Mercado de Traballo 2005
Información comarcal
Santiago de Compostela, 2005
Instituto Galego de Estatística Complexo Administrativo San Lázaro
San Lázaro, s/n 15703 Santiago de Compostela
Tfno.: 981-541589 (de 9 a 14 horas) Fax: 981-541323
e-mail: [email protected] http://www.ige.xunta.es
Elaboración Instituto Galego de Estatística Edita Xunta de Galicia Consellería de Economía e Facenda Colección Área de estatísticas sociais Dep. legal C-2308-2005 Deseño da portada Imago Mundi Tiraxe 200 exemplares Imprime Cen-pes
Mercado de traballo. 2005 3
Introdución............................................... 3
Situación xeral do mercado laboral.......... 5
Situación do mercado laboral segundo
xénero...................................................... 13
Situación do mercado laboral segundo sector
económico............................................... 22
Situación do mercado de traballo segundo
relación laboral.......................................... 27
Condicións no traballo............................... 32
Colectivos laborais..................................... 37
INTRODUCIÓN
Mercado de traballo é unha actividade
estatística anual elaborada polo Instituto
Galego de Estatística (IGE) e incluída dentro
do Plan Galego de Estatística e no Programa
Anual 2005. Esta actividade enmárcase dentro
das estatísticas do mercado de traballo e ten
como obxectivo recompilar información sobre
múltiples aspectos do panorama sociolaboral
galego. Para lle dar cumprimento a esta
actividade, o IGE recompila unha serie de
táboas de distintas fontes de información que
cobren diferentes aspectos do panorama
sociolaboral para un período de tempo amplo.
Este ano, ao igual que o anterior, procurouse
facilitar o uso e acceso aos datos e por iso as
táboas se publican na páxina web
http://www.ige.xunta.es, no apartado de
traballo e protección social e no Banco de
datos comarcal no mesmo apartado. Por outra
banda, o IGE planeou elaborar un folleto no
que se inclúan táboas e comentarios que
versen sobre algún aspecto do mercado
laboral en Galicia, que complemente as
táboas dispoñibles na páxina web e, ao
mesmo tempo, estea baseado nelas. O folleto
que se presenta este ano versa sobre a
situación do mercado laboral galego nos niveis territoriais inferiores á comunidade autónoma: provincias, áreas (agrupación de comarcas) e comarcas. En todos os
apartados nos que se divide a publicación se
tentou chegar ata o máximo nivel de
ÍNDICE
4 Mercado de traballo 2005
desagregación que se tomou nesta obra
(comarcas) aínda que nalgún apartado, debido
a ausencia de datos de ámbito comarcal, se
chegou ata o nivel de desagregación de área.
A publicación divídese en 5 apartados que
foron elixidos tendo en conta a dispoñibilidade
de información para os niveis de
desagregación territoriais considerados. En
primeiro lugar faise unha descrición xeral do
mercado laboral nas provincias e áreas, para
despois continuar con pequenas descricións
da situación do mercado laboral por xénero,
sector económico e relación laboral nas
provincias e comarcas, e por último,
coméntanse as condicións no traballo e os
colectivos laborais nas provincias e comarcas
de Galicia. En todos os apartados se segue a
mesma estrutura, comézase cunha descrición
das variables consideradas para as provincias
galegas e termínase cunha análise descritiva
da situación desas variables nas áreas ou
comarcas galegas. Neste último caso, os
comentarios van acompañados de mapas que
axudan a comprender o comportamento da
variable considerada ao longo do territorio
galego. Ferramentas como os mapas
proporcionan unha valiosa axuda no ámbito
socioeconómico ao resumir os aspectos máis
destacados da análise desenvolvida. É por
isto que son usados con frecuencia no eido
académico ao permitir unha optimización no
procesamento da información que facilita,
entre outras cuestións, a toma de decisións.
Por último, resta comentar que as fontes de
información consideradas na elaboración do
folleto foron a “Enquisa de condicións de vida
das familias” e “Directorio de empresas e
unidades locais”, elaboradas polo IGE, o
“Censo de Población y Viviendas” do INE,
“Directorio de centros de traballo”, “Informe
mensual do paro rexistrado”, “Rexistro de
contratos laborais” e “Sinistralidade laboral en
Galicia” da Consellería de Traballo.
Mercado de traballo. 2005 5
Situación xeral do mercado laboral
O obxectivo desta primeira epígrafe é
proporcionar unha visión xeral da realidade
laboral en Galicia e nas súas divisións
territoriais. Para poder acadar este obxectivo
estudaranse dende un punto de vista
cuantitativo as principais variables laborais,
como a taxa de actividade, a taxa de
ocupación e a taxa de paro. Esta primeira
aproximación á situación do mercado laboral
en Galicia completarase cunha pequena
análise da evolución do paro rexistrado e dos
contratos rexistrados en Galicia e nas súas
divisións territoriais.
A referencia temporal da información vai
depender da desagregación territorial coa que
se traballe. Deste xeito, a “Enquisa de
condicións de vida das familias” (ECV)
elaborada no IGE, proporciona información
das taxas de actividade, ocupación e paro
para agrupacións de comarcas (áreas); sendo
o segundo trimestre de 2003 o último para o
que se dispón desta información. No ámbito
comarcal e municipal o último dato dispoñible
para estas taxas provén dos “Censos de
Población y Viviendas” de 2001, non sendo
posible obter datos máis actuais. Nesta
primeira epígrafe a análise das taxas de
actividade, ocupación e paro restrínxese aos
datos da ECV referentes ao segundo trimestre
de 2003.
Taxas de actividade, ocupación e paro. Segundo trimestre de 2003
ÁreaTaxa de
actividadeTaxa de
ocupaciónTaxa de
paroA Coruña occidental 52,2 48,8 6,5A Coruña oriental 47,4 43,3 8,6Comarca de Santiago 55,0 50,2 8,7Comarca da Coruña 55,7 48,9 12,2Comarca da Coruña 45,3 40,7 10,2A Coruña 51,4 46,4 9,8Lugo sur 43,0 40,0 7,0Comarca de Lugo 51,4 49,2 4,2Lugo Norte 49,2 45,2 8,1Lugo 47,8 44,6 6,5Resto 42,7 39,3 8,0Comarca de Ourense 50,8 44,7 11,9Ourense 45,9 41,4 9,7Pontevedra occidental 53,9 48,1 10,9Pontevedra oriental 48,2 41,7 13,6Comarca de Pontevedra 51,7 47,4 8,3Comarca de Vigo 55,8 49,2 11,8Pontevedra 53,6 47,5 11,4Galicia 51,0 45,9 9,9
Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias
DenominaciónA Coruña orientalA Coruña occidentalComarca de SantiagoComarca da CoruñaComarca de FerrolLugo SurComarca de LugoLugo norteResto das comarcas
Comarca de OurensePontevedra occidentalPontevedra orientalComarca de PontevedraComarca de Vigo
O Morrazo, O Baixo Miño, Caldas e O SalnésTabeirós-Terra de Montes, O Condado, Deza e A ParadantaPontevedraVigo
A Terra Chá, A Mariña Central, A Mariña Oriental, A Mariña Occidental e Meira
Ourense
Allariz e Maceda, Baixa Limia, Terra de Caldelas, O Carballiño, Terra de Celanova e o Ribeiro, Terra de Trives, Valdeorras, Verín, Viana e A Limia
ComarcasArzúa, Betanzos, Eume, Melide, Ordes e OrtegalBarcala, Barbanza, Bergantiños, Terra de Soneira, Muros, Fisterra, Sar, Noia e XallasSantiagoA CoruñaFerrolA Ulloa, A Fonsagrada, Os Ancares, Terra de Lemos, Chantada, Quiroga e SarriaLugo
6 Mercado de traballo 2005
Taxa de actividade. Segundo trimestre de 2003
A CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA Coruña
FerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrol
SantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoLugoLugoLugoLugoLugoLugoLugoLugoLugo
OurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurensePontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedra
VigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigo
Taxa de actividade
55 a 56 (2)52 a 55 (3)48 a 52 (5)42 a 48 (4)
Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias. Ano 2003
Segundo a ECV, a taxa de actividade en
Galicia situouse no segundo trimestre de 2003
no 50,98%, observándose diferenzas bastante
importantes entre as catro provincias no grao
de participación da poboación no mercado
laboral. As maiores taxas de actividade
correspóndense coas provincias atlánticas,
mentres que as provincias de Lugo e Ourense
teñen taxas menores, debido, en parte, ao
proceso de envellecemento da poboación que
se vén producindo nestas provincias.
Por áreas, as maiores taxas de actividade
atópanse nas comarcas de Vigo e A Coruña,
con valores no segundo trimestre de 2003
superiores ao 55%. Pola contra, a área da
zona sur de Lugo e a provincia de Ourense (a
excepción da comarca de Ourense),
presentan taxas de actividade inferiores a do
total de Galicia en máis de oito puntos
porcentuais. Hai que ter en conta que segundo
o “Padrón Municipal de Habitantes”, a
porcentaxe de poboación con máis de 65
anos, referida ao 1 de xaneiro de 2003, era do
34,16% na área de Lugo Sur e do 32,7% en
Ourense (a excepción da comarca de
Ourense), mentres que para o total de Galicia
esta porcentaxe se situou no 21,3%.
Mercado de traballo. 2005 7
Taxa de ocupación. Segundo trimestre de 2003
A CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA Coruña
FerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrol
SantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoLugoLugoLugoLugoLugoLugoLugoLugoLugo
OurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurensePontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedra
VigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigo
Taxa de ocupación
50 a 51 (1)48 a 50 (5)43 a 48 (4)39 a 43 (4)
Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias. Ano 2003
Para o segundo trimestre de 2003 a taxa de
ocupación en Galicia foi do 45,92%, segundo
os datos facilitados pola ECV. A provincia
mellor situada segue a ser a de Pontevedra
cun 47,51%, mentres que Ourense, cun
41,44%, é a que presenta a menor taxa de
ocupación.
Tal e como se pode observar no mapa
anterior, as comarcas de Santiago e Lugo son
as áreas onde a taxa de ocupación é maior,
con valores que oscilan en torno ao 50%. As
taxas máis baixas de ocupación concéntranse
na provincia de Ourense, no sur de Lugo, na
zona oriental da provincia de Pontevedra e na
comarca de Ferrol.
A taxa de ocupación presenta valores moi
dispares nas distintas áreas xeográficas de
Galicia. De feito, entre a comarca de Santiago,
que é a área cunha maior taxa de ocupación
(50,18%) e a de Ourense (exceptuando a
comarca de Ourense), que é a área que
presenta unha menor taxa (39,29%), hai preto
de once puntos porcentuais de diferenza.
8 Mercado de traballo 2005
Taxa de paro. Segundo trimestre de 2003
A CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA Coruña
FerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrol
SantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoLugoLugoLugoLugoLugoLugoLugoLugoLugo
OurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurensePontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedra
VigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigo
Taxa de paro
11,9 a 13,6 (3)10,2 a 11,9 (2)8,1 a 10,2 (5)4,1 a 8,1 (4)
Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias. Ano 2003
Para o segundo trimestre de 2003, segundo
datos da ECV, a taxa de paro foi en Galicia do
9,93%; é dicir, de cada 100 activos, dez
encontrábanse parados no período de
referencia da información. Neste caso, a
diferenza do que ocorría coas anteriores
taxas, a provincia mellor situada é Lugo, onde
a taxa de paro é do 6,5%. No extremo oposto
atópase a provincia de Pontevedra onde a
taxa de paro acada o 11,38%.
