lic macizo central

99
ESPAZOS NATURAIS LIC Macizo Central

Upload: monadela

Post on 15-Apr-2017

102 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: LIC Macizo Central

ESPAZOS NATURAISLIC Macizo Central

Page 2: LIC Macizo Central

Inclúe parte do Macizo Central (Serras da Queixa, Montes do Invernadeiro, Altos do Samión e unha parte das de Fial das Corzas e San Mamede); parte do val do río Bibei, cos afluentes pola esquerda e parte do Xares, pola dereita; e o val do Navea entre os encoros de Chandrexa e Guistolas.É unha área de elevado interese xeomorfolóxico e paisaxístico que acolle unha grande diversidade de hábitats e especies.

Page 3: LIC Macizo Central

SITUACIÓN:No centro-norte da provincia de Ourense. Localidades de referencia: Manzaneda, A Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso.SUPERFICIE:46.986 haCONCELLOS:O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Larouco e Montederramo (Ourense) e Quiroga (Lugo)VALORES NATURAIS:Fragas, pegadas glaciarias, , ríos, paisaxes, flora e fauna...

Page 4: LIC Macizo Central

Hai unha proposta de ampliación pendente de aprobar que inclúe o río Camba ata Viana do Bolo.

Page 5: LIC Macizo Central

PROTECCIÓN-Lugar de importancia comunitaria (LIC) 29 de decembro de 2004-Zona especial de conservación (ZEC) 31 de marzo de 2014-Inclúe o Parque Natural “O Invernadeiro” de 5.722 ha e o Monumento Natural “Souto de Rozavales” de 1,80 ha.

Encoro do Cenza desde os cumes de Fial das Corzas

Page 6: LIC Macizo Central

RELEVO/XEOLOXÍAÉ un territorio que alterna montes e vales profundos, ocupado na súa maior parte polo MACIZO CENTRAL, un extenso antiplán escalonado situado na zona centro-norte da provincia de Ourense, rodeado polas depresións tectónicas da Limia e Maceda e polos profundos canóns fluviais do Sil e do Bibei. Está dividido en dous polo río Queixa-Navea e composto por cinco serras: Queixa (con Cabeza de Manzaneda, a altura máxima, de 1.782 m), Fial das Corzas, Invernadeiro, San Mamede e O Burgo.

O Macizo Central desde o Alto do Boi (O Courel)

Page 7: LIC Macizo Central

Granitos en Manzaneda

A rocha dominante é o granito de dúas micas salvo no sector sur onde abondan os xistos, as lousas e as cuarcitas. Os materiais foron erguidos na Era Primaria, arrasados na Secundaria e rexuvenecidos na Terciaria pola Oroxenia Alpina.

Page 8: LIC Macizo Central

Bandas de xistos e cuarcitas en Fial das Corzas

Page 9: LIC Macizo Central

Lousas

Page 10: LIC Macizo Central

Cumes de Fial das Corzas

Page 11: LIC Macizo Central

SERRA DE QUEIXAOcupa a parte central do Macizo Central, con orientación N-S e nela atópanse os picos máis altos: Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), Cabeza Pequena de Manzaneda (1.777 m) e Os Toleiros (1.734 m) . Nos cumes do Seixo conflúe coa serra de Fial das Corzas e O Invernadeiro. Na parte occidental dominan as pelitas e areíscas e na oriental o granito de dúas micas.É unha serra de formas suaves e redondeadas, aplanadas pola acción dos glaciares e nalgunhas zonas sobresaen formacións graníticas acasteladas.Na vertente oriental nacen os ríos Cernado, Cenza e Conso, na occidental o Casteligo ou Dorelle, Forcadas e Requeixo e na norte o San Lázaro. Estes ríos escavan vales profundos con grandes desniveis.

