boletÍn oficial do parlamento de galicia...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o...

16
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA XI lexislatura Número 165 5 de xullo de 2021 CSV: BOPGDSPG1ASRUFR671 Verificación: https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/

Upload: others

Post on 06-Aug-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en material

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

XI lexislaturaNúmero 1655 de xullo de 2021

CS

V: B

OP

GD

SP

G1A

SR

UFR

671

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/

Page 2: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en material

SUMARIO

1. Procedementos parlamentarios

1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei1.1.2.1.2. Proposicións de lei

ıDitame emitido pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, sobre a Proposición de lei polaque se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundidodas disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, para garantir aigualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación 62414

ı Mantemento de emendas e formulación de votos particulares en relación coa Proposición de leipola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto re-fundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, paragarantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación

— G. P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 17798) 62423

ı Ditame emitido pola Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego sobre a Proposición de leide reforma da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral daviolencia de xénero 62419

ıMantemento de emendas e formulación de votos particulares en relación coa Proposición de leide reforma da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral daviolencia de xénero

— G. P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 17815) 62424

1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas

Rexeitamento das iniciativas

ı 4918 (11/PNC-000590)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRivas Cruz, Xosé Luís e dous deputados/as máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas negociacións doscontratos e as relacións entre as industrias e os produtores de leite 62422

XI lexislatura. Número 165. 5 de xullo de 2021 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

62412

CS

V: B

OP

GD

SP

G1A

SR

UFR

671

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/

Page 3: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en material

ı 12852 (11/PNC-001307)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSeco García, Martín e dous deputados/as máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa concentración parce-laria dos montes das parroquias de San Miguel de Pereira e de Arca, no concello do Pino 62422

XI lexislatura. Número 165. 5 de xullo de 2021 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

62413

CS

V: B

OP

GD

SP

G1A

SR

UFR

671

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/

Page 4: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en material

1. Procedementos parlamentarios

1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei1.1.2.1.2. Proposicións de lei

Ditame emitido pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, sobre a Proposi-ción de lei pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo quese aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galiciaen materia de igualdade, para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ám-bito universitario e da investigación

A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na reunión do 1 de xullo de 2021, adoptou oseguinte acordo:

Aprobación do ditame da Comisión

- 10503 (11/PPL-000004)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoProposición de lei pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que seaproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materiade igualdade, para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e dainvestigaciónBOPG nº 96, do 17.02.2021

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

Ditame emitido pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, sobre a Proposi-ción de lei pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo quese aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galiciaen material de igualdade, para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ám-bito universitario e da investigación

A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na sesión do día 1 de xullo de 2021, á vista doInforme elaborado pola Ponencia sobre a Proposición de lei pola que se modifica o Decreto lexis-lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais daComunidade Autónoma de Galicia en material de igualdade, para garantir a igualdade real entremulleres e homes no ámbito universitario e da investigación, de conformidade co disposto nos ar-tigos 116 e seguintes do Regulamento do Parlamento de Galicia, aprobou o seguinte:

XI lexislatura. Número 165. 5 de xullo de 2021 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

62414

CS

V: B

OP

GD

SP

G1A

SR

UFR

671

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/

Page 5: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en material

D I T A M E

Texto articulado da proposición de lei

Exposición de motivos

O ordenamento xurídico galego establece na actualidade os principios de igualdade entre homese mulleres e de non-discriminación por razón do xénero. Porén, no noso país persisten aínda dis-criminacións en todos os ámbitos da vida social, cultural, laboral, económica e tamén no ámbitoacadémico e da investigación.

Son múltiples os estudos que evidencian a pervivencia e reprodución das fendas de xénero,tanto verticais coma horizontais, na ciencia e na investigación; discriminacións que resultan de seconxugaren, entre outros, dous fenómenos:

a) O glass ceiling ou «teito de vidro», segundo o cal as mulleres van avanzando posicións nassúas carreiras profesionais ata se atoparen cun teito ou barreira invisible que impide o seu progresoata a cima.

b) O leaky pipeline ou «tubaxe que pinga», polo cal as mulleres van desaparecendo progresiva-mente, pinga a pinga, das carreiras científicas ás que van accedendo, polos obstáculos e pexas queatopan.