Tal e como se pode observar no mapa
anterior, a taxa de paro presenta un patrón
xeográfico bastante claro. Deste xeito as
maiores taxas de paro acádanse nas áreas da
provincia de Pontevedra e na comarca da
Coruña, mentres que nas áreas de Lugo e
Ourense (excepto a comarca de Ourense) as
ditas taxas son significativamente menores.
Destaca de modo sobresaínte a baixa taxa de
paro da comarca de Lugo que, cun 4,16%, é
menos da metade que a do global da
Comunidade Autónoma galega.
Mercado de traballo. 2005 9
Paro rexistrado O paro rexistrado está constituído por todas as
demandas de traballo pendentes na fin de
mes dos que están parados. Exclúense polo
tanto unha serie de colectivos segundo
establece a Orde ministerial do 11 de maio de
1985. Os datos estatísticos obtéñense
mediante unha explotación con este fin dos
ficheiros constituídos fundamentalmente para
a xestión do emprego. A información primaria
procede das oficinas de emprego do Servicio
Público de Empleo Estatal (antigo INEM), do
Instituto Social da Mariña e das comunidades
autónomas que teñen as competencias
transferidas.
A evolución das medias anuais do paro
rexistrado en Galicia no período 1999-2004
caracterízase por unha tendencia decrecente
ata o ano 2001, ano a partir do cal o paro
rexistrado sofre un lixeiro repuntamento. No
período 2002-2004 o incremento relativo do
paro rexistrado en Galicia foi do 5%. Este
patrón de comportamento mantense
practicamente inalterado en todas as
provincias, a excepción da pequena
diminución que se produce no ano 2004 con
respecto ao ano anterior nas provincias da
Coruña e Ourense. A media anual do paro
rexistrado foi no ano 2004 de 147.423 persoas
para o total de Galicia, das cales 26.038
estaban buscando o seu primeiro emprego,
supoñendo este colectivo o 17,7% do total de
parados. Esta porcentaxe varía lixeiramente
nas provincias; así Lugo é a que presenta
unha menor porcentaxe, cun 15,8%, mentres
que A Coruña é a provincia cunha maior
porcentaxe (18,2%).
Para poder establecer comparacións da
incidencia do paro rexistrado entre os
diferentes ámbitos xeográficos, elaborouse o
indicador “Paro rexistrado por mil habitantes
en idade laboral”. Para cada rexión este
indicador calcúlase como o cociente do paro
rexistrado entre a poboación dese ámbito con
idade comprendida entre os 16 e os 64 anos,
multiplicado por mil. Para o conxunto da
Comunidade Autónoma de Galicia existían no
ano 2004 un total 80,8 demandantes de
emprego parados por cada mil persoas en
idade laboral. Por provincias, Lugo é a que
presenta un valor máis baixo deste indicador,
onde só 70 de cada mil persoas de 16 a 64
anos están paradas. Pola contra, Ourense con
preto de 85 parados por mil habitantes é a
que presenta un valor máis alto do indicador.
Para A Coruña e Pontevedra este foi de 80,4 e
de 83,7, respectivamente.
Paro rexistrado. Medias anuais
1999 2000 2001 2002 2003 2004A Coruña 57.482 56.837 55.088 59.303 61.327 60.936 11.110Lugo 14.414 14.110 13.875 14.665 14.935 15.500 2.448Ourense 17.568 16.840 16.410 17.032 17.567 17.717 2.984Pontevedra 49.614 47.548 46.666 49.457 52.151 53.271 9.495Galicia 139.078 135.335 132.038 140.457 145.979 147.423 26.038Fonte: Consellería de Traballo. Informe mensual do paro rexistrado
Total parados Sen emprego anterior 2004
10 Mercado de traballo 2005
Paro rexistrado por mil habitantes en idade laboral. Ano 2004
BergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiños
FerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrol
FisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterra
QuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuiroga
A LimiaA LimiaA LimiaA LimiaA LimiaA LimiaA LimiaA LimiaA LimiaVerínVerínVerínVerínVerínVerínVerínVerínVerínVianaVianaVianaVianaVianaVianaVianaVianaViana
O Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo Miño
O CondadoO CondadoO CondadoO CondadoO CondadoO CondadoO CondadoO CondadoO Condado
Paro rexistrado por mil habitantesen idade laboral
90 a 111 (9)80 a 90 (12)69 a 80 (15)40 a 69 (17)
Fonte: Consellería de Traballo. Informe mensual do paro rexistrado
INE. Padrón Municipal de Habitantes. Extraído de: http://www.ine.es
As comarcas que presentan valores máis altos
do indicador, superando os 100 parados por
mil habitantes en idade laboral, son as de
Verín e Viana. A estas dúas comarcas únense
as de Ferrol, Bergantiños, Fisterra, O Baixo
Miño, O Condado, A Limia e Quiroga, con
valores do indicador que superan os 90
parados por mil habitantes en idade laboral.
Noutro extremo atópanse as comarcas de
Meira e do Deza, cunha representación alta no
sector agrícola galego e nas que o indicador
non chega a acadar 50 parados por mil
habitantes en idade laboral.
Cómpre sinalar tamén que a meirande parte
das comarcas que presentan valores máis
baixos do indicador están situadas na
provincia de Lugo e nas zonas interiores das
provincias da Coruña e Pontevedra.
As comarcas costeiras das provincias da
Coruña e Pontevedra caracterízanse, no
entanto, por presentar valores do indicador
máis altos que as comarcas interiores.
Mercado de traballo. 2005 11
Contratos rexistrados
Os datos para a elaboración da estatística de
contratos rexistrados na comunidade
autónoma recóllense nas oficinas de emprego
da Xunta de Galicia onde se formalizan os
rexistros dos contratos e das comunicacións.
Os datos que se presentan nas táboas só
inclúen os contratos iniciais e as
comunicacións rexistradas no ano 2004,
exclúense, polo tanto, as prórrogas e os
contratos convertidos en indefinidos, posto
que xa se teñen contabilizados nas tipoloxías
de contratos da súa orixe.
Anualmente a Consellería de Traballo elabora
unha publicación, Rexistro de contratos
laborais, onde se presentan os contratos
rexistrados iniciais por tipo de contrato, con
desagregación municipal.
No ano 2004 rexistráronse en Galicia un total
de 729.807 contratos iniciais, o que supón un
incremento relativo do 2,5% con respecto ao
ano anterior. No ano 2004 foi nas provincias
da Coruña e Pontevedra onde se rexistraron o
maior número de contratos iniciais; sumando
entre as dúas o 82,5% do total dos contratos
iniciais en Galicia.
Polo que se refire á evolución temporal do
número de contratos, pódese observar como
durante todo o período 2001-2004 vén
experimentando un lixeiro incremento, tanto
no conxunto da comunidade autónoma como
nas provincias. A Coruña foi onde se produciu
o maior incremento porcentual e así, no ano
2004, os contratos rexistrados aumentaron
nun 15,2% aos rexistrados no ano 2001. Lugo
é a provincia onde os contratos iniciais
medraron menos e así a variación relativa dos
contratos rexistrados no ano 2004 con
respecto aos rexistrados no 2001 apenas
supera o 5%.
Contratos rexistrados
2001 2002 2003 2004Variación relativa
2001-2004% sobre o total de
Galicia. 2004
A Coruña 275.902 286.458 310.678 317.786 15,18 43,54Lugo 69.203 69.732 71.204 72.883 5,32 9,99Ourense 49.223 49.667 50.114 55.075 11,89 7,55Pontevedra 265.224 274.879 280.301 284.063 7,10 38,92Galicia 659.552 680.736 712.297 729.807 10,65 100,00Fonte: Consellería de Traballo. Rexistro de contratos laborais
12 Mercado de traballo 2005
Variación relativa do número de contratos iniciais rexistrados no período 2001-2004
EumeEumeEumeEumeEumeEumeEumeEumeEume
FisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterra
NoiaNoiaNoiaNoiaNoiaNoiaNoiaNoiaNoia O SarO SarO SarO SarO SarO SarO SarO SarO Sar
A Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña Central
Terra de LemosTerra de LemosTerra de LemosTerra de LemosTerra de LemosTerra de LemosTerra de LemosTerra de LemosTerra de Lemos
O RibeiroO RibeiroO RibeiroO RibeiroO RibeiroO RibeiroO RibeiroO RibeiroO Ribeiro
VerínVerínVerínVerínVerínVerínVerínVerínVerínO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo Miño
O MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO Morrazo
O SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO Salnés
Variación relativa do número decontratos (2001-2004) (%)
25 a 78 (11)12 a 25 (12)0 a 12 (12)
-53 a 0 (18)
Fonte: Consellería de traballo. Rexistro de contratos laborais
Neste mapa trátase de representar como
variou o número de contratos iniciais
rexistrados no período 2001-2004. Non en
todas as comarcas esta variación foi positiva,
de feito en 18 das 53 comarcas galegas
produciuse unha diminución dos contratos
rexistrados no ano 2004 con respecto ao
2001. As comarcas onde se produce unha
diminución dos contratos iniciais rexistrados
no ano 2004 con respecto ao 2001 atópanse
nas provincias de Lugo e Ourense, a
excepción das comarcas da Barcala na
provincia da Coruña e de Pontevedra e Vigo
na provincia de Pontevedra. Nesta última
comarca a variación, a pesar de ser negativa,
é moi pequena (-0,3%). Nas provincias
atlánticas os maiores incrementos relativos
producíronse nas comarcas de Fisterra, Noia,
Eume e O Baixo Miño con incrementos
relativos superiores ao 40%. Nas provincias
orientais, as comarcas de Verín, Terra de
Lemos e A Mariña Central son as que
rexistran un maior incremento relativo no
número de contratos iniciais con valores
superiores ao 30%.
Mercado de traballo. 2005 13
Situación do mercado laboralsegundo xénero e idade
Os datos dos “Censos de Población y
Viviendas” permiten facer análises por sexo
das diferentes variables relacionadas co
mercado laboral para as comarcas galegas.
Comparando os datos dos censos de 1991 e
2001 obsérvase como evolucionaron as ditas
variables nos diferentes ámbitos territoriais
galegos.
Taxas de actividade En Galicia, no ano 1991, a taxa de actividade
situábase no 49,2%. Por sexos, o 66,4% dos
homes maiores de 16 anos estaban activos,
mentres que no caso das mulleres só o 33,5%
das maiores de 16 anos estaban activas. No
ano 2001 a taxa de actividade en Galicia
apenas variou e situouse no 50,7% (1,5
puntos porcentuais máis que a do ano 1991).
Non ocorreu o mesmo coa taxa de actividade
por xénero e así a masculina diminuíu catro
puntos porcentuais (para situarse no 62,1%)
mentres que a taxa de actividade feminina
aumentou. Así, a incorporación da muller á
vida activa viuse reflectida nun aumento de 7
puntos porcentuais na taxa de actividade que
ascendeu ao 40,3%, pero que, aínda así,
deixa o 60% das mulleres de 16 e máis anos
de Galicia inactivas. Cabe sinalar que, malia
a diferenza entre ambos os colectivos
reducirse nestes 10 anos, esta segue a ser de
20 puntos porcentuais
Por provincias cómpre destacar a diferente
evolución nas taxas de actividade feminina no
período 1991-2001 e así, mentres en Ourense
e Lugo o incremento non chegou aos 3 puntos
porcentuais, nas provincias da Coruña e
Pontevedra o aumento foi de 7 e 10 puntos
porcentuais, respectivamente.
