españa no franquismo (1939-1975). - edu.xunta.gal bac tema... · c franquismo: réxime instaurado...

9
2º BAC - Esquema tema 9 - páx. 1 España no franquismo (1939-1975). Introdución. Etapas do franquismo. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e trazos básicos. C Franquismo: réxime instaurado en España por Franco tras a vitoria na Guerra Civil. Trazo básico: concentración de todos os poderes. C Franco: personalidade complexa e controvertida, valorada desde ángulos moi diversos, desde o panexírico ata a repulsa visceral. 1.1.- Que foi o franquismo? C A natureza política do franquismo é obxecto de discusión. Os seus trazos fóronse perfilando ao compás da Guerra Civil e despois dela. C Difícil de definir con precisión por: carácter persoal do réxime (imposible separalo da figura de Franco) + toma elementos de diferentes réximes (ditadura militar / fascismos / monarquía absoluta). C Ditadura militar de carácter persoal, cuxa base ideolóxica é o pensamento conservador e católico español + incorpora principios, elementos e parafernalia do fascismo italiano e das institucións que o apoiaban: Falanxe, Exército, Igrexa, tradicionalistas e monárquicos. T Do fascismo: un só partido (Movimiento Nacional), un só sindicato (Sindicato Vertical), encadramento dos mozos (Frente de Juventudes), das mulleres (Sección Femenina) e dos universitarios (SEU), saúdo brazo en alto, expresións... T Malia iso, o franquismo non é un réxime fascista (non pretende a renovación total da sociedade e a creación dun “home novo”). T Símbolos externos: camisa azul, boina vermella, himnos (Cara al Sol, Oriamendi...), desfiles, lemas, bandeira, escudo... C Franco carecía de ideoloxía e proxecto político definidos; o seu réxime foi adaptándose ás diferentes conxunturas, pero mantivo principios e fobias: orde, autoridade, catolicismo, unidade da patria, uniformidade ideolóxica, oposición á democracia, aos partidos políticos e ás liberdades civís, complot xudeomasónico e comunista como causa dos males de España... 1.2.- A organización política do réxime. C A plasmación legal e institucional do franquismo foi lenta: desde a G. Civil ata 1967. O réxime foi denominado "democracia orgánica". A.- O proceso de institucionalización: as "Leis Fundamentais". C 1938: Foro do Traballo. prohibía o sindicalismo de clase e outorgaba ao Estado o control das relacións laborais; en 1940 completouse coa Lei de Unidade Sindical, que regulamentou o "sindicato vertical". C 1942: Lei de Cortes. Creaba as novas Cortes orgánicas con función deliberante e consultiva. Era un organismo controlado polo poder. C 1945: Foro dos Españois: táboa de dereitos e deberes, a modo de Carta Outorgada; quedaban rexistrados na lei, pero non estaban garantidos na práctica. Reafirmaban o carácter católico e tradicionalista do réxime e pretendían enmascarar a súa imaxe autoritaria, no contexto da derrota dos fascismos na II Guerra Mundial e o inicio do illamento internacional do réxime. C 1945: Lei de Referendo Nacional. Daba participación á opinión pública para sancionar as leis que decidía o Xefe do Estado. O referendo carecía de lexitimidade democrática. Dous referendos: en 1947 (Lei Sucesión) e en 1967 (Lei Orgánica do Estado). C 1947: Lei de Sucesión. Definía España como reino; ratificaba a Franco como Xefe de Estado vitalicio, reservaba a Franco o dereito a elixir o seu sucesor a título de rei, e fixaba as condicións que este debía reunir. C 1958: Lei de Principios do Movemento Nacional. Establecía unha serie de principios inmutables e permanentes: unidade de España, condición de reino e de país católico, e insistía nas unidades naturais da vida social: familia, municipio e sindicato. C 1967: Lei Orgánica do Estado. Refunde leis anteriores. Novidades: separación xefe de Estado - xefe do Goberno, maior participación política dos españois na elección dos procuradores en Cortes, recoñecemento oficial da liberdade relixiosa... B.- A "democracia orgánica". C O réxime franquista foi definido polos seus partidarios como democracia orgánica (por oposición á democracia parlamentaria), porque canalizaba a participación política da sociedade a través dos seus "órganos naturais": a familia, o municipio e o sindicato. 1.3.- Fundamentos sociais, políticos e ideolóxicos. A.- As bases sociais da ditadura. C Apoios: a oligarquía (terratenentes, alta burguesía industrial e financeira...) + militares, falanxistas + clases medias rurais+ grupos beneficiados pola guerra ou as depuracións da posguerra... C Oposición do proletariado industrial, os xornaleiros, parte das clases medias urbanas... sectores afogados na posguerra pola represión, o medo, a miseria e a derrota; nos anos 60 adoptaron unha actitude de acomodamento, pasividade, aceptación ou apoliticismo. B.- As bases institucionais: as "familias" do réxime. C A Falanxe: integrada no partido único e sometida ao réxime. Converteuse en canteira de dirixentes para a ditadura, submistrador da literatura ideolóxica, e instrumento de control e mobilización da opinión pública. Dominou os Gobernos nos primeiros anos da posguerra. C O Exército: columna vertebral do réxime, cuxa fidelidade foi recompensada con numerosos cargos. Funcións: defender o territorio fronte aos inimigos externos, garantir a unidade da patria, manter a orde pública e librar o réxime dos seus inimigos internos. C A Igrexa apoiou os sublevados desde o inicio da guerra, lexitimou o réxime e propagou os seus valores. A cambio, recuperou os seus privilexios e influencia social, e impuxo a unidade católica de España con exclusión oficial de calquera outra relixión (nacionalcatolicismo). C As organizacións católicas: Asociación Católica Nacional de Propagandistas (ACNP) + Opus Dei. Aportaron cadros e dirixentes e os opusdeístas protagonizaron os gobernos "tecnócratas" da década dos sesenta. C Os monárquicos : malia que Franco non restaurou a monarquía, apoiaron o réxime e ocuparon postos clave (corpo diplomático). C.- Os fundamentos ideolóxicos. C.1.- Concentración de poderes.

Upload: tranbao

Post on 07-Oct-2018

219 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

2º BAC - Esquema tema 9 - páx. 1

España no franquismo (1939-1975).

Introdución. Etapas do franquismo.

1.- O réxime franquista. Fundamentos e trazos básicos.

C Franquismo: réxime instaurado en España por Franco tras a vitoria na Guerra Civil. Trazo básico: concentración de todos os poderes.C Franco: personalidade complexa e controvertida, valorada desde ángulos moi diversos, desde o panexírico ata a repulsa visceral.

1.1.- Que foi o franquismo?