Neste contexto, hai tempo que os principais organismos de investigación e goberno, tanto ga-legos como estatais e internacionais, recoñecen que existen situacións de desvantaxe nos procesoscompetitivos de captación de contratos ou financiamento de proxectos relacionados co xénero ecoas circunstancias derivadas da maternidade que poden ocasionar unha interrupción temporalna actividade e na carreira do persoal investigador e, en especial, das mulleres investigadoras.

As conclusións de numerosos traballos científicos de referencia internacional amosan as dificul-tades e pexas que as mulleres atopan ao longo da súa carreira investigadora e as desvantaxes ediscriminacións que sofren fronte aos seus compañeiros homes. Estas dificultades tradúcense nofeito de a proporción de mulleres descender de maneira alarmante segundo se ascende na carreirainvestigadora.

Fronte a esta realidade, o Instituto Europeo para a Equidade de Xénero (EIGE, nas súas siglas eninglés) estableceu unha serie de recomendacións a respecto da carreira investigadora nas que instaa crear un marco legal e político e proporcionar ferramentas que eliminen as barreiras legais e decalquera outro tipo na contratación, retención e progresión da carreira das mulleres investigadoras.

Esta proposición de lei pretende, pois, introducir medidas reguladoras que garantan a igualdadede xénero no acceso ás convocatorias públicas de investigación nas universidades galegas, os or-ganismos públicos de investigación de Galicia e outras entidades do sistema de I+D+i galego co ob-xectivo de evitar situacións de discriminación e vulneración dos principios de igualdade de trato ede oportunidades. Así mesmo, busca incorporar a perspectiva de xénero na universidade e na in-vestigación, co fin de facer efectiva a igualdade entre mulleres e homes.

XI lexislatura. Número 165. 5 de xullo de 2021 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

62415

CS

V: B

OP

GD

SP

G1A

SR

UFR

671

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/

Page 6: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en material

Así pois, a lei consta dun artigo único e dúas disposicións derradeiras dirixidos a apoiar, promo-ver e visibilizar o traballo investigador das mulleres en Galicia e tamén a introducir mecanismoscorrectores e obxectivos nas convocatorias públicas de I+D+i para evitar a discriminación e/ou pe-nalización das mulleres, e tamén dos homes, en casos de maternidade, paternidade, garda con finsde adopción ou acollemento, risco durante o embarazo e/ou lactación e incapacidade temporalasociada ao embarazo ou por razóns de violencia de xénero ou calquera tipo de acoso.

Coa finalidade de dotármonos de máis e mellores ferramentas para conseguir a plena igualdadeformúlase a seguinte lei.

Artigo único. Modificación do decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o textorefundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade

O decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das dispo-sicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, queda modificadocomo segue:

Un. O artigo 20 queda redactado da seguinte maneira:

«Artigo 20. A perspectiva de xénero na universidade e na investigación

1. Co obxectivo de facer efectiva a igualdade de mulleres e homes no ámbito da universidade, dainvestigación e da transferencia do coñecemento adoptaranse as seguintes medidas:

a) Fomentar a creación de cátedras sobre cuestións de xénero nas universidades galegas.

b) Apoio á realización de proxectos de estudo e investigación sobre cuestións de xénero e/oude proxectos de estudo e investigación nos cales se integre a perspectiva de xénero; e garantiraseque  nos proxectos de investigación e de transferencia do coñecemento dos que se poidan extraerresultados para as persoas se teña en conta a perspectiva de xénero.

c) Garantirase a formación da totalidade do persoal en materia de perspectiva de xénero e pre-vención da violencia contra as mulleres.

d) Apoio, a través do establecemento de medidas de acción positiva, do traballo das mulleres no ám-bito da investigación, fomentando a súa participación e liderado en grupos de investigación, de acordoco disposto no artigo 4.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia e o artigo 9.2 da Constitución española.

e) Visibilización das achegas das mulleres nos ámbitos científico e técnico ao longo da historia e naactualidade, tanto aquelas de recoñecido prestixio e carreira consolidada como o talento emerxente.

f) Garantía de que os períodos de tempo dedicados ao desfrute de permisos, ou con reduciónsde xornada, por razóns de conciliación ou coidado de menores, familiares ou persoas dependentes,non repercutan negativamente na formación e na carreira docente e investigadora.

