catálogo actividades colexios e anpas

27
Catálogo de actividades e talleres Curso 2013-2014

Upload: mau-marela

Post on 08-Jul-2015

144 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Catálogo de actividades e talleres

Curso 2013-2014

Page 2: Catálogo actividades colexios e ANPAS

0 Presentación

MAUmarela! ten o gusto de presentarvos o seu Catálogo de actividades e talleres para o curso 2013-14 como parte da súa aposta por explorar e difundir todo aquelo que poida contribuír á motivación dos nenos e adolescentes ante os estudos e fomentar neles valores para a vida.

MAUmarela! é moito máis ca unha simple academia de estudos. É un espazo de aprendizaxe e creatividade pedagóxica fundado en decembro de 2012 co obxectivo de dotar ao estudante das ferramentas intelectuais, motivacionais e de creatividade necesarias para acadar autonomía e responsabilidade respecto ao seu proceso de ensino-aprendizaxe.

Nas nosas instalacións ofrecemos un orixinal Club de Deberes, consulta pedagóxica para a atención ás dificultades da aprendizaxe, cursos de chinés, talleres de “aprender a aprender”, “arquitectura para pícar@s”, “filosofía para nenos”, cómic, ilustración, literatura...

MAUmarela! atópase nas instalacións da coñecida Casa das Letras de Ribadeo, onde contamos, ademais, cun Espazo Colaborativo no que profesionais de diversos eidos poden impartir os seus talleres dende unha perspectiva innovadora e aproveitando os novos modelos de traballo e de relacións profesionais.

Do resultado das nosas experiencias, motivacións e ilusións xurde este catálogo.

Agardamos que vos guste e que poidades sacar partido del.

O Equipo de MAUmarela!

Page 3: Catálogo actividades colexios e ANPAS

1 Formadores MAUmarela!

Carolina García, pedagoga de MAUmarela!, está licenciada pola Universidade Complutense de Madrid na especialidade de Pedagoxía terapéutica e intervención en terapia familiar. Tamén é mediadora en prevención de drogo-dependencias, monitora de tempo libre e axente de igualdade de oportunidades, entre outras cousas.

Celtia Traviesas, co-fundadora de MAUmarela!, é enxeñeira técnica agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Xornalismo pola Universidade de Barcelona e a Universidade Columbia de NY. Cursou o programa pioneiro de emprendemento “Projecta’t” da Generalitat de Cataluña e ten ampla experiencia como xornalista e como monitora de nen@s e adolescentes en diversas ONG’s.

Guillermo Hernández, co-fundador de MAUmarela!, é licenciado en Filosofía pola

Universidade de Salamanca e máster en Comunicación pola Universidade de A Coruña e La Voz de Galicia. Ten o título superior da Escola Oficial de Idiomas en Inglés, así coma o First Certificate pola Universidade de Cambridge. Tamén é profesor de secundaria da Consellería de educación da Xunta de Galicia.

Jon Urbieta, profesor e responsable do deseño do programa anual de Arquitectura para

pícar@s de MAUmarela! É arquitecto, con varios anos de experiencia profesional, licenciado pola Universidade Pública do Pais Vasco. Máster en Rehabilitación. Foi colaborador da revista de estudantes de Arquitectura “Diversa”.

Lucía Vila, colaboradora de MAUmarela! é licenciada en Belas Artes e Historia da Arte

pola Universidade de Salamanca. É máster en Animación Sociocultural en Infancia e Xuventude; foi profesora interina de Educación Plástica e Visual en varios IES de Cantabria e en Zamora. É ilustradora profesional de contos infantís e ten ampla experiencia na realización de obradoiros artísticos.

