planificación dunha explotación marisqueira

20
Planificación dunha explotación marisqueira 1998

Upload: ies-a-basella

Post on 25-Jul-2015

33 views

Category:

Science


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Planificación dunha explotación marisqueira

Planificación dunha explotación marisqueira

1998

Page 2: Planificación dunha explotación marisqueira

PLANIFICACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN MARISQUEIRA

1 . INTRODUCCIÓN

Por JUAN POZA l.E.S.P. de Vilanova de Arousa A Basella s/n 36626 - Vilanova de Arousa

O marisqueo defínese como unha parte da actividade pesqueira dedicada á captura de marisco; pero en Galicia, a palabra marisqueo enténdese máis ben como a colleita de moluscos bivalvos escavadores, dada a importancia econó­mica e social desta actividade.

Dende moi antigo, o marisco foi un recurso alimenticio para a subsistencia dos pobos costeiros, tal como demostran os cuncheiros dos poboados castrexos da costa e do interior de Galicia, o que fai pensar que xa existía certo nivel de comercialización deste producto; pero non foi ata a década dos sesenta cando a actividade marisqueira acadou unha importancia relevante debido a que as con­serveiras comezaron a utilizar mexillón, berberecho e ameixa como materia prima alternativa ante a diminución das capturas de sardiña no outono e inverno.

A explotación dos bancos de moluscos, por ser moi localizados e facilmente accesibles, manifesta os efectos da sobreexplotación mediante unha diminución progresiva das capturas anuais. Para non esgotar o recurso é necesaria a inter­vención humana có obxecto de regular as capturas, potenciar o recrutamento ou reducir a mortalidade natural.

Na actualidade, a explotación dos moluscos na maior parte de Galicia faise mediante un sistema xestionado, se ben xa hai moitos anos que se vén talando da reconversión do sector marisqueiro para acadar un sistema cultivado.

Pero a implantación da acuicultura na explotación marisqueira pode ter, á súa vez, varias fases evolutivas dependendo da magnitude da intervención humana:

a) Acuicultura de recuperación: Consiste en aplicar técnicas de acuicultura para volver a facer productivos os bancos naturais esgotados.

b) Acuicultura de repoboación: Trátase de repoboar zonas con baixo recru­tamento para incrementar as capturas da pesca.

c) Acuicultura de xestión: Ou acuicultura verdadeira, na que as especies son cultivadas en recintos acoutados, mantendo un continuo control das poboa­cións en catividade.

Algunhas contrarías e organizacións de productores xa están desenvolvendo algunha destas fases de acuicultura. Nembargante, para acadar a última fase fai

197

Page 3: Planificación dunha explotación marisqueira

falla unha concienciación dos mariscadores, co fin de abandonar a mentalidade indi­vidualista e fomentar o cooperativismo e o reparto e especialización do traballo.

As actuais técnicas de cultivo só permiten producir moluscos de talla comercial nas zonas marítima e marítimo-terrestre que, por ser de dominio público, non se poden privatizar sen provocar conflictos sociais, salvo que sexan adxudicadas en autorización ou concesión ó conxunto de mariscadores que a están explotando.

Actualmente os mariscadores teñen conciencia de propiedade das súas conce­sións e autorizacións fronte a outros pobos; pero non hai unha mentalidade de coo­peración colectiva con visión empresarial e de reparto do traballo e dos beneficios, ~enón que cada un, individualmente, trata de sacar o máximo rendemento persoal.

Por outra banda, o asociacionismo en cooperativas ou calquera outro tipo de organización marisqueira, non ten por que ser pechado a un só pobo ou contra­ría, xa que a unión en cooperativas de segundo e terceiro grao dos diferentes sectores que interveñen na producción, transformación e transporte, contribuirá a incrementar os beneficios comúns e individuais, mediante a estabilización duns prezos axeitados e o incremento do valor engadido.

2. PLANIFICACIÓN DA EXPLOTACIÓN

Trátase de elaborar un proxecto de explotación da superficie dispoñible, esta­blecendo uns obxectivos de producción e prevendo as necesidades e recursos en base dos seguintes puntos:

2.1 . Valorar as características da zona de cultivo e a súa capacidade productiva. 2.2. Establecer os medios biolóxicos, materiais e humanos, e os seus requiri­

mentos. 2.3. Elaborar un calendario de actividades e distribuír as tarefas a realizar.

2.1. Valorar as características da zona de cultivo e a súa capacidade pro­ductiva

Non todas as praias son apropiadas para o cultivo de ameixa, motivo polo cal fai falla realizar unha valoración e tomar as medidas oportunas para acondicio­nar os terreas, sempre e cando sexa posible.

Na Táboa 1 indícanse as características óptimas que deben reunir os parques de cultivo de ameixa e as medidas de acción para corrixir as posibles deficien­cias das mesmas.

Cando a superficie dos parques de cultivo é suficientemente grande, tal como sucede nas autorizacións das contrarías e organizacións de productores, o máis recomendable é facer un cultivo secuencial, é dicir, que se dedican unhas zonas á captación de cría, outras ó preengorde e outras ó engorde en distintas fases de desenvolvemento, de xeito que se pode lograr unha coordinación para dispo­ñer continuamente, ó longo do ano, de moluscos de talla comercial aptos para a venda. Para facilitar os labores de cultivo, estas zonas divídanse en parcelas duns 1 O m2 para os parques de cría e de 100 m2 para os de engorde, separadas por estacas, cordas ou arames.

198

Page 4: Planificación dunha explotación marisqueira

CARACTERÍSTICAS

Tipo de substrato:

-Porcentaxe de area > 20 %, óptimo 40-50 %.

-Suficientemente duro para permitir a mecanización.

- Espesor do sedimento oxidado > 2 cm, mellor se supera os 1 O cm.