C A natureza política do franquismo é obxecto de discusión. Os seus trazos fóronse perfilando ao compás da Guerra Civil e despois dela.C Difícil de definir con precisión por: carácter persoal do réxime (imposible separalo da figura de Franco) + toma elementos de diferentes

réximes (ditadura militar / fascismos / monarquía absoluta).C Ditadura militar de carácter persoal, cuxa base ideolóxica é o pensamento conservador e católico español + incorpora principios,

elementos e parafernalia do fascismo italiano e das institucións que o apoiaban: Falanxe, Exército, Igrexa, tradicionalistas e monárquicos.T Do fascismo: un só partido (Movimiento Nacional), un só sindicato (Sindicato Vertical), encadramento dos mozos (Frente de

Juventudes), das mulleres (Sección Femenina) e dos universitarios (SEU), saúdo brazo en alto, expresións...T Malia iso, o franquismo non é un réxime fascista (non pretende a renovación total da sociedade e a creación dun “home novo”).T Símbolos externos: camisa azul, boina vermella, himnos (Cara al Sol, Oriamendi...), desfiles, lemas, bandeira, escudo...

C Franco carecía de ideoloxía e proxecto político definidos; o seu réxime foi adaptándose ás diferentes conxunturas, pero mantivo principiose fobias: orde, autoridade, catolicismo, unidade da patria, uniformidade ideolóxica, oposición á democracia, aos partidos políticos e ásliberdades civís, complot xudeomasónico e comunista como causa dos males de España...

1.2.- A organización política do réxime.

C A plasmación legal e institucional do franquismo foi lenta: desde a G. Civil ata 1967. O réxime foi denominado "democracia orgánica".

A.- O proceso de institucionalización: as "Leis Fundamentais".

C 1938: Foro do Traballo. prohibía o sindicalismo de clase e outorgaba ao Estado o control das relacións laborais; en 1940 completousecoa Lei de Unidade Sindical, que regulamentou o "sindicato vertical".

C 1942: Lei de Cortes. Creaba as novas Cortes orgánicas con función deliberante e consultiva. Era un organismo controlado polo poder.C 1945: Foro dos Españois: táboa de dereitos e deberes, a modo de Carta Outorgada; quedaban rexistrados na lei, pero non estaban

garantidos na práctica. Reafirmaban o carácter católico e tradicionalista do réxime e pretendían enmascarar a súa imaxeautoritaria, no contexto da derrota dos fascismos na II Guerra Mundial e o inicio do illamento internacional do réxime.

C 1945: Lei de Referendo Nacional. Daba participación á opinión pública para sancionar as leis que decidía o Xefe do Estado. O referendocarecía de lexitimidade democrática. Dous referendos: en 1947 (Lei Sucesión) e en 1967 (Lei Orgánica do Estado).

C 1947: Lei de Sucesión. Definía España como reino; ratificaba a Franco como Xefe de Estado vitalicio, reservaba a Franco o dereito aelixir o seu sucesor a título de rei, e fixaba as condicións que este debía reunir.

C 1958: Lei de Principios do Movemento Nacional. Establecía unha serie de principios inmutables e permanentes: unidade de España,condición de reino e de país católico, e insistía nas unidades naturais da vida social: familia, municipio e sindicato.

C 1967: Lei Orgánica do Estado. Refunde leis anteriores. Novidades: separación xefe de Estado - xefe do Goberno, maior participaciónpolítica dos españois na elección dos procuradores en Cortes, recoñecemento oficial da liberdade relixiosa...

B.- A "democracia orgánica".

C O réxime franquista foi definido polos seus partidarios como democracia orgánica (por oposición á democracia parlamentaria), porquecanalizaba a participación política da sociedade a través dos seus "órganos naturais": a familia, o municipio e o sindicato.

1.3.- Fundamentos sociais, políticos e ideolóxicos.

A.- As bases sociais da ditadura.

C Apoios: a oligarquía (terratenentes, alta burguesía industrial e financeira...) + militares, falanxistas + clases medias rurais+ gruposbeneficiados pola guerra ou as depuracións da posguerra...

C Oposición do proletariado industrial, os xornaleiros, parte das clases medias urbanas... sectores afogados na posguerra pola represión,o medo, a miseria e a derrota; nos anos 60 adoptaron unha actitude de acomodamento, pasividade, aceptación ou apoliticismo.

B.- As bases institucionais: as "familias" do réxime.

C A Falanxe: integrada no partido único e sometida ao réxime. Converteuse en canteira de dirixentes para a ditadura, submistrador daliteratura ideolóxica, e instrumento de control e mobilización da opinión pública. Dominou os Gobernos nos primeiros anos da posguerra.

C O Exército: columna vertebral do réxime, cuxa fidelidade foi recompensada con numerosos cargos. Funcións: defender o territorio fronteaos inimigos externos, garantir a unidade da patria, manter a orde pública e librar o réxime dos seus inimigos internos.

C A Igrexa apoiou os sublevados desde o inicio da guerra, lexitimou o réxime e propagou os seus valores. A cambio, recuperou os seusprivilexios e influencia social, e impuxo a unidade católica de España con exclusión oficial de calquera outra relixión (nacionalcatolicismo).

C As organizacións católicas: Asociación Católica Nacional de Propagandistas (ACNP) + Opus Dei. Aportaron cadros e dirixentes e osopusdeístas protagonizaron os gobernos "tecnócratas" da década dos sesenta.

C Os monárquicos : malia que Franco non restaurou a monarquía, apoiaron o réxime e ocuparon postos clave (corpo diplomático).

C.- Os fundamentos ideolóxicos.

C.1.- Concentración de poderes.

2º BAC - Esquema tema 9 - páx. 2

C Franco, “Caudillo de España por la Gracia de Dios”, concentrou todos os poderes do Estado e exerceunos de maneira directa, senlimitacións legais e sen control de ningunha institución (tan só rendía contas “ante Dios y ante la Historia”).

C.2.- Anticomunismo, antiliberalismo e antiparlamentarismo.

C Anticomunismo: trazo constante do réxime, que consideraba comunistas a todos os desafectos; reforzouse no contexto da guerra fría.C Antiliberalismo e antiparlamentarismo: rexeitamento de todos os compoñentes dun sistema democrático (partidos políticos, liberdades

individuais, Constitución, eleccións, Parlamento...), identificado co marxismo e contrario ás esencias da nación española.

C.3.- Nacionalcatolicismo.

C Identificación plena entre o Estado e a Igrexa católica, entre España e catolicismo, sancionada no Concordato de 1953: a cambio dalexitimación do réxime, a Igrexa obtivo privilexios e exerceu un control absoluto da vida social: moral, costumes, educación, censura...

C Na década dos 60: renovación da Igrexa (Concilio Vaticano II) Y as relacións entre o réxime e a Igrexa comezaron a deteriorarse ecomezou unha corrente minoritaria de oposición ao franquismo. En 1967: lei de Liberdade Relixiosa, permitía outros cultos en privado.

C.4.- Unidade da patria e centralismo.

C España constituía unha entidade única e indivisible, principio incuestionable Y rexeitamento frontal das autonomías Y supresión dasinstitucións autonómicas, persecución das manifestacións, símbolos e linguas nacionalistas, e imposición do modelo e valores de Castela.

C Centralismo: submisión da administración local ao Goberno central, que nomeaba os alcaldes das cidades maiores de 10.000 habitantes.C Tradicionalismo: defensa dos "valores históricos tradicionais" de España, e exaltación das "glorias da historia de España": a Reconquista,

os Reis Católicos, o Imperio, a defensa do catolicismo... modelo de gloria e unidade para a patria, auténtica esencia do español.

