tempo fÍlmico e guiÓn cinematogrÁfico 1.- tempo real e
TRANSCRIPT
1
TEMPO FÍLMICO E GUIÓN CINEMATOGRÁFICO
1.- Tempo real e tempo fílmico
Odisea 2001 no espacio (Stanley Kubrick, 1968). Imaxe de dominio público da wikipedia
A narración cinematográfica fundaméntase en que é un traballo selectivo. É dicir, para
contar unha historia é preciso elixir os seus momentos máis representativos, sen que o
espectador perda o sentido e a coherencia da historia. É evidente, que o tempo no
cinema é diferente ao tempo real. O proceso mediante o cal se prescinden de certos
momentos intranscendentes dunha historia ou acción recibe o nome de elipse.
O primeiro concepto a ter en conta no cinema por tanto é distinguir entre realidade e
ficción, é dicir, entre o tempo real ou total da historia (tamén coñecido como diexético)
e o tempo representado no cinema para contar a devandita historia, é dicir, a duración
da película, que se coñece como tempo fílmico.
2
Flash forward de Odisea 2001 no espacio (Stanley Kubrick, 1968). Imaxe de dominio público da wikipedia
Poñamos un exemplo: a película Odisea no espacio (Stanley Kubrick, 1968) baséase
nos momentos clave da evolución humana que conlevan grandes cambios históricos.
Na película prodúcese o salto máis grande de tempo cara ao futuro da historia do
cinema, que é cando un homínido utiliza un oso como ferramenta, e seguinte plano
trátase dunha nave espacial, un salto de miles de anos que representa o avance
tecnolóxico.
- Tempo real ou diexético: O que tarda en ocorrer un acontecemento na
realidade.
- Tempo fílmico : O que se produce por manipulación para acelerar ou retardar
os acontecementos, reproducir paso a paso ou cambiar a orde dos sucesos
para presentar ao espectador unha visión intencionada e distinta do
acontecemento.
- Tempo de filmación: O tempo que se tarda en filmar, rodar, unha escena. Hai
que ter presente que as escenas case sempre necesitan de varias tomas, ata
que o seu director ou directora dá por válida unha delas.
2.- Recursos narrativos e expresivos relativos ao tempo fílmico
2.1.- Adecuación: Aínda que é pouco frecuente no cinema, hai películas como A soga
(Hitchcock,1948) , filmada en tempo real, durando a película exactamente o mesmo
que os acontecementos que nela se contan, durante a metraxe de pouco máis dunha
hora de duración. Isto ten que ver ademáis, cunha curiosa e pouco habitual
peculiaridade cinematográfica, só ao alcance de grandes xenios como Alfred
Hitchcock: está practicamente rodada sen cortes, nun único plano-secuencia. Non é o
normal, pois nunha película ao uso prodúcense centos de cortes ( moitísimos máis en
calquera película de acción) que conducen dunha escena a outra e dunha acción a
outra, articulando e condensando á súa maneira o paso do tempo no que discorre a
historia.
3
2.2.- Continuidade: O tempo da realidade flúe na mesma dirección que o tempo
fílmico. É o caso das biografías lineais e de gran parte das películas.
2.3.- Tempo psicolóxico: Unha serie de planos longos de escasa acción pode
aumentar a sensación de duración do filme. No polo oposto, unha sucesión de moitos
planos curtos poden reducir unha acción prolongada ou extensa a uns cuantos
segundos trepidantes. É o que normalmente se usa en películas de moita acción,
como Misión Imposible 5 (Christopher McQuarrie, 2015). O tempo spicolóxico está
relacionado co ritmo do film.
2.4.- Elipse: suprímese unha parte do relato que o espectador debe suplir coa súa
imaxinación. Chámase tamén condensación.
2.5.- Distensión: cando o director alonga a escena máis do que dura en tempo real.
Así lle dá un ton máis metafórico ou tenta que o espectador se fixe máis nos detalles.
Forrest Gump (Robert Zemeckis, 1994). Imaxe de dominio público da wikipedia
2.6.- Flash - Back: é un recurso narrativo que consiste nun salto temporal ao pasado.
