programaciÓn didÁctica de ciclo da educaciÓn infantil

27
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL Ano académico 2021-2022

Upload: others

Post on 15-Jul-2022

15 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO

DA EDUCACIÓN INFANTIL

Ano académico 2021-2022

Page 2: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

1

ÍNDICE

1 - INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN........................................................... 2

2- CONTRIBUCIÓN ÁREAS Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS...3

3- OBXECTIVOS..................................................................................................................7

4- SECUENCIA DE CONTIDOS........................................................................................9

5- ACTIVIDADES…………………………………………………………………….....15

6- TEMPORALIZACIÓN………………………………………………………………..15

7- CRITERIOS AVALIACIÓN........................................................................................16

8- PROCEDEMENTOS DE AVALIACION.....................................................................19

9- INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.........................................................................19

10- METODOLOXÍA..........................................................................................................20

11- MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS………………………………………...22

12- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE........................................................23

13- CONCRECIÓN DO PLAN TIC...................................................................................24

14- CONCRECIÓN DO PLAN DE CONVIVENCIA.....................................................25

15- EDUCACIÓN EN VALORES……………………………………………………….25

16- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES……………......26

17- PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN...............26

Page 3: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

2

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

INTRODUCIÓN

CO

NT

EX

TU

AL

IZA

CIÓ

N

A nosa programación didáctica vai dirixida a alumnos do 2º ciclo de Educación Infantil que están

escolarizados nun C.E.I.P. de 9 unidades situado nunha zona costeira do suroeste de Galicia, na periferia da

vila de A Guarda (que ten unha poboación de aproximadamente uns 10.000 habitantes ).A maioría das

familias dos alumnos adícanse á pesca, ao sector servizos e ao turismo, sendo o nivel sociocultural medio. O

Proxecto Lingüístico do Centro recollido no PEC, ponnos de manifesto que contamos cunha poboación

predominantemente castelán-falante.

A finanilade principal da Ed. Infantil, segundo a LOE, é o desenvolvemento físico, afectivo, social e

intelectual dos/as nenos/as. Para elo, debemos coñecer as características psicoevolutivas dos nenos e nenas

para a partir de aí, programar en consecuencia:

En canto ó desenvolvemento cognitivo, e seguindo a Piaget, estes nenos atópanse no período

preoperacional, pasando da etapa de pensamento simbólico á de pensamento intuitivo.Deste xeito, é sobre

os cinco anos cando empeza a atenuarse o egocentrismo, a centración, a xustaposición e o sincretismo ata

agora dominantes.Tamén o neno será quen de ordear, clasificar, etc. En canto ó desenvolvemento da

linguaxe, cabe sinalar: que estes nenos pasan dende a etapa das preguntas ata a etapa de verbalización do

pensamento e, por fin, á etapa de fin do desenvolvemento fundamental da linguaxe. En canto ó

desenvolvemento psicomotor, podemos observar grandes avances na motricidade gorda e unha importante

progresión no dominio das habilidades máis finas. En canto ó desenvolvemento afectivo - social, o mundo

destes nenos e nenas empeza a abrirse e xa establecen relacións de tipo asociativo e máis tarde cooperativas,

unha vez superado definitivamente o egocentrismo a partir dos cinco anos de idade.

Durante o mes de setembro ten lugar un período de adaptación para que os/as nenos/as se integren no

novo centro, coñezan os mestres e compañeiros, se familiaricen coas rutinas e actividades escolares, para

decorar a clase, consensuar normas, ..

As unidades didácticas ou proxectos de traballo a desenvolver, estarán distribuídos para o curso

escolar en función dos días lectivos, as vacacións, os intereses dos nenos, o momento evolutivo no que se

atopan e os temas propostos desde bibliosinde. Con motivo do covid-19, e a modo preventivo,non se

poderán levar a cabo ao longo do curso escolar 2021-2022 os 4 obradoiros que se viñan levando a

cabo en anos anteriores (conto, manualidades,arte e dramatización) orientados a todos os nen@s de

infantil nos que se dividían aos nen@s en 4 grupos de idades mesturadas: 3, 4 e 5 anos...En cada aula de

infantil, levarase a cabo un proxecto anual de inmersión linguística que será unha continuación do plan

lector seguido no centro sobre O CINE. Tamén participaremos no programa de Voz Natura.

Page 4: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

3

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

CO

NT

RIB

UC

IÓN

DA

S Á

RE

A S

Á A

DQ

UIS

ICIÓ

N D

AS

CO

MP

ET

EN

CIA

S B

ÁSC

IAS

CO

MU

NIC

AC

IÓN

LIN

ÍST

ICA

Contribuirase á mellora da competencia lingüística desde a educación infantil fomentando a

participación, respectando a diversidade de respostas e ofrecendo un clima no que se anime a ler,

escribir e conversar:

1. Utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación,

interpretación e comprensión da realidade

2. Utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación do coñecemento en distintos contextos

3. Utilizar a linguaxe como instrumento de organización e autorregulación do pensamento, das

emocións e da conduta. Practicar o diálogo como ferramenta báscia de comunicación

interpersoal e de resolución de conflitos

4. Expresar pensamentos, emocións, vivencias e opinións, e respectar as dos demais.Xerar ideas

5. Gozar escoitando, lendo ou expresándose de forma oral ou escrita

SO

CIA

L E

CID

AD

Á

Contribuirase traballando as habilidades sociais que permiten mediar nos conflictos de

convivencia, axudan a resolvelos con actitude construtiva e a tomar decisións con autonomía:

1.- Coñecerse e valorarse a sí mesmo.

2.- Ser capaz de poñerse no lugar do outro e de comprender o seu punto de vista aínda que sexa

diferente do propio

3.- Tomar decisións nos distintos niveis da vida comunitaria, valorando conxuntamente os

intereses individuais e os do grupo.

4.- Recoñecer a iguladade de dereitos entre homes e mulleres

5.- Expresar as propias ideas e escoitar as alleas

6.- Ser capaz de poñerse no lugar do outro e de comprender o seu punto de vista aínda que sexa

diferente do propio

7.- Practicar o diálogo e a negociación para chegar a acordos como forma de resolver os conflitos

Page 5: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

4C

UL

TU

RA

L E

AR

TÍS

TIC

A

Contribuirase cando o centro estea aberto ás diferentes manifestacións culturais e artísticas. Cando

se potencie o emprego dalgúns recursos da expresión artística para realizar creacións propias; onde

se teña unha actitude aberta, respectuosa e crítica cara á diversidade de expresións artísticas e

culturais e onde se impulse a cultivar o interese por participar na vida cultural e por contribuír á

conservación do patrimonio:

1.- Realizar creacións propias empregando recursos da expresión artística

2.- Potenciar a capacidade estética e creadora da cada neno

3.- Interesarse por participar na vida cultural e por contribuir á conservación do patrimonio

4.- Coñecer, comprender, apreciar e valorar críticamente diferentes manifestacións culturais e

artísticas e utilizalas como fonte de enriquecemento e de gozo.

5.- Considerar as diferentes manifestacións culturais e artísticas como parte do patrimonio dos

pobos nas que hai que contribuir para a súa conservación

AP

RE

ND

ER

A A

PR

EN

DE

R

Contribuirase cando ao deseñar unha práctica educativa que incida na potenciación da comprensión

e da expresión lingüística, da memoria, da motivación, da observación, dos rexistros das

aprendizaxes, do traballo cooperativo e por proxectos, da resolución de problemas, posibilitando

por parte dos nenos e nenas a planificación e organización da tarefa que se vai realizar, a selección

e o tratamento da información a través dos diferentes recursos:

1.- Adquirir a conciencia das propias capacidades: intelectuais, emocionais e físicas

2.- Tomar conciencia do que se pode facer por un mesmo e do que se pode facer coa axuda

doutras persoas ou recursos.

3.- Organización, por parte do neno, da tarefa que se vai realizar , da selección e o tratamento da

información a través dos diferentes recursos tecnolóxicos

4.- Potenciación da observación, dos rexistros das aprendizaxes, do traballo cooperativo e por

proxectos, da resolución de problemas....