2. As universidades e os centros e institucións de investigación galegos deben:

XI lexislatura. Número 165. 5 de xullo de 2021 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

62416

CS

V: B

OP

GD

SP

G1A

SR

UFR

671

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/

Page 7: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en material

a) Garantir o cumprimento do principio de non-discriminación por razón de xénero tanto directacomo indirecta, e facer efectiva a igualdade de mulleres e homes na carreira docente e na investi-gadora, así como entre a totalidade do persoal ao seu servizo.

a bis) Garantir o acceso á ensinanza universitaria e á investigación de mulleres con diversidadefuncional e o fomento das novas tecnoloxías que faciliten a súa integración.

b) Garantir a participación equilibrada de mulleres e homes en todos os órganos colexiados ena toma de decisións, nas comisións de selección e avaliación e nos comités de persoas expertas.Esta participación equilibrada supón que as persoas de cada sexo non superen o sesenta por centonin sexa menos do corenta por cento, tal e como define a Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo,para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

c) Avanzar no deseño de métodos de avaliación da calidade científica e académica que incorpo-ren a perspectiva de xénero e garantan a non discriminación por razón de sexo ou xénero.

d) Promover un uso dos tempos e da organización do traballo que facilite a conciliación e favo-reza a corresponsabilidade de homes e mulleres, permitindo compatibilizar o exercicio da profesiónacadémico-científica-tecnolóxica coas responsabilidades persoais e de coidado.

e) Garantir que as avaliacións de persoal docente e investigador teñan en conta a perspectivade xénero e a non-discriminación, directa ou indirecta, por razóns de sexo.

f) Garantir que nos procesos de selección e/ou avaliación da traxectoria académico-profesional,os que se consideren intervalos temporais, resulten excluídos, sen impacto negativo para a persoainteresada, aqueles períodos de tempo dedicados ao desfrute de permisos, ou con reducións dexornada, por razóns de conciliación ou coidado de menores, familiares ou persoas dependentes,ou por razóns de violencia de xénero.

g) Establecer criterios de acción positiva nas axudas á investigación, garantindo a calidade e a exce-lencia, nas convocatorias de axudas, de forma que se valore positivamente que os grupos estean lide-rados por mulleres, integrados por máis dun 40 % de mulleres ou incorporen a perspectiva de xénero.

h) Dotarse de protocolos e establecer medidas de cooperación interinstitucional para a detec-ción precoz da violencia de xénero e de apoio ante calquera das formas de violencia definidas nalexislación galega.

i) Potenciar a vocación científica e investigadora entre as mulleres.»

Dous. Engádese un novo artigo 20 bis coa seguinte redacción:

«Artigo 20 bis. Avaliación dos méritos, currículum vitae e traxectoria investigadora nas convocatoriaspúblicas de I+D+i

a) A administración autonómica desenvolverá medidas tendentes a garantir a igualdade real eefectiva entre mulleres e homes evitando calquera discriminación ou penalización directa ou indirectapor razón de xénero en todos os procesos de avaliación e/ou selección do persoal investigador.

XI lexislatura. Número 165. 5 de xullo de 2021 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

62417

CS

V: B

OP

GD

SP

G1A

SR

UFR

671

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/

Page 8: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en material

b) Para as convocatorias públicas de I+D+i onde o criterio de avaliación comprenda a valoracióndos méritos acadados durante un período concreto e limitado ou ao longo de toda a carreira in-vestigadora, así como aquelas en que o criterio de avaliación estea baseado na consecución dunsméritos mínimos computados durante o total da carreira investigadora ou durante un período li-mitado e concreto desta, a Administración autonómica deberá computar como tempo de inactivi-dade investigadora o tempo desfrutado de permiso de maternidade, paternidade, garda con finsde adopción ou acollemento, risco durante o embarazo e/ou lactación e incapacidade temporalasociada ao embarazo ou por razóns de violencia de xénero ou calquera tipo de acoso.

c) Nas bases das convocatoria de axudas, establecerase o factor corrector que en cada caso co-rresponda e que permita compensar os períodos de inactividade investigadora e  garantir a igual-dade de oportunidades.»