Taxas de ocupación Galicia no ano 1991 contaba cunha taxa de
ocupación masculina de case o 60%, isto é,
de cada 100 varóns maiores de 16 anos, 60
estaban traballando. No caso da muller a
situación era ben diferente e de cada 100
mulleres, só 27 traballaban. Neste ano a
diferenza entre as provincias era ben notable
e Lugo presentaba a taxa de ocupación
feminina maior (33,1%) ligada a unha
importante ocupación da muller no sector
agrícola. No outro extremo situábase
Pontevedra cunha taxa feminina de ocupación
do 24,6%. No ano 2001, esta taxa aumentou,
aínda que de diferente xeito segundo as
provincias; así, en Lugo e Ourense a
ocupación feminina non se veu incrementada
en máis de 2 puntos porcentuais, mentres que
na Coruña e Pontevedra aumentou 8 e 10
puntos porcentuais, respectivamente. Esta
evolución diferente pode ser debida a que a
ocupación feminina, no caso de Lugo e
Ourense, está ligada ao sector agrario que
perdeu moito emprego nesta década, mentres
que na Coruña e Pontevedra a ocupación
feminina asóciase a outros sectores
produtivos.
Taxas de paro Galicia, no ano 1991, contaba cunha taxa de
paro do 16,4% , é dicir, de cada 100 persoas
dispostas a traballar, 16 estaban en paro. Esta
porcentaxe difire moito segundo sexa home ou
14 Mercado de traballo 2005
muller e así, de cada 100 homes activos, 14
estaban en paro, mentres que no caso das
mulleres eran 20 as paradas por cada 100
activas. As provincias con menores diferenzas
entre xénero no ano 1991 eran Lugo e
Ourense cunhas taxas de paro femininas do
12,3% e o 15,8% respectivamente. No ano
2001 o paro en Galicia redúcese e así a taxa
de paro masculina queda nun 9,9%, mentres a
feminina queda nun 16,1%. Por provincias, na
Coruña e Pontevedra a taxa de paro feminina
redúcese en 4 e 7 puntos porcentuais
respectivamente, en Lugo a taxa de paro
feminina aumenta 1 punto porcentual e en
Ourense mantense practicamente igual á taxa
do ano 1991. Así, a incorporación da muller ao
mercado laboral nas provincias da Coruña e
Pontevedra fai que a taxa de actividade
feminina aumente o que, xunto ao incremento
da ocupación, dá como resultado unha
diminución no paro feminino (que aínda así é
moi superior ao paro masculino). Nas
provincias de Lugo e Ourense a incorporación
da muller ao mercado laboral viuse estancada
debido ao seu papel predominante nun sector
agrario que, en materia de emprego, se fixo
pouco dinámico. En termos xerais, a muller
galega, no ano 2001, presenta uns niveis
baixos de participación no mercado laboral
comparados cos niveis masculinos e, cando
está dentro do mercado laboral, ten unha
probabilidade de desemprego moito maior que
no caso dos homes.
.
Taxas de actividade, ocupación e paro por sexo
1991 2001 1991 2001 1991 2001 1991 2001 1991 2001 1991 2001
A Coruña 67,0 62,4 33,0 40,7 57,5 56,2 26,0 34,1 14,2 9,9 21,1 16,2
Lugo 63,9 57,6 37,7 39,0 56,9 52,4 33,1 33,9 10,9 9,0 12,3 13,1
Ourense 62,1 55,2 32,8 35,5 53,8 48,8 27,6 29,9 13,4 11,5 15,8 15,9
Pontevedra 68,6 66,2 32,6 42,3 57,5 59,7 24,6 35,1 16,2 9,8 24,6 17,2
Galicia 66,4 62,1 33,5 40,3 56,9 55,9 26,8 33,8 14,3 9,9 20,1 16,1
Fonte: INE. Censos de Población y Viviendas.
Taxa de paroHomes MulleresHomes Mulleres
Taxa de actividade Taxa de ocupaciónHomes Mulleres
Mercado de traballo. 2005 15
Variación relativa porcentual da taxa de ocupación feminina dende 1991 a 2001
ArzúaArzúaArzúaArzúaArzúaArzúaArzúaArzúaArzúa
BarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanza
FerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrol
MurosMurosMurosMurosMurosMurosMurosMurosMuros
OrdesOrdesOrdesOrdesOrdesOrdesOrdesOrdesOrdesTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de Soneira
XallasXallasXallasXallasXallasXallasXallasXallasXallas
ChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantada
A Mariña OrientalA Mariña OrientalA Mariña OrientalA Mariña OrientalA Mariña OrientalA Mariña OrientalA Mariña OrientalA Mariña OrientalA Mariña Oriental
MeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeira
QuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuiroga
SarriaSarriaSarriaSarriaSarriaSarriaSarriaSarriaSarria
Terra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra Chá
A UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA Ulloa
Allariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-Maceda
Baixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa Limia
O CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO Carballiño
O RibeiroO RibeiroO RibeiroO RibeiroO RibeiroO RibeiroO RibeiroO RibeiroO Ribeiro ValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorras
VerínVerínVerínVerínVerínVerínVerínVerínVerínVianaVianaVianaVianaVianaVianaVianaVianaViana
O Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo Miño
O MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO Morrazo
O SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO Salnés
VigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigo
Variación da taxa de ocupaciónfeminina 2001/1999 %
35 a 103 (12)10 a 35 (16)
0 a 10 (5)-26 a 0 (19)
Fonte: INE. Censos de Población y Viviendas.
No período comprendido entre 1991 e 2001, a
taxa de ocupación feminina viuse
incrementada en 33 das 53 comarcas galegas,
mantívose igual nunha (A Barcala) e diminuíu
en 19 comarcas. Se se bota unha ollada ao
patrón de distribución xeográfica do mapa,
pódese observar como os aumentos máis
considerables se produciron principalmente
nas comarcas atlánticas, destacando dun xeito
salientable as comarcas do Morrazo e do
Baixo Miño. Pola contra, as diminucións
tiveron lugar, principalmente, nas comarcas
interiores, exceptuando as comarcas de
Valdeorras e Verín, as cales experimentaron
unha variación relativa das taxas de ocupación
feminina moi positiva.
Esta situación vén confirmar, en termos xerais,
que, naquelas comarcas nas que o emprego
está asociado á agricultura, a ocupación
diminuíu debido á destrución de postos de
traballo que durante o período considerado
experimentou este sector.
16 Mercado de traballo 2005
Taxa de paro mulleres. Ano 1991
BarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanza
A CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA Coruña
EumeEumeEumeEumeEumeEumeEumeEumeEume
FerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrol
FisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterra
MurosMurosMurosMurosMurosMurosMurosMurosMurosSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiago
ValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorras
O Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo Miño
CaldasCaldasCaldasCaldasCaldasCaldasCaldasCaldasCaldas
O MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO Morrazo
A ParadantaA ParadantaA ParadantaA ParadantaA ParadantaA ParadantaA ParadantaA ParadantaA Paradanta
O SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO Salnés
VigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigo
Taxa de paromulleres
20 a 32,9 (14)15 a 20 (10)10 a 15 (15)5,6 a 10 (14)
Fonte: INE. Censos de Población y Viviendas.
No ano 1991, das 53 comarcas galegas, 24
presentaban unha taxa de paro feminino por
riba do 15%. Así, as comarcas costeiras de
Pontevedra (agás a comarca de Pontevedra),
as comarcas coruñesas de Fisterra, Muros, A
Coruña, Eume e Ferrol e a comarca ourensá
de Valdeorras presentaban as maiores taxas
de paro feminino, taxas todas elas superiores
ao 20%. Polos seus valores baixos (inferiores
ao 10%) destacan as comarcas coruñesas de
Xallas, A Barcala, Ordes e Arzúa, as
comarcas lucenses de Terra Chá, Meira, a
Mariña Oriental, Fonsagrada, Sarria e
Chantada e as comarcas ourensás de Allariz,
Terra de Caldelas, Terra de Trives e Viana.
Á vista do mapa pódese dicir que a taxa de
paro feminino é máis baixa naquelas zonas do
interior de Galicia onde a agricultura ten un
peso importante na actividade económica da
rexión.
Mercado de traballo. 2005 17
Taxa de paro mulleres. Ano 2001
EumeEumeEumeEumeEumeEumeEumeEumeEume
FerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrol
ChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantada
A FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA Fonsagrada
Terra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra Chá
DezaDezaDezaDezaDezaDezaDezaDezaDeza
Taxa de paromulleres
20 a 22,7 (2)15 a 20 (25)10 a 15 (22)7,1 a 10 (4)
Fonte: INE. Censos de Población y Viviendas.
No ano 2001 as comarcas galegas presentan,
en xeral, menores diferenzas entre si con
respecto á taxa de paro. Así, se no ano 1991
había 25 comarcas con taxas de paro
femininas entre o 10 e o 20% , no ano 2001 xa
se sitúan neste intervalo 47 comarcas. Por
provincias, as comarcas coruñesas con
maiores taxas, ademais de Ferrol e o Eume,
son as comarcas de Muros, Fisterra, Terra de
Soneira, A Coruña e Ortegal, comarcas que xa
presentaban en 1991 taxas elevadas de
desemprego. Ao igual que ocorría no ano
1991, as comarcas costeiras de Pontevedra
presentan altas taxas de paro femininas a
pesar do incremento da ocupación feminina
rexistrado nesta rexión. Neste ano destacan
tamén todas as comarcas ourensás, agás A
Limia, Terra de Caldelas e Terra de Trives,
con taxas de paro feminino superiores ao
15%. En Lugo, só terra de Lemos, Os Ancares
e A Mariña Occidental presentan taxas de
paro feminino por riba do 15%.
18 Mercado de traballo 2005
Ratio taxa de paro homes/taxa de paro mulleres. Ano 1991
BarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanza
A BarcalaA BarcalaA BarcalaA BarcalaA BarcalaA BarcalaA BarcalaA BarcalaA Barcala
A CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA Coruña
EumeEumeEumeEumeEumeEumeEumeEumeEume
FerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrol
MurosMurosMurosMurosMurosMurosMurosMurosMuros
OrdesOrdesOrdesOrdesOrdesOrdesOrdesOrdesOrdes
LugoLugoLugoLugoLugoLugoLugoLugoLugo
A Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña Central
A Mariña OccidentalA Mariña OccidentalA Mariña OccidentalA Mariña OccidentalA Mariña OccidentalA Mariña OccidentalA Mariña OccidentalA Mariña OccidentalA Mariña Occidental
Terra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra Chá
Allariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-Maceda
Baixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa Limia
OurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurense ValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorras
VianaVianaVianaVianaVianaVianaVianaVianaViana
O Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo Miño
O MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO Morrazo
O SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO Salnés
VigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigo
Ratio
1,25 a 5 (10)1 a 1,25 (17)0,75 a 1 (11)0 a 0,75 (15)
Fonte INE. Censos de Población y Vivendas.