Page 6: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

5A

UT

ON

OM

ÍA E

IN

ICIA

TIV

A P

ER

SOA

L

Contribuirase cando se permita imaxinar, emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou

colectivos con creatividade, confianza e responsabilidade:

1.- Ser responsables.

2.- Fomentar o autocoñecemento, a autoestima, a creatividade,a autocrítica, o control emocional, a

capacidade de elixir, o emprendemento de accións,de calcular riscos e de afrontar os problemas

3.- Potenciar a capacidade de demorar a necesidade de satisfacción inmediata, de aprender dos

erros e de asumir riscos.

4.- Elexir con criterio propio

5.- Desenvolver proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e responsabilidade

CO

NT

RIB

UC

IÓN

DA

S Á

RE

AS

NA

AD

QU

ISIC

IÓN

DA

S C

OM

PE

TE

NC

IAS

SCIA

S

CO

ÑE

CE

ME

NT

O E

IN

TE

RA

CC

IÓN

CO

MU

ND

O F

ÍSIC

O

Contribuirase á adquisición desta competencia desde educación infantil iniciando o alumnado no

pensamento científico potenciando habilidades de investigación: formular hipótesis, recoñecer

evidencias, observar, formular interrogantes, descubrir alternativas, verificar, predicir, xerar

novas ideas e solucións....

1.- Concienciarse do importante que é a súa influencia no contorno.

2.- Desenrolar o espírito crítico na observación da realidade e na analise das mensaxes

informativas e publicitarias

3.- Desenrolar hábitos de consumo responsable na vida cotiá.

4.- Tomar decisións con iniciativa e autonomía persoal

5.- Fomentar a protección da saúde individual e colectiva.

6.- Formular hipótesis e interrogantes e predicir que vai suceder

7.- Recoñecer evidencias

8.- Descubrir alternativas

9.- Verificar resultados

10.- Xerar novas ideas e solucións.

Page 7: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

6

MA

TE

TIC

A

Contribuirase á mellora da competencia matemática na E.I. na medida en que os elementos e

razoamentos matemáticos sexan empregados para enfrontarse ás situacións cotiás e reais que o

precisen:

1.- Empregar e relacionar os números, as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de

expresión e razoamento matemático, tanto para producir e interpretar distintos tipos de

información como para ampliar o coñecemento sobre aspectos cuantitativos e espaciais da

realidade.

2.- Empregar os elementos e razoamentos matemáticos en situacións cotiás e reais que o

precisen tanto para conseguir información como para resolver situacións problemáticas.

3.- Usar a linguaxe matemática para producir e interpretar distintos tipos de información .

TR

AT

AM

EN

TO

DA

IN

FO

RM

AC

IÓN

E

CO

MP

ET

EN

CIA

DIX

ITA

L

Para poder contribuír a mellorar esta competencia é preciso propoñer situacións nas cales sexa

necesario resolver problemas reais, para o cal se recorrerá ao tratamento da información e ao uso

dos recursos tecnológicos dispoñibles.

1.- Dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información e mais para

transformala en coñecemento utilizando técnicas e estratexias diversas.

2 .- Ter unha actitude crítica e reflexiva na valoración da información dispoñible

3.- Respectar as normas de conduta acordadas socialmente para regular o uso da información.

4.- Recorrer ao tratamento da información e ao uso dos recursos tecnolóxicos para resolver

problemas reais.

1. Competencia en comunicación lingüística. 5. Competencia social e cidadá.

2. Competencia matemática. 6. Competencia cultural e artística.

3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. 7. Competencia para aprender a aprender.

4. Tratamento da información e competencia dixital. 8. Autonomía e iniciativa persoal.

Enténdese por competencia a capacidade de poñer en práctica dunha forma integrada, en

contextos e situacións diferentes, os coñecementos teóricos, as habilidades ou coñecementos

prácticos e as actitudes. As súas características son: teñen en conta o carácter aplicativo das

aprendizaxes;fundaméntanse no seu carácter dinámico; teñen un carácter transversal e son un

punto de encontro entre a calidade e a equidade. Están orientadas cara a ensinanzas obrigatorias

pero na nosa comunidade decidiuse comenzar a traballar xa na educación infantil sentando unhas

bases e unhas destrezas que lle axudarán a súa posterior adquisición.

Page 8: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

7

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

OBXECTIVOS, CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN

OB

XE

CT

IVO

S

ÁREA: COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL

- Formarse unha autoimaxe axustada e positiva, identificando gradualmente as propias caracteríticas, posibilidades e limitacións a través da interacción coas outras persoas, desenvolvendo sentimentos de autoestima e acadando maior autonomía persoal. - Coñecer e representar o propio corpo, identificando as súas partes e algunhas das súas funcións, descubrindo as posibilidades de acción e de expresión, e coordinando e controlando cada vez con maior precisión xestos e movementos. - Identificar os propios sentimentos, emocións, necesidades e preferencias, e ser capaces de expresalos e comunicalos, así como identificar e respectar tamén os das outras persoas. - Tomar a iniciativa, planificar e secuenciar a propia acción para realizar tarefas sinxelas ou resolver problemas da vida cotiá, aceptando as pequenas frustracións e manifestando unha actitude tendente a superar as dificultades que se presentan, reforzando o sentimento de autoconfianza e sendo quen de solicitar axuda. - Adecuar o propio comportamento ás necesidades e requirimentos das outras persoas, desenvolvento actitudes e hábitos de respecto, axuda e colaboración e mais evitando a adopción de comportamentos de submisión ou dominio. - Progresar na adquisición de hábitos e actitudes relacionados coa seguridade, a hixiene, e alimentación e o fortalecemento da saúde, apreciando e gozando das situacións cotiás de equilibrio e benestar emocional. - Progresar na adquisición de hábitos de orde, constancia e planificación no desenvolvemento das tarefas. - Amosar unha actitude de aceptación e respecto polas diferenzas individuais: idade, sexo, etnia, cultura, personalidade, características físicas.... - Descubrir, coñecer e vivir o xogo como medio que favorece a aceptación propia, o desenvolvemento humano, a manifestación de emocións, o respecto ás demais persoas, a aceptación da identidade sexual e cultural.

Page 9: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

8O

BX

EC

TIV

OS

ÁREA 2: COÑECEMENTO DO CONTORNO - Observar e explorar de forma activa o seu contorno, xerando interpretacións sobre algunha situacións e feitos significativos, e mais mostrando interese polo seu coñecemento. - Observar os cambios e modificacións a que están sometidos os elementos do contorno e relacionalos cos factores que os producen, desenvolvendo actitudes de coidado, respecto e corresponsabilidade na súa conservación.

- Iniciarse na formulación de hipóteses, buscando respostas e explicacións, para anticipar problables efectos que poderían producirse como consecuencia de situacións da vida diaria e dalgúns experimentos realizados. - Relacionarse coas demais persoas, de forma cada vez máis equilibrada e satisfactoria, interiorizando progresivamente as pautas de comportamento social e axustando a súa conduta a elas. - Coñecer distintos grupos sociais próximos á súa experiencia, algunhas das súas características, producións culturais, valores e formas de vida. - Establecer relacións de confianza, afecto, colaboración, comprensión e pertenza baseadas no respecto ás persoas, ás normas e valores da sociedade a que pertencen. - Apreciar e facer seus algúns elementos significativos propios da tradición e da cultura galega - Iniciarse nas habilidades matemáticas, manipulando funcionalmente elementos e coleccións, identificando os seus atributos e calidades e mais establecendo relacións de agrupamentos, clasificación, orde e cuantificación.

- Empregar o coñecemento matemático par interpretar a vida en clave de lóxica, comprendendo situacóns e resolvendo problemas: establecendo relacións, explorando, ordenando, comparando, cuantificando, medindo, pesando, etc.