Pendente da praia: 2 a 5 cm/1 O m.

Nivel de marea: 1 a 2,2 m sobre a baixamar escorada (Coef. 55-85).

Circulación da auga: Boa.

Zona protexida de ventos, temporais, mareiras e correntes fortes.

Salinidade: 30-36 ppm.

MÉTODOS DE CORRECCIÓN

Engadir area grosa ou cunchiña.

Engadir area grosa ou cunchiña.

Remover e airear o substrato.

Achanzar o terreo mecanicamente.

Delimitar o mellor lugar.

Seleccionar o lugar e eliminar barreiras naturais e artificiais.

Seleccionar o lugar ou protexelo. Cubrir os cultivos con malla plástica.

Seleccionar o lugar e controlar os apor­tes de auga doce invernal.

Táboa 1. Características físico-químicas máis apropiadas para o cultivo de ameixas.

Pola contra, en terrees de pouca extensión pode ser preferible facer un culti­vo non secuencial, con sementeiras en toda a superficie e colleitas periódicas de toda a producción , con períodos de tempo sen posibilidade de comercializar o producto por atoparse os moluscos en fase de crecemento .

Unha organización que teña concesión sobre diferentes praias, pode dedicar á captación de semente, durante o período reproductivo, aquelas con maior recrutamento, pois deste xeito diminuiranse os custos de adquisición de cría.

Anderson e col. (1982) observaron un incremento das fixacións de cría nas zonas de praia cubertas con malla plástica ríxida; a malla retiña e concentraba a semente arrastrada polas ondas, ó tempo que a protexía contra os depredado­res. En consecuencia, propoñen utilizar este método para incrementar a produc­tividade dos bancos naturais.

O resto dos terreos que teñan as características apropiadas ou que se poidan acondicionar, adicaranse ó preengorde e engorde, se ben nas praias destinadas á captación de cría poderíanse ubicar cultivos de preengorde sobreelevados. O preengorde ata os 15 mm tamén se pode realizar en cultivos suspendidos en batea.

Facendo unha estima inicial de que a quinta parte dos terreos dispoñibles terán que dedicarse ó preengorde (en fondo e sobreelevado), e as catro quintas partes serán empregadas no engorde con unha producción final media de 1,5 a

199

Page 5: Planificación dunha explotación marisqueira

3 Kg/m2 , podemos calcular a capacidade productiva total das concesións ou autorizacións multiplicando a densidade de producción final pala superficie útil empregada no engorde.

Actualmente o mercado é deficitario en ameixa, motivo polo cal podemos par­tir da base de que toda a producción sairá á venda, xa que no caso contrario, e para evitar un exceso de producción, teríase que reducir a densidade en benefi­cio da calidade do producto, que se sacaría á venda nos períodos de maior demanda comercial.

Para conseguir unha producción continua, a zona de engorde pódese subdivi­dir en 4 a 12 parques para o cultivo de ameixa babosa ou xaponesa e 8 a 24 par­ques no caso da ameixa fina, de xeito que en cada estación do ano, ou en cada mes, se poida extraer o marisco de talla comercial e repoboar con ameixa proce­dente da zona de preengorde, tendo en canta que as primeiras acadan a talla comercial ós 12-18 meses e a última ós 24-30 meses dende o momento da semen­teira no parque de engorde. A superficie de cada un destes parques estará en fun­ción da demanda estacional no período correspondente, aínda que dada a varia­bilidade do crecemento e das características ambientais que o afectan, as mostras previas serán as que nos indiquen o parque no que se debe facer a colleita.

Así, pois, tendo en canta a taxa de crecemento de cada especie, a densidade de producción, a superficie dedicada ós parques de engorde e o tempo de cultivo, a producción anual obtense multiplicando a densidade de producción en peso pala superficie total dedicada ó engorde e dividindo polo tempo de engorde en anos.

Por exemplo, no engorde ata a talla comercial de ameixas babosa e xapone­sa, abonda multiplicar a densidade de producción final (1,5 a 3 Kg/m2) pala superficie sementada, mentres que no caso da ameixa fina este resultado diví­dese por 2, que son os anos que tarda en acadar a talla mínima legal de venda.

Se pretendemos ofrecer un producto de calidade, resulta útil coñecer a varia­ción do índice de condición ou estado de engorde, có obxecto de estimar as mellares épocas para realizar a colleita; pero tendo en canta que na época de desove as ameixas teñen un aspecto leitoso, pouco agradable para moitos con­sumidores.

2.2. Establecer os medios biolóxicos, materiais e humanos.

2.2.1 . Medios biolóxicos

Para calcular a cantidade de cría que se necesita para acadar os obxectivos de producción estimados no apartado anterior, basearémonos, inicialmente, en experiencias previas de cultivo en zonas próximas e con características ambien­tais semellantes, se ben será a propia experiencia nas condicións reais de culti­vo a que nos permita optimizar estas valoracións, xa que as características bio­ecolóxicas do lugar afectan máis ó crecemento e á mortalidade que outros fac­tores do cultivo, como pode ser a densidade de sementeira.

Nas Táboas 2 e 3 indícanse as características do crecemento das ameixas fina, babosa e xaponesa, as relacións talla/peso e a taxa de mortalidade, base­ándose nos resultados experimentais propios e doutros autores citados na biblio­grafía.

200

Page 6: Planificación dunha explotación marisqueira

AMEIXA XAPONESA (Ruditapes philippinarum)

Talla e peso iniciais: 4 mm; 0,01 g. Época de sementeira: primavera e/ou outono. Relación talla/peso: P(g) = 0,000152 x L(mm)3·'º1

Tipo de cultivo: Sobreelevado En batea No fondo

Soporte do cultivo: Bandexa ostreícola de 0,5 m2 •

Cestillos e cestas ostreícolas.

