marilar aleixandre

27
MARILAR ALEIXANDRE Naceu en Madrid en 1947, de familia con raíces andaluzas. Traballou e viviu en lugares como Ceuta, Doña Mencía (Córdoba) e o propio Madrid. En 1973 instálase en Galiza, primeiro en Vigo e, desde 1991, no lugar de Os Batáns, en Amaía, preto de Compostela. É licenciada en Bioloxía e catedrática e profesora de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago.

Upload: pinksoda

Post on 13-Jul-2015

401 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

MARILAR ALEIXANDRENaceu en Madrid en 1947, de familia con raíces andaluzas.

Traballou e viviu en lugares como Ceuta, Doña Mencía (Córdoba) e o propio Madrid.

En 1973 instálase en Galiza, primeiro en Vigo e, desde 1991, no lugar de Os Batáns, en Amaía, preto de Compostela.

É licenciada en Bioloxía e catedrática e profesora de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago.

Marilar Aleixandre

Incorpórase á literatura galega de forma serodia como autora de narrativa infantil, con obras como:

* A formiga coxa (1989).

* O rescate do peneireiro (1990)

* Nogard (1994)

* O trasno de Alqueidón (1996)

*Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón (1999).

* Paxaros de papel (2001).

* O monstro da chuvia (2003).

* A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán (2005).

En 1994 publica a novela A expedición do Pacífico, que colleita varios premios, como o Merlín (convocado polas Edicións Xerais) e o Premio da Crítica (1995).

O seu libro A banda sen futuro, publicado en 1999,

mereceu o Premio Lazarillo de Literatura Infantil e

Xuvenil

No ano 2000 publica unha orixinal e singular biografía de Castelao.

En 2005 publica Rúa

Carbón

Por A cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre recibe

os premios Fundación Caixa Galicia de Literatura

Xuvenil (2008) e White Ravens (2009)

De 1993 data a súa primeira novela, Tránsito dos Gramáticos.

En 1996 aparece o volume Lobos nas illas, composto por vinte e tres relatos.

En 1997 publica

A compañía

clandestina

de contrapublicidade,

novela distinguida

co premio Cunqueiro

(4ª edición).

Unha presa de terra, novela editada por Ir Indo en 2001, foi Premio Novela por Entregas do xornal coruñés La Voz de Galicia.

En 2001 recibe o

Premio Xerais de Novela

por Teoría do caos.

En 2010, da man de Edicións Xerais,

publica O coitelo en novembro, unha

colección enmarcada de relatos en que

predomina a reflexión sobre a memoria

histórica e sobre os propios procesos de escrita e transmisión

literarias.

En 1995 recibe o Premio Esquío por Catálogo de velenos, o primeiro dos

seus libros poéticos

O seu segundo poemario é

Desmentindo a primavera (2003)

Posteriormente aparecen novos poemarios seus, como:

- Abecedario de árbores (2006).

- Mudanza (2007), co que obtén o Premio Caixanova/Pen Clube de Galicia.

Tamén é autora de libros como Terras de

Compostela (2009)

A súa obra está presente en diversas antoloxías e volumes colectivos

* Materia prima. Relatos contemporáneos ( 2002)

* Antoloxía da narrativa actual (1997)

* Antoloxía do Conto galego de medo (1996).

* Unha liña no ceo, 58 narradores galegos (1996)

* O relato galego: unha ollada desde os nosos días. (Antoloxía) (1995)

● Traduciu para galego A caza do carbairán, de Lewis Carroll; Muller ceiba, da escritora estadounidense Sandra Cisneros; e Harry Potter e a pedra filosofal, de J. K. Rowling.

● Ten colaboracións en publicacións periódicas e revistas como Cerna, Festa da Palabra, Luzes deGaliza, Dorna, Feros Corvos, etc.

● Fixo o guión da banda deseñada "Os escachapedras", con ilustracións de Fran Bueno, para a revista Golfiño, números 0 ao 14 editados por Xerais de 2000 a 2001.