castro de donramiro/ castro do monserratlalin.gal/files/donramiro-monserrat.pdf · 2015-12-03 · 2...

10
1 FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA) Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca. 1. CLAVE DE IDENTIFICACIÓN: GA 36 024 035 Adscrición tipolóxica: Castro Adscrición Cultural: Idade de Ferro 2. LOCALIZACIÓN Nome: CASTRO DE DONRAMIRO / CASTRO DO MONSERRAT Topónimo: A Aurela; Castro Provincia: Pontevedra Concello: Lalín Parroquia: Donramiro (Santa María) Lugar: Donramiro – Monte do Monserrat CARTOGRAFÍA Coordenadas (Datum ETRS89) UTM: Fuso 29 Coord. x: 572.222 Latitude: 42° 39' 17,492" N Coord. y: 4.722.865 Lonxitude: 8° 7' 7,864" O Nº MAPA Esc. 1/10.000: 154 - 11 Esc. 1/5.000: 0154A-0201 (malla anterior: 0154 1-2) ACCESOS Saímos de Lalín cara ao suroeste pola Avda de Montserrat. Á altura do nº 47, desviámonos á dereita (norte) pola rúa da Capela, onde se atopa a carballeira e capela de Montserrat. O castro está a uns 150 m. ao nor-norleste desta capela. 3. CARACTERÍSTICAS DO EMPRAZAMENTO Altitude: 595 m.s.n.m. Emprazamento topográfico: No alto dun pequeno outeiro que cae cara ao Rego das Cabirtas Utilización do entorno: Prados, urbano e forestal.

Upload: others

Post on 20-Jan-2020

126 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CASTRO DE DONRAMIRO/ CASTRO DO MONSERRATlalin.gal/files/Donramiro-Monserrat.pdf · 2015-12-03 · 2 FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA) & Prospección Arqueolóxica

1

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

1.  CLAVE  DE  IDENTIFICACIÓN:  GA  36  024  035  

Adscrición  tipolóxica:     Castro Adscrición  Cultural:     Idade de Ferro

2.  LOCALIZACIÓN    

Nome:   CASTRO DE DONRAMIRO / CASTRO DO MONSERRAT

Topónimo:   A Aurela; Castro

Provincia:   Pontevedra

Concello:   Lalín

Parroquia:   Donramiro (Santa María)

Lugar:   Donramiro – Monte do Monserrat

CARTOGRAFÍA  

Coordenadas  (Datum  ETRS89)      

UTM:  Fuso  29  Coord.  x:     572.222 Latitude:   42° 39' 17,492" N

Coord.  y:     4.722.865 Lonxitude:   8° 7' 7,864" O

 

Nº  MAPA   Esc.  1/10.000:   154 - 11 Esc.  1/5.000:   0154A-0201 (malla anterior: 0154 1-2)

ACCESOS  

Saímos de Lalín cara ao suroeste pola Avda de Montserrat. Á altura do nº 47, desviámonos á dereita (norte) pola rúa da Capela, onde se atopa a carballeira e capela de Montserrat. O castro está a uns 150 m. ao nor-norleste desta capela.

3.  CARACTERÍSTICAS  DO  EMPRAZAMENTO  

Altitude:     595 m.s.n.m.

Emprazamento  topográfico:   No alto dun pequeno outeiro que cae cara ao Rego das Cabirtas

Utilización  do  entorno:    

Prados, urbano e forestal.

Page 2: CASTRO DE DONRAMIRO/ CASTRO DO MONSERRATlalin.gal/files/Donramiro-Monserrat.pdf · 2015-12-03 · 2 FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA) & Prospección Arqueolóxica

2

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

4.  ESTADO  ACTUAL    E  PROTECCIÓN  

Vexetación  

Arboredo e monte baixo. Prados e cultivo.

Descrición  das  alteracións:  

Muros de peche de finca e cultivos no interior da croa e no antecastro. Actividades furtivas segundo un veciño de Donramiro (aprécianse ocos na zona da croa). Unha caseta e antena entre a croa e o antecastro. Hai un gran cartel publicitario no cume do xacemento.

Grao  de  conservación   Moi  bo:       Bo:       Regular:    X   Malo:     Moi  malo:       Desaparecido:      

Causas  de  alteración:  

Cultivos. Construcións e instalacións.

Protección  Legal   BIC:     Planeamento  urbanístico:     X Outros:    

Protección  física:    

Intervención  arqueolóxica:    

Réxime  de  propiedade:   Pública:         Privada:     X

5.  MATERIAIS  

Descrición:    

Ademáis dos clásicos materiais castrexos: muiños (redondos e barquiformes) cerámicas, pesas de tear, fusaiolas, algunha estructura de combustión, etc. que sinalan diversos autores (C. Buxán; X. Carballo,...) segundo A. Presas (2008: 298). Polo 1924 unha veciña de Trascastro atopou casualmente, once moedas de ouro na parte leste do Castro de cronoloxía e paradoiro descoñecido. Outra máis atopouse no 1930 na parte sur. En 1988 atopouse un anaco dun brazalete de ouro que logo foi vendido. Segundo información proporcionada por un veciño de Donramiro, apareceron pías de pedra. Na visita ao xacemento, observáronse fragmentos cerámicos nas terras cultivadas na croa, que non se recolleron.