Disposición derradeira primeira. Aplicación das medidas nas convocatorias públicas

As medidas previstas no artigo 20 bis serán aplicables nas convocatorias públicas unha vez trans-corridos os tres meses seguintes á entrada en vigor desta lei.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento regulamentario

Facúltase a Xunta de Galicia para ditar cantas disposicións regulamentarias sexan necesariaspara o adecuado desenvolvemento desta lei.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2021Daniel Castro GarcíaSecretario (en funcións) da Comisión

Vº e praceCorina Porro MartínezPresidenta da Comisión

Mantemento de emendas e formulación de votos particulares en relación coa Proposiciónde lei pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015 do 12 de febreiro, polo que seaproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia enmateria de igualdade, para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbitouniversitario e da investigación

- 10503 (11/PPL-000004)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoProposición de lei pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015 do 12 de febreiro, polo que seaproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materiade igualdade, para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e dainvestigaciónBOPG nº 96, do 17.02.2021

XI lexislatura. Número 165. 5 de xullo de 2021 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

62418

CS

V: B

OP

GD

SP

G1A

SR

UFR

671

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/

Page 9: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en material

Ordénase a publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia das emendas mantidas e dosvotos particulares formulados ao Ditame emitido pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social eEmprego.

— G. P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 17798).

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

Ditame emitido pola Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego sobre a Proposiciónde lei de reforma da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamentointegral da violencia de xénero

A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na session do día 1 de xullo de 2021, á vista doInforme elaborado pola Ponencia sobre a Proposición de lei de reforma da Lei 11/2007, do 27 dexullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, de conformidade codisposto nos artigos 116 e seguintes do Regulamento do Parlamento de Galicia, aprobou o seguinte:

D I T A M E

Texto articulado da Proposición de lei pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galegapara a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero

Exposición de Motivos

Defínese a violencia vicaria como aquela violencia que se exerce sobre a muller co fin de lle cau-sar o maior e máis grave dano psicolóxico a través de terceiras ou interpósitas personas e que acadao seu grao máis elevado de crueldade co homicidio ou asasinato desas persoas (fillos e fillas, nai,pai, parella actual etc).

Cada vez hai máis estudos, informes e xurisprudencia nos tribunais que, en aplicación do esta-blecido no artigo 49.2 do Convenio de Istambul, aplicando en consecuencia a perspectiva de xénero,recoñecen e se pronuncian ao respecto destes casos como unha manifestación máis de violenciade xénero, pois os estudos están a demostrar que a única finalidade de tales actos é causar o maiorsufrimento psicolóxico e na saúde da muller que sofre este tipo de violencia vicaria, de forma querecoñecer o homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia exercida sobre as fillas oufillos da muller, así como de calquera outra persoa estreitamente unida a ela, coa intención de llecausar o máximo dano e padecemento, supón afianzar o Estatuto de protección integral de vítimade violencia de xénero.

Esta é a razón pola que na medida 139 do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero se acor-dou «facer extensivos os apoios psicosociais e dereitos laborais, as prestacións da Seguridade So-cial, así como os dereitos económicos recollidos na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, demedidas de protección integral contra a violencia de xénero, a quen padecese violencia vicaria ouviolencia por interpósita persona».

XI lexislatura. Número 165. 5 de xullo de 2021 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

62419

CS

V: B

OP

GD

SP

G1A

SR

UFR

671

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/

Page 10: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en material

Por todo isto, faise aconsellable a modificación da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a pre-vención e o tratamento integral da violencia de xénero, para recoñecer como vítimas de violenciade xénero aquelas mulleres que teñen ou tiveron que padecer o homicidio, asasinato ou calqueraoutra forma de violencia exercida sobre as fillas ou fillos da muller ou de calquera outra persoa es-treitamente unida a ela, por parte de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo conela unha relación análoga de afectividade aínda sen convivencia, ampliando, en consecuencia, oconcepto de violencia de xénero no artigo 1 da lei, así como recoñecendo explicitamente este tipode violencia como unha forma de violencia de xénero, recolléndoa como tal no artigo 3 da lei.

Así mesmo, co fin de outorgar o estatuto de vítima de violencia de xénero ás mulleres que nopasado sufriron a violencia vicaria que nesta lei se define, daráselle carácter retroactivo á lei paraque todas elas sexan recoñecidas como vítimas de violencia de xénero e se lles outorgue a protec-ción que ese estatuto lles ofrece, e que non foi outorgado no seu momento por falta de aplicaciónda perspectiva de xénero nos procedementos levados a cabo e por non entender a violencia vicariacomo unha manifestación da violencia de xénero.

