o pazo baleiro - inici - editorial barcanova...mesmo é o seu cómplice porque lle deixa falsificar...

12
O pazo baleiro Xabier P. Docampo XERAIS

Upload: others

Post on 09-Jul-2020

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O pazo baleiro - Inici - Editorial Barcanova...mesmo é o seu cómplice porque lle deixa falsificar as súas notas. É un rapaz honesto e un bo amigo, bondadoso e nobre de corazón,

O pazo baleiroXabier P. Docampo

XERAIS

Page 2: O pazo baleiro - Inici - Editorial Barcanova...mesmo é o seu cómplice porque lle deixa falsificar as súas notas. É un rapaz honesto e un bo amigo, bondadoso e nobre de corazón,

O AUTOR

2

Título: O pazo baleiroAutor: Xabier P. DocampoIlustrador: Xosé CobasEditorial: Edicións Xerais de GaliciaColección: Sopa de librosNº páxinas: 160ISBN: 84-8302-748-8

XABIER P. DOCAMPO naceu en Rábade(Lugo) en 1946. A súa vocación de mestre,traballo ó que leva consagrado dende haivarios anos, levouno a preocuparse de creartextos dirixidos ós seus propios alumnos, ótempo que a súa afección pola lectura oempuxaba a ler literatura infantil e xuvenil.Deste xeito comezou a publicar as súas cre-acións. Confesa a súa predilección polostemas de misterio e de intriga. A súa experiencia no cine e na televisión quizais teñan influí-do na súa habelencia para situar o lector no escenario da historia e facelo partícipe da intriga.

FICHA TÉCNICA

O ILUSTRADOR

XOSÉ COBAS naceu en Logrosa, Negreira (A Coruña) en 1953. A súa afección polo debu-xo naceu de neno, na escola, cando poñía en imaxes as súas aventuras nos cadernos de arit-mética. Esta afección converteuse moi cedo nunha profesión que compaxinou coa ilus-tración de libros infantís e co deseño gráfico. Traballa dende 1991 como deseñador gráfi-co na Deputación da Coruña. Ten ilustrado varios libros de Xabier P. Docampo e confe-sa que coas súas historias lle resulta doado traballar. En O pazo baleiro ofrece no encabe-zamento de cada capítulo unha imaxe referida ó seu contido que invita a se adentrar nomisterio e na aventura.

Page 3: O pazo baleiro - Inici - Editorial Barcanova...mesmo é o seu cómplice porque lle deixa falsificar as súas notas. É un rapaz honesto e un bo amigo, bondadoso e nobre de corazón,

