historia da fotografía

35
HISTORIA DA FOTOGRAFÍA

Upload: iesasorey

Post on 21-Jul-2015

673 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 2: Historia da fotografía

ANTECEDENTESA CÁMARA ESCURAO principio da cámara escura era coñecido polos sabios chineses desde o século IV antes de Cristo: se se fai un burato na parede dunha habitación a escuras, na oposta proxéctase una imaxen do exterior, un pouco borrosa e invertida.

A cámara escura é un aparello óptico que permite obter unha proxección plana dunha imaxe externa sobre unha superficie interior.

Page 3: Historia da fotografía

-No sécuo X o científico árabe Alhazen de Basora no seu libro “Tratado Óptico” explica que son os obxectos os que emiten luz e non os ollos.-No século XIII era coñecida por Roger Bacon-A partir do século XV engádenselle lentes no orificio e empréganse para experimentos científicos (estudo de eclipses) e como auxiliar para o debuxo .

Cámara escura do século XVIII

Page 5: Historia da fotografía

-No século XVI constrúense cámaras portátiles con obxectivos dotados de lentes, co que a imaxe gañaba en definición e luminosidade.

Debuxos de Canaletto (século XVIII) feitos coa axuda dunha cámara escura

Page 6: Historia da fotografía

OS EFECTOS QUÍMICOS DA LUZArredor de 1800, o científico inglés Thomas Wedgwood untou pregos de papel con sales de plata sensibles á luz, cos que producía heliografías, impresións solares que aparecían sobre o papel tratado ao colocar sobre eles obxectos ou vidros con debuxos e expoñelos á luz. Despois da exposición había que gardalo na escuridade porque se volvía completamente negro.

Page 7: Historia da fotografía

1816: o francés Joseph-Nicéphore Niépce fai o primeiro negativo sobre papel.

Page 8: Historia da fotografía

1826: Joseph-Nicéphore Niépce consegue, por primera vez, fixar de forma duradeira unha imaxe do natural. Colocou unha cámara escura na ventá da súa habitación durante oito horas que grabou a imaxe sobre unha placa de zinc recuberta de betún de Xudea diluído en petróleo.

Page 9: Historia da fotografía

19 de agosto de 1839: o invento é presentado publicamente na Academia de Ciencias e Belas Artes de Francia, como fonte empírica de documentación da realidade.

El grabado heliográfico máis antigo que se conserva. Ensaio realizado en 1825 por Niepce, por contacto, sen cámara oscura.

Page 10: Historia da fotografía

1839: Louis Daguerre fai pública a invención do daguerrotipo, unha copia única realizada sobre unha emulsión, en soporte metálico, polo xeral de cobre.

O taller do artista. Daguerre.

Page 11: Historia da fotografía

Os daguerrotipos resultaban caros, pesados, difíciles de conservar e precisaban dun tempo de exposición moi prolongado.

Boulevard du Temple. Daguerre

Page 12: Historia da fotografía

1835: William Henry Fox Talbot crea o primeiro negativo (calotipo, talbotipo ou impresión sobre papel salgado) e patentao en 1841. A imaxe obtíñase copiando un negativo de papel sobre outra folla, que por contacto creaba un positivado. O papel era impregnado cunha solución ácida de nitrato de prata antes e despois da exposición. Rebaixaba sensibelmente o tempo de exposición (entre 1 e 7 minutos), e permitía tirar múltiplos positivados dun único negativo.

Page 14: Historia da fotografía

1839: o astrónomo e químico inglés John Frederick William Herschel realiza o primeiro negativo de vidro e comunica o descubrimento (realizado en 1819) sobre o poder solvente do hiposulfito de sodio en contacto con sales de prata insolubles.

Page 15: Historia da fotografía

1 8 3 9 : John Frederick William Herschel introduce a cianotipia, un proceso monocromo que produce unha impresión azul baseándose en dous compostos químicos, o citrato de ferro e o ferrocianuro de potasio.

Anna Atkins, científica británica, levou o proceso cianotípico á fotografía, converténdose así na que é considerada a primeira muller fotógrafa.

Imaxe do libro British Algae, de Anna Atkins (1843).

Page 16: Historia da fotografía

1850: Blanquart Evrard comezou a empregar un composto de albumina de ovo e nitrato de prata que, extendido sobre o papel, conseguía que a emulsión non reproducise imperfeccións e rugosidades e aumentaba a nitidez do produto.

