empresarios de galicia 217 - fundación galicia...

35
EMPRESARIOS DE GALICIA VOLUME 2

Upload: duongkien

Post on 11-Nov-2018

223 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

EMPRESARIOSDE GALICIA VOLUME 2

Page 2: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

1892-1981

ENRIQUE LORENZO DOCAMPO

Page 3: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

* O noso agradecemento a Gerardo Soaje e a María Teresa Font. Sen a súa axuda estetraballo simplemente non existiría. Igualmente estamos en débeda pola axuda prestada conJesús Giráldez e José Antonio Martínez Fuentes, bibliotecario da Cámara de Comercio deVigo.

UN VIGUÉS DE ACEIRO*

Joseba Lebrancón Nieto e Xoán Carmona BadíaUniversidade de Santiago de Compostela

Unha vez ao ano abríanse as portas do chalé do Castro no que hoxeten a súa sede o Real Club Celta de Vigo. Veciños e curiosos en xeralpodían, por un día, pasear polos xardíns da que era residencia de EnriqueLorenzo Docampo. Na cancela, recibíaos un mordomo dos de antes, que aderezaba este momento cunhas galas que xa daquela non eran moifrecuentes. Abaixo, polas rúas de Vigo, discorría unha edición máis doRallye das Rías Baixas.

Un rapaz do Canadelo ao que lle gustaban as locomotoras

Enrique Lorenzo Docampo nacera no vigués barrio do Canadelo en1892. Fillo e neto de ferroviarios, o seu avó fora gardaagullas na estaciónde Tui e o pai traballaba na de Vigo da que chegou a ser xefe, asistiu ataos catorce anos á casa de varios escolantes do seu barrio. Pasou logo áescola pública municipal do Areal e axiña ao Colexio de María Auxilia-dora da rúa García Barbón, que andando o tempo sería o Colexio Mez-

Page 4: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

quita. Na súa época da escola do Areal comezou a asistir polas noites áEscola de Artes e Oficios, onde durante tres anos recibiu clases de gramá-tica, aritmética, francés e contabilidade.

Segundo o mesmo Enrique Lorenzo relata nuns apuntamentos bio-gráficos que redactaría posteriormente,1 a súa principal afección infantilforon os trens. Co seu pai estudaba os mecanismos das manobras ferro-viarias e cada vez que chegaba unha locomotora nova preguntáballes aosmaquinistas polas novidades técnicas que incorporaba. Mais non foi noferrocarril —como era tradición familiar— onde atoparía o seu primeirotraballo o futuro industrial vigués, senón na refinaría de petróleo que enGuixar tiña a empresa Babé y Compañía, na que comezou a traballarcomo meritorio aos dezaseis anos.

Ante as cativas posibilidades de promoción que viu nesta ocupación,decide marchar para Arxentina a probar fortuna, como daquela facíantantos outros rapaces da súa idade. En 1911 embarca no vapor Amazon eatopa á súa chegada a Bos Aires o seu primeiro emprego nunha tenda decalzado, da que pasaría axiña a outra de confección e a unha fábrica taménde calzado, todo iso en poucos meses. Finalmente —e tras acudir ao re-clamo dun anuncio dun xornal no que se pedía un contable— comezoua traballar nunha importante empresa dedicada á fabricación e á distri-bución de elementos de óptica, cirurxía e enxeñaría. En Lutz, Ferrandoy Compañía estivo encargado durante tres anos de todo o relacionado coaxestión bancaria ata que no mes do novembro de 1915 —ao facer os 23anos— decide regresar a Galicia para facer o servizo militar.

Despois do seu paso como soldado de cota polo rexemento de artillaríade Ferrol, regresaría a Vigo onde grazas á formación e á experiencia con-table da que dispoñía entrou a traballar como tal no estaleiro e no tallermecánico de Troncoso y Santodomingo, un dos que —a carón de Barrerase Sanjurjo— existían naquela altura no Areal.2 Naquel establecemento —no que chegou a acadar o posto de xefe de contabilidade— coñeceu aun técnico francés, que traballaba na sección de caldeiraría, co que decide

400Empresarios de Galicia

1 «Memorias de Enrique Lorenzo Docampo, Vigo, febrero 1969», documento me-canografado (en adiante Memorias).

2 CARMONA e NADAL (2005).

Page 5: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

401Enrique Lorenzo Docampo

Enrique Lorenzo no Ferrol,01-03-1916 (cortesía de

María Teresa Font)

Page 6: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

3 Rexistro Mercantil de Pontevedra (en adiante RMP), libro 11, fols. 50-51.

abandonar a empresa para formar outra distintaentre ambos os dous. Corría o ano 1919 e EnriqueLorenzo e Ludovic Morlon, forman así a sociedadeEnrique Lorenzo y Compañía, destinada á repa-ración e á fabricación de caldeiras,3 un negociocon enorme demanda naquel momento e para oque os demais talleres vigueses tiñan unha ma-quinaria moi cativa. A caldeiraría era a especiali-dade de Morlon e a Enrique Lorenzo tampoucolle resultaba allea, polo menos a ferroviaria.

O primeiro taller de Lorenzo e de Morlon es-tivo situado no antigo Asilo de Golfos, na rúa dePolicarpo Sanz, onde logo pasaría a estar o Bancode España. Tiñan un único traballador e unhamaquinaria que consistía nun equipo de forxa desegunda man, un torno mecánico, un trade e al-gúns outros trebellos menores. Os recursos iniciaisda empresa non daban para máis xa que entre oscativos aforros do mozo do Canadelo e un créditodo Banco Español del Río de la Plata garantidopor un seu tío, non pasaban das 25.000 pesetas,que eran precisas na súa maior parte para financiaro circulante.

Pero os cálculos que fixeran Lorenzo e Morlonsobre a potencial demanda para o seu negocionon estiveran errados, e a medida que ían tendoencargos foron conseguindo crédito, mellorandoo equipo e ampliando o taller. En pouco máis dunano o local quedáballes estreito e trasladáronse aCanceleiro, onde ao rematar o ano 1920 tiñan xacorenta operarios. O taller do Canceleiro situárasenunha leira de Rafael Tapias, moi preto do lugaronde un familiar deste último tivera algúns anos

Empresarios de Galicia

Visita á factoría de altos cargos de RENFE (cortesía de María Teresa Font)

Page 7: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior
Page 8: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

antes unha fundición denominada La Vulcano. Este foi o motivo poloque o novo taller de Enrique Lorenzo comezou a ser coñecido popular-mente non pola súa razón social senón pola da antiga fundición de Tapias:La Vulcano ou simplemente Vulcano, unha denominación que xa apa-recería na publicidade da empresa a mediados dos anos vinte, aínda quenon se oficializara ata despois da guerra civil.