ÁREA 3: LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN - Utilizar as diversas linguaxes como instrumentos de comunicación, de expresión de ideas e sentimentos, de representación, de aprendizace e de gozo. - Recoñecer a importancia das manifestacións non verbais como elementos xenuínos da comunicación humana. - Comprender que as palabras, escrituras indeterminadas, números, notas musicais, iconas e outros símbolos e signos convencionais poden representar os pensamentos, experiencias, coñecementos, ideas e intencións das persoas. - Comunicarse oralmente nas dúas linguas oficiais con distintos propósitos, diferentes cos demais, interlocutores/as e en diverdidade de contextos, valorando a linguaxe como ferramenta de relación de regulación da convivencia e de aprendizaxe. - Comprender a intencionalidade comunicativa doutras nenas e doutros nenos, así como das persoas adultas, adoptando unha actitude positiva cara ás linguas. - Iniciarse no uso oral dunha lingua estranxeira para comunicarse en actividades contextualizadas e mostrar interese e gozo ao participar nestes intercambios comunicativos. - Achegarse á lingua escrita a través de distintos tipos de textos. - Comprender, reproducir, reescribir ( tendo en conta as diferentes etapas individuais no proceso de adquisición da lingua escrita ) e recrear textos. - Facer uso da biblioteca valorándoa como fonte de información e como fonte de pracer. - Potenciar a capacidade creativa a través das linguaxes artísticas para imaxinar, inventar, transformar... desde as súas ideas, sentimentos, experiencias, coñecementos.... - Achegarse ao coñecemento de obras artísticas expresadas en distintas linguaxes, comunicándose creativamente a través das diferentes manifestacións e adquirindo sensibilidade estética. - Desenvolver o sentir de autoconfianza nas producións artísticas persoais, amosando interese pola súa mellora, respectando e valorando as creacións propias e as das demais persoas. - Achegarse ao coñecemento, emprego e valoración das TIC ( ordenadores, internet, encerado dixi tal, escáner, vídeo..) como ferramentas de busca de información, creación, expresións e comunicación.

Page 10: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

9C

ON

TID

OS

ÁREA 1: COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL

*Bloque 1: O corpo e a propia imaxe

- Exploración do propio corpo, recoñecendo progresivamente as súas características e posibilidades para chegar á toma de conciencia do propio esquema corporal. - Identificación, manifestación, regulación e control das necesidades básicas do corpo. - Adquisición de confianza nas capacidades propias. - Control progresivo dos propios sentimentos e emocións. - Potenciación da construción do esquema corporal a partir das sensacións e das percepcións do

propio corpo, en relación e interacción cos datos que a nena ou neno recibe das outras persoas, do medio e dos obxectos. Vivencia do corpo como un todo para pasar progresivamente a sentir as partes que o integran.

- Recoñecemento das percepcións sensoriais propioceptivas e extereeoceptivas - Aceptación da propia imaxe corporal e gozo xogando co seu corpo, desenvolvendo accións e

iniciativas individuais e grupais, empregando as posibilidades expresivas do propio corpo - Identificación, verbalización e xpresión de sentimentos, emocións, vivencias, preferencias e

intereses propios e das demais persoas. - Aceptación e valoración axustada e positiva da súa persoa, confiando nas súas posibilidades e

recoñecendo as limitacións propias. - Recoñecemento dos sentidos como medio de expresión, percepción e comprensión do mundo

que o rodea - Observación dos cambios físicos nas persoas ao longo do tempo. Identificación das diferentes

etapas da vida valorándoas positivamente. - Valoración positiva e respecto polas diferenzas, aceptación da identidade e características as

demais persoas, evitando actitudes discriminatorias. - Recoñecemento e vivencia das referencias espazo-temporais en relación co propio corpo, cos

obxectos, co contorno e coas demais persoas. - Desenvolvemento da identidade sexual e aceptación do corpo sexuado feminino e masculino.

Mantemento dunha actitude crítica ante os estereotipos ofertados a través da publicidade e outros medios de comunicación social.

• Bloque 2: Xogo e movemento

- Participación nos xogos e na actividade motriz, identificando as súas capacidades e confiando

nas propias posibilidades de acción, amosando actitudes de iniciativa e constancia. - Gozo co xogo medio para coñecer a realidade, mantendo unha actitude de axuda e

cooperación con iguais e con persoas adultas. Aceptación do xogo como medio de desfrute e de relación cos demais.

- Adaptación do ton e da postura ás características do obxecto, da outra persoa, da súa acción e da situación.

- Satisfacción polo crecente dominio persoal. - Aceptación de compromisos, establecendo acordos en consideración á súa persoa, ás outras e

ao seu medio, fortalecendo vínculos afectivos. Comprensión, aceptación e valoración de regras para xogar.

- Coordinación progresiva das súas habilidades psicomotrices finas e grosas. - Adquisición dun maior dominio das súas capacidades corporais: desenvolvemento das

habilidades motoroas, do control de ton, do equilibrio e da respiración. - Adquisición de nocións básicas de orientación e coordinación de movementos. - Potenciación das súas capacidades motoras, de coordinación e de orientación no espazo. - Exploración das posibiliades perceptivas, motrices e expresivas propias e demais persoas. - Habilidades para a interación e colaboración, así como unha actitude positivva para establecer

relacións de afecto coas persoas adultas e iguais, aceptando a diversidade. - Hábitos elementais de organización, constancia, atención, inicitativa e esforzo. - Planificación secuenciada da acción para resolver tarefas.

Page 11: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

10C

ON

TID

OS

* Bloque 3: A actividade cotiá

- Regulación do propio comportamento, satisfacción pola realización de tarefas e conciencia da propia competencia.

- Interese por participar en actividades da vida cotiá, con iniciativa e progresiva autonomía na súa realización, regulando o propio comportamento, para camiñar cara á resolución pacífica de conflitos.

- Habilidades para a interación e colaboración, así como unha actitude positivva para establecer relacións de afecto coas persoas adultas e iguais, aceptando a diversidade.

- Hábitos elementais de organización, constancia, atención, inicitativa e esforzo. - Planificación secuenciada da acción para resolver tarefas. - Valoración e gusto polo traballo propio ben feito e polo das demais persoas, buscando os

recursos axeitados que lle permitan concluiír os proxectos que inicia, sendo quen de solicitar e prestar axuda.

- Xestión do seu comportamento en función das necisidades das necesidades das outras persoas e das normas de funcionamento do grupo, dereitos, responsabilidades e comportamentos sociais, camiñando progresivamente cara á autorregulación das súas accións.

- Recoñecemento progresivo da súa identidade persoal: capacidades, actitudes e coñecementos, aplicándoos nas súas actividades diarias

• Bloque 4: O coidadado persoal e a saúde.

- Recoñecemento das necesidades básicas do corpo: hixiene, alimentación, descanso... - Iniciación na práctica de accións e recoñecemento de situacións que favorezan a interacción e

adquisición de hábitos saudables como a hixiene corporal e ambiental, a adecuada alimentación, o consumo responsable e o descanso...

- Iniciación na práctica de accións e recoñecemento de situacións que favorezan a interacción e adquisición de hábitos saudables como a hixiene corporal e ambiental, a adecuada alimentación, o consumo responsable e o descando

- Aceptación das normas de comportamentento establecidas durante as comidas, os desprazamentos o descanso e a hixiene.

- Petición e aceptación de axuda nas situacións que así o requiran. - Valoración da axuda doutras persoas. - Idetnificación e valoración da hábitos favorecedores ou non dunha boa saúde. - Valoración da axuda doutras persoas. - Identificación e valoración de hábitos favorecedores ou non dunha boa saúde. - Valoración da necesidade de desenvolverse en espazos saudables identificando as condicións

que os caracterizan. Colaboración no mantemento de ambientes limpios e ordenados. - Gusto por un aspecto persoal coidado manifestando as súas preferencias estéticas. - Emprego responsable e axeitado de instrumentos, ferramentas e instalacións para previr

accidentes e evitar situacións de risco. - Fomento de hábitos de prevención de enfermidades e de accidentes domésticos, respondendo

con actitude de tranquilidade e colaboración.

Page 12: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

11C

ON

TID

OS

ÁREA 2: COÑECEMENTO DO CONTORNO

• Bloque 1: Medio físico: elementos, relacións e medida.

- Interese pola exploración dos obxectos e materiais presentes no medio recoñecendo as súas

funcións e usos cotiáns e mais mantendo unha actitude de respecto e coidado cara a obxectos propios e alleos.

- Recoñecemetno dalgúns atributos e propiedades de obxectos e de materiais, examinando con atención as súas características e a súa aplicación na vida diaria.

- Interese pola clasificación de obxectos e de materiais, examinando con atención as súas características e a súa aplicación na vida diaria.

