empresarios de galicia 110 - fundación galicia...

21
EMPRESARIOS DE GALICIA

Upload: vumien

Post on 11-Feb-2019

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

EMPRESARIOS DE GALICIA

MELITÓN D. DOMÍNGUEZ LEAL1843-1916

Na liñaxe fundada por D. Melitón Domínguez Leal resúmese ereflíctese boa parte da historia da pesca galega e española desde finais doséculo XIX.1 Os seus membros non só participaron nos procesos técnicose económicos que conformaron o desenvolvemento da actividade, enmáis dunha ocasión como pioneiros, senón que tamén foron destacadosprotagonistas en diversas organizacións de armadores que trazaron asliñas estratéxicas por onde tería que transitar o sector. Neste sentido, pre-séntase como unha sucesión de empresas familiares con claros trazos dosemprendedores schumpeterianos. Ao longo de máis dun século sucedé-ronse as conxunturas favorábeis e adversas, unhas ramas abandonaron aactividade pesqueira e outros apelidos incorporáronse, pero, en conxunto,presentan unha continuidade familiar con clara vocación de permanen-cia a longo prazo no sector.A nosa historia comeza o xoves 28 de xuño de 1917. O verán daba os

seus primeiros pasos. Os xornais informaban de que o ministro e depu-tado D. Ángel Urzáiz chegara ás súas posesións de Nigrán, onde pasaría

Jesús Giráldez RiveroProfesor titular da Universidade de Santiago. Campus de Lugo

AS ORIXES DUNHA GRAN LIÑAXEPESQUEIRA: DE MELITÓN DOMÍNGUEZ AOS IRMÁNS FONTÁN DOMÍNGUEZ

Retrato de D. Melitón Diego Domínguez Leal (Arquivo

Jaime Domínguez Blein)

1 Debo agradecer aquí a amabilidade coa que me atenderon os irmáns Fontán Domín-guez, especialmente Rosa, Jacobo e Roberto, así como a de Jaime Domínguez Blein. Esteúltimo puxo á miña disposición non só o arquivo documental e gráfico da empresa senóntamén o seu valioso tempo nunhas magníficas tardes de primavera.

a tempada; anunciaban alugamentos de casas para os interesados entomar baños de mar en Baiona e facían público o programa que haberíanas grandes festas de Bouzas, a mediados do próximo xullo. A guerra con-tinuaba en Europa, a Compañía de Tranvías de Vigo poñía á venda milobrigas ao 6 por 100 anual e comunicábase que o Senado de Portugalaprobara unha lei na que se lles prohibía aos barcos estranxeiros pescardentro das súas augas. Ese día, Salustiano Fernández Peón, perito agrí-cola de Sabarís que tamén exercía de notario, acudía ao veciño porto dePanxón para proceder á partición efectiva dos bens de D. Melitón Diego

164Empresarios de Galicia

Vapores da empresa atracados no Guadalquivir fronte á ponte de Triana (Arquivo Jaime Domínguez Blein)

Domínguez Leal, falecido en Cádiz o 28 de maio de 1916. Xunto ásimprescindíbeis testemuñas, estaban presentes a súa viúva, FelicidadMacaya Castro (1844-1925), os seus fillos, Esmeraldo, Elvira, Manuel eRaimundo, e o consello de familia que representaba o seu neto, aíndamenor de idade, Melitón Lorenzo Domínguez, herdeiro da súa defuntafilla María. Á parte dos bens móbeis, diversas cantidades en metálico enumerosas leiras rústicas, o testador legaba unha propiedade na praia dePanxón composta por unha casa nova, fábrica de salgadura, almacén de raba, tenda con despacho, así como unha pequena fábrica de fariñase outra de serrar madeiras, movidas por un motor de gas pobre. Ademais,deixaba seis vapores de recente construción, cun total de 300 tonela-das de rexistro e máis de duascentas mil pesetas de valor, unha participa-ción dunha cuarta parte noutros dous, un taller mecánico e outro defabricación de redes. Sen dúbida, outros armadores dispoñían nesemomento dunha frota máis ampla e estruturas de negocios máis comple-xas, pero foron moi poucos os chamados a brillar con máis forza no sec-tor pesqueiro nos anos seguintes. Melitón D. Domínguez Leal nacera en 1843 na parroquia de San

