xesus constela

9
Xesús Constela Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Xesús Constela (Ferrol, 1963). É un narrador galego que se deu a coñecer especialmente coa obra As humanas proporcións coa que acadou o “Premio Torrente Ballester” (2003) e tamén o “Premio da crítica” da Asociación Española de Críticos Literarios no ano 2005. No ano 2008 a súa obra Shakespeare destilado resultou gañadora do “Premio de Novela Manuel García Barros”. miércoles 25 de mayo de 2016

Upload: asnosasletras

Post on 27-Jan-2017

377 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Xesus Constela

Xesús Constela

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Xesús Constela (Ferrol, 1963). É un narrador galego que se deu a coñecer especialmente coa obra As humanas proporcións coa que acadou o “Premio Torrente Ballester” (2003) e tamén o “Premio da crítica” da Asociación Española de Críticos Literarios no ano 2005. No ano 2008 a súa obra Shakespeare destilado resultou gañadora do “Premio de Novela Manuel García Barros”.

miércoles 25 de mayo de 2016

Page 2: Xesus Constela

Escribo dende que estaba en primaria, alá polos anos setenta do século pasado. Facía de todo: primeiro guións para teatro de monicreques, despois poesía e logo teatro. Mesmo gañei un premio no primeiro día das letras que se celebrou no meu colexio, en Ferrol, aínda que o que escribía non eran textos para ser publicados. Nunca pensara niso mentres os facía.A idea de publicar veume á cabeza por vez primeira con aqueles relatos de As humanas proporcións aos que tanto lles debo.

Xesús Constela1.- Inda que Vostede escribe “dende que ten uso de razón”, como xustificarmos a tardía aparición nas nosas librarías da literatura de Xesús Constela?

4.- Claro que esta aparición foi do máis salientábel xa que a súa obra As humanas proporcións non soamente foi distinguida co premio “Torrente Ballester” senón que por riba co “Premio da crítica da Asociación Española de críticos literarios”... como se sente un escritor con semellantes recoñecementos?

3.- A súa estadía en Salamanca cremos que o puido marcar porque alí xurdiron proxectos literarios, revista... e quizabes tamén o compromiso co noso idioma e coa nosa literatura, non?

2.- Cando se decatou Vostede que lle tiña que abrir a billa ao seu manancial literario interior?

Séntese con vertixe. Imaxinade. A miña primeira obra escrita con desexos de publicación, e vai e acada dous premios tan grandes. Debo de recoñecer que me quedou unha sensación tremenda de incerteza cara ao futuro. E ao mesmo tempo entroume unha enorme gana de traballar. Necesitaba abrir por completo esa billa da que falabamos antes para permitir que todo saíse en enxurrada (controlada).

Dende Salamanca, logo dende Barcelona, dende fóra, en xeral, constrúes unha imaxe da Terra que moitas veces peca de idealizada, de non real, o que significa que cando regresas tes un abafante encontrón coa realidade. Nunca escribín noutra lingua que non fose o galego. En Salamanca publicaba textos bilingües nunha revista que se titulaba “Ancilla”. O escritor ten que estar plenamente seguro da materia prima que utiliza, no meu caso esta lingua tan versátil, malia que moitos non o vexan, que é o galego.

O manancial coido que sempre existiu. Xa digo que o feito de convertelo en material literario veu con As humanas proporcións. E dende ese momento non fun quen de volver pechalo. Teño na cabeza un bulebule constante de ideas. Só agardo ter tempo para poder plasmalas nun papel.

Portada: “As humanas proporcións”

miércoles 25 de mayo de 2016

Page 3: Xesus Constela

Adoro o relato. Nunca vou deixar de escribir relato pola súa inmediatez cara ao lector, polo desafío que supón para un escritor o relato, onde tes que condensar o máximo posíbel o que dis para ser quen de transmitir todo canto pretendes dicir.E logo está a novela, que cada vez a entendo máis de xeito impresionista, ou sexa, coma unha colección de relatos convenientemente enfiados. Teño gana de reinventar o meu estilo para a novela, de reinventarme eu dalgún xeito.Pero nunca abandonarei o relato. Nunca.