Cumes da Serra da Queixa

Page 12: LIC Macizo Central

Cabeza de Manzaneda, cume da Serra da Queixa e do Macizo Central

Page 13: LIC Macizo Central

SERRA DE FIAL DAS CORZASSituada a continuación da serra da Queixa, con orientación N-SE. É unha serra de cumes redondeados formada por areíscas e lousas. O cume máis alto é Cabeza da Veiga do Fial, con 1.552 m. Na súa vertente occidental nace o río Camba, e no leste as cabeceiras do Navea.

Page 14: LIC Macizo Central

Val de Requeixo desde os Cumes de Fial das Corzas

Page 15: LIC Macizo Central

MONTES DO INVERNADEIROEsténdense, con orientación NO-SE, desde a confluencias das serras de Fial das Corzas e Queixa (Pico do Seixo, con 1.707 m) ata o Val do río Camba.Están limitados polos ríos Ribeira Pequena e Conso que excavan profundos vales e desembocan no Camba no encoro das Portas.As rochas máis comúns son os xistos, as lousas e as cuarcitas. Nas súas abas nacen os ríos Ribeira Grande, Ribeira Pequena e varios afluentes do Conso. A parte entre os ríos Conso e Ribeira Grande coñécese tamén co nome de serra da Pena.A zona ten moito interese xeolóxico, paisaxístico, botánico e faunístico. Unha parte está protexida como Parque Natural.

Vista suroeste da Serra do Invernadeiro co val do Camba á dereita

Page 16: LIC Macizo Central

Montes do Invernadeiro desde A Gudiña

Page 17: LIC Macizo Central

ALTOS DO SAMIÓNUnha pequena serra con orientación NE-S situada entre a Serra de San Mamede, Fial das Corzas e serra de Queixa, no concello de Chandrexa de Queixa. Os puntos máis altos son o Xistral, con 1.596 m e o Penedo de Samión, con 1.348 m. Nas súas abas nacen varios afluentes do Navea. Accedese desde As Taboazas ou desde Requeixo. Pódense facer rutas de sendeirismo polos cumes con vistas espectaculares

Altos de Samión desde San Mamede.

Page 18: LIC Macizo Central

SERRA DE SAN MAMEDEEsténdese con dirección NO-SE. Formada por xistos e areíscas, que orixinan un relevo de formas redondeadas e suaves con granitos de dúas micas e algunha cuarcita nos cumes que lle dan á paisaxe un aspecto ruiniforme e de grandes penedos. O cume máis alto, San Mamede con 1.619 m. Na vertente norte nacen o río Mao e varias cabeceiras do Navea. Neste espazo está protexida unha parte da ladeira leste.

Serra de San Mamede desde Cabeza de Manzaneda

Page 19: LIC Macizo Central

Serra de San Mamede desde a serra de Queixa

Page 20: LIC Macizo Central

GLACIARISMODurante as glaciacións do final do Cuaternario (Würm), a alta zona achairada da Queixa estivo ocupada por un glaciar de casquete ata os 1.250 m e en cotas máis baixas por varios glaciares de circo e lingua. Desta época consérvanse numerosas pegadas: lagoas, circos e vales glaciares, morrenas, rochas con marcas do xeo...

Val glaciar do Cenza

Page 21: LIC Macizo Central

Os glaciares máis importantes foron:-Cenza ou Couselo, desde os Sistil ata Chagoazoso.-Cabeza Pequena de Manzaneda -Marmentelo (SO de Cabeza de Manzaneda).-As Lamas: polo que corre o rego das Lamas, chamado máis abaixo Requeixo e San Miguel.-San Lázaro: no NE de Cabeza Grande de Manzaneda, na cabeceira do río San Lázaro.-Cerveira, no SO da serra de Queixa, no linde coa do Invernadeiro.-Forcadas e Requeixo, no SO de Cabeza Grande de Manzaneda, nas cabeceiras do río Grande.-O Figueiro, nas nacentes do río Ribeira Grande, no interior do Parque Natural do Invernadeiro.Por todos estes vales glaciares pódense facer rutas a pé para percorrelos e apreciar a formas dos vales e os distintos tipos de depósitos rochosos. O de máis doado acceso é o do Cenza, ao que se pode chegar pola estrada do encoro.