Luz de malla: Densidade/m2 :

Tempo preengorde:

1,4 a 4 mm. 3.000-4.000 ind. 1.500-2.000/bandexa. 3 a 6 meses 12a15mm.

1,5 mm. 8.000-16.000 ind. 250-500/cestillo. 3 a 6 meses 10a15mm. Talla final :

Peso final : Supervivencia:

Tipo de cultivo:

0,34 a 0,67 g. 0,20 a 0,67 g 90 %. 80 a 95 %.

AMEIXA FINA (Ruditapes decussata)

Talla e peso iniciais: 4 mm; 0,015 g. Época de sementeira: primavera e/ou outono. Relación talla/peso: P(g) = 0,000116 x L(mm)3•173•

Sobreelevado No fondo

Protección con malla plástica. 2a10mm. 600-1.300 ind.

12 meses. 20 a 25 mm. 1,32 a 2,76 g. 90%.

Soporte do cultivo: Luz de malla:

Bandexa ostreícola 0,5 m2 •

2mm. Protección con malla plástica. 2 a 10 mm.

Densidade/ m2 :

Tempo preengorde Talla final: Peso final : Supervivencia:

3.000-4.000 ind. 1.000-1 .500 ind. 6-8 meses. 12-14 meses. 10-15 mm. 20-25 mm. 0,17-0,62 g. 1,42-2,65 g. 70 %. 45-90 %.

AMEIXA BABOSA (Tapes pu/lastra)

Talla e peso iniciais: 3,2 mm; 0,04 g. Época de sementeira: primavera e/ou outono. Relación talla/peso: P(g) = 0,000091 x L(mm)3

'21 6

Tipo de cultivo: No fondo ata 10-15 mm No fondo ata 20-25 mm

Soporte do cultivo: Luz de malla: Densidade/m2 :

Tempo de preengorde: Peso final: Supervivencia:

Protección con malla plástica 2 mm 2 a 10 mm 1.000-1 .500 ind. 600-1 .300 ind. 3-4 meses. 0,20-0,55 g. 90%

12 meses. 1,39-2,85 g. 90%

Táboa 2. Datos experimentais de referencia para o preengorde de ameixa fina, xapo­nesa e babosa (Segundo lremer, 1988; Pérez Camacho, 1982; e Pérez Camacho e Cuña, 1987)

201

Page 7: Planificación dunha explotación marisqueira

AMEIXA XAPONESA (Ruditapes philippinarum)

a) Talla inicial 10-15 mm (0,20- 0,67 g): Tipo de cultivo: En fondo con malla protectora de 5 mm. Densidade/m2 : De 60-100 (sen rareos) a 400 ind. (con rareos). Relacións talla/peso: P(g) = 0,000095 x L(mm) 3•226 (Rango de tallas: 15-23 mm). P(g) = 0,000065 x L(mm) 3·3" (Rango de tallas: 20-32 mm). J:>(g) = 0,000760 x L(mm)2.640 (Rango de tallas: 31-46 mm). Epoca de sementeira: primavera e/ou outono. . Tempo de engorde: 18 meses. ?

Talla comercial: 40 mm (19 g) (53 ameixas/Kg). Supervivencia: 80-90 % anual (72-85,5 % en 18 meses)

b) Talla inicial 20-25 mm (1,32-2,76 g). Tipo de cultivo: En fondo con ou sen malla protectora de 1 O mm. Epoca de sementeira: primavera e/ou outono. Tempo de engorde : 12 meses. Supervivencia: 45-90 % anual (con protección). Densidade/m2 : 60-250 ind.

AMEIXA FINA (Ruditapes decussata)

a) Talla inicial 10-15 mm (0,17-0,62 g). Tipo de cultivo : En fondo con malla 5 mm. Densidade/m2 : De 60-100 (sen rareos) a 400 ind. (con rareos). Relacións talla/peso: P(g) = 0,000116 x L(mm) 3·' 73 (Rango de tallas: 11-19 mm). P(g) = 0,000345 x L(mm)2.779 (Rango de tallas: 15-24 mm). J:>(g) = 0,00031 o x L(mm)2.929 •

Epoca de sementeira: primavera e/ou outono. Tempo de engorde: 30 meses. Talla comercial : 40 mm (15,2 g) (66 ameixas/Kg). Supervivencia: 45-90 % anual (18-70 % no período).

b) Talla inicial 20-25 mm (1,42-2,62 g). Tipo de cultivo: En fondo con ou sen malla protectora de 1 O mm. Tempo de engorde: 24 meses. Densidade/m2 : 60-500 individuos. Supervivencia: 45-90 % anual (20-81 % en dous anos) , (con protección).

AMEIXA BABOSA (Tapes pu/lastra)

a) Talla inicial 10-15 mm (O, 15-0,55 g) Tipo de cultivo : En fondo con malla protectora de 5 mm. Densidade/m2 : De 100 (sen rareos) a 400 ind. (con rareos). Relacións talla/peso: J:>(g) = 0,000091 x L(mm)3·2 ' 6 •

Epoca de sementeira: primavera e/ou outono. Tempo de engorde: 18 meses. Talla comercial : 38 mm (11 g) (91 ameixas/Kg) Supervivencia: 80-90 % anual (64-80 % no período) .

b) Talla inicial 20-25 mm (1,39-2,85 g). Tipo de cultivo: En fondo con ou sen malla protectora de 1 O mm. Densidade/m2 : 100-200 ind. Tempo de engorde: 12 meses. Supervivencia: 80-90 % (con protección) .

Táboa 3. Datos experimentais de referencia para o engorde de ameixa fina, xaponesa e babosa (Segundo lfremer, 1988; Pérez Camacho, 1982; e Pérez Camacho e Cuña, 1987).

202

Page 8: Planificación dunha explotación marisqueira

Con esta información, e considerando a talla de captura, podemos calcular as necesidades totais de cría de preengorde e engorde, as súas densidades de sementeira en función da talla, e as superficies de cultivo necesarias.

