departamento de xeografÍa e historia ......de 3º eso. semana do 30 de marzo ao 3 de abril. ola a...

17
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA. ACTIVIDADES DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden segundo o horario ( martes, xoves e venres), notifícovos o que tedes que facer. O bloque que corresponde ao 3º trimestre trata sobre economía, un tema de introdución e os tres sectores económicos( primario, secundario e terciario). Comezamos polo tema 2 do libro de texto: A organización económica das sociedades. Nestas 3 sesións , despois de facer unha lectura comprensiva, elaborade un esquema/ mapa conceptual dos apartados 1,2,3 e 4 . Ademáis do propio libro de texto, contades cun material complementario en PDF e uns enlaces que vos poden axudar. É importante que entendades o esquema, non deixedes de ir ao diccionario se fose necesario para aclarar algún concepto . Ademais do esquema/mapa conceptual, tedes que responder ás cuestión que tedes nos PDF e que xunto co esquema debedes recoller no caderno de aula. ENLACES https://leccionesdehistoria.com/3ESO/geografia/u-d-4-la-actividad- economica/ https://www.youtube.com/watch?v=Hb8EPSMPyq0. A actividade económica. Para claquera aclaración, contactade no seguinte enderezo: [email protected] Ánimo e que pase pronto este pesadelo!!

Upload: others

Post on 12-Jun-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden

DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA. ACTIVIDADES

DE 3º ESO.

SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL.

Ola a todos/as:

Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden

segundo o horario ( martes, xoves e venres), notifícovos o que tedes que

facer.

O bloque que corresponde ao 3º trimestre trata sobre economía, un tema

de introdución e os tres sectores económicos( primario, secundario e

terciario).

Comezamos polo tema 2 do libro de texto: A organización económica

das sociedades.

Nestas 3 sesións , despois de facer unha lectura comprensiva, elaborade un

esquema/ mapa conceptual dos apartados 1,2,3 e 4 . Ademáis do propio

libro de texto, contades cun material complementario en PDF e uns enlaces

que vos poden axudar.

É importante que entendades o esquema, non deixedes de ir ao diccionario

se fose necesario para aclarar algún concepto .

Ademais do esquema/mapa conceptual, tedes que responder ás cuestión

que tedes nos PDF e que xunto co esquema debedes recoller no caderno de

aula.

ENLACES

https://leccionesdehistoria.com/3ESO/geografia/u-d-4-la-actividad-

economica/

https://www.youtube.com/watch?v=Hb8EPSMPyq0. A actividade

económica.

Para claquera aclaración, contactade no seguinte enderezo:

[email protected]

Ánimo e que pase pronto este pesadelo!!

Page 2: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden
Page 3: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden
Page 4: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden

B.- OS AXENTES ECONÓMICOS (páx. 116-7)

B.1.- Por que son necesarios os axentes económicos? Cales son eses axentes?

As necesidades humanas son ilimitadas (especialmente nos países máis desenvolvidos), pero os recursos naturais son escasos.

Por iso é necesario organizar a produción de bens e servizos e a súa distribución e decidir que, como e para quen producir.

Esas decisións as toman os axentes económicos que son:

Son unidades de produción

Son unidades de consumo

É unha unidade de produción e consumo

As relacións entre os axentes económicos establécense por medio do mercado, ou “lugar” no que se compran e venden bens e servizos.

Page 5: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden

B.2.- Cubre o esquema ou cadro dos axentes económicos seguindo o modelo.

OS AXENTES ECONÓMICOS

AS EMPRESAS AS FAMILIAS O ESTADO

QUE SON?

FUNCIÓN?

OBXECTIVO?

Outras características

Os ingresos que invisten en producir proceden de...

Os ingresos que utilizan para pagar o que consomen proceden de...

Os ingresos que invisten en asegurar o benestar social proceden de...

Factores de produción Que é a Enquisa de Orzamentos Familiares?

Como intervén na actividade económica?

Page 6: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden

- Son as unidades básicas de produción de bens e servizos.

- A súa función é

- Obxectivo

- Factores de produción para levar a cabo as súas actividades

- producir bens materiais e servizos- distribuilos- vendelos aos consumidores→ a cambio dun prezo!

- empresa privada: obtención de beneficios- empresa pública: búsqueda do benestar social

- recursos naturais

- recursos humanos

- traballadores ± cualificados (cobran salario)- capital: conxunto de bens, instalacións, maquinaria e diñeiro do que dispón a empresa.- tecnoloxía usada para producir: manual, mecánica, automatizada

- Os ingresos que invisten en producir proceden da venda no mercado dos produtos que fabrican.

Page 7: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden

- Son unidades básicas de consumo de bens e servizos. - A súa función é gastar na adquisición de bens e servizos.- Obxectivo: satisfacer as súas necesidades

básicas ou non básicas.

- Os ingresos que utilizan para pagar o que consomen proceden dos salarios obtidos polo seu traballo e do seu patrimonio, ou conxunto de bens familiares.

Un dos indicadores que miden o consumo das familias é a Enquisa do orzamento familiar, que mide o gasto familiar nunha selección de produtos básicos: alimentación e bebidas non alcohólicas, bebidas alcohólicas e tabaco, vivenda, vestido e calzado, mediciña, transporte…

Page 8: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden

- É unha unidade de produción e consumo.