C.5.- Militarismo.

C Preponderancia da simboloxía e os valores militares no ámbito social: desfiles, uniformes, símbolos, himnos, recordos da vitoria...C As virtudes castrenses foron consideradas como modelos a imitar, e os militares participaban en todos os ámbitos da vida social e polít.

C.6.- Totalitarismo.

C A ditadura franquista imitou o modelo dos réximes totalitarios italiano e alemán: suprimiu as institucións democráticas, limitou liberdadese dereitos dos cidadáns, prohibiu partidos políticos e sindicatos, controlou a educación e a cultura, e creou institucións de encadramentopolítico e ideolóxico.

C.6.1.- O "Movemento Nacional".

C Nome que o réxime lle deu ao conglomerado de forzas políticas que participaron no Alzamento Nacional, unificadas por decreto en abrilde 1937. Era a única organización política permitida, e baseábase nos postulados da Falanxe ("Os vinte e sete puntos") e otradicionalismo.T O "Movemento comunión": principios ideolóxicos comúns, presuntamente aceptados por todos os españois, recollidos na Lei de

Principios do Movemento Nacional en 1958. Constituían a doutrina oficial do réxime.T O "Movemento organización": a estrutura organizativa de FET-JONS ao servizo do Estado (recollida na LOE, 1967). Tres órganos:

– A Xefatura Nacional, que Franco retivo con carácter vitalicio.– O Consello Nacional, unha especie de segunda cámara do réxime, que velaba polo mantemento e a integridade dos principios.– A Secretaría Xeral, órgano executivo con rango de ministerio, do que dependían as Delegacións Nacionais e as Xefaturas

Provinciais e Locais.

C.6.2.- Sindicalismo vertical.

C O franquismo declarou ilegais todos os sindicatos de clase e os traballadores quedaron encadrados de modo forzoso en corporaciónsde carácter vertical nas que estaban incluídos de forma xerárquica os patróns e os obreiros baixo a supervisión do Ministerio de Traballo.

C Os sindicatos verticais estruturábanse arredor de 3 esferas: a campesiña, a artesanal-industrial e a marítima; cada unha delas estabasubdividida en diferentes células ou unidades en función da actividade concreta que realizasen.

C Todas elas formaban a "Organización Sindical do Movemento", que tiña como xustificación última a loita de clases.C O sindicato vertical era unha canle de participación na vida política: un terzo dos procuradores das Cortes procedían dos sindicatos /

estaban representados en organismos da vida política e social (Consello do Reino, Consello de Estado, Concellos, Deputacións...).

C.6.3.- Limitación dos dereitos individuais.

C O réxime franquista limitou e subordinou os dereitos á lealdade á persoa de Franco e ao respecto aos principios fundamentais doMovemento. O Foro dos Españois (1945) decretou os deberes e os dereitos dos españois:T Deberes: fidelidade á patria; lealdade a Franco; obedecer as Leis Fundamentais; servizo militar obrigatorio; pagar os tributos;

alimentar e educar os fillos; manter a unidade espiritual, nacional e social de España.T Dereitos individuais -liberdade de opinión, de residencia, de reunión e asociación-; de carácter social -educación, seguro social de

enfermidade e accidente-. O seu exercicio estaba moi limitado.

C.6.4.- Control da educación e da cultura.

C O franquismo pretendeu impoñer os seus valores ideolóxicos e morais, e conseguir a uniformidade ideolóxica e cultural. Para iso exerceuun férreo control sobre as actividades privadas e públicas de todos os españois.T Control da moral e formas de pensamento, segundo os criterios da Igrexa Católica Y imposición dun férreo puritanismo.T Control da educación:

– difusión dos principios básicos do Movemento mediante os programas de ensino e materias como "Formación do Espírito Nacional";– depuración de docentes e funcionarios republicanos aos que se aplicou a Lei de Responsabilidades Políticas (1939).– reformas dos plans de estudo e imposición do Sindicato Español Universitario (SEU), como único portavoz dos estudantes.

2º BAC - Esquema tema 9 - páx. 3

T Control da cultura a través dunha estrita censura que perseguía calquera forma de expresión que puidese atentar contra os principiosoficiais e a moral católica.

T No ámbito familiar, impúxose o modelo patriarcal, que preconizaba o completo sometemento da muller ao home. A “SecciónFemenina” (1934) controlou a educación da muller e exaltou os seus roles tradicionais (nai, ama de casa). En 1937 creouse o“Servicio Social” obrigatorio para as mulleres. Prohibíronse o matrimonio civil e o divorcio.

2.- Unha longa posguerra. 1939-1959.

2.1.- Evolución das relacións internacionais do réxime.

A.- Os anos da Segunda Guerra Mundial. 1939-1945.

C Desde o remate da Guerra Civil (abril) ao inicio da II GM (setembro 1939): política de aproximación ás potencias do Eixe (tratados, SDN)C Cando se desencadea o conflito mundial: inmediata declaración oficial de neutralidade (4 setembro 1939), obrigada pola conxuntura.C O espectacular avance de Alemaña e a entrada de Italia na guerra (1940) Y paso a unha política de non belixerancia (12 xuño 1940):

España non participa oficialmente pero amosa amizade e colaboración co Eixe. Fracaso dos intentos de Integración española na guerra.T Entrevista de Franco con Hitler (Hendaia, Francia, 23 outubro 1940) e con Mussolini (Bordighera, Italia, 12 febreiro 1941).T España non interveu na guerra pero colaborou coas potencias do Eixe: envío da "División Azul" á fronte da URSS (xullo 1941).

C A contraofensiva aliada desde 1943 Y retorno á política de estrita neutralidade (3 outubro 1943) e distanciamento do Eixe. Retirada daDivisión Azul (novembro 1943) e ruptura de relacións diplomáticas con Xapón (abril 1945).

B.- O illamento internacional. 1945-1953.

C Coa derrota das potencias do Eixe na IIª GM comezaron os peores momentos para o réxime: cerco internacional (1945-1947).T Manifesto de Lausana (Suíza, 19 marzo 1945): o herdeiro do trono español, don Juan de Borbón, pide a Franco que abandone o poder

e restaure a monarquía.T A Conferencia dos Aliados, en Potsdam [xullo-agosto1945] declara que o réxime español era produto do apoio do Eixe. Stalin propón

provocar militarmente a súa caída.T Febreiro de 1946: a recén creada ONU veta a entrada de España en calquera dos seus organismos.T Xuño de 1946: o Consello de Seguridade da ONU declara que o réxime español era unha ameaza para a paz internacional.T 13 de decembro de 1946: a ONU recomenda a todos os países que retirasen os seus embaixadores de España.

C A reacción do réxime:T Orientación diplomática cara ao mundo árabe, sectores anticomunistas e Latinoamérica (Arxentina, Protocolo Franco-Perón 1948).T Reforzou a súa liña autárquica e represiva e o seu discurso ultranacionalista en manifestacións multitudinarias de apoio a Franco.T Retirou o aparato fascista do réxime e reforzou a súa imaxe católica e anticomunista.

