEXTOS

OS NOSOS TEXTOS 30

ROBERTO VIDAL BOLAÑOROBERTO VIDAL BOLAÑOROBERTO VIDAL BOLAÑOROBERTO VIDAL BOLAÑOROBERTO VIDAL BOLAÑODÍA DAS LETRAS GALEGASDÍA DAS LETRAS GALEGASDÍA DAS LETRAS GALEGASDÍA DAS LETRAS GALEGASDÍA DAS LETRAS GALEGAS

17 DE MAIO DE 201317 DE MAIO DE 201317 DE MAIO DE 201317 DE MAIO DE 201317 DE MAIO DE 2013

AlumnADO 4ºBAlumnADO 4ºBAlumnADO 4ºBAlumnADO 4ºBAlumnADO 4ºB

CEIP «Juan Fernández LatorreCEIP «Juan Fernández LatorreCEIP «Juan Fernández LatorreCEIP «Juan Fernández LatorreCEIP «Juan Fernández Latorre