Page 17: Historia da fotografía

1851: faise público o emprego do colodión húmido, unha especie de verniz que se aplica ás placas e sobre o que se estende a emulsión química.

O nome de "colodión húmido" fai referencia á necesidade de que a placa permaneza húmida durante todo o proceso de toma e revelado das imaxes. Aumentábase así a nitidez, pero, os fotógrafos tiñan que levar canda si un pequeno laboratorio fotográfico para revelar a placa inmediatamente após da súa toma.

Foto de Gustave Le Gray, 1857

Page 18: Historia da fotografía

1860: o físico escocés James Clerk Maxwell demostróu que era posible realizar fotografías en cor utilizando unha combinación de filtros vermello, verde e azul.

Primeira fotografía en cor, tomada por J C Maxwell, en 1861, realizando tres fotografías sucesivas con filtros diferentes.

Page 19: Historia da fotografía

1864: úsanse os primeiros flashes que consistían nunha cantidade de pó de magnesio que se facía arder manualmente. Ao comezo era moi caro e non se xeralizou o seu uso ata 10 anos despois.

Page 20: Historia da fotografía

1871: descubrimento do

xelatino-bromuro que supuxo eliminar un dos grandes inconvenientes do colodión húmido e rebaixaba o tempo de exposición a 0,25 minutos, o que se achegaba ao concepto de instantánea. Neste proceso, aplícase sobre a placa unha solución de bromuro, auga e xelatina sensibilizada con nitrato de prata.

Page 21: Historia da fotografía

1880: comézase a usar nos

flashes unha mestura de pó de magnesio cun axente oxidante como o clorato potásico.

O carácter explosivo da mestura facía que o seu uso fose perigoso.

Page 22: Historia da fotografía

1888: George Eastman lanza ao mercado a cámara Kodak que substituía as placas de vidro polo negativo de papel fotográfico, que pouco tempo despois foi substituído polo carrete de celuloide.

Kodak 100 vista, a primeira cámara Kodak.

Page 23: Historia da fotografía

1906: Wratten e Wainwright introducen a placa pancromática, sensible a todas as cores do espectro.

Page 24: Historia da fotografía

1907: os irmáns Auguste e Louis Lumière presentan a película en cor completamente funcional, o autocromo.

Placa autocroma Lumière, arredr de 1916

Page 26: Historia da fotografía

1935: aparece a primeira película diapositiva moderna en cor, a Kodakchrome, baseada en tres emulsións coloreadas.

Imaxe de Londres con película Kodachrome. (1949)

Page 27: Historia da fotografía

1936: Agfacolor inclúe os

acopladores de cor

xa nas capas de emulsión.

Imaxe con película agfacolor. (1937)

Page 28: Historia da fotografía

1942: Eastman-Kodak comeza a producir películas negativas en cor - as Kodakolor - das que se podían obter copias positivas en cor.

Page 29: Historia da fotografía

1947: os laboratorios Polaroid presentan diante da Sociedade Óptica Estado-Unidense a primeira fotografía instantánea, cunha cámara que revelaba e positivaba a imaxe en 60 segundos.

Page 30: Historia da fotografía

1963, os laboratorios Polaroid presentan a cámara que f a i

fotografía instantánea en cor.

Page 31: Historia da fotografía

1975: Kodak desenvolve a primeira cámara dixital. Steve Sasson constrúe unha cámara do tamaño dunha torradora que obtiña imaxes dunha calidade equivalente a 0.01 megapíxel. Necesitaba 23 segundos para gardar unha fotografía en branco e negro nunha cinta de casete e outros tantos en recuperala.

Cámara dixital deseñada por Steve Sasson

Page 32: Historia da fotografía

1997: Philippe Kahn realiza as primeras imágenes compartidas entre un teléfono celular e unha cámara.

Page 33: Historia da fotografía

2000: primeiro teléfono móbil comercial con cámara fotográfica. Feito por Sharp para o mercado xaponés.

Page 34: Historia da fotografía

século XXI: aséntase e popularízase a fotografía dixital.

As imaxes son capturadas por un sensor electrónico que dispón de multitude de unidades fotosensibles e que arquiva os datos nunha memoria.

Page 35: Historia da fotografía

Montaxe: Adela Leiro, agosto 2011Imaxes: Adela Leiro, Internet (Wikipedia e outros)