C Desde 1947: pasos progresivos cara ao recoñecemento internacional no contexto da guerra fría e a política de bloques.T Cambia a óptica das potencias occidentais sobre España: Franco como adaíl do anticomunismo + revalorización da importancia

estratéxica de España pola súa situación xeográfica. O carácter antidemocrático pasa a un segundo plano.T Reapertura da fronteira francesa (1948), firma de tratados comerciais con Francia e GBR, axuda económica de EUA (1949)...T Desde 1949: normalización de relacións diplomáticas entre España e as potencias occidentais Y aceptación do réxime español, pero

seguía condenado pola > das democracias: non foi admitida na OTAN (1949) nin recibiu os beneficios do Plan Marshall (1947-1952).T A finais de 1950 a ONU levanta o veto ao réxime Y volta dos embaixadores (1951) + integración de España nos organismos

internacionais (FAO -1951-, UNESCO -1953-...)

C.- O recoñecemento internacional. 1953-1959.

C 1953: confirmouse a rehabilitación internacional do franquismo e a apertura do réxime ao exterior. Dous fitos básicos:T Sinatura do Concordato coa Santa Sede (27 agosto 1953).T Sinatura dos Acordos entre España e os EUA (26 setembro 1953): axuda económica e militar a cambio da cesión de bases militares.

C Nos anos seguintes: incorporación de España a outros organismos internacionais:T Organización das Nacións Unidas (ONU) en 1955 / Organización Internacional do Traballo (OIT) en 1956 / Organización Económica

de Cooperación Europea (OECE, antecedente da OCDE) en 1958 / Fondo Monetario Internacional (FMI) en 1958...C Esta política de recoñecemento internacional culminou coa visita do presidente norteamericano D. Eisenhower en decembro de 1959.C A integración na comunidade internacional obrigou a España a seguir os plans de descolonización da ONU Y recoñeceu a independencia

das súas colonias en Marrocos (1956), aínda que conservou Ifni (territorio do SO de Marrocos) ata 1969 e o Sáhara Occidental ata 1975.

2.2.- A política económica: da autarquía aos inicios da liberalización.

A.- O período autárquico. 1939-1950.

C Contexto: situación crítica da economía da posguerra / illamento internacional. Influencia do modelo fascista.

A.1.- Caracteres básicos da política económica da posguerra:

C Autarquía: o Goberno buscou a autosuficiencia económica de España, limitando os investimentos estranxeiros, reducindo ao mínimo asimportacións e planificando a actividade económica para aprovisionarse con recursos de procedencia nacional.

C Intervencionismo do Estado: estableceu cotas de produción, racionou o consumo, fixou prezos e salarios, regulamentou o comercio...

A.2.- Eixes da política económica autárquica:

C A regulación das importacións e exportacións (mediante autorización administrativa) Y limitar os intercambios co exterior.C O fomento da industria, a través do INI (1941) que promoveu empresas públicas en sectores estratéxicos (enerxía, refinerías, siderurxia,

naval, transportes, comunicacións, químico...). Recibiron axudas estatais Y incremento do gasto público.

2º BAC - Esquema tema 9 - páx. 4

C Substitución do libre mercado pola fixación arbitraria dos prezos +necesidade de autorización para iniciar unha actividade económica.C O Estado controlaba directamente o mercado e os cultivadores estaban obrigados a venderlle toda a produción a un prezo fixado.

A.3.- Evolución dos sectores económicos.

C Agricultura: descenso da produción (carencias técnicas e baixa produtividade) Y problemas no abastecemento de alimentos.T Plan de incremento da produción mediante a colonización e cultivo de novas terras (INC) e a concentración parcelaria.

C Industria: política intervencionista e de fortes restricións legais a importacións e investimentos estranxeiros. Dependencia tecnolóxica.C Transportes: nacionalización da rede de ferrocarrís de vía ancha coa fundación de RENFE (1941).C Transaccións comerciais: estaban fortemente intervidas polo Estado, a través de organismos específicos para o interior e o exterior.

A.4.- Consecuencias da política autárquica: un rotundo fracaso.

C Deficiencias en todos os sectores: unha agricultura moi pouco produtiva, unha industria obsoleta e pouco ambiciosa, escaseza decapitais, tecnoloxía, materias primas industriais e fontes de enerxía, redución do mercado interno, forte déficit co exterior...

C Escaseza e desabastecemento de bens de primeira necesidade, que estiveron racionados (cartillas de racionamento) ata 1952 Y fame,desnutrición e miseria durante toda a década dos 40.

C Acaparación e ocultación de produtos para desvialos cara ao “mercado negro”, coñecido popularmente como “estraperlo”.C Economía moi pouco competitiva, na que se xeneralizou o tráfico de influencias e a corrupción, estendida a todos os sectores.C Os prezos medraron (inflación incontrolada) e os salarios mantivéronse moi baixos + represión Y a burguesía acumulou beneficios.C En síntese, estancamento económico: ritmos de crecemento insignificantes, renda nacional e per cápita moi baixas Y pobre nivel de vida

e de consumo. Os índices de produción de preguerra non se recuperarán ata finais da década de 1950.

B.- Os inicios da liberalización económica. 1951-1959.

B.1.- Recuperación económica e cambios sociais.

C Inicios década 50: esgotamento da vía autárquica +progresiva incorporación de España ao concerto internacional Y necesidade dereorientación política e económica do réxime:T Remodelación do Goberno en xullo de 1951: falanxistas + católicos + persoeiros de certo talante aperturista.T Liberalización parcial de prezos, do comercio e circulación de mercancías + redución da inflación + incremento da produción agrícola.T Acordos hispano-norteamericanos (1953) Y inxección de divisas , materias primas, alimentos, fontes de enerxía, bens de equipo...

C Consecuencias: aumento do nivel de rendas / eliminación do racionamento (1952) / desaparición do mercado negro / estabilizacióndos prezos / inicio da modernización no campo / impulso á industrialización / aumento dos intercambios comerciais co exterior...

C Limitacións do crecemento económico: déficit público / balanza comercial negativa / inflación... Y necesidade de reformas máisprofundas Y novo cambio de Goberno (febreiro 1957): entrada dos ministros "tecnócratas" (Navarro Rubio, Ullastres) Y reorientaciónda política económica: abandono da autarquía e liberalización da economía.

C Os cambios demográficos:T Recuperación das baixas TN e descenso das elevadas TM da posguerra Y crecemento da poboación.T Transformacións na estrutura da poboación activa: redución do sector primario, incremento dos sectores secundario e terciario.T Redistribución da poboación: migracións interiores campo-cidade Y aceleración do proceso de urbanización (Madrid, Barcelona).

B.2.- Primeiras manifestacións de descontento social.

C As condicións de vida derivadas da autarquía + ausencia de liberdade sindical Y aparición das primeiras mobilizacións obreiras e cidadás.T 1945 a 1947: primeiros conflitos sociais en Cataluña, Asturias e o País Vasco.T 1951: movemento de protesta en Barcelona polo aumento do prezo do billete do tranvía, que derivou en protesta polos salarios e a

falta de liberdade, e estendeuse ao País Vasco e Madrid.T 1956 a 1958: folgas nos principais núcleos industriais + primeiros movementos de disidencia estudantil en Madrid e Barcelona.