Page 4: Catálogo actividades colexios e ANPAS

2 Oferta fomativaA partir de 3 anos

Arqitectura para Pícar@s páx. 5

Intelixencia creativa páx. 6

A partir de 5 anos

Filosofía para Nen@s (FpN) páx. 7

Eco-arte páx. 8

Apartir de 6 anos

Escultura e experimentación páx. 9

Fíxate e concéntrate páx. 10

Quérome para quererte páx. 11

A partir de 8 anos

Cantos contos contas páx. 12

Escribo e ilustro un libro páx. 13

Aprender a aprender páx. 14

Somos reporteir@s! páx. 15

Habilidades lectoras páx. 16

Estratexias contra o acoso páx. 17

Intelixencia emocional páx. 18 A partir de 12 anos

Técnicas de ilustración páx. 19

Deseña o teu propio xardín páx. 20

Cuidate das drogas! páx. 21

A partir de 14 anos

Técnicas de aprendizaxe páx. 22

Afectividade e sexualidade páx. 23

A información é poder páx. 24

Atopa o teu Elemento páx. 25

Escola de pais páx. 26

Habilidades sociais e emocionais

Habilidades artísticas e creativas

Habilidades mentais e cognitivas

Page 5: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Arquitectura para pícar@sA partir de 3 anos

Estimulación da imaxinación e da intelixenciaDebuxo, modelismo, infografías, fotografía, muralismo...

O curso componse de exercicios dentro e fóra do taller, con visitas, excursións e actividades no exterior. Traballaranse habilidades manuais, como: o debuxo, o modelismo, a fotografía, o muralismo, a infografía… Facendo sempre fincapé nos métodos de traballo en 3D.

Obxectivo Espertar e estimular aos máis cativos para que descubran e gocen de cheo do seu entorno construído sendo quen de comprender o impacto e significado da arquitectura.

Programación Sesións semanais de 1,5 horas ao longo do curso (recomendado).

En MAUmarela! pensamos que é moi positivo educar aos nenos en conceptos de urbanismo, paisaxismo e elementos construtivos, para que non repitan erros do pasado e para que se convertan en cidadáns críticos e activos.

5

Page 6: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Intelixencia creativaA partir de 3 anos

Pensa, inventa e creaFluidez, flexibilidade, orixinalidade e sensibilización ante os problemas

Educar dun xeito integral implica atender aos coñecementos, pero tamén a outros aspectos da mente como é a creatividade. A lexislación vixente (LOE) estipula dentro dos seus principios o fomento da capacidade creativa do alumnado, capacidade que ten suma importancia para o resto de aprendizaxes e habilidades que @s nen@s teñen que facer fronte no seu día a día dentro do sistema educativo.

Partiremos dunha avaliación do potencial creativo de cada un dos nen@s co obxectivo de dotalos daqueles recursos máis axeitados e que finalmente sexan eles mesmos @s que resolvan as situacións que día a día se lles presenten. Imos traballar a través de “circuítos creativos” que axudarán a estruturar as dinámicas seguindo sempre os seguintes rasgos: potenciación da fluidez, flexibilidade, orixinalidade e sensibilización cara aos problemas.

Obxectivo Desenvolvemento do pensamento e dos procesos cognoscitivos e da expresión corporal, alternando as actividades grupais con outras individuais.

Programación Un total de 12 sesións semanais de 45 minutos de duración.

6

Page 7: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Filosofía para Nen@sA partir de 5 anos

Aprender a pensarPrograma de mellora das habilidades de pensamento

Filosofía para Nen@s (FpN) é unha proposta educativa rigorosa e sistemática que posibilita que @s alumn@s de entre 4 e 18 anos potencien as súas habilidades intelectuais, sociais, críticas, creativas e éticas a través da comunidade de investigación.

A proposta baséase no programa elaborado por Matthew Lipman e Ann Sharp nos anos 70 e estrutúrase arredor dun diálogo guiado a partires de lecturas especialmente elaboradas para cada franxa de idade.

Habilidades traballadasHabilidades cognitivas: aprender a razoar, a formular hipóteses, a xeneralizar, a usar e recoñecer criterios, a facer boas preguntas, a usar analoxías e metáforas, a dar exemplos e contra-exemplos, a facer boas distincións e inferencias. Todas estas habilidades están á base das competencias matemática, lingüística e científica.

Habilidades sociais: aprender a traballar ideas alleas, a respectar as ideas dos outros, a colaborar e dialogar para achar significados. A FpN é unha ferramenta moi valiosa para traballar a cultura para a paz e previr conflitos dentro do centro educativo.

Obxectivo Mellorar as habilidades de pensamento, sociais e creativas.

Programación Sesións semanais de 1 hora ao longo de todo o curso (recomendado).