- Identificación de formas planas e tridimensionais en elementos do contorno. - Recoñecemento do uso do número na vida diaria e inicio no rexistro de cantidades. Emprego

dos números para identificar, contar, clasificar, numerar, informarse e ordenar elementos da realidade sempre en situacións contextualizadas e significativas.

- Observación e toma de conciencia da funcionalidade dos números na vida cotiá. - Utilización da acción de contar como estratexia para a obtención dun dato numérico e como

verificación do resultado de operacións de cálculo sinxelas e funcionais. - Proposición e resolución de situacións problemáticas sinxelas da vida cotiá: localizar un dato

numérico, facer unha repartición, realizar unha estimación..... - Utilización de xogos de mesa como actividades lúdicas que unen o razoamento, a reflexión e o

divertimetno en grupo. - Investigación do comportamento físico de diferentes mateiais e obxectos, en diferentes

situacións e con variadas accións. - Achegamento a algunhas magnitudes físicas – peso, lonxitude, capacidade, tempo – a través da

estimación: comparando, sopesando, observando... - Recoñecemento e identificación de situacións en que se fai necesario medir. Interese e

curiosidade polos instrumentos de medida convencionais e non convencionais facendo unha aproximación ao seu uso.

- Adquisición progresiva da noción do paso do tempo mediante as actividades da vida cotiá. - Orientación temporal en situacións cotiás empregando diferentes nocións e relacións.

Aproximación ao uso do calendario. - Establecemento de relacións de orientación espacial de localización, dirección, distancia e

posición respecto a obxectos, persoas e lugares, nomeándoos axeitadamente e empregando o vocabulario topolóxico elemental

- Exploración lúdica das propiedades e características dalgúns corpos xeométricos elementais. Vivencia, representación e interpretación do espazo, empregando a imaxinación en debuxos , planos, fotografías, mapas ou outros.

*Bloque 2: Achegamento á natureza - Identificación e afondamento no estudo dalgunhas características e funcións vitais dos seres

vivos empregando a exploración sensorial. Diferenzas entre seres vivos e obxectos inertes. - Observación dun ser vivo no seu medio natural ou reproducindo o medio na aula, rexistrando a

observación e contrastando os datos entre compañeiras e compañeiros. - Observación dalgunhas características, comportamentos, funcións e cambios nos seres vivos. - Identificación dalgunhas características, necesidades e cambios nos procesos de crecemento e

etapas do desenvolvemento das persoas e outros seres vivos. - Curiosidade, respecto e coidado cara aos elementos do medio natural, especialmente animais e

plantas. - Identificación dos cambios que se producen en canto á luminosidade, á posiciión do sol, aos

ciclos da lúa... ao longo dun día, dos meses e das estacións do ano.

Page 13: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

12C

ON

TID

OS

- Descubrimento das diferentes formas en que se encontra a auga na natureza, comprendendo a

contribución ao desenvolvemento dos seres vivos e do medio, valorando a necesidade da súa conservación e de facer un uso responsable dela. - Formulación de hipóteses, contrastándoas coas das outras persoas, buscando respostas e

explicacións sobre as causas e consecuencias de fenómenos do medio natural e dos producidos pola acción humana

- Gozo ao realizar actividades individuais e de grupo en contacto coa natureza. Valoración da súa importancia para a saúde e o benestar, apreciando o medio natural como un espazo para a recreación, a aventura e conservación, a realización de actividades ao aire libre e o contacto coen elementos da natureza.

- Participación en proxectos e investigacións no medio natural, expresando as actividades realizadas e os resultados obtidos mediante diferentes representacións.

• Bloque 3: Cultura e vida en sociedade.

- Identificación da familia e da escola como primeiros grupos sociais de pertenza, valorando

positivamente as relacións afectivas que neles se establecen, mantendo unha actitude de colaboración e asumindo pequenas responsabilidades. Recoñecemento e respecto dos diferentes tipos de familias.

- Valoración das relacións afectivas que se establecen na familia e na escola - Interese e disposición favorable para iniciar relacións respectuosas, afectivas e recíprocas con

nenos e nenas doutras culturas. - Achegamento ás funcións que cumpren diversas persoas, organizacións e institucións para cubrir

necesidades e achegar servizos presentes na súa comunidade, evitando estereotipos sexistas. - Colaboración co resto de compañeiros e compañeiras na vida da aula, amosando disposición

para compartir e resolver conflitos. Incorporación progresiva de pautas adecuadas de comportamento.

- Recoñecemento dalgúns signos de identidade cultural galega apreciando os cambios que se producen no modo de vida co paso do tempo. Sucesos e peroas relevantes da historia da súa comunidade, do seu país e do mundo.

AREA 3: LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

* Bloque 1: Linguaxe verbal * Escoitar, falar e conversar

- Utilización e valoración progresiva da lingua oral para evocar e relatar feitos; para adquirir

coñecementos; para expresar e comunicar ideas, sentimentos e emocicóns; para facer peticións e como mecanismo para regular a propia conduta e a das demais persoas.

- Uso progresivo, acorde coa idade; de léxico variado, aumentando a precisión na busca dunha maior estruturación das súas frases.

- Participación de forma oral en conversas, narracións, anécdotas, chistes, xogos colectivos e outros, incrementando o vocabulario, empregándoo con crecente precisión, con entoación axeitada, pronuncia clara e usando estruturas oracionais que enriquezan as propias competencias comunicativas.

- Participación en situacións de comunicación con distintos propósitos, en diferentes contextos e con persoas interlocutoras diversas usando arguentos nas súas conversas, respectando quendas e escoitando atentamente.

- Acomodación progresiva dos seus enunciados aos formatos convencionais. - Emprego axeitado das formas socialmente establecidas para relacionarse coas demais persoas - Interese por participar en interaccións orais en lingua extranxeira, en rutinas e situacións

habituais de comunicación, amosando unha actitude positiva cara a esta lingua.

Page 14: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

13C

ON

TID

OS

• Achegamento á lingua escrita.

- Achegamento á lingua escrita como medio de comunicación, información e gozo a través de

soportes diferentes. - Interese e atención na escoita de narracións e instrucións lidas por outras persoas. - Iniciación no uso da escrita en situacións contextualizadas e reais. - Diferenciación entre as formas escritas e outras fomras de expresión gráfica. Identificación de

palabras e frases escritas moi significativas e usuais. Percepción de diferenzas e semellanzas entre elas atendendo a propiedades cuantitativas e cualitativas. Iniciación ao coñecemento do código escrito a través desas palabras e frases empregadas en contextos significativos e funcionais.

- Interese e gusto por producir mensaxes con trazos cada vez máis precisos e lexibles.

• Achegamento á literatura

- Escoita e comprensión da lectura en voz alta, realizada por unha lectora ou lector competente de contos, relatos, lendas, poesías, rimas, adiviñas, teatro...; tanto tradicionais como contemporáneos, nas dúas linguas oficiais, e como fonte de pracer e de aprendizaxe compartida.

- Dramatización de textos literarios, desfrute e interese por expresarse con axuda de recursos non lingüísticos.

- Memorización e recitado dalgúns textos de carácter poético, de tradición cultural ou de autor, gozando das sensacións que o ritmo, a rima e a beleza das palbras producen.

- Participación creatica en xogos lingüísticos – encadeados de palabras, adiviñas, trabalinguas, onomatopeas..- acompañados de respostas corporais- xestos, movementos, ritmos...- para divertirse e para aprender na compaña de iguais e de persoas adultas.

- Interese por compartir interpretacións, sensacións, emocións e opinións provocadas polas producións literarias, iniciándose nos faladoiros literarios.

- Introdución ao uso das bibliotecas de centro e de aula como un medio máis de aproximación á literatura e como espazo privilexiado de recursos para a diversión e o coñecemento.

• Bloque 2: Linguaxes artísticas: plástica, musical e corporal.