2.3.- A contestación ao sistema: represión, exilio e resistencia.

A.- A represión na posguerra.

C A lexislación represiva continuou a represión iniciada durante a GC: Lei de Responsabilidades Políticas (1939) + Lei de Represión doComunismo e da Masonería (1940) + Lei para a Seguridade do Estado (1941) + Lei de Represión da Bandidaxe e o Terrorismo (1947).

C A aplicación: detencións, torturas e xuízos sumarísimos por tribunais especiais, que impuxeron condenas a morte, penas de cárcere,traballos forzados, desterros, confiscación de bens, inhabilitación para exercer cargos públicos... a todos os considerados “rojos”.

C Depuración de funcionarios: os "desafectos ao réxime" eran apartados dos seus postos e substituídos por persoal ideoloxicamente adicto.C Opresivo ambiente de vixilancia, persecución e delación que non impediu o xurdimento das primeiras manifestacións de resistencia.C A represión foi minguando a partir da década dos 50, aínda que en 1963 se creou un tribunal especial para "delitos políticos": o TOP.

B.- O exilio e a oposición ao franquismo no exterior.

B.1.- O éxodo dos vencidos: as dificultades nos países do exilio.

C Máis de 400.000 persoa comprometidas coa República tiveron que abandonar o país e sufrir graves dificultades nos países de acollida.T Os que volveron foron recluídos en campos de concentración e sometidos a procesos de investigación sobre o seu pasado.

C Francia: as duras condicións dos campos de refuxiados nas praias do sur / a ocupación nazi Y internamento en campos de exterminio,devolución a España, integración voluntaria ou forzada na resistencia francesa...

C México e outros países iberoamericanos: acolleron exiliados procedentes, sobre todo, do ámbito político e intelectual. O seu labor foidiverso: manifestacións nos medios de comunicación, ensaios e obras literarias sobre a situación de España...

C URSS: acolleu especialmente os afiliados do Partido Comunista, e aquí viviron os "nenos da guerra".

2º BAC - Esquema tema 9 - páx. 5

B.2.- Reconstrución e pervivencia das institucións da República no exilio (México).

C Da esperanza (derrota do fascismo e illamento do franquismo) á decepción e desesperanza (recoñecemento internacional do réxime).C Progresivo distanciamento da realidade española e nula influencia sobre a mesma. Existencia meramente testemuñal.

B.3.- Os partidos e sindicatos de esquerda no exilio: reorganización, dispersión e falta dunha estratexia común Y escasa eficacia.

C As discrepancias entre as diferentes forzas dificultaron a creación de órganos unitarios e a elaboración de programas de acción comúns.C Republicanos e socialistas: enfrontamentos internos, descoordinación e receos da subordinación dos comunistas á estratexia da URSS.C Comunistas e anarquistas: tensións polo liderado e sobre a estratexia a seguir (radical / posibilista).C Socialistas e republicanos defendían a necesidade de crear unha fronte única e incidir no labor diplomático contra o réxime franquista;

o PC, o POUM e os anarquistas defendían a loita guerrilleira como fase previa á insurrección popular

C.- A resistencia no interior en tres frontes: a guerrilla, os partidos políticos e un incipiente movemento obreiro.

C.1.- A guerrilla antifranquista: o "maquis".

C Individuos ou grupos, pertencentes a partidos e sindicatos de esquerda, que crean guerrillas e utilizan a loita armada contra o réxime.C Ata 1944: anos de supervivencia, organización e intentos de coordinación, moi difícil pola implacable represión das forzas de orde pública.C 1944-1952: intensificación da actividade guerrilleira, na que se mesturan diversas ideoloxías, pero impulsada sobre todo polo PCE.T Outubro 1944: fracaso da “Operación Reconquista de España” (invasión de guerrilleiros polo val de Arán).T As accións: sabotaxes; atentados contra autoridades, militares, gardas civís, confidentes...; roubos para conseguir fondos...T A resposta do réxime: represión sobre as bases de apoio dos guerrilleiros, infiltración nas partidas, persecución pola Garda Civil Y

debilitamento constante.C Década dos cincuenta: cambio de estratexia (PCE) Y abandono da resistencia armada e concentración na oposición política.

C.2.- As forzas políticas e sindicais:

C Os anos corenta: dispersión e intentos de reorganización.T A represión desarticulou por completo os cadros dirixentes de partidos e sindicatos de esquerda (PSOE, CNT, PCE...).T Intentos de organizar algunhas células clandestinas, sucesivamente desmanteladas pola policía. Importancia do papel do PCE.T Tensións entre as directrices marcadas polos dirixentes no exilio e as estratexias elaboradas polos resistentes no interior.T Incremento da presión sobre o réxime na fase de illamento, apoiando os primeiros brotes de contestación obreira.T A actuación das forzas monárquicas: entre a oposición (Manifesto de Lausana, 1945) e a colaboración co réxime (entrevista de don

Juan con Franco en 1948 e chegada do príncipe Juan Carlos para cursar estudos en España).

C Os anos cincuenta: renuncia á táctica violenta, cambio social e xeracional, e impulso da acción en universidades e sindicatos.T Cambio de estratexia do PCE desde 1948: renuncia á loita armada e infiltración nos sindicatos verticais e organizacións de masas.T 1956: o PCE impulsa a política de "reconciliación nacional": intento de formación dunha fronte antifranquista unida para derrubar a

ditadura e reinstaurar a democracia. En 1960: nova dirección, liderada por Santiago Carrillo, que despraza a Dolores Ibárruri (a“Pasionaria”).

T Continúa a división do PSOE entre os militantes do interior e a dirección no exilio, que rexeitaba a colaboración cos comunistas.T Oposición monárquica: diversas agrupacións de escasa incidencia, que reivindicaban fórmulas democráticas. Pacto co PSOE (San

Juan de Luz, 1948) para formar unha fronte común contra o franquismo, roto (1952) pola ambigüidade de don Juan.

C.3.- O movemento obreiro e estudantil.

C Aparición das primeiras mobilizacións obreiras e cidadás (esporádicas e illadas).T Causas: as duras condicións de vida, os baixos salarios e a falta de liberdades.T Episodios: folgas e protestas de 1945-1947, 1951, 1956-1958, localizadas en Cataluña, País Vasco, Asturias e Madrid.

C Inicio da protesta universitaria: os sucesos de febreiro de 1956 en Madrid.T Clima aperturista na Universidade (Ruiz Giménez) Y profesores e estudantes reclaman liberdades no ensino e na sociedade.T Enfrontamentos violentos entre o SEU e grupos de estudantes católicos infiltrados por socialistas e comunistas Y represión (peche

da Universidade, detención dos líderes estudantís, declaración do estado de excepción e cese do ministro de Educación).T Significado: xurdimento dunha nova xeración oposta ao réxime, alonxada das posicións dos dirixentes da República.

3.- Desenvolvemento económico e inmobilismo político. 1959 - 1973.

C Etapa caracterizada por: desenvolvemento económico + cambios sociais ] inmobilismo político Y aumento xeral da oposición.C Etapa cualificada como "o milagre español" ou a "época do desarrollismo", dirixida por Gobernos "tecnocráticos", próximos ao "Opus Dei".

