folleto fp química no ies a sardiñeira pdf

15
A FORMACIÓN PROFESIONAL NO IES A SARDIÑEIRA FAMILIA PROFESIONAL DE QUÍMICA Departamento de Orientación

Upload: monica-diz-besada

Post on 04-Aug-2016

243 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Información sobre os ciclos de FP de Química no IES A Sardiñeira

TRANSCRIPT

Page 1: Folleto fp química no ies a sardiñeira pdf

A FORMACIÓN PROFESIONAL NO IES A SARDIÑEIRA

FAMILIA PROFESIONAL DE QUÍMICADepartamento de Orientación

Departamento de Química

Page 2: Folleto fp química no ies a sardiñeira pdf

FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2016/2017 Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada

DATOS DO CENTRO

Enderezo: Avenida da Sardiñeira, s/n, 15007, A CoruñaTeléfono: 881960150 Fax: 881960161E-mail: [email protected] Web: edu.xunta.es/centros/iessardineira

Horario Formación Profesional: Réxime Ordinario:

De Luns a Venres: de 8´45 a 14´15 horas De Luns a Xoves (dúas tardes): de 16´30 a 19´00 horas

Réxime Modular: De Luns a Venres: de 16´30 a 21´30 horas.

OFERTA DE CICLOS DE FP

RÉXIME CICLO Nº DE PRAZAS

Réxime ordinario

Ciclo Medio OPERACIÓNS DE LABORATORIO Ciclo Superior LABORATORIO DE ANÁLISE E CONTROL

DE CALIDADE Ciclo Superior QUÍMICA INDUSTRIAL

22

2222

Réxime modular

presencial

Ciclo Superior LABORATORIO DE ANÁLISE E CONTROL DE CALIDADE.

Análise instrumental Análises químicas Calidade e seguridade no laboratorio Empresa e iniciativa emprendedora Ensaios biotecnolóxicos Ensaios fisicoquímicos Ensaios físicos Ensaios microbiolóxicos Formación e orientación laboral Mostraxe e preparación da mostra

22

Réxime dual

Ciclo Superior QUÍMICA INDUSTRIAL.Acondicionamento e almacenaxe de produtos químicosFormación e Orientación laboralFormulación e preparación de mesturasMantenemento electromecánico en industrias de procesoEmpresa e iniciativa emprendedoraOrganización e xestión en industrias químicasReactores químicos

15

2

Módulos ofertados

2º ano

Módulos ofertados

Page 3: Folleto fp química no ies a sardiñeira pdf

FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2016/2017 Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada

ADMISIÓN

Prazos en ciclos réxime ordinario e adultos presencial: PERÍODO ORDINARIO: Do 27 de xuño ao 5 de xullo 2016 ás 13´00 horas. PERÍODO EXTRAORDINARIO: Do 1 ao 9 de setembro 2016 ás 13´00 horas.

Prazo ciclo superior FP Dual: O Ciclo de Química Industrial en modalidade Dual é bianual (convócase cada dous anos). As solicitudes de inscrición para participar nos proxectos de formación profesional dual poderán entregarse no centro e irán dirixidas ao seu director no prazo específico establecido pola Consellería, xunto coa copia do DNI, certificación académica relativa aos requisitos de acceso (só no caso de ter realizado os estudos fora da C.A. de Galicia), e currículo co formato Europass. Para o curso académico 2016/2017 non hai admisión neste réxime.

CÓDIGOS

Código IES A Sardiñeira 150277770Código CM Operacións de Laboratorio - Réxime ordinario CMQUI02Código CS Laboratorio de Análise e Control de Calidade - Réxime ordinario CSQUI01Codigo CS Química Industrial - Réxime ordinario CSQUI02Códigos CS Laboratorio de Análise e Control de Calidade - Réxime modular presencial:MP0067 Análise instrumental MP0066 Análises químicas MP0072 Calidade e seguridade no laboratorio MP0075 Empresa e iniciativa emprendedora MP0071 Ensaios biotecnolóxicos MP0069 Ensaios fisicoquímicos MP0068 Ensaios físicos MP0070 Ensaios microbiolóxicos MP0074 Formación e orientación laboral MP0065 Mostraxe e preparación da mostra