A ratio entre a taxa de paro masculina e a taxa
de paro feminina mide a diferenza relativa
entre ambas as dúas taxas, de xeito que
cando a ratio é menor de 1 significa que a taxa
de paro masculino é inferior á taxa de paro
feminino. Valores próximos a 1 indican que as
taxas son moi parecidas e valores superiores
a 1 indican que a taxa de paro masculino é
superior á taxa de paro feminino. O primeiro
que cómpre destacar á vista do mapa é que a
taxa de paro feminino non sempre é maior que
a taxa de paro masculino. Así, na maioría das
comarcas lucenses e ourensás, as taxas de
paro feminino son inferiores ás taxas de paro
masculino. Noutro sentido sitúanse as
comarcas da costa de Pontevedra, as
comarcas coruñesas de Santiago, A Coruña,
Ferrol e Eume, as comarcas de Lugo e da
costa lucense e as comarcas de Ourense e
Valdeorras onde a taxa de paro feminino é
superior á taxa de paro masculino.
Mercado de traballo. 2005 19
Ratio taxa de paro homes/taxa de paro mulleres. Ano 2001
BarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanza
BergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiños BetanzosBetanzosBetanzosBetanzosBetanzosBetanzosBetanzosBetanzosBetanzos
EumeEumeEumeEumeEumeEumeEumeEumeEume
FerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrol
FisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterra
MurosMurosMurosMurosMurosMurosMurosMurosMuros
OrtegalOrtegalOrtegalOrtegalOrtegalOrtegalOrtegalOrtegalOrtegal
SantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiago
O SarO SarO SarO SarO SarO SarO SarO SarO Sar
Terra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de Soneira
LugoLugoLugoLugoLugoLugoLugoLugoLugo
A Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña CentralA Mariña OrientalA Mariña OrientalA Mariña OrientalA Mariña OrientalA Mariña OrientalA Mariña OrientalA Mariña OrientalA Mariña OrientalA Mariña Oriental
MeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeira
QuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuiroga
Allariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-MacedaAllariz-Maceda
O CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurense ValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorras
O Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo Miño
O CondadoO CondadoO CondadoO CondadoO CondadoO CondadoO CondadoO CondadoO Condado
DezaDezaDezaDezaDezaDezaDezaDezaDeza
O MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO Morrazo
O SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO Salnés
Ratio
1,25 a 5 (1)1 a 1,25 (5)0,75 a 1 (14)0 a 0,75 (33)
Fonte: INE. Censos de Población y Vivendas.
Se no ano 1991 había 27 comarcas cunha
taxa de paro feminino inferior á taxa de paro
masculino, no ano 2001 só 6 comarcas teñen
maior taxa de paro para os homes que para as
mulleres. Cómpre destacar unha diminución
xeneralizada da ratio, o que implica unha
evolución diferente das taxas de paro por
xéneros. Así, para o ano 2001 as taxas de
paro masculinas son moi inferiores ás taxas
de paro femininas. As comarcas que
presentan as menores ratios e, polo tanto, con
taxas de paro masculino moito menores ás
taxas de paro feminino non se agrupan en
zonas concretas, senón que se distribúen por
toda Galicia. En canto ás maiores ratios, hai 6
comarcas onde a taxa de paro feminina é
inferior á masculina, e así destacan as
comarcas limítrofes ourensás de Terra de
Trives, Terra de Caldelas e Viana, as
comarcas lucenses da Ulloa e Chantada e a
comarca coruñesa da Barcala.
20 Mercado de traballo 2005
Paro rexistrado Os datos do paro rexistrado permiten facer
análises descritivas por sexo e idade do
fenómeno do paro ao longo do territorio
galego. Galicia tiña no ano 2004 un total de
147.423 parados inscritos nas oficinas
públicas, dos cales 21.210 eran menores de
25 anos e 126.213 eran maiores de 25 anos.
Neste mesmo ano pódese observar como a
provincia de Pontevedra é a que conta cunha
maior porcentaxe de parados rexistrados
menores de 25 anos (16%) sobre o total de
parados rexistrados, mentres que Ourense,
cun 12,26%, é a que conta cunha porcentaxe
menor. Hai que ter en conta que no ano 2004
o 36,5% da poboación galega de 16 a 25 anos
reside na provincia de Pontevedra, mentres
que na provincia de Ourense só reside o 11%.
Á provincia de Lugo correspóndelle unha
situación tamén desfavorable, pois o 14,22%
dos parados rexistrados teñen menos de 25
anos, converténdose na segunda provincia
cunha porcentaxe maior de parados
rexistrados nesas idades con respecto ao total
de parados, pero en cambio en Lugo só reside
o 11,8% da poboación galega de entre 16 a 25
anos.
Se agora se lle bota unha ollada á situación
anterior por xénero, obsérvase que, nos
parados menores de 25 anos, a maior
porcentaxe está copada polas mulleres, con
valores que oscilan en torno ao 57% para
todas as provincias, tamén nos parados
rexistrados de 25 e máis anos a porcentaxe de
mulleres paradas oscila arredor do 61,5%,
chegando ao 63,3% na provincia de
Pontevedra. Pola contra, nos últimos anos
obsérvase unha redución na porcentaxe de
mulleres paradas nas idades novas, o que
leva a pensar que a medida que pasa o tempo
non haberá tantas diferenzas entre as
porcentaxes de parados rexistrados por
xénero.
Paro rexistrado segundo grupos de idade e xénero. Ano 2004
Homes Mulleres Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Total
A Coruña 3.602 4.763 8.365 20.369 32.202 52.571 23.971 36.965 60.936Lugo 967 1.237 2.204 5.604 7.692 13.296 6.571 8.929 15.500Ourense 920 1.252 2.172 6.108 9.436 15.544 7.028 10.688 17.717Pontevedra 3.634 4.836 8.469 16.455 28.347 44.802 20.089 33.183 53.271Galicia 9.122 12.088 21.210 48.536 77.677 126.213 57.659 89.765 147.423
Fonte: Consellería de Traballo. Informe mensual do paro rexistrado
Menores de 25 anos 25 e máis anos Total
Mercado de traballo. 2005 21
Paro rexistrado da poboación de 16 a 24 anos por 1.000 persoas de 16 a 24 anos. Ano 2001
A BarcalaA BarcalaA BarcalaA BarcalaA BarcalaA BarcalaA BarcalaA BarcalaA Barcala
OrdesOrdesOrdesOrdesOrdesOrdesOrdesOrdesOrdesTerra de MelideTerra de MelideTerra de MelideTerra de MelideTerra de MelideTerra de MelideTerra de MelideTerra de MelideTerra de Melide
Os AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs Ancares
A FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA Fonsagrada
MeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra Chá
Baixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa Limia
Terra de CelanovaTerra de CelanovaTerra de CelanovaTerra de CelanovaTerra de CelanovaTerra de CelanovaTerra de CelanovaTerra de CelanovaTerra de Celanova
O Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo MiñoO Baixo Miño
DezaDezaDezaDezaDezaDezaDezaDezaDeza
O MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO Morrazo
Paro rexistrado por 1.000 persoasAmbos sexos de 16 a 24 anos
85 a 99,2 (3)75 a 85 (6)65 a 75 (15)55 a 65 (18)43,9 a 55 (11)
Fonte: Consellería de Traballo. Informe mensual do paro rexistrado
No comentario da situación xeral de Galicia xa
se facía constar que a maior porcentaxe de
parados entre 16 e 24 anos (entre o total de
parados) se encontraba na provincia de
Pontevedra. Esta situación queda confirmada
no mapa anterior, onde se observa que a
superioridade da poboación de 16 a 24 anos
que reside na provincia de Pontevedra non é
capaz de reducir a relación entre parados e
poboación. Así obsérvase que tres comarcas
da provincia pontevedresa, O Morrazo, O
Baixo Miño e O Condado, teñen máis de 85
parados rexistrados menores de 25 anos por
1.000 persoas residentes e con esa mesma
idade. Pola contra, as comarcas onde se
encontran os menores valores da relación
entre parados rexistrados de 16 a 24 anos e
poboación de 16 a 24 anos son comarcas
interiores que, en termos xerais, contan con
porcentaxes de poboación nova (de 16 a 24
anos) inferiores ao 10,5% da súa poboación
total. Desta situación estarían exentas as
comarcas de Ordes, A Barcala, Terra de
Melide e Deza, nas que, malia ter unha
porcentaxe de poboación nova por encima da
media galega, tamén contan cun número de
parados rexistrados baixo.
22 Mercado de traballo 2005
Situación do mercado laboralsegundo sector de actividade
Os datos dos “Censos de Población y
Viviendas” do ano 1991 e 2001 permiten
realizar unha análise comparativa da
distribución da poboación ocupada por
sectores de actividade en Galicia e nas súas
provincias e comarcas.
A poboación ocupada aumentou en Galicia no
ano 2001 un 15,55% con respecto ao ano
1991. Non se pode dicir o mesmo, no entanto,
das catro provincias galegas, sendo o
comportamento de Lugo e Ourense distinto do
da Coruña e Pontevedra. Así, mentres estas
dúas últimas incrementaron, ao igual que a
comunidade autónoma, a súa poboación
ocupada no período 1991-2001 nun 18,66% e
nun 29,14% respectivamente, as provincias
de Lugo e Ourense experimentaron unha
variación relativa deste colectivo no mesmo
período dun –4,95% e dun –1,36%,
respectivamente.
En canto aos datos dos ocupados segundo
sectores de actividade, no período 1991-2001
os sectores que experimentan unha variación
máis relevante, aínda que con diferente signo,
tanto en Galicia como nas catro provincias,
son o da agricultura e o dos servizos. Así, a
poboación ocupada na agricultura en Galicia
no ano 2001 experimentou, con respecto ao
ano 1991, unha redución do 55,49%, fronte ao
incremento do 48,60% dos ocupados no
sector servizos no mesmo período. Por
provincias, as catro presentan practicamente
un comportamento similar, non afastándose
moito dos valores rexistrados para Galicia.
O sector da pesca apenas cambia en 10 anos.
O único dato que cómpre comentar é a
variación relativa do número de ocupados na
pesca na provincia de Ourense, rexistrándose
un valor do –61,11%, que non debe de
considerarse significativo xa que vén motivado
pola baixa cifra de ocupados na pesca na
provincia de Ourense. Neste caso, a
comparación dos valores absolutos, 42
ocupados no ano 2001 e 108 no 1991, e, por
outra banda, o exame da distribución por
sectores na provincia de Ourense, onde a
pesca non acada nin no ano 1991 nin no 2001
o 1%, permite descartar a variación -61,11%
como un dato significativo.
Poboación ocupada por sectores de actividade
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia
2001
Variación 2001/1991
(%) 2001
Variación 2001/1991
(%) 2001
Variación 2001/1991
(%) 2001
Variación 2001/1991
(%) 2001
Variación 2001/1991
(%)
Agricultura 26.082 -51,80 29.254 -50,53 8.981 -74,90 14.972 -48,59 79.289 -55,49
Pesca 14.773 3,75 2.030 -15,24 42 -61,11 18.366 5,33 35.211 3,02
Industria 76.302 10,69 17.410 7,09 20.646 19,56 79.223 29,58 193.581 18,33
Construción 53.276 10,05 14.405 9,96 15.882 -4,09 43.942 14,54 127.505 9,51
Servizos 254.477 47,60 71.928 40,54 70.102 47,51 203.085 53,40 599.592 48,60
Total 424.910 18,66 135.027 -4,95 115.653 -1,36 359.588 29,14 1.035.178 15,55
Fonte: INE. Censos de Población y Viviendas
Mercado de traballo. 2005 23
O sector da industria, malia rexistrar un lixeiro
incremento no período considerado tanto en
Galicia como nas súas provincias, non chega
a acadar na distribución por sectores o 20%
da poboación ocupada en Galicia. Destacan
ademais os incrementos do 19,56% e 29,58%
nas provincias de Ourense e Pontevedra,
bastante superiores aos rexistrados nas outras
dúas provincias.