3.1.- Os plans económicos.

C Febreiro 1957: remodelación de Goberno: entrada dos ministros "tecnócratas" Y modernizar económica e socialmente o país sen alteraras estruturas políticas do réxime Y medidas preestabilizadoras para conter a inflación e equilibrar o orzamento:T supresión do sistema de cambios múltiples no comercio exterior / devaluación da peseta / conxelación de salarios / flexibilización

das relacións laborais (Lei de Convenios Colectivos de 1958)...T Incorporación de España á OCDE (1958), ao FMI e ao BM, organismos que aprobaron e financiaron a liberalización da economía

española.T O 21 de xullo de 1959 aprobou o Decreto-lei de Nova Ordenación Económica coñecido como "Plan de Estabilización".

A.- O Plan de Estabilización de 1959.

2º BAC - Esquema tema 9 - páx. 6

C Resultados: crise inicial que provoca paro e emigración, pero sentou as bases para o crecemento da década dos 60.T 1959 e 1960: forte paralización económica: caída de salarios, de prezos e do consumo + redución do déficit e acumulación de capitais.T A partir de 1961, comezou o proceso de relanzamento da economía + abandono definitivo do modelo autárquico.

B.- Os Plans de Desenvolvemento Económico e Social.

C Para estimular o crecemento económico o Goberno elaborou os Plans de Desenvolvemento:T Programas económicos que marcaban directrices obrigatorias para o sector público e indicativas para a iniciativa privada, que tiña

que ser o motor do desenvolvemento económico.T Obxectivos: aumentar o PIB, pleno emprego, integración na economía mundial, distribución máis equitativa da renda..

C Tres plans de cuadrienais (1964-1967, 1968-1971, 1972-1975): o Estado establecía a dirección dos investimentos prioritarios, asignabaos recursos e estimulaba a iniciativa privada con vantaxes fiscais e crediticias.

C Centráronse na industria. Dúas grandes liñas de actuación:T Accións estruturais, que pretendían solucionar algunhas deficiencias da industria que lastraban o crecemento: pequena dimensión

das empresas, baixa produtividade, atraso tecnolóxico...T Creación dos "polos de desenvolvemento e promoción industrial": intentaban reducir os desequilibrios económicos rexionais

promovendo novas industrias en zonas de escasa industrialización.– No I Plan: A Coruña, Vigo, Burgos, Valladolid, Zaragoza, Huelva e Sevilla.– No II Plan: Oviedo, Logroño, Córdoba, Granada e Vilagarcía de Arousa.

T Complemento dos Polos de Desenvolvemento foron as "Grandes Áreas", creadas co = obxectivo de corrixir desequilibrios rexionais.

C.- O crecemento económico: cambios e consecuencias.

C.1.- Entre 1961 e 1973 a economía española creceu a un ritmo altísimo, Y profunda transformación da sociedade española.

C O sector industrial experimentou un espectacular crecemento e diversificación Y España situouse como a décima potencia mundial.T As industrias de base, especialmente a siderurxia / industrias de bens de consumo, sobre todo a do automóbil (o Seat 600, símbolo

da nova sociedade de consumo) / refinerías / minería tradicional / produción hidroeléctrica a partir da construción de encoros.C O sector agropecuario: crecemento máis moderado. Política de subvención de prezos e de fomento dos produtos tradicionais (trigo,

cebada, gando vacún...) / Mecanización e introdución de melloras técnicas (fertilizantes, insecticidas, herbicidas, especialización deprodutos e zonas...).

C Restantes sectores económicos:T Auxe extraordinario da construción, ao ritmo do crecemento urbano e das necesidades do turismo.T Incremento na construción de estradas e inicio das primeiras autoestradas.T Balanza comercial negativa, por importación de moito material para a industria + dependencia tecnolóxica e financeira do exterior.

C Datos económicos: espectacular crecemento do Produto Nacional Bruto e da renda per cápita.

C.2.- Aínda que a propaganda oficial presentou o "milagre español" como un triunfo do réxime, en xeral a planificación foi un fracaso:

C En moitos casos os recursos dos plans investíronse de forma ineficaz, e as previsións rara vez se cumpriron.C Os Polos de Desenvolvemento non deron o resultado previsto: non reduciron os desequilibrios sociais ou interrexionais.C Expansión da pequena e mediana industria, pero as grandes empresas eran de multinacionais estranxeiras Y dependencia do exterior.C Marxinación do sector agrícola Y abandonouse un dos problemas básicos do desenvolvemento.

C.3.- O crecemento dos anos 60 beneficiouse da conxuntura económica europea, caracterizada pola prosperidade.

C O crecemento económico non se podería ter realizado sen a contribución das economías máis desenvolvidas de Europa, que aportaron:T A tecnoloxía que revolucionou a estrutura industrial e a produtividade, e os investimentos que financiaron o crecemento.T Absorberon a man de obra excedentaria da agricultura e da industria. Os emigrantes remitían considerables sumas ás súas familias.T O turismo masivo: os turistas achegaron gran cantidade de divisas que contribuíron a equilibrar a balanza de pagos española.

C.4.- As consecuencias da expansión económica.

C Os "danos colaterais" dun crecemento acelerado:T Aparición de diversos problemas e escándalos (o caso MATESA como exemplo).T Forte degradación medioambiental: contaminación, especulación salvaxe, urbanización incontrolada, chabolismo...

2º BAC - Esquema tema 9 - páx. 7

C Os efectos sociais do crecemento:T Profunda transformación da poboación activa: descenso do sector primario e incremento dos efectivos da industria e dos servizos.T Acelerada despoboación do campo (éxodo rural) en busca dun soldo fixo nas industrias e servizos das áreas máis desenvolvidas.T As cidades españolas medraron aceleradamente Y urbanización caótica e desordenada.T Emigración masiva cara a Europa (Francia, Alemaña, Bélxica, Suíza...)T Cambios demográficos: considerable aumento da poboación (de 28 millóns en 1950 a 35 millóns en 1973) como resultado do descenso

das taxas de mortalidade e o forte incremento da natalidade ata os anos setenta (o "baby boom").

3.2.- A modernización da sociedade española.

C Desenvolvemento económico + achegas estranxeiras (turismo, emigración) + influencia dos medios de comunicación Y sociedadeprogresivamente equiparada ao modelo europeo occidental. Os cambios xeraron tensións coa mentalidade inmobilista do réxime.

C Transformacións dos costumes e da vida cotiá dos españois nos anos sesenta.T Melloras no nivel de vida: dieta, capacidade adquisitiva (bens como electrodomésticos, automóbil...), vacacións, hixiene e saúde.T Maiores posibilidades de posuír un piso en propiedade grazas aos programas de construción de vivendas protexidas.T Mellora do nivel de alfabetización e escolarización: Le¡ Xeral de Educación de 1970 Y escolaridade obrigatoria ata 14 anos e atención

preferente á erradicación do analfabetismo. A escola privada de relixiosos perdeu o monopolio educativo a favor da pública.T Cambios na moral e nos costumes, na moda, nos gustos musicais (cantautores, rock...) Y protestas dos sectores máis conservadores.

