cultura popular e imaxinario social en galicia

13
Cultura popular e imaxinario social en Galicia Isidro Dubert UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA publicacións

Upload: usc-es

Post on 11-Dec-2023

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Cultura popular e imaxinariosocial en Galicia

Isidro Dubert

U N I V E R S I D A D EDE SANTIAGO

DE COMPOSTELA

publicacións

Isidro Dubert

Cultura popular e imaxinariosocial en Galicia,

1480-1900

2007UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA

ÍNDICE

INTRODUCION. Do ensaio histórico aos "ensaios" históricos 9

CAPÍTULO 1. Sobre a cultura popular, a lingua e o imaxinariosocial 19

1. Acerca da cultura popular 192. Lingua, cultura popular e historia 263. Os imaxinarios sociais na Historia 37

CAPÍTULO 2. A cultura popular na Galicia rural do AntigoRéxime 41

1. A negación da cultura popular ñas fontes 422. O papel do mediador e as características da cultura

popular 463. A cultura popular en Galicia: ofensivas e resistencias, 1480-

1860 564. A modo de breve recapitulación 87

CAPÍTULO 3. A morte na dominación da cultura popular .. 891. O contexto histórico da morte 892. A presenza da morte na sociedade galega 943. A preocupación eclesial pola sociabilidade popular arredor

da morte 1024. A morte na domesticación da cultura popular 113

CAPÍTULO 4. A cultura popular na tradición literaria oral 1311. As relacións entre Historia e Antropoloxía 1312. Tempo e espazo na tradición literaria oral galega 1383. Bases para o estudio histórico da tradición literaria oral

galega 157

CAPÍTULO 5. Símbolo, imaxinario e identidade local no mundourbano durante o Antigo Rexime 165

1. O mito imaxinado, o imaxinario do mito 1672. Función e transcendencia do imaxinario, 1589-1910 1703. Breve recapitulación 186

BIBLIOGRAFÍA . 189

INTRODUCIÓN

DO ENSAIO HISTÓRICO AOS"ENSAIOS" HISTÓRICOS

Durante o outono-inverno de 1930, Otero Pedrayo proseguía co seuparticular empeño en recupera-la palabra e a memoria do pobo galego.Para iso non dubidou nesa ocasión en acudir a unha das variantes doensaio. e así, en 1932 safa a luz o coñecido Ensaio histórico sobre acultura galega. A elección deste xénero constitúe un máis dos moitostrazos de modernidade literaria dun autor que por aquel entón trataba deponer remedio ao lamentable estado de prostración no que se atopaba aliteratura galega da época. Nestas condicións, hai que recoñecer que oseu emprego en Galicia era novedoso e orixinal, cousa que non sucedíano marco da literatura europea do momento. Autores tan diferentes comoG. Lukács. E. Jünger. J. Ortega e Gasset ou W. Benjamín, acudirán ael para amosar como a imaxe do home que reflectía a Modernidade eraparcial e fragmentaria. De feito, foi Robert Musil quen afirmou nun dosseus libros máis coñecidos. que o home contemporáneo era un "homesen atributos".

O ensaio serviulles pois a todos eles para expresaren dunha maneiraalegórica ou simbólica a virtualidade do evanescente. Noutras palabras, asúa plasticidade permitiulles plasma-la esencia da Modernidade, ou o que éo mesmo, o eterno do transitorio. Pero para poder chegar a isto, o ensaístatina que posuír unha particular e especial capacidade de percepción darealidade cultural da época ou, tal e como tina afirmado Nietzsche no seudía, ser un "animal enfermo", capaz polo tanto de atusmar no ambiente

10

as claves agochadas do cotián. E un dos xeitos de chegar a facelo era ode procurar manter unha certa distancia fronte ao tema ensaiado.