O seu uso é fortemente expresivo e engade información. Pode ir en branco e negro ou
sepia. Ás veces é anunciado verbalmente mediante a narración.. Utilízase para
representar o retroceso a épocas anteriores ou para introducir recordos dos
personaxes. É o caso da película Forrest Gump (Robert Zemeckis, 1994),
protagonizada polo actor Tom Hanks, onde nun momento dado introdúcese na escena
un recordo de cando era neno.
4
2.7.- Flash - Forward: recurso narrativo no que se fai un salto no tempo importante
cara a unha acción do futuro. Por exemplo, cando uns personaxes planean unha
acción e pasamos a vela. É menos frecuente que o flach-back.
Os intocables (Brian de Palma, 1987). Imaxe de dominio público da wikipedia
2.8.- A acción simultánea: móstranse en pantalla dúas accións que ocorren no mesmo
momento en diferentes lugares. Máis que alterar o tempo real é un recurso para non
alteralo de maneira que en tempo real mostramos dúas escenas. Exemplo: dous
personaxes falando por teléfono á vez. Altérnanse dous tempos ou momentos vitais
que suceden á vez pero en lugares distintos. Nestes casos, a acción pasa dun ao
outro. É frecuente no cinema de suspense. Un caso ben evidente é esta escena coa
persecución da avioneta na cinta Coa morte nos talóns (Alfred Hitchcock, 1959).
Outro memorable exemplo de simultaneidade é a famosa escena do carriño de bebé e
a escaleira nos Intocables de Brian de Palma (1987), un especial tributo que o seu
director lle dedicou á non menos famosa escena do Acoirazado Potemkin , do cineasta
da vangarda soviética Eisenstein.
2.9.- A acción paralela: compaxínanse as accións que están a ocorrer en dous lugares
diferentes pero teñen un argumento común.
O cinema conta cun amplo elenco de recursos para representar o pasado, desde
representar o pasado realizando virados da cor da película ao sepia ou branco e
negro, ata sobreimpresións ou dobres pantallas.
Para representar o paso do tempo ás veces recórrese a metáforas visuais como as
follas dun calendario que van caendo, as manillas dun reloxo que se moven soas, os
5
cambios na estación do ano ou simplemente, a evolución física ou envellecemento dun
personaxe coa aparición de engurras, pelo canoso, etc.
As novas tecnoloxías dixitais permiten unha ampla variedade de rechamantes efectos
moi explotados no cinema de acción, por exemplo o uso do slow motion ou cámara
ultralenta ou o bullet time, ou tempo bala.
6
3.- O uso do flashback na película Ciudadano Kane ( Orson Wells, 1941)
Cidadán Kane (Orson Welles, 1941). Imaxe de dominio público da wikipedia
A película clásica Cidadán Kane (1941), ópera prima de Orson Welles, é un bo
exemplo da alteración do tempo por medio de saltos.
Xa na primeira secuencia morre o personaxe principal, o magnate la prensa Kane, e
todo o argumento da película xira en torno a desentrañar as motivacións e os misterios
da súa vida. Coa escusa de coñecer o significado da última palabra que Kane dixo
antes de morrer: Rosebud, un xornalista entrevistará aos distintos personaxes
relevantes na súa vida, familia e amigos, para acercarse á complexa vida do
multimillionario. A narración altera o tempo lineal con constantes flash-backs ou saltos
ao pasado, para coñecer as distintas etapas da vida do personaxe, e darse conta de
que despois de todo, sempre hai incognitas na vida das persoas imposibles de
desvelar, segredos que os mortos se levan á tumba.
7
4.- Estrutura narrativa dunha película
Desde o momento en que se escriben o argumento e o guión literario ata a montaxe
definitiva dos planos rodados hai unha preocupación por dar á película unha estrutura
equilibrada e coherente, na que os elementos narrativos e visuais da historia se vaian
despregando, para conseguir entre todos un resultado onde nada sobre nin falte.
Tradicionalmente distínguense tres momentos no desenvolvemento da acción:
arranque, nó e desenlace.
4.1.- Arranque
É o punto de partida, normalmente formado por unha soa secuencia. Nel hai que
presentar os personaxes, os escenarios e os problemas e conflitos dos que trata a
historia. Ás veces ese contido é tan importante que se volve decisivo para a
comprensión do resto. Ten o reto de interesar ao espectador desde o principio.