3

Esta historia de aventura e misterio está protagonizada por Nicolás, un rapaz de doceanos que vive en Eiravella. O primeiro que sabemos del é que hai tres meses que nonasiste á escola á que só foi tres días. Ó terceiro día do curso a Nicolás éntralle pánicoe toma a decisión de marchar da escola e non volver máis porque, segundo el, podeaprender pola súa conta todas cantas cousas lle interesan conforme lle vaian facendofalta. Dende que chegou á vila no verán o seu modelo ideal é o seu tío Delio, un relo-xeiro que vive nun vello vagón de tren e ó que visita sempre que pode. Ambos com-parten a súa afección polos reloxos e o seu curioso mecanismo. Cando están reparan-do un moi antigo descobren, dentro da súa caixa, un dobre fondo que contén tres car-tas de amor, un debuxo que representa algo parecido ó sol, un pano cunhas iniciaisbordadas que envolve un puñado de alfaias de muller e sete moedas antigas. As cartasfan referencia a liortas familiares, herdanzas e a un obxecto misterioso ó que se deno-mina coas iniciais D-S. Daquela Delio proponlle a Nicolás que investigue coa axudados seus amigos, Ramiro, Sol e Társila. As súas pescudas lévanos a contactar cun anti-cuario da cidade e despois cunha señora pertencente á unha nobre familia propietariadun pazo deshabitado de Eiravella, de onde inicialmente procede o reloxo. Para con-tinuar a investigación deciden visitar o Pazo para investigar se existen máis cartas eobxectos agochados. Entre todos deseñan un plano de actuación: ir falar cos caseirose tamén cun historiador de Eiravella, o pai de Társila, para coñecer datos sobre a his-toria do Pazo, sempre coa escusa de ter que facer un traballo para a escola. É destexeito como descobren que todos os varóns das familias relacionadas co Pazo levannomes que comezan por D e todas as mulleres nomes que comezan por S e que todose todas casaron con homes e mulleres con estas iniciais, precisamente as que aparecí-an nas cartas agochadas no reloxo. O paso seguinte é entrar no Pazo, guiados porCelso, o caseiro, coñecer todas as súas dependencias e buscar máis pistas. Nesta pri-meira visita atopan escondidos un alfineteiro e un agulleiro con dez alfinetes de ouroe unha mensaxe escrita na tea do alfineteiro. Na segunda visita ó Pazo visitan o xar-dín pero non atopan nada. Cando os rapaces pensan que están atascados, o pai deTársila facilítalles unha árbore xenealóxica da xente do Pazo coa que descobren quenasinaba as misteriosas cartas e ocórreselles quedar no pazo unha noite, sen que o saibaCelso, para revisar a basta das cortinas, onde sospeitan que pode haber algo agocha-do. Unha vez alí e coa axuda de Delio, atopan o Deus Solis na torre do Pazo, o mis-terioso D-S, a xoia da que falaban as cartas. Este obxecto fora a causa de todas as des-putas familiares entre as xentes do Pazo porque todos o cobizaban. Coa axuda doscoñecementos históricos de Aurelio, os rapaces coñecen a complicada historia dafamilia e resolven o misterio da historia do Pazo e do Deus Solis, uns acontecementosdesgraciados provocados pola cobiza.

ARGUMENTO

Page 4: O pazo baleiro - Inici - Editorial Barcanova...mesmo é o seu cómplice porque lle deixa falsificar as súas notas. É un rapaz honesto e un bo amigo, bondadoso e nobre de corazón,

4

PERSONAXES

NICOLÁS

É un rapaz de doce anos cun carácter moi particular. Pon moito aquel no que lle gustapero como se lle atravese unha cousa e se lle meta na cabeza que non vale para nada, comoo feito de ir á escola, entón non hai quen lle faga facer. Non está disposto a depender deninguén para aprender as cousas que lle gustan, moito máis se non llas ensinan con ama-bilidade e paciencia e ademais non pode evitar unha especial excitación ó se sentir en peri-go de que o descubran. É un bo rapaz, aínda que rebelde e moi traste, un bo compañei-ro porque sempre se pon do lado do que máis o precisa e sabe gardar segredos e non serchivato. Ten arelas de aprender moitas cousas porque é moi curioso e sempre está lendo,preguntando, estudiando e pensando. Sente admiración polo seu tío Delio e polo seu ofi-cio e nel atopa o mestre perfecto, sempre disposto a ofrecerlle un libro interesante parasatisfacer as súas curiosidades sobre o mundo e sobre o comportamento humano.

OS AMIGOS DE NICOLÁS

RAMIRO é o mellor amigo de Nicolás. Coñece a súa decisión de non ir máis á escola emesmo é o seu cómplice porque lle deixa falsificar as súas notas. É un rapaz honesto e unbo amigo, bondadoso e nobre de corazón, aínda que este carácter lle ocasiona problemas,mesmo Nicolás enfádase con el ás veces por esa súa bondade de neno modelo. Non sabementir e non lle gustan nada as mentiras porque cre que non fan máis que enlear as cousas.

