propostas educativas - museo de belas artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/...de a...

8
PROPOSTAS EDUCATIVAS ACTIVIDADES EDUCACIÓN PRIMARIA curso 2019 - 2020

Upload: others

Post on 25-Mar-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PrOPOSTAS EDUCATIVAS - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/...de a través da observación e da creación artística. DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE Neste

ed

uc

ac

ión

PR

iMa

Ria

Pr

og

ra

ma

did

ác

tico

2018

- 2019

PrOPOSTAS EDUCATIVAS

actividades

EDUCACIón PrIMArIAcurso 2019 - 2020

Page 2: PrOPOSTAS EDUCATIVAS - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/...de a través da observación e da creación artística. DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE Neste

ed

uc

ac

ión

PR

iMa

Ria

Pr

og

ra

ma

did

ác

tico

2018

- 2019 Unha testa nunca é unha, 1969

Luis seoane

CALEnDArIO E HOrArIOSdende o 15 de outubro de 2019 ata ó 19 de xuño de 2020.de martes a venres de 10:00 a 11:30 h.os centros educativos que teñan dificultades para asistir ó mu-seo neste horario (por motivos de procedencia xeográfica ou de organización do propio centro) poden poñerse en contacto con nós.

nOrMAS

Antes da visita- Especifique ó departamento de difusión ó nivel educativo e o número exacto de alumnos/as.- o percorrido realizarase en grupos de 25 personas.- os profesores/as poden escoller, se o desexan, de entre os percorridos propostos para cada nivel. se se prefire, o de-partamento de didáctica pode poñer en valor temas que se traballen na aula.- débese advertir de calquer tipo de necesidade especial dos alumnos/as que veñan visitar ó museo.- os alumnos deben estar advertidos acerca do comportamento a seguir nun museo, ónde veñen e qué se van atopar.- durante a visita está prohibido comer e beber.

O día da visita- rógase puntualidad. En caso de imprevisto, rógase avisen coa maior anticipación para non entorpecer as outras activi-dades do museo.- Os profesores/as ou acompañantes deben permanecer co grupo en todo momento.- durante o percorrido pódense facer fotografías, pero sempre sen flash.- No museo nos desprazámonos amodo, falamos en orde e, o máis importante, non tocamos as obras.

[email protected]

Page 3: PrOPOSTAS EDUCATIVAS - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/...de a través da observación e da creación artística. DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE Neste

ed

uc

ac

ión

PR

iMa

Ria

Pr

og

ra

ma

did

ác

tico

2018

- 2019

O LAbIrInTO DO MInOTAUrO

Visita-taller1º - 2º Primaria

1h 30’ de duración

ObXECTIVOS

- iniciarse e familiarizarse co mundo da arte e os museos.- reflexionar sobre a creación plástica dun xeito interdisciplinar vinculando arte, texto e tradición oral.- aprender a interpretar as obras de arte procurando os moitos significados das representacións.- Fomentar a participación e o diálogo do grupo.- Estimular a imaxinación e a creativida-de a través da observación e da creación artística.

DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE

Neste percorrido, o alumnado dos pri-meiros cursos de primaria descubrirá a colección do museo a través dunha es-colma de obras cun claro nexo narrativo e fantástico. moitos cadros agochan his-torias que, a simple vista, non chegamos a percibir; polo que é preciso observar cada detalle e analizar os elementos dos que a imaxe está composta.Partiremos da tablilla do pintor flamen-co Paul rubens Dédalo e o minotauro, que representa un dos episodios máis coñecidos do mito grego, para estable-cer un percorrido polo museo que ser-virá de metáfora do camiño que teseo levou a cabo para escapar do labirinto cretense. os escolares deberán desen-trañar as narracións e as incógnitas ocul-tas nas obras do museo para atopar as partes dun mapa que simboliza o noso camiño pola colección do museo.as pinturas escollidas para este percorri-do son obras de distintos estilos, épocas e xéneros artísticos. o noso percorrido nos levará por diversas aventuras con personaxes curiosos, lugares fantásticos e sitios comúns. reflexionaremos sobre as percepcións que nos suxiren as obras e o motivo polo que estás foron creadas. a actividade se completa cun obradoiro onde repousaremos o contido da visita e traballaremos desde a cartografía.