Irnos ver nun exemplo como se tan estes cálculos: Establecemos o obxectivo de producir 1,75 Kg/m2 de ameixa san de talla mínima comercial.

a) Calculamos o peso individual de cada ameixa de talla comercial segundo a relación lonxitude/peso da Táboa 3:

p = 0,000310*402,929 = 15,26 g.

b) Calculamos a densidade de individuos por metro cadrado, dividindo a den­sidade en peso pola biomasa individual :

Nº. de ameixas/m2 = 1750/15,26 = 115 (redondeando).

c) Calculamos a densidade inicial de resementeira, considerando a supervi­vencia esperada ó longo do tempo de engorde, que segundo a Táboa 3 varía entre o 18 e o 70 %. Irnos considerar un 50 %. Aplicamos unha regra de tres ou unha proporción :

Se de 100 ameixas sobreviven 50 Necesitamos X para que sobrevivan 115. Despexando X, X = 115*100/50 = 230 crías de 1 O a 15 mm/m2 •

d) Calculamos a cantidade total de cría de 10-15 mm multiplicando pola superficie de engorde a sementar. Supoñamos unha parcela de 100 m2 :

230*100 = 23.000 crías/100 m2 •

Que en peso (ver relación talla/peso) son uns 4 a 14 Kg.

e) A cantidade de cría de 4-8 mm que hai que mercar no criadeiro obtense sumando a mortalidade durante o período de preengorde. Na Táboa 2 indícase que a supervivencia é dun 70 %. Aplicando unha regra de tres ou unha proporción :

70/100 = 23.000/X. Despexando X: X = 23.000*100/70 = 32.857 crías de 4 a 8 mm.

Que en peso (ver relación) son uns 2,5 Kg.

f) A superficie de preengorde necesaria para manter esta cantidade de cría calcúlase dividindo pola densidade de sementeira (Táboa 2).

Se optamos polo cultivo sobreelevado (1 .500 -2 .000 crías por bandexa ostre­ícola de 0,5 m2) faríannos falla :

32.857/1.500 = 22 bandexas.

Se optamos polo cultivo en fondo a unha densidade de 1.000 crías/m2 nece­sitariamos:

32.857/1.000 = 32,86 m2 •

203

Page 9: Planificación dunha explotación marisqueira

O que equivale a un has 4 parcelas de preengorde de 1 O m2 •

g) O prezo da cría haino que negociar co criadeiro. Supoñendo un custo uni­tario de 2 pesetas:

32.857*2 = 65.714 Pts. sen o IVE.

h) A producción total a acadar obtense multiplicando a densidade final en peso pola superficie de engorde:

1,75 Kg*100 m2 = 175 Kg.

i) Os beneficios brutos obtéñense multiplicando a producción polo prezo de venda, que no caso da ameixa fina rolda as 1000 Pts/Kg:

175*1000 = 175.000 Pts. sen o IVE.

j) O rendemento en peso obtense dividindo a producción total entre o peso ini­cial da cría e multiplicando por 100:

(175/2,5)*100 = 7.000 %.

Ou que por 1 Kg de cría obtéñense 700 de ameixa comercial.

k ) O rende mento económico bruto obtense dividindo os beneficios brutos · entre o custo da cría e multiplicando por 100:

(175.000/82.143)*100 = 266 %.

O que representa máis da duplicación do capital; pero hai que descontar os custos de producción.

Todos estes cálculos son unha estima da producción, os resultados reais poden ser mellores ou peores, en función das características bioecolóxicas da zona de cultivo e dos factores ambientais ó longo do tempo dedicado ó preen­gorde e engorde. Tamén hai que ter en conta que o crecemento non é uniforme, obtendo ameixas que sobrepasan a talla comercial xunto con outras que non a acadan.

Por outra banda, aumentando o tempo de cultivo un ano máis, despois de acadada a talla comercial, o rendemento en peso incrementarase arredor dun 33 % para a ameixa san e dun 120 % para a babosa (ver cálculos do apartado 3), tamén aumentaría o prezo unitario de venta e, en consecuencia, os beneficios.

2.2.2. Medíos materíaís

Os materiais de acuicultura necesarios para levar a cabo a explotación dependen da extensión da superficie cultivada. Así, en pequenos parques será suficiente o uso dos utensilios tradicionais de marisqueo: sachos, restrelos e bal­des. Pero en grandes superficies de cultivo imponse a mecanización para aba­ratar os custos de producción, pois aínda que nas explotacións a nivel coopera­tivo das autorizacións ou concesións de contrarías e organizacións de producto-

204

Page 10: Planificación dunha explotación marisqueira

res abonde a man de obra, os beneficios a repartir serán maiores con menos esforzo laboral.

Na actualidade existe maquinaria agrícola adaptada á explotación dos par­ques de cultivo de ameixa, tales como tractores para limpezas e acondiciona­mento de fondos, colleiteiras, clasificadoras, etc.

En calquera caso, cada organización estimará as necesidades de maquinaria e equipos de cultivo en función da superficie de cultivo, da producción anual e da técnica aplicada.

Na Táboa 4 indícanse os materiais de uso máis común nas diferentes activi­dades do cultivo de ameixa.

2.2.3. Medios humanos

A necesidade de persoal tamén depende da magnitude da explotación, así mentres unha pequena superficie pode ser cultivada por 1 ou 2 obreiros, unha explotación comunitaria a gran escala precisará dun equipo técnico composto por un xerente, que dirixirá a promoción da inversión, o financiamento e a comer­cialización, e un director técnico que se encargará da supervisión do proceso productivo. A súa vez, estes técnicos poden contar coa colaboración de persoal cualificado.

