nº 67 maio 2017 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 67 maio de 2017

Upload: ceiprandufe

Post on 23-Jan-2018

387 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 67 maio 2017  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 67 maio de 2017

Page 2: Nº 67 maio 2017  en galego,

ACENDIDO E ACESO

O motor está acendido ou o motor está aceso; acendido e aceso, dúas palabras que serven para in-dicar o mesmo: que o motor está en funcionamento. O mesmo acontece se dicimos os cafés están paga-dos ou os cafés están pagos; pagados e pagos informan do mesmo. O galego é un idioma tan rico que moitos verbos teñen dous participios, un regular (acendido, paga-do) e outro irregular (aceso, pago). Debemos coñecelos para facermos uso desta riqueza que achega mati-ces e calidade á nosa fala.

ALGUNHAS PARELLAS DE PARTICIPIOS: absolvido - absolto; arrepentido - arrepeso; cansado - canso; collido - colleito; comido - comesto; chocado - choco; desenvolvido - desenvolto / desenvol-veito; disolvido - disolto; encollido - encolleito; envolvido - envolto /envolveito; enxugado - enxoito; erguido - ergueito; escollido - escolleito; espertado - esperto; fartado - farto; fixado - fixo; fritido - fri-to; gastado - gasto; moído - mundo; morrido - morto; nacido - nado; prendido - preso; preñado - pre-ñe; resolvido - resolto; revolvido - revolto; salvado - salvo; rompido - roto; suxeitado - suxeito; tinxido - tinto; tollido - tolleito; torcido - torto; volvido - volto.

As asiñas de polo están comestas.

As parellas de participios non sempre poden ser intercambiábeis nos seus usos. No exemplo anterior, os cafés están pagos ou os cafés están pagados, si se poden usar os dous participios indistinta-mente. Porén se dicimos: Non dou pagado os cafés, sempre te me adiantas; non poderiamos substituír pagado por pago. Outro exemplo: esta galiña non dá chocado os ovos; aquí chocado non pode substituírse por choco. Porén si pode-mos dicir estes ovos están chocos ou estes ovos están chocados.

Moito millo teño moído neste muíño.

Xa teño mundo o millo.