En canto á distribución por sectores, pódese
comprobar como o sector servizos segue a
gañar peso na distribución porcentual e o
sector da agricultura representa cada vez
unha porcentaxe máis pequena. Así, mentres
no ano 1991 en Galicia os servizos recollían o
45,04% dos ocupados, no ano 2001 esta
porcentaxe acada o 57,92%. No caso da
agricultura, no ano 1991, os ocupados neste
sector representaban o 19,89% fronte ao
7,66% de 2001.
Polo que respecta á distribución por sectores
nas provincias galegas, esta tamén
experimenta cambios no período considerado,
sendo as de Lugo e Ourense as que
experimentan unha maior transformación. A
provincia de Lugo pasou de contar cun
41,62% da poboación ocupada na agricultura
e cun 36,03% nos servizos no ano 1991 a
unha estrutura, no ano 2001, na que o sector
da agricultura representa o 21,67% e o dos
servizos o 53,27%. No caso de Ourense, as
cifras son aínda de maior magnitude; así,
mentres a porcentaxe de ocupados no sector
da agricultura e no sector servizos no ano
1991 era 30,52% e 40,53%, respectivamente,
no ano 2001 estas cifras son 7,77% e 60,61%.
Malia a diminución do peso do sector agrícola
en Galicia e en todas as provincias galegas,
Lugo continúa a ser a que presenta unha
maior porcentaxe de ocupados neste sector.
Así, mentres nesta provincia a agricultura
absorbe aproximadamente unha quinta parte
da poboación ocupada, no resto das
provincias non chega a representar nin a
décima parte, acadando as cifras de 6,14%,
7,77% e 4,16% na Coruña, Ourense e
Pontevedra.
Os sectores da industria e da construción non
experimentan no período 1991-2001 nin en
Galicia nin nas catro provincias cambios que
lles permitan acadar porcentaxes na
distribución por sectores do ano 2001 moi
diferentes dos rexistrados no 1991.
Distribución porcentual da poboación ocupada segundo sectores de actividade
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia
1991 2001 1991 2001 1991 2001 1991 2001 1991 2001
Agricultura 15,11 6,14 41,62 21,67 30,52 7,77 10,46 4,16 19,89 7,66
Pesca 3,98 3,48 1,69 1,50 0,09 0,04 6,26 5,11 3,82 3,40
Industria 19,25 17,96 11,44 12,89 14,73 17,85 21,96 22,03 18,26 18,70
Construción 13,52 12,54 9,22 10,67 14,12 13,73 13,78 12,22 13,00 12,32
Servizos 48,14 59,89 36,03 53,27 40,53 60,61 47,55 56,48 45,04 57,92
Fonte: INE. Censos de Población y Viviendas
24 Mercado de traballo 2005
Porcentaxe de ocupados na agricultura. Ano 1991
Os AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs Ancares
ChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantada
A FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA Fonsagrada
MeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeira
SarriaSarriaSarriaSarriaSarriaSarriaSarriaSarriaSarria
Terra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra Chá
A UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA Ulloa
Baixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa Limia
O RibeiroO RibeiroO RibeiroO RibeiroO RibeiroO RibeiroO RibeiroO RibeiroO Ribeiro Terra de CaldelasTerra de CaldelasTerra de CaldelasTerra de CaldelasTerra de CaldelasTerra de CaldelasTerra de CaldelasTerra de CaldelasTerra de Caldelas
Porcentaxe ocupadosagricultura
50 a 70 (10)25 a 50 (23)15 a 25 (8)10 a 15 (4)2 a 10 (8)
Fonte: INE. Censos de Población y Viviendas
No ano 1991, 33 das 53 comarcas galegas
contaban cunha porcentaxe de poboación
ocupada na agricultura superior ao 25%.
Ademais, en 10 destas 33 comarcas a
porcentaxe anterior superaba o 50%. Nesas
33 comarcas a poboación ocupada
representaba o 33,15% dos ocupados en
Galicia e os ocupados na agricultura
chegaban a ser o 71,77% de todos os galegos
ocupados neste sector.
Das 10 comarcas cunha maior porcentaxe de
ocupados na agricultura (máis do 50%), 7
atópanse na provincia de Lugo, en torno á
comarca de Lugo, que xa presenta unha
distribución por sectores diferente ás
anteriores comarcas, cun maior predominio do
sector servizos.
No ano 1991, na agricultura a taxa de
ocupación feminina acada valores altos nas
comarcas con maior porcentaxe de ocupados
na agricultura, rexistrándose nas comarcas de
Xallas, Terra Chá, Meira, Sarria e Chantada
valores superiores ao 25%.
Mercado de traballo. 2005 25
Porcentaxe de ocupados na agricultura. Ano 2001
ArzúaArzúaArzúaArzúaArzúaArzúaArzúaArzúaArzúaXallasXallasXallasXallasXallasXallasXallasXallasXallas
Os AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs Ancares
ChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantada
A FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA Fonsagrada
MeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeira
SarriaSarriaSarriaSarriaSarriaSarriaSarriaSarriaSarria
Terra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra Chá
A UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA Ulloa
DezaDezaDezaDezaDezaDezaDezaDezaDeza
Porcentaxe ocupadosagricultura
25 a 48,4 (10)15 a 25 (12)10 a 15 (11)
0,8 a 10 (20)
Fonte: INE. Censos de Población y Viviendas
No ano 2001, as comarcas lucenses de Terra
Chá, Sarria, Chantada, Meira, Os Ancares, A
Fonsagrada e A Ulloa, que xa no ano 1991 se
situaban á cabeza das comarcas galegas con
maior porcentaxe de poboación ocupada na
agricultura, continúan a manter ese liderado,
pero rexistrando, neste caso, unhas
porcentaxes de ocupados na agricultura moi
inferiores ás do ano 1991. Así, por exemplo, a
comarca da Fonsagrada, que é a que ten
unha maior porcentaxe de ocupados na
agricultura tanto no ano 1991 coma no ano
2001, pasa dunha porcentaxe de ocupados na
agricultura do 70% ao 48,37% no ano 2001.
No ano 2001 ningunha comarca galega chega
a superar o 50% de ocupados na agricultura.
Pódese comprobar que case todas as
comarcas que presentan menores
porcentaxes de ocupados na agricultura son
as comarcas costeiras. Na zona interior, nas
comarcas de Ourense e Lugo rexístranse
tamén valores baixos na porcentaxe de
poboación ocupada na agricultura con
respecto ás comarcas limítrofes.
26 Mercado de traballo 2005
Porcentaxe de ocupados nos servizos. Ano 2001
A CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA Coruña
FerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrol
SantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoLugoLugoLugoLugoLugoLugoLugoLugoLugo
OurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurensePontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedra
VigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigo
Porcentaxe ocupadosservizos
60 a 73,3 (7)50 a 60 (15)40 a 50 (23)33,9 a 40 (8)
Fonte: INE. Censos de Población y Viviendas.
No ano 2001 só unha das comarcas galegas,
a comarca de Muros, ve diminuída
lixeiramente a porcentaxe de ocupados no
sector servizos, rexistrando un valor do 46,8%
fronte ao 49,7% do ano 1991. As restantes
comarcas galegas incrementaron porén a
porcentaxe de ocupados nos servizos. Así,
mentres no ano 1991 só en sete comarcas
galegas, as correspondentes ás sete cidades,
o sector servizos absorbía máis do 50% da
poboación ocupada, no ano 2001 son xa 22 as
comarcas que presentan porcentaxes de
poboación ocupada no sector servizos
superiores ao 50%.
Ademais, mentres no ano 1991 en 20
comarcas o sector servizos non chegaba a
absorber o 30% da poboación ocupada, no
ano 2001 todas as comarcas superan esta
porcentaxe e só hai 8 con valores inferiores ao
40%. O sector servizos absorbe nas comarcas
das sete cidades galegas máis do 60% da
poboación ocupada, acadando o valor máis
alto na comarca de Santiago, cun 73,28%.
Mercado de traballo. 2005 27
Situación do mercado de traballosegundo relación laboral
Os “Censos de Población y Vivendas”
constitúen unha ferramenta útil para a análise
no tempo da distribución dos asalariados e
dos traballadores por conta propia
(empresarios) en Galicia, nas provincias e nas
comarcas.
Os asalariados representan en Galicia no ano
2001 un 76,80% da poboación ocupada fronte
ao 64,49% do ano 1991. Este incremento na
porcentaxe de asalariados vén acompañado
dunha lixeira diminución do número de
traballadores por conta propia, que malia no
ano 1991 representar o 28,82% dos
ocupados, no ano 2001 esta cifra convértese
no 22,18%.
En canto ás provincias, en todas elas se
produce tamén un incremento da porcentaxe
de asalariados sobre o total de ocupados e
unha diminución da porcentaxe de
traballadores por conta propia. Non obstante,
cómpre resaltar que as provincias que
experimentaron cambios de maior magnitude
no período 1991-2001 en canto á distribución
da poboación ocupada segundo situación
laboral foron as de Lugo e Ourense. Así, na
provincia de Lugo, mentres no ano 1991 as
porcentaxes con respecto ao total de
ocupados eran do 40,42% dos traballadores
por conta propia e do 45,10% dos asalariados,
no ano 2001 estas porcentaxes son do
33,38% e do 64,15%, gañando peso o sector
dos asalariados que no ano 1991 estaba
bastante equiparado co dos traballadores por
conta propia. Por outra banda, a provincia de
Ourense no ano 1991 contaba cunha
porcentaxe de asalariados e de traballadores
por conta propia sobre o total de ocupados do
53,39% e do 36,63% respectivamente, e no
ano 2001 estas cifras son do 75,48% e do
23,86% respectivamente.
Polo que respecta ao número de asalariados
tanto en Galicia como nas catro provincias
experimentou un notable incremento no
período considerado, e obtense que no ano
2001 Galicia conta con 794.992 asalariados, o
que se traduce nun aumento do 36,76% con
respecto ao ano 1991. As provincias que
experimentan maiores incrementos deste
colectivo son as de Ourense e Pontevedra,
cunha variación relativa no ano 2001 do
38,64% e do 39,75% sobre o 1991.
Asalariados e traballadores por conta propia
Asalariados Traballadores por conta propia
2001 %Variación
2001/1991 (%) 2001 %Variación
2001/1991 (%)
A Coruña 332.704 41,85 34,49 89.274 38,88 -7,58
Lugo 86.619 10,90 34,02 45.068 19,63 -22,19
Ourense 87.296 10,98 38,64 27.591 12,02 -36,14
Pontevedra 288.373 36,27 39,75 67.658 29,47 9,00
Galicia 794.992 100 36,76 229.591 100 -11,62
Fonte: INE. Censos de Población y Viviendas
28 Mercado de traballo 2005
A distribución dos asalariados segundo a
temporalidade amosa tamén diferenzas no
período 1991-2001. Así, no ano 2001 en
Galicia os asalariados eventuais representan o
36,59% de todos os asalariados fronte ao
31,09% do ano 1991. Esta situación é similar
en todas as provincias galegas, se ben
cómpre resaltar o dato acadado para a
provincia de Pontevedra no ano 2001, na que
a porcentaxe de asalariados eventuais acada
o valor do 38,09% do total de asalariados.
