Addenda da programación de Orientación
Educativa (terceira avaliación)
ÍNDICE
OBXECTIVOS
ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN
1) APOIO AO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
2) ACCIÓN TITORIAL
3) ORIENTACIÓN ACADÉMICA-PROFESIONAL
ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO
AVALIACIÓN
ANEXO I: ADDENDA PROGRAMACIÓN ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA
TERAPÉUTICA
ANEXO II: ADDENDA PROGRAMACIÓN ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E
LINGUAXE
CURSO 2019-2020
As instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación educativa para o desenvolvemento do
terceiro trimestre do curso académico 2019/2020, nos centros docentes da
Comunidade Autónoma de Galicia, que forman parte da xestión do proceso de
ensino-aprendizaxe derivadas da situación de crise sanitaria provocada polo
COVID-19, obrigan a axustar a programación do curso á realidade que estamos
a vivir de confinamento.
Por elo presentamos as seguintes modificacións á programación establecida
para curso 2019-2020.
Obxectivos
Establécense os seguintes obxectivos para este trimestre:
Referidos ao alumnado:
• Identificar e atender as necesidades educativas do alumnado
• Facer o seguimento de alumnado con MAD
• Coidar do estado emocional do alumnado durante o confinamento
• Establecer estratexias de organización do estudo
• Ofrecer orientación académico-profesional, sobre todo nos cursos que finalizan
etapas educativas
• Informar das novidades con respecto ao sistema educativo que vaian xurdindo
Referidos ao centro e equipo docente:
• Organizar a atención ao alumnado con dificultades de aprendizaxe
• Colaborar e asesorar na realización e seguimento de MAD.
• Asesoramento na labor titorial.
Referido ás familias:
• Asesorar na orientación vocacional dos/as fillos/as.
• Ofrecer información sobre o sistema educativo, residencias, becas e axudas ao
estudo, etc.
• Ofrecer pautas de actuación que melloren a comunicación e convivencia familiar
durante o confinamento.
Referidos a outras institucións:
• Coordinar as accións orientadoras co CEIP “Manuel Respino” e o CEIP de O
Bolo.
Estratexias de intervención
A intervención do departamento de orientación xira en torno a 3 eixes principais o
proceso de ensino-aprendizaxe, a acción titorial e a orientación profesional.
1) Apoio ao proceso de ensinanza-aprendizaxe
OBXECTIVOS:
• Coñecer a situación curricular do alumnado.
• Axustar a resposta educativa ás necesidades detectadas.
• Asesorar e colaborar co profesorado na atención á diversidade.
ACTUACIÓNS PRIORITARIAS:
Có equipo docente:
• Organizar a atención á diversidade cos especialistas en PT, AL e profesorado
de aula.
• Coordinar cos/as titores/as do alumnado con NEAE a atención e seguimento.
• Asesoramento e colaboración no desenvolvemento das MAD.
• Continuar, na medida do posible, coa execución dos Plans Proxecta “Clases sen
fume” e “Por 365 sen violencia de xénero e igualdade”.
Có alumnado:
• Presentación, a través da páxina web do IES, ao alumnado procedente dos CEIP
adscritos (“Manuel Respino” e O Bolo) as características do IES e da nova etapa
que está por comezar
• Detección de necesidades educativas
• Apoio, por parte do profesorado, a alumnado con dificultades de aprendizaxe e
necesidades educativas especiais.
• Revisión e seguimento de alumnado con MAD.
• Propostas de actuacións que fomenten o coidado emocional durante o
confinamento
Coas familias:
• Asesoramento sobre o papel da familia no proceso de ensino-aprendizaxe.
• Asesoramento para a mellora da convivencia no fogar
RECURSOS
• Recursos persoais: profesorado de apoio, titores/as, profesores de área
• Recursos materiais: material práctico para traballar, páxinas web, material
especializado...
• Recursos organizativos: Reunión semanal do Departamento de Orientación,
reunión semanal do orientador cos titores/as e seguimento diario do alumnado
con NEAE,s.
2) Acción titorial
A acción titorial neste trimestre convértese en elemento fundamental para levar a cabo
unhas intervencións educativas que se desenvolven de maneira radicalmente distinta
pero que seguen a perseguir a formación integral da persoa, entendendo a aprendizaxe
como un proceso de construción persoal, e que pretenden dar resposta á diversidade
existente no alumnado.