Xoán de Panxón e moi probabelmente se iniciara en cuestións pesqueirasá calor dos negocios do seu sogro José Macaya Castelló, falecido en 1881e propietario dunha fábrica de salgadura de sardiña nesta localidade; defeito, en 1888, el mesmo adquiriu un estabelecemento similar situado namesma praia. Porén, foi algo máis tarde, ao despuntar as transformaciónsde base do sector pesqueiro galego, cando deu reiteradas mostras da súadestacada iniciativa empresarial. Así, en 1896, obtivo a concesión dunhadas primeiras cetarias de lagosta en Galicia, para aproveitar a forte dema -da existente en Francia, demanda abastecida por una nutrida frota de bar -cos-viveiros que, a finais do século XIX, recorrían as costas do Cantábricoe de Galicia comprando o símbolo ineludíbel das máis luxosas mesas.Pouco despois, a comezos do novecentos, cando unha industria con-

serveira en rápida expansión estimulou a difusión dos cercos de xareta,adquiriu varias traiñeiras, orientouse cara á pesca de sardiña, subsectorque a familia non abandonou ata despois da Guerra Civil. Ao mesmotempo, encarreirou a súa actividade cara á captura de pescada e ollomolco armamento de palangreiros de vapor, unidades altamente rendíbeis,que se estaban xeneralizando ao compás do desenvolvemento dos merca-

165Melitón D. Domínguez Leal

dos de peixe fresco nas prazas do interior peninsular. Nesta primeiradécada do século decidiu desprazar os seus barcos a outros portos de Gali-cia e do Cantábrico, non só na procura de áreas de captura máis produ-tivas senón tamén para aproveitar as vantaxes de prezos que ofrecíanoutros mercados. Esta estratexia mostraríase moi atinada, desde 1905,cando a difusión da pesca ao arrastre provocou unha acumulación decaladas nos portos.Tamén nestes anos comezou a delegar no seu primoxénito non só res-

ponsabilidades internas no negocio senón tamén públicas, como apode-rado da empresa. Así, en 1906, Esmeraldo Domínguez Macaya participouna constitución da Cooperativa de Vapores de Pesca de La Coruña, en-tidade que agrupaba a destacados armadores de bous ou parellas con baseno porto herculino. Esta sociedade tiña como obxectivo, por un lado, apreparación, transformación e venda dos produtos da pesca e derivados,e, polo outro, o estabelecemento de cantos servizos fosen necesarios paraa actividade pesqueira. En definitiva, procuraba asegurar a comerciali-zación do produto, algo de vital importancia nun momento de acusadoenvilecemento dos prezos do peixe, debido ao aumento da oferta de pes-cada e ollomol pola xeneralización das artes de arrastre e a contraccióndo consumo provocada por unha recesión económica que non rematabade remontarse. Esta participación en iniciativas de cuasi-integración vertical para a

venda do peixe, desprazamento de bases pesqueiras e busca de novosmercados confirmouna en 1911, ao enviar os seus barcos ao porto deCádiz. Desde alí, trataba de explotar os nutridos caladoiros norteafrica-nos para acceder aos mercados andaluces e da meseta sur, mal abasteci-dos polo escaso desenvolvemento da pesca de arrastre nesta zona epechados ao peixe do norte por unha complicada comunicación ferrovia-ria. A estratexia revelouse crucial para unha empresa que desde 1900mantivera un continuado crecemento; boa mostra disto é que, ata amorte de Melitón D. Domínguez, en 1916, matriculara nada menos catrece vapores na Comandancia de Mariña de Vigo. Malia que en diver-sos casos compartiu a propiedade con outros armadores ou con constru-tores navais, co fin de diminuír as súas necesidades de capital ouasegurarse unha parte deste, na súa maioría foron da súa completa pro-piedade, autofinanciados co reinvestimento dos beneficios.

166Empresarios de Galicia

O inicio da Primeira Guerra Mundial provocou grandes trastornos nosector pesqueiro: elevación vertixinosa dos prezos do carbón, dificultadespara a importación de maquinaria e un rápido encarecemento de cables,malletas, redes, etc. Ao mesmo tempo, a escaseza de material ferroviariodificultou a exportación de peixe fresco e cambiou de signo o crece-mento da frota e a produción. Aínda que as dificultades se sentiron entodo o litoral, o Cantábrico e Galicia foron as rexións máis afectadas.Agora ben, o comportamento dos prezos do peixe durante o conflitobélico tendeu a favorecer o seu consumo fronte a outros alimentos, espe-cialmente desde 1917, cando os problemas que lle afectaban á pescaentraron en vías de solución e un crecente investimento comezou a tra-ducir en termos de frota e produción as favorábeis condicións de mer-cado. Os beneficios que obtiveron nesta época as casas armadoras foronextraordinarios. Así, cando Esmeraldo Domínguez, en funcións de ad-ministrador dos bens e testamenteiro, procedeu á partición do legadopaterno puido informar de que os beneficios obtidos no último ano repre-sentaban máis da metade do valor dos barcos. A morte de Melitón D. Domínguez Leal non marcou un novo

rumbo no negocio senón a consolidación das estratexias anteriores. En1920 constituíuse a sociedade regular colectiva Vda. e Hijos de MelitónDomínguez Leal; esta disolveuse ao ano seguinte e pasou a figurar comocomerciante individual Esmeraldo Domínguez Macaya; no entanto, napráctica, a sociedade seguiu funcionando como tal. De feito, a empresamantivo o seu carácter familiar; así os tres fillos homes tiñan plenos pode-res na súa administración, aínda cando tacitamente se dividiron as áreasde traballo: Manuel quedou a cargo dos negocios en Vigo e en Panxón,mentres que Esmeraldo e Raimundo se desprazaron ao sur, onde teríanque situarse os centros fundamentais de actividade. Baseándose nos beneficios obtidos durante os anos bélicos, iniciaron