Nos anos vinte combinan os traballos de caldeiraría cos de fundicióne construcións metálicas. Nos primeiros traballan fundamentalmente parabuques de pesca e conseguen estender a súa clientela ata os portos de Vi-lagarcía de Arousa e da Coruña, dos que reciben multitude de encargos.Mais a carón das caldeiras para pesqueiros comezan xa a mediados dosvinte a traballar tamén para as compañías ferroviarias de Medina delCampo-zamora-Ourense-Vigo (MzOV) e Ferrocarriles del Oeste. Así re-paran locomotoras e tenden pontes metálicas como, por exemplo, a dorío Cabe, na redonda de Monforte.4 Será neste eido das construcións me-tálicas onde conseguirán nesta época os seus contratos máis substanciosos,dos que cómpre salientar un deles polo seu volume e outro pola súa trans-cendencia posterior. Polo primeiro destes conceptos, o da construción das1800 torres metálicas de oito metros de altura cada unha para a liña dealta tensión que debería fornecer a Vigo da enerxía procedente do saltodo río Tambre. Este traballo —no que a empresa viguesa se ocupou du-rante os anos 1925 e 1926— fora encargado pola Sociedad General Ga-llega de Electricidad á madrileña Sociedad Española de MontajesIndustriales, que, pola súa volta, llo subcontratou a Enrique Lorenzo. Oempresario do Canceleiro foi consciente de que esta posición de subcon-tratista se ía traducir nuns lucros reducidos pero que para os efectos demellorar a imaxe da empresa —nomeadamente fronte aos bancos— re-sultaba importantísimo. Pola influencia que tería no curso da posteriorespecialización do estaleiro cómpre citar a aceptación en 1927 dun en-cargo da bilbaína Sociedad General de Obras y Construcciones, para cons-truír unha gabarra romperrochas con casco de aceiro, a primeira que seconstruía en España, que sería botada por Enrique Lorenzo y Compañía

404Empresarios de Galicia

4 El Pueblo Gallego, 20/08/1942; GONzáLEz MARTíN (2007).

Page 9: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

en febreiro do 1928 no Areal.5 Este tipo de construción consistía esencial-mente nun traballo de remachado de pranchas de aceiro e iso era o quefacían eles coas caldeiras. E aínda que non estaba destinada á pesca niná navegación como tal, era un artefacto flotante de certa complexidademecánica, e significaba a entrada da factoría do Canceleiro no mundo daconstrución naval.

Para poder atender os crecentes encargos, tiveron antes que mellorarnotablemente a súa dotación de maquinaria, de xeito que a mediados dosvinte contaba xa cun grande e moderno taller de caldeiraría, co maior doscubilotes existentes en Vigo e cunha xenerosa dotación de fontes de ener-xía, tanto de vapor coma eléctrica. En paralelo aumentara o capital ini-cial, das cinco mil iniciais ás cen mil que tiña a finais dos vinte, aíndaque en todo caso os recursos propios seguían a significar moi pouco nopasivo da empresa, pois o recurso ao crédito seguía sendo a principalfonte de financiamento.

Mentres os seus negocios medraban, Enrique Lorenzo casou en dúasocasións. A primeira delas, practicamente ao rematar o seu servizo militar,en 1918, con Aurora Fernández, coa que compartiu mesa e mantel durantedez anos, ata o seu pasamento por causa da gripe no ano 1928. Casaríade novo dous anos despois coa redondelá Maruxa Feijóo Alfaya, coa quetería tres fillos, dúas rapazas, Genoveva e Gloria, e un rapaz, Enrique.Ela sería a responsable do fondo vencello que a partir de entón tivo sempreo industrial vigués con Redondela; no pazo da familia da súa mullerpasaría moito do seu pouco tempo libre e mesmo instalaría unha pequenagranxa avícola e porcina.

A factoría de Espiñeiro: contratos ferroviarios e salto á construción naval

á altura de 1930 o taller de Canceleiro era xa unha camisa de ferropara o crecemento do que xa se podía chamar factoría de Lorenzo eMorlon, polo que o industrial vigués, pois o francés era só socio industrial,decide buscar unha nova localización para o negocio na praia de Espiñeiro,

405Enrique Lorenzo Docampo

5 El Pueblo Gallego, 26/02/1928.

Fotografía das páxinas seguintes: Espiñeiro, ca. 1932 (cortesía de

María Teresa Font)

Page 10: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior
Page 11: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior
Page 12: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

no barrio de Teis, onde planea construír non só un taller mecánico demáis dimensións senón tamén un varadoiro para poder ampliar o seu tra-ballo de reparación e montaxe de buques de pequeno porte. Tras conseguira correspondente concesión administrativa, negociar cos cento sesentapropietarios das minúsculas leiras situadas na veciñanza da praia onde secontaba con erguer os talleres, e superar a oposición dos mariñeiros quenela largaban as súas xávegas, comezaron a tender as bases e as vías paraos correspondentes carros, que comezaron a utilizarse xa en 1931 para asprimeiras carenas de embarcacións de menos de cen toneladas.

Enrique Lorenzo ampliaba así —sen abandonar os seus traballos paraos ferrocarrís— a súa actividade cara á construción naval, igual que fixe-ran antes Barreras, Sanjurjo ou Troncoso e Santodomingo. Isto é, pasa de reparar e montar caldeiras e/ou máquinas de vapor nos pesqueiros demadeira, a construír tamén os seus cascos. En todo caso, o industrial do

408Empresarios de Galicia

Talleres Vulcano (E. Lorenzo),Vigo, ano 1948 (ArquivoPacheco)

Page 13: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

Canceleiro tratará de buscar —á vista do éxito da súa primeira gabarra deaceiro— unha certa especialización distinta á dos outros construtoresnavais, a das embarcacións e guindastres para construción e servizos por-tuarios, de xeito que durante a primeira metade dos trinta, as gabarras eos guindastres flotantes terán un peso importante na súa actividade e seránen certo sentido a marca da casa. O primeiro encargo que recibiron foi oda construción doutras dúas gabarras para a bilbaína Sociedad Generalde Obras y Construcciones, unha delas era outro romperrochas, que foiseguido do de tres pontóns que representaban unha elevada carga detraballo. Logo foron diversas embarcacións tamén para traballos portuarioscomo as cabrias (guindastres flotantes) e guindastres escavadores desti -nados á tamén bilbaína Puertos y Pantanos, S.A.6 Todo isto, unido á cargade traballo nos eidos máis tradicionais de traballo da empresa, entre osque nestes primeiros anos trinta cómpre salientar a construción dos dousgasómetros para as fábricas de gas da Coruña e de Vigo, permitiu aumentaro cadro de persoal, que en 1935 andaba xa polos cincocentos traballadores,e convertía a Enrique Lorenzo y Compañía nunha das máis importan -tes empresas da cidade. O empresario vigués, interesado nos problemastécnicos da caldeiraría, e preocupado por darlles respostas aos proble-mas que se lles presentan aos seus seareiros, investiga con varios técnicossobre os problemas relacionados co desprazamento que se estaba a producirnos buques desde os propulsores de vapor aos motores diésel. Fronte a Ba-rreras, que decidira xa daquela entrar na fabricación de motores diéselcon licenza dunha empresa holandesa, Enrique Lorenzo opta por unhavía máis de acordo coas súas posibilidades, e máis accesible á maioría dosarmadores galegos: a de fabricar queimadores que permitisen empregarcombustible líquido sen necesidade de substituír a máquina de vapor. Odono do taller de Espiñeiro obterá así en 1932 dúas patentes, «de un equipode mechero de doble efecto a presión y aire comprimido para quemarcombustibles líquidos», e para a súa explotación constitúe unha empresafilial da principal, baixo a denominación de EMPSA (Equipos Mecherosde Petróleo, S.A.).7 Estes queimadores foron aplicados por primeira vez