Dédalo e o minotauro, c. 1636 Pedro Pablo rubens

Page 4: PrOPOSTAS EDUCATIVAS - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/...de a través da observación e da creación artística. DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE Neste

ed

uc

ac

ión

PR

iMa

Ria

Pr

og

ra

ma

did

ác

tico

2018

- 2019

HAbITAnDO CADrOS

Visita-taller1º - 2º Primaria1h 30’ de duración

ObXECTIVOS

- comprender que é un cadro, ademáis dun obxecto a admirar, un documento histórico que nos serve para achegarnos a outras épocas, lugares e costumes.- Fomentar a autonomía dos alumnos e alumnas permitindo que expresen as percepcións que espertan neles as obras da colección.- Promover a capacidade de observa-ción, o debate e a escoita.- Exercitar a imaxinación a través da creación artística e do exercicio da des-contextualización do que vemos.

DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE

Esta visita-taller, diríxese aos alumnos e alumnas dos primeiros cursos de pri-maria, ten como fío conductor as es-cenografías dos cadros. Que pasaría se vacíasemos os cadros de personaxes e figuras? Que nos suxerirían? reflexiona-remos sobre eses lugares: reais, imaxina-rios, concretos, abstractos, fríos, cálidos, familiares... para logo observar o cadro completo e poder identificar así a esce-na da que se trata. como interactúan

as figuras co espazo? É dentro ou fóra? os personaxes van ou veñen? ten im-portancia o fondo para comprender a escena? Que pasaría se cambiásemos o personaxe de cadro?traballaremos os xéneros artísticos, o estilo das obras e os motivos polos que foron feitas; falaremos sobre a proce-dencia das pezas, o lugar onde estiveron antes de chegar o museo, e reflexiona-remos sobre o propio edificio no que nos atopamos: Fixéronse estas obras pensando en que nalgún momento se atoparían nun museo? Quedarían ben as pezas de arte barroco na túa habita-ción? danos algunha pista da súa proce-dencia o tamaño dos cadros?a actividade remata cun obradoiro no que os rapaces e rapazas reinterpretarán os cadros do museo creando distintas escenografías e situacións, dando un novo contexto aos personaxes e figuras da nosa colección.

Muller con xarron e frores, c. 1960 - 1970 manuel colmeiro

Page 5: PrOPOSTAS EDUCATIVAS - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/...de a través da observación e da creación artística. DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE Neste

ed

uc

ac

ión

PR

iMa

Ria

Pr

og

ra

ma

did

ác

tico

2018

- 2019

OS ObXECTOS fALAn

Visita-taller3º - 4º Primaria1h 30’ de duración

ObXECTIVOS

- Familiarizarse co museo e coñecer as súas principais funcións: coleccionar, conservar e exhibir.- reflexionar sobre o concepto de pa-trimonio, memoria e cultura dun xeito ameno e participativo. - Promover no alumnado a valoración cara as diferentes expresións artísticas antigas e modernas.- Fomentar a capacidade de observa-ción e análise da obra de arte. - Potenciar a idea do museo como unha opción para o tempo de lecer.

DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE

A visita-taller céntrase nos obxectos que temos no museo e que aparecen repre-sentados nos cadros. Partindo da obra O Gabinete do coleccionista de Frans Francken ii, coñeceremos as distintas artes e os xéneros pictóricos. achegarémonos ao concepto de patrimonio e reflexio-naremos sobre a prevención, coidado e conservación do noso. Que é unha colección? como xurde un museo?