un proceso de acelerada expansión. En 1919 a empresa fixou en Sevillaa principal base dos seus barcos e creou as chamadas Pescaderías Gallegas,unha rede de tendas de venda polo miúdo de peixe fresco e frito, coas quedominaron o mercado da capital andaluza e acadaron o privilexio de serprovedores da Real Casa. Ao mesmo tempo que emprendían este procesode integración vertical cara adiante, co fin de darlle saída á pesca captu-rada por unha frota en crecemento, integraron estratexicamente cara atrás

167Melitón D. Domínguez Leal

servizos básicos para a súa actividade, dada a escasa oferta destes e as clarassituacións de monopolio existentes polo débil desenvolvemento da pescaao arrastre en Andalucía. Así, nos anos seguintes instalaron en Sevilla een Cádiz cadansúa fábrica de xeo e talleres mecánicos, compraron unhafrotiña de sete camións para o transporte do seu peixe e instalaron no Gua-dalquivir un dique flotante, chamado El Cachorro, destinado á limpezade cascos e pequenas reparacións dos buques. Aínda que o seu obxec-tivo inicial fose reducir custos de transacción e produción na súa empresa,o traslado de boa parte da frota do Cantábrico e Galicia cara aos portosandaluces desde 1923, especialmente Cádiz, permitiu que se beneficiasenen réxime de oligopolio do rápido aumento da demanda de inputs e ser-vizos claves. Ademais, tamén adquiriron en Cádiz e en Sevilla diversaspropiedades inmóbeis, refuxio seguro de valor. Da importancia acadadapor Pescaderías Gallegas son boa mostra os máis de tres millóns de pesetasa que ascendían os seus activos netos en 1927, os cales, de telos en Ga-licia, situarían esta empresa entre as trinta maiores da rexión.Nestes anos a frota da empresa medrou continuadamente en número

e tonelaxe. En 1923 xa se compoñía de 18 vapores con case 1500 tone-ladas de rexistro bruto; eran os seus buques insignia o Panxón e oMelitónD. Domínguez. Ambos trawlers tipo Castle tiñan casco de aceiro e forancomprados en Inglaterra e Francia; estes foran polas súas dimensións, 324e 637 toneladas respectivamente, os maiores deste tipo cos que contaríaa pesca galega. En 1924 e dando mostras dunha gran capacidade de ini-ciativa, destinaron o Melitón D. Domínguez á captura de bacallau nosafastados caladoiros de Terranova. Esta pescaría fora abandonada porEspaña había case que dous séculos, pero o bacallau salgado seguía sendounha especie de gran consumo e a súa importación gravaba como unhalousa a balanza de pagos española. Nun principio, o capitán de pesca eparte da tripulación eran de orixe francesa pero na segunda campaña se-rían substituídos por mariñeiros galegos, baixo a dirección de Antonio So-brido, patrón de confianza da casa. A iniciativa complementábase con ins-talacións en Palmeira para o secado do bacallau, ao aire libre e porprocedementos mecánicos, que empregaban arredor dun centenar de mu-lleres. Aínda que en 1927 as necesidades de liquidez da empresa obrigá-ronos a abandonar unha pescaría á que non volveron deica 1950, demos-traron que a pesca española estaba en condicións de acometer a substitución

168Empresarios de Galicia

169Melitón D. Domínguez Leal

de importacións. De feito, ese mesmo ano a sociedade vasca PYSBE, en-viou o seu primeiro barco á captura de bacallau. A actividade dos irmáns Domínguez Macaya non se restrinxiu aos seus

negocios pesqueiros, tamén foron impulsores de diversas asociacións cor-porativas que dotaron de voz propia a comunidade de armadores, e que aconverteron nun verdadeiro grupo de presión. Nesta tarefa Manuel des-tacou singularmente sobre os outros irmáns. En 1919 participou na fun-dación do Sindicato de Armadores de Vapores Pesqueros de Galicia, e en-trou na directiva da Asociación General de Industrias Pesqueras y Derivadas,da cal foi nomeado presidente en 1927 e, ao ano seguinte, da FederaciónEspañola de Armadores de Buques de Pesca, cargos nos que permaneceuata 1943, cando foi nomeado presidente honorario desta. Tamén nesaépoca se vinculou ao consello de redacción da revista Industrias Pesquerase a distintos postos de dirección de diversas entidades de seguros marí-timos, actividades que mantivo ata o seu falecemento en 1959. Nos mesmosanos participou na directiva da Cámara de Comercio de Vigo e da Uniónde Entidades Viguesas. Precisamente, a decisión desta entidade de pu-blicar un folleto para expoñer «documentada e metodicamente, as razónsque acreditan que sexa Vigo o porto elixido para crear o Gran Porto Pes-