Ese necesario "estrañamento" foi conseguido por moitos dos autorescitados vivindo longos períodos de tempo lonxe dos seus respectivospaíses. En lugares cunha cultura e unha lingua diferente á súa, e casesempre nesas grandes cidades que, como Londres, Viena, París ou Berlín,caracterizáronse entre fináis do século XIX e os trinta primeiros anos doséculo XX por acusaren con forza o impacto da Modernidade. Con todo,esta non era a única vía para lograr ese "estrañamento" fronte aos seusuniversos culturáis de procedencia, malia que, na práctica, todo indiqueque foi un trazo común no caso dos mencionados Lukács e Ortega, seatendemos ao seu paso por Alemana, ou á relación que a outro nivel Jün-ger e Benjamín mantiveron con Francia. A condición de outsider, de es-pectador, podía alcanzarse tamén sen deixa-lo ámbito cultural propio, soque de ser así, por norma, esta condición quedaba reservada aos poetas,músicos, escritores e demáis artistas. O comportamento das bohemiasdas vilas e cidades galegas, cátalas ou españolas nos comezos do pasadoséculo, isto é, a súa particular tendencia a se situaren e a movérense ñasmarxes da sociedade, o seu desprezo e continuo cuestionamento dos valoressociais establecidos ou o seu "malditismo" estético, constitúe unha boamostra de como adquirila. Logo, dende esa posición periférica, trataríande dita-las directrices estéticas e literarias do futuro. Que o conseguisenou non é outra cousa, aínda que o certo é que poucos deles serían oschamados a entrar no Parnaso.

En suma, unha das condicións básicas para que o ensaio adquira asúa condición de tal, é que se dea un claro distanciamento entre o ob-servador e o observado, do contrario córrese o risco de que se convertanun produto pedecedoiro. Dende esta perspectiva, unha lectura atenta edetida do Ensaio histórico sobre a cultura galega revela a incapacidade deOtero nese outono-inverno de 1930 para se converter nun espectador déla,malia que ñas súas máis de duascentas páxinas nos ofreza unha particulare peculiar visión de cal sería a memoria dun pobo sen conciencia da súahistoria. Segundo el, esa memoria vertebraríase históricamente arredordo cristianismo e do catolicismo. O primeiro dando senso ao curso dos

11

acontecementos traía chegada dos suevos a Galicia, e o segundo, afirmandoa vocación europea, universal, dunha cultura cuxos máximos expoñentesserían o Románico, o culto ao apostólo Santiago ou o Barroco. Nestatesitura, explícanse as continuas referencias que fai aos "devires cósmi-cos" que a sacudirían toda vez que se producía a instalación dos celtassobre as poboacións orixinais. a dos romanos sobre os celtas ou a dosmencionados suevos sobre a resultante da mestizaxe de celtas e romanos.Así mesmo. explícanse tamén as continuas mencións as constelaciónse galaxias que a través do Camino de Santiago marcarían o roteiro daintegración cultural de Galicia en Europa, ou a esa loita entre Tradicióne Modernidade que por aquel entón o noso home cría se desenrolaba enGalicia, atentando deste xeito contra a pervivencia do seu ser máis íntimo,eterno e impedecedoiro: o espirito labrego.

O problema de Otero para distanciarse da realidade cultural que dese-xaba recuperar para a historia non eremos que estribase tanto na súafe de católico fervente, no seu compromiso político ou ñas constriciónsideolóxicas derivadas del, visto que moitas délas foron tamén patrimoniodoutros ensaístas europeos, canto no inmediato da súa argumentación res-pecto aos acontecementos que ao inicio de 1931 se sucedían no conxuntoda Península Ibérica. Mostra diso é que se inscribimos nun plano máisxeral ese suposto papel do catolicismo na historia de Galicia, ou esa lo-ita entre Tradición e Modernidade á que unha e outra vez se fai alusiónno Ensaio histórico, comprobaremos que a sobrevaloración de ámbolosdous fenómenos tivo moito que ver co empeño da nacente II Repúblicaen remitir á Igrexa ao seo da sociedade civil que estaba comezando aformarse na España do momento. Un proceder que supuña facer va-ler nela, de xeito claro e firme, uns valores laicos e republicanos quecuestionaban de plano a secular posición hexemónica que a Igrexa viñagozando no ámbito sociocultural hispano. Un proceder ao que Otero seopuña con rotundidade. Non en van en outubro de 1931 aparecía como undos asinantes do Manifestó de afirmación católica e nacionalista^. Unha