7

Page 8: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Eco-arteA partir de 5 anos

Debuxo, pintura, reciclaxe e falso gravadoUn taller de sensibilidade artística e medioambiental

"Educación pola Arte" (ECO-ARTE) , fai referencia tanto a educar a sensibilidade artística como a ser un instrumento educador de hábitos e actitudes ecolóxicas. Neste taller practicaremos diferentes técnicas. Aprenderemos a facer monotipos e gravados, a pintar aquelo que nos inspire a música ou un sabor, a empregar materiais de refugo e a concienciarnos sobre o noso entorno.

Obxectivo Tomar consciencia da realidade a través da arte e aprender diferentes técnicas de composición como o gravado, o collage, a estampación...

Programación Sesións semanais de 1,5 hora durante o tempo desexado.

A través da arte as nenas e nenos toman consciencia da súa realidade, observando o estado de conservación do seu entorno inmediato; e tras o análise das formas naturais e de refugo que lle proporciona o medio, transforman esta materia en obxectos estéticos.

8

Page 9: Catálogo actividades colexios e ANPAS

ESCULTURA E EXPERIMENTACIÓNA partir de 6 anos

As posibilidades estéticas dos obxectosObradoiro de escultura ao aire libre con materiais de reciclaxe

A actividade leva consigo un percorrido polo espazo natural inmediato, mirando, esculcando as formas, cores, texturas, materiais e composicións que lles ofrecen os obxectos, deténdose nas posibilidades estéticas para transformalos en esculturas.

A arte, en xeral, axuda aos pícaros a pensar dun xeito creativo e entender que existen distintas solucións ou camiños para resolver un mesmo problema.

A creación do espazo escultórico ven artellada pola acción creativa d@ alumn@ na reciclaxe de material de refugo natural ou urbano.

Obxectivo Aprender as técnicas básicas de composición, así como aprender a interpretar e representar a realidade.

Programación Sesións de 2 horas. Semanais, mensuais ou únicas.

9

Page 10: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Fíxate e concéntrateA partir de 6 anos

Traballamos o factor atencionalEstratexias para aumentar a concentración, a percepción e a memoria

A atención e un dos procesos psicolóxicos básicos intimamente unidos á percepción e a memoria. Estes 3 aspectos teñen moita relevancia para poder comprender moitas das dificultades de aprendizaxe que poden presentar @s alumn@ na escola.

Desde este obradoiro se abordará a ATENCIÓN VOLUNTARIA é dicir aquela na que o alumno/a responde conscientemente ante os estímulos sendo el quen determinará a QUE atende e CÓMO debe facelo.

Ao inicio do obradoiro valorarase dun xeito individual o factor atencional para coñecer a liña base de traballo e valorar os posibles avances que se vaian producindo coa aplicación do programa de traballo.

Obxectivo Favorecer o compoñente atencional e META-ATENCIONAL para que o alumno ou a alumna poda realizar o seu propio proceso de atender cando está realizando a tarefa.

Programación Sesións semanais de 50 min de duración ao longo de 5 meses (recomendado).

Nos primeiros anos de escolaridade a falla de atención pode considerarse como un problema na medida en que eses hábitos acaben por instaurarse ou mesmo se acabe dando unha ausencia de estratexias atencionais para poder aprender.

10

Page 11: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Quérome para quererteA partir de 6 anos

Educación afectiva-emocional-sexualAprendemos a cuidarnos, protexernos e coñecer o noso corpo

Un factor importante que contribúe á formación da personalidade é a educación afectiva-emocional. Vinculando a esta temos o ámbito sexual xa que se atopa moi unido a estes dous aspectos sobre todo en determinados momentos da infancia.

Este programa pretende traballar desde unha perspectiva de educación das actitudes facendo fincapé no compoñente afectivo e no ámbito sexual (intimamente vinculado co afectivo-emocional) na dirección de aprender a coidarnos e protexernos.

Non podemos esquecer o factor de xénero como variabel dependente na construción da identidade e da personalidade. Asemade ter en conta isto axudará a partir dunha realidade diferenciada na vivencia dos afectos e da sexualidade.

Obxectivo Axudar aos nenos e nenas na construción da súa identidade para coñecer e comprender o mundo dos afectos, das relacións e conseguir unha vivencia satisfactoria do seu desenvolvemento sexual.

