boletín na punta da lingua 9

11
Equipo de Normalización e Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística Dinamización Lingüística NA PUNTA DA LINGUA Boletín Informativo nº 9 ÍNDICE Páxina Contido Páxina Contido 1 Unesco, linguas e TIC 1 Dicionario de linguas de signos 2 O Instituto Cervantes e a promoción do galego 2 Escasa capacidade lingüística dos españois 3 Fundación do ILP 4 Aplicación para unha linguaxe non sexista 4 Literatura galega traducida ao inglés 5 Entrevista con Goretti Sanmartín 9 O galego no Bierzo 9 Utilidade do galego 10 Recursos en galego 11 Resolvendo dúbidas A Unesco reúne un grupo de expertos sobre linguas e TIC A Unesco e a Comisión Nacional Chinesa para a Unesco organizaron recentemente un encontro internacional co obxectivo de reunir unha serie de expertos en materia de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e aprendizaxe de linguas . O obxectivo da reunión foi, por un lado, explorar o potencial das TIC aplicado ás linguas e á didáctica e, por outro, crear unha nova rede internacional dedicada aos profesionais da ensinanza e ao alumnado. Spreadthesign, un dicionario en Internet para 11 linguas de signos Spreadthesign , unha web internacional que recolle ata a data máis de 20.000 expresións en linguas de signos de once países. O obxectivo do principal impulsor deste proxecto, o profesor sueco de Ciencias Sociais Thomas Lydell-Olsen é crear un instrumento aberto á participación de todas as persoas xordas para facilitar a comunicación entre as diferentes comunidades signantes. A web http://www.spreadthesign.com/, é de uso gratuíto, e calquera persoa pode coñecer as expresións en lingua de signos dos distintos países. A web será actualizada de forma permanente con novas expresións das diferentes linguas de signos e proximamente incluiranse imaxes en 3D. 1

Upload: alberte-zato

Post on 31-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

Publicación do Equipo de Normalización Lingüística do IES do Castro

TRANSCRIPT

Equipo de Normalización eEquipo de Normalización e Dinamización LingüísticaDinamización Lingüística

NA PUNTA DA LINGUA

Boletín Informativo nº 9

ÍNDICEPáxina Contido Páxina Contido

1 Unesco, linguas e TIC 1 Dicionario de linguas de signos2 O Instituto Cervantes e a promoción

do galego2 Escasa capacidade lingüística dos

españois3 Fundación do ILP 4 Aplicación para unha linguaxe non

sexista4 Literatura galega traducida ao inglés 5 Entrevista con Goretti Sanmartín9 O galego no Bierzo 9 Utilidade do galego10 Recursos en galego 11 Resolvendo dúbidas

A Unesco reúne un grupo de expertos sobre linguas e TIC

A Unesco e a Comisión Nacional Chinesa para a Unesco organizaron recentemente un encontro internacional co obxectivo de reunir unha serie de expertos en materia de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e aprendizaxe de linguas. O obxectivo da reunión foi, por un lado, explorar o potencial das TIC aplicado ás linguas e á didáctica e, por outro, crear unha nova rede internacional dedicada aos profesionais da ensinanza e ao alumnado.

Spreadthesign, un dicionario en Internet para 11 linguas de signos

Spreadthesign, unha web internacional que recolle ata a data máis de 20.000 expresións en

linguas de signos de once países. O obxectivo do principal impulsor deste proxecto, o profesor sueco de Ciencias Sociais Thomas Lydell-Olsen é crear un instrumento aberto á participación de todas as persoas xordas para facilitar a comunicación entre as diferentes comunidades signantes.

A web http://www.spreadthesign.com/, é de uso gratuíto, e calquera persoa pode coñecer as expresións en lingua de signos dos distintos países. A web será actualizada de forma permanente con novas expresións das diferentes linguas de signos e proximamente incluiranse imaxes en 3D.

1

O Instituto Cervantes realizou máis de 200 actividades de promoción do galego e cursos de

aprendizaxe entre 2005 y 2008

Este labor realizouse mediante unha "ampla" programación e a sinatura de convenios de colaboración coas comunidades autónomas e outras entidades. Desta forma, os cursos de galego nas instalacións da rede de centros do Instituto Cervantes rexistraron "case" un cento de matrículas, cuxo obxectivo foi "garantir a oferta" lingüística. En Galicia, la Xunta achegou o profesorado e os materiais didácticos para ditas clases.