OBXECTIVOS
Centrarémonos principalmente nos seguintes:
1. Favorecer o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado a través das titorías e
das coordinacións entre o equipo educativo, os titores, a xefatura de estudos e
o departamento de orientación.
2. Apoiar ao alumnado no mantemento dun grao de autoestima e motivación altos
para rematar con éxito o que queda de curso
3. Equipar convenientemente ao alumnado coas estratexias técnicas e hábitos
axeitados para acadar con éxito as tarefas demandadas para este trimestre
4. Facilitar a reflexión dos alumnos/as sobre os seus propios procesos de
aprendizaxe.
5. Potenciar a autoorientación para facilitar a toma de decisións do alumnado tanto
a nivel de optatividade como de que facer ao finalizar a ESO/Bacharelato.
6. Colaborar coas familias para contribuír a esa toma de decisións que o alumno/a
debe asumir ao rematar o curso.
7. Solicitarlles a súa colaboración nas actividades de reforzo e apoio escolar que
sexan necesarias para os seus fillos/as.
8. Asesorar as familias na mellora da convivencia cós fillos/as nesta época de
confinamento.
ACTIVIDADES
Dentro das actividades que tiñamos planeadas adaptaremos as fundamentais para esta
avaliación que serán:
Actividades có alumnado:
- Entrega aos titores (a través do correo electrónico) de actividades axeitadas que
axuden a desenvolver o traballo a realizar este trimestre, a mellor forma de
organizarse e motivarse para rematar con éxito o curso
- Atención individualizada en casos concretos.
Actividades có profesorado:
- Contacto semanal da orientadora cos/as titores/as dos diferentes grupos para
intercambiar información sobre a evolución dos grupos, alumnos/as con
dificultades de aprendizaxe, seguimento do resto…
- Seguimento cos titores/as dos diferentes grupos, das actividades que se están
a desenvolver cós alumnos/as segundo as necesidades detectadas.
- Asesorar na atención ás dificultades que poidan xurdir a nivel de grupos ou na
atención a casos concretos.
Actividades coas familias:
- Contacto individual a través do teléfono ou correo electrónico para intercambiar
información ou asesorar sobre a marcha educativa dos fillos/as.
- Asesoramento ás familias a través da páxina web do IES para facilitar
información sobre organización do estudo e da actividade diaria durante o
encerro.
BLOQUES DE CONTIDOS:
3º Trimestre
1º DA E.S.O.
- Organización do estudo durante o confinamento
- Actividades dentro do Plan Proxecta “Clases sen fume”
- Sesión de avaliación: aspectos burocráticos por parte do titor/a, asesoramento na
elaboración do consello orientador, informes finais, comunicación dos resultados ós
pais/nais,
2º DA E.S.O
- Organización do estudo durante o confinamento
- O proceso de toma de decisións: fases do proceso e actividades sinxelas de toma de
decisións mediante a realización de casos prácticos (POAP).
- Orientación académica: 3º ESO opcionalidade e implicacións futuras
- Sesión de avaliación: aspectos burocráticos por parte do titor/a, asesoramento na
elaboración do consello orientador, informes finais, comunicación dos resultados ós
pais/nais,
3º DA E.S.O
- Organización do estudo durante o confinamento
- Explicación do sistema educativo. (POAP)
- O proceso de toma de decisións: fases do proceso
- Orientación académica e profesional: Implicacións das eleccións de 4º da ESO
(LOMCE)
- Sesión de avaliación: aspectos burocráticos por parte do titor/a, asesoramento na
elaboración do consello orientador, informes finais, comunicación dos resultados ós
pais/nais,
4º DA E.S.O
- Organización do estudo durante o confinamento
- Información sobre as distintas posibilidades ó rematar a E.S.O.
- A demanda profesional: introdución de técnicas de busca de emprego (como realizar un
C.V., unha carta de presentación, como enfrontarse a unha entrevista de traballo,
resposta a anuncios,…)
- Información de interese para a toma de decisións finais ó rematar a etapa.