Procedencia   Achado  casual:   Intervención  arqueolóxica:     Outra:     X

Lugar  actual  do  depósito:      

-­‐  Museo  ou  colección  pública:  

-­‐  Museo  ou  colección  privada:  

-­‐  Particular,  Nome(s)  e  dirección(s):

Page 3: CASTRO DE DONRAMIRO/ CASTRO DO MONSERRATlalin.gal/files/Donramiro-Monserrat.pdf · 2015-12-03 · 2 FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA) & Prospección Arqueolóxica

3

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

7.  DESCRICIÓN  DO  XACEMENTO:  

O castro confórmase a partir dun recinto principal ou croa de forma ovalada cun antecastro que se abre

cara ao leste. As dimensións da croa son no eixo NE-SO duns 90 m. no interior e 100 m. polo exterior.

Si se engade o antecastro se chegaría a 180 m. No eixo NW-SE mide 65 m. no interior e 85 m. polo

exterior. Incluído o antecastro serían uns 100 m.

O ancho do antecastro e duns 30 m. e a lonxitude de180 m. Na zona suroeste o antecastro está moi

alterado pola actividade agrícola. Se embargo, no plano topográfico e o Modelo Dixital do Terreo

(extraído dos datos LIDAR) parece percibirse o seu límite.

Hai unha posible entrada á croa polo sueste. A máxima pendente do terraplén da zona central vai cara

ao norte.

A estrutura actual do xacemento non presenta cambios substanciais, con respecto á imaxe do voo

Americano de 1956 – 1957. Nesta imaxe (e tamén nas ortofotos actuais) é de destacar a estrutura das

terrazas de cultivo dispostas de forma concéntrica ao redor do castro.

Orotofografía do voo Americano de 1956 - 1957 (esquerda) e detalle do plano 1:5000 (dereita)  

Page 4: CASTRO DE DONRAMIRO/ CASTRO DO MONSERRATlalin.gal/files/Donramiro-Monserrat.pdf · 2015-12-03 · 2 FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA) & Prospección Arqueolóxica

4

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

8.  CROQUIS  DO  XACEMENTO:  

Page 5: CASTRO DE DONRAMIRO/ CASTRO DO MONSERRATlalin.gal/files/Donramiro-Monserrat.pdf · 2015-12-03 · 2 FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA) & Prospección Arqueolóxica

5

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

9.  FOLKLORE  

- “Os vellos din que alí hai dúas columnas: unha de ouro e outra de prata, que no caso de xuntarse, estoupan”. - “Alí viviron os mouros que deixaron tesouros e armas”. - “Había ouro nos tempos dos romanos” (BUXAN 1989: 39). - “Dise que hai unha mina que sae deste castro e comunica ca de Goiás, situado ao Norte, pero ao pouco de meterse nela é imposible continuar, por motivos descoñecidos.” - “Facendo un pozo no castro, escoitáronse voces debaixo da terra que decían: ¡Chove, collede a roupa! Non se continuou profundizando máis o pozo, senon que se tapou todo con terra, porque sentiron moito temor” . - “Unha trabe de ouro e outra de alquitrán van desde o castro ata o lugar de A Penda, ao sur de aquel. Había que ter moito coidado coas rodas dos carros para que non as rozaran, seno n incendiaríase todo o que hai arredor, Por iso, cando levaban esterco en carros para as fincas da aurela, procuraban meterlle pouca carga”. (Javier Blanco, 2005, tomado de Presas 2008: 296-297). - “Trabes de ouro e alcatrán que van desde o castro ata o lugar da Penela. Non había que rozalas, senon íncendiaríanse”. - “Habitado polos mouros, que deixaron tesouros e armas”. - “Posúe unha mina subterránea que o comunica co castro de Goiás”. - “Facendo un buraco na croa escoitáronse voces debaixo da terra que dicían: «Chove, collede a Roupa » Sentiron medo e taparon o buraco”. - “Existen dúas columnas: unha de ouro e outra de prata. Se se xuntan, estoupan”. (García Porral 2010: 41)

10.  POTENCIAL  DE  REVALORACIÓN  DO  XACEMENTO   Excelente:     Axeitado:   X Non  axeitado:    

Estado  de  conservación  actual:  

A croa consérvase ben, ao igual que o sector norte e sur do antecastro.

Vulnerabilidade  ás  visitas:  

Non se observan.

Orixinalidade  (deste  castro  respecto  doutros):  

Antecastro de grandes dimensións.

Perceptibilidade  das  estructuras:  

Boa. O xacemento non se aprecia ben cara ao oeste (polas vivendas), e si mellor cara ao leste.