Xesús Constela

5.- Por que comezar con relatos e non xa de cheo coa novela longa?

6.- E a seguir xurdirá o Libro das alquimias... unha obra cunha inmensa mestura temática e de obxectivos literarios... (medo, humor, sentimentos) unha viaxe, como moi ben ten dito Vostede...

7.- Mais un ano máis tarde un premio (o “Manuel García Barros”) vai marcar un antes e un despois na súa obra literaria xa que a súa Shakespeare destilado será a obra gañadora, ou estamos equivocados no que ao antes e despois se refire?

Non. En absoluto. Hai un antes e un despois. Shakespeare destilado abre un novo camiño no meu xeito de escribir. Foi marabilloso descubrir un personaxe coma o Willy, o seu protagonista. Da man dese Willy, do seu xeito de falar en enxurrada de ideas, viñeron despois Gordo, o protagonista de 15.724, ou Tommaso, o mendigo de Apoteose das perchas.

O Libro das alquimias naceu da necesidade de explicarlles aos meus fillos, daquela pequenos, por que é importante a lectura, por que é necesario perder o medo aos libros.Os libros permiten abraiantes viaxes no tempo e desprazamentos incríbeis no espazo. Mentres escribía o primeiro borrador dei de bruzos coa historia de Hypatia de Alexandría e a súa impresionante biblioteca. E da man dela deixeime levar... e velaí o resultado final.Téñolle moitísimo agarimo ao Libro das alquimias e a todo canto representa.

Totalmente atinada. En Shakespeare destilado pretendía desmontar o proceso de creación literaria ao tempo que, mediante o xogo co lector, desmantelaba un tótem como William Shakespeare desde o punto de vista do humor.

8.- Temos visto por algures de que se trata dunha “metáfora burlesca da literatura concibida como un monólogo”... até que punto é atinada esa opinión?

miércoles 25 de mayo de 2016

Page 4: Xesus Constela

Xesús Constela

Portada: “Shakespeare Destilado”

10. E non deixa Vostede de nos sorprender... e estamos a nos referir a un curioso título e ademais a unha curiosa novela (15.724). Pode ser o primeiro título numérico da nosa literatura pero tamén a novela ten o seu aquel, poderiamos dicir moi fantástica, non?

9.- Ademais esta obra foi publicada traducida ao castelán... Non cre Vostede que estas traducións da literatura de noso a outros idiomas -inda que algo se vai acadando- tivese que ter un pulo máis importante como un factor máis da nosa normalización literaria?

15.724 naceu do noxo que me produce a pena de morte. Quería escribir un alegato, pero dende o primeiro momento tiven claro que o mellor que se podía facer era ofrecer ao lector unha historia que o envolvese dende o primeiro momento e ir enchéndoa de opinións encontradas acerca do tema do chamado castigo capital, algo aberrante que aínda se aplica en moitos, demasiados, países e debería de ser erradicado para sempre.Inventei un país, cunhas regras e unhas leis que de principio poden parecer xustas pero realmente non o son nin de lonxe, porque todo é susceptíbel de ser interpretado segundo os desexos de quen goberne.

Non cansarei de dicir que deste país debería exportar literatura como fai co viño ou cos mariscos, porque se trata dun sector moi vizoso e con moitas posibilidades. Facemos unha literatura de calidade, e de facer ben esa exportación da que falo (a tradución a outras linguas, cantas máis mellor) estariamos nun lugar diferente a respecto do mundo. Somos unha potencia no eido da literatura, e quen non o vexa ten que ir a un bo oculista, porque ten un problema.