- Sesión de avaliación: aspectos burocráticos por parte do titor/a, asesoramento na
elaboración do consello orientador, informes finais, comunicación dos resultados ós
pais/nais,
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA
- Organización do estudo durante o confinamento
- Técnicas de busca de emprego, elaboración do currículum
- Sesión de avaliación: aspectos burocráticos por parte do titor/a, asesoramento na
elaboración do consello orientador, informes finais, comunicación dos resultados ós
pais/nais,
BACHARELATO
- Organización do estudo durante o confinamento
- Información ó alumnado sobre temas de interese: convocatoria de becas, probas de
acceso á universidade, o ingreso na universidade, os ciclos formativos de grao
superior,…
- Información individualizada ás familias por parte do titor/a ou orientadora cando o
demanden.
- Asesoramento individualizado ó alumnado que o necesite ou o solicite.
RECURSOS
Os recursos que poderían ser necesarios para o deseño e desenvolvemento do PAT
son:
Recursos persoais: Departamento de Orientación, titores/as, CCP, Claustro, institucións
do entorno…
Recursos materiais: material práctico para traballar, páxinas web…
Recursos organizativos: Reunión semanal do Departamento de Orientación, reunión
semanal do orientador cos titores/as, contacto telefónico e por correo electrónico có
resto do profesorado que así o demande
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
A avaliación será continua e final.
- Os titores farán unha valoración do traballo desenvolvido unha vez rematado: a través
da resposta dos alumnos/as valorarán a motivación do alumnado, o grao de
participación, o material empregado, a temporalización...
- Se realizará unha enquisa a todo o alumnado/a para valorar o grao de satisfación con
respecto as actividades propostas ó longo do curso, os recursos empregados e
porpostas de mellora
En base aos resultados se elaborarán as propostas de mellora coa finalidade de
modificar aqueles aspectos que influirían na efectividade do plan.
3) Orientación académica-profesional
OBXECTIVOS
- Axudar ao alumnado no seu proceso de autoorientación e toma de decisións
sobre estudios superiores.
- Desenvolver estratexias de busca de información sobre o sistema educativo e
mundo laboral.
- Aprender a tomar decisións sobre a elección de materias e estudos
postobrigatorios.
- Facilitar información sobre as novidades do Espazo Europeo de Educación
Superior e residencias, becas, etc.
ACTUACIÓNS PRIORITARIAS
Algunhas das nosas actuacións serán:
Cós titores:
- Asesoramento aos titores en aspectos como o autocoñecemento dos alumnos,
adestramento para a toma de decisións, principios metodolóxicos en que se
basear, deseño de actividades, principios da avaliación, detección das
necesidades…
- Apoio informativo aos titores sobre opcións académicas e laborais e sobre as
diferentes medidas de atención á diversidade e a personalización da educación.
- Proporcionar recursos para desenvolver as diferentes actividades.
- Colaboración cós equipos educativos para a elaboración do consello orientador
Có Alumnado
- Información sobre itinerarios na ESO ciclos formativos de grao medio e superior,
o bacharelato, a universidade, etc.
- Asesoramento individualizado en casos de maior incertidume.
- Elaboración e difusión de documentos para o alumnado sobre a E.S.O.
- Informar sobre as distintas posibilidades que oferta o sistema educativo
Coas Familias
- Asesoramento individualizado.
- Información a través da páxina web do IES no apartado de orientación sobre
saídas académicas e profesioanis ao rematar etapas educativas, cómo axudar
ao fillos a tomar decisión relacionadas có seu futuro profesioanl, vías de acceso
á universidade, becas…
RECURSOS
Recursos persoais: Departamento de Orientación, titores/as, xefatura de estudos...
Recursos materiais: cuestionarios, presentacións (na páxina web do IES) informativas
de diferentes estudos e saídas académicas, información de becas, material interactivo...
Recursos organizativos: Reunión semanal do Departamento de Orientación, reunión
semanal do orientador cos titores/as e seguimento do alumnado
Organización e funcionamento
Có Alumnado
Atención individualizada a través de teléfono ou correo electrónico, videoconferencia na
atención a grupos e asesoramento a través da páxina web do IES, no apartado de
orientación.
Có Profesorado
• Titores:
Contacto semanal a través do teléfono ou correo electrónico para levar a cabo o
seguimento do alumno das correspondentes titorías coa seguinte distribución:
Luns: Seguimento 1º ESO
Martes: Seguimento 2º ESO
Mércores: Seguimento 3º ESO
Xoves: Seguimento 4º de ESO e Formación profesional básica
Venres: 1º e 2º de bacharelato
• Departamento de orientación:
Reunión todos os mércores a través de videochamada e contacto diario para realizar
asesoramento e atención ao alumno con necesidade específica de apoio educativo.