Artigo único. Modificación da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento in-tegral da violencia de xénero

A Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia dexénero queda modificada como segue:

Un. Engádese un novo parágrafo a continuación do artigo 1.2 co seguinte contido:

«Inclúese dentro do concepto de violencia de xénero a violencia vicaria, entendida esta como ohomicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia exercida sobre as fillas ou fillos da muller,así como sobre calquera outra persoa estreitamente unida a ela, coa finalidade de lle causar maiordano psicolóxico, por parte de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo con ela unharelación análoga de afectividade aínda sen convivencia.»

Dous. A letra g) do artigo 3  queda redactada da seguinte maneira:

«g) O homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia exercida sobre as fillas ou fillosda muller, así como sobre calquera outra persoa estreitamente unida a ela, coa finalidade de llecausar maior dano psicolóxico, por parte de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivocon ela unha relación análoga de afectividade aínda sen convivencia.»

Tres. A actual letra g) pasa a ser a letra h) do artigo 3.

Catro. A letra b) do artigo 5 queda redactada da seguinte maneira:

«b) Sentenza condenatoria na orde penal por homicidio ou asasinato das fillas ou fillos da muller,así como de calquera outra persoa estreitamente unida a ela, por quen sexa ou fose o seu cónxuxe oupor quen mantivo con ela unha relación análoga de afectividade aínda sen convivencia ou calqueraoutro documento que acredite a violencia vicaria; así como as demais sentenzas de calquera orde xu-risdicional que declaren que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas nesta lei.»

XI lexislatura. Número 165. 5 de xullo de 2021 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

62420

CS

V: B

OP

GD

SP

G1A

SR

UFR

671

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/

Page 11: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en material

Disposición adicional única. Retroactividade

O recoñecemento de vítima de violencia de xénero por violencia vicaria terá efectos retroactivos,polo que se recoñecerán os dereitos que regula esta lei a situacións ocorridas con anterioridade áaprobación da modificación desta.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta lei.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento

Facúltase o Consello da Xunta de Galicia e mais o órgano competente en materia de igual-dade para ditaren as disposicións regulamentarias e as instrucións necesarias para o adecuadodesenvolvemento e cumprimento desta lei.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2021Daniel Castro GarcíaSecretario (en funcións) funcións da Comisión

Vº e praceCorina Porro MartínezPresidenta da Comisión

Mantemento de emendas e formulación de votos particulares en relación coa Proposiciónde lei de reforma da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamentointegral da violencia de xénero

- 11910 (11/PPL-000006)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoProposición de lei de reforma da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o trata-mento integral da violencia de xéneroBOPG nº 105, do 03.03.2021

Ordénase a publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia das emendas mantidas e dos votosparticulares formulados ao Ditame emitido pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego.

— G. P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 17815).

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

XI lexislatura. Número 165. 5 de xullo de 2021 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

62421

CS

V: B

OP

GD

SP

G1A

SR

UFR

671

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/

Page 12: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en material

1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas

A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 2 de xullo de 2021,adoptou os seguintes acordos:

Rexeitamento das iniciativas

- 4918 (11/PNC-000590)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRivas Cruz, Xosé Luís e dous deputados/as máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas negociacións doscontratos e as relacións entre as industrias e os produtores de leiteBOPG nº 49, do 19.11.2020

Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.

- 12852 (11/PNC-001307)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSeco García, Martín e dous deputados/as máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa concentración parce-laria dos montes das parroquias de San Miguel de Pereira e de Arca, no concello do PinoBOPG nº 115, do 24.03.2021

Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2021María Montserrat Prado CoresVicepresidenta 2ª

XI lexislatura. Número 165. 5 de xullo de 2021 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

62422

CS

V: B

OP

GD

SP

G1A

SR

UFR

671

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/

Page 13: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en material

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a través do portavoz e ao

abeiro do disposto no artigo 119 do Regulamento da Cámara, comunícalle a esa

mesa que mantén para a súa defensa en Pleno as emendas presentadas á

Proposición de lei pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015 do 12 de

febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da

Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, para garantir a

igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación

(doc. núm. 10503), agás as aprobadas ou transacionadas, así como os votos

particulares se os houber.