España está á cola de Europa en capacidade lingüística O comisario de Multilingüismo da UE atribúe esta situación non só ao sistema

educativo senón tamén á dobraxe das películas estranxeiras

Explicou que na actualidade existen 23 idiomas oficiais en Europa, ademais de máis de 60 linguas minoritarias, linguas que están sendo promocionadas desde a UE. "Non só financiamos proxectos co castelán, senón tamén co éuscaro ou o galego, por exemplo", apuntou. O comisario de Multilingüismo mostrouse contrario á aprendizaxe unicamente dunha lingua franca e apostou porque os cidadáns da UE "aprendan idiomas diferentes" e "non só o inglés". Ao seu xuízo, dentro da comunidade europea existe "unha riqueza enorme de linguas", activos que "deberían ser aprendidos" para "promocionar e valorar a nivel comunitario esta diversidade".

2

Sociolingüistas de diversas universidades españolas fundan o Instituto das Linguas da Península en Huesca

O ILPI nace cunha vontade conciliadora. Non pretende promover estudos nin dar normas relativas a cada lingua de España en particular, nin tampouco se propón orientar as políticas lingüísticas, ao ser labor das accións de goberno dos partidos que obtiveron a confianza maioritaria. Por iso, concíbese como un organismo de fomento de aceptación social do plurilingüismo en España.

3

Aplicación para unha linguaxe non-sexista.

A Vicepresidencia do Goberno da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e a Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial da Sociedade da Información, poñen a disposición das galegas e dos galegos unha nova ferramenta informática integrábel no paquete ofimático libre OpenOffice que ten como finalidade o uso dunha linguaxe non-sexista: ofrecendo unha axuda interactiva para a edición de textos que reflictan un tratamento igualitario da linguaxe e favorecendo, deste xeito, o cumprimento dos obxectivos do V Plan do Goberno galego para a igualdade entre mulleres e homes 2007-2010.

Galician Literature in English Translation. Literatura galega en tradución inglesa

This is meant to be a complete list of books of Galician literature published in English translation. At a later stage, it is hoped to add individual stories and poems that have appeared in books or periodicals and to add translations from Galician-Portuguese.

De momento están publicados 18 libros: Carlos Casares, Castelao, Alfredo Conde, Álvaro Cunqueiro…

4

" O galego vive unha situación dramática mais que está a tempo de se reverter"

A filóloga Goretti Sanmartín vén de publicar un ensaio onde fala dos problemas do Galego e de como facer dela unha lingua de elite.

Goretti Sanmartín

Acaba de presentar o ensaio "Nos camiños do entusiasmo: Calidade da lingua e planificación", onde fala dos problemas da lingua e fai un percorrido histórico neles.

Hoxendía, cales son os problemas máis urxentes para a nosa lingua?

Os problemas fundamentais da nosa lingua nestes momentos son a falta de prestixio, que aínda constitúe unha pexa fundamental para o proceso de normalización, a invisibilidade social en espazos que son referentes relevantes en moitos ámbitos profesionais e a falta de esixencia e de compromiso individual para a dotar dun modelo culto e digno en que confluírmos. Alén destas cuestións, cómpre salientar como elementos que están a traballar contra o emprego das linguas minorizadas a cultura da falta de esforzo e da globalización reducionista. Por último, non é menos importante un aspecto central como a escasez de discursos a prol do idioma ou a crise do que eran os postulados básicos para o defender, conformadores substanciais do nacionalismo galego até épocas moi recentes.

5

Vostede di no seu ensaio que hai que recuperar o prestixio do galego, que condicións se terían que dar para que o galego tivese ese "prestixio"?

O prestixio do galego precisa dun compromiso das elites (mundo académico e universitario, ámbito político e institucional) que rompa o horizonte de expectativas habituais e que leve o galego onde non está, onde non ten presenza. Por outra parte, non existe posibilidade de acadar ese prestixio sen o diálogo cos axentes culturais do país, coa contemporaneidade e coa recepción de ideas novas que nos chegan a través da lectura. A crise do mundo editorial, a cultura da inmediatez e da espontaneidade, a transmisión da opinión rápida non fundamentada, a corrección lingüística non (re)asumida para se recoñeceren nela as persoas que a solicitan son indicios alarmantes de non nos construímos na nosa lingua.

Perdéronse moitas ocasións para facer do galego unha lingua estábel e con futuro?

O galego vive unha situación dramática mais que está a tempo de se reverter. Por tanto, o que se perderon foron ocasións para acelerar ese proceso de recuperación e restauración lingüística. As dúas ocasións que eu sinalo son o acordo normativo de 2003, en canto que posibilidade de confluencia nunha lingua imaxinada, fundamental desde unha perspectiva extralingüística, non intralingüística, e o Plan xeral de normalización da lingua galega, en canto que acordo moi maioritario ao redor dunha diagnose que precisaba un compromiso tamén no desenvolvemento posterior. Porén, o feito de avaliarmos ocasións perdidas só ten sentido para as reactivarmos e para pór a nosa imaxinación e o noso coñecemento ao servizo doutros camiños que guíen os nosos pasos.