- Exploración sensorial dos elementos presentes no contorno integrando actividades de tocar, ulir,

oír e ver. - Potenciación da imaxinación e fantasía do alumnado para enriquecer a actividade creativa. - Experimentación e descubrimento dalgúns elementos que configuran a linguaxe plástica - Gozo coas obras artísticas distinguindo e apreciando elementos básicos das formas de expresión-

cor, forma, liña, movemento, volume, texturas, ritmos, melodías, timbres - entre outros- que lles permitan ás nenas e aos nenos desenvolver a súa sensibilidade estética. - Exploración das posibilidades plásticas e creativas de distintos materiais, útiles e soportes...e das

distintas técnicas ( debuxo, pintura, collaxe, amasado, modelado, escultura e a combinación de dúas ou máis técnicas ) como recursos e medios de expresión e comunicación de feitos, sentimentos, emocións, vivencias, fantasías, experiencias.....

- Experimentación e coñecemento das posibilidades de transformación dos diferentes materiais e obxecctos.

- Descubrimento das posibilidades creativas e plásticas da luz, das sombras, e da cor, empregando recursos como a luz natural, lanternas, lámpadas, proxector...

Page 15: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

14

- Interpretación e valoración de diferentes tipos de obras plásticas presentes na aula, no contorno, en museos e exposicións reais ou virtuais, obradoiros de artístas e persoas artesás manifestando e compartindo a través das diversas linguaxes as sensacións e emocións que producen , así como indicando o que gusta e o que nos.

- Planificación do proceso de elaboración dalgunha obra plástica, o seu desenvolvemento e posterior comunicación, valorando a realización de bosquexos para a consecución dunha melloría na produción.

- Exploración das posibilidades sonoras da voz, do propio corpo, de obxectos cotiáns e de instrumentos musicais. Utilización dos sons achados para a interpretación e a creación musical.

- Vivencia do son e do silencio. - Recoñecemento de sons do contorno natural e social, e discriminación dos seus trazos

distintivos. - Creación de secuencias de movementos e ritmos a partir das sensacións que lle xera a música. - Audición atenta de obras musicais populares, clásicas e contemporáneas. Participación activa e

gozo na interpretación de cancións, xogos musicais e danzas colectivas e individuais. - Creación , mediante a múscia e o baile, dos propios patróns, recreando situacións, ideas, feitos e

sentimentos, mediante o humor, o absurdo e a fantasía, compartindo con outras persoas as propias creacións.

- Vivencia de xestos e movementos como recursos corporais para a expresión e a comunicación e mais o intercambio afectivo.

- Participación en actividades de dramatización, danzas, xogo simbólico e outros xogos de expresión corporal- mimo, monicreques, teatro de sombras....- colaborando na elaboración dos elementos necesarios para unha ambientación axeitada.

• Bloque 3: Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e a comunicación

- Identificación da utilidade de diversos instrumentos e tecnoloxías como fontes de información, de comunicación, de expresión, de estratexias de exploración e investigación.

- Achegamento a producións audiovisuais como películas, seies de animación ou videoxogos. - Adquisición progresiva da conciencia da necesidade dun uso moderado dos medios audiovisuais

e das tecnoloxías da información e da comunciación. - Coñecemento, coidado e uso, na medida das súas posibilidades, das ferramentas tecnolóxicas. - Achegamento ao uso do ordenador, á cámara fotográfica... nos procesos creativos para a

elaboración de producións audiovisuais como series de animaci´n, presentacións, vídeos... , a través de programas de edición de textos, de gráficos e de sons.

- Valoración crítica dos contidos e da estética das producións audiovisuais.

Page 16: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

15A

CT

IVID

AD

ES

- Rutinas( colocarse na fila, abotoar mandilón, día no calendario, responsable, o tempo…) - Ideas previas sobre os proxectos a realizar - Búsqueda de información sobre o proxecto que se está levando a cabo en cada momento. - Lectura, observación, comprobación, exposición…do material aportado - Asambleas e postas en común sobre os temas a traballar. - Elaboración de recunchos na aula para “colocar” o material aportado ou elaborado tanto na aula

como na casa coa axuda da familia. - Realización de libros individualizados relacionados cos proxectos que se están a traballar. - Elaboración e exposicións de murais feitos en grupos de traballo relacionados cos temas a

traballar - Saídas en busca de información ou para comprobacións relacionadas co proxecto de traballo - Realización de manualidades, decididas tanto conxuntamente como individualmente. - Resolución de problemas da vida cotiá. - Visualización de vídeos, documentais, historias, contos, peliculas… relacionados cos temas a

tratar..coa súa valoración crítica posterior. - Lectura de contos relacionados cos proxectos que se están levando a cabo. - Dramatización e vivenciación dos temas a tratar. - Participación activa e gozo na interpretación de cancións, xogos musicais e danzas colectivas e

individuais. - Desenvolver obradoiros de aula de diferentes temáticas. - Iniciación en habilidades lecto-escritoras e de pensamento lóxico-matemático

TE

MP

OR

AL

IZA

CIÓ

N

Os proxectos ou centros de interés terán distinta duración en función dos intereses e inquietudes dos rapaces.Poderá haber proxectos que duren un par de días ,unha ou varias semanas, mensuais, trimestrais ou incluso anuais. Tamén se poderán levar distintos proxectos ao par…ben xurdidos na aula por iniciativa dos nenos, ben propostos polo mestre ou ben a nivel de centro. De xeito paralelo tamén se desenvolverán diferentes obradoiros, actividades de ampliación e reforzo.

Page 17: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

16IN

TR

OD

UC

ION

Á A

VA

LIA

CIÓ

N

A avaliación, será global, continua e formativa. Dará resposta ás cuestións que, como e cando avaliar e levarémola a cabo dende unha dobre vertente: avaliando os procesos de aprendizaxe por parte dos/as alumnos/as e avaliando a nosa propia práctica docente. As familias terán un papel fundamental neste proceso, xa que complementarán as observacións realizadas na escola coas efectuadas na casa, obtendo así, unha visión máis obxectiva e completa. Dentro da nosa avaliación, sinalamos tres momentos principais:

- Ao principio do curso, do trimestre e ao principio de cada proxecto e obradoiro. Ten un carácter eminentemente diagnóstico, e a súa finalidade será determinar o punto de partida de cada neno/a no proceso educativo.

- Durante: levaremos a cabo unha avaliación continua ao longo do curso escolar e no transcurso do desenvolvemento dos proxectos. A súa finalidade é determinar o punto no que van sendo alcanzados os obxectivos propostos, cales son os progresos e as dificultades para modificar ou reorientar o proceso educativo. Avaliación procesual.

- Ao final do proceso: facendo unha avaliación ao final de cada proxecto e obradoiro, cada trimestre e ao final do curso.

Aínda que a observación directa será o noso principal procedemento, utilizaremos os seguintes instrumentos de avaliación para facela máis obxectiva e sistemática : * A entrevista ás familias: ao principio do ciclo ou cando xurdan. * Cuestionarios: para recoller aqueles datos máis concretos e precisos. * Rexistros de observación: ao finalizar cada proxecto para constatar o progreso dos nenos/as. * Coloquios e diálogos: moitas veces so poderemos descubrir os coñecementos conseguidos polos/as nenos/as a través de sinxelas preguntas ou coloquios. * O noso diario de aula: será un pequeno caderno no que anotaremos aqueles aspectos que nos parezan interesantes, anécdotas, actitudes dos/as nenos/as, comportamentos, reflexións e actuacións nosas ante determinadas situacións * Informes trimestrais: con base aos criterios de avaliación fixados no ciclo e i9servindo como medio de intercambio de información coas familias

Page 18: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

17

AV

AL

IAC

IÓN

CC.BB.*

CR

ITE

RIO

S A

VA

LIA

CIÓ

N A

.1

Recoñecer, identificar e representar o corpo na súa globlalidade e as súas diferentes partes.

3,6,8

Coordinar e controlar o seu corpo, as súas posibilidades motrices e adaptalo ás características dos obxectos, á acción e á vida cotiá.

3,5,8

Recoñecer os sentidos e identificar percepcións e sensacións.

3,7,8

Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións.

7,8

Identificar semellanzas e diferenzas entre as persoas valorando positivamente a diversidade.

3,5

CR

ITE

RIO

S A

VA

LIA

CIÓ

N A

.2

Identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender os das demais persoas.

5,8

Participar en xogos, mostrando destrezas motoras e habilidades manipulativas cada vez máis axustadas

5,8

Participar en xogos e actividades colectivas aceptando as normas que os rexen.