Pode comprobarse tamén a variación na
distribución deste colectivo segundo o sexo na
década considerada. No ano 1991 o 70,57%
dos asalariados galegos eran homes, fronte
ao 60,43% rexistrado no ano 2001. Ademais,
o número de mulleres asalariadas
experimentou no período 1991-2001
incrementos superiores ao 80% tanto en
Galicia como en calquera das catro provincias.
O número de traballadores por conta propia
experimentou tamén variacións no período
considerado. Así, pódese observar que en
Galicia no ano 2001 o número de
traballadores por conta propia experimentou
unha variación relativa do –11,62%. Por
provincias, a única que presenta un
crecemento positivo no período considerado é
a de Pontevedra, cun incremento do 9% no
ano 2001 sobre a cifra acadada no 1991. As
provincias de Lugo e Ourense son as que
presentan unha drástica redución do colectivo
anteriormente citado, con diminucións en dez
anos do 22,19% e do 36,14%,
respectivamente.
A composición do colectivo dos traballadores
por conta propia segundo sexo nos anos 1991
e 2001 non presenta moitas diferenzas. No
ano 1991 en Galicia e nas catro provincias a
porcentaxe de traballadores por conta propia
que eran homes oscilaba unicamente entre o
60,46% da Coruña e o 62,95 de Ourense. No
2001 esta situación mantense practicamente
igual, cun predominio do sexo masculino,
sendo a provincia de Lugo a que presenta
unha maior diferenza, aínda que non
demasiado significativa con respecto a 1991,
acadándose no ano 2001 a cifra de 56,92%
traballadores por conta propia que son homes
fronte ao 62,75% do 1991.
Asalariados e traballadores por conta propia segundo sexo. Ano 2001
Asalariados Traballadores por conta propia
Homes
Variación 2001/1991
(%) Mulleres
Variación 2001/1991
(%) Homes
Variación 2001/1991
(%) Mulleres
Variación 2001/1991
(%)
A Coruña 200.001 14,39 132.703 82,95 53.375 -8,61 35.899 -6,00
Lugo 52.864 15,02 33.755 80,80 25.654 -29,41 19.414 -10,02
Ourense 51.774 18,26 35.522 85,16 16.930 -37,75 10.661 -33,41
Pontevedra 175.759 20,69 112.614 85,49 40.964 6,25 26.694 13,53
Galicia 480.398 17,11 314.594 83,86 136.923 -14,69 92.668 -6,67
Fonte: INE. Censos de Población y Viviendas
Mercado de traballo. 2005 29
Porcentaxe de ocupados que son traballadores por conta propia. Ano 2001
XallasXallasXallasXallasXallasXallasXallasXallasXallas
Os AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs AncaresOs Ancares
ChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantadaChantada
A FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA FonsagradaA Fonsagrada
MeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeiraMeira
SarriaSarriaSarriaSarriaSarriaSarriaSarriaSarriaSarria
Terra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra CháTerra Chá
A UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA Ulloa
DezaDezaDezaDezaDezaDezaDezaDezaDeza
Porcentaxe traballadoresconta propia
50 a 54,7 (2)40 a 50 (7)30 a 40 (16)20 a 30 (16)14,6 a 20 (12)
Fonte: INE. Censos de Población y Viviendas
No ano 2001, as comarcas de Terra Chá,
Meira, A Fonsagrada, Os Ancares, Sarria, A
Ulloa, Chantada, Deza e Xallas son as que
presentan maiores porcentaxes de
traballadores por conta propia sobre o total de
ocupados, destacando as comarcas de Meira
e A Fonsagrada con porcentaxes que superan
o 50%.
Pódese comprobar a estreita relación
existente entre as comarcas cunha maior
porcentaxe de ocupados que son
traballadores por conta propia e as que teñen
maiores porcentaxes de ocupados na
agricultura. Por exemplo, as comarcas de
Meira e A Fonsagrada, cun 53,48% e un
54,69% de traballadores por conta propia
sobre o total de ocupados, son as que acadan
tamén no ano 2001 maior representación do
sector agrícola con porcentaxes de ocupados
neste sector do 42,49% e do 48,37%,
respectivamente.
As comarcas que presentan un maior
predominio dos traballadores por conta propia
pertencen todas, a excepción da de Deza e da
de Xallas, á provincia de Lugo, sendo como é
de esperar esta a provincia na que este
colectivo ten maior representación, acadando
a cifra do 33,38%
30 Mercado de traballo 2005
Porcentaxe de ocupados que son asalariados. Ano 2001
A CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA Coruña
FerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrolFerrol
SantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiago
OurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurenseOurense
CaldasCaldasCaldasCaldasCaldasCaldasCaldasCaldasCaldas
O CondadoO CondadoO CondadoO CondadoO CondadoO CondadoO CondadoO CondadoO Condado
O MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO Morrazo
PontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedraPontevedra
VigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigo
Porcentaxe asalariados
80 a 84,9 (9)70 a 80 (17)60 a 70 (17)42,7 a 60 (10)
Fonte: INE. Censos de población y viviendas
Pódese comprobar como no ano 2001 as
comarcas con maior representación do
colectivo dos asalariados se sitúan todas elas,
a excepción de Ourense, no Eixo Atlántico que
une a comarca de Ferrol coa de Vigo, e é
esta última a que presenta unha maior
porcentaxe de asalariados sobre o total de
ocupados ao acadar a cifra do 84,9%.
Cómpre resaltar, ademais, que no ano 2001
só as comarcas da Fonsagrada, Meira,
Chantada e Os Ancares rexistran porcentaxes
de asalariados sobre o total de ocupados
inferiores ao 50% e que en 26 das 53
comarcas galegas o colectivo dos asalariados
absorbe máis do 70% da poboación ocupada.
Polo xeral, pode comprobarse un predominio
do colectivo dos asalariados en case todas as
comarcas galegas, con porcentaxes cada vez
máis altas sobre o total dos ocupados. As
únicas comarcas que se resisten a
enmarcarse dentro da tendencia xeral son as
comarcas eminentemente agrícolas, onde os
traballadores por conta propia teñen un peso
importante.
Mercado de traballo. 2005 31
Porcentaxe de asalariados eventuais sobre o total de ocupados. Ano 2001
BarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanzaBarbanza
BergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiños
FisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterraFisterra
MurosMurosMurosMurosMurosMurosMurosMurosMurosNoiaNoiaNoiaNoiaNoiaNoiaNoiaNoiaNoia O SarO SarO SarO SarO SarO SarO SarO SarO Sar
Terra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de SoneiraTerra de Soneira
QuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuirogaQuiroga
Baixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa LimiaBaixa Limia
Terra de TrivesTerra de TrivesTerra de TrivesTerra de TrivesTerra de TrivesTerra de TrivesTerra de TrivesTerra de TrivesTerra de Trives
VianaVianaVianaVianaVianaVianaVianaVianaViana
CaldasCaldasCaldasCaldasCaldasCaldasCaldasCaldasCaldas
O MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO Morrazo
A ParadantaA ParadantaA ParadantaA ParadantaA ParadantaA ParadantaA ParadantaA ParadantaA Paradanta
Porcentaxe eventuais
35 a 42,2 (14)30 a 35 (7)25 a 30 (10)17,2 a 25 (22)
Fonte: INE. Censos de población y viviendas
A excepción das comarcas ourensás de
Quiroga, Terra de Trives, Viana e Baixa Limia,
as restantes comarcas galegas que presentan
maior eventualidade con respecto a toda a
poboación ocupada están situadas no litoral
atlántico de Galicia. Cómpre resaltar ademais
as elevadas porcentaxes de eventualidade
que se rexistran nas comarcas da Costa da
Morte, acadándose cifras do 42,19% en Terra
de Soneira, 39,96% en Bergantiños, 39,53%
en Fisterra e 38,09% en Muros.
Ademais, 21 das 53 comarcas galegas, que
concentran case o 30% da poboación galega
de 16 a 64 anos, presentan datos de
eventualidade que superan o 30% da
poboación ocupada.
Pola contra, toda a Galicia interior presenta
indicadores de eventualidade máis baixos.
Non obstante, só catro comarcas galegas
presentan cifras de eventualidade inferiores ao
20% dos ocupados, sendo a comarca de
Meira a que rexistra o valor máis baixo deste
indicador entre todas as comarcas galegas,
cun 17,2% de asalariados de carácter
eventual con respecto a toda a poboación
ocupada.
32 Mercado de traballo 2005
Condicións no traballo
Un dos factores que pode dar conta das
condicións nun posto de traballo é o
relacionado coa sinistralidade laboral. A
Consellería de Traballo subministrou os datos
que tratan sobre esta realidade do mercado de
traballo. O cadro de sinistralidade laboral
mostra o número de accidentes con baixa de
traballo por provincias no ano 2003, así como
a poboación afiliada á Seguridade Social
deste mesmo ano para poder observar de
xeito relativo os accidentes laborais fronte ás
persoas expostas.
O número de accidentes laborais en Galicia no
ano 2003 foi de 46.190, o que supón que case
un 5% da poboación afiliada á Seguridade
Social padeceu algún tipo de accidente na súa
xornada de traballo. Son as provincias da
Coruña e Pontevedra as que acumulan máis
do 80% da poboación afectada, mentres que
Lugo e Ourense acumulan un 18%. Como se
pode comprobar na táboa de sinistralidade
laboral, esta proporción resulta acorde co
número de persoas afiliadas á Seguridade
Social.
En canto á sinistralidade laboral por tipo de
gravidade pódese dicir que practicamente
todos os accidentes de traballo foron leves,
tanto en Galicia como nas provincias. Así, a
porcentaxe de accidentes leves sobre o total
apenas dista 3 puntos porcentuais do 100%
para todos os casos. Os accidentes graves
apenas superan o 2% e os mortais supuxeron
un 0,2%. No entanto, cando se trata da vida
de persoas cómpre observar máis os valores
absolutos que as porcentaxes. Deste xeito, no
ano 2003 morreron en Galicia 94 persoas e
1.006 tiveron un accidente grave no exercicio
da súa actividade laboral. O reto está, polo
tanto, en tomar as medidas precisas para que
estas cifras diminúan o máximo posible.
Sinistralidade laboral. Ano 2003
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia
Total % Total % Total % Total % Total %Accidentes laborais 18.480 40,01 4.394 9,51 3.919 8,48 19.397 41,99 46.190 100
Persoas afiliadas 388.002 40,97 121.483 12,83 101.947 10,76 335.692 35,44 947.124 100
Fonte: Consellería de Traballo. Sinistralidade Laboral Información subministrada directamente polo Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales Accidentes laborais por tipo de gravidade. Ano 2003
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia
Total % Total % Total % Total % Total %Leves 18.044 97,64 4.265 97,06 3.807 97,14 18.974 97,82 45.090 97,62
Graves 398 2,15 113 2,57 105 2,68 390 2,01 1.006 2,18
Mortais 38 0,21 16 0,36 7 0,18 33 0,17 94 0,20
Total 18.480 100 4.394 100 3.919 100 19.397 100 46.190 100
Fonte: Consellería de Traballo. Sinistralidade Laboral
Mercado de traballo. 2005 33
Os datos de sinistralidade laboral segundo o
sector económico presentan as seguintes
características para Galicia no ano 2003:
obsérvase que o sector primario presenta as
taxas máis baixas de accidentes en xornada
de traballo sumando un 6,5% do total e as
taxas máis altas pertencen por orde
ascendente á construción, industria e servizos,
amosando pequenas diferenzas entre elas, xa
que a construción apenas dista 10 puntos
porcentuais con respecto ao sector maioritario.