C O impacto social do Concilio Vaticano II (1962-1965): importantes cambios no clero e na mentalidade relixiosa.T Nos medios suburbanos naceron as "Comunidades de Base" ou os "curas obreiros", vinculados aos problemas das clases populares.

C Cambios na estrutura social: aumento das clases medias / incorporación da muller ao mundo laboral / alteración da familia tradicional.

3.3.- As forzas de oposición ao réxime.

C Caracteres básicos da oposición na etapa do "desarrollismo":T A oposición histórica, que se desenvolvía fóra de España, perdeu progresivamente influencia en prol da oposición do interior.T Incremento da conflitividade Y intensificación da oposición Y sistemática resposta represiva do réxime Y politización dos conflitos.T En conxunto, a oposición seguía moi dividida, era bastante débil e non chegou a representar unha alternativa de poder ao franquismo.

A.- Incremento da oposición universitaria, que se converte nun foco de axitación permanente.

C Desde 1956, diversos núcleos de estudantes antifranquistas loitan pola democratización da Universidade Y as revoltas provocaron adesaparición do SEU (1965) e o xurdimento de sindicatos clandestinos ligados ao PSOE ou ao PC (ASU, FLP, SDE).

C Represión gobernamental: expedientes, detencións, peche de Universidades, ocupación dos campus, destitucións de catedráticos...C Influídos polo "Maio do 68" os estudantes incrementan as protestas Y tensións e enfrontamentos entre ultradereita e ultraesquerda.

B.- A reactivación do movemento obreiro, principal foco de oposición ao réxime a partir da década dos sesenta.

C Incremento notable dos conflitos, orixinados por reivindicacións laborais que acababan politizándose Y represión por parte do réxime.C No contexto dunha serie de folgas en 1962 (Asturias, Cataluña, País Vasco), xurdiron organizacións obreiras clandestinas que foron o

xermolo do sindicato Comisións Obreiras (CCOO,1964). Táctica: infiltrarse nas estruturas do sindicato vertical ("entrismo").T Mesturan reivindicacións laborais (salarios, horarios, condicións de traballo...) e políticas (liberdade sindical, dereito de folga...).T Combinan a acción ilegal (folgas) coa legal (negociación colectiva, eleccións de enlaces sindicais...). Vinculación ao PCE.T Os seus éxitos na mellora das condicións laborais Y eixe da loita obreira. En 1967: escisión dun grupo que fundou a USO.

C Multiplicación da conflitividade laboral e da actividade sindical na década dos setenta.T Os sucesos de Ferrol do 10 de marzo de 1972: represión dunha manifestación multitudinaria Y morte de 2 obreiros.T A reacción: protesta dunha parte da Igrexa e manifestacións de repulsa por toda Galicia Y desprestixio do réxime.

C.- Aparición de actitudes críticas no seo da Igrexa.

C Nova mentalidade relixiosa: reformismo do Concilio Vaticano II (1962-1965) e apertura dun sector da Igrexa aos problemas sociais YT Achegamento ao mundo obreiro (os "curas obreiros", JOC, HOAC), secularización de clérigos, diminución da práctica relixiosa...T Primeiras manifestacións de disidencia católica: protestas de sacerdotes cataláns e vascos pola complicidade da Igrexa co réxime.

C Aumento das protestas na década dos 70 e distanciamento dunha parte da xerarquía respecto ao réxime. Manifestacións da crítica:T solicitar o perdón por non ter colaborado a Igrexa na reconciliación entre os españois enfrontados na Guerra Civil / rexeitar a

participación dos bispos nas institucións franquistas / manifestar un compromiso a favor do sistema democrático / solicitar a revisióndo Concordato de 1953 e a separación entre a Igrexa e o Estado Y represión e cárcere.

D.- A multiplicación da oposición política.

D.1.- Os movementos nacionalistas.

C Cataluña: nacionalismo moderado, que aglutinou numerosos colectivos sociais na "Asemblea de Cataluña" (1971), tivo gran actividade.C País Vasco: hexemonía do PNV, do que se escindiu un sector radical (ETA, 1959), “organización clandestina revolucionaria” que usará

a loita armada (terrorismo) para lograr a independencia de Euskadi. Sucesión de atentados e asasinatos desde 1968.T A estratexia acción terrorista-reacción gobernamental (estado de excepción, condenas a morte...) contribuíu á difusión do terrorismo.

D.2.- Os partidos políticos.

C Recomposición e diversificación da oposición política: vellos e novos partidos políticos (moitos). Descoordinación Y escasa incidencia.T Democristiáns / socialdemócratas / liberais / republicanos / PSOE / Partido Socialista do Interior / PCE...

C O PCE, a forza máis activa: estratexia de infiltración nas organizacións de masas (estudantes, movementos veciñais...) e nos mecanismosdo réxime + liña política de unidade da oposición ("reconciliación nacional"), que tivo escaso éxito.

C O PSOE: tensións entre os socialistas no exilio ("históricos") e os do interior ("renovados"). Actividade menos intensa que a do PCE.

2º BAC - Esquema tema 9 - páx. 8

C Grupúsculos maoístas, trotskistas e escindidos do PCE, con influencia no ámbito estudantil (LCR, MC, ORT) + núcleos terroristas(FRAP, 1973).

D.3.- O "Contubernio de Múnic" (5 ao 8 de xuño de 1962).

C Termo pexorativo que o réxime deu ao IV Congreso do Movemento Europeo, no que participaron 118 opositores do interior e do exilio,representantes das distintas tendencias, para debater a integración de España na CEE, que o Goberno solicitara en febreiro.

C Resolución do Congreso: rexeitamento da solicitude española por ser un réxime non democrático + reclamación de: instauración deinstitucións democráticas / garantía dos dereitos humanos / recoñecemento das nacionalidades / liberdade sindical / partidos políticos.

C A reacción do réxime: represión, campaña difamatoria de prensa e manifestacións multitudinarias contra a inxerencia estranxeira.

E.- A resposta represiva do réxime ás distintas manifestacións de oposición social e política.

C Creación do Tribunal de Orde Pública (dec. 1963): tribunal civil especial para reprimir as condutas cualificadas como "delitos políticos".C Declaración do estado de excepción (1969 e 1970).C Detencións, interrogatorios e torturas policiais, arrestos, multas, secuestro de publicacións, peche de universidades...C Execución do dirixente comunista Julian Grimau (20 abril 1963), por presuntos delitos cometidos durante a Guerra Civil.C Proceso de Burgos (dec. 1970): condenas a morte contra membros de ETA Y contestación interior e alude de protestas internacionais.

3.4.- As relacións co exterior.