Rochas coas pegadas da acción do xeo

Morenas de Chagoazoso

Page 22: LIC Macizo Central

Depósitos glaciares no val do Cenza No Corvo de Cavalo, na vertente sudoriental de Cabeza de Manzaneda, ocupando o curso alto do río Cenza consérvanse as mellores mostras das glaciacións de Galiza: circo glaciar, morrenas laterais, rochas de aspecto aborregado puídas e estriadas polo xeo, unha lagoa estacional...

Page 23: LIC Macizo Central

Morrena de Chaguazoso. É unha morrena lateral que se atopa na marxe esquerda do val do río Cenza, a mellor conservada de Galiza, formada por grandes bloques graníticos.

Page 24: LIC Macizo Central

Circo glaciar de Prada (Requeixo-Manzaneda)

Page 25: LIC Macizo Central

Circo glaciar de Lamas (Requeixo-Manzaneda)

Page 26: LIC Macizo Central

Depósitos do glaciar de Lamas (Requeixo-Manzaneda)

Page 27: LIC Macizo Central

Depósitos glaciares en Mormentelos

Page 28: LIC Macizo Central

REDE FLUVIALO Macizo Central da lugar a unha ampla rede fluvial que forma parte das concas do Miño e Douro. Verte ao Sil (polo sur, norte e leste) e ao Támega e Arnoia (polo sur). O principal río deste espazo é o Bibei e os seus afluentes Camba (co Ribeira Pequena, Ribeira Grande, Conso e Cenza), San Miguel, Xares, San Lazaro e Queixa-Navea.

Nacentes do rego de Cernado, afluente do Bibei

Page 29: LIC Macizo Central

RÍO BIBEI Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura. Desde Viana do Bolo (a 733 m de altura) ata que se une co Sil en Montefurado (a 290 m de altura) discorre por un canón de 40 m de lonxitude, ata 500 m de profundidade e unha pendente media do 50%, escavado en granitos, xistos e gneis. Os principais afluentes son o Xares e rego da Porriñeira (pola dereita) e o Camba, Conso, San Miguel, San Lázaro e Navea (pola esquerda).

O Bibei nas As Ermidas (O Bolo). Nas zonas orientadas ao sur hai socalcos nos que se cultivan vides, en grande parte abandonados.

Page 30: LIC Macizo Central

O Bibei no Larouco

Page 31: LIC Macizo Central

Río Xares pouco antes de xuntarse co Bibei.

Río Xares Recolle augas da vertente sur da serra do Eixe e da Serra Calva. No curso alto discorre polo antigo val glaciar de A Ponte e despois de Prada encáixase forrmando un profundo canón ata xuntarse co Bibei na zona do Larouco.

Page 32: LIC Macizo Central

O Xares en Portomourisco

Page 33: LIC Macizo Central

Río CambaNace nos Altos de Gancedo (Camba-Laza), rodea polo sur o Macizo Central ourensán e bótase no Bibei en Viana do Bolo. Os afluentes máis destacados son o Ribeira Grande, o Ribeira Pequena, o Conso e o Cenza.

O Camba no encoro das Portas, ao fondo os montes do Invernadeiro

Page 34: LIC Macizo Central

Río Ribeira GrandeFórmase pola confluencia de numerosos regos: Augacenza ou Corga do Figueiro, Corga da Vela, Teixeiroá, Corga da Cenza e xúntase co Camba no encoro das Portas. A fonte máis alonxada (río Casarello) nace debaixo do Monte do Bidual (Serra de Queixa).

Page 35: LIC Macizo Central

Río Ribeira PequenaNace debaixo da Cabeza da Veiga do Fial e xúntase co Ribeira Grande no encoro das Portas.

Page 36: LIC Macizo Central

Río Conso Chamado Cerveira na súa cabeceira. Nace no Sextil Branco (Serra de Queixa) e baixa entre os Montes do Invernadeiro e os os montes da Pioreta e a Culadiña, cambiando bruscamente de dirección cara ao norte para xuntarse co Bibei no encoro do Bao, entre Viana do Bolo e Vilariño de Conso. O principal afluente é o Cenza.