1 Nel dicíase: "... Na loita que se está rifando no curazón mesmo da Cristiandade entre a conceicióncatólica do mundo e a sociedade. e a conceición materialista. Caliza, outrora frorida do tronco

12

proclama na que se insistía en que o catolicismo era o maior legado datradición, a forma ideal de civilización, a mellor matriz social e culturalpara o mundo. E iso malia que por esas datas un bo número de intelectuaisespañois conservadores como el, considerasen que xa era tempo de quea relixión pasase a converterse nun asunto privado, deixando pois de serunha cuestión identitaria, baixo a que se producía a continua e reiteradaintervención da Igrexa na vida pública.

Tendo en conta as inclinacións políticas de Otero, é obvio que coaargumentación desenvolvida no Ensaio histórico cría defender unha máisdas moitas singularidades dun país cunha lingua e unha cultura propia, aque, xunto ao seu carácter pura e netamente labrego, debía contribuir depor si a marcar netas diferenzas co resto dos pobos de España. Esta é aperspectiva dende a que, na nosa opinión, cabería interpreta-la desconfianzaque Otero amosaba na época en moitos dos seus escritos cara á cidade oucara á dinámica sociopolítica que dende ela puidesen chegar a impulsa-lasclases medias ou o incipiente proletariado urbano galego.

O inmediato e a "actualidade" das ideas vertidas nesta obra, ponende relevo as dificultades do seu autor para facer un correcto empregodas regras relativas a unha das variantes literarias do ensaio. Ao mesmotempo, a converten nun simple apéndice do debate ideolóxico desenvol-vido durante o primeiro tercio do século XX polo catolicismo peninsularmáis conservador contra os avances do Progreso, aos que o noso homeoporá o periplo vital e intelectual de personaxes como Adrián Solovio eo seu tío crego en Arredor de si (1930). É evidente pois que a este nivel,Otero foi incapaz de utiliza-los recursos metodolóxicos e heurísticos daHistoria para establece-lo preceptivo distanciamento fronte ao asunto en-saiado. Neste senso, en principio nada lie impedía "ensaiar" dende ela asmáis variadas fórmulas para recuperar e reconstruí-lo papel xogado polacultura no pasado histórico de Galicia. Aínda que tamén é certo que de

céltigo e filia da Eirexa. ten que coller por forza o posto que lie corresponde... A Galiza católicae enxebre érguese contra o espirito antirrelixioso e intolerante... Nos afirmamos o propósito deloitar..., polo trunfo da conceición católica do mundo..., pola libertade da Eirexa..., pola libertadede profesión relixiosa...", Lagos, 10. 1931, páxs. 2 e segs.

13

facelo así, venase obrigado a acudir a un método, a un patrón discursivoe a un acoutamento cronolóxico dos temas tratados, cuxo resultado finalpouco ou nada tería que ver coa visión da cultura galega exposta no seuEnsaio. Pero se Otero non obrou deste xeito foi, sen dubida, pola súanatural inclinación a emprega-los feitos históricos como material literario2.Unha inclinación que por outra banda nunca agocha ao lector, a quen,e facendo gala dunha encomiable honestidade intelectual, advirte que oantedito Ensaio foille inspirado pola "... íntima presenza das mil formasdo espirito galego no tempo e no espazo...". Para a continuación recoñecerque so "... un poeta ou un xenial músico pedería dar forma eterna a estaintuición que para nos é ao mesmo tempo poderosa e escura. Poderosa,porque a razón e o eixo do noso propio ser..., escura, pois a pesar de nosdominar non saberíamos exprésala polos lentos caminos da exposicióncomparativa...". Por iso é que opta por recorrer a unha pretendida formaensaística. Por iso, e porque "... atopámonos con que non temos método..."para ordena-lo crecente material histórico que había á súa disposición3.