11.- Recentemente acaba de chegar ás librarías a súa novela A rotura das paisaxes... ficción, realidade, outra volta personaxes de idade avanzada... Que pretendía cando se mergullou nesta nova empresa novelesca?

Pretendía divertirme no sentido de deixarme levar pola mera creación literaria, experimentar con diferentes estilos, xogar co lector, cos personaxes, comigo mesmo, que aparezo no libro dende o comezo. Estou moi contento co resultado. Creo que é un libro diferente que conta cousas moi diferentes entre si, e moi diferentes tamén do que se publica normalmente. O meu gran desexo no eido da literatura é ser quen de atopar unha voz propia. Iso procuraba con A rotura das paisaxes.

miércoles 25 de mayo de 2016

Page 5: Xesus Constela

Xesús Constela

Xesús Constela recibindo o premio de novela “Manuel García Barros”

13.- Nestas dúas últimas novelas aparecen varias voces narradoras... por que esta preferencia fuxindo do narrador unitario, independentemente da persoa empregada?

12.- Tamén achamos nela os máis variados experimentos narrativos xa sexa dende o apartado do(s) narrador(s) até os apartados discursivos ou o elemento da paisaxe... Pode ser buscando novas vías narrativas ou máis ben como simples experimentos literarios?

A realidade cotiá, o día a día, non é unha soa voz narradora. A vida da xente é un continuo xogo de diferentes voces que “narran” en estilos distintos, cada un axeitado a cada momento do día. Unhas veces falamos nós, outras escoitamos a outro, outras lemos un xornal ou escoitamos a radio ou vemos a televisión, outras simplemente pensamos... Por que non escribir así, con esa variedade?

Realmente busco novos xeitos de narrar, unha voz miña, propia, como dicía antes. Serei feliz cando dea con ela (se o consigo).

14.- E para rematarmos, podería adiantarnos algo do que podería agromar pola súa billa literaria?

Nunca deixo de traballar. Adoro escribir. Agora estou cun libro para adolescentes e cunha novela breve. Pero “top secret”, coma se di nas películas e nos libros de espías.

miércoles 25 de mayo de 2016

Page 6: Xesus Constela

CUESTIONARIO

miércoles 25 de mayo de 2016

Page 7: Xesus Constela

As pirámides de

Exipto.

Un monumento

salientábel?

Álvaro Cunqueiro. As

crónicas do sochantre.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Galego: María Soliño, aquela muller acusada de bruxería pola

Inquisición. Estranxeiro: Calquera deses grandes viaxeiros de cando o

mundo aínda estaba por descubrir

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Gabriel García

Márquez. Cien años

de soledad.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiros?

O barón rampante, de Italo Calvino.

Un personaxe literario co que

se identifique?

Novecento, de Bertolucci.

Unha película de cine?

miércoles 25 de mayo de 2016

Page 8: Xesus Constela

Dar a volta ao mundo.

Un anceio por realizar?

Para visitar a cidade de Istambul,

e para descansar algunhas praias

do sur da illa de Sicilia.

Mediterráneo a tope!

Un lugar para visitar? e un lugar

para descansar?

O entendemento

total entre os seres

humanos?

Unha utopía?

O xardín da miña casa no verán á sombra dunha árbore.

Un lugar axeitado para a lectura?

Non teño preferencias. Gústanme moitos tipos, un para cada momento.

Bohemian Rapsody, de Queen.

Un tipo de música? Unha canción?

miércoles 25 de mayo de 2016

Page 9: Xesus Constela

A xardinería.

Outro entretemento ademais da liter

atura?

De todo un pouco, cada cousa no seu debido

momento.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

A revolución francesa.

Liberdade, igualdade,

fraternidade!

Un feito histórico?

Calquera do chamado realismo máxico.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

A realidade pura e dura

convenientemente

transformada en ficción.

Cal é a súa fonte de inspiración?

Unha obra teatral?Wielopole Wielopole, do polaco Tadeusz Kantor.

miércoles 25 de mayo de 2016