SOL é, despois de Ramiro, a mellor amiga de Nicolás e xunto con aquel a única que sabeque Nicolás non vai á escola. É unha rapaza de pelo longo e castaño, ollos grises e pernasfracas e longas, ademais de valente, leal e intelixente. É decidida pero ó mesmo temporeflexiva e nada impulsiva. Ten unha situación familiar un tanto complicada xa que o seupai está enfermo na cama, a nai traballaba moitas horas limpando casas e ela ten que seresponsabilizar dos labores da casa e do coidado dos seus dous irmáns pequenos.

TÁRSILA é a filla de Aurelio, o historiador de Eiravella ó que acoden os rapaces na buscade información sobre o Pazo. É moi frioleira e algo tímida e mesmo parece que se escon-de debaixo do seu grande abrigo. É unha rapaza máis ben calada pero na investigaciónmóstrase disposta e moi metida no asunto.

DELIO

É o tío de Nicolás, unha persoa curiosa e considerada polos seus veciños como un serextravagante, raro e con bastante xenio. Vive nun vagón de tren, do que nunca sae, rode-ado de libros, trebellos rarísimos, aparellos de misteriosa función e coleccións de obxectosestrañísimos.. Delio é un reloxeiro moi apreciado no seu oficio e está especializado na res-tauración de reloxos antigos. Hai bastantes anos que regresou a Eiravella despois de andar

Page 5: O pazo baleiro - Inici - Editorial Barcanova...mesmo é o seu cómplice porque lle deixa falsificar as súas notas. É un rapaz honesto e un bo amigo, bondadoso e nobre de corazón,

5

medio mundo, pero moi raras veces, e sempre de moi mala gana, fala diso. Para Nicoláso seu tío foi todo un descubrimento porque antes de ir vivir a Eiravella non o coñecía.Ninguén lle falara del porque o pai de Nicolás e Delio non se levan moi ben. Parece serque todo comezou coa ausencia de Delio no enterro do pai dos dous. Delio convértese nomellor camiño de Nicolás para aprender porque sempre está disposto a darlle libros paraque pense e a axudarlle a solucionar as súas inquietudes. A pesar de todo isto para Delioos rapaces non son a compaña máis axeitada porque considera que non son seres anxéli-cos e non se fía deles.

OS PAIS DE NICOLÁS

Traballan os dous fóra da casa e cando chegan a penas pasan tempo co seu fillo. Á nai éunha tola dos concursos da tele e alcuma ó seu fillo eneá dende que caeu na conta de quenas series americanas da televisión ós nenos chamábanos polas iniciais do seu nome, aíndaque a Nicolás lle dá moita rabia que o chame así. A rutina familiar está marcada poloritmo do traballo e polas ceas arredor do televisor e así ata o día seguinte pola noitiña. Anon ser os domingos. Estes costumes tan fixos da familia facilítanlle a Nicolás non ir áescola. Ás veces os pais deixan as súas cousas para lle botar unha man ó fillo pero coa cabe-za noutro sitio porque axiña perden a paciencia e comezan a berrar. Quéreno moito e pre-ocúpanse por el, e mesmo téñeno polo mellor neno do mundo aínda recoñecendo que éun pouco traste. Considérano listo, obediente e responsable.

Ó lado da aventura que viven os protagonistas e do misterio que van descubrindo poucoa pouco coa axuda da súa intelixencia e a dos adultos, esta é tamén unha historia na queaparecen temas que lles axudan a madurar e a entender o mundo e ós demais.

• A comprensión hacia os demais e o respecto á diferencia e á maneira de vivir de cada unaínda que non sexa o que coñecemos pola norma a seguir. A busca e o gusto pola ori-xinalidade, polo feito de ser diferentes ós demais.

Estaba a se referir ó desexo que Nicolás manifestara en coñecer os segredos do oficiode reloxeiro. Había dúas cousas que o encamiñaron a este desexo: por unha parte aadmiración que sentía por Delio. Aínda que era un home considerado como cheo derarezas polos seus conveciños de Eiravella, para Nicolás era un personaxe que tiñaalgo de heroico. Gustáballe aquela súa maneira de vivir dun xeito distinto de comoo facían todos (p. 31).

