non a violencia de xénero

12

Upload: anlly14

Post on 03-Jul-2015

48 views

Category:

Education


3 download

DESCRIPTION

Información sobre a violencia de xénero en galego.

TRANSCRIPT

Page 1: Non a violencia de xénero
Page 2: Non a violencia de xénero

• É unha vítima da violencia de xénero calquera muller

que é obxecto de calquer acto de violencia física e

psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade

sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación

arbitraria de liberdade, exercido sobre ela por parte

de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou de quen

estea ou estivese ligado a ela por relacións similaresde afectividade, aínda sen convivencia.

QUEN É UNHA VÍTIMA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Page 3: Non a violencia de xénero

Utiliza a violencia co fin de doblear a vontade da vítima.

Non é un enfermo mental.

Ten actitudes sexistas e crenzas estereotipadas das mulleres.

Impón o illamento social do seu ámbito familiar para romper a independencia e autoestima da súa parella.

Non asume a responsabilidade dos seus actos violentos ninconsidera o problema como propio.

Ten unha gran capacidade de persuasión.

Page 4: Non a violencia de xénero

• Usa todo tipo de estratexias para lograr un único fin: que a muller non se afaste ou que regrese.

• Atribúe o problema á propia conduta da vítima, á familia, o traballo, a situación económica, etc.

• Representa unha imaxe social oposta á que ten en privado.• Fóra de casa adoita ser sedutor, educado, amable, solidario,

atento, respectuoso,...• Unha das súas estratexias é a de convencer a muller de que

non pode vivir sen el, cando realmentes é el quen dependedela.

• Manipula a compañeira exercendo o control sobre os bens materiais.

• Utiliza as visitas aos fillos para achegarse á súa vítima e seguir maltratándoa.

• Manipula e engana psicólogos co seu xogo de dobrefachada.

• Sempre pide unha segunda oportunidade.• Pode ter antecedentes de violencia na súa familia de orixe.• Sempre repetirá esta conduta nas relacións sucesivas con

outras mulleres.

Page 5: Non a violencia de xénero
Page 6: Non a violencia de xénero

É o teléfono 016, para denunciar os malos tratos? Bos días. O meu empezouantes de que eu nacese, pois o meu pai foi o párroco de Padrón, que se aproveitou da miña nai facéndoa desgraciada para toda a vida. Sendoadolescente empecei a sentir o desprezo dos demais por ser filla de solteira e filla do cura; e descubrín a dura realidade da sociedade machistana que me tocara vivir. Quixen canalizar a miña melancolía en actividadesartísticas e culturais, pero fun discriminada: aquilo levoume á soidade e á tristura, e empezaron a chamarme "a tola". Non podía resignarme a aquelmundo feudal onde os homes só permitían ás mulleres ser submisosesposas, condenándoas a permanecer sempre no fogar e a mercé da vontade do marido. Por iso, cando cumprín 19 anos decidín loitar contra o destino e escapei a Madrid coa miña tía e unha cuñada. Quixen formarme e converterme en escritora: pero tamén sufrín o rexeitamento dos círculosculturais restrinxidos aos varóns. E no meu desespero pasoume o quexurara que non me acontecería nunca: perdín a cabeza ante os afagos dun crítico literario, tamén galego, que me deixou embarazada. Tras moitosesforzos e presións conseguín que casase comigo, porque non estaba

Page 7: Non a violencia de xénero

disposta a seguir viva sufrindo o calvario que tivo que pasar a miña nai, nin a que o fillo que levaba nas miñas entrañas sufrise o mesmo ca min: pero Manuel, que así se chamaba a persoa que se converteu no meuesposo, non accedeu a que a miña nai viñese á voda, nin a volver a Galicia ata despois do enlace, onde xa naceu a miña filla.

A miña vida co meu marido foi un continuo sufrimento: como deixeiescrito, sempre lle tiven máis respecto que amor. Manuel pasaba longastempadas fóra de casa, e por pudor e decencia evitamos quetranscendesen as súas infidelidades. Como historiador e escritorconverteuse en líder intelectual do chamado Rexurdimento, e utilizoumepara os seus fins políticos: rouboume unhas poesías que eu escribira para desafogarme, e publicounas en Vigo sen o meu permiso: iso foi o ano 63, fai agora século e medio. En vista do éxito, usoume como referente do seumovemento galleguista, e esixiume escribir máis. Acompañeino unhatempada a Madrid, onde os meus escritos me proporcionaron un poucode diñeiro. Pero por ser muller non me pagaban moito nin ben, e ás vecesnin o facían: o propio Bécquer morreu en decembro de 1870 sen pagarmeo acordado por un artigo que lle enviara para a Ilustración Española. Regresamos a Galicia e seguín escribindo, aínda que o meu costume de dicir as cousas claras me ocasionou problemas: un día un grupo de 200 seminaristas de Lugo apedraron a imprenta que publicaba o Almanaque

Page 8: Non a violencia de xénero

de Galicia por aceptar unha colaboración miña na que criticaba a hipocrisía dalgúns relixiosos. Quixeron amedrentarme, pero non me asustei e seguín escribindo. A miña fama ía crecendo; pero os amigos do meu marido empezaron a criticarme, dicindo que todo o bo que eupublicaba mo escribía o: non concibían que unha muller puidesedesenvolver unha actividade intelectual. E un día que publiquei Nelimparcial de Madrid un artigo relatando o inaceptable e machistacostume chamado "prostitución hospitalaria", que aínda perdurabaentón nalgúns lugares da costa galega, e que consiste en que os homes ofrecían aos mariñeiros que acollían nas súas casas o regalo de pasar a noite mantendo trato carnal cos seus esposas ou fillas, aqueles"rexionalistas" lanzáronse contra o meu dicindo que eu queríadesprestixiar a Galicia difundindo mentiras. Indigneime, pero non puidenfacer nada contra eles, porque non tiven o apoio de Manuel nin de ninguén.

Cando se produciu o meu falecemento, o meu marido destruíu algunhasdas miñas cartas, e varios artigos e obras que eu conservara para que se publicasen, como a historia do meu avó José Castro. Mesmo despois de morta seguín sufrindo agravios daqueles homes, que manipularon a miñamemoria e modificaron partes das miñas obras (borrando parágrafosfeministas, ou críticas á Universidade de Compostela); tamén se afeccionaron a cambiar a ortografía das obras que escribín en galego, para publicalas nun galego oficial e frío que non era o que se falaba antes

Page 9: Non a violencia de xénero

nin agora: xa non son as miñas palabras senón as súas. E comocolofón, sufrín o infamante secuestro do meu corpo: porque eufora enterrada no cemiterio de Iria, en Padrón, onde pediraexpresamente descansar para sempre; pero seis anos despois do meu óbito aquel grupo de rexionalistas, co meu marido á fronte, perpetraron a exhumación e trasladáronme a un mausoleo quefixeran para min en Santiago, converténdome contra a miñavontade en musa e obxecto de culto da súa ideoloxía, a pesar de que eu renegara deles e deixara de escribir en galego comoresposta á súa xenreira. Remata aquí a miña denuncia. Grazas poratenderme. Só lles prego que fagan o posible para que devolvan osmeus restos mortais ao meu querido cemiterio de Padrón. Querodescansar en paz, sen que os homes me impoñan a súa vontade! Querover o mar! Son Rosalía Castro de Murguía: por favor: axúdenme!

Page 10: Non a violencia de xénero
Page 11: Non a violencia de xénero
Page 12: Non a violencia de xénero