- Función

- Obxectivo: conseguir o benestar social, só secundariamente os seus investimentos buscan a obtención de beneficios.

- Os ingresos que invisten en asegurar o benestar social proceden dos impostos que recadan ás empresas e ás familias.

- establecemento de leis reguladoras da economía, como o salario mínimo.- controla a política monetaria, regulando os tipos de xuro.- cede parte dos seus ingresos a certas empresas que teñen interese social e a algunhas familias, por medio de subsidios de desemprego, pensións de xubilación, subvención de medicamentos…

- producir, a través das súas empresas, bens materiais e servizos públicos, necesarios para toda a sociedade (educación, correos, sanidade, transporte ferroviario...).- consumir bens e servizos das empresas privadas (para a súa organización, administración ou incluso produción…).

- Políticas económicas coas que intervén na actividade económica.

Page 9: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden

B.3.- Indica se os bens e servizos que ofrecen as seguintes “empresas”son públicos ou privados.

Page 10: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden

C.- OS SISTEMAS ECONÓMICOS (páx. 118-9)

C.1.- Que son os sistemas económicos?C.2.- Cubre un esquema seguindo o modelo que sinale as diferenzas entre os sistemas económicos socialista e capitalista.

OS SISTEMAS ECONÓMICOS

SISTEMA SOCIALISTA

SISTEMA CAPITALISTA

Quen organiza a actividade económica?

Quen é o propietario dos medios de produción e das empresas?

Quen decide o que hai que producir, controla a distribución

dos bens, fixa os prezos e os salarios?

Tipo de economía?Obxectivo?

En que países é importante?

Page 11: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden

C.3.- Define os seguintes conceptos: mercado, oferta e demanda.

- O mercado é o conxunto de operacións de compravenda dun ben ou dun servizo e tamén pode ser o lugar onde se realizan esas operacións de compravenda. A forma de compravenda pode ser o troco, o diñeiro, os cheques…

- A oferta é a cantidade de produtos e servizos dispoñibles para ser consumidos e depende das empresas ou produtores, que os ofertan no mercado e compiten entre eles para ofrecelos ao mellor prezo.

Page 12: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden

- A demanda é a cantidade de bens e servizos que as familias teñen a intención de consumir. Os consumidores demandan no mercado os bens que necesitan e deciden o prezo que están dispostos a pagar por eles (dito prezo dependerá dos seus ingresos…)

Page 13: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden

C.4.- Explica como funciona a lei da oferta e a demanda no sistema capitalista.

Nunha situación de competencia ideal, os prezos establécense en función da lei da oferta e a demanda. Segundo esta lei, a produción e o prezo dun artigo increméntase cando un produto é escaso, e baixan cando xa hai produtos de sobra para cubrir as demandas dos consumidores.

Page 14: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden

C.5.- Explica os motivos de que o sistema capitalista non sexa perfecto.

- Desde o punto de vista económico: moitas veces a competencia é imperfecta, xa que non se cumpre a lei da oferta e a demanda. Isto sucede cando unha soa empresa (monopolio) ou unhas poucas empresas (oligopolio) controlan toda a oferta e deciden os prezos dos produtos ou dos servizos, o que prexudicará aos consumidores. Mercados tan importantes como o da enerxía, os automóbiles ou a telefonía móbil son oligopolios.

- Desde o punto de vista social: as empresas privadas non invisten na produción de bens e servizos que cobren necesidades sociais, pois non reportan beneficios, o que vai en prexuízo dos máis desfavorecidos...

Page 15: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden

C.6.- Que se entende por economía mixta?

Unha economía mixta é aquela na que se combinan as vantaxes da economía de mercado cunha maior participación do Estado, que pretende corrixir coa súa intervención os fallos do sistema capitalista.

- Intentando impedir a formación de monopolios, para facilitar así a libre competencia.- Creación de empresas públicas ou mixtas naqueles sectores que se consideran básicos: enerxía, transportes, comunicacións, armamento...- Subvención de produtos.- Protección dos dereitos dos traballadores e os consumidores, (regulación de contratos, prezos…).- Leis e axudas sociais, protección aos desempregados…

Page 16: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden

a.- Completa o gráfico do Circuíto económico situando sobre cada frecha o “concepto” que lle corresponde, escolle cada un deses “conceptos” do listado que figura ao pé do gráfico. Podes engadir ti algún enlance máis.

- Ofrece bens e servizos ás familias, - Reciben servizos públicos, - Pagan impostos- Pagan salarios, - Contratan traballadores, - Pagan os bens e servizos, - Obteñen ingresos - Obteñen ingresos, - Venden bens e servizos, - Pagan impostos, - Reciben infraestuturas e axudas, - Venden o seu traballo

C.7- O circuíto económicoA economía de calquera territorio funciona como un circuíto, no que os produtores e os consumidores se relacionan mediante o intercambio nos mercados. Esas relacións entre produtores e consumidores provocan a diario fluxos de bens e servizos, que se deprazan duns lugares a outros mediante o emprego de transportes. Como contrapartida, prodúcese unha corrente de fluxos monetarios.

Page 17: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA ......DE 3º ESO. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL. Ola a todos/as: Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden