tema 4.- a monarquía borbónica no antigo réxime. [século ... bac tema... · sociedade cultura e...

2
2º BAC - Tema 4 - páx. 1 Tema 4.- A Monarquía borbónica no Antigo Réxime. [século XVIII] 1.- O Antigo Réxime: trazos característicos. N 1.- Le este apartado nas páxinas 129 a 135 do libro. Despois elabora un sinxelo esquema que recolla os trazos básicos do Antigo Réxime en España. Segue este modelo: Demografía Economía Sociedade Cultura e educación Sistema político 2.- Os Borbóns e a Coroa de España no século XVIII. 2.1.- Filipe V e o centralismo borbónico (1713-1746). A.- Guerra de sucesión e cambio dinástico. O sistema de Utrecht. [ver esquema Os Austrias españois do século XVII na páx. 105] N 2.- Le este apartado no libro. Despois razoa as seguintes cuestións: a.- En que consistiu a Guerra de Sucesión? Que factores explican o seu estalido? b.- Por que se considera que a Guerra de Sucesión foi unha guerra civil? c.- Sintetiza as consecuencias que provocou na Monarquía española. B.- Reforma da monarquía e centralismo político. N 3.- Le este apartado nas páxinas 138 e 139. Despois comenta o seguinte texto: Considerando ter perdido os reinos de Aragón e Valencia, e todos os seus habitantes, pola rebelión que cometeron faltando enteiramente ao xuramento de fidelidade que me fixeron como ao seu lexítimo Rei e Señor, todos os foros, privilexios, exencións e liberdades que gozaban e que (...) lles foran concedidos tanto por min como polos señores reis os meus predecesores (...); e considerando que me corresponde o dominio absoluto dos referidos reinos de Aragón e Valencia, pois á circunstancia de estar comprendidos nos demais que tan lexitimamente posúo nesta monarquía engádeselle agora a do dereito da conquista que deles fixeron ultimamente as miñas armas co motivo da súa rebelión; e considerando tamén que un dos atributos da monarquía é a imposición e a derrogación das leis, as cales, coa variedade dos tempos e mudanza dos costumes, podería Eu alterar aínda sen os grandes e fundados motivos e circunstancias que hoxe concorren para iso no tocante aos de Aragón e Valencia; xulguei por conveniente (así por isto como polo meu desexo de reducir todos os meus reinos de España á uniformidade dunhas mesmas leis, usos, costumes e tribunais, gobernándose igualmente todos polas leis de Castela (...) abolir e derrogar enteiramente, como desde logo dou por abolidos e derrogados, todos os referidos foros e privilexios, prácticas e costumes ata aquí observados nos referidos reinos de Aragón e Valencia, sendo a miña vontade que estes se reduzan ás leis de Castela (...). D. FELIPE V. Palacio do Bo Retiro. Por decreto do 29 de xuño de 1707. C.- A política exterior: do revisionismo de Utrecht aos Pactos de Familia. N 4.- Le este apartado nas páxinas 133-134. Despois responde as seguintes cuestións: a.- En que consistiu o revisionismo? Que resultados obtivo? b.- Que foron os Pactos de Familia? En que contexto se firmaron? Que consecuencias produciron? 2.2.- Fernando VI e o pacifismo. (1746-1759) N 5.- Le este apartado nas páxinas 141 e 142. Despois elabora un esquema sobre os eixes básicos do reinado de Fernando VI. 2.3.- Carlos III e o reformismo ilustrado. (1759-1788) N 6.- Le este apartado nas páxinas 142 a 150. Despois responde as seguintes cuestións: a.- Explica o significado dos conceptos ilustración e despotismo ilustrado. b.- Enumera as principais reformas desenvolvidas polos Gobernos ilustrados en España. c.- Que sectores se opuxeron ás reformas? Que resultados obtiveron as reformas? 2.4.- O reinado de Carlos IV (1788-1808). Os inicios da crise do Antigo Réxime. [páx. 150 a 154] C Os inicios da crise do Antigo Réxime coinciden co reinado de Carlos IV. Neste período confluíron tres conxunturas negativas: o impacto da Revolución Francesa, a crise socioeconómica e as dificultades políticas da monarquía. Desde 1793 ata 1808 sucedeuse un período de actividade bélica practicamente ininterrompida, que situou os recursos financeiros ao borde do colapso, e foi un compoñente clave da crise española.

Upload: hoangnguyet

Post on 11-Feb-2019

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 4.- A Monarquía borbónica no Antigo Réxime. [século ... BAC tema... · Sociedade Cultura e educación Sistema político 2.- Os Borbóns e a Coroa de España no século XVIII

2º BAC - Tema 4 - páx. 1

Tema 4.- A Monarquía borbónica no Antigo Réxime. [século XVIII]

1.- O Antigo Réxime: trazos característicos.