Gabinete del coleccionista, c. 1646 Frans Francken ii

Quen é o dono ou a dona das pezas que estamos a ver? como chegaron estas obras de arte ao museo? Quen podería desfrutar do cadro da nosa colección fai catrocentos anos? serán estas algunhas das preguntas ás que daremos resposta entre todos.a idea de colección serviranos para re-flexionar sobre a importancia que habi-tualmente lle outorgamos aos obxectos, antepoñendo, en ocasións, un valor sentimentalao económico. aproveitaremos a colección do mu-seo para descubrir obras de distintos períodos e estilos, centrándonos espe-cialmente nos obxectos que aparecen representados. En ocasións se trata de simples obxectos funcionais que con-textualizan a obra, pero outras veces son eles os que nos fan comprender a narración ou mensaxe do cadro. Hai outros exemplos onde os obxectos ser-ven como atributo para identificar aos personaxes que aparecen nos cadros e, noutras ocasións, estes teñen un carac-ter simbólico.Veremos tamén todos aqueles obxectos decorativos ou funcionais que forman parte da colección do museo: escri-banías, abanos, miniaturas, mobles, moedas... e reflexionaremos sobre os seus posibles usos.a visita remata cun obradoiro creativo no que, traballando en grupos, os rapa-ces e rapazas que nos visitan crearán un obxecto inventado que serva para a complexa tarefa de cambiar o noso mundo.

Page 6: PrOPOSTAS EDUCATIVAS - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/...de a través da observación e da creación artística. DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE Neste

ed

uc

ac

ión

PR

iMa

Ria

Pr

og

ra

ma

did

ác

tico

2018

- 2019

QUE QUErO SEr DE MAIOr?

Visita-taller3º - 4º Primaria1h 30’ de duración

ObXECTIVOS

- apreciar a visita ao museo como expe-riencia estimulante e significativa.- Fomentar a capacidade de observa-ción e de análise da obra de arte.- descubrir, a través da arte a evolución e os avances laborais ao longo do tem-po.- reflexionar sobre a perda dos oficios tradicionais e manuais.- analizar e reflexionar o papel da mu-ller traballadora en galicia. concienciar sobre a importancia dunha igualdade entre homes e mulleres.

DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE

o fío conductor deste percorrido é o mundo do traballo e a súa represen-tación na arte. a colección do museo conta con numerosos cadros de xé-nero costumista e, en moitos deles, vemos homes e mulleres realizando a tarefas diarias. arrieiros, obreiros, mariscadoras, labregos e labregas...

escenas cotiás que nos amosan distin-tas labores e oficios, algúns deles en desuso ou en proceso de desaparición.Faremos un percorrido pola historia e a historia da arte, percibindo os cam-bios sociais, políticos e artísticos que houbo ao longo do tempo.Existiron sempre os mesmos traballos? tivo a muller, históricamente, os mes-mos dereitos laborais que o home? Podemos considerar un oficio as tare-fas do fogar? Que profesións actuais non existían fai un século? Que supuxo a chegada da idustrialización no ám-bito laboral? Que oficios se perderon ou se están a perder actualmente por mor da chegada da tecnoloxía? Que aspectos positivos e negativos causa este fenómeno? tentaremos ir dan-do resposta e debatindo sobre estas cuestións.a nosa andaina observa retratos anti-gos onde aparecen soldados, nobres, reis e raíñas; representacións de ar-tistas plásticos, escritores, músicos... descubriremos como moitos oficios, incluíndo o de artista, se transmitían de pais a fillos. remataremos con ca-dros costumistas que nos ensinan un mundo do traballo non tan lonxano ó actual.remataremos cun obradoiro e cunha pregunta do título da actividade: Que quero ser de maior?