O Conso entre Pradoalvar e As Hedradas

Page 37: LIC Macizo Central

Fervenza no Conso en Pradoalvar

Page 38: LIC Macizo Central

Fervenza nun afluente do Conso nas Hedradas

Page 39: LIC Macizo Central

Fervenzas en afluentes do Conso que baixan do Invernadeiro (As Hedradas)

Page 40: LIC Macizo Central

Fervenza da Louseira. En Entrecinsa, na parroquia de Sabuguido, no regato Veigas de Camba que desemboca no Conso. Un salto en lousas de aproximadamente 20 m de altura.

Page 41: LIC Macizo Central

Río CenzaFórmase no antigo circo glaciar do Corvo do Cavalo, na vertente leste de Cabeza de Manzaneda e ten un percorrido curto antes de ser encorado no seu curso alto. No seu val consérvanse interesantes representacións de turbeiras de montaña e de pegadas glaciarias.

Page 42: LIC Macizo Central

Encoro no tramo alto do Cenza. Asolagou o mellor val glaciar de Galiza e interesantes representacións de turbeiras de montaña

Page 43: LIC Macizo Central

Salto da Cenza en Castiñeiras (Vilariño de Conso). O río salva un desnivel en rochas graníticas de máis de 100 m de altura (é a fervenza máis alta de Galiza). Antes do salto o río forma un pequeno canón con varios saltos máis pequenos, pozas e rápidos.

Page 44: LIC Macizo Central

Rego de San MiguelFórmase coa unión dos regos que drenan os vales glaciares de Prada e Lamas, na vertente leste de Cabeza de Manzaneda. Xúntase ao Bibei augas abaixo do encoro do Vao.

Page 45: LIC Macizo Central

Rego de Prado, un afluente do San Miguel

Page 46: LIC Macizo Central

Río San LázaroNace en Cabeza de Manzaneda e ao longo de case todo o seu percorrido fai fronteira entre os concellos de A Pobra de Trives e Manzaneda. Xúntase ao Bibei nas proximidades do Larouco. Ten un percorrido con grandes desniveis e excava un estreito canón desde Manzaneda ata a súa desembocadura. O principal afluente é o Tintín, no que hai un encoro.

O río San Lázaro entrando no Bibei na área recreativa do Caneiro (Manzaneda)

Page 47: LIC Macizo Central

Rego de San Lázaro ao pouco do seu nacemento

Fervenza no rego de San Lázaro entre Manzaneda e Trives

Page 48: LIC Macizo Central

Río NaveaO río (nun comezo chamado Queixa) recolle as augas de varios regos que nacen na Serra de Queixa, Montes do Samión e serra de San Mamede que conflúen no encoro de Chandrexa de Queixa. Máis abaixo circula entre as Serra do Burgo e Queixa. Xúntase co Bibei nas proximidades da súa desembocadura no Sil. Está afectado por dous encoros: Chandrexa e Guístolas. Os seus afluentes mais importantes pola dereita son o rego do Acerral, o río Grande e o río de Casteligo. Pola esquerda o regueiro do Marco, o rego de Rabal (protexido neste espazo) e o das Cabanas.Unha grande parte do Navea discorre por profundos canóns e vales encaixados rodeados de fragas autóctonas de grande interese ecolóxico e paisaxístico.

Page 49: LIC Macizo Central

Val do Navea no inverno.Unha grande parte do Navea discorre por profundos canóns e vales encaixados rodeados de fragas autóctonas de grande interese ecolóxico e paisaxístico.

Page 50: LIC Macizo Central

Unha das cabeceiras do río Grande, entre os Altos do Samión e a serra de Queixa

Page 51: LIC Macizo Central

Río Dorelle ou CasteligoNace en Cabeza de Manzaneda e despois dun curto percorrido con bastante desnivel xúntase ao Navea na parroquia de Casteligo (Chandrexa de Queixa).