N 1.- Le este apartado nas páxinas 129 a 135 do libro. Despois elabora un sinxelo esquema que recolla os trazos básicos do AntigoRéxime en España. Segue este modelo:

Demografía

Economía

Sociedade

Cultura e educación

Sistema político

2.- Os Borbóns e a Coroa de España no século XVIII.

2.1.- Filipe V e o centralismo borbónico (1713-1746).

A.- Guerra de sucesión e cambio dinástico. O sistema de Utrecht. [ver esquema Os Austrias españois do século XVII na páx. 105]

N 2.- Le este apartado no libro. Despois razoa as seguintes cuestións:a.- En que consistiu a Guerra de Sucesión? Que factores explican o seu estalido?b.- Por que se considera que a Guerra de Sucesión foi unha guerra civil?c.- Sintetiza as consecuencias que provocou na Monarquía española.

B.- Reforma da monarquía e centralismo político.

N 3.- Le este apartado nas páxinas 138 e 139. Despois comenta o seguinte texto:

Considerando ter perdido os reinos de Aragón e Valencia, e todos os seus habitantes, pola rebelión que cometeron faltando enteiramente ao

xuramento de fidelidade que me fixeron como ao seu lexítimo Rei e Señor, todos os foros, privilexios, exencións e liberdades que gozaban e que (...)

lles foran concedidos tanto por min como polos señores reis os meus predecesores (...); e considerando que me corresponde o dominio absoluto dos

referidos reinos de Aragón e Valencia, pois á circunstancia de estar comprendidos nos demais que tan lexitimamente posúo nesta monarquía

engádeselle agora a do dereito da conquista que deles fixeron ultimamente as miñas armas co motivo da súa rebelión; e considerando tamén que un

dos atributos da monarquía é a imposición e a derrogación das leis, as cales, coa variedade dos tempos e mudanza dos costumes, podería Eu alterar

aínda sen os grandes e fundados motivos e circunstancias que hoxe concorren para iso no tocante aos de Aragón e Valencia; xulguei por conveniente

(así por isto como polo meu desexo de reducir todos os meus reinos de España á uniformidade dunhas mesmas leis, usos, costumes e tribunais,

gobernándose igualmente todos polas leis de Castela (...) abolir e derrogar enteiramente, como desde logo dou por abolidos e derrogados, todos os

referidos foros e privilexios, prácticas e costumes ata aquí observados nos referidos reinos de Aragón e Valencia, sendo a miña vontade que estes

se reduzan ás leis de Castela (...).D. FELIPE V. Palacio do Bo Retiro. Por decreto do 29 de xuño de 1707.

C.- A política exterior: do revisionismo de Utrecht aos Pactos de Familia.

N 4.- Le este apartado nas páxinas 133-134. Despois responde as seguintes cuestións:a.- En que consistiu o revisionismo? Que resultados obtivo?b.- Que foron os Pactos de Familia? En que contexto se firmaron? Que consecuencias produciron?

2.2.- Fernando VI e o pacifismo. (1746-1759)

N 5.- Le este apartado nas páxinas 141 e 142. Despois elabora un esquema sobre os eixes básicos do reinado de Fernando VI.

2.3.- Carlos III e o reformismo ilustrado. (1759-1788)

N 6.- Le este apartado nas páxinas 142 a 150. Despois responde as seguintes cuestións:a.- Explica o significado dos conceptos ilustración e despotismo ilustrado.b.- Enumera as principais reformas desenvolvidas polos Gobernos ilustrados en España.c.- Que sectores se opuxeron ás reformas? Que resultados obtiveron as reformas?

2.4.- O reinado de Carlos IV (1788-1808). Os inicios da crise do Antigo Réxime. [páx. 150 a 154]

C Os inicios da crise do Antigo Réxime coinciden co reinado de Carlos IV. Neste período confluíron tres conxunturas negativas: o impacto da RevoluciónFrancesa, a crise socioeconómica e as dificultades políticas da monarquía. Desde 1793 ata 1808 sucedeuse un período de actividade bélicapracticamente ininterrompida, que situou os recursos financeiros ao borde do colapso, e foi un compoñente clave da crise española.

Page 2: Tema 4.- A Monarquía borbónica no Antigo Réxime. [século ... BAC tema... · Sociedade Cultura e educación Sistema político 2.- Os Borbóns e a Coroa de España no século XVIII

2º BAC - Tema 4 - páx. 2

Evolución do reinado de Carlos IV

1.- Goberno do Conde de Floridablanca: política contraria á Revolución Francesa. [1788-1792]C O cordón sanitario: illamento ideolóxico respecto aos acontecementos de Francia, efectuado mediante un severo control da propaganda

revolucionaria, a través da censura e a reactivación da Inquisición.C Esta política provocou dúas consecuencias:

T Fin do reformismo: paralización da política ilustrada de reformas.T Radicalización ideolóxica: enfrontamentos entre reformistas radicais e reaccionarios (clero e nobreza).

