mónica alonsoculturagalega.gal/album/docs/01 alonso.pdfrepresenta unha arquitectura irrealizábel,...

3
Dende Archigram e Archizoom, a arquitectura tense como unha ciencia das utopías. Dende Vito Acconci e os seus estudos sobre os espazos públi- cos e privados, reminiscencias da arquitectura, a escultura xogou a ser un hábitat utópico, unha arquitectura inútil. Cando a mediados do século XIX, dende os bosques de Nova Inglaterra, Henry Thoreau elo- xiou o estado de sabedoría do home salvaxe, aquel que debeu existir antes de realizar o contra- to social, recriminou á civiliza- ción que creara unha arquitec- tura inaccesíbel para a maior parte da humanidade. É neste canto ao esencial, ao básico e o necesario, onde Mónica Alonso se une a H. D. Thoreau. Entender o fundamental, diseccionar o espazo doméstico e extraer coma se fosen as vís- ceras quentes dalgún animal na vertixe da súa extinción os ele- mentos configuradores da larei- ra, forma parte do traballo de Mónica Alonso. Como un cirur- xián que extirpa os órganos enfermos, ela obvia o prescindí- bel e entón unha porta, unha fiestra ou unha cama cobran sentido, que non é o meramen- te físico senón un mental ou espiritual e confórmanse coas vivencias do ser. A aparente inxenuidade dunha habitación construída como unha maqueta, a escala, pinta- da, retocada, transfórmase nunha arquitectura das obsesións, que indaga e fai meditar, e repite con cadencia interminábel a necesidade de ato- par un lugar onde descansar… os soños. Coñecemos os gravados de M. C. Escher, fascí- nanos deles ver como escaleiras, columnas e muros se entrecruzan, e engánannos sempre, e vemos por uns segundos como o irreal se trans- forma en real. Do mesmo xeito que M. C. Escher mónica alonso a construción dos soños A súa obra é excesiva aínda que é minúscula. Excesivamente poboada de arquitectura, de trampas, de percorridos e labirintos. Os títulos das súas series son reveladores dunha persistencia e obxectivos que aparecen cada vez máis nítidos: Habitacións para conversar, Construíndo o descanso, Acaroados, Asépticos, Somniurizado. É en 1994 cando a autora inicia este ciclo en que vai depurando a súa linguaxe e abandona toda a equipaxe innecesaria no traxecto da creación. Álvaro Rodríguez Fominaya Cama amarela para transplante de suicidio. 160 x 70 x 46 cm. Poliéster rvf pintado, estrutura metálica, pintura plástica sobre parede. Colección Caixa Galicia. 2007

Upload: vuthuan

Post on 09-May-2018

216 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Dende Archigram e Archizoom, a arquitecturatense como unha ciencia das utopías. Dende VitoAcconci e os seus estudos sobre os espazos públi-cos e privados, reminiscencias da arquitectura, aescultura xogou a ser un hábitat utópico, unhaarquitectura inútil.

Cando a mediados do século XIX, dende osbosques de Nova Inglaterra, Henry Thoreau elo-xiou o estado de sabedoría do home salvaxe,aquel que debeu existir antes de realizar o contra-

to social, recriminou á civiliza-ción que creara unha arquitec-tura inaccesíbel para a maiorparte da humanidade. É nestecanto ao esencial, ao básico e onecesario, onde Mónica Alonsose une a H. D. Thoreau.

Entender o fundamental,diseccionar o espazo domésticoe extraer coma se fosen as vís-ceras quentes dalgún animal navertixe da súa extinción os ele-mentos configuradores da larei-ra, forma parte do traballo deMónica Alonso. Como un cirur-xián que extirpa os órganosenfermos, ela obvia o prescindí-bel e entón unha porta, unhafiestra ou unha cama cobransentido, que non é o meramen-te físico senón un mental ouespiritual e confórmanse coasvivencias do ser.

A aparente inxenuidade dunha habitaciónconstruída como unha maqueta, a escala, pinta-da, retocada, transfórmase nunha arquitecturadas obsesións, que indaga e fai meditar, e repitecon cadencia interminábel a necesidade de ato-par un lugar onde descansar… os soños.