5,8

Resolver con iniciativa e autonomía as actividades da vida cotiá, colaborar en tarefas e aceptar as normas

5,8

Manifestar hábitos de saúde, alimentación saudable, hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente espazos e materiais.

7,8

Identificar situacións de risco e actuar coherentemente ante elas.

7,8

Explorar os obxectos e elementos do contorno inmediato e actuar sobre eles. Recoñecer os seus atributos e calidades. Agrupar, clasificar e ordenar estes elementos e coleccións seguno distintos criterios.

2,3,4,5

Empregar os números para identificar, contar, clasificar, informarse e ordenar elementos da realidade, aproximándose ao seu valor notacional e conceptual.

2,3,7,8

Propoñer e resolver problemas sinxelos relacionados con situacións cotiás, empregando e comparando magnitudes de peso, lonxitude e capacidade.

2,3,7,8

Page 19: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

18

Recoñecer algúns aspectos xeométricos básicos: liñas, puntos, rectángulos, cadarados, triángulos

2,7

Describir e representar dun xeito elemental a situación das propias nenas e nenos en relación a obxectos e ás demais persoas usando vocabulario topolóxico elemental.

1,2,3,7

Usar e comprender nocións temporais básicas ordenando temporalmente feitos referidos á súa vida.

2,3,7,8

Dar mostras de interesarse polo medio natural e os seus cambios. Identificar e nomear algúns dos seus compoñentes, establecendo relacións sinxelas de interdependencia. Manifestar actitudes de coidado e de respecto cara á natureza e participar en actividades para conservala.

3,1,8

Identificar e recoñecer as diferentes etapas da vida nas persoas e outros seres vivos.

3,7

Recoñecer, identificar e poñer exemplos sinxelos dalgúns servizos comunitarios.

3,5

CR

ITE

RIO

S

D

E

AV

AL

IAC

IÓN

A3

Recoñecer algunhas manifestacións culturais próximas e doutras realidades, valorando a súa diversidade e riqueza.

3,5,6

Utilizar a lingua oral do modo máis conveniente para unha comunicación positiva con iguais e con persoas adultas, segundo as intencións comunicativas.

1,2,5

Comprender mensaxes orais diversas, mostrando unha actitude de escoita atenta e respectuosa.

1,3,4,5

Amosar unha actitude positiva cara á aprendizaxe dunha lingua extranxeira, interesándose por participar en interaccións orais en rutinas, xogos e situacións habituias de comunicación.

1,3,5

Amosar interese polos textos escritos presentes na aula e no contorno próximo, iniciándose no seu uso e na comprensión das súas finalidades. Interesarse e participar nas situacións significativas de lectura e escritura que se producen na aula desenvolvidas por persoas lectoras e escritoras competentes.

1,3,4,5,6,7,8

Producir diferentes textos individualmente ou en grupo

1,5,6,8

Gozar compartindo a escoita e a lectura en voz alta de textos literarios

1,3,4,5,6,7

Page 20: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

19

Utilizar a biblioteca con respecto e coidado, valorándoa como recurso informativo, de entremento e gozo.

1,3,4,5,6,7,8

Expresarse e comunicarse utilizando medios, materiais e técnicas proios das diferentes linguaxes artísticas e audiovisuais

1,4,5,6,7,8

Mostrar interese por explora as súas posibilidades de expresión e representación, por gozar coas súas producións e por compartir as experiencias creativas, estéticas e comunicativas.

1,5,6,8

Utilizar, na medida das súas posibilidades, a linguaxe audiovisual e as tecnoloxías da información e comunicación como vehículo de expresión e comunicación.

1,3,4,5,6,7,8

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

• Observación directa • Revisión dos traballos feitos • Debuxos • Diálogos • Xogo simbólico

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

• Rexistro anecdótico • Documento de observación sistemática • Informes trimestrais

*CC.BB.= Competencias básicas.

1. Competencia en comunicación lingüística. 5. Competencia social e cidadá. 2. Competencia matemática. 6. Competencia cultural e artística. 3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.

7. Competencia para aprender a aprender.

4. Tratamento da información e competencia dixital. 8. Autonomía e iniciativa persoal.

Page 21: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

20

ME

TO

DO

LO

XÍA

A nosa metodoloxía está baseada na actividade, na experiencia e no xogo. Teremos en conta o pricipio de globalización xa que o neno percibe a realidade que lle rodea de forma globalizada. Ademais, tamén teremos presente o principio da aprendizaxe significativa e constructivista,(a partires dos coñecementos que o neno posúe é capaz de atribuir significado a un novo contido) Na práctica educativa diaria, atenderemos aos intereses e necesiadades dos nenos cos que traballamos; así pois, teremos en conta as necesidades físicas ( proporemos as actividades máis complexas nas primeiras horas das mañáns e as máis doadas e sinxelas nas últimas horas da xornada, procurando combinar a actividade co descanso);as necesidades afectivas (creando un clima cálido, acolledor e seguro, evitando todo tipo de comparacións, competicións, discriminacións…)necesidade de actividade (creando conflitos cognitivos no neno, sendo el o protagonista da súa propia aprendizaxe. As actividades serán diversas ,variadas, concretas…); necesidade de relación (xa que o neno é un ser social por natureza. Proporemos actividades individuais, de pequeno grupo e de gran grupo). Fomentarase o traballo en equipo, a coordinación entre o ciclo e as aulas e a colaboración entre os compañeiros. Así pois fomentaremos: estar abertos e APRENDER DE E COS DEMAIS . Durante o mes de setembro ten lugar un período de adaptación para que os/as nenos/as se integren no novo centro, coñezan os mestres e compañeiros, se familiaricen coas rutinas e actividades escolares, para decorar a clase, consensuar normas, .. Consideramos que a nosa función fundamental como mestras de E.I. é ofrecer cauces que axuden aos nen@s a pensar, a investigar, a confrontar con outros as súas ideas, a chegar a acordos, a aprender dos erros,… o traballo por proxectos é o xeito máis fácil de chegar a todo isto. Outras razóns que abalan a nosa elección son: • Van en concordancia cos nosos principios metodolóxicos, que se centran esencialmente na

aprendizaxe constructivista. • Favorecen unha autonomía progresiva, para resolver os retos que plantexa a vida cotiá, e lle da un

papel activo na costrución dos seus coñecementos, o/a mestre/a convértese en mediador. • O xeito de aprender é motivador e atrae ás crianzas, teñen en conta as súas necesidades e intereses. • Permiten acercar a realidade aos/ás nenos/as e lles axude a interpretala. • Razóns lexislativas: tanto a LOE, como no Real Decreto 330/2009 do 4 de xuño, sinalan como as

mellores unidades de programación os proxectos (pequenas investigacións), e os obradoiros pois axudan a desenvolver mellor as competencias básicas (estas, orientarán e impregnarán o currículo ,téndose como referentes que guíen a práctica educativa e condicionen o tratamento das áreas.)

• O mestre non ten toda a fonte de saber, pódense utilizar outros medios e recursos: internet, documetais, enciclopedias,…

Para apoiar esta proposta metodolóxica teremos en conta: • Permitir o protagonismo e a autonomía do neno reducindo o poder persoal ás actuacións

necesarias. • Dar ao neno/a puntos de referencia claros. • Posibilitar ao neno o desenvolvemento das súas iniciativas e suxestións. • Facilitar o uso libre e autónomo do medio e proporcionar un medio rico en estímulos e

situacións.

Page 22: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

21M

ET

OD

OL

OX

IA

Tamén, levaranse a cabo ao longo do curso 4 obradoiros orientados a todos os nen@s de infantil nos que se dividirán aos nen@s en 4 grupos de idades mesturadas: 3, 4 e 5 anos.. Neles,desenvolveranse actividades que favorezan que o nen@ adquira distintos recursos e coñeza distintas técnicas para que logo as utilice de forma persoal e creativa noutras situacións. Con estes obradoiros pretendemos acadar o seguintes obxectivos:

- Fomentar a autonomía, a cooperación e a interación. - Facilitar o lema: aprender xogando. - Desenvolver a creatividade e a imaxinación. - Favorecer o interese e curiosidade polas sinais de tradición popular. - Valorar as diferentes manifestacións populares da nosa comunidade.