Programación Sesións semanais de 50 min de duración ao longo de 3 meses (recomendado).

11

Page 12: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Cantos Contos ContasA partir de 8 anos

Obradoiro de LiteraturaTécnicas para desenvolver a creatividade e as habilidades de escritura

O taller de literatura para nen@s busca desenvolver á capacidade creativa d@ nen@ dando saída a ideas que se resisten a adoptar formas lingüísticas.Cantos Contos Contas estruturase en torno a dous elementos básicos: por un lado trátase de descubrir as unidades básicas de expresión: letras, palabras, frases e textos, e por outro o descubrimento dos elementos básicos da narración: argumento, personaxes, orde, estilo...

A dinámica de traballo é sempre lúdica e afóndase nas propostas desenvolvidas por Gianni Rodari (binomio fantástico), ademais de exercicios e xogos especialmente elaborados para o taller.

Na metodoloxía de Maumarela! a linguaxe é tratada dende un punto de vista plástico de modo que non haxa trabas ao xogo cos seus elementos.

Obxectivo Ser capaces de manexar dun xeito creativo e proveitoso as posibilidades que ofrece a linguaxe.

Programación Sesións semanais de 1 hora ao longo de tres meses (Galego ou Castelán).

Cantos Contos Contas ofrece unha plataforma para liberar as posibilidades creativas d@s nen@s a través das posibilidades estéticas da narración.

12

Page 13: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Escribo e ilustro un libroA partir de 8 anos

Da imaxinación á creación e ilustración dun contoTécnicas creativas de escritura, debuxo e maquetación artesanal

Este taller é unha proposta creativa que se desenvolve a partir dun tema ou idea común e na cal cada nen@ constrúe o seu propio libro-obxecto grazas á combinación das técnicas de escritura creativa, ilustración e maquetación artesanal.

O proxecto pode converterse nunha maneira orixinal de traballar historias partindo dunha costume, dun lugar ou dunha singularidade local; dun valor como a amizade, dun feito científico... Contribuindo así a que as nenas e nenos establezan sinerxias coas familias ou co resto da sociedade.

Obxectivo Potenciar a creatividade dun xeito integral e multidisciplinar, desenvolvendo habilidades plásticas e de escritura.

Programación Sesións semanais de 1,5 hora durante o tempo requerido.

13

Page 14: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Aprender a aprenderA partir de 8 anos

Curso de técnicas de estudoMétodos para acadar un maior rendemento e aumentar a motivación

O taller de técnicas de estudo fai fincapé na planificación e xestión do tempo adicado ao estudo creando un hábito e fortalecendo as habilidades para sacarlle o máximo rendemento. Tal fortalecemento e resultados incidirán na motivación d@ alumn@. O taller está enfocado para que cada alumn@ atope as técnicas as máis axeitadas á súa forma de aprender.

Obxectivo Adquirir ténicas e hábitos para aproveitar mellor os tempos de estudo e economizar tempo para o ocio.

Programación Un total de 12 sesións de 1,5 horas de duración unha vez a semana.

Contidos: técnicas de lectura rápida e comprensiva, de escritura, mnemotécnicas, Mind Mapping, mapas conceptuais, esquemas, organización e planificación, preparación de exames, presentacións orais, subliñado e resumos.

14

Page 15: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Somos reporteir@s!A partir de 8 anos

Obradoiro de xornalismo na escolaProxecto para a creación dun xornal

Que é unha noticia? Como se busca unha información interesante? Quen decide o que aparece nos xornais? Que preguntas podo facer nunha entrevista?...

Este obradoiro de xornalismo na escola pretende achegar o “oficio” aos máis pequenos dende un punto de vista pedagóxico pero tamén dende a experiencia real.

Traballaremos as habilidades de expresión escrita e oral, sociais, creativas e de traballo en equipo. Ademais, adquiriremos práctica no uso do blog como ferramenta de comunicación.

A proposta é que o obradoiro se articule ao redor dun PROXECTO XORNALÍSTICO do centro.

Programación:• Os feitos noticiosos que nos rodean• Os temas e os enfoques• A entrevista• Imaxes que contan historias: o fotoxornalismo• Onde buscar? As “fontes” de información• A crónica dun suceso• A importancia da linguaxe positiva• Cómo atopar un bo titular• Cómo crear e manter un blog• Diferenzas entre informar e opinar

Obxectivo Desenvolver a curiosidade e a capacidade para entender, analizar e explicar a o mundo no que vivimos. Adquirir habilidades en TIC. Mellorar a expresión oral e escrita.