As provincias amosan un comportamento
similar ao conxunto de Galicia; no entanto
cómpre salientar a de Lugo con respecto ao
sector da agricultura, xa que a porcentaxe de
accidentes en xornada laboral elévase arredor
duns 6 puntos porcentuais por riba da media
galega, cifra ao mesmo tempo razoable se se
ten en conta que é o segundo sector da
provincia con máis persoas afiliadas á
Seguridade Social. Na provincia de Ourense
tamén se eleva esta taxa por riba da media
galega uns 2,5 puntos porcentuais, a pesar
de que o número de afiliados é notablemente
máis baixo que na provincia de Lugo.
Novamente a provincia de Lugo segue sendo
o caso máis clarificador no estudo dos
sectores máis afectados en sinistralidade
laboral. Obsérvase que, tendo o sector da
agricultura case o dobre de poboación afiliada
que os da industria e construción, a
porcentaxe de accidentes laborais é dun 9,2%
respecto do 27,6% e o 23,2% destes últimos,
respectivamente. Este mesmo fenómeno dáse
no sector servizos que, sendo o que acolle en
todos os casos máis da metade da poboación
afiliada á Seguridade Social, a porcentaxe de
accidentes laborais apenas resulta
significativa se se compara coa industria e a
construción.
Sinistralidade laboral por sector de actividade. Ano 2003
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia
A.L. P.A. A.L. P.A. A.L. P.A. A.L. P.A. A.L. P.A.Agricultura e gandería* 2,49 6,29 9,22 20,44 5,49 8,58 1,54 4,07 2,98 7,56
Pesca 3,19 1,81 4,73 1,87 0,00 0,01 4,28 5,61 3,52 2,97
Industria** 29,11 16,21 27,58 12,66 36,26 17,91 35,68 20,32 32,33 17,39
Construción 28,00 13,06 23,19 10,80 24,16 13,64 24,55 12,05 25,77 12,48
Servizos 37,22 62,63 35,28 54,23 34,09 59,87 33,95 57,95 35,40 59,60
Fonte: Consellería de Traballo. Sinistralidade Laboral
Información subministrada directamente polo Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales* Inclúe a caza e a silvicultura** Inclúe o sector da enerxíaA.L. = Accidentes laboraisP.A. = Persoas afiliadas á Seguridade Social
Unidade: porcentaxe
34 Mercado de traballo 2005
O fenómeno anterior obsérvase máis
claramente a través do índice de incidencia.
Este índice permite relacionar os accidentes
co número de persoas expostas incluíndo no
numerador os accidentes en xornada de
traballo con baixa e no denominador a media
anual das persoas traballadoras afiliadas e en
situación de alta laboral (nos réximes que
teñen cuberta a continxencia de accidente de
traballo). Como se pode observar na táboa
sobre o índice, no ano 2003 é o sector da
construción o que presenta o valor máis
elevado, seguido da industria. O valor máis
baixo corresponde ao sector da agricultura
seguido do sector servizos. Na provincia da
Coruña os valores remiten á mesma orde que
o conxunto de Galicia; despunta o sector da
pesca que se eleva 26 puntos por riba da
media galega; igualmente ocorre na provincia
de Lugo. É probable que este efecto veña
explicado máis ben por un baixo número de
persoas afiliadas nesta actividade que por
rexistro elevado de accidentes laborais.
A provincia de Ourense é a que presenta os
índices máis baixos nos sectores da
construción e servizos con respecto ao resto
de provincias. Evidenciado en parágrafos
anteriores, destaca o sector da agricultura
superando a media galega case 7 puntos
porcentuais. A provincia de Pontevedra é a
que presenta valores máis altos do índice de
incidencia para todos os sectores, excepto
para a agricultura.
Como se observa, polo tanto, os sectores da
construción e servizos dobran os índices do
resto de sectores. Esta alta sinistralidade vén
explicada pola singularidade destas
actividades económicas expostas a máis
factores de risco que os outros sectores. Por
exemplo, o sector da construción, segundo os
expertos, vese prexudicado pola dificultade de
aplicar a normativa de prevención de riscos
laborais motivada polos continuos cambios de
centro de traballo, entre outros factores
Índice de incidencia. Ano 2003
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia
Agricultura 19,40 16,71 26,67 22,69 19,93
Pesca 84,49 92,28 0 44,37 58,24
Industria 94,71 90,63 91,99 110,14 100,59
Construción 128,69 106,21 98,76 149,09 130,32
Servizos 37,02 31,98 30,41 44,76 38,44
Total 58,95 44,87 50,87 70,85 60,6
Fonte: Consellería de Traballo. Sinistralidade Laboral
Nota: O Índice de incidencia en totais e leves é por 1.000 e en graves e mortais é por 100.000
Mercado de traballo. 2005 35
Número de accidentes laborais. Ano 2002
Barbanza Barbanza Barbanza Barbanza Barbanza Barbanza Barbanza Barbanza Barbanza
A Coruña A Coruña A Coruña A Coruña A Coruña A Coruña A Coruña A Coruña A Coruña
Ferrol Ferrol Ferrol Ferrol Ferrol Ferrol Ferrol Ferrol Ferrol
Santiago Santiago Santiago Santiago Santiago Santiago Santiago Santiago Santiago Lugo Lugo Lugo Lugo Lugo Lugo Lugo Lugo Lugo
Ourense Ourense Ourense Ourense Ourense Ourense Ourense Ourense Ourense O Morrazo O Morrazo O Morrazo O Morrazo O Morrazo O Morrazo O Morrazo O Morrazo O Morrazo
Pontevedra Pontevedra Pontevedra Pontevedra Pontevedra Pontevedra Pontevedra Pontevedra Pontevedra O Salnés O Salnés O Salnés O Salnés O Salnés O Salnés O Salnés O Salnés O Salnés
Vigo Vigo Vigo Vigo Vigo Vigo Vigo Vigo Vigo
Número de accidenteslaborais
Máis de 3.000Máis de 3.000Máis de 3.000Máis de 3.000Máis de 3.000Máis de 3.000Máis de 3.000Máis de 3.000Máis de 3.000 (2) (2) (2) (2) (2) (2) (2) (2) (2)De 1.000 a 3.000De 1.000 a 3.000De 1.000 a 3.000De 1.000 a 3.000De 1.000 a 3.000De 1.000 a 3.000De 1.000 a 3.000De 1.000 a 3.000De 1.000 a 3.000 (8) (8) (8) (8) (8) (8) (8) (8) (8)De 300 a 1.000De 300 a 1.000De 300 a 1.000De 300 a 1.000De 300 a 1.000De 300 a 1.000De 300 a 1.000De 300 a 1.000De 300 a 1.000 (14) (14) (14) (14) (14) (14) (14) (14) (14)Menos de 300Menos de 300Menos de 300Menos de 300Menos de 300Menos de 300Menos de 300Menos de 300Menos de 300 (29) (29) (29) (29) (29) (29) (29) (29) (29)
Fonte: Consellería de Traballo. Sinistralidade laboral en Galicia
Facendo a análise por comarcas, para o ano
2002 pódese observar que as comarcas das
provincias do Eixo Atlántico son as que teñen
na súa maioría máis de 300 accidentes
laborais, presentándose dous casos extremos:
as comarcas da Coruña e Vigo. Estas cifras
semellan razoables tendo en conta que estas
comarcas aglutinan as dúas cidades máis
poboadas de Galicia e as súas zonas
metropolitanas. Das restantes, son oito as
comarcas que presentan datos elevados de
accidentes laborais: Ferrol, Santiago,
Barbanza, Lugo, Ourense, Pontevedra, O
Morrazo e O Salnés, todas elas nas provincias
atlánticas, agás as comarcas de Lugo e
Ourense nas que se inclúen as
correspondentes capitais das provincias do
interior. Con respecto a estas últimas hai que
dicir que en case todas as súas comarcas a
poboación traballadora sufriu menos de 300
accidentes con baixa en xornada laboral, coa
excepción da zona noroeste da provincia de
Lugo, onde as comarcas da Mariña Central, A
Mariña Occidental e Terra Chá acadaron
valores arredor dos 500 accidentes anuais. Na
provincia de Ourense, cómpre salientar a
comarca do Ribeiro con 583 accidentes
laborais no ano 2002.
36 Mercado de traballo 2005
Evolución da sinistralidade laboral. Anos 1995-2002
BergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosBergantiñosA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA Coruña
OrdesOrdesOrdesOrdesOrdesOrdesOrdesOrdesOrdes
SantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiago
O SarO SarO SarO SarO SarO SarO SarO SarO Sar
Terra de MelideTerra de MelideTerra de MelideTerra de MelideTerra de MelideTerra de MelideTerra de MelideTerra de MelideTerra de Melide
A UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA UlloaA Ulloa
O CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO CarballiñoO Carballiño
DezaDezaDezaDezaDezaDezaDezaDezaDeza
O MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoO MorrazoA ParadantaA ParadantaA ParadantaA ParadantaA ParadantaA ParadantaA ParadantaA ParadantaA Paradanta
O SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO SalnésO Salnés
Porcentaxes de variacióndos accidentes laborais
818181818181818181 a a a a a a a a a 717717717717717717717717717 (12) (12) (12) (12) (12) (12) (12) (12) (12)474747474747474747 a a a a a a a a a 818181818181818181 (14) (14) (14) (14) (14) (14) (14) (14) (14)000000000 a a a a a a a a a 474747474747474747 (19) (19) (19) (19) (19) (19) (19) (19) (19)
-53-53-53-53-53-53-53-53-53 a a a a a a a a a 000000000 (8) (8) (8) (8) (8) (8) (8) (8) (8)
Fonte: Consellería de Traballo. Sinistralidade laboral en Galicia
No mapa pódense observar as porcentaxes de
variación do número de accidentes laborais no
ámbito comarcal no período 1995-2002. Ao
longo do tempo, a sinistralidade laboral segue
unha liña ascendente. O número de
accidentes en xornada de traballo aumentou
na maioría das comarcas de Galicia no
período considerado. Só en 8 comarcas das
53 galegas a sinistralidade laboral neste
período ten signo negativo: Fisterra, A Mariña
Occidental, A Fonsagrada, Terra de Lemos,
Quiroga, Valdeorras, Viana e Verín. Estas
comarcas pertencen ás provincias de Lugo e
Ourense, concentrándose, practicamente, na
zona leste fronteiriza. Se trazamos un eixo
norte-sur que atravese Galicia polo centro, as
comarcas situadas sobre esta liña imaxinaria
son aquelas nas que máis se incrementa o
número de accidentes laborais ao longo
destes sete anos. A Ulloa, Terra de Melide,
Deza, O Carballiño e A Paradanta representan
os territorios centrais onde a porcentaxe de
crecemento de accidentes laborais é a máis
elevada. As outras comarcas coas mesmas
características son as de Bergantiños, A
Coruña, Ordes, Santiago, O Sar, O Salnés e O
Morrazo. A excepción nas provincias
atlánticas vén representada pola comarca de
Fisterra.