409Enrique Lorenzo Docampo

6 El Pueblo Gallego, 20/08/1942.7 RMP, libro 28, fols. 158-172.

Fotografía das páxinas seguintes: Talleres Vulcano(E. Lorenzo) Vigo. Caldeirapara locomotora fabricada

en Vulcano, ca. 1950 (Arquivo Pacheco)

Page 14: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

410Empresarios de Galicia

8 El Pueblo Gallego, 15/05/1932.9 LAVANDEIRA (1992); CARMONA e NADAL (2005).10 GIRáLDEz (1996).

en España por Enrique Lorenzo ás cabrias construídas para Puertos y Pan-tanos e acadaron un importante éxito.8

É de admirar a decisión e a coraxe deste Enrique Lorenzo, que nosanos da Gran Depresión, cando Vigo atravesaba unha difícil situacióneconómica pola falta de pagamento dos clientes latinoamericanos dos fa-bricantes de conservas, e pola recuada dos encargos do sector pesqueiroaos estaleiros, decide emprender novas ampliacións do negocio.9 E, sobretodo, porque en gran parte o fixo descansando moi pouco nos recursospropios da empresa. Enrique Lorenzo seguiu confiando durante a primeirametade dos trinta no crédito de bancos, provedores e seareiros como prin-cipal fonte de financiamento da súa actividade. E iso levouno a afrontarproblemas de liquidez en non poucas ocasións ata o punto de que duranteese período chegou a sufrir nada menos que trece embargos, aínda quetodos eles de pequena contía. A situación máis crítica foi probablementea acontecida no ano 1933, na que ante a ameaza dunha pronta suspensiónde pagos chegou a verse forzado a convocar unha Xunta de Acredores, áque conseguiu finalmente convencer para que adiasen os vencementos.

En todo caso, os problemas dos primeiros anos trinta non foron exclu-sivos da empresa de Espiñeiro, senón de todos os talleres mecánicos e esta-leiros de Vigo. Os lucros dos armadores reducíronse por uns aumentosnos prezos do carbón, aparellos, salarios e outros elementos da súa estru-tura de custos que non se viron correspondidos nin polos rendementospesqueiros nin polos prezos obtidos;10 en tales circunstancias a caída dosencargos tanto de cascos coma de máquinas e caldeiras derrubouse. Defeito, a comezos de 1936 todo o sector metalúrxico vigués estaba a piquesde suspender pagos.

A sublevación militar de xullo de 1936 e a guerra posterior levou ámilitarización e á posta de todo o sector ao servizo do esforzo militar dobando insurrecto. A factoría de Espiñeiro, como as de Coia e Bouzas, que-daron baixo o control do xefe de mobilización local, que pola súa voltalle rendía contas ao de Valladolid e, finalmente, á Junta de Defensa de

Page 15: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

411Enrique Lorenzo Docampo

Page 16: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

Burgos. Os embargos pendentes foron suspendidos decontado, reforzáronseos talleres e o propio Enrique Lorenzo converteuse en tenente coronel deartillaría como director dun establecemento de cincicentos operarios.Como Barreras, Freire, Sanjurjo ou La Artística, Enrique Lorenzo y Com-pañía artillou buques de pesca e vehículos de transporte; construíu estruturasmetálicas para pontes e estacións ferroviarias e fixo munición diversa. Tra-ballaba en tres quendas diarias ata o esgotamento da maquinaria corres-pondente.11 Se a especialidade de La Artística eran as granadas, a de

412Empresarios de Galicia

Talleres Vulcano (E. Lorenzo)Vigo. Buque Barcelona engradas de Vulcano, ca. 1950(Arquivo Pacheco)

11 CARMONA e NADAL (2005); GIRáLDEz (2006).

Page 17: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

413Enrique Lorenzo Docampo

Barreras as bombas de aviación e a de Freire a dos proxectís de morteiro,a factoría de Espiñeiro estaba especializada nos proxectís de pequenocalibre, vulgarmente coñecidos como de tipo lexionario (calibre 11,7). Osbeneficios obtidos durante a guerra servíronlle —como á maioría dos me-talúrxicos vigueses— para pagar as débedas da preguerra e capitalizar aempresa con vistas a posibles ampliacións nos anos seguintes.

A consolidación de Vulcano como estaleiro (1939-1958)

A nacionalización da rede ferroviaria e a constitución de Renfe no ano1941, que concentrou todo o conxunto das liñas ata daquela pertencentesás empresas privadas, non lle sentou mal á empresa de Enrique Lorenzo,que conseguiu en exclusiva o contrato de reparación para as caldeiras,vagóns e outros equipos da nova empresa pública en toda a zona noroeste,así coma varias series de encargos de caldeiras novas para o conxunto darede española. A factoría de Espiñeiro tiña a capacidade para fabricar atavinte e cinco deste tipo de artefactos nun ano. O efecto destes contratos foital que durante os anos corenta esta partida chegou a representar o 80% dafacturación de Vulcano, e que contra 1948 o taller vigués era responsabledo 60% das reparacións de caldeiras-locomotoras que se lle encargaban áindustria privada en España.12 RENFE externalizaba a maioría destes tra-ballos e Vulcano era posiblemente o principal beneficiario.

No seu outro eido de traballo, o da construción naval, a factoría deEspiñeiro dispoñía contra 1941 de catro bancadas e estaba ampliando emellorando o taller de fundición para poder fabricar hélices e outros ele-mentos de navegación. Podía construír buques de ata dúas mil toneladase tiña unha capacidade de produción de corenta caldeiras mariñas parabuques de ata tres mil toneladas.

Enrique Lorenzo albiscou moi axiña as boas perspectivas que abríapara o sector da construción naval o interese do réxime no desenvolve-mento da pesca como fonte de proteínas baratas nunha época de escasezae racionamento como a que se estaba comezando a vivir. Este interese xa

12 Archivo Histórico Nacional, Fondos contemporáneos. Hacienda, serie general, atado4.5842.

Page 18: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

se manifestara na promulgación da Lei de Crédito Naval destinada a favo-recer a reconstrución e ampliación da frota mercante, na que se incluíatamén a dedicada á pesca.13 A lei permitía obter créditos do Instituto deCrédito para la Reconstrucción Nacional para construír pesqueiros cunprazo de devolución de vinte anos a un tipo de xuro do 2% e por unimporte de ata un 60% do valor do buque, que mesmo en certas hipótesespodía acadar ata un 80%. A norma tamén establecía a posibilidade definanciar obras de ampliación nos estaleiros, polo que Enrique Lorenzonon tardaría en presentar un proxecto no que solicitaba o crédito corres-pondente, tal como fixeron Barreras e os demais construtores navais vigue-ses. En maio de 1942 comezou os trámites precisos para solicitarlle uncrédito destinado á ampliación ao Instituto de Crédito para la Recons-trucción Nacional,14 que non conseguiría ingresar ata 1947. Este créditooficial e outros varios do sector privado, así coma as propias ampliaciónsde capital financiaron as adquisicións de equipo e melloras nas instala-

414Empresarios de Galicia

13 Lei do 02/06/1939 na que se institúe un sistema de crédito naval (BOE do 07/06/1939); Decreto do 15/03/1940 polo que se aproba o regulamento para aplicar a Lei do02/06/1939 (BOE 22/03/1940). Sobre este tema pódese ver PORTAS e BALSEIRO (1944).