Vostede estudou a evolución do galego a través da historia máis recente, como ve a súa situación actual?

Se a pregunta se está a referir á nosa historia máis recente, xulgo que debiamos (re)ler con atención o legado sociolingüístico das persoas vinculadas ás Irmandades da Fala e facer nosas as súas reivindicacións e o seu entusiasmo por levar a cabo un proxecto de transformación nun momento moi complicado en que eran moitas menos as persoas que estaban dispostas a contribuír á causa do idioma. O feito de pretendermos realizar un corte radical con todo o feito antes da instauración do período democrático condúcenos a unha interpretación errada da situación lingüística do galego e a posturas tremendamente individualistas que non procuran os seus alicerces nunha continuidade de pensamento e de acción.

Grosso modo, que planificación cre a mais axeitada para o galego, tendo en conta a situación actual?

A planificación lingüística actual debería reforzar o sector instalado en galego para enfrontar tempos difíciles nun contexto en que se están a asentar novos e perigosos preconceptos lingüísticos e en que existe un reforzamento da cultura da uniformización e a homoxeneidade. En segundo lugar debe dirixirse aos sectores bilingües con predominio do galego, para os dotar de maior seguranza lingüística e conseguir que asuman un papel máis activo e máis comprometido co idioma e aos sectores con algún grao de instalación en galego para ampliar os seus contextos de uso. Finalmente calquera planificación lingüística debe ter como obxectivo último a procura da cohesión social e rexerse polo criterio da vontade de nos construírmos como queiramos, rematando coa idea de nos dividirmos lingüísticamente en función do idioma que inicialmente nos transmitiron.

Vostede avoga pola lingua como vehículo de cohesión social, en Galiza pasa iso? Ou ao revés, desune?

6

Como acabo de dicir, a lingua une, a lingua é "de todas" [as persoas], tal e como afirma Agustín Fernández Paz nunha das súas últimas reflexións lingüísticas na revista Encrucillada. Sermos capaces de que cada persoa se identifique nun modelo de lingua é un obxectivo prioritario. A utilidade das linguas non se mide en termos do número de falantes, nin da cantidade de veces en que a podemos empregar nin na súa capacidade para nos comunicarmos con outras persoas en diferentes espazos, sempre a nos situarmos xa fóra do noso país. Mídese na súa capacidade, en canto que estrutura, para dar forma ao noso pensamento, para o construír e no feito de confluírmos e de nos identificar como pobo, como colectividade ou comunidade cuxas vincas se reforzan diariamente a través do feito de partillar un idioma.

Como valora os plans de normalización levados a cabo polos gobernos galegos?

A pregunta é moi ampla e precisaría moitas matizacións a respecto de que gobernos e en que contextos. Existe unha coincidencia académica en cualificar a política lingüística desenvolvida polo PP no goberno como unha política orientada fundamentalmente á formación e con intención manifesta de non causar conflitividade social, polo que en moitas ocasións acabou por se converter nun ritual hipócrita que dilapidaba diñeiro público en accións non directamente relacionadas coa extensión de usos do galego. En xeral, con algunhas excepcións hoxe magnificadas polo contexto político, esa foi a tónica dominante tamén na última etapa política cun goberno diferente. De calquera maneira, para non entrarmos en detalles difíciles de encaixar nunha resposta necesariamente breve, o que se botou en falta foi a decisión de non aproveitar, mesmo utilizándoa como amortecedor social, a rede de persoas que levan tempo a traballar a prol da lingua e o intento de fuxir de defender activamente, con argumentos e discursos, políticas diferentes se se querían obter resultados positivos.

Como estudosa da lingua, como valora a posíbel derrogación do decreto do galego?

Evidentemente é unha pésima noticia para o sistema educativo a decisión de derrogar un decreto que só desenvolvía aspectos sobre os que existía un amplo consenso social, pois todo o que nel se recolle cumpre escrupulosamente co Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado por todos os grupos políticos con representación parlamentaria. A competencia lingüística en galego só ten sentido se existiren espazos para o usar fóra das aulas de lingua.

Cre que determinadas decisións políticas poden ferir ao galego?

Calquera decisión política, en calquera ámbito, que non conteña unha perspectiva de defensa da lingua dominada socialmente, pode ferir o galego, como calquera decisión política que non conte co impacto de xénero prexudica o combate contra o patriarcado. As loitas contra a dominación son moi amplas e superan calquera tentativa de as reducir a un espazo restrito. Todas as decisións políticas, por tanto, teñen repercusións -positivas ou negativas- para a lingua, porque nos construímos na lingua, somos a través dela.