OUTROS TEMAS E VALORES

Page 6: O pazo baleiro - Inici - Editorial Barcanova...mesmo é o seu cómplice porque lle deixa falsificar as súas notas. É un rapaz honesto e un bo amigo, bondadoso e nobre de corazón,

6

—Ti teslle moita lei a teu tío, ¿non si?—E logo, ¿a ti non che parece un tío mogollón de estupendo? Non imaxinas todo oque el sabe. Estivo en case todos os sitios do mundo.—Si, pero é un pouco raro. Isto de vivir metido naquel vagón sen saír para nada,non é normal.—Non che cadra a ti andar a repetir as mesmas cousas que din todos en Eiravella.El vive como quere e non se mete con ninguén. Ten moito xenio e, ás veces, berra conalguén, pero sempre é porque se queren meter na súa vida, ou con aqueles que noncumpren co seu deber.—Visto así, tes razón. Cadaquén que faga o que queira con tal de non se meter conninguén (p. 102).

• O descubrimento por parte de Nicolás dunha forma de aprendizaxe alternativa á esco-la. Gusto por aprender pero non suxeito a unhas normas.

Nicolás non ía á escola, pero estaba continuamente aprendendo e levaba conta polosamigos das cousas que aprendían para aprendelas el tamén (p. 26).

• A importancia de valores como a lealdade e a busca da verdade.

Escoita, Ramiro, é certo que en todo isto estamos a contar moitas mentiras, e a mintampouco me gusta mentir. A mentira fai que non nos poidamos fiar nin dos ami-gos. Eu espero que os gardedes sempre lealdade, aí sempre a verdade custe o que custe.Neste caso ocorre que, polo de agora, non podemos dicirlle ó dono do Pazo as cousastal e como son, pero chegará o momento no que o fagamos, porque o importante é averdade que andamos a procurar (p. 77).

• A importancia de aprender bos modais e non falar todos a un tempo como moitas vecesfan os adultos.

¿Vostede que quere dicir con iso? ¿Qué os grandes non falan nunca todos a un tempo?—dixo Sol algo ofendida co que lle acababa de escoitar ó home—. Ben se ve que pasamoito tempo aquí só, seguramente lle viría ben saír algo e ver mundo.—Está ben —dixo Delio rindo—, retiro a referencia ós rapaces, pero de todas manei-ras entendereivos mellor se cadaquén fala cando lle toque (p. 88).

• O valor das cousas herdadas do pasado. Importancia do pasado e de conservar o que nosensinaron e deixaron os nosos antecesores.

Quero dicir que teño sentido moitas veces, e o pai de Társila tamén o di, que é moiimportante non alterar unha cousa antiga que se ten, ou que se atopa, porque pode-mos estar a estragar un documento que nos conta como foi o noso pasado (p. 90).

• Os bos froitos do traballo en equipo. A importancia de saber convivir e traballar enequipo. A amizade, así como a solidariedade.

Page 7: O pazo baleiro - Inici - Editorial Barcanova...mesmo é o seu cómplice porque lle deixa falsificar as súas notas. É un rapaz honesto e un bo amigo, bondadoso e nobre de corazón,

7

Estou seguro de que entre os cinco atoparemos o camiño que temos que coller (p. 105).

• Incomprensión e incomunicación coas figuras paternas propiciadas, en parte, por estarabsorbidos polo traballo. A pesar do moito que queren ó seu fillo, descoñecen as súaspreocupacións, as súas inquietudes, os seus gustos… de aí que tamén descoñezan aausencia escolar de Nicolás.

• A influencia negativa da TV, ó excederse no seu uso, propicia a falta de comunicaciónfamiliar e a falta de atención que podemos observar na figura materna ó estar penden-te todo o tempo do televisor e coñecer máis a programación televisiva que os problemasfamiliares da súa casa.

