Download - O galego entre 1936 e 1975
O GALEGO ENTRE 1936 E 1975
FUSILAMENTOS NA GUERRA CIVIL
Alexandre Bóveda: motor do Partido Galeguista e membro do comité que redactou o Estatuto de Autonomía.
Ánxel Casal: editor das revistas Nós e A Nosa Terra, membro do Partido Galeguista, alcalde de Santiago.
CÁRCERE Ricardo Carballo Calero
Celso Emilio Ferreiro
Ramón Piñeiro
EXILIO Castelao
Luís Seoane
Eduardo Blanco Amor
Rafael Dieste
SITUACIÓN DA LINGUA Decretos que limitan o uso do galego. Entre 1936 e 1950 non se publican libros en
galego nin se traducen obras doutras linguas. Ensino só en castelán. Emigración do campo á cidade: perda de falantes. Prexuízos e diglosia. Misa en castelán. Medios de comunicación en castelán. Excepcións:
suplemento cultural do xornal La Noche e programa de TV Panorama de Galicia.
APERTURA NA DÉCADA DOS 50 1947: publicación de Cómaros verdes de
A. Iglesia Alvariño. Colección Benito Soto. Editoriais Bibliófilos Gallegos e Xistral. 1950: editorial Galaxia. Publica obras e
traducións e atrae a xuventude á causa galeguista.
DÉCADA DOS 60 Política: partidos galeguistas de esquerdas
(PSG e UPG). Asociacións culturais: O Galo, O Facho,
Abrente... 1963: primeira celebración do Día das Letras
Galegas. 1965: créase a cátedra de LGL na Univ. de
Santiago (Carballo Calero). 1968: Nova Canción Galega (Voces Ceibes). 1971: fundación do ILG.
https://www.youtube.com/watch?v=evk3iEMI9w0“L´estaca” de Lluís Llach
https://www.youtube.com/watch?v=AIFsj_2zAtQ“Al vent” de Raimon
https://www.youtube.com/watch?v=_5bqKTdg0rc“” de Benedicto
LINGUA: GALEGO PROTOESTÁNDAR
Elimínase o apóstrofo. Simplifícase o uso do guión. Evítanse os arcaísmos e
hiperenxebrismos. Incorpóranse neoloxismos e cultismos.