Page 6: CASTRO DE DONRAMIRO/ CASTRO DO MONSERRATlalin.gal/files/Donramiro-Monserrat.pdf · 2015-12-03 · 2 FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA) & Prospección Arqueolóxica

6

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

Accesibilidade  e  capacidade  de  recepción  de  público:  

Bo acceso para coches e autobuses, que poden quedar na carballeira da capela de Montserrat. Ademais está moi preto do núcleo urbano, incluso poderíase ir andando, xa que está a uns 10-15 minutos dende o concello. Dende a carballeira ata o xacemento, o acceso é bo. Dentro do xacemento a circulación é boa.

Potencial  de  ilustración  (xacemento  e  contorna):  

Amplo antecastro.  

Necesidades  mínimas  para  a  revalorización:  

Limpeza vexetal. Retirada de cartel, antena e caseta.

Outros  elementos  de  Patrimonio  Cultural  próximos:  

Capela, carballeira e palco de música de Montserrat. Igrexa románica de Donramiro. Cruceiro. Casa das Culpas, antigo Concello. Dende 2003 celébrase na parroquia unha festa histórica anual na que se dan cita bárbaros e romanos.

10.  BIBLIOGRAFÍA  E  DOCUMENTACIÓN  

ÁLVAREZ LIMESES G. (1936): Geografía general del reino de Galicia. Provincia de Pontevedra. Barcelona: A. Martín. Páx. 590. BUXÁN, C. (1989) Guía dos Castros de Lalín. Lalín: O trillón. Asociación Cultural “O Naranxo”. Páx. 38-39. CARBALLO ARCEO, L.X. (1989): A Cultura castrexa na bacia media do río Ulla. Tesis Doctoral lida na Facultade de Xeografía e Historia,Universidade de Santiago de Compostela. (2001) A cultura castrexa na comarca do Deza. Col. Deza Básicos nº 4. Lalín: Patronato cultural de Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. CRESPO NAZARA, J (1951): Cartilla de geografía de la comarca de Lalín. Santiago de Compostela. EPYPSA: “Ficha de Inventario 1-21 do PGOU de Lalín”. FILGUEIRA VALVERDE J.; GARCÍA ALEN A. (1954-56) “Materiales para la Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra”. El Museo de Pontevedra, TVIII. Páx. 125. GARCÍA PORRAL, X. C. 2010: Lendas castrexas: Antropoloxía da tradición oral no concello de Lalín. A Coruña: Lóstrego. Páx. 41. GARCÍA VÁZQUEZ C. 2000. “El castro de Donramiro”. Descubrindo, Anuario de estudios e invesgtigación do Deza, nº 2: 69-78. LÓPEZ CUEVILLAS, F. (1973): “Prehistoria”. En R. Otero Pedraio (dir): Historia de Galiza. Vol. III. Buenos Aires.

Page 7: CASTRO DE DONRAMIRO/ CASTRO DO MONSERRATlalin.gal/files/Donramiro-Monserrat.pdf · 2015-12-03 · 2 FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA) & Prospección Arqueolóxica

7

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

MEIJIDE CAMESELLE, G. e REY SEARA. E. (1989) “Ficha de inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia”. Inédito. Depositada na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Xunta De Galicia. PRESAS GARCÍA, A. (2008) Os castros de Lalín. Col. Deza Básicos. Lalín: Concello de Lalín. VÁZQUEZ CRESPO, A. (1991): Lalín. La tierra de Deza. Guía Everest. Madrid: Everest VÁZQUEZ CRESPO, A. E GONZÁLEZ ALÉN (1997): A comarca do Deza. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra, 2ª ed. (ed. Orixinal 1989).

Informante(s):   Veciño de Donramiro

Redactor(es):   Javier Luaces Anca e Eduardo Rodríguez Saiz

Lugar  e  data:    

Lalín, 19 de novembro de 2012  

Page 8: CASTRO DE DONRAMIRO/ CASTRO DO MONSERRATlalin.gal/files/Donramiro-Monserrat.pdf · 2015-12-03 · 2 FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA) & Prospección Arqueolóxica

FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

GA36024035. CASTRO DE DONRAMIRO / CASTRO DO MONTSERRAT

(Donramiro, Santa María de Donramiro).

IMG_5946 Vistas do castro dende o sur.

IMG_5948. Vista da croa dende o leste.

Page 9: CASTRO DE DONRAMIRO/ CASTRO DO MONSERRATlalin.gal/files/Donramiro-Monserrat.pdf · 2015-12-03 · 2 FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA) & Prospección Arqueolóxica

FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

IMG_5950. Interior da croa

IMG_5951. Interior da croa

Page 10: CASTRO DE DONRAMIRO/ CASTRO DO MONSERRATlalin.gal/files/Donramiro-Monserrat.pdf · 2015-12-03 · 2 FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA) & Prospección Arqueolóxica