Esmeraldo (esquerda) eManuel Domínguez Macaya(dereita no porto de Hull en1922, vendo barcos para asúa compra (Arquivo Jaime

Domínguez Blein)

queiro Nacional», fixo que fose comisionado xunto con Santiago Monte-negro e Valentín Paz-Andrade a unha viaxe de estudo a Lorient, froito docal será o libro Los Puertos Nacionales de Pesca en España, publicadoen 1928. De aí que, no multitudinario Congreso Nacional de Pesca, quetivo lugar ese ano en Donostia, presidise a sesión dedicada a tratar os pro-blemas do carbón e os portos pesqueiros. Nas decisivas eleccións de 1931,

170Empresarios de Galicia

e xunto con outros destacados armadores, sería elixido concelleiro polopartido liberal-monárquico. O seu labor á fronte das organizacións dearmadores sería recoñecidas polas autoridades no ano 1947, coa conce-sión da Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco.No que respecta a Esmeraldo, a súa actividade pública levouno a

animar a creación do Centro Gallego de Sevilla e a vicepresidencia doclub de fútbol Real Betis Balompié. A partir de 1923, participou inten-samente na Asociación de Armadores de Buques de Pesca de Cádiz, da

El Cachorro fondeado noGuadalquivir (Arquivo JaimeDomínguez Blein)

que foi o seu presidente entre 1927 e 1928; cinco anos máis tarde foi no-meado presidente honorario desta asociación. Tamén animou a constitu-ción da Cooperativa Carbonera de Armadores de Buques de Pesca deCádiz, da que ostentou a presidencia, desde a súa fundación en 1927ata 1931. O empeño nesta iniciativa non era circunstancial; desde me-diados dos anos vinte a redución do prezo do carbón converterase nun au-téntico cabalo de batalla para os armadores, ao estar a súa subministra-ción nas mans de distribuidores que impoñían elevadas tarifas. O carbónrepresentaba unha parte esencial dos custos de produción das empresaspesqueiras e nunha das dimensións de Pescaderías Gallegas calquera re-dución do seu prezo reflectíase apreciabelmente nas contas de resultados;por iso non é estraño que figurase como unha das maiores consumidorasda cooperativa. No entanto, malia os esforzos dos armadores, o prezo do carbón non

cesou de aumentar desde 1928, o mesmo có das redes, dos cables, etc., aosque se sumou o dos custos do traballo, tras a chegada do réxime republi-cano. Nun momento de forte aumento da oferta de peixe, pola conquistados bancos do Gran Sol, coa conseguinte caída de prezos, estes problemastrasladáronse inmediatamente ás casas armadoras que viron como se re-ducían os seus beneficios. As primeiras afectadas foron as que tiñan un graode integración máis elevado, que se liquidaron de forma xeneralizada a fi-nais dos anos vinte. Pescaderías Gallegas, cuxo proceso de integración fi-xera elevar os seus custos fixos e as súas necesidades de capital, atopousexa en 1927 con dificultades para abordar os pagamentos a curto prazopolo que tivo que acudir a préstamos hipotecarios con varias entidadesbancarias. Mentres tanto, a situación da empresa en Vigo, tampouco eramoito mellor. Concentrados os vapores na pesca litoral, tiveran que enfron-tarse a mediados dos anos vinte á práctica ausencia de sardiña e, nos anosrepublicanos, a unhas abundantes costeiras que tiraron os prezos e fixe-ron inevitábel o endebedamento. Pero esta solución foi só temporal; di-versos problemas da empresa e a subida xeneralizada dos custos de pro-dución nos anos trinta acentuaron as complicacións. Debéronse liquidaros negocios de Sevilla e someter a unha profunda renovación a frota, quepasou a concentrarse en Cádiz; algunhas unidades tiveron que venderse,o Melitón D. Domínguez entre elas, e acometer a construción doutras no-vas, con créditos hipotecarios e préstamos privados. En 1933, procedeuse

171Melitón D. Domínguez Leal

á venda da fábrica de xeo de Cádiz e do dique flotante, recuperado pos-teriormente, pero non se evitou o embargo preventivo de varios barcospor falta de pagamento de subministracións de carbón. En vésperas daGuerra Civil a empresa, igual cás doutros armadores, mostraba un forteendebedamento, pero mantiña as propiedades de Panxón, o taller mecá-nico de Cádiz, algúns inmóbeis en Cádiz e Sevilla, ademais de 18 vapo-res con case 800 toneladas, que se ben unha parte deles estaban envelle-cidos e outros embargados preventivamente, aínda continuaban en activo. Desde 1936 a tendencia do ciclo cambiou para as actividades marí-