O persoal dedicado aos labores de cultivo non precisa dunha alta especiali­zación, podendo ter unha formación profesional en acuicultura de nivel 1. Poza e col (1989) estiman que a cantidade necesaria de obreiros fixos é de 3 por Ha, sendo necesario acudir a persoal eventual en determinados momentos: semen­teira, limpeza de praias, colleita, etc.; pero o emprego de maquinaria reduce a man de obra.

205

Page 11: Planificación dunha explotación marisqueira

Planificación:

Calculadora e/ou ordenador Táboas de marea Cartas náuticas Datos de crecemento Datos de mortalidade Catálogos comerciais Libros de control Arquivos

Acondicionamento das instalacións: Area, grava e cunchiña Estacas e boias para marcar Malla plástica ríxida 2-1 O mm Cravos Martelo ou mazo Cinta métrica Material de uso xeral

Cultivo e colleita:

Cestas e bandexas ostreícolas Armazóns cultivo sobreelevado Batea Báscula ou balanza Cilindros graduados Maquinaria de sementeira Malla plástica ríxida 2-1 O mm Bolsas de malla e caixas Material de uso xeral

Control do cultivo:

Nucleador de sedimento Cuadrícula de mostra 225 cm2

Peneiras de 5 mm de luz Etiquetas Bolsas de plástico Calibres Cinta métrica Balanza Material de laboratorio Kits de análise de augas Material de uso xeral

Material de uso xeral: Tractor con remolque Accesorios de tractor Lancha foraborda Baldes e capachos Clasificadores Báscula Sachos, anciños e palas Caixa de ferramentas Botas de goma Guantes de goma Roupa de augas Coite los Lápices e bolígrafos Caderno de notas Portafolios Agullas e fío de atar Vehículo de transporte

Táboa 4. Materiais necesarios para o cultivo de ameixa

206

Page 12: Planificación dunha explotación marisqueira

O persoal necesario para a sementeira pódese calcular en base a que 2 per­soas por marea poden sementar de 280 a 300 m2 (Anderson e col., 1982)

Na colleita estímase que o rendemento por persoa é de 4 m2/h ou de 6 a 12 Kg/h, mentres que unha colleiteira mecánica, manipulada por 2 obreiros, ten unha eficacia de 25 a 50 veces superior (IFREMER, 1988).

En grandes superficies de terreo, os traballos de limpeza e colleita débense mecanizar, xa que resulta pesado e lento realizalos manualmente. En Francia xa se utiliza maquinaria, arrastrada por tractores para limpar o terreo, sementar, cubrir con malla plástica, facer a colleita e clasificar por tallas.

Nunha explotación comunitaria, na que os propios cooperativistas son traballado­res, a percepción dun salario polo traballo realizado pódese ver como unha forma de reparto de beneficios, de xeito que os custos da man de obra reportan un salario ós cooperativista. Dende este punto de vista pódense establecer dúas estratexias:

a) Ofrecer un traballo remunerado á maior cantidade posible de socios, com­pensando en soldos a perda de beneficios.

b) Mecanizar o proceso coa consecuente diminución de man de obra; pero cun incremento dos beneficios a repartir e unha mellora nas condicións de tra­ballo e de vida.

No segundo caso os cooperativistas contarán con moito tempo libre, dedi­cándose fundamentalmente a labores de vixilancia, comercialización e manipu­lación de maquinaria. Os beneficios a repartir poden ser suficientes para acadar un bo nivel de vida; pero hai que ofrecer alternativas para ocupar o tempo de ocio, tales como actividades deportivas, culturais, lúdicas e artísticas.

Por outra banda, e co fin de promover a participación dos cooperativistas, cando non sexa posible empregar a todos os socios crearanse grupos de traba­llo que se irán turnando para que ninguén se sinta discriminado.

2.3. Elaborar un calendario de actividades e distribuír as tarefas a reali­zar.

Nas Táboas 6 e 7 móstranse exemplos gráficos de temporalización do cultivo das ameixas xaponesa, babosa e fina. Loxicamente, hainos que adaptar a cada lugar concreto.

Na Táboa 5 sinálanse as principais actividades e tarefas de cultivo, así como o momento máis apropiado para realizalas.

Consultando as táboas de marea selecciónanse as datas e as horas que, coincidindo coas épocas sinaladas nos gráficos, prometan unha baixamar sufi­ciente para deixar ó descuberto os parques.

En función do labor a realizar, da superficie a traballar, do tempo que perma­necen en seco os parques e do rendemento de homes e máquinas, calcúlase a necesidade de persoal, maquinaria e días a empregar. Tamén se terán en conta as posibles modificacións a introducir cando o crecemento estimado non coinci­da, para ben ou para mal, cos resultados reais, ou cando as condicións meteo­rolóxicas sexan adversas.

207

Page 13: Planificación dunha explotación marisqueira

ACTIVIDADES!TAREFAS

PLANIFICACIÓN E ORGANIZACIÓN DO CULTIVO

-Elaborar un calendario de actividades. -Deseñar os parques de cría e engorde. -Calcular a cría necesaria e encargala. -Avaliar as necesidades de persoal. -Adquirir os materiais e medios necesarios. ACONDICIONAMENTO DAS INSTALACIÓNS

-Demarcar os parques de cultivo. -Retirar lama e pedras. -Engadir area e regular a granulometría. -Achanzar o terreo se ten moita pendente. -Reparar estructuras danadas. -Construír as mallas plásticas antidepredadores. -Preparar os recintos para almacenar a cría.

TEMPORALIZACIÓN

5 Meses antes da sementeira (set.-dec. ou abril-maio)

1 Semana antes da sementeira ou resementeira.

SEMENTEIRA (PREENGORDE) E RESEMENTEIRA (ENGORDE) 3-7 Días antes.