ZSQUI01

Códigos CS Química Industrial - Réxime DualMP0188 Operacións básicas na industria química MP0194 Prevención de riscos en industrias químicas MP0190 Regulación e control de proceso químico MP0186 Transporte de sólidos e fluídos MP0187 Xeración e recuperación de enerxíaMP0193 Acondicionamento e almacenaxe de produtos químicosMP0196 Formación e Orientación laboralMP0192 Formulación e preparación de mesturasMP0191 Mantenemento electromecánico en industrias de procesoMP0197 Empresa e iniciativa emprendedoraMP0185 Organización e xestión en industrias químicasMP0189 Reactores químicos

ZSQUI02

3

Page 4: Folleto fp química no ies a sardiñeira pdf

FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2016/2017 Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada

REQUISITOS DE ACCESO

CM Operacións de Laboratorio - ORDINARIO

a) Título de ESO (LOE ou LOXSE). b) Título de ESO con avaliación final pola opción de ensinanzas aplicadas (LOMCE). c) 2º de BUP cun máximo de dúas materias pendentes nos dous cursos. d) 2º curso de primeiro ciclo experimental da REM. e) Das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, 3º curso do plan de estudos de 1963 ou 2º curso de comúns experimental. f) Título profesional básico. g) Módulos obrigatorios dun PCPI. h) Algún dos citados no artigo 7. i) Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores.

Tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional as persoas que superasen: a) O curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio. b) A proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de formación profesional, a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

CS Laboratorio de Análise e Control de Calidade - ORDINARIO

CS Química Industrial - ORDINARIO

a) Título universitario. b) Título de técnico superior ou de técnico especialista. c) Título de bacharelato LOXSE, de bacharelato LOE ou de bacharelato LOMCE. d) Certificado de superación de todas as materias do bacharelato LOMCE. e) COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalentes. f) Título de BUP. g) Título de técnico.h) Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores.

Tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional as persoas que superasen a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

CS Laboratorio de Análise e Control de Calidade - ADULTOS PRESENCIAL

Cumprir alomenos 18 anos no ano natural en que comeza o ciclo. Excepcionalmente, poderán acceder as persoas maiores de 16 anos que o soliciten e teñan

un contrato laboral que lles impida acudir aos centros educativos polo réxime ordinario, ou sexan deportistas de alto rendemento. As persoas que accedan por esta condición poderán matricularse no caso de haber prazas liberadas con autorización da inspección educativa.

Cumprir algún dos requisitos académicos de acceso ao réxime ordinario. Acceso sin requisitos académicos: No caso de haber prazas liberadas poderase acceder á

oferta parcial con acrecitación de experiencia laboral equivalente ao traballo tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector laboral do ciclo. Esta formación será acumulable, e para a obtención do título completo haberá que acrecitar o cumprimento dos requisitos académicos.

CS Química Industrial - ADULTOS DUAL

Ter entre 18 e 29 ou feitos no ano natural en que comece o ciclo formativo. Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos, para poder matricularse en todos os

módulos profesionais do ciclo formativo correspondente. Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o

emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.

Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.

Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

4

Page 5: Folleto fp química no ies a sardiñeira pdf

FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2016/2017 Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada

CM OPERACIÓNS DE LABORATORIOFamilia: QuímicaSistema educativo: LOEGrao: MedioHoras: 2000Código: MQUI02

Que se aprende a facer?Realizar tomas de mostras, ensaios de materiais, análises fisicoquímicas, químicas e biolóxicas, aplicando procedementos normalizados e mantendo operativos os equipamentos e as instalacións de servizos auxiliares, consonte as normas de calidade e prevención de riscos laborais, e de protección ambiental.

Onde se realiza o traballo?En empresas e laboratorios de diversos sectores onde cumpra tomar mostras, realizar ensaios físicos, fisicoquímicos, químicos e microbiolóxicos, e manter operativos os equipamentos e as instalacións auxiliares que se orienten ao control de calidade.Os principais sectores en que pode desenvolver a súa actividade son: industria química, nas áreas de almacén e laboratorio de control de calidade; outras industrias que requiran procesos fisicoquímicos, como son a agroalimentaria, farmacéutica, de construción, metalúrxica, mecánica, electrónica, téxtil, transformadora de plásticos e caucho, etc; laboratorios en xeral, de organismos públicos ou de empresas privadas.