Pazo do Parlamento, 2 de xullo de 2021

Asinado dixitalmente por:

Gonzalo Caballero Míguez na data 02/07/2021 10:24:06

CS

V: R

EX

ISTR

OyP

78A

3srp

3V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

62423

CS

V: B

OP

GD

SP

G1A

SR

UFR

671

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/

Page 14: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en material

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a través do portavoz e ao

abeiro do disposto no artigo 119 do Regulamento da Cámara, comunícalle a esa

mesa que mantén para a súa defensa en Pleno as emendas presentadas á

Proposición de lei de reforma da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a

prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (doc. núm. 11910),

agás as aprobadas, transacionadas ou retiradas, así como os votos particulares se

os houber.

Pazo do Parlamento, 2 de xullo de 2021

Asinado dixitalmente por:

Gonzalo Caballero Míguez na data 02/07/2021 13:04:14

CS

V: R

EX

ISTR

O5C

H2m

ssIf7

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/

62424

CS

V: B

OP

GD

SP

G1A

SR

UFR

671

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/

Page 15: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en material

XI lexislatura. Número 165. 5 de xullo de 2021 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

62425

ESTRUTURA DO BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

1. PROCEDEMENTOS PARLAMENTARIOS 1.1. PROCEDEMENTOS DE NATUREZA NORMATIVA

1.1.1. NORMAS APROBADAS 1.1.2. PROPOSTAS DE NORMAS

1.2. PROCEDEMENTOS ESPECIAIS DE CARÁCTER INSTITUCIONAL1.2.1. INVESTIDURA1.2.2. MOCIÓN DE CENSURA1.2.3. CUESTIÓN DE CONFIANZA

1.3. PROCEDEMENTOS DE CONTROL E IMPULSO1.3.1. CONTROL SOBRE AS DISPOSICIÓNS DA XUNTA CON FORZA DE LEI 1.3.2. COMUNICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA1.3.3. EXAME DE PROGRAMAS E PLANS1.3.4. ACORDOS, RESOLUCIÓNS OU PROPOSTAS DE COMISIÓNS ESPECIAIS OU DE INVESTIGACIÓN1.3.5. MOCIÓNS1.3.6. PROPOSICIÓNS NON DE LEI1.3.7. OUTRAS PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN E ACORDOS1.3.8. PROCEDEMENTOS DE CONTROL ECONÓMICO E ORZAMENTARIO

1.4. PROCEDEMENTOS DE INFORMACIÓN1.4.1. INFORMACIÓNS REMITIDAS POLA XUNTA DE GALICIA1.4.2. SOLICITUDES DE COMPARECENCIA 1.4.3. INTERPELACIÓNS1.4.4. PREGUNTAS1.4.5. RESPOSTAS A PREGUNTAS1.4.6. SOLICITUDES DE DATOS, INFORMES E DOCUMENTOS DE DEPUTADOS E DE COMISIÓNS1.4.7. RECONVERSIÓNS POR FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE SESIÓNS

1.5. PROCEDEMENTOS RELATIVOS A OUTRAS INSTITUCIÓNS E ÓRGANOS1.6. PROCEDEMENTOS DE ELECCIÓN, DESIGNACIÓN E PROPOSTA DE NOMEAMENTO1.7. PROCEDEMENTOS RELATIVOS AO DEREITO DE PETICIÓN

2. ELECCIÓN E COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO, RÉXIME E GOBERNOINTERIOR, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO2.1. ELECCIÓN DO PARLAMENTO2.2. COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO E DOS SEUS ÓRGANOS2.3. RÉXIME E GOBERNO INTERIOR2.4. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO PARLAMENTO

3. ADMINISTRACIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA

4. INFORMACIÓNS E CORRECCIÓNS DE ERROS4.1. INFORMACIÓNS

4.2. CORRECCIÓNS DE ERROS

CS

V: B

OP

GD

SP

G1A

SR

UFR

671

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/

Page 16: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA...lativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en material

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Edición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia. Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25 Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727

CS

V: B

OP

GD

SP

G1A

SR

UFR

671

Ver

ifica

ción

:ht

tps:

//sed

e.pa

rlam

ento

dega

licia

.gal

/tram

ites/

csv/