Como valora o papel das Institucións que defenden a lingua coma a RAG ou a Mesa? Cre que teñen un papel axeitado ás necesidades do Galego?

Realizar valoracións xerais a respecto das institucións e das organizaciónas sociais require sempre un grao de xeneralización que non fai xustiza, pois as institucións, os colectivos, os grupos están conformados por persoas que non teñen nin o mesmo nivel de responsabilidade nin de implicación. Así, de entre as persoas que forman parte da Academia sempre se escoitaron voces de denuncia e de compromiso (por exemplo, as palabras do discurso da última académica en formar parte desa institución, Margarita Ledo Andión, son lúcidas e conmovedoras, necesarias para dialogarmos con este presente en que nos situamos), mais en liñas xerais a súa actuación como institución que debe defender do idioma, sendo máis activa

7

que noutros momentos da nosa historia, está moi lonxe do que precisa o galego, mesmo en cuestións tan simples como a defensa dun modelo de galego digno en que nos sentirmos identificados. Canto á Mesa pola Normalización Lingüística, unha das organizacións máis activas a prol da lingua, continúa a cumprir co seu papel de chamar á responsabilidade social e ao compromiso co idioma, mais o seu cometido e os seus recursos e posibilidades de actuación son moi diferentes. [Publicado en Galiza Nazón, 02 de maio de 2009].

Máis de 1.000 alumnos de primaria e secundaria aprenden galego como segunda lingua no Bierzo

O uso do galego no Bierzo avanza, pouco a pouco, pero sen pausa. Desde hai xa oito anos, os nenos da comarca leonesa poden estudar o idioma que desde sempre se fala nas súas aldeas.

O galego é útil

Unha serie de profesionais galegos, algúns deles residentes no estranxeiro, veñen de publicar unha páxina na que fan públicos o seguinte manifesto e a súa experiencia persoal sobre a utilidade do

galego.

“ Isto que estás a ler é un manifesto espontáneo, vivo, interactivo, libre de ideoloxía e afiliación política, co que os abaixo asinantes pretendemos, desde a nosa humilde experiencia no estranxeiro, desmentir o mito de que “o galego non vale para nada” ou “só serve dentro de Galicia”.Todos os idiomas valen e para moito.A nós, o galego foinos útil e segue séndonos útil nas nosas vidas e aventuras polo mundo adiante:

8

1. O galego facilitounos a aprendizaxe doutros idiomas: fíxonos máis sinxela a comprensión oral e escrita doutras linguas, axudounos a identificar e pronunciar noutros idiomas sons que non existen en castelán e facilitounos a aprendizaxe de novas estruturas gramaticais.

2. A capacidade de falar galego fixo posible que nos comunicáramos con cidadáns de Portugal e Brasil (entre outras nacións posibles, que xuntas suman unha poboación de arredor de 200 millóns de persoas).

3. No estranxeiro, o feito de falar galego e polo tanto comprender o portugués deunos unha vantaxe competitiva fronte a outros traballadores, xa que a nivel internacional o coñecemento de idiomas sempre é un bonus, sexa a industria que sexa.

Por estas tres razóns prácticas, concluímos, sen ningún tipo de dúbida, que o galego tamén é útil fóra de Galicia. Que non che quenten a cabeza dicindo que non.Londres, 1 de abril de 2009”

Recursos para desenvolver diversas actividades en galego

Nas novas tecnoloxías

Na Administración e na xustiza

No ensino

Na familia

Na mocidade

Nos medios9

Nas artes

Na empresa

Na sanidade

Noutras actividades sociais

*Encontrarás a alguén de fóra na porta / Encontrarás alguén de fóra na porta

Cométese con moita frecuencia en galego o erro de acompañar o complemento directo coa preposición a (Os médicos apoian aos farmacéuticos. Viu ao neno na rúa...). En galego a norma xeral é que o complemento directo non leve preposición a, agás acompañando a un pronome persoal ( Viu a ela), cun nome de parentesco con posesivo sen artigo (Coñeceu a seu pai), cun nome propio (Coñeceu a María) ou con nomes propios non persoais, pero

10

personalizados ( Italia alcanzou a Francia na clasificación). Tamén se utilizará a preposición a en situacións de ambigüidade (Levou o home a muller ao médico = levou o home á muller ao médico – levou ao home a muller ao médico).

INCORRECTO CORRECTOConvocou *aos alumnos a unha reunión Convocou os alumnos a unha reuniónHabería que apoiar *aos investigadores Habería que apoiar os investigadores

Hai que sensibilizar *á poboación Hai que sensibilizar a poboaciónUnha obra que impresiona *ao espectador Unha obra que impresiona o espectador

11