Programación Sesións de 1 hora semanal ao longo do tempo requerido segundo o proxecto. (Mínimo de 3 meses).

15

Page 16: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Habilidades lectorasA partir de 8 anos

Comprendo e aprendoDiscriminación lectora, aspectos cognitivos e metacognitivos da lectura

A correcta adquisición das habilidades lectoras constitúe unha das principais dificultades que o alumnado ten que superar ao longo da educación primaria. Ese rendemento baixo na lectura afectará ao seu éxito académico ou as actividades da vida cotiá nas que precise facer uso da lectura.

Este obradoiro diríxese a traballar tanto desde un punto de vista COGNITIVO(axudar ao alumnado a reflexionar, pensar, formular hipóteses, etc..) como META-COGNITIVO (seguindo o modelo de meta-comprensión lectora: habilidades de planificación, supervisión, avaliación,etc.).Ao inicio valorarase a EFICACIA LECTORA de cada un dos alumn@s co obxectivo de ir valorando conxuntamente con el@s os seus progresos neste aspecto.Desenvolveremos exercicios dirixidos a:1.-Desenvolver a discriminación perceptiva lectora.2.-Discriminación lectora.3.-Lectura anticipatoria.4,.Aspectos cognitivos e meta-cognitivos da lectura. 5.-Exploración rápida de textos.

Obxectivo Mellorar as habilidades lectoras para conseguir facerlle fronte dun xeito eficaz ás actividades escolares que impliquen un maior dominio lector.

Programación Sesións semanais de 50 min de duración ao longo de 5 meses (recomendado).

16

Page 17: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Estratexias contra o acosoA partir de 8 anos

O acoso escolar e a violencia entre iguais dentro dos centros educativos é un fenómeno ao que se ten que dar resposta dentro do contexto escolar.

Este problema preocupa por igual a familias e docentes pero en ocasións a forma de responder

ao mesmo non axuda a establecer unha solución a esta situación, volvéndose a repetir ou non

desaparecendo por completo.

Taller de resolución pacífica dos conflitosTécnicas para previr e superar situacións de acoso escolar

Este obradoiro pretende dotar ao alumnado de habilidades e técnicas para que poidan previr, superar e non participar en situacións de acoso e maltrato; aprendendo un estilo de comportamento dirixido á resolución pacífica dos conflitos.

Unha conduta socialmente competente está relacionada con logros escolares e sociais e cun bo axuste persoal das diversas situacións, pola contra, a incompetencia relacionase cunha baixa aceptación e illamento.

Asemade, traballaremos no concepto relacionado coa auto estima e a propia imaxe axudando a eliminar distorsións e percepcións que contribúan a xerar un concepto negativo de si mesm@s n@s alumn@s e que @s fagan, polo tanto, proclives a ser vítimas de maltrato escolar.

Obxectivo Proporcionar ao alumnado habilidades sociais para abordar conflitos dunha maneira competente e resolutiva. Traballar a auto estima e o auto concepto como variables necesarias nos procesos relacionais.

Programación Sesións semanais de 1 hora ao longo de 3 meses (recomendado).

17

Page 18: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Intelixencia emocionalA partir de 8 anos

Aprendo a ser intelixente coas emociónsCoñecémonos a nós mesm@s para relacionarnos mellor

As habilidades relacionadas coa Intelixencia Emocional non teñen o mesmo tratamento que outras áreas no currículo escolar. Estas habilidades son importantes tanto para o auto-coñecemento d@s propi@s nen@s como para as as súas relacións cos outros. Levar a cabo unha educación integral supón ter en conta ao alum@ como intelecto e como ser emocional e social.Como afirma Goleman: “a intelixencia emocional pretende por de acordo o cerebro e as emocións integrando as 3 dimensións do comportamento humano: o cognitivo, o condutual e o afectivo”.Os contidos van desde , descubrir as nosas emocións, coñecelas mellor, tomar conciencia dos meus pensamentos e dos mecanismos que poño en marcha, etc.