En que postos de traballo?Auxiliar, operador/ora ou técnico/a de laboratorios de química, industrias químicas, industrias alimentarias, sector ambiental, industria transformadora, in-dustria farmacéutica, materias primas e produto acabado, control e recepción de materias, centros de formación e investigación, control de calidade de ma-teriais, metalurxia e galvanotecnia, ensaios de produtos de fabricación mecánica e microbioloxía alimentaria, ambiental, farmacéutica e de augas; operador/ora de mantemento de servizos auxiliares, equipamento e almacén; mostreador/ora e participante en ensaios de campo.

Cales son os módulos deste ciclo?

Que título se obtén?Técnico en operacións de laboratorio.

5

Page 6: Folleto fp química no ies a sardiñeira pdf

FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2016/2017 Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada

CS LABORATORIO DE ANÁLISE E CONTROL DE CALIDADE

Familia: QuímicaSistema educativo: LOEGrao: SuperiorHoras: 2000Código: SQUI01

Que se aprende a facer?Organizar e coordinar as actividades de laboratorio e o plan de mostraxe, realizando todo tipo de ensaios e análises sobre materias e produtos en proceso e acabados, orientados á investigación e ao control de calidade, así como interpretar os resultados obtidos, actuando baixo normas de boas prácticas no laboratorio.

Onde se realiza o traballo?En empresas ou laboratorios de distintos sectores onde cumpra realizar ensaios físicos e fisicoquímicos, e análises químicas e instrumentais en materias e en produtos orientados ao control de calidade e á investigación, así como naqueles en que sexa preciso realizar probas microbiolóxicas e biotecnolóxicas en áreas ambientais ou de alimentación, entre outras.

En que postos de traballo?Analista de laboratorios de titularidade pública ou privada, analista de laboratorio químico, analista de laboratorio microbiolóxico, analista de laboratorio de materiais, analista de laboratorio de industrias agroalimentarias, analista de laboratorio de industrias transformadoras, analista de centros de formación, investigación e desenvolvemento, analista microbiolóxico/a de industrias alimentarias, empresas ambientais e industrias biotecnolóxicas, analista microbiolóxico/a de augas potables e residuais, analistas de control microbiolóxico da industria farmacéutica, analista de materias primas e acabamentos, técnico/a de laboratorio de química industrial, técnico/a en control de calidade en industrias de manufacturas diversas, técnico/a de ensaios de produtos de fabricación mecánica, técnico/a de ensaios de materiais de construción.

Cales son os módulos deste ciclo?

Que título se obtén?Técnico superior en laboratorio de análise e de control de calidade.

6

Page 7: Folleto fp química no ies a sardiñeira pdf

FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2016/2017 Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada

CS QUÍMICA INDUSTRIAL

Familia: QuímicaSistema educativo: LOEGrao: SuperiorHoras: 2000Código: SQUI02

Que se aprende a facer?Organizar e controlar as operacións das plantas de proceso químico e de coxeración de enerxía e servizos auxiliares asociados, supervisando e asegurando o seu funcionamento, as postas en marcha e as paradas, e verificando as condicións establecidas de seguridade, de calidade e ambientais.

Onde se realiza o traballo?No sector químico nas áreas de produción de plantas químicas, de coxeración de enerxía e de servizos auxiliares.

En que postos de traballo?Encargado/a de planta química. Encargado/a de operacións de máquinas para fabricar, transformar e acondicionar produtos químicos. Supervisor/ora de área de produción de enerxía. Supervisor/ora de área de servizos auxiliares. Supervisor/ora de refinarías de petróleo e gas natural. Xefe/a de equipo en instalacións de tratamento químico. Xefe/a de equipo en almacéns en industrias químicas. Xefe/a de parque de tanques en industrias químicas. Xefe/a de zona de recepción e expedición de materias e produtos químicos. Supervisor/ora de sistemas de control. Supervisor/ora de cuarto de control. Supervisor/ora de área en plantas de química de transformación. Supervisor/ora de área de acondicionamento. Responsable de formulación.

Cales son os módulos deste ciclo?