14 Archivo Histórico Nacional, Fondos contemporáneos. Hacienda, serie general, atado4.5842; AHPP, Administración de Hacienda, Delegación de Vigo, atado 11.320.

Logo Enrique Lorenzo

Page 19: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

415Enrique Lorenzo Docampo

cións que permitiron que contra 1950 a factoría de Espiñeiro puidesecomezar unha xeira na que a construción naval en aceiro se podería con-verter, de ser preciso, na principal liña de actividade, por riba se fose pre-ciso do propio negocio ferroviario.

Previamente Enrique Lorenzo tivo que proceder ao aumento dos re-cursos propios da empresa, pois era esta unha das esixencias para accederao crédito oficial. En 1941 decide así converter a antiga sociedade regularcolectiva nunha anónima e proceder paralelamente a unha forte ampliaciónde capital que pasaría das 350.000 aos 2.100.000 pesetas, que se repetiríanos anos seguintes noutras dúas ocasións, de xeito que en 1951 o capitalsocial era xa de dez millóns de pesetas.15 A empresa seguía, en todo caso,sendo completamente familiar, xa que, agás na primeira destas ampliaciónsna que entraran a formar parte do capital os irmáns Rubio Escuredo, apresenza destes foise diluíndo nas seguintes, de maneira que Enrique Lo-renzo sempre mantivo o control da empresa, e situou no consello de ad-ministración os seus familiares e persoas de confianza.

A media de construción de embarcacións estivo durante os anoscorenta nas dúas ou tres anuais, a maior parte delas de madeira; e non porfalta de capacidade para facelo en aceiro, pois as gabarras e os pontónsque construíra na preguerra fórano dese material e porque en 1943 botouun cargueiro en aceiro, o Vulcano,16 senón máis ben polas dificultadesque existían nestes anos para a subministración de aceiros laminados epola cativa demanda de tales enxeños, dos que os armadores non remata-ban de ver as súas vantaxes.17 Deste xeito, as carenas e reparacións —entendendo entre estas últimas a instalación dos queimadores paracombustible líquido nos pesqueiros de vapor antigos— mantiveron unhagrande importancia neste período.18 Co gallo de se fornecer directa-mente da madeira precisa para as novas construcións que neste material

15 Íbidem.16 La Vanguardia, 17/09/1943.17 FERNáNDEz MUñOz (1944).18 Tal e como poñen de manifesto SINDE, DIÉGUEz e GUEIMONDE (2005) e SINDE

(2008) foi esta unha fase intermedia, anterior á adopción dos motores diésel na pesca, moitípica dunha situación de escaseza e illamento como foron os anos corenta.

Fotografía das páxinas seguintes: Vulcano, ca. 1955 (cortesía de

María Teresa Font)

Page 20: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior
Page 21: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior
Page 22: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

se ían emprender, Enrique Lorenzo, adquirirá contra 1942 un serradoirono redondelán lugar de Reboreda, que pasará a traballar para Vulcano,aínda que non exclusivamente.

Nos anos cincuenta, e a medida que as subministracións de aceirolaminado comezaron a mellorar, e sobre todo a partir de 1956 —ano noque se revitaliza a concesión de créditos para a construción naval— come-zará a cobrar importancia a construción en aceiro no estaleiro de Espi-ñeiro. Ata 1958 estas construcións foron moi limitadas, pois entre 1951 e1957 entregáronse só —ademais de tres pequenos cargueiros de 400 TRBe algún artefacto para servizos portuarios— catorce arrastreiros, a dous porano. Os seus principais clientes eran o armador coruñés Andrés Soto Carneiro e a Pesquera Vasco-Gallega.19 Aínda que algúns dos buquesconstruí dos tiveron que se inscribir a nome do propietario da factoría oudalgún dos seus familiares, porque foron construídos sen encargo previo,Enrique Lorenzo non se propuxo máis que moi excepcionalmente conver-terse en armador, tal como fixeron Freire ou Barreras. Tivera unha brevee desafortunada experiencia neste sentido cun cargueiro de aceiro a come-zos dos corenta, o Vulcano, que acabara indo a pique, e tomaría posterior-mente parte en dúas sociedades pesqueiras pero nunca con funcións exe-cutivas nelas. Foron estas dúas sociedades a Pesquera Atlántica, fundadaen 1950 co conserveiro e fabricante de artigos de goma vigués Manuel Reye con varios armadores de Bouzas entre os que se atopaba Juan Rodal;Enrique Lorenzo proporcionoulle a esta compañía unha parella de pes-queiros con casco de aceiro, construídos en Inglaterra nos anos vinte e queforan reformados en Vulcano.20 A outra experiencia pesqueira do indus-trial de Espiñeiro foi na constitución da guipuzcoana pesqueira Alquiza.21

Nunha economía caracterizada pola escaseza das subministraciónsindustriais e pola ríxida intervención sobre a súa distribución como era ada España dos anos corenta e, nalgunha menor medida, a dos cincuenta,os industriais víanse acotío forzados a interromper a produción por faltade materias primas, ao mesmo tempo que tiñan enormes dificultades para

418Empresarios de Galicia

19 Factorías Vulcano, Listado de buques construídos.20 RMP, libro 56, fols. 46-57 v.21 RMP, libro 84, fol. 106 v. e libro 81, fol. 92 v.

Page 23: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

planificar o traballo das súas factorías. No caso concreto dos estaleiros edos talleres mecánicos, ademais do problema dos apagóns, o principalatranco para o seu desenvolvemento foi a falta de aceiros laminados. Nonfoi infrecuente que os estaleiros visen eternizarse nas bancadas buquespor falta de algún elemento que non daba chegado. Enrique Lorenzotivo un destacado papel nunha das iniciativas destinadas a lidar co problemada escaseza de subministracións para todo o conxunto do sector metal-mecánico en Galicia, tal como foi a sociedade Sumnsa.