• A importancia de fomentar nos máis novos certa independencia para buscar soluciónsós problemas e ós enigmas que se lles presentan.

A seguir propoñemos un grupo de posibles actividades entre as que se poden selec-cionar aquelas que se consideren máis adecuadas ós nosos fins e dependendo donúmero de lectores, dos destinatarios (actividade grupal ou individual) e dos medioscos que se poden contar.

Entendemos que a biblioteca realiza unha labor fundamental na promoción da lectu-ra e na formación do lector, polo tanto consideramos necesario manter informadas aspersoas responsables, das lecturas e actividades que realicemos co fin de que lle pro-porcionen documentación ó lectorado, en caso de necesitala, e propoñan actividadesparalelas e complementarias como a elaboración de exposicións sobre a obra do autorou sobre libros que traten a mesma temática.

ACTIVIDADES A REALIZAR

Page 8: O pazo baleiro - Inici - Editorial Barcanova...mesmo é o seu cómplice porque lle deixa falsificar as súas notas. É un rapaz honesto e un bo amigo, bondadoso e nobre de corazón,

8

ANTES DA LECTURA:

• Á hora de seleccionar un libro é fundamental ter en conta a portada, o resumo da con-traportada e o título xa que poden incentivar ou non á lectura. De aí que sexa impor-tante que o lector preste atención a estes aspectos e que o mediador os aproveite paraque gocen da lectura, comecen a saber discernir o importante do irrelevante e se llesestimule cara á lectura da obra. Algunha das actividades que se poden realizar son: ima-xinar o argumento a partir do seu título, averiguar qué clase de historia se esconde trasel (policíaca, detectivesca, de amor, de aventuras…), analizar a ilustración da portada,preguntarlles qué información lles proporciona esta imaxe e despois de ler o resumo dacontraportada, comentar se se aprecia algunha relación entre o título, o argumento e ailustración.

• Logo da análise do título, o resumo da contraportada e da ilustración da portada reali-zarase por grupos ou de forma individual un posible resumo argumental da obra.Expoñeranse na clase ou recompilaranse nun dossier para comparalos ó final da lectu-ra coa historia de Xabier Docampo.

• En moitas ocasións a lectura dalgún fragmento seleccionado ou narrar un pouco doargumento atrae o interese ou atención do lectorado estimulando a lanzarse á súa lec-tura.

• A busca por parte dos rapaces das biobibliografías de Xabier Docampo e Xosé Cobas,autores da obra, reforzará a lectura que realizarán a posteriori, así como o coñecemen-to doutras obras destes autores que poden ser do seu interese. Esta busca pode realizar-se en grupos de maneira que unha parte do lectorado se encargue da biografía e a outrada bibliografía e por diferentes fontes (na biblioteca, en Internet, en revistas, na pren-sa…) co fin de que se relacionen cos diferentes modos de documentarse sobre un tema.Ó final entre todos completan a información acadada.

DURANTE A LECTURA:

• Antes de comezar o primeiro capítulo desta novela o lector atópase cunha árbore xenea-lóxica da familia do pazo, documento que lles será moi útil ós protagonistas para resolvero misterio. Cos datos proporcionados no resumo da contraportada e co título o lectora-do descoñece o significado deste documento e pode simplemente pasar desapercibido ataque a lectura desvele a súa importancia. Podése aproveitar este material para incentivar álectura propoñéndolle varias preguntas ó lectorado como:¿Por que aparece esta árbore neste intre? ¿Quen é Aurelio, persoa que confeccionou a árbore? Ó fixarnos nesta árbore ¿Apreciamos algún aspecto destacable?¿Por que todos os nomes dos homes comezan con D e por que os das mulleres con S?