timo-pesqueiras galegas. A guerra disparou a demanda de conservas e fixoque os prezos da sardiña se mantivesen elevados malia as súas excelentescosteiras, e tamén a de especies finas, cuxos prezos subiron rapidamente.Nesta favorábel conxuntura, os beneficios dos armadores incrementáronsede forma extraordinaria saneando os balances. A finais do conflito, e apesar da incautación do seu bou Panxón para finalidades bélicas, a si-tuación da empresa dos irmáns Domínguez Macaya practicamente nor-malizárase. Precisamente en 1939 procederon á separación da empresa.Aínda que puidesen existir disensións sobre a marcha dos negocios, o certoé que nese momento a situación familiar se volvera máis complexa. O fa-lecemento da nai en 1925 e o da irmá Elvira en 1932; a incorporaciónnos anos trinta do sobriño Melitón Lorenzo Domínguez aos negocios, asícomo a presenza dunha nova xeración, formada polos fillos de Manuel eRaimundo, disposta a iniciarse na actividade, foron razóns que decidirona ruptura. A partir de entón os seus destinos foron dispares.En 1941, constituíuse en Cádiz a sociedade Esmeraldo Domínguez

S.L., formada polo propio Esmeraldo e polo seu sobriño, cun capital de700.000 pesetas, que dous anos máis tarde incrementaron a 3.000.000. Asúa frota estaba composta por seis vapores de casco de madeira, dous doscales os transformarían ao consumo de fuel, que actuaban en Vigo e nosportos andaluces, na explotación dos caladoiros africanos. En 1948, traso falecemento de Esmeraldo, e afastados os seus fillos dos negocios pes-queiros, Melitón pasou a ocupar a xerencia da empresa ata 1962, ano noque se procedeu á súa disolución, cun activo de case que cinco millónsde pesetas e cun pasivo de dous e medio. Pola súa parte, os irmáns Manuel e Raimundo seguiron colaborando,

aínda que legalmente se mantivesen separados ata 1946, cando constituí -

172Empresarios de Galicia

O bou Panxón atracado no Guadalquivir (ArquivoJaime Domínguez Blein)

173Melitón D. Domínguez Leal

ron en Madrid a sociedade M y R Domínguez Macaya Sociedad Anónima(MYRDOMA S.A.), cun capital de catro millóns de pesetas. A composiciónda súa frota reflectía perfectamente o momento de transición tecnolóxicaque se estaba a producir na pesca galega, impulsada polos préstamos ba-ratos e a longo prazo do Instituto de Crédito para la Reconstrucción Na-cional e polos fortes beneficios obtidos na actividade. Cun total aproxi-

mado de 1000 toneladas brutas, dispoñía de catro barcos de aceiro, dousdeles de recente construción, e motor de combustión interna, ademaisdoutros tres de madeira, que montaban máquinas de tripla expansión econsumían carbón. Con base nos portos de Vigo e Donostia, os barcospescaban nos caladoiros do Gran Sol, excepcionalmente fértiles tras a vedaforzosa imposta pola Segunda Guerra Mundial, e, desde Cádiz e Huelva,alternaban coa pesca no banco canario-sahariano, e dedicaban á baka nacosta galega os de menores dimensións. A empresa nacía con afán expan-sivo, avalado pola boa conxuntura do sector. O mesmo ano da súa cons-titución propúxose renovar a frota: vendéronse as unidades máis antigas,entre elas o vello bou Panxón, e acometeuse a construción dunha novaparella de madeira de vapor e outra de aceiro de motor, ao contar coas fa-vorábeis condicións do crédito naval.Agora ben, desde 1947, a caída dos rendementos nas augas do Gran

Sol derrubou os beneficios das empresas pesqueiras e provocou o repre-gamento dos buques menos eficientes cara ao sempre seguro refuxio deCanarias. Só a partir de 1949, coa reorientación de parte da frota dealtura cara á pesca do bacallau en Terranova, comezou a remontarse acrise. Malia que os barcos da sociedade participaron nas dúas primeirascampañas, cando a pescaría do bacallau se abriu á frota parelleira, diver-sos problemas paralizaron o crecemento da empresa neste momento tandecisivo. Por un lado, constatouse que unha parella de aceiro poucodimensionada (Macaya M e R) e outra de madeira (Macaya B e C) noneran as unidades máis axeitadas para os novos e afastados caladoiros deTerranova; por outro, a botadura da nova parella de aceiro (Myrdoma Ae B), encargada en 1948 a Astilleros del Cadagua, adiouse ata 1953, e sópuido finalizarse tras facerse cargo desta por un favor persoal Construc-ciones S.L.; finalmente, debeuse desistir da construción doutra nova pare-lla de madeira ao cesar o financiamento estatal para este tipo deembarcacións e optouse por transformar ao consumo de fuel os seus dousvapores máis antigos. Non obstante, a entrega dos novos barcos dinami-zou a actividade da empresa: reconverteron os barcos parella á modali-dade de arrastre lateral ou bou e proseguiron os traballos en Terranova. O bo comportamento da sociedade quedou reflectido nuns crecen-

tes beneficios que avalaron diversos plans de crecemento. Nos anosseguintes, e contando co préstamo oficial, efectuáronse obras de reforma