- Utilizar diversas linguaxes como instrumentos de comunicación, expresión ideas e sentimentos, de representación, de aprendizaxe e de gozo.

Organizaremos as aulas por medio de recunchos (espazos delimitados onde distintos grupos de nenos realizarán actividades diferentes simultaneamente) xa que, ademais de satisfacer as necesidades infantís, facilitan a participación activa do neno na construción dos seus coñecementos. Entre as súas implicacións positivas poderíase dicir que xeran ambientes cálidos, conectando intereses e necesidades infantís; facilitan as interaccións tanto entre persoas coma con obxectos; potencian a autonomía persoal e social e promoven a responsabilidade; favorecen procesos de socialización; permiten a atención a alumnos con necesidades específicas de apoio educativo; desenvolven a creatividade e facilitan aprendizaxes significativas

METODOLOXÍA ESPECIFICADA POR ÁREAS E BLOQUES

Área de coñecemento de si mesmo e autonomía persoal: para o desenvolvemento dos obxectivos f.ormulados para esta área, traballarase moito a estimulación polisensorial, a adquisición de hábitos, o desenvolvemento dunha autoestima e dun autoconcepto positivo, dotando aos nenos e as nenas dunha crecente autonomía a nivel motor, afectivo e intelectual; utilizarase moito os contos motores, así como material diverso de psicomotricidade. Farase fincapé no desenvolvemento da autonomía persoal para que os/as nenos/as desenvolvan habilidades precisas para abotoar, subir cremalleiras, atar os cordóns,. Área do coñecemento do contorno: a metodoloxía utilizada nesta área será principalmente o descubrimento activo e a observación guiada das/os nenas/os. As saídas serán numerosas e variadas. Intentarase desenvolver nas crianzas o sentido crítico, o afán de investigación, de facer preguntas e de buscar solucións, propiciando á vez a iniciación nas habilidades matemáticas. Área de linguaxes. Comunicación e representación: Linguaxe verbal: Escoitar, falar e conversar: Traballarémolo cada día a través da asemblea, de diálogos e conversacións. Realizaremos exercicios labiais, bucais e linguais, así coma de sopro e respiración para previr calquera tipo de problema lingüístico e para mellorar a pronunciación e a articulación de palabras. Introduciremos aos/ás nenos/as no mundo da escritura a través dos seus propios nomes e os dos/as compañeiros/as, a través de exercicios grafomotores (bucles, espirais, zig-zag...), de composición de palabras, do estudio dos títulos dos contos e dos nomes dos seus personaxes, da lectura de pictogra mas e ideogramas, así como de palabras moi significativas para os/as nenos/as. Escribirán e lerán ao seu xeito todo tipo de textos procurando ter en conta o seu nivel madurativo.

O achegamento á literatura.-Levarase a cabo a través da escoita e comprensión de contos e lendas. Os trabalinguas, rimas, refráns, adiviñas e cancións (tradicionais ou contemporáneas, en galego, castelán ou inglés) tamén serán un elemento máis na dinámica escolar. A biblioteca será un recurso onde as crianzas poderán dirixirse para buscar información, aprender ou divertirse

.

Page 23: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

22M

ET

OD

OL

OX

ÍA

Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e comunicación: A través da PDI buscaremos e veremos información en internet, faremos grafomitricidade co dedo e gravaremos os traballos feitos polos cativos; elaboraremos contos, gravaremos voces, veremos fotos, escribiremos sobre elas. Iniciaremos ao alumnado no manexo do rato e do teclado, por medio de xogos e programas educativos e numerosos recursos que atopamos na rede. Linguaxe artístico: Respectaranse as fases evolutivas naturais da expresión plástica infantil evitando a imposición de estereotipos, fomentando a creatividade e a libre expresión do/a neno/a; poremos ao seu alcance numerosas técnicas e materiais para favorecer a expresión de sentimentos e vivencias. A música estará presente cada día na aula na asemblea: cantaremos cancións, coñeceremos diversos instrumentos, faremos exercicios nos que as crianzas teñan que seguir un ritmo ou imitar unha canción improvisada co noso corpo.... Linguaxe corporal: Traballarémola a través de dramatizacións, imitación de animais e personaxes, representación de contos, disfrazarémonos, pintarémonos a cara... As aulas contan con numerosos utensilios e obxectos que potenciarán o xogo simbólico

MA

TE

RIA

IS E

RE

CU

RSO

S

Serán o máis diversos posible, ofrecendo múltiples posibilidades de utilización en función das necesidades de cada situación e momento. Estarán presentes elementos do medio natural e sociocultural que creen un ambiente significativo, ademais de espertar o interese por explorar e experimentar. Así pois teremos en conta:

• Traballo individualizado do nen@ • Libro viaxeiro • O propio neno : pois será el quen poida observar, manipular e explorar o medio • O ámbito que o rodea: abranguendo pois o:

o ámbito familiar (pais , nais, avós, irmás....) o ambiental (a natureza, a contorna, internet, documentais, xornais, receitas, guía

telefónica, catálogos revistas, vídeos de películas...) escolar (mestra , especialistas, compañeiros doutras aulas tanto do seu ciclo como de ciclos superiores, cadernos de traballo, libros de consulta, cámara de fotos e vídeo, pantallas dixital (sala audiovisuais) e de proxeción na aula , computador de aula e computadores da Biblioteca do centro, C.D, ... material de: lóxica-matemática, expresión musical, de psicomotricidade, xogo simbólico... lapis, ceras, rotuladores, xices, pintura dedo, pegamentos, tesoiras, punzóns, cartolinas, folios distintos tamaños, distintos tipos de papel, telas, material de refugallo...)

Page 24: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

23M

ED

IDA

S D

E A

TE

NC

IÓN

Á D

IVE

RSI

DA

DE

A nivel xeral, se desconfiamos que algún dos nosos alumnos pode ter algún tipo de NEE podemos acudir ao Departamento de Orientación do centro que examinará ao neno e decidirá se resulta oportuna unha Avaliación Psicopedagóxica.Tamén contaremos coa axuda do profesor de apoio de E.I (en función das necesidades reais, terá maior ou menor presenza nas aulas). De tódolos xeitos nós, como titoras, na aula procuraremos dar unha atención personalizada e adecuada ás súas características particulares en función dos principios de non discriminación, integración, normalización e sectorización. Na aula podemos levar a cabo distintos tipos de adaptacións:

• Adapacións de acceso ao currículo, que se refiren a elementos materiais e persoais. • Adaptacións curriculares, que poden ser:

- Reforzo educativo: consiste na modificación dalgún aspecto da metodoloxía, a ampliación de determinadas actividades ou a simplificación doutras

- Adaptación curricular individualizada: lévase a cabo como medida extraordinaria, tras esgotar as anteriores. Consiste na modificación de obxectivos, contidos ou criterios de avaliación.

Así pois, procuraremos propor actividades: - Con diferentes graos de dificultade. - De libre execución en función dos seus intereses. - Con diferentes tipos de agrupamentos. - Que teñan aplicación na vida cotiá.

Dar prioridade ás técnicas que impliquen reflexión, experimentación e observación directa. Alumnos/as con necesidades educativas especiais: son aqueles que precisan algún tipo de apoio, por padecer algunha discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou por manifestar graves trastornos da personalidade ou da conduta. Unha das principais funcións da Educación Infantil é levar a cabo unha acción preventiva e compensadora, intentando detectar calquera tipo de déficit para actuar canto antes, e evitar así o agravamento da situación ou corrixir o problema. A estes alumnos, darémoslle unha resposta acorde ás súas capacidades e necesidades, que poden ir dende un reforzo educativo ata a adaptación do currículo, ou incluso a necesidade de coordinarse e alternarse con outros profesionais. O máis importante será poder integralos dentro da aula, que participen nas actividades programadas para o grupo, que realicen os mesmos xogos, que acodan as mesmas visitas, saídas..., para que se sintan un membro máis do grupo. Alumnos con altas capacidades intelectuais (RD. 943/2003 e Orde de 28 de outubro de 1996). Debemos acreditar as súas altas capacidades a través dunha avaliación psicopedagóxica, na cal preveranse as medidas de flexibilización, orientacións e pautas máis concretas. As medidas que poderíamos adoptar son: unha adaptación curricular de ampliación dentro do curso que lle corresponda por idade e que poderá ser un enriquecemento dos obxectivos e contidos, a flexibilización dos criterios de avaliación ou a metodoloxía. Estas/es alumnas/os poderán seguir medidas de enriquecemento ou poderán consistir en que curse un nivel superior en unha ou varias áreas. Tamén poderemos utilizar fórmulas flexibles de organización grupal, que incorporen a estes alumnos en grupos de similar competencia curricular. Dita flexibilización poderase realizar dúas veces ao longo da escolarización obrigatoria, pero so se permite unha por etapa educativa. Tamén sinalar que os centros poderán elaborar programas específicos de intensificación da aprendizaxe, segundo os criterios que determine a administración educativa. Alumnos/as con integración tardía no sistema educativo español. Debido a cada vez mais nenos/as inmigrantes, crearanse programas específicos para o alumnado que descoñezan a lingua e a cultura españolas e se adoptarán as medidas oportunas para as súas familias.