Que título se obtén?Técnico superior en química industrial.

7

Page 8: Folleto fp química no ies a sardiñeira pdf

FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2016/2017 Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada

CS QUÍMICA INDUSTRIAL DUAL

Que é a FP dual?É unha modalidade de formación profesional que integra unha formación mixta, xa que se desenvolve en réxime de alternancia na empresa e no centro educativo. A empresa facilita os seus espazos, as súas instalacións e/ou as persoas expertas para realizar parcialmente determinados módulos profesionais. Igual que no resto de réximes e modalidades de formación profesional, a superación de todos os módulos dun ciclo formativo dá lugar ao correspondente título.

Que tipos de proxectos de FP dual temos no IES A Sardiñeira?Hai dous tipos de proxectos de FP dual: por contrato de formación e aprendizaxe, ou por bolsa. No IES A Sardiñeira temos asinado un convenio polo réxime de bolsas.

Percibe o alumnado de FP dual algún tipo de remuneración?No caso de proxectos tipo contrato de formación e aprendizaxe, o alumnado percibirá a retribución establecida no convenio colectivo correspondente, e non poderá ser, en ningún caso, inferior ao salario mínimo interprofesional en proporción ao tempo de traballo efectivo.Para o caso de proxectos tipo bolsa, o alumnado será beneficiario dunha bolsa dunha cuantía similar a dos proxectos tipo contrato durante a súa participación no proxecto.

Cal é a duración dun ciclo formativo na modalidade dual?Na modalidade dual da formación profesional, as 2.000 horas de formación dos ciclos formativos distribúense ao longo dun máximo de tres anos.

Cal é o vínculo do alumnado de FP dual coa empresa?No caso de proxectos tipo bolsa, o alumnado terá a condición de bolseiro nesa empresa.

Que vantaxes teño ao estudar un ciclo formativo na modalidade dual?Ao cursar un ciclo formativo de formación profesional na modalidade dual, ha de recibir unha remuneración desde o inicio do teu período de formación, que se irá incrementando cada ano á medida que aumente a túa competencia profesional, e terá maior facilidade para a integración no mercado laboral, ao dominar os procesos produtivos da empresa.

Convenio actual:En 2015 asinouse un convenio de xeito experimental coa empresa Repsol Petróleo S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas coa duración desde setembro de 2015 ata o 15 de setembro de 2017.A empresa contribúe á formación de 15 alumnos e participa na selección destes realizando entrevistas psicoprofesionais e probas de coñecementos para identificar a idoneidade dos/das candidatos/as en relación co perfil profesional.

8

Page 9: Folleto fp química no ies a sardiñeira pdf

FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2016/2017 Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada

Repsol Petróleo S.A financia unha bolsa para cada alumno/a por un importe non inferior á parte proporcional, en función do tempo de actividade profesionalizadora que realice o alumnado durante a súa estadía na empresa, do salario mínimo interprofesional.O alumnado adquire a formación no centro educativo durante o 1º trimestre de cada curso e a estadía na empresa desenvólvese no 2º e 3º trimestre dentro do horario laboral da empresa.

Máis información no blogue de FP Dual:

http://www.edu.xunta.es/centros/iessardineira/node/977

9

Page 10: Folleto fp química no ies a sardiñeira pdf

FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2016/2017 Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada

EMPREGABILIDADE, PROXECTOS e ACTIVIDADES de FP de QUÍMICA no IES A SARDIÑEIRA

EMPREGABILIDADE DO ALUMNADO DOS CICLOS DE FP DE QUÍMICA:

Tal e como está distribuída a oferta de ciclos desta familia profesional na Comunicade Autónoma de Galicia, a maioría dos técnicos medios e superiores de Laboratorio e técnicos superiores de Química Industrial que titulan no IES A Sardiñeira atopan traballo en empresas do sector químico dos polígonos industriais do entorno produtivo da provincia de A Coruña tales como Repsol YPF, Alcoa, APPlus, Estrella Galicia, Bioetanol, Ferroatlántica, Organistry, Centrales Térmicas de Sogama ou Meirama, Leyma, Feiraco…

INICIATIVAS PARA A MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA:

O Departamento de Ciclos Formativos da familia Química do IES A Sardiñeira ten como meta, xa desde a súa creación, impartir unha formación de calidade adecuada á demanda cada vez máis esixente no mundo empresarial.