Page 52: LIC Macizo Central

Vides no val do Bibei

CLIMAOceánico de montaña, con trazos de clima continental. Os veráns son calorosos e secos, denotando o seu carácter parcialmente mediterráneo, e os invernos bastantes fríos. As precipitacións son moi abundantes (media anual superior a 2000 mm), en parte en forma de neve.Debido ao seu complexo relevo aparecen microclimas en áreas reducidas.

Neve en Manzaneda

Page 53: LIC Macizo Central

Pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea, subprovincia cántabro-atlántica e sector galaico-portugués e limita co sector lusitano-duriense da subprovincia carpetano-leonesa, correspondente á rexión Mediterránea. As distintas condicións ambientais dan lugar a un grande número de hábitats, desde os pasteiros e as matogueiras dos cumes aos bosques dos vales.

ECOLOXÍA

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea-Lagos e estanques distróficos naturais-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix-Queirogais secos europeos-Queirogais alpinos e boreais-Queirogais oromediterráneos endémicos con toxos

Page 54: LIC Macizo Central

-Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis-Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)-Prados de sega de montaña-Turbeiras altas activas-'Mires' de transición-Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Covas non explotadas polo turismo-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica-Soutos-Bosques galería de Salix alba e Populus alba-Sobreirais-Aciñeirais-Acevedos

Page 55: LIC Macizo Central

FLORAA vexetación dominante na serra son os pasteiros e o mato formado por carqueixas, uces, carpazas, xestas, piornos, arandeiras silveiras, codesos, uces brancas e fentos comúns. Na zona máis degradada hai toxos, queirugas, pelos de raposo, tomelos...Nos canóns fluviais e nas zonas baixas e soleadas do macizo atopamos unha vexetación mediterránea formada por sobreiras, aciñeiras, érbedos, cantroxos, estevas... Por enriba dos 600 m de altura hai bosque mixto de carácter eurosiberiano formado por rebolos, bidueiros, abelairas, pradairos e capudres. Nas proximidades das poboacións hai soutos, algúns moi antigos.Toda a área amosa as pegadas dun uso intensivo para o pastoreo e as repoboacións forestais.A zona acolle unha gran riqueza botánica, con máis de 900 especies e case cen endemismos ibéricos

Page 56: LIC Macizo Central

As árbores máis comúns son o carballo común (Quercus robur), o rebolo ou cerquiño (Quercus pyrenaica), o carballo albar ou carba (Quercus petraea) (que ten aquí a súa localización máis sudoccidental en Europa), o seu híbrido co carballo (Quercus x rosacea), o bidueiro (Betula celtiberica), o acivro (Ilex aquifolium), a abeleira (Corylus avellana), o ameneiro (Alnus glutinosa), o sanguiño (Frangula alnus), o teixo (Taxus baccata), o cancereixo ou capudre (Sorbus aucuparia), o salgueiro cabuxo (Salix caprea), o abruñeiro (Prunus spinosa), o pradairo (Acer pseudoplatanus), a pereira brava (Pyrus cordata). o freixo (Fraxinus excelsior), a amieira (Alnus glutinosa)...

Page 57: LIC Macizo Central

No val do Figueiro (O Invernadeiro) consérvanse os que sexan posiblemente os bosque máis antigos de Galiza con carballos de máis de 500 anos acompañados de acivros, carbas, pradairos, bidueiros, capudres, salgueiros... Esta área está catalogada como reserva integral e só é posible acceder a ela con fins científicos (cunha autorización especial).

Page 58: LIC Macizo Central

Carba (Quercus patraea) acada aquí a súa localización máis sudoccidental en Europa.