A comezos do ano 1942, un ano despois de que o sector se converteraen preferente a efectos de subministracións de materias primas intervidas,22

sen que iso mellorase moito as dificultades para conseguilas, un grupo deempresarios vigueses constituíron Suministros Metalúrgicos NavalesSociedade Anónima (Sumnsa).23 Os impulsores do proxecto eran a maio-ría dos construtores navais vigueses (Luis Iglesias, Freire, Troncoso y San-todomingo, Armada, etc. ), das fundicións e construcións metálicas (San-jurjo, Ponte y Ferrín, etc.), dos construtores de envases (La Artística, LaMetalúrgica...) e outros interesados. O obxecto da empresa era o de mercarprimeiras materias para a súa distribución entre os accionistas, importarmaquinaria, mercar patentes, establecer calquera actividade complemen-taria da metalurxia naval e —moi importante— servir de ponte para asrelacións cos poderes públicos. Este último foi un dos labores prioritariosde Sumnsa, pola importancia que tiña nestes anos o feito de dispoñer deintermediarios e persoas ben relacionadas na administración, nomeada-mente en Madrid, para conseguir cotas, permisos, licenzas e toda a para-fernalia administrativa precisa naqueles anos para exercer a actividadeindustrial. O primeiro presidente de Sumnsa foi Luis Iglesias, un constru-tor naval que tiña as súas instalacións na ribeira viguesa —preto do con-vento de San Francisco— e xa daquela entrou Enrique Lorenzo comovicepresidente. Pero tanto a presidencia de Iglesias coma a do que sería oseu sucesor —o boucense Manuel Freire— serían moi breves. En 1944 foi

419Enrique Lorenzo Docampo

22 Lei do 24/10/1939 (BOE 25/10/1939), Orde do 13/03/1941 (BOE 18/03/1941);GIRáLDEz (2005).

23 A descrición das actividades de Sumnsa está baseada en Informes anuales, Ministe-rio de Industria. Consejo Superior de Industria, de varios anos; revista Industrias Pesqueras,varios números, sobre todo, os números 745 e 746 de 1958.

Page 24: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

xa elixido para ocupar o cargo Enrique Lorenzo, que continuaría neldurante máis de vinte anos.

Sumnsa ocupouse durante os anos corenta e primeiros cincuentanomeadamente da provisión de insumos, tarefa na que logrou centralizarunha parte importante das subministracións metálicas para o sector. A par-tir de 1955 —cando a escaseza xa non era tan preocupante— trataría decomplementar as funcións distribuidoras coa provisión doutros servizos,máis de carácter técnico ou económico-administrativo. En 1955 Sumnsadotaríase dunha oficina técnica que —dirixida por un enxeñeiro naval—lles ofrecería asesoramento técnico aos estaleiros e mesmo elaboraría pro-xectos de buques por encargo dos seus asociados. Este servizo —que ato-pou unha importante demanda e foi precursora doutras oficinas técnicasposteriores— conseguiu ofrecer colectivamente un servizo ao que moitosdos seus clientes non podían acceder individualmente.

Finalmente, Sumnsa mercou en 1957 Aceros de Galicia, S.A., unhafundición eléctrica establecida pouco antes por un grupo de empresarioscataláns no barrio do Troncal —que estaba moi preto da subestación detransformación eléctrica— coa intención de utilizala para a elaboraciónde pezas especiais de aceiro moldeado para rizóns, hélices, guindastres,máquinas de vapor e outras que puidesen demandar os seus socios e clien-tes. Na práctica, Aceros de Galicia —que presidía tamén Enrique Lo -renzo— especializouse sobre todo na fabricación de rodas e codastes, quevendeu durante os anos seguintes á maioría das empresas do sector de todaEspaña.24

O adeus ao ferrocarril, a especialización naval e a entrada no sector conserveiro

A finais dos anos cincuenta a política intervencionista e autárquicaestaba conducindo a economía española a un camiño sen saída que for-zou a aprobación dun conxunto de medidas coñecidas como Plan deEstabilización, que constituíron o preámbulo da posterior liberalizacióne apertura. Dentro deste marco no que moitas cousas mudaron, Renfe

420Empresarios de Galicia

24 Industrias Pesqueras, números 697-698 (1956), e 745-746 (1958).

Page 25: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

tamén o fixo, e no eido das reparacións abandonou a política de conti-nuismo respecto do que facían as empresas das que era herdeira e come-zou paseniñamente a homoxeneizar e a internalizar as reparacións quealgunhas daquelas facían en talleres externos. Dentro desta política refor-zou a finais dos cincuenta e comezos dos sesenta o seu taller de repara-cións de Monforte de Lemos, que se converteu na primeira industrialocal, e algúns dos encargos que antes realizaba Enrique Lorenzo y Com-pañía foron transferíndose á vila do Cabe. A apertura podía igualmentesignificar o comezo das importacións de caldeiras novas, especialmen -te dos modelos máis sofisticados que non se fabricaban en España, poloque o industrial vigués buscou acordos de licenza con dúas innovadorasempresas de caldeiraría, a escocesa John Thompson e a alemá ERK. A

421Enrique Lorenzo Docampo

Cesáreo González, Enrique Lorenzo e Luis

Iglesias, ca.1955 (cortesíade María Teresa Font)

Page 26: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

factoría de Espiñeiro comezou así contra 1958 a fabricar baixo licenzadestas empresas caldeiras pirotubulares e acutubulares respectivamente,cun relativo éxito en ámbitos industriais. Así forneceu nos anos seguintesa fábricas de conservas, de madeiras, téxtiles ou de cervexa.

Consciente en todo caso Enrique Lorenzo de que a reparación decaldeiras ferroviarias tiña os seus días contados e de que a súa fabricaciónía resultar cando menos suxeita a unha forte competencia, foi orientandoxa desde mediados da década os labores da factoría de Espiñeiro cara áconstrución naval e foi buscando outros negocios cos que manter unhacerta diversificación da súa actividade. E non se equivocou porque osencargos da compañía ferroviaria remataron contra 1965.

Dentro desta estratexia entraría Enrique Lorenzo no ano 1956 nunsector como era o de fabricación de conservas de peixe, dunha gran tradi-ción en Galicia pero que tras vinte anos de ríxida intervención tiña unhadimensión media ben reducida e sufría un forte proceso de descapitaliza-ción. Enrique Lorenzo mercaríalle en xaneiro daquel ano a outro veciñode Espiñeiro —Manuel Vaqueiro— a fábrica que este tiña no propiobarrio, e que vendera coas marcas de La Ribereña e La Colombiana desdemediados dos anos vinte.25 á fronte da conserveira púxose un dos xenrosdo industrial de Canceleiro, o ferrolán Cristóbal Antón, que contratou aun vilagarcián con experiencia nas fábricas francesas de Agadir para dirixira produción e introducir un sistema de empacado distinto do tradicionalonde o peixe se colocaría en cru na lata —e non fritido ou cocido comoera común en Galicia— de maneira que á cocción e á esterilización selevarían a cabo posteriormente.26 Esta modificación dos procesos deberíaaforrar man de obra, especialmente ao suprimir o engrellado; isto traduci-ríase non só en aforros de custos senón nun produto máis do gusto dos paí-ses que estaban afeitos a consumir peixe empacado en cru, vantaxe estaúltima ben axeitada para entrar nos mercados exteriores.

As antigas instalacións de Vaqueiro amosáronse axiña pouco axeitadaspara as novidades e a escala á que a familia Lorenzo pretendía acceder.