Coñecemos os gravados de M. C. Escher, fascí-nanos deles ver como escaleiras, columnas emuros se entrecruzan, e engánannos sempre, evemos por uns segundos como o irreal se trans-forma en real. Do mesmo xeito que M. C. Escher

mmóónniiccaa aalloonnssoo

a construción dos soñosA súa obra é excesiva aínda que é

minúscula. Excesivamente poboada dearquitectura, de trampas, de percorridos e

labirintos. Os títulos das súas series sonreveladores dunha persistencia e obxectivos

que aparecen cada vez máis nítidos:Habitacións para conversar, Construíndo o

descanso, Acaroados, Asépticos,Somniurizado. É en 1994 cando a autora

inicia este ciclo en que vai depurando a súalinguaxe e abandona toda a equipaxe

innecesaria no traxecto da creación.Álvaro Rodríguez Fominaya

Cama amarela

para transplante

de suicidio.

160 x 70 x 46 cm.

Poliéster rvf

pintado, estrutura

metálica, pintura

plástica sobre

parede. Colección

Caixa Galicia.

2007

representa unha arquitectura irrealizábel, MónicaAlonso invádenos con esta arquitectura da impo-sibilidade e di: «A primeira vista sentímonos atra-ídos polas cores das miñas habitacións, perocomo? se non hai tellado que nos protexa, se asportas se suceden e espertan en nós a intranqui-lidade». É o paradoxo das súas esculturas, os seusobxectos, a través dos que a dualidadeatracción/repulsa penetra nos nosos sentidos.Coma se fuxindo de todas as convencións da artedo Feng Shui decidise atopar o seu propio equili-brio, a través dun proceso de ensaio e erro que sópode levar á conclusión da súa serie Construíndoo descanso.

Dende os primeiros intentos errados, a crono-loxía fixo que vaia atopando curas a estes proble-mas xeománticos, e as sucesivas esculturas con-vértense así nun modelo de experimentación queservirá para atopar o descanso.

Hai un labirinto, unha senda que guía a nosamirada en cada unha das súas pezas. Imaxinámo-

nos unha viaxe e entramos por unha fiestra espi-da, saímos polo teito sen teito e volvemos entrar,así até chegar ao fastío, ao recoñecemento senter que ver o lugar, sen ter que tocalo. Interpreta-mos o limes, a fronteira que conecta o material cointelectual. Existe un preciso momento, calqueraque sexa, no que mudamos en Minotauro parapercorrer as estancias. E existe outro momento,impreciso este, no que a autora toma a vida deDédalo en préstamo imperceptíbel.

Hai cores que atraen: está comprobado. Cal-quera de nós sufriuno cando saíu ao campocunha camiseta de cor equivocada e todos osinsectos do mundo querían libar nos nosos petos.E Mónica Alonso usa este recurso con precisión,premeditadamente, e utiliza o vermello, o verde,o azul… «como unha trampa», recórdanos.Cores rechamantes, estridentas, excesivas, quenos chaman e hipnotizan. Este efecto fascina áautora e emprégao como un xogo que lle divirte.

Hai portas, fiestras e camas. É o ABC do espazo

doméstico. Tras o cabezal da cama ignoramos oque ocorre máis aló da parede. En Acaroados estedescoñecemento vólvese angustia, necesidade desaber, inquietude. Mediante a transparencia ficti-cia das paredes observamos as escenas que sesuceden no espazo máis próximo e máis alleo: oque está xusto detrás dos nosos muros. Solucio-namos o insolúbel, e outra vez o irreal vólvesereal. A cama é o único espazo irredutíbel, a cáp-sula que nos protexe e envolve, pero tamén senos aparece como o espazo da vulnerabilidade.Quizais por iso hai que elevarse para salvarse dodesastre, da violación, do permanente abismo. Ásveces hai fiestras onde nonhai portas, ou hai portasonde non hai fiestras,entón confúndense asunhas coas outras e usúr-panse mutuamente a súafunción, pérdense nestamestura, arrásanse nestecaos. Outra vez non existenas portas, nin os muros, ninningún outro signo doesencial salvo a cama, etransfórmase aínda máis ensímbolo. Entón o esencialtórnase extrapolábel, inter-cambiábel e apárvanos.

Hai asepsia, que é undeses conceptos que xor-

den de forma casual para Mónica Alonso. Unhaimaxe chega para converter unha idea nunhanova peza. Contemplar a serie Aséptico é entraroutra vez no túnel da imposibilidade. A disposi-ción de pequenas bólas no chan impide o que ltítulo anuncia, proscribe a asepsia e mergúllanosnese ámbito da contradición no que transita aautora.