Como se vai traballar todo isto?No taller se combinaran exercicios de introspección individual, en grupo e por parellas. Traballaremos mediante asembleas, exposición de casos, proxección de curtas, películas , documentos escritos, role-playing, debates, etc.Nos grupos de primeiro ciclo a metodoloxía basearase no xogo e experiencias máis lúdicas e vivenciais.

Obxectivo Desenvolvemento de facultades emocionais e sociais nos nenos e nenas e asemade aprender a coñecer mellor a sí mesmos/as.

Programación Sesións semanais de 50 min de duración ao longo de 3 meses (recomendado).

18

Page 19: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Técnicas de ilustraciónA partir de 12 anos

Crear imaxes sen saber debuxarUn curso para iniciarse no mundo da ilustración

Este é un curso de técnicas diferentes para crear imaxes sen necesidade de saber debuxar, para distintos destinos gráficos: o editorial, o publicitario, a moda… Destinado a rapaces e rapazas con inquedanzas gráficas que queiran iniciarse no mundo da ilustración.

Mediante a pintura e o debuxo apréndese a ser máis organizad@ e a seguir unhas pautas. Os rapaces e rapazas fanse máis observadores e analític@s, desenvolven a capacidade de concentración e aumentan a súa auto estima.

Obxectivo Coñecer os distintos procedementos e técnicas (acrílico,óleo, carboncillo....), así como os elementos básicos de composición.

Programación Un total de 4 sesións de 2 horas de duración (recomendado).

19

Page 20: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Deseña o teu propio xardínA partir de 8 anos

Curso de xardinería e paisaxismo para nen@sUn taller que combina o coñecemento da natureza co debuxo técnico e creativo

A partir da idea de deseñar un xardín propio(xa sexa o xardín da casa ou un parque público), @s nen@s deben enfrontarse a diferentes retos: entender os conceptos de escala e plano, situar nel as zonas de sombra e de sol, as vistas a potenciar ou a tapar, os desniveis, as especies existentes, o tipo de terreo... Despois, deben familiarizarse con conceptos básicos de deseño: cores e proporcións. Tamén aprenderán os usos e características de distintas plantas e árbores ornamentais. O taller permite @s nen@s achegarse ao mundo das plantas dun xeito moi orixinal: dende as súas potencialidades como elementos construtivos para deseñar un xardín.

Este taller contribúe a desenvolver habilidades

multicisciplinares como o debuxo, a xeometría e a bioloxía ao redor da idea estimulante de crear o

noso propio xardín.

Obxectivo Que os/as alumnos/as sexan quen de afrontar un proxecto dende a idea á súa plasmación no papel, adquirindo diversas habilidades, como as matemáticas, as plásticas, así como coñecementos de bioloxía.

Programación Un total de 10 sesións de 1 hora de duración.

20

Page 21: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Cuídate das drogasA partir de 12 anos

Prevención e educación para a saúdeAutoestima, presión de grupo, toma de decisións e coñecemento das drogas

A educación centrada na prevención debe ter en conta: a auto estima, a presión do grupo, a necesidade de saber tomar decisión e coñecer as drogas e os efectos sobre o organismo.É preciso pois proporcionar ao alumnado recursos para enfrontarse ás situación relacionadas co consumo, promocionar estilos de vida saudábeis e incompatíbeis coas drogas.

Cómpre destacar as idades nas que os mozos e mozas se inician no consumo de sustancias, sendo cada vez máis frecuente unha idade de inicio entre os 13 e 14 anos fundamentalmente con drogas tales como tabaco e alcohol. Por este motivo, centrarémonos nestas dúas substancias.

Traballaremos a adquisición de habilidades en pequenos grupos de tal maneira que se poda favorecer o intercambio de ideas, a comunicación e a discusión activa a través de prácticas guiadas.

Obxectivo Proporcionar ao alumnado recursos para enfrontarse ás situacións relacionadas co consumo, promocionar estilos de vida saudabeis e incompatíbeis coas drogas.

Programación Sesións semanais de 50 min de duración ao longo de 3 meses (recomendado).