Xeralmente, no primeiro acto sucede un incidente que desencadea a historia: partimos dunha situación de normalidade na que de súpeto se desencadea un conflito. A partir de aí, o protagonista ten que definir un obxectivo que vai guiar a historia ata o seu desenlace. O que define ao primeiro acto é a aparición dun incidente desencadenante que altera unha situación previa de equilibrio.
4.2.- O nó
É a parte central, a máis importante a máis longa e que maiores esixencias expón.
Adoita introducirse o que en guion coñécese como punto de xiro ( turning point) unha
sorte de revés dramático ou xiro argumental no que cambia o curso dos
acontecementos.
Formada por varias secuencias, nelas desenvólvense os problemas e conflitos
presentados ao arranque, despegándoos en todas direccións, cun aumento progresivo
da tensión.
O nó culmina nun momento de curta duración denominado clímax, no que todas as
liñas desenvoltas atópanse e concentran nunha situación de forte tensión.
4.3.- O desenlace
Entre o nó e o desenlace adoita incluírse outro punto de xiro, que marca o comezo da resolución. Localizado a partir do clímax, é o momento en que a acción, nun descenso progresivo
da tensión, cambia cara ao final. É tamén o momento en que aparecen os elementos
máis persoais do relato xa que para entón os personaxes desenvolveron todas as
súas claves e o espectador ten todos os elementos para comprendelos. O desenlace
pode concluír cun final pechado, no que todos os problemas quedaron aclarados e
resoltos. Pero tamén pode darse un final aberto, no que todo ou unha parte decisiva
queda sen resolver, sendo o espectador o que saque as conclusións.
Outras ideas importantes dentro da estrutura do guion:
- Conflito e intriga básica.
É o problema co que se atopa o protagonista A maneira de saltar este problema ou
obstáculo é o que marcará o camiño e a intriga da historia.
8
- O personaxe.
O conflito, no cinema, sempre está encarnado nun personaxe. No cinema é mellor non
explicar senón mostrar a través das accións do personaxe. protagonista. Os
personaxes teñen conflitos. O éxito ou o fracaso na resolución dos conflitos por parte
dos personaxes é o que determina a intriga ou o desenvolvemento da historia.
9
4.- Guión cinematográfico
Trátase dun documento para a rodaxe dun producto audiovisual, no que se expoñen o
contido dunha obra cinematográfica e os detalles necesarios para a súa realización.
Facer un produto audiovisual complexo como unha película ou mesmo unha
curtametraxe implica unha serie de fases ou procesos máis ou menos establecidos no
que interveñen distintos axentes e profesións da industria audiovisual : pre-produción,
produción e post-produción. Agora o que nos interesa saber é que na fase de pre-
produción intervén de forma relevante o guión, así como na fase de produción a
rodaxe en si da película e na de post-produción, a montaxe e todo o relativo á
exhibición da película
Un guión atópase estruturado ou dividido en escenas, accións e diálogos entre
personaxes, acontecementos, descricións da contorna e anotacións breves para os
actores sobre a emoción con que se interpretará. Un guión literario ben escrito ten que
transmitir a información suficiente para que o lector visualice a película na súa
imaxinación: como transcorre o diálogo, como actúan os personaxes e con que
obxecto interactúan.
Dependendo do momento de produción en que se atope atopamonos con distintas
versión do guión:
- Desde o momento en que o guionista comeza a traballar no guión, ata que o produtor
decide iniciar a preprodución, este coñécese como guión literario.
- Iniciada a preprodución, ao guión engádeselle información nova, e ao devandito
documento denomínase guión de produción ou guión de rodaxe.
- Partindo do guión de produción, o director elabora un documento de produción coa
información necesaria para executar cada un dos planos da película, denominado
guión técnico.
10
5.- Etapas da escritura dun guión para un relato audiovisual:
O guión é o relato escrito do que vai suceder na película. É algo moi sinxelo e ten un
certo parecido a unha novela. Desenvólvese completamente un argumento tendo en
conta que todo hai que filmalo, gravalo e montalo. O guión son os diálogos, as
escenas, as secuencias, e unha descrición minuciosa e pormenorizada do que os
actores fan en escena.
Podemos dicir que o guion é aquel texto que, ademais de contar a historia, contén os
diálogos e todas as indicacións necesarias para realizar unha obra audiovisual.