-Seleccionar a data e hora. -Confirmar data e hora de entrega da cría. -Analizar o boletín meteorolóxico. -Controlar as últimas modificacións. -Seleccionar o persoal. -Marcar as superficies a sementar.

1-2 Días antes. -Remover o terreo para airealo e poñelo brando. -Preparar o material de cultivo sobreelevado. -Comprobar que o material está a punto. -Recibir e estabular a cría convenientemente. -Comprobar a calidade da ameixa a sementar.

O día da sementeira. -Facer lotes por superficies a sementar. -Espallar a ameixa uniformemente. -Cubrir con malla plástica. -Humedecer a ameixa para que non aboie. -Pospoñer a sementeira ante !artes mareiras. CONTROL DA EVOLUCIÓN DO CULTIVO

Quincenal ou mensualmente. -Vixiar a densidade de cultivo. -Vixiar/reparar posibles danos no parque. -Vixiar e eliminar algas e predadores. -Cambiar cestas e bandexas con incrustacións. -Avaliar o crecemento e a mortalidade. -Vixiar a calidade da auga. -Cambiar a luz de malla se queda pequena. -Rarear a ameixa se fose necesario. -Estimar a época de resementeira ou colleita. -Controlar a calidade comercial do producto. -Enviar mostras para análise patolóxico. COLLEITA

3-7 Días antes da colleita. -Organizar a colleita. -Comprobar os recursos materiais e humanos.

O día da colleita. -Recoller, clasificar e embalar a ameixa. -Transportar o producto ó punto de venta.

Táboa 5. Principais actividades do cultivo de ameixa: tarefas e temporalización.

208

Page 14: Planificación dunha explotación marisqueira

3. EMPREGO DAS CURVAS DE CRECEMENTO E SUPERVIVENCIA NA PLANIFICACIÓN

O procesamento das tomas de mostras mensuais permiten avaliar o crece­mento e a supervivencia da ameixa. Os resultados obtidos exprésanse grafica­mente en forma de curvas.

Estas gráficas son utilizables para calcular o tempo necesario de cultivo entre dúas tallas, e a supervivencia nese período.

É preferible que as curvas sexan elaboradas con datos da propia zona de cul­tivo; pero tamén son válidas as de lugares próximos con características ambien­tais semellantes.

O Gráfico 1 representa a curva de crecemento da ameixa babosa segundo Pérez Camacho (1980) e o Gráfico 2 a súa porcentaxe de mortalidade calculada a partir do coeficiente de mortalidade obtido polo mesmo autor.

Para calcular o tempo necesario para pasar da talla L1 á L2, Gráfico 1 traza­mos liñas perpendiculares ó eixe «Y» dende o punto correspondente a esas tallas. Onde tocan á curva trazamos liñas perpendiculares ó eixe «X», e a dis­tancia entre os dous puntos que o cortan indícanos o tempo transcorrido.

O cálculo da supervivencia obtense no Gráfico 2, levantando unha perpendi­cular ó eixe «X» no punto proporcional ó período calculado anteriormente, ata tocar a curva de supervivencia. A vertical sobre o eixe «Y» indícanos a porcen­taxe de superviventes.

4. EMPREGO DAS ECUACIÓNS DE CRECEMENTO E SUPERVIVENCIA NA PLANIFICACIÓN

As curvas de crecemento e supervivencia pódense axustar a unha ecuación matemática.

O crecemento durante a fase de preengorde soe ser de tipo lineal , coa seguinte ecuación tipo:

L1 = A+B*t,

onde L1 é a lonxitude ó cabo dun tempo t, A o punto no que a recta corta o eixe de ordenadas (Y), e B a pendente da recta.

Así, por exemplo, segundo Pérez Camacho (1980) a ecuación de crecemen­to da cría de ameixa babosa en Vilaxoán é:

L (mm)= 3,182+0,094*t (días)

O crecemento do adulto pasa por unha fase exponencial seguida dun retardo ata facerse asintótico, motivo polo cal a curva de crecemento é de tipo loxístico ou «sigmoidal» que se axusta bastante ben á ecuación de Bertalanffy:

209

Page 15: Planificación dunha explotación marisqueira

onde L1 é a lonxitude ó cabo do tempo t, L00 é a lonxitude asintótica ou máxima alcanzable teoricamente, «e» é a base dos logaritmos neperianos (2,718281828), té o tempo considerado, e t0 o tempo no que a lonxitude teórica era O.

Segundo Pérez Camacho (op. cit.), a ecuación de crecemento da ameixa san é :

Lt (mm) = 67,255*(1-e·o.240·<1-0.1001)

e a da ameixa babosa:

Lt (mm) = 58,955*(1-e-º·551·11-0.2551)

Nos dous casos o tempo está considerado en anos. As curvas de supervivencia tamén se axustan a unha ecuación do seguinte

tipo:

Ni = No*e-m't

onde N1 e No son o número inicial e final de individuos, «e» é a base dos logarit­mos neperianos, m é o coeficiente instantáneo de mortalidade, té o tempo trans­corrido.

Segundo Pérez Camacho (op. cit.) os coeficientes instantáneos de mortalida­de anual (m) para as ameixas fina e babosa son 0,084 e O, 196 respectivamente, resultando as seguintes ecuacións, nas que o tempo está considerado en anos:

Nt = N0*e·0·0016·1 para a ameixa san. Nt = N0*e·0·1952·1 para a ameixa babosa.

4.1 . Utilización das ecuacións de crecemento.

a) Cálculo do tempo de cultivo necesario entre dúas tallas: Despexando t na ecuación lineal e na de Bertalanffy:

t = (L1-A)/B (Ecuación lineal) t = (1/k)*ln[L00 /(L00-L1)]+to (Ecuación de Bertalanffy) O tempo (h-t1)transcorrido entre dúas tallas u e L1 vén dado polas fórmulas:

h-t1 = (L2-L1)/B (Ecuación lineal) h-t1 = (1 /k)*ln[(L00-L1)/(L00-L2)] (Ecuación de Bertalanffy)

Así, por exemplo, o tempo de preengorde necesario para pasar de 4 a 15 mm na ameixa babosa sería:

t = (15-4)/0,094 = 117 días = 4 meses.