422Empresarios de Galicia

25 Arquivo da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas, Asociados, caixanúm. 58.

26 Informes anuales, Ministerio de Industria. Consejo Superior de Industria, ano 1959,fol. 173.

Page 27: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

En 1959 transforman a empresa en sociedade anónima, aínda que manteríaun estrito carácter familiar no accionariado. Trasladan a fabricación a unestablecemento de nova construción en Meira (Moaña) e converten Con-servas La Guía nunha das máis modernas fábricas españolas do sector.En 1962 tiña xa 213 operarios que a situaban por este concepto comounha das dez primeiras empresas conserveiras galegas. Da orientación ex-portadora desta empresa pode dar unha idea o feito de que contra 1968era a cuarta exportadora. Os principais destinos das súas vendas eran portoscomo os de Amberes ou Hamburgo, o que antes da guerra se contaranentre os principais receptores de conservas galegas, e outros como o deSavona, na Liguria italiana, menos habitual naquela altura.

Enrique Lorenzo emprendeu a finais dos cincuenta unha novaampliación do estaleiro, a maior das acometidas ata aquel momento, des-tinada a competir na fabricación de buques de aceiro de maior tamañodestinados a pescar en mares máis afastados ca os daquela xa tradicionaisdo Gran Sol. Bacallaeiros e arrastreiros convencionais primeiro e con -xeladores e arrastreiros por popa xa a partir de 1965 serían as tipoloxíasmáis significativas neste sentido. O proxecto —que moi axiña se levou acabo— incluía a ampliación das gradas cubertas e a construción duntaller de trazado, cortado e formado de chapas, a ampliación do parquede materiais, un novo taller de ferreiros de ribeira e un novo peirao dearmamento.27 No ano 1961, Vulcano tiña dúas bancadas en funcio-namento con capacidade de construción de buques de ata tres mil tone-ladas de rexistro bruto e catro vías de varadoiro preparadas para carenar ereparar embarcacións de ata mil cincocentas toneladas; dos seis guin-dastres dos que dispoñía o maior deles podía levantar ata trinta tonela-das. No estaleiro traballaban 780 persoas, das que 42 eran técnicos e 98administrativos.28

A ampliación do estaleiro viuse correspondida durante a década dossesenta por unha forte ampliación do número de buques construídos, tale como se pode ver na Táboa 1. Vulcano recorreu, como todos os estaleirosda época, ao Crédito Naval como forma de financiar as construcións, tal

423Enrique Lorenzo Docampo

27 Industrias Pesqueras, números 745 e 746 (1958).28 FORCANO (1961).

Page 28: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

e como xa fixera desde a década anterior, unha fonte que puido comple-mentar nesta xeira dos sesenta co recurso a unha nova vía do créditooficial, o crédito á exportación, do que tamén faría uso.

Ata o ano 1965 a maior parte dos buques construídos son arrastreirosconvencionais para armadores fundamentalmente galegos e vascos, entreos que destaca como cliente a finais dos cincuenta e comezos dos sesenta,José Molares. Dentro dos pesqueiros cómpre tamén salientar os catrobacallaeiros entregados a Motopesqueros de Altura Reunidos (MAR), edentro dos poucos buques destinados a outros usos, un pequeno feixe deremolcadores.

En 1966 entregaríase o Marcelina de Ciriza, o primeiro conxeladorcon arrastre por popa entregado por Vulcano, e co que esta factoría entrabana construción deste segmento de buques que marcou a pauta dos novosdesenvolvementos pesqueiros daquela década. O Marcelino de Ciriza re-presentaba en todo caso para Vulcano un éxito moi especial; tratábasedun dos primeiros buques superfactoría construídos en España, que com-binaba a actividade extractiva cunha gran capacidade de almacenaxe (istoevitaba ter que recorrer a buques correo para remitir periodicamente opeixe conxelado ao mercado de destino) e, finalmente, a actividade trans-formadora, pois era ao mesmo tempo fábrica de fariña. A Pesquera VascoGallega encargara o casco nos bilbaínos Astilleros de Cadagua, pero de-bido á complexidade de moitos dos seus elementos tivo que rematar enVulcano os traballos construtivos.

424Empresarios de Galicia

Táboa 1.Construción de buques nos estaleiros Vulcano, 1951-1974

Buques Buques Buques construídos TRB construídos TRB construídos TRB

1951 3 845,00 1959 10 2.417,00 1967 13 3.740,98

1952 1 n.d. 1960 10 2.402,00 1968 7 2.164,11

1953 0 0,00 1961 5 1.363,00 1969 4 2.415,12

1954 1 219,00 1962 5 1.282,96 1970 5 6.640,92

1955 0 0,00 1963 4 710,53 1971 9 3.050,54

1956 7 1.685,00 1964 11 3.107,45 1972 6 14.771,80

1957 8 1.632,00 1965 6 1.966,04 1973 7 5.165,70

1958 6 1.412,00 1966 9 8.278,16 1974 6 3.078,61

Fonte: Elaboración propia a partir de Factorías Vulcano, Relación de buques construidos.

Page 29: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

Na mesma altura na que o estaleiro de Espiñeiro entregaba o Marce-lina de Ciriza substituía definitivamente na súa factoría naval o remachepola soldadura como xeito de ensamblaxe da chapa dos cascos. EnriqueLorenzo y Compañía, que comezara como unha empresa de caldeiraría,unha actividade na que a calidade do remachado resultaba un factor decompetitividade que dera á empresa un importante prestixio, rematabaunha xeira da súa historia, case tamén ao mesmo tempo no que abando-naba o traballo para Renfe. Na segunda metade dos sesenta Vulcano é xafundamentalmente un estaleiro especializado, como Barreras ou Ascónna fabricación de grandes arrastreiros de aceiro, aínda que na súa carteirade pedidos inclúe en maior medida ca aqueles remolcadores, cargueirose artefactos destinados a traballos portuarios.

Nin as sucesivas ampliacións da factoría de Espiñeiro, nin a súa novaespecialización, nin a entrada no mundo da conserva, alteraran o carác-ter familiar de Enrique Lorenzo y Compañía. Como é habitual neste tipode sociedades a confianza é un activo fundamental e, neste sentido, Enri-que Lorenzo soubera construír un edificio de delegacións e división dotraballo no que un pequeno grupo de persoas moi próximas colaborabanbaixo a súa supervisión na marcha da empresa. Sobre todo eran familia-res pero tamén había algúns técnicos da máxima confianza que protago-nizaron o devir de Vulcano nos anos da autarquía e na primeira aperturados sesenta.

O máis antigo dos seus homes de confianza era o seu irmán José, queentrara na factoría de Espiñeiro durante a guerra civil e desde aquelalevaba as finanzas da empresa. Logo chegarían Florencio García Martínezde la Riva, un enxeñeiro compostelán, que se ocupaba da dirección técnicada empresa e que se encargaba das difíciles negociacións dos proxectoscos armadores, e José María Herrero, un intendente mercantil que se ocu-paba da parte administrativa, incluída a tramitación do Crédito Naval enMadrid, e que nos anos cincuenta e sesenta convencía os armadores danecesidade de abandonar os cascos de madeira e pasar aos de aceiro coapromesa de fornecerlles o proxecto xa feito. E finalmente, dentro dos di-rectivos asalariados, o director do estaleiro, o enxeñeiro naval ferrolán Ma-nuel López Garrido. Nos anos cincuenta chegaran tamén os dous xenrosde Enrique Lorenzo, o ferrolán Cristóbal Antón e o enxeñeiro agrónomomenorquino Rosendo Fernández Ferré, con experiencia este último en

425Enrique Lorenzo Docampo

Page 30: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

temas de organización científica do traballo en empresas de Madrid. Oúltimo en chegar foi o propio fillo de Enrique Lorenzo, que tras estudarperitaxe mercantil e industrial marchara a Glasgow onde durante dousanos estudaría e traballaría en prácticas nunha das fábricas de caldeirasdas que Vulcano era concesionaria dunha licenza.

Dentro deste pequeno grupo, Enrique Lorenzo, que era un empresariodecidido e de carácter, cunha personalidade forte do estilo dos grandescapitáns de empresa da época, delegaba funcións con relativa facilidadenos seus máis antigos e fieis colaboradores. Isto é, no seu propio irmán,en Florencio García e José María Herrero, todos eles cunha ampla auto-nomía de actuación.

Unha intensa vida social e unha sucesión empresarial pouco afortunada

A mediados dos anos sesenta, cando andaba xa polos setenta anos,Enrique Lorenzo era en Vigo moito máis ca un simple industrial. Aolongo daquel tempo ocupara todo tipo de cargos de relevancia social nacidade e gozaba dun amplo recoñecemento neste eido. Comezara noantigo Ximnasio xa antes da guerra civil. Posteriormente presidiu o Cen-tro de Hijos de Vigo, a entidade que sucedeu a popular sociedade recre-ativa, e que sería a promotora da celebración local da festa da Reconquistae doutras moitas reivindicacións de carácter vigués.29

Probablemente por este interese en reivindicar a cidade, era dos quepensaban que Vigo debía dotarse dunha banca propia, e formou parte doconsello de administración do Banco de Vigo, unha entidade que resultouda conversión en 1957 da casa de banca Viñas Aranda nunha sociedadeanónima, que en realidade tería un éxito cativo no que atinxe a aquel ob-xectivo. Fora fundador e presidente do Aeroclub de Vigo. Esta entidadenacera en 1950 e foi presidida polo aviador Iglesias Braxe, o seu obxectivoera fomentar a aviación civil e adquirir un importante papel na reclamaciónpara o comezo das obras do aeroporto de Peinador. Fora tamén vogal evicepresidente primeiro da Cámara de Comercio de Vigo desde o ano

426Empresarios de Galicia

29 GONzáLEz MARTíN (2007).

Page 31: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

1931, e representante desta entidade no Consorcio da zona Franca, poucodespois de que esta institución comezara a súa andaina. Participou ademaisnas xestións para a instalación de Citroën na cidade.30 Finalmente, entrarana Deputación Provincial no ano 1960 e ocupou a presidencia desta ins-titución entre 1963 e 1970.

Enrique Lorenzo xogou un activo papel como presidente da Depu-tación Provincial, o que o forzaba a acudir case que todos os días a Pon-tevedra, polo que durante os anos sesenta comezou a afastarse do día adía da empresa que delegaba nos seus colaboradores máis directos, no-meadamente Florencio García, aínda que tamén todos os días acudía áfactoría de Espiñeiro.

Cando era presidente da Deputación, contra 1968 —e nun momentono que Vulcano estaba embarcado, como os demais estaleiros da ría, naconstrución de grandes arrastreiros, moitos deles de arrastre por popa—produciríase o que sería a primeira crise do sector pesqueiro conxelador.Asentada a fortísima expansión da frota na pesca practicamente dunhaúnica especie —a pescada— e engadida a competencia dunhas importa-cións autorizadas para estabilizar prezos, o mercado español acadou a sa-turación contra o ano 1968, coa conseguinte derruba dos beneficiosempresariais e caída dos encargos aos estaleiros.31 A crise afectaríalle ámaior parte dos estaleiros da ría pero especialmente aos que se especiali-zaran nos pesqueiros de maior porte, todos eles cun forte endebedamento.Baixo o paraugas da denominada Acción Concertada e do pulo do propioMinisterio de Industria comezan no ano 1968 as negociacións para a fu-sión dos tres tradicionalmente maiores estaleiros da ría, Barreras, Freiree Vulcano, unha fusión á que Enrique Lorenzo era en principio favorable,pero que finalmente fracasaría polas elevadas esixencias do Ministerio noque atinxía a tamaño e pola propia evolución negativa do mercado dospesqueiros e buques de pequeno porte durante aqueles anos.32

Enrique Lorenzo rozaba xa daquela os oitenta anos e comezaban aagromar os problemas dunha sucesión aínda non resolta, na que, como

427Enrique Lorenzo Docampo

30 LEBRANCóN (2008).31 GIRáLDEz (2008).32 GARCíA REVUELTA (1970).

Page 32: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

na maioría dos casos de iniciadores de forte personalidade que prolonganmáis do prudente a súa intervención na dirección do negocio, aparecenproblemas de liderado e de conflitos entre familiares e executivos. Maismalia tal acumulación de problemas, Vulcano foi quen de sobrevivir du-rante os anos seguintes á tormenta que sacudiu o sector e que remataríapor levar ás mans do Instituto Nacional de Industria aos dous máis im-portantes estaleiros privados galegos, Astano (1971) e Barreras (1976), aomesmo tempo que o terceiro, Ascón, ía cara á suspensión de pagos.33

Enrique Lorenzo e os seus colaboradores buscaron unha saída para acrise de finais dos sesenta que se podía considerar máis conservadora caa dos dous maiores construtores navais galegos, que trataron de se orientarencara aos buques e artefactos petroleiros, unha orientación que recibiu ungolpe ben duro nos anos seguintes por mor da desvalorización do dólarna que se denominaban os contratos para este tipo de artefactos e pola

Empresarios de Galicia

33 CARMONA e NADAL (2005).

Vulcano, maio de 1977.Nuria del Mar e Lucía delMar, para Equimar

Page 33: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

propia crise do petróleo. Vulcano procurou unha solución máis conser-vadora —e ao final de máis éxito— que foi a de tratar de tirar partido dasúa experiencia na construción de remolcadores e doutros buques espe-cializados, así coma a de participar nos acordos Estado-Estado para a ex-portación de buques —pesqueiros e outros— construídos con cargo a cré-ditos concedidos a países menos desenvolvidos. Vulcano conseguiu así aadxudicación de cinco dos dez pesqueiros que España debería cons-truír para a Office National de Péches tunesina como consecuencia dunacordo con aquel país de marzo de 1969,34 así coma un contrato coa FAOpara a construción de dous arrastreiros para fins de investigación e expe-rimentais. Foron estes buques, xunto cos remolcadores, os que mantiveronunha parte importante da carga de traballo e salvaron o estaleiro de Espi-ñeiro durante os anos seguintes. De feito, sería contra 1970 cando Vulcanoacadaría as súas maiores cifras de emprego, 850 traballadores nos anos1971-1972.

Con todo, a evolución do sector nos anos setenta, caracterizada polacaída xeral dos encargos derivada da crise do petróleo e moi en especialno eido dos pesqueiros conxeladores, por mor tanto da extensión daszonas económicas exclusivas coma polo aumento dos custos operativosna pesca derivado do aumento do prezo do ouro negro, tiña que afectar-lle ao estaleiro de Espiñeiro. En Vulcano o problema notouse especial-mente a partir de 1975; entre ese ano e 1986 apenas se botaron vinte eoito buques, tantos coma os construídos nos tres anos anteriores. Dentrodeste período houbo sete anos nos que ningún pesqueiro saíu das gradasde Vulcano, e no total do seu transcurso só saíron seis. Vulcano oriéntaseagora decididamente cara a novos tipos de buque, tales como os destina-dos ao transporte de carga rodada (roll-on/roll-off), ou os portacolectores.En todo caso mantén a súa especialización en remolcadores e en formasevolucionadas de buques pesqueiros (atuneiros conxeladores, etc.).

Enrique Lorenzo Docampo finou no ano 1981. Conservas La Guíaseguía daquela a ser unha importante empresa do sector, aínda que ascontas seica non cadraban. Factorías Vulcano continuaba a traballarmalia que se atopaba máis endebedada ca nunca e cuns resultados no

429Enrique Lorenzo Docampo

34 La Vanguardia, 08/03/1969.

Page 34: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

Empresarios de Galicia 430

estaleiro moito máis problemáticos ca na sección de caldeiraría. MaisEnrique Lorenzo Docampo xa non estaba para lidar cos bancos e paraconvencer os poderes públicos. Tras do seu pasamento acumuláronse osproblemas financeiros cos da sucesión aos que xa nos referimos.

En 1986 o arquitecto naval Fernando Santodomingo e o armador Car-los Molares mercaron o estaleiro e a conserveira que foran do industrial doCanadelo. Curiosamente, facíase coa factoría de Espiñeiro un neto do pro-pietario do estaleiro para o que traballara Enrique Lorenzo setenta anosatrás. A nova dirección chegaba cun programa de viabilidade debaixo dobrazo, que incluía unha intensa reforma da xestión e da produción, unaxuste laboral e un amplo crédito. O programa incluía a especializaciónnunha panoplia de buques de mediano porte como quimiqueiros, ocea-nográficos, cementeiros, artefactos offshore e novos tipos de pesqueiros quenon só permitiu a supervivencia da empresa senón mesmo o seu crece-mento, pois recentemente absorbeu a Juliana —a antiga construtora navalxixonesa— que pertencera nos últimos anos ao sector público. ConservasLa Guía tería peor sorte e sería unha das moitas empresas galegas deste sec-tor que caería durante os anos seguintes.

Enrique Lorenzo foi un deses personaxes á americana, un self-mademan, que chegou dun barrio de Vigo ao cumio da empresa e da política.Un personaxe que cadra mal co mito de que os galegos non son empren-dedores ou de que si o son, pero só cando traballan lonxe da súa terra.Foi un home dos máis representativos —senón o que máis— da segundaxeración de empresarios industriais vigueses, dos que naceron cando a ci-dade olívica tiña xa chemineas no Areal e en Guixar. De entre eles foi omáis vinculado coa metalurxia do aceiro na cidade, do que podiamoschamar as construcións metálicas. Un home que como el mesmo repetíanon escapaba de ser, cando facía falta, un remachador máis, un máis dosque ao aturar o sufridor —unha ferramenta usada para remachar enquente— apañaba coas correspondentes queimaduras que acotío producía.E un empresario que contaba coa decisión e co carácter —unha vez máiso aceiro— como algunhas das súas calidades fundamentais, tanto para adefensa dos seus negocios coma para o do que el consideraba interesesda cidade. En definitiva, un vigués de aceiro. E un dos máis importantesempresarios galegos do século XX.

Page 35: Empresarios de Galicia 217 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c17.pdf · Pola influencia que tería no curso da posterior

Bibliografía

CARMONA, X., e J. NADAL (2005): El empeñoindustrial de Galicia. 250 años de histo-ria industrial, A Coruña, FundaciónPedro Barrrié de la Maza.

FERNáNDEz GONzáLEz, A. (2005): «De laroca a la cuerda. Orígenes y desarrollode la industria mejillonera en Galicia(1946-2005)», en VIII Congreso de laAEHE, Santiago de Compostela.

FERNáNDEz MUñOz, L. (1944): «Construc-ción naval», en I Consejo EconómicoSindical de Pontevedra, Pontevedra.

FORCANO, F. (1962): «Construcción naval»,en Consejo Económico Sindical Provin-cial, Vigo.

GARCíA REVUELTA, F. (1970): «La acciónconcertada en el sector de industrias nava-les», Economía Industrial, núm. 74.

GIRáLDEz, J. (1996): Crecimiento y transfor-maciones de la pesca en Galicia (1880-1936), Madrid, Ministerio de Agricul-tura, Pesca y Alimentación.

— (2005): «El bulto y la sombra: la finan-ciación del sector pesquero y la hipotecanaval (1900-1959)», en VIII Congreso dela AEHE, Santiago de Compostela.

— (2008): «Revisitando el nudo gordiano:el desarrollo de la congelación en lapesca gallega (1960-1970)», Áreas, RevistaInternacional de Ciencias Sociales; un si-glo de pesca en España: nuevas perspec-tivas, nuevas aportaciones, núm. 27.

GONzáLEz MARTíN, G. (2007): Titanes delviguismo en una ciudad discriminada:1887-1981, Vigo, Instituto de EstudiosVigueses.

LABANDEIRA, F. X. (1992): «Construçom ereparaçom naval na ría de Vigo a come-ços do século XX (1900-1936)», Agália,núm. 30.

LEBRANCóN NIETO, J. (2008): El consorciode la zona franca de Vigo. Industria, co-mercio y desarrollo urbano, Vigo, CzFV.

OJEA PORTAS, P., e F. BALSEIRO (1944): Lamarina y el crédito naval, Madrid.

OUTES RUSO, J. L. (1990): La crisis del sectornaval y su repercusión en Galicia, A Co-ruña, Fundación Caixa Galicia.

SINDE, A. I. (2008): «Expansión y moderni-zación de la flota pesquera española trasla Guerra Civil», Áreas: Revista Interna-cional de Ciencias Sociales; Un siglo depesca en España: Nuevas perspectivas,nuevas aportaciones, núm. 27, pp. 58-67.

— M. I. DIÉGUEz, e A. GEIMONDE (2005):«Factores condicionantes de la difusiónde las nuevas tecnologías en el sectorpesquero español, 1931-1971», en «VIIICongreso de la AEHE», Santiago deCompostela.

Enrique Lorenzo Docampo 431