PFFP (PROXECTOS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL)

O profesorado do IES A Sardiñeira está moi implicado en grupos de traballo e proxectos de formación para profesores de Formación Profesional e así, desde a convocatoria do curso 2010-2011 ata a actualidade, participou nos seguintes:

PROXECTOS DE INNOVACIÓN

Nos últimos anos participou en dous proxectos de innovación aplicada e transferencia do coñecemento na formación profesional do sistema educativo, convocados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte:

“Biorreactores como experiencia previa e aplicable á industria química: deseño, análise, caracterización, montaxe e control.”

“Estratexias e-Learning e m-Learning para o desenvolvemento das competencias máis sensibles aos cambios tecnolóxicos en Biotecnoloxía, orientadas a ocupacións emerxentes e/ou emprendedores”.

10

C1021003: Programación de autómatasCurso 2010-2011C1121008: Protocolos de prácticas de laboratorioC1121002: Manuais de equiposCurso 2011-2012C1221002: Elaboración de manuais de equipos e prácticas de laboratorioC1221004: Prácticas con biorreactoresCurso 2012-2013C1321002: Novas Técnicas Instrumentais en Ciclos FormativosCurso 2013-2014

Page 11: Folleto fp química no ies a sardiñeira pdf

FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2016/2017 Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada

PREMIOS Á CALIDADE E INNOVACIÓN:

En setembro de 2013 foron concedidos ao IES A Sardiñeira un segundo premio e un terceiro premio á “Calidade e Innovación en Orientación e en Formación Profesional.”

PARTICIPACIÓN EN CURSOS, SEMINARIOS, XORNADAS, E CONGRESOS SOBRE A FORMACIÓN PROFESIONAL E ESTANCIAS PROFESIONAIS:

O grupo de profesores do Departamento de Ciclos está presente en cursos e ponencias organizadas pola Xunta de Galicia e o CFR de A Coruña, organismos autonómicos que fomentan ano tras ano a formación permanente do profesorado.

Asimesmo, o profesorado participa nas distintas estancias formativas en empresas da Comarca (p.ex.: Repsol, central térmica de As Pontes, etc.) e na universidade de A Coruña organizadas anualmente pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria co obxetivo de actualizar os seus coñecementos e adaptar os contidos curriculares á realidade do texido empresarial da nosa contorna.

FP DUAL:

No curso 2013-2014 o IES A Sardiñeira convertiuse en centro pioneiro na implantación de FP Dual na familia química en Galicia, estableciendo un convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Repsol.

FOMENTO DA MOVILIDADE DO ALUMNADO E O PROFESORADO:

O IES A Sardiñeira participa en varios consorcios creados a través do programa ERASMUS+, co obxectivo de fomentar a movilidade do alumnado de FP.

ORIENTACIÓN LABORAL:

Na familia profesional de Química realizanse diversas actividades de orientación laboral, destacando as seguintes:

Participación no Programa Inicia: Inicia é un programa de difusión e ensinanza do espíritu emprendedor, que consiste na elaboración dun proxecto empresarial por parte dos alumnos, co apoio de documentación e un software de simulación empresarial, facilitado polo Concello de A Coruña. Os mellores proxectos empresariais poderán ser presentados nunha Feira de Ideas Empresariais, premiándose as mellores iniciativas emprendedoras

Seminarios de motivación para a búsqueda de emprego: Son un conxunto de intervencións dirixidas a facilitar o tránsito desde a escola á vida laboral activa, que permiten facilitar ao alumnado a información e o asesoramento necesarios para acortar os tempos entre a finalización dos estudos e a incorporación ao emprego. Realízanse en colaboración co Concello de A Coruña e son os seguintes:

“Habilidades sociais para o emprego”“Ferramentas para a procura de emprego”“Ferramentas dixitais. Web 2.0 na búsqueda de emprego”“A entrevista de traballo”

11

Page 12: Folleto fp química no ies a sardiñeira pdf

FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2016/2017 Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada

“Sensibilización en materia de igualdade de oportunidades e non discriminación no campo laboral”

12