Cando se escribe un guión faise en varios tempos que corresponden a diferentes
escalas ou tramos dun guión:
- A idea: É o que se quere expresar, a mensaxe e o tema que queremos transmitir.
- O story line: É unha sinopse moi concisa da historia.
- A sinopse: Máis extensa que o story line, a sinopse é un texto no que se resume o
contido dunha obra. A palabra "sinopse" provén do grego e significa "coa vista". Unha
sinopse permite saber dunha ollada cal é a historia que se conta nunha novela, relato,
película ou calquera outro tipo de narración, isto é, quen é o protagonista, que outros
personaxes participan nos feitos narrados, que sucesos teñen lugar e onde e cando
transcorren. Unha sinopse non se escribe de maneira literaria, senón concisa e
informativa, cos verbos en presente e mostrando os feitos en orde cronolóxica. É un
mero resumo do argumento e non debe incluír descricións nin diálogos nin facer
referencia a técnicas narrativas (narrador, punto de vista, estrutura...) nin ao estilo ou
ton empregados na narración.
- A estrutura: É a fragmentación do relato en escenas e secuencias. Hai que poñelas
en orde e indicar como van ser as transicións entre unhas e outras.
- O tratamento: A partir da estrutura, desenvólvense as accións e escenas, afóndase
nos personaxes e nárrase a acción coma se se tratarase dun conto.
- O Guión literario. A escritura definitiva: É o texto escrito que contén a narración
completa, ordenada e concluída. O guión literato é similar ás obras teatrais, coa súa
descrición de escenarios, anotacións sobre a acción e diálogos. En canto a estes
últimos, evítanse as palabras en desuso, os xiros incomprensibles para o público
actual, pero respéctase o fala grandilocuente do protagonista para acentuar o seu
contraste co resto dos personaxes. Estrutúrase en escenas ou secuencias dramáticas,
é dicir, divididas con respecto ao comezo ou final de cada acción.
- Guión técnico:
A partir do guión literario, prodúcese un documento chamado guión técnico, que
recolle, plano a plano, todas as operacións (iluminación, encadre, profundidade de
campo, decoración, obxectivos, focos, etc.) e condicións de rodaxe (de noite, durante
o día, con ambiente asollado, chuvioso, en estudio, en exteriores,…) que se poñen en
11
xogo para transformar o texto escrito nas imaxes e son que compoñen a obra.
Ordénase por escenas ou secuencias mecánicas, espazo-temporais, para poder
organizar a rodaxe por escenarios e facilitar, así, o traslado de materiais e recursos
humanos. A rodaxe non se realizará na orde da historia, senón na orde máis adecuada
segundo o número de escenas que haxa que rodar en cada localización.
- Storyboard
Ás veces é moi difícil expresar unha idea só con palabras, sobre todo cando se trata
dun movemento complexo. Pensamos con imaxes e imaxinamos a escena, polo que
quizá a maneira idónea de explicala ao resto do equipo sexa debuxando a escena
plano a plano. O storyboard é a guía grafica para a transformación do guión literario en
imaxes, e serve para cada un dos profesionais que forman parte da rodaxe, porque
pode dar información sobre a iluminación, o movemento dos personaxes ou da
cámara, mesmo sobre o deseño do decorado.
12
6.- O guión literario
Exemplo de guión literario, mostrando diálogos, e transicións. Imaxe de dominio público da wikipedia
Os guións literarios teñen un formato máis ou menos novelado pero estruturado en
escenas e secuencias e habitualmente divídense en tres actos, que adoitan
corresponder a:
1.- Exposición da historia, ou formulación
2.- Desenvolvemento ou nó
3.- Resolución ou desenlace
13
Os elementos fundamentais son seis. A continuación engádese unha breve descrición
dos mesmos:
1.- Encabezamento de escena
É o famoso SEC. 1 EXTERIOR. DÍA.
No encabezamento numerado sinalamos o número de secuencia e o lugar no que se
desenvolve a acción.
2.- Descricións
Este apartado viría ser o que en teatro coñecemos como acotacións. Describimos o
espazo no que se desenvolve a escena con tódolos aspectos que creamos convintes
(desde algún elemento físico que teña que aparecer ata o estado de ánimo dun
personaxe).