Page 9: O pazo baleiro - Inici - Editorial Barcanova...mesmo é o seu cómplice porque lle deixa falsificar as súas notas. É un rapaz honesto e un bo amigo, bondadoso e nobre de corazón,

9

¿Por que certos nomes aparecen sombreados? Escribir as respostas ou reflexións para comprobar, a medida que se le a historia, quénacertou ou se aproximou ó que acontece na novela. Con esta actividade ademais de pro-vocar curiosidade no lectorado acostúmanse a que se preste atención a todo aquilo quenun principio parece meramente anecdótico e que se pregunten sempre o por qué dascousas.

• Crear foros de debate e discusión nos que se comenten diversos aspectos da lectura: A evolución da historia narrada ¿Por qué se esconden os obxectos no reloxo? ¿De quénimaxinamos que son? ¿Qué relación pode existir entre eses obxectos? ¿Qué cren que é oD-S? Se non coñecesen ó historiador ¿Cómo buscarían información sobre o pazo? As reaccións de Nicolás e dos seus compañeiros ante as situacións que viven ¿Cómo des-cribirían ós personaxes? Se tiveron que resolver algunha vez un misterio. ¿Cómo reaccionarían eles ante as vivencias polas que pasan os protagonistas?

• Nos momentos nos que se comente a lectura, por exemplo ó finalizar cada capítulo oucada certo número de capítulos, imaxinar que acontece a continuación e que final llesespera ós personaxes. A medida que avanza a lectura poden comprobar se algunha dasversións se axusta ó que averiguan Nicolás e os seus amigos.

• Pódese organizar a lectura de forma alternativa entre todos na clase, na biblioteca… e acontinuación cada un prosegue a lectura de forma individual. Este tipo de lectura per-mítenos seleccionar un momento de intriga. Reflexionar e comentar sobre qué faríaneles cando apareceron as cartas, de quén pensan que son as cartas de amor, qué pode sero D-S, a qué se debe que todos os membros da familia teñan as mesmas iniciais nos seusnomes…

• Resaltar as numerosas descricións espaciais presentes ó longo da historia, sobre todo asdo pazo e as do vagón de tren no que vive Delio coa seguinte finalidade: que digan sese imaxinaban así eses espacios, se reflicten unha realidade, se se parece a algún pazo quecoñezan e comparalo con algunha foto dun pazo galego.

DESPOIS DA LECTURA:

• Ó finalizar a lectura é interesante que o lectorado realice unha valoración da obra na quedunha maneira informal e espontánea, ó igual que comentan unha película ó saír duncine, expresen a súa propia opinión ou comentarios que consideren oportunos.Comentarán os momentos que lles resultaron máis emocionantes, máis aburridos, osque non entenderon, cál dos nove capítulos lles gustou máis…

• Retomando as actividades do primeiro bloque discutirase se o título é o idóneo, se o resu-mo da contralapela responde ó contido do argumento e se é adecuado ou enganoso.

Page 10: O pazo baleiro - Inici - Editorial Barcanova...mesmo é o seu cómplice porque lle deixa falsificar as súas notas. É un rapaz honesto e un bo amigo, bondadoso e nobre de corazón,

10

Comparamos o argumento de Xabier Docampo, o escritor, co que imaxinaron antes dalectura, apreciaremos se algún deles se achega ó da novela, se nos gusta máis algún dospropostos por eles…

• Baseándose no argumento da novela realización de posibles resumos e títulos alternati-vos que se poden expoñer nun taboleiro ou na biblioteca e elaboración dunha ilustra-ción para a portada.

• Realización de coloquios en torno á temática da obra, os personaxes, as sensacións…Algúns aspectos a comentar poden ser: cómo investigarían eles o misterio; por qué nonlle gusta a escola a Nicolás pero si averiguar que dan para aprendelo e ler libros; se con-sideran bo que os compañeiros manteñan en segredo que o seu amigo falte ás clases;cómo consegue o autor crear un ambiente de intriga e emoción; qué opinan do estilode vida do tío de Nicolás, da obsesión da nai de Nicolás polos programas televisivos…Recompilación de fragmentos para exemplificar as súas opinións.