• Có resto do profesorado:
Asesoramento nos momentos en que éste o demande a través do teléfono móbil e
correo electrónico.
• Coas Familias
- Contacto directo a través do teléfono coas familias do alumnado con necesidade
específica de apoio educativo para atender as necesidades que vaian xurdindo.
- Asesoramento a través da páxina web do IES, no apartado de orientación sobre
orientación académica e profesional e convivencia e coidado emocional de todos
os membros da familia.
Avaliación
- Obxectivos da avaliación:
O Plan de Orientación someterase a un proceso continuo de avaliación
formativa. Estas actividades irán encamiñadas a mellorar os deseños da
intervención orientadora e psicopedagóxica para corrixilos ou adaptalos de cara
a conseguir unha maior eficacia.
- Criterios de avaliación:
1. Grao de consecución dos obxectivos propostos
2. Grao de adecuación das actividades realizadas
3. Grao de adecuación dos recursos utilizados
4. Grao de satisfacción dos implicados
5. Grao de participación e implicación do todos os axentes educativos
- Momentos da avaliación:
Neste terceiro trimestre a a avaliación será continua e final.
- Continua: Valorando e axustando as actuacións en funcións dos resultados
observados.
- Avaliación final: realizarase ó final de curso e os resultados serán incluídos na
memoria final do departamento. Esta avaliación servirá de base para manter no
vindeiro curso algún aspecto do plan, así como modificar aqueles que se
consideren precisos.
A Orientadora
Asdo: Noah Rodríguez Rodríguez
CURSO 2019/2020
ANEXO I: ADDENDA
Programación didáctica de
PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
JULIA TRINCADO VICENTE
INDICE
1 LEXISLACIÓN
2 PLANIFICACIÓN DO TRABALLO DO ALUMNADO CON NEAE
3 OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
4 METODOLOXÍA
5 RECURSOS
6 INTERVENCIÓN EDUCATIVA CO ALUMNADO CON NEAE
7 TEMPORALIZACIÓN
8 AVALIACIÓN
1. LEXISLACIÓN
No Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, publicado no BOE número 67, do 14 de
marzo, declarouse o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria
ocasionada polo COVID-19 e, a súa aplicación, de conformidade co previsto na
lexislación, significou entre outras moitas medidas, o confinamento da poboación e a
suspensión das clases presenciais en todas as etapas do sistema educativo de España.
Na Orde EFP/2020 de 22 de abril pola que se establece o marco e as directrices de
actuación para o terceiro trimestre do curso 2019/2020
As instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do
curso académico 2019/2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de
Galicia.
A consecuencia que esta situación ten no proceso de ensino aprendizaxe considérase
necesario realizar modificacións a programación neste terceiro trimestre.
2. PLANIFICACIÓN DO TRABALLO DO ALUMNADO CON NEAE
As actividades a levar a cabo nesta terceira avaliación, en relación a atención a
diversidade concrétanse nos seguintes apartados:
CO ALUMNADO
Atención lectiva non presencial co alumnado con necesidades educativas: contacto
vía telefónica, a través do correo electrónico, a páxina web do centro e outras
administracións públicas para o desenvolvemento das súas actividades e permitir
que este alumnado obteña o mellor aproveitamento nesta situación extrema e
excepcional que estamos vivindo.
CO PROFESORADO
Coordinar e colaborar cos titores e titoras para a comunicación e a conectividade do
alumnado con NEAE.
Coordinar e colaborar cos profesores e profesoras de área para o seguimento das
tarefas do alumnado con NEAE.
Participar xunto cos profesores e profesoras nas sesións de avaliación e na
elaboración de informes.
COS PAIS
Orientar e asesorar ós pais dos alumnos con necesidades para a súa participación
e colaboración na educación do seu fillo/a, especialmente nesta situación extrema
que estamos vivindo.
RESPOSTA EDUCATIVA
A profesora de Pedagoxía Terapeútica atende telematicamente de forma
individualizada ou en pequeno grupo a estes alumnos.
3. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Fomentar o desenvolvemento normalizado e integral do alumnado con
necesidade específica no ámbito educativo e afectivo proporcionándolle
unha axuda que lle permita superar as súas dificultades de forma
telemática.
- Establecer unha boa coordinación cos titores, titoras e demais
profesorado implicado, para unha continuidade do proceso ensinanza
aprendizaxe, especialmente na conectividade e seguimento das tarefas
do alumnado con NEAE
- Implicar aos pais no proceso educativo de seus fillos/as, concienciándoos
da importancia da súa colaboración.
- Desenvolver a competencia matemática e dixital.
- Potenciar a autonomía persoal e desenvolver a autoestima, o afán de
superación e a capacidade de adaptación a novos retos, de acordo cos
intereses e coas aptitudes persoais durante o confinamento.
4. METODOLOXÍA
Dende o inicio da situación da crise sanitaria provocada polo coronavirus (COVID-
19) en Galicia seguimos desenrolando a nosa actividade educativa adaptándonos a
nova realidade e tendo en conta as distintas situación que vive o noso alumnado, o
que supuxo un cambio importante na metodoloxía.
A actividade lectiva non presencial nesta terceira avaliación será mediante repaso,
reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándonos na adquisición das
competencias clave para consolidar os aprendizaxes anteriores.
Atención individualizada ao alumnado por vía telemática.
Na planificación das tarefas para o alumnado NEAE: detállanse as actividades diarias
que corresponden a cada sesión, dándolle unhas instrucións pedagóxicas,
fomentando as rutinas de traballo e mantendo o hábito de estudo no alumnado.
5. RECURSOS
Os recursos utilizaranse en función das necesidades educativas do alumnado.
Nesta terceira avaliación emprégase: material impreso, teléfono móbil, correo
electrónico, páxina web do centro e outras administracións públicas.
6. INTERVENCIÓN EDUCATIVA CON ALUMNADO CON NEAE
A intervención vaise dirixir fundamentalmente a mellorar as dificultades de aprendizaxe
nas distintas áreas, adquirir habilidades, destrezas e actitudes para mellorar o traballo,
así como propiciar o desenvolvemento da personalidade do alumnado durante o
confinamento.
A estes alumnos ofréceselle a axuda necesaria para que poidan acadar os obxectivos
do seu curso, esta axuda concrétase nunha recuperación, repaso e reforzo educativo
referido fundamentalmente na área de Matemáticas.
Fomentarase en todo momento a adquisición de hábitos e a autonomía persoal deste
alumnado especialmente nesta situación extrema e excepcional.
7. TEMPORALIZACIÓN
O traballo con este alumnado neste terceiro trimestre levarase a cabo mediante un
seguimento diario, envío de traballo semanal, marcando un prazo de entrega e
recepción de tarefas, resolución de dubidas e canle de distribución e un informe
quincenal de seguimento.
As características deste alumnado fai que permanentemente sexa necesario adaptar a
resposta educativa segundo a súa evolución e necesidades.
8. AVALIACIÓN
A avaliación refírese en primeiro lugar a intervención con estes alumnos, será unha
avaliación continua de todo o proceso educativo. As actividades de avaliación irán
encamiñadas a:
a. Valorar en que medida se logren os obxectivos propostos.
b. Mellorar os deseños de intervención docente para corrixir e adaptar os
aspectos que se consideren necesarios de cara a conseguir unha maior
eficacia.
c. Participación e coordinación de todos os profesionais implicados na
recuperación deste alumnado.
En canto a avaliación, teranse en conta os criterios de avaliación establecidos para
alumnado NEAE, seguindo en cada caso as medidas de atención a diversidade
adoptadas: adaptación curricular e apoio educativo.
Aínda que son os profesores da materia os responsables de avaliar a este alumnado,
e indispensable a coordinación ca especialista de PT para favorecer o grao de
consecución dos obxectivos propostos e modificar a intervención docente para adaptar
aqueles aspectos que se consideren necesarios de cara a conseguir unha maior
eficacia.
Mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica
Asdo.: Julia Trincado Vicente
ANEXO II: ADDENDA PROGRAMACIÓN AUDICIÓN E
LINGUAXE
ÍNDICE
OBXECTIVOS
- XERAIS
- ESPECÍFICOS
PROGRAMA XERAL DE INTERVENCIÓN
RECURSOS
TEMPORALIZACIÓN
METODOLOXÍA
AVALIACIÓN
TERCEIRA AVALIACIÓN:
• Realizar actividades de repaso e reforzo educativo nas materias de Lingua
Galega e Lingua Castelá.