Page 59: LIC Macizo Central

Cerquiños ou rebolos (Quercus pyrenaica)

Page 60: LIC Macizo Central

Bidueiros (Betula celtiberica)

Abelaira (Corylus avellana)

Page 61: LIC Macizo Central

Pradairo (Acer pseudoplatanus)

Page 62: LIC Macizo Central

Acivros (Ilex aquifolium)

Page 63: LIC Macizo Central

Podemos atopar un grande número de plantas endémicas e raras en Galiza: Allium victorialis, Festuca elegans, Festuca graniticola (exclusiva do Macizo Central ourensán), Festuca summilusitanica, Hieracium rupicolum, Jasione laevis subsp. carpetana, Narcisus asturiensis, Serratula legionensis, Teesdaliopsis conferta, Armeria ciliata, Ornithogalum concinnum, Dianthus langeanus...

(Armeria ciliata)

Page 64: LIC Macizo Central

Tamén hai un grande número de plantas vasculares endémicas ibéricas, raras ou pouco comúns, como Anemone trifolia subsp. albida, Silene foetida, Veronica micrantha, Arenaria tetraquetra, Silene Foetida, Silene ciliata, Viola bubani, Eryngium duriaei, Gentiana lutea, Serratula legionensis... ou o ameazado Eryngium duriaei subsp. juresianum.

Eryngium duriaei subsp. juresianum.

Anémona (Anemone trifolia)

Page 65: LIC Macizo Central

As matogueiras predominantes son as uceiras da asociación Genistello tridentatae-Ericetum aragonensis, caracterizadas pola uz Erica australis subsp. aragonensis e a carqueixa (Pterospartum tridentatum con dúas supespecies a cantabricum e a lasianthum). En solos máis profundos e húmidos aparecen Erica arborea e as xesteiras de Genista florida subsp. polygaliphylla e a xesta branca (Cytisus multiflorus).

Uz vermella (Erica australis). Uz, urce (Erica arborea)

Page 66: LIC Macizo Central

Xesta branca (Cytisus multiflorus). Florece na primavera nos matos do sur de Galiza.

Xesta (Genista florida)

Page 67: LIC Macizo Central

Carqueixa (Pterospartum tridentatum )

Polygala microphylla

Page 68: LIC Macizo Central

Carrascas de San Xoán (Helichrysum stoechas)

Page 69: LIC Macizo Central

Rumex, unha especie presente nas áreas de clima mediterráneo do Macizo Central.

Page 70: LIC Macizo Central

Crocus serotinus, unha das primeiras flores que asoman na primavera

Page 71: LIC Macizo Central

Dentro da flora dependente de chans anegados destacan as que viven entre o leito de rochas dos ríos e regatos (Galium broterianum, Oenanthe crocata, Carex elata subsp. reuteriana); nas matogueiras desenvolvidas en pequenas depresións onde se acumula a auga (Genista micrantha, Erica tetralix), que segundo o tempo que permanezan anegados modifican a composición de especies, chegando á formación de turbeiras.

Xunca de algodón (Eriosphorum angustifolium). Vive en lugares húmidos con solos acedos a certa altitude.

Page 72: LIC Macizo Central

Hai numerosas especies de fentos, brións e hepáticas (algunhas moi raras en España, como Aphanolejaeunea microscopica),

Fenta (Blecnum spicant)Dentabrú (Osmunda regalis)

Page 73: LIC Macizo Central

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEFestuca elegansFestuca summilusitanaNarcissus asturiensisNarcissus pseudonarcissusssp. nobilisVeronica micrantha

Narciso (Narcisus asturiensis)

Page 74: LIC Macizo Central

Rebentabois (Amanita muscaria). Común nos bosques de bidueiros.

A humidade das zonas fondas dos vales permite o desenvolvemento dunha grande diversidade de fungos e liques que se asentan no solo, entre as rochas ou nos toros das árbores

Lobaria pulmonaria. É un lique facilmente recoñecible polo seu grande tamaño que se atopa sobre os toros das árbores.

Page 75: LIC Macizo Central

ÁRBORES SENLLEIRASÁRBORES SENLLEIRASCastiñeiro (Castanea sativa)-Soutogrande (Vilariño de Conso)-Pumbariños, no Souto de Rozavales en Manzaneda-Cubeiros (Placín, Manzaneda) -Souto de Cernado (Manzaneda)

Castiñeiro de Soutogrande (Vilariño de Conso) -12,5 m de perímetro.