2.- Goberno do Conde de Aranda [febreiro-novembro 1792]: política cordial cara a Francia; actitude neutral ante a revolución.

3.- Goberno de Manuel Godoy, "valido" de Carlos IV [1792-1808].

3.1.- Primeira etapa: 1792-1798.

C Tras a execución do rei francés Luis XVI (21 xaneiro 1793), España declarou a guerra á Francia revolucionaria: a guerra dos Pirineos (1793-1795).C Paz de Basilea (1795): perda de posesións coloniais en beneficio de Francia (parte da illa Española).C Desde 1796: alianza entre España e a Francia revolucionaria, que na práctica supuxo a subordinación á política francesa, a cal involucrou a España

nunha serie de enfrontamentos con Gran Bretaña, que prexudicaron gravemente a economía española:T Primeiro choque: 1º Tratado de San Ildefonso (1796):

– Enfrontamentos no mar Caribe Y perda da illa de Trindade en favor de Inglaterra.– Enfrontamentos en augas peninsulares (1797) Y derrota española en Cabo de San Vicente [extremo suroeste de Portugal].– Paz separada de Francia con Inglaterra (1798) + desastres militares Y cese de Godoy.

T As dificultades da Facenda + os gastos das guerras Y necesidade de implantar reformas para aumentar os ingresos:– incremento dos impostos– donativos forzosos dos privilexiados– primeira desamortización de bens da Igrexa (1798).

3.2.- Segunda etapa: 1800-1808.

T Segundo choque con Gran Bretaña: 2º Tratado de San Ildefonso (1800):– Guerra con Portugal (a guerra das Laranxas) Y conquista de Olivenza (Badaxoz) e peche dos portos portugueses ao comercio inglés.– Paz de Amiens (1802): tregua con Inglaterra, que devolve definitivamente Menorca a España, pero retén Xibraltar e a illa de Trindade.

T Terceiro choque (1805), no contexto da política imperial de Napoleón: intento de invadir as Illas Británicas.– Derrota da Armada francoespañola en Trafalgar (Cádiz, 21 out 1805) Y perda da forza naval Y quebra do comercio colonial con América.

T Recurso de Napoleón á política do bloqueo continental a Inglaterra Y esixe a colaboración española Y firma do Tratado de Fontainebleau (1807):

N 7.- Comenta o seguinte documento:

Art. 1. A provincia de Entre-Douro-e-Miño coa cidade de Porto darase en toda propiedade e soberanía ao rei de Etruria co título de rei da Lusitania

Setentrional. [refírese a Carlos Luis de Borbón II, fillo de María Luisa de Borbón, filla de Carlos IV, derrocado en 1807 por Napoleón]

Art. 2. A provincia do Alentexo e o reino dos Algarves daranse en toda propiedade e soberanía ao príncipe da Paz [Godoy], para que os disfrute co título

de príncipe dos Algarves.

Art. 3. As provincias de Beira, Tras-os-Montes e a Estremadura portuguesa quedarán en depósito ata a paz xeral, para dispor delas segundo as

circunstancias e segundo conveña ás dúas altas partes contratantes. (...)

Art. 13. As dúas altas partes contratantes entenderanse para facer un repartimento igual das illas, colonias e outras propiedades ultramarinas de

Portugal.Tratado de Fontainebleau. 27 de outubro de 1807.

C A acumulación de títulos e poder + as medidas adoptadas por Godoy Y críticas e oposición de numerosos sectores: a Igrexa, a aristocracia, o pobo,os ilustrados, e os fernandinos (partidarios do fillo de Carlos IV, Fernando, príncipe de Asturias), que conspiraban contra os reis e contra Godoy etramaron a frustrada conxura do Escorial (últimos días de outubro de 1807) Y desprestixio crecente da monarquía española.

C Desde comezos de 1808: entrada de tropas francesas en España co propósito oficial de invadir Portugal, pero coa intención real de ocupar todaa Península Y forte malestar popular e incremento das sátiras contra Godoy e os reis.

C A crise da monarquía borbónica: o motín de Aranjuez (17 de marzo de 1808): destitución de Godoy e abdicación forzada de Carlos IV no seu filloFernando, proclamado rei (Fernando VII) o 19 de marzo.

C A substitución dinástica: Napoleón decide derrocar a monarquía borbónica e implantar a dinastía napoleónica en España (as abdicacións de Baiona,maio de 1808) Y sublevación popular e inicio da guerra da Independencia (1808-1814).

3.- A Galicia Borbónica.

N 8.- Le este apartado nas páxinas 154 a 161. Despois elabora un sinxelo esquema que recolla os caracteres específicos dos ilustradosgalegos.