21

Page 22: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Técnicas de aprendizaxeA partir de 14 anos

Curso avanzado de técnicas de estudoEstratexias para atallar a preguiza e a falta de motivación

A participación do alumnado no seu propio proceso de aprendizaxe é clave para a motivación e o éxito nos estudos. Este taller proporciona estratexias para atallar a preguiza, o desinterese, a falta de motivación ate os estudos e converter ás rapazas e rapaces en suxeitos activos e participantes.

Facemos fincapé na técnica do Mind Mapping, pois ten amosado ser moi efectiva para a comprensión, categorización e memorización dos conceptos, así como para lograr PERSONALIZAR A INFORMACIÓN QUE NOS CHEGA E CONECTALA, o que é, de feito, a definición mesma de aprendizaxe.

Obxectivo Adquirir técnicas e hábitos para aproveitar mellor os tempos de estudo e economizar tempo para o ocio.

Programación Un total de 12 sesións de 1,5 horas de duración unha vez a semana.

22

Page 23: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Afectividade e sexualidadeA partir de 14 anos

Relacionámonos en igualdadeVivencia dos afectos e da sexualidade dende unha perspectiva de xénero

Dende un punto de vista tradicional a sexualidade dos rapaces e rapazas asóciase á preocupación polo embarazos non desexados ou a enfermidades de transmisión sexual sobre todo coa chegada da puberdade.

Cómpre ter en conta a importancia de desenvolver unha educación integral que vaia máis alá da prevención e que faga fincapé na vivencia da sexualidade vinculado ao mundo dos afectos, é dicir, a auto estima, o auto coidado e a capacidade de establecer relacións desde desde un marco respetuoso coa diferenza.

Desde este obradoiro faremos fincapé no desenvolvemento da auto estima e das habilidades relacionais desde un punto de vista de xénero, partindo da existencia dun patrón de relación desigualitario e diferente segundo se traten de rapaces e

Obxectivo Desenvolver estratexias para afrontar o mundo das relacións afectivas desde un enfoque de auto protección e simetría para evitar situacións de violencia de xénero.

Programación Sesións semanais de 1 hora de duración ao longo de 3 meses (recomendado).

23

Page 24: Catálogo actividades colexios e ANPAS

A información é poderA partir de 14 anos

Taller de xornalismo e creación de blogs Pensamento crítico e ferramentas para coñecer e contar a realidade

O xornalismo é a disciplina que se ocupa de contar aquilo que acontece no mundo a través do discernimento do que é ou non é noticia.

Nos últimos anos, e grazas a Internet, emerxeu un novo concepto chamado “xornalismo cidadá” que está revolucionando o acceso á información.E a información é poder.Analizar e debater estes conceptos é unha grande oportunidade para o estímulo intelectual e o pensamento crítico do alumnado.

O taller divídese en dúas partes: Na primeira, afondaremos en conceptos xornalísticos como a creación dunha reportaxe, a pesquisa das “fontes” informativas, o enfoque das noticias, as fotos, a linguaxe positiva, etc. Na segunda, analizaremos os blogs e as redes sociais como novos medios de comunicación e proxectaremos a creación (individual ou colectiva) dun blog, deténdonos nas súas posibilidades de financiamento e na cuestión da calidade e da “fiabilidade” da información.

Obxectivo Desenvolver a curiosidade e a capacidade para entender, analisar e explicar a o mundo no que vivimos. Adquirir habilidades en TIC. Mellorar a expresión oral e escrita.

Programación Sesións de 1 hora ao longo do tempo requerido segundo o proxecto.

24

Obxectivo Desenvolver a curiosidade e a capacidade para entender e explicar o mundo no que vivimos. Adquirir habilidades en TIC. Mellorar a expresión oral e escrita.

Programación Sesións de 1,5 horas semanais ao longo do tempo requerido segundo o proxecto. (Mínimo de 3 meses).

Page 25: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Atopa o teu Elemento!A partir de 14 anos

Taller de pensamento creativo e emprendementoHabilidades emprendedoras e coaching para estudantes

Qué quero ser? Que quero facer e para quen? Cales son os meus valores?Unha actitude emprendedora é esencial para a sociedade do coñecemento e moi necesaria nun momento de cambio de paradigma socioeconómico como o que estamos a vivir.