Page 76: LIC Macizo Central

Castiñeiro de Pumbariños, no Souto de Rozavales en Manzaneda. É un dos de maior perímetro de Galiza, con máis de 12 m, e supera os 500 anos. Foi declarado Monumento natural no 1995. Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

Page 77: LIC Macizo Central

Castiñeiro de Pumbariños no inverno

MONUMENTO NATURAL “SOUTO DE ROZAVALES”Pequeno espazo de 1,79 ha en San Martiño de Arriba, no concello de Manzaneda. É un souto formado por castiñeiros moi antigos entre os que destaca o castiñeiro de Pumbariños.

Page 78: LIC Macizo Central

No souto de Cernado (Manzaneda) hai algúns castiñeiros de bo porte. O máis grande, na imaxe, sobrepasa os 9 m de perímetro.

Page 79: LIC Macizo Central

Cubeiros (Placín, Manzaneda) -9,45 m de perímetro. Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

Page 80: LIC Macizo Central

Carballo (Querqus robur)-Figueiro (Montes do Invernadeiro)

Page 81: LIC Macizo Central

Cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica)

Pazo da Pena. Rozavales (Manzaneda). -17 m de altura e 4 m de perímetro.

Page 82: LIC Macizo Central

Bidueiro (Betula celtiberica)-Ribeira Grande (Vilariño de Conso-Ourense)PARQUE NATURAL do Invernadeiro.

Page 83: LIC Macizo Central

FAUNADestaca pola riqueza da súa fauna silvestre. Hai 176 especies de vertebrados e numerosos invertebrados, entre os que se atopan algunhas raras en Galiza.

INVERTEBRADOS Hai unha gran variedade de insectos e arañas.

INCLUÍDAS NO ANEXO II DA DIRECTIVA HÁBITATSLesma (Geomalacus maculosus)Vacaloura (Lucanus cervus)

Lesma

Vacaloura

Page 84: LIC Macizo Central

Bolboreta (Polyommatus icarus)

Page 85: LIC Macizo Central

PEIXESHai dúas especies de peixes autóctonos ameazados, o cacho (Squalius carolitertii), e a boga do Douro ou escalo (Chondrostoma duriense).ANFIBIOS Limpafontes común (Lissotriton boscai), limpafontes verde (Triturus marmoratus), ra patilonga (Rana iberica), estroza (Hyla arborea), ra verde (Pelophylax perezi), rá vermella (Rana temporaria), sapo corriqueiro (Bufo calamita), sapo cunqueiro (Bufo bufo), sapo raxado (Discoglossus galganoi)…

Ra patilonga (Rana iberica) Sapo cunqueiro (Bufo bufo)

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEChondrostoma polylepisRutilus arcasii

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEDiscoglossus galganoi

Page 86: LIC Macizo Central

RÉPTILESVíbora fociñuda (Vipera latastei), víbora de Seoane (Vipera seoanei), cobra de colar (Natrix natrix), cobra de auga (Natrix maura), cobregón (Malpolon monspessulanus), esgonzo común (Chalcides striatus), escáncer (Anguis fragilis), lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi), lagarto arnao (Timon lepida), lagarta galega (Podarcis bocagei), lagarta dos penedos (Podarcis hispanica), lagarta rabuda (Psammodromus algirus)...

Víbora de Seoane (Vipera seoanei)

Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEELacerta monticola Lacerta schreiberi

Page 87: LIC Macizo Central

AVESEspecies propias de áreas de matogueira e rochedos, e en particular as aves de rapina: aguia real (Aquila chrysaetos), aguia cobreira (Circaetus gallicus), tartaraña cincenta (Circus pygargus), gatafornela (Circus cyaneus), azor (Accipiter gentilis), gabián (Accipiter nisus), falcón peregrino (Falco peregrinus), lagarteiro (Falco tinnunculus), miñato común (Buteo buteo), bufo real (Bubo bubo), moucho común (Athene noctua), avelaiona (Strix aluco), pica dos prados (Anthus campestris), pica alpina (Anthus spinoletta), merlo rubio (Monticola saxatilis), andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), perdiz pardilla (Perdix perdix subsp. hispaniensis), papoazul (Lucinia svecica, a única poboación galega), abellaruco (Merops apiaster)...