• Favorecer pautas de actuación comúns nas áreas nas que os alumnos/as
precisen apoio e observar e avaliar o seu progreso.
• Realizar intervencións directas de apoio co alumnado.
• Realizar as coordinacións oportunas co orientador/a, titores, profesores de
apoio, profesores de área, etc. para o seguimento e avaliación dos alumnos/as, así
como para informar e dar pautas ás familias.
• Comprender e producir textos en formato variado dos ámbitos persoal,
social, cultural e profesional co vocabulario apropiado para a finalidade pretendida.
• Usar a lingua para representar, buscar, transformar e procesar a
información, aproveitando os medios de comunicación e as novas tecnoloxías.
• Abordar a reeducación e rehabilitación da linguaxe incidindo na interacción
das súas dimensións básicas, especificamente na: semántica, morfosintaxe e
pragmática.
A intervención estará relacionada con actividades de refuerzo do contido traballado
na primeira e segunda avaliación, concretamente no que se refire nas seguintes
áreas:
ÁREA MORFO-SINTÁCTICA: Morfoloxía e sintaxe.
ÁREA LÉXICO-SEMÁNTICA: Vocabulario e comprensión.
ÁREA PRAGMÁTICA: Funcións da linguaxe: petición, emotiva ou persoal,
representativa ou informativa… a conversa, a linguaxe afectivo- social.
OBXECTIVOS XERAIS
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
PROGRAMA XERAL DE INTERVENCIÓN
LECTOESCRITURA: Lectura e comprensión. Expresión escrita.
As actividades serán o máis variadas posibles, motivantes e amenas que lle faciliten
o/a alumno/a o proceso de E/A.
• PERSOAIS: Mestres de apoio, familias, profesores de área e titores de cada
grupo.
• MATERIAIS: Ordenador, correo electrónico, Watshapp, aplicacións
informáticas, teléfono móbil, fichas de traballo impreso e dixital da área lingüística,
etc.
• ORGANIZATIVOS: A coordinación cos titores/as e demais especialistas
realizarase de forma continua. Contacto semanal co profesorado implicado.
Reunión semanal co Departamento de Orientación e contacto telefónico diario.
Este terceiro trimestre levarase a cabo mediante envío de traballo semanal e as
explicacións e o seguimento do mesmo, farase de forma diaria a través de
diferentes canles (correo electrónico, chamadas telefónicas, WhatshApp, etc.).
Como medida de apoio nas diferentes materias levarase a cabo o seguimento
das clases e das explicacións, organización do material necesario para realizar
as tarefas e planificación das mesmas.
A atención do alumnado será individualizada e o seguimento do traballo será
diario. Partirase dos contidos traballados na primeira e segunda avaliación para
reforzalos no terceiro trimestre. Procuraremos eloxiar os seus logros e
aproximacións, así como que o neno/a estea nun ambiente de confianza e
benestar.
RECURSOS
TEMPORALIZACIÓN
METODOLOXÍA
A coordinación co Departamento Orientación, cós titores/as, profesores de área e
familias realizarase de forma continua.
Terá como finalidade coñecer as dificultades que inflúan no desenvolvemento e
aprendizaxe a nivel xeral. Será o instrumento necesario que nos informará
puntualmente dos progresos e fracasos. En base a ela, elaborarase a mellor
proposta de atención de intervención individual en apoio ou reforzo educativo.
Aínda que son os profesores das materias os responsables de avaliar este
alumnado, é indispensable a coordinación coas especialistas de PT e AL para
valorar en que medida logran os obxectivos propostos e modificar a intervención
docente para adoptar aqueles que se consideren necesarios de cara a conseguir
unha maior eficacia.
Realizarase un informe final onde recolleranse os obxectivos acadados polo
alumno, así como as conclusións e análise do apoio que recibiu o/a alumno/a.
Ese informe final, permitirá establece-lo punto de partida, no vindeiro curso.
Mestra especialista en Audición e Linguaxe:
Asdo. Tania Vázquez Gallego
AVALIACIÓN