Mediante este taller, as rapazas e rapaces aprenderán as competencias necesarias para o emprendemento, ademais de desenvolver as habilidades necesarias para a xestión dunha idea: dende a elaboración dun plan de empresa, pasando pola difusión da idea, o marketing, a administración... Pero mais alá da economía e dos negocios, sobre todo, afondarán no concepto de emprendedor/a:

" Unha persoa emprendedora é creativa, faise " responsable de si mesma e é dona do seu destino. O " emprendemento é unha forma de ser e de estar no " mundo. Soñando e arriscando, sen medo ao fracaso.

“Cando nos apaixona o que facemos e ademais temos a preparación axeitada para facelo ben, estamos no noso Elemento, este estado marabilloso no cal traballamos sen cansazo e con grande creatividade. Os colexios e as empresas deberían axudarnos a atopar o noso Elemento para un mellor desenvolvemento de cara ao futuro”.

Ken Robinson.

Obxectivo Desenvolver a curiosidade e a capacidade para entender, analisar e explicar a o mundo no que vivimos. Adquirir habilidades en TIC. Mellorar a expresión oral e escrita.

25

Obxectivo Desenvolver as habilidades emprendedoras e adquirir os coñecementos básicos para poñer en marcha unha idea de negocio.

Programación Pode facerse unha sesión única de 2 horas ou desenvolver o programa completo de 12 sesións de 1,5 horas de duración.

Page 26: Catálogo actividades colexios e ANPAS

Escola de nais e paisEspazos de reflexión

As familias teñen un gran valor como axente principal da socialización dos nenos e nenas nos primeiros anos de vida, posteriormente o sistema educativo aportará non só coñecementos senon tamén actitudes e valores que complementarán á función educativa que leva a cabo a familia.

Os espazos para nais e pais pretenden ser fundamentalmente espazos de axuda e de construcción activa, colaborando conxuntamente na resolución, aprendizaxe e educación dos seus fillos e fillas.

Partimos da perspectiva de que toda familia ten recursos propios para facer fronte ás diversas situacións que día a día se lle prantexan ocurrindo moitas veces que por elas mesmas non son capaces de “abrir o foco” e poder ver cales poden ser as posibles solucións aos problemas que se lles van dando.

O grupo axudará nesa labor de refrexión mediante o prantexamento de casos, debate sobre os mesmos e búsqueda de solucións conxuntas.

Partimos por tanto de temas xenéricos que se irán abordando e que no contexto do grupo ser personalizarán para que sexa o mesmo grupo o que proporcione as solucións aos temas-problema.

Cómo se vai traballar todo isto?

Farase unha exposición do tema e prantexamento de casos, despois haberá un traballo en pequenos grupos e as propostas de solucións. Hai que ter en conta que a idade dos fillos e fillas é importante á hora de establecer os grupos xa que as situacións que se lle prantexen ás familias serán diferentes. Temas xerais:

-A formación do carácter e a personalidade.-Educando a autoestima, ensinando a identificar emocións.-Traballando a autonomía e a responsabilidade.-Manexando a frustración e as rabietas (traballando o autocontrol).-Autoridade con afecto “man de ferro con guante de seda”. Os estilos educativos.-As habilidades sociais.-Os celos e a relación entre irmáns.-Espertando a motivación para aprender: os deberes e o método de estudo.-A importancia da comunicación e da escoita activa.-Relación entre familia e escola.

-Fomento da lectura e o interés polos libros.

NOTA: Os temas prantexados son só orientativos. As familias participantes exporán cales son os temas que desexan tocar ou en cales prefieren centrarse máis.

Duración

Unha sesión semanal de 1,5 horas durante 3 meses.

26

Page 27: Catálogo actividades colexios e ANPAS

MAUmarela! recomenda artellar as actividades en grupos de 10 alumn@s a fin de acadar mellores resltados pedagóxicos. Todas as actividades poden amoldalrse ao tempo e necesidades concretas dos centros.

A referencia de prezo é 10 €/hora por alumno. Sempre adaptable en función das necesidades e preferencias dos centros. Consultade os nosos bonos e ofertas.

MAUmarela! atópase na Rúa Rodríguez Murias, 8, 1º e 2º andar. Ribadeo (Lugo)

Teléfonos de contacto: 630 12 75 76 (Guillermo)633 37 18 28 (Celtia)

E-mail: [email protected]

3 Prezos e contratación