a arquitectura dos balnearios -...

2
9 O lecer das augas Historia dos Balnearios de Galicia O capital dispoñible, a tecnoloxía, a vocación dos propietarios e as modas influíron de xeito determinante nas instalacións balnearias que se erixiron en Galicia desde o século XVIII. A arquitectura dos balnearios Daniel Vázquez-Gulías Antonio Palacios proxectou a Fonte da Gándara e a planta de embotellado, o edificio La Baranda e o Hotel Sanatorio de Mondariz Balneario de Arteixo, obra de Juan Ciórraga, arquitecto que impulsou as galerías da Coruña O balneario Acuña, en Caldas de Reis, foi proxectado por Antonio Palacios Gran Balneario do Carballiño, na actualidade Balneario de Dávila en Caldas de Reis Balneario de Partovia, no concello do Carballiño A arquitectura balnearia resultou tan heteroxénea como o sector balneario. Atopamos desde establecementos modestos, apenas uns alpendres para protexer da intemperie (Cortegada ata 1938), ata instalacións á moda da Belle Époque (A Toxa, Mondariz), con hotel, buvette, xardíns, etc. Arquitectos como Jenaro de la Fuente e Daniel Vázquez Gulías deseñaron edificios modernistas de gran maxestosidade. Ademais, este último encargouse da construción, a menor escala, do Gran Balneario do Carballiño a finais do século XIX. Non todos superaron con éxito a proba do tempo. Mentres que Mondariz e Guitiriz restauraron as construcións orixinais, o fastuoso Gran Hotel da Toxa reformouse en 1945 a partir do proxecto do arquitecto Francisco Javier Sanz e supuxo a desaparición do magnífico edificio trazado por Vázquez Gulías. O hotel do Balneario de La Virgen (Cuntis) sufriu dúas remodelacións en 1945 e 1963, de maneira que só se conserva a fachada de pedra decimonónica do baixo e do primeiro piso. En cambio, o do Carballiño conserva a súa fisionomía case intacta. Plano da urbanización da Illa da Toxa

Upload: trinhdat

Post on 09-Feb-2019

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

9O lecerdas augasHistoria dos Balneariosde Galicia

O capital dispoñible, a tecnoloxía, a vocación dos propietarios e as modas

influíron de xeito determinante nas instalacións balnearias que se erixiron en

Galicia desde o século XVIII.

A arquitecturados balnearios

Daniel Vázquez-Gulías

Antonio Palacios proxectou a Fonte da Gándara e a planta de embotellado, o edificio La Baranda e o Hotel Sanatorio de Mondariz

Balneario de Arteixo, obra de Juan Ciórraga, arquitecto que impulsou as galerías da Coruña

O balneario Acuña, en Caldas de Reis, foi proxectado por Antonio Palacios

Gran Balneario do Carballiño, na actualidade

Balneario de Dávila en Caldas de Reis

Balneario de Partovia, no concello do Carballiño

A arquitectura balnearia resultou tan heteroxénea como o sector balneario. Atopamos desde establecementos modestos, apenas uns alpendres para protexer da intemperie (Cortegada ata 1938), ata instalacións á moda da Belle Époque (A Toxa, Mondariz), con hotel, buvette, xardíns, etc.

Arquitectos como Jenaro de la Fuente e Daniel Vázquez Gulías deseñaron edificios modernistas de gran maxestosidade. Ademais, este último encargouse da construción, a menor escala, do Gran Balneario do Carballiño a finais do século XIX. Non todos superaron con éxito a proba do tempo. Mentres que Mondariz e Guitiriz restauraron as construcións orixinais, o fastuoso Gran Hotel da Toxa reformouse en 1945 a partir do proxecto do arquitecto Francisco Javier Sanz e supuxo a desaparición do magnífico edificio trazado por Vázquez Gulías. O hotel do Balneario de La Virgen (Cuntis) sufriu dúas remodelacións en 1945 e 1963, de maneira que só se conserva a fachada de pedra decimonónica do baixo e do primeiro piso. En cambio, o do Carballiño conserva a súa fisionomía case intacta.

Plano da urbanización da Illa da Toxa

9O lecerdas augasHistoria dos Balneariosde Galicia

Balneario de Lugo,proxectado polo arquitectoEfrén García