Mercado de traballo. 2005 37
Colectivos laborais
O “Directorio de empresas e unidades locais”
é unha actividade estatística que se vén
executando no IGE dende o ano 1999, e na
que se facilita información relevante sobre o
tecido empresarial galego. O directorio recolle
tanto as empresas con sede social en Galicia
como aquelas que teñen sede social fóra de
Galicia, pero que na data de referencia
realizaron algunha actividade económica no
territorio galego. Non obstante, a menos que
se indique o contrario, os datos que se
publican nesta epígrafe no ámbito comarcal e
provincial fan referencia ás empresas con
sede social nalgún concello da Comunidade
Autónoma galega.
Para poder interpretar os datos que aquí se
presentan hai que ter en conta que, por mor
da natureza das fontes primarias utilizadas, no
directorio non se consideran as unidades con
actividade principal nas seccións A
(agricultura, gandería, caza e silvicultura), B
(pesca), C (Administración pública, defensa e
seguridade social obrigatoria), P (actividades
dos fogares) e Q (organismos extraterritoriais)
da Clasificación Nacional de Actividades
Económicas (CNAE-93).
No ano 2003 un total de 179.536 empresas
realizaron algunha actividade económica na
Comunidade Autónoma de Galicia, o que
supón un 2,9% máis que o ano anterior. Por
provincias, os maiores incrementos relativos
no número de empresas producíronse en
Pontevedra cun 3,2%. Para Ourense, no
entanto, este incremento non chegou ao 1,8%.
No ano 2003, do total de empresas con sede
social en Galicia, preto do 95% eran
microempresas, é dicir, empresas con menos
de dez asalariados. Pola contra, esta
porcentaxe é moi inferior (78,4%) nas
empresas con sede social fóra de Galicia que
no período de referencia dos datos realizaron
algunha actividade económica en Galicia.
Ao calcular a ratio de asalariados por empresa
obtense, para aquelas empresas que realizan
algunha actividade económica en Galicia, un
tamaño medio de algo máis de tres
traballadores por empresa. Para as empresas
con sede social en Galicia, esta ratio é de 2,74
asalariados por empresas, mentres que por
provincias estes valores varían entre os dous
asalariados por empresa en Lugo e os 3,1 de
Pontevedra.
Número de empresas por estrato de asalariados. Ano 2003
MicroempresaPequena empresa
Mediana empresa Gran empresa Todos
A Coruña 68.904 3.266 433 49 72.652Lugo 21.721 813 70 1 22.605Ourense 20.764 777 86 10 21.637Pontevedra 55.436 3.113 355 34 58.938Galicia 166.825 7.969 944 94 175.832Fóra de Galicia 2.903 547 196 58 3.704Total 169.728 8.516 1.140 152 179.536Fonte: IGE. Directorio de empresas
38 Mercado de traballo 2005
Número medio de asalariados por empresa. Ano 2003
A CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA Coruña
EumeEumeEumeEumeEumeEumeEumeEumeEume
SantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiagoSantiago
O SarO SarO SarO SarO SarO SarO SarO SarO Sar
ValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorrasValdeorras
VigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigoVigo
Asalariados por empresa
2,9 a 3,9 (6)2,1 a 2,9 (16)1,3 a 2,1 (18)0,4 a 1,3 (13)
Fonte: IGE. Directorio de empresas
No mapa anterior preséntase a distribución
xeográfica por comarcas do número medio de
asalariados por empresa no ano 2003.
Destacan, cun tamaño medio superior aos tres
asalariados por empresa, as comarcas de
Vigo, A Coruña, Santiago, Valdeorras, O Sar e
O Eume, todas elas situadas nas provincias
atlánticas, agás a comarca ourensá de
Valdeorras que destaca pola súa
singularidade.
Unha situación moi distinta é a que se observa
nalgunhas comarcas da provincia de Ourense;
tales como Terra de Caldelas, Viana, Terra de
Trives e a Baixa Limia. Nestas comarcas o
tamaño medio das empresas non chega a un
asalariado por empresa.
Na provincia de Lugo destacan A Mariña
Central, A Mariña Occidental, Lugo e Quiroga,
cun número medio superior a dous
asalariados por empresa.
Mercado de traballo. 2005 39
Sociedades laborais As sociedades laborais nun principio foron
creadas coa finalidade de conseguir novos
métodos de creación de emprego,
fomentando, ao mesmo tempo, a participación
dos traballadores na empresa. Poderán obter
a cualificación de sociedade laboral as
sociedades anónimas ou de responsabilidade
limitada nas que a maioría do capital social
sexa propiedade de traballadores que presten
nelas servizos retribuídos en forma persoal e
directa e nas que a relación laboral sexa por
tempo indefinido, sempre e cando cumpran os
requisitos establecidos na Lei 4/1997, do 24
de marzo. Neste apartado consideraranse as
sociedades laborais rexistradas ata o 31 de
outubro de 2002. Ata esta data rexistráronse
en Galicia un total de 1.538 sociedades
laborais; a maior parte (o 81%) son
sociedades limitadas laborais (SLL). A Coruña
e Pontevedra son as provincias onde se
rexistraron o maior número de sociedades
laborais; de feito entre as dúas suman máis do
70% do total de sociedades rexistradas ata o
31 de outubro de 2002 en Galicia. O total de
socios iniciais de clase laboral (socios
traballadores que teñen unha relación laboral
por tempo indefinido) era en Galicia no
período considerado de 5.210, e é
Pontevedra a provincia onde se rexistraron o
maior número de socios iniciais, tal e como se
pode ver na táboa correspondente.
Centros especiais de emprego Os centros especiais de emprego tentan ser
un medio de integración dos minusválidos ao
mundo laboral. Ata o 31 de outubro de 2002
rexistráronse en Galicia un total de 76 centros
especiais de emprego, que dan traballo a un
total de 764 persoas, 730 dos cales son
minusválidos. Na provincia da Coruña é onde
existen un maior número de centros e tamén
onde se empregan un maior número de
persoas minusválidas. De feito, algo máis do
65% do total de traballadores minusválidos
iniciais tiñan o seu centro de traballo nesta
provincia.
Sociedades laborais rexistradas ata o 31 de outubro de 2002 e socios iniciais
Anónimas Limitadas Total Clase laboral Clase xeralA Coruña 137 455 592 1.827 667Lugo 36 220 256 748 313Ourense 29 171 200 578 191Pontevedra 90 400 490 2.057 552Galicia 292 1.246 1.538 5.210 1.723Fonte: Consellería de Traballo. Directorio de sociedades laborais
Sociedades laborais rexistradas Socios iniciais
Centros especiais de emprego rexistrados ata o 31 de outubro de 2002 e socios iniciais
Minusválidos Non minusválidos TotalA Coruña 46 477 19 496Lugo 8 62 4 66Ourense 6 66 0 66Pontevedra 16 125 11 134Galicia 76 730 34 764Fonte: Consellería de Traballo. Directorio de sociedades laborais
Centros especiais de emprego rexistrados
Número de traballadores iniciais
40 Mercado de traballo 2005
Centros de traballo
Nesta epígrafe o obxectivo é estudar a
localización dos centros de traballo rexistrados
en Galicia. Inclúense os centros de traballo de
nova creación, reinicio de actividade, cambio
de actividade e traslado. Tratarase de modo
separado o sector da construción e o resto de
sectores, dado que unha empresa pertencente
ao sector da construción pode contar cunha
gran cantidade de centros de traballo
temporais, en función das obras que realicen
durante o ano. Para este sector normalmente
o tempo de duración de apertura do centro de
traballo é polo tempo de realización dunha
obra determinada. Este feito provoca que
tanto os datos de centros de traballo
rexistrados, como os de traballadores
ocupados neste sector sexan moi superiores
aos do resto de sectores.
Durante o ano 2003 rexistráronse un total de
14.079 centros de traballo, o que supón un
incremento do 11,7% con respecto ao ano
anterior. Este aumento vén motivado polo
notable incremento dos centros de traballo
rexistrados no sector da construción, que
pasou de 5.180 no ano 2002 a 6.267 en 2003.
No ano 2003 o total de centros de traballo
rexistrados ocuparon a 55.866 persoas, das
cales máis de 40.000 traballaron no sector da
construción. O incremento relativo no número
de traballadores ocupados no total de sectores
foi do 15%; mentres que ao considerar o
sector da construción por separado esta
porcentaxe aumenta ata o 21,8%.
O maior número de centros de traballo
rexístranse nas provincias da Coruña e
Pontevedra, ambas as dúas con valores moi
similares e que se sitúan en torno aos 5.500
centros de traballo para o ano 2003. Pola
contra, o número de traballadores ocupados é
superior na provincia da Coruña; 223.811
fronte aos 17.967 da provincia de Pontevedra.
Para este mesmo ano, en Lugo e Ourense
rexistráronse un número menor de centros de
traballo, aínda que a situación de Lugo é máis
favorable que a de Ourense (tanto no número
de centros de traballo rexistrados, como no de
traballadores ocupados).
Centros de traballo rexistrados e traballadores ocupados
2002 2003 2002 2003 2002 2003 2002 2003A Coruña 5.041 5.562 2.336 2.716 20.961 23.811 14.788 17.396Lugo 1.727 1.930 768 978 8.456 9.767 6.112 7.746Ourense 942 1.013 474 565 4.808 4.321 3.316 3.533Pontevedra 4.895 5.574 1.602 2.008 14.334 17.967 8.641 11.356Galicia 12.605 14.079 5.180 6.267 48.559 55.866 32.857 40.031Fonte: Consellería de Traballo. Directorio de centros de traballo
Centros de traballo rexistrados Traballadores ocupadosTotal Sector da construción Total Sector da construción
Mercado de traballo. 2005 41
Centros de traballo rexistrados. Todos os sectores, agás a construción. Ano 2003
Centros de traballorexistrados
110 a 1.944 (13)40 a 110 (14)20 a 40 (13)1 a 20 (13)
Fonte: Consellería de Traballo. Directorio de centros de traballo
Ao considerar a distribución comarcal do
número de centros de traballo rexistrados en
todos os sectores, agás o da construción,
obsérvase como o maior número de centros
se rexistra nas comarcas das capitais das
provincias, xunto con Santiago, a área de
influencia da comarca da Coruña e toda a
parte occidental da provincia de Pontevedra.
Entre todas estas comarcas sobresaen de
modo moi significativo as de Vigo e A Coruña,
cada unha delas con máis de mil centros de
traballo rexistrados no ano 2003 (exceptuando
o sector da construción). Estas dúas comarcas
suman preto do 43% do total de centros de
traballo rexistrados no total da comunidade
galega no dito ano. No outro extremo
atópanse as comarcas de Terra de Trives,
Terra de Caldelas, Viana, Allariz-Maceda,
Baixa Limia e Meira, onde o número de
centros de traballo rexistrados en todos os
sectores, agás a construción, non chegou aos
dez en cada unha delas.
42 Mercado de traballo 2005
As definicións dos conceptos utilizados pódense ver nas metodoloxías de cada operación incluídas na páxina web Máis información na nosa páxina web: http://www.ige.xunta.es Teléfono de información: 981 54.15.89 FAX: 981 54.13.23 e-mail: [email protected]
Enderezo postal
Instituto Galego de Estatística Complexo Administrativo San Lázaro s/n 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)