174Empresarios de Galicia

nos catro barcos de aceiro; así alargóuselles a eslora para dotalos dunhamaior capacidade de bodega e iniciouse a construción doutros dousnovos buques. Porén, o falecemento, en 1959, aos setenta e catro anos deidade, privou a Manuel Domínguez Macaya de poder ver realizados estesplans. Foron os seus fillos Rosa, Jacobo e Carlos Domínguez Alonso, osdous últimos incorporados á actividade xa no momento de constituciónda empresa e con poderes formais desde había anos, xunto con Rai-mundo Domínguez Macaya e co seu fillo Melitón Domínguez Fernán-dez, asentados en Donostia, os encargados de levalos a cabo. A comezos dos anos sesenta a empresa perdera o carácter pioneiro

que tivera a dos irmáns Domínguez Macaya na década dos vinte, peroaparecía firmemente asentada no sector. De feito, iniciou un ambiciosoproceso de expansión ao adquirir a sociedade pasaitarra Pesquera Biyak-Bat, e participou maioritariamente na creación de Congeladores UnidosS.A., rexistrada en Madrid, e Industrias Marítimas S.A., domiciliada enXixón. Este conxunto de empresas, que tiñan como núcleo central ossocios de Myrdoma S.A., iniciaron un importante desenvolvemento dasúa frota co financiamento estatal, e construíron entre 1960 e 1967 unhaserie de sete arrastreiros, todos con nomes de pontes: Puente de Vargas,Puente de Treto, Puente de Heras, Puente de Panxón, Puente de la Rama-llosa, Puente de Triana e Puente del Carmen; estes dous últimos eran osmaiores, ambos con 586 toneladas. Se separadamente o peso de cadaunha das sociedades na totalidade do sector non é significativo, conside-rado conxuntamente o grupo revélase cunhas dimensións nada desprezá-beis: 13 barcos e 3192 toneladas de rexistro en 1969 que o sitúan entre asvinte primeiras casas armadoras españolas. Aínda que desde comezos dos anos sesenta o funcionamento da

empresa pivotaba sobre unha nova xeración, o vello Raimundo, mantí-ñase como un elemento fundamental nesta. De feito, en 1966, o Minis-terio de Traballo decidiu recoñecer os seus desvelos coa concesión daMedalla al Mérito en el Trabajo, pola súa traxectoria no sector, pola súaconsagración á industria pesqueira, e porque, «a pesar de que acadou osoitenta anos de idade, continúa dirixindo os labores diarios de descargado peixe e toda a marcha do negocio nunha xornada sen taxa de tempo».A finais dos anos sesenta, a empresa integraba pesca de altura e

grande altura, compaxinaba a captura de pescada e outras especies finas

175Melitón D. Domínguez Leal

no Gran Sol e caladoiros españois coa de pescada e cefalópodos no bancocanario-sahariano e coa de bacallau no Atlántico Noroeste. Agora ben,malia a ser a maioría dos seus barcos de recente construción, tecnica-mente mantíñanse nos patróns tradicionais de arrastre lateral ou en pare-lla, e acudían ao xeo ou ao sal para conservar as súas caladas. Nestesentido, non eran tan modernos coma os que compoñían a frota conxe-ladora que, desde comezos da década, traballaba en augas do AtlánticoSur (Sudáfrica, Angola, etc.) e que incorporaban rampla a popa para oarrastre, procesado e conxelación das capturas, etc. Precisamente, as perspectivas do peixe conxelado foron decisivas para

que, en 1970, os irmáns Jacobo, Carlos e Rosa Domínguez Alonso decidisenparticipar xunto a Manuel, Cándido e Adela Vieira Pérez, e Manuel,

176Empresarios de Galicia

Vista dunha das fábricas de xeo e do taller mecánicopropiedade da empresa nos anos vinte (Arquivo Jaime Domínguez Blein)

Antonio e Isabel Otero Rubido, na empresa Marítima del Berbés S.A.Quizais a dificultade para acometer en solitario a aventura do conxeladodecidiunos por unha fórmula de cooperación empresarial que lles permitíareducir o capital necesario para o investimento e diminuír os riscosinherentes á adopción da nova tecnoloxía, pero non podemos descartar quesimplemente tratasen de aproveitar unha boa oportunidade de negocio.En 1970, botaron o seu primeiro arrastreiro conxelador, o Iria, ao que lleseguiu, en 1976, o Flavia, con 228 e 279 toneladas respectivamente. Agora ben, tras a morte de Raimundo Domínguez Macaya, en 1974,

non tardou en producirse a división da sociedade: vendéronse os buquesmáis antigos e pasaron, dous anos despois, a totalidade das accións a mansdos irmáns Domínguez Alonso. A empresa, que foi dotando progresiva-mente de sistemas de conxelación os barcos, incluíndo o vetustoMyrdoma B, restrinxiu a súa actividade ao Gran Sol e aos caladoiros deMarrocos, e mantivo beneficios grazas ao tirón experimentado polos pre-zos do peixe. Porén, nos anos seguintes, diversos problemas que afectabanao conxunto do sector non deixaron de incidir directamente sobre esta.A partir de 1977, a redefinición dos dereitos de pesca a escala interna-