Se o alumno descoñece a linguaxe, apoiareime máis en xestos e imaxes visuais á hora de falarlle, e no caso de ter algún neno/a que coñecese o seu idioma (bilingüismo) poderemos asignarlle un alumno titor (tal e como indican as orientacións do Ministerio de Educación para a atención deste tipo de alumnos/as). Tentaría aprender expresións básicas no seu idioma para poder comunicarme elementalmente con el. Na aula, os nenos poderían aprender expresións no seu idioma: ola, bos días...e viceversa; procuraríase un enriquecemento mutuo, xa que tamén nos aprenderíamos del

Page 25: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

24C

ON

CR

EC

IÓN

PL

AN

TIC

Débese aproveitar a plasticidade e capacidade de aprendizaxe dos/as neno/as nestas idades,

para introducir as TIC na aula como un recurso educativo máis. Os beneficios de traballar con estes medios son numerosos porque: aumentan a motivación dos/as alumno/as, captan e centran a súa atención pola súa novidade, polo colorido, o son, a imaxe en movemento, respectan os ritmos de aprendizaxe, fomentan a autonomía, melloran a memoria e o control das habilidades manipulativas finas, e sobre todo, desenvolven a actividade mental. Incorporaremos as TICs nas diferentes actividades da aula, non como algo illado, senón como un recurso máis do proceso didáctico. Empregarémolas para ampliar conceptos, buscar información, realizar xogos,… xa que contamos cun computador con cañón proxector e pantalla en cada aula de E.I. e cun Encerado Dixital na aula de Audiovisuais para todo o cole. No taboleiro que hai na sala do profesorado, anotaremos cando ímos a dar uso del (forma de organización interna do centro).

O uso do computador e o software educativo como ferramenta de investigación, manipulación e expresión ten cualidades motivadoras e atractivas para o alumnado. A utilización na aula dos materiais multimedia mellora a comunicación entre o profesor e o alumno e facilita a aprendizaxe de novos conceptos. A posibilidade de manipular e interactuar favorece a aprendizaxe significativa, os recursos visuais e auditivos variados e a formulación de actividades como situacións reais facilitan a comprensión de aspectos que ás veces resultan difíciles de integrar no traballo tradicional de aula. Algunhas actividades que realizaremos coas TICs na aula son: • Empregar a cámara de fotos dixital en diferentes momentos: festas do colexio, aniversarios, saídas, algunha actividade en concreto,… • Empregar o reprodutor de CDs para audicións de música, cancións, sons, escoitar contos… • Emprego de Internet, pantalla dixital ou reprodutor de DVD para ver algunha película adaptada ó nivel evolutivo dos nenos/as. • Empregar o EDI para buscar información en internet, facer grafomotricidade co dedo, gravar os traballos feitos, elaborar contos,… • Iniciarse no manexo do manexo do ordenador (emprego do rato, do teclado, etc). • Experimentación de xogos informáticos como: E por que?, Pingu, Conejo lector, Pipo, Sócrates, Cativadas,... • Navegar por páxinas web do tipo: pequenet.com; rompeques.com; mundopipo.com; garabato.com

Page 26: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

25C

ON

CR

EC

IÓN

PL

AN

DE

CO

NV

IVE

NC

IA

A convivencia no noso centro está presente ademais de no Plan de Convivencia, no Plan de Acción Titorial, no Regulamento de Reximen Interno, no Proxeto Educativo e no Proceso de ensino-aprendizaxe.

O obxectivo xeral é favorecer a convivencia pacífica e democrática no centro educativo e nas relacións coa comunidade eductiva.

A nivel ciclo tentaremos empregar o conflicto como ferramenta educativa que dea a oportunidade de aprender pacíficamente dos distintos problemas que poden xurdir na convivencia diaria. Dende o equipo de educación infantil pretendemos:

- Conseguir a integración de todo o alumnado sen discriminación por razón de sexo ou idade.

- Previr a violencia nas aulas. - Formar ao alumnado na resolución de conflitos. - Fomentar a implicación das familias. - Mellorar as relacións entre o profesorado de infantil e o resto da comunidade

educativa. Para todo isto realizaremos actividades nas que estean implicados todos os membros da

comunidade escolar, levaremos a cabo actividades culturais abertas á comunidade e invitaremos aos pais e nais a que participen nalgunha actividade do centro. Fomentaremos a aprendizaxe cooperativa e focalizaremos a atención sobre as conductas positivas en lugar das negativas. Implicaremos aos nenos/as nas normas da clase, nas súas consecuencias, tendo en conta o que pensen e as súas opinións. Ademais levaremos a cabo un seguimento máis individualizado cos nenos/as que manifesten alteracións do comportamento.

En relación cos pais/nais dicir que na entrevista inicial que se teña con eles, tanto cos titores/as coma co equipo directivo, transmitiráselles a idea de que o ensino é un proceso compartido xunto coa familia. Informaráselles de que todo o profesorado ten no seu horario unha hora de atención a pais. Pediráselles que non acudan ao centro só ante situacións de conflito senón cando queiran aportar suxestións de mellora.

ED

UC

AC

IÓN

EN

VA

LO

RE

S

- Progresar na adquisición de hábitos e actitudes relacionados co benestar na aula. - Iniciarse o control do propio comportamento relacionando a identificación das emocións e

intereses coa interiorización das normas e valores sociais. - Relacionars cos demáis utilizando pautas básicas de comportamento social. - Establecer relación causa-efecto, percibindo as consecuencias das súas accións nos obxectos

ou persoas do seu contorno. - Elevar a autoestima dos nenos - Valorar as cualidades dos nenos. - Incentivar o desenvolvemento das responsabilidades. - Fomentar que expresen afectos e sentimentos. - Propiciar o recoñecemento de valores positivos nos nenos e que sexan capaces de verbalizalos. - Favorecer a madurez individual. - Expresarse mediante xestos faciais e corporais. - Interpretar e comprender mensaxes emitidos mediante xestos. - Empregar o debuxo como medio de comunicación. - Disfrutar participando activamente nas actividades da aula. - Desenvolver a comunicación e a expresión e potenciar a imaxinación. - Traballar a expresión simbólica a partir da mímica e do xogo simbólico. - Desenvolver a capacidade de atención e agudeza auditiva.

Page 27: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

26A

CT

V. C

OM

PL

EM

EN

TA

RIA

S E

E

XT

RA

ESC

OL

AR

ES

- Saídas: ao Montiño , a correos, ao supermercado , a recoller lixo pola contorna, a depuradora, , biblioteca municipall, centro cultural, praias da contorna , rúas da contorna

- Outras que vaian xurdindo ben en función dos proxectos a traballar nas aulas ou propostas polo centro ou polo Concello.

PR

OC

ED

EM

EN

TO

S P

AR

A A

VA

LIA

R A

PR

OP

IA

PR

OG

RA

MA

CIÓ

N

Poderemos constatar se as tarefas propostas resultaron útiles fixándonos:

- Na observación dos resultados obtidos nos alumnos - Especificando se resultaron adecuados ou non tanto os obxectivos, como os contidos,

Criterios avaliación, metodoloxia, recursos usados e mesmo as actividades propostas - Salientando os apectos a mellorar para o curso seguinte.