• Outro aspecto a traballar é a lectura visual de aí que sexa importante valorar e comen-tar as nove ilustracións do volume: se son adecuadas, se as preferían a cor e non monó-cromas, que opinión teñen do feito de que aparezan encabezando cada capítulo cunhaimaxe referida ó seu contido, se considerarían mellor que ocupasen páxinas enteiras enon só o encabezado, se o número de ilustracións é suficiente…Outra actividade interesante, que poden incluso levar a cabo nos talleres de plástica, éa creación de novas ilustracións nas que recollan aqueles aspectos ou escenas máis des-tacables da historia, a continuación pódense recompilar e organizar unha exposicióncon estas novas ilustracións ó lado das orixinais.

• Elaboración das súas propias críticas ofrecendo as razóns para recomendar ou non a súalectura e recompilación destas nun dossier para proporcionar á biblioteca como mate-rial de consulta para futuros lectores.En caso de que no centro exista unha revista ou xornal poden seleccionar a que consi-deren mellor e enviarlla ós redactores para a súa posible publicación.

• O lectorado pode organizar algunha exposición: monográfica dos autores, das ilustra-cións de Xosé Cobas, de libros de aventuras e misterio, esta pode ser realizada taménpola biblioteca co fin de que o lectorado poda acceder a ela e visualizar máis títulossobre aventuras para próximas lecturas.

• Para finalizar é interesante ler as entrevistas do escritor e do ilustrador, reproducidas ófinal do libro, e comentar a continuación as respostas dos autores. Por exemplo:

1.-Xabier Docampo comenta que «hai cousas neste libro que gardan relación cos fei-tos que vivín ou coñecín» dános pé para que o lectorado comente se se viron inmer-sos nunha aventura semellante, se coñecen algunha historia semellante ou se seidentifican con algo vivido por eles.

Page 11: O pazo baleiro - Inici - Editorial Barcanova...mesmo é o seu cómplice porque lle deixa falsificar as súas notas. É un rapaz honesto e un bo amigo, bondadoso e nobre de corazón,

11

2.-Destácase na conversa con Docampo a presencia de descricións moi visuais á horade presentar os espacios e ambientes coa finalidade, segundo o escritor, de situar ólectorado e que se sinta dentro do escenario. Reflexionar sobre as descricións: seconsideran que son moi detallistas, se gracias a elas se fan unha idea dos espacios eambientes… Aproveitando este aspecto cada un deles recolle unha das descriciónse realiza un debuxo no que se reproduzca o descrito.

3.-Xosé Cobas destaca a obra coma «un libro cheo de imaxes» e que a acción no inte-rior do pazo é o que suxire as imaxes máis misteriosas. O lectorado imaxina na súamente o que le de aí que se lle poda preguntar se comparte a opinión do ilustra-dor, que momentos seleccionarían eles como máis intrigante e incluso poden rea-lizar o debuxo pertinente.

4.-O ilustrador confesa que a técnica empregada nestas ilustracións foi o óleo.Averiguar se coñecen este tipo de técnica, en que consiste, en qué se diferencia dou-tras, busca doutras ilustracións deste autor nas que tamén empregue óleo… Estasactividades poden compaxinarse coa clase de plástica ou talleres de plástica en casode que asistan a elas.

Estas actividades poden realizarse a nivel aula, a nivel centro ou con outros centros demaneira que se podan comunicar e propoñer debates sobre o transcurso da historia, adefensa de posturas e a creación de finais a través de e-mail, foros en Internet.

Page 12: O pazo baleiro - Inici - Editorial Barcanova...mesmo é o seu cómplice porque lle deixa falsificar as súas notas. É un rapaz honesto e un bo amigo, bondadoso e nobre de corazón,

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /