ruta do eume - turismo.dacoruna.gal · tesouros ocultos, fragas milenarias e vestixios dunha vida...

7
Esta ruta levarache desde as minas de carbón das Pontes, á costa sur da ría de Ferrol, nun tránsito infestado de tesouros ocultos, fragas milenarias e vestixios dunha vida tradicional e moderna que é reflexo dunha cultura rica e variada e dun modo de vivir que permaneceu fiel no tempo. Experimenta as sensacións que produce o tránsito da civilización ao illamento máis ascético, ademais de gozar dos produtos derivados de tan fértiles paraxes. O descenso a Pontedeume e o contacto co mar devolveranche á realidade industrial da ría de Ferrol e a súa estratéxica situación no Golfo Ártabro. 3 DÍAS (3 días / 2 noites) 94 KM 4 CONCELLOS As Pontes de García Rodríguez, A Capela, Pontedeume, Ares. RUTA DO EUME a. As pontes e a vila medieval de As Pontes de García Rodríguez b. Poboado industrial de As Veigas c. Praia do Lago en As Pontes de García Rodríguez d. Casa do Mel e. Presa do Eume desde o miradoiro de Teixido f. Salto da Ventureira e as centrais do Eume g. As Pontes do Río Eume: Pontedeume h. Mosteiro de San Xoan de Caaveiro i. A Bailadora j. Montefaro k. Castelo da Palma Ares Pontedeume As Pontes de García Rodríguez A Capela a b d c e f g i k j h

Upload: buithien

Post on 27-Dec-2018

227 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: RUTA DO EUME - turismo.dacoruna.gal · tesouros ocultos, fragas milenarias e vestixios dunha vida tradicional e moderna que é reflexo dunha cultura rica e variada e dun modo de vivir

Esta ruta levarache desde as minas de carbón das Pontes, á costa sur da ría de Ferrol, nun tránsito infestado de

tesouros ocultos, fragas milenarias e vestixios dunha vida tradicional e moderna que é reflexo dunha cultura rica e

variada e dun modo de vivir que permaneceu fiel no tempo. Experimenta as sensacións que produce o tránsito

da civilización ao illamento máis ascético, ademais de gozar dos produtos derivados de tan fértiles paraxes. O

descenso a Pontedeume e o contacto co mar devolveranche á realidade industrial da ría de Ferrol e a

súa estratéxica situación no Golfo Ártabro.

3 DÍAS (3 días / 2 noites)

94 KM

4 CONCELLOSAs Pontes de García Rodríguez, A Capela, Pontedeume, Ares.

RUTA DO EUME

a. As pontes e a vila medieval de As Pontes de García Rodríguezb. Poboado industrial de As Veigasc. Praia do Lago en As Pontes de García Rodríguezd. Casa do Mele. Presa do Eume desde o miradoiro de Teixidof. Salto da Ventureira e as centrais do Eumeg. As Pontes do Río Eume: Pontedeumeh. Mosteiro de San Xoan de Caaveiroi. A Bailadoraj. Montefarok. Castelo da Palma

Ares

Pontedeume

As Pontes de García Rodríguez

A Capela

ab

d ce

fg

i k

j

h

Page 2: RUTA DO EUME - turismo.dacoruna.gal · tesouros ocultos, fragas milenarias e vestixios dunha vida tradicional e moderna que é reflexo dunha cultura rica e variada e dun modo de vivir

Visita esta fermosa vila medieval que, co paso dos anos, alcanzou gran relevancia debido á presenza de grandes minas de lignito. Uns xacementos que axudaron a configurar a particular orografía do lugar, debido ás súas grandes minas ao descuberto, hoxe reconvertidas nunha das masas de auga interior máis grandes de Galicia, e a debuxar o perfil das súas construcións, presididas hoxe polas enormes chemineas da Central Térmica das Pontes. Achégache e descúbreo ti mesmo!

Datos de interese: As Pontes de García Rodriguez, 15320 As Pontes de García Rodriguez, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/pontes-e-vila-medieval-de-pontes-de-garcia-rodriguez

Distancia ao seguinte punto de visita: 1 km

AS PONTES E A VILA MEDIEVAL DE AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

DÍA 1a

Ruta del Eume

Page 3: RUTA DO EUME - turismo.dacoruna.gal · tesouros ocultos, fragas milenarias e vestixios dunha vida tradicional e moderna que é reflexo dunha cultura rica e variada e dun modo de vivir

O lago artificial creado por Endesa para encher o oco da mina das Pontes é, hoxe en día, un lugar idóneo para a práctica de toda clase de actividades e deportes náuticos. Gardan a memoria dos seus antigos usos os enormes guindastres e maquinaria da mina, que poderás ver no seu litoral.

Datos de interese: As Pontes de García Rodriguez, 15320 As Pontes de García Rodriguez, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/praia-do-lago-nas-pontes-de-garcia-rodriguezDistancia ao seguinte punto de visita: 12 km

Datos de interese: Avda. das Veigas, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/poboado-industrial-das-veigasDistancia ao seguinte punto de visita: 1 km

POBOADO INDUSTRIAL DE AS VEIGAS

Este poboado industrial, organizado ao redor dun centro cívico e a un espazo de recreo é, en si, un bo exemplo de aplicación dos principios da cidade xardín a un poboado de empresa. A súa visita permitirache visualizar o desenvolvemento industrial da mesma e comprender como foi a progresiva transformación desta pequena cidade mineira.

PRAIA DO LAGO EN AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

CASA DO MEL

c

d.

b

E de camiño á costa, debes parar en Goente. A Asociación Casa do Mel conta alí cun centro de divulgación apícola a través do cal coñecerás de primeira man todo o proceso de elaboración do mel, desde a extracción ao tratamento e o envasado. Poderás probar os seus traxes apícolas, coñecer curiosidades sobre esta fantástica especie, e admirar exposicións temporais de artesáns da zona. Conta tamén con espazos de xogo para os máis pequenos, onde se desenvolven obradoiros e charlas, ademáis dunha exposición e venda de mel ao público.

Datos de interese: Goente, s/n, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña. Teléfono 661 003 616. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/casa-do-melDuración aproximada da visita: 1h 30 minDistancia ao seguinte punto de visita: 8 km

Ruta do Eume

Page 4: RUTA DO EUME - turismo.dacoruna.gal · tesouros ocultos, fragas milenarias e vestixios dunha vida tradicional e moderna que é reflexo dunha cultura rica e variada e dun modo de vivir

DÍA 2

Coñecida tamén como Central da Capelada, esta antiga central hidroeléctrica está situada nunha magnífica paraxe natural, no corazón das Fragas do Eume. Á súa beira, discorren varias rutas de sendeirismo. Unha delas conducirache, pola marxe sur do río, cara ao mosteiro de Caaveiro, pasando xunto á Central do Eume, e, máis adiante, pola pequena central de "O Parrote". Unha senda sinalizada e fácil de seguir a pé. Convidámosche a percorrela!

Datos de interese: Lg. A Ventureira. A Capela, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/salto-da-ventureira-e-centrais-do-eumeDistancia ao seguinte punto de visita: 17 km

SALTO DA VENTUREIRAE AS CENTRAIS DO EUMEf

PRESA DO EUME DESDE O MIRADOIRO DE TEIXIDOe

Recomendámosche que non te vaias sen parar neste fantástico mirador e admirar as magníficas vistas da presa do Eume e o conxunto do Parque Natural das Fragas do Eume, co canón en forma de V que forma a canle do río. Tes varias formas de ascender ata el! Desde rutas que parten da mesma presa, de gran dificultade tanto pola pendente como polo perigo dalgún dos tramos, ata unha ruta circular, moito máis curta e sinxela, que partindo do pequeno núcleo de poboación de Teixido permitirache acceder ata o punto máis elevado.

Datos de interese: Lg. Teixido, A Capela, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/presa-do-eume-desde-o-miradoiro-de-teixido

Distancia ao seguinte punto de visita: 7 km

Ruta do Eume

Page 5: RUTA DO EUME - turismo.dacoruna.gal · tesouros ocultos, fragas milenarias e vestixios dunha vida tradicional e moderna que é reflexo dunha cultura rica e variada e dun modo de vivir

A vila de Pontedeume atópase situada no Estuario do Río Eume, cruzada pola ponte que lle dá nome, e que foi a máis grande da época medieval en Galicia. Descobre este centro turístico de gran interese, tanto desde o punto de vista natural (como porta de entrada ao Parque Natural das Fragas do Eume) como cultural (con diversos elementos declarados Ben de Interese Cultural: a Torre-Fortaleza dos Condes de Andrade, o Conxunto Histórico-Artístico da Comarca Eumesa.

Datos de interese: Villa de Pontedeume, 15600 Pontedeume, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/pontes-do-rio-eume-pontedeumeDistancia ao seguinte punto de visita: 14 km

AS PONTES DO RÍO EUME: PONTEDEUME

g.

Ruta do Eume

Page 6: RUTA DO EUME - turismo.dacoruna.gal · tesouros ocultos, fragas milenarias e vestixios dunha vida tradicional e moderna que é reflexo dunha cultura rica e variada e dun modo de vivir

DÍA 3

A continuación, dirixiraste a Montefaro, entre a Ría de Ares e Ferrol. As vistas que che regalará o alto da Bailadora son dunha gran beleza. A entrada da ría de Ferrol coa cidade ao fondo, o castelo de San Felipe, A Coruña enfronte, a Marola e a costa de Mera, as bateas de Lorbé…de todo iso poderás gozar desde este estratéxico enclave nun punto estratéxico infestado de antigas baterías e túneles militares, hoxe abandonados. Descobre os antigos avións militares pintados polos soldados de garda nas súas paredes unha testemuña de gran valor histórico!

Datos de interese: Ares, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/miradoiro-bailadoraDistancia ao seguinte punto de visita: 1 km

A BAILADORAi

MOSTEIRO DE SAN XOAN DE CAAVEIROh

E se non percorriches a ruta de sendeirismo ata alí, non podes irche desta vila sen visitar as ruínas do antigo Mosteiro románico de San Xoán de Caaveiro, accedendo por estrada desde Pontedeume. Goza do seu importante valor histórico, artístico e cultural. Os restos destes edificios xunto co marco natural do río, encaixado entre desfiladeiros e cunha gran diversidade de especies vexetais e animais, converterán a túa visita a este mosteiro nunha experiencia inesquecible.

Datos de interese: Lg. O Coto. 15613 A Capela, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/mosteiro-de-san-xoan-de-caaveiro

Duración aproximada da visita: 2 horasDistancia ao seguinte punto de visita: 30 km

Ruta do Eume

Page 7: RUTA DO EUME - turismo.dacoruna.gal · tesouros ocultos, fragas milenarias e vestixios dunha vida tradicional e moderna que é reflexo dunha cultura rica e variada e dun modo de vivir

Desde principios do século XVI, constrúense diversas fortificacións, tanto na ría de Ferrol como na de Ares, para evitar os ataques dos inimigos. Este é o exemplo do castelo da Palma, que viviu o combate das tropas inglesas en 1596 e a invasión da vila de Mugardos. Visítao! A súa última función foi como cárcere militar. Alí foi encarcerado Antonio Tejero, un dos principais xefes do intento de golpe de estado o 23 de febreiro de 1981 en España, popularmente coñecido como 23F. Descobre onde se enganchaban as cadeas que, ancoradas no seu veciño San Felipe, pechaban o paso á entrada de barcos á ría!

Datos de interese: Aldea da Redonda, S/N, 15620 Mugardos, A Coruña. Teléfono 981 470 338. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/castelo-da-palma

CASTELO DA PALMA

A visita a este edificio de estilo renacentista levantado en 1393 pola orde dos franciscanos e que máis tarde pasaría a mans do exército, non te deixará indiferente. O máis destacable son os seus xardíns e os seus dous claustros, aínda que no seu interior tamén poderás observar restos de capiteis, estatuas, lápidas, sepulcros...

Datos de interese: Chanteiro – San Pedro de Cervás -, 15624 Ares, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/montefaroDistancia ao seguinte punto de visita: 3 km

k

MOSTEIRODE SANTA CATALINA DE MONTEFAROj

Ruta do Eume