cional, coa rápida extensión das Zonas Económicas Exclusivas de 200 mi-llas, provocou unha forte inestabilidade a curto prazo e abriu un horizontede acusada incerteza. Paralelamente, a suba dos prezos da enerxía deulugar ao encarecemento xeral dos custos de produción que, nun momentode caída dos rendementos pesqueiros, cuestionou a rendibilidade das em-presas armadoras. Neste sentido, Myrdoma S.A., cunha frota moi enve-llecida, non só tivo que enfrontarse á acentuada subida de custos senóntamén a un forte incremento dos gastos de mantemento e reparación dosseus barcos; a empresa comezou a debilitarse polo estreitamento da súamarxe bruta de explotación, e entrou, desde 1982, nunha situación crí-tica. Os negocios pesqueiros familiares parecían sucumbir baixo a sín-drome dos Buddenbrook. A sociedade tiña que enfrontarse a unha renovación do equipo pes-

queiro que, aínda sendo moi arriscada polas perspectivas xerais do sector,se presentaba como a única decisión posíbel, solución que se vía alen-tada, ademais, pola benevolente política crediticia da administración epor unhas esixencias para a modernización e renovación da frota cada vezmáis laxas. Por outra banda, unha nova xeración, formada polos fillos de

177Melitón D. Domínguez Leal

Rosa Domínguez Alonso e José Ramón Fontán González, pugnaba porentrar nos negocios pesqueiros. No entanto, a inminente transición xera-cional bloqueouse ata a morte de Carlos Domínguez, en 1986. De feito,un ano antes, os irmáns Fontán Domínguez decidiron asumir indepen-dentemente o risco empresarial, ao constituíren Rampesca S.A., dirixidapor Jacobo Fontán, que non tardou en botar o seu primeiro barco, unconxelador de 1072 toneladas, denominado Ferralemes. O falecemento de Carlos Domínguez, director-xerente de Myrdoma

S.A., abriu o camiño, primeiro, para a construción, en 1986, dun novoarrastreiro conxelador chamado Area Alta, de 265 toneladas, e, despois,para a separación dos irmáns. Deste xeito, Myrdoma S.A. quedou baixo apresidencia de Jacobo Domínguez Alonso, á que, en 1988, se incorporoucomo apoderado o seu fillo Jaime Domínguez Blein, mentres que RosaDomínguez Alonso constituía, en 1987, Pescamiñor S.A., que contaba coseu fillo Roberto Fontán como xerente e á que achegou o vello MyrdomaB. Ao mesmo tempo, Marítima del Berbés S.A., sociedade na que seguíanparticipando, tamén comezou a sentir os problemas do caladoiro marroquí:constituíron unha sociedade mixta á que traspasaron os barcos e acabouvendéndoos finalmente en 1986. Isto permitiulles construír dous novosconxeladores, o Janza e o Telleiro, con máis de 1000 toneladas respecti-vamente.Agora ben, as favorábeis condicións estabelecidas pola administración

para a renovación da frota provocaron nos últimos anos oitenta un notá-bel desenvolvemento da frota conxeladora cun paralelo exceso de capa-cidade. O aumento da produción e a apertura dos mercados, tras aentrada de España na CEE, xerou unha acusada caída de prezos e provo-cou a descapitalización do sector. Os efectos desta crise de mercadovíronse agravados polas continuas restricións para acceder aos caladoirostradicionais, que culminaron en 1990 coa expulsión da frota conxeladorade Namibia. Numerosas empresas, atrapadas nunha inercia institucionalque animaba a investir en novas e maiores unidades, tiveron que afrontareste conxunto de problemas no peor momento posíbel, cando comeza-ban a vencer as súas obrigas financeiras. As suspensións de pagos conver-teríanse a principios dos noventa en algo dramaticamente habitual.Os barcos de Myrdoma S.A., sen licenza para pescaren nos caladoiros

tradicionais, víronse obrigados a pagar unhas desorbitadas licenzas de

178Empresarios de Galicia

pesca en Marrocos e Mauritania e, aínda que trataron de reorientarsecara ao peixe espada en mares libres, non puideron evitar que a empresaentrase nunha situación moi delicada a partir de 1992 polo que tivo queabandonar a actividade. O mesmo sucedeu cos de Marítima del BerbésS.A., que dirixiran o Janza y el Telleiro cara ao caladoiro de Namibia. Polasúa parte, Rampesca S.A., que mantivera uns saneados balances, grazas áorientación do seu barco, primeiro, cara ao caladoiro de Namibia e, des-pois, cara ao de Malvinas, tamén atravesou a comezos dos anos noventa

179Melitón D. Domínguez Leal

O Myrdoma A sae de ASTANO en 1956 despoisde se lle alongar a eslora

(Arquivo Jaime Domínguez Blein)

por unha situación crítica. No entanto, o recurso á hipoteca de diversosbens inmóbeis permitiu capitalizar a empresa, puideron facerlles fronteaos problemas de liquidez e asumiron os créditos contraídos para a cons-trución do Ferralemes.A mediados dos anos noventa, o máis difícil da crise remontárase.

Os negocios pesqueiros dos irmáns Fontán Domínguez comezaron asúa expansión. A través dunha estratexia de intensa cooperación empre-sarial, constitución de sociedades mixtas e diversificación de caladoirospuideron reducir riscos, acceder a uns recursos pesqueiros cada vez máisprotexidos e reunir os capitais necesarios para acometer elevados investi-mentos, tanto na frota coma en plantas de procesado. En definitiva, per-mitiulles enfrontarse a un novo marco caracterizado pola práctica ausenciade recursos libres e uns mercados progresivamente liberalizados, onde acompetencia era cada vez máis intensa. Neste sentido, ao colaboraren en maior ou menor medida con outros

armadores, constituirán diversas sociedades para explotaren activoscomúns ou acceder a dereitos de pesca. Así, participan en Galfrío S.A.,empresa comercializadora que posúe unha planta localizada en Marín,e que se sitúa no posto número once na táboa clasificatoria das principaisempresas do sector conxelador en Galicia. Cos mesmos socios estabele-ceron alianzas de longo alcance nunha rede de sociedades. Interveñen enPesquera Galmar S.A., propietaria do arrastreiro Kalatxori, destinado ácaptura de cefalópodos en augas das Malvinas, mediante a empresa mixtaKalamar S.A. Outra sociedade conxunta, Eurofishing S.A., permite tra-ballar neste caladoiro ao Ferralemes. A empresa mixta Congeladores Pata-gónicos S.A., dedica os seus barcos á captura de lagostino en augas deArxentina, país onde estabeleceu, ademais, unha planta para o procesadode peixe. Tamén unha estratexia similar lles permite aproveitar co Prote-gat o bacallau de profundidade nas Xeorxias do Sur. Agora ben, estaorientación cara á pesca de grande altura non supoñerá o abandono doscaladoiros tradicionais da pesca española. En 1996, apoiados en axudasdo goberno de Canarias, substituirán o Myrdoma B polo Myrdoma F quetraballará en augas de Marrocos ata a expulsión da frota a comezos do2000, reconverténdose posteriormente á pesca do bacallau de profundi-dade nas augas do Atlántico Norte. Asemade, mediante a empresa mixtaSkellig Fish, constituída con armadores irlandeses e na que participan

180Empresarios de Galicia

maioritariamente, traballan con catro barcos nos caladoiros do Gran Sol,e vendían en fresco as súas capturas de pescada, lagostino, peixe sapo, etc. Aínda que nas actividades dos Fontán Domínguez participan todos os

irmáns, os que interveñen directamente no día a día son Rosa, Roberto,Jacobo e José Ramón, estes dous últimos moi vinculados ao sector e á súapropia xestión; Jacobo foi xerente da Asociación de Pesqueros Españoles(ASPE) e ostentou diversos cargos en entidades de seguros marítimos eJosé Ramón posúe unha longa traxectoria como xerente da AsociaciónNacional de Armadores de Buques Congeladores de Pesca de Cefalópo-dos (ANACEF), radicada nas Palmas de Gran Canaria. Empresarios quese recoñecen herdeiros pero non limitados pola tradición. Hoxe as súasempresas preséntanse moi asentadas e con gran capacidade de adapta-ción ao cambiante medio da pesca internacional.

181Melitón D. Domínguez Leal

Bibliografía

Giráldez Rivero, J. (1996): Crecimiento ytransformación del sector pesquero ga-llego (1880-1936), Madrid, MAPA.

González Laxe, F. I. (1983): El proceso decrecimiento del sector pesquero español(1961-1978), Fundación Caixa Galicia.

González Martin, G. (1993): «ManuelDomínguez Macaya, vigués presidentehonorario de armadores», La Voz de Ga-licia, 20 de xuño.

Industrias Pesqueras (1959): «La perso-nalidad pesquera de D. Manuel Domín-guez Macaya», Industrias Pesqueras, 1de agosto.

Sinde Cantorna, A. (2000): Estrategias decrecimiento y formas de integración en laempresa pesquera gallega, Madrid, Fun-dación Empresa Pública.

Varela Lafuente, M. (1985): Procesos deproducción en el sector pesquero en Ga-licia, Santiago de Compostela, Univer-sidade de Santiago de Compostela.

Veiga, B. (1973): ARCOMAR, 1923-1973,Cádiz 50 aniversario.

Xunta De Galicia (1993): Plan de ordena-ción de los recursos pesqueros y maris-queros de Galicia (II). La política pes-quera de Galicia en el contexto comuni-tario, Santiago de Compostela, Xuntade Galicia.