Acaroados 3 é o proxecto que Mónica Alonsopresenta na Sala Montcada. «É a posibilidade deproxectar un edificio logo de crear tantas habita-cións illadas», sinala a escultora. As 12 plantas daconstrución, coas súas correspondentes 27camas, elévanse até ocupar case todo o espazo.Agora non é senón cuestión da gravidade, da físi-ca e de Newton, agora que as súas camas rozano teito, nun equilibrio inconstante, suxeitas poruns elásticos, expostas á caída, ao quebranto.Aínda que sempre houbo unha retórica e unhapresenza da levitación nas súas habitacións. Atécando tiñan os seus pés na terra, eran uns pésdébiles, diminutos, uns pés de xirafa que relata-ban a vontade de illarse, de separarse, de diciradeus.

Ás veces preguntámonos polo sentido quecobran os títulos das obras, entón estes respón-dennos. ❚ 1997

Centrígura para

fantasías.

Intervención.

Medidas

variábeis.

Fundación Caixa

Galicia. 2004

Cuarto amarelo. 112 x 76 cm. Técnica mixta. 1993

Sósinha,

15 x 21 x 11 cm.

Técnica mixta.

2007

Se fago memoria é o amarelo a primeira cor queutilizo, os Cuartos de Loucura e o Cuarto Amare-lo (1993) son a orixe. En Adosados 3 (1997), amaqueta dun edificio de 48 vivendas con 12 cuar-tos destacados en cores e 27 camas, o meu é odo 3º andar, o cuarto amarelo. É amarelo o cuar-to de Somniurizado 1, (1997) o previo ao somnioe unha das 5 terapias de 5TC (2002). Amarelo =ilusión: «Ideal para persoas que busquen recobrara ilusión perdida. Incide directamente sobre ossentimentos e a fantasía, recomendada para per-soas soñadoras ou con inspiración creativa».

Deixa o amarelo de ter unha intención clara namiña obra até que a finais de 2004 (bolsa da Fun-dación Yaddo) comezo a traballar nos Transplan-tes de suicidio e materializo as pezas Cor de carnetriste 1 e 2 (2006). Teño a sensación de ter pecha-do un círculo no amarelo coa obra de 1993 a2004 e marcho a Roma para buscar en FedericoFellini, respostas que xa buscara ao inicio. Reco-ñezo que a percepción do peche dese círculoamarelo me produciu vertixe pero ao mesmotempo un profundo alivio na procura.

As cores da carne: do verme-llo conxestivo ao verde marcia-no (2006), é unha peza deinvestigación, a carne naturalafectada polo amarelo dá comoresultado Cor de carne triste,para min un dos meus maioreslogros. Carne triste cun poucomáis de amarelo dá como resul-tado Cor de carne suicida, a corda que está feita a Cama ama-rela para transplante de suicidio(2007).

Traballar co amarelo para min é entrar noterreo da enfermidade mental, da melancolía, daTristeza profunda (2008) e xerar imaxes moi difí-ciles de conxelar pero nas que me empeño. Quepretendo entón cos Transplantes de suicidio?: Amaioría das persoas que teñen experimentadoalgunha vez o suicidio, posteriormente alégransede estar vivas. Din que non querían poñer fin ássúas vidas, tan só desexaban evitar a pena. O sui-cidio aparece como a opción razoada de poñerfin a un sufrimento insoportábel. Os Transplantesde suicidio materializarían esta situación: moitaspersoas teñen sentido, directa ou indirectamente,depresión e instinto suicida nalgún período dasúa vida. Se tivesen a oportunidade de achegarsea esta experiencia e visualizar a fin do seu sufri-mento, engancharíanse de novo á vida. Nesteproceso é onde se materializa o transplante.

As mensaxes que imos recibindo dende peque-nas fanse carne, a cor da melancolía é un tema dahistoria da arte. A través da localización da cor decarne suicida entraría nunha dimensión que só sepode abordar dende a disciplina artística. ❚ 2008

amarelo loucuraO amarelo é para min a cor

da loucura, escribía eu en 2002para presentar a peza Espazo

infinito (1994), hoxe volvo a estaidea para escribir este texto que

titulo así: Amarelo loucura.Mónica Alonso

Mónica Alonso (A Fonsagrada, Lugo, 1970)

Licenciada en Belas Artes, Universidade de Salamanca, especialida-

de de Escultura. Doutora en Belas Artes, Universidade de Vigo.