Unha das principáis consecuencias da renuncia á procura dése métodono seo da Historia e, xa que logo, a avanzar cara a un mellor coñecementoda cultura galega no pasado, é a contradición que acaba aflorando entrea mencionada Historia e a Memoria. Unha contradición que soe rematarenfrontando a esta última, sempre identitaria, deformante e doadamentemanipulable, coa Historia, caracterizada polo seu carácter unlversalizante,obxectivante e a súa continua revisión. A antedita contradición foi postade manifestó hai xa unha década en Francia, e máis recentemente enGalicia, cando en ámbolos dous países puido constatarse como a funcióncrítica da Historia ñas sociedades actuáis non consinte que a Memoria seconverta por si mesma nun valor social dunha acción política concreta,posto que o correcto estudo do pasado non consiste en outorgar sinaisidentitarios aos actores históricos, sexan estes activos ou pasivos, prin-cipáis ou secundarios4. Por outra banda, esa función crítica permitiu hai

2 C. Fernández Pérez-Sanjuán, (2003), páxs. 88 e segs.3 Véxase respectivamente R. Otero Pedrayo, (1982). p. 10 e p. 111.

14

case que cen anos en Europa a emancipación da Historia dos avatares dasconxunturas políticas, ao tempo que no curso do sáculo XX a converteunun dos elementos capitais da re-historización crítica experimentada polamemoria colectiva. Algo para o que son imprescindibles os "ensaios"históricos continuados, bascados, como non podería ser doutra maneira,nunha investigación continua, novidosa, e que, coma se pretende nestecaso, abra novas portas ao coñecemento do noso pasado como pobo.

Nesta dirección encamíñanse os traballos sobre a cultura galega quese presentan a continuación. Situados nos anos que van de 1480 a 1900,un arco temporal no que xermolaron a maior parte das claves culturáis dopresente, o seu obxectivo non é outro que poner aos galegos ao correntedas raíces que estas teñen no pasado. Un pasado que en contra do quesoe pensarse, resultou ser rico, complexo e variado, cuxo decurso ademáisestivo lonxe de predetermina-lo presente que estamos a vivir, dado queno seu día estivo aberto a múltiples opcións. alternativas e posibilidades.Que co paso do tempo so se concretasen algunhas délas, ou para sermáis precisos, que co paso do tempo hoxe so coñezamos algunhas délas,non significa que no seu intre non existisen outras que quer non foronrecollidas polas fontes coas que soe traballa-lo historiador, ou quizáis oforon dun xeito tan imperfecto, fragmentario e parcial, que ata agora estenon lie prestou a debida atención. Sexa por unha ou outra razón, non poriso o historiador queda eximido de estudar, investigar e coñece-las ditasopcións. En consecuencia, de buscar fontes de información alternativasas existentes ou de aplicar novas técnicas e novos métodos analíticos asxa coñecidas, coa intención de sacar á luz aqueles aspectos do pasadoque contribúan a enriquece-lo presente, ao sumar a esa aparente imaxeuniforme do mesmo matices e calidades ata agora ignorados ou poucoconsiderados.

Ampliar tanto como sexa posible o coñecemento do porqué últimodas accións dos protagonistas dése pasado evitará pois que nos quedemosna superficie da historia de Galicia. É dicir, nun simple coñecemento

4 Para Francia véase P. Nora. (1992) y T. Todorov, (1995), para Galicia I. Dubert, (1999. a) y C.Nogueira (2001).

15

dos seus feitos positivos, os que curiosamente posúen sempre a estrañae sospeitosa "virtude" de nos presentar esa historia como un problemafechado, a partir do que so cabe esperar se levanten monumentos, reveren-cien persoas e xestas individuáis ou se conmemoren efemérides do máisvariado signo. Non, non é iso o que se procura aquí. Tratase alen disto,de intentar ofrecer unha lectura comprensiva desa historia; unha lecturaque a entenda como un problema non resolto, aberro polo tanto a novasinvestigacións, cuxos resultados polo demais son imprescindibles para asúa continua reinterpretación en aras da recomposición da súa auténticariqueza, variedade e complexidade. Neste senso oriéntase a nosa contri-bución, composta no básico por cinco traballos.