Na mesma especie, o tempo de engorde necesario para pasar de 15 a 38 mm será:

t = (1/0,551 )*ln[(58,955-15)/(58,955-38)] = 1,3 anos.

21'0

Page 16: Planificación dunha explotación marisqueira

Multiplicando por 12 obtemos os meses: 16 meses redondeando. Facendo os mesmos cálculos para a ameixa san ; pero baseándonos soa­

mente na ecuación de Bertalanffy, obteriamos un tempo de preengorde ata os 15 mm de 1 O meses, e un tempo de engorde ata os 40 mm de 33 meses.

4.2. Utilización das ecuacións de supervivencia.

Coñecendo os tempos de preengorde e engorde, podemos calcular o núme­ro de sobreviventes ó final de cada fase. Así, por exemplo , por cada 100 crías de ameixa babosa sementadas, acadarían os 15 mm:

N1 = 1 OO*e-º·1952·0·32º = 94 individuos senda t = 117 días/365 = 0,320 anos.

De estes 94 individuos acadarían a talla comercial, ó cabo de 1,3 anos de engorde :

N1 = 94*e-º·1952·1·3 = 73 individuos.

4.3 . Utilización conxunta das ecuacións de crecemento e mortalidade.

Como se indicou anteriormente, existe unha relación exponencial entre a lonxi­tude e o peso (Táboas 2 e 3). Calculando o peso asintótico, segundo a fórmula:

poo = A+LB

podemos obter a ecuación de Bertalanffy en peso:

Pt = p oo *(1-e-k"(Ho))B

Para a ameixa babosa estes resultados serían:

p 00 = 0,000091 *58,9553·216 = 44,981 g.

A ecuación de crecemento en peso sería :

p, = 44,981 *(1-e-º·551 '(!·0,255))3,216.

A producción nun momento dado obtense multiplicando o número de indivi­duos supervivente polo seu peso medio. Así, pois, multiplicando p, por N1 obte­riamos a producción ou biomasa (B) no momento t:

Na ameixa babosa a ecuación da producción sería:

Bt = 44,981 *(1-e-º·551·(1·0.255))3,216*No*e-º·1s52·1

Por exemplo, para unha cantidade de cría (No) de 32.857 individuos, e consi­derando un tempo de cultivo (t) de 20 meses, suma do preengorde e engorde, a producción que se espera obter é de:

211

Page 17: Planificación dunha explotación marisqueira

Bt = 44,981 *(1-e-º·ssq1.s1-o.2ss¡)3·21s*32.857*e-º·'9s2·,,s1 Bt = 148.314 g = 148,3 Kg

Un ano despois (32 meses), a producción sería de 327 Kg, ós 4 anos de 437 Kg e ós 5 anos de 436 Kg.

O peso inicial da cría era 32.857*0,05 = 1,64 Kg, polo tanto os incrementos de peso fo ron :

De O a 20 meses (en 20 meses) .. .. De 20 a 32 meses (en 12 meses) .. .. De 32 a 48 meses (en 16 meses) .. .. De 48 a 60 meses (en 12 meses) .. ..

146,7 Kg 178,7 Kg 110,0 Kg

-1,0 Kg

Obsérvase, polo tanto, a rendibilidade de alongar un ano máis o tempo de engorde, xa que se duplica a producción e o incremento do peso é moito maior que nos 20 meses anteriores.

Na ameixa san a producción pódese expresar mediante a fórmula:

Bt = 69,947*(1-e·o,240·(1-o,100))2,929*No*e-º·ºª1s·1

Cando se acada a talla comercial , despois de 4 anos de cultivo, as 32.857 crías sementadas, con un peso inicial de 2,5 Kg, alcadarían un peso de 375 Kg. De seguir o cultivo, os pesos acadados ata os 9 anos serían 502, 601, 668, 707 e 722 Kg sucesivamente. O aumento de peso ata acadar a talla comercial é duns 372 Kg, e os correlativos incrementos anuais serían de 127, 99, 67, 39 e 15 Kg respectivamente.

Polo tanto, tamén é recomendable ampliar o tempo de engorde, polo menos un ano máis.

5. CONCLUSIÓNS

A estima da producción está suxeita a moitas variables ecolóxicas depen­dentes, fundamentalmente, das características do lugar e das alteracións físico­químicas e biolóxicas que acontezan ó longo do período de cultivo.

Para aproximar os cálculos teóricos á producción real, os datos de referencia han de estar baseados nas experiencias propias na zona de cultivo.

As Táboas 6 e 7, e as Figs. 2 e 3, pódense usar como unha referencia para elaborar unha planificación previa que logo se irá adaptando en función dos resultados obtidos.

O emprego das ecuacións de crecemento e mortalidade, inda que require máis cálculos, permite estimar a producción entre calquera tipo de talla.

Na Táboa 5 sinálanse as principais tarefas de cultivo e a súa temporaliación respecto dos momentos de sementeira e colleita. Con ela pódese elaborar o calendario de actividades, considerando a superficie a cultivar e o rendemento de obreiros e máquinas.

212

Page 18: Planificación dunha explotación marisqueira

É importante prever as necesidades de recursos materiais e humanos para aproveitar ó máximo o escaso tempo de traballo dispoñible durante a baixamar.

Tamén hai que ter en conta calquera situación de emerxencia que poida xur­dir, para facer fronte ós imprevistos coa maior rapidez posible.

Ampliando o tempo de engorde, polo menos un ano máis dende o momento que se alcanza a talla mínima legal, o rendemento increméntase considerable­mente.