Tenda, 1929carlos maside

Page 7: PrOPOSTAS EDUCATIVAS - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/...de a través da observación e da creación artística. DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE Neste

ed

uc

ac

ión

PR

iMa

Ria

Pr

og

ra

ma

did

ác

tico

2018

- 2019

IMAXInAnDO Un MUSEO

Visita-taller5º - 6º Primaria

1h 30’ de duración

ObXECTIVOS

- Familiarizarse co mundo dos museos e coñecer as súas principais funcións. - aproximarse ás diferentes técnicas e estilos artísticos, atendendo á súa evolu-ción ao longo do tempo.- coñecer e diferenciar os diferentes xéneros pictóricos: retrato, costumismo, paisaxe, bodegón... e as motivacións que levaron aos artistas a traballar estes temas. - descubrir as historias que os cadros contan, comprendendo o contexto no que xurden. - aprender a valorar a cultura e o patri-monio.

DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE

Neste percorrido de carácter xeneral, invitamos ao alumnado de 5º e 6º de primaria a coñecer mellor o mundo do museo e as coleccións.Presentaremos o museo de Belas artes como institución, profundizando nas diferentes funcións e a importancia de conservar e transmitir a cultura de todos e todas. cando xurden os museos? Quen é o dono das obras que se atopan aquí? como se fai unha exposición? onde estaban estes cadros antes de chegar ao museo? Por que foron feitas estas obras de arte? reflexionaremos sobre estas e outras preguntas, dando resposta a todas elas dun xeito ameno e participa-tivo.trazaremos un percorrido polo museo que nos levará desde o realismo e o dramatismo da arte barroca ate o estilo máis libre e xestual das vangardas do século XX; aprenderemos a diferenciar e apreciar os distintos estilos e técni-cas artísticas e veremos todos aqueles obxectos máis funcionais e utilitarios que forman parte da colección: moedas, abanos, xoias, etc. a visita se completa cun obradoiro no que o alumnado traballará en pequenos grupos, creando a súa propia exposición de arte.

Taller de restauración do Museo de Belas Artes da Coruña, Foto de archivo.

Page 8: PrOPOSTAS EDUCATIVAS - Museo de Belas Artesmuseobelasartescoruna.xunta.gal/_documentos/...de a través da observación e da creación artística. DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE Neste

ed

uc

ac

ión

PR

iMa

Ria

Pr

og

ra

ma

did

ác

tico

2018

- 2019

da coruña e algunhas rexións da penín-sula, desplazarémonos a outros países e continentes do mundo, visitaremos aqueles lugares fantásticos que xurdiron da imaxinación dalgúns dos nosos crea-dores e compartiremos cal é a nosa visión subxectiva dun paraíso.traballaremos conceptos como a paisaxe natural e a paisaxe intervida, o urbano e o rural, o traxecto e o turismo... e veremos como existen moitos xeitos de representar un espazo e como ese espazo pode suxerir en nós distintas emocións e percepcións. dun modo lúdico e transversal traballare-mos coa arte, a xeografía e a cartografía e descubriremos como as veces podemos viaxar sen movernos dun punto xeográfico.a actividade remata cun obradoiro onde realizarán unha postal que represente un lugar especial, real e biográfico ou unha paisaxe inventada.

PróXIMA ESTACIón: MUSEO

Visita-taller5º - 6º Primaria1h 30’ de duración

ObXECTIVOS

- Familiarizarse co museo e coñecer as súas principais funcións: coleccionar, conservar e exhibir. - reflexionar sobre o concepto de patri-monio, memoria e cultura dunha ma-neira amena e participativa. - Promover no alumnado a valoración cara ás diferentes expresións artísticas antigas e modernas. - Fomentar a capacidade de observa-ción e análise da obra de arte. - Potenciar a idea de museo como unha opción para o tempo de lecer.

DESEnVOLVEMEnTO DA ACTIVIDADE

a visita-taller plantexa un percorrido do museo como unha viaxe no tempo e no espazo. moitos dos creadores das obras da colec-ción foron artistas viaxeiros que represen-taron aqueles emplazamentos polos que pasaron ao longo das súas etapas vitais; sitios cercanos, exóticos ou característicos que nos poden achegar á realidade dun tempo e dun lugar. Visitaremos distintos recunchos da cidade

Un canal de Holanda, Rocas de Lequeitio, Cercanías de Vriesland, ca. 1877 - 1884

carlos de Haes