No primeiro deles procedemos a defini-la cultura popular como unconxunto de prácticas sociais e culturáis nacidas a partir da continuaritualización de determinadas concepcións simbólicas levada a cabo polasclases subalternas. Veremos pois como en Galicia estas concepcións e asúa ritualización mudaron na media duración, en función do contacto queese substrato popular mantivo coa realidade cultural das clases sociaisque formaban parte da élite ou eos contidos de proxectos de hexemoníacultural como os sostidos pola Igrexa. No segundo, achegarémonos ánatureza histórica da cultura popular a través dos evidentes atrancosque a materialización dése proxecto cultural hexemónico de inspiracióneclesial coñeceu en Galicia durante a Época Moderna e os albores daIdade Contemporánea. Desvelaranse así os seus trazos máis básicos erecompoñeranse as fases polas que esta cultura atravesou en tan dilatadoperíodo de lempo. No terceiro. veremos de que instrumentos se valeu aIgrexa para consegui-la domesticación da cultura popular. De ai o nosointerese polo sentir colectivo ante a morte ou pola creación a partir délade discursos para a vida que eran logo predicados aos fiéis dende o pulpitoen distintos intres da historia coas máis variadas intencións. No cuarto,ensaíamos novas vías de aproximación ao coñecemento dos mecanismosde difusión da cultura popular mediante o recurso á tradición literariaoral. Analizamos neste caso as posibilidades que ao respecto ofrecen as

16

compilacións de contos, a partir das que. por exemplo, se pora de mani-festó a distinta velocidade de cambio experimentada por algunhas das súasprincipáis claves culturáis, ou tamén, a particular capacidade destas paraacomodarse as novas circunstancias históricas. No último destes traballos,achegarémonos ao rol xogado polos símbolos de identidade local no mundourbano galego, ao pasar revista ao seu nacemento, concreción material,significados e adecuación destes aos distintos contextos sociopolíticos queeste mundo coñeceu na media e longa duración. No curso desta viaxedeixaremos a un lado a idea inicial de símbolo para intentar dar formahistoriográfica á de imaxinario social, co obxectivo de amosar como asélites urbanas pretendían intervir na consunción social da realidade dasclases populares coa intención de seguiren maniendo a súa posición depoder, preeminencia e privilexio no seo da sociedade da época.

Xa para deixalo, gustaríanos aclarar que temos procedido á tra-ducción sistemática de case que tódolos testemuños históricos relativosá cultura popular e aos imaxinarios sociais aparecidas en castelán ñasfontes manexadas. Tamén. que a bibliografía recollida ao remate destevolume se refire tan so as obras das que se tomaron as principáis ideasexpostas no texto. Por esta razón é posible que o olio do especialista boteen falla certas referencias bibliográficas específicas, se ben, confiamosque nela se atopen polo menos os estudios máis relevantes acerca dosdistintos aspectos tratados nos diferentes apartados deste traballo. Porúltimo, non queriamos rematar sen amosa-lo noso agradecemento a todasaquelas perseas e institucións que dun ou doutro xeito fixeron posiblea elaboración, maduración e publicación deste libro. Vaia pois o nosorecoñecemento para Chus Teijo, Moncho Dubert, Camilo J. FernándezCortizo, Xulio Cabrera, Juan Luís Pintos, Ramón Marino, Antonio Balboa,Ana María Suárez Piñeiro, Xesús Precedo Garazo, Marcelino Abuín, EvaPérez Carballo, Alonso Carral, Francisco Dubert, Xulio Sousa e ManuelBermúdez. Do mesmo xeito, que para P. -A. Rosental, B. Vincent e B.Derouet. por facilitar e enriquecer coa súa xenerosidade intelectual nosaestadía na École des Hautes Eludes en Sciences Sociales de París durantea primavera-verán do ano 2004. onde aproveitando parle dun sabático

17

financiado grazas a unha Bolsa outorgada polo Programa "Salvador deMadariaga" da Secretaría de Estado de Educación e Universidades doMinisterio de Educación e Ciencia, redactamos o primeiro manuscritoque constituiría a base do libro que hoxe se presenta ao lector.