Bolsas e premios: Bolsa Academia de España en Roma, bolsas

MAE-AECI; Bolsa Fundación Yaddo, Nova York; Bolsa Endesa para

as Artes Plásticas; Bolsa de Creación Artística no Estranxeiro Unión

FENOSA, Nova York; Bolsa predoutoral, Xunta de Galicia; 1º Premio

de Escultura, IX Certame Galego de Artes Plásticas; Bolsa de tercei-

ro ciclo, Xunta de Galicia (1994-1996). Exposicións individuais:

2008: Frío, Galería SCQ, Compostela; Calor, Galería Tiziana Di Caro,

Salerno, Italia. 2006: Color Carne, Galería May Moré, Madrid. 2005:

Trasplantes de Belleza, Galería SCQ, Compostela. 2004: Amor en las

Nubes, Museo de Arte Contemporáneo de Valdivia, Chile; Latitudes

I (xunto a Salvador Cidras), Fundación Caixa Galicia, Compostela.

2003: Cama Roja para Entorno Natural, Galería May Moré, Madrid;

Sema, Museo Provincial de Lugo; Clínica de Percepción, Centro

Torrente Ballester, Ferrol. 2002: Productos Placer, Galería VGO, Vigo;

MITGA 1932-2020, CGAC, Compostela. 2000: MundoTerapia, Espa-

cio para a Arte, Caja Madrid, Pontevedra; Terapia Lugar de Felici-

dad, Galería SCQ, Compostela. 1997: Despertar a la meva Habitació

(xunto a Daniel Chust), Sala Montcada da Fundación “La Caixa”,

Barcelona. Exposicións colectivas (selección): 2007: Bienal de

Escultura Riofisa, Madrid; Mapas, Cosmogonías y Puntos de Refe-

rencia, CGAC, Compostela; ARCO, Madrid; Galería SCQ. 2006: Bol-

seiros da Real Academia de España en Roma, Museo de la Ciudad,

Madrid; Urbanitas. Actitudes Urbanas na Arte Galega Actual,

MARCO, Vigo; 2005: art.fair 2005 Internationale Messe für aktuelle

Kunst, Colonia; Síntesis, edificio Endesa, Madrid. 2004: Arte Lis-

boa’04; Arquitecturas del Sueño, CAAM, As Palmas; No Principio

era a Viaxe, XXVIII Bienal de Arte de Pontevedra; 9ª Fiera Internazio-

nale d’Arte. 2003: Arte Lisboa’03; Indisciplinados, MARCO, Vigo;

Xogos de Escala, CGAC, Compostela. 2002: Doméstico’02, Madrid;

Grace & Gravity, Estrany de la Mota, Barcelona; 20 anos 20 Escul-

tores Galicia Escultura, Centro Torrente Ballester, Ferrol; Figuracio-

nes desde Galicia, Caja Madrid, Museo de Pontevedra, Pontevedra.

2001: Figuraciones desde Galicia, Caja Madrid, Centro de Arte

Joven, Madrid; Premio Auditorio de Galicia, Auditorio de Galicia,

Compostela; Divino Humano na Representación Escultórica da Tra-

dición aos nosos Días, Museo Comarcal da Fonsagrada, Lugo. 2000:

XI Bienal Nacional de Arte Ciudad de Oviedo; Da Visibilidade para

ler o Mundo, Casa da Parra, Compostela. 1999: ¿Finisterrae? Casa

de Galicia en León; Hábitat, Carmen de la Guerra, Madrid; Novos

Camiñantes, Pazo da Cultura, Pontevedra; VI Mostra Unión Fenosa,

Estación Marítima, A Coruña. 1998: Fisuras na Percepción, XXV

Bienal de Arte de Pontevedra. 1997: III Bienal de Lalín, Museo Muni-

cipal Ramón Mª Aller Ulloa. 1996: Novos Valores, Pontevedra. 1995:

Salón de “Arte Xove”, Ourense; IX Certame Galego de Artes Plásti-

cas, Xuve 95, Casa da Xuventude de Carballo, A Coruña.

Cuartos de

loucura. Gravado

técnica mixta.

50 x 70 cm. c/u.

1993