Cotovía (Galerida cristata)

Page 88: LIC Macizo Central

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEAquila chrysaetos, Circaetus gallicusCircus pygargusCircus cyaneusAccipiter gentilisAccipiter nisusFalco peregrinusBubo buboAnthus campestrisPerdix perdix subsp. hispaniensisLucinia svecica

Águia real (Aquila chrysaetos)

Bufo real (Bubo bubo). Tartaraña cincenta (Circus pygargus)

Page 89: LIC Macizo Central

Lagarteiro (Falco tinnunculus)

Voitre (Gyps fulvus). Pode verse ocasionalmente nas Serras do Macizo Central.

Page 90: LIC Macizo Central

Gralla negra (Corvus corone). É común en toda Galiza, pero máis raro na alta montaña.

Charrela (Perdix perdix subsp. Hispaniensis), especie ibérica moi ameazada.

Page 91: LIC Macizo Central

MAMÍFEROSÉ un dos maiores valores do espazo: leirón (Glis glis), trilladeira nival (Chyonomis nivalis), aguaneiro (Galemys pyrenaicus), lobo (Canis lupus), gato bravo (Felis sylvestris), marta (Martes martes), armiño (Mustela erminea), tourón (Mustela putorius), lontra (Lutra lutra), xabarín (Sus scrofa), corzo (Capreolus capreolus), lebre ibérica (Lepus granatensis)...Hai varias especies reintroducidas: cervo (Cervus elaphus), cabra brava (Capra pyrenaica) e rebezo (Rupicapra rupicapra).

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEBarbastella barbastellusGalemys pyrenaicusLutra lutraRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposideros

Aguaneiro (Galemys pyrenaicus) ten nos numerosos regatos un hábitat óptimo.

Page 92: LIC Macizo Central

Corzo (Capreolus capreolus). É o único cérvido que mantivo permanentemente a súa presenza en Galiza.

Lebre ibérica (Lepus granatensis).

Lobo (Canis lupus), ten unha poboación estable no Invernadeiro.

Page 93: LIC Macizo Central

Cabeza de Manzaneda

ACTIVIDADESAgricultura, gandaría, forestal, lecer, enerxía hidroeléctrica...

Page 94: LIC Macizo Central

Ponte romana de Larouco sobre o Bibei

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALA zona estivo poboada desde tempos moi antigos, especialmente nas áreas de clima máis benigno dos vales. Consérvanse elementos etnográficos de interes e monumentos histórico-artísticos.

Miliarios en Larouco

Page 95: LIC Macizo Central

PROBLEMAS-Incendios-Repoboación con especies foráneas.-Encoros-Especies invasoras-Abandono das actividades e dos asentamentos

Page 96: LIC Macizo Central

Prada (Manzaneda): aldea abandonada asentada nun circo glaciar.

PUNTOS DE INTERESE-Vales glaciares: Cenza ou Couselo, Cabeza Pequena de Manzaneda, Marmentelo, As Lamas, Cerveira, Forcadas e Requeixo, O Figueiro.-Parque Natural do Invernadeiro-Fervenzas: Arcos (Ribeira grande, O Invernadeiro), Cenza, afluentes do Conso (Vilariño de Conso), San Lázaro.-Cabeza de Manzaneda-Encoro de Chandrexa de Queixa-Codos do Larouco (canón do Bibei), miliarios e ponte romana.-Portomourisco: ponte sobre o Xares.

Page 97: LIC Macizo Central

Ponte romana sobre o Conso en Pradoalvar

Page 98: LIC Macizo Central

-Por todo o espazo hai numerosas rutas indicadas para coñecer algúns dos lugares de maior interese.

Page 99: LIC Macizo Central

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaDecembro 2016