3.- Nome do personaxe
Aquí anotamos o nome do personaxe cuxo diálogo se expoñerá a continuación.
Se necesitamos dar algún detalle referido exclusivamente ao diálogo do personaxe
escribirémolo aquí.
5.- Diálogo
O texto, o parlamento, o que di o personaxe ten que ir neste apartado.
6.- Transición
A escena conclúe e coa transición damos paso ao seguinte encabezamento de
escena: fundido a branco,a negro, corte, etc.
7.- Recursos libres para guionistas
http://celtx.com/ - Este software de escritura é unha ferramenta libre e multiplataforma
para elaborar guións literarios.
http://bloguionistas.wordpress.com/ - Blogue colectivo de guionistas españois.
En plano curto. Guía para uso do vídeo social, 2009 Pandora Mirabilia / ACSUR As
Segovias.
http://bookcamping.cc/referencia/1157-en-plano-curto
Unha guía moi útil e amena para aprender a manexar ferramentas audiovisuais cunha
perspectiva social.
14
8.- Guión técnico
Os guións técnicos baséanse no guión literario, e divídese en planos, escenas,
secuencias, con todas as especificacións necesarias para a rodaxe sendo en realidade
unha montaxe en borrador.
Número
de plano
Encadre
Tipo de
plano
Tempo
Imaxe
(descrición
escena)
Audio
Ángulación
cámara
Movemento
de cámara
Escena 1
Plano 1 Plano xeral 30 s. Home
camiñando
Voz
en off
Picado Travelling
A ilustración de arriba corresponde a un guion técnico en forma de escaleta, cunha
serie de columnas onde se consigna o nº de escena , nº de plano, a imaxe (cunha
columna para a descrición da escena, outra para indicar o encadre co tipo de plano, e
outra para indicar os movementos de cámara); outra columna destínase ao audio onde
se indican os diálogos ou o acompañamento musical da escena
15
9.- Storyboard
Storyboard de The radio adventures of Dr Floyd, episodio 408 .Imaxe de dominio público da wikipedia
Un storyboard é esencialmente unha serie grande de viñetas da película ou algunha
sección da película producida de antemán para axudar aos directores e os cineastas
para visualizar as escenas e atopar problemas potenciais antes de que estes ocorran.
Os storyboards inclúen instrucións ou apuntamentos necesarios que servirán ao
equipo de traballo para que este se desenvolva dentro dun plan preestablecido.
Grazas a este elemento, o director pode estruturar e segmentar a súa filmación sen
seguir estritamente a orde lóxica da trama. No proceso de storyboarding, os detalles
máis técnicos e complicados no traballo dunha película poden ser descritos de
maneira eficiente no cadro mediante indicacións gráficas (frechas ou símbolos para
indicar movementos de cámara), ou na anotación ao pé do mesmo.
O proceso de storyboarding, na forma que se coñece hoxe, foi desenvolto no estudo
de Walt Disney durante principios dos anos 1930, despois de varios anos de procesos
similares que foron empregados en Disney e outros estudos de animación. O
Storyboarding fíxose popular na produción de películas de acción viva durante
principios dos anos 1940. Na creación dunha película con calquera grao de fidelidade
a unha escritura, un storyboard proporciona unha disposición visual de
acontecementos tal como deben ser vistos polo obxectivo da cámara.
16
10.- O guión e a industria do cinema
Intolerancia (D. W. Griffith, 1916). Imaxe de dominio público da wikipedia
Os primeiros guións coñecidos da historia, coa forma que coñecemos agora,
remóntanse aos anos 30 do século XX, coincidindo coa implantación do cinema
sonoro.
Algunhas das primeiras grandes películas da historia do cinema como Intolerancia
(Griffith, 1916) ou Luces da cidade (Chaplin, 1931) carecían de guión tal e como o
entendemos hoxe.
Foron os primeiros grandes produtores quenes comezaron a esixir aos seus directores
unhas normas nas que se impoñía o guión perfeccionista, elaborado ata o detalle, co
fin de economizar gastos. Así se foi impoñendo o guión e gañando prestixio o traballo
dos guionistas.
Isto lévanos a concluír que a arte e a técnica do guión estiveron directamente influídos
desde o seu nacemento polos requirimentos económicos, ademais dos técnicos, da
propia industria do cinema.