É imprescindible facer un seguimento continuo do cultivo para detectar as alteracións, e modificar sobre a marcha o plan previsto.

Un proxecto de cultivo debe conter, apartes da planificación, os planos de situación, os esquemas das instalacións, e os datos económicos de rendibi lida­de, considerando os custos fixos e variables de explotación e os beneficios pre­vistos.

213

Page 19: Planificación dunha explotación marisqueira

BIBLIOGRAFÍA

ANDERSON, G.J. e col. (1982): A guide to manila clam aquaculture in Puget Sound. University of Washington : 45 pp.

ASKEW, C.G. (1978): A generalized growth and mortality model for assesing the economics of bival­ve culture. Aquaculture, 14: 91 -104.

CARRASCO, J.F. e C. RODRÍGUEZ (1990): Cultivo de la almeja japonesa (Rhuditapes philippina­rum). Resultados de crecimiento en función del tipo de sustrato y de la altura de la marea. Actas 111 Congreso Nac. Acuicult. : 575-580.

CERVIÑO, A. e col. (1993): Crecimiento y mortalidad de la almeja fina (Venerupis decussata) y almeja babosa (V'. pu/lastra) cultivada en parque intermareal en la Ría de Arousa (Galicia, España). Presencia de Perkinsus asociado a alta mortalidad. Actas IV Congreso Nac. Acuicult.: 401 -406.

DOMENECH, J.L. (1993): Introducción al estudio de los factores limitantes del desarrollo de la alme­ja, Ruditapes philippinarum, cultivada sin sustrato. Actas IV Congreso Nac. Acuicult.: 413-417.

E.S.A.V. (1990): Tapes philippinarum. Biologia e sperimentazione. Ente Sviluppo Agricolo Veneto . Veneto : 299 pp.

FERNÁNDEZ CORTÉS, F. (1992) : Códigos de buena práctica de laboreo en un parque. Curso de verano. Univ. Santiago. Rianxo.

GUELORGET, O. e col. (1980) : Croissance, biomasse et production de Venerupis decussata et Venerupis aurea dans une lagune mediterranéenne, l'étang du Prévost a Palavas (Hérault, France). Vie Marine, 2: 25-38.

GUERRA, A., C. AGOSTA e F. ESPINOS (1987): Primeras experiencias de cultivo de almeja japo­nesa (Tapes semidecussata) y ostra japonesa (Crassostrea gigas) en la Ría de Ribadeo (N.W. de España). Cuad. Marisq. Pub/. Téc., 12: 347-352.

GUERRA e col. (1990): Análisis de crecimiento y producción de almeja japonesa (Venerupis semi­decussata) cultivada en diferentes sistemas y áreas de las rías altas (N.W. España). Actas 111 Congreso Nac. Acuicult.: 563-567.

IFREMER (1988): La palourde. Dossier d 'elevage. IFREMER. Paris : 106 pp. LOJO, M. e J.V. POZA (1989): Hacia la profesionalización del sector marisquero: La lila de Arousa

como ejemplo atípico. En Jornadas sobre economía y sociología de las comunidades pesqueras. M.A.P.A. : 445-452.

LÓPEZ VEIGA, E. e col. (1 992): Plan de ordenación dos recursos pesqueiros e marisqueiros de Galicia. Xunta de Galicia: 874 pp.

PEMARES (1983) : Investigación acuícola y marisquera. Junta de Andalucia: 160 pp. PEREIRO, J.A. (1982): Modelos al uso en dinámica de poblaciones marinas sometidas a explotación.

lnf. Téc. lnst. Esp. Oceano., 1: 255 pp. PÉREZ CAMACHO, A. (1980): Biología de Venerupis pu/lastra (Montagu, 1803) y Venerupis decus­

sata (Linné, 1767) (Mollusca, Bivalvia) con especial referencia a los factores determinantes de la producción. Bol. lnst. Espa. Oceano., 5 (281) : 43-76.

PÉREZ CAMACHO, A. e M. CUÑA (1985) :. First data on raft culture of Manila clam (Ruditapes phi­lippinarun) in the Ría de Arosa (NW Spain). l.C.E.S. C.M. 1985/F:43: 22pp.

POZA, J.V. e col. (1989): Saneamiento y acuicultura en el «Esteiro» de Vilanova de Arousa. En Acuicultura y economía. M.A.P.A. : 415-448.

POZA, J.V. (1992): Biología y producción del mejillón Perna perna (L.) cultivado en Punta de Piedras, Isla de Margarita, NE de Venezuela. Cuaderno da Area de Ciencias Mariñas, Seminario de Estudos Galegas, 6: 101 -114.

POZA, J. (1995) : Técnicas e sistemas de cultivo extensivo de moluscos. En Acuicultura mariña en Galicia. Ed. do Castro. Sada: 59-470.

RABINOVICH, J.E. (1980): Introducción a la ecología de poblaciones animales. Ed. C.E.C.S.A. México : 313 pp.

RICKER, N.E. (1975): Computation and interpretation of biological statistics of fish populations. Bu//. Fish. Res. Bd. Can., 191 : 1-386.

ROYO, A. (1984): Cultivo de Venerupis decussata L. en la zona intermareal 11. Cuaderno da Area de Ciencias Mariñas, Seminario de Estudos Galegas, 1: 527-540.

SPENCER, B.E. e col. (1991) : Cultivation of Manila clams. Laboratory Leaflet, 65: 30 pp.

214

Page 20: Planificación dunha explotación marisqueira

VALENCE, P. e R. PEYRE (1991 ): El cultivo de la almeja. En Acuacultura. Ed. Omega. Barcelona. Tomo 1: 337-367.

XUNTA DE GALICIA (1992): !" Congreso galega de marisqueo. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Santiago: 123 pp.

215