* Nova orientación da política exterior, dirixida por Fernando María Castiella (1957-1969). Eixes básicos:C Ingreso na CEE, que chocaba cun obstáculo insalvable: o carácter ditatorial do réxime. Só se conseguiu un tratado comercial (1970).C Problemas coas colonias en Marrocos: tras varios enfrontamentos bélicos, Sidi Ifni e Cabo Juby foron cedidos a Marrocos (1969).C Concesión da independencia á colonia de Guinea Ecuatorial en 1968, tras a celebración dun referendo.C O contencioso de Xibraltar: o Goberno británico rexeitou a resolución da ONU que recomendaba a descolonización Y peche da fronteira

(xuño 1969). Foi causa nacional na época ("Xibraltar español"), pero os xibraltareños preferían ser británicos (referendo en 1967).C Relacións cos Estados Unidos:T Renovación dos Acordos de 1953 cos EUA (1963), pero non se firmou un tratado.T O accidente de Palomares (17 xaneiro de 1966): risco de contaminación radioactiva e tensións entre España e EUA.T En 1970 ambos asinaron un novo acordo: trato desigual para España, só un punto de apoio estratéxico para os intereses de EUA.

C Ampliación das relacións comerciais e culturais con Hispanoamérica, os países árabes e mesmo cos países do Leste de Europa.

4.- A agonía do franquismo. 1973-1975.

C Síntomas do decadencia do sistema desde principios dos anos setenta:T Deterioro físico de Franco, que cada vez delegaba máis poder de decisión no seu home de confianza, o almirante Luis Carrero Blanco.T Incremento da capacidade mobilizadora da oposición, distanciamento de parte da Igrexa e o Exército+ impacto do terrorismo.T Enfrontamento entre dous sectores sobre o futuro do réxime sen Franco: os inmobilistas (o "búnker"), partidarios de manter sen

cambios os caracteres do franquismo, e os "aperturistas", partidarios de reformar o sistema para adaptalo a un modelo parlamentario.

4.1.- Crise económica e política. O ano 1973.

A.- O final do desenvolvemento: a crise económica.

C A crise enerxética de 1973 (subida dos prezos do petróleo) evidenciou os defectos estruturais do "milagre español": dependenciatecnolóxica do estranxeiro, elevado endebedamento da empresa pública, necesidade de reconverter a industria, aumento do paro...

C O réxime non calibrou o alcance da crise e non adoptou as medidas necesarias (reducir o consumo de petróleo, enerxías alternativas...).

B.- A crise política: a morte de Carrero Blanco.

C 8 xuño 1973: Franco decidiu separar os poderes: Xefatura do Estado (Franco) / Xefatura do Goberno (Carrero Blanco). Obxectivos:T Garantir a continuidade do sistema despois de Franco. Carrero era a figura clave do futuro da Ditadura.T Controlar o cumprimento das previsións sucesorias.

C Atentado de ETA (20 dec): asasinato de Carrero Blanco Y os sectores ultraconservadores esixiron dureza contra toda disidencia Yimpacto no “Proceso 1.001", xuízo contra os principais dirixentes do sindicato CC. OO., condenados a longuísimas penas de cárcere.

C.- O Goberno de Arias Navarro.

C Novo Goberno presidido por Carlos Arias Navarro (xaneiro 1974): a esperanza da apertura do réxime (o "espírito do 12 de febreiro"):T maior liberdade de prensa, elección de alcaldes, creación de asociacións políticas, maior liberdade xudicial e reforma da lei sindical;T estas tímidas reformas irritaron os sectores máis inmobilistas e pronto se paralizaron, nun contexto de axitación social.

4.2.- O incremento das forzas de oposición.

C Trazos: multiplicación das protestas, mobilizacións e folgas + reorganización e intentos de coordinación para actuar conxuntamente.

A.- A oposición no interior.

C Disidencias políticas: defensa de cambios cara a posicións máis democráticas desde dentro do propio sistema (o grupo Tácito).C Tensión entre as autoridades eclesiásticas e políticas: o “caso Añoveros”, bispo de Bilbao que defendeu a identidade do pobo vasco (24

feb 1974) Y frustrado intento de expulsión Y paulatina perda do tradicional apoio da Igrexa ao réxime.C A oposición no exército: creación da Unión Militar Democrática (agosto de 1974), organización clandestina de oficiais novos, que

2º BAC - Esquema tema 9 - páx. 9

pretendía apoiar a transición pacífica á democracia desde as forzas armadas, e evitar unha nova guerra civil tras o franquismo. Foireprimida polo réxime (1975).

C Intensificación da protesta obreira e universitaria, no contexto de crise económica e inmobilismo político.C Incremento da actividade terrorista: sucesión de atentados de ETA, FRAP e GRAPO, que agudizaron o clima de malestar social.C Resposta represiva do réxime: agarrotamento do anarquista Puig Antich (2 mar 1974); nova lei antiterrorista (agosto 1975), execución

de cinco sentencias de morte (27 set 1975) Y masiva condena internacional Y volta ao illamento Y manifestación de apoio a Franco.

B.- A oposición no exterior.

C Proceso de coordinación crecente e creación de organismos unitarios para restablecer a democracia en España.C O PCE mantívose como o principal referente do antifranquismo. En xullo de 1974 impulsou a "Junta Democrática": CC. OO + PSI +

independentes, monárquicos, carlistas e grupos de extrema esquerda.T Manifesto: reclamaba a ruptura democrática e a apertura dun proceso constituínte [texto].

C Reorganización e reactivación do PSOE:T Recambio xeracional no Congreso de Suresnes (outubro 1974): Felipe González como secretario xeral do partido.T En xuño de 1975 creou a "Plataforma de Convergencia Democrática": UXT + PNV + Esquerda Democrática +Unión Socialdemócrata

Española + maoístas (ORT)... e outras forzas, que presentaba un programa moi parecido ao proposto pola Xunta Democrática.C Contactos Y unificación: JDE + PCD = Coordinación Democrática ou "Platajunta" (30 outubro 1975), protagonista da Transición.

4.3.- Os problemas exteriores: a "Marcha Verde".

C As tensións na colonia do Sáhara: o Goberno español incumprira a promesa (1973) de realizar un referendo sobre a independencia /Mauritania e Marrocos desexaban controlar as riquezas minerais do territorio /a organización socialista "Frente Polisario" loitaba polaindependencia da colonia.

C O rei de Marrocos (Hassan II) organizou unha marcha de civís marroquís -a Marcha Verde- apoiada por militares, que atravesaron afronteira e se adentraron no territorio saharaui para anexionalo (31 outubro - 9 novembro 1975).

C O príncipe Juan Carlos (que ocupaba interinamente por segunda vez a xefatura do Estado por enfermidade de Franco) realizou unhaviaxe (1 nov) ao Sáhara para apoiar as tropas alí destinadas.

C No contexto da agonía de Franco, España, Marrocos e Mauritania firmaron os Acordos de Madrid (14 novembro): España abandonouo Sáhara (febreiro 1976), que se repartía entre Mauritania (terzo sur) e Marrocos (o resto).

* A Fronte Polisaria non aceptou os acordos, proclamou a República Árabe Saharaui Democrática e iniciou unha guerra de liberación.

4.4.- Enfermidade e morte de Franco.

C Primeira hospitalización en xullo 1974: o príncipe Juan Carlos asumiu, con carácter interino, a xefatura do Estado (do 19 ao 30).C Derradeiro discurso de Franco na concentración do 1de outubro de 1975 na Praza de Oriente.C Agonía e morte de Franco (17 outubro - 20 novembro 1975). Continuaría o franquismo sen Franco?